1 00:00:29,959 --> 00:00:31,084 Atácannos! 2 00:00:31,084 --> 00:00:32,084 Un ataque! 3 00:01:07,418 --> 00:01:10,543 Coidado, Katara! Vén outro grupo por estribor. 4 00:01:10,543 --> 00:01:12,709 Aang, para os soldados na proa. 5 00:01:12,709 --> 00:01:15,668 Teño que ocuparme dunhas cousiñas. Appa, yip yip! 6 00:01:20,084 --> 00:01:21,126 Veña, vamos. 7 00:01:50,543 --> 00:01:51,793 Vamos! 8 00:02:05,001 --> 00:02:07,918 Bo traballo. Os parvos do lume non van a ningures. 9 00:02:08,418 --> 00:02:09,959 Grazas polo teu plan. 10 00:02:09,959 --> 00:02:11,709 Traballo en equipo macanudo. 11 00:02:13,334 --> 00:02:14,251 Un barco menos. 12 00:02:14,834 --> 00:02:16,126 Cantos máis quedan? 13 00:02:24,876 --> 00:02:26,334 Será unha broma. 14 00:02:57,501 --> 00:03:01,709 O muro é impenetrable e está ben vixiado. Os acantilados miden ducias de metros. 15 00:03:01,709 --> 00:03:03,251 É imposible escalalos. 16 00:03:03,251 --> 00:03:06,751 Ti pensas que son temerario, pero Zhao acurralou o Avatar. 17 00:03:06,751 --> 00:03:09,918 El non vai parar ata collelo, así que eu tampouco. 18 00:03:10,501 --> 00:03:13,501 Dun xeito ou doutro, aquí acabará a miña viaxe. 19 00:03:19,793 --> 00:03:24,126 Busca fendas pola costa, tubos de saída de auga morna da cidade. 20 00:03:24,126 --> 00:03:26,751 Poderíase entrar por eles. 21 00:03:34,668 --> 00:03:35,501 Tío, 22 00:03:37,626 --> 00:03:39,334 Lu Ten estaría orgulloso... 23 00:03:41,376 --> 00:03:42,709 de que foses seu pai. 24 00:03:54,918 --> 00:03:58,376 Lembra o teu alento de lume. Poderíache salvar a vida. 25 00:04:09,126 --> 00:04:10,168 Volverémonos ver 26 00:04:11,668 --> 00:04:14,668 ao que eu capture o Avatar. 27 00:04:22,459 --> 00:04:24,459 Non vos enfrontedes a eles no mar. 28 00:04:24,459 --> 00:04:28,334 Mesmo con todos os vosos mestres nos barcos, eles son demasiados. 29 00:04:28,959 --> 00:04:30,584 Entón, defenderémonos aquí. 30 00:04:31,084 --> 00:04:32,209 Están moi lonxe? 31 00:04:32,209 --> 00:04:35,168 Estarán a distancia de tiro nunha hora ou dúas. 32 00:04:37,001 --> 00:04:40,793 Hai que traer as patrullas e reforzar as liñas defensivas. 33 00:04:44,334 --> 00:04:45,168 Grazas. 34 00:04:49,501 --> 00:04:50,709 Pinta mal, non? 35 00:04:51,334 --> 00:04:54,334 Eles van en serio, pero nós tamén. Diría que 50-50. 36 00:04:57,376 --> 00:04:58,459 60-40. 37 00:05:03,501 --> 00:05:04,584 A onde vas? 38 00:05:05,251 --> 00:05:06,543 Equilibrar a balanza. 39 00:05:12,918 --> 00:05:15,209 Perdoe, almirante, pero estou confuso. 40 00:05:15,793 --> 00:05:19,459 Quere saber por que o barco do mando non encabeza o ataque. 41 00:05:19,459 --> 00:05:21,668 Parece unha estratexia pouco usual. 42 00:05:21,668 --> 00:05:26,001 Non dixera que un ataque frontal aos mestres da auga non ía a ningures? 43 00:05:26,001 --> 00:05:27,084 Si, pero... 44 00:05:27,084 --> 00:05:29,918 Entón, ten sentido atacar por varias frontes. 45 00:05:31,418 --> 00:05:34,001 Abrir outra fronte? Cun barco? 46 00:05:35,001 --> 00:05:38,001 Un barco, pero non unha soa embarcación. 47 00:05:44,168 --> 00:05:46,459 Fixérono enxeñeiros da Nación do Lume? 48 00:05:46,459 --> 00:05:47,751 Non o fixemos nós. 49 00:05:47,751 --> 00:05:50,376 Isto débese aos nosos espías en Omashu. 50 00:05:50,876 --> 00:05:52,584 Este é un prototipo. 51 00:05:52,584 --> 00:05:56,126 Mesmo usando isto para esquivar as defensas de Agna Qel'a, 52 00:05:56,126 --> 00:05:59,668 é demasiado pequeno para carrexar forzas de combate. 53 00:05:59,668 --> 00:06:03,751 Vostede ben sabe que a vitoria non sempre depende da cantidade, 54 00:06:04,334 --> 00:06:06,501 pero debía valer perfectamente. 55 00:06:06,501 --> 00:06:08,793 Valer? Para que? 56 00:06:10,376 --> 00:06:11,626 Fogo! 57 00:06:21,293 --> 00:06:22,584 Aí veñen! 58 00:06:22,584 --> 00:06:23,626 Rápido! 59 00:06:40,584 --> 00:06:42,334 Escudos de xeo xa! 60 00:06:43,209 --> 00:06:45,126 - Veño axudar. - Non é o momento! 61 00:06:45,126 --> 00:06:46,209 Si que o é. 62 00:06:46,209 --> 00:06:48,543 Xa o dixen. As mulleres non combaten! 63 00:06:48,543 --> 00:06:52,209 Xa lle dixen que iso é unha parvada. Esquézase do orgullo. 64 00:06:52,209 --> 00:06:56,543 Xógase a supervivencia dos mestres da auga e toda axuda é boa. 65 00:06:59,543 --> 00:07:01,584 Nosoutras marcamos a diferenza. 66 00:07:01,584 --> 00:07:02,501 "Nosoutras"? 67 00:07:16,418 --> 00:07:20,209 Elas queren o mesmo ca vostede. Poder defender a súa cidade. 68 00:07:22,168 --> 00:07:23,001 Pakku, 69 00:07:23,584 --> 00:07:27,709 de que serve basearse no pasado se nos impide ter un futuro? 70 00:07:30,209 --> 00:07:33,834 Déixate de parvadas, vello choucho, e déixanos botar unha man. 71 00:07:37,209 --> 00:07:39,418 O lado oeste do muro precisa reforzo. 72 00:07:39,918 --> 00:07:41,584 Axudádelles a reparar o dano 73 00:07:42,251 --> 00:07:44,918 e mirade se os guerreiros precisan axuda. 74 00:07:51,959 --> 00:07:54,126 Toda a cidade estará a tiro axiña. 75 00:07:56,418 --> 00:07:59,376 Se furan o muro, sodes a primeira liña de defensa. 76 00:07:59,959 --> 00:08:00,959 Estaremos listos. 77 00:08:00,959 --> 00:08:02,334 Por aquí! 78 00:08:03,209 --> 00:08:04,043 Rápido! 79 00:08:04,043 --> 00:08:05,043 Yue! 80 00:08:06,668 --> 00:08:09,584 Non me vou agachar cando o resto arrisca a vida. 81 00:08:09,584 --> 00:08:12,584 - Escoita. - Non, deixa de sobreprotexerme. 82 00:08:12,584 --> 00:08:13,543 Yue, 83 00:08:14,793 --> 00:08:16,168 se me pasa algo, 84 00:08:18,043 --> 00:08:19,293 quedas ti a cargo. 85 00:08:20,668 --> 00:08:23,751 Ti es o futuro da Tribo da Auga do Norte. 86 00:08:24,668 --> 00:08:25,584 A miña filla. 87 00:08:26,418 --> 00:08:27,751 O meu tesouro. 88 00:08:38,251 --> 00:08:39,418 Sokka. 89 00:08:41,209 --> 00:08:42,584 Tes que ir con Yue 90 00:08:42,584 --> 00:08:45,251 para axudarlle a arredar a xente do muro. 91 00:08:45,251 --> 00:08:49,584 E, sobre todo, encárgate de que non lle pase nada á princesa. 92 00:08:51,543 --> 00:08:53,001 Non a deixarei de lado. 93 00:08:56,168 --> 00:08:57,043 Sokka. 94 00:09:01,126 --> 00:09:02,001 Cóidaa ben. 95 00:09:09,668 --> 00:09:10,709 Vamos! 96 00:09:16,959 --> 00:09:18,043 Vimos axudar. 97 00:09:19,793 --> 00:09:23,168 - O mestre Pakku mandounos onda ti. - Onda min? 98 00:09:23,751 --> 00:09:26,251 Dixo que che axudemos no que poidamos. 99 00:09:26,251 --> 00:09:30,543 Aínda non rematamos a formación, pero faremos o que poidamos. 100 00:09:34,876 --> 00:09:36,876 Reforzade aquela zona. 101 00:09:36,876 --> 00:09:40,418 Se vedes vir bolas de lume, non fagades nada. Avisádeme. 102 00:09:40,418 --> 00:09:41,626 Si, mestra Katara. 103 00:09:42,751 --> 00:09:43,793 Que? Non son... 104 00:10:01,751 --> 00:10:04,584 Os mestres da auga tiran a súa forza da lúa. 105 00:10:05,293 --> 00:10:08,834 Nunha noite coma esta, os seus poderes estarán en máximos. 106 00:10:09,418 --> 00:10:12,084 Propoño que deteña o ataque ata romper o día. 107 00:10:13,918 --> 00:10:14,751 Non. 108 00:10:16,376 --> 00:10:19,209 Estudei algunhas cousas alén deste reino, 109 00:10:19,209 --> 00:10:22,709 por iso sei que esa non é unha lúa calquera. 110 00:10:23,209 --> 00:10:26,793 É a lúa de xeo, un acontecemento cósmico excepcional. 111 00:10:26,793 --> 00:10:31,168 As fronteiras entre o mundo físico e o espiritual 112 00:10:31,168 --> 00:10:34,876 estréitanse... esta noite. 113 00:10:37,126 --> 00:10:40,751 Cando o señor do lume me ordenou conquistar o norte, 114 00:10:40,751 --> 00:10:43,376 xa sabía que non abondaría a forza bruta. 115 00:10:43,959 --> 00:10:46,043 Precisaba algo que me dese vantaxe. 116 00:10:49,501 --> 00:10:50,626 Nada. 117 00:10:50,626 --> 00:10:53,376 Un galimatías sobre tartarugas-león, 118 00:10:53,376 --> 00:10:57,001 equilibrio cósmico e oscilación para adiante e para atrás. 119 00:10:57,001 --> 00:11:00,126 Pódense tirar sabios consellos dos contos antigos. 120 00:11:02,459 --> 00:11:08,168 Agna Qel'a construíuse na terra ancestral da Tribo da Auga, 121 00:11:09,043 --> 00:11:11,084 un oasis espetado no xeo 122 00:11:11,084 --> 00:11:15,793 que lle proporcionou calor e alimento á súa xente nun ambiente adverso. 123 00:11:16,293 --> 00:11:18,126 Foi desde este oasis 124 00:11:18,626 --> 00:11:20,959 que a tribo mirou para o ceo 125 00:11:20,959 --> 00:11:23,001 e aprendeu a dominar a auga, 126 00:11:23,709 --> 00:11:26,751 mirando como a Lúa empuxa as mareas adiante e atrás. 127 00:11:28,001 --> 00:11:30,376 Os mestres da auga cren 128 00:11:31,043 --> 00:11:33,793 que as súas vidas proceden do espírito do mar, 129 00:11:34,959 --> 00:11:38,751 mentres que os seus poderes proceden do espírito da Lúa. 130 00:11:41,209 --> 00:11:43,834 Estes espíritos abandonan a súa inmortalidade 131 00:11:43,834 --> 00:11:47,584 unha noite ao ano para estar cos mestres da auga. 132 00:11:48,251 --> 00:11:52,793 Adoptan forma física e intégranse no mundo mortal. 133 00:11:53,418 --> 00:11:56,751 Aparecen neste mundo? 134 00:11:56,751 --> 00:11:58,793 Para comprender mellor 135 00:11:58,793 --> 00:12:02,626 o equilibrio entre a luz e a escuridade, 136 00:12:02,626 --> 00:12:04,168 yin e yang, 137 00:12:05,501 --> 00:12:06,376 a vida... 138 00:12:07,834 --> 00:12:08,918 E a morte. 139 00:12:11,709 --> 00:12:16,209 Zhao, non estará pensando en inmiscirse no Mundo dos espíritos? 140 00:12:18,751 --> 00:12:19,918 Está ou non? 141 00:12:21,168 --> 00:12:22,418 Aang! 142 00:12:25,793 --> 00:12:27,334 Aang. 143 00:12:30,209 --> 00:12:31,709 Aang. 144 00:12:33,209 --> 00:12:34,168 Aang. 145 00:12:36,751 --> 00:12:37,876 Avatar Kuruk? 146 00:12:38,543 --> 00:12:39,709 Vinte avisar. 147 00:12:40,376 --> 00:12:43,459 O meu coitelo está preto. Nótoo. 148 00:12:43,459 --> 00:12:44,626 Coitelo? 149 00:12:44,626 --> 00:12:47,668 Foi creado con materiais do Mundo dos espíritos. 150 00:12:48,376 --> 00:12:51,959 E se regresou ao norte, só pode significar unha cousa. 151 00:12:53,209 --> 00:12:56,251 Vai matar os espíritos do mar e da Lúa? 152 00:12:56,834 --> 00:12:57,876 Claro que non. 153 00:12:58,626 --> 00:13:00,168 Matando o espírito do mar, 154 00:13:00,168 --> 00:13:03,626 quitaríalles a vida aos mestres da auga do mundo enteiro. 155 00:13:03,626 --> 00:13:05,834 Homes, mulleres, nenos. 156 00:13:05,834 --> 00:13:07,209 Non son un monstro. 157 00:13:09,959 --> 00:13:10,793 Non. 158 00:13:12,293 --> 00:13:13,834 Só vou matar a Lúa. 159 00:13:14,459 --> 00:13:18,376 Que Zhao non se inmisza nas forzas primarias da natureza. 160 00:13:18,376 --> 00:13:21,751 Se o fai, desestabilizará o mundo enteiro. 161 00:13:22,251 --> 00:13:24,501 O poder do Avatar é enorme, 162 00:13:25,001 --> 00:13:28,668 pero non é nada comparado co poder dos espíritos dos elementos. 163 00:13:31,084 --> 00:13:32,084 Estás aquí. 164 00:13:33,168 --> 00:13:35,084 Non te vin arriba e preocupeime. 165 00:13:39,209 --> 00:13:40,126 Estás ben? 166 00:13:41,876 --> 00:13:46,168 Temos que atopar a Sokka e Yue. Está a piques de pasar algo terrible. 167 00:13:46,168 --> 00:13:47,709 Ide todos ao palacio! 168 00:13:47,709 --> 00:13:49,126 Alí estaredes seguros. 169 00:13:59,126 --> 00:14:00,043 Ei, xa está. 170 00:14:00,043 --> 00:14:01,209 Estás ben. 171 00:14:01,209 --> 00:14:02,293 Estás ben? 172 00:14:03,209 --> 00:14:04,043 Grazas. 173 00:14:04,709 --> 00:14:07,001 Ben feito, Momo. Fixeches algo útil... 174 00:14:10,126 --> 00:14:10,959 Momo? 175 00:14:21,834 --> 00:14:23,418 - Está... - Vivo. 176 00:14:24,209 --> 00:14:25,043 Apenas. 177 00:14:29,043 --> 00:14:30,043 Toma. 178 00:14:32,251 --> 00:14:35,168 Ven comigo. Pódolle axudar. Non temos moito tempo. 179 00:14:48,959 --> 00:14:50,626 Onde estamos? 180 00:14:53,293 --> 00:14:55,209 É o lugar máis sagrado do norte. 181 00:14:56,126 --> 00:14:58,918 As augas que regan esta fraga quéntaas a terra. 182 00:15:07,001 --> 00:15:08,584 Aquí, dámo. 183 00:15:13,084 --> 00:15:15,751 O sacerdote tróuxome aquí cando enfermei. 184 00:15:18,543 --> 00:15:21,084 A fonte da enerxía espiritual da nosa terra. 185 00:15:43,793 --> 00:15:45,001 Momo! 186 00:15:45,584 --> 00:15:47,751 Parviño, non me asustes así. 187 00:15:52,251 --> 00:15:53,084 Grazas. 188 00:16:29,293 --> 00:16:31,168 Sokka, que é iso? 189 00:16:32,334 --> 00:16:34,168 Algo que non debía estar aquí. 190 00:16:42,251 --> 00:16:43,543 É un globo de guerra. 191 00:16:43,543 --> 00:16:44,751 Un globo de guerra? 192 00:16:44,751 --> 00:16:46,001 Roubado en Omashu. 193 00:16:46,584 --> 00:16:50,043 Vexo que este non é de combate, senón de transporte. 194 00:16:50,626 --> 00:16:51,668 Como o sabes? 195 00:16:52,251 --> 00:16:53,751 Participei no seu deseño. 196 00:16:59,959 --> 00:17:04,876 O sabio non sabía a forma exacta que terían os espíritos do mar e da Lúa, 197 00:17:04,876 --> 00:17:09,376 e aquí, xeneral, é onde intervén vostede. 198 00:17:09,376 --> 00:17:12,584 Xa que está moi versado en asuntos espirituais, 199 00:17:12,584 --> 00:17:15,001 preciso a súa axuda para identificalos. 200 00:17:15,001 --> 00:17:17,543 Non teño nin idea de que buscar. 201 00:17:17,543 --> 00:17:19,834 Non é coma buscar un cadelo perdido. 202 00:17:19,834 --> 00:17:24,209 Poden adoptar forma de árbores nun bosque ou insectos na herba. 203 00:17:24,209 --> 00:17:28,084 Non o saberemos ata comezarmos a buscar, non? 204 00:17:30,501 --> 00:17:34,459 Xeneral Iroh, ou me axuda a atopar os espíritos 205 00:17:34,959 --> 00:17:38,918 ou verá como reduzo este sitio a cinzas. 206 00:17:46,126 --> 00:17:48,084 Pode Kuruk protexer os espíritos? 207 00:17:48,084 --> 00:17:49,876 Non, pero sei a onde ir. 208 00:17:49,876 --> 00:17:51,043 Avatar! 209 00:17:52,793 --> 00:17:54,126 Non tes escapatoria. 210 00:17:54,626 --> 00:17:57,626 Zuko, escoita. Temos que parar a Zhao. 211 00:17:57,626 --> 00:18:02,376 Non ten que ver con Zhao, senón connosco! E vas vir comigo agora mesmo! 212 00:18:02,959 --> 00:18:05,293 Vai parar a Zhao. 213 00:18:06,459 --> 00:18:07,626 Encárgome eu del. 214 00:18:11,293 --> 00:18:12,126 Amodo. 215 00:18:13,959 --> 00:18:15,501 Xa hai demasiados feridos. 216 00:18:16,084 --> 00:18:16,918 Tanto me ten. 217 00:18:18,043 --> 00:18:19,293 Non falaba contigo. 218 00:18:42,793 --> 00:18:44,084 Sabes trucos novos, 219 00:18:45,459 --> 00:18:47,793 pero eu non vin para perder contra ti. 220 00:19:03,959 --> 00:19:05,501 Aldeá! 221 00:19:06,043 --> 00:19:07,876 Deches cun mestre, non? 222 00:19:22,793 --> 00:19:25,251 Si, tes unha mestra diante. 223 00:19:40,126 --> 00:19:41,293 Temos compañía. 224 00:19:44,209 --> 00:19:45,584 Temos que parar a Zhao. 225 00:19:45,584 --> 00:19:50,418 - Quere matar os espíritos do mar e a Lúa. - Iso sería a fin do noso pobo. 226 00:19:52,584 --> 00:19:53,751 Non o permitiremos. 227 00:20:09,668 --> 00:20:13,043 Adiante e atrás, yin e yang. 228 00:20:13,876 --> 00:20:14,709 Si. 229 00:20:17,168 --> 00:20:18,084 Si! 230 00:20:23,626 --> 00:20:27,543 Zhao, non se pode xogar co poder dos espíritos. 231 00:20:28,084 --> 00:20:31,001 Sen a Lúa, o mundo perdería o equilibrio 232 00:20:31,001 --> 00:20:32,751 e desataríase o caos. 233 00:20:33,251 --> 00:20:35,459 Nin Ozai querería que pasase iso. 234 00:20:35,459 --> 00:20:36,918 Ozai carece de visión. 235 00:20:37,543 --> 00:20:40,501 Está tan obsesionado cos xoguiños da súa familia, 236 00:20:40,501 --> 00:20:42,793 que carece de perspectiva global. 237 00:20:42,793 --> 00:20:48,376 Zhao, o que lle faga a ese espírito, fareillo a vostede multiplicado por dez! 238 00:20:49,043 --> 00:20:50,501 Afórreme esas ameaciñas. 239 00:20:51,418 --> 00:20:53,584 Isto pode ser bo para vostede, Iroh. 240 00:20:55,293 --> 00:20:58,584 Cando eu sexa señor do lume, pode estar ao meu lado. 241 00:20:58,584 --> 00:21:02,001 A súa presenza lexitimará a miña reivindicación. 242 00:21:02,959 --> 00:21:05,959 O Dragón do Oeste pode volver rexurdir. 243 00:21:09,126 --> 00:21:11,251 Sempre que se incline... 244 00:21:14,834 --> 00:21:16,084 ante Zhao, 245 00:21:17,084 --> 00:21:18,793 o Asasino da Lúa! 246 00:21:28,793 --> 00:21:30,834 Agora son unha lenda! 247 00:21:30,834 --> 00:21:33,459 Contaranse historias sobre min 248 00:21:34,709 --> 00:21:37,293 durante xeracións. Zhao, o Asasino da Lúa. 249 00:21:37,293 --> 00:21:38,209 Zhao! 250 00:21:44,209 --> 00:21:45,959 Chegas tarde, Avatar. 251 00:21:49,334 --> 00:21:50,626 Zhao, non o faga. 252 00:21:54,084 --> 00:21:57,043 Pense o que pense, isto non é poder. 253 00:21:57,043 --> 00:21:57,959 Ai, non? 254 00:21:57,959 --> 00:22:00,418 Decátaste do que podo facer? 255 00:22:00,418 --> 00:22:04,334 Podo eliminar unha estirpe enteira de mestres. 256 00:22:04,334 --> 00:22:06,543 Sabes o que é iso? 257 00:22:08,168 --> 00:22:09,001 Si. 258 00:22:10,209 --> 00:22:11,043 Sei. 259 00:22:13,293 --> 00:22:16,043 Quere dominar o mundo, pero se fai isto, 260 00:22:16,043 --> 00:22:17,918 non quedará mundo que dominar. 261 00:22:18,418 --> 00:22:23,793 Se ceiba o espírito, eu vou con vostede, pacificamente. 262 00:22:26,001 --> 00:22:27,834 Cres que lle importas a alguén? 263 00:22:29,001 --> 00:22:33,168 ¿Que ameaza suporá o Avatar unha vez que eu elimine o dominio da auga 264 00:22:33,168 --> 00:22:34,751 da face da terra? 265 00:22:34,751 --> 00:22:38,751 Ser mestre de tres elementos xa non ten a mesma aura, non é? 266 00:22:38,751 --> 00:22:42,168 Hai que recoñecer que xa non pintas nada. 267 00:22:42,793 --> 00:22:45,668 E se cadra nunca pintaches nada! 268 00:22:49,876 --> 00:22:50,793 Tes razón. 269 00:22:52,459 --> 00:22:53,543 Eu non pinto nada. 270 00:22:55,084 --> 00:22:56,501 O mundo precisaba o Avatar, 271 00:22:58,709 --> 00:22:59,709 pero eu fracasei. 272 00:23:05,168 --> 00:23:06,168 Conmovedor. 273 00:23:06,751 --> 00:23:08,168 Pero a min tanto me ten. 274 00:23:52,793 --> 00:23:53,626 Yue! 275 00:23:59,709 --> 00:24:00,793 Que pasa? 276 00:24:01,918 --> 00:24:03,043 Non domino a auga! 277 00:24:03,751 --> 00:24:04,918 Non a dou dominado! 278 00:24:48,209 --> 00:24:51,168 Guerreiros. Penetraron na cidade! 279 00:25:29,459 --> 00:25:30,793 Retrocedede! 280 00:25:38,126 --> 00:25:39,876 Retrocedede! 281 00:25:39,876 --> 00:25:41,084 Xa queda pouco. 282 00:25:43,709 --> 00:25:45,459 Ide! Cubrímosvos a retirada. 283 00:26:45,793 --> 00:26:47,334 Desapareceu a Lúa. 284 00:26:50,668 --> 00:26:51,959 Xa non hai esperanza. 285 00:26:53,043 --> 00:26:54,043 Acabouse. 286 00:26:55,834 --> 00:27:00,584 Ser o Avatar implica poñer o teu deber por riba de todo, mesmo da túa vida. 287 00:27:00,584 --> 00:27:04,501 O Avatar ten que facer escollas imposibles, 288 00:27:04,501 --> 00:27:07,876 antepoñendo as necesidades do mundo ás túas propias. 289 00:27:07,876 --> 00:27:09,751 O poder do Avatar é enorme, 290 00:27:09,751 --> 00:27:13,459 pero non é nada ao lado do poder dos espíritos dos elementos. 291 00:27:26,001 --> 00:27:26,876 Non. 292 00:27:27,918 --> 00:27:29,084 Non se acabou. 293 00:27:51,959 --> 00:27:54,043 Aang, non fagas iso. 294 00:27:54,043 --> 00:27:55,668 Desaparecerás para sempre. 295 00:27:55,668 --> 00:27:58,084 Eu debía desaparecer hai cen anos. 296 00:27:58,084 --> 00:28:00,501 Este non é o meu tempo nin o meu mundo. 297 00:28:00,501 --> 00:28:03,584 Non salvei o meu mundo, pero podo salvar este. 298 00:28:47,168 --> 00:28:48,126 Correde! 299 00:29:05,459 --> 00:29:06,293 Que...? 300 00:29:07,876 --> 00:29:08,834 Que pasou? 301 00:29:08,834 --> 00:29:11,959 Aang entregouse ao espírito do mar, 302 00:29:11,959 --> 00:29:15,876 que canaliza a ira a través del e accede ao poder do Avatar. 303 00:29:16,834 --> 00:29:20,209 - Temos que collelo. - Non, non entendes. 304 00:29:20,793 --> 00:29:22,001 Aang xa non existe. 305 00:29:25,459 --> 00:29:26,793 Yue! 306 00:29:35,043 --> 00:29:36,251 Zuko! 307 00:29:39,084 --> 00:29:41,001 Grazas aos espíritos estás vivo! 308 00:29:41,501 --> 00:29:43,293 Tío, que...? 309 00:29:44,043 --> 00:29:45,001 Que é iso? 310 00:29:48,251 --> 00:29:49,251 Iso... 311 00:29:51,001 --> 00:29:52,543 Iso é a ira. 312 00:30:04,751 --> 00:30:06,793 - O Avatar! - Non existe o Avatar. 313 00:30:08,418 --> 00:30:09,459 Xa non existe. 314 00:30:13,043 --> 00:30:14,959 - Vamos! - Non. 315 00:30:14,959 --> 00:30:16,751 - Zuko, vamos! - Non podemos! 316 00:30:16,751 --> 00:30:17,668 Vamos! 317 00:30:38,793 --> 00:30:39,834 Aang. 318 00:30:42,918 --> 00:30:43,918 Fogo! 319 00:30:58,209 --> 00:30:59,501 Zuko, non! 320 00:31:00,001 --> 00:31:01,001 Déixame ir. 321 00:31:01,584 --> 00:31:04,251 É un coitado que morrerá de mala maneira. 322 00:31:05,043 --> 00:31:08,834 Arrebatoume todo. 323 00:31:15,418 --> 00:31:16,543 Zhao! 324 00:31:22,334 --> 00:31:23,293 Estás vivo. 325 00:31:44,293 --> 00:31:45,376 Traidor! 326 00:31:45,876 --> 00:31:46,709 Covarde! 327 00:32:13,418 --> 00:32:17,626 Estragaches todo! O Avatar era meu. A miña misión era... 328 00:32:17,626 --> 00:32:18,709 A túa misión 329 00:32:20,001 --> 00:32:21,043 era unha farsa. 330 00:32:23,334 --> 00:32:26,834 De verdade pensabas que o señor do lume te deixaría volver? 331 00:32:28,293 --> 00:32:30,293 Ozai xogou contigo. 332 00:32:31,751 --> 00:32:32,959 Todo era un xogo. 333 00:32:34,584 --> 00:32:39,834 E a gañadora é a que non ten cicatriz de papá. 334 00:32:41,834 --> 00:32:43,709 Ozai usoute 335 00:32:44,834 --> 00:32:47,251 para motivar a túa irmá. 336 00:32:53,168 --> 00:32:54,001 Mentes. 337 00:32:56,459 --> 00:32:58,668 Mentes! Recoñéceo, estás mentindo! 338 00:32:58,668 --> 00:33:02,959 Quen cres que foi a miña aliada durante todo este tempo? 339 00:33:05,126 --> 00:33:08,584 Quen convenceu a teu pai de enviar os arqueiros de Yuyan? 340 00:33:09,501 --> 00:33:14,209 Quen descubriu que as espadas do Espírito Azul eran túas? 341 00:33:15,084 --> 00:33:17,709 Azula díxome todo o que precisaba saber. 342 00:33:19,668 --> 00:33:21,209 Ti es o lume 343 00:33:21,834 --> 00:33:25,334 en que se forxou o seu ferro. 344 00:33:26,584 --> 00:33:27,959 Non fuches máis ca iso. 345 00:34:11,834 --> 00:34:12,668 Ven, sobriño. 346 00:34:17,209 --> 00:34:18,043 Que é iso? 347 00:34:18,043 --> 00:34:19,501 - Vamos! - Veña! 348 00:34:36,376 --> 00:34:37,418 Fogo! 349 00:35:01,126 --> 00:35:02,126 Onde está? 350 00:36:44,459 --> 00:36:45,876 Aang! 351 00:36:48,834 --> 00:36:51,168 Aang! 352 00:36:52,626 --> 00:36:53,751 Xa está! 353 00:36:54,918 --> 00:36:56,876 Por favor, volve! 354 00:36:59,418 --> 00:37:00,543 Aang perdeuse. 355 00:37:01,168 --> 00:37:03,001 Só queda un espírito vingador 356 00:37:03,001 --> 00:37:06,876 que vagará eternamente, á busca do seu par, sen atopalo nunca. 357 00:37:08,668 --> 00:37:11,168 O mundo quedará desestabilizado para sempre. 358 00:37:11,168 --> 00:37:14,168 Ten que haber unha maneira de revivir a Lúa. 359 00:37:21,834 --> 00:37:23,084 Sokka. 360 00:37:23,876 --> 00:37:24,709 Grazas. 361 00:37:46,251 --> 00:37:47,418 Yue, que fas? 362 00:37:47,418 --> 00:37:51,834 De nena tocoume o espírito da Lúa e teño a súa vida dentro de min. 363 00:37:53,668 --> 00:37:55,418 É hora de devolvela. 364 00:37:57,626 --> 00:37:59,501 Isto non é nada triste. 365 00:38:02,209 --> 00:38:08,126 Sabes por que os espíritos do mar e da Lúa adoptan forma física durante unha noite? 366 00:38:09,459 --> 00:38:12,168 Porque queren saber o que é ser mortal. 367 00:38:13,959 --> 00:38:16,543 Paga a pena correr o risco de estar vivo. 368 00:38:19,626 --> 00:38:21,209 Mesmo sendo só unha noite. 369 00:38:25,418 --> 00:38:27,043 Especialmente, unha noite. 370 00:38:28,751 --> 00:38:30,543 Por favor, volve! 371 00:38:31,626 --> 00:38:33,626 Aang, non fagas o parvo! 372 00:38:33,626 --> 00:38:36,043 Non es só o Avatar, es da miña familia! 373 00:38:37,251 --> 00:38:41,168 Este é o teu mundo, a túa casa! Nós somos a túa familia! 374 00:38:41,959 --> 00:38:42,876 Aang! 375 00:38:45,126 --> 00:38:47,501 Yue, por favor, non! 376 00:38:48,834 --> 00:38:50,126 Non! 377 00:38:51,751 --> 00:38:53,168 Non tes que facelo! 378 00:38:55,084 --> 00:38:57,834 Yue, non! 379 00:38:58,834 --> 00:38:59,668 Non. 380 00:39:01,876 --> 00:39:02,709 Yue! 381 00:39:49,001 --> 00:39:49,834 Aang, 382 00:39:50,918 --> 00:39:51,834 escóitame. 383 00:39:54,001 --> 00:39:56,168 Sei que cres que non es deste mundo, 384 00:39:57,418 --> 00:39:59,793 pero non debías morrer hai cen anos. 385 00:40:01,168 --> 00:40:02,126 Se morreses, 386 00:40:03,001 --> 00:40:06,209 non estarías aquí agora, e o mundo precísate. 387 00:40:12,001 --> 00:40:13,084 Eu precísote. 388 00:41:52,459 --> 00:41:54,001 Canta destrución. 389 00:42:21,918 --> 00:42:22,751 Hahn. 390 00:42:55,584 --> 00:42:57,168 Sinto non a dar protexido. 391 00:43:02,668 --> 00:43:05,084 A miña filla sempre decidiu por si mesma. 392 00:43:07,376 --> 00:43:09,418 E iso é algo que nin ti 393 00:43:10,501 --> 00:43:12,251 nin ninguén podía impedir. 394 00:43:17,709 --> 00:43:19,918 Sacrificouse por todos nós. 395 00:43:21,209 --> 00:43:22,043 Eu... 396 00:43:24,043 --> 00:43:25,251 vin o que pasou. 397 00:43:28,376 --> 00:43:32,709 Eu mantívenme á marxe mentres outros pelexaban e morrían, 398 00:43:32,709 --> 00:43:34,751 así fixen sempre como guerreiro. 399 00:43:35,709 --> 00:43:39,501 Sokka, nun momento en que ela debeu ter medo, 400 00:43:40,668 --> 00:43:42,501 ti acompañáchela. 401 00:43:44,709 --> 00:43:46,543 Non hai que ser guerreiro 402 00:43:47,584 --> 00:43:48,668 para ser un heroe. 403 00:43:57,418 --> 00:43:59,876 Pensei que non volvería ver a luz do día, 404 00:44:00,751 --> 00:44:04,668 pero o sol segue saíndo e a tribo da auga segue aquí. 405 00:44:05,959 --> 00:44:07,209 Perdeuse moita cousa. 406 00:44:07,918 --> 00:44:12,501 Si, pero reconstruiremos todo e sairemos máis fortes. 407 00:44:15,168 --> 00:44:19,751 Lembras que che dixen que a auga é o elemento do cambio? 408 00:44:20,751 --> 00:44:23,501 Eu esquecera o seu verdadeiro significado. 409 00:44:24,209 --> 00:44:27,959 O cambio é a clave da nova vida. 410 00:44:30,293 --> 00:44:31,793 Iso lembráchesmo ti 411 00:44:33,668 --> 00:44:35,876 e estouche moi agradecido por iso. 412 00:44:40,709 --> 00:44:45,376 Hai toda unha nova xeración que precisa formarse para seren mestres da auga. 413 00:44:47,668 --> 00:44:49,168 A túa axuda viríanos ben. 414 00:44:52,709 --> 00:44:53,543 Grazas. 415 00:44:55,876 --> 00:44:59,251 Pero Aang aínda ten que rematar a súa viaxe, e eu tamén. 416 00:45:01,168 --> 00:45:04,043 O Avatar ten que aprender a dominar a auga. 417 00:45:06,293 --> 00:45:10,459 Pois non podía ter mellor mestra. 418 00:45:15,626 --> 00:45:16,459 Para ti. 419 00:45:18,751 --> 00:45:19,918 Que é? 420 00:45:20,501 --> 00:45:23,084 Auga do noso oasis. 421 00:45:24,793 --> 00:45:27,001 Un recordatorio do que pasamos 422 00:45:27,001 --> 00:45:29,418 e unha invitación a volver 423 00:45:30,709 --> 00:45:31,668 cando queiras. 424 00:45:50,709 --> 00:45:53,459 O tenente Jee sabería fuxir do peor da batalla. 425 00:45:54,626 --> 00:45:57,126 El e a tripulación igual nos buscan agora. 426 00:46:01,209 --> 00:46:02,626 Ti que pensas, Zuko? 427 00:46:03,584 --> 00:46:05,001 Que queres facer? 428 00:46:08,459 --> 00:46:09,418 Non sei. 429 00:46:14,668 --> 00:46:15,668 Estou canso. 430 00:46:20,126 --> 00:46:21,501 Entón debías descansar. 431 00:46:22,709 --> 00:46:24,334 Un home precisa descansar. 432 00:46:49,543 --> 00:46:50,751 Isto foi culpa miña. 433 00:46:51,251 --> 00:46:53,459 Non, foi culpa da Nación do Lume. 434 00:46:54,168 --> 00:46:56,043 Porque non fixen de Avatar. 435 00:46:57,459 --> 00:47:00,001 Como se fai isto sen causar tanta dor? 436 00:47:01,293 --> 00:47:02,668 Aang, así é a guerra. 437 00:47:03,418 --> 00:47:05,834 Haberá vítimas e haberá dor. 438 00:47:07,043 --> 00:47:08,584 Iso non é culpa túa. 439 00:47:08,584 --> 00:47:13,251 Os mestres do lume non se renden. Hai que prepararse para o que nos boten. 440 00:47:13,251 --> 00:47:15,293 Deixa de preocuparte polo pasado 441 00:47:15,293 --> 00:47:17,251 e pensa no que tes por facer. 442 00:47:32,709 --> 00:47:35,793 Creo que entendo algo que Gyatso quería dicirme. 443 00:47:36,626 --> 00:47:40,793 Díxome que sen deixar o pasado atrás, nunca tería un futuro. 444 00:47:50,043 --> 00:47:51,043 Iso é certo. 445 00:47:51,043 --> 00:47:54,209 Vas aprender a dominar a auga, diso encárgome eu. 446 00:47:54,209 --> 00:47:55,876 E logo a dominar a terra... 447 00:47:55,876 --> 00:47:57,459 Volvemos a Omashu, logo. 448 00:48:03,793 --> 00:48:04,918 Entón, 449 00:48:06,084 --> 00:48:07,084 tedes fame? 450 00:48:07,668 --> 00:48:09,709 Por que decide o teu estómago? 451 00:48:09,709 --> 00:48:13,334 - Porque ten o cerebro alí. - Foi falar a cabeza de melón. 452 00:48:14,001 --> 00:48:15,501 Eu comíalle un melón. 453 00:48:16,043 --> 00:48:20,293 Vedes? A comida sempre é a resposta. Facédelle caso a Sokka. 454 00:48:23,418 --> 00:48:25,376 Agna Qel'a sufriu graves danos, 455 00:48:25,376 --> 00:48:28,043 pero as nosas forzas non tomaron a cidade. 456 00:48:30,709 --> 00:48:34,834 Amais, seica o Avatar segue vivo e ceibo. 457 00:48:37,584 --> 00:48:38,584 Unha mágoa. 458 00:48:40,668 --> 00:48:41,793 Pero previsible. 459 00:48:44,126 --> 00:48:47,418 Conquistar o norte foi sempre unha empresa improbable. 460 00:48:50,084 --> 00:48:53,584 Nese caso, para que atacar o norte? 461 00:48:55,959 --> 00:48:57,126 Unha distracción. 462 00:48:59,001 --> 00:49:01,251 O norte nunca foi o obxectivo. 463 00:49:09,459 --> 00:49:11,459 Por primeira vez nun século, 464 00:49:12,043 --> 00:49:14,084 Omashu é nosa. 465 00:49:15,251 --> 00:49:18,126 Agora Ba Sing Se é o único obstáculo 466 00:49:18,626 --> 00:49:21,251 para conquistarmos todo o Reino da Terra. 467 00:49:30,501 --> 00:49:32,293 Unha magnífica estratexia, 468 00:49:32,876 --> 00:49:37,918 pero, sabía vostede que Zuko estaba entre as forzas de Agna Qel'a? 469 00:49:40,001 --> 00:49:42,959 As vítimas entre os nosos soldados son numerosas. 470 00:49:51,709 --> 00:49:54,043 Se Zuko é forte, sobrevivirá. 471 00:49:56,376 --> 00:49:57,334 Se non, 472 00:50:00,209 --> 00:50:02,668 ás veces hai que sacrificar os débiles, 473 00:50:03,668 --> 00:50:05,209 para manterse forte. 474 00:50:11,668 --> 00:50:12,626 Omashu 475 00:50:13,793 --> 00:50:15,001 é nosa! 476 00:50:25,668 --> 00:50:27,126 Pola Nación do Lume! 477 00:50:27,126 --> 00:50:28,793 Nación do Lume! 478 00:50:34,751 --> 00:50:35,626 Entón... 479 00:50:37,876 --> 00:50:39,168 agora que? 480 00:50:47,001 --> 00:50:50,376 Medir os movementos do ceo sempre foi difícil, 481 00:50:50,876 --> 00:50:54,876 pero deseñamos un método para entender mellor o movemento celestial. 482 00:51:02,418 --> 00:51:04,376 Levou cen anos, 483 00:51:04,959 --> 00:51:07,334 pero por fin se vai achegando o momento. 484 00:51:09,043 --> 00:51:10,793 - Cando? - Axiña. 485 00:51:17,584 --> 00:51:19,626 Veremos o retorno 486 00:51:21,001 --> 00:51:23,084 do cometa de Sozin. 487 00:53:20,584 --> 00:53:23,501 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa