1 00:00:06,040 --> 00:00:06,990 Anteriormente... 2 00:00:07,190 --> 00:00:09,990 Non sei no que andaban metidos, pero acabou con eles. 3 00:00:10,190 --> 00:00:12,910 O Tony Swan que recrutei non forma parte disto. 4 00:00:13,110 --> 00:00:16,550 Swan era asistente de dirección de seguridade. 5 00:00:17,220 --> 00:00:19,620 "Shane Langston, director de seguridade." 6 00:00:19,820 --> 00:00:21,880 Igual é co que falei en Atlantic City. 7 00:00:22,080 --> 00:00:23,170 Hai que falar con Lavoy. 8 00:00:23,370 --> 00:00:26,550 Non poderemos achegarnos para descubrir o que sabe. 9 00:00:26,750 --> 00:00:30,010 Non é necesario. Daniel Boyd, o director lexislativo. 10 00:00:30,210 --> 00:00:33,220 Little Wing pode destruír calquera cousa no ceo. 11 00:00:33,420 --> 00:00:35,140 New Age ten dúas sedes. 12 00:00:35,340 --> 00:00:38,270 Unha en Nova York, e en Denver teñen unha fábrica. 13 00:00:38,470 --> 00:00:39,480 Cales son as ordes? 14 00:00:39,680 --> 00:00:42,810 Ti e Dixon ides a Denver. O'Donnell e eu, a Washington. 15 00:00:43,010 --> 00:00:45,530 Preguntaremos por A. M. En Seguridade Nacional. 16 00:00:45,720 --> 00:00:46,830 Preparádevos, 17 00:00:48,000 --> 00:00:50,340 imos meternos nalgunha lea máis. 18 00:00:55,510 --> 00:00:56,340 Adeus! 19 00:01:00,890 --> 00:01:01,750 Para! 20 00:01:01,950 --> 00:01:03,630 Voute coller! 21 00:01:03,830 --> 00:01:05,040 Non tal. 22 00:01:05,240 --> 00:01:07,630 Non volvas tirar o meu osiño ou... 23 00:01:07,830 --> 00:01:09,110 ...na cara! 24 00:01:11,190 --> 00:01:13,650 Para! 25 00:01:14,610 --> 00:01:16,060 Tes os EpiPen? 26 00:01:16,260 --> 00:01:17,350 - Claro. - E Woobie? 27 00:01:17,550 --> 00:01:20,100 Woobie, o oso panda, a mona Linday, todo. 28 00:01:20,300 --> 00:01:22,810 Colle o teléfono. Non fales con teus pais 29 00:01:23,010 --> 00:01:25,310 nin túa irmá, que pon todo no Facebook. 30 00:01:25,510 --> 00:01:26,820 Sei como vai. 31 00:01:27,020 --> 00:01:28,860 Vai a Asheville. Teredes que facer. 32 00:01:29,060 --> 00:01:30,280 É un sitio turístico. 33 00:01:30,480 --> 00:01:32,760 Usa efectivo e tarxetas de prepagamento. 34 00:01:33,420 --> 00:01:35,530 Do un ao dez, como é de malo? 35 00:01:35,730 --> 00:01:37,080 Non van ir por ti. 36 00:01:37,280 --> 00:01:39,620 Tomamos precaucións para estarmos seguros. 37 00:01:39,820 --> 00:01:40,680 Do un ao dez. 38 00:01:42,850 --> 00:01:44,770 Para vós, catro, como moito. 39 00:01:45,310 --> 00:01:46,290 E para ti? 40 00:01:46,490 --> 00:01:48,670 Son tipos bastante perigosos, 41 00:01:48,870 --> 00:01:51,010 pero téñoos a eles comigo. Estamos ben. 42 00:01:51,210 --> 00:01:52,430 Irei nun par de días. 43 00:01:52,620 --> 00:01:53,890 Vou preparar o neno. 44 00:01:54,080 --> 00:01:56,820 Coma a última vez. 45 00:01:57,820 --> 00:02:00,570 Devólveme o osiño! 46 00:02:00,950 --> 00:02:01,770 Tendes que... 47 00:02:01,970 --> 00:02:02,940 Non sente pánico. 48 00:02:03,140 --> 00:02:04,150 ...coller a roupa. 49 00:02:04,340 --> 00:02:06,000 Acepta a realidade como é. 50 00:02:07,080 --> 00:02:08,900 Nai enfermeira e pai bombeiro. 51 00:02:09,100 --> 00:02:10,110 É moi forte. 52 00:02:10,310 --> 00:02:12,150 Guapa, forte e lista. 53 00:02:12,350 --> 00:02:13,420 Perdeu unha aposta? 54 00:02:14,920 --> 00:02:16,780 Iso estou facendo. 55 00:02:16,980 --> 00:02:19,910 Se me preguntasen daquela como pensaba que acabarías, 56 00:02:20,110 --> 00:02:21,870 diría que morrerías de gonorrea 57 00:02:22,070 --> 00:02:24,560 e con media ducia de mozas pelexando. 58 00:02:24,760 --> 00:02:28,130 Pois parece que non quería todas as mulleres do mundo. 59 00:02:28,330 --> 00:02:29,230 Só a indicada. 60 00:02:31,520 --> 00:02:33,070 Queres tempo morto? 61 00:02:35,110 --> 00:02:37,140 Neagley and Dixon están en Denver. 62 00:02:37,340 --> 00:02:39,140 Ben. Igual atopan os mísiles 63 00:02:39,340 --> 00:02:40,990 e a túa familia volverá axiña. 64 00:02:42,120 --> 00:02:43,620 Es moi lento. 65 00:02:47,580 --> 00:02:48,620 Vale. 66 00:02:51,670 --> 00:02:52,840 Uns días están ben. 67 00:02:56,800 --> 00:02:57,760 Fareino. 68 00:03:02,970 --> 00:03:05,060 A DCMA estivo aquí hai un mes. 69 00:03:05,760 --> 00:03:06,920 Si, e volvemos. 70 00:03:07,120 --> 00:03:09,880 Aparecemos cando ninguén o espera. 71 00:03:10,080 --> 00:03:12,050 E agora, podes avisar o encargado? 72 00:03:12,250 --> 00:03:13,670 NEW AGE TECHNOLOGIES ALMACÉN DE DISTRIBUCIÓN 73 00:03:13,870 --> 00:03:14,690 Esperade aquí. 74 00:03:18,400 --> 00:03:20,760 Sorpréndeme como podes entrar nun sitio 75 00:03:20,960 --> 00:03:24,580 só facendo coma que tes que estar alí e levando unha carpeta. 76 00:03:28,200 --> 00:03:29,160 Que tal estás? 77 00:03:30,290 --> 00:03:31,520 Dorida. 78 00:03:31,720 --> 00:03:34,610 Xa, leva un tempo acostumarse a loitar con tacóns. 79 00:03:34,810 --> 00:03:37,760 Tamén acostumarse a andar con eles. Nunca os usei. 80 00:03:38,920 --> 00:03:40,580 Nunca usaches tacóns? 81 00:03:40,770 --> 00:03:41,870 Non. 82 00:03:42,070 --> 00:03:43,620 Nin nos bailes do colexio? 83 00:03:43,820 --> 00:03:45,040 Nunca fun. 84 00:03:45,240 --> 00:03:48,390 Cando non estudaba ou coidaba de meu pai, traballaba. 85 00:03:50,100 --> 00:03:54,150 Música mala, ponche quente e mans suadas tocándote. 86 00:03:54,650 --> 00:03:55,730 Non perdiches nada. 87 00:04:01,900 --> 00:04:03,220 Ninguén mo comunicou. 88 00:04:03,420 --> 00:04:06,520 Non sería unha inspección sorpresa se chamásemos. 89 00:04:06,720 --> 00:04:09,560 O Tío Sam quere comprobar o uso dos seus cartos, 90 00:04:09,760 --> 00:04:13,110 e viñemos botarlles un ollo aos lanzadores de Little Wing 91 00:04:13,310 --> 00:04:16,650 e aos mísiles. As especificacións, os protocolos, 92 00:04:16,850 --> 00:04:18,610 os programas de entrega... 93 00:04:18,810 --> 00:04:20,210 Programas de entrega? 94 00:04:21,300 --> 00:04:23,410 A entrega foi hai dez minutos! 95 00:04:23,610 --> 00:04:25,910 Acaban de saír pola porta. 96 00:04:26,110 --> 00:04:28,470 Os 650. 97 00:04:29,600 --> 00:04:30,960 Seiscentos cincuenta? 98 00:04:31,160 --> 00:04:32,210 Aquí está todo. 99 00:04:32,410 --> 00:04:36,230 Se me chamasen, non deixaría que saísen. 100 00:04:40,150 --> 00:04:42,190 - Merda. - Si. 101 00:05:13,350 --> 00:05:14,180 Ola. 102 00:05:14,810 --> 00:05:16,340 Necesitas axuda? 103 00:05:16,540 --> 00:05:17,350 O que necesito 104 00:05:18,020 --> 00:05:18,940 é o teu camión. 105 00:05:52,100 --> 00:05:53,220 PROXECTIL EXPLOSIVO 106 00:06:02,360 --> 00:06:03,690 Seguimos adiante. 107 00:06:08,570 --> 00:06:12,280 NÚMERO OCULTO 108 00:06:13,830 --> 00:06:15,020 Dáme boas novas. 109 00:06:15,220 --> 00:06:18,790 O GPS funcionou. Os teus amigos de New Age fixérono ben. 110 00:06:19,210 --> 00:06:21,240 Matei o condutor e igual se enfadan. 111 00:06:21,430 --> 00:06:23,740 Se cobran, tanto lles ten. 112 00:06:23,940 --> 00:06:26,530 Non subestimes o poder da cobiza. 113 00:06:26,730 --> 00:06:29,330 - Cambiade os tráileres e seguide. - Vale. 114 00:06:29,530 --> 00:06:30,800 Vémonos en Nova York. 115 00:06:35,270 --> 00:06:36,480 Este de aquí. 116 00:06:37,810 --> 00:06:38,810 Azhari Mahmoud. 117 00:06:41,440 --> 00:06:44,510 Entón o Aaron Miklos que perseguiamos en Denver 118 00:06:44,710 --> 00:06:45,930 era Mahmoud? 119 00:06:46,130 --> 00:06:47,800 Si, nós chamámoslle "A. M.". 120 00:06:48,000 --> 00:06:51,060 É listo. Nunca o collen, non hai fotos del. 121 00:06:51,260 --> 00:06:54,770 Nin sequera sabemos a súa nacionalidade. 122 00:06:54,970 --> 00:06:56,100 Do pouco que sabemos, 123 00:06:56,300 --> 00:06:58,520 podería pasar por centroamericano, 124 00:06:58,720 --> 00:07:00,540 italiano, de Oriente Medio... 125 00:07:01,500 --> 00:07:02,440 É un fantasma. 126 00:07:02,640 --> 00:07:04,740 Temos tres pequenas gravacións del. 127 00:07:04,940 --> 00:07:07,620 Os de son din que é o mesmo tipo. 128 00:07:07,810 --> 00:07:09,660 Usa identidades diferentes. 129 00:07:09,860 --> 00:07:10,680 Ideoloxía? 130 00:07:11,140 --> 00:07:13,540 Sen afiliacións políticas ou relixiosas. 131 00:07:13,740 --> 00:07:16,790 Os cartos son Deus, traballa para o que máis poxe. 132 00:07:16,990 --> 00:07:20,190 Contrata criminais e o que eles necesiten para actuar. 133 00:07:21,190 --> 00:07:23,260 Apareceu hai seis anos. 134 00:07:23,460 --> 00:07:26,690 Unha célula terrorista quería roubar gas nervioso. 135 00:07:27,070 --> 00:07:28,970 Arrestámolos a todos. 136 00:07:29,170 --> 00:07:30,820 Todos excepto Mahmoud, 137 00:07:31,570 --> 00:07:33,700 ou como se chame. 138 00:07:34,660 --> 00:07:35,490 Fantasma. 139 00:07:38,000 --> 00:07:40,400 Ían pagar con bonos ao portador. 140 00:07:40,600 --> 00:07:42,900 Si, así pagan os evasores de impostos, 141 00:07:43,100 --> 00:07:46,070 os que branquean cartos e outros malnacidos. 142 00:07:46,270 --> 00:07:48,320 Deixaron de fabricarse nos 80. 143 00:07:48,520 --> 00:07:51,120 Úsanse nalgúns países. Son de Luxemburgo. 144 00:07:51,320 --> 00:07:54,410 Alguén coma A. M. Usaría bonos ao portador. 145 00:07:54,610 --> 00:07:55,830 Poderías levar moitos 146 00:07:56,030 --> 00:07:58,210 na maleta se son de cantidades elevadas. 147 00:07:58,410 --> 00:07:59,710 Uns 65 millóns. 148 00:07:59,910 --> 00:08:00,920 Ese é o problema. 149 00:08:01,120 --> 00:08:03,550 Levar un é coma levar un billete dun millón. 150 00:08:03,750 --> 00:08:04,810 O portador é o dono. 151 00:08:05,810 --> 00:08:08,570 Entón non deixará que ninguén faga o pagamento. 152 00:08:09,440 --> 00:08:10,650 Niso é vulnerable. 153 00:08:11,200 --> 00:08:12,360 Igual ca teu irmán. 154 00:08:15,410 --> 00:08:17,600 Cando estabamos no caso, falei con Joe 155 00:08:17,800 --> 00:08:19,440 sobre o tema das finanzas. 156 00:08:19,640 --> 00:08:21,540 Dixo o mesmo ca ti. 157 00:08:21,740 --> 00:08:23,920 A. M. Fará a entrega, ninguén máis. 158 00:08:25,000 --> 00:08:27,570 Ben, isto é o que sabemos nós. 159 00:08:27,770 --> 00:08:28,670 Tócavos a vós. 160 00:08:34,890 --> 00:08:37,640 Aínda estamos xuntando todo, 161 00:08:38,600 --> 00:08:41,330 pero asegurámosvos que cando o teñamos, 162 00:08:41,530 --> 00:08:42,540 - chamaremos. - Si. 163 00:08:42,740 --> 00:08:45,170 Non deixaremos que o tipo volva escapar. 164 00:08:45,370 --> 00:08:46,710 A. M. E os seus 165 00:08:46,910 --> 00:08:49,440 acabarán nos tribunais baixo o peso da lei. 166 00:08:52,360 --> 00:08:53,860 Se non os matamos antes. 167 00:08:59,580 --> 00:09:00,540 Grazas, rapaces. 168 00:09:06,960 --> 00:09:08,090 É coma seu irmán. 169 00:09:39,410 --> 00:09:41,560 Os camións non van rápido por aquí. 170 00:09:41,760 --> 00:09:43,120 Igual os collemos. 171 00:09:48,250 --> 00:09:49,960 Si, sobre todo se paran. 172 00:09:58,010 --> 00:09:59,060 Quen son estes? 173 00:09:59,260 --> 00:10:01,580 Os que nos van dicir que o camión rompeu 174 00:10:01,780 --> 00:10:04,670 e que tiveron que chamar outro para vir recollelos. 175 00:10:04,870 --> 00:10:07,460 Pero non daría chegado antes ca nós. 176 00:10:07,660 --> 00:10:08,440 Non. 177 00:10:09,100 --> 00:10:10,440 É un roubo. 178 00:10:12,520 --> 00:10:13,730 Igual te equivocas. 179 00:10:17,150 --> 00:10:19,640 Non me equivoco. Como saben quen somos? 180 00:10:19,840 --> 00:10:22,830 O de New Age debeu de dicirlles o das inspectoras. 181 00:10:23,030 --> 00:10:25,700 Langston sóuboo e chamou a estes. 182 00:11:11,210 --> 00:11:12,420 Que carallo? 183 00:11:37,610 --> 00:11:39,110 Creo que lle demos. 184 00:11:39,320 --> 00:11:40,110 Si. 185 00:11:41,150 --> 00:11:43,780 E tamén lle demos á roda e ó depósito. 186 00:11:46,450 --> 00:11:49,520 - Non sairemos de aquí. - Non. Chamarei a policía. 187 00:11:49,720 --> 00:11:51,070 Que sexa anonimamente. 188 00:11:51,260 --> 00:11:52,020 Recibido. 189 00:11:52,220 --> 00:11:55,630 Faime un favor. Colle o informe. Precisamos a matrícula. 190 00:12:07,510 --> 00:12:09,430 Merda. 191 00:12:12,850 --> 00:12:13,800 Que pasa, Neagley? 192 00:12:14,000 --> 00:12:15,340 Unha chea de cousas. 193 00:12:15,540 --> 00:12:17,670 A policía vén para aquí, hai cadáveres 194 00:12:17,870 --> 00:12:19,610 e temos que afastarnos deles. 195 00:12:20,360 --> 00:12:21,970 Poden situarvos na escena? 196 00:12:22,170 --> 00:12:22,970 Co coche. 197 00:12:23,170 --> 00:12:25,470 Alugámolo co DNI falso de Dixon. 198 00:12:25,670 --> 00:12:27,350 Queimámolo para eliminar o ADN. 199 00:12:27,550 --> 00:12:29,480 Ben. Entón que pasou? 200 00:12:29,680 --> 00:12:31,270 As malas novas ou as peores? 201 00:12:31,470 --> 00:12:32,190 Sorpréndenos. 202 00:12:32,390 --> 00:12:35,880 Roubaron un camión de New Age cos 650 mísiles. 203 00:12:37,960 --> 00:12:40,070 - Esas serán as peores. - Si, ho! 204 00:12:40,270 --> 00:12:41,660 Tony Swan está vivo. 205 00:12:41,860 --> 00:12:43,280 - Iso é bo. - Non. 206 00:12:43,480 --> 00:12:45,540 Swan aínda traballa con eles. 207 00:12:45,740 --> 00:12:48,460 No coñecemento de embarque pon que Swan autorizou 208 00:12:48,660 --> 00:12:49,750 a saída do envío. 209 00:12:49,950 --> 00:12:50,830 Está en Denver? 210 00:12:51,030 --> 00:12:53,000 Autorizouno desde Nova York. 211 00:12:53,200 --> 00:12:54,840 Falsificaron a sinatura? 212 00:12:55,040 --> 00:12:57,510 - Foi coa impresión dactilar. - Forzárono. 213 00:12:57,710 --> 00:13:00,050 New Age ten escaneos de iris nas portas 214 00:13:00,250 --> 00:13:01,390 e ordenadores protexidos. 215 00:13:01,580 --> 00:13:03,760 Ninguén puido forzar a Tony Swan 216 00:13:03,960 --> 00:13:07,350 a pasar todo iso sen causar un espectáculo. 217 00:13:07,550 --> 00:13:09,480 Iso non lles importaría 218 00:13:09,680 --> 00:13:12,440 se milleiros de empregados estivesen no allo, 219 00:13:12,640 --> 00:13:14,480 e as probabilidades son... 220 00:13:14,680 --> 00:13:15,500 Mínimas. 221 00:13:17,630 --> 00:13:20,610 Sei que queres pensar que Swan non é corrupto, xefe. 222 00:13:20,810 --> 00:13:24,550 Pero as cousas son como son. Falamos cando esteamos a salvo, si? 223 00:13:26,380 --> 00:13:27,220 Reacher? 224 00:13:29,800 --> 00:13:30,640 Recibido. 225 00:13:33,060 --> 00:13:34,730 O que dixeches de matalos, 226 00:13:36,100 --> 00:13:37,270 iso inclúe a Swan? 227 00:13:42,610 --> 00:13:43,690 Vou pasear. 228 00:13:55,330 --> 00:13:56,580 Non necesitades isto. 229 00:13:57,620 --> 00:13:59,130 Somos todos amigos. 230 00:14:02,880 --> 00:14:03,910 Quedaron sen armas. 231 00:14:04,110 --> 00:14:06,160 Mentres non atopen o micro de Swan, 232 00:14:06,360 --> 00:14:07,410 todo vai ben. 233 00:14:07,610 --> 00:14:08,830 Como dixo ese moulón: 234 00:14:09,030 --> 00:14:10,390 "Somos todos amigos." 235 00:14:12,260 --> 00:14:14,120 - Que tes, G. I. Joe? - G. I. Joe? 236 00:14:14,320 --> 00:14:15,880 Será "o meu gran amigo Joe". 237 00:14:16,080 --> 00:14:18,960 Gustaríache estar nunha trincheira con este xigante? 238 00:14:19,160 --> 00:14:20,670 Mellorarei o que pagades. 239 00:14:20,870 --> 00:14:24,050 Os provedores conseguirán a heroína dunha fonte 240 00:14:24,250 --> 00:14:26,090 que non pode negociar. 241 00:14:26,290 --> 00:14:28,530 Nós pasámosvola a vós. 242 00:14:44,750 --> 00:14:45,590 Moi ben. 243 00:14:46,460 --> 00:14:47,530 Falemos de cartos. 244 00:14:47,730 --> 00:14:49,660 Cando acepten o trato, entramos. 245 00:14:49,860 --> 00:14:52,290 Arrestámolos, presionámolos, dannos a fonte. 246 00:14:52,490 --> 00:14:54,250 Arrestámolos e ascendemos. 247 00:14:54,450 --> 00:14:55,670 Máis medallas no peito. 248 00:14:55,870 --> 00:14:57,890 Máis símbolos do dólar no cheque. 249 00:14:59,100 --> 00:15:00,960 E logo poñen máis símbolos? 250 00:15:01,160 --> 00:15:02,130 Cala, Franzy. 251 00:15:02,330 --> 00:15:05,510 Ten razón, Manuel. Só necesitas un símbolo. 252 00:15:05,710 --> 00:15:06,800 Mamalóns. 253 00:15:07,000 --> 00:15:08,570 Atentos. Vén xente. 254 00:15:25,710 --> 00:15:26,630 Xa era hora. 255 00:15:30,840 --> 00:15:31,620 Cento dez? 256 00:15:31,820 --> 00:15:33,370 Dixeches que o mellorarías. 257 00:15:33,570 --> 00:15:34,430 Xa o fago. 258 00:15:35,680 --> 00:15:36,460 Non abonda. 259 00:15:36,660 --> 00:15:38,710 Se queres que cambiemos, motívanos. 260 00:15:38,910 --> 00:15:39,770 Polo? Era porco. 261 00:15:40,850 --> 00:15:43,520 Ben, e 105? 262 00:15:44,190 --> 00:15:46,260 Fasme perder o tempo. 263 00:15:46,460 --> 00:15:48,390 Tes algo tan puro por 105? 264 00:15:48,580 --> 00:15:50,100 - Vinas mellores. - A cona. 265 00:15:50,290 --> 00:15:51,810 Teño máis compradores. 266 00:15:52,000 --> 00:15:53,600 - Vin porque... - Coñézote. 267 00:15:53,800 --> 00:15:55,520 - ...mercas moito. - Non creo. 268 00:15:55,720 --> 00:15:57,540 Si tal. Onde te vin? 269 00:15:58,620 --> 00:16:00,040 Igual non é nada. 270 00:16:00,660 --> 00:16:02,920 - Nin idea. - Sei que te vin antes. 271 00:16:03,920 --> 00:16:07,090 - Que podes ofrecer? - Cen. Aceptao ou non. 272 00:16:08,380 --> 00:16:10,550 A ti vendinche a miña guitarra. 273 00:16:15,100 --> 00:16:16,810 Confúndesme con outro. 274 00:16:17,510 --> 00:16:18,620 Nunha páxina web. 275 00:16:18,820 --> 00:16:20,100 Mercaches a acústica. 276 00:16:24,810 --> 00:16:27,380 Imos comer e falar, ou imos cerrar o trato? 277 00:16:27,580 --> 00:16:30,780 Se non queredes isto, vendereino noutro sitio. 278 00:16:32,530 --> 00:16:33,720 Para aí. 279 00:16:33,920 --> 00:16:35,740 Espera. Cando a mercou, 280 00:16:36,660 --> 00:16:38,490 tiña un uniforme militar. 281 00:16:52,670 --> 00:16:53,630 Vamos! 282 00:16:56,720 --> 00:16:57,550 Coidado! 283 00:17:04,390 --> 00:17:06,650 - Chama a ambulancia. - Non dispares. 284 00:17:06,850 --> 00:17:09,010 Temos un ferido. Necesitamos axuda. 285 00:17:09,210 --> 00:17:12,150 - Non che deu no corazón. - Pero si na clavícula. 286 00:17:13,530 --> 00:17:15,640 Non vou tocar a guitarra nun tempo. 287 00:17:15,840 --> 00:17:16,660 Mira que ben. 288 00:17:17,490 --> 00:17:18,320 Que che dean. 289 00:17:19,160 --> 00:17:20,350 Con quen non te metes? 290 00:17:20,550 --> 00:17:21,490 Cos camioneiros? 291 00:17:26,750 --> 00:17:27,710 Déboche unha. 292 00:17:45,520 --> 00:17:46,420 Adiviñarei. 293 00:17:46,620 --> 00:17:50,320 Matrículas do goberno, traxes e coches do goberno. 294 00:17:50,520 --> 00:17:52,550 Levoulle ben tempo ao senador saber 295 00:17:52,750 --> 00:17:54,010 quen falou co seu lacaio. 296 00:17:54,210 --> 00:17:57,070 O senador ten unha proposta. Entra. 297 00:17:58,070 --> 00:17:58,890 Non. 298 00:17:59,090 --> 00:18:00,730 Por que, señor Reacher? 299 00:18:00,930 --> 00:18:02,850 Só Reacher. 300 00:18:03,050 --> 00:18:06,270 Ben, Reacher. Por que non entras no coche? 301 00:18:06,470 --> 00:18:08,250 Porque non mo pediu ben. 302 00:18:09,040 --> 00:18:10,110 Vale. 303 00:18:10,310 --> 00:18:12,210 Hart, cal é a palabra máxica? 304 00:18:16,130 --> 00:18:17,720 Entra no coche, por favor? 305 00:18:32,730 --> 00:18:35,050 Case non conseguen liscar coa mercadoría. 306 00:18:35,250 --> 00:18:38,220 Paguei máis por unha transacción sen interrupcións, 307 00:18:38,420 --> 00:18:41,350 e ata agora, foi de todo menos iso. 308 00:18:41,550 --> 00:18:44,370 Se os problemas persisten, axustaremos o prezo. 309 00:18:44,830 --> 00:18:47,610 Son vellos amigos de Swan que causan problemas, 310 00:18:47,810 --> 00:18:49,370 pero podemos controlalos. 311 00:18:50,210 --> 00:18:52,590 Se queres a mercadoría, cumpre o trato. 312 00:18:53,550 --> 00:18:55,170 Fai o que prometiches. 313 00:18:57,340 --> 00:18:58,170 Vale. 314 00:18:59,050 --> 00:18:59,880 Ben. 315 00:19:00,970 --> 00:19:02,040 Onde estás? 316 00:19:02,240 --> 00:19:05,290 Estou chegando a... 317 00:19:05,490 --> 00:19:08,640 Non pode ser. "French Lick"? 318 00:19:09,310 --> 00:19:10,750 Putos estadounidenses. 319 00:19:10,950 --> 00:19:11,730 Indiana. 320 00:19:12,690 --> 00:19:16,890 Ben. Os chips de Little Wing estarán listos para instalar nos mísiles 321 00:19:17,080 --> 00:19:18,640 cando chegues aquí. 322 00:19:18,840 --> 00:19:21,350 E encargarémonos dos amigos de Swan. 323 00:19:21,550 --> 00:19:23,070 O plan está en marcha. 324 00:19:26,240 --> 00:19:27,370 Que te fodan. 325 00:19:28,580 --> 00:19:29,400 Malnacido. 326 00:19:29,600 --> 00:19:32,830 PARQUE ZOOLÓXICO NACIONAL SMITHSONIANO 327 00:19:38,420 --> 00:19:40,380 Detrás dos primates. 328 00:19:41,720 --> 00:19:43,040 Que dramático. 329 00:19:43,240 --> 00:19:45,470 Igual estabas cómodo entre gorilas. 330 00:19:46,890 --> 00:19:49,670 Señor Reacher, Malcolm Lavoy. 331 00:19:49,870 --> 00:19:52,460 - Prefire só "Reacher". - Non. 332 00:19:52,660 --> 00:19:54,170 El ten que chamarme señor. 333 00:19:54,370 --> 00:19:58,110 Desculpe as formas nas que o trouxeron aquí, señor Reacher. 334 00:19:58,740 --> 00:20:01,810 Supoño que usas este sitio porque é un dos poucos 335 00:20:02,000 --> 00:20:04,850 onde te podes reunir sen vixilancia nin micros. 336 00:20:05,050 --> 00:20:07,450 Por iso estou no consello do zoo. 337 00:20:08,870 --> 00:20:11,730 Creo que coñece o meu director lexislativo, Boyd. 338 00:20:11,930 --> 00:20:12,980 Si. 339 00:20:13,180 --> 00:20:14,830 Gústalle a cocaína. 340 00:20:15,960 --> 00:20:17,360 Cando souben o que pasou, 341 00:20:17,560 --> 00:20:19,360 falei cun amigo meu do censo. 342 00:20:19,560 --> 00:20:21,280 Imaxine a vergoña de Boyd 343 00:20:21,480 --> 00:20:24,870 cando soubo que a quen lle contou os nosos segredos 344 00:20:25,070 --> 00:20:26,850 non eran axentes do FBI. 345 00:20:27,850 --> 00:20:31,000 Nas cámaras de seguridade vese como entra na comisaría, 346 00:20:31,200 --> 00:20:34,920 e o recoñecemento facial mostrounos unha cartilla militar. 347 00:20:35,120 --> 00:20:37,090 Jack Reacher. 348 00:20:37,290 --> 00:20:40,970 Sen máis nomes. Academia militar, dúas estrelas prateadas, 349 00:20:41,170 --> 00:20:44,010 unha de bronce, un Corazón Púrpura, e así. 350 00:20:44,210 --> 00:20:45,200 Mostra respecto. 351 00:20:46,660 --> 00:20:49,940 Vaia lista. Quero agradecerlle os seus servizos. 352 00:20:50,140 --> 00:20:53,020 Cando te retiraches, despareciches da face da Terra. 353 00:20:53,220 --> 00:20:57,380 Pero houbo un incidente hai uns anos en Margrave, Xeorxia. 354 00:20:58,340 --> 00:21:00,760 Acusado do asasinato do teu propio irmán. 355 00:21:01,550 --> 00:21:03,220 Pero absolvéronte, claro. 356 00:21:03,840 --> 00:21:06,540 Unha grande operación sobre falsificación 357 00:21:06,740 --> 00:21:08,370 que Joe investigaba 358 00:21:08,570 --> 00:21:11,420 ardeu, literal e figuradamente. 359 00:21:11,620 --> 00:21:13,080 A historia oficial di 360 00:21:13,280 --> 00:21:17,960 que foi cousa dunha policía novata e dun veterano que non era de alí. 361 00:21:18,160 --> 00:21:21,260 O mesmo veterano que arrestou a Boyd en Boston. 362 00:21:21,460 --> 00:21:25,310 Déixate de lerias. Aquí cheira a merda de mono. 363 00:21:25,500 --> 00:21:28,700 Ben, sei que foi cousa súa o de Margrave, señor Reacher. 364 00:21:29,660 --> 00:21:32,790 Quero que faga o mesmo nesta situación. 365 00:21:39,290 --> 00:21:40,070 Por que? 366 00:21:40,270 --> 00:21:42,280 Porque en Boston insinuou 367 00:21:42,480 --> 00:21:46,280 que os avións militares e civís estarían en perigo con Little Wing. 368 00:21:46,480 --> 00:21:47,790 Entón iso quere dicir 369 00:21:47,990 --> 00:21:49,620 que os terroristas a queren. 370 00:21:49,820 --> 00:21:50,960 Traballan para obtela. 371 00:21:51,160 --> 00:21:53,920 Cando o identificamos, buscamos un pouco máis 372 00:21:54,120 --> 00:21:56,750 e vimos que a súa vella unidade está reunida. 373 00:21:56,950 --> 00:21:58,400 Algúns morreron. 374 00:21:58,860 --> 00:22:00,630 Non se sorprenda, Reacher. 375 00:22:00,830 --> 00:22:02,550 Son congresista. Fago as cousas. 376 00:22:02,750 --> 00:22:05,950 Sorpréndeme que un congresista faga cousas. 377 00:22:08,610 --> 00:22:10,660 Estou afeito a estes comentarios. 378 00:22:11,950 --> 00:22:15,920 O caso é que a xente que quere estas armas 379 00:22:16,120 --> 00:22:17,570 non pode telas nunca. 380 00:22:17,770 --> 00:22:20,530 Porque se alguén sabe que estás metido 381 00:22:20,730 --> 00:22:24,050 nos negocios de Little Wing, imputarante. 382 00:22:24,250 --> 00:22:26,530 Acabe cos malos e eu quedo libre. 383 00:22:26,730 --> 00:22:28,220 Así todos gañamos. 384 00:22:30,390 --> 00:22:34,180 Fixen o que fixen para poder defender a democracia. 385 00:22:34,890 --> 00:22:38,670 Só evitei todo o papelame que só causa atrasos 386 00:22:38,870 --> 00:22:39,590 e custa vidas. 387 00:22:39,790 --> 00:22:41,880 E así tamén enchías os petos. 388 00:22:42,080 --> 00:22:43,730 Insisto, todos gañamos. 389 00:22:44,900 --> 00:22:47,620 Non quero que morra xente inocente. 390 00:22:47,820 --> 00:22:50,410 Son un animal político, non un monstro. 391 00:22:50,990 --> 00:22:53,280 E non lle pido axuda. 392 00:22:53,950 --> 00:22:55,100 Ofrézolle a miña. 393 00:22:55,300 --> 00:22:57,980 Sei que tamén lle gusta que as cousas se fagan. 394 00:22:58,180 --> 00:23:00,360 O seu informe de Margrave demóstrao. 395 00:23:00,560 --> 00:23:02,900 Gústalle entremeterse nos plans. 396 00:23:03,100 --> 00:23:06,590 Eu podo darlle o que necesite para que o faga. 397 00:23:07,470 --> 00:23:08,550 E cando remate, 398 00:23:09,550 --> 00:23:12,930 ninguén poderá demostrar que estivo alí. 399 00:23:14,640 --> 00:23:16,420 Acabe con eles. 400 00:23:16,620 --> 00:23:20,020 Que non quede ningún. Que non poidan poñer vidas en perigo. 401 00:23:20,650 --> 00:23:24,650 E despois pode volver a desaparecer. Ninguén o buscará. 402 00:23:25,690 --> 00:23:26,860 Somos amigos seus. 403 00:23:53,760 --> 00:23:54,540 Si? 404 00:23:54,740 --> 00:23:56,580 Ei, xigante con malas pulgas. 405 00:23:56,780 --> 00:23:57,920 Xa tiraches o traxe? 406 00:23:58,120 --> 00:23:59,420 Non, por que? 407 00:23:59,620 --> 00:24:01,170 O forense rematou con Franz. 408 00:24:01,370 --> 00:24:02,400 O funeral é mañá. 409 00:24:03,600 --> 00:24:05,110 Temos que ir a Nova York. 410 00:24:16,580 --> 00:24:19,150 Díxenlles aos meus que investigasen. 411 00:24:19,350 --> 00:24:22,020 Os de Denver viron que cambiaran os tráileres. 412 00:24:22,220 --> 00:24:24,650 - Só había caixas de ladrillos. - E pesaban 413 00:24:24,850 --> 00:24:26,820 igual que os lanzadores e os mísiles? 414 00:24:27,020 --> 00:24:29,200 Si. Levarían o cargamento falso 415 00:24:29,400 --> 00:24:30,570 ata o porto de L. A. 416 00:24:30,770 --> 00:24:32,620 Enviaríano á base en Filipinas, 417 00:24:32,820 --> 00:24:34,830 ou a onde sexa que o fosen enviar. 418 00:24:35,030 --> 00:24:37,430 No documento poñía Corea do Sur. 419 00:24:38,260 --> 00:24:39,120 Moi listos. 420 00:24:39,320 --> 00:24:42,420 O envío tardaría en chegar unhas tres ou catro semanas. 421 00:24:42,620 --> 00:24:45,170 Non saben que faltan as armas ata que o abren. 422 00:24:45,370 --> 00:24:47,130 E quen sabe cando o farían. 423 00:24:47,330 --> 00:24:50,050 O exército podería gardalo e non abrilo en meses. 424 00:24:50,250 --> 00:24:51,820 E entón xa sería tarde. 425 00:24:52,020 --> 00:24:53,560 Os terroristas xa atacarían 426 00:24:53,750 --> 00:24:55,390 e non saberiamos como. 427 00:24:55,590 --> 00:24:57,020 Falando diso, 428 00:24:57,220 --> 00:24:59,190 sabemos onde están os mísiles reais? 429 00:24:59,390 --> 00:25:02,900 A policía de Colorado atopou o camión baleiro en Denver. 430 00:25:03,100 --> 00:25:04,320 Polas pegadas que hai, 431 00:25:04,520 --> 00:25:07,190 pensan que os levaron nun avión pola noite. 432 00:25:07,390 --> 00:25:08,590 Poden vir cara a aquí. 433 00:25:08,790 --> 00:25:11,950 Desde o 11S teñen moi controlado o ceo de Nova York. 434 00:25:12,150 --> 00:25:13,380 A. M. É cauto. 435 00:25:13,930 --> 00:25:15,160 Se fose el, 436 00:25:15,360 --> 00:25:17,540 levaríaas en avión ata Pensilvania 437 00:25:17,740 --> 00:25:19,910 ou Nova Hampshire e traeríaas por terra 438 00:25:20,110 --> 00:25:21,880 para meterlles o software. 439 00:25:22,070 --> 00:25:22,790 Ten sentido. 440 00:25:22,990 --> 00:25:26,550 Temos que saber onde os levan para interceptalos, 441 00:25:26,750 --> 00:25:28,720 porque cando se faga o pago, 442 00:25:28,910 --> 00:25:31,780 A. M. Estará alí, e tamén os que mataron ós nosos. 443 00:25:38,740 --> 00:25:40,530 Reacher, ves iso? 444 00:25:42,160 --> 00:25:44,650 Non é o xoguete que tiña no coche? 445 00:25:44,850 --> 00:25:47,750 Mikey, os meus sobriños tamén o teñen. 446 00:25:48,580 --> 00:25:51,880 É un xoguete moi chulo. Xogamos seguido con el. 447 00:25:53,340 --> 00:25:56,430 Eu de cativo tiña a Aquaman. 448 00:25:57,510 --> 00:26:00,430 Cría que era xenial porque falaba cos peixes, 449 00:26:01,810 --> 00:26:03,980 e eu quería falar co meu can, sabes? 450 00:26:11,020 --> 00:26:11,860 Ei. 451 00:26:14,110 --> 00:26:17,200 Quero que collas isto tamén. É meu. 452 00:26:18,200 --> 00:26:19,310 San Xerome. 453 00:26:19,510 --> 00:26:23,200 E o patróns dos nenos que teñen os pais e nais no ceo. 454 00:26:24,750 --> 00:26:26,210 Quero que leas a oración 455 00:26:28,620 --> 00:26:31,880 da parte de atrás todas as noites, 456 00:26:34,010 --> 00:26:35,630 e manterás a teu pai preto. 457 00:26:39,470 --> 00:26:40,390 Halo facer? 458 00:26:43,510 --> 00:26:44,350 Bo rapaz. 459 00:26:46,890 --> 00:26:47,730 Bo rapaz. 460 00:26:50,770 --> 00:26:52,360 Se necesitas algo, chama. 461 00:26:53,820 --> 00:26:55,320 De día ou de noite. 462 00:26:55,520 --> 00:26:56,900 - Grazas. - Ben. 463 00:26:58,030 --> 00:27:00,240 Vamos, Mikey. Xa van empezar. 464 00:27:04,410 --> 00:27:06,690 Por que lle das xoguetes ao seu fillo? 465 00:27:06,890 --> 00:27:07,750 Perdoa? 466 00:27:08,870 --> 00:27:12,740 Faste amigo do fillo, gañas puntos coa nai... 467 00:27:12,940 --> 00:27:15,840 Ves unha viúva e pensas: "obxectivo fácil"? 468 00:27:16,960 --> 00:27:20,990 Estás de broma? Queres morer? 469 00:27:21,190 --> 00:27:22,540 A xente pensa que si. 470 00:27:22,740 --> 00:27:23,620 Vin dar o pésame. 471 00:27:23,820 --> 00:27:26,540 Por que nos atacaron uns moteiros en Boston? 472 00:27:26,740 --> 00:27:27,460 Porque es parvo. 473 00:27:27,660 --> 00:27:31,250 Pode ser. Ou igual porque só ti sabías onde iamos. 474 00:27:31,450 --> 00:27:34,920 Espera. Intentas dicir que son corrupto? 475 00:27:35,120 --> 00:27:36,650 Non intento dicir nada. 476 00:27:39,150 --> 00:27:42,600 Sabes por que falaba con Mikey? Porque sei polo que pasa. 477 00:27:42,800 --> 00:27:45,230 Sei o que é mirar pola ventá polas noites 478 00:27:45,430 --> 00:27:48,310 e rezar para que o seguinte coche sexa o de teu pai, 479 00:27:48,510 --> 00:27:50,650 aínda que sabes que non vai pasar 480 00:27:50,850 --> 00:27:53,150 porque viches como os homes da funeraria 481 00:27:53,350 --> 00:27:55,070 botaban terra na tumba. 482 00:27:55,270 --> 00:27:57,240 Sabes o que é perder a familia? 483 00:27:57,440 --> 00:27:59,780 Si. Están mortos. Todos. 484 00:27:59,980 --> 00:28:01,530 Falaba de ti, 485 00:28:01,730 --> 00:28:03,450 - non de teu pai. - Eu falaba del. 486 00:28:03,650 --> 00:28:06,080 Meu pai era policía, un dos bos. 487 00:28:06,280 --> 00:28:09,310 Non aceptou subornos e matárono por iso. 488 00:28:13,520 --> 00:28:14,610 Mira, 489 00:28:14,810 --> 00:28:17,680 sei que son os familiares do teu amigo, enténdoo. 490 00:28:17,880 --> 00:28:19,840 Pero se me volves chamar corrupto, 491 00:28:20,040 --> 00:28:23,140 e non me importa que esteamos diante de Santa María, 492 00:28:23,340 --> 00:28:25,890 dareiche esa malleira que che debo aquí mesmo. 493 00:28:26,090 --> 00:28:29,830 Un: Pelexarei cando ti queiras. 494 00:28:30,030 --> 00:28:30,830 E dous: 495 00:28:32,870 --> 00:28:34,360 Non sabía iso de teu pai. 496 00:28:34,560 --> 00:28:36,880 Podo encher un estadio co que non sabes. 497 00:28:37,080 --> 00:28:39,740 Mentres estabades en Boston facendo que sei eu, 498 00:28:39,940 --> 00:28:42,030 busquei os nomes dos de New Age. 499 00:28:42,230 --> 00:28:44,160 Todos do NYPD, 500 00:28:44,360 --> 00:28:45,750 todos do distrito tres. 501 00:28:45,940 --> 00:28:49,540 A Langston e outros máis investigounos Asuntos Internos. 502 00:28:49,740 --> 00:28:52,670 Xubiláronse antes e os cargos desapareceron. 503 00:28:52,870 --> 00:28:56,380 Conseguiron traballo en New Age e contrataron os amigos. 504 00:28:56,580 --> 00:28:58,010 Todos malos policías? 505 00:28:58,210 --> 00:28:59,720 Excepto o teu amigo Swan. 506 00:28:59,920 --> 00:29:02,100 Pero é o único con experiencia militar 507 00:29:02,290 --> 00:29:04,260 e sabe o que queren os terroristas. 508 00:29:04,460 --> 00:29:06,390 O que implicas fai que me enfade. 509 00:29:06,590 --> 00:29:08,410 Non negues que ten sentido. 510 00:29:09,620 --> 00:29:12,360 Coa súa experiencia, igual foi quen ideou todo. 511 00:29:12,550 --> 00:29:16,110 Os policías eses, os malos do mesmo distrito. 512 00:29:16,310 --> 00:29:18,570 - Falaches con eles? - Non puiden. 513 00:29:18,770 --> 00:29:20,660 Esnaquizaches a oficina. 514 00:29:20,850 --> 00:29:22,070 Agocháronse todos. 515 00:29:22,270 --> 00:29:25,430 As casas estaban baleiras coma a de Tony Swan. 516 00:29:26,010 --> 00:29:29,640 Queres falar de corruptos? Mira antes entre os teus. 517 00:29:38,730 --> 00:29:42,780 Entregamos o noso irmán, Calvin Franz, á terra, 518 00:29:43,530 --> 00:29:47,320 terra á terra, cinsas ás cinsas, po ao po, 519 00:29:48,530 --> 00:29:51,310 na esperanza segura e certa da resurrección 520 00:29:51,510 --> 00:29:53,860 da vida eterna. Amén. 521 00:29:54,050 --> 00:29:56,330 Amén. 522 00:30:23,530 --> 00:30:25,820 Atención, tiradores! 523 00:30:27,910 --> 00:30:29,700 Preparados. 524 00:30:33,080 --> 00:30:33,910 Listos. 525 00:30:37,620 --> 00:30:38,540 Apuntade. 526 00:30:39,710 --> 00:30:40,670 Disparade! 527 00:30:41,340 --> 00:30:42,460 Listos. 528 00:30:43,920 --> 00:30:45,760 Apuntade. Disparade! 529 00:30:50,090 --> 00:30:51,510 - Abaixo! - Disparade. 530 00:30:54,180 --> 00:30:55,830 Xa vos teño. Veña, vamos. 531 00:30:56,030 --> 00:30:57,210 Saíde de aquí. Vamos! 532 00:30:57,410 --> 00:30:59,170 Hai tiradores. Correde! 533 00:30:59,370 --> 00:31:01,150 Veña! 534 00:31:15,450 --> 00:31:17,230 - Cantos? - Creo que dous. 535 00:31:17,430 --> 00:31:20,190 - Do outro lado. - Non damos. Achegarémonos. 536 00:31:20,390 --> 00:31:22,400 Neagley e eu imos polo da dereita. 537 00:31:22,600 --> 00:31:25,250 Vós polo da esquerda. Veña. 538 00:31:47,740 --> 00:31:50,180 Non podemos achegarnos máis. Non é abondo. 539 00:31:50,380 --> 00:31:51,720 Esperaremos á policía. 540 00:31:51,920 --> 00:31:55,490 Non poden escapar. Se escoitan as sirenas, liscarán. 541 00:31:57,240 --> 00:32:00,480 Ben, eu atráioos e ti dispáraslles. 542 00:32:00,680 --> 00:32:02,190 - Negativo. - Podes facelo. 543 00:32:02,390 --> 00:32:03,900 Disparas moi ben. 544 00:32:04,100 --> 00:32:05,130 Ti corres pouco. 545 00:32:17,100 --> 00:32:18,180 O carallo. 546 00:32:20,020 --> 00:32:20,850 Merda! 547 00:32:46,710 --> 00:32:47,750 Entra! 548 00:32:52,800 --> 00:32:55,370 Confías en min ou estás desesperado? 549 00:32:55,570 --> 00:32:58,890 Vin como protexías a Angela e Mikey, así que es honesto. 550 00:33:02,140 --> 00:33:04,810 Pero tes un traidor, iso seguro. 551 00:33:10,980 --> 00:33:13,100 Merda, Russo, tes un acelerador. 552 00:33:13,300 --> 00:33:14,110 Déixame. 553 00:33:18,870 --> 00:33:19,730 Atalla. 554 00:33:19,930 --> 00:33:21,270 - Hai beirado. - Sáltao. 555 00:33:21,470 --> 00:33:23,500 E por que non calas xa? 556 00:33:30,550 --> 00:33:32,880 Pensei que era unha persecución. 557 00:33:40,640 --> 00:33:43,060 - Perdémolo. - Queres conducir ti? 558 00:33:44,690 --> 00:33:45,520 Si. 559 00:33:46,150 --> 00:33:46,980 Ei! 560 00:34:08,250 --> 00:34:10,960 - Es un perigo! - E ti conduces coma un cego. 561 00:34:15,420 --> 00:34:18,590 Non dispares. Xa está, vale? 562 00:34:20,300 --> 00:34:22,640 - Estás arrestado, moulón. - Non. 563 00:34:24,270 --> 00:34:27,460 Estes tipos atacáronnos nun funeral de día. 564 00:34:27,660 --> 00:34:30,510 Están desesperados. Entón están chegando ao final. 565 00:34:30,710 --> 00:34:33,380 Se o levamos, traerá avogados e falará tarde. 566 00:34:33,580 --> 00:34:36,220 Terán 650 oportunidades de acabar cun avión. 567 00:34:36,420 --> 00:34:37,650 Que queres que faga? 568 00:34:38,200 --> 00:34:39,200 Que non mires. 569 00:34:44,240 --> 00:34:45,410 Veña, ho. 570 00:34:49,210 --> 00:34:50,740 Se non me dis o que sabes, 571 00:34:50,930 --> 00:34:52,740 protexes a quen matou aos meus. 572 00:34:52,940 --> 00:34:55,950 Non malgastarei o tempo con técnicas interrogatorias. 573 00:34:56,150 --> 00:34:57,840 Vouche quitar a vida. 574 00:34:58,760 --> 00:35:02,550 Se antes de morrer ves que queres liberarte, 575 00:35:03,970 --> 00:35:04,810 pestanexa. 576 00:35:12,060 --> 00:35:13,780 - Fala, xa. - Vale. 577 00:35:13,980 --> 00:35:16,900 Vale, Xesús, déixame coller aire. 578 00:35:21,660 --> 00:35:24,730 Tiñamos que usar o saúdo coas armas para tapar 579 00:35:24,930 --> 00:35:25,770 os disparos. 580 00:35:25,970 --> 00:35:27,230 Acabar con vós 581 00:35:27,430 --> 00:35:29,480 e liscar antes de que se decatasen. 582 00:35:29,680 --> 00:35:31,440 Un día fácil para profesionais. 583 00:35:31,640 --> 00:35:33,690 - Dime algo que non saiba. - O que? 584 00:35:33,890 --> 00:35:36,160 Langston non vos pagaría todo antes. 585 00:35:36,350 --> 00:35:38,620 Onde quedarades con el despois? 586 00:35:38,820 --> 00:35:41,740 Nun edificio abandonado nun barrio de Queens. 587 00:35:41,940 --> 00:35:43,830 Mira, podo levarvos alí, 588 00:35:44,030 --> 00:35:45,850 pero non sei quen é Langston. 589 00:35:46,850 --> 00:35:47,810 Quen vos chamou? 590 00:35:48,430 --> 00:35:49,600 Un tal Swan. 591 00:35:58,860 --> 00:35:59,700 Recibido. 592 00:36:00,900 --> 00:36:04,140 Dixon e O'Donnell están listos. Russo, ao final da rúa. 593 00:36:04,340 --> 00:36:05,600 As saídas, cubertas. 594 00:36:05,800 --> 00:36:08,600 Escoitaches? Lamentaralo se intentas algo. 595 00:36:08,800 --> 00:36:10,980 Entras, que che pagen e infórmasnos. 596 00:36:11,180 --> 00:36:13,280 Cantos hai, que armas teñen. 597 00:36:13,480 --> 00:36:15,490 Como é o cuarto, onde se sentan. 598 00:36:15,690 --> 00:36:18,800 Despois deixámoste libre e quedas cos cartos. Entendido? 599 00:36:19,000 --> 00:36:21,120 Si, home, vale. 600 00:36:21,320 --> 00:36:23,260 Non quero volvervos ver. 601 00:36:24,720 --> 00:36:25,720 Dáme o teléfono. 602 00:36:32,480 --> 00:36:36,090 Ten isto no peto para que poidamos escoitar. 603 00:36:36,290 --> 00:36:39,780 Se intentas algo, entramos e ti morres co resto. 604 00:36:40,530 --> 00:36:41,650 Vai, aparvado. 605 00:36:50,450 --> 00:36:52,150 Entón, que pensamos? 606 00:36:52,350 --> 00:36:54,400 Que Swan foi para New Age, 607 00:36:54,600 --> 00:36:57,780 viu que podía gañar moitos cartos e aceptou? 608 00:36:57,980 --> 00:36:58,700 E despois? 609 00:36:58,900 --> 00:37:01,530 Estivo con Franzy porque vivían na mesma cidade. 610 00:37:01,730 --> 00:37:04,380 Dixo algo que fixo que Franz sospeitase? 611 00:37:05,800 --> 00:37:08,910 Ou quixo que Franz participase. 612 00:37:09,110 --> 00:37:11,600 Cunha muller e cun fillo necesitaría cartos. 613 00:37:12,430 --> 00:37:13,250 Franz negouse, 614 00:37:13,450 --> 00:37:16,920 quixo paralo e pediulle axuda a Sanchez e a Orozco. 615 00:37:17,120 --> 00:37:18,070 Que che parece? 616 00:37:20,030 --> 00:37:22,180 Non o sei. Pero se Swan está aí, 617 00:37:22,380 --> 00:37:24,470 fareille o mesmo que a ese tipo. 618 00:37:24,670 --> 00:37:27,850 Collereino polo pescozo e arrincareille a verdade. 619 00:37:28,050 --> 00:37:28,990 E despois que? 620 00:37:34,580 --> 00:37:35,420 Ola? 621 00:37:37,380 --> 00:37:38,210 Hai alguén? 622 00:39:53,180 --> 00:39:55,120 Subtítulos: Paula Maneiro Torreira. 623 00:39:55,320 --> 00:39:57,270 Supervisora creativa: Estefanía Prol Lusquiños