1 00:00:19,668 --> 00:00:20,543 Correde! 2 00:00:21,126 --> 00:00:22,126 Collédeos! 3 00:00:22,126 --> 00:00:23,418 Cantos hai? 4 00:00:23,418 --> 00:00:24,709 Cinco? Seis? 5 00:00:25,793 --> 00:00:26,626 Igual máis! 6 00:00:26,626 --> 00:00:28,334 Máis rápido! Por aquí! 7 00:00:38,376 --> 00:00:39,418 Ide por eles! 8 00:00:51,293 --> 00:00:52,293 Vamos! 9 00:00:54,209 --> 00:00:55,209 Escapan! 10 00:00:55,209 --> 00:00:56,126 Rápido! 11 00:00:58,584 --> 00:00:59,418 Veña! 12 00:00:59,418 --> 00:01:00,626 Agora témolos! 13 00:01:00,626 --> 00:01:01,918 Alí! 14 00:01:19,376 --> 00:01:22,626 Así que... discos de xeo? Iso é novo! 15 00:01:23,876 --> 00:01:27,543 Vínllelo facer aos mestres da terra. Esta é a versión con auga. 16 00:01:27,543 --> 00:01:29,709 Agora pelexas de xeito contundente. 17 00:01:30,501 --> 00:01:32,293 Inventaches novos movementos. 18 00:01:32,293 --> 00:01:34,043 Sinal de ser boa mestra. 19 00:01:35,918 --> 00:01:37,793 Collín bastante seguridade, 20 00:01:37,793 --> 00:01:40,668 pero aprendín o que puiden do documento da avoa. 21 00:01:40,668 --> 00:01:43,418 O que preciso é ir á Tribo da Auga do Norte. 22 00:01:44,001 --> 00:01:46,501 Con eses mestres da auga mellorarei moito. 23 00:01:47,084 --> 00:01:49,334 Topamos con mestres do lume máis a miúdo. 24 00:01:49,918 --> 00:01:51,626 Achegámonos á Nación do Lume. 25 00:01:51,626 --> 00:01:55,001 Inevitable, mesmo sen os intentos de mocear de Sokka. 26 00:01:55,001 --> 00:01:57,876 Como ía saber que era soldado da Nación do Lume? 27 00:01:58,376 --> 00:02:02,209 Non podemos baixar a garda, polo menos ata chegar ao norte, onde... 28 00:02:02,959 --> 00:02:03,834 Aang? 29 00:03:14,959 --> 00:03:16,418 A Nación do Lume. 30 00:03:16,959 --> 00:03:18,001 Por que o farían? 31 00:03:18,751 --> 00:03:20,084 Por que fan o que fan? 32 00:03:20,626 --> 00:03:21,834 Isto é culpa miña. 33 00:03:22,751 --> 00:03:25,209 O Avatar debe protexer o mundo natural. 34 00:03:25,793 --> 00:03:30,251 É tan importante coma axudar á xente e loitar contra os mestres do lume. 35 00:03:31,001 --> 00:03:33,543 Cantos bosques desapareceron por faltar eu? 36 00:03:33,543 --> 00:03:35,334 E porque non sei que fago. 37 00:04:11,126 --> 00:04:14,001 A avoa di que a vida é un ciclo. 38 00:04:15,251 --> 00:04:18,543 E da morte xorde nova vida. 39 00:04:20,084 --> 00:04:21,876 Isto volverá ser un bosque. 40 00:04:22,834 --> 00:04:23,959 Tes que decatarte. 41 00:04:28,418 --> 00:04:30,293 Semente para o futuro. 42 00:04:32,834 --> 00:04:34,209 Non os erros do pasado. 43 00:04:47,709 --> 00:04:48,543 Ei! 44 00:04:50,043 --> 00:04:52,001 Tranquila. Non che vou facer mal. 45 00:04:53,959 --> 00:04:54,793 Estás perdida? 46 00:05:01,459 --> 00:05:02,626 Chámome Sokka. 47 00:05:03,418 --> 00:05:04,418 Rima con 48 00:05:05,793 --> 00:05:09,668 "oca" e "wakka wakka". 49 00:05:13,376 --> 00:05:15,459 A moneca parece valente. Ten nome? 50 00:05:17,251 --> 00:05:19,793 Ao mellor se nos ocorre un para poñerlle. 51 00:05:20,501 --> 00:05:21,834 ¿Que che parece... 52 00:05:23,501 --> 00:05:24,876 Pippinpaddle Oppsokopolis? 53 00:05:26,418 --> 00:05:27,293 O terceiro. 54 00:05:31,751 --> 00:05:33,293 Fíxoma Shi-yong. 55 00:05:34,459 --> 00:05:35,626 Shi-yong? 56 00:05:36,376 --> 00:05:39,501 Shi-yong é amigo teu ou é...? 57 00:05:39,501 --> 00:05:40,418 Sokka! 58 00:05:42,293 --> 00:05:43,209 Non, espera. 59 00:05:49,626 --> 00:05:50,501 Alí. 60 00:05:53,126 --> 00:05:53,959 Volviches. 61 00:05:54,709 --> 00:05:57,084 Xa sabes que non te podes afastar. 62 00:05:57,584 --> 00:05:59,043 Caeulle isto. 63 00:06:02,084 --> 00:06:03,626 Non vimos crear problemas... 64 00:06:05,209 --> 00:06:06,043 Ela asustouse. 65 00:06:13,543 --> 00:06:16,001 Aquí pasou algo malo, non si? 66 00:06:17,626 --> 00:06:19,293 Desculpade a mala educación. 67 00:06:20,251 --> 00:06:22,584 - Grazas por axudar. - Non hai de que. 68 00:06:22,584 --> 00:06:25,918 Vivindo tan cerca da Nación do Lume, teñen que ter tino. 69 00:06:25,918 --> 00:06:28,626 Si, xa tivemos guerra abondo. 70 00:06:30,043 --> 00:06:32,584 Por iso ardeu o monte? Foi unha batalla? 71 00:06:32,584 --> 00:06:33,751 Non. 72 00:06:34,334 --> 00:06:37,626 Os mestres do lume querían un camiño polas montañas. 73 00:06:38,668 --> 00:06:40,626 E queimaron o monte por iso? 74 00:06:41,334 --> 00:06:44,459 Pero, despois do lume, comezaron a pasar cousas raras. 75 00:06:45,334 --> 00:06:48,418 As colleitas murcharon, os animais deixaron de pacer. 76 00:06:48,418 --> 00:06:51,334 É case coma se a propia terra enfermase. 77 00:06:52,668 --> 00:06:56,043 Hai uns días, mandamos unha expedición para buscar comida. 78 00:06:56,543 --> 00:06:57,668 Pero non volveron. 79 00:07:01,209 --> 00:07:02,668 O meu fillo, Shi-yong, 80 00:07:04,418 --> 00:07:05,418 ía con eles. 81 00:07:07,626 --> 00:07:09,751 Sabemos o que é vivir con medo. 82 00:07:10,251 --> 00:07:13,209 Pero isto é algo máis grave. 83 00:07:14,751 --> 00:07:15,751 Algo... 84 00:07:17,126 --> 00:07:18,209 alén deste mundo. 85 00:07:26,834 --> 00:07:30,209 Ten razón. A súa xente está alén deste mundo. 86 00:07:31,376 --> 00:07:33,543 Pero eu podo traelos de volta. 87 00:07:40,001 --> 00:07:40,834 Hai novas? 88 00:07:41,834 --> 00:07:42,793 Non, señor. 89 00:07:42,793 --> 00:07:43,793 Nada? 90 00:07:43,793 --> 00:07:46,876 Onde se pode agachar un bisonte do ceo xigante? 91 00:07:47,626 --> 00:07:49,626 - E non se notou nada raro? - Nada. 92 00:07:51,126 --> 00:07:51,959 Agás... 93 00:07:53,168 --> 00:07:54,293 Agás que? 94 00:07:55,209 --> 00:08:00,001 Un reabastecedor mencionou uns nenos xogando con xeo preto do Paso de Senlin, 95 00:08:00,001 --> 00:08:01,793 pero seguramente se enganou. 96 00:08:03,834 --> 00:08:06,084 Así que, alguén viu xeo 97 00:08:06,084 --> 00:08:08,834 nun sitio onde non debía habelo. 98 00:08:10,459 --> 00:08:14,584 A maioría da xente diría que iso é raro, non si, tenente Jee? 99 00:08:14,584 --> 00:08:16,376 A menos que sexan parvos. 100 00:08:22,251 --> 00:08:26,126 - Mandarei homes investigar. - Non, terei que facelo eu. 101 00:08:26,126 --> 00:08:27,251 Coma sempre. 102 00:08:34,418 --> 00:08:36,418 O comandante Zhao é magnífico... 103 00:08:38,709 --> 00:08:41,959 Traballa sen axuda nun curruncho esquecido do mundo, 104 00:08:41,959 --> 00:08:44,793 pero, aínda así, atopou o Avatar. 105 00:08:49,543 --> 00:08:52,459 Sempre admirei como manexa vostede os comandantes. 106 00:08:53,001 --> 00:08:56,126 Sempre sabe como aproveitar mellor o seu talento. 107 00:08:59,251 --> 00:09:00,251 Entón, 108 00:09:01,626 --> 00:09:03,126 se estivese no seu sitio, 109 00:09:04,209 --> 00:09:06,209 enviaríalle máis recursos a Zhao. 110 00:09:07,543 --> 00:09:09,501 A ver que dá feito cunha axudiña. 111 00:09:11,751 --> 00:09:13,834 "Rega a semente máis prometedora." 112 00:09:15,043 --> 00:09:16,584 Iso ensinoumo vostede. 113 00:09:20,126 --> 00:09:21,418 Se cadra tes razón. 114 00:09:23,709 --> 00:09:26,543 Dille ao coronel Shinu que mande os arqueiros. 115 00:09:27,293 --> 00:09:31,001 E avisa o chanceler de que cambiarei o destino dalgúns fondos. 116 00:09:33,668 --> 00:09:34,626 Azula, 117 00:09:37,543 --> 00:09:40,043 Zhao non descubriu o Avatar. Foi Zuko. 118 00:09:41,043 --> 00:09:44,918 É el quen demostrou resiliencia e dedicación. 119 00:09:45,668 --> 00:09:47,793 É o que agardo do futuro herdeiro. 120 00:09:49,126 --> 00:09:52,334 Non adulación comenenciuda nin murmuracións renartes. 121 00:10:07,376 --> 00:10:10,209 O mundo en que vivimos non é o único que existe. 122 00:10:10,209 --> 00:10:12,501 Hai outro reino alén do noso. 123 00:10:13,251 --> 00:10:14,793 O Mundo dos espíritos. 124 00:10:15,293 --> 00:10:17,084 Normalmente, están separados, 125 00:10:17,084 --> 00:10:19,876 pero ás veces a liña que os separa é fina. 126 00:10:20,918 --> 00:10:23,709 Ti cres que o bosque é un deses sitios? 127 00:10:23,709 --> 00:10:24,959 Non é que o crea, 128 00:10:24,959 --> 00:10:26,084 é que o sinto. 129 00:10:26,751 --> 00:10:29,251 E os incendios fan a liña aínda máis fina. 130 00:10:30,001 --> 00:10:35,584 O Avatar é a ponte entre o mundo natural e o dos espíritos. Eu nótoos moi próximos. 131 00:10:36,709 --> 00:10:38,918 É coma o xeo que comeza a fender. 132 00:10:39,709 --> 00:10:44,751 Entón, vas ao Mundo dos espíritos, colles as persoas perdidas e volves. 133 00:10:45,834 --> 00:10:46,959 Algo así, si. 134 00:10:49,168 --> 00:10:51,751 Antes parecías moito máis seguro. 135 00:10:51,751 --> 00:10:55,209 Porque todo isto é por culpa miña. 136 00:10:56,043 --> 00:10:59,209 Si, teño que ir ao norte salvar os mestres da auga, 137 00:10:59,918 --> 00:11:02,084 pero teño que axudarlle a esta xente 138 00:11:02,084 --> 00:11:04,876 para non perderen as casas e os seres queridos, 139 00:11:06,626 --> 00:11:07,834 como os perdín eu. 140 00:11:10,459 --> 00:11:12,459 É imposible que fagas todo. 141 00:11:13,668 --> 00:11:17,501 Como dixo Bumi: "O Avatar ten que facer o imposible." 142 00:11:22,251 --> 00:11:25,959 Debo ir ao sitio onde son máis fortes as enerxías espirituais. 143 00:11:26,459 --> 00:11:27,501 E onde é iso? 144 00:11:28,084 --> 00:11:29,584 Sabereino cando o atope. 145 00:11:30,459 --> 00:11:32,168 Case dixeches algo concreto. 146 00:11:39,084 --> 00:11:40,168 Katara? 147 00:11:41,126 --> 00:11:42,001 Aang? 148 00:11:58,834 --> 00:12:02,001 Un templo dedicado ao espírito do bosque. 149 00:12:03,501 --> 00:12:04,584 Este é o sitio. 150 00:12:12,793 --> 00:12:14,834 Entón, que facemos? 151 00:12:15,959 --> 00:12:16,876 Vixiar a Aang. 152 00:12:18,043 --> 00:12:20,876 Ao pasar o seu espírito, o corpo será vulnerable. 153 00:12:20,876 --> 00:12:22,251 Temos que protexelo. 154 00:12:24,668 --> 00:12:26,209 Como sabemos se funciona? 155 00:12:29,251 --> 00:12:30,084 Non sei. 156 00:12:32,043 --> 00:12:34,793 - Teño fame. - Ei, por favor. 157 00:12:35,376 --> 00:12:37,168 Estou intentando concentrarme. 158 00:13:19,251 --> 00:13:21,793 Sokka, creo que funciona. 159 00:13:29,876 --> 00:13:30,751 Katara? 160 00:13:39,251 --> 00:13:41,668 - Que pasa? - Non sei! Aang? 161 00:13:41,668 --> 00:13:46,126 Separei o meu espírito do corpo, pero tróuxenvos a vós comigo. 162 00:13:46,126 --> 00:13:47,168 Como é posible? 163 00:13:47,918 --> 00:13:50,001 Deben ser as enerxías deste sitio, 164 00:13:50,001 --> 00:13:52,084 a liña fina e o meu poder. 165 00:13:54,959 --> 00:13:58,084 Pois devólvenos! Devólvenos xa! 166 00:13:58,084 --> 00:13:59,626 Perdón. 167 00:14:09,293 --> 00:14:11,126 Estamos no Mundo dos espíritos. 168 00:14:15,168 --> 00:14:17,876 Non menciones o Avatar. Que non se saiba. 169 00:14:18,376 --> 00:14:20,834 De acordo. E temos que ir con tino. 170 00:14:21,834 --> 00:14:26,043 A Nación do Lume controla o territorio, pero é dos mestres da terra. 171 00:14:26,043 --> 00:14:29,251 - Non debemos crear problemas. - Creeinos algunha vez? 172 00:14:32,834 --> 00:14:33,793 Iso digo eu. 173 00:14:56,793 --> 00:14:59,918 Seica estiveron por aquí mestres da auga hai pouco. 174 00:15:00,501 --> 00:15:02,584 - Viunos? - Non. 175 00:15:03,334 --> 00:15:06,334 - Pero oíu falar deles? - Máis ou menos. 176 00:15:14,126 --> 00:15:18,001 Igual isto... axuda. 177 00:15:19,959 --> 00:15:20,793 Entón, 178 00:15:22,084 --> 00:15:24,001 viu os mestres da auga? 179 00:15:26,001 --> 00:15:27,168 Non. 180 00:15:29,959 --> 00:15:33,043 Oín que o Avatar seica viaxa cuns mestres da auga. 181 00:15:34,501 --> 00:15:35,959 - Como dixo? - O Avatar. 182 00:15:36,543 --> 00:15:39,293 Anda cuns mestres da auga. Non é certo, Muki? 183 00:15:40,251 --> 00:15:42,876 O que? O Avatar? Iso dixeron os piratas. 184 00:15:42,876 --> 00:15:45,793 Non foron os piratas. Foi o guía do canón. 185 00:15:45,793 --> 00:15:50,293 Dixo que o Avatar pelexou cuns escaladores xunto con dous mestres da auga. 186 00:15:50,293 --> 00:15:53,168 Era o que dixo que pararon o volcán...? 187 00:15:53,168 --> 00:15:55,084 Seica oíron falar do Avatar. 188 00:15:55,084 --> 00:15:57,876 Despois de loitar contra o rei tolo de Omashu. 189 00:16:02,501 --> 00:16:05,293 Vouno perder. Vou perder todo. 190 00:16:07,376 --> 00:16:10,418 Se o saben aquí, no cu do mundo, sábeo todo o mundo. 191 00:16:10,418 --> 00:16:13,293 Todos, no Reino da Terra, na Nación do Lume. 192 00:16:13,834 --> 00:16:17,084 Sairán os cazadores en canto cheiren sangue. 193 00:16:19,376 --> 00:16:21,251 Socorro! Está tola! 194 00:16:43,834 --> 00:16:45,668 Non morras, parvo. 195 00:16:46,918 --> 00:16:48,584 Só cobro a metade se morres. 196 00:16:51,251 --> 00:16:52,293 Que mirades vós? 197 00:16:53,293 --> 00:16:55,209 Unha miserable cazarrecompensas. 198 00:16:55,918 --> 00:16:58,668 Miserable? Moita chularía para seres un neniño. 199 00:17:03,793 --> 00:17:06,126 Déixoo pasar porque teu pai é riquiño. 200 00:17:11,168 --> 00:17:14,084 Debía saber que por aquí andan mercenarios soltos. 201 00:17:21,834 --> 00:17:25,834 Gyatso dicíame que o Mundo dos espíritos e o físico están xunguidos. 202 00:17:25,834 --> 00:17:30,209 O que pasa nun aféctalle ao outro. Como pasa coa alma e o corpo. 203 00:17:30,876 --> 00:17:33,001 Están separados, pero conectados. 204 00:17:33,001 --> 00:17:33,959 Ten sentido. 205 00:17:34,459 --> 00:17:37,376 Gyatso facía que as cousas fosen boas de entender. 206 00:17:38,168 --> 00:17:39,459 Facía todo doado. 207 00:17:41,418 --> 00:17:42,418 Debía ser incrible. 208 00:17:43,126 --> 00:17:43,959 Era. 209 00:17:44,834 --> 00:17:48,418 Eu sempre considerei que estaba en sintonía co espírito. 210 00:17:48,418 --> 00:17:51,668 - Por iso crucei contigo. - Iso é unha ra ou que? 211 00:17:53,043 --> 00:17:54,751 Non sei como chegou aquí. 212 00:17:56,084 --> 00:17:58,501 Os da aldea andarán buscando unha saída. 213 00:17:58,501 --> 00:18:03,668 - Andarán buscando algo coñecido. - Se se decataron de que non son de aquí. 214 00:18:03,668 --> 00:18:06,251 Ningún de vós debía estar aquí. 215 00:18:06,876 --> 00:18:08,001 Quen dixo iso? 216 00:18:08,709 --> 00:18:09,584 Quen dixo que? 217 00:18:09,584 --> 00:18:14,001 Ningún humano pertence a este reino. 218 00:18:16,751 --> 00:18:18,293 Vaia paxariño máis grande. 219 00:18:18,293 --> 00:18:19,543 "Paxariño"? 220 00:18:19,543 --> 00:18:21,418 Eu non son ningún paxariño. 221 00:18:21,418 --> 00:18:25,126 Son o espírito do coñecemento. 222 00:18:25,126 --> 00:18:28,251 Desculpe a Sokka. Non quixo dicir nada. 223 00:18:28,251 --> 00:18:31,001 - Con quen falas? - Que queres dicir? 224 00:18:31,001 --> 00:18:33,543 Eles non oen o que oes ti. 225 00:18:39,084 --> 00:18:43,376 As súas diminutas mentes son incapaces de comprender a miña lingua. 226 00:18:43,376 --> 00:18:44,834 Pero eu óiote. 227 00:18:44,834 --> 00:18:46,543 Ti es o Avatar. 228 00:18:46,543 --> 00:18:49,293 Ti debías ter un pé neste mundo. 229 00:18:49,293 --> 00:18:52,126 Porén, eles son intrusos. 230 00:18:52,126 --> 00:18:54,626 Canto máis tempo estean aquí, 231 00:18:54,626 --> 00:18:57,876 máis perigoso será para eles. 232 00:18:57,876 --> 00:18:58,793 Perigoso? 233 00:18:59,376 --> 00:19:00,334 Perigoso? 234 00:19:00,918 --> 00:19:02,376 Comeranos o paxariño? 235 00:19:02,376 --> 00:19:05,043 Que non se preocupe por iso para nada. 236 00:19:05,043 --> 00:19:10,834 Hai criaturas aquí que non só che devorarán o corpo. 237 00:19:10,834 --> 00:19:13,209 Comeranche a alma. 238 00:19:13,209 --> 00:19:14,168 Aang, que di? 239 00:19:14,834 --> 00:19:16,668 Di que non nos vai facer mal. 240 00:19:17,543 --> 00:19:20,584 Só queremos atopar os nosos amigos, logo marchamos. 241 00:19:22,459 --> 00:19:27,168 Hai un que vive nunha cabana de pedra non moi lonxe do bosque. 242 00:19:27,168 --> 00:19:30,626 El igual sabe que foi dos vosos amigos. 243 00:19:30,626 --> 00:19:33,043 Ide por ese camiño e atoparédelo. 244 00:19:33,043 --> 00:19:36,543 Espera. Por que dixeches que era perigoso? 245 00:19:36,543 --> 00:19:38,168 Que lles podería pasar? 246 00:19:39,459 --> 00:19:43,793 Hai cousas aquí que lles revelarán verdades aos humanos. 247 00:19:43,793 --> 00:19:46,959 Verdades que non están preparados para afrontar. 248 00:19:46,959 --> 00:19:50,959 Mostraranlles o que son en realidade 249 00:19:50,959 --> 00:19:54,459 e iso pode causar moita dor. 250 00:19:55,168 --> 00:19:57,168 Adeus, Avatar. 251 00:19:57,876 --> 00:20:01,376 E, lembra, non vos desviedes do camiño. 252 00:20:05,293 --> 00:20:06,376 Adeus, paxariño. 253 00:20:07,293 --> 00:20:08,168 Basta. 254 00:20:09,876 --> 00:20:11,584 A clase rematou, alteza. 255 00:20:12,418 --> 00:20:13,418 Azula! 256 00:20:14,584 --> 00:20:15,709 Azula! 257 00:20:17,959 --> 00:20:18,959 Azula! 258 00:20:25,126 --> 00:20:27,584 Estás ben? Déixame axudarche. 259 00:20:29,543 --> 00:20:30,793 Iso foi intenso. 260 00:20:30,793 --> 00:20:31,709 Si. 261 00:20:34,918 --> 00:20:38,501 - Podíaslle facer mal. - Culpa súa. Debíao facer mellor. 262 00:20:38,501 --> 00:20:41,459 Pero o problema non é o adestrador, non? 263 00:20:47,584 --> 00:20:49,126 Azula, ti es a mellor. 264 00:20:49,834 --> 00:20:51,334 Todo o mundo o sabe. 265 00:20:52,459 --> 00:20:53,334 Es perfecta. 266 00:20:54,418 --> 00:20:55,626 Pero non basta. 267 00:21:00,876 --> 00:21:02,501 Viñeches. Onde estiveches? 268 00:21:02,501 --> 00:21:06,168 Desculpa. Distraínme mirando unha partida de Pai Sho. 269 00:21:06,751 --> 00:21:09,376 Os xogadores da rúa por aquí son moi bos. 270 00:21:09,376 --> 00:21:10,959 Seguro que si. Vamos. 271 00:21:10,959 --> 00:21:15,293 Non seguen as tácticas agardadas, pero ese é o seu punto forte. 272 00:21:15,293 --> 00:21:19,293 Tío, por que non rematas esa historia no barco? 273 00:21:19,293 --> 00:21:23,126 Príncipe Zuko, podes aprender moito destes xogadores de Pai Sho. 274 00:21:23,834 --> 00:21:28,543 Non teñen formación, pero iso significa que teñen a mente aberta a novas ideas. 275 00:21:29,168 --> 00:21:32,168 Entón, están preparados cando aparece unha solución. 276 00:21:38,459 --> 00:21:39,418 Non! 277 00:21:39,418 --> 00:21:43,459 June é a mellor no seu, que é buscar xente. 278 00:21:43,459 --> 00:21:46,334 É mercenaria. A súa lealdade cómprase e véndese. 279 00:21:46,334 --> 00:21:48,043 Como confías en alguén así? 280 00:21:48,043 --> 00:21:49,543 June é unha profesional. 281 00:21:50,043 --> 00:21:53,959 Se fracasa, non cobra nin come. 282 00:21:59,418 --> 00:22:02,751 Príncipe Zuko, sei que sempre criches 283 00:22:02,751 --> 00:22:06,001 que hai xeitos correctos e incorrectos de facer todo. 284 00:22:06,001 --> 00:22:11,376 Iso indica que es un gran líder, pero aquí hai outras regras. 285 00:22:12,459 --> 00:22:14,043 O comandante Zhao sábeo 286 00:22:14,584 --> 00:22:19,376 e xa está facendo movementos e nós nin debuxamos o taboleiro. 287 00:22:27,709 --> 00:22:30,668 Faládeme do Avatar ese, logo. 288 00:22:48,918 --> 00:22:50,293 - Vistes iso? - O que? 289 00:22:50,293 --> 00:22:51,709 Vistes iso? 290 00:22:53,168 --> 00:22:54,376 Sokka, tranquilo. 291 00:22:54,376 --> 00:22:58,209 A curuxa dixo que iría ben se non saïamos do camiño. Non, Aang? 292 00:22:59,168 --> 00:23:00,001 Si. 293 00:23:00,876 --> 00:23:03,793 Aang, que dixo a curuxa en realidade? 294 00:23:05,959 --> 00:23:08,043 Dixo que sería perigoso para vós. 295 00:23:09,126 --> 00:23:11,543 Que igual vos enfrontabades á verdade. 296 00:23:14,334 --> 00:23:17,251 Pero a verdade non ten nada de malo, non? 297 00:23:18,501 --> 00:23:19,334 Non. 298 00:23:20,876 --> 00:23:21,918 Seguro? 299 00:23:22,418 --> 00:23:23,251 A verdade. 300 00:23:24,251 --> 00:23:25,084 Si. 301 00:23:25,959 --> 00:23:27,626 Si, non temo a verdade. 302 00:23:28,126 --> 00:23:31,876 O que temo é que me coma un monstro xigante do espírito. 303 00:23:35,168 --> 00:23:36,584 Se antes o dis... 304 00:23:45,126 --> 00:23:48,584 Aang, isto será unha lingua do espírito que só ti entendes 305 00:23:48,584 --> 00:23:51,709 e que di: "Benvidos, amigos, queredes biscoito?" 306 00:23:51,709 --> 00:23:53,459 Non di iso. 307 00:23:56,959 --> 00:23:58,209 Non saiades do camiño. 308 00:23:58,209 --> 00:24:01,459 A curuxa dixo que iría ben se non saïamos do camiño. 309 00:24:01,459 --> 00:24:02,501 Estamos nel. 310 00:24:04,418 --> 00:24:06,251 Estamos no camiño! 311 00:24:06,751 --> 00:24:07,751 Fóra do camiño! 312 00:24:20,334 --> 00:24:22,001 É o espírito do bosque. 313 00:24:23,084 --> 00:24:24,084 Está ferido. 314 00:24:28,626 --> 00:24:31,418 Non dou controlado o aire! 315 00:24:31,418 --> 00:24:32,459 Nin eu a auga. 316 00:24:32,459 --> 00:24:33,459 Coidado! 317 00:24:43,501 --> 00:24:46,293 Ei, cheirento! Métete con alguén do teu tamaño. 318 00:24:49,959 --> 00:24:51,501 Comigo non, eh! 319 00:24:54,084 --> 00:24:56,918 - Sokka! - Correde! 320 00:25:17,293 --> 00:25:18,126 Dor. 321 00:25:19,418 --> 00:25:20,334 Dor. 322 00:25:21,501 --> 00:25:22,626 Moita dor. 323 00:25:24,793 --> 00:25:26,501 Só son rabuñaduras. 324 00:25:26,501 --> 00:25:28,876 Non ti. Hei Bai. 325 00:25:30,334 --> 00:25:31,209 Ei, que? 326 00:25:31,209 --> 00:25:33,459 Hei Bai, o espírito. 327 00:25:34,043 --> 00:25:35,251 Está sufrindo moito. 328 00:25:36,793 --> 00:25:38,501 Debín levar un golpe forte. 329 00:25:39,584 --> 00:25:41,084 Estou algo aloulado. 330 00:25:43,126 --> 00:25:43,959 Es gracioso. 331 00:25:43,959 --> 00:25:45,918 E ti es unha raposa que fala. 332 00:25:47,209 --> 00:25:50,001 Pero non es a cousa máis abraiante que vin hoxe. 333 00:25:52,793 --> 00:25:55,751 Vou onda os amigos, antes de que os coma o monstro. 334 00:25:55,751 --> 00:25:57,751 Non é un monstro. Está ferido. 335 00:25:58,459 --> 00:25:59,793 Iso é o que fai a dor. 336 00:25:59,793 --> 00:26:02,043 Cámbiate ata facerte irrecoñecible. 337 00:26:02,626 --> 00:26:04,418 Sabes o que é estar ferido? 338 00:26:06,751 --> 00:26:09,876 Estas rabuñaduras estanme anoxando bastante... 339 00:26:10,459 --> 00:26:13,418 Sempre fas chistes cando non queres falar de algo? 340 00:26:14,043 --> 00:26:15,459 O que? Eu non fago iso. 341 00:26:16,168 --> 00:26:20,376 Vaite. Espero que te "desaloules". 342 00:26:26,543 --> 00:26:27,876 O Mundo dos espíritos. 343 00:26:29,584 --> 00:26:31,376 E ten tino. 344 00:26:32,334 --> 00:26:35,584 A brétema pode ser... perigosa. 345 00:26:36,876 --> 00:26:37,793 Sokka! 346 00:26:39,126 --> 00:26:40,043 Aang! 347 00:26:49,959 --> 00:26:50,793 Aang! 348 00:27:27,376 --> 00:27:28,334 Katara. 349 00:27:35,584 --> 00:27:36,918 - Mamá? - Viñeches. 350 00:27:36,918 --> 00:27:39,084 Busqueite por todos os sitios. 351 00:27:42,793 --> 00:27:43,793 Non pode ser. 352 00:27:45,251 --> 00:27:47,293 - Es ti de verdade? - Que? 353 00:27:52,793 --> 00:27:54,626 Katara, estás ben? 354 00:27:59,459 --> 00:28:00,918 Pasou moito tempo. 355 00:28:07,418 --> 00:28:09,168 Ven, é tarde. 356 00:28:15,709 --> 00:28:18,751 Dígocho eu, con catro fíos é máis forte. 357 00:28:18,751 --> 00:28:22,626 Non dixen que non fose máis forte. Dixen que era un desperdicio. 358 00:28:24,126 --> 00:28:25,793 Katara, ti non fas trenzas. 359 00:28:26,376 --> 00:28:28,084 Sabes que non se me dá ben. 360 00:28:29,376 --> 00:28:31,084 Sokka metíase comigo por iso... 361 00:28:33,918 --> 00:28:34,959 Onde vai Sokka? 362 00:28:34,959 --> 00:28:37,876 El e teu pai saíron pescar e debían volver axiña. 363 00:28:46,334 --> 00:28:47,918 Katara... 364 00:28:59,293 --> 00:29:01,043 Non dou dominado a auga. 365 00:29:01,043 --> 00:29:02,209 Xa darás. 366 00:29:02,209 --> 00:29:03,209 Seino eu. 367 00:29:04,501 --> 00:29:09,251 Un día haslle mostrar ao mundo o poderosa que es. 368 00:29:10,876 --> 00:29:12,501 Protexerasnos a todos nós. 369 00:29:20,709 --> 00:29:22,876 A Nación do Lume! Correde! 370 00:29:24,501 --> 00:29:25,334 Agachádea. 371 00:29:55,334 --> 00:29:57,418 - Buscade a mestra da auga! - Veña! 372 00:30:08,168 --> 00:30:10,334 Katara, temos que entrar xa! 373 00:30:10,334 --> 00:30:11,709 Non, eu non entro! 374 00:30:23,126 --> 00:30:26,584 Agáchate e non saias baixo ningún concepto. 375 00:30:31,501 --> 00:30:35,293 Onde vai a mestra da auga? Sabemos que hai unha no poboado. 376 00:30:35,293 --> 00:30:38,876 Os mestres da auga marcharon ou morreron pola súa culpa. 377 00:30:39,376 --> 00:30:40,209 Mente. 378 00:30:41,584 --> 00:30:42,918 Entregue a mestra. 379 00:30:47,001 --> 00:30:47,959 Se non, morrerá. 380 00:31:30,668 --> 00:31:32,043 Espere! 381 00:31:32,918 --> 00:31:33,751 Son eu. 382 00:31:34,584 --> 00:31:36,126 A mestra da auga son eu. 383 00:32:01,959 --> 00:32:04,459 Moito medo. 384 00:32:05,459 --> 00:32:08,251 Moita desesperación. 385 00:32:22,668 --> 00:32:25,501 O Mundo dos espíritos. Máis ben, o mundo da lama. 386 00:32:27,418 --> 00:32:29,334 Cheira coma Appa cando chove. 387 00:32:39,501 --> 00:32:41,168 Parece que algo non vai ben. 388 00:32:57,293 --> 00:32:58,459 Papá? 389 00:33:03,626 --> 00:33:06,584 Os espíritos da auga son testemuños desta marca. 390 00:33:07,084 --> 00:33:11,626 Pola fortaleza e liderado mostrados nas probas de navegación entre icebergs, 391 00:33:12,251 --> 00:33:14,209 outórgolle a Marca dos Sabios... 392 00:33:16,543 --> 00:33:17,751 a Sokka. 393 00:33:18,334 --> 00:33:19,293 Ao meu fillo. 394 00:33:23,084 --> 00:33:25,459 Este é o día das probas de navegación. 395 00:33:25,459 --> 00:33:28,168 É o día que pasaches as probas de navegación. 396 00:33:29,084 --> 00:33:31,834 Como sempre fixeron os guerreiros da familia. 397 00:33:32,668 --> 00:33:34,293 Ti fixéchelo emocionante. 398 00:33:36,459 --> 00:33:37,293 Bato! 399 00:33:38,168 --> 00:33:41,126 Esquivaches por pouco aqueles icebergs, non? 400 00:33:45,001 --> 00:33:46,626 Certo, perdín o control. 401 00:33:47,209 --> 00:33:49,418 Eu... non sabía que facer. 402 00:33:50,459 --> 00:33:53,084 Se non estiveses no barco e non interviñeses... 403 00:33:53,751 --> 00:33:55,376 Volvemos sans e salvos. 404 00:33:55,376 --> 00:33:57,418 Iso é o que conta. Non é, Hakoda? 405 00:33:59,959 --> 00:34:03,626 Si, certo. Iso e escoller ben a tripulación 406 00:34:03,626 --> 00:34:05,459 é o que fai sabio a un líder. 407 00:34:05,459 --> 00:34:08,251 Por iso facemos as probas coa axuda dos amigos. 408 00:34:09,543 --> 00:34:10,626 Ves? 409 00:34:10,626 --> 00:34:13,209 Vai buscar a túa irmá para celebralo todos. 410 00:34:22,501 --> 00:34:23,793 Ei, Sokka. 