1 00:00:14,376 --> 00:00:15,418 Ola! 2 00:00:16,959 --> 00:00:18,251 Ola! 3 00:00:19,001 --> 00:00:20,376 Hai alguén aí? 4 00:00:21,918 --> 00:00:25,501 Engánanse. Os incendios non os provoquei eu. Nin a pelexa. 5 00:00:25,501 --> 00:00:26,834 Non gastes saliva. 6 00:00:26,834 --> 00:00:30,043 Os soldados do Reino da Terra non son moi tolerantes, 7 00:00:30,043 --> 00:00:32,168 nin nas mellores circunstancias. 8 00:00:33,209 --> 00:00:37,918 E non hai dúbida de que estas non son as mellores circunstancias. 9 00:00:38,501 --> 00:00:39,668 Xeneral Iroh. 10 00:00:40,251 --> 00:00:42,084 Alégrome de verte, Avatar novo. 11 00:00:42,084 --> 00:00:43,209 Onde vai Zuko? 12 00:00:43,959 --> 00:00:45,084 Tamén o capturaron? 13 00:00:45,834 --> 00:00:50,209 Espero que non. Con sorte, agora xa estará de camiño ao barco. 14 00:00:50,209 --> 00:00:51,834 Todo isto é culpa del. 15 00:00:51,834 --> 00:00:54,751 El empezou a pelexa, deixouno tirado e escapou. 16 00:00:55,376 --> 00:00:57,751 Xa vou vendo o tipo de persoa que é. 17 00:00:59,084 --> 00:01:00,084 Dubídoo. 18 00:01:00,751 --> 00:01:02,418 Que cre que nos pasará? 19 00:01:07,334 --> 00:01:08,334 Non o sei. 20 00:01:09,126 --> 00:01:10,043 Pero o que sei 21 00:01:10,043 --> 00:01:13,959 é que os mestres da terra non tratan ben os inimigos que capturan. 22 00:01:19,626 --> 00:01:20,668 É certo? 23 00:01:21,584 --> 00:01:23,251 Traballabas para o inimigo? 24 00:01:25,793 --> 00:01:27,043 É complicado. 25 00:01:27,043 --> 00:01:30,459 Non, a pregunta é doada. Colaborabas cos mestres do lume? 26 00:01:40,001 --> 00:01:40,834 Si. 27 00:01:44,876 --> 00:01:45,959 Teo. 28 00:01:47,668 --> 00:01:49,084 Eu queríate protexer. 29 00:01:50,084 --> 00:01:54,459 Os mestres do lume íannos matar e atacar a cidade se non colaboraba. 30 00:01:54,959 --> 00:01:59,334 A razón pola que deixaron tranquila a Omashu é polo servizo que prestei. 31 00:01:59,334 --> 00:02:02,584 Servizo? Chámaslle así a darlle armas ao inimigo? 32 00:02:02,584 --> 00:02:06,918 Armas? Non, só pequenos deseños. Nada de moito valor. 33 00:02:06,918 --> 00:02:09,501 Nas mans equivocadas, todo pode ser unha arma. 34 00:02:10,501 --> 00:02:12,376 Falamos da Nación do Lume. 35 00:02:13,709 --> 00:02:18,126 Sokka, sabes o que implica tomar decisións difíciles. 36 00:02:18,709 --> 00:02:24,584 Teu pai abandonou a familia e foi á guerra, deixando un neno a cargo. 37 00:02:26,709 --> 00:02:28,293 Faise o que se pode 38 00:02:29,293 --> 00:02:30,584 para sobrevivir. 39 00:02:31,168 --> 00:02:32,168 Fanse concesións 40 00:02:32,959 --> 00:02:34,084 para ir tirando. 41 00:02:34,709 --> 00:02:36,834 Meu pai non faría o que ti fixeches. 42 00:02:41,668 --> 00:02:43,043 Atopeino. 43 00:02:44,043 --> 00:02:45,168 Aang está na cadea. 44 00:03:37,043 --> 00:03:38,168 HAI 100 ANOS 45 00:03:38,168 --> 00:03:39,084 Aang. 46 00:03:40,126 --> 00:03:41,001 Ola, Aang. 47 00:03:42,043 --> 00:03:44,334 Ola, Bumi. Que tal vai o adestramento? 48 00:03:44,334 --> 00:03:47,668 Coas formas vaime ben, pero facelas é difícil. 49 00:03:48,251 --> 00:03:50,918 Que dis? É igualiño a un bisonte do ceo. 50 00:03:50,918 --> 00:03:53,001 Tiña que ser unha toupa teixa. 51 00:03:53,001 --> 00:03:54,084 Seguro? 52 00:03:59,126 --> 00:04:02,251 Non hai nada coma a albanelaría dos mestres da terra. 53 00:04:03,334 --> 00:04:04,418 Non hai fendas. 54 00:04:05,834 --> 00:04:08,043 Por iso as cidades son marabillosas. 55 00:04:08,043 --> 00:04:12,293 Palacios abraiantes, torres que desafían a gravidade. 56 00:04:13,626 --> 00:04:15,459 Cárceres impenetrables. 57 00:04:16,043 --> 00:04:18,876 Gústanme as zonas de Omashu menos deprimentes. 58 00:04:19,459 --> 00:04:23,043 As cidades son coma as persoas, todas teñen zonas escuras. 59 00:04:23,543 --> 00:04:25,668 Agora está escuro en todos os lados. 60 00:04:26,584 --> 00:04:28,918 O que pasou aquí pasou en todo o mundo. 61 00:04:29,876 --> 00:04:31,793 É o que ten un século de guerra. 62 00:04:31,793 --> 00:04:34,001 A guerra comezouna a Nación do Lume. 63 00:04:34,918 --> 00:04:37,293 E tamén a podía acabar a Nación do Lume. 64 00:04:38,001 --> 00:04:39,293 Se fose tan sinxelo. 65 00:04:40,918 --> 00:04:45,043 Meu irmán, o señor do lume, mira todo cos mesmos anteollos. 66 00:04:45,709 --> 00:04:47,793 Vitoria ou derrota. 67 00:04:48,709 --> 00:04:50,043 O resto non importa. 68 00:04:55,251 --> 00:04:57,751 Nin os seres queridos perdidos polo camiño. 69 00:04:58,293 --> 00:05:00,709 Por iso Zuko está tan doente por cazarme? 70 00:05:01,293 --> 00:05:03,918 Para gañar esta guerra por seu pai? 71 00:05:05,084 --> 00:05:08,001 A vitoria de Zucko non consiste en gañar a guerra, 72 00:05:08,584 --> 00:05:10,418 senón en recuperar a súa vida. 73 00:05:10,418 --> 00:05:13,918 Dígalle que ese non é o camiño. A vostede faralle caso. 74 00:05:15,168 --> 00:05:18,126 Porque lle debe moito. 75 00:05:20,459 --> 00:05:21,626 Ao contrario, 76 00:05:22,751 --> 00:05:24,918 son eu quen lle debe moito a el. 77 00:05:28,959 --> 00:05:31,084 Moito máis do que lle poderei pagar. 78 00:05:32,834 --> 00:05:34,084 Imposible! 79 00:05:34,584 --> 00:05:38,376 O cárcere está nas entrañas da montaña, rodeado por rochas. 80 00:05:38,376 --> 00:05:40,793 Só se pode entrar ou saír polo palacio. 81 00:05:41,584 --> 00:05:44,209 Síntoo, pero o Avatar está perdido. 82 00:05:46,459 --> 00:05:47,918 Non imos deixar a Aang. 83 00:05:48,501 --> 00:05:50,376 Ti pódesnos meter no palacio. 84 00:05:52,543 --> 00:05:54,418 Despois do de hoxe, non podo. 85 00:05:55,001 --> 00:05:56,043 E polos túneles? 86 00:05:58,293 --> 00:05:59,126 Túneles? 87 00:06:00,251 --> 00:06:02,418 Os túneles secretos da montaña. 88 00:06:02,418 --> 00:06:06,376 Os fundadores da cidade usáronos para vérense en segredo. 89 00:06:06,376 --> 00:06:08,793 - Contos! - Dixéchesme que os viras. 90 00:06:10,334 --> 00:06:11,918 Ou era outra mentira? 91 00:06:15,168 --> 00:06:17,668 Si, hai túneles, pero son inestables. 92 00:06:17,668 --> 00:06:19,501 Quen entra aí, non sae máis. 93 00:06:19,501 --> 00:06:22,918 Seica hai espíritos vingadores vixiando as galerías. 94 00:06:23,918 --> 00:06:28,584 Así que, non só hai túneles secretos, senón que tamén hai pantasmas. 95 00:06:29,168 --> 00:06:33,793 Mesmo se sei chegar aos túneles, cos gardas de palacio non podo facer nada. 96 00:06:33,793 --> 00:06:36,501 Diso xa nos ocuparemos. Ti axúdanos a entrar. 97 00:06:43,084 --> 00:06:44,543 A onde o levan? 98 00:06:45,376 --> 00:06:46,376 Á Mina. 99 00:06:47,501 --> 00:06:48,501 A Mina? 100 00:06:48,501 --> 00:06:52,001 Un campo de traballos forzados para prisioneiros de guerra. 101 00:06:52,001 --> 00:06:54,959 Dos que enviaron alí, nunca se volveu saber nada. 102 00:07:02,376 --> 00:07:05,084 Ti non vas ter tanta sorte. 103 00:07:06,501 --> 00:07:07,876 Vas ir ver o rei. 104 00:07:17,043 --> 00:07:19,959 Os mapas non teñen xeito. Este di de ir ao leste. 105 00:07:19,959 --> 00:07:21,668 Neste hai un camiño ao sur. 106 00:07:21,668 --> 00:07:25,584 E este... sobe directo. 107 00:07:32,584 --> 00:07:33,709 Que é iso? 108 00:07:34,626 --> 00:07:36,584 O meu contacto da Nación do Lume. 109 00:07:40,168 --> 00:07:43,084 Fala con el e logo cos xenerais do Reino da Terra. 110 00:07:43,084 --> 00:07:46,001 Que poñan unha trampa para rodear os espías. 111 00:07:46,001 --> 00:07:49,293 Non. Os mestres do lume deixárono moi claro. 112 00:07:49,293 --> 00:07:51,876 Se hai resistencia, atacarannos con todo. 113 00:07:51,876 --> 00:07:53,126 Déixaos vir. 114 00:07:54,334 --> 00:07:56,418 O Avatar volveu ao mundo. 115 00:07:56,959 --> 00:07:58,418 Acabouse o de agacharse. 116 00:07:59,459 --> 00:08:00,918 É hora de loitar. 117 00:08:15,709 --> 00:08:16,668 Alteza. 118 00:08:19,043 --> 00:08:20,501 O prisioneiro que pediu. 119 00:08:21,834 --> 00:08:24,834 Collémolo pelexando, destruíndo propiedades 120 00:08:25,334 --> 00:08:26,918 e ameazando a xente. 121 00:08:28,668 --> 00:08:31,418 Amais, é mestre do aire. 122 00:08:38,084 --> 00:08:41,334 Raíz de loto, casca de piñeiro, xasmín seco. 123 00:08:46,793 --> 00:08:49,459 Raíz de loto, casca de piñeiro, xasmín seco, 124 00:08:49,459 --> 00:08:52,209 auga fervendo, a remollo dous minutos. 125 00:08:53,001 --> 00:08:53,834 Té? 126 00:08:55,751 --> 00:08:56,584 Vale. 127 00:08:56,584 --> 00:08:58,293 E non tes razón. 128 00:08:58,918 --> 00:09:00,584 - Vímolo dominando... - Non! 129 00:09:01,501 --> 00:09:04,543 Non é só mestre do aire. 130 00:09:05,209 --> 00:09:07,626 É mestre dos catro elementos. 131 00:09:08,209 --> 00:09:09,626 O salvador do mundo. 132 00:09:10,251 --> 00:09:11,251 É... 133 00:09:12,251 --> 00:09:13,293 o Avatar. 134 00:09:16,293 --> 00:09:18,376 E dáselle moi ben saltar rochas. 135 00:09:24,001 --> 00:09:24,834 Bumi? 136 00:09:25,584 --> 00:09:26,793 Ola, Aang. 137 00:09:27,459 --> 00:09:28,376 Bumi! 138 00:09:31,418 --> 00:09:32,793 Como é que segues vivo? 139 00:09:33,751 --> 00:09:38,501 Vida sa, dieta adecuada e sorte. Non sei se boa ou mala sorte. 140 00:09:38,501 --> 00:09:41,584 A pregunta importante é como é que segues vivo ti. 141 00:09:42,209 --> 00:09:43,626 Como segues sendo neno? 142 00:09:44,876 --> 00:09:46,209 É unha longa historia. 143 00:09:55,626 --> 00:09:56,876 Casca de piñeiro? 144 00:09:58,751 --> 00:10:02,293 Quen foi o parvo que mandou botarlle casca de pino? 145 00:10:04,459 --> 00:10:05,501 Fuches ti. 146 00:10:10,418 --> 00:10:11,459 Facédelle... 147 00:10:15,126 --> 00:10:16,043 un banquete. 148 00:10:54,626 --> 00:10:55,459 Jet. 149 00:10:57,418 --> 00:10:58,668 Traizoáchesnos. 150 00:10:59,334 --> 00:11:00,334 Traizoarvos? 151 00:11:01,168 --> 00:11:03,293 Impedín que matásedes inocentes. 152 00:11:03,293 --> 00:11:07,376 Inocentes? Espías, traidores. Queres salvar xente así? 153 00:11:07,959 --> 00:11:09,626 Non todo o mundo é inimigo. 154 00:11:09,626 --> 00:11:11,376 Se te enfrontas a nós, 155 00:11:13,084 --> 00:11:14,043 es inimiga. 156 00:11:17,501 --> 00:11:20,501 A vida será sinxela no Polo Sur, 157 00:11:21,043 --> 00:11:25,668 pero aquí hai que tomar decisións difíciles. Estamos en guerra. 158 00:11:27,584 --> 00:11:29,584 Pensei que estabas do noso lado. 159 00:11:31,209 --> 00:11:32,126 Do meu lado. 160 00:11:32,626 --> 00:11:35,626 Jet, xa esquecestes por que loitades. 161 00:11:35,626 --> 00:11:38,584 Dixéchesme que lembrase a miña nai e lembreina. 162 00:11:39,168 --> 00:11:41,751 Ela non quería que eu fose unha resentida. 163 00:11:42,709 --> 00:11:45,334 Por iso sei que acabastes no lado equivocado. 164 00:11:45,334 --> 00:11:47,168 Non loitades por amor. 165 00:11:47,168 --> 00:11:48,834 Loitades por odio. 166 00:11:51,126 --> 00:11:52,793 Coma os mestres do lume. 167 00:11:53,626 --> 00:11:56,709 Eu non son coma os mestres do lume. 168 00:12:18,918 --> 00:12:19,876 Adeus, Jet. 169 00:12:21,334 --> 00:12:24,001 Mira o poder que tes. Telo grazas a min. 170 00:12:24,001 --> 00:12:25,168 Non é grazas a ti. 171 00:12:25,959 --> 00:12:27,001 É grazas a min. 172 00:12:46,668 --> 00:12:47,501 Ti! 173 00:12:48,751 --> 00:12:50,084 Ti non es de aquí! 174 00:12:51,418 --> 00:12:54,501 Señor, encargáronme trasladar prisioneiros, 175 00:12:54,501 --> 00:12:58,043 pero... cheguei tarde. 176 00:12:58,043 --> 00:13:02,418 Se o sabe o meu comandante... Xa teño problemas abondo este mes. 177 00:13:04,126 --> 00:13:07,584 O mestre do lume vello levárono á Mina. O outro segue aquí. 178 00:13:09,293 --> 00:13:10,209 O outro? 179 00:13:10,209 --> 00:13:13,001 Si, o neno calvo. O rei queríao ver. 180 00:13:14,043 --> 00:13:16,001 Entón, vas quedar aí? 181 00:13:16,793 --> 00:13:17,668 Que vas facer? 182 00:13:24,876 --> 00:13:27,501 De comida, ofrézoche dúas opcións. 183 00:13:29,001 --> 00:13:31,334 Costeliñas da Illa dos Canguros. 184 00:13:31,334 --> 00:13:34,584 Sáltanche practicamente á boca. 185 00:13:40,793 --> 00:13:44,001 E a outra opción é guiso de algas. 186 00:13:44,001 --> 00:13:46,709 Seica son "algo" boas para a complexión. 187 00:13:51,043 --> 00:13:52,834 Que bo son! Ese foi moi bo! 188 00:13:52,834 --> 00:13:54,084 Eu tomo o guiso. 189 00:13:56,584 --> 00:13:57,584 Non como carne. 190 00:13:58,709 --> 00:14:00,084 De acordo, entendo. 191 00:14:03,126 --> 00:14:04,418 Boa escolla. 192 00:14:08,543 --> 00:14:10,543 Espera. Era unha proba? 193 00:14:10,543 --> 00:14:12,126 O que? Unha proba? 194 00:14:12,126 --> 00:14:15,126 Non. É máis ben... un xogo. 195 00:14:15,626 --> 00:14:17,709 Sempre che gustaron os xogos, non? 196 00:14:18,251 --> 00:14:22,834 Entón, estiveches conxelado nun iceberg durante cen anos, non? 197 00:14:23,334 --> 00:14:26,126 Debíchelo... pasar ben, non? 198 00:14:26,126 --> 00:14:27,709 Non, foi un pesadelo. 199 00:14:27,709 --> 00:14:30,209 Podía ser moito peor. 200 00:14:30,709 --> 00:14:33,543 O mundo está en chamas, a xente está a morrer, 201 00:14:33,543 --> 00:14:38,001 e ti, mentres tanto, a durmir placidamente. 202 00:14:38,001 --> 00:14:40,584 Todos os mestres do aire foron eliminados. 203 00:14:42,251 --> 00:14:43,959 Eu non estaba para axudalos. 204 00:14:43,959 --> 00:14:48,334 Os monxes eses sempre foron un pouco arlequíns polo aire, non é? 205 00:14:50,084 --> 00:14:51,751 Foi unha traxedia. 206 00:14:52,376 --> 00:14:54,043 E pode volver pasar. 207 00:14:54,584 --> 00:14:58,251 Por iso teño que ir á Tribo da Auga do Norte o antes posible. 208 00:14:59,251 --> 00:15:01,334 Por iso me tes que deixar marchar. 209 00:15:01,834 --> 00:15:03,959 Para salvar os mestres da auga. 210 00:15:06,876 --> 00:15:09,501 Ergámonos. 211 00:15:13,793 --> 00:15:16,376 Bumi! Isto é importante. 212 00:15:16,876 --> 00:15:18,043 Non che importa? 213 00:15:20,501 --> 00:15:21,418 Importarme? 214 00:15:23,293 --> 00:15:27,793 Atréveste a dicirme o que me tiña que importar? 215 00:15:28,626 --> 00:15:32,418 Acaso loitaches ti nesta guerra durante un século? 216 00:15:32,918 --> 00:15:37,001 Viches ti derrubarse todo o teu mundo? 217 00:15:40,043 --> 00:15:42,751 Vouche dicir algo, Avatar. 218 00:15:44,126 --> 00:15:46,668 Ti terás cen anos, 219 00:15:48,543 --> 00:15:53,584 pero non viviches cen anos. 220 00:15:54,084 --> 00:15:57,876 E, desde logo, non viviches os últimos cen anos. 221 00:15:58,793 --> 00:16:01,084 Non che creo que perdeses a esperanza. 222 00:16:03,209 --> 00:16:04,334 Ti non, Bumi. 223 00:16:05,459 --> 00:16:06,626 En serio? 224 00:16:09,376 --> 00:16:11,876 Acepto o desafío. 225 00:16:21,418 --> 00:16:22,876 Non creo que sexa aquí. 226 00:16:22,876 --> 00:16:24,751 É a única abertura na montaña. 227 00:16:25,543 --> 00:16:26,501 Seguro? 228 00:16:27,834 --> 00:16:28,751 Escoita. 229 00:16:29,626 --> 00:16:30,709 ¿Non oes... 230 00:16:31,751 --> 00:16:32,626 música? 231 00:16:39,209 --> 00:16:43,959 Cando te atopes ás escuras 232 00:16:45,834 --> 00:16:51,959 e só vexas pedras e rochas, 233 00:16:51,959 --> 00:16:54,043 Vale. Colle iso, de acordo? 234 00:16:54,043 --> 00:16:57,751 Lembra que un precioso regalo 235 00:16:57,751 --> 00:17:00,668 se agacha dentro. 236 00:17:00,668 --> 00:17:01,584 Bátea. 237 00:17:01,584 --> 00:17:07,376 Fura un pouco e atoparás 238 00:17:08,334 --> 00:17:11,543 a xoia do meu corazón, 239 00:17:12,084 --> 00:17:16,459 a xoia do meu corazón. 240 00:17:16,459 --> 00:17:17,501 Si. 241 00:17:25,793 --> 00:17:29,501 Iso foi bárbaro. E logo que facedes aquí? 242 00:17:30,084 --> 00:17:32,168 Que facemos nós? E vós que facedes? 243 00:17:33,001 --> 00:17:34,668 Facemos o que facemos. 244 00:17:35,251 --> 00:17:38,043 Xa, pero... por que o facedes aquí? 245 00:17:38,626 --> 00:17:39,501 Pola acústica. 246 00:17:40,001 --> 00:17:41,168 A mellor de Omashu. 247 00:17:48,501 --> 00:17:49,459 Oístes iso? 248 00:17:50,168 --> 00:17:52,918 Harmonía. É o que nos interesa. 249 00:17:52,918 --> 00:17:55,918 Harmonía, música e amor. 250 00:17:58,793 --> 00:18:02,876 Se estes están ben aquí, os túneles non serán tan malos. 251 00:18:03,876 --> 00:18:07,501 Túneles? Non, isto non son os túneles. 252 00:18:10,251 --> 00:18:12,084 As túneles son por aí. 253 00:18:20,001 --> 00:18:21,584 Eu non entraría aí. 254 00:18:22,251 --> 00:18:23,293 Non temos opción. 255 00:18:25,459 --> 00:18:27,001 Temos que atopar un amigo. 256 00:18:28,543 --> 00:18:29,918 Pois, nese caso, 257 00:18:30,668 --> 00:18:32,209 igual debiades ver isto. 258 00:18:32,793 --> 00:18:34,584 É un conto sobre dous amantes. 259 00:18:38,334 --> 00:18:42,293 Oma e Shu xuntábanse na cima da montaña que separaba as súas aldeas. 260 00:18:44,959 --> 00:18:48,084 Como as aldeas eran inimigas, non podían estar xuntos, 261 00:18:48,084 --> 00:18:51,126 pero o seu amor era forte e atoparon unha solución. 262 00:18:52,376 --> 00:18:54,751 Aprenderon das toupas teixas a dominar a terra 263 00:18:54,751 --> 00:18:57,084 e convertéronse en mestres da terra. 264 00:19:00,584 --> 00:19:03,834 Construíron túneles complicados para vérense en segredo. 265 00:19:06,584 --> 00:19:09,418 Pero un día, Oma non apareceu. 266 00:19:10,168 --> 00:19:12,043 Morrera nun atentado. 267 00:19:14,334 --> 00:19:17,418 Desolada, Shu usou o seu dominio da terra 268 00:19:17,418 --> 00:19:19,709 para someter as aldeas. 269 00:19:21,834 --> 00:19:23,668 Podíaas destruír todas, 270 00:19:25,834 --> 00:19:28,751 pero non o fixo e decretou a fin da guerra. 271 00:19:32,209 --> 00:19:36,251 Ambas aldeas axudáronlle a construír unha cidade para viviren en paz. 272 00:19:36,751 --> 00:19:41,251 Á gran cidade déronlle o nome de Omashu como homenaxe ao seu amor. 273 00:19:47,376 --> 00:19:49,293 "O amor brilla na escuridade." 274 00:19:50,959 --> 00:19:51,959 Lembrade iso, 275 00:19:53,126 --> 00:19:56,959 se entrades no burato escuro do que non sae ningún ser vivo. 276 00:19:59,876 --> 00:20:02,751 Oh, dous amantes... 277 00:20:02,751 --> 00:20:05,959 Non haberá problema. Non hai nada que temer aí dentro. 278 00:20:06,709 --> 00:20:07,543 Vale. 279 00:20:08,418 --> 00:20:10,501 Non existen os espíritos furiosos. 280 00:20:13,168 --> 00:20:15,751 Túnel secreto, 281 00:20:15,751 --> 00:20:17,918 túnel secreto, 282 00:20:18,543 --> 00:20:21,043 entre as montañas, 283 00:20:21,043 --> 00:20:28,043 túnel secreto, secreto, secreto, secreto. 284 00:20:28,043 --> 00:20:29,084 Ben! 285 00:20:30,626 --> 00:20:31,668 Están perdidos. 286 00:20:33,626 --> 00:20:37,251 Unha dotación completa de mestres da terra para un vello. 287 00:20:37,959 --> 00:20:39,293 Síntome eloxiado. 288 00:20:40,251 --> 00:20:41,418 - Xo! - Xo! 289 00:20:42,709 --> 00:20:43,751 - Xo! - Xo! 290 00:20:49,959 --> 00:20:51,126 Por precaución. 291 00:20:53,043 --> 00:20:55,459 A moitos desta zona encantaríalles saber 292 00:20:55,459 --> 00:20:58,209 que o famoso Dragón do Oeste anda por aquí. 293 00:20:58,793 --> 00:21:02,334 O xeneral da Nación do Lume que cercou Ba Sing Se 600 días. 294 00:21:03,043 --> 00:21:05,709 Algún podería tomar a xustiza pola man. 295 00:21:06,668 --> 00:21:08,501 Non podemos permitilo, verdade? 296 00:21:10,584 --> 00:21:13,876 Que podo facer para que a viaxe lle sexa máis cómoda? 297 00:21:16,543 --> 00:21:17,459 Estou ben. 298 00:21:18,209 --> 00:21:19,043 Grazas. 299 00:21:25,668 --> 00:21:28,709 Seguro? Veña, fale sen medo. 300 00:21:30,459 --> 00:21:31,918 A viaxe á Mina é longa. 301 00:21:34,876 --> 00:21:37,209 E eu teño todo o tempo do mundo. 302 00:21:45,334 --> 00:21:46,709 Veña, señores, monten. 303 00:22:01,168 --> 00:22:02,584 Queres ir ao norte? 304 00:22:02,584 --> 00:22:05,418 O norte non é bo. 305 00:22:05,418 --> 00:22:07,418 Hai lume por todo o norte. 306 00:22:07,418 --> 00:22:10,084 Non teño opción. Teño que ir. 307 00:22:10,084 --> 00:22:13,709 Un consello. O camiño recto non sempre é o mellor. 308 00:22:13,709 --> 00:22:16,376 Queres dicir que debía ir por outro camiño? 309 00:22:22,543 --> 00:22:25,376 Significa que tes que ter tino onde pisas. 310 00:22:29,626 --> 00:22:31,168 Bumi, que é isto? 311 00:22:55,334 --> 00:22:57,209 Bumi, que queres demostrar? 312 00:22:57,209 --> 00:22:58,251 "Demostrar"? 313 00:22:58,918 --> 00:23:03,251 Igual che quero mostrar que non hai camiño doado para o Avatar. 314 00:23:03,876 --> 00:23:08,043 Igual estaba só xogando un pouco, como faciamos nos vellos tempos. 315 00:23:08,918 --> 00:23:13,751 Ou igual só quería probar un caramelo. 316 00:23:42,001 --> 00:23:43,043 Xa vou, tío. 317 00:23:53,043 --> 00:23:53,876 Por aquí. 318 00:23:55,293 --> 00:23:56,376 Di iso o mapa? 319 00:23:58,168 --> 00:24:00,418 No mapa non se ve ben, pero intúoo. 320 00:24:01,376 --> 00:24:02,293 "Intúelo"? 321 00:24:03,834 --> 00:24:06,876 Si, é unha intuición, unha espiñada. 322 00:24:10,168 --> 00:24:11,501 Ves iso? 323 00:24:13,793 --> 00:24:14,793 Apaga a luz. 324 00:24:20,543 --> 00:24:21,668 Ah, mira iso! 325 00:24:22,834 --> 00:24:26,126 "O amor brilla na escuridade." Entendes? Era unha pista. 326 00:24:27,418 --> 00:24:30,501 Hai que quedar ás escuras para poder seguir a luz. 327 00:24:30,501 --> 00:24:31,959 Así se atopa o camiño. 328 00:24:32,834 --> 00:24:34,793 A luz de cristais de rocha? 329 00:24:35,918 --> 00:24:37,418 Están por todos os lados. 330 00:24:37,918 --> 00:24:39,793 Nas paredes, no chan. 331 00:24:39,793 --> 00:24:42,001 - Sen patrón ningún. - É un camiño. 332 00:24:42,001 --> 00:24:44,876 Na escuridade brilla o amor, non as rochas. 333 00:24:44,876 --> 00:24:48,168 Licenza poética. Dicíano os xograres, o amor é a resposta. 334 00:24:48,168 --> 00:24:50,376 O que precisas é amor, que fai xirar o mundo. 335 00:24:50,376 --> 00:24:52,043 Faslle caso aos xograres? 336 00:24:53,376 --> 00:24:56,126 - Sokka, espera! - Katara, que problema tes? 337 00:24:56,126 --> 00:24:58,334 Que non me tomas en serio. 338 00:24:59,168 --> 00:25:00,001 Outra vez. 339 00:25:00,001 --> 00:25:02,834 - Non son unha nena. - Compórtaste como tal. 340 00:25:02,834 --> 00:25:04,751 E ti coma se o soubeses todo 341 00:25:04,751 --> 00:25:07,709 cando nin viches que un traidor che mentía. 342 00:25:07,709 --> 00:25:10,459 - Foi falar a namorada dun terrorista. - Mentira! 343 00:25:10,459 --> 00:25:13,376 - Non debiches falar con el! - Porque ti o digas! 344 00:25:13,376 --> 00:25:16,293 - Non podes pasar de min. - Se fas o parvo, si. 345 00:25:16,293 --> 00:25:18,418 - Papá deixoume a cargo. - Non es papá! 346 00:25:34,251 --> 00:25:36,376 Xa non estamos na Enseada do Lobo. 347 00:25:38,084 --> 00:25:38,959 Pois non. 348 00:25:43,043 --> 00:25:45,376 Imaxina que nos vise agora a avoa. 349 00:25:49,126 --> 00:25:52,834 - Comíalle agora o seu afumado de foca. - Ou os seus noodles. 350 00:25:53,751 --> 00:25:55,084 Con caldo quente. 351 00:25:55,084 --> 00:25:56,376 Comerémolo axiña. 352 00:25:58,084 --> 00:25:59,334 Parécecho? 353 00:26:03,918 --> 00:26:04,793 Non sei. 354 00:26:10,709 --> 00:26:11,584 Veña. 355 00:26:12,334 --> 00:26:13,418 Temos que marchar. 356 00:26:17,459 --> 00:26:20,584 Afumado de foca. Non sei como podías comer iso. 357 00:26:24,418 --> 00:26:25,834 Traédeo aquí. 358 00:26:28,251 --> 00:26:29,668 Ponlle unha sela a ese. 359 00:26:39,251 --> 00:26:41,251 Os mestres do lume non beben auga. 360 00:26:48,084 --> 00:26:49,418 En Ba Sing Se, 361 00:26:50,084 --> 00:26:53,418 a cidade tivo que racionar a auga tras un ano de asedio. 362 00:26:56,001 --> 00:26:59,793 No exército, tiñamos privilexios especiais. 363 00:27:03,918 --> 00:27:05,001 Pero meu irmán... 364 00:27:07,001 --> 00:27:08,334 tiña bo corazón. 365 00:27:11,668 --> 00:27:15,168 Collía comida e auga na súa división e dáballelas aos nenos. 366 00:27:17,626 --> 00:27:21,626 Estaba de garda a noite que lle prendeu lume ao Muro do Leste. 367 00:27:24,418 --> 00:27:28,584 Cando apagamos o lume, non quedaba nada do seu corpo para enterrar. 368 00:27:33,834 --> 00:27:35,168 Tiña 19 anos. 369 00:27:39,459 --> 00:27:40,959 Tantas vidas perdidas. 370 00:27:42,001 --> 00:27:43,168 Tantos combates. 371 00:27:44,334 --> 00:27:46,168 Pero Ba Sing Se segue en pé. 372 00:27:48,501 --> 00:27:49,584 Pagou a pena? 373 00:27:52,126 --> 00:27:53,376 Estabamos en guerra. 374 00:27:54,126 --> 00:27:55,209 Eu era un soldado. 375 00:27:55,209 --> 00:27:56,668 Era un carniceiro! 376 00:28:05,834 --> 00:28:06,709 Mire, 377 00:28:09,626 --> 00:28:12,418 eu sigo cheirando fume de noite cando durmo. 378 00:28:15,501 --> 00:28:17,043 Nunca desaparece de todo. 379 00:28:33,543 --> 00:28:35,293 A guerra lévanos ao límite. 380 00:28:36,584 --> 00:28:39,334 A algúns de nós non nos gusta o que hai alí. 381 00:28:39,918 --> 00:28:42,501 Esa é a súa patética desculpa por aquilo? 382 00:28:43,834 --> 00:28:46,001 Eu non falaba de min. 383 00:28:56,251 --> 00:28:57,084 Señor. 384 00:29:01,293 --> 00:29:02,209 Atrás. 385 00:29:10,251 --> 00:29:11,626 É certo, non é? 386 00:29:14,543 --> 00:29:16,418 Non ten miga de humanidade. 387 00:29:19,209 --> 00:29:22,209 Non sabe o que é perder alguén. 388 00:29:47,001 --> 00:29:48,626 É certo que deixou o cerco? 389 00:29:48,626 --> 00:29:51,001 Si, despois de morrer o seu fillo. 390 00:29:51,001 --> 00:29:54,668 O fillo morreu como un heroe e el será lembrado por covarde. 391 00:29:59,293 --> 00:30:03,293 Irmán, consólate pensando que Lu Ten sempre será aclamado 392 00:30:03,293 --> 00:30:05,793 como un gran defensor da Nación do Lume. 393 00:30:06,918 --> 00:30:08,001 Grazas, Ozai. 394 00:30:11,334 --> 00:30:13,876 O seu sacrificio converterase en lendario. 395 00:30:23,459 --> 00:30:24,293 Tío. 396 00:30:25,876 --> 00:30:29,084 É un enorme honor para ti e para Lu Ten 397 00:30:30,001 --> 00:30:32,126 morrer servindo a Nación do Lume. 398 00:30:52,043 --> 00:30:57,209 Cando os estudos non me ían ben e meu pai non estaba contento, 399 00:30:58,584 --> 00:31:01,001 Lu Ten deume isto. 400 00:31:02,334 --> 00:31:07,043 Déranlla por gañar na categoría de oficiais. 401 00:31:09,793 --> 00:31:14,334 Dixo que a debía ter alguén destinado a facer grandes cousas. 402 00:31:15,334 --> 00:31:16,418 A min deume forza. 403 00:31:33,668 --> 00:31:35,418 A Lu Ten non lle facía falta, 404 00:31:35,418 --> 00:31:38,001 porque era a persoa máis forte que coñecín. 405 00:32:26,626 --> 00:32:27,709 Dáslle ben a iso. 406 00:32:28,834 --> 00:32:31,251 Práctica e boa formación. 407 00:32:32,001 --> 00:32:33,293 Grazas ao documento? 408 00:32:34,293 --> 00:32:35,126 Si. 409 00:32:36,376 --> 00:32:39,501 E a Jet, que me ensinou algunhas cousas. 410 00:32:41,543 --> 00:32:43,668 Perdeu familiares, igual ca nós. 411 00:32:44,376 --> 00:32:46,626 Sabe que eses recordos te poden frear. 412 00:32:47,376 --> 00:32:49,709 Fíxome ver que eu só pensara 413 00:32:49,709 --> 00:32:52,834 en como morrera mamá en vez de como vivira. 414 00:32:55,126 --> 00:32:58,918 Jet igual escolleu o camiño equivocado, pero non tiña opción. 415 00:32:59,418 --> 00:33:00,543 E Sai tampouco. 416 00:33:05,376 --> 00:33:10,043 Sai dixo que eu debía ser enxeñeiro, que esa era a miña vocación. 417 00:33:12,376 --> 00:33:14,126 - E ti crelo? - Non sei. 418 00:33:14,126 --> 00:33:17,209 Gustoume oír que teño algo que ofrecerlle ao mundo. 419 00:33:18,084 --> 00:33:20,709 Á parte da miña capacidade superior de loita. 420 00:33:22,626 --> 00:33:23,501 Sokka. 421 00:33:24,501 --> 00:33:27,418 O que dixen de ti e papá... 422 00:33:28,626 --> 00:33:29,459 Esquéceo. 423 00:33:30,209 --> 00:33:33,834 Gobernaches a tribo e protexíchesnos sen axuda de ninguén. 424 00:33:35,418 --> 00:33:38,084 Papá nunca cargou só con esa responsabilidade. 425 00:33:40,501 --> 00:33:42,001 Para ti foi máis difícil. 426 00:33:53,584 --> 00:33:56,751 Ah, iso non está ben. 427 00:33:58,459 --> 00:34:01,626 Os cristais eran só cristais, como eu pensaba. 428 00:34:10,376 --> 00:34:13,959 Que fai isto aquí? Xa pasamos por aquí e non estaba o muro. 429 00:34:13,959 --> 00:34:15,168 Como é posible iso? 430 00:34:16,168 --> 00:34:17,251 Non é. 431 00:34:18,709 --> 00:34:19,543 A menos que... 432 00:34:21,334 --> 00:34:22,876 os túneles cambien. 433 00:34:28,126 --> 00:34:31,959 Detrás destas portas hai un desafío temible. 434 00:34:31,959 --> 00:34:35,876 Unha proba para ver se estás preparado para a ser o Avatar. 435 00:34:37,251 --> 00:34:38,126 Bumi. 436 00:34:38,793 --> 00:34:42,168 Todos estes desafíos, xogos, probas, non teñen sentido. 437 00:34:42,168 --> 00:34:44,709 Nada ten sentido desde hai cen anos. 438 00:34:45,959 --> 00:34:47,251 Ti non es así. 439 00:34:48,376 --> 00:34:52,084 O Bumi que eu coñezo é un neno feliz e divertido, 440 00:34:52,084 --> 00:34:55,668 gústalle saltar rochas e sempre pensa nos seus amigos. 441 00:34:59,126 --> 00:35:00,959 Creo que ese neno aínda existe. 442 00:35:03,751 --> 00:35:04,959 Moi listo. 443 00:35:06,418 --> 00:35:09,876 Para ti todo son xogos, non si, Avatar? 444 00:35:09,876 --> 00:35:12,501 A quen lle importa a responsabilidade? 445 00:35:12,501 --> 00:35:15,918 A quen lle importa salvar o mundo? 446 00:35:15,918 --> 00:35:19,626 Non, só divertirse e vaguear. Non si? 447 00:35:21,293 --> 00:35:22,126 Pois veña, 448 00:35:23,626 --> 00:35:27,668 imos xogar a outro xogo, o último. 449 00:35:46,543 --> 00:35:47,918 Como che prometín, 450 00:35:49,418 --> 00:35:53,584 imos xogar ao último xogo, Avatar. 451 00:35:54,418 --> 00:35:56,084 O máis sinxelo de todos. 452 00:35:56,709 --> 00:35:59,626 Ti contra min. 453 00:36:05,501 --> 00:36:07,751 A morte. 454 00:36:12,084 --> 00:36:14,126 É incrible como cambian os túneles. 455 00:36:14,126 --> 00:36:17,001 - Os cristais non serven. - Os reproches logo. 456 00:36:21,334 --> 00:36:22,959 Sería iso imaxinación miña? 457 00:36:36,543 --> 00:36:37,543 Unha toupa teixa. 458 00:37:43,501 --> 00:37:44,584 Dálle. 459 00:37:46,459 --> 00:37:47,334 Dálle! 460 00:37:49,084 --> 00:37:50,751 Todos vimos mortes de máis. 461 00:38:04,418 --> 00:38:07,334 Iso pásache por ter clemencia cun mestre da terra. 462 00:38:14,168 --> 00:38:15,001 Estás ben? 463 00:38:16,584 --> 00:38:17,793 Temos que marchar. 464 00:38:19,126 --> 00:38:20,793 - Descansa... - Non hai tempo. 465 00:38:21,376 --> 00:38:22,918 Axiña virán máis soldados. 466 00:38:22,918 --> 00:38:24,959 Temos que marchar xa. 467 00:38:35,584 --> 00:38:36,626 Katara! 468 00:38:44,709 --> 00:38:45,584 Grazas. 469 00:38:55,543 --> 00:38:56,376 Non hai saída! 470 00:39:02,751 --> 00:39:03,834 Katara, síntoo. 471 00:39:05,168 --> 00:39:06,209 Eu tamén. 472 00:39:15,459 --> 00:39:17,168 Que pasa? Estamos mortos? 473 00:39:26,584 --> 00:39:28,376 "O amor brilla na escuridade." 474 00:39:29,959 --> 00:39:34,084 Non foron os cristais os que guiaron a Oma e Shu pola montaña. 475 00:39:42,751 --> 00:39:43,709 É cego. 476 00:39:44,293 --> 00:39:47,209 Non se moven pola vista, senón polos sentimentos. 477 00:39:48,251 --> 00:39:50,668 Notan os sentimentos e reaccionan a eles. 478 00:39:51,293 --> 00:39:54,126 Ira, medo. Pero, sobre todo, amor. 479 00:39:56,626 --> 00:39:58,418 "O amor brilla na escuridade." 480 00:40:00,709 --> 00:40:02,293 Entón, responden ao amor? 481 00:40:04,459 --> 00:40:06,418 Que farán coas ordes verbais? 482 00:40:07,418 --> 00:40:09,168 Desculpe, Sra. Toupa Teixa. 483 00:40:09,918 --> 00:40:12,209 Pódenos mostrar o camiño ao palacio? 484 00:40:13,501 --> 00:40:14,376 Por favor. 485 00:40:53,918 --> 00:40:56,084 Bumi, non tes que facer iso! 486 00:40:56,084 --> 00:40:57,543 Teño tal. 487 00:40:58,168 --> 00:41:01,584 Algúns temos que loitar mesmo cando non queremos. 488 00:41:01,584 --> 00:41:04,043 Iso significa estar en guerra! 489 00:41:10,126 --> 00:41:11,334 Non! 490 00:41:17,918 --> 00:41:21,834 Saberíalo se estiveses aquí, pero non estiveches. 491 00:41:23,543 --> 00:41:24,626 Marchaches. 492 00:41:27,334 --> 00:41:29,709 Ti eras o Avatar. 493 00:41:30,876 --> 00:41:32,668 E deixáchesnos. 494 00:41:36,168 --> 00:41:39,084 Neste mundo, non podes confiar en ninguén, 495 00:41:40,001 --> 00:41:41,376 nin sequera nos amigos. 496 00:41:48,418 --> 00:41:50,251 Sobre todo, nos amigos. 497 00:42:21,084 --> 00:42:23,834 Ben, isto foi moi divertido, 498 00:42:23,834 --> 00:42:27,376 pero é hora de rematar cos xogos. 499 00:42:48,334 --> 00:42:51,084 Bumi, non podo coas dúas. Axúdame! 500 00:42:51,084 --> 00:42:52,126 Déixaa caer. 501 00:42:52,626 --> 00:42:55,001 Déixaa caer e gañas. 502 00:42:55,001 --> 00:42:57,126 Bumi, isto non é un xogo! 503 00:42:57,126 --> 00:42:58,043 Si tal. 504 00:42:58,751 --> 00:43:02,209 Tes que facer escollas imposibles. 505 00:43:02,209 --> 00:43:05,334 Salvo esta cidade ou aquela? 506 00:43:05,334 --> 00:43:09,334 Quen leva as últimas sobras de comida? O orfanato ou os soldados? 507 00:43:09,334 --> 00:43:12,418 Tes que facer escollas dese estilo 508 00:43:12,418 --> 00:43:16,793 día tras día, ano tras ano. 509 00:43:16,793 --> 00:43:20,709 E iso só para salvar esta cidade. 510 00:43:20,709 --> 00:43:23,584 Ti tes que salvar o mundo enteiro. 511 00:43:23,584 --> 00:43:24,959 Déixaa caer, Aang, 512 00:43:25,834 --> 00:43:29,876 e aprende o que significa ser o Avatar. 513 00:43:30,668 --> 00:43:31,626 Non! 514 00:43:35,751 --> 00:43:38,751 Entón, o mundo está condenado. 515 00:43:44,668 --> 00:43:45,793 Sokka, colle o rei. 516 00:43:52,918 --> 00:43:54,209 Aang, agora! 517 00:43:59,334 --> 00:44:00,209 Estás ben? 518 00:44:02,459 --> 00:44:04,959 Neno, ti si que sabes botar abaixo a casa. 519 00:44:09,793 --> 00:44:12,834 Trampón! Trampeaches! 520 00:44:13,334 --> 00:44:15,418 Non o fixeches ti só, 521 00:44:15,418 --> 00:44:18,751 e, entón, non aprendiches nada. 522 00:44:18,751 --> 00:44:20,043 Non tiñas razón. 523 00:44:20,626 --> 00:44:22,376 Si se pode confiar nos amigos 524 00:44:22,876 --> 00:44:26,376 e así é como eu vou salvar o mundo. 525 00:44:27,459 --> 00:44:28,876 Cos meus amigos. 526 00:44:28,876 --> 00:44:32,001 Pensas coma un neno. 527 00:44:34,293 --> 00:44:36,043 E está tan mal iso? 528 00:44:41,876 --> 00:44:42,793 Lembras isto? 529 00:44:43,918 --> 00:44:45,543 Úsoo para chamar un amigo. 530 00:44:47,918 --> 00:44:49,334 É o que vou facer agora. 531 00:44:52,001 --> 00:44:53,334 Chamar un vello amigo. 532 00:45:00,251 --> 00:45:01,251 Tiñas razón. 533 00:45:03,376 --> 00:45:06,418 Eu non estaba cando o mundo e ti me precisabades. 534 00:45:08,793 --> 00:45:10,001 Pero agora estou. 535 00:45:23,709 --> 00:45:24,709 Alteza, 536 00:45:25,709 --> 00:45:27,709 chamamos os reforzos. 537 00:45:28,543 --> 00:45:31,001 E dobrastes os gardas nos muros? 538 00:45:31,001 --> 00:45:33,834 - Si, alteza. - Ben. Dilles que irei axiña. 539 00:45:35,751 --> 00:45:37,334 Espera, que pasa? 540 00:45:38,334 --> 00:45:42,251 As forzas da Nación do Lume avanzan. Chegarán aquí ao amencer. 541 00:45:42,251 --> 00:45:43,751 Vanvos atacar? 542 00:45:43,751 --> 00:45:47,334 Si, pero estaremos listos. 543 00:45:47,834 --> 00:45:50,793 Por sorte, avisounos unha fonte. 544 00:45:53,001 --> 00:45:54,084 Sai? 545 00:45:54,084 --> 00:45:57,459 O enxeñeiro alertou os xenerais sobre a rede de espías. 546 00:45:57,459 --> 00:46:01,334 Axudounos a collelos. Agora marchade todos. 547 00:46:01,918 --> 00:46:06,668 O Avatar ten que ir a outros sitios. Nós arranxámonos sós. 548 00:46:07,376 --> 00:46:10,543 É hora de que Omashu volva a entrar en guerra. 549 00:46:12,001 --> 00:46:17,834 Ah, pero teño outro desafío máis para ti. 550 00:46:25,959 --> 00:46:27,501 Os meus repolos! 551 00:46:47,793 --> 00:46:50,459 Estamos sempre subindo e baixando de barcos. 552 00:46:52,084 --> 00:46:54,709 Igual ese é o noso destino, príncipe Zuko. 553 00:47:28,126 --> 00:47:29,959 Ben. Non é demasiado tarde. 554 00:47:31,043 --> 00:47:33,376 - Que fas aquí, tío? - O mesmo ca ti. 555 00:47:33,376 --> 00:47:37,418 Preparándome para comezar unha viaxe que de certo será memorable. 556 00:47:39,793 --> 00:47:41,168 Queres vir comigo? 557 00:47:41,751 --> 00:47:44,834 Veño totalmente preparado. Con todo o té que preciso. 558 00:47:47,334 --> 00:47:48,834 Non preciso un coidador. 559 00:47:55,418 --> 00:47:56,543 E un amigo? 560 00:48:08,793 --> 00:48:10,793 Meu pai deixou ben claro 561 00:48:11,793 --> 00:48:14,501 que non volvese ata topar o Avatar. 562 00:48:16,418 --> 00:48:17,459 Iso significa 563 00:48:18,668 --> 00:48:21,876 que igual non volvemos á casa ata que pase moito tempo. 564 00:48:27,084 --> 00:48:27,959 A casa. 565 00:48:32,084 --> 00:48:35,293 Todo o que eu preciso está neste barco. 566 00:48:42,293 --> 00:48:45,126 Como dixen, todo o té que preciso. 567 00:49:06,168 --> 00:49:07,293 Que foi, Zuko? 568 00:49:09,084 --> 00:49:09,918 Nada. 569 00:49:12,876 --> 00:49:14,126 Imos levarte á casa. 570 00:51:14,126 --> 00:51:17,043 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa