1 00:00:19,394 --> 00:00:21,521 Hai 60 000 anos, 2 00:00:22,147 --> 00:00:25,608 o seu humano abandonou África por primeira vez. 3 00:00:30,697 --> 00:00:33,408 Desde entón, non paramos. 4 00:00:34,325 --> 00:00:37,162 Viaxamos a todos os recunchos da Terra. 5 00:00:40,040 --> 00:00:43,543 Mais a nosa travesía é só unha de moitas. 6 00:00:44,711 --> 00:00:46,296 En todo momento, 7 00:00:47,213 --> 00:00:50,467 hai miles de millóns de animais en continuo movemento. 8 00:00:54,220 --> 00:00:57,932 E a saúde do noso planeta depende deses desprazamentos. 9 00:01:18,703 --> 00:01:23,666 A migración é a estratexia de supervivencia máis fundamental. 10 00:01:28,338 --> 00:01:29,589 Sexa para comer… 11 00:01:32,175 --> 00:01:33,176 aparearse 12 00:01:34,928 --> 00:01:36,471 ou buscar un novo fogar. 13 00:01:43,561 --> 00:01:46,022 E non está exenta de riscos. 14 00:01:55,115 --> 00:01:58,952 Esta serie segue a pista destas odiseas extraordinarias 15 00:01:59,035 --> 00:02:03,039 nun mundo que está a cambiar máis rápido ca nunca. 16 00:02:07,460 --> 00:02:11,047 E só agora empezamos a entender 17 00:02:12,132 --> 00:02:14,050 que toda a vida da Terra 18 00:02:15,552 --> 00:02:19,055 depende da liberdade para desprazarse. 19 00:02:28,898 --> 00:02:32,735 CAPÍTULO 1 UN MUNDO EN MOVEMENTO 20 00:02:45,165 --> 00:02:49,502 Todos os anos, esta zona de Botswana experimenta unha transformación. 21 00:02:52,463 --> 00:02:56,885 Estas cicatrices son o único indicio de que estaba cuberta de auga 22 00:02:56,968 --> 00:02:58,678 hai tan só tres meses. 23 00:03:03,766 --> 00:03:06,019 O que era un verxel cheo de vexetación 24 00:03:07,937 --> 00:03:10,773 é agora un páramo árido e estéril. 25 00:03:19,949 --> 00:03:24,287 Este cambio fai que os animais emigren en masa. 26 00:03:39,427 --> 00:03:43,723 Os búfalos africanos atravesan o deserto do Kalahari 27 00:03:43,806 --> 00:03:46,517 en dirección aos últimos vestixios de auga. 28 00:03:54,192 --> 00:03:58,571 Os diferentes grupos únense e forman un megamanda. 29 00:04:09,249 --> 00:04:11,084 É a máis grande de África. 30 00:04:21,636 --> 00:04:25,390 Todos fan a mesma peregrinación anual 31 00:04:26,432 --> 00:04:28,977 cara a un remoto pantano. 32 00:04:35,942 --> 00:04:39,195 E outros animais confían en que o fagan. 33 00:04:42,949 --> 00:04:46,536 Estes leóns son especialistas en cazar búfalos. 34 00:04:53,084 --> 00:04:55,336 Para eles, a chegada da megamanda 35 00:04:55,420 --> 00:04:58,589 é o acontecemento más importante do ano. 36 00:05:02,093 --> 00:05:06,306 Levan semanas agardando a chegada do exército de búfalos. 37 00:05:09,642 --> 00:05:13,646 Os seus ollos fitan todas as formas do horizonte. 38 00:05:37,503 --> 00:05:38,755 Por fin. 39 00:05:52,435 --> 00:05:56,981 A horda que se aproxima forma unha muralla de cornos e músculos. 40 00:06:10,411 --> 00:06:13,373 Os leóns deben atopar un punto débil. 41 00:06:31,224 --> 00:06:32,975 E ben podería ser este. 42 00:06:34,018 --> 00:06:35,520 Un macho solitario. 43 00:06:37,313 --> 00:06:39,565 Pode que se separase da manda, 44 00:06:39,649 --> 00:06:42,735 pero pesa catro veces máis ca un león 45 00:06:43,903 --> 00:06:47,198 e é un dos animais máis perigosos de África. 46 00:06:49,075 --> 00:06:51,702 Deben achegarse con coidado. 47 00:07:01,295 --> 00:07:05,299 Un a un, camiñan cara a el, 48 00:07:05,967 --> 00:07:08,344 coma se non tivesen intención de cazar. 49 00:07:20,815 --> 00:07:24,110 A realidade é que están tomando posicións. 50 00:08:13,409 --> 00:08:16,412 As femias atacan por quendas… 51 00:08:22,084 --> 00:08:23,544 e cansan o búfalo. 52 00:08:34,722 --> 00:08:37,934 Agora, os machos, que pesan máis, únense á loita. 53 00:09:13,052 --> 00:09:16,180 A manda ten tan perfeccionada a técnica 54 00:09:16,931 --> 00:09:18,724 que, en apenas tres minutos, 55 00:09:19,934 --> 00:09:23,604 conseguen derrotar o seu rival máis temíbel. 56 00:09:33,614 --> 00:09:36,409 A migración da que dependen os leóns 57 00:09:36,492 --> 00:09:39,704 é unha dos millóns que se dan co cambio das estacións. 58 00:09:40,830 --> 00:09:42,540 Á súa vez, estas migracións 59 00:09:43,165 --> 00:09:45,585 son a consecuencia doutra travesía: 60 00:09:46,586 --> 00:09:50,298 a volta anual do noso planeta arredor do Sol. 61 00:09:54,093 --> 00:09:55,386 A Terra viaxa 62 00:09:55,469 --> 00:10:00,474 cunha inclinación de 23 graos e medio. 63 00:10:03,728 --> 00:10:06,772 Isto dá lugar ás estacións. 64 00:10:09,650 --> 00:10:14,030 Para entender como ocorre, debemos fixarnos no Polo Norte. 65 00:10:16,490 --> 00:10:19,994 Durante a metade do ano, atópase nun ángulo oposto ao Sol 66 00:10:20,578 --> 00:10:23,039 e somérxese na escuridade e no inverno. 67 00:10:27,460 --> 00:10:31,297 Na outra metade do ano, inclínase en dirección ao Sol, 68 00:10:32,757 --> 00:10:34,717 polo que os días son máis longos. 69 00:10:42,975 --> 00:10:45,311 Este ciclo anual 70 00:10:45,394 --> 00:10:48,898 orixina os grandes desprazamentos de seres vivos na Terra. 71 00:10:51,734 --> 00:10:56,864 No hemisferio norte, dá lugar ao maior cambio do ano. 72 00:10:59,533 --> 00:11:00,576 A primavera. 73 00:11:02,453 --> 00:11:09,460 MARZO 74 00:11:11,045 --> 00:11:15,841 A finais de marzo, os días medran máis axiña ca en calquera outra época. 75 00:11:20,554 --> 00:11:24,350 As horas de sol aumentan e a terra vai quecendo rapidamente. 76 00:11:26,102 --> 00:11:27,812 Isto desencadea temporais. 77 00:11:30,064 --> 00:11:33,150 De súpeto, o hemisferio boreal vólvese máis cálido 78 00:11:34,360 --> 00:11:35,361 e máis húmido. 79 00:11:37,780 --> 00:11:39,281 Perfecto para as plantas. 80 00:11:47,832 --> 00:11:50,459 A terra tórnase verde. 81 00:11:50,543 --> 00:11:55,423 SUDÁN ETIOPÍA 82 00:11:55,506 --> 00:12:01,303 E un animal aproveita esa explosión de vexetación coma ningún outro. 83 00:12:08,811 --> 00:12:10,229 Hai unha semana, 84 00:12:10,312 --> 00:12:12,606 esta lagosta to deserto de Etiopía 85 00:12:13,315 --> 00:12:17,278 era unha criatura tímida e solitaria que apenas se movía. 86 00:12:21,824 --> 00:12:23,451 Pois iso acabou. 87 00:12:30,166 --> 00:12:32,710 Cando hai abundancia de alimento, 88 00:12:33,419 --> 00:12:36,672 as lagostas xúntanse en enxames. 89 00:12:40,384 --> 00:12:41,927 Empezan a moverse 90 00:12:42,511 --> 00:12:45,139 e multiplícanse dez veces máis rápido. 91 00:12:54,148 --> 00:12:55,900 Ao se disparar en número, 92 00:12:55,983 --> 00:12:58,194 deixan a terra baldía. 93 00:13:02,448 --> 00:13:05,409 Para atopar máis alimento, 94 00:13:05,493 --> 00:13:08,245 deben seguir movéndose. 95 00:13:26,514 --> 00:13:28,307 O enxame vai crecendo. 96 00:13:32,728 --> 00:13:34,230 Cada vez máis. 97 00:13:38,651 --> 00:13:41,862 Devora toda planta que atopa no seu camiño. 98 00:13:45,157 --> 00:13:47,159 Pero isto é só o comezo. 99 00:13:49,036 --> 00:13:52,289 Pola terra, non poden avanzar demasiado. 100 00:13:55,376 --> 00:13:56,502 Para ir máis lonxe, 101 00:13:58,087 --> 00:14:00,256 deben mudar de forma. 102 00:14:12,226 --> 00:14:14,228 Sáenlles ás. 103 00:14:36,166 --> 00:14:39,086 Agora, cun apetito aínda máis voraz, 104 00:14:39,670 --> 00:14:42,756 o exército enteiro toma os ceos. 105 00:14:51,974 --> 00:14:52,850 Comen… 106 00:14:54,852 --> 00:14:56,020 e voan. 107 00:15:01,942 --> 00:15:02,902 Comen… 108 00:15:04,945 --> 00:15:05,988 e voan. 109 00:15:13,996 --> 00:15:17,207 Xúntanse e forman un superenxame, 110 00:15:17,833 --> 00:15:21,003 o máis grande dos últimos 70 anos, 111 00:15:21,837 --> 00:15:24,256 Douscentos mil millóns de lagostas. 112 00:15:40,856 --> 00:15:43,609 Se todo o enxame se quere alimentar, 113 00:15:43,692 --> 00:15:46,612 debe moverse máis rápido e ir máis lonxe. 114 00:15:54,954 --> 00:15:57,581 Viaxa cen quilómetros 115 00:15:57,665 --> 00:15:59,458 cada día. 116 00:16:10,970 --> 00:16:13,973 Avanza país tras país 117 00:16:14,640 --> 00:16:16,684 e o máis sorprendente de todo 118 00:16:17,184 --> 00:16:19,561 é que mesmo cruza o mar Vermello. 119 00:16:19,645 --> 00:16:23,774 SUDÁN MAR VERMELLO 120 00:16:23,857 --> 00:16:27,069 PAQUISTÁN 121 00:16:27,152 --> 00:16:32,741 É a primeira vez que un enxame pasa o Himalaia e chega ao Tíbet. 122 00:16:37,871 --> 00:16:39,498 Alí onde vai, 123 00:16:41,375 --> 00:16:42,960 desata o caos. 124 00:16:54,346 --> 00:16:58,976 Seguirá avanzando até que chegue a seca co cambio de estación. 125 00:17:01,311 --> 00:17:04,023 E, cando a súa fonte de alimento desapareza… 126 00:17:06,817 --> 00:17:08,235 tamén o fará o enxame. 127 00:17:17,453 --> 00:17:19,413 ABRIL 128 00:17:19,496 --> 00:17:24,293 En abril, os días seguen a medrar no hemisferio norte. 129 00:17:26,712 --> 00:17:30,799 O aumento das horas de sol quece os océanos, 130 00:17:30,883 --> 00:17:33,594 o cal crea enormes proliferacións de algas 131 00:17:33,677 --> 00:17:36,638 e unha repentina abundancia de alimento. 132 00:17:39,600 --> 00:17:42,728 Para un animal, este é o momento perfecto para viaxar. 133 00:17:51,653 --> 00:17:55,908 É medianoite nunha remota illa da Columbia Británica. 134 00:17:59,328 --> 00:18:00,370 Baixo a terra… 135 00:18:02,456 --> 00:18:04,041 algo estase a revolver. 136 00:18:11,507 --> 00:18:15,886 Esta cría de pito ancián acaba de saír do ovo 137 00:18:17,805 --> 00:18:22,101 e xa se vai enfrontar á travesía máis dura da súa vida. 138 00:18:25,729 --> 00:18:27,731 Aínda non comeu 139 00:18:28,607 --> 00:18:30,609 e precisa alimento urxentemente. 140 00:18:34,196 --> 00:18:35,823 Mamá chámaa. 141 00:18:40,619 --> 00:18:44,331 Por toda a illa, os polos famentos saen dos seus tobos 142 00:18:46,041 --> 00:18:48,210 seguindo a chamada dos pais. 143 00:18:50,587 --> 00:18:53,340 Mais, se esperan comer xa, 144 00:18:54,341 --> 00:18:56,301 van levar un bo chasco. 145 00:19:02,141 --> 00:19:04,393 Esta é a única especie de ave mariña 146 00:19:04,935 --> 00:19:07,938 que se alimenta exclusivamente no mar. 147 00:19:10,232 --> 00:19:13,026 Os polos só teñen que chegar alí. 148 00:19:15,362 --> 00:19:17,197 Aínda non saben voar, 149 00:19:17,781 --> 00:19:19,867 así que a única forma de chegaren 150 00:19:20,784 --> 00:19:22,035 é a pé. 151 00:19:29,585 --> 00:19:33,589 Esperar á noite para evitar os depredadores ten sentido, 152 00:19:34,381 --> 00:19:37,676 pero é un chisco máis difícil ver por onde se anda. 153 00:19:45,267 --> 00:19:48,103 E, cando tes o tamaño dunha pelota de golf, 154 00:19:49,062 --> 00:19:50,981 todo se volve un obstáculo. 155 00:19:56,904 --> 00:20:00,407 Calquera cousa lles bloquea o paso, desde un tronco baixiño… 156 00:20:02,534 --> 00:20:04,912 até un regato de nada. 157 00:20:10,000 --> 00:20:13,879 Para algúns, a viaxe remata mesmo antes de empezar. 158 00:20:22,137 --> 00:20:24,306 Pero non é o caso deste pitiño. 159 00:20:28,060 --> 00:20:30,020 Por fin, chega á praia. 160 00:20:31,313 --> 00:20:35,692 Non volverá pisar terra en dous anos. 161 00:20:41,323 --> 00:20:42,449 Para atopar a nai, 162 00:20:42,950 --> 00:20:45,077 berra na escuridade. 163 00:21:00,008 --> 00:21:01,426 Xuntos de novo. 164 00:21:04,888 --> 00:21:07,516 Pero o polo aínda non comeu. 165 00:21:12,604 --> 00:21:16,149 Para chegar á fonte de alimento máis próxima, nadan sen parar 166 00:21:17,943 --> 00:21:21,363 durante nada máis e nada menos que 70 quilómetros. 167 00:21:27,995 --> 00:21:30,539 Aquí, a nai pode por fin mergullarse 168 00:21:30,622 --> 00:21:33,583 e coller a primeira ración de krill para o pitiño. 169 00:21:34,793 --> 00:21:37,170 Pero isto é só unha parada técnica. 170 00:21:39,881 --> 00:21:43,427 As dúas aves nadan arredor de mil quilómetros máis. 171 00:21:46,430 --> 00:21:50,350 É unha migración dun mes cara aos ricos mares do norte, 172 00:21:50,434 --> 00:21:51,810 onde agarda un festín. 173 00:21:51,893 --> 00:21:53,353 GOLFO DE ALASCA 174 00:21:53,437 --> 00:21:58,400 É, probabelmente, a viaxe máis longa feita por unha ave que acaba de saír do ovo. 175 00:22:04,740 --> 00:22:07,743 Como os océanos son tan produtivos no verán, 176 00:22:08,702 --> 00:22:13,457 os pitos anciáns poden pasar case toda a súa vida no mar. 177 00:22:20,130 --> 00:22:25,969 MAIO 178 00:22:26,470 --> 00:22:30,057 A 1600 quilómetros ao noroeste de Hawai, 179 00:22:31,183 --> 00:22:33,727 atópase un pequeno anaco de terra, 180 00:22:35,437 --> 00:22:36,480 Laysan. 181 00:22:40,692 --> 00:22:44,321 Nesta illa habita unha das aves mariñas máis grandes do mundo. 182 00:22:48,700 --> 00:22:50,911 Trátase do albatros de Laysan. 183 00:22:55,791 --> 00:22:58,543 Este polo de seis semanas 184 00:22:58,627 --> 00:23:02,422 converterase nun campión das viaxes de longa distancia. 185 00:23:04,299 --> 00:23:09,513 Ao longo dos seus 60 anos de vida, percorrerá millóns de quilómetros. 186 00:23:11,181 --> 00:23:13,892 Agora, non obstante, con apenas catro meses, 187 00:23:13,975 --> 00:23:15,727 aínda non pode voar 188 00:23:16,561 --> 00:23:18,522 e non irá a ningures. 189 00:23:23,527 --> 00:23:24,945 A diferenza do pito, 190 00:23:25,028 --> 00:23:27,572 precisa que lle traian a comida 191 00:23:28,156 --> 00:23:29,491 os seus pais. 192 00:23:32,577 --> 00:23:36,456 Pero estes poderían estar pescando a 3000 quilómetros distancia, 193 00:23:37,874 --> 00:23:40,252 así que igual ten que agardar un anaco. 194 00:23:42,003 --> 00:23:43,880 Soportando choivas torrenciais… 195 00:23:47,592 --> 00:23:49,136 fortes vendavais… 196 00:23:51,721 --> 00:23:53,765 e un calor sufocante. 197 00:24:03,316 --> 00:24:06,945 Os paxaros que cruzan o horizonte danlle esperanza. 198 00:24:14,119 --> 00:24:15,328 Un albatros. 199 00:24:18,540 --> 00:24:20,083 Pero é doutra especie. 200 00:24:21,668 --> 00:24:22,961 É un de pés negros. 201 00:24:25,297 --> 00:24:28,341 Así e todo, seguro que trouxo comida. 202 00:24:31,386 --> 00:24:34,848 A famélica cría de Laysan proba a ver se hai sorte. 203 00:24:42,272 --> 00:24:46,401 Está claro que, para esta nai, a familia é o primeiro. 204 00:24:59,748 --> 00:25:02,167 Pero o que debería ser a súa salvación 205 00:25:03,418 --> 00:25:05,629 pode ser unha sentencia de morte. 206 00:25:08,757 --> 00:25:12,344 Os polos morren por toda a illa. 207 00:25:17,349 --> 00:25:20,685 Hoxe, hai tanto plástico nos nosos océanos 208 00:25:22,020 --> 00:25:26,149 que chega mesmo ás illas máis remotas da Terra 209 00:25:27,359 --> 00:25:29,694 arrastrado polas correntes mariñas. 210 00:25:34,783 --> 00:25:40,330 Os pais confunden os anacos pequenos con comida, lévanllelos ás súas crías 211 00:25:40,872 --> 00:25:42,916 e mátanas accidentalmente. 212 00:25:47,629 --> 00:25:52,717 É moi posíbel que todos os polos da illa teñan plástico no estómago. 213 00:25:55,220 --> 00:25:58,640 Os que toman demasiado, acaban morrendo de fame. 214 00:26:04,396 --> 00:26:07,607 Os albatros de Laysan son a especie máis ameazada. 215 00:26:09,484 --> 00:26:13,238 Consomen máis plástico que calquera outra ave mariña. 216 00:26:14,573 --> 00:26:17,242 E a situación empeora cada ano. 217 00:26:28,795 --> 00:26:31,840 Por fin, despois de case tres semanas no mar… 218 00:26:34,050 --> 00:26:36,511 o pai do polo regresa. 219 00:26:46,187 --> 00:26:48,523 Como pasaron tanto tempo separados, 220 00:26:50,275 --> 00:26:52,861 teñen que renovar o seu vínculo. 221 00:27:02,996 --> 00:27:07,000 Esta podería ser a última comida que reciba a cría. 222 00:27:09,419 --> 00:27:12,964 E é moi probábel que conteña plástico. 223 00:27:26,978 --> 00:27:31,149 O pai retorna á súa vida nómade polo océano Pacífico 224 00:27:32,984 --> 00:27:35,570 e a cría queda abandonada á súa sorte. 225 00:27:38,990 --> 00:27:41,409 Mais aínda non está todo perdido. 226 00:27:44,788 --> 00:27:48,416 Os albatros adoitan vomitar as partes difíciles de dixerir, 227 00:27:48,500 --> 00:27:50,960 coma os picos e as plumas das luras. 228 00:27:55,006 --> 00:28:00,595 No entanto, trousar chisqueiros e tapóns de botella é todo un desafío. 229 00:28:13,024 --> 00:28:14,234 Porén, este polo 230 00:28:16,152 --> 00:28:17,487 é un supervivente. 231 00:28:21,825 --> 00:28:23,118 E, coa mesma, 232 00:28:23,201 --> 00:28:26,579 está un paso máis preto de botar a voar. 233 00:28:28,456 --> 00:28:31,084 Nunhas semanas, co vento ao seu favor, 234 00:28:31,167 --> 00:28:34,462 poderá por fin estrearse 235 00:28:34,546 --> 00:28:37,757 como un dos mellores viaxeiros do océano. 236 00:28:43,513 --> 00:28:44,848 CÍRCULO POLAR ÁRTICO 237 00:28:44,931 --> 00:28:47,851 O percorrido inclinado do noso planeta polo espazo 238 00:28:47,934 --> 00:28:50,979 incide nunha zona máis que en ningunha outra. 239 00:28:51,855 --> 00:28:57,026 XUÑO 240 00:28:57,110 --> 00:28:59,070 É verán no hemisferio norte. 241 00:29:01,865 --> 00:29:04,576 Agora que o Ártico está orientado cara ao Sol 242 00:29:04,659 --> 00:29:07,912 e recibe luz as 24 horas do día, 243 00:29:08,413 --> 00:29:11,124 o xeo que cobre o océano derrétese. 244 00:29:23,928 --> 00:29:26,097 Para sobrevivir a estes cambios, 245 00:29:26,681 --> 00:29:29,350 a vida tamén debe cambiar. 246 00:29:59,881 --> 00:30:03,760 O fogar deste oso polar novo cambia tanto todos os anos 247 00:30:04,344 --> 00:30:07,055 que non pode asentarse nun territorio limitado. 248 00:30:11,184 --> 00:30:14,562 No seu lugar, debe deambular milleiros de quilómetros 249 00:30:14,646 --> 00:30:16,231 en busca de focas. 250 00:30:28,785 --> 00:30:32,247 Pero, no verán, cando o xeo comeza a derreterse, 251 00:30:33,623 --> 00:30:35,959 pasa cada vez menos tempo andando… 252 00:30:39,838 --> 00:30:41,506 e máis tempo nadando. 253 00:30:48,012 --> 00:30:51,099 Agora, son case oito horas ao día. 254 00:31:01,568 --> 00:31:05,697 O oso polar pode ulir as súas presas a 30 quilómetros de distancia. 255 00:31:09,534 --> 00:31:13,955 Por iso, sabe que esta foca barbuda anda preto. 256 00:31:27,510 --> 00:31:30,263 A foca non é consciente do perigo que corre. 257 00:31:32,557 --> 00:31:35,351 E o oso precisa que non detecte a súa presenza. 258 00:32:16,601 --> 00:32:20,730 Ao cazar desde a auga, o índice de éxito é moi baixo. 259 00:32:42,669 --> 00:32:45,588 Se cadra, á terceira vai a vencida. 260 00:33:38,891 --> 00:33:44,272 Este oso é moi novo e aínda non domina a arte de espreitar desde o mar. 261 00:33:46,274 --> 00:33:48,359 Pero é importante que aprenda. 262 00:33:49,444 --> 00:33:52,905 Pode que, co paso dos anos, dependa cada vez máis dela. 263 00:33:58,536 --> 00:34:00,455 O noso planeta está a quecer. 264 00:34:06,919 --> 00:34:09,881 E o lugar máis afectado por este fenómeno 265 00:34:10,548 --> 00:34:12,050 é o Ártico. 266 00:34:16,054 --> 00:34:18,806 Este ano, a temperatura acada 267 00:34:18,890 --> 00:34:22,769 uns impactantes 38 graos Celsius. 268 00:34:26,564 --> 00:34:29,442 O xeo mariño derrétese máis rápido ca nunca. 269 00:34:32,862 --> 00:34:36,991 Este feito aféctalle especialmente a un animal do Ártico. 270 00:34:47,251 --> 00:34:48,211 Para comer, 271 00:34:48,294 --> 00:34:52,548 as morsas precisan augas pouco profundas, 272 00:34:54,175 --> 00:34:55,843 ameixas en abundancia 273 00:34:57,011 --> 00:35:00,765 e icebergs nos que descansar. 274 00:35:10,983 --> 00:35:14,195 Mais agora hai menos zonas que cumpran esas condicións. 275 00:35:17,448 --> 00:35:21,119 Cada verán é máis difícil que o anterior. 276 00:35:22,787 --> 00:35:25,456 E máis para esta femia que acaba de ser nai. 277 00:35:30,586 --> 00:35:35,466 Hai tres días, tivo que abandonar a manda para parir ela soa. 278 00:35:38,469 --> 00:35:42,014 Desde entón, non se afastou da súa cría. 279 00:35:53,985 --> 00:35:57,530 As nais lactantes precisan inxerir o dobre de alimento. 280 00:35:59,115 --> 00:36:03,286 Porén, non poden deixar soas as súas crías mentres comen. 281 00:36:05,997 --> 00:36:08,875 Así que debe buscar as demais morsas 282 00:36:09,792 --> 00:36:12,253 para que lle axuden a coidala. 283 00:36:20,678 --> 00:36:24,140 As crías de morsa saben nadar desde que nacen. 284 00:36:28,561 --> 00:36:31,606 Con todo, non teñen forza abondo para ir moi lonxe. 285 00:36:35,151 --> 00:36:37,403 Por iso, nesta primeira viaxe, 286 00:36:38,529 --> 00:36:40,364 decide facer autostop. 287 00:36:53,419 --> 00:36:55,630 Coa crecente escaseza de icebergs, 288 00:36:55,713 --> 00:36:58,341 deben nadar máis lonxe para buscar axuda. 289 00:37:03,137 --> 00:37:06,766 E, até que a atopen, a nai non poderá alimentarse. 290 00:37:15,274 --> 00:37:17,401 E, mesmo cando atopan o resto, 291 00:37:17,944 --> 00:37:22,114 o xeo debe ser o suficientemente baixo como para que a cría dea subido. 292 00:37:26,869 --> 00:37:27,954 É alto de máis. 293 00:37:43,010 --> 00:37:44,720 Este sérvelles. 294 00:37:51,102 --> 00:37:53,854 Mais, debido á escaseza de xeo axeitado, 295 00:37:53,938 --> 00:37:56,482 o espazo é moi limitado. 296 00:38:17,461 --> 00:38:20,715 Este non é o recibimento que precisaban. 297 00:38:32,226 --> 00:38:34,687 Mesmo cando si hai xeo abondo, 298 00:38:34,770 --> 00:38:38,065 sen ninguén que a axude, a nai non poderá alimentarse 299 00:38:38,649 --> 00:38:40,401 e terá que quedar coa cría. 300 00:38:51,662 --> 00:38:53,789 A busca debe continuar. 301 00:38:56,375 --> 00:39:00,171 A cría dependerá dela durante os próximos tres anos. 302 00:39:02,631 --> 00:39:04,216 Aló onde vaia, 303 00:39:05,051 --> 00:39:06,510 levaraa con ela. 304 00:39:11,682 --> 00:39:16,312 Na próxima década, o xeo mariño podería desaparecer por completo no verán. 305 00:39:24,403 --> 00:39:25,446 Se iso ocorrese, 306 00:39:25,529 --> 00:39:28,783 nin sequera os viaxeiros máis experimentados do Ártico 307 00:39:29,367 --> 00:39:31,619 terían sitio ningún onde ir. 308 00:39:46,801 --> 00:39:48,302 A finais de xuño, 309 00:39:48,386 --> 00:39:52,348 o norte sente o máximo efecto da inclinación terrestre 310 00:39:53,224 --> 00:39:56,936 e recibe máis luz solar que en calquera outra época. 311 00:39:58,270 --> 00:40:00,773 Nun recuncho do Pacífico, 312 00:40:00,856 --> 00:40:04,193 este feito dá lugar ao mellor momento do ano. 313 00:40:12,368 --> 00:40:13,536 Durante seis meses, 314 00:40:13,619 --> 00:40:18,040 o mar de Bering, en Alasca, semella baleiro e sen vida. 315 00:40:32,596 --> 00:40:34,682 Entón, un día de xuño… 316 00:40:37,184 --> 00:40:39,395 todo cambia. 317 00:40:43,482 --> 00:40:45,359 As baleas xibardo aparecen, 318 00:40:46,193 --> 00:40:48,195 despois dunha travesía dun mes… 319 00:40:52,283 --> 00:40:55,995 para o evento máis importante da súa axenda. 320 00:40:58,414 --> 00:40:59,999 Hai milleiros delas. 321 00:41:03,002 --> 00:41:04,670 Ao longo do Pacífico, 322 00:41:04,753 --> 00:41:07,256 máis viaxeiros veñen de camiño. 323 00:41:09,884 --> 00:41:13,095 As pardelas escuras bulen para chegar a tempo. 324 00:41:17,099 --> 00:41:20,686 Percorren mil quilómetros ao día sen parar. 325 00:41:23,063 --> 00:41:25,191 Trátase dunha ocasión tan especial 326 00:41:25,274 --> 00:41:27,943 que veñen desde a outra punta do mundo. 327 00:41:28,027 --> 00:41:30,446 ECUADOR 328 00:41:30,529 --> 00:41:32,907 Fan unha travesía de 65 000 quilómetros, 329 00:41:33,407 --> 00:41:36,911 o que a converte na migración animal máis longa do planeta. 330 00:41:36,994 --> 00:41:39,830 MAR DE BERING OCÉANO PACÍFICO 331 00:41:43,584 --> 00:41:46,212 Un millón destas aves únense ás baleas. 332 00:41:54,345 --> 00:41:56,430 Veñen todas a alimentarse. 333 00:42:06,690 --> 00:42:10,986 É unha das maiores xuntanzas de seres vivos da Terra. 334 00:42:15,824 --> 00:42:17,785 Aquí, hai cinco meses, 335 00:42:18,285 --> 00:42:21,205 había apenas sete horas de luz diarias. 336 00:42:23,958 --> 00:42:26,627 Agora, son 17. 337 00:42:29,171 --> 00:42:34,218 Este cambio provoca unha explosión de plancto e krill. 338 00:42:36,387 --> 00:42:41,517 Para as baleas, podería ser a única vez que se alimenten en todo o ano. 339 00:42:43,644 --> 00:42:44,603 Durante o verán, 340 00:42:45,604 --> 00:42:49,775 cada unha delas consome 900 toneladas de alimento. 341 00:42:59,410 --> 00:43:03,539 Só teñen 90 días para comer tanto como poidan. 342 00:43:09,295 --> 00:43:11,297 Os días axiña se farán máis curtos 343 00:43:11,797 --> 00:43:14,466 e o gran banquete chegará ao seu fin. 344 00:43:16,385 --> 00:43:19,305 Despois, volverán todas ao sur. 345 00:43:22,141 --> 00:43:25,853 As oportunidades que ofrece a inclinación do noso planeta 346 00:43:25,936 --> 00:43:29,064 son enormes, mais tamén efémeras. 347 00:43:33,193 --> 00:43:35,779 Tras un mes de longos días de verán, 348 00:43:36,280 --> 00:43:39,825 as temperaturas no Pacífico Norte van chegando ao seu cumio. 349 00:43:45,497 --> 00:43:48,542 Un predador dos océanos detecta a subida 350 00:43:48,626 --> 00:43:50,669 e cambia o seu rumbo. 351 00:44:01,597 --> 00:44:02,931 O tiburón tigre 352 00:44:03,432 --> 00:44:07,394 emprende unha odisea de mil quilómetros polo Pacífico. 353 00:44:14,526 --> 00:44:16,987 Guiándose polo campo magnético da Terra, 354 00:44:18,113 --> 00:44:21,367 nada en liña recta cara ao seu obxectivo… 355 00:44:21,450 --> 00:44:22,785 ECUADOR 356 00:44:22,868 --> 00:44:25,329 OCÉANO PACÍFICO HAWAI 357 00:44:25,412 --> 00:44:27,414 a illa de Laysan. 358 00:44:29,416 --> 00:44:31,085 E non é o único. 359 00:44:36,090 --> 00:44:40,844 Esta especie de tiburón é das que máis lonxe viaxan. 360 00:44:43,389 --> 00:44:47,643 Tamén é a que máis tipos diferentes de animais caza. 361 00:44:49,269 --> 00:44:52,523 Atrapa incluso aves. 362 00:44:58,904 --> 00:45:02,408 A cría de albatros de Laysan leva sen comer 363 00:45:02,491 --> 00:45:06,787 desde que a abandonaron os seus pais hai dúas semanas. 364 00:45:10,582 --> 00:45:11,792 Para atopar comida, 365 00:45:12,292 --> 00:45:15,045 debe marchar da illa. 366 00:45:18,882 --> 00:45:23,679 Ao ser as aves mariñas máis grandes do mundo, precisan moito vento a favor. 367 00:45:26,265 --> 00:45:28,642 E podería chegar en calquera momento. 368 00:45:33,856 --> 00:45:39,570 En xullo, as altas temperaturas da auga xeran tormentas tropicais no mar. 369 00:45:43,991 --> 00:45:46,744 As tormentas traen vento a Laysan. 370 00:45:47,911 --> 00:45:51,373 Para o xove albatros, é o seu billete para marchar da illa. 371 00:45:58,922 --> 00:46:01,049 A brisa segue a cobrar forza 372 00:46:02,134 --> 00:46:05,804 até que é forte abondo para propulsar mesmo un albatros. 373 00:46:10,017 --> 00:46:14,646 As crías de albatros de pés negros sempre son as primeiras en marchar. 374 00:46:30,204 --> 00:46:33,290 O primeiro voo dun polo nunca é moi longo. 375 00:46:37,920 --> 00:46:40,881 E, aquí, adoita ser tamén o derradeiro. 376 00:46:52,309 --> 00:46:55,687 Os tiburóns tigre acaban de chegar. 377 00:47:12,621 --> 00:47:14,498 E son ben eficaces. 378 00:47:27,261 --> 00:47:32,015 Para o pequeno albatros, a situación non é precisamente alentadora. 379 00:47:33,559 --> 00:47:34,518 Pero é agora 380 00:47:35,894 --> 00:47:36,770 ou nunca. 381 00:47:46,905 --> 00:47:48,907 Se chega a mar aberto, 382 00:47:49,491 --> 00:47:53,453 é posíbel que non volva pisar terra en cinco anos. 383 00:47:55,706 --> 00:47:58,584 Mais non hai marxe para o erro. 384 00:48:07,843 --> 00:48:10,596 Hora de tirarse á auga de cabeza. 385 00:48:13,974 --> 00:48:16,894 É hora de voar. 386 00:49:45,691 --> 00:49:48,568 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso