1 00:00:06,132 --> 00:00:09,760 Crieime e traballei no exército. Dicíanme onde ir e cando. 2 00:00:09,760 --> 00:00:11,637 Agora vexo o país como quero. 3 00:00:11,762 --> 00:00:15,307 Hoteis, efectivo, nomes falsos e pouca equipaxe. 4 00:00:15,307 --> 00:00:16,767 Acostumaraste. 5 00:00:16,767 --> 00:00:19,645 Non atopo nada das pegadas, pero pode aparecer algo. 6 00:00:19,645 --> 00:00:22,523 Nin carné de conducir nin hipoteca nin seguro. 7 00:00:22,523 --> 00:00:24,150 Non hai nada en Internet. 8 00:00:24,150 --> 00:00:27,653 A única proba de que Jack Reacher existe é que está aí. 9 00:00:27,653 --> 00:00:29,989 Matou uns homes durante as súas funcións. 10 00:00:29,989 --> 00:00:31,323 Mortes oportunas. 11 00:00:33,200 --> 00:00:35,786 Dirixiu a 110.a Unidade de Investigación Especial 12 00:00:35,786 --> 00:00:37,037 da Policía Militar. 13 00:00:53,095 --> 00:00:54,472 Hai cen mil anos, 14 00:00:54,472 --> 00:00:58,225 uns quedaban preto da fogueira e outros viaxaban sen rumbo. 15 00:00:58,225 --> 00:01:01,854 Seguro que descendo directamente dos que viaxaban. 16 00:01:01,854 --> 00:01:03,439 Eu son así. 17 00:01:12,156 --> 00:01:18,162 {\an8}MONTAÑAS DE CATSKILL, NOVA YORK DÚAS HORAS AO NORTE DE MANHATTAN 18 00:02:45,416 --> 00:02:46,709 Que fago con iso? 19 00:02:46,709 --> 00:02:49,295 Lavalo e vendelo. É unha tenda de caridade. 20 00:02:49,295 --> 00:02:52,298 - Vas mercar algo? - O que levo posto. 21 00:02:52,298 --> 00:02:54,758 Vaqueiro, camiseta, chaqueta, calcetíns. 22 00:03:02,099 --> 00:03:03,267 Vintedous dólares. 23 00:03:06,020 --> 00:03:08,314 50 % DE DESCONTO EN TODO 24 00:03:08,314 --> 00:03:09,273 Once. 25 00:03:09,273 --> 00:03:12,776 Si, Doug tiña que quitar iso hai uns días. Son 22 dólares. 26 00:03:12,776 --> 00:03:15,070 E por que non o quitaches ti? 27 00:03:15,070 --> 00:03:16,697 Porque é cousa de Doug. 28 00:03:19,950 --> 00:03:21,785 Hai un caixeiro aí en fronte. 29 00:03:21,785 --> 00:03:24,204 Toma o meu pasaporte, non vou liscar. 30 00:03:24,204 --> 00:03:27,958 Tanto me ten. Este traballo é unha merda. 31 00:03:56,862 --> 00:03:59,281 Perdoa, teño que quitar máis cartos. 32 00:04:19,593 --> 00:04:22,054 Non deas a volta, podo axudarche. 33 00:04:22,054 --> 00:04:23,806 Ti sigue quitando cartos. 34 00:04:23,806 --> 00:04:25,891 A furgoneta da esquerda é túa? 35 00:04:26,558 --> 00:04:27,768 Si. 36 00:04:27,768 --> 00:04:31,146 Só para aclararnos, atacáronte no coche, non si? 37 00:04:32,231 --> 00:04:34,733 - O meu fillo está atrás. - Pistola? 38 00:04:35,693 --> 00:04:36,902 Si. 39 00:04:36,902 --> 00:04:40,739 Queda aquí. Non tardo nada. 40 00:04:45,369 --> 00:04:46,578 Veña. 41 00:04:47,705 --> 00:04:51,583 Túa nai xa pode apurar, rapaz, ou ides acabar moi mal. 42 00:05:11,603 --> 00:05:13,564 Ola. Queres ver a túa nai? 43 00:05:13,564 --> 00:05:15,941 Tranquilo, meu neno. 44 00:05:15,941 --> 00:05:20,112 Tranquilo, meu ben. Estou aquí. 45 00:05:20,237 --> 00:05:22,197 Estará inconsciente un anaco. 46 00:05:22,197 --> 00:05:25,242 Vai ao banco, chama a policía e dálle isto. 47 00:05:25,367 --> 00:05:26,785 A arma está no coche. 48 00:05:26,785 --> 00:05:29,705 Espera, ti quen es? 49 00:05:29,705 --> 00:05:31,999 Un que non quere meterse no medio. 50 00:05:55,147 --> 00:05:57,941 Aquí tes 30. Necesito outra chaqueta. 51 00:05:58,984 --> 00:06:00,235 Que pasou con esa? 52 00:06:00,235 --> 00:06:01,612 Que ten sangue. 53 00:06:04,114 --> 00:06:05,240 Déixasme o móbil? 54 00:06:05,866 --> 00:06:07,618 Enviáronme unha mensaxe. 55 00:06:22,174 --> 00:06:23,675 Tammi Cates? 56 00:06:23,675 --> 00:06:28,388 Deixa que adiviñe. Unha caixeira, unha camareira, unha dependenta. 57 00:06:28,388 --> 00:06:31,517 A terceira. Recibín a mensaxe. 58 00:06:32,184 --> 00:06:34,269 110.a, 10-30. 59 00:06:34,269 --> 00:06:35,646 Chamada de socorro. 60 00:06:35,646 --> 00:06:37,397 Chamada de socorro e voo. 61 00:06:37,397 --> 00:06:39,483 - Debes vir a Nova York. - Por que? 62 00:06:42,111 --> 00:06:43,487 Mataron a Calvin Franz. 63 00:06:49,409 --> 00:06:50,953 Avísote cando aterre. 64 00:07:00,587 --> 00:07:05,676 {\an8}ROCK CREEK, VIRXINIA 65 00:07:10,973 --> 00:07:11,890 Comandante. 66 00:07:12,891 --> 00:07:13,725 Ola, señor. 67 00:07:13,725 --> 00:07:17,396 Chámame Reacher. Díxenche que non trouxeses nada. 68 00:07:19,022 --> 00:07:21,900 Son cousas de oficina por se hai papelame. 69 00:07:21,900 --> 00:07:23,235 Odio o papelame. 70 00:07:23,235 --> 00:07:26,071 A min non me importa facelo, señor. 71 00:07:26,071 --> 00:07:28,782 - Reacher. - Certo, Reacher. 72 00:07:28,782 --> 00:07:32,411 Espero que non lle importe que pregunte, pero que fago aquí? 73 00:07:32,411 --> 00:07:35,372 - Queres liscar, Franz? - Non, señor... Reacher. 74 00:07:35,372 --> 00:07:38,750 Non, non quero. Só teño curiosidade. 75 00:07:38,750 --> 00:07:40,919 Vinte hai unhas semanas no barracón. 76 00:07:40,919 --> 00:07:44,756 Paraches uns soldados que pelexaban por un paquete. 77 00:07:44,756 --> 00:07:46,300 Pola última galleta. 78 00:07:46,300 --> 00:07:47,509 Unha galleta? 79 00:07:47,509 --> 00:07:49,428 - Si. - Peor aínda. 80 00:07:50,220 --> 00:07:52,764 O que quero dicir é que negociaches ben, 81 00:07:52,764 --> 00:07:56,226 soltaches unhas bromas e acabaches co conflito. 82 00:07:56,351 --> 00:07:59,021 Sabes tomar decisións. Podes ser útil. 83 00:08:11,158 --> 00:08:12,534 Teño que preguntar. 84 00:08:12,534 --> 00:08:16,079 Que clase de unidade creou o comandante Reacher? 85 00:08:16,079 --> 00:08:18,665 Temos unha contable, 86 00:08:19,958 --> 00:08:22,294 unha traballadora de gasolineira, 87 00:08:22,294 --> 00:08:24,171 o guitarrista Dave Matthews, 88 00:08:24,171 --> 00:08:28,759 o avó de Heidi e uns rapaces de... 89 00:08:28,884 --> 00:08:31,887 De onde sodes? Vinvos en Requirimentos, non? 90 00:08:31,887 --> 00:08:33,764 Temos nome. 91 00:08:33,764 --> 00:08:35,057 Sanchez e Orozco. 92 00:08:35,057 --> 00:08:36,391 Quen é Orozco? 93 00:08:40,270 --> 00:08:42,940 E ti quen es, ademais dun tío que fala moito? 94 00:08:42,940 --> 00:08:44,483 David O'Donnell. 95 00:08:45,734 --> 00:08:48,820 E sen ofender, papá, pero por que estás aquí? 96 00:08:48,820 --> 00:08:50,864 Non botan telenovelas? 97 00:08:50,864 --> 00:08:53,659 Lowrey gañou a competición de tiro seis veces, 98 00:08:53,659 --> 00:08:55,118 con pistola e rifle. 99 00:08:55,994 --> 00:08:56,870 Unha norma: 100 00:08:56,870 --> 00:08:59,164 os plans estráganse se disparamos. 101 00:08:59,164 --> 00:09:01,708 O primeiro disparo debe ser o mellor. 102 00:09:01,708 --> 00:09:04,461 Eu gañei en tiro sen ser marine, 103 00:09:04,461 --> 00:09:06,922 e sei que Lowrey disparará mellor. 104 00:09:06,922 --> 00:09:09,800 Cres que estaremos no punto de mira? 105 00:09:09,800 --> 00:09:11,009 Pode ser. 106 00:09:11,009 --> 00:09:14,096 E por que hai xente sen experiencia, comandante? 107 00:09:14,096 --> 00:09:15,305 Reacher. 108 00:09:17,099 --> 00:09:18,058 Síntoo. 109 00:09:19,726 --> 00:09:22,896 Querían unha unidade para os asuntos complexos. 110 00:09:22,896 --> 00:09:27,401 E necesito investigadores especiais, non policías militares correntes. 111 00:09:27,401 --> 00:09:30,320 Se somos especiais, por que estamos neste sitio? 112 00:09:30,320 --> 00:09:31,655 Que pasa con el? 113 00:09:31,655 --> 00:09:35,575 Hai anos, o Tío Sam fixo unha oferta por unhas terras. 114 00:09:35,575 --> 00:09:36,910 Meteu mal o enderezo 115 00:09:36,910 --> 00:09:40,330 e agora é propietario deste edificio e da xa inactiva 116 00:09:40,330 --> 00:09:42,124 axencia de seguros Callahan. 117 00:09:43,875 --> 00:09:46,712 Pero tes razón. O sitio podía estar mellor. 118 00:09:47,754 --> 00:09:48,880 Colocade esas caixas, 119 00:09:48,880 --> 00:09:51,800 movede os escritorios para o medio da estancia. 120 00:09:58,974 --> 00:10:00,142 Veña. 121 00:10:00,142 --> 00:10:01,601 Nada de comandante, 122 00:10:01,601 --> 00:10:04,521 pero tedes que mover o cu se eu o digo. Veña. 123 00:10:10,360 --> 00:10:11,361 Vai cara a atrás. 124 00:10:11,361 --> 00:10:12,696 Eu cara a atrás? 125 00:10:12,696 --> 00:10:14,448 - Xa vou eu. - Vai ti. 126 00:10:14,573 --> 00:10:16,867 - Levanta coas pernas. - Ninguén o fai. 127 00:10:16,867 --> 00:10:18,327 Unha, dúas, tres. Veña. 128 00:10:18,327 --> 00:10:19,619 Falo mal. 129 00:10:19,619 --> 00:10:21,163 Como ti me dixeches. 130 00:10:22,539 --> 00:10:24,666 Cre que poderemos traballar xuntos? 131 00:10:25,500 --> 00:10:26,501 Usa as pernas. 132 00:10:26,501 --> 00:10:27,419 Non o sei. 133 00:10:29,212 --> 00:10:30,380 Quero unha cervexa. 134 00:10:32,466 --> 00:10:33,550 Dilles que invito. 135 00:10:35,344 --> 00:10:38,221 {\an8}WILLIAMSBURG BROOKLYN, NOVA YORK 136 00:11:11,296 --> 00:11:12,631 Reacher. 137 00:11:12,631 --> 00:11:13,757 Neagley. 138 00:11:15,926 --> 00:11:19,721 Grazas por pedir. E a taza aínda fumea. 139 00:11:20,347 --> 00:11:22,641 Seguín o avión, vin que aterrara cedo, 140 00:11:22,641 --> 00:11:25,185 non facturas maletas e calculei o tráfico. 141 00:11:25,185 --> 00:11:26,853 O café leva aí 90 segundos. 142 00:11:26,853 --> 00:11:28,522 A comida, tres minutos. 143 00:11:28,522 --> 00:11:29,731 Agradézocho. 144 00:11:31,566 --> 00:11:32,567 E iso? 145 00:11:35,862 --> 00:11:38,198 Son investigadora. Consigo cousas. 146 00:11:40,367 --> 00:11:41,827 Xa choveu do de Margrave. 147 00:11:42,661 --> 00:11:44,871 Dous anos, sete meses e 19 días. 148 00:11:45,914 --> 00:11:47,207 Véxote ben. 149 00:11:47,999 --> 00:11:49,084 Estou coma sempre. 150 00:11:50,836 --> 00:11:53,630 Víate ben hai dous anos, sete meses e 19 días, 151 00:11:53,630 --> 00:11:56,716 así que si, estás coma sempre. 152 00:11:56,716 --> 00:11:59,678 Ti pareces... canso pola viaxe. 153 00:12:00,554 --> 00:12:01,847 Si. 154 00:12:01,847 --> 00:12:05,642 Ben, Franz, cóntame. 155 00:12:06,643 --> 00:12:10,021 Desapareceu hai unha semana despois de saír da súa casa. 156 00:12:10,647 --> 00:12:12,399 O corpo estaba en Catskill. 157 00:12:12,399 --> 00:12:14,443 Alí hai 20 policías. 158 00:12:14,443 --> 00:12:17,529 Pero Franz desapareceu na cidade, encárgase o NYPD. 159 00:12:17,529 --> 00:12:20,449 - Como o soubeches? - Chamoume Angela. 160 00:12:22,742 --> 00:12:24,786 - A viúva. - Estaba casado? 161 00:12:24,786 --> 00:12:27,998 Si. Unha voda divertida, con fonte de chocolate. 162 00:12:29,458 --> 00:12:30,459 Tiña un fillo. 163 00:12:32,627 --> 00:12:35,464 Que? A vida segue cando non estás, amigo. 164 00:12:38,675 --> 00:12:39,509 Que máis? 165 00:12:39,509 --> 00:12:42,262 Deixoume unhas mensaxes antes de desaparecer. 166 00:12:42,262 --> 00:12:45,724 Quería información sobre un caso que investigaba. 167 00:12:45,724 --> 00:12:49,102 Eu tiña moito traballo. Ía falar con el, 168 00:12:50,729 --> 00:12:53,732 pero Angela chamoume antes para dicirme que morrera. 169 00:12:55,817 --> 00:12:56,860 Non é culpa túa. 170 00:12:59,571 --> 00:13:01,490 - Seino. - Non só o asasinaron. 171 00:13:01,490 --> 00:13:03,283 Torturárono. 172 00:13:03,283 --> 00:13:06,786 O estómago baleiro, deshidratado. Sen comida nin auga. 173 00:13:06,786 --> 00:13:08,038 Tirárono dun avión. 174 00:13:09,414 --> 00:13:10,790 Non dun avión. 175 00:13:10,790 --> 00:13:12,125 No medio de ningures 176 00:13:12,125 --> 00:13:14,461 con feridas dunha caída de 1 km. 177 00:13:14,461 --> 00:13:18,965 O avión vai a uns 130 km por hora, ou uns 160. 178 00:13:18,965 --> 00:13:21,927 Tiraríano horizontalmente no ronsel. 179 00:13:21,927 --> 00:13:23,345 Batería na á ou na cola. 180 00:13:23,345 --> 00:13:25,972 Habería feridas perimortem, e non as hai. 181 00:13:25,972 --> 00:13:27,682 Tirárono dun helicóptero. 182 00:13:29,226 --> 00:13:31,770 - Non rompeu as pernas na caída. - Por? 183 00:13:33,688 --> 00:13:35,232 Mira a análise do sangue. 184 00:13:35,232 --> 00:13:37,859 Cheo de histamina libre, reacción á dor. 185 00:13:37,859 --> 00:13:40,695 O nivel é moi elevado para ser durante a morte. 186 00:13:40,695 --> 00:13:43,073 As pernas rompéraas días antes. 187 00:13:43,073 --> 00:13:46,076 Por iso atoparon óxido de ferro nos pantalóns. 188 00:13:47,118 --> 00:13:48,912 Déronlle cunha barra de ferro. 189 00:13:50,163 --> 00:13:51,164 Debeulle doer. 190 00:13:51,164 --> 00:13:55,418 Si. Torturárono por vinganza ou para obter información. 191 00:13:55,418 --> 00:13:58,672 Cando remataron, tirárono para evitar balística. 192 00:13:58,672 --> 00:14:02,259 Uns rapaces desviáronse da ruta de sendeirismo e vírono. 193 00:14:02,259 --> 00:14:04,553 Se non, quen sabe cando o atopariamos. 194 00:14:09,015 --> 00:14:10,725 Entón, que facemos? 195 00:14:13,812 --> 00:14:16,648 Se te chamou a ti, chamaría o resto da unidade. 196 00:14:16,648 --> 00:14:18,149 Igual non o conseguiu. 197 00:14:18,149 --> 00:14:20,819 Chamei a O'Donnell, Dixon, Sanchez e Orozco. 198 00:14:20,819 --> 00:14:22,404 Ningún respondeu. 199 00:14:22,404 --> 00:14:26,116 Swan non ten teléfono. Nin os meus o puideron atopar. 200 00:14:26,116 --> 00:14:29,452 Era moi reservado. E Lowrey? 201 00:14:29,452 --> 00:14:31,997 Morreu hai dous anos nun accidente. 202 00:14:32,664 --> 00:14:35,458 Un funeral triste, pero alegroume velos a todos. 203 00:14:37,210 --> 00:14:39,421 A vida tamén remata cando non estás. 204 00:14:40,422 --> 00:14:44,551 Ninguén me dixo nada da voda de Franz nin do funeral de Lowrey. 205 00:14:44,551 --> 00:14:46,094 Nin teléfono nin enderezo. 206 00:14:46,094 --> 00:14:48,805 Podías enviarme unha mensaxe coma hoxe. 207 00:14:48,805 --> 00:14:51,099 Iso ocorréuseme hoxe. 208 00:14:51,099 --> 00:14:53,768 E ademais, non era unha emerxencia. 209 00:14:53,768 --> 00:14:56,062 A emerxencia foi cando lle deron. 210 00:14:56,646 --> 00:15:00,025 E di a verdade: ¿irías ata Montana 211 00:15:00,025 --> 00:15:02,819 desde Texas ou Maine ou onde estiveses, 212 00:15:02,819 --> 00:15:04,362 só para ver o corpo? 213 00:15:05,071 --> 00:15:05,905 Non. 214 00:15:09,367 --> 00:15:12,621 Ben, pois volvo preguntar: que facemos? 215 00:15:14,539 --> 00:15:17,751 Queres que outros se encarguen da morte do noso amigo? 216 00:15:21,046 --> 00:15:22,172 Iso pensaba eu. 217 00:15:24,633 --> 00:15:26,051 Vaiamos falar coa viúva. 218 00:16:00,126 --> 00:16:01,795 Acaba de quedar co mangallón. 219 00:16:07,175 --> 00:16:09,469 Son David O'Donnell. Agora non estou. 220 00:16:09,469 --> 00:16:11,554 Deixa unha mensaxe e chamareite. 221 00:16:11,554 --> 00:16:14,891 O'Donnell, son Reacher e teño outro 10-30. 222 00:16:14,891 --> 00:16:17,936 Neagley e eu estamos no hotel Vale en Brooklyn. 223 00:16:17,936 --> 00:16:20,105 Move o cu e chámanos. 224 00:16:21,815 --> 00:16:23,316 Non podemos chamar a Swan. 225 00:16:23,316 --> 00:16:25,652 O'Donnell, Sanchez e Orozco non collen 226 00:16:25,652 --> 00:16:27,487 e a recepcionista de Dixon 227 00:16:27,487 --> 00:16:30,281 non pode dicir onde está nin cando volve. 228 00:16:30,281 --> 00:16:32,450 Igual está nun traballo encuberto. 229 00:16:32,450 --> 00:16:33,535 Pode ser. 230 00:16:34,619 --> 00:16:36,746 Ou igual todos teñen problemas. 231 00:16:55,932 --> 00:16:59,894 Mikey, colle as ceras e vai pintar, si? 232 00:17:02,147 --> 00:17:03,022 Sentade. 233 00:17:09,404 --> 00:17:11,322 Sinto a tardanza. 234 00:17:11,322 --> 00:17:14,951 Cústame colgarlle a miña irmá. 235 00:17:14,951 --> 00:17:17,537 Chama seguido, vixía que non me suicide. 236 00:17:21,708 --> 00:17:24,961 Síntoo. Iso foi macabro. Non debín dicilo. 237 00:17:24,961 --> 00:17:27,964 Despois do que pasaches, podes dicir o que queiras. 238 00:17:32,510 --> 00:17:35,221 É incrible canto se parece o rapaz a Franzy. 239 00:17:38,141 --> 00:17:39,601 Eu tamén lle chamaba así. 240 00:17:40,769 --> 00:17:43,021 Quen lle puxo ese nome? Esquecino. 241 00:17:43,855 --> 00:17:45,023 O'Donnell. 242 00:17:45,023 --> 00:17:46,900 Si, David O'Donnell. 243 00:17:46,900 --> 00:17:48,860 A ti chamábache "o mangallón". 244 00:17:48,860 --> 00:17:52,781 Meu Deus, cantas historias me contou Calvin sobre vós. 245 00:17:52,906 --> 00:17:56,701 Sei que a min e a Mikey nos quería máis que a nada, 246 00:17:56,701 --> 00:18:01,080 pero tal e como falaba, creo que nunca o pasou tan ben 247 00:18:01,080 --> 00:18:03,249 coma cando estivo na 110.a. 248 00:18:03,249 --> 00:18:06,294 Non sei que dicir. Desde que estabades xuntos, 249 00:18:06,294 --> 00:18:09,088 cando falaba con el, parecía feliz. 250 00:18:10,465 --> 00:18:12,175 Máis do que o vin nunca. 251 00:18:17,931 --> 00:18:20,683 Grazas por dicir iso. 252 00:18:25,355 --> 00:18:28,358 Sei que a policía xa che fixo moitas preguntas, 253 00:18:28,358 --> 00:18:30,193 pero poderías contárnolo? 254 00:18:31,569 --> 00:18:32,570 Claro. 255 00:18:34,864 --> 00:18:38,368 Eu estaba fóra con Mikey, en Provo, 256 00:18:38,368 --> 00:18:40,245 axudando con miña nai. 257 00:18:40,870 --> 00:18:42,455 Demencia precoz. 258 00:18:42,455 --> 00:18:45,583 Intentei chamar a Calvin varios días e nada. 259 00:18:45,583 --> 00:18:47,836 Non é propio del e preocupeime. 260 00:18:47,836 --> 00:18:48,837 Chamei ó NYPD, 261 00:18:48,837 --> 00:18:52,215 dixeron que igual estaba cun caso de investigación, 262 00:18:52,215 --> 00:18:56,511 ou igual estaba de festa porque a muller e o fillo non estaban. 263 00:18:56,511 --> 00:19:00,557 Cres que facía iso? Estar de festa con quen non debía? 264 00:19:04,102 --> 00:19:07,480 Cal chamaba se ía chegar dez minutos tarde para cear, 265 00:19:08,565 --> 00:19:11,442 non ía de festa con ninguén. 266 00:19:13,820 --> 00:19:18,199 Preocupeime, volvín antes e atopei a casa patas arriba. 267 00:19:18,199 --> 00:19:19,617 Non levaron nada. 268 00:19:19,617 --> 00:19:21,703 A policía non sabe quen foi. 269 00:19:22,704 --> 00:19:25,206 Sabes se traballaba nalgún caso? 270 00:19:25,206 --> 00:19:26,499 Non dicía nada. 271 00:19:27,917 --> 00:19:30,920 Dicía que cando estaba aquí, 272 00:19:30,920 --> 00:19:34,507 quería estar só para min. 273 00:19:35,800 --> 00:19:37,093 E para Mikey. 274 00:19:38,678 --> 00:19:40,221 Síntoo. 275 00:19:40,221 --> 00:19:43,892 Quero axudar, pero é moi difícil. 276 00:19:45,226 --> 00:19:47,729 Doe todos os días. 277 00:19:47,729 --> 00:19:51,316 Só unhas preguntas máis. Prométocho. 278 00:19:52,942 --> 00:19:53,943 Ben. 279 00:19:55,862 --> 00:19:57,488 Que clientes tiña? 280 00:19:58,615 --> 00:20:01,743 Dos de Wall Street, directivos e investidores. 281 00:20:01,743 --> 00:20:05,997 Había algún que fose complicado, que lle dese problemas ou o estresase? 282 00:20:05,997 --> 00:20:08,541 Non, ninguén. 283 00:20:08,541 --> 00:20:11,794 Cando chegou Mikey, deixou os traballos perigosos. 284 00:20:13,004 --> 00:20:14,130 Ou iso pensaba eu. 285 00:20:15,673 --> 00:20:17,800 Traballaba con alguén da 110.a? 286 00:20:17,800 --> 00:20:20,386 Non o sei. Igual ten algo na oficina. 287 00:20:24,182 --> 00:20:26,976 O cartel da porta pon "Consultores Three Rivers". 288 00:20:26,976 --> 00:20:28,561 É no 103 de Flatbush. 289 00:20:29,187 --> 00:20:31,981 Tamén a esnaquizaron. A policía non atopou nada. 290 00:20:32,982 --> 00:20:35,693 O que Franzy dicía 291 00:20:35,693 --> 00:20:38,821 era que os investigadores non eran vellos policías. 292 00:20:39,781 --> 00:20:43,910 Ninguén se mete cos investigadores especiais. 293 00:20:53,252 --> 00:20:54,545 Ensinoucho teu pai? 294 00:21:01,427 --> 00:21:04,430 Queres saber como se volveu investigador teu pai? 295 00:21:06,474 --> 00:21:09,560 Parou unha pelexa entre dous soldados 296 00:21:09,560 --> 00:21:11,479 porque un pensaba que o outro 297 00:21:11,479 --> 00:21:14,565 lle roubara a última galleta que lle fixera súa nai. 298 00:21:16,317 --> 00:21:20,655 Teu pai fixo que se desen a man e que volvesen ser amigos. 299 00:21:23,825 --> 00:21:25,785 E este home de aquí 300 00:21:26,828 --> 00:21:29,789 quería que teu pai estivese na 110.a porque... 301 00:21:31,791 --> 00:21:34,836 viu que era un home tranquilo en momentos intensos. 302 00:21:40,258 --> 00:21:42,385 Así nos fixemos amigos de teu pai. 303 00:21:53,354 --> 00:21:54,355 Vale. 304 00:22:10,621 --> 00:22:12,498 Franz comeu a galleta. 305 00:22:12,498 --> 00:22:14,375 - Pensou que era para todos? - Si. 306 00:22:15,251 --> 00:22:17,420 Creo que ese coche negro 307 00:22:17,420 --> 00:22:19,130 estaba tamén no restaurante. 308 00:22:19,130 --> 00:22:22,675 Hai coches negros en todas as partes dos EUA. Entra. 309 00:22:33,436 --> 00:22:36,481 - O encargado falou? - Non, subornei o conserxe. 310 00:22:36,481 --> 00:22:40,068 Dixo que Neagley se rexistrou co nome de Sarah Connor 311 00:22:40,068 --> 00:22:43,863 e pagou por outra habitación co nome de Starlin Castro. 312 00:22:43,863 --> 00:22:45,573 Debe de ser para Hulk. 313 00:22:45,573 --> 00:22:49,577 Starlin Castro xogaba nos Yankees hai seis ou sete anos. 314 00:22:49,577 --> 00:22:51,454 Si, e quen é Sarah Connor? 315 00:22:51,454 --> 00:22:53,372 Impórtame un carallo. 316 00:22:54,373 --> 00:22:57,835 Ti vixía o hotel. E a eles. 317 00:22:57,835 --> 00:22:58,961 Entendido. 318 00:23:06,427 --> 00:23:12,350 CONSULTORES THREE RIVERS 319 00:23:12,934 --> 00:23:15,436 Modesto para ter negocios en Wall Street. 320 00:23:15,436 --> 00:23:16,646 Humilde. 321 00:23:16,646 --> 00:23:19,774 Preto da casa para pasar máis tempo coa familia. 322 00:23:19,774 --> 00:23:22,193 Xusto o sitio que Franzy elixiría. 323 00:23:29,283 --> 00:23:31,828 Angela non mentía cando dixo "esnaquizar". 324 00:23:32,787 --> 00:23:35,498 Igual non atoparon nada. 325 00:23:35,498 --> 00:23:37,500 Como o sabes? 326 00:23:37,625 --> 00:23:41,170 Non fas isto se atopas decontado o que necesitas. 327 00:23:42,088 --> 00:23:43,172 Marcharon enfadados. 328 00:23:45,591 --> 00:23:49,554 Non buscaban nada detrás deste cristal e tiráronlle o teléfono. 329 00:23:49,554 --> 00:23:53,057 Mostra frustración de alguén que non atopou o que quería. 330 00:23:53,057 --> 00:23:54,517 Era algo pequeno. 331 00:23:55,726 --> 00:23:58,354 Non rompes as patas das sillas 332 00:23:58,354 --> 00:24:01,315 a non ser que busques algo que colla aí. 333 00:24:05,820 --> 00:24:06,654 Ei. 334 00:24:08,406 --> 00:24:09,782 Mira isto. 335 00:24:15,329 --> 00:24:16,455 Parece que foi onte. 336 00:24:30,303 --> 00:24:31,137 O chaveiro? 337 00:24:39,395 --> 00:24:40,980 Franz era agudo, non? 338 00:24:42,106 --> 00:24:43,399 Moito. 339 00:24:43,399 --> 00:24:46,110 Se tratase con algo que o puidese matar, 340 00:24:46,110 --> 00:24:49,739 agocharíao nun lugar seguro, pero de fácil acceso. 341 00:24:49,739 --> 00:24:52,200 Algo á vista que vemos todos os días 342 00:24:52,200 --> 00:24:54,452 e que ninguén sospeitaría. 343 00:24:54,452 --> 00:24:55,536 Ben. 344 00:24:55,536 --> 00:24:57,830 Que lugar ten fácil acceso 345 00:24:57,830 --> 00:25:00,875 e hai nel cousas importantes todos os días? 346 00:25:02,585 --> 00:25:04,003 A caixa do correo. 347 00:25:04,003 --> 00:25:05,546 SERVIZO POSTAL DOS ESTADOS UNIDOS 348 00:25:06,464 --> 00:25:08,883 Díxenche que es lista, Neagley? 349 00:25:08,883 --> 00:25:10,218 Non demasiado. 350 00:25:22,313 --> 00:25:24,357 Merda. Xa pasa das 17:00. 351 00:25:26,400 --> 00:25:28,861 Hai unhas 10 000 combinacións posibles. 352 00:25:28,861 --> 00:25:30,988 - Non paga a pena. - Ben. 353 00:25:30,988 --> 00:25:32,615 Odio adiviñar contrasinais. 354 00:25:32,615 --> 00:25:34,533 Teremos que volver mañá. 355 00:25:35,701 --> 00:25:37,536 E entón que facemos? 356 00:25:40,706 --> 00:25:41,707 Gañei. 357 00:25:42,667 --> 00:25:44,418 Non sei por que xogo. 358 00:25:44,418 --> 00:25:47,672 - Porque pensas que me vas gañar. - Gañei algunhas. 359 00:25:49,924 --> 00:25:51,884 Se me deixas gañar, enfadareime. 360 00:25:53,177 --> 00:25:56,639 Non che deixo gañar. Vou amodo. 361 00:25:57,556 --> 00:25:59,267 Non na vida profesional. 362 00:26:00,351 --> 00:26:01,310 Non entendo. 363 00:26:03,437 --> 00:26:07,441 Alugas un Range Rover, escolles bos hoteis 364 00:26:07,441 --> 00:26:09,402 e págasme o avión coma se nada. 365 00:26:10,820 --> 00:26:11,779 Vaiche ben. 366 00:26:12,863 --> 00:26:15,825 Non vas amodo na vida profesional. 367 00:26:18,327 --> 00:26:22,915 Non por nada, pero falaron de "prodixio" na oficina. 368 00:26:22,915 --> 00:26:25,334 Dous ascensos en dous anos. 369 00:26:25,334 --> 00:26:27,878 Van abrir unha oficina en St. Louis. 370 00:26:27,878 --> 00:26:30,506 Dixéronme se quería ser a directora, 371 00:26:31,215 --> 00:26:34,093 pero gústame traballar no terreo. 372 00:26:34,093 --> 00:26:35,011 Facendo que? 373 00:26:35,011 --> 00:26:37,888 Traballo de investigación para xente rica, 374 00:26:37,888 --> 00:26:41,517 entidades do goberno, oficinas familiares... esas cousas. 375 00:26:42,977 --> 00:26:45,396 Ás veces facemos traballos gratis. 376 00:26:45,396 --> 00:26:47,773 Nenos desaparecidos, roubos de arte. 377 00:26:48,941 --> 00:26:51,193 Así que non é só polos cartos. 378 00:26:52,278 --> 00:26:53,487 Faime sentir ben. 379 00:26:54,030 --> 00:26:55,031 E ti? 380 00:26:56,866 --> 00:26:59,160 Vin un partido en Sioux Falls. 381 00:26:59,160 --> 00:27:00,369 Que ben. 382 00:27:03,748 --> 00:27:05,041 Víchelo con alguén? 383 00:27:07,335 --> 00:27:08,336 Non. 384 00:27:10,963 --> 00:27:14,258 Falaches con alguén no partido? 385 00:27:16,552 --> 00:27:18,012 Pedín unha cervexa. 386 00:27:19,597 --> 00:27:20,598 Ben. 387 00:27:22,725 --> 00:27:24,852 E xa que falamos diso, 388 00:27:26,187 --> 00:27:28,939 cando fuches botar gasolina, intentei chamalos. 389 00:27:29,982 --> 00:27:31,150 Nada. 390 00:27:32,276 --> 00:27:33,486 A quen chamarías máis? 391 00:27:33,486 --> 00:27:36,530 Sanchez? Orozco? O'Donnell? 392 00:27:36,530 --> 00:27:38,574 Ou Dixon? 393 00:27:38,574 --> 00:27:41,285 Ten un servizo de mensaxes. 394 00:27:41,285 --> 00:27:43,788 No canto dunha máquina, falas con alguén. 395 00:27:43,788 --> 00:27:47,625 Claro. Porque xa deixaches claro canto che gusta falar. 396 00:27:49,001 --> 00:27:50,169 Cala. 397 00:27:51,921 --> 00:27:52,922 Tranquilo. 398 00:27:52,922 --> 00:27:55,591 Era obvio que había algo entre vós. 399 00:27:55,591 --> 00:27:57,802 Deitástesvos algunha vez? 400 00:27:57,802 --> 00:27:58,928 Non. 401 00:27:59,845 --> 00:28:01,764 - Por que? - Non sería apropiado. 402 00:28:01,764 --> 00:28:03,099 Tiñades igual rango. 403 00:28:03,099 --> 00:28:04,225 Eu era o xefe. 404 00:28:06,560 --> 00:28:07,603 Non era apropiado. 405 00:28:10,314 --> 00:28:11,941 Pero parecíache atractiva. 406 00:28:11,941 --> 00:28:13,901 - E a quen non? - A min. 407 00:28:14,985 --> 00:28:17,321 Ninguén me parece atractivo. 408 00:28:17,321 --> 00:28:18,364 Gañei. 409 00:28:21,826 --> 00:28:22,827 Vou para a cama. 410 00:28:27,123 --> 00:28:31,419 Pagareiche polo cuarto, polo avión e por todo. 411 00:28:31,419 --> 00:28:33,921 Páganme a pensión nunha semana. 412 00:28:33,921 --> 00:28:35,172 Non é necesario. 413 00:28:35,172 --> 00:28:39,260 Non tería a miña carreira se non me matriculase na Escola Reacher. 414 00:28:39,260 --> 00:28:40,845 É un pago atrasado. 415 00:28:40,845 --> 00:28:43,347 Sairías adiante sen min. 416 00:28:43,973 --> 00:28:47,059 Ademais, non podo deixar que a sarxenta maior pague. 417 00:28:47,059 --> 00:28:48,394 Pagareiche. 418 00:28:50,229 --> 00:28:52,106 - Boas noites. - Boas noites. 419 00:29:07,705 --> 00:29:10,875 Aquí tes. E aquí tes. 420 00:29:11,000 --> 00:29:11,917 Grazas. 421 00:29:20,593 --> 00:29:24,930 Ben, por un grupo moi animado. 422 00:29:26,640 --> 00:29:27,933 Puideches traer o banxo. 423 00:29:33,814 --> 00:29:37,109 Creo que despois desta vou volver á contabilidade. 424 00:29:37,109 --> 00:29:39,403 Teño cousas que rematar. 425 00:29:40,446 --> 00:29:41,989 Acabamos de chegar. 426 00:29:43,908 --> 00:29:45,284 Xa o sei. 427 00:29:48,704 --> 00:29:52,666 Se non lle importa que pregunte, quen o puxo ao mando, señor? 428 00:29:52,666 --> 00:29:56,378 Non me importa que preguntes, pero si o de "señor". 429 00:29:56,921 --> 00:29:58,130 Tes maior rango. 430 00:29:58,130 --> 00:30:01,008 Es sarxenta maior. Calquera ten máis rango. 431 00:30:01,008 --> 00:30:03,427 Non deberiades beber co uniforme. 432 00:30:05,179 --> 00:30:06,680 Non estamos bebendo. 433 00:30:06,680 --> 00:30:09,558 Antes si, pero viñeches interromper. 434 00:30:10,100 --> 00:30:11,310 Ela non encaixa. 435 00:30:11,769 --> 00:30:15,314 É o exército. Hai alguén que encaixe? 436 00:30:15,314 --> 00:30:18,025 - Es moi listo ti. - Máis listo ca ti. 437 00:30:19,652 --> 00:30:21,487 E tamén teño unha norma. 438 00:30:22,112 --> 00:30:26,116 Deixo tranquilo a quen me deixa tranquilo. 439 00:30:27,034 --> 00:30:29,787 Se non o fan, eu tampouco. 440 00:30:29,787 --> 00:30:33,249 Cría que a norma era "os plans estráganse se disparamos". 441 00:30:33,249 --> 00:30:35,709 É para oficiais, non enlistados. 442 00:30:35,709 --> 00:30:39,129 Rematarei a cervexa e marcharei, vale, señor? 443 00:30:39,129 --> 00:30:41,215 E se calas? Falamos os adultos. 444 00:30:43,217 --> 00:30:46,595 Ou ela marcha ou botámosvos fóra de aquí. 445 00:30:54,562 --> 00:30:57,481 Prometinlle a miña nai que lle daría a oportunidade 446 00:30:57,481 --> 00:30:59,984 de liscar a aparvados coma ti. 447 00:31:03,696 --> 00:31:05,489 Somos 12. 448 00:31:07,408 --> 00:31:08,325 Vós nove. 449 00:31:10,786 --> 00:31:11,870 Éche unha pena. 450 00:31:13,163 --> 00:31:14,582 Fáltanvos tres. 451 00:31:24,633 --> 00:31:27,928 Non nos deas os teus agravios. 452 00:31:27,928 --> 00:31:30,431 Xa os tivemos coa túa disciplina. 453 00:31:31,473 --> 00:31:32,558 A noite do sábado... 454 00:31:32,558 --> 00:31:34,977 Pensei que morría cando me agarrou. 455 00:31:34,977 --> 00:31:36,937 - Débesme unha. - Si, tío. 456 00:31:36,937 --> 00:31:38,814 Tráeme xeo e estamos en paz. 457 00:31:38,814 --> 00:31:41,483 Ben, os bocadillos están en cinco minutos. 458 00:31:41,483 --> 00:31:44,987 Imos acender esta danza 459 00:31:44,987 --> 00:31:48,490 porque a noite do sábado é a que me gusta. 460 00:31:48,490 --> 00:31:50,701 A noite do sábado está ben, 461 00:31:50,701 --> 00:31:53,203 está ben, está ben. 462 00:31:58,751 --> 00:32:01,962 Sábado... 463 00:32:02,254 --> 00:32:03,297 Unha fresquiña? 464 00:32:03,422 --> 00:32:08,135 Sábado. 465 00:32:08,135 --> 00:32:10,554 A noite do sábado está ben! 466 00:32:10,554 --> 00:32:11,805 Saúde. 467 00:32:12,473 --> 00:32:16,101 Sábado! 468 00:32:16,101 --> 00:32:17,353 Sábado... 469 00:32:17,353 --> 00:32:21,023 Sabes o que? Non debín ir ao club dos oficiais. 470 00:32:21,023 --> 00:32:22,691 Sábado... 471 00:32:22,691 --> 00:32:23,984 Seino. 472 00:32:23,984 --> 00:32:26,695 E por que te pelexaches logo? 473 00:32:26,820 --> 00:32:28,072 Non foi amable. 474 00:32:28,072 --> 00:32:31,367 Sábado! 475 00:32:31,367 --> 00:32:34,203 Imos ser amigos, non si, Reacher? 476 00:32:34,203 --> 00:32:35,913 Sábado... 477 00:32:35,913 --> 00:32:37,247 Xa o somos, Neagley. 478 00:32:38,207 --> 00:32:39,583 - Veña! - Si! 479 00:32:41,460 --> 00:32:42,419 Si! 480 00:32:45,547 --> 00:32:46,632 Tes fame? 481 00:32:46,632 --> 00:32:48,592 Ei! 482 00:32:48,592 --> 00:32:49,843 Unha cousiña. 483 00:32:49,843 --> 00:32:54,431 Hoxe os da 91 aprenderon algo importante. 484 00:32:55,307 --> 00:32:57,017 E que aprenderon? 485 00:32:58,352 --> 00:33:02,272 Que ninguén se mete cos investigadores especiais! 486 00:33:03,190 --> 00:33:07,027 Ninguén se mete cos investigadores especiais! 487 00:33:10,572 --> 00:33:11,490 Iso! 488 00:33:11,490 --> 00:33:12,408 Si! 489 00:33:15,994 --> 00:33:17,621 Sabías o que ía pasar. 490 00:33:19,206 --> 00:33:22,042 Sabía que os da 91 beben os xoves pola noite. 491 00:33:23,335 --> 00:33:26,255 E que lles gustan as normas. 492 00:33:26,255 --> 00:33:28,590 E que son uns mamalóns. 493 00:33:28,590 --> 00:33:33,846 Pero agora sei que poden traballar xuntos. 494 00:33:36,265 --> 00:33:39,059 Unha foto para conmemorar o noso primeiro día. 495 00:33:39,059 --> 00:33:41,019 Ti, para a fogueira. 496 00:33:41,019 --> 00:33:42,062 - Vale. - Veña! 497 00:33:43,188 --> 00:33:45,357 - E se a tiro eu? - Tranquilo, home. 498 00:33:45,357 --> 00:33:49,820 Non, desta non te libras tan facilmente. Veña. 499 00:33:51,905 --> 00:33:53,490 Xa está. 500 00:33:54,491 --> 00:33:56,410 Veña, rapaces, catro segundos. 501 00:33:56,535 --> 00:34:00,622 - Coidado coa osteoporose. - Que che dean, raparigo. 502 00:34:03,208 --> 00:34:06,170 Veña, aínda queda noite, Swan. 503 00:34:06,170 --> 00:34:07,713 Volve tocar algo. 504 00:34:07,713 --> 00:34:08,922 Free Bird! 505 00:34:09,840 --> 00:34:11,341 Nin de chiste. 506 00:34:11,341 --> 00:34:13,927 Nin Skynyrd nin Zeppelin nin Hendrix nin Who. 507 00:34:13,927 --> 00:34:15,471 Gústame a música suave. 508 00:34:15,471 --> 00:34:17,473 Pero tranquilos, vou mexar 509 00:34:17,473 --> 00:34:21,059 e escoitaredes un pouquiño de Crocodile Rock. 510 00:34:21,226 --> 00:34:23,020 - Que ben! - Ei, Reacher. 511 00:34:23,020 --> 00:34:25,814 Tiráronme dun helicóptero, Reacher. 512 00:34:25,814 --> 00:34:28,233 Que vas facer? 513 00:34:36,784 --> 00:34:40,996 Benvidos ao aeroporto internacional dos Ánxeles. 514 00:34:40,996 --> 00:34:43,248 Preparen os pasaportes... 515 00:34:43,248 --> 00:34:45,417 Cal é o motivo da visita, señor? 516 00:34:45,417 --> 00:34:47,920 {\an8}Adrian, por favor. Veño facer turismo. 517 00:34:48,712 --> 00:34:51,507 {\an8}Universal Studios, o Paseo da Fama, o teatro... 518 00:34:51,507 --> 00:34:53,550 {\an8}Son un fanático de Hollywood. 519 00:34:53,550 --> 00:34:54,718 Algo que declarar? 520 00:34:54,718 --> 00:34:56,386 Nada que declarar. 521 00:35:02,434 --> 00:35:03,727 Que goce da estancia. 522 00:35:41,557 --> 00:35:46,103 PASAPORTE 523 00:35:53,777 --> 00:35:55,112 Ben, grazas. 524 00:35:56,238 --> 00:35:57,573 Informarémoste. 525 00:35:59,950 --> 00:36:02,619 Angela non sabe cal é a caixa do correo 526 00:36:02,619 --> 00:36:05,998 e os da oficina de correos non lle dirán nada 527 00:36:05,998 --> 00:36:09,042 porque estaba rexistrada co nome da empresa. 528 00:36:09,042 --> 00:36:10,961 Revisamos o correo da oficina? 529 00:36:10,961 --> 00:36:13,755 Xa o fixemos. Non había ningún número alí. 530 00:36:13,755 --> 00:36:16,383 Non podemos probar todas as caixas. 531 00:36:16,383 --> 00:36:20,012 Chamarán a policía e acusarannos de manipulación. 532 00:36:20,012 --> 00:36:21,513 Temos que pensar. 533 00:36:21,513 --> 00:36:23,724 Franz era destro, coma o 89 %, 534 00:36:23,724 --> 00:36:26,143 igual pediu unha caixa da dereita. 535 00:36:26,143 --> 00:36:27,895 Preferimos o lado dominante. 536 00:36:27,895 --> 00:36:30,772 Envíanlle arquivos públicos e fotos, 537 00:36:30,772 --> 00:36:32,858 entón necesita unha das grandes. 538 00:36:32,858 --> 00:36:34,067 Empezarei con esas. 539 00:36:34,067 --> 00:36:37,863 Verei cal ten moito correo xa que leva tempo sen recollelo. 540 00:36:37,863 --> 00:36:39,531 Necesito unha distracción. 541 00:36:41,116 --> 00:36:42,117 Recibido. 542 00:36:52,336 --> 00:36:55,255 Ei, que tal, Albert? 543 00:36:55,255 --> 00:36:57,507 Gústame moito a filatelia 544 00:36:57,507 --> 00:36:59,259 e emocioneime moito 545 00:36:59,259 --> 00:37:01,595 coa nova serie de selos que saíu. 546 00:37:01,595 --> 00:37:02,512 Cal? 547 00:37:02,512 --> 00:37:07,142 Temos a de Flores do Deserto, Paxaros do Estado e Mundo do Anime. 548 00:37:07,142 --> 00:37:08,810 Todas. 549 00:37:08,810 --> 00:37:12,230 Teño cartos no peto e estou lista para gastalos. 550 00:37:13,231 --> 00:37:14,316 Moi ben. 551 00:37:14,983 --> 00:37:19,029 Hai polo menos dúas ducias destes debuxos. 552 00:37:19,029 --> 00:37:22,574 Se non coñeces o anime, creo que é xaponés. 553 00:37:22,574 --> 00:37:23,867 Non me digas. 554 00:37:25,118 --> 00:37:28,580 E os paxaros son espectaculares. 555 00:37:29,247 --> 00:37:31,750 Pero non conseguirás as 50 especies. 556 00:37:31,750 --> 00:37:35,128 O turpial gorxeador representa seis estados diferentes. 557 00:37:37,005 --> 00:37:41,843 Desculpe, podo abrir a miña caixa? 558 00:37:41,843 --> 00:37:43,470 Si, claro. 559 00:37:46,807 --> 00:37:48,475 Señor, esa é a súa chave? 560 00:37:49,518 --> 00:37:52,562 Si, pero non lembro cal é a miña caixa. 561 00:37:52,562 --> 00:37:55,273 Señor, este home ten unha chave que non é súa. 562 00:37:55,273 --> 00:37:57,484 - Es policía? - Podo axudarlle? 563 00:37:57,484 --> 00:37:59,528 - Xa roubaron correo. - As flores? 564 00:37:59,528 --> 00:38:01,154 - Señor? - Está todo ben. 565 00:38:01,154 --> 00:38:03,615 Non, necesito que se identifique. 566 00:38:03,615 --> 00:38:05,659 Lévoos todos. Que lle parece? 567 00:38:05,659 --> 00:38:07,244 Xa está! 568 00:38:07,911 --> 00:38:11,665 Non hai problema. Confundinme de caixa. 569 00:38:11,665 --> 00:38:13,667 Sabes que, Al? Mellor deixámolo. 570 00:38:20,007 --> 00:38:21,174 Que temos? 571 00:38:21,174 --> 00:38:23,010 Facturas, peticións... 572 00:38:26,930 --> 00:38:27,806 Potencial. 573 00:38:32,769 --> 00:38:35,022 Parece que a túa intuición funcionou. 574 00:38:35,022 --> 00:38:36,898 Díxenche que es lista, Neagley? 575 00:38:36,898 --> 00:38:39,067 - Non demasiado. - Hai que abrilo. 576 00:38:46,408 --> 00:38:48,994 Merda. O meu ordenador ten outro porto. 577 00:38:48,994 --> 00:38:50,620 Necesito un adaptador. 578 00:38:50,620 --> 00:38:54,207 Mira, pide un coche na aplicación esa do teléfono. 579 00:38:54,207 --> 00:38:55,667 Necesito o teu coche. 580 00:38:57,294 --> 00:38:59,296 Sabes que a Franz o mataron por isto 581 00:38:59,296 --> 00:39:00,839 e vas coller unha arma. 582 00:39:01,590 --> 00:39:02,799 Si. 583 00:39:02,799 --> 00:39:06,678 Pero antes necesito ir á igrexa. 584 00:39:16,938 --> 00:39:17,856 Desculpe. 585 00:39:18,857 --> 00:39:21,193 Quería saber se podería axudarme. 586 00:39:21,193 --> 00:39:23,987 Ben, iso é o que facemos aquí. 587 00:39:23,987 --> 00:39:25,739 Busco o meu curmán. 588 00:39:25,739 --> 00:39:27,365 Ten problemas coas drogas 589 00:39:27,365 --> 00:39:30,118 e dixéronme que o viran vivindo na rúa. 590 00:39:30,118 --> 00:39:32,913 - Síntoo. - Grazas. 591 00:39:32,913 --> 00:39:36,208 Prometinlle a miña tía que non volvería sen el. 592 00:39:36,208 --> 00:39:38,251 Non sei onde podo buscar, 593 00:39:38,251 --> 00:39:41,922 e pensei que igual había un grupo de apoio na igrexa, 594 00:39:41,922 --> 00:39:45,509 e así igual podería saber onde mercaba Jimmy. 595 00:39:47,010 --> 00:39:50,597 O diaño fixo un bo traballo cando creou ese veleno, verdade? 596 00:39:50,597 --> 00:39:51,723 Fixo, si. 597 00:39:51,723 --> 00:39:55,102 Case todos os que están no noso programa 598 00:39:55,102 --> 00:39:57,687 mercan no mesmo sitio, 599 00:39:57,687 --> 00:40:00,232 Dumont, ao leste de Rockaway. 600 00:40:01,817 --> 00:40:04,694 Pero non deberías ir só se non queres morrer. 601 00:40:06,404 --> 00:40:07,697 Estarei ben, padre. 602 00:40:09,783 --> 00:40:11,743 A xustiza está do meu lado. 603 00:40:17,582 --> 00:40:18,917 Un pouquiño máis? 604 00:40:18,917 --> 00:40:20,293 Devolvereicho mañá. 605 00:40:20,293 --> 00:40:22,212 Isto non é un almacén, tío. 606 00:40:22,212 --> 00:40:23,630 Non hai créditos. 607 00:40:23,630 --> 00:40:26,424 Lisca xa antes de que me levante do sofá. 608 00:40:37,894 --> 00:40:39,604 Ei, quen é ese que vén aí? 609 00:40:40,814 --> 00:40:41,857 Merda! 610 00:40:47,070 --> 00:40:48,029 Tolo do carallo! 611 00:40:57,247 --> 00:41:01,334 Cocaína, oxi, cristal... Un traficante completo. 612 00:41:03,503 --> 00:41:05,255 Quen es, cabrón? 613 00:41:07,966 --> 00:41:09,718 Non te preocupes. 614 00:41:10,594 --> 00:41:11,636 Levo isto. 615 00:41:13,180 --> 00:41:14,222 E isto. 616 00:41:35,243 --> 00:41:36,661 Para o programa. 617 00:41:50,634 --> 00:41:51,593 Código perfecto. 618 00:41:52,344 --> 00:41:53,887 O holograma é sólido. 619 00:41:55,388 --> 00:41:57,349 - Os cartos están aí? - Adiante. 620 00:41:57,349 --> 00:41:59,976 Os de seis cifras están diante. 621 00:42:00,477 --> 00:42:03,772 Oín falar dos bonos ao portador en Beverly Hills Cop. 622 00:42:03,772 --> 00:42:06,775 Non sabía se eran reais ou un invento. 623 00:42:06,775 --> 00:42:10,195 Podes alumar cun faro. As marcas de auga son perfectas. 624 00:42:10,195 --> 00:42:12,155 Ninguén saberá quen es. 625 00:42:14,032 --> 00:42:15,200 Pero vós si. 626 00:42:37,806 --> 00:42:39,557 - Ei. - Ei. 627 00:42:39,557 --> 00:42:41,184 - Acabas de chegar? - Si. 628 00:42:41,184 --> 00:42:44,271 Tiven que ir a tres tendas para conseguilo. Ti? 629 00:42:44,271 --> 00:42:47,274 - Conseguín todo nun sitio. - Créocho ben. 630 00:42:48,692 --> 00:42:49,943 Merda! 631 00:43:31,860 --> 00:43:33,987 Aínda usas puños de aceiro. 632 00:43:33,987 --> 00:43:35,196 Xa non tes navalla? 633 00:43:35,196 --> 00:43:36,239 Mira para abaixo. 634 00:43:38,742 --> 00:43:39,784 Ola, O'Donnell. 635 00:43:42,495 --> 00:43:43,371 Ola, Neagley. 636 00:43:44,914 --> 00:43:48,626 Non me botedes a culpa disto. Xa estaba así. 637 00:43:51,755 --> 00:43:53,214 Estaba coa familia. 638 00:43:53,214 --> 00:43:56,092 Desconectei unha semana. 639 00:43:56,092 --> 00:43:57,385 Soa horrible. 640 00:43:58,261 --> 00:43:59,262 Non o sabes ben. 641 00:43:59,262 --> 00:44:02,599 A miña muller fainos ir a unha cabana unha vez ao ano. 642 00:44:02,599 --> 00:44:05,560 Sen teléfonos nin aparellos nin tele. 643 00:44:05,560 --> 00:44:08,271 Menos pantallas e máis saúde. 644 00:44:08,271 --> 00:44:12,609 Parece boa cousa, ata que os nenos se queren matar o terceiro día. 645 00:44:12,609 --> 00:44:15,695 Cheguei, escoitei a mensaxe e vin en canto puiden. 646 00:44:17,364 --> 00:44:19,616 Rompéronme o cepillo de dentes. 647 00:44:20,658 --> 00:44:22,035 Agora non teño nada. 648 00:44:22,035 --> 00:44:23,453 Non cambiaches. 649 00:44:23,953 --> 00:44:25,038 Ti si. 650 00:44:25,038 --> 00:44:28,124 Vacacións familiares, a muller diche o que facer... 651 00:44:28,124 --> 00:44:30,335 Non es o dexenerado que lembraba. 652 00:44:31,544 --> 00:44:32,796 Domesticáronme. 653 00:44:33,630 --> 00:44:34,756 Iso parece. 654 00:44:37,592 --> 00:44:41,096 A verdade, estou bastante enfadado co de Franzy. 655 00:44:44,099 --> 00:44:45,225 Gustábame o rapaz. 656 00:44:46,434 --> 00:44:49,104 Entón, a quen matamos? 657 00:44:53,817 --> 00:44:56,027 Cando tes que volver á pasarela? 658 00:44:56,027 --> 00:44:58,571 Debeuche dar vergoña ver que levabas 659 00:44:58,571 --> 00:45:02,075 a mesma roupa que o vagabundo que cagaba na lata. 660 00:45:02,075 --> 00:45:03,159 Ten contrasinal. 661 00:45:03,159 --> 00:45:05,703 - Odio os contrasinais. - Pois é peor. 662 00:45:05,703 --> 00:45:09,124 Só temos dous minutos e tres intentos, ou borrarase todo. 663 00:45:09,124 --> 00:45:11,126 Saltou ao ser outro dispositivo. 664 00:45:11,126 --> 00:45:12,669 - Estás de broma? - Non! 665 00:45:12,669 --> 00:45:14,629 Hai que analizar a Franzy. 666 00:45:14,629 --> 00:45:16,631 Os contrasinais veñen de dentro. 667 00:45:16,631 --> 00:45:18,716 Por que era coñecido Franzy? 668 00:45:18,716 --> 00:45:21,886 - Era listo. - Si, todos eramos listos. 669 00:45:21,886 --> 00:45:24,013 Pittsburgh? Era do que falaba. 670 00:45:24,013 --> 00:45:27,225 Pirates, Steelers, aquel sitio de bocadillos... 671 00:45:27,225 --> 00:45:28,768 - Primanti Bros. - Iso. 672 00:45:28,768 --> 00:45:32,105 Non Pittsburgh en si, era a súa lealdade coa cidade. 673 00:45:32,105 --> 00:45:33,690 Franz era moi leal. 674 00:45:33,690 --> 00:45:36,818 Seguía querendo a 110.a e ensinoulle a frase ao fillo. 675 00:45:36,818 --> 00:45:39,028 Sabes cando dixo que os Pirates do 79 676 00:45:39,028 --> 00:45:40,572 superaban os Yankees? 677 00:45:40,572 --> 00:45:43,783 Non estaba vivo cando pasou e discutía igual. 678 00:45:43,783 --> 00:45:46,744 A lealdade é un derivado. De onde vén? 679 00:45:46,744 --> 00:45:48,872 Heroes! Respecto! 680 00:45:48,872 --> 00:45:51,124 Se respectaba algo, non se disuadía. 681 00:45:51,124 --> 00:45:54,377 Os Pirates, o mellor equipo. Miles Davis, o músico. 682 00:45:54,377 --> 00:45:57,881 - Franz era leal co que respectaba. - Iso. Xa o tes. 683 00:45:59,340 --> 00:46:00,592 Roberto Clemente. 684 00:46:00,592 --> 00:46:02,218 Proba só co apelido. 685 00:46:03,636 --> 00:46:06,097 Espera! E Willie Stargell? 686 00:46:06,097 --> 00:46:10,727 Willie morreu nun accidente de avión levando provisións para as vítimas? 687 00:46:10,727 --> 00:46:11,811 É Clemente. 688 00:46:13,271 --> 00:46:14,105 Non, non é. 689 00:46:15,190 --> 00:46:18,318 - Quen usaría un sistema así? - Franz, por isto mesmo. 690 00:46:18,318 --> 00:46:20,737 Vou probar con Miles Davis. Gustáballe. 691 00:46:20,737 --> 00:46:23,364 É unha boa opción. Adiante. 692 00:46:23,490 --> 00:46:24,657 - Nada. - Merda. 693 00:46:24,657 --> 00:46:26,284 Odio adiviñar contrasinais. 694 00:46:27,577 --> 00:46:29,412 Odio suxerir isto, 695 00:46:29,412 --> 00:46:31,498 e fóra de aquí negarei que o dixen, 696 00:46:31,498 --> 00:46:35,126 pero a quen respectaba máis ca un xogador ou artista? 697 00:46:35,585 --> 00:46:37,795 Quen era o seu heroe? 698 00:46:37,795 --> 00:46:38,922 Veña, ho. 699 00:46:38,922 --> 00:46:41,549 Na 110.a, cortou o pelo coma ti, 700 00:46:41,549 --> 00:46:44,135 falaba coma ti, seguíate. Quería ser ti. 701 00:46:44,135 --> 00:46:46,387 Dálle xa. Case non temos tempo. 702 00:46:51,976 --> 00:46:53,686 Fillo de puta. 703 00:46:58,358 --> 00:47:00,360 Non te volvas arrogante. 704 00:47:05,823 --> 00:47:06,991 Si! 705 00:47:09,911 --> 00:47:10,828 Ola. 706 00:47:13,873 --> 00:47:14,791 Quérelo? 707 00:47:19,921 --> 00:47:22,131 Sabes por que me gustan os cómics? 708 00:47:23,716 --> 00:47:25,969 Porque os bos sempre gañan. 709 00:47:25,969 --> 00:47:29,347 Señor McBride, xa ten o billete para Denver. 710 00:47:29,347 --> 00:47:32,141 - Boa viaxe. - Grazas. Seguro que a teño. 711 00:47:35,228 --> 00:47:39,357 ANDREW MCBRIDE 712 00:47:43,987 --> 00:47:48,950 "Andrew McBride, Alan Mason, Alejandro Mendez, Alexander Markopoulos." 713 00:47:48,950 --> 00:47:51,661 Unha lista de nomes coas iniciais A. M. 714 00:47:51,661 --> 00:47:56,291 Son alias. Empregas as mesmas iniciais para non cambiar a sinatura. 715 00:47:56,291 --> 00:47:59,335 Un a e un m cun garabato sen importar o nome. 716 00:47:59,335 --> 00:48:00,712 Ti podes ler o teu. 717 00:48:00,712 --> 00:48:03,256 Eu teño páxinas con números. 718 00:48:03,256 --> 00:48:06,884 - Sen orde nin significado. Nada. - Para nós, por agora. 719 00:48:08,136 --> 00:48:10,179 Sexa o que sexa, matou a Franz, 720 00:48:10,179 --> 00:48:13,349 esnaquizou os vosos cuartos e quen sabe que máis. 721 00:48:14,517 --> 00:48:17,687 A estes non lles importa ser agresivos. 722 00:48:17,812 --> 00:48:20,440 - Precisamos xente. - Pésame, pero ten razón. 723 00:48:21,524 --> 00:48:23,109 Non damos cos da 110.a. 724 00:48:23,109 --> 00:48:25,987 Enviámoslle unha postal a Swan no Nadal. 725 00:48:25,987 --> 00:48:27,530 Creo que vive en Queens. 726 00:48:28,531 --> 00:48:30,867 Direille a Lilly que mire nas postais. 727 00:48:35,413 --> 00:48:37,749 - Que? - Estás domesticado. 728 00:48:49,761 --> 00:48:53,556 Non hai ruído. Podedes crear unha distracción? 729 00:48:57,352 --> 00:49:01,356 Ei, Carlo! Mamá di que volvas para cear! 730 00:49:09,405 --> 00:49:10,406 Cheirades iso? 731 00:49:12,492 --> 00:49:13,660 Eu irei arriba. 732 00:49:36,516 --> 00:49:37,517 Aquí. 733 00:49:50,029 --> 00:49:51,447 No colar pon "Maisi". 734 00:49:55,618 --> 00:49:57,161 Bebeu a auga do baño. 735 00:49:58,538 --> 00:50:00,873 Deshidratación. É duro morrer así. 736 00:50:01,708 --> 00:50:03,835 Swan nunca deixaría morrer un can. 737 00:50:03,835 --> 00:50:07,046 Se non veu á casa é porque non podía. 738 00:50:08,131 --> 00:50:09,382 Swan está morto. 739 00:50:11,801 --> 00:50:14,011 Primeiro Franzy, agora Swan. 740 00:50:15,096 --> 00:50:17,390 E non podemos localizar aos outros. 741 00:50:20,017 --> 00:50:20,893 Xefe? 742 00:50:22,854 --> 00:50:24,021 Que pensas? 743 00:50:27,692 --> 00:50:29,068 Comandante? 744 00:50:29,652 --> 00:50:33,698 Penso que queren acabar cos investigadores especiais. 745 00:50:34,449 --> 00:50:35,908 E que veñen por nós. 746 00:50:40,455 --> 00:50:41,664 Ben. 747 00:52:27,645 --> 00:52:29,647 Subtítulos: Paula Maneiro Torreira 748 00:52:29,647 --> 00:52:31,732 Supervisora creativa Estefanía Prol Lusquiños