1 00:00:06,630 --> 00:00:08,960 Oe. Ti. 2 00:00:11,130 --> 00:00:12,220 Esperta. 3 00:00:13,180 --> 00:00:14,800 Feliz aniversario. 4 00:00:18,640 --> 00:00:21,830 Feliz aniversario. Que hora é? 5 00:00:22,030 --> 00:00:25,150 Cedo. Perdoa. Quería ir correr antes de traballar. 6 00:00:26,650 --> 00:00:28,480 Si, suaches. 7 00:00:29,480 --> 00:00:31,240 Teño un día de tolos. 8 00:00:32,070 --> 00:00:37,200 Quería dicirche algo en persoa antes de que marches: 9 00:00:38,950 --> 00:00:39,910 quérote. 10 00:00:41,660 --> 00:00:44,250 - Esta noite imos beber viño. - Si? 11 00:00:45,250 --> 00:00:49,700 Falaremos de cousas de adultos. Nada de traballo nin dos nenos. 12 00:00:49,900 --> 00:00:50,780 Grazas a Deus. 13 00:00:50,980 --> 00:00:54,090 E despois imos foder. 14 00:00:55,340 --> 00:00:56,510 Como dis? 15 00:00:58,140 --> 00:01:03,980 Vale, librareime dos pequenos e depilareime logo. 16 00:01:05,900 --> 00:01:09,860 Gústame moito ese plan. Pero eu quérote aínda máis. 17 00:01:13,150 --> 00:01:13,990 - Que? - Deus. 18 00:01:14,200 --> 00:01:16,760 - É unha broma? - Que carallo pasa? 19 00:01:16,960 --> 00:01:18,370 - Que pasa? - A alarma! 20 00:01:32,000 --> 00:01:35,240 Jos, que pasou? Meu Deus. Estás ben? 21 00:01:35,440 --> 00:01:36,240 Non me toques. 22 00:01:36,440 --> 00:01:39,390 Non pasa nada. Coidado. Atrás, querida. 23 00:01:44,020 --> 00:01:46,000 Oímos a alarma. Hai lume? 24 00:01:46,200 --> 00:01:48,520 - Xa non. - Estamos ben. Grazas, Frank. 25 00:01:48,940 --> 00:01:50,920 Por que berra a casa? 26 00:01:51,120 --> 00:01:52,400 Jos quixo queimala. 27 00:01:53,320 --> 00:01:55,850 - Rabia de adolescente. - Cala, Matty. 28 00:01:56,040 --> 00:01:58,970 Vale, non pasa nada. Está todo controlado. 29 00:01:59,170 --> 00:02:00,390 Preparádevos. É tarde. 30 00:02:00,590 --> 00:02:04,080 - Nada? Isto parece Chernóbil. - Es un pouco esaxerado. 31 00:02:07,000 --> 00:02:09,210 - Jos, que pasou? - Non sei. 32 00:02:18,050 --> 00:02:22,330 - Podemos falar no meu idioma? - Amor, canto levamos casados? 33 00:02:22,530 --> 00:02:25,580 Vinte anos? E non entendes? Non tes o Rosetta Stone? 34 00:02:25,780 --> 00:02:29,440 Non ten tempo. Está ocupada bicando bebés e cortando cintas. 35 00:02:29,690 --> 00:02:32,920 Oe, Jos. Non lle fales así a túa nai. 36 00:02:33,120 --> 00:02:35,780 A ver, dime. Que che pasa? 37 00:02:43,450 --> 00:02:44,520 É Helen. Perdón. 38 00:02:44,720 --> 00:02:45,480 - Xa. - Perdón. 39 00:02:45,680 --> 00:02:46,580 Non pasa nada. 40 00:02:46,950 --> 00:02:50,500 - Espero que sexa importante. - O mundo está en chamas. 41 00:02:51,670 --> 00:02:54,500 Tes que vir. Agora. 42 00:02:56,340 --> 00:03:01,220 O PODER 43 00:03:02,680 --> 00:03:05,960 Os servizos de emerxencia non poden facer máis horas extra. 44 00:03:06,160 --> 00:03:08,380 Temos que avisar a alguén con cartos. 45 00:03:08,580 --> 00:03:12,130 - Chama o gobernador. Que máis? - Puget Sound Energy. 46 00:03:12,330 --> 00:03:16,190 Apagóns, redes queimadas, cadros da luz... E non fallan os equipos. 47 00:03:16,400 --> 00:03:19,610 Que o comprobe alguén externo, por favor. 48 00:03:19,820 --> 00:03:22,890 Outro incendio en Beacon Hill. Restaurante familiar. 49 00:03:23,090 --> 00:03:27,060 O xefe di que está controlado, pero chegou a un edificio de vivendas. 50 00:03:27,260 --> 00:03:29,310 Tres mortos e varios desaparecidos. 51 00:03:29,510 --> 00:03:33,460 Outra adolescente. A familia insiste en que foi un accidente. 52 00:03:33,830 --> 00:03:38,710 O pai di que o lume veu das súas mans. Palabras textuais. 53 00:03:39,260 --> 00:03:41,760 Aí viven moitos inmigrantes chineses. 54 00:03:41,960 --> 00:03:44,500 É posible que non fale ben o noso idioma? 55 00:03:44,700 --> 00:03:45,500 É posible. 56 00:03:45,700 --> 00:03:48,120 - Ti falas mandarín? - E cantonés. Vou aló. 57 00:03:48,320 --> 00:03:51,790 Vale, bárbaro. Estádelo a facer caralludamente. Grazas. 58 00:03:51,990 --> 00:03:54,510 Podedes marchar todos, vale? 59 00:03:54,700 --> 00:03:56,650 Que pasa? Van 12 lumes na semana. 60 00:03:58,820 --> 00:04:00,280 Que demo pasa? 61 00:04:02,110 --> 00:04:04,870 As adolescentes están plantándolle lume a todo. 62 00:04:05,120 --> 00:04:08,060 Non me sorprende. Con este mundo no que viven? 63 00:04:08,260 --> 00:04:12,040 Si. Eu tamén teño gana de plantarlles lume ás cousas ás veces. 64 00:04:12,620 --> 00:04:17,840 Incendios, rapazas, cortes de luz... Ti cres que todo isto ten algo que ver? 65 00:04:18,800 --> 00:04:20,010 Vouno investigar. 66 00:04:36,400 --> 00:04:38,820 Ola, Jos. Perdoa por... 67 00:04:41,360 --> 00:04:44,360 É miña nai. Non pode mandar unha mensaxe coma todos? 68 00:04:44,950 --> 00:04:48,530 Escoitaches iso da electricidade que teñen as rapazas agora? 69 00:04:49,330 --> 00:04:52,190 Si, algo oín. Por que? Que oíches ti sobre iso? 70 00:04:52,390 --> 00:04:55,020 - Que iso é o que o causa. - O que, enviar mensaxes? 71 00:04:55,220 --> 00:05:00,750 Non. Son as rapazas que xogan consigo mesmas. Con vibradores. 72 00:05:03,550 --> 00:05:07,950 Vaites. Iso si que non o oíra eu. Pero teño exame de civilización mundial. 73 00:05:08,150 --> 00:05:11,920 Vémonos despois. Xenial. Ola, Quinn. Onde está Cat? 74 00:05:12,120 --> 00:05:15,020 Supoño que latando, polo exame. Ti estudaches? 75 00:05:15,560 --> 00:05:19,980 Si, algo. Non sei. Un capítulo enteiro da Revolución Francesa? 76 00:05:20,520 --> 00:05:24,650 - Cando vou usar iso na vida? - Xa, verdade? Eu vou suspender fixo. 77 00:05:33,000 --> 00:05:36,250 - Mira iso. Non hai exame. - Xesús. Caralludo. 78 00:05:36,620 --> 00:05:38,080 Vamos. 79 00:05:41,750 --> 00:05:42,530 Ola. 80 00:05:42,730 --> 00:05:45,920 Este é Rob Lopez. El dirixe estes ensaios. 81 00:05:46,630 --> 00:05:47,620 Encantado. 82 00:05:47,820 --> 00:05:52,080 Vai botar unha ollada ás marcas do brazo, se che parece, Sara. 83 00:05:52,280 --> 00:05:53,060 Si. 84 00:05:55,390 --> 00:05:58,400 Entón, Sara, estás ben? 85 00:05:58,730 --> 00:06:01,020 - Si. - Que ben. 86 00:06:02,320 --> 00:06:05,400 Síntocho moito por todo o que che pasou. 87 00:06:06,450 --> 00:06:10,240 Estou seguro de que imos poder arranxalo. 88 00:06:11,660 --> 00:06:12,640 Mira, enténdote. 89 00:06:12,840 --> 00:06:16,460 Eu teño dúas fillas. E sei que se preocupan. 90 00:06:16,710 --> 00:06:19,120 Por todo. Vale. Podo? 91 00:06:21,750 --> 00:06:22,800 Moi ben. 92 00:06:28,590 --> 00:06:29,430 Vale. 93 00:06:39,980 --> 00:06:42,520 Moitos medicamentos para un corpo pequeno. 94 00:06:43,150 --> 00:06:45,150 Sara non xestiona ben as emocións. 95 00:06:46,190 --> 00:06:48,760 - Sobre todo cando se cabrea. - Xa. 96 00:06:48,960 --> 00:06:52,160 E diagnosticáronlle trastorno explosivo intermitente? 97 00:06:52,490 --> 00:06:56,160 Si. Sara non tiña estes problemas ata hai un par de anos. 98 00:06:57,660 --> 00:07:00,790 - Pasou algo? - Non, nada que saibamos. 99 00:07:02,630 --> 00:07:06,050 Será unha colisión violenta coa temida adolescencia. 100 00:07:06,380 --> 00:07:09,930 Si, sei a que se refire. Teño unha desa idade. 101 00:07:10,180 --> 00:07:14,620 Pero xa ten 17. Que lle di a súa cando lle fala dos sentimentos? 102 00:07:14,820 --> 00:07:18,600 Falar? Sara non fala. Berra. 103 00:07:19,180 --> 00:07:21,690 Ódiame. Odia a todo o mundo. 104 00:07:22,480 --> 00:07:24,770 Síntoo moito. Tome. 105 00:07:29,990 --> 00:07:34,310 Imos ver. Temos Depakote, Tegretol, Topamax, Abilify, 106 00:07:34,510 --> 00:07:37,230 Risperdal, fenobarbital a demanda... 107 00:07:37,430 --> 00:07:39,370 Si, xa probamos con todo. 108 00:07:41,830 --> 00:07:45,110 Pero as marcas saíronlle por iso, ou? Polos medicamentos. 109 00:07:45,310 --> 00:07:48,240 Son efectos secundarios diso e reaccións? 110 00:07:48,440 --> 00:07:50,660 Ningún destes medicamentos, nin xuntos, 111 00:07:50,860 --> 00:07:52,300 podería provocar iso. 112 00:07:53,180 --> 00:07:57,620 Perdoe. O padrón desta escarificación distínguese ben. 113 00:07:57,820 --> 00:08:02,440 É unha figura de Lichtenberg. Só a provocan as queimaduras eléctricas. 114 00:08:03,730 --> 00:08:08,380 Sufriu Sara algunha descarga eléctrica? Tería algún accidente que non saiba? 115 00:08:08,580 --> 00:08:12,240 Non. Non o creo. 116 00:08:12,450 --> 00:08:15,740 Contaríamo se lle pasase algo así, ou? 117 00:08:17,530 --> 00:08:23,210 Kellie, síntoo. Sei que isto é moi delicado, pero teño que preguntar. 118 00:08:25,130 --> 00:08:27,170 Seguro que non a mancou ninguén? 119 00:08:27,670 --> 00:08:31,880 Non. Non que eu saiba. 120 00:08:33,050 --> 00:08:35,930 Só tivo rifas. Cousas normais de recreo. 121 00:08:36,890 --> 00:08:39,060 Con rapazas. Coas demais nenas. 122 00:08:41,480 --> 00:08:42,310 Vale. 123 00:08:46,150 --> 00:08:48,050 As rúas dos Cárpatos arden. 124 00:08:48,250 --> 00:08:52,220 Os incendios non son accidentes. Son actos de vandalismo e anarquismo. 125 00:08:52,420 --> 00:08:53,820 As responsables terán 126 00:08:54,820 --> 00:08:56,410 a pena capital. 127 00:08:56,660 --> 00:09:00,100 Non son simples rapazas novas, son terroristas. 128 00:09:00,300 --> 00:09:05,120 Eu son un presidente devoto e restaurarei a orde. Que Deus me axude. 129 00:09:06,040 --> 00:09:06,920 Que vos dean. 130 00:09:20,100 --> 00:09:22,080 {\an8}RESUMO DEPORTIVO 1999 131 00:09:22,280 --> 00:09:24,040 {\an8}A finais deste ano, en outubro, 132 00:09:24,240 --> 00:09:25,840 {\an8}INSTITUTO DE EXCELENCIA EN XIMNASIA 133 00:09:26,040 --> 00:09:29,010 {\an8}as mellores ximnastas de 71 países de todo o mundo 134 00:09:29,210 --> 00:09:31,570 reuniranse en Tianjin, A China, 135 00:09:31,940 --> 00:09:34,740 que acollerá o premio final. 136 00:09:35,110 --> 00:09:37,820 O cobizado ouro das olimpíadas de Sidney. 137 00:09:38,990 --> 00:09:41,490 Primeiro son as competicións nacionais. 138 00:09:41,740 --> 00:09:45,620 Nos Cárpatos, está emerxendo un novo e brillante talento. 139 00:09:46,040 --> 00:09:50,420 {\an8}Todo dependerá do meu rendemento nas probas, que debería gañar facilmente. 140 00:09:52,670 --> 00:09:55,010 Levo adestrando desde os dous anos. 141 00:09:55,340 --> 00:09:58,930 Quero ser a mellor e que o meu país estea orgulloso de min. 142 00:10:00,010 --> 00:10:02,640 E tamén miña irmá, Zoia. 143 00:10:02,850 --> 00:10:05,680 - E túa nai? - Tamén. 144 00:10:06,980 --> 00:10:09,350 Xa popular na prensa carpática, 145 00:10:09,600 --> 00:10:13,360 agora a cuestión é que consiga que o equipo vaia a Tianjin. 146 00:10:13,820 --> 00:10:15,860 {\an8}Podes repetir o teu nome? 147 00:10:16,360 --> 00:10:20,030 Son Tatiana Donici e teño 15 anos. 148 00:10:20,240 --> 00:10:21,240 Corten. 149 00:11:25,600 --> 00:11:28,020 Es valente por presentáreste aquí. 150 00:11:29,350 --> 00:11:32,060 - Papá vaite matar. - Como está? 151 00:11:34,940 --> 00:11:37,150 Como cres que está, Tunde? 152 00:11:37,780 --> 00:11:38,650 Por favor. 153 00:11:40,400 --> 00:11:42,200 - Ai, Señor. - Grazas. 154 00:11:45,200 --> 00:11:47,990 Todo listo. Grazas, señor. 155 00:12:02,510 --> 00:12:03,680 Mírame. 156 00:12:05,470 --> 00:12:06,600 Ndudi? 157 00:12:09,810 --> 00:12:10,890 Mírame. 158 00:12:27,740 --> 00:12:29,580 Sabes en que lea me metín? 159 00:12:33,750 --> 00:12:38,630 - Síntocho. - Meu pai quere facerme un exorcismo. 160 00:12:41,920 --> 00:12:43,720 Seus pais non queren visitas. 161 00:12:51,350 --> 00:12:53,390 Vou descubrir o que che pasou. 162 00:12:54,520 --> 00:12:55,690 Que é esta cousa. 163 00:13:41,360 --> 00:13:42,820 Merecíao, carallo. 164 00:13:46,910 --> 00:13:49,910 Noso Pai, que estás no ceo... 165 00:13:50,200 --> 00:13:52,660 Que fixo o Pai por ti na túa vida? 166 00:13:55,410 --> 00:13:57,290 Ninguén vai vir salvarte. 167 00:13:59,080 --> 00:14:00,690 Desde que naciches, 168 00:14:00,890 --> 00:14:03,510 este mundo non fixo máis que darche labazadas. 169 00:14:36,540 --> 00:14:38,370 Deixa xa de finxir que es boa. 170 00:14:42,380 --> 00:14:43,750 E colle o que precises. 171 00:14:54,010 --> 00:14:57,060 Se ven esta persoa, chamen a policía. 172 00:14:57,680 --> 00:14:59,270 Clyde era un bo home. 173 00:14:59,770 --> 00:15:03,400 {\an8}Serviu durante anos na Primeira Igrexa Bautista. Anos. 174 00:15:05,320 --> 00:15:07,050 Non merecía morrer así. 175 00:15:07,250 --> 00:15:09,530 DESAPARECIDA TRAS MORTE SOSPEITOSA 176 00:15:11,620 --> 00:15:13,870 - A policía dixo... - Nada de preguntas. 177 00:15:14,280 --> 00:15:18,020 ...que Allison Montgomery, de 17 anos, é sospeitosa de asasinato, 178 00:15:18,220 --> 00:15:20,570 e pídeselles que non se acheguen a ela 179 00:15:20,770 --> 00:15:23,080 xa que é extremadamente perigosa. 180 00:16:27,230 --> 00:16:28,150 Perdón. 181 00:16:35,530 --> 00:16:36,410 MONKE E FILLOS 182 00:16:37,330 --> 00:16:39,910 - Logo pechamos. - Es novo? 183 00:16:40,290 --> 00:16:44,420 Veño ver a meu pai. Son filla de Bernie Monke. 184 00:16:49,170 --> 00:16:51,590 - Aparta. - Non podes entrar con iso. 185 00:16:59,350 --> 00:17:02,080 - Ola. - Agora mesmo estou con vostede, señora. 186 00:17:02,280 --> 00:17:05,920 - Quen carallo está fóra? - Vaia arriba á dereita. 187 00:17:06,120 --> 00:17:09,760 Aí está el, señora, vale? Que tal ese? 188 00:17:09,960 --> 00:17:11,890 - Que dixo a poli de mamá? - Ola. 189 00:17:12,080 --> 00:17:14,860 - Que fas aquí? Estamos traballando. - Ocúpome eu. 190 00:17:15,740 --> 00:17:18,730 - Que tal vai todo? - Quero saber quen matou a mamá. 191 00:17:18,930 --> 00:17:22,250 - Vin as súas caras. Podo axudar. - Mira, Rox. Escoita. 192 00:17:23,080 --> 00:17:28,210 Sinto moito o que pasou. Sei que a botas de menos. Coma todos. 193 00:17:28,500 --> 00:17:32,110 Pero Ricky ten razón. Isto é un negocio. Temos clientes abaixo. 194 00:17:32,310 --> 00:17:36,130 Matárona polos teus negocios? Ían por ti? Por vinganza? 195 00:17:36,720 --> 00:17:39,290 Non. Cren que foi un roubo que saíu mal. 196 00:17:39,490 --> 00:17:41,720 Eses parvos foron á casa equivocada. 197 00:17:43,100 --> 00:17:45,890 Dixeron: "Que fai a rapaza aquí?". 198 00:17:46,310 --> 00:17:47,850 Coma se me coñecesen. 199 00:17:48,480 --> 00:17:52,610 Estarían tenteando o terreo. Veríante entrar e saír outras veces. 200 00:17:54,610 --> 00:17:58,660 Ti queda tranquila. Imos investigar. Vale? Prométocho. 201 00:18:00,660 --> 00:18:03,270 Quéroos mortos. Quero estar cando os matedes. 202 00:18:03,470 --> 00:18:07,730 Non imos matar a ninguén. Estou colaborando coa policía. 203 00:18:07,930 --> 00:18:11,990 - É unha investigación oficial. - Desde cando confías na policía? 204 00:18:12,190 --> 00:18:15,670 E cres que a min me gusta todo isto? Eu quería a túa nai. 205 00:18:16,550 --> 00:18:19,370 Ocúpome eu de todo, pero hai que ter coidado. 206 00:18:19,570 --> 00:18:20,790 Hai moita policía. 207 00:18:20,990 --> 00:18:23,720 E non debes facer ningunha parvada, pequena. 208 00:18:25,480 --> 00:18:26,430 Oíches? 209 00:18:28,650 --> 00:18:30,860 Vale. Hora de marchar. 210 00:18:33,980 --> 00:18:35,740 Terry, acompaña a Roxy. 211 00:18:38,150 --> 00:18:39,280 A iso me refiro. 212 00:18:39,820 --> 00:18:45,080 Xa. Dixo que o mércores, así que terei que agardar a que chame. 213 00:18:45,950 --> 00:18:49,340 Non sei, Caitlyn. Por que cres que vai cambiar? 214 00:18:49,540 --> 00:18:53,800 Que clase de trola infantil teño que descifrar para librarme do cretino? 215 00:18:56,300 --> 00:19:01,340 Vállame Deus. Vale, mira. Teño que colgar. Vale. Ás 19:30. 216 00:19:03,430 --> 00:19:06,390 - Quero empeñar isto. - Moi ben. 217 00:19:08,230 --> 00:19:12,150 - Isto pertencía a algo? - Estaba nun colar. 218 00:19:16,110 --> 00:19:17,820 Nun colar dis? 219 00:19:22,320 --> 00:19:25,700 Vaia, está un pouco rabuñado. 220 00:19:32,960 --> 00:19:34,500 Douche 100 dólares. 221 00:19:35,630 --> 00:19:38,760 - É un rubí auténtico. - Por iso che ofrezo 100. 222 00:19:39,130 --> 00:19:40,550 Recordas as anguías? 223 00:19:41,630 --> 00:19:44,430 Facían que os peixes nadasen cara ás súas bocas. 224 00:19:47,180 --> 00:19:50,480 Non. Non penso darlle cartos a unha adicta á metadona. 225 00:19:50,690 --> 00:19:52,440 - Hai... - Non, si que o es. 226 00:19:52,940 --> 00:19:56,840 Perdoa. Estou un pouco mareada. É que doo sangue. 227 00:19:57,040 --> 00:20:00,650 - Que fas que? - Doo sangue. Pagan 50 por bolsa. 228 00:20:02,860 --> 00:20:06,690 - Esquecín comer unha galleta. - Meu Deus. Vale. 229 00:20:06,880 --> 00:20:09,810 - Pois senta. - Estás segura? 230 00:20:10,010 --> 00:20:12,750 Claro que si. Senta o cu nesa cadeira. 231 00:20:17,800 --> 00:20:22,630 - Dásme algo de beber, por favor? - Claro que si. Vállame Deus. 232 00:20:29,850 --> 00:20:30,790 OFERTAS DE NADAL 233 00:20:30,990 --> 00:20:33,060 O que tes é mellor que calquera arma. 234 00:20:33,900 --> 00:20:36,770 - Xa verás. - Toma, querida. Toma zume. 235 00:20:42,150 --> 00:20:43,110 Queres galletas? 236 00:20:46,620 --> 00:20:47,530 Caramba. 237 00:20:49,410 --> 00:20:51,750 Volvo nun minuto, Billy. 238 00:20:52,000 --> 00:20:53,210 Só estou mirando. 239 00:21:06,090 --> 00:21:09,470 Recoñezo que un rubí auténtico coma este vale uns... 240 00:21:11,810 --> 00:21:13,600 150 dólares. 241 00:21:15,310 --> 00:21:16,150 Grazas. 242 00:21:19,770 --> 00:21:21,990 Déixasme quedar coma unha tola. 243 00:21:22,530 --> 00:21:24,720 Estou aquí para dicir onde debes ir. 244 00:21:24,920 --> 00:21:27,990 - E onde debo ir? - Saberalo cando o vexas. 245 00:21:28,280 --> 00:21:29,580 Vale, está ben. 246 00:21:59,480 --> 00:22:00,520 Dime. 247 00:22:01,440 --> 00:22:06,390 En que lea se meteu Ndudi? A xente di que é unha bruxa. 248 00:22:06,590 --> 00:22:09,240 - Sabes que non é unha bruxa. - Dillo a seu pai. 249 00:22:16,210 --> 00:22:19,040 Non entendo nada do que fas. 250 00:22:21,670 --> 00:22:25,370 Sabes que os amuletos son perigosos. Por que te metes con iso? 251 00:22:25,560 --> 00:22:26,760 Non o pensei ben. 252 00:22:28,380 --> 00:22:30,470 Seguía unha historia. 253 00:22:32,390 --> 00:22:34,890 - Síntoo. - Tes que solucionar isto. 254 00:22:35,810 --> 00:22:38,380 E non fales disto con túa irmá. 255 00:22:38,580 --> 00:22:40,770 Non quero que saque ideas. 256 00:22:41,190 --> 00:22:42,400 Escoitáchesme? 257 00:22:49,740 --> 00:22:50,620 Non pasa nada. 258 00:23:13,220 --> 00:23:15,010 ARRASTRAR E SOLTAR VÍDEOS RAPAZAS CON ELECTRICIDADE? 259 00:23:21,650 --> 00:23:24,360 {\an8}AXUDA, POR FAVOR! ALGUÉN SABE QUE É ISTO? 260 00:23:38,500 --> 00:23:43,500 Atopouno un dos de prácticas. Publicouno un rapaz de Nixeria. 261 00:23:44,000 --> 00:23:47,420 Tunde Ojo. Un blogueiro con 12 seguidores. 262 00:23:48,340 --> 00:23:51,550 Calquera con Snapchat pode facer iso, verdade? 263 00:23:52,260 --> 00:23:56,220 - Será algún filtro ou algo así. - Deus, pois parece moi real. 264 00:23:56,510 --> 00:23:58,250 E deberías ver os comentarios. 265 00:23:58,450 --> 00:24:01,800 Hai moitos de rapazas que din que a elas tamén lles pasa. 266 00:24:01,990 --> 00:24:06,230 Ou que xa o viron. Electricidade saíndo das mans. 267 00:24:07,940 --> 00:24:10,400 - Todas adolescentes? - Polo que vin, si. 268 00:24:12,660 --> 00:24:16,020 - Dixo algo o gobernador? - Leva en reunións todo o día. 269 00:24:16,220 --> 00:24:19,940 Bobadas. É a campaña do Senado. Está recadando fondos. 270 00:24:20,140 --> 00:24:24,540 A súa secretaria dixo que esta noite ten un evento para doadores na mansión. 271 00:24:25,750 --> 00:24:27,130 Merda. 272 00:24:27,800 --> 00:24:32,380 Entón terei que ir á puta Olympia no meu puto aniversario. 273 00:24:34,180 --> 00:24:36,540 Chamas a Rob e dislle que chego tarde? 274 00:24:36,740 --> 00:24:41,790 - Claro. Fasme un favor? - Vale, Mary Poppins. Que é isto? 275 00:24:41,990 --> 00:24:46,150 Por se hai prensa na casa de Dandon. Deron malas opinións deses tacóns. 276 00:24:46,520 --> 00:24:49,220 - Demasiado caros. - Estes tacóns? 277 00:24:49,420 --> 00:24:54,060 Polos que paguei 800 dólares? Porque me mandaches amosar aspiracións? 278 00:24:54,260 --> 00:24:56,870 Síntoo. Os progresistas son pouco fieis. 279 00:24:59,410 --> 00:25:00,580 Non están mal. 280 00:25:03,620 --> 00:25:04,710 Vale. 281 00:25:06,460 --> 00:25:08,920 - Mancan. - Tes o que pagas, supoño. 282 00:25:09,120 --> 00:25:12,530 O gobernador Dandon leva Ferragamos de 1000 dólares. 283 00:25:12,730 --> 00:25:17,220 E ninguén di nada. Os que falan dos meus zapatos, que compren unha vida. 284 00:25:22,850 --> 00:25:25,480 Que tal foi o exame? Saíuche ben? 285 00:25:26,600 --> 00:25:29,570 - Bastante ben. - Bastante ben? Só bastante? 286 00:25:30,110 --> 00:25:32,150 - Si. - Vale. 287 00:25:36,160 --> 00:25:38,030 Estás ben, Jos? 288 00:25:39,280 --> 00:25:40,740 Estás ben, Jos? 289 00:25:41,700 --> 00:25:43,120 Estás ben, Jos? 290 00:25:46,580 --> 00:25:48,880 Velaquí unha presentación do bo que son 291 00:25:49,080 --> 00:25:51,610 Díllelo aos teus pais Mándalles un telegrama 292 00:25:51,810 --> 00:25:54,200 Son coma as Energizer porque teño aguante 293 00:25:54,400 --> 00:25:57,200 A miña banda é a mellor porque xuntos somos fortes 294 00:25:57,400 --> 00:25:59,010 Si. 295 00:26:04,640 --> 00:26:08,900 Vaites. Esta era a música que escoitaba eu coa túa idade. 296 00:26:09,520 --> 00:26:12,900 Daquela gustábame moito. Vállame Deus. 297 00:26:13,230 --> 00:26:16,780 Deberías escoitala algunha vez. Coido que podería gustarche. 298 00:26:17,150 --> 00:26:20,600 Estes tipos eran divertidos e implicábanse no social. 299 00:26:20,800 --> 00:26:23,240 Eran woke antes de que existise tal cousa. 300 00:26:23,540 --> 00:26:27,770 E os sampleados? Meu Deus. Eran incribles. Usaban música do mundo. 301 00:26:27,970 --> 00:26:31,630 Jazz. A ver, xa sei que agora todos usan sampleados, pero... 302 00:26:33,800 --> 00:26:37,220 Vale, entendido. Son un pesado. Conduzo e calo. 303 00:26:40,550 --> 00:26:41,600 Hostia. 304 00:26:43,390 --> 00:26:44,430 Que cona pasou? 305 00:26:47,270 --> 00:26:50,650 - Vaites, meu ben, estás ben? - Si, estou. 306 00:26:51,060 --> 00:26:52,230 Que carallo pasou? 307 00:26:53,440 --> 00:26:56,820 Non o sei. Parecía electricidade estática ou algo así. 308 00:26:59,320 --> 00:27:02,530 Jos, foi iso mesmo o que che pasou co microondas? 309 00:27:05,370 --> 00:27:06,750 - Jos? - Non. 310 00:27:07,250 --> 00:27:08,440 - Podes dicirmo. - Non. 311 00:27:08,640 --> 00:27:12,670 Sería porque a radio é vella, igual que a túa merda de música. 312 00:27:13,290 --> 00:27:14,340 Jos. 313 00:27:50,160 --> 00:27:54,710 Pepe, repepe, camisa rachada, foi á cociña lamber a pescada. 314 00:27:54,960 --> 00:27:59,260 Lambeu e lambeu e nunca se encheu. Subiu ao canizo e chimpou un chourizo. 315 00:28:14,190 --> 00:28:15,150 Estás ben? 316 00:28:17,020 --> 00:28:19,150 - Que ocorreu? - Non arranca. 317 00:28:19,570 --> 00:28:21,570 - Podo mirar? - Xa ven un rapaz. 318 00:28:23,070 --> 00:28:27,280 Outro home que te menospreza. É mellor pasar e marchar. 319 00:28:27,870 --> 00:28:29,810 - Onde ides? - Banco de alimentos. 320 00:28:30,010 --> 00:28:32,040 Cala, non contes as nosas cousas. 321 00:28:32,240 --> 00:28:35,110 Medrei entre coches. Meu pai é mecánico. 322 00:28:35,310 --> 00:28:37,460 Levas unhas pinzas no peto? 323 00:28:37,750 --> 00:28:38,750 Si, pode ser. 324 00:28:40,970 --> 00:28:45,220 - De onde vés ti soa? - Perdín o bus. 325 00:28:47,350 --> 00:28:49,420 Sabes o que podes facer para axudar? 326 00:28:49,620 --> 00:28:52,690 Dime se se move o cable do acelerador cando arranco. 327 00:29:00,730 --> 00:29:01,690 Lista? 328 00:29:05,910 --> 00:29:07,910 - Nada? - Outra vez. 329 00:29:12,710 --> 00:29:13,580 Outra vez. 330 00:29:14,790 --> 00:29:16,610 - É maga? - Algo? 331 00:29:16,810 --> 00:29:17,990 - É bruxa. - Outra vez. 332 00:29:18,190 --> 00:29:20,970 - Non hai rapazas magas. - Poden ser o que queiran. 333 00:29:21,170 --> 00:29:22,210 Outra vez. 334 00:29:34,310 --> 00:29:35,480 Que fixeches? 335 00:29:38,650 --> 00:29:40,630 - Non, cálmate. Respira. - Queimouna. 336 00:29:40,830 --> 00:29:41,970 - Papá! - Que pasou? 337 00:29:42,170 --> 00:29:44,390 - Mancoume. - Apártate das miñas nenas. 338 00:29:44,590 --> 00:29:48,180 - Non, puxo a man no motor quente. - Deixa as miñas fillas! 339 00:29:48,380 --> 00:29:50,830 - Non me toques! - Papá. 340 00:29:51,160 --> 00:29:52,100 Merda. 341 00:29:52,300 --> 00:29:55,920 - Imos para o coche. - Papá. 342 00:29:56,460 --> 00:29:57,230 Estás ben? 343 00:29:57,430 --> 00:30:00,380 - Papá! - Xa está, nenas. Non pasa nada. 344 00:30:05,800 --> 00:30:08,390 Iso é o que pasa cando non me fas caso. 345 00:30:17,440 --> 00:30:18,270 Oe, ti! 346 00:30:32,120 --> 00:30:37,080 Arre demo. Pero que fixeches? Non sabes montar unha puta bicicleta? 347 00:30:37,370 --> 00:30:41,500 Es unha aparvada. Que carallo foi iso? 348 00:31:16,700 --> 00:31:20,290 - Segue mirándote. - Será porque ti segues mirando para el. 349 00:31:22,590 --> 00:31:25,250 - Vai alí. - Nin de broma. 350 00:31:25,670 --> 00:31:27,320 Por? De que tes medo? 351 00:31:27,520 --> 00:31:30,550 Estivo con Brie Diaz. Eu non me movo así. 352 00:31:31,930 --> 00:31:35,540 Veña, Jos. Isto non é patinaxe sobre xeo. Vai alí... 353 00:31:35,740 --> 00:31:37,680 Déixao. Meu Deus. 354 00:31:41,400 --> 00:31:44,900 Hai unha semana, a miña vida era un catro de dez. 355 00:31:47,440 --> 00:31:50,610 - E agora está nun sete. - Un sete? 356 00:31:51,700 --> 00:31:53,820 Podemos electrocutar cousas. 357 00:31:55,530 --> 00:32:00,750 Podemos destruír cousas. Un sete, tía? Non. É un dez. 358 00:32:02,000 --> 00:32:03,790 Isto é un puto dez. 359 00:32:29,780 --> 00:32:31,490 - Margot. - Daniel. 360 00:32:31,860 --> 00:32:34,660 - É tarde. - Chamaron da oficina. Moitas veces. 361 00:32:42,960 --> 00:32:45,230 - Grazas. - Vaiamos para o estudio. 362 00:32:45,430 --> 00:32:46,210 Vale. 363 00:32:47,130 --> 00:32:50,800 Xente, esta é a alcaldesa Margot Cleary-Lopez. 364 00:32:51,170 --> 00:32:54,870 - Sinto interromper. - Botámoste a ti ou collémola a ela? 365 00:32:55,070 --> 00:32:56,970 Cinco minutos. Non tardo. 366 00:33:01,480 --> 00:33:05,340 No medio desta tormenta de merda, ti celebras unha noite de póker. 367 00:33:05,540 --> 00:33:06,340 Si. 368 00:33:06,540 --> 00:33:11,320 Cos que financiaron as túas iniciativas de vivenda e programas de formación. 369 00:33:11,820 --> 00:33:12,900 Iso é a política. 370 00:33:13,570 --> 00:33:16,870 Os tratos que cambian vidas danse nas mesas de póker. 371 00:33:17,830 --> 00:33:20,040 - Un cóctel? - Si, por favor. Grazas. 372 00:33:25,830 --> 00:33:26,670 Grazas. 373 00:33:37,390 --> 00:33:41,500 Recibín as túas mensaxes e pensaba chamarte mañá á mañá. 374 00:33:41,700 --> 00:33:44,960 - Que podo facer por ti? - Primeiro, contestar o teléfono. 375 00:33:45,160 --> 00:33:48,420 - Estamos en crise. - Hai moitos lumes que apagar. 376 00:33:48,620 --> 00:33:51,180 Varios, pero chamarlle "crise" é demasiado. 377 00:33:51,370 --> 00:33:54,610 Non veñas co de "papi Dandon ten todo baixo control". 378 00:33:55,030 --> 00:33:57,720 Queres controlar a opinión polo da campaña... 379 00:33:57,920 --> 00:33:59,270 Isto non é pola campaña. 380 00:33:59,470 --> 00:34:01,980 É porque vés á miña casa no medio da noite 381 00:34:02,180 --> 00:34:04,330 berrando que cae o ceo e sabes o que? 382 00:34:04,870 --> 00:34:07,920 O ceo cae sempre. Iso é gobernar. 383 00:34:08,830 --> 00:34:11,090 E podo axudarche a ser máis eficiente? 384 00:34:11,460 --> 00:34:14,260 Teño emerxencias saturadas. Necesitamos fondos. 385 00:34:15,010 --> 00:34:16,220 Algo máis? 386 00:34:18,510 --> 00:34:19,640 Ben. 387 00:34:21,850 --> 00:34:25,540 Vouche ensinar algo e sei que parece unha loucura, vale? 388 00:34:25,740 --> 00:34:27,940 Pero ti mírao. Tes que velo. 389 00:34:35,740 --> 00:34:40,740 Creo que o que está pasando podería estar relacionado con iso. 390 00:34:42,030 --> 00:34:44,040 - Margot... - Xa o sei. 391 00:34:47,790 --> 00:34:49,340 Iso é un vídeo de Yoozzer. 392 00:34:49,540 --> 00:34:52,570 Si, pero só iso ten sentido con todo o que pasa. 393 00:34:52,770 --> 00:34:56,050 - Pareces estresada. - Estouno. A miña cidade arde. 394 00:34:56,260 --> 00:34:59,260 - Non é o teu aniversario de voda? - Si. 395 00:34:59,890 --> 00:35:01,870 - Cantos van? - Vinte anos. 396 00:35:02,070 --> 00:35:06,600 Vaites. Impresionante. Non adoita haber tanto equilibrio na política. 397 00:35:07,600 --> 00:35:10,090 Farei que un equipo o mire. Discreto. 398 00:35:10,290 --> 00:35:13,400 E, mentres tanto, esperarás paciente e discretamente. 399 00:35:14,360 --> 00:35:17,450 Ademais, dareiche os fondos que precises. 400 00:35:17,650 --> 00:35:18,450 Grazas. 401 00:35:19,030 --> 00:35:24,660 Margot, isto dígocho como alguén que se preocupa por ti e a túa carreira. 402 00:35:25,540 --> 00:35:28,210 Calma. Vai á casa. Pasa tempo co teu marido. 403 00:35:30,870 --> 00:35:32,290 Vale. Tes razón. 404 00:35:35,420 --> 00:35:38,300 - Grazas. - De nada. 405 00:35:38,500 --> 00:35:42,390 Ti fai o que che digo: aprende a non poñerte histérica. 406 00:35:43,720 --> 00:35:47,390 - Como dis? - Xa me entendes. 407 00:35:49,350 --> 00:35:53,230 Si, claro que te entendo. 408 00:36:00,280 --> 00:36:01,240 Merda. 409 00:36:06,700 --> 00:36:08,950 Aquí tes as sobras do tailandés. 410 00:36:10,540 --> 00:36:12,690 Avisáronme tarde, amor. Síntoo. 411 00:36:12,890 --> 00:36:15,740 Tiña reserva no sitio francés que nos gusta. Si. 412 00:36:15,940 --> 00:36:20,370 Teño moita fame e isto é perfecto. Moitas grazas. 413 00:36:20,570 --> 00:36:23,430 Síntoo. 414 00:36:24,340 --> 00:36:28,350 Non te preocupes, amor. A comida francesa dáme gases. 415 00:36:30,810 --> 00:36:34,510 - Onde colliches as flores? - Dos veciños, onda a caixa do correo. 416 00:36:34,700 --> 00:36:37,800 O seu gato cagaba na caixa de area dos nenos. É xusto. 417 00:36:38,000 --> 00:36:39,740 É certo. Claro que si. 418 00:36:40,860 --> 00:36:44,820 - Arre demo. Que pasou? - En Internet odian os meus zapatos. 419 00:36:45,620 --> 00:36:49,700 - E a miña cara. - Non a toques. Encárgome eu. 420 00:36:51,870 --> 00:36:55,130 Que tal o día? Pasou algo divertido ou interesante? 421 00:36:56,340 --> 00:37:01,740 Non. Nada. Non quero falar do meu día. 422 00:37:01,940 --> 00:37:04,470 Vale. E de que queres falar? 423 00:37:07,050 --> 00:37:10,750 Da túa depilación. Si, imos falar diso, Dr. Lopez. 424 00:37:10,950 --> 00:37:13,190 Vale. Moi ben, mamaíña. 425 00:37:14,520 --> 00:37:15,560 Toma. 426 00:37:25,610 --> 00:37:28,120 Non. Sabes o que? Imos falar do teu día. 427 00:37:29,160 --> 00:37:33,650 Non. Non quero. Por que temos que falar do meu día? 428 00:37:33,850 --> 00:37:37,150 Aínda que fagas esa monada coa voz que sempre fas, 429 00:37:37,350 --> 00:37:39,530 sei que pasa algo, vale? 430 00:37:39,730 --> 00:37:41,030 Queres cerrarte. 431 00:37:41,230 --> 00:37:42,990 Se non sacas toda esa merda, 432 00:37:43,190 --> 00:37:46,390 ao final vai estoupar e estragar a nosa noite. Vale? 433 00:37:50,510 --> 00:37:53,810 Perdón. Sabes o que? Hoxe tiven unha paciente. 434 00:37:54,520 --> 00:37:58,650 Unha pobre adolescente. Tiña moita rabia. Vaia loucura. 435 00:37:59,060 --> 00:38:02,480 Medicárona ata aparvala e, aínda así, seguía irritada. 436 00:38:03,530 --> 00:38:04,570 Non sei. 437 00:38:05,610 --> 00:38:08,810 Parece que o mundo se puxo patas arriba de súpeto. 438 00:38:09,010 --> 00:38:12,660 Por iso tes que sacar toda esa merda. Vale? 439 00:38:13,950 --> 00:38:18,820 Non podo. Aínda que che pareza pola miña cara que estou enfadada, 440 00:38:19,020 --> 00:38:24,070 o caso é que son emocional, irracional, histérica e totalmente inelixible. 441 00:38:24,270 --> 00:38:25,990 Parvadas. Este é o noso espazo. 442 00:38:26,190 --> 00:38:29,510 Son o teu home. E eu digo que podes estar enfadada, si? 443 00:38:29,760 --> 00:38:32,680 Déixate levar. Veña. Enfádate. 444 00:38:34,850 --> 00:38:35,730 Vale. 445 00:38:40,110 --> 00:38:43,730 Están pasando moitas merdas aquí. Pero merdas graves, vale? 446 00:38:44,570 --> 00:38:47,860 Mentres tanto, na era dos móbiles, das mensaxes de texto, 447 00:38:48,110 --> 00:38:50,140 dos correos e de Panogram, 448 00:38:50,340 --> 00:38:54,540 teño que ir ata a puta Olympia para que me faga caso dous minutos. 449 00:38:55,040 --> 00:38:57,710 - E sabes o que me dixo? - Non. Que dixo? 450 00:38:58,120 --> 00:39:03,090 Díxome que non me puxese histérica. 451 00:39:04,590 --> 00:39:07,450 Non me gusta que lle diga iso á miña muller. 452 00:39:07,650 --> 00:39:09,580 - Queres pegarlle? - Non o fixeches? 453 00:39:09,780 --> 00:39:13,730 - Oxalá. Faríao. - Sei que poderías facelo. 454 00:39:13,930 --> 00:39:17,170 E que dixeches? Porque seguro que dixeches algo. 455 00:39:17,370 --> 00:39:21,420 Nada. Son unha política. Pode mexar por min canto queira. 456 00:39:21,620 --> 00:39:25,220 - Teño que apandar e poñer boa cara. - Vete coma unha ameaza. 457 00:39:25,420 --> 00:39:28,550 Porque es máis capaz e estás máis cualificada ca el. 458 00:39:28,750 --> 00:39:30,970 Ten que pisarte e facerte calar. 459 00:39:31,170 --> 00:39:34,640 - Pero non lle vas deixar gañar. - Xa gañou. 460 00:39:34,840 --> 00:39:37,910 Eu só quería comer boa comida e foder co meu home. 461 00:39:38,330 --> 00:39:39,500 Vale, agarda aquí. 462 00:39:41,250 --> 00:39:43,790 - Que vas...? - Agarda. Non... 463 00:39:49,050 --> 00:39:49,970 Toma. 464 00:39:52,340 --> 00:39:55,410 Que é isto? É...? 465 00:39:55,610 --> 00:39:57,520 É un regalo? Ou... 466 00:39:58,730 --> 00:40:02,900 Si que o é. É un regalo de voda da tola de túa nai. 467 00:40:04,110 --> 00:40:07,070 Rómpeo. Si, veña. 468 00:40:08,280 --> 00:40:10,110 Esnaquízao. En serio. 469 00:40:33,970 --> 00:40:38,680 Vállame Deus! Arre demo. Que ben me fixo sentir iso. 470 00:40:39,060 --> 00:40:40,430 Si? É agradable? 471 00:40:41,140 --> 00:40:43,980 - Vale. Outra vez. - Non. 472 00:40:46,310 --> 00:40:48,530 Vou por cousas do IKEA, vale? Non. 473 00:40:50,030 --> 00:40:51,950 - Bule. - Estás tola. Encántame. 474 00:41:04,290 --> 00:41:06,440 Seguen os incendios por todo o mundo, 475 00:41:06,640 --> 00:41:09,380 en parques, negocios, casas e colexios. 476 00:41:09,590 --> 00:41:13,010 En moitos casos, atopouse unha conexión alarmante. 477 00:41:13,930 --> 00:41:17,010 Nenas, algunhas de só 12 anos, son as responsables. 478 00:41:18,220 --> 00:41:20,350 Son incendios provocados? 479 00:41:20,970 --> 00:41:24,100 Será un reto por redes de prender lume que saíu mal? 480 00:41:25,190 --> 00:41:26,630 Os saturados bombeiros 481 00:41:26,830 --> 00:41:30,610 de todo o mundo loitan contra as chamas e buscan respostas. 482 00:41:30,940 --> 00:41:34,970 Nos Cárpatos, o presidente Moskalev declarou estas mozas terroristas 483 00:41:35,170 --> 00:41:37,750 e ameazou con aplicarlles a pena capital. 484 00:41:37,950 --> 00:41:40,740 Só son nenas, Viktor. O que fan son parvadas. 485 00:41:42,330 --> 00:41:44,870 Non tes outras cousas polas que preocuparte? 486 00:41:45,210 --> 00:41:49,190 Cres que non sei o que pasa no meu puto país? 487 00:41:49,390 --> 00:41:52,780 ...moitos quedaron sen luz por segunda noite consecutiva. 488 00:41:52,980 --> 00:41:54,530 Os negocios pecharon 489 00:41:54,730 --> 00:41:57,720 e as familias quedan na casa á luz das candeas. 490 00:41:57,930 --> 00:42:02,390 Ademais, non hai luz na rúa e as cidades están sumidas na escuridade. 491 00:42:03,430 --> 00:42:05,230 Mentres, en Genjiu, A China, 492 00:42:05,730 --> 00:42:08,960 unha fábrica de móbiles dixo que a mercadoría danada 493 00:42:09,160 --> 00:42:11,590 polos incendios valía millóns de dólares. 494 00:42:11,790 --> 00:42:12,650 Que? 495 00:42:13,780 --> 00:42:15,990 Ten visita, Sra. Moskalev. 496 00:42:17,780 --> 00:42:18,910 É a súa nai. 497 00:42:29,790 --> 00:42:31,210 Cheira a merda aí fóra. 498 00:42:31,500 --> 00:42:35,590 Non podes ser tan ambiciosa nas entrevistas. Non vas caer ben. 499 00:42:35,840 --> 00:42:39,660 Tes que ser agradecida. Sorpréndeme que che fixesen caso. 500 00:42:39,860 --> 00:42:42,350 Son a mellor. Por iso me entrevistaron. 501 00:42:42,810 --> 00:42:45,430 Santo ceo! Pero ti escóitasme? 502 00:42:46,060 --> 00:42:49,600 Non comas tanto. Túa irmá ten que adestrar. 503 00:42:51,560 --> 00:42:54,340 Sé humilde. Xa non es unha nena. 504 00:42:54,540 --> 00:42:57,050 - Non traballo... - Traballamos. 505 00:42:57,250 --> 00:43:00,070 Isto non vai contigo. 506 00:43:01,070 --> 00:43:05,980 Non traballamos en tres sitios, tantas horas e aguantando merda 507 00:43:06,180 --> 00:43:09,620 para pagar o teu adestramento e que o arruínes coa altivez. 508 00:43:10,630 --> 00:43:13,420 Non podes facer piruetas con todo iso dentro. 509 00:43:15,090 --> 00:43:18,010 Vale. Xa entendo. Non podo ser ambiciosa. 510 00:43:18,380 --> 00:43:19,430 Non. 511 00:43:19,630 --> 00:43:24,600 Claro que podes ser ambiciosa. Claro que si. 512 00:43:24,970 --> 00:43:27,330 Tes que ser ambiciosa, 513 00:43:27,530 --> 00:43:30,350 pero non debes demostrar que es ambiciosa. 514 00:43:30,770 --> 00:43:36,400 Iso non gusta. Ti tes que ser unha neniña boa. 515 00:43:50,620 --> 00:43:51,670 Cama. 516 00:44:09,430 --> 00:44:11,810 Xa tes o traballo feito. 517 00:44:15,650 --> 00:44:17,150 Fulana garbosa. 518 00:44:30,080 --> 00:44:32,120 Non me ofreces nada? 519 00:44:38,380 --> 00:44:41,930 - Es cruel. - Aprendín da mellor. 520 00:44:46,180 --> 00:44:51,100 Morreu teu pai. Foise e deixoume sen nada. 521 00:44:51,940 --> 00:44:53,650 Nin un bocado hai na casa. 522 00:44:56,400 --> 00:45:00,860 A vida é moi dura agora. Non hai traballo. 523 00:45:03,910 --> 00:45:05,450 Non teño de que vivir. 524 00:45:08,370 --> 00:45:14,040 Case non comín nada en tres semanas. Non teño onde lavarme. 525 00:45:15,920 --> 00:45:17,880 E os xoanetes... 526 00:45:19,170 --> 00:45:22,950 Mira como teño os malditos xoanetes. 527 00:45:23,150 --> 00:45:25,590 Quita iso da miña vista. 528 00:45:27,720 --> 00:45:28,810 Arre demo. 529 00:45:29,720 --> 00:45:32,140 Veño polo que me corresponde. 530 00:45:38,020 --> 00:45:38,900 Xa. 531 00:45:44,280 --> 00:45:45,820 Morreu papá? 532 00:45:48,530 --> 00:45:49,580 Polo corazón? 533 00:45:50,330 --> 00:45:51,240 Pola bebida. 534 00:45:52,870 --> 00:45:56,170 E non foi ningunha das súas fillas ao funeral. 535 00:45:57,000 --> 00:45:59,000 Fíxeno todo eu soa. 536 00:46:02,710 --> 00:46:04,420 Sabes algo de Zoia? 537 00:46:05,930 --> 00:46:08,850 Nada. En todos estes anos. 538 00:46:11,100 --> 00:46:14,310 Sei que che devolveu todo o que quixeches mandarlle. 539 00:46:23,490 --> 00:46:27,370 Segues querendo a túa familia. Sabíao. 540 00:46:27,570 --> 00:46:30,580 - Tes que marchar. - Pero se acabo de chegar. 541 00:46:30,830 --> 00:46:32,910 Tes que marchar. Ruslan! 542 00:46:33,160 --> 00:46:36,920 Tatiana! Por Deus, filla. Estou desesperada. 543 00:46:37,790 --> 00:46:41,790 Déixame quedar aquí. Só quero descansar un momento. 544 00:46:43,550 --> 00:46:47,200 Vouche axudar igual que me axudaches ti hai anos. 545 00:46:47,400 --> 00:46:48,220 Grazas. 546 00:46:49,550 --> 00:46:50,760 É dicir, nada. 547 00:46:51,470 --> 00:46:52,390 Ven. 548 00:46:54,470 --> 00:46:58,600 Como podes dicir iso? Mira todo o que tes! 549 00:46:58,810 --> 00:47:01,020 Cres que isto non me custou nada? 550 00:47:04,940 --> 00:47:06,070 Acompáñaa á saída. 551 00:47:06,820 --> 00:47:08,680 Non te despides, mamá? 552 00:47:08,880 --> 00:47:11,740 O nariz novo quédache coma o demo. 553 00:47:14,870 --> 00:47:18,500 Ruslan, tira as tortas no lixo. 554 00:47:51,320 --> 00:47:52,410 Eu teño iso, papá. 555 00:47:54,580 --> 00:47:55,490 Podo facelo. 556 00:47:58,450 --> 00:47:59,730 Vin as outras rapazas. 557 00:47:59,930 --> 00:48:03,460 Dígovos que non é o mesmo. Eu teño unha puta animalada. 558 00:48:55,680 --> 00:48:58,060 Por que me pasa isto a min? 559 00:49:04,270 --> 00:49:05,310 Por que? 560 00:49:23,370 --> 00:49:26,080 Por que? 561 00:49:27,630 --> 00:49:28,540 Por que? 562 00:49:41,600 --> 00:49:44,270 Porque o mundo necesita unha revolución. 563 00:49:48,150 --> 00:49:51,070 E ti vas ser a súa voz. 564 00:50:22,390 --> 00:50:24,680 Tes un futuro mellor nas túas mans. 565 00:50:57,930 --> 00:51:01,100 SEGUES AÍ? 566 00:51:16,570 --> 00:51:20,010 É Helen. Non me chamaría se non fose importante. 567 00:51:20,210 --> 00:51:21,070 Vale. 568 00:51:23,160 --> 00:51:24,160 Si? 569 00:51:29,960 --> 00:51:30,960 Como? 570 00:54:09,030 --> 00:54:10,980 Subtítulos: Antía López Cando 571 00:54:11,180 --> 00:54:13,120 Supervisora creativa: Paula Maneiro