1 00:00:17,876 --> 00:00:21,084 Pasamos moito tempo ocultando quen somos realmente, 2 00:00:21,084 --> 00:00:24,293 para que ninguén vexa a persoa que queremos ser. 3 00:00:25,084 --> 00:00:27,626 Custa lembrar que houbo un tempo 4 00:00:27,626 --> 00:00:32,668 en que nos gustaba mostrarlle a nosa verdadeira cara ao mundo. 5 00:00:33,584 --> 00:00:34,584 Impresionante. 6 00:00:36,334 --> 00:00:38,168 Ese uniforme séntache ben. 7 00:00:38,751 --> 00:00:41,709 Queda ben? Dubidei sobre os protectores dos ombros. 8 00:00:44,418 --> 00:00:45,876 Así, perfecto. 9 00:00:48,251 --> 00:00:49,751 - Que pasa? - Nada. 10 00:00:49,751 --> 00:00:50,876 Dimo. 11 00:00:52,209 --> 00:00:54,834 As manoplas están mal atadas. Non se notará. 12 00:00:54,834 --> 00:00:55,959 Axúdame a atalas! 13 00:00:58,376 --> 00:01:02,418 Lembro a miña primeira xunta do consello de guerra. Daquela eran pouca cousa. 14 00:01:02,418 --> 00:01:03,584 Máis privados. 15 00:01:04,293 --> 00:01:08,876 - Pero a Ozai gústalle ter público. - Di que lle gusta oír opinións distintas. 16 00:01:09,543 --> 00:01:14,126 Eu recomendaría non probar iso. Por agora é mellor observar e aprender. 17 00:01:16,793 --> 00:01:17,793 Xa está. 18 00:01:21,584 --> 00:01:22,584 Que tal estou? 19 00:01:23,793 --> 00:01:24,793 Coma un príncipe. 20 00:01:36,918 --> 00:01:39,084 Por que nos desviamos? Quen mudou o rumbo? 21 00:01:41,959 --> 00:01:45,209 - Tenente Jee, preguntei algo. - Déronnos outras ordes. 22 00:01:45,209 --> 00:01:47,376 - Quen deu outras ordes? - Eu. 23 00:01:49,584 --> 00:01:55,001 Levamos demasiado tempo perseguíndoo. É hora de cambiar de estratexia. 24 00:01:55,001 --> 00:01:56,334 Parécello? 25 00:01:57,751 --> 00:01:59,709 Eu son quen caza o Avatar. 26 00:02:00,418 --> 00:02:02,334 Eu estou a cargo desta misión. 27 00:02:02,334 --> 00:02:05,001 Eu son o capitán deste barco. 28 00:02:06,168 --> 00:02:07,251 E eu 29 00:02:08,584 --> 00:02:09,918 son almirante. 30 00:02:11,626 --> 00:02:13,876 O señor do lume Ozai púxome a min 31 00:02:14,459 --> 00:02:18,126 a cargo das operacións relacionadas coa captura do Avatar. 32 00:02:18,709 --> 00:02:20,751 Por suposto, aprecio a súa axuda. 33 00:02:20,751 --> 00:02:22,251 De feito, conto con ela. 34 00:02:22,751 --> 00:02:25,459 Preciso todos os recursos ao meu dispor, 35 00:02:26,584 --> 00:02:28,043 por modestos que sexan. 36 00:02:29,293 --> 00:02:30,376 Volvo despois 37 00:02:31,501 --> 00:02:36,793 para falar dalgúns cambios de persoal que teño pensado facer. 38 00:02:37,709 --> 00:02:39,376 Mentres tanto, pode seguir. 39 00:02:45,876 --> 00:02:46,709 Que pasou? 40 00:02:49,209 --> 00:02:51,334 Tenente Jee, volva ao rumbo inicial. 41 00:02:54,293 --> 00:02:55,584 Oíume? 42 00:02:55,584 --> 00:02:57,876 Volva ao rumbo inicial! 43 00:02:59,376 --> 00:03:01,459 Coñece o castigo por amotinarse? 44 00:03:01,459 --> 00:03:04,126 Si, por iso non podo facer o que di. 45 00:03:04,876 --> 00:03:09,334 O almirante Zhao deu ordes claras e avisou do que pasaría se desobedecemos. 46 00:03:15,043 --> 00:03:19,209 Permitirédeslle a este coitado nugallán dicirnos que temos que facer? 47 00:03:19,209 --> 00:03:21,209 Non sabe o que hai en xogo! 48 00:03:22,959 --> 00:03:26,543 Non lle podemos deixar estragar todo, despois do que pasamos. 49 00:03:39,834 --> 00:03:42,876 Os últimos tres anos, só nos tiñamos uns aos outros, 50 00:03:42,876 --> 00:03:44,668 e iso segue a ser así. 51 00:03:45,251 --> 00:03:48,418 Só os que estamos neste barco sabemos como foi. 52 00:03:49,209 --> 00:03:51,751 Zhao non é quen merece a súa lealdade. 53 00:03:53,168 --> 00:03:54,751 - Merécea Zuko. - Lealdade? 54 00:03:55,334 --> 00:03:59,001 Xeneral, co debido respecto, seu sobriño non sabe o que é iso. 55 00:03:59,001 --> 00:04:03,334 Se o soubese, aos que estivemos con el noite e día durante tres anos, 56 00:04:03,334 --> 00:04:04,959 respectaríanos moito máis. 57 00:04:04,959 --> 00:04:09,418 Ao contrario, tivemos que aguantar os seus insultos, ofensas e cabreos. 58 00:04:10,126 --> 00:04:14,168 Non lle importan os nosos sacrificios porque el nunca fixo ningún. 59 00:04:14,168 --> 00:04:19,126 Pregúntelle a calquera, todos dirán: "Será príncipe, pero non é o noso príncipe." 60 00:04:21,543 --> 00:04:22,376 Señor. 61 00:04:31,001 --> 00:04:33,043 Sei que Zuko ás veces é arisco, 62 00:04:34,126 --> 00:04:37,043 pero ten que entender que sufriu moito. 63 00:04:38,293 --> 00:04:44,209 E sabe moito máis de sacrificios do que vostede saberá nunca. 64 00:06:05,084 --> 00:06:07,418 Saúdos, señores sabios, alégrame velos. 65 00:06:08,918 --> 00:06:12,126 Chámome Aang e veño visitar o templo do Avatar Roku. 66 00:06:12,918 --> 00:06:13,834 É que 67 00:06:14,626 --> 00:06:15,709 son o Avatar. 68 00:06:15,709 --> 00:06:16,793 Xa o sabemos. 69 00:06:18,543 --> 00:06:19,376 Espere! 70 00:06:20,876 --> 00:06:23,293 Vostedes seica eran homes de paz! 71 00:06:26,168 --> 00:06:27,584 Ide por el! 72 00:06:31,793 --> 00:06:33,376 Son amigo. 73 00:06:38,668 --> 00:06:41,043 Isto levaranos ao templo do Avatar Roku. 74 00:06:41,834 --> 00:06:43,126 Debe estar preto. 75 00:06:43,626 --> 00:06:44,751 Buscade por todo. 76 00:06:55,418 --> 00:06:56,959 Xo. Amodo, nena. 77 00:06:57,959 --> 00:06:59,626 Atopaches un rastro, non si? 78 00:07:03,501 --> 00:07:05,543 Vale, Nyla. Vamos. 79 00:07:08,501 --> 00:07:09,626 Chámome Shyu. 80 00:07:10,293 --> 00:07:14,126 Creo que o Avatar non representa un reino concreto, 81 00:07:14,751 --> 00:07:17,001 senón a esperanza dun mundo unificado. 82 00:07:18,001 --> 00:07:21,168 Por desgraza, o Gran Sabio e os outros cren 83 00:07:21,168 --> 00:07:24,293 que o señor do lume é o verdadeiro líder espiritual. 84 00:07:24,876 --> 00:07:26,084 Perderon o rumbo. 85 00:07:26,584 --> 00:07:30,043 Entón, todo isto pertencía a Roku? 86 00:07:30,626 --> 00:07:32,584 Son reliquias de Avatares pasados 87 00:07:32,584 --> 00:07:35,584 que meu avó coleccionou para poñer baixo custodia. 88 00:07:39,251 --> 00:07:41,043 Debo contactar co Avatar Roku. 89 00:07:41,043 --> 00:07:43,709 É o único que me dirá como salvar os amigos. 90 00:07:46,084 --> 00:07:48,209 Mantereinos a raia todo o que poida. 91 00:07:53,626 --> 00:07:54,626 Arreda a un lado. 92 00:07:54,626 --> 00:07:59,126 Gran Sabio, este neno é o Avatar. É a esperanza do mundo. 93 00:07:59,793 --> 00:08:01,959 Lembre as ensinanzas do Avatar Roku. 94 00:08:01,959 --> 00:08:05,334 O lume non debía dominar os outros elementos. 95 00:08:05,918 --> 00:08:07,626 Debían coexistir en harmonía. 96 00:08:07,626 --> 00:08:11,709 O único que pode proporcionar harmonía é o señor do lume Ozai. 97 00:08:11,709 --> 00:08:14,293 El unificará o mundo, non o Avatar. 98 00:08:14,293 --> 00:08:17,834 E nin imaxinas o poderoso que será axiña. 99 00:08:20,001 --> 00:08:23,168 Así que, por última vez, 100 00:08:23,168 --> 00:08:24,543 arreda a un lado. 101 00:08:26,084 --> 00:08:27,251 Non podo. 102 00:08:28,251 --> 00:08:32,418 Entón arderás a canda o resto dos que non cren. 103 00:08:42,751 --> 00:08:46,876 Quen se atreve a molestar a paz do Avatar? 104 00:08:49,126 --> 00:08:50,543 Son eu, Aang. 105 00:08:50,543 --> 00:08:54,251 Non é costume facerlle unha reverencia aos maiores? 106 00:08:56,918 --> 00:08:59,293 E apartar a vista? 107 00:09:01,793 --> 00:09:03,584 E andar á pata coxa? 108 00:09:09,459 --> 00:09:10,751 Perdóame! 109 00:09:10,751 --> 00:09:12,334 Non me puiden resistir. 110 00:09:12,334 --> 00:09:13,959 Alégrome de verte, Aang, 111 00:09:13,959 --> 00:09:16,418 pero por que tardaches tanto? 112 00:09:16,418 --> 00:09:19,001 Pensei que me virías pedir consello antes. 113 00:09:19,584 --> 00:09:23,001 A Avatar Kyoshi díxome que preciso descubrir as cousas só, 114 00:09:23,001 --> 00:09:24,793 que iso forma parte da viaxe. 115 00:09:24,793 --> 00:09:26,543 Estouna oíndo. 116 00:09:27,126 --> 00:09:28,584 Kyoshi sempre foi algo... 117 00:09:32,876 --> 00:09:36,751 Pensei que todos erades así. Non se encarnan uns nos outros? 118 00:09:36,751 --> 00:09:40,418 Compartimos o mesmo espírito, pero cada un é distinto. 119 00:09:41,001 --> 00:09:44,584 Eu son diferente de Kyoshi e ti es diferente de nós os dous. 120 00:09:45,084 --> 00:09:49,209 Por exemplo, que che dixo Kyoshi que tiña que facer o Avatar? 121 00:09:49,209 --> 00:09:52,543 Dixo que teño que ser un temible guerreiro desapiadado. 122 00:09:52,543 --> 00:09:57,209 Si, hai veces que o Avatar ten que recorrer á forza e á intimidación, 123 00:09:57,209 --> 00:09:59,418 pero, amais de ser guerreiro, 124 00:09:59,418 --> 00:10:02,001 o Avatar tamén ten que ser diplomático. 125 00:10:02,584 --> 00:10:06,293 Para resolver os problemas do mundo sen facerlle mal a ninguén? 126 00:10:06,293 --> 00:10:11,209 Podemos intentalo, pero hai consecuencias se non o conseguimos. 127 00:10:11,876 --> 00:10:15,501 Consecuencias... dolorosas. 128 00:10:18,501 --> 00:10:22,459 Pero, coma Kyoshi, eu estou aquí para guiarte na túa viaxe. 129 00:10:22,459 --> 00:10:23,876 Para o que precises. 130 00:10:23,876 --> 00:10:25,209 Trátase de Koh. 131 00:10:26,084 --> 00:10:27,584 Para todo menos para iso. 132 00:10:27,584 --> 00:10:29,959 - Non entendes. - Non entendes ti! 133 00:10:30,584 --> 00:10:32,334 Koh é un espírito depredador 134 00:10:32,334 --> 00:10:35,001 que che pode facer máis mal do que imaxinas. 135 00:10:35,001 --> 00:10:36,626 Pregúntalle ao Avatar Kuruk. 136 00:10:36,626 --> 00:10:39,501 Non teño opción e estáseme acabando o tempo. 137 00:10:39,501 --> 00:10:43,668 Capturou os meus amigos e, se non actúo, desaparecerán para sempre. 138 00:10:44,584 --> 00:10:45,459 Por favor. 139 00:10:45,459 --> 00:10:47,376 Ti seica o venciches unha vez. 140 00:10:47,376 --> 00:10:51,751 Non, nunca o vencín. Só conseguín sacarlle algo. 141 00:10:52,251 --> 00:10:56,418 Igual vés devolver o que me roubaches. 142 00:10:56,418 --> 00:10:57,959 Que lle sacaches? 143 00:11:02,043 --> 00:11:06,626 Un tótem que representa algo que Koh precisa e non dá esquecido. 144 00:11:07,626 --> 00:11:10,876 O colgante pertenceu á Nai das Caras, un espírito antigo 145 00:11:10,876 --> 00:11:13,876 que fixo as caras de todos os seres vivos. 146 00:11:15,668 --> 00:11:20,293 É grazas a ela que a identidade veu a este mundo. 147 00:11:20,293 --> 00:11:23,209 E ela... é a nai de Koh. 148 00:11:24,251 --> 00:11:26,459 Koh quere o mesmo que queremos todos. 149 00:11:27,584 --> 00:11:28,668 Unha familia. 150 00:11:28,668 --> 00:11:29,668 Un tótem? 151 00:11:31,793 --> 00:11:34,084 Parece disposto a intercambialo. 152 00:11:35,168 --> 00:11:36,459 Grazas, Roku. 153 00:11:37,418 --> 00:11:38,626 Aang! 154 00:11:39,168 --> 00:11:41,168 Espero que salves os teus amigos. 155 00:11:41,168 --> 00:11:44,293 Pero, para o Avatar, os amigos poden ser... 156 00:11:46,501 --> 00:11:47,626 unha carga. 157 00:11:48,209 --> 00:11:52,126 O Avatar ten que facer escollas imposibles 158 00:11:52,126 --> 00:11:55,251 e antepoñer as necesidades do mundo ás súas. 159 00:11:55,834 --> 00:11:57,626 Niso, Kyoshi e eu concordamos. 160 00:11:58,709 --> 00:11:59,543 Faime caso. 161 00:12:00,293 --> 00:12:02,876 Aforrarache a ti e aos teus seres queridos 162 00:12:03,626 --> 00:12:04,584 moita dor. 163 00:12:42,959 --> 00:12:44,084 Que lles pasou? 164 00:12:57,584 --> 00:12:58,751 Está paralizado. 165 00:13:12,043 --> 00:13:15,084 Vai ir todo ben. 166 00:13:30,334 --> 00:13:34,168 Así que es o Avatar, logo? Non sei a que vén tanto lerio. 167 00:13:34,959 --> 00:13:36,168 Déixame marchar. 168 00:13:36,876 --> 00:13:38,876 Tes que me deixar marchar. 169 00:13:38,876 --> 00:13:42,001 A xente depende de min. Non sabes o que hai en xogo. 170 00:13:42,501 --> 00:13:45,834 Xa oín que seica vas salvar o mundo. 171 00:13:49,834 --> 00:13:53,418 Pero o que pasa é que moitos non precisamos salvación. 172 00:13:54,001 --> 00:13:56,001 Xa sabemos como funciona o mundo. 173 00:13:57,084 --> 00:14:00,959 Hai mestres do lume, mestres da terra e mestres do que queiras. 174 00:14:01,584 --> 00:14:05,668 Todos queren algo e todos están dispostos a pelexar para conseguilo. 175 00:14:06,293 --> 00:14:10,543 Pero, se es listo, cruzas os brazos e esperas a que acabe o combate 176 00:14:10,543 --> 00:14:13,209 e logo vas rebuscar entre os cascallos. 177 00:14:17,876 --> 00:14:21,376 Polo que a min respecta, o mundo está ben como está. 178 00:14:25,918 --> 00:14:27,418 Acabouse o tempo, Avatar. 179 00:14:34,168 --> 00:14:35,126 Conseguíchelo. 180 00:14:36,168 --> 00:14:37,251 Collíchelo. 181 00:14:39,251 --> 00:14:40,876 Cóntao se queres. 182 00:14:44,126 --> 00:14:46,251 Fíome de ti. Sabes por que? 183 00:14:46,251 --> 00:14:49,001 Porque se falta algo, virás por nós, non? 184 00:14:49,959 --> 00:14:52,084 Porque es riquiño. 185 00:14:55,709 --> 00:14:58,709 E tede tino con este, métenlle moita presión. 186 00:14:58,709 --> 00:15:00,793 Hai cazadores cheirando por aí. 187 00:15:00,793 --> 00:15:02,543 Mellor non meterse con eles. 188 00:15:03,293 --> 00:15:04,668 Xa nos veremos, Avatar. 189 00:15:10,751 --> 00:15:14,751 Por favor, deixádeme facer o que teño que facer e xúrovos que volvo. 190 00:15:15,334 --> 00:15:19,043 Os meus amigos están en perigo e son o único que os pode salvar. 191 00:15:20,293 --> 00:15:23,543 Se non volvo axiña, perdereinos para sempre. 192 00:15:25,626 --> 00:15:28,084 Por que? Por que non me escoitades? 193 00:15:29,043 --> 00:15:31,459 Sabedes o que é que a xente dependa de ti? 194 00:15:32,043 --> 00:15:33,959 Ter a vida de alguén nas mans? 195 00:15:33,959 --> 00:15:34,876 Eu si. 196 00:15:34,876 --> 00:15:37,501 Entón, déixame salvalos, por favor! 197 00:15:39,168 --> 00:15:40,043 Non. 198 00:15:43,709 --> 00:15:45,668 Non creo que foses sempre así. 199 00:15:46,168 --> 00:15:48,084 Que che pasou? 200 00:15:50,543 --> 00:15:53,668 As forzas do Reino da Terra concéntranse na costa sur. 201 00:15:53,668 --> 00:15:56,626 Intentamos flanquealos, pero amplían a fronte. 202 00:15:57,126 --> 00:15:58,626 E se avanzamos en pinza? 203 00:15:59,126 --> 00:16:02,584 Están protexidos por acantilados. Poden superar os ataques. 204 00:16:02,584 --> 00:16:03,501 Ti que farías? 205 00:16:03,501 --> 00:16:05,501 - Alteza, eu suxiro... - Ti non. 206 00:16:06,459 --> 00:16:07,293 Zuko. 207 00:16:08,668 --> 00:16:09,584 Ti que farías? 208 00:16:16,709 --> 00:16:21,043 A táctica dos cornos. Rodear os flancos e deixarlles unha vía de escape. 209 00:16:21,043 --> 00:16:24,834 Oíches o que dixo o xeneral? Están protexidos por acantilados. 210 00:16:27,626 --> 00:16:29,959 Virían por riba tanques da tundra. 211 00:16:29,959 --> 00:16:32,043 Son mestres da terra. 212 00:16:32,043 --> 00:16:35,251 Os nosos tanques quedarían sepultados en segundos. 213 00:16:36,584 --> 00:16:37,418 Eu... 214 00:16:39,793 --> 00:16:40,834 Eu... 215 00:16:41,584 --> 00:16:42,501 Xeneral. 216 00:16:44,293 --> 00:16:47,418 Podemos avanzar unha división... ata aquí. 217 00:16:48,001 --> 00:16:50,376 Atraendo o inimigo a este cebo, 218 00:16:50,376 --> 00:16:54,418 podemos lanzar ataques en pinza aquí... e aquí. 219 00:16:55,876 --> 00:16:59,084 Se os mete no medio das súas forzas, como se retirarán? 220 00:16:59,668 --> 00:17:00,501 Non o farán. 221 00:17:00,501 --> 00:17:01,918 Pero estarán perdidos. 222 00:17:05,584 --> 00:17:06,918 Vanos sacrificar? 223 00:17:08,209 --> 00:17:10,543 O sacrificio forma parte da guerra. 224 00:17:13,918 --> 00:17:15,543 Que división propós? 225 00:17:15,543 --> 00:17:18,043 A 41. Son maiormente novos recrutas. 226 00:17:18,043 --> 00:17:19,293 Son prescindibles. 227 00:17:21,459 --> 00:17:22,293 Ben. 228 00:17:34,918 --> 00:17:37,834 Isto non se aprende nun manual. 229 00:17:38,959 --> 00:17:42,251 Os nenos debían ter máis tino con xogar á guerra. 230 00:17:46,459 --> 00:17:47,918 É un plan horrible. 231 00:17:49,959 --> 00:17:51,001 Que dixeches? 232 00:17:55,043 --> 00:17:58,876 Dixen que é un plan horrible. 233 00:18:00,168 --> 00:18:05,043 Morrerán soldados e, total, para que? É impropio dun oficial da Nación do Lume. 234 00:18:05,043 --> 00:18:06,418 Estás a cuestionar...? 235 00:18:06,418 --> 00:18:07,751 Basta! 236 00:18:08,543 --> 00:18:10,793 Só hai unha maneira de arranxar isto. 237 00:18:12,834 --> 00:18:13,918 Un duelo Agni Kai. 238 00:18:30,751 --> 00:18:31,959 Hai alguén aí. 239 00:18:43,126 --> 00:18:45,376 Deixádenos pasar! Sabedes quen son eu? 240 00:18:45,376 --> 00:18:46,543 Claro que sabemos. 241 00:18:49,209 --> 00:18:52,209 Todos sabemos que desobedece as miñas ordes. 242 00:18:52,876 --> 00:18:57,959 Faltándome a min ao respecto, deshonra a seu pai. 243 00:18:57,959 --> 00:19:02,543 Iso non sería sorpresa ningunha, despois das cousas que oín. 244 00:19:04,584 --> 00:19:05,793 Levaremos o Avatar. 245 00:19:05,793 --> 00:19:07,459 Por riba do meu cadáver. 246 00:19:10,293 --> 00:19:11,126 Moi tentador. 247 00:19:12,668 --> 00:19:13,543 Porén... 248 00:19:18,501 --> 00:19:19,626 Os arqueiros Yuyan. 249 00:19:20,209 --> 00:19:23,043 Ozai tivo a delicadeza de emprestarmos. 250 00:19:23,626 --> 00:19:27,834 Seica lles atinan ás ás dun moscardo 251 00:19:28,334 --> 00:19:30,126 a mil pasos de distancia. 252 00:19:31,418 --> 00:19:32,251 Imaxino... 253 00:19:35,251 --> 00:19:37,543 que isto non será difícil para eles. 254 00:19:54,793 --> 00:19:56,084 A onde o van levar? 255 00:19:57,668 --> 00:19:59,668 Á Fortaleza de Pohuai esta noite. 256 00:19:59,668 --> 00:20:01,543 Logo, dereitos á Capital. 257 00:20:02,126 --> 00:20:05,418 O señor do lume quererá apropiarse do seu trofeo. 258 00:20:05,418 --> 00:20:09,626 Hai moito que agarda e eu non quero desilusionalo 259 00:20:10,459 --> 00:20:13,751 máis do que xa está. 260 00:20:22,668 --> 00:20:25,043 Polo Paso do Leste, chegamos a Pohuai á noitiña. 261 00:20:25,043 --> 00:20:27,334 - Zuko. - Hai que vixiar os arqueiros. 262 00:20:27,334 --> 00:20:29,209 Zhao colocaraos onda o Avatar... 263 00:20:29,209 --> 00:20:30,376 Zuko! 264 00:20:30,376 --> 00:20:33,084 A Fortaleza de Pohuai é impenetrable. 265 00:20:33,584 --> 00:20:36,001 Por que cres que Zhao nos dixo que ía alí? 266 00:20:36,584 --> 00:20:39,001 Sabe que atacala sería suicida. 267 00:20:39,001 --> 00:20:41,626 Intentárono exércitos enteiros e fracasaron. 268 00:20:41,626 --> 00:20:45,834 E non é só iso. Pohuai está dentro das fronteiras da Nación do Lume. 269 00:20:45,834 --> 00:20:48,001 Ir alá infrinxiría o teu desterro. 270 00:20:49,168 --> 00:20:52,376 - É igual! - Para Ozai non, e se o descobre... 271 00:20:52,376 --> 00:20:54,459 - Pero o Avatar... - Está perdido! 272 00:20:55,501 --> 00:20:56,876 De momento. 273 00:20:57,751 --> 00:20:59,834 Neste momento, Zhao ten vantaxe. 274 00:20:59,834 --> 00:21:04,418 Pero, tarde ou cedo, cometerá un erro e daquela entramos nós en acción. 275 00:21:05,001 --> 00:21:05,834 Ata entón, 276 00:21:07,209 --> 00:21:08,043 paciencia. 277 00:21:29,043 --> 00:21:30,126 Baixa iso. 278 00:21:30,126 --> 00:21:33,334 O señor do lume quererá coñecer a captura do Avatar. 279 00:21:33,334 --> 00:21:37,459 Déixalle claro que non regateei esforzos para conseguilo. 280 00:21:38,084 --> 00:21:41,043 E debiamos engadir algunhas ideas do propio Avatar. 281 00:21:41,626 --> 00:21:44,709 Se non polo señor do lume, que sexa pola posteridade. 282 00:21:45,209 --> 00:21:46,209 Entón, 283 00:21:47,709 --> 00:21:48,959 Avatar, 284 00:21:49,543 --> 00:21:53,668 ¿oíras o meu nome antes de ser capturado ou foi esta a primeira vez? 285 00:21:53,668 --> 00:21:55,751 Por favor, déixeme marchar. 286 00:21:55,751 --> 00:21:58,793 Non. Hai catro gardas, non tres, 287 00:21:58,793 --> 00:22:03,418 e ten as mans e os pés agrilloados. 288 00:22:03,418 --> 00:22:07,001 - Pono ben. - Está en perigo a vida de inocentes. 289 00:22:07,001 --> 00:22:09,459 Non podo defraudar a xente outra vez. 290 00:22:11,834 --> 00:22:12,834 Nunca máis. 291 00:22:17,168 --> 00:22:18,709 Se estivese no teu sitio, 292 00:22:19,584 --> 00:22:21,876 pensaría menos no pasado 293 00:22:22,501 --> 00:22:24,043 e máis no futuro. 294 00:22:25,126 --> 00:22:27,084 Non me preocupa o meu futuro. 295 00:22:28,126 --> 00:22:28,959 Ai, non? 296 00:22:30,376 --> 00:22:32,626 Eu preocuparíame algo. 297 00:22:33,626 --> 00:22:35,459 A ti non te matarán. 298 00:22:35,459 --> 00:22:37,293 Se morres, volves a renacer. 299 00:22:37,293 --> 00:22:39,876 Teriamos que volver á busca do Avatar. 300 00:22:39,876 --> 00:22:42,209 Así que, ti vivirás. 301 00:22:44,001 --> 00:22:45,209 Pero non ben. 302 00:23:05,126 --> 00:23:09,168 Sopra e esbardalla o que queiras, que o teu destino non cambiará. 303 00:23:11,543 --> 00:23:13,751 Que fas? Non anotes iso! 304 00:23:19,709 --> 00:23:24,251 Nós somos os leais fillos e fillas do lume, 305 00:23:25,168 --> 00:23:27,626 o elemento superior. 306 00:23:28,126 --> 00:23:32,918 Ata o de agora, só unha cousa se interpuxo no noso camiño á vitoria. 307 00:23:34,209 --> 00:23:35,209 O Avatar. 308 00:23:36,209 --> 00:23:41,501 E hoxe fixemos algo que ninguén foi quen de facer. 309 00:23:42,084 --> 00:23:46,376 Capturamos o Avatar! 310 00:23:48,501 --> 00:23:50,959 Isto é só o primeiro paso. 311 00:23:50,959 --> 00:23:54,626 Quedan temibles batallas por librar. 312 00:23:55,334 --> 00:23:56,418 Pero non hoxe. 313 00:23:57,001 --> 00:23:57,834 Hoxe, 314 00:23:58,834 --> 00:24:02,709 imos celebrar! 315 00:24:03,376 --> 00:24:08,376 Imos loar a gloria da Nación do Lume! 316 00:24:48,209 --> 00:24:49,626 Xo! 317 00:24:50,418 --> 00:24:51,543 Traes todo? 318 00:24:52,084 --> 00:24:54,918 Traio todo o viño que puiden cargar. 319 00:24:58,251 --> 00:25:00,251 Vaia noite nos espera, eh? 320 00:25:02,334 --> 00:25:05,418 Oxalá cuspan menos lume ca no aniversario de Ahn. 321 00:25:06,084 --> 00:25:08,209 Aínda me acaban de crecer as cellas. 322 00:25:22,334 --> 00:25:24,043 - Adiante. - Abride o portal! 323 00:25:51,168 --> 00:25:53,043 Este tipo trae a mercadoría. 324 00:26:34,251 --> 00:26:35,126 Quen anda aí? 325 00:26:54,543 --> 00:26:55,834 Dá a alarma. 326 00:27:27,209 --> 00:27:28,293 Quen es? 327 00:27:31,459 --> 00:27:33,543 Agora corre, xa falarás despois. 328 00:27:59,168 --> 00:28:01,668 Transcribe todo o meu discurso, 329 00:28:01,668 --> 00:28:04,668 pero pon "fiel" en vez de "leal". 330 00:28:04,668 --> 00:28:06,334 Soa máis persoal. 331 00:28:06,334 --> 00:28:11,126 E asegúrate de que o Gran Sabio teña todo o que precisa para a investigación. 332 00:28:25,084 --> 00:28:27,126 Como era, "leal" ou "fiel", señor? 333 00:28:34,959 --> 00:28:38,876 O Avatar escapou! 334 00:28:38,876 --> 00:28:41,418 - Alí! No muro! - Que non chegue á porta! 335 00:28:42,334 --> 00:28:44,459 O Avatar! Parádeo! 336 00:29:27,501 --> 00:29:28,834 Aí o está! 337 00:29:40,001 --> 00:29:41,543 Ei! Aquí. 338 00:29:41,543 --> 00:29:42,584 Colle isto. 339 00:29:47,834 --> 00:29:48,834 Sube! 340 00:30:11,834 --> 00:30:13,668 Cesade o fogo! 341 00:30:17,459 --> 00:30:20,626 Preciso o Avatar... vivo. 342 00:30:25,626 --> 00:30:27,501 Que fas? 343 00:30:42,293 --> 00:30:43,543 Abride o portal! 344 00:30:44,043 --> 00:30:45,751 - Señor? - Abride! 345 00:30:46,876 --> 00:30:47,959 Xa! 346 00:30:47,959 --> 00:30:49,293 Abride o portal! 347 00:31:21,376 --> 00:31:22,376 Tes tiro? 348 00:31:24,751 --> 00:31:25,668 Elimínao. 349 00:31:45,293 --> 00:31:46,751 Matade o mercenario 350 00:31:47,334 --> 00:31:48,959 e collede o Avatar! 351 00:31:49,834 --> 00:31:50,668 Xa! 352 00:32:24,876 --> 00:32:25,834 Onde van? 353 00:32:30,376 --> 00:32:31,376 Mirade por alí! 354 00:32:32,043 --> 00:32:33,293 Vistes algo? 355 00:32:34,876 --> 00:32:35,876 Por aquí! 356 00:32:41,501 --> 00:32:42,751 Teño un barco preto. 357 00:32:45,459 --> 00:32:48,501 Non podemos saír mentres os soldados sigan aí. 358 00:32:49,751 --> 00:32:50,793 Por aquí! 359 00:32:51,501 --> 00:32:52,918 Non debías moverte. 360 00:32:54,709 --> 00:32:55,668 Estás ferido. 361 00:33:00,043 --> 00:33:02,084 - Tento axudar. - Non o preciso. 362 00:33:03,876 --> 00:33:04,751 Vale. 363 00:33:05,501 --> 00:33:06,543 Como queiras. 364 00:33:24,293 --> 00:33:25,418 Que? 365 00:33:26,001 --> 00:33:26,834 Nada. 366 00:33:33,251 --> 00:33:34,709 Pódoche preguntar algo? 367 00:33:36,126 --> 00:33:37,834 Igual é algo persoal. 368 00:33:41,918 --> 00:33:43,834 Pelo de cabra ou de coello? 369 00:33:46,501 --> 00:33:49,668 Os pinceis de caligrafía. Pelo de cabra ou coello? 370 00:33:50,709 --> 00:33:54,959 Os teus caracteres son moi claros. Eu nunca os dei feito así. 371 00:33:54,959 --> 00:33:58,876 Segundo os monxes, a mexada do lémure líase mellor cá miña letra. 372 00:34:06,918 --> 00:34:07,751 Mira, 373 00:34:08,876 --> 00:34:11,043 sei que non debín coller o caderno. 374 00:34:11,709 --> 00:34:12,543 Perdón. 375 00:34:14,668 --> 00:34:17,001 Salvoume a vida, de verdade. 376 00:34:17,543 --> 00:34:21,501 Tes información sobre os Avatares pasados que ninguén máis ten. 377 00:34:23,334 --> 00:34:26,626 Dos monxes Nómades do Aire, xa non queda ningún. 378 00:34:27,793 --> 00:34:29,584 Eu só tiña o teu caderno. 379 00:34:31,168 --> 00:34:33,626 Pasei moitísimas noites esperto léndoo. 380 00:34:34,959 --> 00:34:35,876 Axudáchesme. 381 00:34:37,043 --> 00:34:39,751 Quero dicir que o caderno me axudou moito. 382 00:34:52,418 --> 00:34:53,376 Pelo de cabra. 383 00:34:54,126 --> 00:34:55,959 É máis firme, tes máis control. 384 00:34:57,876 --> 00:35:00,209 Os mestres facíanme practicar pola mañá. 385 00:35:01,001 --> 00:35:02,876 Non me deixaban practicar loita 386 00:35:02,876 --> 00:35:05,793 ata facer 100 trazos verticais e 100 horizontais. 387 00:35:05,793 --> 00:35:06,918 A min tampouco! 388 00:35:07,709 --> 00:35:10,584 Só que os meus eran estudos espirituais. 389 00:35:10,584 --> 00:35:14,126 Moitas veces, en vez de meditar, eu estaba durmindo. 390 00:35:14,126 --> 00:35:17,668 Sempre me cazaban. Seguramente porque roncaba. 391 00:35:25,918 --> 00:35:28,876 Os que están aí fóra son da Nación do Lume. 392 00:35:29,501 --> 00:35:30,501 Si. 393 00:35:31,084 --> 00:35:33,959 Están do teu lado. Por que loitas contra eles? 394 00:35:33,959 --> 00:35:35,126 Non están comigo. 395 00:35:36,543 --> 00:35:39,709 Pero estarán. Cando te capture e te leve... 396 00:35:48,459 --> 00:35:50,459 Se te capturo, podo volver á casa. 397 00:35:51,418 --> 00:35:54,251 E ocuparei o posto de herdeiro do señor do lume. 398 00:35:54,251 --> 00:35:57,168 É iso o que queres? Ser o próximo señor do lume? 399 00:35:57,168 --> 00:36:00,543 Si, claro. É o que todos esperan de min. 400 00:36:04,834 --> 00:36:05,751 Gyatso. 401 00:36:06,709 --> 00:36:07,793 Foi o meu mestre. 402 00:36:08,876 --> 00:36:12,334 Dicía que non nos preocupásemos polas expectativas alleas. 403 00:36:13,501 --> 00:36:15,709 Xa sei que non é doado. 404 00:36:16,501 --> 00:36:20,709 Eu son o Avatar e... é o que todos esperan de min. 405 00:36:22,251 --> 00:36:24,001 Iso preocúpame moitísimo. 406 00:36:29,418 --> 00:36:32,043 Non tes que ser coma os mestres do lume. 407 00:36:33,751 --> 00:36:35,584 Igual podes ser mellor ca eles. 408 00:36:36,709 --> 00:36:39,084 O que fai o señor do lume está mal 409 00:36:39,626 --> 00:36:41,543 e ti non tes que ser coma el. 410 00:36:42,376 --> 00:36:44,126 Podes ter compaixón. 411 00:36:50,001 --> 00:36:51,376 Como te atreves? 412 00:36:51,376 --> 00:36:56,084 Son o príncipe herdeiro da Nación do Lume. Serei o exemplo dos mestres do lume. 413 00:36:56,668 --> 00:36:59,418 E meu pai é un grande home. 414 00:37:02,918 --> 00:37:04,334 Compaixón? 415 00:37:04,918 --> 00:37:08,293 A compaixón é sinal de debilidade. 416 00:37:17,543 --> 00:37:19,751 Perdoa. Non quería ferirte. 417 00:37:21,709 --> 00:37:24,959 Intúo que xa sufriches máis do debido. 418 00:37:33,126 --> 00:37:34,418 Prepárate. 419 00:37:37,334 --> 00:37:38,168 Padre? 420 00:37:39,334 --> 00:37:42,543 Pero... estou aquí para o duelo co xeneral Li. 421 00:37:42,543 --> 00:37:45,834 Estás aquí porque non respectas os nosos militares. 422 00:37:45,834 --> 00:37:47,876 - Iso non é certo. - Ai, non? 423 00:37:47,876 --> 00:37:51,626 Nin sequera cando propoñen plans horribles? 424 00:37:52,376 --> 00:37:53,626 Os meus plans! 425 00:37:54,418 --> 00:37:58,209 A miña estratexia, os meus militares. Iso é o que insultaches! 426 00:37:59,084 --> 00:38:01,168 Perdón, padre, non quería ofender. 427 00:38:01,168 --> 00:38:03,084 - Érguete. - Non, por favor. 428 00:38:03,084 --> 00:38:04,209 Érguete! 429 00:38:04,209 --> 00:38:05,209 Irmán! 430 00:38:06,376 --> 00:38:07,418 Non fagas iso. 431 00:38:07,418 --> 00:38:08,543 É o teu fillo. 432 00:38:09,584 --> 00:38:10,543 Xa veremos. 433 00:38:19,459 --> 00:38:21,626 Érguete e loita, príncipe Zuko, 434 00:38:22,376 --> 00:38:24,376 para aprenderes a respectar. 435 00:39:05,418 --> 00:39:08,459 Iso é todo? Dáme todo o que tes! 436 00:39:51,918 --> 00:39:54,501 A compaixón é signo de debilidade. 437 00:40:23,293 --> 00:40:28,209 Os soldados marcharon. Debías poder volver ao teu barco sen seres descuberto. 438 00:40:30,751 --> 00:40:33,668 Sabes que é o peor de nacer hai cen anos? 439 00:40:36,584 --> 00:40:38,001 Boto en falta os amigos. 440 00:40:39,376 --> 00:40:40,293 Coma Kuzon. 441 00:40:41,709 --> 00:40:42,751 Era o mellor. 442 00:40:43,876 --> 00:40:45,459 E era da Nación do Lume. 443 00:40:50,501 --> 00:40:52,084 Se nos coñecésemos entón... 444 00:40:55,168 --> 00:40:56,793 poderiamos ser amigos? 445 00:41:22,001 --> 00:41:24,709 Debía ir para a cama, señor. Vixiaremos nós. 446 00:41:24,709 --> 00:41:26,751 Se sabemos do príncipe, avisamos. 447 00:41:26,751 --> 00:41:29,834 Grazas, tenente, pero agardarei algo máis. 448 00:41:33,751 --> 00:41:35,001 Está enganado. 449 00:41:35,751 --> 00:41:37,376 No de que non se preocupa. 450 00:41:38,668 --> 00:41:40,876 Máis ben, Zuko preocúpase demasiado, 451 00:41:40,876 --> 00:41:43,626 sobre todo, pola xente deste barco. 452 00:41:44,876 --> 00:41:45,793 Claro, señor. 453 00:41:46,501 --> 00:41:49,293 Tenente, ¿sabe 454 00:41:49,293 --> 00:41:52,376 por que lles asignaron esta misión a todos vostedes? 455 00:41:53,126 --> 00:41:56,751 O doutor está creando un bálsamo especial de herbas para ti. 456 00:41:57,876 --> 00:42:00,918 A boa nova é que a túa visión non se verá afectada. 457 00:42:00,918 --> 00:42:05,543 Iso significa que tes a gran sorte de continuar gozando da miña beleza. 458 00:42:15,251 --> 00:42:17,168 Agora non é bo momento. 459 00:42:17,168 --> 00:42:19,501 - Quero falar co fillo. - Está ferido. 460 00:42:19,501 --> 00:42:21,876 - Recuperarase. - Pero nunca curará. 461 00:42:26,293 --> 00:42:28,709 O doutor di que te recuperarás axiña. 462 00:42:28,709 --> 00:42:31,001 Iso indica que tes un corpo forte. 463 00:42:32,001 --> 00:42:33,834 Porén, o teu espírito 464 00:42:33,834 --> 00:42:36,626 aínda precisa fortalecerse. 465 00:42:46,751 --> 00:42:48,084 Hoxe contivécheste. 466 00:42:49,709 --> 00:42:54,251 Para ti igual era un sinal de respecto, pero non o era. Era debilidade. 467 00:42:55,376 --> 00:42:58,209 Debes purgar esa debilidade. 468 00:43:02,834 --> 00:43:05,959 Tes que eliminar a debilidade para facerte forte. 469 00:43:05,959 --> 00:43:07,918 Por iso somos a Nación do Lume. 470 00:43:07,918 --> 00:43:10,501 Por iso sacrificamos a División 41. 471 00:43:10,501 --> 00:43:12,959 Iso é o que tes que facer. 472 00:43:20,376 --> 00:43:23,084 Ás veces os débiles fanse fortes. 473 00:43:26,543 --> 00:43:29,959 Ás veces hai que darlles unha oportunidade. 474 00:43:33,668 --> 00:43:36,126 Trabuqueime. 475 00:43:37,043 --> 00:43:40,709 Protexinte e iso fíxote brando coma túa nai. 476 00:43:42,751 --> 00:43:46,501 Xa que es incapaz de aprender dentro dos muros deste palacio, 477 00:43:46,501 --> 00:43:50,501 igual aprenderás mellor coas esixencias do mundo exterior. 478 00:43:53,168 --> 00:43:57,668 Marcharás de aquí inmediatamente e non volverás 479 00:43:59,459 --> 00:44:00,293 ata... 480 00:44:02,584 --> 00:44:06,918 ata venceres a maior ameaza existente para o destino da nosa nación. 481 00:44:08,293 --> 00:44:13,418 Tes que atopar, capturar e traerme o Avatar. 482 00:44:13,418 --> 00:44:15,918 Non podes volver pisar o noso territorio 483 00:44:15,918 --> 00:44:17,626 ata rematares esa tarefa. 484 00:44:17,626 --> 00:44:20,001 Baixo ameaza do máis severo castigo! 485 00:44:20,001 --> 00:44:21,543 Ozai! Non fagas iso! 486 00:44:21,543 --> 00:44:22,876 Irmán, xa está feito. 487 00:44:25,334 --> 00:44:26,376 Ah, 488 00:44:27,459 --> 00:44:30,251 xa que estás tan preocupado pola división 41, 489 00:44:30,751 --> 00:44:31,918 lévaa contigo 490 00:44:32,918 --> 00:44:34,043 de tripulación. 491 00:44:50,293 --> 00:44:51,376 A división 41? 492 00:44:52,459 --> 00:44:53,876 Nós somos a 41. 493 00:44:55,043 --> 00:44:58,168 E están todos vivos polo sacrificio de meu sobriño. 494 00:45:02,001 --> 00:45:03,168 Alí fóra hai algo. 495 00:45:13,126 --> 00:45:15,209 É el. Tirade as cordas! 496 00:45:23,501 --> 00:45:25,168 - Estás ferido. - Estou ben. 497 00:45:25,168 --> 00:45:26,668 Debíate mirar alguén. 498 00:45:27,584 --> 00:45:28,834 Sufrín cousas peores. 499 00:45:30,418 --> 00:45:34,043 Non che vou preguntar a onde fuches, pero no futuro, sobriño, 500 00:45:34,043 --> 00:45:38,251 agradecería que me dixeses se estás vivo ou non. 501 00:45:39,168 --> 00:45:41,834 A algúns de nós impórtannos... 502 00:45:43,959 --> 00:45:45,084 esas cousas. 503 00:45:51,126 --> 00:45:52,001 Atención! 504 00:45:54,834 --> 00:45:57,793 O noso príncipe volveu. 505 00:46:06,543 --> 00:46:07,501 Que pasa? 506 00:46:09,418 --> 00:46:11,626 Botaríante en falta no serán musical. 507 00:46:58,376 --> 00:47:02,376 É incrible o que facemos para ocultar a nosa verdadeira identidade. 508 00:47:06,126 --> 00:47:08,626 Porque non queremos que a xente saiba 509 00:47:08,626 --> 00:47:10,668 o moito que significan para nós... 510 00:47:13,668 --> 00:47:18,251 Isto é curioso porque o certo é que fariamos calquera cousa por eles. 511 00:47:28,543 --> 00:47:30,626 Iriamos ao cabo do mundo, 512 00:47:32,959 --> 00:47:34,501 poñeriamos a vida en risco 513 00:47:36,584 --> 00:47:38,209 e loitariamos con monstros. 514 00:48:31,918 --> 00:48:35,251 Supoño que dá medo admitir que precisamos outras persoas. 515 00:48:36,293 --> 00:48:39,668 Algúns verán iso como unha debilidade, un lastre. 516 00:48:48,293 --> 00:48:52,834 Existe pena máis grande ca perder alguén que queres? 517 00:48:56,293 --> 00:48:57,293 Ou, peor aínda... 518 00:48:58,543 --> 00:48:59,376 Gyatso? 519 00:49:00,251 --> 00:49:03,751 ...descubrir que alguén que queres te abandonou. 520 00:49:07,418 --> 00:49:09,834 Podemos falalo cando eu volva? 521 00:49:11,876 --> 00:49:13,001 Claro. 522 00:49:13,001 --> 00:49:16,209 Así que salve os meus amigos, teremos máis tempo. 523 00:49:30,959 --> 00:49:35,209 Supoño que por iso sentimos a necesidade de ocultármonos e protexérmonos. 524 00:50:09,293 --> 00:50:10,959 Entón, poñemos unha máscara. 525 00:50:13,501 --> 00:50:15,501 Non é difícil entender por que. 526 00:50:17,501 --> 00:50:19,751 O difícil é decatarse de que ás veces... 527 00:50:22,001 --> 00:50:24,668 a máscara é a nosa verdadeira identidade. 528 00:52:20,834 --> 00:52:23,751 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa