1 00:00:06,130 --> 00:00:08,110 ANTERIORMENTE... 2 00:00:08,310 --> 00:00:10,590 Non ten problemas, pero non fala. 3 00:00:11,050 --> 00:00:12,700 Unha alteración psicolóxica. 4 00:00:12,900 --> 00:00:15,590 Ocorre en menores que teñen algún trauma. 5 00:00:16,680 --> 00:00:18,260 Merecíao, carallo. 6 00:00:18,890 --> 00:00:21,750 - Onde estou? - No convento Irmás de Cristo. 7 00:00:21,950 --> 00:00:23,420 - Como te chamas? - Eva. 8 00:00:23,620 --> 00:00:24,420 Quéroos mortos. 9 00:00:24,620 --> 00:00:25,400 Mamá! 10 00:00:27,730 --> 00:00:32,050 - Quero estar cando os matedes. - Non debes facer ningunha parvada. 11 00:00:32,250 --> 00:00:33,610 Ndudi Okafor! 12 00:00:34,490 --> 00:00:36,930 {\an8}Ten unha historia que vai cambiar o mundo. 13 00:00:37,130 --> 00:00:39,620 {\an8}- Estannos espiando. - Non. É amigo meu. 14 00:00:40,410 --> 00:00:42,230 {\an8}Vou descubrir o que che pasou. 15 00:00:42,430 --> 00:00:46,500 Tunde, esa historia era miña. Fai algo no que creas. 16 00:00:47,040 --> 00:00:49,950 Chamáronme da CNN. Queren que faga reportaxes. 17 00:00:50,150 --> 00:00:53,240 Este poder esténdese. Vai cambiar o mundo. 18 00:00:53,440 --> 00:00:54,630 É o meu destino. 19 00:01:14,990 --> 00:01:16,280 Vén por traballo? 20 00:01:17,820 --> 00:01:18,870 Si. 21 00:01:19,620 --> 00:01:23,830 - É taxista? - Non, traballo na tecnoloxía. 22 00:01:25,000 --> 00:01:27,000 Hai unha conferencia en dous días. 23 00:01:29,040 --> 00:01:30,590 Acabo de chegar de Lagos. 24 00:01:31,300 --> 00:01:34,760 Aló todos falan das rapazas e da electricidade das mans. 25 00:01:35,720 --> 00:01:39,220 - Viu algunha? - Non. Nin quero velas. 26 00:01:39,760 --> 00:01:40,970 Aquí está prohibido. 27 00:01:41,560 --> 00:01:44,770 Non é un problema para nós. Ademais, só son rapazas. 28 00:01:54,570 --> 00:01:57,990 {\an8}BENVIDOS 29 00:01:58,740 --> 00:02:03,040 O PODER 30 00:02:19,180 --> 00:02:22,930 - Onde estamos? Que zona é esta? - As Sulaymaniyah. 31 00:02:48,870 --> 00:02:51,320 Detectáronse nobelos en mulleres maiores 32 00:02:51,520 --> 00:02:54,320 e as rapazas poden activalos ou estimulalos. 33 00:02:54,520 --> 00:02:58,660 Os médicos deron coa orixe da DOE ou descarga do órgano eléctrico. 34 00:02:58,860 --> 00:03:03,290 Vén do nobelo, un órgano novo que se estende por detrás da clavícula 35 00:03:03,490 --> 00:03:07,930 e que contén células en forma de disco: electrócitos e electroplacas. 36 00:03:08,520 --> 00:03:12,260 Estes discos amontóanse pegados e crean unha carga eléctrica 37 00:03:12,450 --> 00:03:15,590 ao empuxar electróns por estas células nunha dirección. 38 00:03:15,790 --> 00:03:19,760 A carga libérase ao cambiar rápido a dirección do fluxo de electróns. 39 00:03:19,960 --> 00:03:23,430 A descarga, chispa ou DOE pode vir de calquera parte do corpo, 40 00:03:23,630 --> 00:03:25,850 pero cómpre práctica para poder creala. 41 00:03:26,050 --> 00:03:27,270 Consellos de seguridade. 42 00:03:27,470 --> 00:03:30,150 Coidado ao usar produtos eléctricos na casa, 43 00:03:30,350 --> 00:03:32,210 coma torradoras ou teléfonos. 44 00:03:54,100 --> 00:03:56,570 Xesús. Pensei que eras Verónica. 45 00:03:56,860 --> 00:03:59,590 Perdoa, teño que darlles de comer aos polos. 46 00:03:59,790 --> 00:04:02,660 É unha carallada que non nos deixen ter coitelas. 47 00:04:03,780 --> 00:04:07,830 Coma se as necesitásemos. Se quixésemos facerlle dano a alguén... 48 00:04:09,950 --> 00:04:11,000 ou a nós. 49 00:04:12,120 --> 00:04:14,980 Avísame se vén a fulana esa vella e amargada. 50 00:04:15,180 --> 00:04:18,050 Se me ve facendo isto, quítame o móbil. Outra vez. 51 00:04:19,300 --> 00:04:20,840 Se te ve. 52 00:04:21,590 --> 00:04:24,640 Iso é o que te fai especial, rula. Coma as anguías. 53 00:04:25,510 --> 00:04:28,620 Sabes usar mellor o teu poder que todas estas rapazas. 54 00:04:28,820 --> 00:04:31,640 Dun xeito que ninguén ve. 55 00:04:34,230 --> 00:04:38,860 - Non ías darlles de comer aos polos? - Si, certo. 56 00:04:59,460 --> 00:05:03,340 Que lista es. O metal é condutor. 57 00:05:07,720 --> 00:05:10,680 Relaxa un pouco. Modo cautela, miña rula. 58 00:05:17,400 --> 00:05:18,940 Recordas as anguías? 59 00:05:19,360 --> 00:05:24,150 Usan a súa electricidade para controlar a mente da presa. 60 00:05:24,820 --> 00:05:25,820 Conecta. 61 00:05:31,200 --> 00:05:32,450 Intenta facelo andar. 62 00:05:37,170 --> 00:05:39,210 - Arre demo. - Que pique no chan. 63 00:05:47,130 --> 00:05:48,470 Faino voar. 64 00:05:51,260 --> 00:05:53,270 Nena, sabes que os polos non voan. 65 00:05:54,930 --> 00:05:56,310 Agora que estea quedo. 66 00:06:04,280 --> 00:06:05,110 Non. 67 00:06:07,070 --> 00:06:09,570 - Parece que hai que traballar niso. - Eva! 68 00:06:18,120 --> 00:06:19,370 Que facemos aquí? 69 00:06:20,960 --> 00:06:23,380 Temos un dos homes que matou a túa nai. 70 00:06:36,310 --> 00:06:37,390 Afogárono vivo. 71 00:06:38,350 --> 00:06:40,520 É o que merece por matar a túa nai. 72 00:06:41,860 --> 00:06:46,510 - Pois xa está. - Non é certo. Eran dous. 73 00:06:46,710 --> 00:06:49,430 - Roxanne, acabouse. - Que lle pasou ao outro? 74 00:06:49,630 --> 00:06:50,860 - Entendido? - Papá. 75 00:06:51,700 --> 00:06:53,120 Xa morreu un home. 76 00:06:54,370 --> 00:06:56,540 - Eu creo que xa abonda. - Ai, si? 77 00:06:58,370 --> 00:06:59,210 Fóra de aquí. 78 00:06:59,960 --> 00:07:02,080 - Só digo... - Lisca xa. 79 00:07:16,430 --> 00:07:18,520 - Merda! - Papá... 80 00:07:26,780 --> 00:07:28,110 Fasme un favor? 81 00:07:28,610 --> 00:07:31,260 Lévala por aí contigo a fin de semana e anímala? 82 00:07:31,460 --> 00:07:32,850 - Papá... - Só é iso. 83 00:07:33,050 --> 00:07:35,580 - Está todo pechado... - Só é iso. Faino. 84 00:07:37,240 --> 00:07:38,250 Por favor. 85 00:08:06,940 --> 00:08:11,740 {\an8}Ola, son Tunde Ojo. Estou en Riad, en Arabia Saudita. 86 00:08:12,150 --> 00:08:14,990 Aquí as DOE declaráronse ilegais hai pouco. 87 00:08:16,030 --> 00:08:19,650 O país non deixa que entren xornalistas a informar do sucedido, 88 00:08:19,840 --> 00:08:22,360 pero eu coeime cun visado de estudante. 89 00:08:22,560 --> 00:08:26,990 Veño investigar como lle afecta esta nova lei á xente de Arabia Saudita, 90 00:08:27,190 --> 00:08:28,460 ante todo ás mulleres. 91 00:08:42,230 --> 00:08:43,890 Mira canto tempo o aguanta. 92 00:08:54,450 --> 00:08:55,280 Mira, Amani! 93 00:08:59,450 --> 00:09:00,580 Que fas? 94 00:09:00,790 --> 00:09:02,960 As rapazas non poden facer iso. 95 00:09:04,870 --> 00:09:05,860 Onde aprendiches? 96 00:09:06,060 --> 00:09:07,330 Está a mancala. 97 00:09:07,540 --> 00:09:09,170 As rapazas non poden facelo! 98 00:09:09,630 --> 00:09:10,670 Síntoo. 99 00:09:12,300 --> 00:09:13,920 Cando o ides entender? 100 00:09:14,470 --> 00:09:15,840 - Para! - Cando? 101 00:09:16,510 --> 00:09:19,100 - Por que ela non lle fai nada? - Ten medo. 102 00:09:21,600 --> 00:09:22,470 Levántate! 103 00:09:23,930 --> 00:09:24,770 Mahmud! 104 00:09:26,350 --> 00:09:27,340 Déixaa! 105 00:09:27,540 --> 00:09:29,110 Déixaa en paz! 106 00:09:29,560 --> 00:09:30,610 Entra! 107 00:09:31,610 --> 00:09:32,610 Lisca de aquí! 108 00:09:32,820 --> 00:09:34,720 A electricidade é unha maldición. 109 00:09:34,920 --> 00:09:36,530 Que vergonza! 110 00:09:41,370 --> 00:09:42,450 Miña pobre. 111 00:09:46,040 --> 00:09:46,870 Amal? 112 00:09:48,380 --> 00:09:49,710 Halla? Estás ben? 113 00:09:49,960 --> 00:09:51,700 É a miña Amal. Axúdame. 114 00:09:51,900 --> 00:09:54,300 Usou a electricidade das mans. 115 00:09:54,840 --> 00:09:57,430 Un dos rapaces viuna e pegoulle. 116 00:09:59,800 --> 00:10:03,680 - Vén a policía. - Vou convosco. 117 00:10:04,310 --> 00:10:05,680 Quedade aquí, sen saír. 118 00:10:41,180 --> 00:10:44,720 Xuntos podemos protexela. Ten que ir ao hospital. 119 00:10:45,140 --> 00:10:46,060 Deixádenos vela! 120 00:10:46,680 --> 00:10:49,340 - Usou a electricidade! - É unha nena! 121 00:10:49,540 --> 00:10:51,560 Sacade a rapaza. Queremos vela! 122 00:10:52,440 --> 00:10:55,190 Non ten vergonza. Non me toques! 123 00:10:55,480 --> 00:10:57,320 Tranquilizádevos todos. 124 00:10:57,520 --> 00:10:58,930 Chamaron a policía. 125 00:10:59,130 --> 00:11:00,200 Xustiza para Amal! 126 00:11:02,870 --> 00:11:05,190 - Que pasa aquí? Que ocorre? - É Amal. 127 00:11:05,390 --> 00:11:08,000 {\an8}Usouna na rúa, diante de todos. 128 00:11:09,080 --> 00:11:10,370 Señoras... 129 00:11:11,380 --> 00:11:12,670 Non gravedes! 130 00:11:15,500 --> 00:11:18,260 Vén a policía para detela. Bloqueade a porta! 131 00:11:19,300 --> 00:11:20,580 {\an8}Non gravedes. 132 00:11:20,780 --> 00:11:21,640 {\an8}Parade! 133 00:11:22,680 --> 00:11:23,890 Xa abonda. 134 00:11:24,260 --> 00:11:25,350 Deixade de gravar! 135 00:11:27,520 --> 00:11:31,440 {\an8}Xa abonda! Liscade de aquí! 136 00:11:45,450 --> 00:11:48,540 Mulleres, parade isto! 137 00:11:51,000 --> 00:11:52,420 A policía marcha. 138 00:11:53,210 --> 00:11:54,500 Xustiza para Amal! 139 00:11:55,630 --> 00:11:57,800 Traede a Amal! Agora está a salvo! 140 00:11:58,260 --> 00:11:59,550 {\an8}Xustiza para Amal! 141 00:12:00,170 --> 00:12:01,220 Con calma. 142 00:12:03,590 --> 00:12:04,550 Amal! 143 00:12:11,060 --> 00:12:13,560 {\an8}Paciencia, por favor. 144 00:12:18,150 --> 00:12:20,570 Deixade paso. Vana levar ao hospital. 145 00:12:31,790 --> 00:12:33,250 {\an8}Difundide isto! 146 00:12:35,250 --> 00:12:36,460 Queda comigo. 147 00:12:39,300 --> 00:12:41,920 A policía colleu medo e marchou. 148 00:12:44,430 --> 00:12:45,260 Amodo. 149 00:12:48,430 --> 00:12:50,500 Marcharemos convosco ata o hospital! 150 00:12:50,700 --> 00:12:51,890 {\an8}Estamos convosco. 151 00:12:52,100 --> 00:12:53,390 {\an8}Xustiza para Amal! 152 00:12:56,770 --> 00:12:58,610 Difundide isto! 153 00:13:00,280 --> 00:13:02,030 Mirádenos! Escoitádenos! 154 00:13:03,650 --> 00:13:05,320 {\an8}Mirádenos! Escoitádenos! 155 00:13:24,470 --> 00:13:27,300 Este poder e mais o que vai facer no mundo... 156 00:13:28,640 --> 00:13:31,970 - Isto é obra do demo, María. - Non, non tal. 157 00:13:32,720 --> 00:13:37,020 Para nada, Verónica. A xente dixo iso da televisión, do rock and roll, 158 00:13:37,270 --> 00:13:38,340 dos pantalóns... 159 00:13:38,540 --> 00:13:42,440 - Isto é diferente. Non me fío de Eva. - Non te fías de ningunha. 160 00:13:42,820 --> 00:13:45,470 Creo que mente sobre quen é. 161 00:13:45,670 --> 00:13:49,530 E que? Xesús non dixo: "Viste o espido, alimenta o famento, 162 00:13:50,160 --> 00:13:51,890 pero só se ten un carné válido." 163 00:13:52,090 --> 00:13:53,750 Matou un polo. 164 00:13:54,000 --> 00:13:57,670 Verónica, matamos moitos polos. E comémolos. 165 00:13:58,580 --> 00:14:02,050 Esa rapaza chéirame ao chamusco. Esa rapaza... 166 00:14:03,050 --> 00:14:05,720 Esa rapaza vai traer problemas. Acórdate. 167 00:14:06,340 --> 00:14:10,260 Eu noto algo diferente nela. Algo especial. 168 00:14:12,220 --> 00:14:13,640 Recórdame a ti. 169 00:14:15,980 --> 00:14:17,310 Podería liderar. 170 00:14:20,110 --> 00:14:24,150 Iso é o que me dá medo. Que tipo de influencia vai ser? 171 00:14:25,570 --> 00:14:30,570 En canto pase a tormenta mañá, terá que marchar de aquí. 172 00:14:39,460 --> 00:14:41,420 Os bos nunca che deixan quedar. 173 00:14:41,960 --> 00:14:46,880 Podes quedar se queres. Ti demostra que é o teu lugar. 174 00:14:54,720 --> 00:14:55,890 Vale. Vamos. 175 00:14:56,980 --> 00:14:57,920 Ola, Rox. 176 00:14:58,120 --> 00:15:00,170 - Que tal? Todo ben? - Ben, Rick. 177 00:15:00,370 --> 00:15:01,560 Que tal? Todo ben? 178 00:15:02,270 --> 00:15:04,010 - Tes carné? - Non o necesito. 179 00:15:04,210 --> 00:15:06,320 - Cantos anos tes? - É filla de Monke. 180 00:15:06,900 --> 00:15:07,680 Roxy, non... 181 00:15:07,880 --> 00:15:10,360 Hoxe podes pasar, pero non quero problemas. 182 00:15:10,820 --> 00:15:12,810 - Nunca traio problemas. - Vamos. 183 00:15:13,010 --> 00:15:16,160 - Non entro se non sorrí. - Non te poñas así, Rox. 184 00:15:17,370 --> 00:15:19,370 Veña. Sorrí para min. 185 00:15:21,000 --> 00:15:22,960 Así non. Un sorriso de verdade. 186 00:15:24,630 --> 00:15:27,610 Moi ben. Estás moi guapo cando sorrís. 187 00:15:27,810 --> 00:15:29,590 - Vamos. - Non uses iso dentro. 188 00:16:01,290 --> 00:16:04,150 - Ola. Que tomas? - Que tomas? 189 00:16:04,350 --> 00:16:05,240 Un de cada. 190 00:16:05,440 --> 00:16:07,820 - Vodka. Ricky. - Catro vodkas tónica dobres. 191 00:16:08,020 --> 00:16:09,550 Sen alcol para Darrell. 192 00:16:09,750 --> 00:16:12,160 Podo dicirche como funciona, 193 00:16:12,360 --> 00:16:14,580 aínda que o tes ti. Son electricista. 194 00:16:14,780 --> 00:16:17,250 - Non entenderías a mecánica. - Ti cres? 195 00:16:17,450 --> 00:16:19,520 É complicado. Non todos o entenden. 196 00:16:19,970 --> 00:16:22,230 Que fas, panoca? Paréceche gracioso? 197 00:16:22,430 --> 00:16:24,760 - De que te ris? - De nada. Tranquilo. 198 00:16:24,950 --> 00:16:27,190 E as bebidas? Aí están. Veña. 199 00:16:28,780 --> 00:16:30,650 - Saúde. Mírame. - Miro, si. 200 00:16:32,900 --> 00:16:35,070 Chopos, chopiños. Toma. Bébeos. 201 00:16:59,470 --> 00:17:02,770 {\an8}Estamos en directo no centro, onde bateron nunha rapaza 202 00:17:03,480 --> 00:17:04,840 {\an8}por usar a súa DOE. 203 00:17:05,040 --> 00:17:07,800 {\an8}Comezaron as protestas e hai multitudes nas rúas. 204 00:17:08,000 --> 00:17:10,070 Veñen mulleres de toda a cidade. 205 00:17:15,530 --> 00:17:18,250 As mozas non teñen medo de usar a DOE. 206 00:17:18,450 --> 00:17:19,240 {\an8}Americano? 207 00:17:19,780 --> 00:17:22,700 - CNN. - A televisión? 208 00:17:24,250 --> 00:17:25,170 {\an8}Carallo. 209 00:18:05,460 --> 00:18:06,750 {\an8}Mirádenos! Escoitádenos! 210 00:18:06,950 --> 00:18:08,960 Mirádenos! Escoitádenos! 211 00:18:12,380 --> 00:18:16,670 Mirádenos, por favor. Escoitádenos. 212 00:18:17,510 --> 00:18:19,470 {\an8}Mirádenos! Temos algo que dicir! 213 00:18:43,370 --> 00:18:44,740 Axuda! 214 00:19:05,350 --> 00:19:06,720 Gas lacrimóxeno! Correde! 215 00:19:21,280 --> 00:19:22,280 Toma. 216 00:19:24,870 --> 00:19:28,230 - Estás ben? - Si. Non me pillou moito. 217 00:19:28,430 --> 00:19:31,110 Non uses a camiseta, podería ter gas. 218 00:19:31,310 --> 00:19:33,920 Tes que apartarte de todo isto, e rápido. 219 00:19:34,540 --> 00:19:36,630 - Es xornalista? - Si. 220 00:19:36,830 --> 00:19:39,510 - Vés con algún local? - Non. 221 00:19:39,800 --> 00:19:43,080 Merda. Pois tes moito que aprender. Non é nada. 222 00:19:43,280 --> 00:19:44,930 Si. Moitas grazas. 223 00:19:47,350 --> 00:19:48,920 - Como te chamas? - Nourah. 224 00:19:49,120 --> 00:19:52,730 Nourah, eu son Tunde. Tunde Ojo. 225 00:19:53,150 --> 00:19:54,980 Non te afastes de min, Tunde. 226 00:20:39,480 --> 00:20:40,320 Roxy! 227 00:20:42,860 --> 00:20:45,720 Desculpade. Perdón. 228 00:20:45,920 --> 00:20:48,280 - É ouro real? - Si. E vai tomar polo cu. 229 00:20:50,450 --> 00:20:51,450 Roxy. 230 00:20:58,090 --> 00:20:59,090 Estás ben, Rox? 231 00:21:00,210 --> 00:21:01,880 - Estraño a miña nai. - Que? 232 00:21:02,470 --> 00:21:03,550 Estraño a miña nai. 233 00:21:05,430 --> 00:21:09,010 Xa, normal. Escoita, Rox. 234 00:21:09,680 --> 00:21:12,710 Non vomites, cona. Se vomitas, vas para a casa. 235 00:21:12,910 --> 00:21:13,890 Quero que volva. 236 00:21:16,020 --> 00:21:17,060 Xa o sei. 237 00:21:19,980 --> 00:21:22,280 Isto é unha merda, si. Síntocho. 238 00:21:33,000 --> 00:21:37,000 Mira. Podes nifrar isto que che dou, Rox? Vaste sentir mellor. 239 00:21:41,130 --> 00:21:42,170 Máis, por favor. 240 00:21:49,970 --> 00:21:51,010 Dáme iso. 241 00:21:55,690 --> 00:21:57,810 Vale, creo que xa chega, tía. 242 00:21:59,110 --> 00:22:00,570 En fin, ti saberás, non? 243 00:22:02,280 --> 00:22:04,150 Si, vale. Veña. 244 00:22:05,530 --> 00:22:07,660 Vamos aló. Acabemos con isto. 245 00:22:09,450 --> 00:22:10,410 Merda. 246 00:22:19,420 --> 00:22:22,700 - O paxaro está morto. - É a túa oportunidade. 247 00:22:22,900 --> 00:22:23,960 Levémolo para fóra. 248 00:22:24,960 --> 00:22:25,910 Veña, fágoo eu. 249 00:22:26,110 --> 00:22:28,050 Amosa o que podes facer, Allie. 250 00:22:28,840 --> 00:22:31,760 - Agardade. Un momento. - Que? 251 00:22:37,980 --> 00:22:40,420 - Que fai? - E eu que cona sei! 252 00:22:40,620 --> 00:22:42,020 Santo ceo. Non o toques. 253 00:22:43,110 --> 00:22:47,780 Os corpos funcionan con electricidade. Este só necesita que o arranquen. 254 00:22:54,660 --> 00:22:55,750 Fai que latexe. 255 00:23:01,880 --> 00:23:03,090 Que non te vexan. 256 00:23:09,340 --> 00:23:13,720 Fai que te queiran. Fai que queiran seguirte. 257 00:24:05,940 --> 00:24:08,190 Vide connosco! 258 00:24:12,240 --> 00:24:13,320 Aquí arriba! 259 00:24:15,490 --> 00:24:16,450 Que é isto? 260 00:24:16,910 --> 00:24:18,160 Axuda! 261 00:24:19,120 --> 00:24:20,330 Estou atrapada aquí! 262 00:24:21,040 --> 00:24:22,250 Non me deixa saír! 263 00:24:22,500 --> 00:24:24,960 Ven para dentro! 264 00:24:27,550 --> 00:24:29,260 Está atrapada. Imos xuntas. 265 00:24:31,090 --> 00:24:32,800 Rebélate! 266 00:24:39,640 --> 00:24:41,430 Igualdade! 267 00:25:42,200 --> 00:25:46,080 É alucinante ver este poder, 268 00:25:46,920 --> 00:25:51,960 esta nova liberdade que pasa dunha man a outra. 269 00:25:54,260 --> 00:25:56,510 Agora, en todo mundo, 270 00:25:58,050 --> 00:26:00,140 espertou un xigante adormecido. 271 00:26:01,760 --> 00:26:07,440 Hoxe pasará á historia coma o Día das Rapazas. 272 00:26:09,690 --> 00:26:12,230 Eu desfágome da DOE en canto poida. 273 00:26:12,440 --> 00:26:14,430 En serio? Isto acaba de empezar. 274 00:26:14,630 --> 00:26:17,560 Quitáronme a miña filla porque son perigosa. 275 00:26:17,760 --> 00:26:20,370 Iso é unha parvada. Non mancaches a ninguén. 276 00:26:22,410 --> 00:26:24,000 Descubrino da peor forma. 277 00:26:24,500 --> 00:26:29,190 Jason Wheelman, de 26 anos, como dato, meteume un dedo polo cu sen preguntar. 278 00:26:29,390 --> 00:26:30,940 Así atopou o interruptor. 279 00:26:31,140 --> 00:26:33,450 - Carallo. Vale. - Xa. 280 00:26:33,650 --> 00:26:36,240 Se busco por aí, atoparei o botón de apagado? 281 00:26:36,440 --> 00:26:39,590 Non. Só encherás os dedos de merda. 282 00:26:40,800 --> 00:26:43,980 Por que credes que temos isto? Non ten sentido. 283 00:26:44,180 --> 00:26:47,750 Cres que foi aleatorio? Unha coincidencia? Por casualidade? 284 00:26:47,950 --> 00:26:49,130 - Supoño. - Vós non? 285 00:26:49,330 --> 00:26:51,050 Non. Nin de broma. Veña. 286 00:26:51,250 --> 00:26:53,800 Na tele sempre din: "Que puxemos na auga? 287 00:26:54,000 --> 00:26:56,970 Que teñen os tampóns? Como chegamos a isto?" 288 00:26:57,170 --> 00:26:59,640 Tratádesnos coma merda e aquí estamos. 289 00:26:59,840 --> 00:27:02,780 - Aquí estamos. - Mira, témolo porque nos fai falta. 290 00:27:03,200 --> 00:27:06,250 - Entón cres que é Deus? En serio? - Pode ser. 291 00:27:06,700 --> 00:27:10,940 Haberá unha divindade que nos deixou soas todos estes anos, para que? 292 00:27:11,140 --> 00:27:12,750 Para saber que somos iguais? 293 00:27:13,000 --> 00:27:16,450 Hai unhas semanas dixo: "A cona! Tivestes unha oportunidade." 294 00:27:16,650 --> 00:27:21,180 E agora pensa: "Merda. Teño que intervir para igualar as cousas. Vamos." 295 00:27:23,640 --> 00:27:24,760 Creo que tes razón. 296 00:27:25,390 --> 00:27:27,980 O mundo vai ser diferente para a miña filla. 297 00:27:28,430 --> 00:27:32,360 Xa cambiou. Só hai que aproveitalo. 298 00:27:36,730 --> 00:27:37,610 Grazas. 299 00:27:41,950 --> 00:27:44,870 É que nin fala comigo. Está sulfurado. 300 00:27:45,070 --> 00:27:47,940 Eran dous. Xa llo dixen. Non vai detrás deles? 301 00:27:48,140 --> 00:27:51,150 - Non quere máis problemas. - E vai deixar isto así? 302 00:27:51,350 --> 00:27:53,480 - Ten que ir amodo. - Queres tomar algo? 303 00:27:53,680 --> 00:27:57,240 - Podo facelo eu. Por que non me deixa? - Vale, cabalón. 304 00:27:57,440 --> 00:27:59,720 - Cres que non podo? - Bebe isto. 305 00:28:02,800 --> 00:28:03,970 Aquí non, Rox. 306 00:28:05,430 --> 00:28:09,310 Canto lle deches, Terry? Cago en todo, Terry. 307 00:28:57,060 --> 00:28:59,860 Atrás! Dispersádevos ou disparamos! 308 00:29:00,150 --> 00:29:02,070 {\an8}Liberdade. Liberdade xa! 309 00:29:04,660 --> 00:29:05,950 Avanzamos! 310 00:29:07,580 --> 00:29:08,950 Atacade! 311 00:29:28,470 --> 00:29:30,390 Vide, axudádeme. Usade as mans. 312 00:29:36,730 --> 00:29:37,690 Quietos! 313 00:30:07,720 --> 00:30:08,890 Rashid? 314 00:30:14,020 --> 00:30:18,100 Fillo meu, ten piedade. 315 00:30:19,900 --> 00:30:21,440 Só queremos pasar, fillo. 316 00:30:25,860 --> 00:30:28,610 O ceo está aos pés de túa nai. 317 00:30:33,240 --> 00:30:36,210 O ceo está aos pés de túa nai. 318 00:31:03,520 --> 00:31:04,980 Baixade as armas! 319 00:31:07,780 --> 00:31:08,950 Dáme a man. 320 00:31:12,030 --> 00:31:13,140 Que facedes? 321 00:31:13,340 --> 00:31:16,120 Queremos paralos, non matalos. 322 00:31:16,830 --> 00:31:20,040 Por favor, axudádelles a baixar. 323 00:32:20,390 --> 00:32:22,900 Vállame Deus. Non te movas tanto. 324 00:32:23,690 --> 00:32:24,980 E por que non? 325 00:32:29,440 --> 00:32:30,690 Máis rápido. 326 00:32:31,740 --> 00:32:34,490 Un, dous, tres, un, dous, tres... 327 00:32:37,490 --> 00:32:39,370 Probaches na conacha? 328 00:32:39,570 --> 00:32:42,440 Non penso arrimar as mans á miña conacha nun tempo. 329 00:32:42,640 --> 00:32:46,500 Seguro que acabo electrocutando a cona. E coñeceranme por iso. 330 00:32:48,550 --> 00:32:52,830 Cando era nena, miña nai dicía que quedaría cega se tocaba esa zona. 331 00:32:53,020 --> 00:32:53,970 Putas mentiras. 332 00:32:54,970 --> 00:32:59,720 Fíxome pensar mal de miña avoa. Levaba anteollos para ler. 333 00:33:09,230 --> 00:33:10,650 Agora quero probar. 334 00:33:12,400 --> 00:33:13,490 Pois proba. 335 00:33:14,410 --> 00:33:16,570 - Teño medo. - Non o teñas. 336 00:33:25,370 --> 00:33:26,290 Vállame Deus. 337 00:34:13,840 --> 00:34:15,590 Es unha fulana vaidosa agora? 338 00:34:19,550 --> 00:34:20,930 Iso é, ruliña. 339 00:34:23,180 --> 00:34:28,060 Isto é o que buscabas. Esta é a túa familia. 340 00:34:29,560 --> 00:34:34,940 Vale, rapazas. Está chegando a tormenta. Todas para os dormitorios, por favor. 341 00:34:35,860 --> 00:34:37,990 - Grazas. - Xa vamos. 342 00:34:39,240 --> 00:34:42,580 Mírate. Relucindo a estas horas. 343 00:34:43,330 --> 00:34:47,710 - É de tanto rezar. - Xa, rezar... Louvado sexa. 344 00:34:49,210 --> 00:34:53,050 Estas candeas cheiran a tabaco. 345 00:34:54,710 --> 00:34:56,470 Vamos, rápido. 346 00:34:58,010 --> 00:34:59,050 Bulide, rapazas. 347 00:35:05,100 --> 00:35:08,520 Pona xusto detrás da dela. Grazas, irmás. 348 00:35:12,190 --> 00:35:14,360 "Nin poñas sobre nós sangue inocente..." 349 00:35:25,040 --> 00:35:26,910 - Merda. Agarda. - Luanne. 350 00:35:29,160 --> 00:35:29,960 Hostia. 351 00:35:30,160 --> 00:35:33,570 Só tes que agarrala. Pasaralle nunhas horas. 352 00:35:33,770 --> 00:35:35,710 Outra vez non. Merda. 353 00:35:41,590 --> 00:35:42,430 Oe. 354 00:35:49,480 --> 00:35:50,600 Que fas? 355 00:35:55,900 --> 00:35:56,780 Teño medo. 356 00:36:01,700 --> 00:36:03,820 - Non podes usar o teu... - Cala. 357 00:36:12,710 --> 00:36:16,550 Atopa o teu camiño. Coma co paxaro. 358 00:36:17,840 --> 00:36:19,510 Onde está o fallo técnico? 359 00:36:24,300 --> 00:36:26,720 Onde está o curtocircuíto? 360 00:36:47,080 --> 00:36:48,290 Vállame Deus. 361 00:36:50,410 --> 00:36:51,250 Santo ceo. 362 00:36:51,540 --> 00:36:53,040 - Non mires. - Eva matouna. 363 00:36:53,870 --> 00:36:54,750 Deus bendito. 364 00:37:02,260 --> 00:37:03,340 Que fixeches? 365 00:37:10,180 --> 00:37:11,390 Foi impresionante. 366 00:37:26,740 --> 00:37:27,700 Foi un milagre. 367 00:37:56,770 --> 00:37:58,690 Fas facer que nos boten. 368 00:38:00,610 --> 00:38:03,930 - Non me toques! - Xa cho dixen mil veces. Abonda. 369 00:38:04,130 --> 00:38:07,140 - E se fose túa nai? - Roxy, tes que confiar en papá. 370 00:38:07,340 --> 00:38:10,480 Por? Que fixo el por min? Eu non son vós. 371 00:38:10,680 --> 00:38:13,560 Miña nai non lle importa tanto. Por que ía confiar? 372 00:38:13,760 --> 00:38:16,020 - Tes que relaxarte. - Deixa de dicir iso. 373 00:38:16,220 --> 00:38:18,480 - Perdoa. - Papá quérete moito, vale? 374 00:38:18,680 --> 00:38:21,280 - Non é verdade. - Si tal. Es a súa favorita. 375 00:38:21,480 --> 00:38:23,780 Por iso lle dá o negocio a Ricky? 376 00:38:23,980 --> 00:38:26,030 - Quere protexerte. - Non o necesito. 377 00:38:26,230 --> 00:38:28,890 - Xa o sabemos. - Falamos con el cando volvamos. 378 00:38:30,050 --> 00:38:33,140 - Pero que vas facer agora? - Que vos importa? 379 00:38:33,560 --> 00:38:35,830 Pronto irás á túa puta universidade. 380 00:38:36,030 --> 00:38:37,560 Cos putos gavachos. 381 00:38:39,190 --> 00:38:42,340 A que si? Podemos pasalo ben esta noite, si? 382 00:38:42,540 --> 00:38:45,400 Imos divertirnos, vale? Por favor? Si? 383 00:38:46,700 --> 00:38:48,030 - Si. - Si? 384 00:38:52,370 --> 00:38:54,540 Vale, grazas. Que ben. Vou fumar. 385 00:38:57,710 --> 00:39:01,690 Terry? Tel, dimo, por favor. Non penso facer nada, en serio. 386 00:39:01,890 --> 00:39:05,670 Pero estoume poñendo tola ao non sabelo. Sabes quen é o Tony ese? 387 00:39:08,300 --> 00:39:10,910 Tony Goujon. Son sincero. Sábeo todo o mundo. 388 00:39:11,110 --> 00:39:13,160 - Xa se encarga papá. - Sóame o nome. 389 00:39:13,360 --> 00:39:16,250 - O tipo da rúa Pelham? - Non, o de Goodwin's Court. 390 00:39:16,450 --> 00:39:19,040 O do parque. O puto sitio aquel todo cotroso. 391 00:39:19,240 --> 00:39:20,100 - Terry! - Cabrón. 392 00:39:21,230 --> 00:39:22,900 Agarda. 393 00:39:24,730 --> 00:39:26,320 Rox. 394 00:39:26,520 --> 00:39:29,200 Si, teño o coche fóra. A choza non está lonxe. 395 00:39:31,070 --> 00:39:34,350 Oe, vai por Ricky. Rox, hostia. Sabe o de Tony. 396 00:39:34,550 --> 00:39:35,990 - Rox. - Agora volvo. 397 00:39:37,120 --> 00:39:41,080 Oe, Rox! Esquéceo. Déixao. 398 00:39:44,380 --> 00:39:46,340 - Cago na puta. - Que cona fas? 399 00:39:47,300 --> 00:39:50,130 - Rox. Sácaa de aí. - Que lle dean. Sácaa ti. 400 00:39:51,050 --> 00:39:54,260 - Non sabes conducir. - Parar e andar. É un puto kart. 401 00:39:54,640 --> 00:39:55,760 Sae do coche. 402 00:39:56,260 --> 00:39:57,720 Vale, xa te entendemos. 403 00:40:01,350 --> 00:40:02,560 Vamos. 404 00:40:06,980 --> 00:40:08,820 Tes unha moza atractiva, tío! 405 00:40:11,570 --> 00:40:13,220 - A quen chamas? - A papá. 406 00:40:13,420 --> 00:40:15,270 - Non o chames. - Cala, Darrell. 407 00:40:15,470 --> 00:40:17,120 - Non chames. - Cala, Darrell! 408 00:40:19,410 --> 00:40:20,190 Merda. 409 00:40:20,390 --> 00:40:22,780 - Que é iso? - A ti que che parece? Senta. 410 00:40:22,970 --> 00:40:25,360 - Parece unha pistola, tío. - Non colle. 411 00:40:25,560 --> 00:40:27,000 Darrell, queres un tiro? 412 00:40:28,460 --> 00:40:29,970 Xa chega. 413 00:40:30,220 --> 00:40:31,530 Anímate, amigo. Veña. 414 00:40:31,730 --> 00:40:33,620 Deixa de nifrar, Scarface. Hostia. 415 00:40:33,820 --> 00:40:35,970 - Queres máis? - Si, un rápido. 416 00:40:36,260 --> 00:40:37,830 - Rox, queres un pouco? - Si. 417 00:40:38,030 --> 00:40:40,500 - Xa tomou. - Que tome. Tranquilo, cona. 418 00:40:40,700 --> 00:40:42,600 - Máis. - Ti mira para a calzada. 419 00:40:51,490 --> 00:40:52,740 Meréceo. 420 00:40:53,570 --> 00:40:56,070 Para de gravar. 421 00:41:06,960 --> 00:41:07,960 Déixao en paz. 422 00:41:10,300 --> 00:41:11,370 Que fas? 423 00:41:11,560 --> 00:41:12,870 Apártate dela! 424 00:41:13,070 --> 00:41:13,880 Hostia. 425 00:41:18,970 --> 00:41:20,180 Está comigo! 426 00:41:20,680 --> 00:41:21,500 Deixádeo! 427 00:41:21,700 --> 00:41:23,520 Deixádeo. Está comigo! 428 00:41:24,100 --> 00:41:25,230 Tes que erguerte. 429 00:41:38,660 --> 00:41:43,270 Agora vai para a casa. O teu traballo é mirar. Só podes mirar. 430 00:41:43,470 --> 00:41:48,250 Non podes participar. Poderiamos estar mortos os dous, sabes? 431 00:41:51,380 --> 00:41:54,950 Vin, son Tunde Ojo. Teño algo para ti. 432 00:41:55,150 --> 00:41:58,160 - Onde estás? - En Riad. Protestando coas mulleres. 433 00:41:58,360 --> 00:42:01,120 - Non vas crer o que gravei. - Sae de aí. 434 00:42:01,320 --> 00:42:03,960 - Non é seguro. - Xa. Pero mándoche o que teño. 435 00:42:04,160 --> 00:42:07,500 Non mandes nada. Non quero o teu sangue nas miñas mans. 436 00:42:07,700 --> 00:42:09,010 Escoita, estou ben... 437 00:42:09,210 --> 00:42:12,280 - Vai a un lugar seguro. Logo falamos. - Vin, pero... 438 00:42:13,740 --> 00:42:17,030 Merda. Non quere os vídeos mentres estea no país. 439 00:42:17,280 --> 00:42:18,820 Teño que saír de aquí. 440 00:42:20,530 --> 00:42:23,330 Imos polas túas cousas. Lévote ao aeroporto. 441 00:42:56,610 --> 00:43:00,580 Miraron a maleta, as cousas e as cámaras. Estaba todo revolto. 442 00:43:00,780 --> 00:43:02,160 Queren as gravacións. 443 00:43:02,660 --> 00:43:05,600 - Pode que non che deixen voar. - Como? Por que? 444 00:43:05,800 --> 00:43:08,230 Temos que atopar outra maneira de que saias. 445 00:43:08,430 --> 00:43:09,190 Hostia! 446 00:43:09,390 --> 00:43:10,630 Non podes ir en avión. 447 00:43:10,830 --> 00:43:14,210 Era o único xornalista. Igual por iso veñen por min. 448 00:43:29,100 --> 00:43:33,220 Este apartamento é dunha amiga. O edificio leva baleiro un tempo 449 00:43:33,410 --> 00:43:36,230 e estaremos ben se pasamos aquí a noite. 450 00:43:52,960 --> 00:43:55,000 Queres subir os vídeos? Subindo... 451 00:44:02,970 --> 00:44:05,620 Miña irmá coñece unha doutora estadounidense. 452 00:44:05,820 --> 00:44:09,270 Vou ver se te pode levar á fronteira con Xordania. 453 00:44:13,560 --> 00:44:16,070 Ola, Nadya. Escóitasme? 454 00:44:40,720 --> 00:44:42,130 Ola, son Ndudi. 455 00:44:42,590 --> 00:44:45,600 Agora non podo atenderte, pero deixa unha mensaxe. 456 00:44:48,890 --> 00:44:49,810 Adeus. 457 00:45:05,910 --> 00:45:08,660 Grazas. Por todo isto. 458 00:45:10,500 --> 00:45:11,450 Moitas grazas. 459 00:45:13,120 --> 00:45:16,500 Oe, se necesitas axuda para saír de aquí, axúdoche. 460 00:45:19,750 --> 00:45:23,930 Levas aquí 24 horas e xa coñeces o meu país? 461 00:45:24,630 --> 00:45:26,590 - Lin sobre el. - Liches? 462 00:45:26,970 --> 00:45:29,390 Nótase que es un xornalista de primeira. 463 00:45:30,720 --> 00:45:33,100 Esta noite, loitabas pola liberdade. 464 00:45:33,440 --> 00:45:36,480 Quero cambios, si. Pero non loito para marchar. 465 00:45:38,570 --> 00:45:40,190 Medrei en Xida. 466 00:45:40,650 --> 00:45:45,160 Meu pai mandoume a Exipto de nena e alí puiden estudar. 467 00:45:46,280 --> 00:45:51,450 Quería ser diferente. Quería que todas as mulleres tivesen o mesmo ca min. 468 00:45:52,830 --> 00:45:54,290 Pero amo o meu país. 469 00:46:00,500 --> 00:46:02,240 Síntoo moito. 470 00:46:02,440 --> 00:46:04,700 ¿Como te sentes cando o resto do mundo 471 00:46:04,900 --> 00:46:07,930 che di como é vivir no teu país? 472 00:46:08,220 --> 00:46:12,270 A mala sorte que tes. A pesar de non saberen nada. 473 00:46:13,770 --> 00:46:18,810 - Resúltame algo irritante. - Iso é: "Algo irritante." 474 00:46:20,610 --> 00:46:23,110 Crías que ías salvarme? 475 00:46:30,950 --> 00:46:32,240 Xa chegou o coche. 476 00:46:50,220 --> 00:46:51,220 Hostia puta. 477 00:47:06,440 --> 00:47:08,240 Veña, amor, vamos. 478 00:47:08,910 --> 00:47:13,370 - Quen carallo es? Que queres? - Só veño saudar. 479 00:47:23,420 --> 00:47:25,550 Coñézote de algo, verdade? 480 00:47:26,550 --> 00:47:29,090 - Onde te vin? - Son a filla de Bernie Monke. 481 00:47:32,640 --> 00:47:33,930 Mataches a miña nai. 482 00:47:35,720 --> 00:47:37,060 Quen era túa nai? 483 00:47:38,770 --> 00:47:39,640 Recórdamo. 484 00:47:50,780 --> 00:47:51,970 - Merda. - Hostia. 485 00:47:52,170 --> 00:47:53,770 Vamos! Non a toques. 486 00:47:53,970 --> 00:47:56,700 Se espertas os veciños, rómpoche o puto brazo. 487 00:47:59,750 --> 00:48:00,580 Para. 488 00:48:06,340 --> 00:48:07,300 Vale. 489 00:48:09,090 --> 00:48:11,160 Non fun eu. Eu non o fixen. 490 00:48:11,360 --> 00:48:14,510 - Podo dicirche quen foi. - Eu vinte. Estaba alí. 491 00:48:16,350 --> 00:48:18,140 Xa abonda. Marchamos. 492 00:49:12,610 --> 00:49:16,810 Ves isto? E se cho poño na puta boca, mamalón? Ven aquí! 493 00:49:17,010 --> 00:49:20,020 - Dáme iso xa! - Terry, deixa iso! 494 00:49:20,220 --> 00:49:21,560 - Ven aquí! - Déixao! 495 00:49:21,760 --> 00:49:22,810 Merda. 496 00:49:23,010 --> 00:49:25,540 - Sube ao puto coche! - Rox! 497 00:49:35,340 --> 00:49:36,260 Rox! 498 00:49:40,890 --> 00:49:44,420 Roxy. Rox. Veña, vamos. Sube ao coche. 499 00:49:44,620 --> 00:49:45,560 Vamos! 500 00:49:46,690 --> 00:49:47,590 Arranca, hostia. 501 00:49:47,790 --> 00:49:50,800 - Non, non funciona. Non funciona! - Móvete, Darrell! 502 00:49:51,000 --> 00:49:51,780 Está fodido! 503 00:49:55,950 --> 00:49:57,740 Merda! 504 00:50:02,750 --> 00:50:04,160 Podes parar? 505 00:50:08,500 --> 00:50:10,840 - Veña. - Papá? 506 00:50:14,090 --> 00:50:17,340 Arranca! 507 00:50:21,810 --> 00:50:24,730 Terry? 508 00:50:28,810 --> 00:50:31,520 - Terry? - Estamos conducindo. 509 00:50:33,480 --> 00:50:35,900 - Papá, estamos de camiño. - Terry? 510 00:50:36,240 --> 00:50:37,950 Xa imos. Terry está ferido. 511 00:50:39,820 --> 00:50:42,830 - Déixao. Déixao, Darrell. - Non. Non, Ricky. 512 00:50:43,030 --> 00:50:45,200 - Por favor. - Está ben. Xa imos. 513 00:51:04,270 --> 00:51:06,040 Darrell, cólleo polas pernas. 514 00:51:06,240 --> 00:51:08,640 Cólleo polas pernas. Méteo na casa. 515 00:51:09,350 --> 00:51:11,190 Papá! 516 00:51:11,690 --> 00:51:14,110 Papá! Oe, papá! 517 00:51:16,690 --> 00:51:21,620 - Vállame Deus! Onde estabades? - Cago en Roxy. Foi culpa dela! 518 00:51:53,110 --> 00:51:54,020 Podería facelo. 519 00:51:55,270 --> 00:51:58,620 Foi moi gracioso. Teño moita fame. 520 00:51:58,820 --> 00:52:00,570 Eva, ven aquí. 521 00:52:11,790 --> 00:52:14,290 Eva, hai repercusións. 522 00:52:14,590 --> 00:52:19,300 Non podes usar a túa electricidade baixo o meu teito. Tes que marchar xa. 523 00:52:24,800 --> 00:52:27,890 Xa non podes dicirnos o que temos que facer. 524 00:53:20,690 --> 00:53:24,110 En Arabia Saudita, para as mulleres de todo o mundo, 525 00:53:24,530 --> 00:53:26,450 é o amencer dun novo día. 526 00:53:31,200 --> 00:53:35,790 Novas liberdades. Novos privilexios. Novas habilidades. 527 00:53:43,720 --> 00:53:46,260 Unha consecuencia do novo poder. 528 00:53:52,100 --> 00:53:54,730 Pero esta liberación non será de balde. 529 00:54:01,030 --> 00:54:05,780 É unha lei da natureza: por cada acción hai unha reacción. 530 00:54:11,660 --> 00:54:14,250 Debemos ser mellores que a nosa natureza. 531 00:54:14,660 --> 00:54:18,250 Para os comprometidos coa igualdade de toda a humanidade, 532 00:54:19,000 --> 00:54:20,860 a misión debe ser asegurar 533 00:54:21,060 --> 00:54:24,170 que o prezo dese novo amencer non sexa demasiado alto. 534 00:54:24,920 --> 00:54:28,550 E creo que podemos. Creo na nosa xenerosidade inherente. 535 00:54:29,850 --> 00:54:34,640 Teño esperanza nese resplandecente renacer máis aló da súa mera existencia. 536 00:56:36,810 --> 00:56:38,880 NO PRÓXIMO CAPÍTULO... 537 00:56:39,070 --> 00:56:42,880 Ao poñerte á fronte desta cousa, convertícheste na súa cara. 538 00:56:43,080 --> 00:56:45,840 Deus, xa non sei nin quen demo es. 539 00:56:46,040 --> 00:56:48,130 Subíuseche a fama á cabeza. 540 00:56:48,330 --> 00:56:51,100 Se te pos no meu camiño, acabo coa túa carreira. 541 00:56:51,300 --> 00:56:54,030 Ti víchelo cos teus ollos. Iso non pode ignorarse. 542 00:56:54,280 --> 00:56:56,950 O poder é real. 543 00:56:57,620 --> 00:57:01,190 Mandaron marchar a todas. Dixeron que podía quedar contigo. 544 00:57:01,390 --> 00:57:02,860 Sinto que quito 50 quilos 545 00:57:03,060 --> 00:57:05,840 e son 50 veces máis rexa por ter esta cousa. 546 00:57:07,210 --> 00:57:08,700 Non te movas. 547 00:57:08,900 --> 00:57:10,670 Sentade todas, hostia! 548 00:57:11,170 --> 00:57:13,120 Subtítulos: Antía López Cando 549 00:57:13,320 --> 00:57:15,260 Supervisora creativa: Paula Maneiro