1 00:00:07,500 --> 00:00:08,500 QUEDA ATA O FINAL 2 00:00:09,950 --> 00:00:11,580 MATERIAL DESCLASIFICADO 3 00:00:13,910 --> 00:00:15,620 ANTERIORMENTE EN CITADEL 4 00:00:16,370 --> 00:00:18,270 Como coñeciches o teu home? 5 00:00:18,470 --> 00:00:21,620 Comecei a ir a terapia e Kyle estaba no mesmo programa. 6 00:00:22,040 --> 00:00:23,190 Cando Citadel caeu, 7 00:00:23,390 --> 00:00:25,900 o meu protexido, Carter, agochou a caixa. 8 00:00:26,090 --> 00:00:29,400 É a única tecnoloxía que pode localizar axentes vivos. 9 00:00:29,590 --> 00:00:30,310 Perdoe. 10 00:00:30,510 --> 00:00:31,230 Es Nadia. 11 00:00:31,430 --> 00:00:33,660 - Non. - Eras espía, coma min. 12 00:00:35,160 --> 00:00:36,620 {\an8}- Esa... - Es ti. 13 00:00:37,080 --> 00:00:40,560 Se volvo, vanme atopar. Para protexelas, debo detelos. 14 00:00:40,760 --> 00:00:43,020 Atopeina. Lémbrase de todo. 15 00:00:43,220 --> 00:00:44,480 - É unha muller? - É. 16 00:00:44,680 --> 00:00:45,850 Chámase Nadia. 17 00:00:46,050 --> 00:00:47,810 Modo privado iniciado. 18 00:00:48,010 --> 00:00:49,580 COMO ESTÁ O PAQUETE? 19 00:00:49,950 --> 00:00:52,040 - Que máis sabe? - Pouca cousa. 20 00:00:52,540 --> 00:00:55,200 Imos solucionar isto e vou volver onda vós. 21 00:00:55,620 --> 00:00:57,100 - Fálame del. - De quen? 22 00:00:57,300 --> 00:00:58,310 Mason. Quen era? 23 00:00:58,510 --> 00:01:00,310 Non sei. Non nos coñeciamos tanto. 24 00:01:00,510 --> 00:01:02,200 - Non intimamos. - Nunca? 25 00:01:04,000 --> 00:01:07,850 Sorpréndeme, Kane, que ti en concreto suspires 26 00:01:08,050 --> 00:01:10,650 pola muller que dobregou Citadel. 27 00:01:10,840 --> 00:01:12,190 Transmisión lista. Sae. 28 00:01:12,390 --> 00:01:13,600 De que raio falas? 29 00:01:13,800 --> 00:01:14,770 A túa moza, Nadia. 30 00:01:14,970 --> 00:01:15,830 Fuches ti? 31 00:01:17,000 --> 00:01:18,440 É Brielle, non é? 32 00:01:18,640 --> 00:01:19,730 A muller que queres. 33 00:01:19,930 --> 00:01:20,940 Está viva. 34 00:01:21,140 --> 00:01:21,900 Non. 35 00:01:22,090 --> 00:01:23,060 Chámase Abby. 36 00:01:23,260 --> 00:01:25,000 Está casada con Mason Kane. 37 00:01:25,870 --> 00:01:28,810 Son o axente Carter Spence. 38 00:01:29,010 --> 00:01:30,980 Manticore está cada vez máis preto. 39 00:01:31,180 --> 00:01:32,730 Igual é a última transmisión. 40 00:01:32,930 --> 00:01:33,870 Hostia. 41 00:01:34,830 --> 00:01:35,950 Sei onde está. 42 00:01:47,080 --> 00:01:49,830 {\an8}MARROCOS 43 00:01:51,370 --> 00:01:54,120 {\an8}PRISIÓN CLANDESTINA DE MANTICORE 44 00:02:26,290 --> 00:02:28,150 Estamos a piques de matar xente. 45 00:02:28,340 --> 00:02:29,830 Non che é a primeira vez. 46 00:02:31,410 --> 00:02:32,250 Veña, vamos. 47 00:02:41,620 --> 00:02:43,330 (Árabe) Vou ao bloque D. 48 00:02:55,160 --> 00:02:56,580 Dádelle á alarma! 49 00:03:03,290 --> 00:03:04,120 Abaixo! 50 00:03:09,870 --> 00:03:11,660 Sen balas! Cubrídeme! 51 00:03:28,290 --> 00:03:29,580 - Cúbreme! - Vale. 52 00:03:48,870 --> 00:03:49,700 Hostia! 53 00:04:20,790 --> 00:04:22,080 Ou xa te cubro eu. 54 00:04:50,160 --> 00:04:51,080 Mason? 55 00:04:51,790 --> 00:04:52,600 Carter. 56 00:04:52,800 --> 00:04:54,330 Imos sacarte de aquí. 57 00:04:54,950 --> 00:04:56,020 Vamos. 58 00:04:56,220 --> 00:04:57,080 Afástate. 59 00:05:02,000 --> 00:05:03,080 Fuches ti. 60 00:05:05,700 --> 00:05:06,790 Que fixen eu? 61 00:06:28,580 --> 00:06:32,040 {\an8}PARÍS 10 ANOS ANTES 62 00:06:32,330 --> 00:06:33,700 {\an8}Estivo ben. 63 00:06:35,000 --> 00:06:35,830 Estivo. 64 00:06:36,540 --> 00:06:37,830 París sempre presta. 65 00:06:38,370 --> 00:06:39,410 "Sempre"? 66 00:06:40,160 --> 00:06:42,900 Non pensarás que só estiven en París contigo. 67 00:06:43,090 --> 00:06:45,500 Xa, pero esta noite foi claramente... 68 00:06:46,290 --> 00:06:47,950 - Estivo á altura. - Á altura. 69 00:06:49,540 --> 00:06:50,580 No top cinco. 70 00:06:51,160 --> 00:06:53,000 E os outros catro son espías? 71 00:06:53,830 --> 00:06:56,040 Non son de contar esas cousas, Kane. 72 00:06:56,290 --> 00:06:57,450 Duráronche moito? 73 00:06:58,790 --> 00:06:59,830 Nunca duran. 74 00:07:00,910 --> 00:07:02,290 Estiveches namorada? 75 00:07:03,870 --> 00:07:05,600 Que pregunta é esa? 76 00:07:05,800 --> 00:07:06,830 Unha sincera. 77 00:07:09,700 --> 00:07:10,540 Non. 78 00:07:13,290 --> 00:07:14,370 Asústote? 79 00:07:16,080 --> 00:07:17,400 Por que me ías asustar? 80 00:07:17,590 --> 00:07:19,520 - Porque comezo a ver alén. - Ai, si? 81 00:07:19,720 --> 00:07:21,190 Véxote alén da máscara. 82 00:07:21,390 --> 00:07:22,270 Que máscara? 83 00:07:22,470 --> 00:07:24,160 Tes ducias. 84 00:07:25,790 --> 00:07:27,200 E por que me ía asustar? 85 00:07:28,950 --> 00:07:30,000 Aínda non o sei. 86 00:07:37,200 --> 00:07:39,580 Vou traer unha nova axente ao equipo. 87 00:07:40,040 --> 00:07:41,200 Grace aprobouno. 88 00:07:41,790 --> 00:07:43,650 - Cando o aprobou? - Hoxe á mañá. 89 00:07:43,840 --> 00:07:45,660 Falaches con Grace hoxe á mañá? 90 00:07:46,620 --> 00:07:49,060 Teño máis misións ca as nosas, sabes? 91 00:07:49,260 --> 00:07:50,270 Eu onde estaba? 92 00:07:50,470 --> 00:07:54,040 Non che sei. Comendo baguettes, namorando... 93 00:07:55,370 --> 00:07:56,580 É moi intelixente. 94 00:07:57,040 --> 00:07:59,940 E precisámola. Traballou para min no equipo Bravo. 95 00:08:00,140 --> 00:08:02,120 Somos unha ONG agora? 96 00:08:03,580 --> 00:08:05,200 Confiaríalle a miña vida. 97 00:08:06,290 --> 00:08:07,810 Salvouma unha vez. 98 00:08:08,010 --> 00:08:11,190 Chámase Celeste Graham, e vaiche encantar. 99 00:08:11,390 --> 00:08:13,060 Se é amiga túa, 100 00:08:13,260 --> 00:08:14,700 imos leirar mal seguro. 101 00:08:18,910 --> 00:08:22,500 {\an8}BASE DE CITADEL 102 00:08:23,250 --> 00:08:24,700 Tiña que pasar e pasou. 103 00:08:25,410 --> 00:08:27,330 - Ai, si? - Era cuestión de tempo. 104 00:08:27,830 --> 00:08:29,160 Esta é a nova axente? 105 00:08:29,870 --> 00:08:31,440 Mason, ela é Celeste Graham. 106 00:08:31,640 --> 00:08:33,540 A persoa que lle salvou a vida. 107 00:08:33,830 --> 00:08:34,750 A tal. 108 00:08:36,330 --> 00:08:38,160 Díxome que me encantarías. 109 00:08:39,410 --> 00:08:40,410 Non tal. 110 00:08:42,950 --> 00:08:43,980 {\an8}DÍA DA MISIÓN: 01 111 00:08:44,180 --> 00:08:45,520 {\an8}Ela pode facelo. 112 00:08:45,720 --> 00:08:46,750 Non pode. 113 00:08:47,120 --> 00:08:48,500 Ela está aquí. 114 00:08:48,870 --> 00:08:52,060 Subiu ao primeiro nivel hai canto? 36 horas? 115 00:08:52,260 --> 00:08:54,350 Veña, ho, Mason. Que queres? Novatadas? 116 00:08:54,550 --> 00:08:56,100 Estades cos preliminares? 117 00:08:56,300 --> 00:08:58,480 Anders e Davik son grandes criminais. 118 00:08:58,680 --> 00:09:00,600 - Sei quen son. - Non creo. 119 00:09:00,800 --> 00:09:02,350 Os irmáns Silje, Ámsterdam. 120 00:09:02,550 --> 00:09:03,690 Os reis da cidade. 121 00:09:03,890 --> 00:09:05,980 Drogas, armas e prostitución. 122 00:09:06,180 --> 00:09:07,770 Comezaron a expandirse. 123 00:09:07,970 --> 00:09:10,350 Davik pon a forza. Anders, o cerebro. 124 00:09:10,550 --> 00:09:11,730 Moito máis perigoso. 125 00:09:11,930 --> 00:09:14,310 Vén de Cambridge. Fai tecnoloxía de guerra 126 00:09:14,510 --> 00:09:16,060 e véndea ó mellor ofertante. 127 00:09:16,260 --> 00:09:19,940 Hai pouco demos cun esquema parcial da última creación de Anders. 128 00:09:20,140 --> 00:09:21,980 El chámalle a chave de Oz. 129 00:09:22,180 --> 00:09:23,020 "A chave de Oz"? 130 00:09:23,220 --> 00:09:26,870 Se a remata, a chave podería hackear a insfraestrutura dun país. 131 00:09:27,370 --> 00:09:30,620 Tráfico, servizos de emerxencia, exército, armas... 132 00:09:31,120 --> 00:09:33,120 Poderían secuestrar o país todo. 133 00:09:34,000 --> 00:09:36,810 Non digas que é imposible. Éche o que el quere. 134 00:09:37,010 --> 00:09:37,830 É imposible. 135 00:09:38,620 --> 00:09:42,230 Iso requiriría uns servidores do tamaño de Nova Hampshire. 136 00:09:42,430 --> 00:09:46,190 Por non mencionar que os datos brutos, que o abranguen todo, 137 00:09:46,390 --> 00:09:47,900 suporían miles de exabytes. 138 00:09:48,090 --> 00:09:51,540 Precisarías todo Massachusetts para gardar eses uns e ceros. 139 00:09:51,950 --> 00:09:54,850 Daquela, agás que Ámsterdam crecese moito, 140 00:09:55,050 --> 00:09:58,350 a Anders aínda lle queda un bo cacho para a chave de Oz. 141 00:09:58,550 --> 00:10:00,560 - Échenos lista. - Máis ca ti. 142 00:10:00,760 --> 00:10:02,310 - Pero engánase. - Non tal. 143 00:10:02,510 --> 00:10:03,900 Mais fuches convincente. 144 00:10:04,090 --> 00:10:06,000 Por iso é perfecta. 145 00:10:06,540 --> 00:10:10,480 Ademais ten un irmán xemelgo, igual ca Anders. 146 00:10:10,680 --> 00:10:13,270 - Hai outro coma ti por aí? - David. 147 00:10:13,470 --> 00:10:15,190 - Leirades ben? - Ódioo a rachar. 148 00:10:15,390 --> 00:10:16,290 Logo si. 149 00:10:16,620 --> 00:10:17,560 Inseparables. 150 00:10:17,760 --> 00:10:19,810 - E teño razón. - Eu non dixen tal. 151 00:10:20,010 --> 00:10:21,580 Nunca o dis, pero téñoa. 152 00:10:22,450 --> 00:10:24,650 Estiven de incógnito cos Oath Keepers. 153 00:10:24,840 --> 00:10:25,650 Canto tempo? 154 00:10:25,840 --> 00:10:27,410 - Tres semanas. - Semanas. 155 00:10:28,330 --> 00:10:31,600 Que che ensinou Nadia no Bravo sobre ir de incógnito? 156 00:10:31,800 --> 00:10:35,830 Que a clave é aprender a manter a mentira. 157 00:10:36,330 --> 00:10:38,810 Nadia cre que unha boa espía sabe mentir? 158 00:10:39,010 --> 00:10:40,450 - Pois si. - Non. 159 00:10:41,580 --> 00:10:43,870 Unha boa espía di a verdade. 160 00:10:47,540 --> 00:10:50,160 Pero primeiro tes que desaparecer. 161 00:10:52,330 --> 00:10:54,910 {\an8}DÍA DA MISIÓN: 03 162 00:10:58,120 --> 00:11:01,700 Tes que mirarte no espello e ver unha persoa distinta. 163 00:11:08,080 --> 00:11:09,910 {\an8}ÁMSTERDAM 164 00:11:11,000 --> 00:11:13,160 Atoparás a Anders no Ironside Bar. 165 00:11:13,540 --> 00:11:16,950 É un dos negocios de lavado que ten con seu irmán. 166 00:11:25,870 --> 00:11:27,730 Temos un enxeñeiro por aquí. 167 00:11:27,930 --> 00:11:30,580 Debes ser un home malo. Mellor afástome de ti. 168 00:11:34,000 --> 00:11:35,200 Son Anders. 169 00:11:36,250 --> 00:11:37,350 Brielle. 170 00:11:37,550 --> 00:11:38,540 Brielle. 171 00:11:44,910 --> 00:11:47,400 Non te preocupes se namora de ti. 172 00:11:47,590 --> 00:11:49,560 Ti tes que namorarte del. 173 00:11:49,760 --> 00:11:52,910 Busca cousas del que te namoren para que sexa real. 174 00:12:00,160 --> 00:12:02,660 {\an8}DÍA DA MISIÓN: 19 175 00:12:07,700 --> 00:12:09,850 Non podes mentir de incógnito. 176 00:12:10,050 --> 00:12:12,730 Homes coma Anders e Davik cheiraríano de lonxe. 177 00:12:12,930 --> 00:12:14,660 Se o fan, entérrante viva. 178 00:12:17,290 --> 00:12:19,790 O único xeito de que che crean a mentira 179 00:12:20,160 --> 00:12:21,290 é que a creas ti. 180 00:12:23,120 --> 00:12:25,690 Todo o que digas ten que ser real para ti. 181 00:12:25,890 --> 00:12:27,580 Tes que mentirte a ti mesma. 182 00:12:28,500 --> 00:12:31,120 {\an8}DÍA DA MISIÓN: 46 183 00:12:32,660 --> 00:12:35,580 A túa misión é sacar información da chave de Oz. 184 00:12:36,290 --> 00:12:37,790 Fai o que faga falta. 185 00:12:38,330 --> 00:12:39,870 Achégate o que poidas. 186 00:12:57,870 --> 00:13:00,950 Que ben soa. Estás a compoñer unha canción? 187 00:13:02,700 --> 00:13:03,750 Inténtoo. 188 00:13:05,000 --> 00:13:06,540 E ti que estás a crear? 189 00:13:07,660 --> 00:13:11,200 Non ves que escribo e reescribo o código dese aparello? 190 00:13:13,160 --> 00:13:14,080 Que é? 191 00:13:15,000 --> 00:13:16,700 Depende de a quen preguntes. 192 00:13:18,080 --> 00:13:19,660 Ti que queres que sexa? 193 00:13:22,450 --> 00:13:23,500 Eu quérote a ti. 194 00:13:24,910 --> 00:13:26,200 Xa me tes. 195 00:13:27,500 --> 00:13:30,230 O máis difícil será lembrar por que estás alí. 196 00:13:30,430 --> 00:13:32,370 Que esa non é a túa vida. 197 00:13:36,910 --> 00:13:38,500 Eu serei a túa áncora. 198 00:13:38,910 --> 00:13:41,650 Chámame e ponme ao día todas as semanas. 199 00:13:41,840 --> 00:13:44,410 Eu lembrareiche o que é real, a verdade. 200 00:13:45,870 --> 00:13:48,580 {\an8}LONDRES 201 00:13:49,250 --> 00:13:51,200 Ten que estar aquí en algures. 202 00:13:52,580 --> 00:13:54,290 Díxencho. 203 00:13:57,950 --> 00:13:59,200 Que pouco feminino. 204 00:13:59,830 --> 00:14:00,830 Tarde empezaría. 205 00:14:02,950 --> 00:14:04,450 A Dmitri convencíchelo. 206 00:14:07,950 --> 00:14:11,040 Agora sabemos con quen andan os Silje en Viena. 207 00:14:13,200 --> 00:14:15,450 Londres, Viena... 208 00:14:16,330 --> 00:14:20,400 Coido que temos que agradecerlles a Anders e a Davik este tempo xuntos. 209 00:14:20,590 --> 00:14:22,500 O vestido a quen llo agradezo? 210 00:14:50,540 --> 00:14:52,100 A Celeste superouna isto. 211 00:14:52,300 --> 00:14:53,650 {\an8}Tres meses sen novas. 212 00:14:53,840 --> 00:14:55,730 {\an8}Sen informar nin responderme. 213 00:14:55,930 --> 00:14:57,100 Pero unha incursión? 214 00:14:57,300 --> 00:14:58,230 É cedo de máis. 215 00:14:58,430 --> 00:15:01,850 Sabes como son estas cousas. Pode haber infindas razóns. 216 00:15:02,050 --> 00:15:05,350 Se foses ti, agardaría a ver que acontece, pero non es ti. 217 00:15:05,550 --> 00:15:06,940 Ela é tan boa coma min. 218 00:15:07,140 --> 00:15:09,000 Iso éche o que me preocupa. 219 00:15:09,830 --> 00:15:11,440 Carter captou anomalías. 220 00:15:11,640 --> 00:15:12,600 Cales? 221 00:15:12,800 --> 00:15:14,940 Igual non é nada, ou igual é todo. 222 00:15:15,140 --> 00:15:16,560 Estiven investigándoa. 223 00:15:16,760 --> 00:15:19,270 O seu xemelgo, David, ten problemas co xogo. 224 00:15:19,470 --> 00:15:20,690 Falo de seis cifras. 225 00:15:20,890 --> 00:15:24,560 Está agochado en algures. Hai xente perigosa buscándoo. 226 00:15:24,760 --> 00:15:25,690 E que? 227 00:15:25,890 --> 00:15:29,350 A xente fai parvadas polos seus seres queridos. 228 00:15:29,550 --> 00:15:32,000 Podería vender a chave de Oz a bo prezo. 229 00:15:33,410 --> 00:15:35,190 Estás delirando, Mason. 230 00:15:35,390 --> 00:15:37,900 Disque Davik busca un comprador, 231 00:15:38,090 --> 00:15:41,400 así que a chave de Oz está case operativa, se non de todo. 232 00:15:41,590 --> 00:15:43,830 - É cuestión de tempo... - Aínda é cedo. 233 00:15:44,290 --> 00:15:47,270 Sei que é amiga túa, pero se alguén consegue a chave, 234 00:15:47,470 --> 00:15:50,850 quedamos sen posibilidades de manter o seu poder á raia. 235 00:15:51,050 --> 00:15:52,750 Vou enviar un equipo. 236 00:16:35,700 --> 00:16:37,620 Un sitio estraño para un bolso. 237 00:16:40,620 --> 00:16:42,830 Anders vaite botar moito de menos. 238 00:17:16,830 --> 00:17:18,900 Teño a actualización do equipo. 239 00:17:19,090 --> 00:17:21,730 Houbo tiros e baixas. 240 00:17:21,930 --> 00:17:23,150 - Cantas? - Abondas. 241 00:17:23,340 --> 00:17:24,750 Vaites. E Celeste? 242 00:17:25,000 --> 00:17:26,080 Está viva. 243 00:17:26,620 --> 00:17:28,120 Mallada, pero viva. 244 00:17:29,000 --> 00:17:30,370 Collemos a Anders. 245 00:17:31,250 --> 00:17:32,480 Davik desapareceu. 246 00:17:32,680 --> 00:17:33,700 A chave de Oz? 247 00:17:35,790 --> 00:17:37,940 O equipo non deu con ela. 248 00:17:38,140 --> 00:17:38,910 Hostia! 249 00:17:53,830 --> 00:17:55,440 CONFIDENCIAL Colleu ela a caixa. 250 00:17:55,640 --> 00:17:57,450 Nin media palabra a ninguén. Xamais. 251 00:18:08,580 --> 00:18:09,700 Trinta segundos. 252 00:18:11,120 --> 00:18:12,790 Preparade a enfermaría. 253 00:18:13,250 --> 00:18:14,700 Enfermaría á espera. 254 00:18:18,500 --> 00:18:20,200 Ela ao interrogatorio. 255 00:18:20,620 --> 00:18:21,950 E el? 256 00:18:23,870 --> 00:18:25,870 Estabilizádeo para que fale. 257 00:18:28,700 --> 00:18:29,730 Quen vai? 258 00:18:29,930 --> 00:18:30,730 Eu. 259 00:18:30,930 --> 00:18:33,520 Davik fuxiu. Onde carallo está a chave de Oz? 260 00:18:33,720 --> 00:18:34,850 Pescudarémolo. 261 00:18:35,050 --> 00:18:36,160 Arranxade isto. 262 00:18:40,950 --> 00:18:42,830 - Quero estar na sala. - Non. 263 00:18:43,200 --> 00:18:44,650 - Non cho pedía. - Coñécela. 264 00:18:44,840 --> 00:18:46,450 - Mason. - Sodes amigas. 265 00:18:52,910 --> 00:18:53,980 Grava. 266 00:18:54,180 --> 00:18:55,370 Que merda é isto? 267 00:18:55,790 --> 00:18:57,270 Nome e clasificación? 268 00:18:57,470 --> 00:18:59,060 Que carallo importa iso xa? 269 00:18:59,260 --> 00:19:00,250 Identificar. 270 00:19:00,620 --> 00:19:05,000 - Axente identificada. - Celeste Graham. 271 00:19:06,410 --> 00:19:08,020 Onde está a chave de Oz? 272 00:19:08,220 --> 00:19:09,790 Estás de puta broma? 273 00:19:10,120 --> 00:19:11,330 Calma, Mason. 274 00:19:11,950 --> 00:19:14,270 Malgastas o tempo comigo. 275 00:19:14,470 --> 00:19:18,200 Deberías estar mobilizándote e perseguindo a Davik. 276 00:19:23,200 --> 00:19:24,370 Quitar esposas. 277 00:19:30,250 --> 00:19:33,200 Que detalle. Teño que darche as grazas? 278 00:19:38,040 --> 00:19:40,060 Que fixeches coa chave de Oz? 279 00:19:40,260 --> 00:19:42,060 Díxencho. Tíñaa na miña mochila. 280 00:19:42,260 --> 00:19:43,730 Estaba baleira. 281 00:19:43,930 --> 00:19:46,750 O equipo rexistrouno todo. Só atoparon isto. 282 00:19:48,580 --> 00:19:49,660 É falsa. 283 00:19:51,700 --> 00:19:53,080 Que pasou alí? 284 00:19:54,450 --> 00:19:55,450 Está ela aí? 285 00:19:58,500 --> 00:19:59,910 Nadia, estás aí? 286 00:20:03,750 --> 00:20:04,950 Pensas que a collín? 287 00:20:06,870 --> 00:20:09,580 - Agóchaste detrás dun espello? - Senta, Celeste. 288 00:20:10,370 --> 00:20:12,910 Despois de todo, pensas que eu faría iso? 289 00:20:13,370 --> 00:20:14,290 Vai ao carallo! 290 00:20:16,160 --> 00:20:17,580 Escóitasme, Nadia? 291 00:20:19,250 --> 00:20:21,250 Non debiches traerme aquí. 292 00:20:27,790 --> 00:20:30,730 Levas tres meses faltando a todos os encontros. 293 00:20:30,930 --> 00:20:33,270 Fuches ti o que rompeu o protocolo. 294 00:20:33,470 --> 00:20:35,230 Axiña mandaches un equipo. 295 00:20:35,430 --> 00:20:36,850 Non me deixaches opción. 296 00:20:37,050 --> 00:20:39,980 Non deches novas en semanas. Podías estar morta. 297 00:20:40,180 --> 00:20:42,350 - Onde está Davik? - Ateino no soto. 298 00:20:42,550 --> 00:20:44,600 - Alí non estaba. - Eu deixeino alí. 299 00:20:44,800 --> 00:20:48,160 A xente e as cousas desaparecen ao teu redor así coma así? 300 00:20:49,160 --> 00:20:50,250 Vai á merda. 301 00:20:52,660 --> 00:20:53,500 Ben. 302 00:20:54,160 --> 00:20:55,750 Imos falar de David. 303 00:20:57,200 --> 00:20:59,450 Que ten que ver meu irmán? 304 00:21:02,450 --> 00:21:06,650 De nena, teu padrasto ameazoute cun ferro de pasar e el defendeute. 305 00:21:06,840 --> 00:21:10,060 El levaba as malleiras para que non as levases ti. 306 00:21:10,260 --> 00:21:11,410 Onde queres chegar? 307 00:21:12,700 --> 00:21:15,350 Entendo o culpable que te debiches sentir. 308 00:21:15,550 --> 00:21:18,080 Sacrificouse moito para te protexer. 309 00:21:18,580 --> 00:21:22,330 E despois de todo o que sufriu, non puideches axudalo. 310 00:21:23,450 --> 00:21:26,400 Pero se vendes a chave de Oz, podes salvarlle a vida. 311 00:21:26,590 --> 00:21:28,370 Pagar o que piden por el. 312 00:21:29,250 --> 00:21:30,370 Vai tomar polo cu. 313 00:21:38,660 --> 00:21:40,080 Recoñeces este edificio? 314 00:21:41,660 --> 00:21:42,950 Faille zoom ao 8ºC. 315 00:21:48,080 --> 00:21:49,080 Quen é ese? 316 00:21:51,620 --> 00:21:54,600 Mason, meu irmán non ten nada que ver con isto. 317 00:21:54,800 --> 00:21:56,650 Pero ten que ver contigo. 318 00:21:56,840 --> 00:21:59,650 Chamábalo cada semana. Mandábaslle 800 $ ao mes. 319 00:21:59,840 --> 00:22:03,270 Mesmo cando non gañabas nada, pagábaslle cos teus aforros. 320 00:22:03,470 --> 00:22:05,750 - Teu irmán é un camándula. - Cala a boca. 321 00:22:06,250 --> 00:22:07,700 Armade o sistema. 322 00:22:09,080 --> 00:22:10,080 Sistema armado. 323 00:22:10,750 --> 00:22:12,350 - Para. - Onde está a chave? 324 00:22:12,550 --> 00:22:13,940 Non teño nin puta idea. 325 00:22:14,140 --> 00:22:17,120 Canto vos levabades ti e teu irmán? 38 segundos? 326 00:22:17,910 --> 00:22:19,350 - Buscade o albo. - Para. 327 00:22:19,550 --> 00:22:20,700 Albo localizado. 328 00:22:22,500 --> 00:22:24,600 Vendíchela por el, non si? 329 00:22:24,800 --> 00:22:25,690 Admíteo! 330 00:22:25,890 --> 00:22:27,310 - Quen cha mercou? - Ninguén. 331 00:22:27,510 --> 00:22:28,450 Última vez! 332 00:22:31,370 --> 00:22:32,540 - Exe... - Abonda. 333 00:22:37,620 --> 00:22:39,480 Que carallo facías? 334 00:22:39,680 --> 00:22:41,060 Non ía matalo. 335 00:22:41,260 --> 00:22:42,480 Soabas convincente. 336 00:22:42,680 --> 00:22:45,400 - Non podes parar un interrogatorio! - Non era tal! 337 00:22:45,590 --> 00:22:48,060 Era un ataque a unha das nosas! 338 00:22:48,260 --> 00:22:50,440 Celeste non colleu a chave de Oz. 339 00:22:50,640 --> 00:22:54,230 Dixo que a meteu na mochila. Davik daría con ela e colleríaa. 340 00:22:54,430 --> 00:22:57,270 Cando estaba atado no soto ou cando fuxiu? 341 00:22:57,470 --> 00:23:00,520 Celeste e o equipo dan dúas putas versións distintas. 342 00:23:00,720 --> 00:23:02,400 Coñézoa dende hai cinco anos. 343 00:23:02,590 --> 00:23:04,910 Coñézoa mellor ca ninguén aquí. 344 00:23:06,370 --> 00:23:07,700 Ela non a colleu. 345 00:23:10,080 --> 00:23:12,690 E agora Davik sabe que estaba de incógnito. 346 00:23:12,890 --> 00:23:15,540 É un lastre para el e virá por ela. 347 00:23:17,160 --> 00:23:19,870 - Ten razón. - Temos que sacala de aquí, Grace. 348 00:23:20,540 --> 00:23:24,400 O mellor é destinala a un refuxio non afiliado. 349 00:23:24,590 --> 00:23:26,770 Podo contactar con alguén do MI6. 350 00:23:26,970 --> 00:23:28,040 Iso valerá. 351 00:23:30,950 --> 00:23:33,450 Anders está esperto. Deberías interrogalo. 352 00:23:34,040 --> 00:23:35,000 Fareino eu. 353 00:23:41,750 --> 00:23:44,330 Non me digas que cres a Celeste. 354 00:23:44,950 --> 00:23:46,020 Nadia crea. 355 00:23:46,220 --> 00:23:48,660 A Nadia salvoulle a vida, por iso a cre. 356 00:23:49,580 --> 00:23:51,020 Celeste tiña a chave. 357 00:23:51,220 --> 00:23:53,100 Non deu novas en tres meses. 358 00:23:53,300 --> 00:23:54,580 E logo desaparece? 359 00:23:55,000 --> 00:23:56,350 Engánanos a todos. 360 00:23:56,550 --> 00:23:59,150 A Citadel, a Anders e a Davik, a quen sexa, 361 00:23:59,340 --> 00:24:03,350 para gañar cartos, pagar a débeda de seu irmán e salvarlle a vida. 362 00:24:03,550 --> 00:24:04,650 E que facemos? 363 00:24:04,840 --> 00:24:06,790 Consultalo co Mando. 364 00:24:08,950 --> 00:24:10,040 Salvagardala. 365 00:24:11,700 --> 00:24:12,520 Mason. 366 00:24:12,720 --> 00:24:15,060 Non podemos borrarlle os recordos. 367 00:24:15,260 --> 00:24:16,540 Está no noso equipo. 368 00:24:17,370 --> 00:24:20,600 Sábeo todo de Citadel. Vas soltala polo mundo? 369 00:24:20,800 --> 00:24:22,810 Venderanos ao mellor ofertante. 370 00:24:23,010 --> 00:24:24,600 Temos que deixala limpa. 371 00:24:24,800 --> 00:24:27,810 O Mando non aprobou aínda o proceso de salvagarda. 372 00:24:28,010 --> 00:24:28,940 É demasiado novo. 373 00:24:29,140 --> 00:24:31,560 Podería sancionarte por suxerires algo así. 374 00:24:31,760 --> 00:24:35,250 Vas ser a directora que deixou que unha toupa nos destruíse? 375 00:24:39,950 --> 00:24:41,660 Non podo autorizalo. 376 00:24:43,500 --> 00:24:44,900 Non tes que facelo. 377 00:24:45,090 --> 00:24:46,660 Facémolo de xeito externo. 378 00:24:47,950 --> 00:24:49,190 Ninguén o ha saber. 379 00:24:49,390 --> 00:24:52,310 Nin Nadia nin o Mando. Ninguén. 380 00:24:52,510 --> 00:24:53,700 Encárgome eu. 381 00:24:55,870 --> 00:24:58,810 Se o que di ao final é certo, traémola de volta, 382 00:24:59,010 --> 00:25:01,200 devolvémoslle a memoria coma se nada. 383 00:25:02,040 --> 00:25:03,270 E se si que o fixo? 384 00:25:03,470 --> 00:25:05,520 Queda salvagardada, vai ao cárcere 385 00:25:05,720 --> 00:25:07,450 e protexemos os segredos. 386 00:25:17,540 --> 00:25:19,160 Que lle dicimos a ela? 387 00:25:27,620 --> 00:25:29,810 - Pon isto. - Que carallo é iso? 388 00:25:30,010 --> 00:25:32,440 Desactívache o chip e mais as credenciais. 389 00:25:32,640 --> 00:25:34,900 - E iso por que? - Ímoste sacar de aquí. 390 00:25:35,090 --> 00:25:38,190 Davik sabe quen es. Vai vir por ti e por teu irmán. 391 00:25:38,390 --> 00:25:40,310 Imos destinarte a un refuxio. 392 00:25:40,510 --> 00:25:41,310 Un refuxio? 393 00:25:41,510 --> 00:25:42,520 Logo falamos... 394 00:25:42,720 --> 00:25:44,440 El ben pode atopar o refuxio. 395 00:25:44,640 --> 00:25:47,270 Vós atopastes a meu irmán. Poden facer o mesmo. 396 00:25:47,470 --> 00:25:48,480 Que suxires? 397 00:25:48,680 --> 00:25:51,560 Non che sei. Tanto dis que esta é a túa misión... 398 00:25:51,760 --> 00:25:55,790 Pois a túa misión desmandouse, logo arránxao ti. 399 00:26:00,830 --> 00:26:02,250 Hai outra opción. 400 00:26:02,950 --> 00:26:05,350 É un novo programa que vai saír pronto, 401 00:26:05,550 --> 00:26:08,560 pensado para os axentes de primeiro nivel en problemas 402 00:26:08,760 --> 00:26:10,730 cando teñen que desaparecer. 403 00:26:10,930 --> 00:26:14,350 Lévante a un centro en Cidade de México, sédante 404 00:26:14,550 --> 00:26:17,310 e sométente a un par de procedementos indoloros. 405 00:26:17,510 --> 00:26:21,020 Reconstrúenche a córnea e as impresións dactilares. 406 00:26:21,220 --> 00:26:23,540 Deixarás de ser Celeste Graham 407 00:26:24,200 --> 00:26:26,290 e Davik xamais poderá atoparte. 408 00:26:28,160 --> 00:26:29,790 Un traslado de testemuñas? 409 00:26:32,200 --> 00:26:34,540 Iso é. Para ti e para teu irmán. 410 00:26:36,040 --> 00:26:38,580 E cando se calmen as cousas podo volver? 411 00:26:39,790 --> 00:26:41,450 É o xeito de protexerte. 412 00:26:45,580 --> 00:26:46,660 Adiante. 413 00:26:47,540 --> 00:26:49,120 Agochádea ata evacuar. 414 00:26:55,790 --> 00:26:57,580 Non llo podemos dicir a Nadia. 415 00:27:11,830 --> 00:27:12,830 Xa está? 416 00:27:13,540 --> 00:27:14,540 Está destinada? 417 00:27:15,950 --> 00:27:17,330 Chamei eu mesma. 418 00:27:17,700 --> 00:27:19,660 Estache camiño do refuxio. 419 00:27:20,830 --> 00:27:22,830 Grazas, Grace, por todo. 420 00:27:23,290 --> 00:27:24,500 Non mo agradezas. 421 00:27:26,040 --> 00:27:27,660 Temos que atopar a chave. 422 00:27:29,660 --> 00:27:30,660 Xa. 423 00:27:31,750 --> 00:27:32,790 Niso estamos. 424 00:27:53,870 --> 00:27:54,790 Houbo sorte? 425 00:27:55,500 --> 00:27:58,000 Nin rastro de Davik. Seguimos buscando. 426 00:27:58,450 --> 00:28:00,040 Que pensas desta? 427 00:28:05,370 --> 00:28:07,230 Acolledora, clásica. 428 00:28:07,430 --> 00:28:08,750 Si, está en Oregón. 429 00:28:09,750 --> 00:28:11,690 Nunha vila. Miña avoa vivía alí. 430 00:28:11,890 --> 00:28:13,940 Puxécheslle dous fillos tamén? 431 00:28:14,140 --> 00:28:16,910 Queres inventar ti unha vida de cero? Adiante. 432 00:28:18,500 --> 00:28:20,900 Oes, e se o Mando se decata 433 00:28:21,090 --> 00:28:24,100 de que pediches unha salvagarda extraoficialmente? 434 00:28:24,300 --> 00:28:28,190 Daríame á fuga, supoño. Se cadra buscaríame unha vida sinxela. 435 00:28:28,390 --> 00:28:30,020 Xa, pagaría por velo. 436 00:28:30,220 --> 00:28:32,690 Despois do día de hoxe? Esa casa? 437 00:28:32,890 --> 00:28:35,290 Ese soportal? A brisa fresca do verán? 438 00:28:37,290 --> 00:28:39,410 Meu, non durarías nin cinco minutos. 439 00:28:43,660 --> 00:28:45,160 Grazas polo favor. 440 00:28:45,790 --> 00:28:48,040 Anne Mejia é unha boa amiga. 441 00:28:48,580 --> 00:28:51,540 Creou algo moi especial co da salvagarda. 442 00:28:54,370 --> 00:28:56,370 Cómpre destruír o vial de Celeste. 443 00:28:57,540 --> 00:28:59,410 Borrala para sempre. 444 00:29:02,700 --> 00:29:06,580 Mason, estás seguro de que Celeste é unha toupa? 445 00:29:08,120 --> 00:29:09,000 Seino. 446 00:29:09,580 --> 00:29:10,950 Tes que estar certo. 447 00:29:13,000 --> 00:29:17,410 Unha vez eu non o estiven e penso niso todos os días. 448 00:29:18,450 --> 00:29:19,500 Estou certo. 449 00:29:20,120 --> 00:29:22,150 De facérelo, non hai volta atrás. 450 00:29:22,340 --> 00:29:23,400 Ese é o obxectivo. 451 00:29:23,590 --> 00:29:25,080 Non falo dela. 452 00:29:26,160 --> 00:29:27,620 Falo de ti. 453 00:29:28,790 --> 00:29:29,950 Dá a orde. 454 00:29:33,040 --> 00:29:34,690 - Escoita... - Dá a orde. 455 00:29:34,890 --> 00:29:35,750 Escoita. 456 00:29:36,370 --> 00:29:37,850 Se te enganas, 457 00:29:38,050 --> 00:29:41,790 non podes recuperarte dunha cousa así. 458 00:29:43,250 --> 00:29:44,160 Non podes. 459 00:29:44,950 --> 00:29:48,950 Un espía pode ter centos de nomes, caras e identidades, 460 00:29:50,750 --> 00:29:52,290 pero alma só tes unha. 461 00:29:56,700 --> 00:29:59,080 Temos que protexer a Citadel ante todo. 462 00:29:59,910 --> 00:30:00,910 Dixéchelo ti. 463 00:30:02,540 --> 00:30:04,370 E quen vai protexerte a ti? 464 00:30:06,160 --> 00:30:07,410 Non teñas pena. 465 00:30:13,410 --> 00:30:16,410 {\an8}CENTRO DE SALVAGARDA DE CITADEL CIDADE DE MÉXICO 466 00:30:28,370 --> 00:30:29,700 Respira tranquila... 467 00:30:43,830 --> 00:30:47,080 Carter díxome que Celeste xa está destinada a Oregón. 468 00:30:47,540 --> 00:30:49,540 Grazas por cubrírela, Mason. 469 00:30:53,000 --> 00:30:53,910 E a min. 470 00:31:23,000 --> 00:31:23,950 Estás ben? 471 00:31:24,830 --> 00:31:25,660 Estou. 472 00:31:29,250 --> 00:31:30,660 Novas da chave de Oz? 473 00:31:31,910 --> 00:31:32,750 Nada. 474 00:31:37,910 --> 00:31:39,330 Davik non a colleu. 475 00:31:41,330 --> 00:31:43,580 E ti non pensas que foi Celeste. 476 00:31:44,790 --> 00:31:45,700 Como dis? 477 00:31:46,580 --> 00:31:50,480 Sonche o único que ten acceso a todas as comunicacións de Citadel. 478 00:31:50,680 --> 00:31:51,660 É o que fago. 479 00:31:52,750 --> 00:31:54,080 Sábelo, verdade? 480 00:31:57,250 --> 00:31:59,330 Coñézote dende hai unha década. 481 00:32:00,290 --> 00:32:02,910 Sei como te comportas, como pensas. 482 00:32:03,620 --> 00:32:05,870 Hoxe saíches do teu padrón. 483 00:32:06,870 --> 00:32:08,790 Estabamos en modo crise. 484 00:32:09,370 --> 00:32:10,370 Xa. 485 00:32:12,080 --> 00:32:15,290 Non o pensei ao principio, pero mirei nos servidores 486 00:32:15,910 --> 00:32:19,230 e alguén lle deu unha orde secreta ao xefe do equipo, 487 00:32:19,430 --> 00:32:23,910 un axente de primeiro nivel, en contra do protocolo. 488 00:32:25,620 --> 00:32:29,230 Tal axente ordenoulle ao xefe que ocultase a chave de Oz 489 00:32:29,430 --> 00:32:31,480 e lla entregase cando volvese. 490 00:32:31,680 --> 00:32:35,040 - Coido que sabes quen foi. - Para aí, Carter. 491 00:32:38,700 --> 00:32:40,450 Nadia deu a orde. 492 00:32:44,000 --> 00:32:47,190 Dixeches que salvagardaches a Celeste 493 00:32:47,390 --> 00:32:49,440 para que non contase segredos, 494 00:32:49,640 --> 00:32:51,200 pero creo que o fixeches 495 00:32:52,000 --> 00:32:55,080 para que non descubrísemos que non tiña ningún. 496 00:32:56,040 --> 00:32:57,330 Estaba limpa. 497 00:32:58,790 --> 00:33:02,400 Querías manter as sospeitas en Celeste e que levase as culpas, 498 00:33:02,590 --> 00:33:05,560 así que a salvagardaches, borrácheslle os recordos. 499 00:33:05,760 --> 00:33:07,690 Non porque ameazase a Citadel, 500 00:33:07,890 --> 00:33:09,650 senón porque ameazaba a Nadia, 501 00:33:09,840 --> 00:33:12,750 porque estabas protexendo a Nadia. 502 00:33:19,410 --> 00:33:21,290 Porque malia que a queres... 503 00:33:25,330 --> 00:33:27,250 pensas que pode ser unha toupa. 504 00:33:32,200 --> 00:33:34,620 Non volvas dicir esas palabras. 505 00:33:43,250 --> 00:33:45,120 Fuches ti. 506 00:33:46,450 --> 00:33:47,540 Que fixen eu? 507 00:33:48,370 --> 00:33:49,370 Ti non. 508 00:33:51,700 --> 00:33:52,660 Ela. 509 00:34:09,040 --> 00:34:10,370 Non te fíes dela. 510 00:34:10,950 --> 00:34:12,020 Por que? 511 00:34:12,220 --> 00:34:13,270 Nadia? 512 00:34:13,470 --> 00:34:14,770 PROXIMAMENTE EN CITADEL 513 00:34:14,970 --> 00:34:17,440 Matastes milleiros de axentes. 514 00:34:17,640 --> 00:34:18,940 O mérito non é só meu. 515 00:34:19,140 --> 00:34:21,790 Un espía de Citadel traizoouvos. 516 00:34:24,330 --> 00:34:25,910 Eu xa non sei quen es. 517 00:34:26,540 --> 00:34:30,600 Ningún de nós estamos tan limpos como nos gustaría. Sábelo. 518 00:34:30,800 --> 00:34:32,250 Quero saber a verdade. 519 00:36:06,540 --> 00:36:08,480 Subtítulos: Lucía Doval 520 00:36:08,680 --> 00:36:10,620 Supervisora creativa: Natalia López Prieto