1 00:00:24,370 --> 00:00:28,620 {\an8}OS ALPES ITALIANOS 2 00:01:10,580 --> 00:01:12,000 Ciao, Gregor. 3 00:01:17,750 --> 00:01:18,900 Teño a Yovanovitch. 4 00:01:19,090 --> 00:01:20,700 Sen tempo non era, Nadia. 5 00:01:21,000 --> 00:01:22,400 Estrañeite, Bernard. 6 00:01:22,590 --> 00:01:25,600 Disque un ano sen verse abranda o corazón. 7 00:01:25,800 --> 00:01:27,850 Podía abrandar o da miña exmuller. 8 00:01:28,050 --> 00:01:32,450 Tívome vivindo un ano nun piso en Encinitas. Sabes onde queda? 9 00:01:32,830 --> 00:01:34,730 - Encinitas. - Dá gusto volver. 10 00:01:34,930 --> 00:01:37,940 Recorda, o que sabemos é que o merdeiro ese leva 11 00:01:38,140 --> 00:01:39,980 uranio moi enriquecido na maleta. 12 00:01:40,180 --> 00:01:43,440 Pretende vendérllelo a uns ofertantes indesexables. 13 00:01:43,640 --> 00:01:45,350 Fixeches xoguetes novos. 14 00:01:45,550 --> 00:01:47,100 Para a miña espía favorita. 15 00:01:47,300 --> 00:01:48,020 INICIANDO 16 00:01:48,220 --> 00:01:50,810 Non lle gustaron e non quería que se perdesen. 17 00:01:51,010 --> 00:01:51,730 Cabrón. 18 00:01:51,930 --> 00:01:53,940 O estoxo rastrexa suxeitos de lonxe. 19 00:01:54,140 --> 00:01:56,440 O perfume é un explosivo localizado. 20 00:01:56,640 --> 00:01:57,850 E o lapis de labios? 21 00:01:58,050 --> 00:01:58,950 Lapis de labios. 22 00:01:59,410 --> 00:02:01,900 Non hai maior perigo para un vello verde. 23 00:02:02,090 --> 00:02:04,290 Ben o sabes. Déixote. 24 00:02:14,290 --> 00:02:16,000 {\an8}(Italiano) Está ocupado? 25 00:02:20,660 --> 00:02:22,770 Botáronme de primeira por fumar. 26 00:02:22,970 --> 00:02:24,650 Está prohibido fumar no tren. 27 00:02:24,840 --> 00:02:27,580 Non fumo, pero non me gusta que mo prohiban. 28 00:02:27,950 --> 00:02:29,690 Está ocupado. Agardo a alguén. 29 00:02:29,890 --> 00:02:31,810 E se che fago compaña mentres? 30 00:02:32,010 --> 00:02:33,730 El é bastante máis atractivo. 31 00:02:33,930 --> 00:02:36,150 E paguei unha fortuna polas boas vistas. 32 00:02:36,340 --> 00:02:37,330 Non me digas. 33 00:02:38,870 --> 00:02:40,560 Sorpréndeme que deas a cara. 34 00:02:40,760 --> 00:02:41,810 Tes unha máscara? 35 00:02:42,010 --> 00:02:43,190 Teño ducias, amor. 36 00:02:43,390 --> 00:02:45,270 E se che consigo un reembolso? 37 00:02:45,470 --> 00:02:48,790 - Cobre os danos emocionais? - Este é o vagón silencioso. 38 00:02:54,580 --> 00:02:56,480 {\an8}(Mandarín) Díxenlles que o ía coller eu soa. 39 00:02:56,680 --> 00:02:57,940 {\an8}Que fas aquí, Mason? 40 00:02:58,140 --> 00:03:00,060 {\an8}Grace precisaba os mellores. 41 00:03:00,260 --> 00:03:03,690 {\an8}(Alemán) Xa. Daquela, que fas ti aquí? 42 00:03:03,890 --> 00:03:05,190 {\an8}Somos un equipo. 43 00:03:05,390 --> 00:03:07,450 {\an8}(Castelán) Eramos un equipo. 44 00:03:11,450 --> 00:03:13,160 E esa alianza? 45 00:03:14,120 --> 00:03:15,540 A miña tapadeira. 46 00:03:16,160 --> 00:03:17,650 Ou un vello costume. 47 00:03:17,840 --> 00:03:18,980 O teu era mentir. 48 00:03:19,180 --> 00:03:21,250 E o teu era liscar sen máis. 49 00:03:23,370 --> 00:03:25,150 - Fun a Berlín. - Bo schnitzel? 50 00:03:25,340 --> 00:03:27,910 - Estaba nunha misión. - Na Operación Trola? 51 00:03:40,080 --> 00:03:41,400 Non te botes flores. 52 00:03:41,590 --> 00:03:44,060 Ten reforzos. Case descobres a tapadeira. 53 00:03:44,260 --> 00:03:45,600 Eu diante. Ti flanqueas. 54 00:03:45,800 --> 00:03:47,190 Eu non flanqueo. 55 00:03:47,390 --> 00:03:49,810 Esta é a miña misión. Ti flanqueas, amor. 56 00:03:50,010 --> 00:03:52,910 - O escolta leva un traxe... - Beixe. Seino, amor. 57 00:04:17,250 --> 00:04:18,080 Ei, 58 00:04:18,750 --> 00:04:19,580 meu. 59 00:04:26,330 --> 00:04:28,250 Sabes o que vai pasar agora? 60 00:05:28,700 --> 00:05:30,290 Gregor Yovanovitch? 61 00:05:36,250 --> 00:05:39,120 Coido que lle caeu no vagón de pasaxeiros. 62 00:05:39,620 --> 00:05:40,540 Grazas. 63 00:05:41,040 --> 00:05:43,700 Se cadra son demasiado directa, pero... 64 00:05:44,580 --> 00:05:45,950 impórtalle que sente? 65 00:05:47,290 --> 00:05:48,690 Non, ho! Por favor. 66 00:05:48,890 --> 00:05:49,830 Son Charlotte. 67 00:05:50,410 --> 00:05:51,790 - Gregor, xaora. - Ola. 68 00:05:53,290 --> 00:05:54,540 Gústame o teu carmín. 69 00:05:54,910 --> 00:05:56,290 Iso esperaba. 70 00:06:14,040 --> 00:06:15,450 Tes uns ollos fermosos. 71 00:06:15,910 --> 00:06:16,950 O que? 72 00:06:19,540 --> 00:06:21,350 Ninguén cho dixera nunca? 73 00:06:21,550 --> 00:06:22,330 Non. 74 00:06:27,750 --> 00:06:28,830 Iso é o teu pé? 75 00:06:29,120 --> 00:06:30,410 Ai, non, Gregor. 76 00:06:32,370 --> 00:06:34,750 Tes unha Beretta do 22 nos collóns. 77 00:06:35,540 --> 00:06:38,810 Oes, se perdes a carteira nun descoido, 78 00:06:39,010 --> 00:06:42,870 como che confían todo ese uranio nun tren cheo de xente? 79 00:06:46,000 --> 00:06:46,870 Que es? 80 00:06:47,200 --> 00:06:48,040 Da CIA? 81 00:06:48,500 --> 00:06:50,620 - Do MI6? - Non amoles, Greg. 82 00:06:51,040 --> 00:06:53,950 Teño pinta de xogar en ligas menores? 83 00:06:59,750 --> 00:07:00,700 Es de Citadel. 84 00:07:02,750 --> 00:07:04,620 Pensaba que era un mito. 85 00:07:25,160 --> 00:07:26,040 A maleta. 86 00:07:26,830 --> 00:07:27,660 Xa. 87 00:07:36,160 --> 00:07:37,000 Nadia. 88 00:07:38,290 --> 00:07:40,080 O teu verdadeiro nome, non si? 89 00:07:41,500 --> 00:07:42,700 Aí non hai uranio. 90 00:07:45,330 --> 00:07:47,790 Démoslle información falsa á túa xente 91 00:07:48,330 --> 00:07:50,950 para traérmosvos aquí e transmitirvos... 92 00:07:51,750 --> 00:07:52,750 unha mensaxe. 93 00:08:41,950 --> 00:08:43,790 Bernard, ves a Nadia? 94 00:08:44,200 --> 00:08:45,250 Vou agora. 95 00:08:47,200 --> 00:08:48,080 Restaurante. 96 00:08:49,410 --> 00:08:50,410 Vou para aló. 97 00:08:59,700 --> 00:09:02,000 Coñécelo, supoño. Vishal Rai. 98 00:09:02,410 --> 00:09:05,410 Ten o apartamento máis fermoso de Bombai. 99 00:09:08,200 --> 00:09:09,950 Himari Tanaka en Tokio. 100 00:09:11,120 --> 00:09:13,660 O equipo técnico en Cidade de México. 101 00:09:15,160 --> 00:09:18,790 Milán, París, O Cairo, e centos deles máis. 102 00:09:23,790 --> 00:09:26,730 O que pasa cos mitos éche... 103 00:09:26,930 --> 00:09:29,000 que no fin de contas son historias, 104 00:09:29,950 --> 00:09:32,160 falacias, mentiras. 105 00:09:32,870 --> 00:09:34,830 E ti quen cona vés sendo? 106 00:09:42,950 --> 00:09:45,620 A verdade está en todas as partes. 107 00:09:53,830 --> 00:09:54,940 {\an8}(Italiano) Dáma. 108 00:09:55,140 --> 00:09:57,000 {\an8}Non estarás en inferioridade? 109 00:10:00,580 --> 00:10:03,370 Hai tempo, convencéstesvos dunha mentira. 110 00:10:03,790 --> 00:10:07,660 Que vós e mais Citadel sodes anxos e non axentes. 111 00:10:08,120 --> 00:10:11,830 Agardamos moito para erradicar a Citadel da face da Terra. 112 00:10:12,870 --> 00:10:14,540 E verte agora, 113 00:10:15,080 --> 00:10:17,580 con ese ollar... 114 00:10:18,540 --> 00:10:20,200 Pagou a pena a espera. 115 00:10:29,410 --> 00:10:30,520 - Cantos? - Seis! 116 00:10:30,720 --> 00:10:32,000 Collede esa puta! 117 00:11:22,750 --> 00:11:23,700 Abaixo! 118 00:11:32,040 --> 00:11:34,020 - Era unha trampa. - Quen son? 119 00:11:34,220 --> 00:11:37,120 Non che sei, pero están destruíndo Citadel. 120 00:11:40,580 --> 00:11:42,810 - Teño algo que dicirche. - Mentinche. 121 00:11:43,010 --> 00:11:43,950 Mentinche. 122 00:11:44,750 --> 00:11:46,520 Mason? Mason? 123 00:11:46,720 --> 00:11:48,120 Precisamos evacuación. 124 00:11:48,750 --> 00:11:49,580 Bernard? 125 00:11:51,660 --> 00:11:52,500 Bernard? 126 00:11:56,830 --> 00:12:00,700 Manticore atoparavos sempre. 127 00:14:09,080 --> 00:14:11,700 BELLAGIO, ITALIA 128 00:14:44,120 --> 00:14:45,200 Axuda! 129 00:14:46,080 --> 00:14:47,410 Axuda! 130 00:14:54,330 --> 00:14:56,120 Atacaches o mellor cirurxián. 131 00:14:57,790 --> 00:14:59,080 Rompeu o brazo. 132 00:15:00,200 --> 00:15:01,200 Que pasou? 133 00:15:01,790 --> 00:15:04,620 Houbo unha explosión nun tren de pasaxeiros. 134 00:15:05,290 --> 00:15:07,100 Chegaches á costa de Lezzeno. 135 00:15:07,300 --> 00:15:09,370 Lembras ir no tren? 136 00:15:11,290 --> 00:15:12,120 Non. 137 00:15:14,000 --> 00:15:15,540 Lembras o teu nome? 138 00:15:15,950 --> 00:15:17,120 Claro, chámome... 139 00:15:20,620 --> 00:15:22,770 Seica tes amnesia retrógrada. 140 00:15:22,970 --> 00:15:24,580 Iso aféctache aos recordos. 141 00:15:25,370 --> 00:15:27,580 Sóache un tal Kyle Conroy? 142 00:15:28,330 --> 00:15:29,410 Non. Quen é? 143 00:15:30,540 --> 00:15:31,370 Ti. 144 00:15:37,370 --> 00:15:38,790 Tiñas isto no peto. 145 00:15:40,580 --> 00:15:41,580 E mais isto. 146 00:15:43,950 --> 00:15:48,000 O consulado estadounidense non atopa nin parentes nin rexistros teus. 147 00:15:48,620 --> 00:15:50,250 Coma se foses un fantasma. 148 00:16:06,660 --> 00:16:09,830 {\an8}8 ANOS DESPOIS 149 00:16:12,870 --> 00:16:15,870 {\an8}EUGENE, OREGÓN 150 00:16:27,200 --> 00:16:29,290 Papá! Están as tortiñas. 151 00:16:35,040 --> 00:16:36,520 Tortiñas con arandos? 152 00:16:36,720 --> 00:16:38,560 - Cantas vas comer? - Todas. 153 00:16:38,760 --> 00:16:40,230 Non me deixas unha? 154 00:16:40,430 --> 00:16:43,520 {\an8}...un dos peores ataques dende o comezo da tensión. 155 00:16:43,720 --> 00:16:47,060 {\an8}Grupos terroristas locais declaran a autoría 156 00:16:47,260 --> 00:16:49,150 {\an8}e o goberno toma medidas. 157 00:16:49,340 --> 00:16:50,750 É o décimo... 158 00:16:51,830 --> 00:16:54,230 Veña, o bus chega en cinco minutos. 159 00:16:54,430 --> 00:16:55,690 - Lista para o cole? - Si. 160 00:16:55,890 --> 00:16:56,690 As de fútbol? 161 00:16:56,890 --> 00:16:57,850 En serio, tía? 162 00:16:58,050 --> 00:16:59,370 Valen ben. Vai. 163 00:17:08,500 --> 00:17:10,450 Viñeras a terapia algunha vez? 164 00:17:11,080 --> 00:17:13,500 Ao principio. Logo deixeino. 165 00:17:14,250 --> 00:17:15,200 Por que? 166 00:17:18,330 --> 00:17:20,290 Por medo ao que podía atopar. 167 00:17:21,370 --> 00:17:24,040 Ninguén me veu buscar tralo accidente. 168 00:17:25,080 --> 00:17:29,450 Tiven que ser moi ruín para que ninguén viñese buscarme. 169 00:17:30,500 --> 00:17:33,120 Se tanto medo tes, por que viñeches agora? 170 00:17:37,040 --> 00:17:39,520 Sinto que me estou agochando cousas 171 00:17:39,720 --> 00:17:42,580 e teño que sabelas. Precísoo. 172 00:17:44,120 --> 00:17:45,830 Cando miña filla pregunta: 173 00:17:46,540 --> 00:17:48,120 "Como era túa nai?" 174 00:17:49,080 --> 00:17:50,250 ou se tiven pai 175 00:17:51,000 --> 00:17:51,910 ou algún can, 176 00:17:52,500 --> 00:17:54,370 ou se pedía desexos... 177 00:17:54,910 --> 00:17:59,480 Non teño nada que dicirlle, e sonche cousas que ela debería saber. 178 00:17:59,680 --> 00:18:01,080 Merece sabelas. 179 00:18:01,620 --> 00:18:03,160 E eu tamén. 180 00:18:05,160 --> 00:18:06,250 E... 181 00:18:08,040 --> 00:18:10,500 cando me sacaron da auga, 182 00:18:11,040 --> 00:18:12,660 levaba unha alianza e... 183 00:18:15,790 --> 00:18:18,200 Hai uns meses que teño unhas... 184 00:18:19,450 --> 00:18:20,370 visións 185 00:18:21,370 --> 00:18:22,200 dunha... 186 00:18:22,750 --> 00:18:23,580 dunha muller. 187 00:18:25,370 --> 00:18:26,330 Unha muller? 188 00:18:27,250 --> 00:18:29,730 Si. Penso que estaba no tren comigo. 189 00:18:29,930 --> 00:18:32,200 Seino, máis ben. E... 190 00:18:34,000 --> 00:18:38,540 se descubro quen é ela, talvez poida descubrir quen son eu. 191 00:18:41,660 --> 00:18:42,500 Kyle... 192 00:18:44,000 --> 00:18:48,040 Malia que podería terte aquí semanas e lucrarme da túa situación, 193 00:18:48,500 --> 00:18:50,940 o mellor é que mandes analizar o teu ADN. 194 00:18:51,140 --> 00:18:52,940 Que consulten as bases nacionais 195 00:18:53,140 --> 00:18:55,350 e a ver se atopan algo ou alguén. 196 00:18:55,550 --> 00:18:57,310 Fixémolo e non atoparon nada. 197 00:18:57,510 --> 00:19:00,040 A tecnoloxía avanzou moito dende entón. 198 00:19:03,330 --> 00:19:06,330 {\an8}VIRXINIA, EUA 199 00:19:11,870 --> 00:19:15,730 Señor secretario, grazas por vir con tan pouco preaviso. 200 00:19:15,930 --> 00:19:16,810 Embaixadora. 201 00:19:17,010 --> 00:19:19,330 Podía ir eu a Washington, mais... 202 00:19:20,330 --> 00:19:22,410 as rosas sonche especialiñas. 203 00:19:23,830 --> 00:19:25,600 Vamos ao miolo, Harold. 204 00:19:25,800 --> 00:19:28,750 Hai oito anos, cando Citadel caeu, 205 00:19:29,540 --> 00:19:34,000 soterrou a súa mina de segredos nunha caixa reforzada con volframio. 206 00:19:35,000 --> 00:19:38,350 Segredos como localizacións de prisións clandestinas, 207 00:19:38,550 --> 00:19:40,270 identidades de axentes 208 00:19:40,470 --> 00:19:42,330 e mesmo códigos nucleares. 209 00:19:43,830 --> 00:19:48,560 E acabo de saber que a vosa CIA descubriu hai pouco 210 00:19:48,760 --> 00:19:52,040 o paradoiro desa caixa X de Citadel. 211 00:19:54,540 --> 00:19:58,480 A embaixadora do Reino Unido pídelle ao secretario de Estado dos EUA 212 00:19:58,680 --> 00:20:01,060 que revele asuntos de seguridade nacional? 213 00:20:01,260 --> 00:20:04,270 Non cho estou a pedir como embaixadora. 214 00:20:04,470 --> 00:20:07,620 Non, isto éche... por unha causa distinta. 215 00:20:08,790 --> 00:20:10,080 Unha causa maior. 216 00:20:11,080 --> 00:20:12,000 A verdade. 217 00:20:13,660 --> 00:20:15,270 Xa non estou en Manticore. 218 00:20:15,470 --> 00:20:17,830 Axudámosche no pasado, así que... 219 00:20:18,700 --> 00:20:20,540 débesnos un favor. 220 00:20:22,950 --> 00:20:24,660 Daquela, que facemos, Harold? 221 00:20:25,330 --> 00:20:26,940 Poñemos explosivos 222 00:20:27,140 --> 00:20:29,520 no avión de British Airways de túa filla 223 00:20:29,720 --> 00:20:31,540 que voa mañá dende Oxford? 224 00:20:32,040 --> 00:20:33,160 Ou... 225 00:20:33,830 --> 00:20:38,200 raptamos a túa muller e enterrámola viva na miña roseira? 226 00:20:43,410 --> 00:20:44,410 Dimo ti. 227 00:20:48,000 --> 00:20:50,000 {\an8}ZÜRICH 228 00:21:13,250 --> 00:21:14,120 Señora. 229 00:21:15,250 --> 00:21:16,450 Que tal a voda? 230 00:21:16,830 --> 00:21:17,690 Rematou. 231 00:21:17,890 --> 00:21:19,770 Seguro que a noiva ía fermosa. 232 00:21:19,970 --> 00:21:21,870 Teño outra tarefa para ti, Davik. 233 00:21:23,540 --> 00:21:25,660 Atoparon a caixa X de Citadel. 234 00:21:26,080 --> 00:21:30,040 Levárona a unha prisión clandestina da CIA nun estaleiro de Miami. 235 00:21:30,330 --> 00:21:31,870 Quero que a consigas. 236 00:21:32,250 --> 00:21:33,080 Entendido. 237 00:21:33,500 --> 00:21:34,900 Teu irmán pode con isto? 238 00:21:35,090 --> 00:21:36,600 Abofé que pode. 239 00:21:36,800 --> 00:21:38,940 Custounos caro en Pequín. 240 00:21:39,140 --> 00:21:42,410 Deixa cousas no aire. Ás Familias non lles gustou. 241 00:21:43,580 --> 00:21:45,120 Oíches, Anders? 242 00:21:47,750 --> 00:21:50,400 Si, escóitoa, Dahlia. 243 00:21:50,590 --> 00:21:51,620 Alto e claro. 244 00:21:51,910 --> 00:21:52,870 Ao choio. 245 00:22:07,910 --> 00:22:09,120 Vaites! 246 00:22:09,500 --> 00:22:11,200 Encántame este xogo. 247 00:22:11,660 --> 00:22:14,410 Vale, rapaces, imos xogar a un xogo. 248 00:22:15,040 --> 00:22:16,620 As regras sonvos sinxelas. 249 00:22:17,450 --> 00:22:22,620 Quen adiviñe tres trazos distintivos 250 00:22:23,040 --> 00:22:25,950 do personaxe secreto dun opoñente 251 00:22:26,660 --> 00:22:27,480 gaña. 252 00:22:27,680 --> 00:22:29,150 É doado, non si? 253 00:22:29,340 --> 00:22:31,450 Veña, imos aló. Comezo eu. 254 00:22:32,250 --> 00:22:37,620 O teu personaxe é loiro? 255 00:22:39,580 --> 00:22:41,290 - É. - Punto para min. 256 00:22:42,120 --> 00:22:43,350 Veña, tócache. 257 00:22:43,550 --> 00:22:47,200 O teu personaxe ten pencas? 258 00:22:48,200 --> 00:22:49,160 Non. 259 00:22:50,160 --> 00:22:53,730 Vale. O teu personaxe ten bigote? 260 00:22:53,930 --> 00:22:55,620 A ti que cona che pasa? 261 00:22:57,500 --> 00:22:59,200 Ben. Quedamos só nós os dous. 262 00:23:01,080 --> 00:23:04,060 O teu personaxe sabe 263 00:23:04,260 --> 00:23:07,440 por que a túa colega de Manticore, Dahlia Archer, 264 00:23:07,640 --> 00:23:11,250 se reuniu co secretario McCulough onte na casa dela? 265 00:23:17,910 --> 00:23:20,830 Busca o paradoiro da caixa X de Citadel. 266 00:23:23,040 --> 00:23:23,950 Por que? 267 00:23:25,120 --> 00:23:26,160 Códigos nucleares. 268 00:23:27,950 --> 00:23:29,080 Que interesante. 269 00:23:32,370 --> 00:23:33,700 MENSAXE SEGURA RECIBIDA 270 00:23:34,000 --> 00:23:36,910 ADN CONFIRMADO: AXENTE LOCALIZADO EUGENE, OREGÓN 271 00:23:37,370 --> 00:23:38,370 Mi madriña! 272 00:23:42,160 --> 00:23:43,160 Non! 273 00:24:00,700 --> 00:24:01,700 Un segundo. 274 00:24:03,870 --> 00:24:04,910 "Un segundo"? 275 00:24:06,250 --> 00:24:09,250 A que andabas? A darlle á manivela? 276 00:24:09,750 --> 00:24:10,700 Non. 277 00:24:11,160 --> 00:24:12,080 Ben. 278 00:24:12,950 --> 00:24:16,400 Había cita sen cámaras en The Bachelor e bebín un viño. 279 00:24:16,590 --> 00:24:19,000 - Unha copa enteira? - Media copa enteira. 280 00:24:21,580 --> 00:24:22,950 Hendrix está durmida? 281 00:24:24,120 --> 00:24:25,370 Abby C., 282 00:24:26,540 --> 00:24:28,290 aceptas esta rosa? 283 00:24:28,910 --> 00:24:29,950 Quérote. 284 00:24:36,160 --> 00:24:37,160 Que foi? 285 00:24:38,950 --> 00:24:40,000 Kyle? 286 00:24:41,450 --> 00:24:42,370 Papá! 287 00:24:45,790 --> 00:24:47,080 Terra a Kyle. 288 00:24:48,160 --> 00:24:49,160 Papá! 289 00:24:51,910 --> 00:24:52,830 Vou eu. 290 00:25:00,410 --> 00:25:01,540 Aquí estou. 291 00:25:02,950 --> 00:25:04,230 Tivo outro pesadelo. 292 00:25:04,430 --> 00:25:05,290 Outro? 293 00:25:06,500 --> 00:25:07,830 Que foi desta vez? 294 00:25:08,580 --> 00:25:12,980 Uns nenos dixeron que ían bombardearnos, que habería unha guerra 295 00:25:13,180 --> 00:25:16,580 e que as persoas comerían persoas, eu incluída. 296 00:25:17,290 --> 00:25:19,540 Haiche nenos ben parvos. 297 00:25:19,830 --> 00:25:21,660 Non deixarei que che pase nada. 298 00:25:22,700 --> 00:25:25,330 Teu pai amantábate cando tiñas un mal soño? 299 00:25:27,000 --> 00:25:28,000 Non o lembro. 300 00:25:28,750 --> 00:25:30,200 Gustaríache lembralo? 301 00:25:32,040 --> 00:25:33,660 Hora de durmir, miña rula. 302 00:25:42,250 --> 00:25:43,580 Boas noites, preciosa. 303 00:26:42,160 --> 00:26:43,620 Hai alguén na casa! 304 00:26:47,540 --> 00:26:48,500 Abby! 305 00:26:53,950 --> 00:26:54,730 - Kyle! - Papá! 306 00:26:54,930 --> 00:26:57,150 - Ao coche! - Non somos quen cres. 307 00:26:57,340 --> 00:27:00,400 Kyle Conroy, Abigail Conroy, Hendrix Conroy. 308 00:27:00,590 --> 00:27:02,560 Non si? Que tal o fixen? Subide. 309 00:27:02,760 --> 00:27:04,230 Non precisas delas. 310 00:27:04,430 --> 00:27:06,650 - Sabes quen son? E a onde imos? - Non. 311 00:27:06,840 --> 00:27:08,520 Non sabes o que preciso. 312 00:27:08,720 --> 00:27:11,250 Subide ao coche. Atrás. 313 00:27:13,620 --> 00:27:14,660 Subide. 314 00:27:17,000 --> 00:27:18,700 Veña. Vamos. 315 00:27:25,750 --> 00:27:26,580 Así me gusta. 316 00:27:28,620 --> 00:27:31,020 Non pasa nada. Todo vai saír ben. 317 00:27:31,220 --> 00:27:32,940 - Cabina asegurada. - Dúrmeos. 318 00:27:33,140 --> 00:27:33,980 EMANANDO GAS 319 00:27:34,180 --> 00:27:36,350 Emanando. 320 00:27:36,550 --> 00:27:37,440 Vamos. 321 00:27:37,640 --> 00:27:39,730 - Non, fillo de puta! - É unha nena! 322 00:27:39,930 --> 00:27:41,400 - Mamá! - Non! 323 00:27:41,590 --> 00:27:42,620 Non o fagas! 324 00:27:52,160 --> 00:27:54,750 {\an8}PRISIÓN CLANDESTINA DA CIA 325 00:28:25,290 --> 00:28:26,200 DESBLOQUEADO 326 00:28:35,120 --> 00:28:36,850 Previdos! Imos aló. 327 00:28:37,050 --> 00:28:40,330 Entramos en directo en tres, dous... 328 00:28:41,200 --> 00:28:44,310 Embaixadora, cre que hai países con demasiado poder, 329 00:28:44,510 --> 00:28:47,730 con monopolio de recursos, posesión de armas nucleares 330 00:28:47,930 --> 00:28:50,730 e que financian guerras para mellorar o PIB? 331 00:28:50,930 --> 00:28:54,160 É unha pregunta sen moita saída, pero si. 332 00:28:54,830 --> 00:28:58,690 Apoiaría limitar os poderes dun país que fose unha ameaza global? 333 00:28:58,890 --> 00:28:59,750 Abofé. 334 00:29:00,200 --> 00:29:03,600 E tamén o primeiro ministro, a quen represento con orgullo. 335 00:29:03,800 --> 00:29:06,790 Logo apoiaría limitar os poderes de Gran Bretaña? 336 00:29:08,580 --> 00:29:11,850 Recoñecerá que Gran Bretaña e aliados invadiron países, 337 00:29:12,050 --> 00:29:13,600 desestabilizaron economías 338 00:29:13,800 --> 00:29:17,600 e crearon unha oligarquía de políticos corruptos e peixes gordos. 339 00:29:17,800 --> 00:29:20,000 Non recoñezo tal, Marjorie, non. 340 00:29:21,080 --> 00:29:25,520 Este país acabou con guerras, ás veces antes de que empezasen. 341 00:29:25,720 --> 00:29:29,810 Protexeu os recursos naturais e promoveu a paz e a humanidade no mundo. 342 00:29:30,010 --> 00:29:32,060 É a raíña das versións alternativas. 343 00:29:32,260 --> 00:29:33,200 Vou ser clara. 344 00:29:35,000 --> 00:29:38,230 Estou moi orgullosa do papel de Gran Bretaña no mundo, 345 00:29:38,430 --> 00:29:41,290 das decisións que tomou. E vou dicir máis: 346 00:29:41,750 --> 00:29:46,910 loitaremos contra calquera entidade que ameace a nosa democracia. 347 00:29:47,500 --> 00:29:50,690 Xa sexan hackers, un goberno estranxeiro 348 00:29:50,890 --> 00:29:54,690 ou unha axente da prensa, poñamos, 349 00:29:54,890 --> 00:29:59,410 cunha campaña de desinformación para favorecer intereses estranxeiros. 350 00:30:01,120 --> 00:30:02,120 Cortamos. 351 00:30:03,410 --> 00:30:05,730 Chamoume colaboradora rusa en directo? 352 00:30:05,930 --> 00:30:08,370 Veña, ho, rula. Non dixen "rusa". 353 00:30:13,370 --> 00:30:16,060 Os irmáns teñen a caixa, pero está encriptada. 354 00:30:16,260 --> 00:30:17,940 Van descodificala a Nova York. 355 00:30:18,140 --> 00:30:19,790 As Familias vanse alegrar. 356 00:30:20,200 --> 00:30:23,150 Dille a Davik que quero a información cando a teñan. 357 00:30:23,340 --> 00:30:24,290 Claro, señora. 358 00:30:59,450 --> 00:31:03,250 Perdón polo teatro, pero é pola seguridade, vosa e nosa. 359 00:31:04,450 --> 00:31:05,580 Quen sodes? 360 00:31:06,700 --> 00:31:07,900 E a nosa filla? 361 00:31:08,090 --> 00:31:09,310 Son Bernard Orlick. 362 00:31:09,510 --> 00:31:11,370 - Ela é miña muller, Joe... - Ex. 363 00:31:12,200 --> 00:31:14,150 - Exmuller. - Miña muller, Sandra. 364 00:31:14,340 --> 00:31:15,060 Ola. 365 00:31:15,260 --> 00:31:18,190 Vosa filla está ben, abaixo, coa nosa filla, Val. 366 00:31:18,390 --> 00:31:20,060 Como lle poñas a man enriba... 367 00:31:20,260 --> 00:31:23,440 Pórlle a man enriba? Tróuxenvos aquí para vos protexer. 368 00:31:23,640 --> 00:31:25,350 Protexernos? Gaseáchesnos. 369 00:31:25,550 --> 00:31:28,230 Síntoo. Non había tempo para leria nin cafés. 370 00:31:28,430 --> 00:31:30,650 Sorte que non vos atopou Manticore. 371 00:31:30,840 --> 00:31:33,310 - Que queres de nós? - Escoita, amnésico, 372 00:31:33,510 --> 00:31:36,150 estiveches investigando para saberes quen es 373 00:31:36,340 --> 00:31:38,440 e o que che pasou hai oito anos? 374 00:31:38,640 --> 00:31:39,660 Non busques máis. 375 00:31:40,750 --> 00:31:42,120 Imos axudarche. 376 00:31:43,160 --> 00:31:45,230 Por que vou fiarme do que digas? 377 00:31:45,430 --> 00:31:48,500 Porque o creas ou non, somos vellos amigos. 378 00:31:54,330 --> 00:31:56,000 Alégrome de verte, Mason. 379 00:31:56,540 --> 00:31:57,370 Mason? 380 00:31:59,330 --> 00:32:00,750 Listo para ver quen es? 381 00:32:03,200 --> 00:32:05,230 Rexistro do axente Mason Kane. 382 00:32:05,430 --> 00:32:06,910 Iniciando escáner. 383 00:32:07,540 --> 00:32:09,540 - Queda quieto. - Estou quieto. 384 00:32:10,000 --> 00:32:12,480 - Agora sorrí. - Polo carallo vou sorrir. 385 00:32:12,680 --> 00:32:13,770 Eras todo ledicia. 386 00:32:13,970 --> 00:32:15,980 - O Mando... - Mason Kane non sorrí. 387 00:32:16,180 --> 00:32:18,270 Referíaste a ti en terceira persoa. 388 00:32:18,470 --> 00:32:21,020 Vale, e se sorrís só cos ollos? 389 00:32:21,220 --> 00:32:23,190 Tamén podo matarte, Bernard, aviso. 390 00:32:23,390 --> 00:32:24,690 Había certa hostilidade. 391 00:32:24,890 --> 00:32:27,540 - E se me matas de amabilidade? - Non fodas. 392 00:32:27,950 --> 00:32:29,120 Non fodas. 393 00:32:29,830 --> 00:32:31,250 Así que era espía? 394 00:32:32,910 --> 00:32:35,080 Por que non había nada sobre ti? 395 00:32:35,660 --> 00:32:37,520 Porque Kyle Conroy non existe. 396 00:32:37,720 --> 00:32:38,870 Bingo, meu. 397 00:32:39,200 --> 00:32:40,200 É un alias. 398 00:32:40,870 --> 00:32:42,700 Un dos moitos que che inventei. 399 00:32:43,200 --> 00:32:46,100 Teño un don para os nomes. Teño moitos dons. 400 00:32:46,300 --> 00:32:49,980 E as miñas cicatrices son feridas de bala? De arma branca? 401 00:32:50,180 --> 00:32:53,940 De machete, de metralla, de abridores de ostras... 402 00:32:54,140 --> 00:32:55,020 Unha boa lista. 403 00:32:55,220 --> 00:32:57,940 Logo que eramos? Da CIA? Das forzas especiais? 404 00:32:58,140 --> 00:33:00,500 Non. Ti eras parte dun mito. 405 00:33:01,200 --> 00:33:03,830 Eras parte... de Citadel. 406 00:33:04,330 --> 00:33:06,950 Citadel? Non tiñas un don para os nomes? 407 00:33:09,200 --> 00:33:14,060 Dende sempre, os servizos de espionaxe empezan guerras, 408 00:33:14,260 --> 00:33:15,750 asasinan líderes... 409 00:33:16,080 --> 00:33:17,020 SENADOR ENVELENADO? 410 00:33:17,220 --> 00:33:18,520 ...e matan civís. 411 00:33:18,720 --> 00:33:22,460 {\an8}Daquela, hai un século, un grupo de espías en Francia 412 00:33:22,660 --> 00:33:26,980 recrutou xente para crear un servizo de intelixencia independente 413 00:33:27,180 --> 00:33:29,560 de toda persoa e de toda nación. 414 00:33:29,760 --> 00:33:32,700 Leal só á seguridade do conxunto da humanidade. 415 00:33:33,370 --> 00:33:35,440 Ninguén sabía de nós, 416 00:33:35,640 --> 00:33:39,350 {\an8}pero contribuímos a que todo virase cara ao ben no último século. 417 00:33:39,550 --> 00:33:40,310 REFÉNS LIBRES 418 00:33:40,510 --> 00:33:42,100 Somos os bos. 419 00:33:42,300 --> 00:33:44,560 A derradeira liña de defensa do ben. 420 00:33:44,760 --> 00:33:48,200 Porén, hai oito anos, traizoounos un dos nosos. 421 00:33:49,000 --> 00:33:52,730 Un axente non identificado colleu a lista de espías de Citadel 422 00:33:52,930 --> 00:33:54,950 e transferiuna ás mans incorrectas. 423 00:33:55,700 --> 00:33:57,620 Intentaron matarme nese tren. 424 00:33:59,500 --> 00:34:01,650 Levo oito anos buscando superviventes. 425 00:34:01,840 --> 00:34:05,540 Pensaba que só un espía de Citadel sobrevivira. 426 00:34:06,160 --> 00:34:10,100 Por sorte, este espía destacaba entre o resto. 427 00:34:10,300 --> 00:34:15,690 O xenio da tecnoloxía, destinado a levar o mundo ás costas coma Atlas. 428 00:34:15,890 --> 00:34:17,850 - Non mo digas. - O nome? 429 00:34:18,050 --> 00:34:19,040 Es ti? 430 00:34:21,790 --> 00:34:22,870 - Xesús. - Non. 431 00:34:23,160 --> 00:34:24,290 Bernard Orlick. 432 00:34:25,200 --> 00:34:26,200 Coidado. 433 00:34:26,910 --> 00:34:27,910 Ven. 434 00:34:29,910 --> 00:34:31,600 Enfrontámonos a isto. 435 00:34:31,800 --> 00:34:32,560 "Manticore"? 436 00:34:32,760 --> 00:34:33,850 Foron eles? 437 00:34:34,050 --> 00:34:36,850 Manticore xurdiu hai 8 anos, co ataque a Citadel, 438 00:34:37,050 --> 00:34:39,850 {\an8}no que mataron miles dos nosos espías. 439 00:34:40,050 --> 00:34:44,230 Oito familias adiñeiradas de distintos países fundaron Manticore. 440 00:34:44,430 --> 00:34:47,520 {\an8}Montaron unha rede de espionaxe para manipular o mundo 441 00:34:47,720 --> 00:34:49,540 {\an8}e amasar riqueza e poder. 442 00:34:50,160 --> 00:34:52,440 Con Citadel caída e a miña tecnoloxía, 443 00:34:52,640 --> 00:34:53,850 causaron estragos. 444 00:34:54,050 --> 00:34:54,980 {\an8}Crises de petróleo, 445 00:34:55,180 --> 00:34:56,230 fallos na rede 446 00:34:56,430 --> 00:34:57,660 e guerras tráxicas. 447 00:34:58,500 --> 00:35:00,700 Non nos trouxeches por axudarnos. 448 00:35:01,950 --> 00:35:04,500 Tróuxente porque te preciso. 449 00:35:05,620 --> 00:35:07,060 Preciso a Mason. 450 00:35:07,260 --> 00:35:10,940 Hoxe á mañá roubaron a caixa X de Citadel, cos nosos segredos, 451 00:35:11,140 --> 00:35:13,230 {\an8}dous axentes de Manticore. 452 00:35:13,430 --> 00:35:16,060 {\an8}O tipo de segredos que matan millóns de persoas 453 00:35:16,260 --> 00:35:17,900 {\an8}e secuestran países enteiros. 454 00:35:18,090 --> 00:35:22,480 {\an8}E eses dous axentes están camiño de Nova York para abrir a caixa. 455 00:35:22,680 --> 00:35:26,150 Se o logran, Manticore terá, entre outras cousas, 456 00:35:26,340 --> 00:35:28,950 os códigos de tódalas armas nucleares do mundo. 457 00:35:29,500 --> 00:35:30,500 Perdoa. 458 00:35:31,910 --> 00:35:33,900 Tes que vir comigo a Nova York 459 00:35:34,090 --> 00:35:36,750 e coller esa caixa antes de que a abran. 460 00:35:37,080 --> 00:35:38,400 Preciso a Mason Kane. 461 00:35:38,590 --> 00:35:39,910 Pois non son eu. 462 00:35:40,200 --> 00:35:41,440 Adestro cativos. 463 00:35:41,640 --> 00:35:45,160 Irás descubrindo que tes moito máis del do que pensas. 464 00:35:51,200 --> 00:35:53,000 A ti que carallo che pasa? 465 00:35:53,410 --> 00:35:54,450 Velaí está. 466 00:35:55,290 --> 00:35:58,080 A túa mente non o lembra, pero o teu corpo si. 467 00:36:00,000 --> 00:36:02,410 Eras o noso mellor espía, en realidade. 468 00:36:03,410 --> 00:36:04,900 O mellor espía de Citadel? 469 00:36:05,090 --> 00:36:06,560 A ver, o mellor non. 470 00:36:06,760 --> 00:36:09,480 Tiñas unha compañeira. 471 00:36:09,680 --> 00:36:12,900 Por separado, ambos os dous erades incribles, 472 00:36:13,090 --> 00:36:15,040 pero xuntos erades caralludos. 473 00:36:16,750 --> 00:36:18,120 Como se chamaba? 474 00:36:24,830 --> 00:36:26,330 Chamábase Nadia Sinh. 475 00:36:26,750 --> 00:36:30,150 Axúdame a conseguir a caixa e axudareite a lembrar quen es 476 00:36:30,340 --> 00:36:31,270 e quen era ela. 477 00:36:31,470 --> 00:36:32,310 Quen era? 478 00:36:32,510 --> 00:36:35,400 Nadia pediu axuda o día que Citadel caeu. 479 00:36:35,590 --> 00:36:37,080 Non soubemos máis dela. 480 00:36:38,000 --> 00:36:39,250 Penso que está morta. 481 00:36:39,870 --> 00:36:41,750 Se Manticore obtén os códigos, 482 00:36:42,250 --> 00:36:43,250 garántoche 483 00:36:43,790 --> 00:36:45,870 que non dubidarán en matarte, 484 00:36:46,250 --> 00:36:48,540 a ti e mais a Abby e a Hendrix. 485 00:36:49,750 --> 00:36:51,660 Queres salvar a túa familia? 486 00:36:53,200 --> 00:36:54,200 Ven comigo. 487 00:37:01,040 --> 00:37:05,950 {\an8}8 ANOS ANTES 488 00:38:52,750 --> 00:38:54,690 Subtítulos: Lucía Doval 489 00:38:54,890 --> 00:38:56,830 Supervisora creativa: Natalia López Prieto