411 00:34:23,793 --> 00:34:26,876 Vimos o barco de esquivar icebergs, o que queda del. 412 00:34:27,626 --> 00:34:31,709 Se así se pasa unha proba, como deixarías o barco se suspendeses? 413 00:34:33,918 --> 00:34:35,001 Vaia trapallada. 414 00:34:35,793 --> 00:34:38,209 Non pensei que tería problemas tan axiña. 415 00:34:38,834 --> 00:34:43,293 Se non é por ti, con Sokka iamos a pique. Temos sorte de estar vivos. 416 00:34:43,293 --> 00:34:46,251 Era difícil, eu non vin as ondas ata o final. 417 00:34:46,251 --> 00:34:48,793 Non tes que desculpalo. 418 00:34:50,584 --> 00:34:55,209 Eu esperaba que, cando tivese que pórse a proba, o fixese... 419 00:34:57,334 --> 00:34:58,168 mellor. 420 00:35:02,334 --> 00:35:07,084 Non todos valen para traballos en que está en xogo a vida da xente. 421 00:35:34,626 --> 00:35:37,334 Réndete á desesperación. 422 00:35:45,293 --> 00:35:48,126 Katara! Sokka! 423 00:36:07,418 --> 00:36:08,334 A miña casa. 424 00:36:13,751 --> 00:36:16,251 Isto non é real. 425 00:36:29,751 --> 00:36:30,918 Que temos aquí? 426 00:36:31,418 --> 00:36:33,168 Alguén que resiste? 427 00:36:33,793 --> 00:36:35,376 Iso non é posible. 428 00:36:35,918 --> 00:36:36,959 A menos que... 429 00:36:38,709 --> 00:36:40,043 Ah, xa. 430 00:36:41,043 --> 00:36:45,126 É o meu vello amigo, o Avatar. 431 00:36:45,709 --> 00:36:47,543 Coñecémonos? 432 00:36:47,543 --> 00:36:49,293 Diría que si. 433 00:36:49,293 --> 00:36:53,584 Unha das túas encarnacións anteriores quíxome matar. 434 00:36:53,584 --> 00:36:56,001 Por que te ía querer matar? 435 00:36:56,001 --> 00:37:01,584 Ten que ver con roubarlle a cara a alguén que ti querías. 436 00:37:01,584 --> 00:37:04,293 Pero ti de roubar sabes moito, non si? 437 00:37:05,001 --> 00:37:09,918 Igual agora vés devolver o que me roubaches ti a min. 438 00:37:09,918 --> 00:37:14,084 Non sei de que falas. Eu só quero atopar os meus amigos. 439 00:37:18,793 --> 00:37:20,918 Os teus amigos? 440 00:37:20,918 --> 00:37:26,418 E por que te ía eu deixar xogar coa miña comida? 441 00:38:05,168 --> 00:38:06,293 Ola. 442 00:38:08,959 --> 00:38:09,834 Aang? 443 00:38:11,251 --> 00:38:12,168 Gyatso? 444 00:38:13,168 --> 00:38:14,168 Aang! 445 00:38:14,709 --> 00:38:17,293 Por fin chegaches! 446 00:38:21,876 --> 00:38:25,376 Isto non é certo, non pode ser. É outra trampa. 447 00:38:25,959 --> 00:38:27,084 Outra ilusión. 448 00:38:27,084 --> 00:38:31,043 Xa sei que non é bo de crer, pero... de verdade que son eu. 449 00:38:32,084 --> 00:38:35,751 Hai moitas ilusións aquí, pero ti saíches da brétema. 450 00:38:36,251 --> 00:38:37,876 Isto é real. 451 00:38:39,209 --> 00:38:40,209 Recoñeces isto? 452 00:38:41,251 --> 00:38:43,043 É das nosas últimas partidas. 453 00:38:49,251 --> 00:38:50,293 Ei! 454 00:38:55,418 --> 00:38:56,418 Tócache. 455 00:39:00,459 --> 00:39:01,501 Trampón. 456 00:39:17,834 --> 00:39:19,376 É incrible que sexas ti. 457 00:39:20,834 --> 00:39:22,209 Como é posible? 458 00:39:22,209 --> 00:39:24,751 Como é que estás... aquí? 459 00:39:25,876 --> 00:39:26,709 Pois... 460 00:39:29,543 --> 00:39:33,584 despois de marchares do Templo do Aire do Sur, atacaron os do lume. 461 00:39:34,209 --> 00:39:36,584 Foi algo súbito e rápido. 462 00:39:37,751 --> 00:39:40,584 Os que morreron seguiron adiante no Gran Ciclo. 463 00:39:41,293 --> 00:39:44,168 Eu escollín outro camiño. 464 00:39:45,376 --> 00:39:48,584 Decidiches non pasar á seguinte fase da iluminación? 465 00:39:48,584 --> 00:39:49,876 Por que? 466 00:39:49,876 --> 00:39:51,001 Porque... 467 00:39:52,334 --> 00:39:54,293 sabía que ti me precisarías. 468 00:39:54,293 --> 00:39:55,751 Eu precísote. 469 00:39:56,709 --> 00:39:59,584 Seica son o Avatar e todo o mundo conta comigo, 470 00:40:00,626 --> 00:40:03,918 pero eu non sei o que fago. 471 00:40:05,376 --> 00:40:06,876 Pero agora estás ti aquí. 472 00:40:06,876 --> 00:40:09,334 Eu non che podo dicir como ser o Avatar. 473 00:40:09,334 --> 00:40:11,043 Podes, podes. 474 00:40:12,834 --> 00:40:16,209 A Avatar Kyoshi díxome que teño que ir ao norte 475 00:40:16,209 --> 00:40:18,501 para impedir unha enorme traxedia. 476 00:40:19,084 --> 00:40:22,043 Pero... non sei como. 477 00:40:23,168 --> 00:40:24,709 Eu non sei nada. 478 00:40:24,709 --> 00:40:27,376 - Sabes máis do que pensas. - Non creo. 479 00:40:27,376 --> 00:40:31,584 ¿Como vou salvar o mundo se nin dou salvado... 480 00:40:34,501 --> 00:40:35,668 os meus amigos? 481 00:40:35,668 --> 00:40:37,209 Están entre a brétema. 482 00:40:40,001 --> 00:40:42,793 Esa é a Brétema das Almas Perdidas. 483 00:40:43,376 --> 00:40:47,334 Un sitio que encerra á xente nas súas memorias máis escuras, 484 00:40:47,334 --> 00:40:52,543 amais de ser o couto de caza de Koh, o ladrón de caras. 485 00:40:53,126 --> 00:40:56,459 Aliméntase das vítimas da desesperación e a dúbida. 486 00:40:57,376 --> 00:41:01,084 Tamén debe ter os daquela aldea, os que viñemos rescatar. 487 00:41:02,418 --> 00:41:04,918 Koh levaríaos á súa gorida. 488 00:41:06,126 --> 00:41:09,751 Koh reteraos alí ata que precise comer. 489 00:41:11,251 --> 00:41:12,293 Cando pasa iso, 490 00:41:13,251 --> 00:41:15,459 as súas almas perderanse para sempre. 491 00:41:18,668 --> 00:41:19,793 Teño que salvalos! 492 00:41:19,793 --> 00:41:22,793 Koh é un espírito primario, 493 00:41:22,793 --> 00:41:25,626 un predador perigoso e cruel. 494 00:41:26,376 --> 00:41:28,334 Non hai maneira de derrotalo. 495 00:41:28,334 --> 00:41:29,584 Teño que intentalo. 496 00:41:30,293 --> 00:41:31,751 Teño que facer algo. 497 00:41:33,543 --> 00:41:34,376 Koh. 498 00:41:36,168 --> 00:41:37,543 Dixo que me coñecía. 499 00:41:37,543 --> 00:41:39,793 E que lle roubei algo. 500 00:41:39,793 --> 00:41:43,793 É certo. Os avatares anteriores molestaron a Koh. 501 00:41:44,751 --> 00:41:48,584 Seica Roku derrotou unha vez o espírito, 502 00:41:49,168 --> 00:41:50,959 pero ninguén sabe que pasou. 503 00:41:50,959 --> 00:41:52,001 Vale. 504 00:41:52,001 --> 00:41:54,293 Entón... teño que falar con Roku. 505 00:41:55,043 --> 00:41:58,918 Contactei con Kyoshi no seu templo. Podo facelo tamén con Roku. 506 00:41:58,918 --> 00:42:01,959 Pero o templo de Roku está na Nación do Lume. 507 00:42:01,959 --> 00:42:04,751 - A viaxe será perigosa. - Non teño opción. 508 00:42:06,334 --> 00:42:07,459 Hei volver. 509 00:42:09,084 --> 00:42:09,918 Aang! 510 00:42:12,334 --> 00:42:13,876 Teño que dicirche algo. 511 00:42:15,668 --> 00:42:21,501 Ti non darías feito nada se quedases connosco. 512 00:42:23,293 --> 00:42:25,751 Non darías parado a Nación do Lume. 513 00:42:27,251 --> 00:42:29,334 Non darías impedido a guerra. 514 00:42:30,709 --> 00:42:33,626 Morrerías a canda os demais. 515 00:42:35,001 --> 00:42:37,459 Non é culpa túa. 516 00:42:39,334 --> 00:42:41,334 Así que, esquece iso. 517 00:42:49,126 --> 00:42:51,584 Podémolo falar cando volva eu? 518 00:42:55,043 --> 00:42:55,918 Claro. 519 00:42:57,584 --> 00:43:00,376 Apura. Koh volverá comer axiña. 520 00:43:00,376 --> 00:43:04,584 Vale. Así que salve os meus amigos, teremos máis tempo. 521 00:43:19,834 --> 00:43:20,709 O tempo. 522 00:43:21,751 --> 00:43:23,668 O tempo é moi curioso. 523 00:43:24,459 --> 00:43:26,251 O pasado, o futuro, 524 00:43:27,001 --> 00:43:28,709 mestúrase todo. 525 00:43:32,418 --> 00:43:35,001 Só hai unha maneira de ordenalo. 526 00:43:36,293 --> 00:43:39,668 E é lembrar o que de verdade importa. 527 00:43:51,293 --> 00:43:53,334 Espero que me axude, Avatar Roku. 528 00:43:59,001 --> 00:44:01,876 Xa sei que sofres. Vin o teu espírito. 529 00:44:15,459 --> 00:44:18,793 Vou arranxar isto e vou salvar os meus amigos. 530 00:44:19,501 --> 00:44:20,376 Prométoo. 531 00:44:25,709 --> 00:44:28,459 Perdoa, colega. Esta vez non podes vir. 532 00:44:29,543 --> 00:44:30,751 E ti tampouco, Momo. 533 00:44:33,251 --> 00:44:34,168 É moi perigoso. 534 00:44:38,584 --> 00:44:40,501 Cóidamos, vale? 535 00:44:45,793 --> 00:44:50,584 Por suposto, non perder de vista o importante pode ser difícil. 536 00:44:53,001 --> 00:44:57,043 Ás veces semella que sempre estaremos sós. 537 00:45:00,543 --> 00:45:05,376 E que a única compañía que temos é a nosa propia dor. 538 00:45:16,793 --> 00:45:19,043 Dicímonos que o problema somos nós. 539 00:45:23,459 --> 00:45:27,501 Sobre todo, se atopamos cousas que non podemos controlar. 540 00:45:39,918 --> 00:45:43,293 Por iso hai que superar a dor e o remordemento. 541 00:45:45,459 --> 00:45:49,918 E lembrar por que estamos loitando. 542 00:45:51,668 --> 00:45:53,876 Polas persoas que queremos. 543 00:45:56,626 --> 00:46:00,584 Que esa sexa a luz que te guíe nos momentos máis perigosos... 544 00:46:06,293 --> 00:46:08,626 e nas noites máis escuras. 545 00:48:05,959 --> 00:48:08,876 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa