1 00:00:10,677 --> 00:00:12,637 En 2021, 2 00:00:12,721 --> 00:00:17,934 o mundo viu como unha familia de elefantes salvaxes da China durmía, 3 00:00:18,018 --> 00:00:22,689 exhausta tras unha épica odisea de 400 quilómetros. 4 00:00:32,532 --> 00:00:35,243 Tiveron que abandonar o seu bosque ancestral 5 00:00:35,326 --> 00:00:37,579 por mor da peor seca xamais rexistrada 6 00:00:38,204 --> 00:00:41,249 e ían na procura dun novo fogar. 7 00:00:46,546 --> 00:00:49,883 Atravesaron unha enorme extensión de terras de cultivo 8 00:00:49,966 --> 00:00:52,385 e non había sinais de que fosen parar. 9 00:00:56,056 --> 00:00:59,350 Porén, o que fixeron logo deixou a todo o mundo abraiado. 10 00:01:04,355 --> 00:01:07,108 A familia pasou por debaixo dunha autoestrada 11 00:01:07,192 --> 00:01:10,320 e aproximouse á cidade de Kunming. 12 00:01:16,868 --> 00:01:20,580 En cousa de días, os elefantes chegaron aos límites da cidade. 13 00:01:25,293 --> 00:01:29,255 Alí, axiña se atoparon cun novo mundo aterrecedor. 14 00:01:42,185 --> 00:01:44,270 Asustada e desorientada… 15 00:01:46,689 --> 00:01:48,566 a familia non tivo outra opción 16 00:01:49,317 --> 00:01:53,196 que dar a volta e comezar a longa viaxe de regreso á casa. 17 00:02:00,787 --> 00:02:03,998 Sorprendentemente, e a pesar do dano que causaron, 18 00:02:04,082 --> 00:02:08,837 a xente non só tolerou os elefantes, senón que lles prestou a súa axuda. 19 00:02:10,088 --> 00:02:14,384 Investíronse centos de miles de dólares para guialos de volta á casa. 20 00:02:21,933 --> 00:02:23,643 Despois de case dous anos 21 00:02:23,726 --> 00:02:26,729 e de percorrer máis de mil quilómetros, 22 00:02:27,814 --> 00:02:31,776 a expedición chegou aos bosques do sur, 23 00:02:32,402 --> 00:02:34,571 onde a seca xa remitira. 24 00:02:42,787 --> 00:02:44,289 Contra todo prognóstico, 25 00:02:44,372 --> 00:02:48,001 esta parte da historia da familia tivo un final feliz. 26 00:02:49,169 --> 00:02:53,089 Pero mostrou que, cando un animal se enfronta a un cambio extremo, 27 00:02:53,756 --> 00:02:57,760 a ansia de marchar pode ser irreprimíbel. 28 00:03:09,856 --> 00:03:13,735 CAPÍTULO 4 LIBERDADE DE MOVEMENTO 29 00:03:22,076 --> 00:03:26,331 O noso planeta viaxa inclinado arredor do Sol. 30 00:03:28,583 --> 00:03:30,168 Debido a este feito, 31 00:03:30,251 --> 00:03:33,922 en xaneiro é verán no hemisferio sur. 32 00:03:37,967 --> 00:03:42,013 Aínda que, na parte máis baixa do globo, non resulta tan evidente. 33 00:03:45,808 --> 00:03:47,644 Mesmo en pleno verán, 34 00:03:47,727 --> 00:03:51,439 as temperaturas na Antártica seguen a ser xélidas. 35 00:03:52,774 --> 00:03:55,276 Porén, as 24 horas de luz solar 36 00:03:55,360 --> 00:04:00,073 dan calor abondo como para derreter o xeo mariño que rodea o continente. 37 00:04:04,702 --> 00:04:08,039 E isto é vital para os pingüíns papúa, 38 00:04:08,122 --> 00:04:11,042 que deben chegar a terra para aparearse. 39 00:04:18,591 --> 00:04:21,719 Desde hai unhas semanas, as súas vidas resúmense 40 00:04:21,803 --> 00:04:24,847 en viaxes diarias de 30 quilómetros 41 00:04:24,931 --> 00:04:27,350 á súa zona de alimentación no mar. 42 00:04:30,561 --> 00:04:34,565 Agora, co bandullo cheo, regresan cos seus polos. 43 00:04:48,162 --> 00:04:50,039 Despois de pasar o día na auga, 44 00:04:50,790 --> 00:04:53,960 lévalles un chisco afacerse a camiñar en terra. 45 00:05:06,639 --> 00:05:09,809 Os pingüíns papúa precisan rochas sen xeo 46 00:05:09,892 --> 00:05:13,021 para pór os ovos e criar os polos. 47 00:05:14,605 --> 00:05:18,276 A recta final á casa adoita ser unha camiñada costa arriba 48 00:05:18,359 --> 00:05:20,528 até os cumios azoutados polo vento. 49 00:05:25,575 --> 00:05:30,371 As crías naceron hai oito semanas e xa case están crecidas de todo. 50 00:05:32,540 --> 00:05:35,001 Os veráns da Antártica son moi curtos, 51 00:05:35,084 --> 00:05:38,880 así que teñen o tempo xusto para emplumar antes do inverno. 52 00:05:46,387 --> 00:05:50,058 Canto máis gordiños sexan os polos, máis comida demandan. 53 00:05:54,270 --> 00:05:58,107 Algúns pais parecen remisos a consentirlles os caprichos. 54 00:06:09,994 --> 00:06:12,413 Pero este comportamento ten o seu porqué. 55 00:06:18,002 --> 00:06:20,546 Ao obrigar os polos a esforzarse, 56 00:06:20,630 --> 00:06:23,341 os adultos poden avaliar a súa forza… 57 00:06:25,885 --> 00:06:26,969 a súa resistencia 58 00:06:28,429 --> 00:06:29,722 e a súa coordinación. 59 00:06:43,820 --> 00:06:47,782 A posibilidade de atopar comida atrae os polos á auga. 60 00:06:50,701 --> 00:06:52,954 Iso si, aínda non se meten. 61 00:06:56,082 --> 00:06:58,334 Parece que, mesmo para os pingüíns, 62 00:06:58,418 --> 00:07:03,297 meter o pé na auga fría require algo de coraxe. 63 00:07:10,972 --> 00:07:13,266 Pero basta con que un se lance 64 00:07:13,891 --> 00:07:15,560 para que os outros o sigan. 65 00:07:23,568 --> 00:07:28,865 Nas zonas pouco fondas e resgardadas, poden probar as súas plumas impermeábeis. 66 00:07:33,536 --> 00:07:35,872 Ao ser tan curtos os veráns, 67 00:07:36,622 --> 00:07:38,916 non tardarán en precisalas. 68 00:07:44,046 --> 00:07:45,256 En pouco tempo, 69 00:07:45,339 --> 00:07:49,594 os mares que rodean a Antártica volverán a cubrirse de xeo. 70 00:07:51,971 --> 00:07:57,059 Agora, os polos deben saír a mar aberto para alimentarse. 71 00:08:01,981 --> 00:08:03,191 Están nerviosos. 72 00:08:06,068 --> 00:08:07,778 E con razón. 73 00:08:11,407 --> 00:08:15,453 Quen vai querer compartir a auga cunha foca leopardo de tres metros? 74 00:08:19,707 --> 00:08:21,501 E non vén soa. 75 00:08:23,711 --> 00:08:24,712 Hai tres. 76 00:08:27,757 --> 00:08:31,844 Como indica o seu nome, cazan tendéndolle unha emboscada á súa presa. 77 00:08:34,096 --> 00:08:37,350 E os polos de pingüín papúa son presas fáciles. 78 00:08:42,480 --> 00:08:45,024 Con todo, e a pesar do perigo, 79 00:08:45,107 --> 00:08:47,693 os pingüíns precisan alimentarse. 80 00:08:57,370 --> 00:09:01,040 Os pingüíns papúa son os máis rápidos do mundo. 81 00:09:14,178 --> 00:09:18,140 Se evitan a emboscada, teñen unha oportunidade de sobrevivir. 82 00:09:27,316 --> 00:09:30,570 Os pingüíns permanecen xuntos por seguridade. 83 00:09:38,452 --> 00:09:41,747 Pero, no medio da confusión, un polo sepárase do grupo. 84 00:09:42,582 --> 00:09:44,792 Agora, é unha loita un contra un. 85 00:10:08,190 --> 00:10:09,650 A súa única esperanza 86 00:10:09,734 --> 00:10:12,737 é confiar na súa axilidade e resistencia superiores. 87 00:10:13,237 --> 00:10:17,617 Canto máis dure a persecución, máis posibilidades terá de sobrevivir. 88 00:10:34,717 --> 00:10:38,888 Este afortunado pingüín xa pode volver cos demais. 89 00:10:45,019 --> 00:10:47,730 O vasto océano agarda por eles. 90 00:10:54,654 --> 00:10:59,241 FEBREIRO 91 00:11:00,868 --> 00:11:02,078 En febreiro, 92 00:11:02,161 --> 00:11:05,831 o extremo norte do planeta está afastado do Sol. 93 00:11:12,713 --> 00:11:15,007 Durante o inverno ártico, 94 00:11:15,091 --> 00:11:17,551 a escuridade é case constante. 95 00:11:17,635 --> 00:11:21,055 A única fonte de luz é a aurora. 96 00:11:23,724 --> 00:11:26,894 Este espectacular fenómeno xérase 97 00:11:26,977 --> 00:11:30,898 cando as partículas cargadas do Sol chocan 98 00:11:30,981 --> 00:11:32,942 co campo magnético terrestre. 99 00:11:38,572 --> 00:11:43,285 Esta é a época en que incontábeis animais comezan as súas longas travesías 100 00:11:43,369 --> 00:11:45,496 cara a estas rexións setentrionais. 101 00:11:50,793 --> 00:11:53,546 A 5000 quilómetros ao sur de alí, 102 00:11:53,629 --> 00:11:57,508 os gansos das neves acaban de comezar a súa migración anual. 103 00:12:04,306 --> 00:12:07,351 Guiados polos adultos máis vellos e experimentados, 104 00:12:07,435 --> 00:12:10,813 seguen o desxeo a medida que se expande cara ao norte. 105 00:12:13,899 --> 00:12:16,402 Voarán desde o golfo de México 106 00:12:16,485 --> 00:12:19,196 até os seus criadeiros no Ártico. 107 00:12:30,666 --> 00:12:32,084 Chegarán á tundra 108 00:12:32,168 --> 00:12:36,338 xusto cando os longos días do verán creen ás condicións perfectas 109 00:12:36,422 --> 00:12:38,549 para criaren os polos. 110 00:12:44,597 --> 00:12:47,808 Usan puntos de referencia naturais, como lagos e ríos, 111 00:12:47,892 --> 00:12:50,728 para evitar desviarse da ruta. 112 00:12:54,231 --> 00:12:55,441 Porén, hoxe, 113 00:12:55,524 --> 00:12:58,068 o mundo que sobrevoan é moi diferente 114 00:12:58,152 --> 00:13:00,905 do que percorreron os seus devanceiros. 115 00:13:04,366 --> 00:13:06,619 O que nun tempo foi unha vasta sabana 116 00:13:06,702 --> 00:13:09,789 está ocupado agora por cultivos industriais. 117 00:13:16,003 --> 00:13:19,799 Aínda que iso non ten por que ser algo malo para os gansos. 118 00:13:20,925 --> 00:13:22,343 Para chegar ao Ártico, 119 00:13:22,426 --> 00:13:26,013 as bandadas precisan repoñer combustíbel a miúdo polo camiño, 120 00:13:26,806 --> 00:13:29,683 así que os campos do celeiro dos Estados Unidos 121 00:13:29,767 --> 00:13:32,019 son agora unha parada técnica clave. 122 00:13:36,690 --> 00:13:39,360 Esta fonte de alimento case inesgotábel 123 00:13:39,443 --> 00:13:41,987 fixo que a poboación de gansos das neves 124 00:13:42,071 --> 00:13:44,657 se duplicase nos últimos 50 anos. 125 00:13:48,577 --> 00:13:53,374 Mais converterse nun dos tipos de ganso máis numerosos do mundo ten un prezo. 126 00:14:02,007 --> 00:14:06,470 Neste mundo moderno, non todo é o que parece. 127 00:14:34,790 --> 00:14:38,210 Cada ano, 250 000 morren por disparos. 128 00:14:44,258 --> 00:14:45,926 GOLFO DE MÉXICO 129 00:14:46,010 --> 00:14:48,929 Os gansos das neves sofren o xugo dos cazadores 130 00:14:49,013 --> 00:14:51,140 ao longo de boa parte da súa ruta. 131 00:14:51,223 --> 00:14:55,644 Porén, entre dúas das rutas migratorias dos Estados Unidos, 132 00:14:55,728 --> 00:14:58,898 atópase unha zona húmida onde están protexidos. 133 00:15:05,654 --> 00:15:07,907 É Loess Bluffs, en Missouri. 134 00:15:09,950 --> 00:15:12,661 É unha das escalas máis importantes 135 00:15:12,745 --> 00:15:14,622 da súa longa viaxe ao norte. 136 00:15:17,082 --> 00:15:20,210 Segundo o tempo que vaia, quedarán máis ou menos días. 137 00:15:25,382 --> 00:15:28,719 En febreiro, os ventos xeados procedentes do Ártico 138 00:15:28,802 --> 00:15:31,764 poden causar baixadas repentinas de temperatura. 139 00:15:38,354 --> 00:15:40,105 Se xa vai frío aquí, 140 00:15:40,189 --> 00:15:43,442 as condicións han ser moito peores no seu destino. 141 00:15:45,778 --> 00:15:49,740 Por iso, polo momento quedan suspendidos todos os voos. 142 00:15:57,915 --> 00:15:59,708 Si, son gansos das neves, 143 00:16:01,251 --> 00:16:04,046 pero non son moi amigos do xeo. 144 00:16:14,181 --> 00:16:16,100 Ao conxelarse as marxes do lago, 145 00:16:16,183 --> 00:16:19,061 as aves concéntranse na zona central. 146 00:16:20,562 --> 00:16:24,191 Cantos máis paxaros, menos espazo hai para manobrar. 147 00:16:28,445 --> 00:16:30,864 Isto vénlle moi ben a outro visitante. 148 00:16:37,955 --> 00:16:40,040 Os pigargos americanos acoden aquí 149 00:16:41,458 --> 00:16:43,460 desde toda América do Norte. 150 00:16:45,629 --> 00:16:50,384 E fan que a súa chegada coincida coa dos gansos das neves. 151 00:17:06,316 --> 00:17:09,528 Os gansos son grandes de máis como para cazalos ao voo, 152 00:17:09,611 --> 00:17:12,656 así que os pigargos usan unha estratexia diferente. 153 00:17:16,243 --> 00:17:19,955 Voan cara a bandada e asustan as aves para que levanten o voo. 154 00:17:26,128 --> 00:17:30,090 Canto máis pegados estean os gansos, mellor para os pigargos. 155 00:17:44,897 --> 00:17:48,067 Presas do pánico, os gansos baten uns contra os outros 156 00:17:48,776 --> 00:17:50,694 e rompen as extremidades. 157 00:17:52,905 --> 00:17:55,949 As aves feridas quedan tiradas no xeo 158 00:17:57,159 --> 00:17:59,745 ou flotando na auga, incapaces de fuxir. 159 00:18:06,460 --> 00:18:11,757 Todas serán vulnerábeis mentres dure esta onda de frío. 160 00:18:12,549 --> 00:18:16,929 A súa migración segue parada por mor do xeo e da neve. 161 00:18:26,063 --> 00:18:30,317 De volta no Ártico, o sol vai empezando a quentar máis. 162 00:18:32,361 --> 00:18:33,695 Con todo, en febreiro, 163 00:18:33,779 --> 00:18:36,907 os raios apenas asoman por enriba do horizonte. 164 00:18:38,992 --> 00:18:42,162 Nesas condicións xélidas, non hai moito que comer 165 00:18:42,246 --> 00:18:44,915 e a maioría dos animais retíranse ao sur 166 00:18:44,998 --> 00:18:46,959 ou hibernan. 167 00:18:54,007 --> 00:18:56,301 Este non fai ningunha das dúas cousas. 168 00:18:57,886 --> 00:19:01,932 É un lince, o felino que máis ao norte vive do planeta. 169 00:19:08,605 --> 00:19:12,651 Está ben protexido do frío, así que non precisa marchar. 170 00:19:15,654 --> 00:19:19,950 Pero é posíbel que deba percorrer enormes distancias para atopar alimento. 171 00:19:28,125 --> 00:19:30,002 Unha vez, rexistrouse un caso 172 00:19:30,085 --> 00:19:33,839 dun lince que camiñou máis de 3000 quilómetros nun só ano, 173 00:19:35,340 --> 00:19:37,551 máis do que ninguén cría posíbel. 174 00:19:37,634 --> 00:19:40,888 OCÉANO PACÍFICO NORTE 175 00:19:47,269 --> 00:19:52,649 Este felino depende case por completo dun único tipo de presa. 176 00:19:54,401 --> 00:19:58,113 E, agora mesmo, hai moi poucas pola zona. 177 00:20:02,367 --> 00:20:04,161 Velaquí a lebre americana. 178 00:20:09,583 --> 00:20:12,461 Atopar unha é só unha parte do problema. 179 00:20:36,526 --> 00:20:39,988 Os linces só poden pasar uns días sen comer, 180 00:20:40,072 --> 00:20:42,157 así que a busca non remata nunca. 181 00:20:56,129 --> 00:20:57,214 Hoxe ten sorte. 182 00:20:58,298 --> 00:21:00,759 Detectou outro rastro. 183 00:21:10,602 --> 00:21:12,646 A lebre mantén a calma 184 00:21:14,481 --> 00:21:16,817 e confía na súa camuflaxe. 185 00:21:20,320 --> 00:21:23,615 O lince non é quen de atrapala nunha persecución longa, 186 00:21:23,699 --> 00:21:25,784 así que ten que achegarse. 187 00:21:47,139 --> 00:21:49,141 Comida, por fin. 188 00:21:54,438 --> 00:21:58,900 MARZO 189 00:22:00,944 --> 00:22:05,032 A medida que o hemisferio norte se inclina de novo cara ao Sol 190 00:22:05,115 --> 00:22:07,492 e chegan os días máis longos de marzo, 191 00:22:07,576 --> 00:22:11,413 os antílopes americanos inician a súa migración anual. 192 00:22:16,877 --> 00:22:20,964 Esta travesía levaraos das chairas nevadas do sur de Wyoming 193 00:22:21,048 --> 00:22:24,426 aos frondosos vales das montañas Rochosas, 194 00:22:24,509 --> 00:22:26,136 onde parirán. 195 00:22:34,353 --> 00:22:38,440 Mais, hoxe, a súa ruta está completamente irrecoñecíbel. 196 00:22:40,150 --> 00:22:44,613 Para empezar, deben buscar como atravesar os campos petrolíferos e de gas. 197 00:22:47,908 --> 00:22:49,910 Un macho proba sorte. 198 00:23:06,802 --> 00:23:09,012 Os antílopes son cautelosos, 199 00:23:09,763 --> 00:23:12,474 sobre todo cando se atopan cos humanos. 200 00:23:30,700 --> 00:23:32,411 De momento, todo ben. 201 00:23:33,495 --> 00:23:35,747 Agora tócalle ao resto do rabaño. 202 00:23:39,292 --> 00:23:41,503 Preparados… xa! 203 00:23:55,600 --> 00:23:57,436 Durante os próximos dous meses, 204 00:23:57,519 --> 00:23:59,396 percorrerán 200 quilómetros 205 00:23:59,479 --> 00:24:02,190 para chegar á zona onde paren, no norte, 206 00:24:03,275 --> 00:24:07,028 unha viaxe que se volve máis complicada cada ano que pasa. 207 00:24:11,116 --> 00:24:14,119 Os valados deseñados para que non escape o gando 208 00:24:14,703 --> 00:24:18,206 son igual de efectivos para evitar que os antílopes entren. 209 00:24:33,472 --> 00:24:36,308 Pero é a ruta que seguían os seus devanceiros, 210 00:24:37,017 --> 00:24:38,602 así que insisten. 211 00:24:52,741 --> 00:24:58,205 Hai pouco, un antílope americano cruzou preto de 150 valados 212 00:24:58,705 --> 00:25:00,373 na súa migración ao norte. 213 00:25:09,799 --> 00:25:12,844 Porén, os antílopes americanos e o arame de espiños 214 00:25:14,054 --> 00:25:16,723 non se levan moi ben. 215 00:25:21,978 --> 00:25:25,023 Ademais, os valados non son o único problema. 216 00:25:30,153 --> 00:25:34,324 As autoestradas que atravesan o seu camiño son aínda máis perigosas. 217 00:25:51,007 --> 00:25:54,469 Aínda que sexa o animal terrestre máis rápido de América… 218 00:25:58,473 --> 00:26:00,767 non sempre dá esquivado os coches. 219 00:26:05,814 --> 00:26:08,692 Os cambios ocorridos nos últimos 200 anos 220 00:26:09,192 --> 00:26:13,488 reduciron a poboación de antílopes americanos en máis dun 90 %. 221 00:26:16,199 --> 00:26:18,660 Por sorte, non todo son malas noticias. 222 00:26:22,455 --> 00:26:25,333 Ao sérenlles tan fieis ás súas rutas ancestrais, 223 00:26:25,417 --> 00:26:30,088 puidéronse construír pasarelas en certos puntos de paso clave. 224 00:26:30,714 --> 00:26:34,426 Grazas a elas, elimináronse as mortes por atropelo na zona. 225 00:26:39,180 --> 00:26:44,102 A medida que avanza cara ao norte, o rabaño chega ao auténtico vello oeste. 226 00:26:46,688 --> 00:26:50,483 Os obstáculos que atoparán aquí non son cousa dos humanos, 227 00:26:50,567 --> 00:26:52,027 senón naturais. 228 00:27:04,956 --> 00:27:07,042 A neve está derreténdose, 229 00:27:07,125 --> 00:27:10,629 o cal indica que van ben de prazo para chegar á zona de cría 230 00:27:10,712 --> 00:27:13,465 xusto a tempo para pariren. 231 00:27:22,057 --> 00:27:25,268 Mais os cambios estacionais tamén supoñen un problema. 232 00:27:25,935 --> 00:27:31,066 Ante eles atópase o río Gros Ventre de Wyoming, que vai cheo polo desxeo. 233 00:27:33,401 --> 00:27:36,696 Os antílopes deben cruzalo para chegar á zona de cría, 234 00:27:36,780 --> 00:27:39,032 pero parecen nerviosos. 235 00:27:40,700 --> 00:27:43,244 Non é polo río en si, 236 00:27:43,328 --> 00:27:46,581 senón polos predadores que se ocultan na outra marxe. 237 00:28:04,182 --> 00:28:05,308 Na auga, 238 00:28:05,809 --> 00:28:09,479 de pouco lles serve a súa velocidade na terra. 239 00:28:14,901 --> 00:28:17,696 Porén, os predadores, coma os lobos e os pumas, 240 00:28:17,779 --> 00:28:20,573 están case extinguidos por mor da caza, 241 00:28:20,657 --> 00:28:23,410 así que a posibilidade dun ataque é remota. 242 00:28:26,162 --> 00:28:28,915 O que pasa é que os antílopes non o saben. 243 00:28:33,920 --> 00:28:36,047 Non custa nada andar con ollo. 244 00:28:39,259 --> 00:28:40,635 Por algo chegaron aquí. 245 00:28:51,730 --> 00:28:53,815 Varias semanas despois de partir, 246 00:28:54,315 --> 00:28:57,527 entran, por fin, na súa zona de cría, 247 00:28:58,027 --> 00:29:01,030 os fértiles vales das montañas Rochosas. 248 00:29:04,075 --> 00:29:08,788 OCÉANO PACÍFICO NORTE 249 00:29:08,872 --> 00:29:11,207 En Baixa California, en México, 250 00:29:11,291 --> 00:29:14,419 non se notan os fríos invernos do norte. 251 00:29:16,755 --> 00:29:20,425 As temperaturas suaves do mar nesta época do ano 252 00:29:20,925 --> 00:29:23,595 fan da península un retiro estacional ideal 253 00:29:23,678 --> 00:29:27,182 para un dos mellores viaxeiros de longa distancia do mundo. 254 00:29:32,729 --> 00:29:34,564 Son as baleas cincentas. 255 00:29:40,195 --> 00:29:41,905 Estamos a mediados de marzo 256 00:29:41,988 --> 00:29:46,326 e, hai seis semanas, esta femia pariu aquí. 257 00:29:50,038 --> 00:29:54,042 As augas gorecidas están mornas e libres de predadores. 258 00:29:54,793 --> 00:29:57,003 Son a gardaría perfecta. 259 00:30:00,381 --> 00:30:03,343 Pero esa perfección ten un prezo. 260 00:30:06,346 --> 00:30:11,059 Non hai comida para a nai e leva aquí desde decembro. 261 00:30:14,312 --> 00:30:16,856 En canto a cría teña forza abondo, 262 00:30:16,940 --> 00:30:19,901 levaraa 8000 quilómetros ao norte 263 00:30:19,984 --> 00:30:23,571 até a súa zona de alimentación no mar de Bering, en Alasca. 264 00:30:25,073 --> 00:30:28,243 É a migración máis longa de entre os mamíferos. 265 00:30:35,583 --> 00:30:38,837 Afortunadamente, a cría está a crecer rápido. 266 00:30:44,717 --> 00:30:47,887 Grazas aos 200 litros de leite que toma ao día, 267 00:30:47,971 --> 00:30:51,182 este bebé dunha tonelada está cheo de enerxía. 268 00:30:56,771 --> 00:31:01,526 Por sorte, a nai sabe dun sitio onde se pode desafogar. 269 00:31:04,320 --> 00:31:05,488 É aquí. 270 00:31:14,414 --> 00:31:17,792 Un baixío pouco profundo no centro da albufeira. 271 00:31:19,377 --> 00:31:22,422 Está claro que é o lugar de moda. 272 00:31:25,174 --> 00:31:28,136 A medida que entra no baixío, a marea 273 00:31:28,219 --> 00:31:30,346 crea unha corrente suave 274 00:31:30,430 --> 00:31:33,558 que atrae as baleas de toda a albufeira. 275 00:31:37,478 --> 00:31:40,982 É a primeira vez que a cría se presenta en sociedade. 276 00:31:41,900 --> 00:31:43,985 Parece un pouco tímida. 277 00:31:46,362 --> 00:31:48,114 Mellor queda a carón de mamá. 278 00:31:54,537 --> 00:31:56,164 O baixío é un bo sitio 279 00:31:56,247 --> 00:32:00,752 para practicar os golpes de natación que precisará na longa viaxe ao norte. 280 00:32:02,754 --> 00:32:05,590 A corrente arrastra as medusas, 281 00:32:05,673 --> 00:32:07,884 pero ela nada en sentido contrario. 282 00:32:11,137 --> 00:32:15,058 Úsaa como fita de correr submarina para mellorar a súa resistencia. 283 00:32:24,150 --> 00:32:29,322 Cada ano, máis de mil baleas cincentas migran a esta albufeira. 284 00:32:32,075 --> 00:32:35,078 Mais non todas son femias con crías. 285 00:32:38,247 --> 00:32:41,793 Moitas son machos grandes que fan a longa viaxe até aquí 286 00:32:41,876 --> 00:32:44,170 coa esperanza de atopar parella. 287 00:32:48,800 --> 00:32:51,844 As femias con crías non queren saber nada, 288 00:32:52,470 --> 00:32:55,139 aínda que iso non desanima o apaixonado macho. 289 00:33:01,771 --> 00:33:05,566 E, ao afastarse, esta femia non fai máis que alentalo. 290 00:33:15,493 --> 00:33:17,829 Non é fácil aceptar que te rexeiten 291 00:33:17,912 --> 00:33:21,082 cando percorriches medio mundo para vir aquí. 292 00:33:24,544 --> 00:33:28,506 Agora, parece que vai pagar a súa frustración coa cría. 293 00:33:28,589 --> 00:33:31,426 Obrígaa a mergullarse e afástaa da superficie. 294 00:33:41,060 --> 00:33:43,771 Por fin, o macho capta a indirecta. 295 00:33:49,152 --> 00:33:51,863 É hora de que a familia parta cara ao norte. 296 00:33:53,281 --> 00:33:55,199 Des que chegaron hai tres meses, 297 00:33:55,283 --> 00:33:58,244 a femia perdeu un terzo do seu peso corporal. 298 00:33:59,662 --> 00:34:03,541 Agora debe iniciar a longa viaxe de volta á zona de alimentación. 299 00:34:05,710 --> 00:34:09,088 O baleato vai precisar sorte para completar a travesía. 300 00:34:11,507 --> 00:34:13,926 Unha de cada tres crías de balea cincenta 301 00:34:14,927 --> 00:34:16,846 nunca chega ao seu destino. 302 00:34:24,062 --> 00:34:27,565 OCÉANO ATLÁNTICO ECUADOR 303 00:34:27,648 --> 00:34:31,319 A inclinación da Terra é a causa de todas as migracións. 304 00:34:31,861 --> 00:34:36,407 Así e todo, mesmo no Ecuador, onde esa inclinación apenas ten efecto, 305 00:34:36,491 --> 00:34:40,703 hai algúns animais que están en movemento constante. 306 00:34:51,714 --> 00:34:53,132 Formigas lexionarias. 307 00:34:57,929 --> 00:35:01,974 Cada unha percorre ao día o equivalente a un maratón para un humano 308 00:35:02,058 --> 00:35:03,768 co fin de conseguir alimento. 309 00:35:13,111 --> 00:35:18,449 Estas formigas especialízanse en capturar larvas doutros insectos. 310 00:35:27,959 --> 00:35:29,836 As obreiras cargadas con presas 311 00:35:29,919 --> 00:35:33,047 cruzan os ocos entre as follas coa axuda das outras, 312 00:35:33,131 --> 00:35:34,632 que forman pontes vivas. 313 00:35:41,389 --> 00:35:46,394 O rastro de feromonas guíaas até a súa base temporal. 314 00:35:51,858 --> 00:35:52,900 É un bivaque, 315 00:35:53,734 --> 00:35:58,489 un niño formado exclusivamente polos corpos das propias formigas. 316 00:36:01,868 --> 00:36:03,953 Oculta tras este muro vivente, 317 00:36:04,036 --> 00:36:06,914 atópase o centro de control da colonia, 318 00:36:06,998 --> 00:36:09,667 a raíña coas súas crías máis novas. 319 00:36:10,877 --> 00:36:14,589 O bivaque leva aquí colgado dúas semanas, 320 00:36:15,131 --> 00:36:17,383 pero iso está a piques de cambiar. 321 00:36:32,023 --> 00:36:34,317 O día dá paso á noite 322 00:36:34,400 --> 00:36:37,278 e un sinal propágase pola colonia. 323 00:36:40,448 --> 00:36:44,619 Trátase dun sinal químico que procede das profundidades do bivaque. 324 00:36:47,413 --> 00:36:48,831 A mensaxe é clara. 325 00:36:50,124 --> 00:36:51,876 É hora de se mover. 326 00:36:59,175 --> 00:37:02,011 Estes pequenos insectos teñen un apetito voraz. 327 00:37:03,387 --> 00:37:06,265 Como xa cazaron todas as presas dos arredores, 328 00:37:07,350 --> 00:37:11,187 deben marchar en busca doutra zona onde comer. 329 00:37:16,484 --> 00:37:19,654 Seguindo unha das principais rutas de alimentación, 330 00:37:19,737 --> 00:37:22,907 as obreiras transportan as larvas que acaban de nacer… 331 00:37:25,534 --> 00:37:27,703 mentres as soldado vixían os bordos. 332 00:37:31,457 --> 00:37:35,002 Nesta colonia podería haber até medio millón de formigas, 333 00:37:36,462 --> 00:37:38,631 e non van deixar nin unha atrás. 334 00:37:44,470 --> 00:37:47,014 A razón pola que se desprazan na escuridade 335 00:37:47,098 --> 00:37:48,474 vólvese evidente agora. 336 00:37:54,021 --> 00:37:56,565 A raíña tamén vai na expedición. 337 00:37:58,859 --> 00:38:01,696 É máis grande que calquera das outras. 338 00:38:01,779 --> 00:38:03,406 Nas últimas dúas semanas, 339 00:38:03,489 --> 00:38:06,075 estivo pondo un ovo por minuto, 340 00:38:06,158 --> 00:38:08,369 así que non podía viaxar. 341 00:38:15,251 --> 00:38:18,963 Agora, coas súas obrigas reprodutivas suspendidas temporalmente, 342 00:38:19,046 --> 00:38:22,174 pode mudarse a novos cotos de caza. 343 00:38:24,010 --> 00:38:28,556 Esta é a única vez en que se deixa ver no exterior. 344 00:38:30,808 --> 00:38:34,603 E a raíña non só é a viaxeira máis importante do exército. 345 00:38:37,064 --> 00:38:40,693 Cada certos anos, en contadas ocasións, 346 00:38:41,402 --> 00:38:45,364 nacen larvas extra grandes, que deben transportar as obreiras. 347 00:38:51,329 --> 00:38:54,874 Trátase de machos novos e futuras raíñas 348 00:38:54,957 --> 00:38:59,170 que axiña deixarán a colonia e estabelecerán as súas propias dinastías. 349 00:39:10,931 --> 00:39:14,769 Antes de saír o Sol, o exército acampa. 350 00:39:22,318 --> 00:39:27,156 Seguirán viaxando todas as noites até chegaren a un lugar onde poidan cazar. 351 00:39:29,950 --> 00:39:33,621 Para entón, a raíña estará lista para pór máis ovos 352 00:39:33,704 --> 00:39:36,499 e engadir máis obreiras ao seu imperio. 353 00:39:39,543 --> 00:39:43,381 ABRIL 354 00:39:45,758 --> 00:39:47,134 De volta no norte, 355 00:39:47,218 --> 00:39:49,428 a balea cincenta e a súa cría 356 00:39:49,512 --> 00:39:52,681 van xa pola cuarta semana da súa migración épica. 357 00:39:56,477 --> 00:40:00,523 Desde que marcharon, o baleato gañou máis de mil quilos, 358 00:40:01,440 --> 00:40:04,568 pero a nai leva meses sen comer. 359 00:40:07,696 --> 00:40:09,782 E queda moito océano que percorrer 360 00:40:09,865 --> 00:40:13,327 antes de que poida darse un festín no mar de Bering. 361 00:40:20,543 --> 00:40:25,381 Mantéñense preto da costa e guíanse por referencias visuais. 362 00:40:28,634 --> 00:40:32,221 Ela xa fixo esta viaxe un monte de veces nos últimos 30 anos, 363 00:40:33,097 --> 00:40:36,142 mais cambiaron moitas cousas desde a primeira vez. 364 00:40:40,146 --> 00:40:43,607 Aínda así, non evita chamar a atención dos humanos. 365 00:40:49,071 --> 00:40:53,033 E ao baleato parece que lle presta ser o protagonista. 366 00:41:00,332 --> 00:41:04,128 A atestada costa de California parece outro mundo 367 00:41:04,211 --> 00:41:06,297 comparada coa albufeira de México. 368 00:41:07,756 --> 00:41:11,051 E, a partir de aquí, haberá cada vez máis balbordo. 369 00:41:17,349 --> 00:41:21,312 As dúas baleas axiña chegan ao porto dos Ánxeles, 370 00:41:21,937 --> 00:41:23,856 o meirande de América do Norte. 371 00:41:33,449 --> 00:41:36,577 Case 2000 barcos atracan aquí cada ano. 372 00:41:39,914 --> 00:41:44,627 O ruído constante dos motores altera a paisaxe sonora submarina 373 00:41:44,710 --> 00:41:49,256 e desorienta as baleas, o cal aumenta o risco de colisión. 374 00:41:53,302 --> 00:41:58,265 Todos os anos, moreas de baleas morren ao chocar contra os barcos nestas augas. 375 00:42:02,937 --> 00:42:04,396 Esta balea cincenta 376 00:42:04,480 --> 00:42:07,107 foi unha das desafortunadas. 377 00:42:13,113 --> 00:42:17,993 A nai e a cría deron evitado as vías marítimas máis transitadas. 378 00:42:20,663 --> 00:42:24,458 Porén, a parte máis perigosa da viaxe espéraas agora. 379 00:42:26,877 --> 00:42:28,170 A baía de Monterrey. 380 00:42:28,671 --> 00:42:31,298 Trinta e cinco quilómetros de augas abertas. 381 00:42:39,598 --> 00:42:43,435 Aquí, bordear a costa implicaría perder un tempo moi valioso. 382 00:42:45,896 --> 00:42:49,733 Por iso, guía o baleato polas profundas augas da baía. 383 00:42:51,318 --> 00:42:52,945 Pero isto supón un risco. 384 00:42:56,657 --> 00:42:58,659 Ela sabe o que hai por aí solto. 385 00:43:04,290 --> 00:43:06,750 Decide avanzar con sixilo. 386 00:43:08,127 --> 00:43:10,629 Deixa de emitir a súa chamada 387 00:43:10,713 --> 00:43:13,674 e procura saír á superficie o menos posíbel. 388 00:43:25,102 --> 00:43:25,936 Candorcas. 389 00:43:28,606 --> 00:43:30,107 Baleas asasinas. 390 00:43:31,525 --> 00:43:33,235 Coñecen ben estas augas 391 00:43:34,153 --> 00:43:36,071 e van á caza de presas. 392 00:44:07,436 --> 00:44:10,397 Acaban de descubrilos. 393 00:44:14,068 --> 00:44:17,988 Unha balea cincenta adulta pesa dez veces máis ca unha candorca 394 00:44:18,072 --> 00:44:20,574 e pode ser un rival temíbel. 395 00:44:22,618 --> 00:44:26,497 A manda rodéaos con cautela buscando unha oportunidade. 396 00:44:32,461 --> 00:44:33,837 Non a queren a ela. 397 00:44:35,381 --> 00:44:37,132 Queren o baleato. 398 00:44:58,654 --> 00:45:02,282 Bótanselle enriba e afúndeno na auga 399 00:45:02,366 --> 00:45:04,159 para intentar afogalo. 400 00:45:17,589 --> 00:45:19,007 Coa axuda da súa nai, 401 00:45:19,091 --> 00:45:21,677 sobrevive ao primeiro ataque. 402 00:45:28,559 --> 00:45:30,394 Pero está ferido. 403 00:45:34,565 --> 00:45:37,860 E, agora, a manda pide reforzos. 404 00:45:41,447 --> 00:45:44,074 Aparece un enorme macho de cinco toneladas. 405 00:46:00,674 --> 00:46:02,718 Coa axuda deste novo soldado, 406 00:46:02,801 --> 00:46:05,471 as candorcas inician un ataque sen piedade. 407 00:46:16,899 --> 00:46:18,859 A nai non pode facer nada. 408 00:46:21,528 --> 00:46:23,197 A esa velocidade, 409 00:46:24,364 --> 00:46:26,366 as candorcas turran coma un bus. 410 00:46:37,669 --> 00:46:40,005 Ocorre o inevitábel. 411 00:46:52,768 --> 00:46:57,189 Esta nai terá que continuar a súa viaxe soa. 412 00:47:08,200 --> 00:47:09,535 Para moitos animais, 413 00:47:10,410 --> 00:47:13,455 o instinto de desprazarse é irreprimíbel 414 00:47:14,665 --> 00:47:16,500 a pesar dos perigos. 415 00:47:18,752 --> 00:47:21,630 Así e todo, por cada viaxe que acaba en traxedia, 416 00:47:21,713 --> 00:47:24,591 hai millóns de animais que chegan ao seu destino. 417 00:47:33,475 --> 00:47:36,770 Isto permítelles beneficiarse de mellores condicións 418 00:47:38,230 --> 00:47:39,982 e novas oportunidades. 419 00:47:42,901 --> 00:47:46,405 E estas migracións son vitais tamén para outras especies. 420 00:47:54,329 --> 00:47:57,583 Porén, estamos cambiando o planeta. 421 00:48:02,337 --> 00:48:04,464 Cortamos rutas ancestrais… 422 00:48:07,885 --> 00:48:11,889 e deixamos a nosa pegada mesmo nos recunchos máis remotos da Terra. 423 00:48:16,560 --> 00:48:17,978 Mais hai esperanza. 424 00:48:21,565 --> 00:48:24,776 Nunca antes souberamos tanto sobre estas travesías. 425 00:48:30,574 --> 00:48:31,783 Coa nosa axuda, 426 00:48:31,867 --> 00:48:36,371 moitos animais están superando os desafíos do noso mundo actual. 427 00:48:40,167 --> 00:48:45,672 Se queremos un planeta san e conectado, debemos preservar a liberdade de moverse. 428 00:48:50,218 --> 00:48:51,553 Se o logramos, 429 00:48:51,637 --> 00:48:54,890 as viaxes vitais de todos e cada un dos animais 430 00:48:54,973 --> 00:48:57,601 seguirán por moitos anos. 431 00:50:38,618 --> 00:50:41,496 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso