1 00:00:06,090 --> 00:00:08,210 ANTERIORMENTE... 2 00:00:08,630 --> 00:00:11,010 Eva fai milagres. Dos de verdade. 3 00:00:11,420 --> 00:00:15,240 Vou descubrir quen es e mandareite de volta ao teu sitio. 4 00:00:15,440 --> 00:00:17,020 Quero contar esta historia. 5 00:00:17,220 --> 00:00:21,390 Tatiana será unha consentida, coma gordo o seu marido, pero é miña irmá. 6 00:00:21,600 --> 00:00:23,000 Debo saber se lle importo. 7 00:00:23,200 --> 00:00:25,800 Quero ver como lles vai aos meus fillos 8 00:00:26,000 --> 00:00:27,860 traballando xuntos antes de asinar. 9 00:00:28,360 --> 00:00:29,430 Pero que é iso? 10 00:00:29,630 --> 00:00:32,050 Estou contigo, Jos. Ata o final. 11 00:00:32,250 --> 00:00:33,110 Eu tamén. 12 00:00:33,360 --> 00:00:35,490 Decidín presentarme ao Senado. 13 00:00:36,280 --> 00:00:39,140 - Mamá, tes que dicirllo. - Xa, pero aínda non. 14 00:00:39,340 --> 00:00:41,620 Son o teu puto marido. Quen es ti? 15 00:00:42,660 --> 00:00:43,500 Cubrídevos! 16 00:00:47,790 --> 00:00:50,710 - Queres pan? Para aí. - Si. 17 00:00:52,170 --> 00:00:54,970 Queres pan? Si. Agarda. Que é iso? 18 00:00:55,760 --> 00:00:59,180 - Toma. Douche a metade do meu. - Si. Grazas. 19 00:01:00,600 --> 00:01:04,100 - Teño algo nos dentes? - Xuro por Deus que estás ben. 20 00:01:15,610 --> 00:01:16,390 É Eva. 21 00:01:16,590 --> 00:01:18,350 - Publiqueino eu. - Fuches ti? 22 00:01:18,550 --> 00:01:20,160 Oe, Luanne. 23 00:01:21,370 --> 00:01:22,450 Mira iso, tía. 24 00:01:27,330 --> 00:01:28,920 Pero mira os comentarios. 25 00:01:30,090 --> 00:01:30,920 Oe. 26 00:01:33,010 --> 00:01:35,420 - Merda. Hostia. - Que pasa? 27 00:01:35,930 --> 00:01:37,300 Quen cona publicou iso? 28 00:01:37,890 --> 00:01:40,550 - Non o sei. Nós non. - A Eva véselle a cara. 29 00:01:48,060 --> 00:01:50,400 Isto é blasfemia. E vano ver todos. 30 00:02:21,600 --> 00:02:22,810 Izzy, apaga a luz. 31 00:02:33,520 --> 00:02:36,300 {\an8}"Se o Salvador a fai merecedora, quen es ti para rexeitala?" 32 00:02:36,500 --> 00:02:37,280 {\an8}Evanxeo de María Madalena 33 00:02:41,950 --> 00:02:46,540 O PODER 34 00:02:48,410 --> 00:02:52,420 Mateino. A policía... Podería recoñecerme alguén. 35 00:02:53,960 --> 00:02:58,300 A túa vida corría perigo. Foi a maneira de defenderte. 36 00:03:05,760 --> 00:03:06,890 Vaime atopar. 37 00:03:07,850 --> 00:03:09,020 A Sra. Montgomery. 38 00:03:09,730 --> 00:03:10,690 Irei á cadea. 39 00:03:11,900 --> 00:03:13,770 Hoxe buscaba un sinal. 40 00:03:15,150 --> 00:03:17,530 Deus indicoume Lucas 19:47. 41 00:03:18,280 --> 00:03:20,490 Xesús estaba orando no templo. 42 00:03:21,160 --> 00:03:24,450 Os maiores non querían que se cuestionasen as escrituras. 43 00:03:25,660 --> 00:03:27,040 Xesús meteulles medo. 44 00:03:30,000 --> 00:03:31,250 Igual ca ti. 45 00:03:34,920 --> 00:03:36,550 Espertáchesnos. 46 00:03:37,090 --> 00:03:40,590 Somos as túas irmás. Ímoste protexer. 47 00:03:41,180 --> 00:03:46,760 Virán máis. Queren coñecer a rapaza do vídeo. 48 00:03:56,860 --> 00:03:57,820 Máis! 49 00:04:08,740 --> 00:04:12,620 - Outra descarga. Máis longa. - Creo que me chegou, a verdade. 50 00:04:23,880 --> 00:04:25,010 Que cona é isto? 51 00:04:29,060 --> 00:04:31,930 Si, é Eva. A min saíume moitas veces tamén. 52 00:04:32,430 --> 00:04:36,440 É unha especie de nova líder espiritual chispeante. 53 00:04:37,190 --> 00:04:38,650 Cantas gaitadas hai. 54 00:04:39,230 --> 00:04:41,400 Si. Fai milagres, polo que parece. 55 00:04:42,860 --> 00:04:43,950 É falso, claramente. 56 00:04:53,830 --> 00:04:55,440 Acabastes sen min? 57 00:04:55,640 --> 00:04:58,000 Si. Perdoa, amor. Teño que marchar. 58 00:05:14,980 --> 00:05:15,810 Oe. 59 00:05:16,480 --> 00:05:18,730 Cadros. O branco perde na cámara. 60 00:05:18,980 --> 00:05:20,980 Merda. Teño que pasarlle o ferro. 61 00:05:22,530 --> 00:05:23,740 Xenial. 62 00:05:30,700 --> 00:05:32,450 Seguro que queres facelo así? 63 00:05:34,910 --> 00:05:37,980 Estás a dicir que pasas? Os de rodaxe están de camiño. 64 00:05:38,180 --> 00:05:40,780 Marg, non falo do vídeo da campaña. 65 00:05:40,980 --> 00:05:43,950 Falo de que viches un home prenderse lume e morrer. 66 00:05:44,150 --> 00:05:46,740 Fas coma que non pasou, coma se todo fose ben. 67 00:05:46,940 --> 00:05:50,250 Estas cousas non pasan así. Tes que falalas. 68 00:05:50,450 --> 00:05:52,790 - Xa falamos. - Non, falamos cun psicólogo. 69 00:05:52,990 --> 00:05:55,130 Pero ti, eu e os nenos non falamos... 70 00:05:55,330 --> 00:05:58,020 Os nenos están ben. Díxoo o psicólogo. 71 00:05:58,400 --> 00:06:02,020 Margot, cada vez que pecho os ollos, o único que vexo e ulo 72 00:06:02,650 --> 00:06:03,800 é ese tipo ardendo. 73 00:06:04,000 --> 00:06:07,740 O que quero é volver atrás e impedir que os nosos fillos o vexan, 74 00:06:08,160 --> 00:06:09,100 pero non podo. 75 00:06:09,300 --> 00:06:13,560 Coñézote. Sei que iso te atormenta a ti tamén e non axuda conterse. 76 00:06:13,760 --> 00:06:16,330 Estou ben, Rob. E os nenos tamén. 77 00:06:17,370 --> 00:06:20,610 Están a pasar moitas merdas e algunhas podo amañalas. 78 00:06:20,810 --> 00:06:23,710 Non penso centrarme no único que non podo desfacer. 79 00:06:31,850 --> 00:06:33,390 Hoxe é un día importante. 80 00:06:35,560 --> 00:06:36,520 Estás comigo? 81 00:06:44,690 --> 00:06:46,680 Vale. O equipo chegará pronto. 82 00:06:46,880 --> 00:06:50,700 E quero que lembredes que nos veñen gravar como familia. 83 00:06:51,280 --> 00:06:53,530 Para que a xente nos coñeza. 84 00:06:53,950 --> 00:06:55,350 Non esteades nerviosos. 85 00:06:55,550 --> 00:06:57,810 Actuade con naturalidade, si? Sede vós. 86 00:06:58,010 --> 00:07:02,000 Si, moi natural. Non te fixes nos homes de negro que hai fóra. 87 00:07:02,210 --> 00:07:05,780 - É para que non nos fagan nada os tolos. - Non os chames así. 88 00:07:05,980 --> 00:07:08,620 E como se chaman os que se prenden...? 89 00:07:08,820 --> 00:07:11,410 Só era unha mensaxe. O futuro está en xogo. 90 00:07:11,610 --> 00:07:14,080 - Urbandox non pide violencia. - Ai, non? 91 00:07:14,280 --> 00:07:16,250 Anima os homes a poñerse en pé... 92 00:07:16,450 --> 00:07:18,830 - Lávache o cerebro. - Escoita e non supoñas. 93 00:07:19,030 --> 00:07:21,130 - Só fas iso. - Estano radicalizando. 94 00:07:21,330 --> 00:07:22,710 Cala. Non me están... 95 00:07:22,910 --> 00:07:24,720 Vale. Rapaces, veña. 96 00:07:24,920 --> 00:07:28,010 Este é un día importante para mamá e só podedes falar 97 00:07:28,210 --> 00:07:30,430 de comida, cámping e... non sei, 98 00:07:30,630 --> 00:07:33,060 cousas graciosas que di a avoa. Nada máis. 99 00:07:33,260 --> 00:07:35,560 Matty, pon unha camiseta limpa. 100 00:07:35,760 --> 00:07:39,270 Non penso participar nesta farsa. Vale? Non quero que gañes. 101 00:07:39,470 --> 00:07:40,940 Veña. É túa nai. 102 00:07:41,140 --> 00:07:44,490 Sinto moito que penses iso. 103 00:07:44,680 --> 00:07:48,070 Es coma un neno. O que fai mamá é importante. Non o ves? 104 00:07:48,270 --> 00:07:50,570 Os homes non decidirán polas mulleres. 105 00:07:50,770 --> 00:07:53,870 E as mulleres polos homes? Que pasa coa miña cara? 106 00:07:54,070 --> 00:07:55,800 - Xa che pedín perdón. - Mami? 107 00:07:56,430 --> 00:07:58,040 Cando sexa maior, terei a DOE? 108 00:07:58,240 --> 00:08:00,140 Si, ruliña. É probable que si. 109 00:08:00,350 --> 00:08:02,350 Vale. Entón quero que gañes. 110 00:08:03,850 --> 00:08:06,880 Non. Urbandox ten razón. As femias apoiádesvos. 111 00:08:07,080 --> 00:08:08,880 Femias? Soas coma un fanático. 112 00:08:09,080 --> 00:08:10,340 A ver, campión, veña. 113 00:08:10,540 --> 00:08:13,720 Ás veces hai que renunciar a cousas pola familia. 114 00:08:13,920 --> 00:08:17,620 - Quizais non queira estar na familia. - Cala, ho. Non digas iso. 115 00:08:18,870 --> 00:08:22,060 Só necesita un pouco de espazo. Nada máis. 116 00:08:22,260 --> 00:08:23,040 Si. 117 00:09:14,010 --> 00:09:18,500 "A xenerala Zoia estivo detida seis meses e deportárona aos Cárpatos. 118 00:09:18,700 --> 00:09:21,120 A policía sabíao e non fixo nada. 119 00:09:21,320 --> 00:09:24,290 Os homes batían nas mulleres só por ofrecer comida. 120 00:09:24,490 --> 00:09:27,860 {\an8}Por un tempo, as mulleres foron unha moeda, un recurso." 121 00:09:28,060 --> 00:09:28,800 {\an8}HOTEL CHALICE, CÁRPATOS 122 00:09:29,000 --> 00:09:31,010 {\an8}Teño que ir ao palacio nuns minutos. 123 00:09:31,210 --> 00:09:34,780 "O sistema está podre. E só as mulleres poden reconstruílo." 124 00:09:37,070 --> 00:09:40,580 Está repleto de clixés, si. Pero tes a exclusiva. 125 00:09:41,080 --> 00:09:43,160 Ordénao e mándollo ao meu editor. 126 00:09:44,160 --> 00:09:46,620 Anima a un a querer volver saír por aí. 127 00:09:47,210 --> 00:09:47,980 E a ti non? 128 00:09:48,180 --> 00:09:52,300 Só 200 palabras de Gaddafi custáronme moito sangue. Tes que ter sorte. 129 00:09:54,800 --> 00:09:56,880 Pensei en escribir un libro. 130 00:09:58,640 --> 00:09:59,850 Crónicas da DOE. 131 00:10:04,680 --> 00:10:06,020 En serio? 132 00:10:08,270 --> 00:10:09,520 Liches a Mark Twain? 133 00:10:11,110 --> 00:10:14,860 Dicía que os días máis importantes son no que naces e no que sabes por que. 134 00:10:21,410 --> 00:10:23,200 Podo ir contigo onda Viktor? 135 00:10:24,290 --> 00:10:25,200 Por que? 136 00:10:26,870 --> 00:10:28,330 Díxoche algo Zoia? 137 00:10:33,460 --> 00:10:37,010 Tatiana Moskalev e a xenerala Zoia son irmás. 138 00:10:44,720 --> 00:10:46,640 Bárbaro. 139 00:10:47,270 --> 00:10:49,060 Vamos. Xa chegou o taxi. 140 00:10:49,640 --> 00:10:51,770 - Diremos que es o fotógrafo. - Si. 141 00:11:03,660 --> 00:11:05,560 Só temos unha oportunidade, vale? 142 00:11:05,760 --> 00:11:08,560 A primeira dama nunca a deixan soa coa prensa. 143 00:11:08,760 --> 00:11:12,580 Se conseguimos falar con ela, temos que saír coma o puto Houdini. 144 00:11:14,340 --> 00:11:16,860 Pase o que pase, ti está tranquilo. Xa falo eu. 145 00:11:17,060 --> 00:11:17,840 Xa o sei. 146 00:11:20,930 --> 00:11:21,930 Deus bendito. 147 00:11:26,310 --> 00:11:30,890 - Alegrámonos de coñecelo, Sr. Blease. - E eu de vir. El é o meu fotógrafo. 148 00:11:37,860 --> 00:11:39,110 Recordas o que dixen? 149 00:11:39,740 --> 00:11:41,570 - Que falas ti. - Iso mesmo. 150 00:11:53,670 --> 00:11:55,000 - O caderno? - Si. 151 00:12:11,980 --> 00:12:12,890 Despois. 152 00:12:19,360 --> 00:12:22,450 Este é o asesor do presidente con máis experiencia. 153 00:12:22,950 --> 00:12:24,780 - Xeneral Miron. - Xeneral Miron. 154 00:12:27,910 --> 00:12:31,460 O palacio revisou as preguntas e fixo pequenas correccións. 155 00:12:35,250 --> 00:12:38,320 Traballo en xornais serios, non para a revista ¡Hola! 156 00:12:38,520 --> 00:12:40,130 Sabemos quen é, Sr. Blease. 157 00:12:41,970 --> 00:12:42,880 Imos? 158 00:13:20,590 --> 00:13:22,300 Feliz aniversario! 159 00:13:24,510 --> 00:13:27,200 - Grazas, papá. - Feliz aniversario, Roxy. 160 00:13:27,400 --> 00:13:31,460 Este é especial. Es maior de idade. Se te metes en leas, é cousa túa. 161 00:13:31,660 --> 00:13:34,100 Si, irás á cadea. Síntocho. 162 00:13:38,360 --> 00:13:40,570 - Que é isto? - Ábreo. 163 00:13:46,740 --> 00:13:49,030 Un terzo de Monke e Fillos é para ti. 164 00:13:50,620 --> 00:13:51,910 Non o podo crer. 165 00:13:52,790 --> 00:13:55,360 - Grazas, papá. - Acolloaches o da piscina. 166 00:13:55,560 --> 00:13:59,040 O resto de Londres está acolloado na casa. Iso é de lendas. 167 00:14:00,380 --> 00:14:02,250 - Logo conduzo. - Non sexas mamón. 168 00:14:02,880 --> 00:14:06,010 Iso necesita a familia, meter medo. Mellor reputación. 169 00:14:06,510 --> 00:14:08,130 Non todo é contabilidade. 170 00:14:09,430 --> 00:14:11,680 Barbara tenche preparada unha festa. 171 00:14:12,970 --> 00:14:14,140 - En serio? - Si. 172 00:14:14,720 --> 00:14:17,140 Trae amigos se queres. Pero non estraños. 173 00:14:17,640 --> 00:14:19,150 Non teño amigos. 174 00:14:19,560 --> 00:14:21,900 - Mellor. - A ver. Un brinde. 175 00:14:22,150 --> 00:14:26,280 A miña filla fai 18 anos hoxe e ten todo o que sempre quixo. 176 00:14:30,200 --> 00:14:31,620 Que che pasa? 177 00:14:33,290 --> 00:14:36,040 É por mamá. 178 00:14:41,380 --> 00:14:44,660 - Vamos, irmás. Rápido. - Irmás, onde ides? 179 00:14:44,850 --> 00:14:46,630 - Boa sorte. - Sorte, irmá María. 180 00:14:47,010 --> 00:14:49,560 - Non marchedes. - Xa se encarga ela. 181 00:14:49,760 --> 00:14:51,040 Si. Subide atrás. 182 00:14:51,240 --> 00:14:51,950 Irmá Fátima. 183 00:14:52,150 --> 00:14:54,720 - Non podemos quedar. - Non, non vos rendades. 184 00:14:55,520 --> 00:14:56,350 Por favor. 185 00:15:07,490 --> 00:15:10,070 Por aquí. Benvidas a Irmás de Cristo. 186 00:15:10,660 --> 00:15:11,570 Por aquí. 187 00:15:32,140 --> 00:15:33,550 Ola. Que tal? 188 00:15:36,010 --> 00:15:37,430 Subiches ti o vídeo. 189 00:15:38,480 --> 00:15:41,060 - Pois... - Esta noite non comes connosco. 190 00:15:41,560 --> 00:15:44,150 Eva necesita xente na que poida confiar. 191 00:15:45,770 --> 00:15:46,730 Veña, rapazas. 192 00:15:47,070 --> 00:15:51,360 Agarda. Un momento. Sima. Luanne. É que... 193 00:15:58,580 --> 00:16:00,830 Este é un sábado normal para nós. 194 00:16:04,830 --> 00:16:06,880 - Rob. - Si. 195 00:16:09,300 --> 00:16:10,780 Merda. Perdón. 196 00:16:10,980 --> 00:16:12,410 Vale. 197 00:16:12,610 --> 00:16:14,390 - Non me... - Corta o último. 198 00:16:14,590 --> 00:16:16,470 - Non me lembraba. - Repetimos. 199 00:16:16,890 --> 00:16:17,970 Desculpa. 200 00:16:18,180 --> 00:16:20,710 - Estás nerviosa. - Vai calor. 201 00:16:20,910 --> 00:16:23,140 Si. Son os focos. Acostúmate a eles. 202 00:16:23,770 --> 00:16:25,520 Podes relaxar a mandíbula? 203 00:16:27,360 --> 00:16:28,630 Ti, deixa de maldicir. 204 00:16:28,830 --> 00:16:29,970 - Xa. Vale. - Entras. 205 00:16:30,170 --> 00:16:32,350 Dis que Matty está no adestramento. 206 00:16:32,550 --> 00:16:35,270 Xa. Non sei que pasou. É que... 207 00:16:35,470 --> 00:16:37,060 - Está controlado. - Vale. 208 00:16:37,260 --> 00:16:38,770 - En serio. - Moi ben. 209 00:16:38,970 --> 00:16:42,310 - Veña, outra vez. Desde o principio. - Vale. Outra vez. 210 00:16:42,510 --> 00:16:44,040 - Si. - Cando queirades. 211 00:16:46,880 --> 00:16:47,710 Merda. 212 00:16:49,050 --> 00:16:51,530 De tales pais, tales fillos. 213 00:16:51,730 --> 00:16:55,040 A ver. Cinco minutos de descanso para limpar. 214 00:16:55,230 --> 00:16:56,180 Corten. 215 00:16:59,600 --> 00:17:01,060 Que desastre. Mira iso. 216 00:17:02,890 --> 00:17:03,730 Queres? 217 00:17:04,020 --> 00:17:09,010 Vale. Despois disto, hai un problema que tes que arranxar. 218 00:17:09,210 --> 00:17:10,300 Que pasou? 219 00:17:10,500 --> 00:17:13,570 Sabes os comentarios desagradables que nos puxeron? 220 00:17:13,770 --> 00:17:14,510 Si. 221 00:17:14,710 --> 00:17:17,950 Pois rastrexamos unha das fontes e... 222 00:17:20,410 --> 00:17:21,290 E? 223 00:17:25,870 --> 00:17:28,540 Está por todo o chan. Podes axudarme? 224 00:17:31,340 --> 00:17:33,090 Este é un sábado normal aquí. 225 00:17:33,670 --> 00:17:36,830 Si, e Matty adoita ir ao seu adestramento de fútbol. 226 00:17:37,030 --> 00:17:39,680 Iso é. As nenas e mais eu facemos gofres. 227 00:17:40,810 --> 00:17:43,880 Rob é un pai incrible. Fai el o almorzo pola semana. 228 00:17:44,080 --> 00:17:48,460 Cando chega o sábado, esta é a maneira de darlle a mañá libre. 229 00:17:48,660 --> 00:17:50,020 Cal é a especialidade? 230 00:17:51,610 --> 00:17:54,490 Boa pregunta. Cal é a miña especialidade? 231 00:17:56,200 --> 00:17:58,890 Adoito facer tortilla francesa, creo. 232 00:17:59,090 --> 00:18:02,290 Papá cociña moi ben. Sempre fai comidas colombianas. 233 00:18:02,830 --> 00:18:08,150 Coma ovos pericos e chocolate santafereño, e pode soar estraño 234 00:18:08,350 --> 00:18:12,070 porque é chocolate con queixo, pero está riquísimo. 235 00:18:12,270 --> 00:18:16,240 E fai os meus favoritos. Pandebono, changua, arepa con queixo 236 00:18:16,440 --> 00:18:19,640 - e tamén... - Non tedes que dicilos todos. 237 00:18:20,390 --> 00:18:22,890 Dixestes de falar de comida, cámping... 238 00:18:23,180 --> 00:18:24,710 - Merda. Iso non... - Margot. 239 00:18:24,910 --> 00:18:27,880 Margot, ti tamén falas español? Podería quedar ben. 240 00:18:28,080 --> 00:18:30,090 Non, non fala. Só eu e mailos nenos. 241 00:18:30,290 --> 00:18:31,360 E o que... 242 00:18:41,410 --> 00:18:42,280 ...ONG. 243 00:18:55,760 --> 00:18:56,880 Si. 244 00:19:12,560 --> 00:19:15,900 Cal é o segredo dun matrimonio duradeiro, Sr. Presidente? 245 00:19:21,360 --> 00:19:23,030 Intereses comúns. 246 00:19:23,830 --> 00:19:24,830 Xa. 247 00:19:25,410 --> 00:19:27,950 Que fan xuntos vostede e a primeira dama? 248 00:19:38,010 --> 00:19:39,010 Crebacabezas. 249 00:19:41,220 --> 00:19:42,300 Crebacabezas. 250 00:19:44,890 --> 00:19:48,020 Sra. Moskalev, cal foi a primeira impresión de Viktor? 251 00:19:49,890 --> 00:19:54,480 Era encantador e houbo moi boa conexión. 252 00:19:57,780 --> 00:19:58,610 Merda! 253 00:20:02,240 --> 00:20:05,310 Presidente, que pensa das mulleres do norte? 254 00:20:05,510 --> 00:20:07,390 - Son unha ameaza? - Non pregunte. 255 00:20:07,590 --> 00:20:09,160 Podería haber rebelións. 256 00:20:10,460 --> 00:20:12,070 Son populares entre os pobres. 257 00:20:12,260 --> 00:20:14,570 Traficaron con esas mulleres no seu país. 258 00:20:14,770 --> 00:20:16,250 Normal que estean anoxadas. 259 00:20:22,090 --> 00:20:24,090 Eu era moi pobre de pequeno. 260 00:20:27,430 --> 00:20:30,180 Ía para a cama sen cear todas as noites. 261 00:20:32,350 --> 00:20:36,230 Meu pai tiña que cruzar a fronteira ata Ucraína para traballar. 262 00:20:39,360 --> 00:20:42,430 A miña querida nai daríanolo todo, 263 00:20:42,630 --> 00:20:44,240 pero non tiña nada que dar. 264 00:20:45,160 --> 00:20:47,200 Sufrimos moito. 265 00:20:49,120 --> 00:20:50,580 Iso foi o que Deus quixo. 266 00:20:59,670 --> 00:21:03,630 Para Tatiana tamén, pero, por sorte, salvoume el. 267 00:21:16,690 --> 00:21:17,520 Oe. 268 00:21:24,280 --> 00:21:26,610 Nada de fotos. Deixa iso. 269 00:21:27,700 --> 00:21:28,530 Vale. 270 00:21:48,050 --> 00:21:51,720 Estas mulleres queimaron unha fábrica téxtil. 271 00:21:54,430 --> 00:21:57,480 Protestan polos salarios baixos e a desigualdade. 272 00:21:59,310 --> 00:22:00,940 Agora xa non cobran nada. 273 00:22:02,780 --> 00:22:05,860 En que van traballar? Volverán ser prostitutas? 274 00:22:07,530 --> 00:22:09,780 E os homes tivérono fácil? 275 00:22:10,070 --> 00:22:13,080 Cavamos buscando carbón. Imos á guerra. 276 00:22:13,330 --> 00:22:15,580 As mulleres tamén van á guerra. 277 00:22:23,960 --> 00:22:28,130 Por diversión. Para demostrar que son tan boas coma os homes. 278 00:22:29,800 --> 00:22:30,890 Nada máis. 279 00:22:49,280 --> 00:22:51,390 As rebeldes lidéraas unha tal Zoia. 280 00:22:51,590 --> 00:22:52,530 Non fales máis. 281 00:22:52,950 --> 00:22:55,940 - Tunde. Cala a puta boca. - Zoia tivo unha filla. 282 00:22:56,140 --> 00:22:57,120 Que non fales! 283 00:22:57,620 --> 00:22:59,170 Rematou a entrevista. 284 00:22:59,750 --> 00:23:01,420 Arriba. Os dous. 285 00:23:13,850 --> 00:23:15,430 Declan. 286 00:23:17,100 --> 00:23:18,350 Non pasa nada. Cálmate. 287 00:23:25,270 --> 00:23:27,940 Senta, Tunde Ojo. 288 00:23:36,700 --> 00:23:37,950 Vale. 289 00:23:44,790 --> 00:23:47,610 - Por que viñeches ao palacio? - Son fotógrafo. 290 00:23:47,810 --> 00:23:50,120 Preguntei por que viñeches ao palacio! 291 00:23:50,320 --> 00:23:52,160 É a verdade. Son fotógrafo. 292 00:23:52,360 --> 00:23:55,930 Vale? Non levo moito aquí, pero o Sr. Blease e máis eu... 293 00:24:06,820 --> 00:24:09,740 As rebeldes leváronme por comida e menciñas. 294 00:24:09,940 --> 00:24:12,570 Hai moita pobreza neste continente tan rico. 295 00:24:13,410 --> 00:24:16,330 Caras de fame que nunca esquecerei. Sufrimento. 296 00:24:17,830 --> 00:24:22,330 As rapazas de Moskalev, en cinco anos, terán un destino coma o das rebeldes. 297 00:24:23,370 --> 00:24:26,320 Quero respostas xa ou ides os dous ao cárcere. 298 00:24:26,520 --> 00:24:30,340 Agarde. Un momento. Isto é un malentendido, xeneral Miron. 299 00:24:30,760 --> 00:24:32,550 Necesito falar co meu editor. 300 00:24:34,930 --> 00:24:39,140 Enganounos. Este cretino dixo que traballaba para a National Geographic. 301 00:24:41,270 --> 00:24:42,100 Que? 302 00:24:43,190 --> 00:24:44,060 Veña comigo. 303 00:24:44,940 --> 00:24:47,220 Agarda. Non. Declan. 304 00:24:47,410 --> 00:24:50,150 Declan, agarda. 305 00:24:50,530 --> 00:24:52,780 Declan! 306 00:24:53,450 --> 00:24:55,530 Merda! Declan! 307 00:24:57,030 --> 00:24:58,410 Non! Merda! 308 00:25:00,790 --> 00:25:03,160 Puto idiota. Es parvo de carallo! 309 00:25:04,540 --> 00:25:07,900 {\an8}As vítimas da DOE merecen protección e xustiza. 310 00:25:08,100 --> 00:25:12,260 Se queres deter a violencia, só hai unha opción para Washington. 311 00:25:12,630 --> 00:25:16,450 Daniel Dandon é a aposta segura para volver á normalidade, 312 00:25:16,650 --> 00:25:20,140 á seguridade. Esta campaña está apoiada por Daniel Dandon. 313 00:25:22,100 --> 00:25:23,680 Ola. Que fas? 314 00:25:25,900 --> 00:25:29,400 Publicas merdas sobre a alcaldesa mentireira e capitalista? 315 00:25:31,280 --> 00:25:34,990 "Esa fulana con zapatos caros que é coma o polo eslamiado." 316 00:25:37,410 --> 00:25:41,290 Eu non puxen o do polo. Só lle dei a "gústame". 317 00:25:43,450 --> 00:25:47,290 Descubriu iso a túa policía secreta? 318 00:25:48,040 --> 00:25:51,840 Se con policía secreta te refires ao equipo de redes sociais, si. 319 00:25:52,040 --> 00:25:54,470 Non é tan difícil, Jos. Que demo pasa? 320 00:25:55,130 --> 00:25:56,510 Síntoo. Estaba cabreada. 321 00:25:57,550 --> 00:25:58,590 Por que? 322 00:25:59,470 --> 00:26:01,760 Ti elixiches ser unha figura pública. 323 00:26:02,140 --> 00:26:03,040 Elixíchelo. 324 00:26:03,240 --> 00:26:05,840 Eu non elixín que a xente me mire 325 00:26:06,040 --> 00:26:09,840 e ter que estar perfecta a ollos dos demais en todo momento. 326 00:26:10,040 --> 00:26:11,690 Non tes que estar perfecta. 327 00:26:12,900 --> 00:26:13,900 Es perfecta. 328 00:26:14,440 --> 00:26:15,300 Mamá. 329 00:26:15,500 --> 00:26:18,930 E hai cousas que che pedín que non publicases. 330 00:26:19,130 --> 00:26:23,330 Nin sequera miraches como saía e publicáchelo igualmente. 331 00:26:25,450 --> 00:26:28,440 Ás veces sinto que me utilizas. 332 00:26:28,640 --> 00:26:32,250 Coma se quixeses vender unha imaxe da familia no teu traballo. 333 00:26:33,710 --> 00:26:34,670 Dá moita rabia. 334 00:26:37,010 --> 00:26:39,550 Non me dera conta, pero tes razón. 335 00:26:43,060 --> 00:26:45,890 Os meus fillos son do que máis orgullosa estou. 336 00:26:46,480 --> 00:26:51,860 Ás veces quero compartir iso, pero nunca quixen facervos dano. 337 00:26:53,730 --> 00:26:57,110 Pero fala comigo en lugar de poñer iso en Internet. 338 00:26:59,530 --> 00:27:00,450 Síntoo. 339 00:27:00,700 --> 00:27:02,070 Vale, grazas. 340 00:27:02,780 --> 00:27:08,750 Non entendía por que facías o que facías, pero agora si. 341 00:27:10,460 --> 00:27:14,990 Viches o que anda a facer Dandon? Ten unha vítima masculina nova cada semana 342 00:27:15,190 --> 00:27:18,660 e Clyde Montgomery, de Alabama, ten pinta de pervertido. 343 00:27:18,860 --> 00:27:22,430 E el véndelle ao público que é un heroe na súa cidade. 344 00:27:23,760 --> 00:27:25,010 É desprezable. 345 00:27:25,350 --> 00:27:27,810 O que fai é infundir medo descaradamente. 346 00:27:28,480 --> 00:27:31,560 É perigoso dirixir odio e atención a esas rapazas. 347 00:27:32,770 --> 00:27:34,020 Tes que paralo. 348 00:27:35,900 --> 00:27:36,860 Iso faremos. 349 00:27:38,440 --> 00:27:39,900 Dedos chispeantes? 350 00:27:46,330 --> 00:27:47,160 Perdoa. 351 00:27:47,620 --> 00:27:48,560 Non pasa nada. 352 00:27:48,760 --> 00:27:50,160 Vós as dúas. 353 00:27:50,790 --> 00:27:52,980 Collede zapatos de andar e chaqueta. 354 00:27:53,180 --> 00:27:54,900 - Ímonos en 15 minutos. - Que? 355 00:27:55,100 --> 00:27:56,650 - Onde? - A divertirnos. 356 00:27:56,850 --> 00:28:00,120 Non podo facer viaxes imprevistas. Debo repasar discursos. 357 00:28:00,320 --> 00:28:04,700 - E eu quedei con Ryan esta noite. - Dáme igual, vale? Non me importa. 358 00:28:04,900 --> 00:28:08,830 Temos que pasar tempo xuntos coma unha familia real, non finxida, 359 00:28:09,030 --> 00:28:12,400 facendo un almorzo falso e todo falso. E imos comezar xa. 360 00:28:12,900 --> 00:28:14,480 Vale. Izzy e Matty? 361 00:28:25,660 --> 00:28:27,740 Ti eras a rapaza sen voz. 362 00:28:28,160 --> 00:28:30,370 E agora escóitate todo o mundo. 363 00:28:34,580 --> 00:28:36,400 Estou farto. Dáme os cartos. 364 00:28:36,600 --> 00:28:38,590 Farto de que? De falar comigo? 365 00:28:46,470 --> 00:28:49,520 {\an8}Moi bos trucos. Como os fas? 366 00:28:57,570 --> 00:28:59,320 Este don deumo Deus. 367 00:29:00,400 --> 00:29:04,030 Ha, ha. Non mintas á mentireira. Viches os meus vídeos? Poder REAL. 368 00:29:16,880 --> 00:29:21,740 Ven connosco. Esta é a túa casa. 369 00:29:21,940 --> 00:29:27,850 Teño casa. Non necesito a vosa seita. Só dime como o fas. 370 00:29:32,350 --> 00:29:34,190 Buscas problemas ou que? 371 00:29:35,350 --> 00:29:37,880 {\an8}Non teño que demostrarche nada. 372 00:29:38,080 --> 00:29:39,320 {\an8}Devólveme os cartos. 373 00:29:40,360 --> 00:29:46,320 Iso diríao unha impostora. O que ti digas. Pero son máis forte ca ti. 374 00:29:49,070 --> 00:29:50,980 Pois ven por min, puta. 375 00:29:51,180 --> 00:29:52,330 Moi ben, puta. 376 00:29:53,080 --> 00:29:55,120 - Aparta da miña vista, hostia! - Oe. 377 00:29:58,290 --> 00:29:59,880 Isto acabouse. Paga. 378 00:30:04,340 --> 00:30:05,700 Cabrón. 379 00:30:05,900 --> 00:30:08,800 - Tíñao controlado. - Si, claro que si. 380 00:30:13,310 --> 00:30:16,540 Vamos, equipo Cleary-Lopez. Jos, que tal se me axudas? 381 00:30:16,740 --> 00:30:19,010 - É obrigatorio? - Tes que participar. 382 00:30:19,200 --> 00:30:21,090 - Báixao. - Que facemos aquí? 383 00:30:21,290 --> 00:30:23,070 Vale, veña. Pono aí. 384 00:30:23,570 --> 00:30:24,690 Mirade iso. 385 00:30:25,570 --> 00:30:27,510 Está moi ben. Teño que dicilo. 386 00:30:27,710 --> 00:30:29,870 Déixovolo a vós. Teño fe en vós. 387 00:30:35,290 --> 00:30:38,650 Recordas a primeira vez que viñemos aquí? Jos era un bebé. 388 00:30:38,850 --> 00:30:40,360 - E nós tamén. - Si. 389 00:30:40,560 --> 00:30:43,860 Non tiñamos un can. E só trouxemos un saco de durmir. 390 00:30:44,060 --> 00:30:48,220 Si, pero foi agradable. Acórdaste? Pasamos a noite espertos co lume. 391 00:30:49,010 --> 00:30:53,620 Si que me acordo. E tamén de que cantabas unha canción estúpida. Non parabas. 392 00:30:53,820 --> 00:30:56,880 La cucaracha? É das mellores cancións da historia. 393 00:30:57,080 --> 00:31:00,050 - Estás de broma? - Non concordo. Non estou de broma. 394 00:31:00,250 --> 00:31:01,860 - Rob. - Margot. 395 00:31:02,650 --> 00:31:05,260 - Pedíchelo ti. É así. - Non, non pedín nada. 396 00:31:05,460 --> 00:31:07,490 - Ti tamén. - Non tal. Non, por favor. 397 00:31:11,070 --> 00:31:12,070 Todos. 398 00:31:17,750 --> 00:31:18,750 Ves? Sábena. 399 00:31:22,040 --> 00:31:25,990 Matty, estás de puta broma? Que carallo che pasa, maldito psicópata? 400 00:31:26,190 --> 00:31:28,160 - Que pasa? - Parade. 401 00:31:28,360 --> 00:31:32,550 - Foi en público. Estaba no meu dereito. - Non sabes o que fixeches. 402 00:31:33,430 --> 00:31:35,330 Gravoume. E a Ryan tamén. 403 00:31:35,530 --> 00:31:36,850 Que é isto? 404 00:31:38,930 --> 00:31:41,730 Ryan tena. A DOE. 405 00:31:45,020 --> 00:31:47,480 Non o entendo. Como é posible? 406 00:31:48,780 --> 00:31:52,560 É intersexual. Tardou moito en contarmo. 407 00:31:52,760 --> 00:31:54,810 E agora sae na canle de Urbandox. 408 00:31:55,010 --> 00:31:56,520 É liberdade de información. 409 00:31:56,720 --> 00:32:00,110 Cala. Non podo crer que lle fagas iso a túa irmá, a túa familia. 410 00:32:00,310 --> 00:32:03,690 Foi unha parvada, pero veña, ho. Non te cebes co rapaz. 411 00:32:03,890 --> 00:32:06,320 Vaime odiar. Non me volverá falar. 412 00:32:06,520 --> 00:32:08,110 - Irá a un laboratorio. - Non. 413 00:32:08,310 --> 00:32:10,030 E debería. É un monstro! 414 00:32:10,230 --> 00:32:12,120 - Oe. - Mandeiche calar, Matty. 415 00:32:12,320 --> 00:32:15,260 Es un puto panoco. Xuro por Deus que te vou matar! 416 00:32:24,730 --> 00:32:25,650 Perfecto. 417 00:32:27,110 --> 00:32:28,980 Ningún de nós está a salvo xa. 418 00:32:29,650 --> 00:32:32,660 - Agarda, Matty. Onde vas? - Teño que avisar a Ryan. 419 00:32:41,580 --> 00:32:43,250 Cando mo ías contar? 420 00:32:45,750 --> 00:32:46,900 Tras a campaña. 421 00:32:47,100 --> 00:32:49,910 - Tras a campaña? - Non quería forzarte a mentir. 422 00:32:50,110 --> 00:32:52,580 - É negación plausible. - Non me amoles. 423 00:32:52,770 --> 00:32:56,500 Non esquezamos que filtraches información que nos puxo en perigo. 424 00:32:56,700 --> 00:32:57,750 Non ocultei nada. 425 00:32:57,950 --> 00:33:01,500 Poderías ir ao cárcere e destruír a familia. Non mo contaches. 426 00:33:01,700 --> 00:33:04,550 Margot, era o que intentaba facer. 427 00:33:04,750 --> 00:33:07,470 Quería falarche do de presentarte ao Senado, 428 00:33:07,660 --> 00:33:09,630 da maldita rolda de prensa, 429 00:33:09,830 --> 00:33:12,990 dos nenos... De todo! Pero ti non escoitas! 430 00:33:19,450 --> 00:33:21,950 - Eu non... - Déixao. Vou buscar a Matty. 431 00:33:24,210 --> 00:33:26,000 - Señor. - Non. Non me sigas. 432 00:33:30,920 --> 00:33:32,950 O gobernador de Washington, Dandon, 433 00:33:33,150 --> 00:33:36,410 quere dar visibilidade ás vítimas da DOE a nivel nacional. 434 00:33:36,610 --> 00:33:39,160 Esta invitada perdeu o marido nun brutal ataque 435 00:33:39,360 --> 00:33:40,960 da súa filla adoptiva. 436 00:33:41,160 --> 00:33:43,920 A Sra. Montgomery ten unha mensaxe para ela. 437 00:33:44,120 --> 00:33:45,390 Allison. 438 00:33:46,850 --> 00:33:49,020 Só quero falar contigo, querida. 439 00:33:49,770 --> 00:33:51,860 Chámame, por favor. 440 00:33:54,070 --> 00:33:58,310 Se coñecen o paradoiro ou viron a Allison desde o 27 de febreiro, 441 00:33:58,510 --> 00:34:01,660 chamen ao número que aparece na pantalla. 442 00:34:02,490 --> 00:34:06,980 Clyde Montgomery era un bo cristián. Era xeneroso e querido na súa comunidade. 443 00:34:07,180 --> 00:34:07,900 Sabíao. 444 00:34:08,100 --> 00:34:10,400 Dandon di que mortes sen sentido coma esta 445 00:34:10,600 --> 00:34:12,880 poden evitarse con lexislación disuasiva. 446 00:34:13,080 --> 00:34:15,420 Que pensa vostede, Sra. Montgomery? 447 00:34:15,630 --> 00:34:18,470 - No me parecen ben. - Non, non está ben. 448 00:34:19,300 --> 00:34:23,060 Se Allie anda por aí, teñen que traela de volta. 449 00:34:25,140 --> 00:34:27,060 - Non! - Detena. 450 00:34:27,770 --> 00:34:30,970 Sácame as mans de enriba, Allison. 451 00:34:31,160 --> 00:34:32,820 Detena. 452 00:34:33,860 --> 00:34:35,440 Déixame... 453 00:34:38,610 --> 00:34:40,030 As ideas son electricidade. 454 00:34:48,290 --> 00:34:49,460 Métete na súa cabeza. 455 00:34:58,630 --> 00:35:00,260 Faina cambiar. 456 00:35:20,110 --> 00:35:23,740 Irmá Verónica? Estás ben? 457 00:35:28,250 --> 00:35:29,080 Eva? 458 00:35:29,750 --> 00:35:33,380 Que pasa? Eva. Irmá Verónica? Que pasa? Irmá Verónica? 459 00:35:57,610 --> 00:35:58,970 - Cinco minutos. - Moi ben. 460 00:35:59,170 --> 00:36:00,970 Só quero saudar as amigas de mamá. 461 00:36:01,170 --> 00:36:03,930 - Deixa de foder xa. - Cala. É o meu aniversario. 462 00:36:04,130 --> 00:36:06,310 - Cala ti! - Cala! 463 00:36:06,510 --> 00:36:10,190 - Que fas? Sempre veño eu. - Papá dixo que precisas máis forza. 464 00:36:10,390 --> 00:36:13,400 Ti non tes forza. Es unha rapaza parva. Oxalá morras! 465 00:36:13,600 --> 00:36:15,710 - Non te rías de min! - Déixame. 466 00:36:19,210 --> 00:36:21,380 Carallo! 467 00:36:27,760 --> 00:36:30,020 - Perdoa. - Hostia. Non me toques! 468 00:36:30,730 --> 00:36:32,900 Pasa. Seguro que che axudan. 469 00:36:35,400 --> 00:36:37,680 Isto vai para as rapazas chispeantes 470 00:36:37,870 --> 00:36:40,280 que van prender lume na pista de baile hoxe. 471 00:36:47,660 --> 00:36:48,910 Parabéns. 472 00:36:51,830 --> 00:36:53,540 Botamos en falta a túa nai. 473 00:36:55,210 --> 00:36:56,880 E que dixo a policía? 474 00:37:00,590 --> 00:37:02,930 Un roubo que saíu mal, ao parecer. 475 00:37:04,300 --> 00:37:05,550 E que pensa Derrick? 476 00:37:07,180 --> 00:37:08,010 Quen? 477 00:37:08,760 --> 00:37:12,480 O mozo da túa nai. Dixo que che ía dicir que... 478 00:37:13,350 --> 00:37:14,600 Que Derrick? 479 00:37:18,270 --> 00:37:20,650 - Que Derrick? - Derrick Reena. 480 00:37:21,530 --> 00:37:24,640 Christina Reena, se é que casaron. 481 00:37:24,840 --> 00:37:25,740 Casar? 482 00:37:26,280 --> 00:37:28,430 - Por que llo dis? - Sacaches ti o tema. 483 00:37:28,630 --> 00:37:30,740 Si, pero non tiñas que dicir... 484 00:37:31,410 --> 00:37:32,250 Perdón. 485 00:37:32,910 --> 00:37:33,900 Aínda é pronto. 486 00:37:34,100 --> 00:37:34,920 Roxy! 487 00:37:49,680 --> 00:37:50,510 Grazas. 488 00:37:58,310 --> 00:37:59,360 Vamos, Rox. 489 00:38:15,870 --> 00:38:16,870 Roxy. 490 00:38:21,460 --> 00:38:24,090 Tes 10 000. É abondo para que te acomodes. 491 00:38:26,800 --> 00:38:29,220 - De que falas? - Cala e escoita. 492 00:38:31,350 --> 00:38:33,100 Eu non te quería na voda. 493 00:38:35,180 --> 00:38:36,350 Nin mamá tampouco. 494 00:38:37,690 --> 00:38:42,320 Pero unha semana antes Bernie dixo que daba igual o que quixésemos nós. 495 00:38:44,400 --> 00:38:45,360 Que ías vir. 496 00:38:50,820 --> 00:38:52,330 El queríate alí, Rox. 497 00:38:53,740 --> 00:38:55,160 Fóra da casa da túa nai. 498 00:39:05,590 --> 00:39:06,470 Merda. 499 00:39:08,380 --> 00:39:12,260 Agarda. Oe. Non me digas que nunca pensaches se sería el. 500 00:39:31,240 --> 00:39:32,740 Vale. Moi ben. Pasa. 501 00:40:02,150 --> 00:40:04,980 Non quería que o descubrises así. 502 00:40:07,070 --> 00:40:07,940 Síntoo. 503 00:40:09,490 --> 00:40:10,820 E quen cho pasou? 504 00:40:13,530 --> 00:40:14,370 Jos. 505 00:40:15,280 --> 00:40:16,120 Jos? 506 00:40:18,950 --> 00:40:21,400 Obrigaches a miña filla a mentirme así. 507 00:40:21,600 --> 00:40:23,790 Foi mala idea. Xa o sei. Vaia cagada. 508 00:40:25,460 --> 00:40:29,090 Pedinlle que mo pasase para saber o que ela sentía. 509 00:40:29,920 --> 00:40:32,870 Non quería deixala pasar por iso soa. 510 00:40:33,070 --> 00:40:34,050 Para xa. 511 00:40:34,970 --> 00:40:38,970 Pedíchesllo porque o querías. O único que queres é poder. 512 00:40:40,060 --> 00:40:40,890 A ver... 513 00:40:41,520 --> 00:40:42,890 Quero axudar a xente. 514 00:40:44,600 --> 00:40:46,940 Gústache a imaxe de ti que axuda a xente. 515 00:40:49,530 --> 00:40:54,320 Ai, Deus. Despois de tantos anos, iso é o que pensas de min? 516 00:40:55,030 --> 00:40:58,990 Margot, o certo é que xa non sei o que penso de ti a estas alturas. 517 00:41:01,200 --> 00:41:02,910 Parécesme unha descoñecida. 518 00:41:05,330 --> 00:41:08,450 Mira, sei que parezo diferente. Son diferente. 519 00:41:08,650 --> 00:41:11,050 Non sabía que isto me ía cambiar tanto. 520 00:41:12,720 --> 00:41:13,590 Pero... 521 00:41:18,140 --> 00:41:23,730 Pero nunca me sentira tan cómoda co meu corpo como agora. 522 00:41:26,480 --> 00:41:31,190 Sabes? Síntome autosuficiente e... si, con poder. 523 00:41:34,320 --> 00:41:36,810 Non vou desculparme por iso. Quero poder. 524 00:41:37,010 --> 00:41:40,850 Quero control e poder elixir, 525 00:41:41,050 --> 00:41:45,080 e quero ser parte de algo que importe, que cambie vidas. 526 00:41:47,210 --> 00:41:52,880 Agora podo facer cousas coas que nin sequera soñara na miña vida. 527 00:42:02,350 --> 00:42:06,310 Non teño todas as pezas disto. Non sei como encaixa todo, 528 00:42:07,900 --> 00:42:11,440 pero sei cal é o meu lugar 529 00:42:12,690 --> 00:42:13,820 na vida 530 00:42:15,610 --> 00:42:19,100 e neste mundo e... 531 00:42:19,300 --> 00:42:20,910 Deus, neste matrimonio. 532 00:42:23,540 --> 00:42:24,750 Agora é diferente. 533 00:42:26,040 --> 00:42:27,870 Isto é algo moi importante. 534 00:42:29,420 --> 00:42:32,210 Síntoo. Perdón. Eu non contaba con isto. 535 00:42:33,920 --> 00:42:36,420 Pero prometemos estar xuntos, non si? 536 00:42:38,300 --> 00:42:40,850 E iso é o que facemos. Estamos xuntos. 537 00:42:51,150 --> 00:42:52,190 Rob. 538 00:42:54,230 --> 00:42:55,190 Necesítote. 539 00:42:58,610 --> 00:43:02,060 Si, necesítote sobre todo para a campaña. 540 00:43:02,260 --> 00:43:04,240 Non podo facelo sen ti. 541 00:43:05,290 --> 00:43:07,290 Xa o sei. 542 00:43:26,470 --> 00:43:29,440 Oe, vou quedar contigo, vale? Ata o final. 543 00:43:34,270 --> 00:43:35,860 Pero tralas eleccións, 544 00:43:39,650 --> 00:43:40,860 quero o divorcio. 545 00:43:47,950 --> 00:43:49,160 Si. 546 00:44:13,560 --> 00:44:16,940 Cres que os rapaces non se meteron comigo? Con todas? 547 00:44:18,280 --> 00:44:19,860 Pero non os matamos. 548 00:44:20,900 --> 00:44:24,780 Iso é unha loucura, Eva. Allison. Ou como te chames. 549 00:44:38,960 --> 00:44:40,380 Chamábame Allison. 550 00:44:42,760 --> 00:44:44,720 Ninguén sabe o meu apelido real. 551 00:44:46,300 --> 00:44:51,270 A miña nai abandonoume no supermercado cando tiña tres anos. 552 00:44:53,020 --> 00:44:55,730 Foise e non volveu nunca. 553 00:44:57,230 --> 00:45:01,510 Pasei por 13 casas en 13 anos e algunhas delas non estaban mal de todo. 554 00:45:01,710 --> 00:45:03,820 Pero nas boas nunca me querían. 555 00:45:05,160 --> 00:45:06,740 Demasiado desequilibrada. 556 00:45:07,870 --> 00:45:09,520 Nunca dicía o correcto. 557 00:45:09,720 --> 00:45:13,620 Non atopaba as palabras para dicir o que me estaba a pasar, 558 00:45:15,380 --> 00:45:18,500 nin para caer ben nin para que alguén me salvase, 559 00:45:19,670 --> 00:45:21,300 así que deixei de falar. 560 00:45:23,050 --> 00:45:24,680 Case seis anos. 561 00:45:25,340 --> 00:45:28,600 Era como estar morta, polo menos por dentro. 562 00:45:29,430 --> 00:45:34,170 E despois notei este poder nas mans e unha voz díxome 563 00:45:34,370 --> 00:45:38,980 que era hora de loitar e salvarme. 564 00:45:40,400 --> 00:45:43,220 Agora sei que esa voz era Deus. 565 00:45:43,420 --> 00:45:46,360 O que fixen foi porque tiña a súa bendición. 566 00:45:49,490 --> 00:45:52,160 Logo si, hostia, matei aquel home. 567 00:45:52,620 --> 00:45:55,670 E non, hostia, non estou arrepentida. 568 00:46:00,090 --> 00:46:05,050 Di que si, hostia. Que? Imos xulgala agora? 569 00:46:06,050 --> 00:46:09,850 Seguramente todas fixestes cousas para sobrevivir. 570 00:46:10,050 --> 00:46:13,270 - Se non, non estariades aquí. - Dáme igual o que fixo. 571 00:46:13,520 --> 00:46:17,650 Eva curoume. Bautizounos. Permitiunos empezar de cero. 572 00:46:22,900 --> 00:46:24,740 Renacemos todas aquí. 573 00:46:25,530 --> 00:46:28,660 Benvida á casa, Eva. Ou prefires Allison? 574 00:46:34,750 --> 00:46:35,750 Eva. 575 00:46:36,710 --> 00:46:37,540 Ven aquí. 576 00:46:51,260 --> 00:46:56,270 Verónica, recollemos todo isto? Vai haber tormenta. 577 00:46:58,940 --> 00:47:01,110 Vin a Deus. 578 00:47:02,270 --> 00:47:04,690 A Deus na luz. 579 00:47:06,900 --> 00:47:08,320 Vin a luz. 580 00:47:09,280 --> 00:47:12,620 Luz. A Deus na luz. 581 00:47:13,990 --> 00:47:18,830 - A luz en min. - Verónica, vamos dentro. 582 00:47:23,000 --> 00:47:25,960 Axuda! 583 00:47:26,760 --> 00:47:27,670 Que pasa? 584 00:47:29,680 --> 00:47:33,970 - Sángranlle os ollos. É o puto ébola? - Non, son estigmas. 585 00:47:36,520 --> 00:47:38,060 Ai, Deus. 586 00:47:41,230 --> 00:47:42,150 Deus! 587 00:47:44,270 --> 00:47:45,480 Verónica! 588 00:48:15,100 --> 00:48:17,390 Esas putas do carallo. 589 00:48:18,060 --> 00:48:21,230 Cala! Debería mandar o exército e acabar con elas. 590 00:48:21,690 --> 00:48:24,730 Para que vexan o que é que as fodan de verdade. 591 00:48:25,980 --> 00:48:27,980 Que carallo está facendo Miron? 592 00:48:28,530 --> 00:48:33,910 Que está facendo coas putas esas? Non o entendo. 593 00:48:41,120 --> 00:48:41,960 Lisca! 594 00:48:42,170 --> 00:48:44,400 Non, Viktor. Non lle fagas dano a Vadim. 595 00:48:44,600 --> 00:48:45,360 Ven, amor. 596 00:48:45,560 --> 00:48:47,050 Deixa o puto can! 597 00:48:47,420 --> 00:48:48,800 Non. 598 00:48:53,800 --> 00:48:59,710 Debería mandar o exército e darlle unha lección á Zoia esa. 599 00:48:59,910 --> 00:49:02,060 Outra puta vaga máis. 600 00:49:05,560 --> 00:49:07,760 Vanas foder a todas. Xa verás. 601 00:49:07,960 --> 00:49:13,850 Que querían as putas esas? 602 00:49:14,050 --> 00:49:15,410 Que lles dean a todas. 603 00:49:15,910 --> 00:49:16,870 Que fas? 604 00:49:21,290 --> 00:49:22,250 Que fas? 605 00:49:23,330 --> 00:49:25,290 Que che fixo Vadim? 606 00:49:28,670 --> 00:49:30,280 Que carallo fas? 607 00:49:30,480 --> 00:49:33,090 Que che fixo Vadim? 608 00:49:34,550 --> 00:49:36,840 Que che fixo Vadim? 609 00:49:40,470 --> 00:49:42,520 Que carallo fas? 610 00:49:47,560 --> 00:49:49,480 Que carallo...? 611 00:50:52,340 --> 00:50:54,300 Ven. 612 00:51:34,210 --> 00:51:37,130 - Si? - Podo verte na miña habitación? 613 00:51:38,010 --> 00:51:39,260 Claro, señora. 614 00:51:53,400 --> 00:51:54,820 Vouche coller isto. 615 00:51:56,530 --> 00:51:59,820 Pasa. Ven comigo. 616 00:52:01,320 --> 00:52:03,950 Ven. Colle isto. 617 00:52:07,910 --> 00:52:09,650 Non. Oe! 618 00:52:09,850 --> 00:52:13,790 Mírame. Como se chama o teu irmán? Vouche axudar. 619 00:52:14,460 --> 00:52:17,700 Prométoche que o vou sacar, vale? E a túa familia. 620 00:52:17,900 --> 00:52:19,300 Chámase Batzorig. 621 00:52:19,800 --> 00:52:23,140 A túa familia vai estar ben. Vale? 622 00:53:19,230 --> 00:53:24,720 Axuda! 623 00:53:24,920 --> 00:53:28,020 Solongo matou a Viktor. 624 00:53:28,220 --> 00:53:33,290 Tratei de parala, pero foi demasiado tarde! 625 00:56:30,050 --> 00:56:32,760 NO PRÓXIMO CAPÍTULO... 626 00:56:32,970 --> 00:56:36,080 Agora o que necesitas é unha soldado. 627 00:56:36,280 --> 00:56:39,000 Es ti? Es agora un dos soldados do teu pai? 628 00:56:39,200 --> 00:56:41,170 Quero que lle gañes ao fascista, 629 00:56:41,370 --> 00:56:44,260 alarmista e branco privilexiado de Dandon. 630 00:56:44,450 --> 00:56:46,570 Queres que espíe a miña nai? 631 00:56:47,650 --> 00:56:49,910 - Atrás, tío. - Ei, déixao xa. 632 00:56:50,110 --> 00:56:52,990 Zoia mándalle unha mensaxe: ten que escoller bando. 633 00:56:53,950 --> 00:56:55,700 Non me decepciones. 634 00:56:56,950 --> 00:56:58,670 NO ÚLTIMO CAPÍTULO DA TEMPADA 635 00:56:58,870 --> 00:57:01,830 O meu matrimonio vai ben. Rob está ben. 636 00:57:05,380 --> 00:57:07,550 Mandáronlles o exército ás rebeldes. 637 00:57:08,550 --> 00:57:10,110 COMEZA A REVOLUCIÓN 638 00:57:10,310 --> 00:57:13,630 - Ponllo difícil. - Es unha mentireira e son todo enganos. 639 00:57:14,220 --> 00:57:17,390 Constrúe o exército. Que sexan todas túas. 640 00:57:24,270 --> 00:57:25,310 Ven para a casa. 641 00:57:25,860 --> 00:57:28,930 {\an8}O PODER ÚLTIMO CAPÍTULO DA TEMPADA 642 00:57:29,120 --> 00:57:30,010 {\an8}Subtítulos: Antía López Cando 643 00:57:30,210 --> 00:57:31,150 Supervisora creativa: Paula Maneiro