1 00:00:13,513 --> 00:00:15,306 Un millón de ñus. 2 00:00:16,182 --> 00:00:18,893 Despois dunha marcha de mil quilómetros, 3 00:00:18,977 --> 00:00:22,313 enfróntanse ao maior obstáculo da súa migración anual. 4 00:00:25,567 --> 00:00:27,736 O río Mara, en Tanzania. 5 00:00:34,743 --> 00:00:39,539 Con eles, viaxan as cebras, algunhas delas, femias con poldros. 6 00:00:47,172 --> 00:00:48,590 E, esperando por eles… 7 00:00:51,718 --> 00:00:52,719 os crocodilos. 8 00:01:03,271 --> 00:01:06,983 Canto máis pequeno sexa un poldro, menos posibilidades ten. 9 00:01:11,613 --> 00:01:13,865 E el é un dos máis pequenos. 10 00:01:20,997 --> 00:01:24,000 Intenta permanecer o máis preto posíbel da súa nai. 11 00:01:24,834 --> 00:01:28,755 Os que se separan, rara vez sobreviven. 12 00:01:34,344 --> 00:01:36,096 Cústalle seguir o ritmo. 13 00:01:45,188 --> 00:01:46,940 Só pode patexar 14 00:01:48,525 --> 00:01:51,027 mentres outros pagan o pato. 15 00:02:08,545 --> 00:02:11,923 A distracción dura o suficiente 16 00:02:12,507 --> 00:02:15,343 como para chegar onda a nai… 17 00:02:17,178 --> 00:02:21,224 e continúan a súa marcha co rabaño máis numeroso do planeta. 18 00:02:43,079 --> 00:02:46,624 CAPÍTULO 3 A NOVA XERACIÓN 19 00:02:59,137 --> 00:03:02,640 Algúns animais danlles ás crías o mellor comezo posíbel 20 00:03:03,516 --> 00:03:06,519 facendo viaxes verdadeiramente incríbeis. 21 00:03:08,146 --> 00:03:12,317 E a cuestión non é só onde van, senón cando. 22 00:03:15,862 --> 00:03:18,406 A costa do Pacífico en México. 23 00:03:28,416 --> 00:03:30,710 A praia parece deserta. 24 00:03:35,340 --> 00:03:37,300 Porén, baixo a area, 25 00:03:37,884 --> 00:03:40,845 milleiros de animais póñense en marcha. 26 00:03:52,148 --> 00:03:54,609 Son crías de tartaruga mariña olivácea. 27 00:03:59,030 --> 00:04:04,118 En outubro, a area está á temperatura perfecta para saíren. 28 00:04:07,413 --> 00:04:09,374 As primeiras en aparecer 29 00:04:10,500 --> 00:04:11,834 quedan quietas. 30 00:04:16,756 --> 00:04:19,467 Calquera movemento podería chamar a atención. 31 00:04:22,428 --> 00:04:23,763 Teñen que agardar. 32 00:04:27,934 --> 00:04:29,477 Axiña emprenderán 33 00:04:30,061 --> 00:04:33,106 a viaxe máis perigosa das súas vidas. 34 00:04:35,775 --> 00:04:38,611 E é mellor que a fagan xuntas. 35 00:05:00,341 --> 00:05:01,759 Para os cazadores… 36 00:05:04,012 --> 00:05:06,389 este e o maior festín do ano. 37 00:05:17,692 --> 00:05:21,321 Acaban coa metade das crías da praia. 38 00:05:23,239 --> 00:05:26,868 Pero a cantidade de tartarugas que chegan é tal 39 00:05:26,951 --> 00:05:29,537 que os predadores non dan abasto. 40 00:05:31,039 --> 00:05:34,292 Esa é a súa única oportunidade de chegar á auga. 41 00:06:21,547 --> 00:06:23,383 Está baixando a marea. 42 00:06:29,472 --> 00:06:33,101 A cousa estase a pór aínda máis perigosa para as tartarugas. 43 00:06:36,145 --> 00:06:38,648 Só poderán sobrevivir se seguen as demais. 44 00:06:55,331 --> 00:06:57,291 Algunhas chegan á beira do mar. 45 00:07:00,586 --> 00:07:02,922 Mesmo así, aínda non están a salvo. 46 00:07:16,436 --> 00:07:17,770 As que sobreviven, 47 00:07:18,521 --> 00:07:21,441 nadarán con máis forza nas próximas 24 horas 48 00:07:21,524 --> 00:07:23,401 que no resto da súa vida. 49 00:07:25,528 --> 00:07:30,324 Mentres viaxan, quedarán marcadas polo campo magnético terrestre. 50 00:07:31,993 --> 00:07:36,747 Este sinal mental guiaraas de volta cando chegue o momento de reproducirse. 51 00:07:42,503 --> 00:07:44,464 As tartarugas mariñas oliváceas 52 00:07:44,547 --> 00:07:48,134 pasarán os próximos 15 anos das súas vidas no Pacífico, 53 00:07:48,759 --> 00:07:51,179 alimentándose e crecendo soas. 54 00:07:52,388 --> 00:07:55,808 Cada unha delas percorrerá milleiros de quilómetros 55 00:07:56,434 --> 00:07:59,270 até que, un día, cambie de rumbo… 56 00:08:01,731 --> 00:08:05,985 e comece a longa viaxe de volta á praia que a viu nacer. 57 00:08:10,698 --> 00:08:13,034 Por primeira vez en máis dunha década, 58 00:08:13,534 --> 00:08:15,453 esta tartaruga adolescente 59 00:08:16,037 --> 00:08:18,539 atópase con outras da súa mesma especie. 60 00:08:26,589 --> 00:08:28,799 Son unhas 250 000. 61 00:08:31,677 --> 00:08:34,639 É a maior reunión de tartarugas do mundo. 62 00:08:53,950 --> 00:08:58,037 Aquí aparearase e logo nadará até a costa para desovar. 63 00:09:07,964 --> 00:09:10,466 Xa non é unha cría pequeniña. 64 00:09:11,592 --> 00:09:14,512 Pero as augas pouco fondas aínda son aterradoras. 65 00:09:51,465 --> 00:09:52,425 Por fin, terra. 66 00:09:54,051 --> 00:09:57,346 É a primeira vez que a pisa en 15 anos. 67 00:09:59,515 --> 00:10:02,977 Agora, ten cousas urxentes que facer. 68 00:10:08,399 --> 00:10:10,901 Os ovos están listos para saír 69 00:10:11,652 --> 00:10:13,863 e debe facerlles un niño na area. 70 00:10:18,284 --> 00:10:22,330 Se desova por debaixo da liña da marea, as crías afogarán. 71 00:10:23,372 --> 00:10:27,251 Pero se pon os ovos moi arriba, poderían secar. 72 00:10:28,878 --> 00:10:31,964 Por iso, a zona intermedia está moi concorrida. 73 00:10:38,888 --> 00:10:41,223 A medida que chegan tartarugas adultas, 74 00:10:41,974 --> 00:10:44,727 até un 80 % dos ovos desta zona 75 00:10:44,810 --> 00:10:49,315 acaban destruídos polos milleiros de femias que veñen desovar. 76 00:10:57,865 --> 00:10:59,950 Así e todo, hai tantos ovos 77 00:11:00,951 --> 00:11:05,122 que millóns deles quedarán intactos baixo a area. 78 00:11:11,087 --> 00:11:13,047 Ela pon máis ou menos cen. 79 00:11:14,298 --> 00:11:17,259 Traballo feito. 80 00:11:20,137 --> 00:11:23,140 O ano que vén, pola mesma época, 81 00:11:23,224 --> 00:11:27,186 volverá a esta praia a desovar de novo. 82 00:11:29,271 --> 00:11:32,817 E así durante o resto da súa vida. 83 00:11:42,827 --> 00:11:45,663 A maioría das rutas de reprodución 84 00:11:45,746 --> 00:11:48,165 levan milenios case sen cambiar. 85 00:11:54,463 --> 00:11:58,426 Nun lugar remoto do Atlántico, ao leste de América do Sur, 86 00:11:58,509 --> 00:12:00,553 atópanse as illas Malvinas. 87 00:12:11,355 --> 00:12:15,526 Os elefantes mariños levan miles de anos vindo aquí a aparearse. 88 00:12:18,779 --> 00:12:21,490 Estamos a finais de outubro, e nesta praia 89 00:12:21,574 --> 00:12:23,117 só hai cachorros. 90 00:12:25,202 --> 00:12:29,665 As súas nais marcharon hai xa semanas e agora deben apañarse sós. 91 00:12:34,795 --> 00:12:37,131 Nos vindeiros días, eles partirán tamén 92 00:12:37,214 --> 00:12:41,093 para comezar as súas vidas de nómades nas profundidades do océano. 93 00:12:46,682 --> 00:12:49,643 Pero antes deben aprender a nadar. 94 00:12:54,857 --> 00:12:57,485 Esta zona recollida ao lado da praia 95 00:12:58,068 --> 00:13:00,696 parece un bo sitio para practicar. 96 00:13:12,625 --> 00:13:15,002 Vanse afacendo ao mar. 97 00:13:19,131 --> 00:13:22,468 Fan os movementos correctos de xeito instintivo, 98 00:13:23,385 --> 00:13:27,389 pero aínda non comprenden o perigo. 99 00:13:33,312 --> 00:13:34,188 Candorcas. 100 00:13:35,189 --> 00:13:36,357 Baleas asasinas. 101 00:13:43,823 --> 00:13:46,575 E non se trata dunha manda que vai de paso. 102 00:13:47,535 --> 00:13:52,665 Percorreron milleiros de quilómetros para chegaren aquí neste preciso momento. 103 00:13:56,627 --> 00:14:01,966 Hai 20 anos, a femia líder descubriu cando ían os cachorros á piscina de xogos… 104 00:14:03,175 --> 00:14:07,471 e tamén que, ao subir a marea, era quen de chegar a ela. 105 00:14:13,853 --> 00:14:16,063 Até entón, toca esperar. 106 00:14:19,191 --> 00:14:23,529 Se escolle mal o momento do ataque, quedará varada nas rochas. 107 00:14:32,329 --> 00:14:33,998 Coa marea no punto medio, 108 00:14:34,081 --> 00:14:37,751 xa hai profundidade abondo para as baleas asasinas. 109 00:14:53,809 --> 00:14:56,520 Os cachorros non recoñecen a ameaza, 110 00:14:58,230 --> 00:15:00,733 nin sequera cando a teñen xusto diante. 111 00:15:16,248 --> 00:15:18,876 Precisa que un cachorro estea na auga, 112 00:15:18,959 --> 00:15:22,004 pero aínda hai moi pouca profundidade para ela. 113 00:15:25,424 --> 00:15:26,550 Un paso en falso 114 00:15:27,760 --> 00:15:29,219 e quedará encallada. 115 00:15:35,935 --> 00:15:38,312 Os cachorros están case ao seu alcance. 116 00:15:42,441 --> 00:15:45,027 Observa e agarda 117 00:15:46,195 --> 00:15:49,073 a que un se achegue o suficiente para cazalo. 118 00:16:14,640 --> 00:16:18,477 Arrástrao, aínda con vida, a mar aberto. 119 00:16:24,900 --> 00:16:28,946 Esta femia de candorca é a única que usa este método. 120 00:16:31,031 --> 00:16:34,410 E caza para toda a familia. 121 00:16:39,164 --> 00:16:42,584 O cachorro permanece con vida durante horas. 122 00:16:49,216 --> 00:16:55,472 Estas candorcas aproveitan a viaxe anual para reproducirse dos elefantes mariños. 123 00:16:57,099 --> 00:16:59,768 E, sorprendentemente, 124 00:17:00,352 --> 00:17:03,981 saben xusto cando teñen que volver todos os anos. 125 00:17:20,205 --> 00:17:22,875 Para algúns animais, reproducirse sen perigos 126 00:17:23,542 --> 00:17:25,961 implica evitar as multitudes. 127 00:17:33,010 --> 00:17:34,511 Estamos en Nova Zelandia, 128 00:17:34,595 --> 00:17:38,724 a última masa terrestre habitábel á que chegou o ser humano. 129 00:17:46,231 --> 00:17:47,066 Para vir aquí, 130 00:17:47,149 --> 00:17:51,820 os polinesios percorreron milleiros de quilómetros de océano aberto. 131 00:17:53,113 --> 00:17:56,033 E iso mesmo fan os animais. 132 00:18:01,330 --> 00:18:05,876 Mais hai un visitante que, todos os anos, fai unha viaxe de 6000 quilómetros 133 00:18:05,959 --> 00:18:08,754 a través do océano Antártico 134 00:18:09,713 --> 00:18:12,633 para ir aos recunchos máis recónditos da illa. 135 00:18:26,188 --> 00:18:29,316 É tímido e misterioso. 136 00:18:40,619 --> 00:18:43,497 Trátase do pingüín de Fiordland, ou tawaki. 137 00:18:44,456 --> 00:18:46,416 O pingüín da xungla. 138 00:18:47,793 --> 00:18:50,504 Está buscando a súa cría de oito semanas. 139 00:18:51,630 --> 00:18:55,300 Mentres, a súa compañeira busca alimento no mar. 140 00:18:56,718 --> 00:19:00,389 Se non cumpre a súa misión, é posíbel que o abandone. 141 00:19:07,938 --> 00:19:10,858 A taxa de divorcio entre os pingüíns é ben alta. 142 00:19:14,111 --> 00:19:16,655 Máis lle vale que non se achegue ninguén. 143 00:19:22,661 --> 00:19:27,374 A súa compañeira volveu á costa tras un día moi atarefado buscando comida. 144 00:19:30,335 --> 00:19:32,754 Pero chegar a terra non é nada fácil. 145 00:19:41,805 --> 00:19:43,891 Hai que buscar o momento xusto. 146 00:19:51,481 --> 00:19:52,649 Case! 147 00:20:10,584 --> 00:20:11,752 Ben feito. 148 00:20:14,671 --> 00:20:16,215 Para chegar onda o polo, 149 00:20:17,257 --> 00:20:19,551 ten que atravesar penedos, 150 00:20:20,552 --> 00:20:21,470 raíces 151 00:20:22,846 --> 00:20:24,014 e barrancos. 152 00:20:39,029 --> 00:20:42,699 É como Deliveroo ao estilo pingüín. 153 00:20:46,912 --> 00:20:49,623 Papá mira con envexa. 154 00:20:53,877 --> 00:20:57,506 A medida que o polo crece, tamén o fai o seu apetito. 155 00:20:59,508 --> 00:21:01,468 Para cubrir a demanda, 156 00:21:01,551 --> 00:21:05,347 mamá ten que superar o circuíto de obstáculos da xungla 157 00:21:06,515 --> 00:21:07,766 unha vez 158 00:21:09,434 --> 00:21:10,727 e outra. 159 00:21:22,364 --> 00:21:25,951 Para criar o seu polo, camiñará a distancia dun maratón 160 00:21:26,034 --> 00:21:28,870 e nadará máis de mil quilómetros. 161 00:21:30,163 --> 00:21:33,834 Perderá case a metade do seu peso. 162 00:21:38,380 --> 00:21:40,716 Pero iso non a detén. 163 00:22:00,610 --> 00:22:03,739 Entón, tras dez longas semanas, 164 00:22:04,823 --> 00:22:06,658 decide que xa tivo abondo. 165 00:22:09,536 --> 00:22:12,205 Ao cancelarse o reparto de comida, 166 00:22:12,289 --> 00:22:15,292 a fame leva o polo ao mar. 167 00:22:19,963 --> 00:22:22,674 Hai alimento de sobra xusto na costa, 168 00:22:23,675 --> 00:22:26,887 pero, curiosamente, opta por marchar cos demais, 169 00:22:26,970 --> 00:22:29,556 nadar milleiros de quilómetros 170 00:22:29,639 --> 00:22:31,933 e quedar a medio camiño da Antártica. 171 00:22:33,602 --> 00:22:37,481 É a viaxe máis longa feita por un pingüín dunha soa vez 172 00:22:37,981 --> 00:22:40,776 e, posibelmente, sexa inútil. 173 00:22:41,318 --> 00:22:45,280 ANTÁRTICA 174 00:22:45,364 --> 00:22:49,242 Crese que os seus devanceiros a facían hai dous millóns de anos 175 00:22:49,326 --> 00:22:52,120 cando só atopaban comida alí. 176 00:22:52,871 --> 00:22:55,791 Algúns costumes son ben difíciles de abandonar. 177 00:23:05,467 --> 00:23:06,468 En novembro, 178 00:23:06,551 --> 00:23:10,680 ao aumentar as horas de luz, o océano Índico quéntase 179 00:23:11,181 --> 00:23:13,683 e dá comezo o monzón. 180 00:23:15,227 --> 00:23:18,146 No seu camiño, atópase a illa de Nadal. 181 00:23:21,149 --> 00:23:25,946 O incremento da humidade esperta un exército de animais. 182 00:23:37,833 --> 00:23:39,709 Os caranguexos vermellos 183 00:23:39,793 --> 00:23:42,587 viven agora case todo o tempo na terra. 184 00:23:44,464 --> 00:23:45,632 Con todo, precisan 185 00:23:45,715 --> 00:23:48,093 humidade nas branquias para respirar 186 00:23:49,010 --> 00:23:51,805 e o mar para pór os seus ovos. 187 00:23:53,932 --> 00:23:59,563 Por iso, inician unha viaxe até a costa, coma levan facendo desde hai 200 000 anos. 188 00:24:01,940 --> 00:24:05,026 Con todo, ultimamente houbo moitos cambios. 189 00:24:12,242 --> 00:24:14,578 Por sorte, axiña chega a axuda. 190 00:24:29,092 --> 00:24:32,554 Os habitantes da illa construíron tamén pontes especiais 191 00:24:32,637 --> 00:24:36,725 para que poidan cruzar as estradas máis transitadas ao seu ritmo. 192 00:24:38,101 --> 00:24:40,979 Guíanse por unha rede de pasos subterráneos. 193 00:24:46,735 --> 00:24:48,403 Soben o ritmo 194 00:24:48,904 --> 00:24:51,114 porque deben chegar para a preamar. 195 00:24:55,702 --> 00:24:59,915 Nunha soa noite, chegan á costa catro millóns de caranguexos. 196 00:25:08,381 --> 00:25:12,802 As femias sacódense e liberan nas ondas uns 100 000 ovos cada unha. 197 00:25:25,857 --> 00:25:30,111 Os ovos ábrense no momento e deles saen larvas nadadoras. 198 00:25:34,032 --> 00:25:39,120 Normalmente, a gran maioría convértese en comida ou acaba nas profundidades, 199 00:25:39,788 --> 00:25:41,540 e ningunha delas volve. 200 00:25:44,292 --> 00:25:47,629 Porén, con algo de sorte, na preamar do mes seguinte 201 00:25:47,712 --> 00:25:50,924 o mar arrastraraas de novo ás costas da illa. 202 00:25:53,635 --> 00:25:57,722 OCÉANO ATLÁNTICO SUR 203 00:25:57,806 --> 00:26:00,183 Miles de quilómetros ao sur, 204 00:26:00,267 --> 00:26:02,978 outra primeira viaxe está a piques de empezar. 205 00:26:08,400 --> 00:26:09,609 Finais de novembro. 206 00:26:10,151 --> 00:26:12,988 Estamos en pleno verán no fin do mundo. 207 00:26:15,490 --> 00:26:20,120 Velaquí a Patagonia, o punto máis meridional de América. 208 00:26:26,418 --> 00:26:30,922 Nesta área remota do sur habita só un gran depredador terrestre. 209 00:26:33,592 --> 00:26:34,551 O puma. 210 00:26:41,099 --> 00:26:42,642 Este é Machito, 211 00:26:43,351 --> 00:26:44,728 o gris. 212 00:26:46,062 --> 00:26:50,609 Ten un ano e está a piques de se enfrontar á maior proba da súa vida. 213 00:26:51,985 --> 00:26:53,403 Aínda que el non o sabe. 214 00:27:02,370 --> 00:27:04,623 A súa irmá, Niña, e mais el 215 00:27:05,248 --> 00:27:10,795 xa teñen idade de separase e buscar un territorio propio. 216 00:27:21,348 --> 00:27:23,391 Debido á competencia entre machos, 217 00:27:23,475 --> 00:27:27,646 Machito terá que viaxar moito máis lonxe que a súa irmá. 218 00:27:31,441 --> 00:27:34,986 Pero, primeiro, deben aprender a cazar. 219 00:27:44,829 --> 00:27:46,206 Mesmo para a súa nai, 220 00:27:47,540 --> 00:27:49,542 non hai maior desafío… 221 00:27:52,545 --> 00:27:55,548 que atrapar un guanaco adulto, 222 00:27:56,174 --> 00:27:58,343 un animal que a triplica en tamaño. 223 00:28:00,595 --> 00:28:02,055 Pero ela é unha experta. 224 00:28:04,933 --> 00:28:06,935 Os cachorros miran con atención. 225 00:28:15,360 --> 00:28:19,072 Para conseguilo, ten que situarse a poucos metros del. 226 00:28:46,307 --> 00:28:49,894 E, despois, non soltalo por moito que espernexe. 227 00:29:19,591 --> 00:29:22,844 Os cachorros teñen que aproveitar esta comida gratis. 228 00:29:24,095 --> 00:29:27,766 A vida fácil que tiveron até agora está a punto de rematar. 229 00:29:34,022 --> 00:29:36,983 A súa nai xa fixo todo o que puido por eles. 230 00:29:40,737 --> 00:29:42,363 Despois dun ano xuntos, 231 00:29:42,447 --> 00:29:45,492 o seu territorio xa non é o deles. 232 00:29:54,793 --> 00:29:57,045 É hora de que marchen. 233 00:30:07,055 --> 00:30:10,850 Durante varias semanas, os irmáns permanecen xuntos, 234 00:30:11,726 --> 00:30:14,854 pero axiña deberán tomar camiños separados. 235 00:30:16,606 --> 00:30:18,274 Niña, a femia, 236 00:30:18,358 --> 00:30:21,653 poderá vivir máis preto da casa da súa nai. 237 00:30:23,363 --> 00:30:25,824 Pero Machito non. 238 00:30:30,870 --> 00:30:33,373 Os territorios dos machos son máis amplos. 239 00:30:33,456 --> 00:30:35,333 Para atopar espazo abondo, 240 00:30:35,416 --> 00:30:38,253 pode que deba percorrer centos de quilómetros. 241 00:30:49,597 --> 00:30:51,724 Por primeira vez na súa vida, 242 00:30:52,642 --> 00:30:54,227 está só. 243 00:31:01,442 --> 00:31:03,111 Despois de semanas de viaxe, 244 00:31:03,736 --> 00:31:05,154 está morto de fame. 245 00:31:15,874 --> 00:31:17,333 Mirou como se caza, 246 00:31:18,334 --> 00:31:20,420 pero será quen de facelo el? 247 00:31:31,806 --> 00:31:32,849 Parece que non. 248 00:31:37,103 --> 00:31:39,772 Se quere atopar comida, debe seguir avanzando 249 00:31:40,815 --> 00:31:44,652 para se adentrar en terras descoñecidas. 250 00:31:52,285 --> 00:31:54,996 Non se detén até que… 251 00:31:57,373 --> 00:32:01,753 detecta o inconfundíbel aroma dunha captura fresca. 252 00:32:10,470 --> 00:32:11,846 Pero a presa pertence… 253 00:32:14,390 --> 00:32:16,100 a un macho enorme. 254 00:32:46,673 --> 00:32:48,967 Dobra en tamaño a Machito… 255 00:32:52,804 --> 00:32:55,056 e podería acabar con el en segundos. 256 00:33:05,441 --> 00:33:08,361 Pero ten demasiada fame como para se render agora. 257 00:33:26,879 --> 00:33:29,424 Incribelmente, o vello puma retrocede 258 00:33:30,675 --> 00:33:32,719 e permítelle comer ao máis novo, 259 00:33:33,302 --> 00:33:36,514 un comportamento moi pouco frecuente entre os machos. 260 00:33:38,850 --> 00:33:42,145 O valor de Machito fíxolle gañar algo de tempo, 261 00:33:43,688 --> 00:33:46,774 mais este é apenas o comezo da súa travesía. 262 00:33:52,572 --> 00:33:55,658 Os pumas macho viaxan lonxe e rápido. 263 00:33:56,492 --> 00:34:00,830 Por este motivo, sabemos moi pouco das súas vidas independentes. 264 00:34:06,002 --> 00:34:10,006 Pénsase que só uns poucos sobreviven ao seu primeiro ano sós. 265 00:34:12,675 --> 00:34:15,386 Con sorte, el será un deles. 266 00:34:23,436 --> 00:34:26,898 DECEMBRO 267 00:34:33,863 --> 00:34:35,740 É Noiteboa 268 00:34:35,823 --> 00:34:39,494 e as costas da illa de Nadal tínguense de vermello brillante. 269 00:34:42,872 --> 00:34:44,207 Unha vez cada década, 270 00:34:44,707 --> 00:34:48,544 as correntes mariñas permítenlles volver aos pequenos caranguexos. 271 00:34:50,797 --> 00:34:53,633 E nunca antes se viran tantos xuntos. 272 00:34:55,384 --> 00:34:57,470 Miles de millóns enchen o arrecife… 273 00:35:04,352 --> 00:35:06,062 e desconcertan os veciños. 274 00:35:07,939 --> 00:35:10,525 Intentan chegar a terra firme 275 00:35:11,567 --> 00:35:13,236 por todos os medios. 276 00:35:17,698 --> 00:35:21,077 Precisan volver ao bosque de onde proceden os seus pais, 277 00:35:21,160 --> 00:35:25,581 a apenas dous quilómetros de distancia, onde estarán a salvo. 278 00:35:26,999 --> 00:35:30,378 Pero os pais non eran do tamaño da cabeza dun alfinete. 279 00:35:33,464 --> 00:35:37,135 Agora mudan as cunchas e cambian o traxe de neopreno 280 00:35:37,218 --> 00:35:39,929 por algo co que sexa máis doado respirar. 281 00:35:43,891 --> 00:35:44,725 Listo. 282 00:35:45,434 --> 00:35:47,770 Porén, aínda non saíron da praia… 283 00:35:50,398 --> 00:35:53,317 cando os ataca alguén inesperado. 284 00:35:58,865 --> 00:35:59,824 Mamá? 285 00:36:04,912 --> 00:36:10,084 Vese que os caranguexos vermellos adultos non son moi rapaceiros. 286 00:36:12,753 --> 00:36:15,798 Deben marchar da praia canto antes. 287 00:36:20,052 --> 00:36:23,598 Para iso, teñen que rubir polo dique. 288 00:36:25,558 --> 00:36:29,103 Resúltalles tan impoñente como a nós un rañaceos. 289 00:36:35,526 --> 00:36:39,030 Cando chegan á cima, teñen que arrastrarse pola vila. 290 00:36:46,078 --> 00:36:48,497 Pero é difícil non chamar a atención 291 00:36:48,581 --> 00:36:52,001 cando marchas cun exército de miles de millóns de soldados. 292 00:37:09,852 --> 00:37:12,605 O mundo é moi moi perigoso 293 00:37:12,688 --> 00:37:14,649 cando es tan tan pequeniño. 294 00:37:16,025 --> 00:37:18,277 Deben ir con tino. 295 00:37:25,910 --> 00:37:27,411 Velaí o límite do bosque. 296 00:37:27,495 --> 00:37:29,455 Axiña estarán a salvo. 297 00:37:30,539 --> 00:37:32,416 Mais aínda non poden relaxarse. 298 00:37:36,337 --> 00:37:38,297 Formigas tolas amarelas, 299 00:37:39,590 --> 00:37:41,509 que comen crías de caranguexo. 300 00:37:45,012 --> 00:37:46,639 Aqueles que sobreviven, 301 00:37:47,390 --> 00:37:49,892 volven á casa polo Nadal. 302 00:37:53,771 --> 00:37:57,733 Pasarán os próximos cinco anos alimentándose e crecendo 303 00:37:58,484 --> 00:38:01,612 até que emprendan a viaxe de volta ao mar, 304 00:38:02,238 --> 00:38:05,032 onde terán os seus propios caranguexiños. 305 00:38:12,206 --> 00:38:14,000 A primeira viaxe dun animal 306 00:38:14,083 --> 00:38:17,253 case sempre é a máis difícil. 307 00:38:18,713 --> 00:38:21,382 Porén, algunhas son especialmente aterradoras. 308 00:38:26,971 --> 00:38:28,931 Os grous pequenos novos 309 00:38:29,015 --> 00:38:32,893 enfróntanse a unha das migracións máis duras do mundo das aves. 310 00:38:37,481 --> 00:38:39,567 Viaxan cara ao sur, 311 00:38:39,650 --> 00:38:43,404 fuxindo da xélida Mongolia para pasaren o inverno na India. 312 00:38:45,781 --> 00:38:49,076 Pero esta travesía non sempre foi tan complicada. 313 00:38:56,125 --> 00:38:57,918 Hai 45 millóns de anos, 314 00:38:58,502 --> 00:39:01,130 as terras que sobrevoan eran moito máis chas. 315 00:39:02,340 --> 00:39:06,260 Logo, chocaron e eleváronse até formar grandes pregos, 316 00:39:06,344 --> 00:39:10,348 que se converteron no que hoxe é a cordilleira máis alta da Terra. 317 00:39:11,724 --> 00:39:12,933 O Himalaia. 318 00:39:19,648 --> 00:39:24,862 Para cruzala, os grous deben agora subir até os 8000 metros sobre o nivel do mar. 319 00:39:27,823 --> 00:39:31,660 Canto máis alto voan, menos osíxeno hai. 320 00:39:40,378 --> 00:39:43,172 Esgotados, son vulnerábeis aos ataques. 321 00:39:50,679 --> 00:39:55,351 As aguias reais, elevadas polo aire morno que sobe das escarpadas pendentes, 322 00:39:55,976 --> 00:39:58,354 planan sobre os grous. 323 00:40:12,243 --> 00:40:14,995 Logo, lánzanse en picado sobre eles. 324 00:40:32,012 --> 00:40:34,014 Para abater unha presa tan grande, 325 00:40:34,098 --> 00:40:36,058 as aguias traballan en parellas. 326 00:40:49,238 --> 00:40:50,823 A primeira viaxe dese polo 327 00:40:52,450 --> 00:40:53,951 foi tamén a derradeira. 328 00:41:10,885 --> 00:41:13,804 Hai rutas máis seguras e a menor altitude, 329 00:41:14,972 --> 00:41:16,849 pero o instinto dos grous 330 00:41:16,932 --> 00:41:20,019 é voar na dirección en que foron sempre. 331 00:41:32,031 --> 00:41:34,992 Até hai ben pouco, sufrían pola caza 332 00:41:35,701 --> 00:41:38,996 e pola perda de moitas das súas zonas de alimentación. 333 00:41:46,795 --> 00:41:50,633 Entón, un día, unha pequena aldea situada ao norte da India 334 00:41:51,217 --> 00:41:53,010 fixo que cambiase a súa sorte. 335 00:42:12,613 --> 00:42:17,785 Os habitantes de Khichan comezaron a protexer os grous e a darlles de comer. 336 00:42:34,927 --> 00:42:38,180 Cada inverno, empezaron a chegar máis grous. 337 00:42:46,897 --> 00:42:50,734 Hoxe, 15 000 exemplares destas aves visitan Khichan cada ano. 338 00:42:54,029 --> 00:42:58,075 É a xuntanza de grous pequenos máis numerosa do mundo. 339 00:43:01,412 --> 00:43:02,371 Para os polos, 340 00:43:02,454 --> 00:43:06,083 a súa viaxe a través da cordilleira máis alta do planeta 341 00:43:06,166 --> 00:43:07,585 chega ao seu fin. 342 00:43:08,502 --> 00:43:10,296 Até o ano que vén, claro. 343 00:43:20,097 --> 00:43:22,099 Neste mundo en constante cambio, 344 00:43:22,182 --> 00:43:25,978 as especies migratorias precisan máis que nunca a nosa axuda. 345 00:43:29,231 --> 00:43:31,275 O bosque tropical de Yunnan 346 00:43:31,358 --> 00:43:35,988 é o último hábitat dos elefantes salvaxes da China, en perigo de extinción. 347 00:43:53,297 --> 00:43:55,132 En marzo de 2020, 348 00:43:56,008 --> 00:44:00,888 o bosque sufriu a seca máis intensa e prolongada desde que se teñen rexistros. 349 00:44:03,265 --> 00:44:04,725 Moitas árbores morreron 350 00:44:06,060 --> 00:44:07,978 e os elefantes non que comer. 351 00:44:15,444 --> 00:44:18,322 Cun novo membro da familia a piques de nacer… 352 00:44:21,909 --> 00:44:24,745 a manda decidiu trasladarse. 353 00:44:27,831 --> 00:44:31,001 Pero esta non sería unha viaxe calquera. 354 00:44:33,212 --> 00:44:36,715 A súa historia marabillou a todo o planeta. 355 00:44:39,551 --> 00:44:42,596 Aí estaba o animal terrestre máis grande do mundo 356 00:44:43,806 --> 00:44:45,849 buscando un sitio onde vivir 357 00:44:47,601 --> 00:44:50,688 no país máis poboado da Terra. 358 00:44:57,361 --> 00:44:59,071 A familia dirixiuse ao norte 359 00:44:59,154 --> 00:45:03,492 para se adentrar nunha China moi diferente á que deixaban atrás. 360 00:45:06,787 --> 00:45:10,582 Durante oito meses, camiñaron por terras descoñecidas, 361 00:45:11,208 --> 00:45:13,419 mais non atoparon onde asentarse. 362 00:45:15,087 --> 00:45:19,007 A nova incorporación á familia naceu polo camiño. 363 00:45:22,094 --> 00:45:25,055 Isto é algo moi pouco frecuente entre os elefantes. 364 00:45:27,683 --> 00:45:31,019 O comezo da súa vida sería esgotador. 365 00:45:34,857 --> 00:45:39,486 Pero a familia, agora con 17 membros, debía seguir avanzando. 366 00:45:51,749 --> 00:45:54,918 Para aqueles que aínda ben non aprenderan a andar, 367 00:45:55,002 --> 00:45:57,129 calquera obstáculo era un problema. 368 00:46:00,424 --> 00:46:01,717 Cada pendente, 369 00:46:02,634 --> 00:46:03,719 unha montaña. 370 00:46:11,393 --> 00:46:15,147 Seguiron andando 400 quilómetros máis. 371 00:46:18,233 --> 00:46:20,360 Canto máis ao norte ían, 372 00:46:21,195 --> 00:46:22,905 menos se adaptaban ao lugar. 373 00:46:28,452 --> 00:46:29,828 Para comer e beber, 374 00:46:31,497 --> 00:46:33,499 víronse obrigados a roubar. 375 00:46:38,587 --> 00:46:40,172 Porén, sorprendentemente, 376 00:46:41,256 --> 00:46:43,467 no canto de espantalos, 377 00:46:44,593 --> 00:46:46,887 a xente ofreceulles un salvoconduto… 378 00:46:48,931 --> 00:46:51,308 e deixoulles saquear canto quixeron. 379 00:47:01,276 --> 00:47:03,237 Despois dun ano viaxando, 380 00:47:03,904 --> 00:47:05,489 estaban derreados. 381 00:47:13,956 --> 00:47:16,458 Os elefantes adoitan durmir de pé. 382 00:47:16,542 --> 00:47:21,171 Só se deitan cando están completamente exhaustos. 383 00:47:26,885 --> 00:47:29,638 Se seguimos mudando o noso planeta, 384 00:47:30,305 --> 00:47:31,890 cada vez máis animais 385 00:47:31,974 --> 00:47:35,727 veranse forzados a emprender novas viaxes coma esta. 386 00:47:46,363 --> 00:47:48,991 Non obstante, o máis extraordinario de todo 387 00:47:49,074 --> 00:47:51,702 foi o que fixeron a continuación. 388 00:49:23,377 --> 00:49:26,254 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso