1 00:00:19,626 --> 00:00:23,001 Príncipe Zuko, vén a garda imperial para deter o príncipe. 2 00:00:23,001 --> 00:00:24,376 - Que? - A garda imperial? 3 00:00:24,376 --> 00:00:27,334 - Xa veñen de camiño. - Tenente Jee, amodo. 4 00:00:30,001 --> 00:00:36,084 Estiven no barco do almirante Zhao mirando as cifras de uso de combustible. 5 00:00:37,043 --> 00:00:39,793 O tenente Dang e eu traballamos de noite. 6 00:00:40,418 --> 00:00:42,293 Vaia cara pos. 7 00:00:43,001 --> 00:00:44,626 Dang saíu coller un recado. 8 00:00:46,834 --> 00:00:47,709 Sigue bebendo. 9 00:00:49,793 --> 00:00:53,376 Oínos falar de novas ordes. Ordes do propio señor do lume. 10 00:00:53,376 --> 00:00:57,168 Mandou a súa garda persoal para traer o príncipe Zuko á capital, 11 00:00:57,168 --> 00:00:58,626 onde vai ser xulgado 12 00:00:58,626 --> 00:00:59,793 por traizón. 13 00:01:00,376 --> 00:01:01,918 - Traizón? - Estás seguro? 14 00:01:01,918 --> 00:01:04,918 Si. Dang mandoulles aos seus unirse á garda. 15 00:01:04,918 --> 00:01:07,209 Hoxe? Daquela chegará axiña. 16 00:01:10,168 --> 00:01:11,543 Isto é cousa de Zhao. 17 00:01:11,543 --> 00:01:14,459 Convenceu a Ozai de que estás contra el. 18 00:01:18,376 --> 00:01:21,918 Pohuai. Zhao descubriu que fuches ti quen liberou o Avatar. 19 00:01:22,709 --> 00:01:25,334 Príncipe Zuko, tes que marchar xa. 20 00:01:26,418 --> 00:01:28,918 Non acendas os motores ata teres vía libre. 21 00:01:28,918 --> 00:01:31,126 Vai por estradas pequenas, de noite. 22 00:01:31,126 --> 00:01:33,668 Que non pense meu pai que vou contra el. 23 00:01:33,668 --> 00:01:38,126 Xa, pero primeiro tes que poñerte a salvo. Xa falarei eu con Ozai. 24 00:01:47,334 --> 00:01:49,584 Grazas, tenente Jee. 25 00:01:50,584 --> 00:01:51,918 Cóidese, alteza. 26 00:02:01,918 --> 00:02:03,043 Jee non tiña idea. 27 00:02:05,668 --> 00:02:08,001 Foi moi doado facerlle picar o anzol. 28 00:02:30,251 --> 00:02:32,793 Que lle dirá ao señor do lume sobre o fillo? 29 00:02:34,668 --> 00:02:35,918 Direille a verdade. 30 00:02:37,918 --> 00:02:43,001 Que Zuko priorizou as súas necesidades sobre as dos seus compatriotas. 31 00:02:48,501 --> 00:02:50,834 E que o seu fillo foi un traidor. 32 00:02:53,543 --> 00:02:54,709 Xelatina explosiva. 33 00:03:00,709 --> 00:03:01,543 O príncipe! 34 00:03:09,168 --> 00:03:10,126 Zuko. 35 00:03:14,209 --> 00:03:18,709 Agora preciso darlle o pésame ao xeneral Iroh. 36 00:03:19,293 --> 00:03:21,459 Para el debeu ser un golpe terrible. 37 00:03:49,501 --> 00:03:53,543 Zuko está só e non é para nada como eu pensaba que sería. 38 00:03:53,543 --> 00:03:56,001 Parecía estar moi só. 39 00:03:56,584 --> 00:03:57,584 Vaia sorpresón! 40 00:03:57,584 --> 00:04:00,501 Sokka, Aang empatizou con el. 41 00:04:00,501 --> 00:04:01,418 Non si? 42 00:04:01,418 --> 00:04:05,168 Decateime de que Zuko e eu cargamos con moita responsabilidade. 43 00:04:07,209 --> 00:04:11,043 Todo este tempo a min preocupábame non saber o que estaba facendo. 44 00:04:11,709 --> 00:04:13,043 O certo é que non sei. 45 00:04:13,626 --> 00:04:15,584 Non domino os outros elementos 46 00:04:15,584 --> 00:04:17,709 e seguramente volverei trabucarme, 47 00:04:18,293 --> 00:04:21,084 pero polo menos fareino cos amigos a carón. 48 00:04:21,668 --> 00:04:23,626 Si, o Equipo Avatar. 49 00:04:27,709 --> 00:04:29,043 Que pasa, neno? 50 00:04:29,626 --> 00:04:30,459 Mirade! 51 00:04:32,584 --> 00:04:34,209 É a Tribo da Auga do Norte. 52 00:04:35,834 --> 00:04:38,084 Conseguímolo, por fin. 53 00:04:50,959 --> 00:04:52,001 Chegaron! 54 00:04:56,959 --> 00:05:00,418 Avatar, benvido a Agna Qel'a. 55 00:05:06,043 --> 00:05:07,001 Isto é... 56 00:05:07,001 --> 00:05:08,043 Precioso. 57 00:05:08,626 --> 00:05:09,626 É perfecto. 58 00:05:23,918 --> 00:05:25,334 Estabámoste agardando. 59 00:05:28,209 --> 00:05:31,751 A besta está en boas mans. Lévana ás cortes dos iacs-búfalo, 60 00:05:31,751 --> 00:05:34,626 que están nunha gruta quente, luminosa e grande. 61 00:05:34,626 --> 00:05:37,251 Que lle dean algas, moitas algas. 62 00:05:37,251 --> 00:05:38,251 De acordo. 63 00:05:42,709 --> 00:05:43,834 Benvidos. 64 00:05:43,834 --> 00:05:46,668 Son Arnook, xefe da Tribo da Auga do Norte. 65 00:05:46,668 --> 00:05:50,001 Ofrézovos a nosa hospitalidade e protección 66 00:05:50,001 --> 00:05:52,834 en nome dos espíritos do mar e da Lúa. 67 00:05:52,834 --> 00:05:56,251 Grazas. Non sabe o tempo que levamos esperando por isto. 68 00:05:56,251 --> 00:05:58,668 Comprácenos darlles a benvida 69 00:05:58,668 --> 00:06:01,418 a dous irmáns do sur desaparecidos hai tempo. 