1 00:00:12,458 --> 00:00:13,291 Carta. 2 00:00:21,208 --> 00:00:22,333 Querido Alex: 3 00:00:22,416 --> 00:00:26,250 Verás que escribo dende outro enderezo: a casa de meu pai, Robert. 4 00:00:26,333 --> 00:00:29,375 Gus mais eu estamos aquí porque mamá está na cadea. 5 00:00:30,166 --> 00:00:34,583 Gus volve pintar, en parte para tapar os buracos das paredes, 6 00:00:34,666 --> 00:00:36,500 pero sonche bastante raros. 7 00:00:36,583 --> 00:00:39,000 Onte pintoume con pelo roxo 8 00:00:39,083 --> 00:00:42,041 saíndo do local vermello de polo frito de Barret Street. 9 00:00:42,125 --> 00:00:44,625 Titulouno Mellor roxo que no foxo. 10 00:00:45,750 --> 00:00:48,666 Agora está a pintar como se coñeceron os nosos pais. 11 00:00:48,750 --> 00:00:52,250 Mamá nunca nos contou por que fuxiu así da casa. 12 00:00:52,916 --> 00:00:56,291 Por algún motivo, deulle por facer dedo ata o norte. 13 00:00:56,875 --> 00:01:00,625 Nas aforas de Townsville, un tolo métea no coche 14 00:01:00,708 --> 00:01:03,541 e conduce rumbo ós cultivos de cana. 15 00:01:05,166 --> 00:01:07,666 Hai obras na estrada. Ten que minorar. 16 00:01:08,166 --> 00:01:09,875 Non abras a puta boca. 17 00:01:11,000 --> 00:01:11,958 Merda! 18 00:01:13,791 --> 00:01:16,541 Entón miña nai bótase escopeteada á estrada. 19 00:01:17,833 --> 00:01:18,833 Merda! 20 00:01:26,875 --> 00:01:28,166 Ei, frea! 21 00:01:29,958 --> 00:01:32,500 Estás ben, rula. Xa te teño. Estás ben. 22 00:01:33,625 --> 00:01:34,458 Xesús. 23 00:01:36,000 --> 00:01:36,875 Grazas. 24 00:01:42,583 --> 00:01:46,416 Mamá mirou fixamente os ollos azuis do seu salvador. 25 00:01:47,125 --> 00:01:49,041 Ese tipo era Robert Bell… 26 00:01:49,125 --> 00:01:50,083 Que hai? 27 00:01:50,166 --> 00:01:51,041 …meu pai. 28 00:01:55,208 --> 00:02:00,083 EPISODIO CATRO: RAPAZ PERDE PAI 29 00:02:13,875 --> 00:02:17,416 FUGAS FAMOSAS DE CÁRCERES AUSTRALIANAS 30 00:02:41,625 --> 00:02:42,458 Ó carallo. 31 00:02:46,000 --> 00:02:46,875 Ola. 32 00:03:43,916 --> 00:03:44,750 Hostia, si. 33 00:03:50,916 --> 00:03:51,875 Merda. 34 00:03:51,958 --> 00:03:53,500 Hostia, merda! 35 00:03:55,041 --> 00:03:55,875 Socorro! 36 00:04:01,125 --> 00:04:02,333 Socorro! 37 00:04:02,416 --> 00:04:03,666 - Papá, que… - Merda! 38 00:04:11,416 --> 00:04:13,375 A que veu iso? 39 00:04:13,458 --> 00:04:16,666 - Ardíanche os putos pantalóns! - Xa os sacara, panoco! 40 00:04:18,625 --> 00:04:20,333 Vai todo ben, Robert? 41 00:04:23,125 --> 00:04:24,833 Veña, rematou o espectáculo. 42 00:04:25,458 --> 00:04:26,875 - Claro. - Grazas. 43 00:04:28,833 --> 00:04:30,541 - Vamos. - E as miñas gafas? 44 00:04:32,750 --> 00:04:34,541 Eli, e as miñas gafas, colega? 45 00:04:38,708 --> 00:04:40,625 Fede a augarrás. 46 00:04:43,708 --> 00:04:44,666 Que pasou? 47 00:04:46,375 --> 00:04:48,000 Só quería beber algo. 48 00:04:48,083 --> 00:04:49,666 Érache mellor ir a un bar. 49 00:04:49,750 --> 00:04:54,416 E a vós éravos mellor deixar de gastar a miña manutención en pinturas de merda. 50 00:04:54,500 --> 00:04:56,541 E a ti levarnos ver a mamá. 51 00:04:56,625 --> 00:04:59,500 Chámase agorafobia, Eli. Agorafobia. 52 00:05:00,083 --> 00:05:04,208 "Temor a espazos abertos con multitudes", segundo o dicionario. 53 00:05:04,291 --> 00:05:06,583 - Que vos leve outro. - Quen? 54 00:05:06,666 --> 00:05:08,875 Eu que sei. O voso amiguiño Halliday. 55 00:05:08,958 --> 00:05:11,666 Slim non quere nin achegarse. Xa llo pedimos. 56 00:05:11,750 --> 00:05:14,500 Non o collas. Han ser de protección de menores. 57 00:05:14,583 --> 00:05:18,333 Máis vos vale volver á escola antes de que vos metan nun centro. 58 00:05:18,416 --> 00:05:20,791 Non me mires así, Eli Bell! 59 00:05:20,875 --> 00:05:24,208 É culpa miña que un tiburón vos comera o puto padrasto? 60 00:05:30,083 --> 00:05:31,875 Veña, ho, perdón. 61 00:05:32,958 --> 00:05:36,250 A ver, esta tarde vou cobrar o paro, 62 00:05:36,333 --> 00:05:40,291 e podedes ir por polo e patacas para cearmos todos, si? 63 00:05:41,208 --> 00:05:44,125 Cea en familia. Si? 64 00:05:45,666 --> 00:05:48,583 Polo, patacas. Mañá irá todo mellor. 65 00:05:53,416 --> 00:05:54,333 Perdoa, colega. 66 00:06:14,333 --> 00:06:17,250 DEPARTAMENTO DE SAÚDE E BENESTAR DE QUEENSLAND 67 00:06:37,166 --> 00:06:38,541 ESTIMADO SR. HALLIDAY: 68 00:06:38,625 --> 00:06:41,208 SOLICITAMOS URXENTEMENTE A SÚA PRESENZA 69 00:06:41,291 --> 00:06:44,541 PARA REALIZARLLE UNHA BIOPSIA DE GANGLIO LINFÁTICO. 70 00:07:13,916 --> 00:07:14,750 Bela Durminte! 71 00:07:16,833 --> 00:07:19,458 É verdade que teu irmán che cortou un dedo? 72 00:07:19,541 --> 00:07:20,666 Foi un accidente. 73 00:07:23,291 --> 00:07:24,708 Vingámonos? 74 00:07:25,333 --> 00:07:28,458 Se non plantas cara, nunca sabes cando rematará. 75 00:07:29,333 --> 00:07:31,166 A próxima córtache a pirola. 76 00:07:32,041 --> 00:07:35,333 - Temos unha banda. Úneste? - Non estabades con Darren? 77 00:07:35,416 --> 00:07:37,875 Darren deixou a escola para axudarlle á nai. 78 00:07:38,416 --> 00:07:40,416 A Bich? No restaurante? 79 00:07:40,500 --> 00:07:42,000 Aí non, Beliña. 80 00:07:43,333 --> 00:07:44,916 Non sei de que me falades. 81 00:07:45,750 --> 00:07:46,583 Xa, claro. 82 00:07:46,666 --> 00:07:48,833 A túa nai caéronlle catro anos por tráfico? 83 00:07:48,916 --> 00:07:52,083 Como lle vai en Boggo Road? Ou non fuches aínda? 84 00:07:52,583 --> 00:07:55,125 Ou se fan lesbianas ou foden cos gardas. 85 00:07:57,375 --> 00:08:00,583 Se vas ir visitala, tes que poñerte guapo. 86 00:08:01,083 --> 00:08:02,833 Téñoche un xampú boísimo. 87 00:08:05,583 --> 00:08:07,666 - Collino! Axudádeme. - Non! 88 00:08:09,833 --> 00:08:11,791 - Agarrádeo dos brazos. - Quieto. 89 00:08:11,875 --> 00:08:13,958 Veña, ho. Que che dean, Bobby. 90 00:08:15,583 --> 00:08:17,791 - Veña, rapaces! - Que tal senta? 91 00:08:17,875 --> 00:08:21,000 Refrégallo ben. Nutre as raíces, así. 92 00:08:22,291 --> 00:08:23,875 - Que boa. - Soltádeme! 93 00:08:24,583 --> 00:08:25,750 Que tal senta, Eli? 94 00:08:30,625 --> 00:08:31,875 Trouxeches o vídeo? 95 00:08:35,916 --> 00:08:36,875 Ei, Eli. 96 00:08:47,583 --> 00:08:48,458 Que pasou? 97 00:08:50,875 --> 00:08:54,916 Só é salsa de tomate. Pilláronme Bobby Linyette e os amigos. 98 00:08:59,541 --> 00:09:01,208 - Zúrrolles? - Non. 99 00:09:01,291 --> 00:09:03,458 Teño que loitar as miñas batallas. 100 00:09:04,458 --> 00:09:06,208 Mellor roxo que no foxo, non? 101 00:09:17,791 --> 00:09:18,708 Mellora. 102 00:09:19,833 --> 00:09:20,666 O que? 103 00:09:20,750 --> 00:09:21,833 Esta vida. 104 00:09:22,750 --> 00:09:25,458 Mellorará tanto que esquecerás que estivo mal. 105 00:09:29,958 --> 00:09:30,791 Xa… 106 00:09:31,958 --> 00:09:33,625 E como vai pasar iso? 107 00:09:35,250 --> 00:09:36,166 Pasará e punto. 108 00:09:37,083 --> 00:09:38,458 Xa pasei por isto. 109 00:09:40,541 --> 00:09:42,708 De que merdas falas, Gus? 110 00:09:42,791 --> 00:09:44,916 Vivimos a mesma vida unha e outra vez. 111 00:09:45,416 --> 00:09:49,250 Cando morres, volves e repítela. É igual, pero diferente. 112 00:09:50,583 --> 00:09:52,250 Slim ten outra teoría. 113 00:09:52,750 --> 00:09:53,833 Non é unha teoría. 114 00:09:54,958 --> 00:09:57,000 Ti e eu xa morremos, lémbraste? 115 00:09:57,083 --> 00:09:58,208 E volvemos. 116 00:10:05,250 --> 00:10:08,416 De cada volta fíxome nos erros que cometemos 117 00:10:08,500 --> 00:10:10,041 para non repetilos. 118 00:10:11,583 --> 00:10:14,250 Vénme á cabeza en anaquiños ó chou, 119 00:10:14,333 --> 00:10:16,833 pero así é como nos fala o futuro. 120 00:10:23,166 --> 00:10:25,166 Lembras a voz do teléfono vermello? 121 00:10:25,250 --> 00:10:26,291 Lembro. 122 00:10:26,375 --> 00:10:28,333 Parecíache que a recoñecías, non? 123 00:10:29,500 --> 00:10:30,750 Creo que era eu. 124 00:10:33,666 --> 00:10:35,791 Falándoche dende o futuro. 125 00:10:43,625 --> 00:10:44,458 Mira. 126 00:10:45,208 --> 00:10:47,750 Gus, gústame que agora falemos, pero… 127 00:10:49,500 --> 00:10:52,041 non te me volvas tolo, por favor. 128 00:10:53,583 --> 00:10:55,250 A vida xa é bastante dura. 129 00:11:35,666 --> 00:11:36,625 Axuda! 130 00:12:05,916 --> 00:12:07,875 Ei, garda! 131 00:12:11,833 --> 00:12:15,000 Frankie, xa está ben. Que tes esta vez? 132 00:12:15,083 --> 00:12:17,708 Sigo esperando falar cos meus rapaces. 133 00:12:17,791 --> 00:12:22,166 - Temos teléfono. Tes algún número? - Si, o do meu ex, pero non contesta. 134 00:12:22,250 --> 00:12:24,916 - Escríbelles. - Xa o intentei. Non responden. 135 00:12:25,000 --> 00:12:26,958 Pois vólvelles escribir. 136 00:12:28,166 --> 00:12:29,458 Xa sei que pasa aquí. 137 00:12:30,458 --> 00:12:32,833 Ilumíname. Que pasa aquí? 138 00:12:32,916 --> 00:12:36,250 O puto Tim Cotton non quere que fale coa miña familia. 139 00:12:37,000 --> 00:12:39,875 - Nin idea. - Pregúntalle ó inspector Cotton. 140 00:12:40,375 --> 00:12:44,458 De verdade, só quero falar coa miña familia igual cás demais. 141 00:12:44,541 --> 00:12:46,666 Pódeslle dicir iso? Por favor? 142 00:12:47,208 --> 00:12:50,833 Frankie, ruliña, o noso traballo é darvos de comer a todas. 143 00:12:51,333 --> 00:12:54,416 Para falar cos de arriba, usa a caixa de suxestións. 144 00:13:32,333 --> 00:13:33,250 Queres? 145 00:13:34,791 --> 00:13:35,625 Non. 146 00:13:36,666 --> 00:13:37,833 Non, grazas. 147 00:13:38,583 --> 00:13:39,833 Preciso pensar. 148 00:13:41,416 --> 00:13:42,583 Aquí tempo sobra! 149 00:13:43,750 --> 00:13:45,583 Éche o sitio axeitado. 150 00:14:06,250 --> 00:14:08,875 AS HISTORIAS DAS FUGAS DE SLIM HALLIDAY SON CERTAS. 151 00:14:08,958 --> 00:14:11,750 O "HOUDINI DE BOGGO ROAD" INTENTOU DEZ FUGAS, 152 00:14:11,833 --> 00:14:13,375 DÚAS DELAS CON ÉXITO. 153 00:14:13,458 --> 00:14:14,833 "O CHIMPO DE HALLIDAY" - COMO? 154 00:14:17,041 --> 00:14:18,250 Merda. 155 00:14:19,541 --> 00:14:22,208 Toma, mira isto. Mirade isto, rapaces. 156 00:14:22,291 --> 00:14:24,916 Xa estades volvendo á escola cagando hostias. 157 00:14:25,458 --> 00:14:27,166 URXENTE ASISTENCIA ESCOLAR 158 00:14:27,750 --> 00:14:29,625 Cando nos leves ver a mamá. 159 00:14:29,708 --> 00:14:32,750 Vale, perfecto. Pois nada, levaranvos de aquí 160 00:14:32,833 --> 00:14:34,541 a un fogar de acollida 161 00:14:34,625 --> 00:14:38,916 e de maiores seredes uns delincuentes coma o voso amiguiño Slim Halliday. 162 00:14:39,708 --> 00:14:41,458 Pensará que a esquecemos! 163 00:14:41,541 --> 00:14:44,458 Non estou sendo un cabrón porque si. 164 00:14:44,541 --> 00:14:46,458 Quero mirar por vós. 165 00:14:47,583 --> 00:14:48,708 Non o collas. 166 00:15:07,208 --> 00:15:09,208 Este é Lyle Orlik. 167 00:15:09,833 --> 00:15:13,000 Un traficante de Darra que supostamente fuxiu. 168 00:15:13,666 --> 00:15:18,041 Todos sabemos que as bandas vietnamitas dominan a importación de heroína. 169 00:15:19,208 --> 00:15:22,333 A amputación como vinganza vén sendo a súa firma. 170 00:15:23,333 --> 00:15:26,583 Dis que o do señor Orlik non é un ataque de quenlla? 171 00:15:28,000 --> 00:15:31,958 "Amputación irregular á altura do xeonllo por causas descoñecidas." 172 00:15:36,416 --> 00:15:38,250 Xa buscamos a esta tal Frankie? 173 00:15:39,208 --> 00:15:42,041 Frankie Bell, a parella de feito de Lyle Orlik. 174 00:15:42,125 --> 00:15:45,333 Apresárona hai pouco por tráfico e posesión. 175 00:15:45,416 --> 00:15:49,000 Dous fillos, de 13 e 15 anos. Van á Escola Pública Greenview. 176 00:15:49,083 --> 00:15:51,958 O máis novo, Eli, apareceu aquí o outro día 177 00:15:52,041 --> 00:15:55,000 cunha man lesionada, dixo que había xente mala implicada. 178 00:15:55,875 --> 00:15:57,875 - Que xente mala? - Nin idea. 179 00:15:58,458 --> 00:16:01,041 Fuxiu cando apareceu a policía. 180 00:16:01,125 --> 00:16:02,833 Tytus viñera a unha reunión 181 00:16:02,916 --> 00:16:06,333 e Raymond Leary intentaba tirar a porta abaixo a cabezadas. 182 00:16:07,208 --> 00:16:11,500 O hospital rexistrou a lesión de Eli coma un accidente doméstico. 183 00:16:12,291 --> 00:16:14,791 Seica foi seu irmán cunha brosa. 184 00:16:14,875 --> 00:16:16,333 O de 15 anos? 185 00:16:19,125 --> 00:16:22,041 Meu irmán case me mata cun anciño cando eu tiña 15 anos. 186 00:16:22,125 --> 00:16:24,083 Estabamos imitando El Cid. 187 00:16:24,166 --> 00:16:27,541 A escola non me di onde está e creo que nin eles o saben. 188 00:16:27,625 --> 00:16:30,708 Pídelle información interna ó teu amigo Tim Cotton. 189 00:16:30,791 --> 00:16:34,833 - Non somos amigos. - Non, pero gústaslle, que é case mellor. 190 00:16:35,333 --> 00:16:36,666 Non te enfurruñes. 191 00:16:37,291 --> 00:16:38,791 Usa os teus talentos! 192 00:16:39,416 --> 00:16:43,333 Consegue ese artigo e sácame esta merda do escritorio. 193 00:17:08,791 --> 00:17:10,916 Ola… Tim. 194 00:17:11,583 --> 00:17:13,125 Caitlyn? Ola. 195 00:17:13,750 --> 00:17:17,708 - Vés buscar traballo? - Non sei se cumpro os requisitos. 196 00:17:18,375 --> 00:17:21,208 Só é unha serpe, non ha de ser difícil. 197 00:17:24,791 --> 00:17:25,958 Que che poño? 198 00:17:26,958 --> 00:17:27,791 Só unha auga. 199 00:17:28,416 --> 00:17:31,875 - Para sentar aí tes que pedir un cóctel. - Está comigo, Bonnie. 200 00:17:32,916 --> 00:17:34,541 Lisca. Quérote. 201 00:17:37,958 --> 00:17:40,041 - E? - Liortas asiáticas por drogas. 202 00:17:40,125 --> 00:17:44,458 Estiven revisando axustes de contas destes últimos cinco anos. 203 00:17:44,541 --> 00:17:47,333 Case todos camelos, case todos sen resolver. 204 00:17:47,416 --> 00:17:49,875 Crimes interestatais, difíciles de resolver. 205 00:17:49,958 --> 00:17:52,250 Os polis de Nova Gales do Sur son corruptos. 206 00:17:52,333 --> 00:17:53,791 E os de Queensland non? 207 00:17:54,375 --> 00:17:57,708 Non dubidarás dos nosos elevados principios morais? 208 00:18:03,750 --> 00:18:05,916 Que me dis de Lyle Orlik? 209 00:18:06,000 --> 00:18:08,916 O do ataque da quenlla? Que pasa con el? 210 00:18:09,000 --> 00:18:12,000 O seu cativo, Eli Bell, veu ás oficinas do xornal. 211 00:18:12,500 --> 00:18:13,541 Faltáballe un dedo. 212 00:18:13,625 --> 00:18:15,291 Tiña algo que contarme. 213 00:18:16,458 --> 00:18:17,291 Tiña? 214 00:18:18,666 --> 00:18:20,875 - Aínda non falei con el. - Non o fagas. 215 00:18:22,083 --> 00:18:24,333 As nosas pescudas están en proceso. 216 00:18:25,666 --> 00:18:29,750 Extraoficialmente, podo dicirche que temos de ollo a Dustin Vang. 217 00:18:29,833 --> 00:18:32,000 O cabeza dos BTK de Sydney? 218 00:18:32,875 --> 00:18:35,791 Entón pensades que o de Lyle Orlik foi por drogas. 219 00:18:35,875 --> 00:18:39,375 Debemos gardar un estrito silencio sobre o tema, entendes? 220 00:18:39,458 --> 00:18:40,833 Que? Ata cando? 221 00:18:40,916 --> 00:18:43,083 Ata conseguir probas para un xuízo. 222 00:18:43,166 --> 00:18:45,250 Non te metas nisto. En serio. 223 00:18:45,333 --> 00:18:48,125 - E de canto tempo falamos? - Meses. 224 00:18:48,708 --> 00:18:50,250 - Anos. - E quedo sen artigo. 225 00:18:50,333 --> 00:18:51,208 Síntoo, Caitie. 226 00:18:51,291 --> 00:18:55,708 Cando nos acheguemos a unha condena, serás a primeira en sabelo. 227 00:18:56,208 --> 00:18:58,166 Ata entón, seríanos útil 228 00:18:58,791 --> 00:19:02,416 que lle cedas a bóla ó receptor, non sei se me entendes. 229 00:19:02,500 --> 00:19:07,208 Entendo. Pídenmo decote. Por iso odio o puto crícket. 230 00:19:30,250 --> 00:19:31,125 Ola? 231 00:19:35,250 --> 00:19:36,750 Esperas a alguén? 232 00:19:39,000 --> 00:19:40,875 - Ola? - Xa vai. 233 00:19:52,166 --> 00:19:53,416 Ola, señora Birkbeck. 234 00:19:53,500 --> 00:19:55,458 Ola, Eli. Está teu pai na casa? 235 00:19:57,708 --> 00:19:59,541 Si, pero traballa polas noites. 236 00:19:59,625 --> 00:20:02,416 Perdoe, agora está a durmir. 237 00:20:02,500 --> 00:20:03,750 Pois espértao, si? 238 00:20:05,625 --> 00:20:06,500 Moi ben. 239 00:20:12,166 --> 00:20:14,375 - Papá. - Que? Vai tomar polo cu. 240 00:20:15,833 --> 00:20:19,666 É Poppy Birkbeck cunha axente de policía. Leva esposas no cinto e… 241 00:20:19,750 --> 00:20:21,583 Quen cona é Poppy Birkbeck? 242 00:20:21,666 --> 00:20:23,500 A louqueira da escola. 243 00:20:27,291 --> 00:20:28,750 Ábreme aí a cortina. 244 00:20:33,916 --> 00:20:35,000 Ai, Eli. 245 00:20:35,583 --> 00:20:38,708 - Dime, cáeche ben? - Non me cae mal. 246 00:20:38,791 --> 00:20:42,041 A ver, é algo entremetida e pesada, pero non me cae mal. 247 00:20:42,125 --> 00:20:44,583 Dille que saio nun intre, vale? 248 00:20:44,666 --> 00:20:45,708 - Vale. - Vale. 249 00:20:47,791 --> 00:20:48,958 Xa vén agora. 250 00:20:49,500 --> 00:20:50,333 Moi ben. 251 00:20:51,916 --> 00:20:53,416 Xa vou. 252 00:20:57,583 --> 00:20:58,458 Gus. 253 00:20:58,541 --> 00:21:00,291 Ven aquí. 254 00:21:00,375 --> 00:21:04,916 Ven aquí. Ordena toda esta merda, si? Temos visita. 255 00:21:05,583 --> 00:21:07,916 Ti ordena esta merda, si? Grazas. 256 00:21:12,583 --> 00:21:13,500 Veña. 257 00:21:20,875 --> 00:21:23,041 Ola, son Robert Bell. 258 00:21:23,125 --> 00:21:25,333 Poppy Birkbeck, a orientadora escolar. 259 00:21:25,416 --> 00:21:27,083 Eli xa me contou 260 00:21:27,166 --> 00:21:31,125 que é unha marabilla o ben que os orienta. 261 00:21:31,833 --> 00:21:32,958 O mellor que podemos. 262 00:21:35,000 --> 00:21:38,583 Coñecer o noso neno interior é o mellor que ofrece a escola. 263 00:21:38,666 --> 00:21:40,250 Certo. 264 00:21:40,333 --> 00:21:45,166 Educar a mente sen educar o corazón non é educar en absoluto. 265 00:21:45,250 --> 00:21:47,875 Totalmente. Esa cita marcoume a vida. 266 00:21:47,958 --> 00:21:49,083 É de Aristóteles. 267 00:21:49,166 --> 00:21:52,083 Un grego dos que xa non hai. Moito paseaba. 268 00:21:53,416 --> 00:21:55,250 Preséntolle a axente Daley. 269 00:21:55,333 --> 00:21:58,125 Encantado, axente Daley. 270 00:21:58,208 --> 00:22:01,208 O tema é, Robert… Podo chamarche Robert? 271 00:22:01,291 --> 00:22:02,833 Claro, Pippy. Poppy. 272 00:22:03,416 --> 00:22:06,666 Os rapaces levan tres semanas sen ir á escola e tememos… 273 00:22:06,750 --> 00:22:10,958 Si, aínda estamos adaptándonos á nosa nova situación 274 00:22:11,041 --> 00:22:13,916 dende que levaron a nai dos rapaces. 275 00:22:14,000 --> 00:22:15,541 Houbo un incendio, non? 276 00:22:16,708 --> 00:22:19,000 Cunha tixola. Esas cousas pasan. 277 00:22:19,083 --> 00:22:21,416 - Mancouse alguén? - Non, estamos ben. 278 00:22:22,416 --> 00:22:25,166 Estamos… Estamos ben, estamos ben aquí. 279 00:22:26,208 --> 00:22:28,833 - Impórtalle que pasemos un intre? - Non. 280 00:22:30,208 --> 00:22:31,625 Non, claro que non. 281 00:22:39,583 --> 00:22:42,375 - Entrada no domicilio. - Recibido. Estamos atentos. 282 00:22:42,958 --> 00:22:46,791 Estamos coa limpeza de primavera, está todo sen xeito nin eito. 283 00:22:55,541 --> 00:22:58,000 Gus, Eli, preséntovos a axente Daley. 284 00:22:58,083 --> 00:23:00,875 É do Departamento de Protección de Menores. 285 00:23:01,458 --> 00:23:02,333 Como estades? 286 00:23:02,916 --> 00:23:05,375 Si. Moi ben. Si. 287 00:23:05,875 --> 00:23:09,375 - Sinto o do dedo, Eli. - Un accidente cunha brosa? 288 00:23:10,583 --> 00:23:14,750 Si, foi iso. Fun parvo. Non debín facelo. 289 00:23:14,833 --> 00:23:16,583 O pobre Gussie estará desolado. 290 00:23:16,666 --> 00:23:22,083 Gus non é moito de desolarse. Por que non sentas, Poppy? 291 00:23:23,583 --> 00:23:28,166 Rapaces, deixádesnos sós para coñecérmonos mellor? 292 00:23:28,250 --> 00:23:29,291 Parolar e… 293 00:23:30,458 --> 00:23:31,958 Aquí tes. Perdoa. 294 00:23:32,666 --> 00:23:33,750 Grazas. 295 00:23:33,833 --> 00:23:36,166 Preparades un té e unhas galletiñas? 296 00:23:37,500 --> 00:23:40,208 - Si, iso. Bos rapaces. - Vamos, Eli. 297 00:23:50,583 --> 00:23:52,000 Perfecto, entón… 298 00:23:53,291 --> 00:23:54,666 "Té e galletiñas"? 299 00:24:05,958 --> 00:24:08,708 Debe ser marabilloso ter os rapaces na casa. 300 00:24:08,791 --> 00:24:12,208 É un pracer enorme, pero sobre todo unha responsabilidade. 301 00:24:13,208 --> 00:24:16,000 Sabes que non poden faltar á escola indefinidamente? 302 00:24:16,083 --> 00:24:18,416 É o que lles digo eu. Non si, rapaces? 303 00:24:18,500 --> 00:24:19,583 - Si! - Si! 304 00:24:25,958 --> 00:24:26,833 Merda. 305 00:24:29,625 --> 00:24:34,375 Os nosos rexistros indican que os rapaces aínda non foron visitar a súa nai. 306 00:24:34,458 --> 00:24:38,333 Non, estivemos moi ocupados. 307 00:24:41,208 --> 00:24:42,541 Vaites co cartafol. 308 00:24:43,875 --> 00:24:44,958 Falla fai. 309 00:24:46,541 --> 00:24:47,416 Xa. 310 00:24:47,500 --> 00:24:52,208 Obviamente, os rapaces sufriron moitos traumas cos anos. 311 00:24:53,416 --> 00:24:57,583 A ruptura do voso matrimonio, a actividade criminal do padrasto, 312 00:24:57,666 --> 00:24:59,666 e agora o encarceramento da nai. 313 00:24:59,750 --> 00:25:00,583 Toma. 314 00:25:03,916 --> 00:25:04,791 Perfecto. 315 00:25:16,500 --> 00:25:19,750 Grazas, Gus. Falaremos contigo e Eli nun minutiño. 316 00:25:20,666 --> 00:25:23,041 Podedes ir preparando unha mochila. 317 00:25:23,125 --> 00:25:24,916 Agarde, que? 318 00:25:47,500 --> 00:25:52,500 O tema é, Robert, que na escola valoramos moito os teus fillos. 319 00:25:52,583 --> 00:25:57,083 Teñen unhas mentes excepcionais. Moi excepcionais. 320 00:25:57,166 --> 00:25:59,083 Entón a que vén o da mochila? 321 00:25:59,166 --> 00:26:03,541 Esperamos que poidas convencernos de que non temos que tomar medidas. 322 00:26:05,208 --> 00:26:08,041 Estás ameazándome con levarme os fillos? 323 00:26:08,750 --> 00:26:10,708 - Ninguén o ameaza, Sr. Bell. - Non? 324 00:26:10,791 --> 00:26:14,291 Penso que vivín dabondo como para recoñecer unha ameaza. 325 00:26:14,375 --> 00:26:15,375 Robert. 326 00:26:15,458 --> 00:26:18,500 Presentádesvos aquí coma irmanciñas da caridade, 327 00:26:18,583 --> 00:26:21,000 coas vosas preguntiñas. 328 00:26:21,083 --> 00:26:24,833 Señor Bell, produciuse un incendio na casa e unha lesión grave. 329 00:26:24,916 --> 00:26:29,541 - O noso traballo non é tranquilizalo. - Non, xa vexo. Dende logo que non. 330 00:26:29,625 --> 00:26:32,250 Agora ten dous rapaces ó seu cargo. 331 00:26:32,333 --> 00:26:33,708 Porque son seu pai! 332 00:26:33,791 --> 00:26:37,458 E os seus antecedentes penais non son exactamente impolutos. 333 00:26:37,541 --> 00:26:40,000 Mirade, non vos vou negar 334 00:26:40,083 --> 00:26:43,583 que teño algún problema ocasional coa bebida, 335 00:26:43,666 --> 00:26:47,041 e unha cousa leva á outra, como todos sabemos. 336 00:26:47,125 --> 00:26:50,541 Alteración da orde pública. Agresión con lesións físicas. 337 00:26:50,625 --> 00:26:54,458 A maioría das veces, debo engadir, como receptor. 338 00:26:54,541 --> 00:26:55,875 E contra os rapaces? 339 00:26:55,958 --> 00:26:59,416 A ver, algún tirón de orellas para metelos en cintura. 340 00:26:59,500 --> 00:27:00,916 Nada máis extremo? 341 00:27:01,000 --> 00:27:04,041 Mira, non sei que… De que me acusas? 342 00:27:04,125 --> 00:27:06,000 Non acuso, só pregunto. 343 00:27:07,541 --> 00:27:10,000 Podemos falar das pinturas de Gus? 344 00:27:10,083 --> 00:27:11,291 Si… 345 00:27:11,916 --> 00:27:15,375 Adiante, Poppy. Si, prefiro falar de arte. 346 00:27:15,458 --> 00:27:18,000 Estas obras son boísimas. 347 00:27:18,500 --> 00:27:21,291 Para un rapaz de 15 anos son excepcionais. 348 00:27:22,250 --> 00:27:25,416 Pero a elección dos temas adoita ser algo inquietante. 349 00:27:25,500 --> 00:27:28,166 Moita imaxinación. É cousa de familia. 350 00:27:29,875 --> 00:27:32,625 Cristo bendito. Cantos cartafois tedes de nós? 351 00:27:32,708 --> 00:27:35,250 Este só é das obras de Gus da escola. 352 00:27:35,333 --> 00:27:36,708 Dicíalle á axente Daley 353 00:27:36,791 --> 00:27:40,083 que Gus leva tempo obsesionado cunha imaxe concreta. 354 00:27:40,166 --> 00:27:42,583 Iso non vai contra a lei, ou si? 355 00:27:43,333 --> 00:27:46,541 Presentou isto ó concurso de ciencia ficción. 356 00:27:47,583 --> 00:27:49,125 É bo, é moi bo. 357 00:27:49,791 --> 00:27:51,916 E este é o seu retrato familiar. 358 00:27:59,458 --> 00:28:02,250 É fermoso. 359 00:28:02,333 --> 00:28:05,458 Gústalle viaxar en coche. Sempre lle gustou. 360 00:28:05,541 --> 00:28:09,416 Eli díxome que Gus pintaba un soño que comparten os dous. 361 00:28:09,958 --> 00:28:12,833 Describe o soño dunha forma moi específica, 362 00:28:12,916 --> 00:28:15,750 o son do motor do coche ó saír da estrada, 363 00:28:15,833 --> 00:28:17,458 o cheiro da tapicería. 364 00:28:17,541 --> 00:28:19,375 Si, o noso Eli élle así. 365 00:28:19,458 --> 00:28:21,166 Encántanlle os detalles. 366 00:28:21,250 --> 00:28:24,708 O tema é que os soños compartidos non son nada novo, 367 00:28:24,791 --> 00:28:27,208 pero son moi pouco habituais. 368 00:28:27,291 --> 00:28:30,958 Pregúntome se non nos será máis útil 369 00:28:31,041 --> 00:28:34,083 chamarlle a este incidente polo seu nome. 370 00:28:35,250 --> 00:28:37,250 Non é un soño. É unha lembranza. 371 00:28:46,500 --> 00:28:49,791 Tivo un accidente dous días despois de marchar a súa muller. 372 00:28:52,041 --> 00:28:55,125 Veña, ho. Que necesidade hai de airear esa merda? 373 00:28:55,625 --> 00:28:58,708 Logo retractouse da súa declaración, pero ela pensaba 374 00:28:58,791 --> 00:29:00,333 que quería matar os nenos. 375 00:29:00,416 --> 00:29:01,333 O carallo! 376 00:29:02,375 --> 00:29:03,208 Retractouse. 377 00:29:04,041 --> 00:29:05,750 Só estaba enfada comigo. 378 00:29:05,833 --> 00:29:08,291 - Non intentou matalos? - Claro que non! 379 00:29:12,916 --> 00:29:14,458 Encántavos isto. 380 00:29:14,541 --> 00:29:17,666 Estádelo a gozar, non si? Gozádelo. 381 00:29:17,750 --> 00:29:18,666 Non, Robert. 382 00:29:19,166 --> 00:29:22,208 Veño de boa fe escoitar a túa versión dos feitos. 383 00:29:22,291 --> 00:29:24,833 Ambos queremos o mellor para os rapaces. 384 00:29:24,916 --> 00:29:27,958 E o mellor é afastalos de min? 385 00:29:28,041 --> 00:29:29,166 Ninguén dixo iso. 386 00:29:30,125 --> 00:29:32,166 Pero pensádelo as dúas, non si? 387 00:29:32,666 --> 00:29:34,583 En que axudaría iso? 388 00:29:34,666 --> 00:29:35,750 Ídelos separar. 389 00:29:35,833 --> 00:29:37,458 Só se teñen o un ó outro. 390 00:29:37,541 --> 00:29:41,083 Meterédelos nun centro. Dirédeslles que seu pai é un monstro. 391 00:29:45,125 --> 00:29:46,416 Quero eses rapaces. 392 00:29:47,541 --> 00:29:48,791 Son os meus rapaces. 393 00:29:51,458 --> 00:29:53,541 A época na que eran cativiños 394 00:29:54,833 --> 00:29:57,208 foi a máis feliz da miña vida. 395 00:30:06,208 --> 00:30:11,208 Levounos conducindo ata o campo, de noite, en pixama, 396 00:30:11,291 --> 00:30:15,041 e os tres remataron dalgunha maneira no fondo dun lago. 397 00:30:16,541 --> 00:30:17,416 Merda! 398 00:30:24,833 --> 00:30:29,666 Vale, moi ben. Vouvos contar o que pasou exactamente. 399 00:30:43,500 --> 00:30:46,916 Ía levar os rapaces á fervenza de Cedar Creek, 400 00:30:47,000 --> 00:30:48,250 de acampada. 401 00:30:53,375 --> 00:30:56,291 Súa nai e mais eu pasabamos por un mal momento. 402 00:31:01,166 --> 00:31:03,750 Pero os rapaces adoraban ir de acampada, 403 00:31:04,291 --> 00:31:05,666 baixo as estrelas. 404 00:31:08,083 --> 00:31:11,458 Co estrés sufro ataques de pánico. 405 00:31:11,541 --> 00:31:14,041 Téñoos dende cativo. 406 00:31:17,041 --> 00:31:18,250 Danme tremores. 407 00:31:19,250 --> 00:31:20,291 Moi fortes. 408 00:31:22,041 --> 00:31:25,541 Achegábame a unha curva pechada. Non vía por onde ía. 409 00:31:25,625 --> 00:31:28,791 Non me dei conta do rápido que conducía. 410 00:32:26,125 --> 00:32:26,958 Vide aquí! 411 00:33:26,916 --> 00:33:27,875 Eli. 412 00:33:37,875 --> 00:33:39,958 Eli. Eli, esperta. 413 00:33:40,541 --> 00:33:42,125 Ai, Deus, non marches. 414 00:33:44,291 --> 00:33:46,791 Pensei que ía perder a Eli. 415 00:33:47,375 --> 00:33:50,291 Socorro! Que alguén nos axude! 416 00:33:50,833 --> 00:33:51,750 Eli, ei. 417 00:33:52,333 --> 00:33:57,083 O home que vivía na cabana do encoro chamou pedindo axuda. 418 00:33:57,583 --> 00:34:00,458 Por favor! 419 00:34:01,166 --> 00:34:02,625 Non paraba de abanealo. 420 00:34:04,375 --> 00:34:08,666 Clamaba e rezáballe a Deus para que mo devolvese. 421 00:34:13,875 --> 00:34:15,833 O meu cativiño bonito. 422 00:34:17,916 --> 00:34:19,500 Xa pasou. Veña. 423 00:34:19,583 --> 00:34:21,500 - Xa vén unha ambulancia. - Eli. 424 00:34:23,333 --> 00:34:24,958 Deus, vaia susto me deches. 425 00:34:38,583 --> 00:34:41,083 Cando chegaron os da ambulancia, 426 00:34:41,166 --> 00:34:44,166 dixeron que non eramos os primeiros en saírnos alí. 427 00:34:46,291 --> 00:34:49,166 E que era un milagre que sairamos ilesos. 428 00:34:51,833 --> 00:34:53,541 Simplemente, tivemos sorte. 429 00:34:57,250 --> 00:34:58,333 Papá. 430 00:34:58,416 --> 00:35:00,541 Dádenos un momento, rapaces. 431 00:35:00,625 --> 00:35:02,250 Estamos ocupados. 432 00:35:02,333 --> 00:35:03,666 Liscade, hostia. 433 00:35:03,750 --> 00:35:04,833 Que queredes? 434 00:35:10,041 --> 00:35:12,958 Non deixes que nos leven. Non iremos con elas. 435 00:35:13,791 --> 00:35:15,500 Dános igual o que pasara, 436 00:35:15,583 --> 00:35:19,125 Gus e eu non queremos vivir en ningunha outra parte, só aquí. 437 00:35:26,333 --> 00:35:30,833 Robert, se me aseguras que os rapaces volverán á escola 438 00:35:31,916 --> 00:35:34,958 e que os levarás ver a súa nai, podemos arranxalo. 439 00:35:35,041 --> 00:35:38,083 Mira, sei que fun un pai de merda. 440 00:35:38,666 --> 00:35:42,041 Pero podo facelo. Vou comezar de cero. 441 00:35:43,500 --> 00:35:44,375 Xa o veredes. 442 00:35:44,958 --> 00:35:46,291 Xa o veredes, rapaces. 443 00:35:51,000 --> 00:35:51,875 Deica logo. 444 00:36:26,250 --> 00:36:27,791 Tócate o carallo! 445 00:36:33,166 --> 00:36:35,000 Hostia, es feo coma un croio. 446 00:36:37,083 --> 00:36:39,458 Seguro que pensa o mesmo de ti. 447 00:36:39,541 --> 00:36:42,875 Unha vez chegounos un por delitos sexuais cunha destas. 448 00:36:43,375 --> 00:36:44,916 As femias son máis guapas, non? 449 00:36:46,041 --> 00:36:49,541 A beleza non debe ser un factor se che vai foder bichos. 450 00:36:53,000 --> 00:36:54,083 Para que é iso? 451 00:36:55,916 --> 00:36:57,583 Para cortarlle os caninos. 452 00:36:59,083 --> 00:37:01,916 Así non lles arrinca partes ós outros machos. 453 00:37:05,208 --> 00:37:06,541 Falando de Lyle Orlik… 454 00:37:08,875 --> 00:37:10,083 O ataque de quenlla? 455 00:37:10,750 --> 00:37:14,458 Hai un par de persoas que se preguntan se aínda segue vivo. 456 00:37:15,500 --> 00:37:18,833 Cunha lesión así, creo que sería moi afortunado. 457 00:37:19,333 --> 00:37:21,541 A ti pareceuche un tipo afortunado? 458 00:37:22,333 --> 00:37:24,916 Máis ben pareceume todo o contrario. 459 00:37:26,750 --> 00:37:28,083 Para que as usas? 460 00:37:29,583 --> 00:37:30,833 Para os pezuños. 461 00:37:32,916 --> 00:37:36,500 Disque o fillo perdeu un dedo nunha disputa doméstica. 462 00:37:37,750 --> 00:37:39,375 O mundo éche ben perigoso. 463 00:37:41,500 --> 00:37:44,791 Unha coñecida miña do Courier-Mail anda trala historia. 464 00:37:50,375 --> 00:37:54,208 Falarei co xefe por se quere tapar algunha fuga. 465 00:37:54,291 --> 00:37:57,750 Verás, iso de tapar fugas é xusto o que máis me preocupa. 466 00:37:58,625 --> 00:38:01,875 - Recoméndoche… - Tim, imos falar clariño. 467 00:38:02,500 --> 00:38:04,875 A non ser que nos pagues ti, e non ó revés, 468 00:38:04,958 --> 00:38:07,875 non es quen para vir con recomendacións. 469 00:38:07,958 --> 00:38:09,791 Estou da túa parte, Ivan. 470 00:38:09,875 --> 00:38:12,791 Só quero evitar máis ataques de quenllas. 471 00:38:13,375 --> 00:38:15,625 En tal caso, fai o teu traballo. 472 00:38:15,708 --> 00:38:17,541 Encerra os cativos eses 473 00:38:17,625 --> 00:38:21,458 e que a xornalista non meta os fociños onde non a chaman. 474 00:38:21,541 --> 00:38:23,750 - Estou niso. - Non dabondo. 475 00:38:23,833 --> 00:38:25,583 Ti non fagas nada drástico. 476 00:38:25,666 --> 00:38:28,791 Ela sabe facerse a un lado e dos cativos encárgome eu. 477 00:38:28,875 --> 00:38:30,041 Máis che vale. 478 00:38:32,125 --> 00:38:34,083 Ou prefires que me encargue eu? 479 00:38:59,833 --> 00:39:01,125 - Estarás ben? - Si. 480 00:39:01,208 --> 00:39:03,458 Benvido, Bela. Podo pedir un desexo? 481 00:39:08,083 --> 00:39:09,333 Queridos Gus e Eli: 482 00:39:10,291 --> 00:39:11,708 Son o voso vello Slim. 483 00:39:12,416 --> 00:39:15,958 Intentei chamarvos un par de veces, pero ninguén o collía. 484 00:39:16,041 --> 00:39:18,208 Supoño que estaredes ocupados. 485 00:39:22,291 --> 00:39:23,916 Só quería dicirvos… 486 00:39:24,000 --> 00:39:27,083 Só quería informarvos de que teño malas novas. 487 00:39:28,000 --> 00:39:32,208 Non me gustaría quedarmos a malas, así que se vos apetece vir pescar… 488 00:39:43,000 --> 00:39:43,833 Merda. 489 00:39:47,458 --> 00:39:51,458 Veña, queres a cea? 490 00:40:02,500 --> 00:40:05,708 Papá, estamos listos. Imos perder o bus. 491 00:40:07,041 --> 00:40:08,875 Son as horas de visita de mamá. 492 00:40:12,333 --> 00:40:14,541 Moi ben, mirade, rapaces… 493 00:40:17,541 --> 00:40:19,750 Non podo. Síntoo. 494 00:40:19,833 --> 00:40:22,416 Hostia, prometíchelo. Como que non podes? 495 00:40:22,500 --> 00:40:26,333 Xa, pero non sei. Aínda me odia, 496 00:40:26,416 --> 00:40:29,666 e cúlpame polo do accidente co coche, é… 497 00:40:29,750 --> 00:40:33,416 Non pasa nada. Explicámosllo coma ti á señorita Birkbeck. 498 00:40:33,500 --> 00:40:35,625 Nada, non me vai crer, colega. 499 00:40:35,708 --> 00:40:37,666 - Non. - Tráelle os pantalóns. 500 00:40:38,333 --> 00:40:39,291 Moi ben. Vale. 501 00:40:39,375 --> 00:40:41,916 Papá, non nos deixan visitar a mamá sen ti. 502 00:40:42,000 --> 00:40:43,000 Tes que vir. 503 00:40:43,083 --> 00:40:45,416 Xa, mira. Síntoo, colega. Síntoo. 504 00:40:45,500 --> 00:40:46,833 - Cólleo. - Non. Que? 505 00:40:46,916 --> 00:40:48,916 - Cólleo e ponlle os pantalóns. - Non! 506 00:40:49,416 --> 00:40:52,500 - Cólleo, Gus! Agárrao. - Agorafobia! 507 00:40:52,583 --> 00:40:54,416 - Non! - Si. 508 00:40:54,500 --> 00:40:56,166 - Si! - Mi madriña! 509 00:40:56,250 --> 00:40:58,083 Mi madriña. 510 00:40:59,083 --> 00:41:00,791 E agora que lle pasa, hostia? 511 00:41:01,375 --> 00:41:03,125 O meu corazón. Falo en serio. 512 00:41:03,791 --> 00:41:05,500 - Para. - Unha ambulancia! 513 00:41:05,583 --> 00:41:09,541 - Non che pasa nada no corazón. - Si tal. Chama unha ambulancia. 514 00:41:10,333 --> 00:41:11,375 En serio. 515 00:41:12,583 --> 00:41:15,500 Marca tres ceros. 516 00:41:42,333 --> 00:41:43,833 Listo, encargámonos nós. 517 00:41:45,750 --> 00:41:48,166 Moi ben, Robert. Respira. 518 00:41:48,250 --> 00:41:51,875 Sube a cabeza. Vaste poñer ben. Levámoste para unha revisión. 519 00:41:53,000 --> 00:41:55,333 - Xa lle pasou antes? - Continuamente. 520 00:41:55,916 --> 00:41:57,375 Ataque de ansiedade. 521 00:41:57,458 --> 00:42:00,666 Electro, análise de sangue e esta tarde tédelo aquí. 522 00:42:03,250 --> 00:42:04,250 Ola, Jim. 523 00:42:04,750 --> 00:42:05,583 Ola, Rob. 524 00:42:15,750 --> 00:42:18,166 - Ola. - Síntoo, Frankie. Non van vir. 525 00:42:19,708 --> 00:42:22,833 - Como que non? - Unha emerxencia médica do pai. 526 00:42:22,916 --> 00:42:26,000 Eles viñeron igual, pero non poden pasar sen un adulto. 527 00:42:26,083 --> 00:42:27,291 O carallo. 528 00:42:27,875 --> 00:42:30,250 Ei, Frankie! Non me montes unha escena. 529 00:42:30,333 --> 00:42:31,708 Quero ver os meus fillos. 530 00:42:31,791 --> 00:42:33,583 - Quero velos! - Frankie! 531 00:42:33,666 --> 00:42:36,250 Compórtate ou non haberá máis visitas. 532 00:42:36,333 --> 00:42:38,291 Non verás a ninguén ata o Nadal. 533 00:42:38,375 --> 00:42:40,000 Quero ver os meus fillos! 534 00:42:40,583 --> 00:42:42,500 Quero ver os meus fillos! 535 00:42:43,083 --> 00:42:49,291 Quero ver os meus fillos! 536 00:42:49,375 --> 00:42:51,375 Mamá! 537 00:42:51,458 --> 00:42:52,458 Mamá! 538 00:42:53,041 --> 00:42:54,375 Mamá! 539 00:42:54,458 --> 00:42:55,416 Mamá! 540 00:42:55,500 --> 00:42:56,500 Mamá! 541 00:42:56,583 --> 00:43:00,208 Ei, volos dous. Largade de aí ou chamo a policía. 542 00:43:27,333 --> 00:43:28,208 Dálle logo. 543 00:44:21,666 --> 00:44:22,541 Ola, Shelly. 544 00:44:23,250 --> 00:44:24,125 Ola, Gus. 545 00:44:26,166 --> 00:44:27,000 Grazas. 546 00:44:29,083 --> 00:44:30,333 Que tal túa nai? 547 00:44:30,958 --> 00:44:34,208 Aínda non sei. Íanos levar o noso pai. 548 00:44:36,166 --> 00:44:38,916 Túa nai cáeme ben. Dálle unha aperta da miña parte. 549 00:44:39,666 --> 00:44:42,541 Creo que non permiten apertas nas visitas. 550 00:44:42,625 --> 00:44:45,166 En muletas tampouco se pode así que… 551 00:44:45,666 --> 00:44:47,291 Como vai o tratamento? 552 00:44:53,666 --> 00:44:54,833 Non hai tratamento. 553 00:44:54,916 --> 00:44:56,291 Distrofia muscular. 554 00:44:57,500 --> 00:44:58,458 A peor que hai. 555 00:44:59,208 --> 00:45:01,541 Só vas vendo como empeora. 556 00:45:04,375 --> 00:45:06,916 Nun tempo, non poderei nin andar coas muletas. 557 00:45:07,000 --> 00:45:10,708 Despois irei en cadeira de rodas ata non poder nin respirar. 558 00:45:19,000 --> 00:45:20,750 Pero hai milagres, non? 559 00:45:21,458 --> 00:45:22,708 Ti volves falar. 560 00:45:23,375 --> 00:45:24,750 Ó carallo cos milagres. 561 00:45:26,291 --> 00:45:27,666 Como podo axudar? 562 00:45:33,166 --> 00:45:34,291 Queres hamburguesa? 563 00:45:35,166 --> 00:45:36,000 Dáme igual. 564 00:45:50,083 --> 00:45:52,083 GANCHO DE AGARRE 565 00:45:54,875 --> 00:45:56,333 CORDA 566 00:45:56,416 --> 00:45:58,833 GANCHO DE AGARRE CON DOUS PAUS DE HAMACA 567 00:46:04,541 --> 00:46:05,750 CHIMPO DE HALLIDAY 568 00:46:11,166 --> 00:46:12,250 Falo con Gill? 569 00:46:13,083 --> 00:46:15,458 Preciso ver a Slim Halliday. 570 00:46:16,291 --> 00:46:17,125 Eli. 571 00:46:18,208 --> 00:46:19,416 Son amigo seu. 572 00:46:20,375 --> 00:46:22,750 Dille que me viría moi ben un consello. 573 00:46:50,083 --> 00:46:51,166 Pican ou que? 574 00:46:54,666 --> 00:46:56,000 Un par, cativiños. 575 00:46:57,833 --> 00:46:58,958 Volvestes á escola? 576 00:47:04,708 --> 00:47:05,625 Volvemos. 577 00:47:07,000 --> 00:47:08,208 A poli obrigounos. 578 00:47:08,916 --> 00:47:12,541 - Así se fai. Vistes a vosa nai? - Nin nos contesta as cartas. 579 00:47:14,000 --> 00:47:15,916 - Debe ter vergoña. - De que? 580 00:47:16,000 --> 00:47:17,333 Non fixo nada malo. 581 00:47:17,416 --> 00:47:20,208 Xa sabes, as mulleres sonche rariñas ás veces. 582 00:47:20,291 --> 00:47:22,833 Supoño que os gardas non queren que falemos. 583 00:47:22,916 --> 00:47:25,500 Por se dicimos algo de Lyle e Ivan Kroll. 584 00:47:25,583 --> 00:47:27,583 Hate botar de menos, colega, pero… 585 00:47:28,250 --> 00:47:31,083 tamén ha querer que esquezades toda esa leria 586 00:47:31,166 --> 00:47:32,541 e sigades coa vosa vida. 587 00:47:32,625 --> 00:47:34,375 Mándalle un pudin de Nadal. 588 00:47:34,458 --> 00:47:38,166 Non deixarán que lle chegue, igual cás cartas. 589 00:47:38,250 --> 00:47:39,500 Xa, ás veces fan iso. 590 00:47:39,583 --> 00:47:43,791 Hai máis xeitos á parte do Servizo Postal da Súa Maxestade. 591 00:47:43,875 --> 00:47:44,833 Coma cales? 592 00:47:45,708 --> 00:47:46,708 Agarda un intre. 593 00:47:48,250 --> 00:47:49,166 Pican? 594 00:47:49,250 --> 00:47:50,083 Achéganse. 595 00:47:50,166 --> 00:47:52,666 Que máis xeitos hai? 596 00:47:52,750 --> 00:47:54,541 Coñezo un tipo. 597 00:47:54,625 --> 00:47:55,875 George Masoumi. 598 00:47:57,333 --> 00:48:00,833 Leva 12 anos repartindo froita a Boggo Road. 599 00:48:00,916 --> 00:48:02,083 Os gardas coñéceno 600 00:48:02,875 --> 00:48:05,583 e non revisan o falso fondo das caixas. 601 00:48:05,666 --> 00:48:07,250 E que leva nelas? 602 00:48:07,333 --> 00:48:10,083 O que queiras. Cigarros, lencería sexy. 603 00:48:10,666 --> 00:48:13,291 Para que queres lencería sexy no caldeiro? 604 00:48:14,416 --> 00:48:16,666 Outro dos eternos misterios da vida. 605 00:48:16,750 --> 00:48:21,333 Entón, se lle quero enviar un paquete en segredo a mamá, 606 00:48:21,416 --> 00:48:24,333 podería pagarlle a este George. 607 00:48:24,416 --> 00:48:25,416 Non fará falla. 608 00:48:25,500 --> 00:48:29,000 Axudeille a seu irmán nunha condena longuísima. Débeme unha. 609 00:48:30,083 --> 00:48:32,958 - Que queres enviarlle? - Un equipo de fuga. 610 00:48:33,041 --> 00:48:35,750 Espile. Píllana e dóbranlle a sentenza. 611 00:48:35,833 --> 00:48:36,791 Ti librácheste. 612 00:48:36,875 --> 00:48:39,375 Non tiña nada que perder. Era a perpetua. 613 00:48:39,458 --> 00:48:42,583 - Sairá en catro Nadais. - Catro anos, Slim. 614 00:48:43,958 --> 00:48:45,125 Terei 17 anos. 615 00:48:50,375 --> 00:48:52,916 Perdoa. É que a boto moito de menos, sabes? 616 00:48:54,375 --> 00:48:56,041 Non me quedan adultos. 617 00:48:56,875 --> 00:48:58,791 Só ti e Robert. 618 00:48:59,375 --> 00:49:03,125 Seino, pero catro anos non son nada nesta grande orde universal. 619 00:49:03,625 --> 00:49:06,416 E reduciranlle a pena por boa conduta. 620 00:49:07,666 --> 00:49:10,250 Ti céntrate na escola, fai que estea orgullosa. 621 00:49:10,333 --> 00:49:12,458 Vaia! Espera aí. 622 00:49:14,083 --> 00:49:15,458 Picaron outra vez? 623 00:49:15,541 --> 00:49:17,083 Un prago de cola amarela. 624 00:49:17,166 --> 00:49:19,458 O cabrón xa debe pesar 10 quilos. 625 00:49:19,541 --> 00:49:21,625 Está aquí dende a primeira vez que vin. 626 00:49:21,708 --> 00:49:22,958 É listo coma un allo. 627 00:49:23,041 --> 00:49:26,166 Foderíame ben espichar antes ca el. 628 00:49:27,250 --> 00:49:29,833 Aínda che quedan uns cantos anos, Slim. 629 00:49:30,875 --> 00:49:31,750 Non creas. 630 00:49:33,125 --> 00:49:35,291 Carcinoma pulmonar. Fase catro. 631 00:49:37,875 --> 00:49:39,125 Cantas fases hai? 632 00:49:41,666 --> 00:49:42,500 Catro. 633 00:49:44,000 --> 00:49:47,125 Entón canto che queda? 634 00:49:50,291 --> 00:49:51,750 Só un par de meses. 635 00:49:53,583 --> 00:49:55,083 Un par de meses? 636 00:49:55,166 --> 00:49:57,125 Non. Por que non mo contaches? 637 00:49:57,208 --> 00:49:59,791 Íache escribir unha carta, pero, xa sabes, 638 00:49:59,875 --> 00:50:01,541 non é o meu. 639 00:50:04,833 --> 00:50:07,041 Dime que estás en tratamento. 640 00:50:08,041 --> 00:50:10,333 Paso desa merda. Hai mellores mortes. 641 00:50:10,416 --> 00:50:14,541 Pero como vas morrer, Slim? Es o único pai que nos queda. 642 00:50:14,625 --> 00:50:15,708 O voso pai é Robert. 643 00:50:16,333 --> 00:50:17,416 E, sinceramente, 644 00:50:18,041 --> 00:50:20,333 creo que vos ensinei todo o que podía. 645 00:50:20,416 --> 00:50:22,541 Tes que tratarte, Slim. 646 00:50:25,166 --> 00:50:26,708 Necesito que sigas vivo. 647 00:50:27,625 --> 00:50:28,458 Por favor. 648 00:50:29,208 --> 00:50:33,083 "O dedo en movemento escribe e tras escribir, afástase axiña. 649 00:50:34,250 --> 00:50:36,791 Malia toda a túa piedade e compaixón, 650 00:50:37,750 --> 00:50:40,250 non rectificará nin media liña. 651 00:50:41,000 --> 00:50:43,625 As túas bágoas non destinguirán as palabras." 652 00:50:44,625 --> 00:50:48,166 O Rubaiyat de Omar Khayyam, o mellor poema da puta historia. 653 00:50:52,083 --> 00:50:53,791 Colle a cana! 654 00:50:53,875 --> 00:50:55,250 É ese puto peixe! 655 00:50:55,333 --> 00:50:56,750 Cóllea! Colle a cana! 656 00:50:57,625 --> 00:51:00,166 - Veña, tira del! - É unha puta quenlla? 657 00:51:00,250 --> 00:51:03,416 Non, é o prago de cola amarela ese! Tira dese cabrón! 658 00:51:03,500 --> 00:51:05,416 Veña, tira del! Vamos! 659 00:51:05,500 --> 00:51:07,666 Veña, sóltalle tanza. 660 00:51:07,750 --> 00:51:11,041 Déixalle xogar un pouco. Que loite por el! 661 00:51:12,666 --> 00:51:16,500 Ponlle o freo! Ponllo, carallo! 662 00:51:16,583 --> 00:51:18,625 Solta… Non o deixes, ti só… 663 00:51:20,875 --> 00:51:23,583 Mi madriña! Collémolo, xa sube! 664 00:51:27,375 --> 00:51:29,500 Non marchas, non. Ven aquí. 665 00:51:30,375 --> 00:51:32,125 Mi madriña! 666 00:51:32,708 --> 00:51:35,958 Slim, collino! 667 00:51:36,041 --> 00:51:37,333 Slim, colle a rede. 668 00:51:43,875 --> 00:51:45,041 Slim, por favor. 669 00:51:45,125 --> 00:51:46,416 Dime algo, Slim. 670 00:51:47,500 --> 00:51:49,500 Por favor, Slim, esperta. 671 00:51:50,375 --> 00:51:52,291 Esperta, Slim. Por favor. 672 00:51:53,500 --> 00:51:54,750 Axuda! 673 00:51:56,500 --> 00:51:57,375 Socorro! 674 00:51:57,958 --> 00:52:00,333 Axuda, por favor! 675 00:52:01,375 --> 00:52:02,416 Socorro! 676 00:55:32,000 --> 00:55:34,416 Subtítulos: Abraham Díaz López