1 00:00:05,960 --> 00:00:07,900 Este episodio contén imaxes de autolesión. 2 00:00:08,100 --> 00:00:09,920 Isto pode ferir a súa sensibilidade. 3 00:00:10,130 --> 00:00:12,170 ANTERIORMENTE... 4 00:00:12,430 --> 00:00:14,390 O mundo necesita unha revolución. 5 00:00:15,260 --> 00:00:17,160 E ti vas ser a súa voz. 6 00:00:17,360 --> 00:00:20,290 A rapaza chéirame ao chamusco. Vai traer problemas. 7 00:00:20,490 --> 00:00:23,100 Iso é, ruliña. Esta é a túa familia. 8 00:00:23,480 --> 00:00:26,860 Eva, non podes usar a túa electricidade baixo o meu teito. 9 00:00:27,110 --> 00:00:29,320 Non nos digas o que temos que facer. 10 00:00:31,780 --> 00:00:35,660 Son intersexual. Por iso podo facer isto. 11 00:00:36,120 --> 00:00:40,310 Miña nai arrisca a súa vida para protexer a xente que ten o nobelo. 12 00:00:40,510 --> 00:00:42,500 - E ti ocultas o teu. - Non quero isto. 13 00:00:45,290 --> 00:00:47,080 - Que é isto? - A metade. 14 00:00:48,880 --> 00:00:50,710 - Electrocútao. - Non quero. 15 00:00:51,090 --> 00:00:52,920 Mandáronas marchar a todas. 16 00:00:53,130 --> 00:00:54,590 Deixáronme quedar contigo. 17 00:00:56,050 --> 00:00:57,340 Non te movas. 18 00:00:57,720 --> 00:00:58,550 Pásamo. 19 00:01:01,970 --> 00:01:04,060 Sentade todas, hostia. 20 00:01:18,280 --> 00:01:21,290 - Canto cobras? - 20 libras a sesión. Só en efectivo. 21 00:01:29,840 --> 00:01:31,960 Todas queres aprender a usalo? 22 00:01:32,380 --> 00:01:34,010 - Es Roxy, verdade? - Si. 23 00:01:34,630 --> 00:01:35,510 Son 20 libras. 24 00:01:39,140 --> 00:01:40,390 Vimos os teus vídeos. 25 00:01:43,770 --> 00:01:46,000 Coas chispas no guiador daquel tipo... 26 00:01:46,200 --> 00:01:47,560 Alguén non pagou. 27 00:01:49,860 --> 00:01:50,820 Quen? 28 00:01:52,820 --> 00:01:54,650 Kiera, que fas? Veña, ho. 29 00:01:59,110 --> 00:02:00,280 É caro de collóns. 30 00:02:00,490 --> 00:02:03,450 Moi ben. Entón? Que queredes saber? 31 00:02:06,250 --> 00:02:08,250 Vale. 32 00:02:25,020 --> 00:02:26,900 Vale, ti. Si, ven aquí. 33 00:02:27,100 --> 00:02:28,600 Oe, ven aquí. 34 00:02:30,400 --> 00:02:31,310 Proba con iso. 35 00:02:44,200 --> 00:02:46,450 Non. Que fas? Dálle unha descarga. 36 00:02:46,660 --> 00:02:49,670 Que o teña non implica que saiba usalo. 37 00:02:51,250 --> 00:02:53,440 Moi ben. É coma lanzar un gancho. 38 00:02:53,640 --> 00:02:56,340 Vén do mesmo sitio que as puñadas. Do abdome. 39 00:02:57,130 --> 00:02:58,550 Quen estivo nunha lea? 40 00:02:59,880 --> 00:03:01,220 Nunha de verdade. 41 00:03:02,850 --> 00:03:04,830 Eu si que estiven nunha. Cala. 42 00:03:05,030 --> 00:03:09,390 Vale. O que hai que facer é apuntar cos ollos e bater co corazón. 43 00:03:19,700 --> 00:03:21,320 Vale. Ti, ven aquí. 44 00:03:25,740 --> 00:03:27,830 Outra vez, pero agora máis pequeno. 45 00:03:28,500 --> 00:03:29,370 Concéntrate. 46 00:03:33,960 --> 00:03:35,340 Concéntrate ben. 47 00:03:36,380 --> 00:03:37,380 A quen odias? 48 00:03:50,600 --> 00:03:52,020 Teño o poder. 49 00:03:53,350 --> 00:03:58,190 O PODER 50 00:03:59,610 --> 00:04:02,600 Identificouse o falecido como Paul Jordan, de 26 anos. 51 00:04:02,800 --> 00:04:04,620 Paseaba cans en Puget Ridge. 52 00:04:04,820 --> 00:04:07,600 Jordan publicou mensaxes estrañas nas redes sociais 53 00:04:07,800 --> 00:04:12,040 e é sospeitoso de enviar cartas de odio á alcaldesa Margot Cleary-Lopez. 54 00:04:14,830 --> 00:04:16,530 Os días previos á súa morte, 55 00:04:16,730 --> 00:04:19,280 tamén se cre que Jordan era un fiel seguidor 56 00:04:19,480 --> 00:04:23,280 do misterioso influencer coñecido como Urbandox. 57 00:04:23,480 --> 00:04:26,200 Aínda que se descoñece a identidade de Urbandox, 58 00:04:26,400 --> 00:04:29,170 a súa oposición á DOE duplicou os crimes de odio 59 00:04:29,360 --> 00:04:31,580 contra rapazas e mulleres neste país. 60 00:04:31,780 --> 00:04:35,900 Hai mentes frouxas por todas partes, buscando algo no que centrarse. 61 00:04:36,520 --> 00:04:38,650 Falo de poder real. 62 00:04:39,400 --> 00:04:42,530 Estas rapazas non saben loitar. Non son a proba de balas. 63 00:04:43,150 --> 00:04:47,030 Ti puxécheste o nome de Eva e tes que protexer o Xardín do Edén. 64 00:04:54,040 --> 00:04:56,800 {\an8}Houbo varias detencións en diferentes estados 65 00:04:57,000 --> 00:04:59,650 {\an8}nos que Urbandox ten millóns de... 66 00:04:59,850 --> 00:05:01,630 Necesitas esa clase de poder. 67 00:05:13,930 --> 00:05:14,710 Cago na puta. 68 00:05:14,910 --> 00:05:18,210 - Vaia séquito traes. - Non podo ir a ningures sen eles. 69 00:05:18,410 --> 00:05:20,720 Discutín co meu pai para vir a clase. 70 00:05:20,920 --> 00:05:24,280 Merda. Xa vin as noticias. O bicho raro ese prendeuse lume? 71 00:05:24,490 --> 00:05:26,430 - Estás ben? - Estou. 72 00:05:26,630 --> 00:05:28,910 Oxalá a xente deixase de mirarme. 73 00:05:29,160 --> 00:05:30,980 Iso que pasou foi unha merda. 74 00:05:31,180 --> 00:05:35,480 Pero es case famosa. A túa nai vai ser a próxima presidenta. Xa o verás. 75 00:05:35,680 --> 00:05:36,750 Viches a Ryan? 76 00:05:37,460 --> 00:05:41,130 Non. Onte tampouco veu. Rifastes? 77 00:05:52,850 --> 00:05:54,180 Arde, querida. Arde! 78 00:05:55,810 --> 00:05:57,630 Liberdade de expresión! Sen tocar! 79 00:05:57,830 --> 00:06:00,510 - O meu pai vaivos demandar. Sóltame. - Chámao. 80 00:06:00,710 --> 00:06:02,260 - Si. Lisca. - Veña, ho. 81 00:06:02,460 --> 00:06:04,740 - Estás ben? - Si, estou. 82 00:06:29,090 --> 00:06:32,510 Sr. Blease, son Tunde Ojo. 83 00:06:37,100 --> 00:06:38,020 Senta. 84 00:06:40,440 --> 00:06:42,480 Benvido aos Cárpatos, Tunde Ojo. 85 00:06:44,690 --> 00:06:47,490 Na cidade só se fala dos teus vídeos de Riad. 86 00:06:48,450 --> 00:06:49,280 Si. 87 00:06:50,740 --> 00:06:53,080 Momento e lugar indicados. Tiven sorte. 88 00:06:53,330 --> 00:06:56,790 Necesito a alguén que vaia a un lugar onde almorzan homes. 89 00:07:00,790 --> 00:07:02,330 Tes bo ollo, Tunde. 90 00:07:03,000 --> 00:07:04,800 Pode que ata sexa un talento. 91 00:07:06,880 --> 00:07:10,450 Supoño que tes cativadas as do sexo oposto, ou? 92 00:07:10,650 --> 00:07:11,470 Non o sei... 93 00:07:13,890 --> 00:07:16,680 Unhas mulleres escaparon dun soto no norte 94 00:07:16,890 --> 00:07:18,670 e estiveran alí sabe Deus canto. 95 00:07:18,870 --> 00:07:21,980 - Parecen asustadas. - Non. Enfadadas, e van sendo máis. 96 00:07:22,190 --> 00:07:25,190 Esta parece ser a líder. 97 00:07:27,530 --> 00:07:28,940 Chámase Zoia. 98 00:07:29,820 --> 00:07:32,770 Quero que vaias alí e descubras o próximo movemento, 99 00:07:32,960 --> 00:07:34,230 que coñezas a Zoia esa. 100 00:07:34,420 --> 00:07:37,740 - Por que non vas ti? - Vou entrevistar a Viktor Moskalev. 101 00:07:39,450 --> 00:07:40,980 As cousas cambian, Tunde. 102 00:07:41,180 --> 00:07:43,690 O que teñen as mulleres é combustible fósil. 103 00:07:43,890 --> 00:07:45,960 Alguén vai querer sacar cartos diso. 104 00:07:46,420 --> 00:07:48,300 - Haberá unha guerra. - Guerra? 105 00:07:49,340 --> 00:07:53,010 Non. A DOE vai cambiar as cousas. 106 00:07:54,140 --> 00:07:56,290 As mulleres libéranse e fanse oír. 107 00:07:56,490 --> 00:07:58,540 Vannos ensinar a dirixir as cousas. 108 00:07:58,740 --> 00:08:00,600 Como fritir soldados en tanques? 109 00:08:03,230 --> 00:08:06,690 Que dis, Tunde? Vas rematar o que empezaches? 110 00:08:13,450 --> 00:08:16,120 Os Cárpatos son a capital do tráfico humano. 111 00:08:17,660 --> 00:08:21,620 Hai moitas cidades con escalas en sotos e edificios en ruínas. 112 00:08:22,500 --> 00:08:24,920 Cidades nas que se sabía o que pasaba, 113 00:08:25,330 --> 00:08:29,590 pero onde se miraba para outro lado por un suborno ou por supervivencia. 114 00:08:30,260 --> 00:08:34,340 Agora, as mulleres estanse liberando e queiman esas cidades. 115 00:09:04,330 --> 00:09:05,210 Refuxiados. 116 00:09:06,000 --> 00:09:08,290 Homes que fuxiron das bruxas asasinas. 117 00:09:24,770 --> 00:09:25,640 Proba. 118 00:09:49,130 --> 00:09:52,090 Coidado na estrada. Algunhas sacan tíos dos coches. 119 00:09:53,130 --> 00:09:54,670 Non collen prisioneiros. 120 00:09:57,380 --> 00:09:58,930 Que buscas no norte? 121 00:10:01,050 --> 00:10:02,060 Son xornalista. 122 00:10:04,730 --> 00:10:06,850 Busco unha muller: Zoia. 123 00:10:11,110 --> 00:10:13,650 Faise chamar "xenerala Zoia". 124 00:10:14,740 --> 00:10:15,780 Puta liberada. 125 00:10:16,450 --> 00:10:19,780 Agora pechou as pernas e crese unha revolucionaria. 126 00:10:24,370 --> 00:10:25,330 Que dixo? 127 00:10:26,120 --> 00:10:27,370 "Mételle unha bala". 128 00:10:55,650 --> 00:10:59,450 Moscova ten listo o sistema de etiquetado de mulleres. 129 00:11:00,110 --> 00:11:01,970 En todo o país? Iso custaría... 130 00:11:02,170 --> 00:11:05,480 Millóns. É máis barato que ter unha morea de cárceres 131 00:11:05,680 --> 00:11:07,250 para todas elas. 132 00:11:08,410 --> 00:11:11,080 A pulseira avisa cando se usa electricidade 133 00:11:11,420 --> 00:11:13,840 e permite saber onde está o usuario. 134 00:11:14,380 --> 00:11:15,460 Querida. 135 00:11:16,840 --> 00:11:18,380 Compreiche unha xoia. 136 00:11:31,060 --> 00:11:31,900 Trae o pé. 137 00:11:58,550 --> 00:12:00,800 Vai comer ao teu cuarto. 138 00:12:11,690 --> 00:12:13,730 Veña, ho. Ábrete, carallo. 139 00:12:22,490 --> 00:12:23,610 Que fas? 140 00:12:24,280 --> 00:12:27,280 Hostia puta. Pensei que eras unha das irmás. 141 00:12:28,740 --> 00:12:32,410 - Por que queres entrar? - A irmá Verónica quitoume o móbil. 142 00:12:33,670 --> 00:12:35,960 Levo dous días sen falar con Riley. 143 00:12:36,540 --> 00:12:38,300 Só así podo vela. 144 00:12:38,800 --> 00:12:42,120 Ten tres anos. Non entende por que mamá non está con ela. 145 00:12:42,320 --> 00:12:44,010 Vai pensar que a abandonei. 146 00:12:47,930 --> 00:12:49,180 Oe. Non, tranquila. 147 00:12:51,640 --> 00:12:54,440 Non chores. Non pasa nada. 148 00:12:56,610 --> 00:12:58,730 Escoita. Deixa de chorar, vale? 149 00:12:59,440 --> 00:13:02,740 Vas falar con Riley. E vas facelo agora mesmo. 150 00:13:03,240 --> 00:13:04,200 Vale? 151 00:13:06,320 --> 00:13:07,620 Vale. Moi ben. 152 00:13:08,120 --> 00:13:12,000 Tes que deixar que se acumule, como cando ferve a auga. 153 00:13:12,620 --> 00:13:18,500 E pensa en todas as cousas malas que che pasaron. 154 00:13:19,500 --> 00:13:22,090 Telo no peito e está medrando. 155 00:13:22,670 --> 00:13:23,720 Vale. 156 00:13:25,760 --> 00:13:28,930 Agora, déixao saír. 157 00:13:35,940 --> 00:13:38,650 - Es incrible. - Fixéchelo ti, así que... 158 00:13:46,950 --> 00:13:47,990 Ola, amor. 159 00:13:48,490 --> 00:13:50,640 Mami bótate moito de menos. 160 00:13:50,840 --> 00:13:52,200 Ola, mami. 161 00:13:54,080 --> 00:13:56,440 Esta é a miña filla. A que é guapa? 162 00:13:56,640 --> 00:13:58,320 Riley, saúda a amiga de mamá. 163 00:13:58,520 --> 00:14:00,000 - Ola. - Ola. 164 00:14:06,130 --> 00:14:09,430 Que tal a man, ruliña? A queimadura ten mellor pinta. 165 00:14:10,010 --> 00:14:11,810 Mamá non quería facerche dano. 166 00:14:14,890 --> 00:14:15,770 Babs. 167 00:14:17,560 --> 00:14:19,060 - Que é isto? - O alugueiro. 168 00:14:21,900 --> 00:14:25,110 Si. Custa moito manter unha casa coma esta. 169 00:14:25,610 --> 00:14:28,780 - Non cho vou agradecer, pero... - Sairíanche ronchas. 170 00:14:29,990 --> 00:14:34,160 Non. Porque nin todos os cartos do mundo compensarían o que fixeches. 171 00:14:36,540 --> 00:14:37,500 Rox? 172 00:14:53,180 --> 00:14:56,080 Ven, ruliña. Xa coñeces a Lester Sprink. 173 00:14:56,280 --> 00:14:59,640 Leva anos coidando da familia. Esta é Roxy, a máis nova. 174 00:15:00,690 --> 00:15:03,440 Senta. Imos repasar o meu testamento. 175 00:15:08,070 --> 00:15:11,660 Monke e Fillos 176 00:15:13,160 --> 00:15:15,370 ía dividirse entre tres. 177 00:15:16,080 --> 00:15:19,900 Agora que non está Terry, debo decidir para quen será ese terzo. 178 00:15:20,100 --> 00:15:21,280 Xa está decidido. 179 00:15:21,470 --> 00:15:24,540 Nós imos formar unha familia. Precisamos seguridade. 180 00:15:27,300 --> 00:15:30,470 - Ti que dis, Darrell? - O que ti digas, papá. 181 00:15:32,550 --> 00:15:33,660 Eu xa me conformo. 182 00:15:33,860 --> 00:15:38,000 Ricky e Terry traballaron xuntos, así que debería levar Ricky a súa parte. 183 00:15:38,200 --> 00:15:41,670 Sei o que se dixo, querida. Pero o mundo cambia, non? 184 00:15:41,870 --> 00:15:45,730 En 10 anos, poderiamos parecer desfasados sen unha muller á fronte. 185 00:15:49,610 --> 00:15:52,640 Non hai présa cos papeis. 186 00:15:52,840 --> 00:15:56,700 Mellor, porque quero ver como lles vai aos meus fillos 187 00:15:57,330 --> 00:15:59,540 traballando xuntos antes de asinar. 188 00:16:00,290 --> 00:16:01,960 Isto é unha broma. 189 00:16:16,760 --> 00:16:19,060 Merda. 190 00:16:34,070 --> 00:16:35,660 Ola. Veño en son de paz. 191 00:16:35,950 --> 00:16:37,370 Son xornalista. 192 00:16:38,950 --> 00:16:40,830 Sabedes? Xornalista? 193 00:16:41,290 --> 00:16:44,290 - Podería ser espía de Darius. - Darius está morto. 194 00:16:45,130 --> 00:16:46,250 Seguiute? 195 00:16:46,460 --> 00:16:49,590 Non nos van volver atacar despois de queimar a vila. 196 00:16:49,880 --> 00:16:51,590 Iso non o sabes. 197 00:16:52,420 --> 00:16:53,720 Bótao de aquí. 198 00:16:56,340 --> 00:16:57,180 Non. 199 00:16:58,810 --> 00:17:00,350 Vale? Ben. 200 00:17:03,440 --> 00:17:04,230 - Só? - Si. 201 00:17:04,430 --> 00:17:05,270 Quen es? 202 00:17:06,770 --> 00:17:09,190 Chámome Tunde. Tunde Ojo. 203 00:17:09,400 --> 00:17:11,530 Son xornalista. Da CNN. 204 00:17:11,740 --> 00:17:13,220 - Tes carné? - Non. 205 00:17:13,420 --> 00:17:16,160 - Non. Pero mirade a miña páxina... - Vas armado? 206 00:17:16,950 --> 00:17:18,030 Non. 207 00:17:21,830 --> 00:17:24,000 Vale, escoitade. Podo explicalo. 208 00:17:30,170 --> 00:17:31,880 Que ocorre? Pasa algo? 209 00:17:36,090 --> 00:17:36,930 Máis rápido. 210 00:17:38,470 --> 00:17:40,260 - Vale. - Non te movas. 211 00:19:34,460 --> 00:19:35,960 É unha nena. 212 00:20:29,310 --> 00:20:31,810 Señora, veño pola cita para peitearse. 213 00:20:32,140 --> 00:20:32,980 Ven. 214 00:20:37,860 --> 00:20:38,980 Onde vives? 215 00:20:40,030 --> 00:20:41,280 Botanica De Jos. 216 00:20:42,780 --> 00:20:43,990 Nunha casa bonita? 217 00:20:44,610 --> 00:20:47,370 Non, señora. Pero o alugueiro é barato. 218 00:20:47,660 --> 00:20:48,490 Xa. 219 00:20:50,660 --> 00:20:51,830 Vives soa? 220 00:20:53,790 --> 00:20:56,960 - Comparto con outras seis mulleres. - Seis? 221 00:20:58,290 --> 00:21:00,610 Polo menos non está lonxe. 222 00:21:00,810 --> 00:21:02,630 Cando funciona o tranvía. 223 00:21:02,970 --> 00:21:05,220 - Moitos días vou a pé. - A pé? 224 00:21:07,550 --> 00:21:08,510 A pé. 225 00:21:18,900 --> 00:21:20,860 Imos cortar o pelo hoxe? 226 00:21:22,610 --> 00:21:25,320 Non. Teño unha idea mellor. 227 00:21:28,320 --> 00:21:30,080 Imos intercambiar as vidas. 228 00:22:47,900 --> 00:22:50,450 - Perdón, eu... - Estás moi guapa. 229 00:23:01,040 --> 00:23:02,540 Sentiraste soa aquí. 230 00:23:03,960 --> 00:23:05,170 A verdade é que... 231 00:23:06,590 --> 00:23:09,260 deixaría os cartos para recuperar o meu irmán. 232 00:23:11,890 --> 00:23:13,050 Atopámolo. 233 00:23:14,310 --> 00:23:15,810 Batzorig está na cadea. 234 00:23:17,230 --> 00:23:18,670 Non é ningún delincuente. 235 00:23:18,870 --> 00:23:22,400 Non puido pagar o suborno e caéronlle cinco anos. 236 00:23:30,240 --> 00:23:31,320 Agardaba que... 237 00:23:33,240 --> 00:23:34,080 quizais ti 238 00:23:35,620 --> 00:23:37,540 poderías falar co presidente. 239 00:23:41,290 --> 00:23:42,750 Teño unha irmá. 240 00:23:45,000 --> 00:23:46,800 Estará moi orgullosa de ti. 241 00:24:50,400 --> 00:24:52,650 Oes. 242 00:24:53,910 --> 00:24:55,930 - Xa falo eu. - Papá enviounos a todos. 243 00:24:56,130 --> 00:24:58,100 Non funciona así. Hai un sistema. 244 00:24:58,300 --> 00:25:00,960 Eu traballo. Darrell e Terry cumpren ordes. 245 00:25:01,160 --> 00:25:02,620 Eu non cumpro ordes. 246 00:25:03,210 --> 00:25:05,880 Sabes que papá se mofa de ti, ou? 247 00:25:06,170 --> 00:25:08,420 Non sei que pasa, pero pasará pronto. 248 00:25:09,420 --> 00:25:11,920 Son o máis vello. Sabe como vai isto. 249 00:25:13,220 --> 00:25:15,620 - Primrose é un bo provedor. - Xa. 250 00:25:15,820 --> 00:25:17,970 Bárbaro. Non o vas amolar, ou? 251 00:25:18,390 --> 00:25:20,560 Vimos aprobar unha venda. Nada máis. 252 00:25:23,230 --> 00:25:28,810 Mira, Roxy. Deixa que fale Ricky. É o que mellor se lle dá. 253 00:25:34,400 --> 00:25:37,280 Esta casa pertencía a David Hasselhoff. 254 00:25:38,160 --> 00:25:39,780 - Non me digas. - Dígocho. 255 00:25:41,370 --> 00:25:43,660 Tiña socorrista sempre na piscina. 256 00:25:47,120 --> 00:25:49,500 Mozo electrocutado por rapazas bébedas 257 00:25:55,340 --> 00:25:56,510 Toma. Non te molles. 258 00:25:57,220 --> 00:25:59,410 Primrose, o mamón máis caralludo! 259 00:25:59,610 --> 00:26:01,510 - Ricky, fillo! - Canto tempo. 260 00:26:02,140 --> 00:26:04,880 Que tal Liat? Que voda máis bonita. 261 00:26:05,080 --> 00:26:06,810 Si. Está ben. Manda saúdos. 262 00:26:07,770 --> 00:26:09,760 Darrell, que tal os estudos? 263 00:26:09,960 --> 00:26:12,010 - Ben. - Xa marchas para Oxford? 264 00:26:12,210 --> 00:26:14,640 Non, Cambridge, amigo, así evito problemas. 265 00:26:14,840 --> 00:26:17,260 Manda carallo. Vaste endereitar logo? 266 00:26:17,460 --> 00:26:18,450 Si, iso espero. 267 00:26:19,240 --> 00:26:20,070 Que? 268 00:26:21,080 --> 00:26:22,620 Sinto moito o de Terry. 269 00:26:22,990 --> 00:26:24,950 Tiña moi bo corazón ese rapaz. 270 00:26:25,250 --> 00:26:27,420 - Grazas, Primrose. - Si, grazas. 271 00:26:28,830 --> 00:26:30,900 E logo quen é esta? 272 00:26:31,100 --> 00:26:32,750 - A nosa irmá. - Medio irmá. 273 00:26:34,010 --> 00:26:35,010 Rox. 274 00:26:35,760 --> 00:26:39,300 Roxy Monke. Oín falar de ti. 275 00:26:41,970 --> 00:26:43,510 Igualiña ca seu pai. 276 00:26:43,760 --> 00:26:45,270 Ten coidado, Ricky. 277 00:26:45,980 --> 00:26:47,850 Que pena o da túa nai. 278 00:26:48,310 --> 00:26:51,980 Agardo que atopen o cabrón que mandou os matóns alí. 279 00:26:52,360 --> 00:26:56,070 Gloria! Tráelles aos meus amigos o que queiran tomar. 280 00:26:57,570 --> 00:27:00,530 Estas son as pedras das que falei co voso pai. 281 00:27:01,070 --> 00:27:04,160 Como vedes, son impresionantes. 282 00:27:04,620 --> 00:27:08,120 Teño outras belezas que coido que tamén poderían gustarlle. 283 00:27:12,340 --> 00:27:15,880 - Rapazas... - Si, gústalles nadar. 284 00:27:25,010 --> 00:27:26,180 Todo ben, David? 285 00:27:29,190 --> 00:27:30,130 Quen es? 286 00:27:30,330 --> 00:27:33,310 A filla de Bernie Monke, a do outro día. Que fas? 287 00:27:33,690 --> 00:27:37,050 - A ti que che parece? - Aínda lle debes cartos ao meu pai. 288 00:27:37,250 --> 00:27:39,600 E estás aquí cun dos seus provedores. 289 00:27:39,800 --> 00:27:42,030 Non creo que a Bernie lle guste iso. 290 00:27:42,660 --> 00:27:44,910 - Veña, vai á merda. - Que carallo dis? 291 00:27:46,450 --> 00:27:47,660 Cago na cona. 292 00:27:50,540 --> 00:27:53,210 A última vez, foi valente e usouno. 293 00:27:53,540 --> 00:27:55,040 Pois ven, logo. 294 00:27:58,170 --> 00:27:59,010 Oes. 295 00:28:02,470 --> 00:28:03,300 O carallo. 296 00:28:03,760 --> 00:28:06,060 - Que queres? - Os cartos do meu pai. 297 00:28:07,220 --> 00:28:09,920 - Non os teño agora, ou? - Mañá á mañá. Ás 9:00. 298 00:28:10,120 --> 00:28:13,480 Estarás na porta de Bernie Monke con todo o que lle debes. 299 00:28:14,270 --> 00:28:16,860 Vaia parvada. Non podes vir aquí e... 300 00:28:19,570 --> 00:28:20,690 - Que fas? - Roxy. 301 00:28:21,240 --> 00:28:22,950 Mañá á mañá. Ás 9:00. 302 00:28:24,240 --> 00:28:26,410 - Non. - É o teu último aviso. 303 00:28:26,740 --> 00:28:27,580 Non. 304 00:28:38,880 --> 00:28:41,420 Vállame Deus. David. 305 00:28:41,720 --> 00:28:43,430 Cagaches na miña piscina. 306 00:29:07,320 --> 00:29:08,780 - Hostia! - Que foi iso? 307 00:29:09,370 --> 00:29:12,910 - Rapaza lista. A auga é condutora. - Tocoume algo o pé. 308 00:29:15,710 --> 00:29:16,750 Aí está outra vez. 309 00:29:17,590 --> 00:29:19,900 Non tes que tocalas para movelas. 310 00:29:20,100 --> 00:29:22,340 Meu Deus. Tranquila. Sería un peixe. 311 00:29:22,840 --> 00:29:24,700 Non pasa nada. Será un peixe. 312 00:29:24,900 --> 00:29:26,700 - Non era ningún peixe. - Si tal. 313 00:29:26,900 --> 00:29:28,080 Era unha serpe. 314 00:29:28,280 --> 00:29:30,920 - Non é unha serpe. - Era unha serpe. 315 00:29:31,110 --> 00:29:34,310 - Dilles que non hai serpes no mar. - Es nova aquí. 316 00:29:35,230 --> 00:29:37,810 Si. É Jean. Acaba de chegar de Alabama. 317 00:29:40,230 --> 00:29:42,070 De onde? 318 00:29:43,190 --> 00:29:44,150 Guntersville. 319 00:29:46,660 --> 00:29:47,820 Coñecémonos? 320 00:29:49,200 --> 00:29:50,830 Non o creo. 321 00:29:51,700 --> 00:29:53,250 Sóame a túa cara. 322 00:29:55,960 --> 00:29:58,630 Eva fai milagres. Dos de verdade. 323 00:29:59,130 --> 00:30:02,030 - Resucitou un paxaro. - Si. E curoume. 324 00:30:02,230 --> 00:30:05,530 Sempre tiven ataques desde nena. Eva tocoume coas mans e... 325 00:30:05,730 --> 00:30:09,640 - E levo máis dun mes sen ningún. - Fas iso coa túa electricidade? 326 00:30:11,140 --> 00:30:12,310 Fágoo con Deus. 327 00:30:13,180 --> 00:30:14,560 Eva fala con Deus. 328 00:30:15,640 --> 00:30:17,060 Di que é unha muller. 329 00:30:17,350 --> 00:30:19,440 Xa. Non quero ofender. 330 00:30:20,230 --> 00:30:22,190 Non me vai o tema da relixión. 331 00:30:24,030 --> 00:30:26,200 Meu pai era pastor e... 332 00:30:27,860 --> 00:30:30,930 Jean, Eva é real. Vímolo todas. 333 00:30:31,130 --> 00:30:33,660 Non pasa nada. Eu tamén era así. 334 00:30:33,870 --> 00:30:36,660 Ía cos meus pais de acollida á igrexa os domingos. 335 00:30:37,210 --> 00:30:38,620 Eu non cría. 336 00:30:40,830 --> 00:30:42,000 Pero mira isto. 337 00:30:45,300 --> 00:30:48,590 Se non é proba de que Deus existe, non sei que é. 338 00:31:03,020 --> 00:31:03,860 Eva! 339 00:31:06,150 --> 00:31:07,400 Podes explicar isto? 340 00:31:09,070 --> 00:31:10,410 Parece un pomo. 341 00:31:12,780 --> 00:31:16,540 Eva, se queres quedar aquí, por que segues a incumprir normas? 342 00:31:17,040 --> 00:31:19,320 Porque esas normas non teñen sentido, 343 00:31:19,510 --> 00:31:21,920 como a maioría dos contos da vosa Biblia. 344 00:31:22,920 --> 00:31:24,280 Virxes que teñen nenos? 345 00:31:24,480 --> 00:31:26,160 Tipos que fan viño coa auga? 346 00:31:26,360 --> 00:31:28,260 Iso é Deus, pero isto non? 347 00:31:30,260 --> 00:31:34,010 Creo nesas historias porque son a verdade de Deus. 348 00:31:34,470 --> 00:31:36,470 Eva Jones, de Idaho. 349 00:31:37,680 --> 00:31:40,800 Recoñezo ben a verdade e ti non fas máis que mentir. 350 00:31:40,990 --> 00:31:42,230 Así non, Verónica. 351 00:31:42,480 --> 00:31:44,940 A persoa que dis ser non existe. 352 00:31:45,610 --> 00:31:48,650 O teu nome, o teu enderezo, os teus pais... 353 00:31:49,070 --> 00:31:51,450 Todo o que nos contaches é mentira. 354 00:31:53,120 --> 00:31:54,490 Non che teño medo. 355 00:31:55,240 --> 00:31:59,500 Vou descubrir quen es realmente e mandareite de volta ao teu sitio. 356 00:32:15,390 --> 00:32:18,470 Sei que tipo de rapaza es, Allison. 357 00:32:37,530 --> 00:32:41,660 Ten razón. Son unha impostora. Son unha asasina. 358 00:32:42,500 --> 00:32:45,280 Vanme botar e mandarme de volta. 359 00:32:45,480 --> 00:32:49,090 Non se demostras que este é o teu lugar. Fainas crer. 360 00:32:49,550 --> 00:32:51,380 A crenza é poder. 361 00:33:12,700 --> 00:33:15,680 Vale. Primeiro hai que saber dar unha boa puñada. 362 00:33:15,880 --> 00:33:18,930 Polgar fóra do puño, baixo o coteno para non impactar. 363 00:33:19,130 --> 00:33:22,080 Aliñamos os dous primeiros cotenos co brazo. Ves? 364 00:33:22,410 --> 00:33:25,870 En liña. E pegamos con iso. Non co anular nin co maimiño. 365 00:33:26,830 --> 00:33:28,960 E hai que ir abaixo. Dar no corpo. 366 00:33:29,170 --> 00:33:33,660 Nas pelis dan na cara, e iso está ben para romper a man. 367 00:33:33,860 --> 00:33:36,350 Vai polo peito e xira a cadeira ao tempo. 368 00:33:36,550 --> 00:33:37,590 Curto e rápido. 369 00:33:38,300 --> 00:33:40,930 Curto e rápido. Ata o final. 370 00:33:42,470 --> 00:33:44,060 A por eles, fulanas. 371 00:33:53,280 --> 00:33:54,110 Arde. 372 00:34:07,000 --> 00:34:09,330 Jos. 373 00:34:22,180 --> 00:34:23,640 Tío, que é iso? 374 00:34:55,920 --> 00:34:57,220 Que fas? 375 00:35:00,550 --> 00:35:02,010 Si, é que non... 376 00:35:02,350 --> 00:35:06,180 Perdón. Non pensei nada máis que no corazón. 377 00:35:09,190 --> 00:35:11,560 Souben do que pasou 378 00:35:12,480 --> 00:35:13,440 co tipo ese. 379 00:35:15,980 --> 00:35:18,400 Oxalá estivese alí contigo 380 00:35:19,570 --> 00:35:21,780 porque a xente que te odia 381 00:35:22,660 --> 00:35:25,790 aínda non o sabe, pero tamén me odia a min. 382 00:35:28,330 --> 00:35:32,750 E a xente que quere facerche dano tamén quere facermo a min. 383 00:35:34,750 --> 00:35:37,380 E quero que saibas 384 00:35:38,220 --> 00:35:39,590 que estou contigo, Jos. 385 00:35:43,640 --> 00:35:44,600 Ata o final. 386 00:35:54,570 --> 00:35:55,650 Eu tamén. 387 00:37:03,550 --> 00:37:05,930 A CNN non ten xornalistas europeos? 388 00:37:06,890 --> 00:37:08,100 Son correspondente. 389 00:37:10,930 --> 00:37:12,520 Gústaslles ás mulleres. 390 00:37:18,690 --> 00:37:20,900 Estou aquí para contar esta historia. 391 00:37:24,700 --> 00:37:26,240 A fin do tráfico sexual. 392 00:37:27,950 --> 00:37:28,780 Cóntame. 393 00:37:32,580 --> 00:37:34,250 Onde estabades os homes 394 00:37:35,120 --> 00:37:38,250 cando non tiña electricidade nas mans? 395 00:37:42,970 --> 00:37:43,800 Acabouse. 396 00:37:44,170 --> 00:37:47,200 Agarda. Publiquei o primeiro vídeo da DOE en Nixeria. 397 00:37:47,400 --> 00:37:50,540 Fun a Arabia Saudita, a Riad. Gravei as protestas alí. 398 00:37:50,740 --> 00:37:54,270 Arrisquei a miña vida por esas mulleres. Quero facer isto. 399 00:37:55,230 --> 00:37:56,270 Teño que facelo. 400 00:38:00,070 --> 00:38:01,650 A fin do tráfico sexual. 401 00:38:04,400 --> 00:38:05,740 Vedes o que di este? 402 00:38:08,450 --> 00:38:09,450 Canto? 403 00:38:11,080 --> 00:38:15,230 Cartos? Si, podo pagarvos, pero isto daravos voz. 404 00:38:15,430 --> 00:38:17,080 Ti serás famoso. 405 00:38:18,210 --> 00:38:20,040 En que me compensa a min? 406 00:38:21,750 --> 00:38:22,750 Que necesitas? 407 00:38:24,550 --> 00:38:26,380 Necesito ver a miña irmá. 408 00:38:28,220 --> 00:38:29,300 Vale. 409 00:38:30,510 --> 00:38:32,350 - Onde está? - No palacio. 410 00:38:33,560 --> 00:38:34,930 Traballa alí? 411 00:38:36,180 --> 00:38:37,230 Vive alí. 412 00:38:41,860 --> 00:38:46,900 Tatiana será unha consentida, tanto coma gordo é o seu marido, pero é miña irmá. 413 00:38:48,240 --> 00:38:49,740 Quero saber se lle importo. 414 00:39:29,950 --> 00:39:31,870 Quéresme dar voz ti a min? 415 00:39:33,410 --> 00:39:37,870 Aprendín a pedir axuda en oito idiomas diferentes. 416 00:39:41,420 --> 00:39:44,040 En todos os países aos que me mandaron, 417 00:39:45,210 --> 00:39:47,420 empurrábanme a cabeza contra a cama. 418 00:39:52,010 --> 00:39:55,760 Os que piden paz adoitan ser os que causaron dor antes. 419 00:39:56,810 --> 00:39:58,640 Todos sabían que sufriamos. 420 00:40:00,140 --> 00:40:02,060 Non escribes isto para informar, 421 00:40:03,610 --> 00:40:06,900 senón para recordarlles que aínda teñen seguridade. 422 00:40:13,870 --> 00:40:15,620 Dareiche a entrevista. 423 00:40:18,080 --> 00:40:20,660 Pero non lles darei paz. 424 00:40:23,630 --> 00:40:26,630 Dille a miña irmá que vai haber un gran cambio 425 00:40:28,000 --> 00:40:29,840 e que ten que elixir bando. 426 00:40:44,350 --> 00:40:49,990 Escoita, rula. Os milagres serán falsos, pero ti es de verdade. 427 00:40:50,570 --> 00:40:55,070 O feito de curalas e o que lles fas sentir... Iso é real. 428 00:40:56,200 --> 00:40:58,740 O feito de darlles algo no que crer... 429 00:40:59,830 --> 00:41:01,080 Iso é real. 430 00:41:02,120 --> 00:41:04,330 Nunca houbo Deus ningún para as rapazas coma ti. 431 00:41:06,040 --> 00:41:07,460 Nin coma elas. 432 00:41:10,300 --> 00:41:12,720 Podes construír unha nova fe 433 00:41:13,760 --> 00:41:16,090 que non estea baseada nos milagres, 434 00:41:18,100 --> 00:41:19,970 senón en poder real. 435 00:41:23,480 --> 00:41:26,860 Es a voz dunha revolución. 436 00:41:27,230 --> 00:41:29,520 Chegou o teu momento. 437 00:41:42,830 --> 00:41:46,110 - Savannah! - Onde te metiches, Savannah? 438 00:41:46,310 --> 00:41:47,940 - Onde estás? - Savannah! 439 00:41:48,140 --> 00:41:49,650 - Savannah! - Onde estás? 440 00:41:49,850 --> 00:41:52,380 Savannah! 441 00:41:53,590 --> 00:41:54,410 Savannah! 442 00:41:54,610 --> 00:41:56,870 - Savannah, veña. Savannah! - Onde estás? 443 00:41:57,070 --> 00:41:59,250 - Agardade. Que pasa? - Está aí dentro? 444 00:41:59,450 --> 00:42:00,910 - Agardade. - Non a atopamos. 445 00:42:01,110 --> 00:42:03,130 Savannah non está. Desapareceu. 446 00:42:03,320 --> 00:42:07,630 Hai un coitelo no baño. E sangue por todo o chan. 447 00:42:07,830 --> 00:42:09,590 Sangue? Coitelo? Hai que atopala. 448 00:42:09,790 --> 00:42:11,930 Verónica di que entremos. É perigoso. 449 00:42:12,130 --> 00:42:14,280 Non nos rendemos. Hai que atopala. 450 00:42:14,570 --> 00:42:16,700 - Imos mirar na auga. - Vale. 451 00:42:17,490 --> 00:42:19,910 - Xa vou. - Entrade xa. Ocupámonos nós. 452 00:42:20,330 --> 00:42:22,580 Savannah! 453 00:42:24,040 --> 00:42:25,910 Savannah! 454 00:42:26,290 --> 00:42:27,920 Savannah! 455 00:42:43,680 --> 00:42:46,060 Savannah! 456 00:43:00,740 --> 00:43:02,620 Déixame! Sóltame! 457 00:43:03,120 --> 00:43:06,160 - Non! - Sóltame. 458 00:43:07,290 --> 00:43:10,290 Déixame, por favor. 459 00:43:10,630 --> 00:43:13,800 Déixame, por favor. 460 00:43:20,260 --> 00:43:22,260 Que non a vexa a irmá Verónica. 461 00:43:24,220 --> 00:43:26,270 - Aquí. Poñédea aquí. Si. - Vale. 462 00:43:26,520 --> 00:43:27,520 Amodo. 463 00:43:33,110 --> 00:43:34,570 Vale. 464 00:43:36,690 --> 00:43:38,490 Non me deixan ver a miña nena. 465 00:43:40,950 --> 00:43:44,940 Miña nai colleu a DOE e agora vana mandar cunha familia de acollida. 466 00:43:45,130 --> 00:43:47,520 Vale, mira. Imos traer a Riley aquí, vale? 467 00:43:47,720 --> 00:43:50,120 Pero non podemos facelo sen ti, vale? 468 00:43:51,000 --> 00:43:53,440 - Quero desfacerme disto. - Para. 469 00:43:53,640 --> 00:43:55,450 Non quero ter esta puta merda. 470 00:43:55,650 --> 00:43:59,090 - Quero que mo quiten. - Mírame. Para! 471 00:43:59,630 --> 00:44:01,470 Para, vale? Non digas iso. 472 00:44:01,720 --> 00:44:06,210 Por favor. Non digas iso. Por favor. Prométoche que isto vai mellorar. 473 00:44:06,410 --> 00:44:10,540 Prométocho. Asegúroche que isto irá a mellor. Vale? 474 00:44:10,740 --> 00:44:13,020 Prométocho. Estou aquí. 475 00:44:14,690 --> 00:44:15,610 Estou aquí. 476 00:44:28,330 --> 00:44:32,540 Tiña sete anos cando descubrín que era unha nena. Entendedes o que digo? 477 00:44:33,290 --> 00:44:35,000 Antes víanos a todos iguais. 478 00:44:35,790 --> 00:44:38,800 De súpeto era unha nena e sabía o que implicaba. 479 00:44:40,130 --> 00:44:42,010 Que estaba no equipo perdedor. 480 00:44:42,760 --> 00:44:45,260 O mundo íase asegurar de que fose así. 481 00:44:46,600 --> 00:44:49,770 Unha vez tomei pílulas por ese mesmo motivo. 482 00:44:50,730 --> 00:44:55,230 Había fotos miñas polo instituto, espida. 483 00:44:56,730 --> 00:44:59,110 E pensei: "Estou farta desta merda". 484 00:44:59,940 --> 00:45:00,820 Que pasou? 485 00:45:01,530 --> 00:45:04,280 Atopoume un veciño e chamou a emerxencias. 486 00:45:06,160 --> 00:45:09,660 Con nove anos, conteille a miña nai o que me facía meu tío. 487 00:45:11,080 --> 00:45:13,790 Cabreouse tanto que me bateu na cara sen parar. 488 00:45:15,420 --> 00:45:18,320 Dixo que tivera unha infancia difícil o pobriño 489 00:45:18,520 --> 00:45:20,670 e que non debía dicir cousas del. 490 00:45:22,920 --> 00:45:25,840 Nunca lle contei nada máis a ninguén sobre iso. 491 00:45:29,430 --> 00:45:31,430 Necesitan algo no que crer. 492 00:45:41,440 --> 00:45:42,940 Que crean en ti. 493 00:45:56,170 --> 00:45:58,380 Demostra que Deus está dentro de ti. 494 00:46:05,590 --> 00:46:06,800 Onde vas? 495 00:46:08,010 --> 00:46:09,010 Seguídeme. 496 00:46:15,310 --> 00:46:16,140 Por aquí. 497 00:46:22,110 --> 00:46:25,780 Non tes que tocalas para movelas. 498 00:46:35,120 --> 00:46:38,250 Nunca houbo Deus para as rapazas coma nós. 499 00:46:44,880 --> 00:46:46,550 Din que non somos nada. 500 00:46:48,010 --> 00:46:50,800 E nós suplicamos, sentimos vergoña e sorrimos. 501 00:46:51,550 --> 00:46:55,020 Seguimos caladas porque cremos que iso nos protexe. 502 00:46:55,600 --> 00:46:59,350 Dá igual o que fagamos, sempre nos falta algo. 503 00:46:59,650 --> 00:47:02,610 Sempre hai algún estándar que non cumprimos 504 00:47:03,230 --> 00:47:05,070 e fannos morrer de vergoña. 505 00:47:05,360 --> 00:47:08,560 Todo este tempo, a nosa palabra non valía de nada. 506 00:47:08,750 --> 00:47:10,570 Non escoitaban o que diciamos. 507 00:47:11,660 --> 00:47:14,620 Agora o mundo vainos escoitar. 508 00:47:16,830 --> 00:47:19,580 Chegou o noso momento. 509 00:47:28,170 --> 00:47:30,430 - Fállanme as pernas. - Creo que foi Deus. 510 00:49:51,690 --> 00:49:53,700 NO PRÓXIMO CAPÍTULO... 511 00:49:54,780 --> 00:49:56,110 Hai unha oportunidade. 512 00:49:56,410 --> 00:49:59,700 A líder das rebeldes chámase Zoia. Zoia tivo unha filla. 513 00:50:00,410 --> 00:50:02,290 Merda. Quen cona publicou iso? 514 00:50:02,830 --> 00:50:06,120 Virán máis. Queren coñecer a rapaza do vídeo. 515 00:50:06,620 --> 00:50:08,110 Pois ven por min, puta. 516 00:50:08,310 --> 00:50:09,070 Moi ben, puta. 517 00:50:09,270 --> 00:50:11,610 Hai que renunciar a cousas pola familia. 518 00:50:11,810 --> 00:50:15,260 - Non quero estar nesta familia. - Non sabes o que fixeches. 519 00:50:15,800 --> 00:50:16,680 Voute matar! 520 00:50:17,840 --> 00:50:18,790 Subtítulos: Antía López Cando 521 00:50:18,990 --> 00:50:19,930 Supervisora creativa: Paula Maneiro