70 00:06:01,918 --> 00:06:05,334 Este é o mestre Pakku, o noso gran mestre da auga. 71 00:06:06,168 --> 00:06:10,126 E esta é a miña filla, a princesa Yue, a líder espiritual da tribo. 72 00:06:10,709 --> 00:06:13,834 Teño que dicirlles algo. Vostedes están en perigo. 73 00:06:14,418 --> 00:06:16,459 - Aang... - Parecerá unha toleada, 74 00:06:16,459 --> 00:06:19,793 pero vin unha visión na que o norte está sendo atacado. 75 00:06:19,793 --> 00:06:20,876 Xa o sabemos. 76 00:06:21,668 --> 00:06:26,001 Os exploradores viron unha frota da Nación do Lume vindo cara a aquí. 77 00:06:26,001 --> 00:06:28,376 Seguímolos desde entón. 78 00:06:28,376 --> 00:06:30,668 Agradecemos que esteades connosco. 79 00:06:30,668 --> 00:06:33,001 Co poder do Avatar do noso lado, 80 00:06:33,001 --> 00:06:35,584 darémoslles unha lección que non esquecerán. 81 00:06:37,209 --> 00:06:41,876 Cidadáns, é un gran día para a nosa cidade por acollermos poderosos aliados 82 00:06:41,876 --> 00:06:45,334 e celebraremos a súa chegada cun banquete. 83 00:06:45,334 --> 00:06:46,626 Banquete. 84 00:06:46,626 --> 00:06:48,126 Os espíritos protéxennos... 85 00:06:48,126 --> 00:06:49,501 - Para de mirar. - Eh? 86 00:06:50,293 --> 00:06:52,168 Non podo. Non sei que ten. 87 00:06:52,168 --> 00:06:54,959 - Coñeceriámola antes? - Non. 88 00:06:55,543 --> 00:06:57,584 Para, que non pensen que es raro. 89 00:06:57,584 --> 00:06:58,709 Máis do normal. 90 00:07:06,209 --> 00:07:10,584 Xuro que non descansarei ata cazarmos estes malvados. 91 00:07:10,584 --> 00:07:15,501 Non podemos deixar que os nosos inimigos queden impunes por crimes tan vergoñentos. 92 00:07:15,501 --> 00:07:17,293 E sei onde comezar a buscar. 93 00:07:18,126 --> 00:07:19,668 Eu sei quen o fixo. 94 00:07:23,209 --> 00:07:24,334 Foi Ozai. 95 00:07:25,584 --> 00:07:28,584 A Ozai non lle queda nin miga de humanidade. 96 00:07:28,584 --> 00:07:31,668 Está tan obsesionado con conquistar o mundo 97 00:07:31,668 --> 00:07:34,668 que non tolera a ninguén que o impida, 98 00:07:35,168 --> 00:07:37,209 nin sequera os da súa familia. 99 00:07:37,209 --> 00:07:38,334 Xa. 100 00:07:46,293 --> 00:07:47,626 Entendo. 101 00:07:50,376 --> 00:07:53,251 Iso fai que o que vou dicir 102 00:07:54,501 --> 00:07:55,626 soe un pouco raro. 103 00:07:58,834 --> 00:07:59,959 O señor do lume 104 00:08:01,418 --> 00:08:04,418 concedeume o honor 105 00:08:04,959 --> 00:08:07,209 de capitanear unha grande armada 106 00:08:08,084 --> 00:08:10,626 coa orde de conquistar o norte. 107 00:08:11,418 --> 00:08:13,293 O Avatar vai cara a alá, 108 00:08:13,876 --> 00:08:17,501 cara ao último gran baluarte dos mestres da auga, 109 00:08:17,501 --> 00:08:21,168 así que partirei para alá para tomalo. 110 00:08:23,793 --> 00:08:25,084 Perdóeme, almirante, 111 00:08:26,001 --> 00:08:32,543 pero non sería o primeiro en quen pensaría para unha... misión tan sinalada. 112 00:08:32,543 --> 00:08:37,001 Recoñezo que teño pouca experiencia de combate. 113 00:08:37,834 --> 00:08:42,126 Pero iso implica tamén que non teño ningunha derrota no historial. 114 00:08:44,459 --> 00:08:45,418 E vostede si. 115 00:09:02,584 --> 00:09:03,501 Xa abonda. 116 00:09:03,501 --> 00:09:04,459 Abonda! 117 00:09:10,376 --> 00:09:12,751 O señor do lume cualifica a túa actuación 118 00:09:13,793 --> 00:09:15,251 como insuficiente. 119 00:09:15,251 --> 00:09:16,251 Pero vencino. 120 00:09:16,251 --> 00:09:18,709 Debíalo rematar con menos movementos. 121 00:09:18,709 --> 00:09:21,459 Someteraste a outra proba mañá. 122 00:09:33,168 --> 00:09:35,459 Decátaste de que está xogando contigo? 123 00:09:35,459 --> 00:09:37,876 A pedra que voaba cara a min non era un xogo. 124 00:09:37,876 --> 00:09:41,418 Digo que teu pai xa sabe que es a mellor. 125 00:09:41,418 --> 00:09:43,334 Pero non quere que ti o saibas. 126 00:09:43,959 --> 00:09:46,209 Vale. Que meu pai baleire os cárceres. 127 00:09:46,709 --> 00:09:48,334 Que mande todos os mestres. 128 00:09:48,334 --> 00:09:51,459 Queimarei a todo o mundo ata que recoñeza a verdade. 129 00:09:52,043 --> 00:09:52,876 Que verdade? 130 00:09:54,418 --> 00:09:56,709 Que eu son a elixida. 131 00:10:11,418 --> 00:10:12,959 Por que non falas con ela? 132 00:10:14,001 --> 00:10:17,584 E que lle digo? "Ola, son Sokka, da Tribo da Auga do Sur." 133 00:10:21,376 --> 00:10:22,584 É só unha rapaza. 134 00:10:24,126 --> 00:10:26,793 É unha princesa e unha líder espiritual. 135 00:10:26,793 --> 00:10:30,084 Dorme nun trono e come gotas de orballo e luz do sol. 136 00:10:32,918 --> 00:10:33,918 Como? 137 00:10:34,418 --> 00:10:37,043 Guiso de fatóns do mar. O meu favorito. 138 00:10:37,793 --> 00:10:40,084 Está bo? A que sabe? 139 00:10:41,376 --> 00:10:42,209 A... 140 00:10:44,501 --> 00:10:45,543 Á casa. 141 00:10:52,793 --> 00:10:53,626 Katara. 142 00:10:56,043 --> 00:10:59,084 Queríache dar as grazas por axudarme a chegar aquí. 143 00:11:00,334 --> 00:11:02,293 Non o perdería por nada do mundo. 144 00:11:03,043 --> 00:11:05,543 Un mundo que non vería se non fose por ti. 145 00:11:07,959 --> 00:11:11,209 Entón, gozando da comida, non? 146 00:11:11,793 --> 00:11:12,793 Está deliciosa. 147 00:11:12,793 --> 00:11:15,126 Dixeches que eras autodidacta. 148 00:11:15,126 --> 00:11:19,334 Si. Creo que mellorei, pero aínda teño moito que aprender. 149 00:11:19,334 --> 00:11:22,001 Por iso quería coñecer máis mestres da auga, 150 00:11:22,001 --> 00:11:24,959 sobre todo, prezados mestres coma vostede. 151 00:11:28,001 --> 00:11:31,626 Debeu ser difícil criarse sen contacto con outros mestres. 152 00:11:32,209 --> 00:11:36,168 Os ataques da Nación do Lume priváronnos a todos de moitas cousas. 153 00:11:40,626 --> 00:11:44,334 O peor é... que non puiden facer nada. 154 00:11:44,334 --> 00:11:46,459 O importante é que sobreviviches. 155 00:11:47,043 --> 00:11:48,751 Iso é o que facemos nós. 156 00:11:48,751 --> 00:11:50,668 A auga é o elemento do cambio. 157 00:11:51,584 --> 00:11:55,501 Os mestres da auga sempre nos adaptamos ao fluxo da vida. 158 00:11:57,459 --> 00:12:00,334 Mañá á mañá vai onda Yagoda. 159 00:12:00,918 --> 00:12:04,334 É das nosas mellores instrutoras e axudarache na túa viaxe. 160 00:12:06,084 --> 00:12:07,418 Grazas, mestre Pakku. 161 00:12:20,709 --> 00:12:25,668 E unhas amoras árticas? 162 00:12:43,251 --> 00:12:44,418 Aí tes. 163 00:12:48,876 --> 00:12:49,751 Grazas. 164 00:12:51,459 --> 00:12:52,834 Axúdasme a acabar isto. 165 00:12:55,043 --> 00:12:56,459 Veña, está moi bo. 166 00:13:12,334 --> 00:13:13,209 Que tal? 167 00:13:13,793 --> 00:13:14,626 Está moi rico. 168 00:13:17,084 --> 00:13:21,334 Cando era pequena, agachábame aquí cando meu pai estaba cos anciáns. 169 00:13:21,834 --> 00:13:24,209 Quería que vise como funcionaba a tribo 170 00:13:24,209 --> 00:13:26,793 porque un día eu tería a responsabilidade. 171 00:13:26,793 --> 00:13:28,793 Non me chistaba moito. 172 00:13:29,793 --> 00:13:34,251 Entón, agachábame aquí coas avoas e facía doces. 173 00:13:36,376 --> 00:13:38,501 Es só unha rapaza. 174 00:13:39,709 --> 00:13:41,001 Pensabas que non era? 175 00:13:41,001 --> 00:13:44,876 Non, pensaba que, sendo princesa e todo iso... 176 00:13:44,876 --> 00:13:47,709 - Que sería altiva? - Si. A ver, non. 177 00:13:49,293 --> 00:13:51,543 Iso é o que pensei, pero es ordinaria. 178 00:13:52,126 --> 00:13:54,834 Ordinaria non, porque non é positivo. 179 00:13:55,418 --> 00:13:57,751 Creo que será mellor que cale. 180 00:13:58,834 --> 00:14:02,459 Entendo. Xa sei que desde fóra parezo toda... 181 00:14:04,043 --> 00:14:06,584 Pero así é como esperan que sexa. 182 00:14:07,376 --> 00:14:10,543 Enténdeme, encántame servir a comunidade, 183 00:14:10,543 --> 00:14:13,959 pero de vez en cando teño que ir a algures e... 184 00:14:13,959 --> 00:14:14,918 Facer doces? 185 00:14:17,126 --> 00:14:18,001 Enténdote. 186 00:14:18,751 --> 00:14:22,293 Eu tiña a obriga de protexer o noso poboado. 187 00:14:22,959 --> 00:14:24,251 E tomeino en serio. 188 00:14:24,834 --> 00:14:27,959 Katara diría que demasiado en serio, pero a cousa era... 189 00:14:27,959 --> 00:14:29,543 Tiñas responsabilidade. 190 00:14:31,168 --> 00:14:32,084 Si. 191 00:14:32,876 --> 00:14:35,626 Si. E, se non o fixese, 192 00:14:36,709 --> 00:14:38,376 quen sabe o que podía pasar? 193 00:14:39,376 --> 00:14:43,584 Prometinlle algo a meu pai e tiña que cumprilo como fose. 194 00:14:44,168 --> 00:14:46,668 Ás veces estaría ben non preocuparse. 195 00:14:47,501 --> 00:14:49,251 Ás veces quen me dera ser... 196 00:14:49,834 --> 00:14:50,751 Só un rapaz? 197 00:14:52,584 --> 00:14:53,418 Si. 198 00:14:58,418 --> 00:14:59,543 De que te coñezo? 199 00:15:01,918 --> 00:15:02,751 Princesa Yue. 200 00:15:04,709 --> 00:15:06,334 Están listos para a beizón. 201 00:15:09,251 --> 00:15:10,293 Grazas, Hahn. 202 00:15:10,918 --> 00:15:14,376 Non tiñas que marchar do banquete. Podía vir un sacerdote. 203 00:15:14,876 --> 00:15:16,126 Non me custou nada. 204 00:15:16,876 --> 00:15:17,709 En serio. 205 00:15:52,001 --> 00:15:53,501 Benvidos ao muro de xeo. 206 00:15:53,501 --> 00:15:56,043 Resistiu ataques durante máis dun século. 207 00:15:56,543 --> 00:16:00,293 Xefe Arnook, co seu permiso, quería falar co noso irmán do sur. 208 00:16:00,293 --> 00:16:02,418 - Consellos de combate. - Comigo? 209 00:16:02,418 --> 00:16:04,251 Queres consellos de combate? 210 00:16:04,251 --> 00:16:05,959 Tes algo que nós non temos. 211 00:16:06,668 --> 00:16:07,543 Experiencia. 212 00:16:08,126 --> 00:16:11,459 Dime, a armadura da Nación do Lume é de metal? 213 00:16:12,418 --> 00:16:14,251 Seica ten chuzos nos ombros. 214 00:16:14,834 --> 00:16:18,793 Non é de metal, é de coiro. E xa non ten chuzos. 215 00:16:19,376 --> 00:16:22,751 O resto do pelotón debía sabelo. Poderías falar con eles? 216 00:16:23,668 --> 00:16:24,501 Si, claro. 217 00:16:25,501 --> 00:16:26,501 Moi ben. 218 00:16:27,876 --> 00:16:29,293 Dime, Avatar Aang, 219 00:16:30,043 --> 00:16:33,001 cal será a mellor estratexia na próxima batalla? 220 00:16:33,001 --> 00:16:36,209 Ti poderías ir á fronte da ofensiva. 221 00:16:36,209 --> 00:16:38,293 Podías encabezar un ataque... 222 00:16:38,293 --> 00:16:42,834 O dominio do aire é ante todo unha disciplina defensiva. 223 00:16:43,459 --> 00:16:46,251 O noso estilo é intentar evitar conflitos. 224 00:16:46,251 --> 00:16:48,293 Pero ti non es só mestre do aire. 225 00:16:48,959 --> 00:16:50,084 Ti es o Avatar. 226 00:16:52,168 --> 00:16:54,834 O certo é que non domino os outros elementos. 227 00:16:55,751 --> 00:16:59,626 Por iso vin aquí, contando con que alguén me ensinase. 228 00:16:59,626 --> 00:17:03,168 Oímos que salvaches comunidades, 229 00:17:03,168 --> 00:17:05,626 derrotaches pelotóns da Nación do Lume 230 00:17:05,626 --> 00:17:07,501 e ata pelexaches con monstros. 231 00:17:07,501 --> 00:17:09,418 Como deches feito todo iso? 232 00:17:10,584 --> 00:17:11,709 Axúdanme os amigos. 233 00:17:12,418 --> 00:17:13,709 Traballamos xuntos. 234 00:17:15,293 --> 00:17:18,293 Sería boa cousa que te centrases no adestramento 235 00:17:18,293 --> 00:17:19,584 durante a túa viaxe. 236 00:17:26,668 --> 00:17:29,209 Parece que non poderemos contar co Avatar. 237 00:17:36,709 --> 00:17:38,459 A auga é vida. 238 00:17:39,043 --> 00:17:42,126 A auga fai que floreza a vida. 239 00:17:47,126 --> 00:17:48,751 E que cure. 240 00:17:56,793 --> 00:18:01,043 O mestre Pakku díxome que hoxe teriamos unha convidada especial. 241 00:18:01,043 --> 00:18:02,376 Grazas por invitarme. 242 00:18:03,043 --> 00:18:06,709 Oín falar da cura con auga, pero non sabía que se practicaba. 243 00:18:06,709 --> 00:18:09,751 Si, é unha parte vital da nosa cultura. 244 00:18:10,334 --> 00:18:11,501 Queres intentalo? 245 00:18:18,418 --> 00:18:21,709 Sinte o fluxo de enerxía polo corpo. 246 00:18:22,293 --> 00:18:27,209 Conecta ese fluxo coa túa propia enerxía. 247 00:18:27,793 --> 00:18:29,043 Curar... 248 00:18:31,084 --> 00:18:33,251 non é só un proceso físico. 249 00:18:34,501 --> 00:18:36,126 Implica empatía. 250 00:18:36,126 --> 00:18:40,459 Tes que entender o que significa sentir dor. 251 00:18:41,751 --> 00:18:43,251 Logo retiras a dor. 252 00:18:49,001 --> 00:18:50,334 Tes talento natural. 253 00:18:50,834 --> 00:18:51,959 Grazas. 254 00:18:51,959 --> 00:18:54,334 Afíxenme a pillar as cousas rápido. 255 00:18:54,834 --> 00:18:56,751 Tiñamos que pensar rápido. 256 00:18:56,751 --> 00:18:59,793 Céntraste ao veres vir unha bola de lume cara a ti. 257 00:19:01,834 --> 00:19:04,084 Cando facemos adestramento de combate? 258 00:19:04,084 --> 00:19:05,001 Perdón? 259 00:19:05,001 --> 00:19:09,084 Fago ben as formas básicas, pero viríame ben mellorar a puntaría. 260 00:19:09,084 --> 00:19:10,168 Aumentar a forza. 261 00:19:10,751 --> 00:19:12,418 As mulleres non pelexan. 262 00:19:13,084 --> 00:19:15,959 Nós dedicámonos a curar, non a facer mal. 263 00:19:15,959 --> 00:19:17,626 Eu non quero curar só. 264 00:19:17,626 --> 00:19:20,251 Curar é unha tradición nobre e sagrada. 265 00:19:20,251 --> 00:19:21,918 A vocación máis elevada. 266 00:19:21,918 --> 00:19:23,959 Perdón, non quixen dicir iso. 267 00:19:23,959 --> 00:19:28,251 Creo que as miñas destrezas están máis no combate. 268 00:19:28,251 --> 00:19:31,668 Gustaríame adestrar as técnicas de combate. 269 00:19:31,668 --> 00:19:35,209 Nesta tribo, ás mulleres non se lles permite loitar. 270 00:19:35,793 --> 00:19:38,751 "Non se lles permite"? Iso non está ben. 271 00:19:38,751 --> 00:19:40,084 Pero aquí é así. 272 00:19:51,668 --> 00:19:52,709 Entendido. 273 00:19:55,293 --> 00:19:56,668 Parece un bo grupo. 274 00:19:57,918 --> 00:20:02,459 Adestrámolos o mellor que podemos, pero non saben a que nos imos enfrontar. 275 00:20:02,459 --> 00:20:04,293 Ningún viu unha batalla real. 276 00:20:04,293 --> 00:20:08,126 Seguro que o farán moi ben, sobre todo, porque os lideras ti. 277 00:20:10,501 --> 00:20:11,334 Entón, 278 00:20:13,418 --> 00:20:14,334 a princesa Yue 279 00:20:15,959 --> 00:20:16,959 parece magnífica. 280 00:20:17,543 --> 00:20:21,418 Yue está comprometida e é amable e xenerosa. 281 00:20:22,001 --> 00:20:25,668 Representa os ideais máis altos da tribo. É a mellor entre nós. 282 00:20:28,084 --> 00:20:29,043 Gústache? 283 00:20:31,626 --> 00:20:32,751 A princesa e eu 284 00:20:34,001 --> 00:20:35,168 fomos prometidos. 285 00:20:35,751 --> 00:20:39,418 Amañárono nosos pais de pequenos, pero, cando fixo os 16 anos, 286 00:20:39,418 --> 00:20:41,293 ela rompeu o compromiso, 287 00:20:42,293 --> 00:20:44,418 que é unha prerrogativa que ten ela. 288 00:20:46,293 --> 00:20:47,126 Vaia! 289 00:20:48,168 --> 00:20:49,334 Nunca dixo por que. 290 00:20:50,543 --> 00:20:51,501 Entón... 291 00:20:53,251 --> 00:20:54,584 ti seguirías adiante? 292 00:20:56,001 --> 00:20:57,209 Casarías con ela? 293 00:21:06,043 --> 00:21:08,834 Grazas por presentar os teus respectos a Kuruk. 294 00:21:09,626 --> 00:21:11,709 Veño facer algo máis ca iso. 295 00:21:12,876 --> 00:21:15,626 Quero que Kuruk me axude a marcar a diferenza. 296 00:21:21,168 --> 00:21:22,459 Hai algún problema? 297 00:21:23,043 --> 00:21:26,043 Hai moito que ninguén vén pedirlle nada a Kuruk. 298 00:21:26,709 --> 00:21:29,084 O certo é que lle falla moito a memoria. 299 00:21:29,668 --> 00:21:33,293 Cando era o Avatar, Kuruk non interviña moito no mundo. 300 00:21:33,293 --> 00:21:38,334 Seica se namorou do Mundo dos espíritos e pasaba alí a maior parte do tempo. 301 00:21:38,334 --> 00:21:41,126 Por desgraza, iso implicaba que non estaba aquí 302 00:21:41,126 --> 00:21:43,209 para resolver os nosos problemas. 303 00:21:43,709 --> 00:21:46,376 Entón, non facía o seu traballo de Avatar. 304 00:21:46,959 --> 00:21:48,251 Defraudouvos a todos. 305 00:21:49,209 --> 00:21:51,626 Debe haber cousas que non sabemos del. 306 00:21:52,126 --> 00:21:55,168 Espero que si, porque eu preciso axuda 307 00:21:55,168 --> 00:21:59,084 e el é o único que pode entender a miña situación. 308 00:22:33,834 --> 00:22:34,834 Ola, Aang. 309 00:22:36,293 --> 00:22:37,834 Entón, chegaches ao norte. 310 00:22:37,834 --> 00:22:40,834 Si, porque a Tribo da Auga do Norte corre perigo. 311 00:22:41,418 --> 00:22:45,209 Kyoshi mostroume a destrución de Agna Qel'a pola Nación do Lume. 312 00:22:45,209 --> 00:22:47,209 Teño que impedir que iso pase. 313 00:22:47,209 --> 00:22:48,501 Non podes. 314 00:22:49,751 --> 00:22:52,293 Se che mostrou a destrución do norte, 315 00:22:52,918 --> 00:22:54,043 entón, vai pasar. 316 00:22:54,626 --> 00:22:57,001 Pero o resultado da batalla é incerto. 317 00:22:57,584 --> 00:22:59,876 Que venza ou non a Nación do Lume, 318 00:22:59,876 --> 00:23:02,376 que sobrevivan ou non os mestres da auga, 319 00:23:03,126 --> 00:23:05,001 todo iso depende de ti. 320 00:23:05,834 --> 00:23:06,793 Eu son un neno. 321 00:23:06,793 --> 00:23:09,251 Non, ti es o Avatar. 322 00:23:09,834 --> 00:23:14,376 Cando fun á Illa de Kyoshi, a Avatar axudoume a liberar esas enerxías. 323 00:23:14,376 --> 00:23:15,626 O Estado Avatar. 324 00:23:15,626 --> 00:23:18,668 Si! Dixo que me daba a forza de mil mestres. 325 00:23:19,251 --> 00:23:21,501 Podo usar o poder para salvar o norte. 326 00:23:21,501 --> 00:23:26,043 Pero, para controlalo, antes debes dominar as outras disciplinas. 327 00:23:26,043 --> 00:23:31,459 Pero ela foi quen de controlalo. Canalizou o poder a través do meu corpo. 328 00:23:31,459 --> 00:23:34,084 Ela tiña o control. Ti pódelo facer. 329 00:23:34,084 --> 00:23:35,418 Iso non é posible. 330 00:23:35,418 --> 00:23:38,043 - Si tal. Kyoshi fíxoo. - Eu non son Kyoshi. 331 00:23:38,043 --> 00:23:40,293 - Pero poderías! - Non podo tal! 332 00:23:46,126 --> 00:23:48,501 Sendo xa o Avatar, 333 00:23:49,584 --> 00:23:52,584 descubrín espíritos da escuridade que tentaban pasar 334 00:23:52,584 --> 00:23:55,543 para o noso reino desde o Mundo dos espíritos. 335 00:23:56,251 --> 00:23:57,751 Tiven que paralos 336 00:23:58,543 --> 00:24:00,959 e pasei a vida loitando contra eles. 337 00:24:01,959 --> 00:24:04,293 A guerra que librei contra os espíritos 338 00:24:05,459 --> 00:24:09,001 danoume o corpo e corrompeume a alma. 339 00:24:09,584 --> 00:24:11,043 Neste estado, 340 00:24:11,543 --> 00:24:14,168 eu non daría controlado o Estado Avatar 341 00:24:14,168 --> 00:24:15,876 mellor ca ti. 342 00:24:18,376 --> 00:24:20,293 Malia todos os meus sacrificios, 343 00:24:21,584 --> 00:24:24,918 non dei salvado a persoa que máis importaba. 344 00:24:25,501 --> 00:24:28,959 Un espírito depredador veuse vingar de min. 345 00:24:30,376 --> 00:24:32,543 A miña querida Ummi 346 00:24:33,918 --> 00:24:35,376 pagou o prezo máis alto. 347 00:24:37,334 --> 00:24:39,376 O espírito rouboulle a cara. 348 00:24:41,418 --> 00:24:43,334 - Koh. - Escoita, Aang. 349 00:24:44,126 --> 00:24:47,543 O Avatar ten que camiñar só. 350 00:24:48,209 --> 00:24:50,709 Se non, os teus seres queridos sufrirán. 351 00:24:56,543 --> 00:24:58,668 Perdón, estaba buscando a Katara. 352 00:25:02,918 --> 00:25:03,959 Xa marcho. 353 00:25:04,834 --> 00:25:06,084 Pasa algo? 354 00:25:07,584 --> 00:25:09,459 Non, é que estou... 355 00:25:10,668 --> 00:25:11,626 algo canso. 356 00:25:12,918 --> 00:25:16,751 Supoño que precisas marchar e "desaloularte". 357 00:25:23,376 --> 00:25:24,876 Xa o sabía! Eras ti! 358 00:25:24,876 --> 00:25:26,626 - Si. - Ti es a raposa! 359 00:25:27,209 --> 00:25:28,543 - Si. - Pero como? 360 00:25:34,001 --> 00:25:37,376 Pouco despois de nacer, púxenme moi enferma 361 00:25:37,959 --> 00:25:41,334 e meu pai pregoulles aos espíritos que me salvasen a vida. 362 00:25:41,918 --> 00:25:44,751 E... houbo un milagre. 363 00:25:45,459 --> 00:25:47,834 O espírito da Lúa respondeu a pregaria, 364 00:25:48,334 --> 00:25:51,584 outorgoume algo da súa esencia e devolveume a vida. 365 00:25:53,543 --> 00:25:55,793 Esa noite cambioume a cor do pelo. 366 00:25:55,793 --> 00:25:58,959 Entón, es un espírito? 367 00:26:00,209 --> 00:26:01,918 En parte, pero máis humana. 368 00:26:02,501 --> 00:26:05,376 Son de ambos mundos, fago de ponte entre os dous. 369 00:26:05,376 --> 00:26:07,334 Por iso me fixen sacerdotisa, 370 00:26:07,918 --> 00:26:10,834 para axudar a xente a conectar co espiritual. 371 00:26:10,834 --> 00:26:13,626 Tamén podo visitar o Mundo dos espíritos. 372 00:26:14,209 --> 00:26:15,293 Nos meus soños. 373 00:26:15,876 --> 00:26:17,418 Entón, vas alá pasalo ben? 374 00:26:17,418 --> 00:26:18,584 Ti non irías? 375 00:26:19,209 --> 00:26:20,834 É algo máxico. 376 00:26:20,834 --> 00:26:22,626 Esa non é ben a palabra. 377 00:26:22,626 --> 00:26:23,834 Non che gustou? 378 00:26:24,334 --> 00:26:25,709 Que máis podes pedir? 379 00:26:25,709 --> 00:26:28,293 Case me liquida un monstro do espírito 380 00:26:28,293 --> 00:26:32,751 e me come a cara un depredador, amais de revivir recordos dolorosos... 381 00:26:32,751 --> 00:26:33,668 Dolorosos? 382 00:26:36,543 --> 00:26:39,126 Non foi nada. Tanto ten. 383 00:26:40,001 --> 00:26:41,126 Non fagas iso. 384 00:26:42,751 --> 00:26:44,793 Non subestimes a súa importancia. 385 00:26:47,709 --> 00:26:49,626 Pasoume algo cando era pequeno. 386 00:26:51,626 --> 00:26:54,418 Oínlle dicir a meu pai que eu o decepcionara. 387 00:26:56,084 --> 00:26:58,126 Que eu non valía para guerreiro. 388 00:27:01,084 --> 00:27:02,334 Non cría en min. 389 00:27:04,834 --> 00:27:07,959 Sabes o que lembro de ti do Mundo dos espíritos? 390 00:27:10,334 --> 00:27:12,251 Estabas preocupado polos amigos. 391 00:27:12,251 --> 00:27:15,126 Sabías que tiñan problemas e tiñas que axudalos. 392 00:27:16,959 --> 00:27:17,918 O corazón. 393 00:27:19,668 --> 00:27:21,168 Iso é o que te distingue. 394 00:27:22,793 --> 00:27:25,293 Iso é o que te converte en guerreiro. 395 00:27:27,876 --> 00:27:30,834 Intúo que se teu pai te vise agora, concordaría. 396 00:27:37,084 --> 00:27:38,501 Preciso saber algo. 397 00:27:41,084 --> 00:27:42,876 Por que rexeitaches a Hahn? 398 00:27:43,543 --> 00:27:46,001 Hahn é marabilloso. 399 00:27:46,918 --> 00:27:49,418 Ten todo o que quere unha muller. 400 00:27:51,959 --> 00:27:54,209 Pero non é o home dos meus soños. 401 00:28:04,293 --> 00:28:06,126 Os amigos son todo para min. 402 00:28:06,126 --> 00:28:09,334 Non dou feito isto sen eles. Así é como cheguei aquí. 403 00:28:09,334 --> 00:28:12,043 Coa súa axuda afrontarei esta batalla. 404 00:28:13,126 --> 00:28:14,793 Somos o Equipo Avatar. 405 00:28:14,793 --> 00:28:17,376 Non hai Equipo Avatar. 406 00:28:17,959 --> 00:28:20,334 Só hai o Avatar. 407 00:28:20,918 --> 00:28:23,376 Deixa de pensar no que ti precisas 408 00:28:23,376 --> 00:28:26,251 e pensa no que é mellor para eles. 409 00:28:26,834 --> 00:28:31,168 Ser o Avatar implica ser o que carga coa responsabilidade. 410 00:28:31,918 --> 00:28:33,293 Só. 411 00:28:34,168 --> 00:28:36,834 Fíxeno eu, forxando isto. 412 00:28:38,876 --> 00:28:40,043 Un oso! 413 00:28:40,043 --> 00:28:43,584 Non, é un peixe. Ves? Ten unha aleta. 414 00:28:48,501 --> 00:28:50,584 Ei, falaches con Kuruk? 415 00:28:50,584 --> 00:28:51,876 Axudouche? 416 00:28:53,293 --> 00:28:54,751 Non, non me pode axudar. 417 00:28:58,084 --> 00:28:59,084 Estou só. 418 00:29:01,584 --> 00:29:04,626 Katara, que tal con Yagoda? 419 00:29:04,626 --> 00:29:06,418 Ben. Quería preguntar algo. 420 00:29:07,001 --> 00:29:09,418 A onde me destinarán na batalla? 421 00:29:10,043 --> 00:29:13,459 As mulleres non poden combater. Pensei que o sabías. 422 00:29:14,043 --> 00:29:17,459 Non o sabía. E non o aceptaría se o soubese. 423 00:29:17,459 --> 00:29:20,959 Non é cousa de aceptar nada. É o que hai. 424 00:29:20,959 --> 00:29:22,668 É unha parvada e está mal. 425 00:29:22,668 --> 00:29:24,334 Iso non está en discusión. 426 00:29:24,334 --> 00:29:27,168 Pelexei con mestres do lume desde que marchei. 427 00:29:27,168 --> 00:29:28,584 Poden dicilo os homes? 428 00:29:28,584 --> 00:29:29,751 - É igual. - Por? 429 00:29:29,751 --> 00:29:31,626 Non é por eles, é por ti. 430 00:29:31,626 --> 00:29:35,501 Non tes suficiente forza. As mulleres non teñen forza abondo. 431 00:29:36,043 --> 00:29:40,334 Non adestraches nin te preparaches para dar a vida por todos nós. 432 00:29:42,001 --> 00:29:46,251 Non permitirei que pase aquí o que lle pasou á Tribo do Sur. 433 00:29:59,834 --> 00:30:01,459 Non me deixan combater. 434 00:30:01,459 --> 00:30:03,709 Levan tanto pechados detrás do muro 435 00:30:03,709 --> 00:30:06,126 que quedaron estancados no tempo. 436 00:30:07,918 --> 00:30:09,668 Igual debiamos falar con Yue. 437 00:30:10,751 --> 00:30:13,293 - Ou igual... - Igual debiamos facerlles caso. 438 00:30:16,793 --> 00:30:18,459 Igual é mellor non combater. 439 00:30:20,293 --> 00:30:23,834 Esta batalla será moi diferente a todo o que vimos antes. 440 00:30:23,834 --> 00:30:25,959 Haberá feridos e mortos. 441 00:30:28,334 --> 00:30:29,918 Non vos quero perder. 442 00:30:31,001 --> 00:30:33,168 Aang, non nos perderás. 443 00:30:33,168 --> 00:30:35,543 Só pensar que podería pasar, fréame. 444 00:30:36,126 --> 00:30:37,793 Esta xente precisa o Avatar. 445 00:30:39,543 --> 00:30:41,793 Non podo ser o Avatar se estás ti. 446 00:31:07,918 --> 00:31:11,543 Como me chamarán cando a nova chegue á capital? 447 00:31:12,834 --> 00:31:16,876 Gústame "Zhao, o Conquistador". Ten que ser un nome elegante. 448 00:31:16,876 --> 00:31:19,834 Almirante, se entendo ben o plan da batalla, 449 00:31:19,834 --> 00:31:22,459 vai intentar un ataque frontal a Agna Qel'a. 450 00:31:23,043 --> 00:31:26,459 A cidade é infranqueable por tres lados. 451 00:31:26,459 --> 00:31:28,876 A fronte protéxea un muro de xeo. 452 00:31:28,876 --> 00:31:32,918 Que lle fai pensar que terá éxito onde moitos outros fracasaron? 453 00:31:33,668 --> 00:31:37,459 Que eu teño algo que ningún dos outros tiña. 454 00:31:38,709 --> 00:31:41,084 Teño o destino do meu lado. 455 00:31:42,168 --> 00:31:44,793 Malia o que diga a nosa propaganda, 456 00:31:44,793 --> 00:31:48,084 os mestres da auga non son débiles nin covardes. 457 00:31:48,084 --> 00:31:52,293 Subestimalos terá consecuencias tráxicas. 458 00:31:52,293 --> 00:31:53,293 Iso non pasará. 459 00:31:53,876 --> 00:31:57,834 Primeiro, a frota está equipada con novas armas máis mortíferas. 460 00:31:57,834 --> 00:32:00,834 Pero o máis importante... 461 00:32:05,251 --> 00:32:07,751 é que me encarguei de facer algúns arranxos 462 00:32:09,126 --> 00:32:11,209 para asegurar a vitoria. 463 00:32:11,209 --> 00:32:12,501 Que é iso? 464 00:32:13,376 --> 00:32:14,376 Isto... 465 00:32:15,918 --> 00:32:17,668 Isto é o destino. 466 00:32:20,043 --> 00:32:23,376 Atacará a fortaleza de fronte, coma un touro desbocado. 467 00:32:23,376 --> 00:32:25,793 Igual ten outro plan, pero non o conta. 468 00:32:28,834 --> 00:32:31,584 Subestimei a Zhao. É máis perigoso do que cría. 469 00:32:31,584 --> 00:32:35,293 Xa mo pareceu mentres fuxía a nado do naufraxio do meu barco. 470 00:32:35,293 --> 00:32:38,251 Estamos preto do norte. Xa tes un plan? 471 00:32:38,834 --> 00:32:40,126 Un plan? 472 00:32:40,626 --> 00:32:44,126 Probar que meu pai non se enganou ao encargarme esta misión. 473 00:32:44,834 --> 00:32:47,834 O plan é ir capturar o Avatar dunha vez. 474 00:32:48,418 --> 00:32:51,459 O plan é reclamar o que lexitimamente me pertence. 475 00:32:53,251 --> 00:32:54,543 Entón, non hai plan? 476 00:32:56,001 --> 00:32:57,334 Estou a traballar nel. 477 00:32:59,168 --> 00:33:03,334 Sorpréndeme o atrevemento de Zhao. Cría que estaba fóra do seu alcance. 478 00:33:03,334 --> 00:33:06,543 É coma se estivese traballando con alguén máis. 479 00:33:07,876 --> 00:33:09,293 Alguén moito máis listo. 480 00:33:11,668 --> 00:33:12,918 Escolle o adversario. 481 00:33:18,334 --> 00:33:19,168 Non. 482 00:33:19,876 --> 00:33:22,668 - Tes que escoller un... - Non, acabei. 483 00:33:23,251 --> 00:33:26,168 - Azula, déixate de xogos. - Eu non estou xogando. 484 00:33:26,168 --> 00:33:29,501 Esta é a última oportunidade. Ou loitas ou suspendes. 485 00:33:35,168 --> 00:33:36,126 Non. 486 00:33:39,793 --> 00:33:40,751 Como te atreves? 487 00:34:30,001 --> 00:34:31,334 Quéreme poñer a proba? 488 00:34:32,584 --> 00:34:33,709 Déixeme marchar. 489 00:34:34,668 --> 00:34:37,501 Déixeme marchar e mostrareille o que podo facer. 490 00:34:38,626 --> 00:34:40,793 Xa me cansei destes xoguiños. 491 00:34:50,334 --> 00:34:51,709 Mira, Pakku é parvo. 492 00:34:53,918 --> 00:34:55,709 Tanto ten o que pense a xente. 493 00:34:55,709 --> 00:34:58,668 É igual se papá cría que non sería bo guerreiro, 494 00:34:58,668 --> 00:35:00,793 pois podo ser bo noutras cousas. 495 00:35:01,376 --> 00:35:03,709 A cousa é que decido eu. 496 00:35:04,751 --> 00:35:08,793 E ti tamén decides quen es, non Pakku nin ninguén máis. 497 00:35:10,834 --> 00:35:12,834 Vou retar a Pakku a unha pelexa. 498 00:35:13,626 --> 00:35:15,626 Xa sei que é un grande mestre. 499 00:35:15,626 --> 00:35:19,001 Seguramente me dará unha malleira, pero non importa. 500 00:35:19,543 --> 00:35:21,543 Contívenme durante toda a vida, 501 00:35:21,543 --> 00:35:24,001 pero agora non permitirei que me freen. 502 00:35:28,584 --> 00:35:29,584 Katara. 503 00:35:31,376 --> 00:35:34,709 No Templo do Aire do Sur dixeches que fósemos con Aang, 504 00:35:36,209 --> 00:35:38,293 para axudalo a salvar o mundo. 505 00:35:40,501 --> 00:35:41,626 Tiñas razón. 506 00:35:41,626 --> 00:35:42,959 De non irmos con el, 507 00:35:42,959 --> 00:35:46,043 eu non vería como dous nenos da Tribo da Auga do Sur 508 00:35:46,043 --> 00:35:47,709 están á altura dos demais. 509 00:35:48,709 --> 00:35:51,876 Mestres do lume, da terra, monstros dos espíritos, 510 00:35:51,876 --> 00:35:54,334 guerreiros da Tribo da Auga do Norte... 511 00:35:54,334 --> 00:35:57,834 Se queres facerme entrar en razón, non o estás facendo ben. 512 00:35:57,834 --> 00:36:00,418 Quen tenta facerte entrar en razón? 513 00:36:01,959 --> 00:36:03,959 Non, o que tento dicirche é... 514 00:36:06,584 --> 00:36:08,293 que lle deas unha malleira. 515 00:36:16,251 --> 00:36:17,334 Que pasa? 516 00:36:17,834 --> 00:36:19,084 Non pelexo contigo. 517 00:36:19,084 --> 00:36:21,668 Porque teme decatarse de que está enganado. 518 00:36:21,668 --> 00:36:25,751 Por favor, vai para as casetas de curación, onde están as mulleres. 519 00:36:35,376 --> 00:36:37,418 Vale. Queres aprender a pelexar? 520 00:36:38,043 --> 00:36:39,501 Estuda con atención. 521 00:37:20,959 --> 00:37:22,043 Chegouche? 522 00:37:33,626 --> 00:37:34,876 Iso é todo o que ten? 523 00:38:47,043 --> 00:38:48,501 Vouche dicir algo. 524 00:38:49,084 --> 00:38:51,168 Es unha excelente mestra da auga. 525 00:38:51,168 --> 00:38:52,918 Pero non me deixará loitar. 526 00:38:54,251 --> 00:38:55,084 Non. 527 00:39:04,626 --> 00:39:06,709 Ninguén apertou así o mestre Pakku. 528 00:39:06,709 --> 00:39:08,168 Foi incrible. 529 00:39:08,168 --> 00:39:10,501 Os discos de xeo, como o fixeches? 530 00:39:10,501 --> 00:39:11,709 Ensínasme? 531 00:39:14,918 --> 00:39:17,959 Dubido que agora digan que non es forte abondo. 532 00:39:19,334 --> 00:39:21,293 Non, só dirán que perdín. 533 00:39:22,418 --> 00:39:23,293 Perdiches? 534 00:39:31,709 --> 00:39:35,334 Dixeches que temías perdernos e que non podemos estar contigo, 535 00:39:35,334 --> 00:39:37,293 pero quen decide loitar son eu, 536 00:39:37,293 --> 00:39:39,168 non Pakku nin ti. 537 00:39:39,168 --> 00:39:42,709 Si. Cres que viriamos aquí para deixarte só? 538 00:39:43,209 --> 00:39:44,334 Serás parviño. 539 00:39:45,709 --> 00:39:47,668 Non sei se vos poderei protexer. 540 00:39:47,668 --> 00:39:48,918 Non podes. 541 00:39:48,918 --> 00:39:51,918 E preocuparse por quen se ferirá ou non se ferirá 542 00:39:51,918 --> 00:39:54,084 non é só cousa do Avatar. 543 00:39:54,084 --> 00:39:56,043 Iso é ser unha familia. 544 00:39:58,543 --> 00:40:00,334 Kuruk, Roku, Kyoshi, 545 00:40:00,918 --> 00:40:03,501 todos dixeron que teño que facelo só. 546 00:40:04,293 --> 00:40:06,543 O Avatar ten que levar a carga só. 547 00:40:07,876 --> 00:40:08,793 Iso é o pasado. 548 00:40:08,793 --> 00:40:11,209 Só unha persoa pode contar o futuro, 549 00:40:11,209 --> 00:40:13,793 a persoa que escriba a lenda de Aang. 550 00:40:17,584 --> 00:40:19,834 Ou sexa, ti. Entendiches, non? 551 00:40:33,626 --> 00:40:34,543 Muxicas. 552 00:40:35,709 --> 00:40:37,334 A Nación do Lume está aquí. 553 00:40:38,209 --> 00:40:39,043 Vale. 554 00:40:41,793 --> 00:40:42,793 Toca loitar. 555 00:42:36,376 --> 00:42:39,293 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa