1 00:00:27,986 --> 00:00:28,945 Espera. 2 00:00:30,321 --> 00:00:31,740 Eu non son un deles. 3 00:00:33,783 --> 00:00:37,120 Intentaba fuxir deles. 4 00:00:44,669 --> 00:00:46,671 Debo comprobar algo. Non te movas. 5 00:00:53,303 --> 00:00:54,929 NÚM. 246 ESCANEADO 6 00:00:55,513 --> 00:00:58,600 Participabas nos xogos? 7 00:01:00,727 --> 00:01:01,728 Si. 8 00:01:03,063 --> 00:01:04,481 Escapei. 9 00:01:05,607 --> 00:01:08,068 Onde está a illa? 10 00:01:15,408 --> 00:01:16,785 Alí. 11 00:01:38,264 --> 00:01:42,936 EPISODIO 6 HUMANOS 12 00:01:54,531 --> 00:01:55,782 Está ben o bebé? 13 00:02:06,876 --> 00:02:10,380 Xogadores, pasade á seguinte rolda. 14 00:02:57,802 --> 00:02:59,470 Dáme o bebé. 15 00:03:01,890 --> 00:03:03,474 Ti quedas aí. 16 00:03:05,810 --> 00:03:07,812 Que carallo fai? 17 00:03:10,565 --> 00:03:11,649 Sabes... 18 00:03:14,485 --> 00:03:15,987 que significa iso? 19 00:03:18,031 --> 00:03:19,573 Se o fago, 20 00:03:19,574 --> 00:03:24,829 na seguinte rolda tería que morrer un dos dous, o bebé ou ti. 21 00:03:26,873 --> 00:03:28,082 Seino ben. 22 00:03:30,460 --> 00:03:31,753 Non me digas... 23 00:03:36,716 --> 00:03:38,968 que planeas matar o bebé... 24 00:03:41,346 --> 00:03:43,723 e saír de aquí só con todo o diñeiro. 25 00:03:46,059 --> 00:03:47,644 Dáme o bebé. 26 00:03:50,188 --> 00:03:53,732 A ponte romperá en cinco minutos. 27 00:03:53,733 --> 00:03:58,363 Que todos se dirixan á seguinte torre en menos de cinco minutos. 28 00:04:03,826 --> 00:04:07,663 Parece que o 333 atopou a forma máis segura de gañar. 29 00:04:07,664 --> 00:04:10,832 - O 456 teno cru. - Protexe o bebé e o meu diñeiro! 30 00:04:10,833 --> 00:04:12,335 Temos un problema. 31 00:04:25,348 --> 00:04:28,559 246 PARK GYEONG-SEOK 32 00:05:26,826 --> 00:05:28,619 Quedan catro minutos. 33 00:05:31,247 --> 00:05:32,915 Dixen que mo deas! 34 00:05:48,848 --> 00:05:50,475 Se non cruzamos a tempo... 35 00:05:53,436 --> 00:05:54,812 ti tamén morrerás. 36 00:05:57,774 --> 00:05:59,692 Pois morramos todos aquí xuntos. 37 00:06:08,409 --> 00:06:09,534 Onde están? 38 00:06:09,535 --> 00:06:12,080 A un quilómetro ao norte de aquí. 39 00:06:12,663 --> 00:06:15,208 O radar amosa que se aproximan lentamente. 40 00:06:29,097 --> 00:06:30,597 Chamei a garda costeira. 41 00:06:30,598 --> 00:06:33,518 Chegarán en cousa de dúas horas. 42 00:06:34,227 --> 00:06:35,269 Grazas. 43 00:06:46,906 --> 00:06:48,491 Estarás ben só? 44 00:06:49,784 --> 00:06:52,286 Cóntallo todo á garda costeira. 45 00:06:53,204 --> 00:06:56,123 Asumirei toda a responsabilidade cando todo acabe. 46 00:06:56,124 --> 00:06:59,085 Tranquilo. Ti fai o que viñeches facer. 47 00:07:06,676 --> 00:07:08,594 Dáme o bebé dunha vez! 48 00:07:14,142 --> 00:07:15,143 Serei... 49 00:07:18,980 --> 00:07:20,690 o xogador eliminado. 50 00:07:29,824 --> 00:07:31,617 Vai ao carallo! 51 00:07:32,368 --> 00:07:33,828 Cres que son parvo? 52 00:07:34,912 --> 00:07:36,538 Só queres cruzar 53 00:07:36,539 --> 00:07:39,167 para empurrarme e levar ti todo o diñeiro. 54 00:07:41,878 --> 00:07:44,296 Dixeches que gañaches os últimos xogos. 55 00:07:44,297 --> 00:07:46,090 Creste moi listo. 56 00:07:46,883 --> 00:07:48,968 Case trago esa pantomima. 57 00:07:49,552 --> 00:07:50,761 Confía en min. 58 00:07:52,096 --> 00:07:53,890 Vai tomar polo cu! 59 00:07:54,474 --> 00:07:57,143 Sabes como acabei neste puto sitio? 60 00:07:58,728 --> 00:08:01,480 Enganáronme cabróns coma ti! 61 00:08:01,481 --> 00:08:06,401 Tes que confiar en min para que vos salvedes o bebé e ti. 62 00:08:06,402 --> 00:08:08,445 Por que? Quen cres que es? 63 00:08:08,446 --> 00:08:09,655 Fixen unha promesa. 64 00:08:12,033 --> 00:08:13,034 Prometín... 65 00:08:15,119 --> 00:08:16,578 protexer este bebé. 66 00:08:16,579 --> 00:08:17,747 Prometíchelo? 67 00:08:19,624 --> 00:08:20,875 A quen? A Jun-hee? 68 00:08:24,545 --> 00:08:26,214 Que tiñas con ela? 69 00:08:27,048 --> 00:08:28,799 Coñecíala de antes? 70 00:08:32,512 --> 00:08:34,722 Pasou algo entre vós os dous? 71 00:08:36,724 --> 00:08:38,142 Manda carallo. 72 00:08:39,685 --> 00:08:42,979 Por iso sempre estaba contigo. 73 00:08:42,980 --> 00:08:45,232 Xa me parecía a min raro, hostia! 74 00:08:45,233 --> 00:08:47,109 Esperta e escoita! 75 00:08:47,860 --> 00:08:49,194 Non queda tempo. 76 00:08:49,195 --> 00:08:52,448 Pois déixate de parvadas e pousa o bebé na ponte! 77 00:09:14,095 --> 00:09:15,888 011 KANG NO-EUL 78 00:09:32,446 --> 00:09:33,489 Bule! 79 00:09:54,093 --> 00:09:55,094 Atrás. 80 00:10:03,477 --> 00:10:04,770 Máis! 81 00:10:11,068 --> 00:10:12,069 Máis! 82 00:11:42,201 --> 00:11:45,204 DATOS FUXIU DE COREA DO NORTE SOA EN 2017 83 00:11:47,123 --> 00:11:48,541 {\an8}DESPOIS DE FUXIR, 84 00:11:50,835 --> 00:11:54,088 {\an8}TRABALLOU A TEMPO PARCIAL EN SEOUL LAND COMO ANIMADORA 85 00:11:59,510 --> 00:12:01,845 {\an8}KANG NO-EUL CO SEU MARIDO E A SÚA FILLA 86 00:12:01,846 --> 00:12:04,013 {\an8}MARIDO EXECUTADO... 87 00:12:04,014 --> 00:12:06,308 {\an8}FILLA MORTA... 88 00:12:10,646 --> 00:12:12,815 Dixeches que te sacrificarías. 89 00:12:13,441 --> 00:12:15,525 Xa cambiaches de idea? 90 00:12:15,526 --> 00:12:17,111 Non o mereces. 91 00:12:31,208 --> 00:12:35,087 Premede o botón para iniciar a última rolda. 92 00:12:54,815 --> 00:12:56,400 Non te achegues máis! 93 00:13:02,907 --> 00:13:04,283 Un paso máis e... 94 00:13:08,579 --> 00:13:10,498 xúroche que solto o bebé! 95 00:13:11,624 --> 00:13:12,666 Non. 96 00:13:15,461 --> 00:13:16,461 Non o fagas. 97 00:13:16,462 --> 00:13:18,255 Cres que non podo? 98 00:13:27,097 --> 00:13:28,766 Fareino! 99 00:13:35,731 --> 00:13:37,191 Fareino! 100 00:13:41,028 --> 00:13:42,530 Lánzame o puñal. 101 00:13:46,534 --> 00:13:47,576 Atrás. 102 00:13:51,121 --> 00:13:52,706 Máis atrás! 103 00:15:08,282 --> 00:15:11,493 Número 333, eliminado. 104 00:15:28,761 --> 00:15:30,763 Hostia! Alguén volve subir. 105 00:15:32,514 --> 00:15:33,724 É o 456. 106 00:15:38,646 --> 00:15:41,815 Nunca gañou ninguén dúas veces, non? 107 00:16:31,532 --> 00:16:32,825 É a garda costeira. 108 00:17:36,805 --> 00:17:39,557 Comeza a última rolda. 109 00:17:39,558 --> 00:17:42,102 Tedes dez minutos. 110 00:19:15,362 --> 00:19:17,822 A que esperas, 456? 111 00:19:17,823 --> 00:19:19,575 Acaba dunha vez. 112 00:19:21,034 --> 00:19:22,035 Enténdoo. 113 00:19:22,661 --> 00:19:24,746 Algunhas despedidas levan tempo. 114 00:22:00,902 --> 00:22:02,612 Non somos cabalos. 115 00:22:08,076 --> 00:22:09,494 Somos humanos. 116 00:22:18,920 --> 00:22:20,172 Seres humanos. 117 00:23:16,103 --> 00:23:19,731 Número 456, eliminado. 118 00:23:44,548 --> 00:23:47,008 Rematou o xogo. 119 00:23:48,301 --> 00:23:50,345 A garda costeira vén cara a illa. 120 00:23:51,555 --> 00:23:53,056 Inicia a evacuación. 121 00:24:00,063 --> 00:24:01,397 Persoal, 122 00:24:01,398 --> 00:24:03,816 por favor, deixade os vosos deberes 123 00:24:03,817 --> 00:24:07,070 e reunídevos no punto de evacuación. 124 00:24:08,655 --> 00:24:10,323 Repito. 125 00:24:11,616 --> 00:24:13,200 Persoal, 126 00:24:13,201 --> 00:24:15,828 por favor, deixade os vosos deberes 127 00:24:15,829 --> 00:24:18,874 e reunídevos no punto de evacuación. 128 00:24:24,671 --> 00:24:30,552 FIN DO XOGO 129 00:25:06,963 --> 00:25:09,049 Identidade confirmada. 130 00:27:45,538 --> 00:27:46,873 In-ho! 131 00:27:49,459 --> 00:27:50,669 Por que? 132 00:27:52,128 --> 00:27:53,588 Por que o fixeches? 133 00:27:59,469 --> 00:28:00,512 In-ho! 134 00:29:21,259 --> 00:29:22,176 Dez, 135 00:29:22,177 --> 00:29:23,093 nove, 136 00:29:23,094 --> 00:29:24,052 oito, 137 00:29:24,053 --> 00:29:25,095 sete, 138 00:29:25,096 --> 00:29:26,096 seis, 139 00:29:26,097 --> 00:29:27,097 cinco, 140 00:29:27,098 --> 00:29:28,140 catro, 141 00:29:28,141 --> 00:29:29,057 tres, 142 00:29:29,058 --> 00:29:30,058 dous, 143 00:29:30,059 --> 00:29:31,269 un. 144 00:30:39,504 --> 00:30:41,714 6 MESES DESPOIS 145 00:31:09,826 --> 00:31:11,369 Podo preguntarche algo? 146 00:31:14,414 --> 00:31:16,165 Vives en Bongcheon-dong? 147 00:31:17,542 --> 00:31:18,710 Non. 148 00:31:19,294 --> 00:31:22,213 Entón pode ser que pintase un retrato teu antes? 149 00:31:23,172 --> 00:31:24,173 Non. 150 00:31:25,133 --> 00:31:26,092 Por que? 151 00:31:28,219 --> 00:31:31,180 Teño a sensación de que te coñezo de algo. 152 00:31:36,352 --> 00:31:37,604 Ai, perdón. 153 00:31:38,146 --> 00:31:40,648 Só preguntaba. Non quería dicir nada raro. 154 00:31:41,524 --> 00:31:43,401 Antes traballaba aquí. 155 00:31:44,235 --> 00:31:45,695 Sabíao! 156 00:31:46,446 --> 00:31:49,073 Por iso me soabas. 157 00:31:50,909 --> 00:31:52,076 Papá! 158 00:31:53,620 --> 00:31:54,828 Ola, rula. 159 00:31:54,829 --> 00:31:57,248 Saquei unha foto coa coelliña. 160 00:31:58,249 --> 00:32:01,002 A ver. Que foto tan bonita! 161 00:32:03,880 --> 00:32:04,923 Ola, Na-yeon. 162 00:32:07,216 --> 00:32:08,676 Ola. 163 00:32:10,094 --> 00:32:12,472 Coñeces a miña filla? 164 00:32:14,223 --> 00:32:17,435 Oín o da súa enfermidade cando traballaba aquí. 165 00:32:18,019 --> 00:32:19,938 Ah, xa. 166 00:32:23,066 --> 00:32:24,316 Ten boa cara. 167 00:32:24,317 --> 00:32:25,400 Si. 168 00:32:25,401 --> 00:32:29,322 Está moito mellor grazas á axuda de todos. 169 00:32:38,122 --> 00:32:39,582 Grazas. 170 00:32:42,251 --> 00:32:43,753 Non volvas enfermar. 171 00:32:44,504 --> 00:32:45,505 Vale. 172 00:32:52,095 --> 00:32:53,137 Espera. 173 00:32:53,805 --> 00:32:55,431 Aínda non acabei o retrato. 174 00:32:56,766 --> 00:32:58,059 Volverei outro día. 175 00:33:04,232 --> 00:33:05,316 Papá. 176 00:33:06,734 --> 00:33:08,318 Pódesmo abrir? 177 00:33:08,319 --> 00:33:09,445 Claro, rula. 178 00:33:10,571 --> 00:33:11,572 Toma. 179 00:33:14,534 --> 00:33:16,202 - Está bo? - Si. 180 00:33:24,585 --> 00:33:26,421 - Diga? - Son eu. 181 00:33:27,005 --> 00:33:29,172 Por que cambiaches de número? 182 00:33:29,173 --> 00:33:32,260 Custoume moitísimo dar contigo. 183 00:33:34,554 --> 00:33:35,429 Quen es? 184 00:33:35,430 --> 00:33:37,724 Xa esqueciches a miña voz? 185 00:33:38,725 --> 00:33:40,435 Que triste. 186 00:33:42,020 --> 00:33:45,230 Son Park Man-cheol, de Homes do Sur, Mulleres do Norte. 187 00:33:45,231 --> 00:33:47,233 Estivemos buscando a túa filla. 188 00:33:50,820 --> 00:33:53,196 Non te poñas nerviosa, 189 00:33:53,197 --> 00:33:56,784 mais parece que alguén a viu en China. 190 00:33:57,869 --> 00:34:00,162 Aínda non está confirmado, 191 00:34:00,163 --> 00:34:03,248 mais hai moitos datos que cadran. 192 00:34:03,249 --> 00:34:05,752 Chámase Han Song-i? 193 00:34:10,631 --> 00:34:12,717 Segues aí? No-eul? 194 00:34:15,011 --> 00:34:17,847 CÁRCERE DE MOOJIN 195 00:34:23,269 --> 00:34:24,937 - Papá! - Aquí. 196 00:34:34,447 --> 00:34:35,782 Gyeong-taek! 197 00:34:37,075 --> 00:34:39,118 - Cóidate. - Si, falamos. 198 00:34:41,329 --> 00:34:42,330 Choi. 199 00:34:42,830 --> 00:34:44,082 Hwang! 200 00:34:53,883 --> 00:34:56,135 Que bo está. Onde o compraches? 201 00:34:56,928 --> 00:35:02,015 Compreicho eu nun sitio famoso de tofu que leva unha vella moi riquiña. 202 00:35:02,016 --> 00:35:05,602 Cres que con isto compensas o que fixeches? 203 00:35:05,603 --> 00:35:08,605 Só tiñas que vixiar e adormeciches. 204 00:35:08,606 --> 00:35:09,606 Síntoo. 205 00:35:09,607 --> 00:35:12,025 Que inxusto é o mundo. 206 00:35:12,026 --> 00:35:14,570 Cágala ti e vou eu para o caldeiro. 207 00:35:15,154 --> 00:35:17,155 Mira, síntoo moito, 208 00:35:17,156 --> 00:35:18,949 mais que quede claro 209 00:35:18,950 --> 00:35:20,700 que fuches por delincuente. 210 00:35:20,701 --> 00:35:21,743 Desgraciado. 211 00:35:21,744 --> 00:35:23,203 Veña, Choi. 212 00:35:23,204 --> 00:35:24,664 Grazas por todo. 213 00:35:26,207 --> 00:35:28,084 A verdade é que tes bo aspecto. 214 00:35:29,043 --> 00:35:30,128 Si? 215 00:35:31,170 --> 00:35:34,172 Só foron seis meses. Coma unhas vacacións. 216 00:35:34,173 --> 00:35:36,383 O cárcere cambiou moito. 217 00:35:36,384 --> 00:35:38,885 É mellor ca moitos moteis. 218 00:35:38,886 --> 00:35:40,763 Mesmo a comida non está mal. 219 00:35:41,764 --> 00:35:43,099 Que vas facer agora? 220 00:35:44,684 --> 00:35:46,018 Non o sei. 221 00:35:47,061 --> 00:35:49,271 Pasei anos buscando o tipo do ddakji. 222 00:35:49,272 --> 00:35:50,731 Agora que todo acabou, 223 00:35:51,274 --> 00:35:52,858 estou algo perdido. 224 00:35:52,859 --> 00:35:54,443 Non sei que facer. 225 00:35:56,696 --> 00:35:59,407 E ti, Hwang? Volves ao corpo? 226 00:36:00,491 --> 00:36:01,825 Á policía? 227 00:36:01,826 --> 00:36:03,244 Despois de todo iso? 228 00:36:05,037 --> 00:36:06,080 Vai ser que non. 229 00:36:07,957 --> 00:36:09,082 Traballa comigo. 230 00:36:09,083 --> 00:36:12,669 Ser prestamista non está tan mal se o pensas. 231 00:36:12,670 --> 00:36:16,715 Gañas diñeiro axudando persoas necesitadas. 232 00:36:16,716 --> 00:36:18,550 Iso non é verdade. 233 00:36:18,551 --> 00:36:20,385 En realidade non as axudas. 234 00:36:20,386 --> 00:36:21,845 Serás... 235 00:36:21,846 --> 00:36:24,640 Tes diñeiro para prestar? 236 00:36:25,558 --> 00:36:26,851 Caramba. 237 00:36:27,894 --> 00:36:29,520 Se tivésemos esa pasta... 238 00:36:32,398 --> 00:36:35,026 Desapareceu todo o que había no motel? 239 00:36:36,569 --> 00:36:39,113 Si, o cuarto estaba baleiro cando cheguei. 240 00:36:40,948 --> 00:36:44,035 Quen sería? Só o sabiamos nós os dous. 241 00:36:46,329 --> 00:36:47,288 Espera. 242 00:36:49,957 --> 00:36:51,209 Será que Seong...? 243 00:36:55,671 --> 00:36:56,964 Iso espero. 244 00:37:56,274 --> 00:37:57,900 NÚMERO 222 GAÑADOR 245 00:38:19,338 --> 00:38:20,755 CONSULTAR SALDO 246 00:38:20,756 --> 00:38:24,217 LENDO TARXETA 247 00:38:24,218 --> 00:38:25,970 INTRODUCE O TEU PIN 248 00:38:34,895 --> 00:38:38,107 NÚMERO 222 GAÑADOR 249 00:39:01,672 --> 00:39:04,842 SALDO: 45 600 000 000 WONS 250 00:39:09,472 --> 00:39:12,308 CHEGADAS INTERNACIONAIS 251 00:39:18,064 --> 00:39:19,397 Aí está. 252 00:39:19,398 --> 00:39:20,608 Aquí! 253 00:39:23,194 --> 00:39:27,490 Benvida, nai de Sae-byeok. Debeuno pasar moi mal. 254 00:39:36,749 --> 00:39:38,541 Que fas, Cheol? 255 00:39:38,542 --> 00:39:40,127 Di ola. 256 00:39:49,387 --> 00:39:50,388 Cheol. 257 00:39:52,515 --> 00:39:54,183 Canto medraches. 258 00:39:58,562 --> 00:39:59,605 Síntoo. 259 00:40:01,232 --> 00:40:02,316 Levoume... 260 00:40:04,276 --> 00:40:06,320 demasiado tempo chegar aquí. 261 00:40:27,508 --> 00:40:29,259 Grazas por todo. 262 00:40:29,260 --> 00:40:30,636 Igualmente. 263 00:40:31,595 --> 00:40:32,763 Os papeis. 264 00:40:45,651 --> 00:40:46,652 Grazas. 265 00:40:51,782 --> 00:40:53,200 Ola. 266 00:40:54,535 --> 00:40:57,036 Voa a Yanji, China, no voo 215 de T'way Air 267 00:40:57,037 --> 00:40:59,122 que sae ás 14:30, correcto? 268 00:40:59,123 --> 00:41:00,207 Si. 269 00:41:01,917 --> 00:41:03,585 É a porta 25. 270 00:41:03,586 --> 00:41:05,754 O embarque comeza 30 minutos antes. 271 00:41:15,806 --> 00:41:17,182 Diga? 272 00:41:17,183 --> 00:41:19,767 Son eu, Park Man-cheol. 273 00:41:19,768 --> 00:41:21,978 Non voabas hoxe, No-eul? 274 00:41:21,979 --> 00:41:24,564 Si. Estou agora no aeroporto. 275 00:41:24,565 --> 00:41:26,816 Ah, vale. 276 00:41:26,817 --> 00:41:28,026 Síntoo. 277 00:41:28,027 --> 00:41:30,862 Quería estar aí, mais teño moito traballo. 278 00:41:30,863 --> 00:41:35,033 Cando chegues, estarante esperando no aeroporto. 279 00:41:35,034 --> 00:41:37,202 Non te preocupes por nada. 280 00:41:37,203 --> 00:41:38,287 De acordo. 281 00:41:38,913 --> 00:41:40,206 Boa viaxe. 282 00:41:41,040 --> 00:41:44,459 E chámame se necesitas algo. 283 00:41:44,460 --> 00:41:45,586 Fareino. 284 00:41:46,212 --> 00:41:49,673 Asegúrate de volver coa túa filla. 285 00:41:50,883 --> 00:41:51,926 Grazas. 286 00:41:55,179 --> 00:41:58,349 Aviso de embarque para o voo de T'way Air... 287 00:42:06,148 --> 00:42:08,107 Que che parece? Caralludo, non? 288 00:42:08,108 --> 00:42:10,944 {\an8}MOTEL ROSA 289 00:42:10,945 --> 00:42:12,612 Arranxémolo 290 00:42:12,613 --> 00:42:15,407 e convertámolo nun deses hoteis de Las Vegas. 291 00:42:15,991 --> 00:42:16,950 Xa verás. 292 00:42:16,951 --> 00:42:19,410 Con tanto bar e karaoke por aquí, 293 00:42:19,411 --> 00:42:21,037 será un bo negocio. 294 00:42:21,038 --> 00:42:22,038 Vamos. 295 00:42:22,039 --> 00:42:24,791 Mais custará un diñeiral renovalo. 296 00:42:24,792 --> 00:42:27,669 Será moito máis barato se o facemos nós mesmos. 297 00:42:27,670 --> 00:42:29,128 Sabes pintar, non? 298 00:42:29,129 --> 00:42:31,798 Son un crack. É pór papel pintado. 299 00:42:31,799 --> 00:42:33,258 Pois xenial. 300 00:42:33,259 --> 00:42:35,843 Aprendín a facer de todo para sobrevivir. 301 00:42:35,844 --> 00:42:38,304 Entón podemos arranxalo e levalo xuntos. 302 00:42:38,305 --> 00:42:40,473 Nomeareite xerente. 303 00:42:40,474 --> 00:42:41,808 - En serio? - Si. 304 00:42:41,809 --> 00:42:43,519 Canta xente vas contratar? 305 00:42:44,728 --> 00:42:47,564 Eu son o propietario e ti o xerente. Xa está. 306 00:42:47,565 --> 00:42:48,898 Que? 307 00:42:48,899 --> 00:42:52,403 Ven, entra. Este é o cuarto. 308 00:42:52,945 --> 00:42:54,696 Era este cuarto? 309 00:42:54,697 --> 00:42:56,365 Era. 310 00:42:57,491 --> 00:42:59,659 Aquí estaba empillado o diñeiro? 311 00:42:59,660 --> 00:43:00,743 Si. 312 00:43:00,744 --> 00:43:04,205 Quen o levou varreuno todo e borrou a gravación da cámara. 313 00:43:04,206 --> 00:43:05,373 Cago en todo. 314 00:43:05,374 --> 00:43:08,543 Non sería o axente? 315 00:43:08,544 --> 00:43:11,045 Igual o roubou ás agachadas. 316 00:43:11,046 --> 00:43:12,881 - O axente Hwang? - Si. 317 00:43:15,593 --> 00:43:18,177 Imposible. Non lle viches a cara? 318 00:43:18,178 --> 00:43:20,930 Non sería quen de roubar tanta pasta. 319 00:43:20,931 --> 00:43:25,893 Mais dixeches que erades os únicos que sabiades do diñeiro 320 00:43:25,894 --> 00:43:27,186 á parte de Seong. 321 00:43:27,187 --> 00:43:29,188 Seino. 322 00:43:29,189 --> 00:43:31,692 Quen diaño o levaría? 323 00:43:34,153 --> 00:43:40,242 {\an8}LOS ÁNGELES, ESTADOS UNIDOS 324 00:43:57,551 --> 00:43:59,928 Debe ser a pizza. Xa vou eu! 325 00:44:07,061 --> 00:44:09,772 Vive aquí Seong Ga-yeong? 326 00:44:13,025 --> 00:44:14,234 Son eu. 327 00:44:16,153 --> 00:44:17,196 Quen é vostede? 328 00:44:18,572 --> 00:44:20,282 Un coñecido de Seong Gi-hun. 329 00:44:23,202 --> 00:44:25,746 Quería entregarche algo. 330 00:44:32,711 --> 00:44:34,671 Vamos, Jenny. Tócache! 331 00:44:34,672 --> 00:44:36,715 Un momento. Agora vou. 332 00:44:45,099 --> 00:44:46,517 É de meu pai? 333 00:44:49,895 --> 00:44:53,774 Pediulle que mo trouxese para ver como estou? 334 00:44:56,110 --> 00:44:57,611 Pódelle dicir 335 00:44:58,362 --> 00:45:01,657 que xa me dá igual se me chama ou non. 336 00:45:02,866 --> 00:45:06,453 Para min xa non existe. Que non se moleste. 337 00:45:08,580 --> 00:45:10,916 Estas son as pertenzas de Seong Gi-hun. 338 00:45:16,296 --> 00:45:18,298 O señor Seong faleceu. 339 00:45:23,387 --> 00:45:27,099 Deixou isto para ti, Ga-yeong. 340 00:47:12,412 --> 00:47:14,957 Merda! Vamos! 341 00:47:31,682 --> 00:47:32,683 Cago en todo. 342 00:47:34,726 --> 00:47:35,727 Maldita sexa. 343 00:47:46,488 --> 00:47:49,324 Veña. Outra vez. 344 00:47:50,492 --> 00:47:51,660 Como queira. 345 00:47:58,375 --> 00:47:59,710 A nai que o pariu! 346 00:48:20,564 --> 00:48:21,565 Merda. 347 00:52:16,424 --> 00:52:21,429 Subtítulos: Lorena Pereiras