1 00:00:19,083 --> 00:00:20,375 Vaia casa nesa árbore! 2 00:00:20,458 --> 00:00:22,666 É máis grande ca todo o noso cuarto. 3 00:00:22,750 --> 00:00:24,333 Non esaxeres, Eli. 4 00:00:31,666 --> 00:00:33,666 Para que quere seis cans? 5 00:00:33,750 --> 00:00:37,000 Colega, páganlle por paseárllelos a outras persoas. 6 00:00:37,083 --> 00:00:38,458 Gustaríame ter un can. 7 00:00:38,541 --> 00:00:41,791 Primeiro aprende a recoller a túa propia merda. 8 00:00:44,083 --> 00:00:45,875 É aí diante. 9 00:01:09,250 --> 00:01:11,875 E esta casa só é dunha persoa? 10 00:01:11,958 --> 00:01:13,833 Se entramos, non toques nada. 11 00:01:23,958 --> 00:01:26,416 - Ola, "vamos" pola Atari. - "Vimos." 12 00:01:27,083 --> 00:01:29,666 Pola videoconsola Atari. 13 00:01:30,375 --> 00:01:32,750 Si. 14 00:01:33,666 --> 00:01:37,750 O meu marido conectouna ó televisor para que vexan que funciona. 15 00:01:42,083 --> 00:01:44,291 - Será mellor que só un… - Claro. 16 00:01:44,375 --> 00:01:46,666 Mellor esperamos fóra, vale? 17 00:01:48,125 --> 00:01:50,458 É que eu non sei xogar co trebello. 18 00:01:50,541 --> 00:01:52,833 Talvez os teus fillos saiban. 19 00:01:52,916 --> 00:01:54,875 - Sabemos. - Pois mellor pasamos. 20 00:01:59,208 --> 00:02:01,916 Ten o Space Invaders e estes outros xogos. 21 00:02:02,000 --> 00:02:05,625 Gillie case non a usou. Interésalle máis a robótica. 22 00:02:05,708 --> 00:02:08,291 - Levámola. - Non quere probala? 23 00:02:08,375 --> 00:02:11,791 Non. Fiámonos de ti, querida. Toma, aquí tes. 24 00:02:11,875 --> 00:02:12,750 Cincuenta. 25 00:02:13,541 --> 00:02:15,500 É que o anuncio dicía cen. 26 00:02:19,750 --> 00:02:23,666 A ver que máis temos por aquí. Mira, un de cinco! 55. 27 00:02:24,791 --> 00:02:27,458 Espera, vós que tedes? Baleirade os petos. 28 00:02:27,541 --> 00:02:30,625 Cincuenta e cinco. Ah, 57! 29 00:02:30,708 --> 00:02:35,208 Cincuenta e cinco. Cincuenta… Veña, rapaces, baleirade os petos. 30 00:02:35,291 --> 00:02:36,166 Está ben así. 31 00:02:37,000 --> 00:02:37,916 Grazas, querida. 32 00:02:38,500 --> 00:02:40,666 Quietos, vale? Non é un xoguete. 33 00:02:51,208 --> 00:02:54,833 - Como se consegue unha casa así? - Roubando un banco, colega. 34 00:02:54,916 --> 00:02:56,541 - Non digas iso. - E logo? 35 00:02:56,625 --> 00:02:59,208 Toda fortuna agocha un crime. 36 00:02:59,291 --> 00:03:00,708 Que? Nunca o oíras? 37 00:03:02,333 --> 00:03:05,833 Rapaces, a vosa nai viviría nunha chabola coma esta 38 00:03:05,916 --> 00:03:07,666 se de moza non fuxise da casa. 39 00:03:08,583 --> 00:03:09,791 Veña, ruliña. 40 00:03:10,458 --> 00:03:12,250 Conseguimos unha ganga. 41 00:03:13,666 --> 00:03:16,541 Cincuenta e sete pavos. Vale o dobre diso. 42 00:03:21,791 --> 00:03:23,125 Estás ben, mamá? 43 00:03:27,750 --> 00:03:30,833 Todo vai mellorar, Frankie. Prométocho. 44 00:03:32,041 --> 00:03:35,083 Vai mellorar tanto que esquecerás que estivo mal. 45 00:03:47,791 --> 00:03:48,958 Ollo cos dedos! 46 00:03:51,000 --> 00:03:53,958 EPISODIO DOUS: RAPAZ LEVA TALLADA 47 00:04:04,000 --> 00:04:04,833 Mirade. 48 00:04:05,750 --> 00:04:08,500 Iso é unha cacatúa morta ou un cueiro usado? 49 00:04:09,750 --> 00:04:11,500 Chulísimo. Como chegaría aí? 50 00:04:11,583 --> 00:04:12,625 Non sei, colega. 51 00:04:15,458 --> 00:04:18,625 Mirade como está todo. Puto Darra. 52 00:04:19,416 --> 00:04:22,666 Sabedes como lle chaman a isto? Colapso social. 53 00:04:23,958 --> 00:04:25,875 - Só é a recollida do lixo. - Xa! 54 00:04:26,708 --> 00:04:27,833 Tamén lle chaman así. 55 00:04:37,125 --> 00:04:41,166 PRÓTESES ATLAS 56 00:04:49,375 --> 00:04:51,125 - Boas! - Home, Lyle! 57 00:04:51,208 --> 00:04:52,625 Xa coñecedes a Teddy. 58 00:04:52,708 --> 00:04:54,625 Sonche novos para choiar, non? 59 00:04:54,708 --> 00:04:56,791 É o día dos oficios na escola. 60 00:04:56,875 --> 00:05:00,458 Vaslles ensinar unha man desas? "Ei, profe, mira isto!" 61 00:05:00,541 --> 00:05:02,000 "Que carallo?" 62 00:05:03,000 --> 00:05:05,208 Os meus cans teñen unha para roer nela. 63 00:05:05,291 --> 00:05:07,750 Deberiades poñerlle salsa de tomate. 64 00:05:08,333 --> 00:05:12,291 - Ti tamén estás nas máquinas? - Non. Eu traballo. Levo un camión. 65 00:05:12,375 --> 00:05:13,291 Claro, claro. 66 00:05:13,791 --> 00:05:15,916 - Que tal está Frankie? - Está ben. 67 00:05:16,000 --> 00:05:17,875 Vai vir á festa o mes que vén? 68 00:05:17,958 --> 00:05:20,333 Comida gratis. E traedes os rapaces. 69 00:05:20,416 --> 00:05:22,541 Ven, quero dicirche unha cousa. 70 00:05:22,625 --> 00:05:24,000 Escoita, meu. Resulta… 71 00:05:29,833 --> 00:05:31,500 De que falan? 72 00:05:33,458 --> 00:05:34,708 Tocaríame conducir? 73 00:05:34,791 --> 00:05:37,625 - É doado de carallo. - Moi ben. Vémonos. 74 00:05:39,750 --> 00:05:41,041 Veña, vide. 75 00:05:41,625 --> 00:05:44,000 Que lentos sodes, miña nai querida. 76 00:05:45,708 --> 00:05:46,541 Toma! 77 00:05:47,125 --> 00:05:49,250 Botade un ollo. 78 00:05:50,125 --> 00:05:52,000 Elegante, non si? 79 00:05:52,083 --> 00:05:52,916 Excelente. 80 00:05:54,583 --> 00:05:56,000 - Ola. - Bo día, Lyle. 81 00:05:56,083 --> 00:05:57,416 Mirade o meu posto. 82 00:05:58,500 --> 00:05:59,458 Ven, Gus. 83 00:06:02,458 --> 00:06:03,666 Que pasa, colega? 84 00:06:03,750 --> 00:06:04,916 Non é aburrido? 85 00:06:05,708 --> 00:06:09,791 Para nada, colega. Fas algo distinto cada día. 86 00:06:10,375 --> 00:06:13,541 Pernas, brazos, pés, xeonllos… 87 00:06:14,041 --> 00:06:15,083 É unha marabilla. 88 00:06:20,583 --> 00:06:21,625 Rapaces. 89 00:06:23,750 --> 00:06:25,208 Eu son o voso pai. 90 00:06:25,291 --> 00:06:26,833 Pero non o de verdade. 91 00:06:31,625 --> 00:06:33,166 Ei, parade de enredar. 92 00:06:33,250 --> 00:06:34,583 Bo día, xefe. 93 00:06:34,666 --> 00:06:35,500 Lyle. 94 00:06:39,125 --> 00:06:40,416 A quen temos aquí? 95 00:06:41,291 --> 00:06:44,916 El é Eli e el é Gus. Son os fillos da miña señora. 96 00:06:45,000 --> 00:06:48,541 Rapaces, preséntovos o señor Broz, o dono de toda a fábrica. 97 00:06:48,625 --> 00:06:49,916 Veña, dádelle a man. 98 00:06:55,375 --> 00:06:57,375 Tes forza, mozo. 99 00:06:59,833 --> 00:07:01,166 Si? Non? 100 00:07:01,833 --> 00:07:05,750 Non fala. Non di palabra dende os oito anos. 101 00:07:05,833 --> 00:07:09,000 - É… - Non lle pasa nada. É listo coma un allo. 102 00:07:09,083 --> 00:07:11,708 Sabe de todo, pero non di nada. 103 00:07:13,708 --> 00:07:16,500 E ti es o falangueiro da familia, non si? 104 00:07:18,916 --> 00:07:20,041 Dáme o brazo. 105 00:07:21,541 --> 00:07:22,500 Non teñas medo. 106 00:07:27,166 --> 00:07:28,000 Ai, si. 107 00:07:29,916 --> 00:07:31,291 Aínda non madurou. 108 00:07:32,500 --> 00:07:34,041 Nótoo na cana do óso. 109 00:07:34,750 --> 00:07:38,166 O óso está duro, pero aínda non está cheo. 110 00:07:38,916 --> 00:07:41,833 Cóntame, que cousas interesantes sabe teu irmán? 111 00:07:42,375 --> 00:07:44,333 Pois pode predicir o futuro. 112 00:07:44,416 --> 00:07:47,125 Temos aquí un Hexesístrato logo… 113 00:07:49,791 --> 00:07:50,625 Un que? 114 00:07:50,708 --> 00:07:54,125 Era un profeta da antiga Grecia que amputou o seu propio pé 115 00:07:54,208 --> 00:07:57,166 porque non quería seguir preso. 116 00:07:58,166 --> 00:08:01,250 A ver, dáme un exemplo do que adiviña. 117 00:08:02,666 --> 00:08:07,333 Pois unha vez escribiu "Park Terrace" 118 00:08:07,416 --> 00:08:09,208 e xusto ese día mamá viu 119 00:08:09,291 --> 00:08:12,416 unha velliña que ía cruzar a estrada coa compra. 120 00:08:14,750 --> 00:08:18,833 Entón mamá parouna xusto antes de que a atropelase un bus. 121 00:08:19,583 --> 00:08:21,041 En Park Terrace? 122 00:08:21,125 --> 00:08:22,625 Non, en Oxley Avenue. 123 00:08:22,708 --> 00:08:25,291 Pero despois mamá levou á velliña á casa. 124 00:08:26,041 --> 00:08:27,125 A Park Terrace. 125 00:08:27,208 --> 00:08:30,416 Non, en realidade vivía no bulevar non sei que. 126 00:08:30,500 --> 00:08:32,125 Pero era un bloque de pisos 127 00:08:32,750 --> 00:08:37,458 e nun sinal poñía que os residentes tiñan acceso ó parque e ás terrazas. 128 00:08:39,250 --> 00:08:40,458 Quedou a cadros, eh? 129 00:08:42,291 --> 00:08:45,708 - Tes uns rapaces ben interesantes, Lyle. - Grazas, xefe. 130 00:09:04,583 --> 00:09:07,500 Querido Alex: Ó trimestre quédanlle dúas semanas 131 00:09:07,583 --> 00:09:10,666 e a escola paréceme máis absurda ca nunca. 132 00:09:12,416 --> 00:09:15,208 Mamá desprega as súas artes para a festa de fin de ano, 133 00:09:15,291 --> 00:09:18,208 pero ese talento nunca nos vai sacar de pobres. 134 00:09:21,500 --> 00:09:25,166 Gus si que podería facerse de ouro como adiviño profesional, 135 00:09:25,791 --> 00:09:27,750 pero ata que non lle dea por falar, 136 00:09:27,833 --> 00:09:30,375 hei de explorar outras fontes de ingresos. 137 00:09:31,500 --> 00:09:35,875 Bich Dang é a persoa máis rica que coñecemos e ofreceume traballo. 138 00:09:36,458 --> 00:09:39,291 E nada, tamén convidaron a Lyle ó centenario 139 00:09:39,375 --> 00:09:42,500 da fábrica de membros onde choia cos demais exconvictos 140 00:09:42,583 --> 00:09:44,541 e mamá está toda emocionada. 141 00:09:44,625 --> 00:09:47,458 Todos van tentar ir de respectables, 142 00:09:47,541 --> 00:09:49,208 cousa que ningún somos. 143 00:09:49,875 --> 00:09:53,583 Querido Eli: Aquí tamén estivo todo moi tranquilo. 144 00:09:54,083 --> 00:09:57,000 Iso si, a Billy Pedan metéronlle a cabeza na merda 145 00:09:57,083 --> 00:09:58,208 por apuñalar a Giggsy. 146 00:09:59,208 --> 00:10:00,375 Sorpresa, cabrón! 147 00:10:00,875 --> 00:10:05,916 Agora puxéronlles un asentiño ós cubos para que non caiba unha cabeza humana. 148 00:10:07,458 --> 00:10:10,166 Só digo que andes con ollo cos atallos. 149 00:10:10,250 --> 00:10:12,375 O diñeiro fácil non existe 150 00:10:12,458 --> 00:10:16,791 e a todos nos chegan as consecuencias, normalmente cando menos as esperas. 151 00:10:17,291 --> 00:10:19,083 Lyle, onde estás? 152 00:10:20,833 --> 00:10:22,791 Que ben o pasas. Déixasme probar? 153 00:10:24,250 --> 00:10:27,750 Vai ser un posto na festa. Quieto, non te achegues tanto. 154 00:10:33,083 --> 00:10:36,000 - Usaches pegamento ou que? - Dálle máis duro. 155 00:10:36,583 --> 00:10:39,333 Dislles iso a todos? Eh? 156 00:10:40,000 --> 00:10:41,083 Moi ben, mira. 157 00:10:43,833 --> 00:10:44,916 Deille! 158 00:10:46,666 --> 00:10:49,791 - E cal é o premio? - Piruletas e tal. 159 00:10:51,500 --> 00:10:55,083 Dislles ós rapaces que aparquei aí diante? Grazas. 160 00:11:15,916 --> 00:11:17,625 Veña, os flotadores están aquí. 161 00:11:20,375 --> 00:11:21,375 Ola! 162 00:11:23,500 --> 00:11:24,958 Lede o sinal, hostia. 163 00:11:26,333 --> 00:11:27,333 Que pasa? 164 00:11:28,208 --> 00:11:31,583 - Está pechada por mantemento. - Estás de carallada. 165 00:11:31,666 --> 00:11:35,625 E que vas amañar nunha piscina? É un puto furado con auga. 166 00:11:35,708 --> 00:11:38,583 Eu que sei, o cloro? Perdón, pero volvedes a pé. 167 00:11:38,666 --> 00:11:41,291 Quedamos en Jamboree Heights hai cinco minutos. 168 00:11:41,375 --> 00:11:44,541 - Que hai alí? - Nada que che incumba. Bulide. 169 00:11:44,625 --> 00:11:47,166 - Vas vender o de Bich Dang? - Ei! 170 00:11:48,083 --> 00:11:49,125 Que che dixen? 171 00:11:49,208 --> 00:11:53,375 O carallo. Eu seino, Gus sábeo, e mamá seguro que tamén. 172 00:11:54,083 --> 00:11:56,000 Ademais, Gus rompeu a chanqueta. 173 00:11:57,125 --> 00:12:00,250 Ai, mira ti. Unha casualidade da hostia, non? 174 00:12:04,041 --> 00:12:05,375 Subide. 175 00:12:05,458 --> 00:12:08,708 - Imos ir cos rapaces? - Non pasa nada. Veña. 176 00:12:13,750 --> 00:12:14,583 Pailáns. 177 00:12:15,083 --> 00:12:16,375 Non toquedes nada. 178 00:12:41,500 --> 00:12:42,833 É aquí? 179 00:12:49,458 --> 00:12:52,583 - A que esperamos? - Calas un pouco, por favor? 180 00:12:58,416 --> 00:13:01,458 Vós quedade aquí e que non vos vexan, vale? 181 00:13:01,541 --> 00:13:03,625 Moi ben. Pois cando veña o tipo ese 182 00:13:03,708 --> 00:13:05,416 preguntar algo, dígolle: 183 00:13:05,500 --> 00:13:08,875 "Tranquilo, señor. O meu padrasto só está traficando". 184 00:13:08,958 --> 00:13:10,375 Non me toques o carallo. 185 00:13:14,416 --> 00:13:15,666 Veña, vide comigo. 186 00:13:18,833 --> 00:13:19,833 Que carallo? 187 00:13:19,916 --> 00:13:23,333 Non dirán nin chío. Non digas nin chío, hostia! 188 00:13:24,083 --> 00:13:25,416 - Vale. - En serio. 189 00:13:53,125 --> 00:13:54,041 Es ti, meu? 190 00:13:54,625 --> 00:13:55,458 Está aberto. 191 00:14:15,291 --> 00:14:16,166 Senta, meu. 192 00:14:20,083 --> 00:14:21,041 Que sentes, meu. 193 00:14:33,583 --> 00:14:36,000 Es un pai de carallo, meu. 194 00:14:36,083 --> 00:14:40,333 Como traes os rapaces a unha entrega? Éche o pai do ano, eh, curmán? 195 00:14:40,416 --> 00:14:43,000 É que estaban reparando a piscina. 196 00:14:43,708 --> 00:14:47,833 - E que vas amañar nunha piscina? - Xa. Iso mesmo dixen eu. 197 00:14:57,166 --> 00:14:58,166 De que vai a peli? 198 00:15:01,875 --> 00:15:02,833 Non sei, rapaz. 199 00:15:03,458 --> 00:15:04,583 Mafiosos e merdas. 200 00:15:05,166 --> 00:15:09,208 Busca por Hong Kong o cabrón que lle cortou a cabeza á súa dona. 201 00:15:09,291 --> 00:15:12,666 - Por que lla cortou? - Porque é un cabrón. 202 00:15:13,916 --> 00:15:17,416 Igual có teu amiguiño Ivan. Os cabróns sen corazón son así. 203 00:15:20,166 --> 00:15:22,500 - Tes algo para min ou que? - Teño. 204 00:15:24,291 --> 00:15:25,708 Tróuxenvos unhas birras. 205 00:15:37,250 --> 00:15:39,875 - Queres comprobala. - Compróbaa ti. 206 00:15:39,958 --> 00:15:40,958 Veña, Elsie! 207 00:15:41,041 --> 00:15:43,041 Está chegando á mellor parte! 208 00:15:54,208 --> 00:15:56,000 Rapaces, queredes un refresco? 209 00:16:01,458 --> 00:16:05,416 Tedes unhas galletas Iced VoVo a carón das patacas doces. 210 00:16:05,500 --> 00:16:06,500 Unha birriña? 211 00:16:09,208 --> 00:16:11,250 - Si. - Pásama. 212 00:16:34,083 --> 00:16:34,916 Que é iso? 213 00:16:38,166 --> 00:16:39,125 É un mere. 214 00:16:40,500 --> 00:16:42,000 Unha reliquia de familia. 215 00:16:42,541 --> 00:16:45,333 Era do pai do meu tataravó. 216 00:16:45,416 --> 00:16:46,666 E para que serve? 217 00:16:46,750 --> 00:16:48,041 É unha arma letal. 218 00:16:48,125 --> 00:16:51,500 Se sabes usala ben, pode facer moito dano. 219 00:16:51,583 --> 00:16:55,583 Pode romperlle o cranio a un pakeha coma se fose a casca dun ovo. 220 00:16:55,666 --> 00:16:56,791 E que é un pakeha? 221 00:16:56,875 --> 00:16:58,250 Un branquiño. 222 00:16:58,875 --> 00:16:59,750 Coma Lyle. 223 00:17:19,291 --> 00:17:21,541 Isto éche cousa boa, dígocho eu. 224 00:17:23,291 --> 00:17:25,458 Mellor ca esa merda de Dustin Vang. 225 00:17:27,333 --> 00:17:28,708 Quen é Dustin Vang? 226 00:17:28,791 --> 00:17:30,833 Moito preguntas ti, non? 227 00:17:32,625 --> 00:17:34,875 Dustin Vang é un camelo de Sydney. 228 00:17:35,875 --> 00:17:38,916 Pero corta o material con manitol, non nos gusta. 229 00:17:39,541 --> 00:17:41,416 Ademais, liquídanlle os repartidores. 230 00:17:42,583 --> 00:17:43,708 Quen llos liquida? 231 00:17:46,583 --> 00:17:48,250 Iso pregúntallo a Lyle. 232 00:17:57,000 --> 00:17:58,250 Bebes o refresco? 233 00:17:58,833 --> 00:18:01,541 Ou quedas aí toda a tarde mirándome as tetas? 234 00:18:02,875 --> 00:18:03,708 Perdoa. 235 00:18:04,958 --> 00:18:08,625 A ver, Capitán Díxomes, de que falabas con Elsie na cociña? 236 00:18:09,125 --> 00:18:10,958 Pois tiña unha porra maorí 237 00:18:11,041 --> 00:18:14,125 colgada na parede que era do pai do seu tataravó, 238 00:18:14,208 --> 00:18:16,541 era coma o Viv Richards dos guerreiros. 239 00:18:17,083 --> 00:18:19,500 E o noso material é mellor có de Dustin Vang 240 00:18:19,583 --> 00:18:21,541 porque el córtao con manitol. 241 00:18:23,208 --> 00:18:24,041 Xa vexo. 242 00:18:24,541 --> 00:18:25,708 Que é o manitol? 243 00:18:27,083 --> 00:18:28,416 Esquéceo, colega. 244 00:18:54,791 --> 00:18:58,791 A fin de semana que vén levo o camión. Precisas outro acompañante. 245 00:19:03,666 --> 00:19:04,958 - Moi ben. - Síntoo. 246 00:19:06,916 --> 00:19:08,125 Aí tes. 247 00:19:08,958 --> 00:19:10,166 É todo por agora. 248 00:19:12,166 --> 00:19:13,375 Xenial. Grazas. 249 00:19:16,708 --> 00:19:17,541 Vémonos. 250 00:19:20,000 --> 00:19:21,250 Podo acompañarte eu. 251 00:19:22,416 --> 00:19:23,250 Érache boa! 252 00:19:24,791 --> 00:19:26,166 E Elsie tamén me dixo 253 00:19:26,250 --> 00:19:29,750 que alguén liquida os repartidores de Dustin Vang. 254 00:19:29,833 --> 00:19:31,541 Iso é o que fai Ivan Kroll? 255 00:19:32,666 --> 00:19:34,958 Esa persoa non existe, vale? 256 00:19:35,041 --> 00:19:39,291 Ivan Kroll só é un coco inventado para metelos a todos en cintura. 257 00:19:39,375 --> 00:19:41,625 Pois Darren cre nel e Ezra tamén. 258 00:19:41,708 --> 00:19:42,833 Ai, si? 259 00:19:42,916 --> 00:19:46,000 De todas maneiras, viríache ben un gardacostas. 260 00:19:46,666 --> 00:19:49,333 Viríame ben alguén que non latrique tanto. 261 00:19:49,416 --> 00:19:51,458 É que xa che vale, colega. 262 00:19:51,541 --> 00:19:54,708 Se queres axudar, tranquilízate un pouco, vale? 263 00:19:55,291 --> 00:19:56,583 Si? Atende ó teu. 264 00:19:59,416 --> 00:20:03,083 Non preciso un acompañante. Non o preciso. Non. 265 00:20:03,166 --> 00:20:05,250 De onde sacará esas ideas? 266 00:20:39,750 --> 00:20:40,625 Mamá! 267 00:21:02,083 --> 00:21:05,958 Non quero que volvas andar co Nunchakus ese, entendido? 268 00:21:06,875 --> 00:21:08,583 Éche un psicópata de manual. 269 00:21:08,666 --> 00:21:11,125 Que dis? Eu non ando con Darren. 270 00:21:11,208 --> 00:21:13,125 A outra noite eras moi amigo del. 271 00:21:13,208 --> 00:21:16,916 - E ti de súa nai. - Ei! Iso son negocios. 272 00:21:17,000 --> 00:21:19,625 Rapaces! Á clase! Xa! 273 00:21:21,375 --> 00:21:24,083 Veña, liscade, os dous, arreando. 274 00:21:30,208 --> 00:21:31,416 Grazas por traernos. 275 00:21:32,583 --> 00:21:33,541 Non hai de que. 276 00:21:37,333 --> 00:21:38,250 Deica, Gussie. 277 00:22:11,083 --> 00:22:13,000 HEXESÍSTRATO 278 00:22:13,083 --> 00:22:15,416 ADIVIÑO MÍSTICO CAPTURADO POLOS ESPARTANOS 279 00:22:15,500 --> 00:22:17,791 QUE FUXIU CORTANDO PARTE DUN PÉ 280 00:22:18,833 --> 00:22:21,000 Vou marchando. Deica, Gus. 281 00:22:32,000 --> 00:22:33,208 - Ai, non! - Deus! 282 00:22:33,291 --> 00:22:35,125 - Que pasou? - Está ben? 283 00:22:36,500 --> 00:22:38,083 Shelly, estás ben? 284 00:22:42,375 --> 00:22:45,125 Senta e respira tranquila. 285 00:22:48,166 --> 00:22:49,166 Respira. 286 00:22:52,125 --> 00:22:53,083 Grazas. 287 00:22:53,166 --> 00:22:54,166 Seguinte. 288 00:22:57,083 --> 00:22:59,125 Mamá? Que fas ti aquí? 289 00:22:59,833 --> 00:23:02,666 A nai de Shelly levouna ó médico e substitúoa eu. 290 00:23:02,750 --> 00:23:04,791 - E non me dis nada? - Tes 13 anos. 291 00:23:04,875 --> 00:23:08,250 Eli, non teño que pedirche permiso para axudar no comedor. 292 00:23:08,333 --> 00:23:10,250 - Mamá, por Deus. - Que che poño? 293 00:23:10,916 --> 00:23:13,625 - Tres pasteliños? - Iso non é xantar nin é nada. 294 00:23:14,208 --> 00:23:17,708 - Mamá! - Moi ben. Tres pasteliños logo. 295 00:23:23,833 --> 00:23:24,791 Bo día. 296 00:23:26,750 --> 00:23:27,583 Grazas. 297 00:23:29,375 --> 00:23:30,208 Estes cativos… 298 00:23:32,125 --> 00:23:33,500 E Lyle? Moito traballo? 299 00:23:34,000 --> 00:23:36,375 Si, segue traballando na fábrica. 300 00:23:38,083 --> 00:23:41,250 Non podería pasarnos algo de fariña, verdade? 301 00:23:41,916 --> 00:23:42,750 Non. 302 00:23:44,208 --> 00:23:45,666 Lyle xa non anda niso. 303 00:23:46,500 --> 00:23:48,166 Perdoa, é que disque… 304 00:23:48,250 --> 00:23:50,291 - Disque que? - Perdoa. 305 00:23:51,958 --> 00:23:53,875 Disque montarás un posto na festa. 306 00:23:56,333 --> 00:23:58,416 Só poño o meu granciño de area. 307 00:24:02,458 --> 00:24:03,458 Seguinte. 308 00:24:09,083 --> 00:24:12,291 Ese gancho esquerdo ensinoullo Lyle? Véxolle futuro. 309 00:24:14,375 --> 00:24:16,416 Cres que Gus volverá falar? 310 00:24:17,791 --> 00:24:18,875 Por que non? 311 00:24:21,375 --> 00:24:23,583 Cres que predí o futuro de verdade? 312 00:24:26,333 --> 00:24:29,541 Sabes que? Se puidese predicir eu o futuro, 313 00:24:29,625 --> 00:24:31,416 gardaríamo para min. 314 00:24:32,375 --> 00:24:33,208 Por que? 315 00:24:33,708 --> 00:24:36,625 Porque a xente é moi pesada. Que lles dirías? 316 00:24:36,708 --> 00:24:39,166 Ás veces ten que ir mal para que vaia ben. 317 00:24:39,916 --> 00:24:40,916 Por exemplo? 318 00:24:41,000 --> 00:24:44,666 Se túa nai non fuxise da casa, non coñecería a Robert. 319 00:24:44,750 --> 00:24:47,166 Se non fose un borracho, non coñecería a Lyle. 320 00:24:47,250 --> 00:24:49,291 Moitas cousas malas para unha soa boa. 321 00:24:50,041 --> 00:24:51,250 Dúas cousas boas. 322 00:24:52,333 --> 00:24:54,208 Por iso vos coñecín, mocosos. 323 00:24:56,375 --> 00:25:01,000 O que quero dicir é que ser humano implica dor e pracer. 324 00:25:01,958 --> 00:25:05,541 Iso é que naciches. Se non doe, non é a vida real, colega. 325 00:25:10,708 --> 00:25:12,958 Teddy leva dúas semanas sen aparecer. 326 00:25:13,041 --> 00:25:13,875 Colega… 327 00:25:14,458 --> 00:25:18,250 No fondo, queres que veña eu porque vexo cousas que ti non ves. 328 00:25:18,333 --> 00:25:20,708 Desta volta queda no coche, si, colega? 329 00:25:20,791 --> 00:25:23,500 Estes tipos son moi perigosos. En serio. 330 00:25:43,458 --> 00:25:44,791 Faiche falla contalo? 331 00:25:46,208 --> 00:25:47,125 Está todo aí. 332 00:25:49,291 --> 00:25:52,166 Prométeme que esta merda é boa. 333 00:25:52,916 --> 00:25:54,541 Sempre é boa merda, meu. 334 00:25:57,000 --> 00:25:59,125 A última vez non foi tan boa. 335 00:26:03,208 --> 00:26:04,666 Afaríaste a ela. 336 00:26:04,750 --> 00:26:08,750 - Ou talvez nos queres foder! - Xesús. Tranquilos. 337 00:26:12,208 --> 00:26:14,208 Lyle, que pasa? 338 00:26:14,291 --> 00:26:15,541 Quen cona es ti? 339 00:26:16,708 --> 00:26:19,041 Non che dixen que quedases no coche? 340 00:26:23,291 --> 00:26:26,000 - Que miras? - Non mira nada, meu. 341 00:26:28,750 --> 00:26:31,250 Pois, sinceramente, preguntábame 342 00:26:31,333 --> 00:26:33,791 se xa calveabas antes de ser skinhead 343 00:26:33,875 --> 00:26:35,541 ou se calveaches despois. 344 00:26:46,000 --> 00:26:48,375 Para que carallo traes o rapaz, eh? 345 00:26:50,916 --> 00:26:52,125 Liscade, hostia. 346 00:27:26,666 --> 00:27:27,500 Un. 347 00:27:40,750 --> 00:27:42,500 VESTIDO RUBÍ, 126,95 $ 348 00:27:50,041 --> 00:27:51,208 APARCADOIRO PRIVADO 349 00:27:56,916 --> 00:27:58,083 Boas, señoritas. 350 00:28:03,375 --> 00:28:04,416 Deica, señoritas. 351 00:28:07,708 --> 00:28:09,041 DEMENCIA MUTANTE 352 00:28:09,125 --> 00:28:10,750 COMPROBA A TÚA FORZA 353 00:28:13,166 --> 00:28:15,875 PANDEMONIO DE PAUCIÑOS 354 00:28:17,375 --> 00:28:18,541 Veu Slim. 355 00:28:20,500 --> 00:28:22,625 Mira. É Shelly. 356 00:28:29,791 --> 00:28:32,291 Shelly, que tal estás? 357 00:28:32,375 --> 00:28:34,541 - Ola. - Dixéronme que te ingresaron. 358 00:28:36,708 --> 00:28:40,291 - Para que son? - Teño un problema muscular nas pernas. 359 00:28:41,208 --> 00:28:43,500 Merda. Cal é o tratamento? 360 00:28:43,583 --> 00:28:45,666 Non sei, teñen que facerme probas. 361 00:28:46,166 --> 00:28:49,583 - Bule, que comeza o fútbol. - Queres vir velo connosco? 362 00:28:50,166 --> 00:28:53,166 Éme mellor ir á casa, así animo a miña nai. Deica. 363 00:28:58,833 --> 00:29:00,375 - Deica entón. - Deica. 364 00:29:01,000 --> 00:29:03,916 Eli, podes tirar as miudanzas ó lixo, por favor? 365 00:29:25,458 --> 00:29:27,000 VENTRE-RICO FIBRA INSTANTÁNEA 366 00:29:30,958 --> 00:29:31,958 SABOR A LIMÓN 367 00:29:32,041 --> 00:29:35,333 INGREDIENTE ACTIVO: MANITOL 368 00:29:40,000 --> 00:29:42,166 Eli, xa comeza! 369 00:29:51,000 --> 00:29:53,458 - Avisa a Lyle, vai perder o saque. - Vou. 370 00:29:55,291 --> 00:29:56,833 - Non mires. - Non miro. 371 00:29:58,666 --> 00:30:01,666 - A ver, que é? - Abre os ollos. 372 00:30:01,750 --> 00:30:02,916 Veña. 373 00:30:08,333 --> 00:30:09,250 Non. 374 00:30:09,916 --> 00:30:11,541 Podemos permitírnolo? 375 00:30:11,625 --> 00:30:13,291 Ben investido está, ruliña. 376 00:30:13,375 --> 00:30:16,125 Grazas! 377 00:30:17,291 --> 00:30:18,250 Quérote. 378 00:30:21,666 --> 00:30:23,000 Vai comezar o partido. 379 00:30:28,166 --> 00:30:30,750 Dámoslle a benvida a toda Australia 380 00:30:30,833 --> 00:30:32,583 á final preliminar de 1985 381 00:30:32,666 --> 00:30:35,625 entre os Canberra Bulldogs e os Parmatta Eels. 382 00:30:36,125 --> 00:30:38,916 - Podo facerche unha pregunta? - Xa ma fixeches. 383 00:30:40,583 --> 00:30:43,333 Imaxina que fas algo e que te poden pillar, 384 00:30:43,416 --> 00:30:45,875 e se te pillan, cágala a base de ben, 385 00:30:45,958 --> 00:30:49,666 pero só lle roubas a xente mala, de tódolos xeitos, 386 00:30:49,750 --> 00:30:50,708 ti faríalo? 387 00:30:51,375 --> 00:30:55,083 - Preguntas por ti ou por un amigo? - Por un amigo. 388 00:30:55,875 --> 00:30:59,125 Diríalle ó teu amigo que sempre a paga alguén. 389 00:30:59,208 --> 00:31:02,208 Ó mellor te libras un tempo, pero a longo andar, 390 00:31:02,291 --> 00:31:06,041 volve e trábache o cu. A ti ou a alguén a quen queres. 391 00:31:06,541 --> 00:31:08,166 Así funciona o mundo. 392 00:31:09,833 --> 00:31:11,583 Mira que contenta está túa nai. 393 00:31:15,416 --> 00:31:17,416 Quen ía querer botar iso a perder? 394 00:31:21,500 --> 00:31:22,625 Moi ben, rapaces. 395 00:31:23,375 --> 00:31:25,041 - Imos alá. - Caralludo. 396 00:31:25,791 --> 00:31:27,125 Aí tes, meu. 397 00:31:27,208 --> 00:31:28,083 Grazas, meu. 398 00:31:28,166 --> 00:31:31,875 …no campo e en todo o país érguense para o himno… 399 00:31:31,958 --> 00:31:33,250 Faime sitio, colega. 400 00:31:36,625 --> 00:31:38,625 Pódeslle repetir iso a Lyle? 401 00:31:38,708 --> 00:31:40,458 Agora non, colega, veña. 402 00:31:40,541 --> 00:31:43,208 Están co himno do puto mellor país do mundo. 403 00:31:46,750 --> 00:31:47,583 Australianos… 404 00:31:47,666 --> 00:31:52,291 Australianos, deleitémonos, 405 00:31:52,375 --> 00:31:57,666 xa que somos novos e libres. 406 00:31:57,750 --> 00:31:58,708 Somos… que di? 407 00:31:58,791 --> 00:32:03,583 Gozamos de terras douradas e riquezas para os que as traballan. 408 00:32:03,666 --> 00:32:09,083 O noso fogar, cinguido polo mar. 409 00:32:09,166 --> 00:32:11,833 Cantas aliñas de polo? Necesitamos o dobre. 410 00:32:11,916 --> 00:32:14,041 Iso de aí son as vieiras? 411 00:32:14,125 --> 00:32:15,625 Aínda están sen cociñar? 412 00:32:15,708 --> 00:32:18,166 Esas flores para a barra. 413 00:32:18,958 --> 00:32:21,041 E os manteis, onde están? 414 00:32:21,125 --> 00:32:22,833 Bule, tartaruga! 415 00:32:23,375 --> 00:32:25,166 Os clientes están para chegar! 416 00:32:26,375 --> 00:32:29,125 Rapaces, arreando, non quero chegar tarde. 417 00:32:29,625 --> 00:32:30,500 Como me queda? 418 00:32:40,833 --> 00:32:41,958 Pareces unha deusa. 419 00:32:43,708 --> 00:32:44,625 Dá a volta. 420 00:32:47,583 --> 00:32:48,458 Vaia. 421 00:32:51,666 --> 00:32:52,833 Vou polos rapaces. 422 00:32:52,916 --> 00:32:53,750 Moi ben. 423 00:32:55,583 --> 00:32:56,416 Eu… 424 00:32:57,083 --> 00:32:58,500 Vou arrincando a furgo. 425 00:33:03,125 --> 00:33:04,250 Bótoche unha man? 426 00:33:05,708 --> 00:33:06,541 Veña. 427 00:33:12,000 --> 00:33:14,291 Gus e eu podemos quedar vendo unha peli? 428 00:33:14,375 --> 00:33:15,500 Ídelo pasar ben. 429 00:33:15,583 --> 00:33:18,291 Só haberá unha morea de vellos soltando discursos. 430 00:33:18,375 --> 00:33:21,958 Ó mellor coñeces algún bo contacto, coma Tytus Broz. 431 00:33:22,041 --> 00:33:23,500 Xa o coñecemos. É raro. 432 00:33:24,083 --> 00:33:27,708 Cumprir 13 anos non te obriga a rosmar por todo. 433 00:33:27,791 --> 00:33:29,500 Ser adolescente non vai diso. 434 00:33:29,583 --> 00:33:30,416 SI TAL 435 00:33:30,500 --> 00:33:32,416 Lyle leva tres anos na fábrica. 436 00:33:32,500 --> 00:33:34,041 Valórano como empregado. 437 00:33:34,125 --> 00:33:37,541 Mamá, se o valorasen, teríano ascendido ou… 438 00:33:37,625 --> 00:33:39,166 Abonda, Eli. 439 00:33:39,875 --> 00:33:41,708 Nós imos e ti vés connosco. 440 00:33:41,791 --> 00:33:45,625 - Polo menos finxe pasalo ben. - Só queres que finxamos ser respectables. 441 00:33:45,708 --> 00:33:49,458 Respectable é que Lyle poña a funda cada día para ir traballar, 442 00:33:49,541 --> 00:33:51,416 aínda cando non lle apetece. 443 00:33:51,500 --> 00:33:54,041 Respectable é que arranxe os mosquiteiros, 444 00:33:54,125 --> 00:33:55,500 corte a herba 445 00:33:55,583 --> 00:33:58,083 e meta cartos no banco para sacarnos de aquí. 446 00:33:58,166 --> 00:34:01,250 Respectable é que teñas comida e papel hixiénico 447 00:34:01,333 --> 00:34:03,541 e que cada día non sexa unha merda. 448 00:34:04,708 --> 00:34:08,541 Paréceche mal ser respectable? É algo moi digno. 449 00:34:23,375 --> 00:34:26,500 - Vas feito un pincel. - Si? Grazas. 450 00:34:27,500 --> 00:34:30,000 Non pintes a mona, por favor. 451 00:35:01,458 --> 00:35:02,291 Ola, Darren. 452 00:35:02,875 --> 00:35:05,750 Bela? Hostia, como estás ti convidado? 453 00:35:06,750 --> 00:35:08,791 Non sei. Lyle traballa alí. 454 00:35:10,166 --> 00:35:14,083 - Como vai o negocio da distribución? - Creo que bastante ben. 455 00:35:14,166 --> 00:35:16,750 Ás veces acompáñoo ás entregas. 456 00:35:16,833 --> 00:35:17,708 Para que? 457 00:35:18,666 --> 00:35:21,625 Pois vixío. Asegúrome de que ninguén se aproveite. 458 00:35:22,500 --> 00:35:24,583 Bela o malote? 459 00:35:28,208 --> 00:35:31,916 Damas e cabaleiros, ocupen os seus asentos. 460 00:35:32,833 --> 00:35:34,250 A cea está lista. 461 00:35:40,875 --> 00:35:41,791 Imos alá. 462 00:35:43,166 --> 00:35:44,583 Quen senta na túa mesa? 463 00:35:44,666 --> 00:35:46,375 O representante de Oxley. 464 00:35:47,083 --> 00:35:49,000 E ese é o inspector Tim Cotton. 465 00:35:49,083 --> 00:35:52,458 Xa, porque Tytus axuda a presos en reinserción, non? 466 00:35:53,333 --> 00:35:57,750 Non, é porque a metade dos polis reciben o aguinaldo de miña nai. 467 00:36:14,833 --> 00:36:15,791 É Ivan Kroll. 468 00:36:17,083 --> 00:36:19,166 Lyle dixo que non existía. 469 00:36:19,250 --> 00:36:21,333 Xa lle gustaría a Lyle. 470 00:36:27,208 --> 00:36:28,875 Que lle pasou na cara? 471 00:36:29,958 --> 00:36:34,375 Pois disque o irmán dunha das súas vítimas 472 00:36:34,458 --> 00:36:36,208 foi por el cunha escopeta. 473 00:36:43,375 --> 00:36:45,750 Próteses Atlas fabricoulle o couso da cara. 474 00:36:50,375 --> 00:36:52,958 E que pasou co que lle disparou na cara? 475 00:36:53,541 --> 00:36:55,166 Levoulle un tempo atopalo, 476 00:36:55,250 --> 00:36:59,041 pero deulle seguido a pista ata un serradoiro no cu de Tasmania. 477 00:37:17,875 --> 00:37:20,708 Eli! Vas feito un pincel, campión. 478 00:37:21,541 --> 00:37:23,875 Onde sentan os teus vellos? 479 00:37:26,916 --> 00:37:28,166 Estás ben, Gussie? 480 00:37:31,041 --> 00:37:32,833 É Teddy. Coñécelo? 481 00:37:33,708 --> 00:37:35,166 Gústalle miña nai. 482 00:37:37,000 --> 00:37:40,208 Gústanos a todos, Beliña. Eu dáballe. 483 00:37:42,208 --> 00:37:45,208 Damas e cabaleiros, 484 00:37:45,291 --> 00:37:47,500 reciban cunha calorosa benvida 485 00:37:47,583 --> 00:37:51,125 o seu anfitrión desta noite, o señor Tytus Broz. 486 00:38:02,250 --> 00:38:03,125 Grazas. 487 00:38:04,416 --> 00:38:06,166 Como algúns xa saben, 488 00:38:07,416 --> 00:38:10,166 as tres mulleres máis importantes da miña vida 489 00:38:11,833 --> 00:38:12,958 son a miña nai, 490 00:38:14,250 --> 00:38:15,333 a miña filla 491 00:38:16,500 --> 00:38:17,916 e a miña querida esposa. 492 00:38:18,791 --> 00:38:20,750 Que en paz descansen todas. 493 00:38:23,708 --> 00:38:28,125 A miña filla Hannah era a que máis cor lle daba á miña vida. 494 00:38:30,291 --> 00:38:35,125 Pese a todo o que sufriu pola súa estraña e incapacitante doenza, 495 00:38:36,208 --> 00:38:38,875 nada máis collela no colo, 496 00:38:39,958 --> 00:38:43,666 souben cal era o meu propósito nesta Terra. 497 00:38:47,083 --> 00:38:48,541 Outorgar mobilidade. 498 00:38:50,666 --> 00:38:52,416 Outorgar independencia. 499 00:38:54,208 --> 00:38:58,500 Outorgarlle dignidade á miña filla 500 00:38:58,583 --> 00:39:01,791 e a tódalas persoas do mundo coma ela. 501 00:39:03,333 --> 00:39:06,083 Aínda así queda moito camiño, amigos. 502 00:39:07,083 --> 00:39:10,583 Espero e creo 503 00:39:10,666 --> 00:39:14,000 que brazos e pernas totalmente funcionais 504 00:39:15,375 --> 00:39:19,000 chegarán a ser tan substituíbles coma as pezas dun automóbil. 505 00:39:20,208 --> 00:39:21,208 Ata entón, 506 00:39:21,916 --> 00:39:25,333 prométolles que a nosa misión sagrada 507 00:39:26,541 --> 00:39:31,625 para devolverlle a mobilidade total a quen a desexe 508 00:39:32,416 --> 00:39:33,750 e a mereza… 509 00:39:38,208 --> 00:39:39,750 non fixo máis que comezar. 510 00:39:46,583 --> 00:39:48,125 Que pasen unha boa velada. 511 00:41:12,416 --> 00:41:14,125 Dásme un globo, por favor? 512 00:41:14,208 --> 00:41:16,916 Case o tes. Veña, ti podes. 513 00:41:18,666 --> 00:41:21,250 Si! Deille! 514 00:41:21,333 --> 00:41:25,125 Décheslle, colega. Parabéns. 515 00:41:25,791 --> 00:41:27,166 - Grazas. - Ben feito. 516 00:41:28,750 --> 00:41:31,041 Demencia Mutante! Achéguense! 517 00:41:32,958 --> 00:41:35,041 Podes meter aí os cartos, Frances, 518 00:41:35,125 --> 00:41:37,083 e mirar que vaia todo ben? 519 00:41:37,875 --> 00:41:38,833 Claro. 520 00:41:40,458 --> 00:41:44,416 Pandemonio de Pauciños! Colla un pauciño, leve un premio! 521 00:41:46,333 --> 00:41:47,208 Quen se anima? 522 00:41:47,291 --> 00:41:49,958 Que posto máis cutre. Ofrecícheste voluntario? 523 00:41:50,041 --> 00:41:53,208 Obrigounos miña nai. Está que non caga coa comunidade. 524 00:41:55,416 --> 00:41:58,791 Cáeme ben túa nai. Sempre tiven celos da vosa familia. 525 00:41:58,875 --> 00:42:01,083 Celos? De nós? E iso? 526 00:42:02,500 --> 00:42:03,500 Quérenvos. 527 00:42:04,875 --> 00:42:06,250 Quérennos a todos, non? 528 00:42:06,333 --> 00:42:10,666 A ver, eu síntome querida, pero estou poñendo moi triste a miña nai. 529 00:42:12,166 --> 00:42:14,416 Tes máis sorte da que pensas, Bell. 530 00:42:42,791 --> 00:42:45,083 Si! Aí estamos, colega! 531 00:42:48,791 --> 00:42:50,333 Pandemonio de Pauciños! 532 00:42:50,416 --> 00:42:51,833 Demencia Mutante! 533 00:42:52,791 --> 00:42:54,416 Pandemonio de Pauciños! 534 00:42:54,500 --> 00:42:56,291 Non, non! Demencia Mutante! 535 00:42:56,375 --> 00:42:59,416 Moitos pauciños e moito pandemonio! 536 00:42:59,500 --> 00:43:00,791 Nada. Demencia Mutante! 537 00:43:00,875 --> 00:43:03,666 Demencia Mutante? Os mutantes non existen. 538 00:43:03,750 --> 00:43:08,000 Aquí hai mellores premios. Moitísimo mellores! 539 00:43:08,750 --> 00:43:11,958 Queremos comer! 540 00:43:12,041 --> 00:43:14,708 Ei! 541 00:43:15,291 --> 00:43:17,250 Vaia pintaza, mi madriña! Non? 542 00:43:20,500 --> 00:43:22,333 - E iso a que vén? - A nada. 543 00:43:24,625 --> 00:43:26,041 Hoxe paseino moi ben. 544 00:43:26,833 --> 00:43:28,958 Pareceume encantador. 545 00:43:29,041 --> 00:43:31,458 Non sabedes? Todos xuntos como familia. 546 00:43:31,541 --> 00:43:33,166 Sabemos, ruliña, sabemos. 547 00:43:33,250 --> 00:43:34,666 E isto non é nada. 548 00:43:34,750 --> 00:43:38,208 Dentro de pouco todo irá mellor aínda, prométovolo. 549 00:43:39,583 --> 00:43:40,541 Pode ser. 550 00:43:42,750 --> 00:43:44,583 - Non entredes aí. - Veña, ho! 551 00:43:44,666 --> 00:43:47,083 Espaguetes á boloñesa! Como te pos! 552 00:43:47,166 --> 00:43:49,458 Meu, podías pechar a porta polo menos. 553 00:43:49,541 --> 00:43:50,958 Mellor que airee. 554 00:43:53,333 --> 00:43:56,625 - Vou eu. - Convidastes a Shelly ou algo? 555 00:43:56,708 --> 00:43:58,625 Así que Shelly, eh? 556 00:44:00,416 --> 00:44:01,708 Perdoade, molesto? 557 00:44:05,000 --> 00:44:07,666 - E ti quen es? - Un amigo de Lyle. 558 00:44:13,458 --> 00:44:14,500 Ti, lisca. 559 00:44:17,125 --> 00:44:18,250 Veña, lisca! 560 00:44:18,333 --> 00:44:19,333 Xa vou. 561 00:44:21,708 --> 00:44:22,583 Ti, senta. 562 00:44:24,125 --> 00:44:26,083 Quietiños todos. Non tardaremos. 563 00:44:28,000 --> 00:44:31,083 Só quero preguntarlle a Lyle polos seus traballiños. 564 00:44:32,708 --> 00:44:34,500 Traballiños? De que fala? 565 00:44:34,583 --> 00:44:36,666 - Non sei de que… - Cala a boca! 566 00:44:37,208 --> 00:44:38,083 Puto… 567 00:44:38,958 --> 00:44:41,750 Queres dicirnos onde agochaches o extra, Lyle? 568 00:44:54,041 --> 00:44:55,000 Ei! 569 00:44:55,083 --> 00:44:57,458 Veña, iso non é necesario, hostia. 570 00:44:57,541 --> 00:44:59,208 Onde agochaches o extra? 571 00:44:59,708 --> 00:45:00,625 Non pasa nada. 572 00:45:01,458 --> 00:45:02,625 Non pasa nada. 573 00:45:04,916 --> 00:45:07,083 - Vale. - E ben? 574 00:45:09,333 --> 00:45:10,333 Gussie. 575 00:45:15,916 --> 00:45:18,750 Que fas? Que lle está a dicir? 576 00:45:18,833 --> 00:45:21,000 Deixa esa merda. Fálame a min, Lyle. 577 00:45:25,000 --> 00:45:27,666 Hostia! Parade. 578 00:45:35,791 --> 00:45:36,625 Eli. 579 00:45:47,166 --> 00:45:48,500 Síntoo, Frankie. 580 00:45:48,583 --> 00:45:51,416 Non, Lyle. 581 00:45:51,500 --> 00:45:53,166 Ó carallo, liscamos con el. 582 00:45:54,500 --> 00:45:56,666 Lyle! Non! 583 00:45:57,416 --> 00:46:00,583 Síntoo, ruliña. Só quería que fose mellor para todos. 584 00:46:00,666 --> 00:46:01,791 Lyle! 585 00:46:01,875 --> 00:46:03,250 Non saben nada! 586 00:46:04,833 --> 00:46:10,458 Mamá! 587 00:46:11,875 --> 00:46:13,875 - Senta! - Mamá! 588 00:46:13,958 --> 00:46:15,458 Cala a boca, cativo. 589 00:46:16,833 --> 00:46:17,666 Respira. 590 00:46:19,416 --> 00:46:20,458 Respira. 591 00:46:22,666 --> 00:46:26,250 Non teño moito tempo. Douche unha última oportunidade 592 00:46:26,333 --> 00:46:29,625 para evitar algo moi desagradable. 593 00:46:37,416 --> 00:46:40,125 - Que che dixo Lyle? - Non fala. 594 00:46:41,708 --> 00:46:43,541 Todos falan chegado o momento. 595 00:46:46,125 --> 00:46:47,875 Que dixo, mudiño? 596 00:46:47,958 --> 00:46:50,125 Onde agochou Lyle o extra? 597 00:46:51,666 --> 00:46:53,250 Escríbemo no aire. 598 00:46:54,791 --> 00:46:56,541 Se escribes o que dixo Lyle, 599 00:46:57,166 --> 00:46:59,791 non lle corto o dedo ó teu irmán. 600 00:46:59,875 --> 00:47:02,583 Non! El non sabe nada. 601 00:47:02,666 --> 00:47:05,000 Este é bo rapaz. Escríbello a el. 602 00:47:07,833 --> 00:47:10,875 Dillo. Sóltao, Gus. 603 00:47:10,958 --> 00:47:11,916 El non… 604 00:47:18,166 --> 00:47:19,041 Dixo… 605 00:47:25,791 --> 00:47:27,000 "Pase o que pase… 606 00:47:29,625 --> 00:47:31,250 quérovos moito, rapaces." 607 00:47:38,250 --> 00:47:40,041 Xa. E que máis? 608 00:47:40,583 --> 00:47:45,083 O resto viña a ser: "Dille a ese merdeiro que lle dean polo cu." 609 00:47:46,083 --> 00:47:47,083 Cousas así. 610 00:47:50,875 --> 00:47:51,958 Escacho coa risa. 611 00:50:19,583 --> 00:50:21,500 Subtítulos: Abraham Díaz López