1 00:01:44,375 --> 00:01:45,666 Escollede ben. 2 00:01:45,750 --> 00:01:48,333 Un bisonte do ceo acompáñate toda a vida. 3 00:01:57,333 --> 00:01:58,708 Vouche dar unha mazá. 4 00:01:58,791 --> 00:02:00,500 Que bonitos son! 5 00:02:18,750 --> 00:02:19,916 Toma! 6 00:02:21,125 --> 00:02:22,958 - Colle! - Espera por min! 7 00:02:29,000 --> 00:02:30,375 Escólleme a min! 8 00:02:31,916 --> 00:02:33,500 Aquí! Agora aquí abaixo! 9 00:03:17,791 --> 00:03:20,541 Iso significa que estaremos sempre xuntos. 10 00:03:44,458 --> 00:03:45,291 Appa. 11 00:03:59,750 --> 00:04:01,291 A onde foi? 12 00:04:02,208 --> 00:04:03,208 Buscádeo! 13 00:04:18,625 --> 00:04:24,125 ALGO ROTO 14 00:04:27,458 --> 00:04:30,000 Así que me poida mover, teredes problemas. 15 00:04:30,083 --> 00:04:32,458 O das botas que renxen, lembrareite. 16 00:04:34,333 --> 00:04:35,833 E a ti tamén, babeco. 17 00:04:35,916 --> 00:04:38,916 Dávos preguiza carrexarme e arrastrádesme, non? 18 00:04:40,625 --> 00:04:42,625 Sodes uns matóns inhumanos! 19 00:04:43,708 --> 00:04:46,500 Que? Non, volvede! Non! 20 00:04:46,583 --> 00:04:47,708 Non podedes… 21 00:04:49,250 --> 00:04:50,208 Si que podedes. 22 00:04:50,958 --> 00:04:52,500 Deixástesme así. 23 00:04:59,125 --> 00:05:00,125 Quen é? 24 00:05:00,833 --> 00:05:01,750 Quen anda aí? 25 00:05:03,125 --> 00:05:04,041 Sokka. 26 00:05:04,125 --> 00:05:04,958 Sai? 27 00:05:05,041 --> 00:05:05,958 Estás vivo? 28 00:05:06,041 --> 00:05:08,666 Sokka! Pensei que non te vería máis. 29 00:05:09,250 --> 00:05:10,875 Buscámoste por todo. 30 00:05:10,958 --> 00:05:13,666 Viches a Amita? Díxoche algo Teo? 31 00:05:14,541 --> 00:05:16,500 Non, deben confiscar as cartas. 32 00:05:16,583 --> 00:05:19,041 Pero, Sokka, alégrome moito de verte. 33 00:05:19,125 --> 00:05:20,250 Moitísimo! 34 00:05:20,333 --> 00:05:21,875 - Ei, Sai! - Eh? 35 00:05:22,666 --> 00:05:24,125 Pódesme virar? 36 00:05:24,750 --> 00:05:30,208 Entón, ti e papá non sabiades que faciades armas para a Nación do Lume? 37 00:05:33,166 --> 00:05:35,875 Sabía que tiñamos contratos coa Nación do Lume? 38 00:05:35,958 --> 00:05:36,875 Si. 39 00:05:37,958 --> 00:05:40,583 Pero eu pensaba que era maquinaria agrícola. 40 00:05:41,541 --> 00:05:43,583 - Os negocios non coñecen… - Fronteiras. 41 00:05:43,666 --> 00:05:45,000 Iso parece . 42 00:05:48,250 --> 00:05:49,916 Cancelaranse os contratos. 43 00:05:51,375 --> 00:05:53,916 - En serio? - Encárgome eu diso xa. 44 00:05:54,750 --> 00:05:57,708 Eu contaba con que ti colleses o mando un día… 45 00:05:58,500 --> 00:06:01,208 É mellor que organices o negocio como vexas. 46 00:06:04,916 --> 00:06:06,250 Quero dicir, como ti… 47 00:06:06,791 --> 00:06:08,458 queiras. 48 00:06:12,750 --> 00:06:16,583 Seica convertiches o Avatar nun bo mestre da terra. 49 00:06:18,208 --> 00:06:22,000 Se me informases do teu don antes, igual non reaccionaba tan mal. 50 00:06:22,083 --> 00:06:24,833 Isto non é unha negociación comercial, mamá. 51 00:06:25,416 --> 00:06:28,250 Por que non falas comigo coma se fose túa irmá? 52 00:06:30,583 --> 00:06:32,750 Non sei como facelo. 53 00:06:32,833 --> 00:06:34,791 Trátame coma a calquera outro. 54 00:06:34,875 --> 00:06:36,666 Ti non es calquera. 55 00:06:36,750 --> 00:06:37,916 Es fráxil… 56 00:06:38,000 --> 00:06:39,333 Non me chames fráxil. 57 00:06:39,416 --> 00:06:40,375 Fai o favor. 58 00:06:40,958 --> 00:06:42,208 Dáme un momentiño. 59 00:06:50,041 --> 00:06:51,416 Cando tes fillos, 60 00:06:53,000 --> 00:06:56,958 pensas… que os vas guiar polo mundo. 61 00:06:58,458 --> 00:07:02,250 Que lles contarás o que aprendiches na túa propia vida. 62 00:07:04,250 --> 00:07:05,958 Pero, desde que naciches, 63 00:07:06,541 --> 00:07:10,833 souben que ti terías que afrontar problemas que eu nin imaxinara. 64 00:07:11,666 --> 00:07:16,125 Porque eu non teño nin idea do que implica ser 65 00:07:17,541 --> 00:07:18,375 cega. 66 00:07:20,083 --> 00:07:21,708 Desde que marchaches, 67 00:07:22,625 --> 00:07:23,666 pregúntome 68 00:07:26,166 --> 00:07:29,666 se non serei eu a que é fráxil. 69 00:07:31,458 --> 00:07:35,625 Móveste polo mundo con máis forza, 70 00:07:36,500 --> 00:07:40,250 seguridade e elegancia ca ningún Beifong anterior. 71 00:07:41,166 --> 00:07:42,208 A ver, 72 00:07:43,125 --> 00:07:44,541 con elegancia igual non. 73 00:07:45,125 --> 00:07:46,208 Por que dis iso? 74 00:07:46,708 --> 00:07:48,083 Non sei. 75 00:07:48,166 --> 00:07:50,333 Nunca sentiches que a xente… 76 00:07:50,833 --> 00:07:53,916 pensa que imos actuar dun xeito por ter este nome? 77 00:07:55,708 --> 00:07:57,833 Toda a vida. 78 00:08:03,333 --> 00:08:05,875 Discutín cos amigos. 79 00:08:07,083 --> 00:08:08,166 Co Avatar? 80 00:08:08,750 --> 00:08:09,708 Si. 81 00:08:10,291 --> 00:08:12,625 Pensei que me entendían, pero non… 82 00:08:14,375 --> 00:08:15,250 Non o sei. 83 00:08:16,500 --> 00:08:17,416 Escoita. 84 00:08:18,458 --> 00:08:20,416 Xa sei que queres que volva. 85 00:08:20,500 --> 00:08:21,791 Quero. 86 00:08:22,791 --> 00:08:24,625 Por iso vin. 87 00:08:25,291 --> 00:08:26,583 Prométoche 88 00:08:27,583 --> 00:08:29,250 que as cousas cambiarán. 89 00:08:36,333 --> 00:08:37,583 Non estou preparada. 90 00:08:39,791 --> 00:08:42,333 Polo menos teño que falar con eles. 91 00:08:43,083 --> 00:08:44,583 Para aclarar as cousas. 92 00:08:48,500 --> 00:08:50,708 Fai o que creas que está ben. 93 00:08:51,291 --> 00:08:53,666 Teño unha carruaxe esperando, así que… 94 00:08:55,041 --> 00:08:56,833 - Cando queiras marchar… - Non… 95 00:08:58,416 --> 00:08:59,375 Non me esperes. 96 00:09:00,666 --> 00:09:02,041 Se cadra lévame tempo. 97 00:09:05,000 --> 00:09:07,125 Toma todo o tempo que precises. 98 00:09:21,083 --> 00:09:24,916 Vamos acabar o té xuntas. 99 00:09:27,416 --> 00:09:29,083 Coma cando eras pequena. 100 00:09:47,791 --> 00:09:51,041 Recibín un monte de propostas de matrimonio 101 00:09:51,125 --> 00:09:52,583 desde que cheguei aquí. 102 00:09:54,625 --> 00:09:56,583 Os homes son o peor, non si? 103 00:10:01,000 --> 00:10:04,166 Coma os dous parvos que teu pai mandou para levarte. 104 00:10:04,250 --> 00:10:05,625 Mamá, non… 105 00:10:08,041 --> 00:10:10,875 Síntome rara. 106 00:10:12,583 --> 00:10:14,666 Debérate vir buscar eu. 107 00:10:25,541 --> 00:10:28,125 Podiamos ter feito isto hai moito tempo. 108 00:10:58,291 --> 00:10:59,250 Perdón. 109 00:11:00,083 --> 00:11:01,625 Isto é culpa miña. 110 00:11:08,291 --> 00:11:09,291 Quen es? 111 00:11:11,916 --> 00:11:13,291 Éche mellor non sabelo. 112 00:11:15,583 --> 00:11:18,833 Capturáronte por axudarme. Claro que o quero saber. 113 00:11:19,875 --> 00:11:21,375 Quéroche dar as grazas. 114 00:11:23,291 --> 00:11:24,250 Non o farás. 115 00:11:27,583 --> 00:11:29,250 Agora tes que dar a volta. 116 00:11:39,666 --> 00:11:40,708 Zuko? 117 00:11:45,541 --> 00:11:47,500 E que facemos? Pelexar a morte? 118 00:11:47,583 --> 00:11:48,750 Non pelexo contigo. 119 00:11:48,833 --> 00:11:50,375 Vaia. 120 00:11:50,875 --> 00:11:51,708 Ti. 121 00:11:52,750 --> 00:11:53,916 Ti! 122 00:11:56,708 --> 00:11:58,833 - Son parva. - Non es tal. 123 00:12:00,375 --> 00:12:03,041 - Pensei que eras bo… - Inténtoo. 124 00:12:03,125 --> 00:12:04,416 Aang tiña razón. 125 00:12:06,916 --> 00:12:08,000 Tiñan razón todos. 126 00:12:09,291 --> 00:12:11,750 Non fixen máis ca parvadas. 127 00:12:11,833 --> 00:12:13,166 E fun egoísta. 128 00:12:14,125 --> 00:12:17,375 Púxenos a todos en perigo e isto téñoo ben merecido. 129 00:12:17,458 --> 00:12:20,041 Estar encerrada nunha cova cun monstro. 130 00:12:31,208 --> 00:12:32,500 Amigos, 131 00:12:32,583 --> 00:12:35,458 preguntarédesvos por que vos chamei aquí hoxe. 132 00:12:36,041 --> 00:12:38,125 O rei da Terra descubriu un complot 133 00:12:38,208 --> 00:12:40,708 para debilitar a seguridade da cidade. 134 00:12:40,791 --> 00:12:43,875 O rei ordenoume desfacerme dos conspiradores, 135 00:12:43,958 --> 00:12:46,291 algúns dos cales están arredor da mesa. 136 00:12:46,375 --> 00:12:49,666 - Onde está a xenerala Sung? - Arrestada por traizón. 137 00:12:49,750 --> 00:12:50,708 Traizón? 138 00:12:50,791 --> 00:12:53,708 O rei mandoulles aos Dai Li controlar o exército. 139 00:12:53,791 --> 00:12:54,625 Iso é un golpe! 140 00:12:54,708 --> 00:12:56,250 - A comandante… - Onde vai o rei? 141 00:12:56,333 --> 00:12:57,958 …demostrou ser desleal. 142 00:12:58,041 --> 00:12:59,666 Esiximos falar co rei. 143 00:12:59,750 --> 00:13:02,625 Logo veremos quen ostenta o poder, Long Feng. 144 00:13:02,708 --> 00:13:04,958 Igual eu podo botar luz sobre iso. 145 00:13:05,958 --> 00:13:10,083 Que pintan as guerreiras de Kyoshi nos asuntos de Ba Sing Se? 146 00:13:11,375 --> 00:13:12,250 Nada. 147 00:13:13,416 --> 00:13:14,708 Non, espera! 148 00:13:28,583 --> 00:13:30,541 Cambiei de idea sobre o trato. 149 00:13:34,208 --> 00:13:35,708 Quedo eu cos fuxitivos. 150 00:13:37,583 --> 00:13:39,125 E co Avatar. 151 00:13:40,416 --> 00:13:41,583 E coa cidade. 152 00:13:44,000 --> 00:13:46,500 Ba Sing Se agora pertence á Nación do Lume. 153 00:13:49,125 --> 00:13:51,000 Tes algo que dicir diso? 154 00:13:53,083 --> 00:13:53,958 Non, 155 00:13:55,875 --> 00:13:57,000 princesa. 156 00:14:01,166 --> 00:14:02,458 Volve ao teu posto. 157 00:14:12,208 --> 00:14:13,416 Perdemos algo? 158 00:14:32,958 --> 00:14:34,041 Está ben o nome. 159 00:14:35,291 --> 00:14:36,333 Sereno, 160 00:14:36,416 --> 00:14:37,291 pero feroz. 161 00:14:38,583 --> 00:14:41,416 Nomear algo é soñar o seu futuro 162 00:14:41,500 --> 00:14:43,583 e o lugar que ocupará no mundo. 163 00:14:44,583 --> 00:14:45,833 Bo! Yize! 164 00:14:45,916 --> 00:14:48,750 Benvidos ao Dragón de Xasmín. O de sempre? 165 00:14:48,833 --> 00:14:51,708 Preciso o especial, Mushi. Non durmín nada onte. 166 00:14:51,791 --> 00:14:55,291 Os Dai Li arrestaron alguén onda a casa, a Dama Pintada. 167 00:14:55,375 --> 00:14:56,291 E o seu secuaz. 168 00:14:56,375 --> 00:14:58,708 Si, o da máscara azul tamén o colleron. 169 00:14:58,791 --> 00:15:01,208 - Por facer boas obras. - Mushi, collo… 170 00:15:01,291 --> 00:15:02,416 Mushi! 171 00:15:03,791 --> 00:15:04,875 E o meu te, que? 172 00:15:35,333 --> 00:15:36,791 Todo despexado. 173 00:15:37,375 --> 00:15:38,375 De momento. 174 00:15:42,000 --> 00:15:43,333 Grazas por agacharnos. 175 00:15:43,833 --> 00:15:46,000 Hoxe hai Dai Li en todos os sitios. 176 00:15:46,083 --> 00:15:49,041 Descubrín que a Dama Pintada foi arrestada onte. 177 00:15:49,125 --> 00:15:49,958 Katara? 178 00:15:50,041 --> 00:15:52,958 Ela é a razón pola que seguimos nesta pelexa. 179 00:15:54,333 --> 00:15:57,250 E Toph Beifong marchou da cidade hoxe con súa nai. 180 00:15:57,833 --> 00:15:58,708 O que? 181 00:15:58,791 --> 00:15:59,625 Non sei. 182 00:16:01,041 --> 00:16:02,041 E Sokka, que? 183 00:16:02,125 --> 00:16:03,291 Non hai rastro del. 184 00:16:07,708 --> 00:16:10,291 Os Dai Li teñen un cárcere baixo terra. 185 00:16:10,375 --> 00:16:11,791 Teñen que telos alí. 186 00:16:11,875 --> 00:16:14,583 Un de Omashu pode seguir un axente dos Dai Li. 187 00:16:14,666 --> 00:16:16,333 Todos queremos axudar. 188 00:16:16,416 --> 00:16:17,708 É demasiado perigoso. 189 00:16:19,416 --> 00:16:22,125 Marchei de Senlin para Gaipan 190 00:16:22,625 --> 00:16:24,208 e a guerra seguiume. 191 00:16:24,291 --> 00:16:28,125 Logo marchei para Omashu e a guerra seguiume. Agora estamos aquí. 192 00:16:29,333 --> 00:16:31,875 Non podemos fuxir do perigo. 193 00:16:32,375 --> 00:16:33,791 Hai que afrontalo. 194 00:16:35,166 --> 00:16:36,000 Vale. 195 00:16:37,208 --> 00:16:38,708 Pero disto encárgome eu. 196 00:16:40,250 --> 00:16:41,083 Vale. 197 00:16:43,500 --> 00:16:44,958 Pero fai o favor… 198 00:16:45,958 --> 00:16:47,125 ten tino, Aang. 199 00:16:47,208 --> 00:16:48,208 Xa. 200 00:16:49,583 --> 00:16:52,416 E cando atopes a Sai, dillo. 201 00:16:53,000 --> 00:16:53,833 Si. 202 00:16:54,958 --> 00:16:55,791 Direillo. 203 00:16:58,208 --> 00:16:59,416 Grazas. 204 00:17:05,500 --> 00:17:08,625 Os Dai Li tomaron o mando militar da garda da muralla. 205 00:17:08,708 --> 00:17:13,500 Iso significa que o exército está agora baixo o noso… o teu mando. 206 00:17:14,000 --> 00:17:17,166 Tamén capturamos todos os acompañantes do Avatar, 207 00:17:17,250 --> 00:17:19,625 pero o Avatar resúltanos esquivo. 208 00:17:20,625 --> 00:17:22,541 Virá polos seus amigos. 209 00:17:27,500 --> 00:17:29,666 Onte tamén capturaron outro. 210 00:17:32,291 --> 00:17:33,541 Tiña isto. 211 00:17:36,250 --> 00:17:37,250 Onde está agora? 212 00:17:37,333 --> 00:17:38,666 No lago Laogai. 213 00:17:49,458 --> 00:17:52,166 Dixo que ía matar a Zuko. 214 00:17:52,750 --> 00:17:53,583 Si. 215 00:17:54,500 --> 00:17:56,166 Trouxécheslle as espadas. 216 00:17:57,916 --> 00:17:58,750 Si. 217 00:18:00,125 --> 00:18:01,833 Dixécheslle onde estaba Zuko. 218 00:18:07,833 --> 00:18:08,666 Si. 219 00:18:10,416 --> 00:18:13,083 Un símbolo de unidade entre a nosa xente. 220 00:18:14,125 --> 00:18:15,000 Ah. 221 00:18:19,958 --> 00:18:22,333 Non lle querías a Zuko? 222 00:18:27,375 --> 00:18:28,708 Tamén che quero a ti. 223 00:18:31,583 --> 00:18:33,208 Pero mataríate. 224 00:18:34,541 --> 00:18:35,375 Si. 225 00:18:37,250 --> 00:18:38,125 É certo. 226 00:18:58,500 --> 00:19:00,000 Abriríaa eu co meu poder. 227 00:19:00,916 --> 00:19:02,000 Non sería difícil. 228 00:19:11,000 --> 00:19:12,916 Ao mellor si que é difícil. 229 00:19:21,416 --> 00:19:22,708 Xeneral Iroh. 230 00:19:24,541 --> 00:19:25,666 Que fas aquí? 231 00:19:25,750 --> 00:19:26,916 Non son xeneral. 232 00:19:27,416 --> 00:19:28,541 Xa non o son. 233 00:19:30,458 --> 00:19:33,916 Estou aquí pola mesma razón ca ti. Unha misión rescate. 234 00:19:37,208 --> 00:19:38,041 Vale. 235 00:19:40,125 --> 00:19:41,458 Podemos colaborar. 236 00:19:43,125 --> 00:19:45,791 Pero non vai ser doado. 237 00:19:47,375 --> 00:19:50,208 Uns amigos dixéronme que hai outra entrada. 238 00:19:50,291 --> 00:19:52,833 Unha porta secreta que puxo a Avatar Kyoshi. 239 00:19:54,125 --> 00:19:55,666 Vamos, logo. 240 00:20:06,500 --> 00:20:07,500 Queres axuda? 241 00:20:08,000 --> 00:20:09,083 Túa non. 242 00:20:09,166 --> 00:20:11,083 Así non imos saír nunca de aquí. 243 00:20:11,166 --> 00:20:12,500 Ai, non? 244 00:20:12,583 --> 00:20:16,750 Así non sairemos do cárcere no que ti mereces estar, pero eu non. 245 00:20:17,666 --> 00:20:18,666 Confiei en ti. 246 00:20:20,083 --> 00:20:22,458 Todo isto é parte dun plan? 247 00:20:23,250 --> 00:20:25,166 Ti xa sabías que era eu? 248 00:20:25,791 --> 00:20:28,791 Perseguíchesme para atopar a Aang coa trampa esta? 249 00:20:28,875 --> 00:20:31,125 Cres que me vai vir rescatar 250 00:20:31,208 --> 00:20:33,375 e por fin obterás o teu premio. 251 00:20:35,791 --> 00:20:38,583 A min non se me ocorrera un plan tan elaborado. 252 00:20:39,791 --> 00:20:41,291 Eu non tiña plan ningún. 253 00:20:42,041 --> 00:20:45,625 Cando vin os Dai Li atacándote, axudeiche. Por iso estou aquí. 254 00:20:45,708 --> 00:20:46,750 Ai, xa. 255 00:20:47,291 --> 00:20:50,958 Vou crer que foi un acto inocente do fillo do Señor do Lume? 256 00:20:51,625 --> 00:20:55,208 Levades a guerra, a violencia e o odio no sangue. 257 00:20:55,791 --> 00:21:00,500 Perdéronse xeracións enteiras pola ambición de poder da túa familia. 258 00:21:01,208 --> 00:21:02,708 Montes queimados. 259 00:21:03,208 --> 00:21:05,041 Familias separadas. 260 00:21:05,125 --> 00:21:07,375 Xente que xa non existe. 261 00:21:08,791 --> 00:21:10,291 Por culpa túa, 262 00:21:10,916 --> 00:21:12,250 de teu pai 263 00:21:12,833 --> 00:21:13,708 e de seu pai. 264 00:21:13,791 --> 00:21:16,333 E de todos os descendentes de Sozin. 265 00:21:19,625 --> 00:21:23,458 Os mestres da auga da miña tribo foron secuestrados ou asasinados. 266 00:21:23,958 --> 00:21:26,250 Nenos secuestrados. 267 00:21:27,750 --> 00:21:29,208 Agás eu. 268 00:21:32,000 --> 00:21:33,541 Agacheime para sobrevivir. 269 00:21:34,166 --> 00:21:37,208 Teño que cargar coa culpa diso todos os días. 270 00:21:37,291 --> 00:21:40,208 Síntome culpable porque sobrevivín. 271 00:21:41,875 --> 00:21:42,791 Ti que sentes? 272 00:21:50,000 --> 00:21:50,916 Nada? 273 00:21:54,125 --> 00:21:55,458 Como te atreves? 274 00:21:56,500 --> 00:21:59,666 Non tes nin idea do que me fixo sufrir esta guerra. 275 00:22:01,041 --> 00:22:02,416 A min persoalmente. 276 00:22:05,833 --> 00:22:08,416 A Nación do Lume arrebatoume a miña nai. 277 00:22:15,833 --> 00:22:16,875 Perdoa. 278 00:22:18,625 --> 00:22:20,333 Xa temos algo en común. 279 00:22:27,291 --> 00:22:29,750 Hai séculos que non se usa esta porta. 280 00:22:30,833 --> 00:22:32,541 Como capturaron a Zuko? 281 00:22:34,333 --> 00:22:36,666 Collérono facendo unha boa obra. 282 00:22:38,708 --> 00:22:40,125 Vale máis do que parece. 283 00:22:41,083 --> 00:22:44,000 O Avatar percibe cousas alén das aparencias. 284 00:22:47,708 --> 00:22:50,583 Cheguei aquí grazas aos amigos, pero… 285 00:22:52,041 --> 00:22:54,041 arredeinos de min e capturáronos. 286 00:22:54,708 --> 00:22:57,416 Iso é o que percibe o Avatar. 287 00:22:57,500 --> 00:22:59,041 Non sería todo culpa túa. 288 00:22:59,125 --> 00:23:00,125 Foi tal. 289 00:23:00,208 --> 00:23:02,958 Fun totalmente egoísta. 290 00:23:03,041 --> 00:23:05,041 Centreime só no que eu precisaba. 291 00:23:06,291 --> 00:23:07,125 Pero… 292 00:23:09,333 --> 00:23:10,500 vou cambiar. 293 00:23:12,125 --> 00:23:15,375 Farei o que faga falta para arranxar as cousas con eles. 294 00:23:15,458 --> 00:23:17,416 Para ser o que precisen que sexa. 295 00:23:17,916 --> 00:23:19,125 Non. 296 00:23:19,208 --> 00:23:22,958 Non debías facer iso e ademais sei que non podes. 297 00:23:23,541 --> 00:23:26,208 Se o intentas, non os axudarás. 298 00:23:26,291 --> 00:23:28,500 E ademais deixarás de ser ti mesmo. 299 00:23:29,083 --> 00:23:31,708 As verdadeiras amizades sobreviven á verdade. 300 00:23:31,791 --> 00:23:34,083 As mellores ata melloran grazas a ela. 301 00:23:34,833 --> 00:23:36,875 Ti tes que ser quen es, 302 00:23:36,958 --> 00:23:40,916 pero tamén tes que permitirlles a eles ser quen son. 303 00:23:43,416 --> 00:23:46,791 Pero… que pasa se non lles gusta como son? 304 00:23:48,583 --> 00:23:50,541 Iso non o podes controlar ti. 305 00:23:54,333 --> 00:23:56,083 Ti conseguíchelo? 306 00:23:56,583 --> 00:23:59,458 Ser ti mesmo todo este tempo? 307 00:24:02,000 --> 00:24:04,083 É un proxecto que dura toda a vida. 308 00:24:04,166 --> 00:24:05,875 Estou a lidar con iso agora. 309 00:24:29,416 --> 00:24:30,625 Polo visto, 310 00:24:31,250 --> 00:24:35,375 Kyoshi usou estes cárceres no seu tempo hai centos de anos. 311 00:24:40,041 --> 00:24:41,416 Esta porta é do Avatar. 312 00:24:42,916 --> 00:24:45,041 Cómpre dominar os catro elementos para abrila. 313 00:24:45,875 --> 00:24:47,666 Sorte que nos atopamos, logo. 314 00:25:19,958 --> 00:25:21,083 Espera aquí, Momo. 315 00:25:25,916 --> 00:25:27,375 Non, xa o sei! 316 00:25:27,458 --> 00:25:29,708 Foi a tarada esa disfrazada de Kyoshi. 317 00:25:29,791 --> 00:25:33,541 Golpeoume e domeoume os músculos. Por iso non me podo mover. 318 00:25:34,083 --> 00:25:35,333 - Si. - Claro. 319 00:25:35,416 --> 00:25:37,833 - Polo menos estou contigo. - Certo. 320 00:25:38,375 --> 00:25:40,916 - Xuntos podemos saír. - Iso non é posible. 321 00:25:41,416 --> 00:25:44,666 Que dis? Para nós todo é posible, sobre todo para ti. 322 00:25:44,750 --> 00:25:47,000 - Es o máis listo. - Xa o intentei. 323 00:25:47,083 --> 00:25:49,250 Con nobreza e valentía. 324 00:25:50,458 --> 00:25:53,458 Cando me arrestaron, interrogáronme no palacio, 325 00:25:53,541 --> 00:25:54,875 pero non cantei. 326 00:25:55,375 --> 00:25:57,791 Encerráronme na torre máis alta. 327 00:25:57,875 --> 00:25:59,500 Esixín ver o rei. 328 00:26:00,541 --> 00:26:03,458 Entendo a realeza, por suposto. Teño un status. 329 00:26:03,541 --> 00:26:04,833 Pero negáronse. 330 00:26:04,916 --> 00:26:09,125 Dixen que tiña información para salvar o mundo. E riron na miña cara. 331 00:26:10,708 --> 00:26:14,333 Pecharon a porta cos poderes. Foi estrondoso e perturbador. 332 00:26:15,125 --> 00:26:17,958 Pero logo pregunteime que faría Teo. 333 00:26:18,541 --> 00:26:21,833 Aínda que estaba desmoralizado, intentei fuxir. 334 00:26:21,916 --> 00:26:22,916 Como? 335 00:26:23,000 --> 00:26:25,458 Atando sabas e guindándoas pola ventá. 336 00:26:25,541 --> 00:26:27,250 - Magnífico. - Desastroso. 337 00:26:27,333 --> 00:26:29,208 - Calculei mal a distancia. - Ala. 338 00:26:29,291 --> 00:26:32,583 - Logo tenteino con explosivos. - Xelatina explosiva? 339 00:26:32,666 --> 00:26:36,166 Todo feito na casa. Demasiado. As cellas medráronme para atrás. 340 00:26:36,250 --> 00:26:37,583 E logo que? 341 00:26:37,666 --> 00:26:39,125 Veume a inspiración. 342 00:26:39,916 --> 00:26:41,375 - Un disfrace. - Si! 343 00:26:41,458 --> 00:26:42,916 - Colléronme xa. - Non! 344 00:26:44,375 --> 00:26:47,291 A miña pinta seica chama a atención. É… 345 00:26:47,791 --> 00:26:50,083 - Sai, unha axudiña! - Xa te agarro! 346 00:26:51,958 --> 00:26:52,791 Ben… 347 00:26:54,541 --> 00:26:56,375 E ocorréuseche outro plan, non? 348 00:26:58,666 --> 00:26:59,500 Non. 349 00:27:00,416 --> 00:27:02,000 Logo trouxéronme aquí. 350 00:27:04,916 --> 00:27:06,708 E desespereime. 351 00:27:12,750 --> 00:27:14,958 O meu fillo está pelexando na guerra. 352 00:27:18,208 --> 00:27:19,083 Amita. 353 00:27:20,666 --> 00:27:23,916 Acababamos de atoparnos e agora perdina. 354 00:27:24,875 --> 00:27:27,000 Cando ti e o Avatar me precisabades, 355 00:27:31,000 --> 00:27:32,208 eu fallei. 356 00:27:33,208 --> 00:27:34,833 Pero iso é moi científico. 357 00:27:36,250 --> 00:27:37,125 Fracasaches. 358 00:27:38,375 --> 00:27:41,291 Cada fracaso é unha oportunidade de aprender. 359 00:27:42,291 --> 00:27:45,541 Tes que fracasar cen veces para topar algo que funcione. 360 00:27:45,625 --> 00:27:49,083 Logo tes que fracasar outras cen para topar outra cousa. 361 00:27:49,166 --> 00:27:53,458 Tes que fracasar mil veces antes de que algo che saia ben. 362 00:27:56,000 --> 00:27:57,125 Mira arredor. 363 00:27:57,750 --> 00:28:00,250 Os muros son de pedra, as portas de metal. 364 00:28:03,166 --> 00:28:04,833 Nós non temos poderes. 365 00:28:05,750 --> 00:28:06,958 Imos morrer aquí. 366 00:28:14,458 --> 00:28:16,708 Os muros son de pedra e de cristal. 367 00:28:23,541 --> 00:28:26,208 Tes razón. Non é todo pedra. 368 00:28:26,291 --> 00:28:28,500 Teñen propiedades diferentes. 369 00:28:28,583 --> 00:28:29,416 Si. 370 00:28:29,500 --> 00:28:30,333 Si! 371 00:28:30,416 --> 00:28:31,791 - Disolvémolos. - Si! 372 00:28:31,875 --> 00:28:34,875 - E buscamos a maneira de saír. - Si. Vamos! 373 00:28:34,958 --> 00:28:37,416 Sokka, es o meu mellor alumno. 374 00:28:38,208 --> 00:28:39,666 Ou o meu mellor mestre. 375 00:28:39,750 --> 00:28:41,750 - Veña, vamos. - Si! 376 00:28:45,583 --> 00:28:46,916 Miña nai era boa. 377 00:28:48,708 --> 00:28:50,541 Víalle o bo á xente. 378 00:28:52,625 --> 00:28:53,666 Ata a min. 379 00:28:57,583 --> 00:28:59,666 Non me chegou a ver con esta cara. 380 00:29:03,458 --> 00:29:04,500 Esta cicatriz. 381 00:29:06,791 --> 00:29:09,958 Todos os que a ven prexúlganme. 382 00:29:10,500 --> 00:29:13,708 Inventan historias, así é fácil atravesar este reino. 383 00:29:16,291 --> 00:29:17,916 Eu parezo unha vítima. 384 00:29:20,416 --> 00:29:22,500 Ningunha das historias que inventan 385 00:29:24,041 --> 00:29:27,500 se achega ao horror da verdade. 386 00:29:35,208 --> 00:29:36,958 Isto fíxomo meu pai. 387 00:29:40,208 --> 00:29:44,875 Sabes o duro que é para un mestre do lume que o queimen? 388 00:29:47,125 --> 00:29:48,625 Que o queimen de verdade. 389 00:29:49,916 --> 00:29:50,916 Cunha cicatriz 390 00:29:51,833 --> 00:29:53,000 para toda a vida. 391 00:29:54,166 --> 00:29:56,541 Ten que baixar totalmente a garda 392 00:29:56,625 --> 00:29:59,166 e desactivar os instintos cos que nace. 393 00:30:01,791 --> 00:30:03,416 Coma se afoga unha mestra da auga. 394 00:30:07,166 --> 00:30:08,791 Meu pai faríame a cicatriz, 395 00:30:11,541 --> 00:30:12,625 pero, no fondo, 396 00:30:16,833 --> 00:30:19,625 unha parte de min 397 00:30:20,958 --> 00:30:22,458 cría que eu o merecía. 398 00:30:35,166 --> 00:30:36,500 Esa parte permitiullo. 399 00:30:58,583 --> 00:31:00,333 Como meu pai me odia, 400 00:31:01,375 --> 00:31:03,041 todos os demais tamén o fan. 401 00:31:04,250 --> 00:31:06,291 Os desertores da Nación do Lume? 402 00:31:07,291 --> 00:31:10,208 Odiaríanme se soubesen quen son. 403 00:31:17,833 --> 00:31:19,541 Por que os defendiches? 404 00:31:20,500 --> 00:31:22,333 Porque estaban indefensos. 405 00:31:23,458 --> 00:31:24,500 E ti por que? 406 00:31:27,291 --> 00:31:28,458 Pola mesma razón. 407 00:31:33,791 --> 00:31:36,666 Durante moito tempo, cando vía a cara do inimigo, 408 00:31:38,958 --> 00:31:40,208 vía a túa cara. 409 00:31:46,875 --> 00:31:48,625 Por moito… 410 00:31:49,916 --> 00:31:52,041 que ti odies esta cara, Katara, 411 00:31:54,291 --> 00:31:56,500 máis a odio eu. 412 00:31:59,750 --> 00:32:01,250 Agora xa non vexo iso. 413 00:32:03,541 --> 00:32:05,333 Agora vexo alguén que sofre. 414 00:32:07,708 --> 00:32:09,375 Alguén que precisa curarse. 415 00:32:19,666 --> 00:32:21,833 Isto é auga do Oasis dos Espíritos. 416 00:32:22,833 --> 00:32:27,125 É coñecida por curar as feridas máis profundas e máis graves. 417 00:32:29,041 --> 00:32:31,833 Tamén as que se remontan varias xeracións atrás. 418 00:32:41,708 --> 00:32:42,625 Podo… 419 00:32:45,166 --> 00:32:46,500 intentar curarte? 420 00:32:54,500 --> 00:32:57,291 Agardo uniformes para todos os oficiais. 421 00:32:59,750 --> 00:33:01,666 Chegaches, ministro de cultura. 422 00:33:02,250 --> 00:33:03,875 Este é o xeneral Vinh Tran. 423 00:33:04,375 --> 00:33:06,875 Administrará Ba Sing Se na miña ausencia. 424 00:33:08,166 --> 00:33:10,333 Fala con el coma se fose comigo. 425 00:33:11,708 --> 00:33:12,625 Eh? 426 00:33:19,083 --> 00:33:20,375 Ministro de cultura, 427 00:33:20,458 --> 00:33:23,333 hai que retirar os cascallos de todas as vías 428 00:33:23,416 --> 00:33:25,666 e afastar os vendedores ambulantes. 429 00:33:25,750 --> 00:33:29,791 Non queremos perturbacións cando o noso exército entre nas rúas. 430 00:33:32,791 --> 00:33:34,166 Ministro de cultura. 431 00:33:38,083 --> 00:33:39,250 Encárgome eu diso. 432 00:33:41,500 --> 00:33:44,791 Cando cheguen os nosos homes, os vosos obedeceranlles. 433 00:33:45,500 --> 00:33:47,291 Os de rango alto e baixo. 434 00:33:49,250 --> 00:33:51,208 Non hai guerra en Ba Sing Se. 435 00:33:51,291 --> 00:33:53,916 Non hai guerra en Ba Sing Se. 436 00:33:54,416 --> 00:33:56,875 Non hai guerra en Ba Sing Se. 437 00:33:56,958 --> 00:33:59,125 Non hai guerra en Ba Sing Se. 438 00:34:00,000 --> 00:34:02,500 Non hai guerra en Ba Sing Se. 439 00:34:02,583 --> 00:34:04,833 Non hai guerra en Ba Sing Se. 440 00:34:04,916 --> 00:34:07,500 Non hai guerra en Ba Sing Se. 441 00:34:07,583 --> 00:34:09,708 Non hai guerra en Ba Sing Se. 442 00:34:10,291 --> 00:34:12,666 Non hai guerra en Ba Sing Se. 443 00:34:12,750 --> 00:34:14,750 Non hai guerra en Ba Sing Se. 444 00:34:14,833 --> 00:34:17,875 Non hai guerra en Ba Sing Se. 445 00:34:17,958 --> 00:34:20,625 Non hai guerra en Ba Sing Se. 446 00:34:20,708 --> 00:34:23,416 Non hai guerra en Ba Sing Se. 447 00:34:26,333 --> 00:34:27,500 Non. 448 00:34:27,583 --> 00:34:30,541 Non hai guerra en Ba Sing Se. 449 00:34:37,958 --> 00:34:39,708 Non hai guerra 450 00:34:40,875 --> 00:34:42,791 en Ba Sing Se. 451 00:34:44,500 --> 00:34:48,333 Non hai guerra en Ba Sing Se. 452 00:34:49,083 --> 00:34:53,458 Non hai guerra en Ba Sing Se. 453 00:34:53,958 --> 00:34:58,458 Non hai guerra en Ba Sing Se! 454 00:34:59,416 --> 00:35:01,833 Viríache ben algo máis de tempo aquí. 455 00:35:01,916 --> 00:35:02,916 Por favor! 456 00:35:03,000 --> 00:35:04,625 Non me deixes aquí! 457 00:35:05,500 --> 00:35:07,333 Por favor! 458 00:35:07,875 --> 00:35:10,958 Fareille o que sexa ao ministro! 459 00:35:11,791 --> 00:35:14,291 Non hai guerra en Ba Sing Se! 460 00:35:14,375 --> 00:35:17,125 Non hai guerra en Ba Sing Se! 461 00:35:17,208 --> 00:35:19,791 Se non precisas máis, perdes un ollo. 462 00:35:19,875 --> 00:35:24,000 Cómpre un cacho de cristal para experimentar co que teñamos á man. 463 00:35:24,083 --> 00:35:25,083 Moi ben. 464 00:35:25,166 --> 00:35:26,000 Si. 465 00:35:28,291 --> 00:35:29,583 Isto será boa idea? 466 00:35:30,416 --> 00:35:32,416 É a mellor que temos. 467 00:35:32,500 --> 00:35:34,500 - Sokka! - Agora non, Aang! 468 00:35:35,375 --> 00:35:36,416 - Aang! - Aang! 469 00:35:37,958 --> 00:35:40,416 - Canto me alegro de verte! - Eu tamén. 470 00:35:42,791 --> 00:35:44,500 - Sokka… - Xa sei. 471 00:35:45,000 --> 00:35:46,083 Ben, todo ben. 472 00:35:46,666 --> 00:35:47,708 Todo ben, vale? 473 00:35:49,666 --> 00:35:51,500 El axúdanos na nosa misión. 474 00:35:52,458 --> 00:35:53,666 A Zuko collérono. 475 00:35:53,750 --> 00:35:57,750 Xa sei que é difícil de crer, pero meu sobriño no fondo é bo. 476 00:35:57,833 --> 00:35:59,500 Pois a ver se se lle nota. 477 00:35:59,583 --> 00:36:00,666 Sokka… 478 00:36:01,916 --> 00:36:03,166 Katara está aquí. 479 00:36:06,875 --> 00:36:10,500 Se nos axudas a atopar os amigos e liscar, crerei o que sexa. 480 00:36:12,041 --> 00:36:13,916 Vale, vamos. 481 00:36:14,416 --> 00:36:18,000 Ao mellor esta é a razón pola que me deron esta auga. 482 00:36:19,250 --> 00:36:20,833 Para curarte a ti. 483 00:36:22,833 --> 00:36:24,083 Eu non a merezo. 484 00:36:27,208 --> 00:36:28,166 Merecerala. 485 00:36:45,291 --> 00:36:46,625 Arreda de onda ela! 486 00:36:46,708 --> 00:36:50,416 Sokka, para! Axudoume, por iso o arrestaron. 487 00:36:50,500 --> 00:36:51,583 O que? 488 00:36:51,666 --> 00:36:54,125 Quítame as mans de encima ou quéimochas. 489 00:36:54,208 --> 00:36:56,250 Zuko. Os dous. 490 00:36:57,041 --> 00:36:59,208 Axudoulle á xente, vino eu. 491 00:37:14,333 --> 00:37:15,666 - Perdoa. - Perdoa. 492 00:37:21,791 --> 00:37:22,875 Caíches. 493 00:37:23,791 --> 00:37:28,000 Está despexado. Estamos todos ou hai que rescatar alguén? 494 00:37:28,916 --> 00:37:30,666 Toph marchou con súa nai, 495 00:37:30,750 --> 00:37:33,916 pero Appa está nunha cela por aquí e ímolo buscar. 496 00:37:35,833 --> 00:37:37,250 Vós que ides facer? 497 00:37:40,208 --> 00:37:41,666 Axudoume a atoparte. 498 00:37:46,916 --> 00:37:48,291 Liscamos todos. 499 00:37:57,000 --> 00:37:58,250 Katara, 500 00:38:00,541 --> 00:38:02,166 quéroche pedir perdón. 501 00:38:02,958 --> 00:38:05,791 Fun inxusto contigo. Non te debín afastar. 502 00:38:06,375 --> 00:38:07,375 Tranquilo. 503 00:38:08,625 --> 00:38:09,833 Perdoa ti tamén. 504 00:38:11,083 --> 00:38:12,958 - É mellor marchar. - Espera. 505 00:38:14,416 --> 00:38:15,708 Teño que dicilo. 506 00:38:17,166 --> 00:38:20,666 Aínda que non houbese nada disto nin eu fose o Avatar, 507 00:38:20,750 --> 00:38:24,750 nin ti foses mestra da auga nin tivésemos que salvar o mundo, 508 00:38:26,166 --> 00:38:27,000 eu… 509 00:38:34,583 --> 00:38:37,208 Nós seguiriamos sendo amigos 510 00:38:40,416 --> 00:38:41,583 Claro que si. 511 00:38:42,625 --> 00:38:44,416 Unha discusión non cambia iso. 512 00:38:45,291 --> 00:38:46,125 Ben. 513 00:38:47,833 --> 00:38:50,041 Xa o sinto. Appa está por aquí. 514 00:38:52,333 --> 00:38:53,291 Gardas. 515 00:38:53,375 --> 00:38:54,375 Fuxide! 516 00:39:10,583 --> 00:39:11,708 Joo Dee. 517 00:39:12,958 --> 00:39:15,208 Ei, podémoste sacar de aquí. 518 00:39:15,791 --> 00:39:17,250 Podes vir connosco. 519 00:39:22,958 --> 00:39:26,625 O Avatar está aquí! Non o deixedes escapar! 520 00:39:26,708 --> 00:39:28,666 O Avatar está aquí! 521 00:39:28,750 --> 00:39:30,250 Está aquí! 522 00:39:42,208 --> 00:39:43,375 Separádeos! 523 00:39:59,750 --> 00:40:01,958 Envelenáchesme! 524 00:40:02,041 --> 00:40:04,208 É papoula de cotovía cristada. 525 00:40:04,791 --> 00:40:07,500 Eu úsoa para durmir ben. Non esaxeres. 526 00:40:07,583 --> 00:40:10,291 Son a túa filla e vas e secuéstrasme? 527 00:40:10,375 --> 00:40:11,208 Si. 528 00:40:12,583 --> 00:40:13,666 Es a miña filla. 529 00:40:14,458 --> 00:40:16,000 Alégrame que te decatases. 530 00:40:17,166 --> 00:40:19,916 Xa me agradecerás o que fixen por ti hoxe. 531 00:40:21,041 --> 00:40:23,750 Facer o plan, as escusas, 532 00:40:23,833 --> 00:40:28,291 chegar a este extremo para protexer a miña filla de si mesma. 533 00:40:30,541 --> 00:40:32,291 Eu non son túa! 534 00:40:34,625 --> 00:40:35,833 Mentiches! 535 00:40:36,958 --> 00:40:38,041 Mentiches! 536 00:40:38,833 --> 00:40:40,041 Non che importo. 537 00:40:41,000 --> 00:40:42,250 Nunca che importei. 538 00:40:43,833 --> 00:40:45,291 Nunca me quixeches. 539 00:40:50,166 --> 00:40:51,583 Avergóñaste de min. 540 00:40:53,666 --> 00:40:55,125 Por que será? 541 00:40:56,333 --> 00:40:58,375 Se nin sequera me coñeces. 542 00:41:02,458 --> 00:41:04,000 Ti nin sequera me coñeces. 543 00:41:13,416 --> 00:41:14,375 Eles si. 544 00:41:19,791 --> 00:41:21,375 Eles si. 545 00:41:25,916 --> 00:41:28,125 Eles saben quen son. 546 00:41:39,500 --> 00:41:42,708 Eu sei quen son! 547 00:41:54,333 --> 00:41:56,375 Iso… é imposible! 548 00:41:56,458 --> 00:42:00,041 Son Toph Beifong e inventei o control do metal. 549 00:42:17,166 --> 00:42:20,041 Son a mellor mestra da terra do mundo! 550 00:42:49,125 --> 00:42:50,500 Está aí. 551 00:42:54,208 --> 00:42:55,708 Tíveno vixiado. 552 00:42:58,458 --> 00:43:01,500 Podemos saír todos de aquí xuntos. 553 00:43:03,250 --> 00:43:04,083 Por que? 554 00:43:06,250 --> 00:43:09,250 A princesa Azula tomou o control da cidade. 555 00:43:09,333 --> 00:43:10,458 Azula? 556 00:43:11,041 --> 00:43:12,208 Azula está aquí? 557 00:43:12,291 --> 00:43:13,291 Como? 558 00:43:13,375 --> 00:43:14,833 Veute buscar. 559 00:43:15,583 --> 00:43:18,416 Fixen o que puiden para protexerte dela. 560 00:43:20,000 --> 00:43:21,833 O exército está destruído. 561 00:43:23,041 --> 00:43:24,416 Ela vai abrir as portas 562 00:43:24,500 --> 00:43:27,041 e a Nación do Lume marchará sobre o palacio. 563 00:43:28,000 --> 00:43:29,708 Agora a nosa única esperanza 564 00:43:30,250 --> 00:43:33,541 é fuxir e pelexar outro día. 565 00:43:36,041 --> 00:43:38,833 En serio pensabas que volvería confiar en ti? 566 00:43:39,875 --> 00:43:41,458 Traizoáchesnos a todos. 567 00:43:41,541 --> 00:43:44,125 Se Azula tomou o poder, é culpa túa. 568 00:43:44,750 --> 00:43:49,625 Fixen o necesario para protexer a cidade e manter a guerra fóra da muralla! 569 00:43:49,708 --> 00:43:52,833 A xente de Ba Sing Se vive en paz grazas a min! 570 00:43:53,750 --> 00:43:56,750 Asumo a responsabilidade e fago o que hai que facer! 571 00:43:57,500 --> 00:44:00,625 E ti enténdelo. 572 00:44:01,791 --> 00:44:02,625 Non. 573 00:44:04,250 --> 00:44:06,250 Porque a min impórtame a xente. 574 00:44:06,791 --> 00:44:11,083 A ti só che importa ter o poder e usalo para salvarte. 575 00:44:12,083 --> 00:44:15,166 Eu nunca che axudaría a escapar. 576 00:44:15,875 --> 00:44:17,250 E non vou fuxir. 577 00:44:18,000 --> 00:44:20,541 Vou quedar aquí para parar a Azula. 578 00:44:20,625 --> 00:44:22,875 Nunca a derrotarás. 579 00:44:23,708 --> 00:44:25,958 Es demasiado bo 580 00:44:26,041 --> 00:44:28,583 e iso faite débil. 581 00:44:39,958 --> 00:44:42,791 Xa verás como teño razón, Aang. 582 00:44:43,916 --> 00:44:46,500 Ti non podes gañar. 583 00:44:49,958 --> 00:44:53,333 Fuxe. Fuxe mentres podes. 584 00:45:21,708 --> 00:45:22,750 Appa! 585 00:45:33,416 --> 00:45:35,125 Estrañeite moito. 586 00:45:46,500 --> 00:45:47,541 Xa sei. 587 00:46:05,750 --> 00:46:07,583 Teño que ir salvar os outros. 588 00:46:07,666 --> 00:46:09,958 E axiña te seguirei. 589 00:46:10,458 --> 00:46:12,000 Estaremos sempre xuntos. 590 00:46:14,250 --> 00:46:15,250 Prométocho. 591 00:46:25,291 --> 00:46:26,375 Non te preocupes. 592 00:46:28,708 --> 00:46:29,583 Appa, 593 00:46:30,125 --> 00:46:30,958 vaite. 594 00:46:57,541 --> 00:47:00,125 Por que non quedaches no teu cuarto, neno? 595 00:47:27,291 --> 00:47:28,708 Vale, réndome! 596 00:47:32,541 --> 00:47:33,750 Búmerang! 597 00:47:34,666 --> 00:47:35,833 Ti sempre volves. 598 00:47:36,708 --> 00:47:38,875 Vén aí alguén máis. 599 00:47:40,750 --> 00:47:43,458 Aang! Estás a salvo. Onde vai Appa? 600 00:47:43,541 --> 00:47:45,833 Mandeino á superficie con Momo. 601 00:47:45,916 --> 00:47:48,875 - Onde van Iroh e Zuko? - Separáronnos na liorta. 602 00:47:48,958 --> 00:47:51,125 Temos que marchar. Eles deféndense. 603 00:47:51,208 --> 00:47:53,041 Non, a cidade non está a salvo. 604 00:47:53,125 --> 00:47:56,083 Azula e a Nación do Lume tomaron a cidade. Hai que parala. 605 00:47:56,166 --> 00:47:57,125 Azula? 606 00:47:57,708 --> 00:47:59,708 Aquí estades. Atopei unha saída. 607 00:48:00,416 --> 00:48:01,250 Vamos. 608 00:48:01,333 --> 00:48:02,333 Veña. 609 00:48:40,958 --> 00:48:43,166 Canto tempo seguiremos así, Zuko? 610 00:48:43,875 --> 00:48:47,375 Canto tempo máis faremos o que el di? Pelexar un co outro. 611 00:48:48,291 --> 00:48:50,125 Ata que un dos dous gañe. 612 00:48:54,083 --> 00:48:55,875 Mamá considerábame un monstro. 613 00:48:55,958 --> 00:48:59,541 Non fales dela. Nunca. 614 00:49:18,291 --> 00:49:20,916 Igual isto non pasaba se non a levasen a ela. 615 00:49:24,958 --> 00:49:25,916 Perdón. 616 00:49:27,166 --> 00:49:29,958 Perdón por non calar aquela noite na carruaxe. 617 00:49:31,083 --> 00:49:32,291 É culpa miña. 618 00:49:36,708 --> 00:49:39,000 Ela dixo que nos mantivésemos unidos. 619 00:49:41,208 --> 00:49:43,333 Para térmonos sempre un ao outro. 620 00:49:54,541 --> 00:49:56,375 Ao mellor podiamos, Zuko. 621 00:49:58,291 --> 00:49:59,750 Tomei a cidade. 622 00:50:00,958 --> 00:50:04,458 O noso exército marcha polas rúas neste mesmo momento. 623 00:50:04,958 --> 00:50:07,750 O Reino da Terra vai caer. 624 00:50:08,750 --> 00:50:11,375 É un día glorioso na historia da nosa nación. 625 00:50:16,500 --> 00:50:17,875 Podiámolo compartir. 626 00:50:26,625 --> 00:50:29,708 Pero non te obrigarei a volver á casa, se non queres. 627 00:50:33,416 --> 00:50:34,833 Ti decides. 628 00:50:52,625 --> 00:50:53,958 Esta é a saída. 629 00:50:54,708 --> 00:50:55,541 Nótoa. 630 00:51:01,541 --> 00:51:03,416 Vou sacar a Sai de aquí. 631 00:51:21,250 --> 00:51:22,083 Ao chan! 632 00:52:29,416 --> 00:52:32,666 - Funciónanche as extremidades. - A caída axudou, si. 633 00:52:33,750 --> 00:52:34,666 A ver. 634 00:52:35,583 --> 00:52:36,958 Ala, está pechada. 635 00:52:54,958 --> 00:52:56,416 Estráñasme, durmiñón? 636 00:52:57,250 --> 00:52:58,666 Controlas o metal? 637 00:52:58,750 --> 00:53:01,208 Xa falaremos do que eu controlo. 638 00:53:01,291 --> 00:53:03,333 Vamos. Appa está esperando fóra. 639 00:53:04,083 --> 00:53:05,166 Durmiñón? 640 00:53:06,750 --> 00:53:07,958 Xa cho explicarei. 641 00:53:55,541 --> 00:53:57,541 Pensei que cambiaras. 642 00:54:05,916 --> 00:54:07,333 E cambiei. 643 00:54:56,208 --> 00:54:58,333 Réndete, Avatar. 644 00:54:59,083 --> 00:55:00,500 Eu xa gañei. 645 00:55:01,666 --> 00:55:05,791 A pregunta é canto estás ti disposto a perder? 646 00:55:14,333 --> 00:55:18,416 Eu non vou perder a ninguén. 647 00:58:21,625 --> 00:58:23,833 Se morres no estado de Avatar, 648 00:58:25,208 --> 00:58:27,291 o ciclo interromperase 649 00:58:28,708 --> 00:58:32,416 e o mundo quedará desequilibrado para sempre. 650 00:59:07,583 --> 00:59:08,750 Sácao de aquí! 651 01:01:37,583 --> 01:01:38,458 Aang. 652 01:01:45,708 --> 01:01:46,541 Aang! 653 01:01:56,458 --> 01:01:57,333 Aang! 654 01:02:01,416 --> 01:02:02,333 Aang! 655 01:02:05,416 --> 01:02:06,375 Aang! 656 01:02:14,416 --> 01:02:16,333 BASEADA NA SERIE DE ANIMACIÓN DE 657 01:04:10,416 --> 01:04:15,333 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa