1 00:00:39,168 --> 00:00:40,334 Está todo listo. 2 00:00:42,084 --> 00:00:43,543 Atacamos hoxe á noite. 3 00:00:43,543 --> 00:00:46,293 Non é mellor agardar? Non chegan os efectivos. 4 00:00:48,501 --> 00:00:50,168 Non precisamos efectivos. 5 00:00:51,626 --> 00:00:52,876 Temos ira. 6 00:00:53,918 --> 00:00:55,376 Temos dor. 7 00:00:56,668 --> 00:00:59,001 E, por primeira vez nun século, 8 00:01:00,751 --> 00:01:01,793 temos esperanza. 9 00:01:03,543 --> 00:01:07,543 Preséntovos alguén que está disposta a arriscar todo pola nosa causa. 10 00:01:08,418 --> 00:01:09,459 Coma todos nós, 11 00:01:11,334 --> 00:01:13,084 tivo demasiadas perdas. 12 00:01:21,918 --> 00:01:24,168 Miña nai e meu irmán. 13 00:01:25,793 --> 00:01:27,459 No asedio de Ba Sing Se. 14 00:01:29,293 --> 00:01:30,793 Traballa no palacio. 15 00:01:31,376 --> 00:01:34,876 Está disposta a axudarnos, correndo un gran risco persoal. 16 00:01:35,459 --> 00:01:36,918 Se ela se arma de valor, 17 00:01:36,918 --> 00:01:38,251 nós tamén debiamos. 18 00:01:39,918 --> 00:01:42,876 O señor do lume Ozai ten que morrer hoxe á noite! 19 00:02:32,543 --> 00:02:34,959 Non hai escapatoria. 20 00:02:38,084 --> 00:02:41,084 Ti debías saber que esta viaxe era só de ida. 21 00:02:42,084 --> 00:02:45,043 ¿Ou agardabas que os meus homes baixasen os brazos 22 00:02:45,043 --> 00:02:47,584 despois de matardes o seu señor do lume? 23 00:02:47,584 --> 00:02:52,918 Agardabamos que os cidadáns da Nación do Lume quixesen liberarse da súa tiranía. 24 00:02:52,918 --> 00:02:53,834 Tiranía? 25 00:02:55,001 --> 00:02:56,959 Quererás dicir unidade 26 00:02:58,084 --> 00:02:59,209 e prosperidade. 27 00:03:00,459 --> 00:03:04,334 Non somos a nación máis poderosa do mundo? 28 00:03:04,918 --> 00:03:08,751 Conseguín someter case o mundo enteiro ao mesmo goberno, 29 00:03:09,543 --> 00:03:10,709 o noso goberno, 30 00:03:11,293 --> 00:03:14,709 para garantir unha era de paz, non si? 31 00:03:15,209 --> 00:03:16,584 Á custa de que? 32 00:03:17,376 --> 00:03:19,043 Cantas vidas máis? 33 00:03:19,043 --> 00:03:21,626 Outro século máis de perdas e sufrimento? 34 00:03:24,459 --> 00:03:27,126 Que me vas contar a min de perdas? 35 00:03:31,418 --> 00:03:33,459 Parabéns por chegardes ata aquí. 36 00:03:35,209 --> 00:03:38,001 Pero nós, na Nación do Lume, 37 00:03:38,001 --> 00:03:41,376 sempre presumimos do noso enxeño. 38 00:03:41,376 --> 00:03:42,751 ¿Non si, 39 00:03:44,334 --> 00:03:45,168 Azula? 40 00:03:53,459 --> 00:03:54,459 Si, padre. 41 00:04:01,751 --> 00:04:03,501 Hoxe paráchesnos, Ozai, 42 00:04:04,709 --> 00:04:07,043 pero hai un por aí que é imparable. 43 00:04:08,209 --> 00:04:10,793 O que restablecerá a estabilidade no mundo. 44 00:04:10,793 --> 00:04:12,459 O que regresou a nós. 45 00:04:25,376 --> 00:04:28,334 O que restablecerá a estabilidade no mundo? 46 00:04:29,668 --> 00:04:31,959 Sabía que pensan que volveu o Avatar? 47 00:04:31,959 --> 00:04:33,043 Retirádevos. 48 00:04:41,709 --> 00:04:42,584 Que é iso? 49 00:04:43,126 --> 00:04:46,751 Unha mensaxe dun dos meus comandantes dos Mares do Sur. 50 00:04:46,751 --> 00:04:48,543 Ninguén de importancia. 51 00:04:49,918 --> 00:04:52,251 Porén, a nova que dá... 52 00:04:55,293 --> 00:04:56,918 Zuko atopou o Avatar? 53 00:04:57,668 --> 00:04:59,793 Teu irmán fixo o imposible. 54 00:05:01,834 --> 00:05:03,626 Xusto o que eu lle mandara. 55 00:05:13,501 --> 00:05:14,709 O Avatar. 56 00:05:18,876 --> 00:05:19,793 En serio? 57 00:05:48,834 --> 00:05:49,834 O látego de auga. 58 00:05:50,501 --> 00:05:51,418 Brazos. 59 00:05:52,751 --> 00:05:55,418 Cambio do apoio, xiro do pulso. 60 00:05:56,293 --> 00:05:57,126 Vale. 61 00:06:13,084 --> 00:06:14,043 Non dou. 62 00:06:15,626 --> 00:06:18,751 As formas básicas de control son movementos físicos, 63 00:06:18,751 --> 00:06:21,751 pero para as difíciles, coma o látego de auga, 64 00:06:21,751 --> 00:06:24,584 tes que intentar sentir o fluxo de enerxía. 65 00:06:27,918 --> 00:06:31,334 Debes buscar o punto de encontro entre emoción e espírito. 66 00:06:31,334 --> 00:06:33,168 Iso é máis profundo có pensamento. 67 00:06:33,168 --> 00:06:35,959 Conecta cos sentimentos e tira enerxía deles. 68 00:06:37,668 --> 00:06:39,126 Conecta cos sentimentos. 69 00:06:57,209 --> 00:06:58,209 Vaia! 70 00:06:59,251 --> 00:07:01,751 Non importa. Aposto a que foi culpa miña. 71 00:07:02,334 --> 00:07:03,584 Eu non debía ensinar. 72 00:07:03,584 --> 00:07:05,834 Os monxes dicían que non facía caso. 73 00:07:07,751 --> 00:07:10,543 Creo que dicían iso, que non facía caso. 74 00:07:14,251 --> 00:07:17,126 Outra boa razón para ir á Tribo da Auga do Norte. 75 00:07:17,709 --> 00:07:21,126 Si, alí están os mellores mestres da auga do mundo. 76 00:07:21,126 --> 00:07:22,834 Ao mellor fágolles caso. 77 00:07:25,668 --> 00:07:28,876 Vamos. Non podemos estar moito tempo no mesmo sitio. 78 00:07:47,709 --> 00:07:49,126 A min tamén me caeu ben. 79 00:07:50,584 --> 00:07:51,709 Si, era simpática. 80 00:07:54,001 --> 00:07:56,043 Pero non sei que vería ela en ti. 81 00:07:56,709 --> 00:07:58,084 Que mais se pode pedir? 82 00:08:02,959 --> 00:08:03,793 Mirade! 83 00:08:04,376 --> 00:08:06,418 - Que é? A Nación do Lume? - Non! 84 00:08:08,209 --> 00:08:09,043 Creo... 85 00:08:11,084 --> 00:08:13,251 Creo que é outro mestre do aire! 86 00:08:14,168 --> 00:08:15,709 Vai cara a aquela montaña. 87 00:08:18,418 --> 00:08:19,876 Iso non é unha montaña. 88 00:08:19,876 --> 00:08:21,293 É Omashu. 89 00:08:22,209 --> 00:08:23,668 Appa! Yip yip! 90 00:08:25,918 --> 00:08:29,459 Pode estar en calquera sitio. Foi cara ao norte desde Kyoshi. 91 00:08:29,459 --> 00:08:31,293 Parará para comer e beber. 92 00:08:31,293 --> 00:08:35,001 Por moi Avatar que sexa, ten que comer e beber. 93 00:08:36,293 --> 00:08:37,959 O núcleo de poboación, logo. 94 00:08:40,543 --> 00:08:42,501 - Aviso os meus contactos. - Non! 95 00:08:43,084 --> 00:08:45,709 Xa cho dixen, que ninguén saiba que existe. 96 00:08:47,001 --> 00:08:47,834 Entendido. 97 00:08:47,834 --> 00:08:51,584 Pero, se mo permite, temos unha oportunidade 98 00:08:51,584 --> 00:08:54,876 sempre que o Avatar estea nesta zona. 99 00:08:54,876 --> 00:08:56,293 Se vai moito ao norte... 100 00:08:56,293 --> 00:08:59,793 Hai forzas da Nación do Lume en todos os sitios e saberano. 101 00:08:59,793 --> 00:09:05,543 Por iso propoño que me permita contactar con algunhas fontes de confianza. 102 00:09:06,334 --> 00:09:08,793 Non hai que dicirlles máis do necesario. 103 00:09:17,293 --> 00:09:18,126 Moi ben. 104 00:09:20,251 --> 00:09:22,251 Chegou o barco do comandante Zhao. 105 00:09:22,251 --> 00:09:24,834 No mellor momento. Pola Nación do Lume. 106 00:09:33,209 --> 00:09:34,168 Non me gusta. 107 00:09:35,251 --> 00:09:37,376 Algo desagradable si que é. 108 00:09:37,376 --> 00:09:39,084 Falei cos seus homes. 109 00:09:39,084 --> 00:09:42,584 Zhao seica suspendeu tres veces o exame de oficial. 110 00:09:42,584 --> 00:09:44,293 Pregunteiche a túa opinión? 111 00:09:47,834 --> 00:09:48,793 Desculpe. 112 00:09:55,418 --> 00:09:56,751 El só quería axudar. 113 00:09:57,334 --> 00:09:59,751 Veu murmurar sobre un oficial superior. 114 00:10:00,334 --> 00:10:03,834 - Un oficial que a ti non che gusta. - Iso tanto ten. 115 00:10:03,834 --> 00:10:07,459 Aquí hai normas para facer as cousas. Regras. 116 00:10:08,626 --> 00:10:11,834 Somos a Nación do Lume, mesmo aquí. 117 00:10:18,376 --> 00:10:19,626 Sobre todo, aquí. 118 00:10:22,293 --> 00:10:24,793 Omashu está incrustada nunha montaña. 119 00:10:24,793 --> 00:10:28,543 É unha das marabillas do Reino da Terra. E do mundo enteiro. 120 00:10:29,126 --> 00:10:33,376 Teñen un sistema de reparto incrible que percorre toda a cidade. 121 00:10:33,376 --> 00:10:37,459 As persoas de alí son artistas, científicas, construtoras. 122 00:10:37,459 --> 00:10:39,834 E amais a comida é fantástica. 123 00:10:55,626 --> 00:10:58,001 Vostede outra vez? Que lle dixen antes? 124 00:11:04,959 --> 00:11:06,376 Vostede, adiante! 125 00:11:06,376 --> 00:11:09,168 En Omashu non lles gustan os forasteiros. 126 00:11:09,834 --> 00:11:11,834 Por que che parecemos forasteiros? 127 00:11:14,709 --> 00:11:15,584 Por nada. 128 00:11:19,709 --> 00:11:20,543 Espere. 129 00:11:21,459 --> 00:11:25,584 Non somos de aquí, pero temos que visitar un amigo. 130 00:11:27,168 --> 00:11:29,626 Viríanos ben unha axudiña para entrar. 131 00:11:42,584 --> 00:11:43,459 Síntoo. 132 00:11:44,376 --> 00:11:46,001 Era iso ou o saco de nabos. 133 00:11:47,001 --> 00:11:48,876 A ti tamén che quedaría ben. 134 00:11:51,418 --> 00:11:53,626 Vostede e vostede, atrás! 135 00:11:54,543 --> 00:11:57,376 Omashu é dos últimos baluartes do Reino da Terra. 136 00:11:58,293 --> 00:12:01,626 Malia os intentos, os mestres do lume non a conquistaron. 137 00:12:01,626 --> 00:12:03,126 Por iso os controis. 138 00:12:04,209 --> 00:12:06,126 Como sabes que non somos unha ameaza? 139 00:12:07,751 --> 00:12:08,959 Teño esa impresión. 140 00:12:09,959 --> 00:12:11,001 Ala. 141 00:12:15,543 --> 00:12:16,626 Paren. 142 00:12:20,251 --> 00:12:21,209 A que van? 143 00:12:22,376 --> 00:12:24,126 Ao mercado, coma sempre. 144 00:12:26,126 --> 00:12:28,334 A colleita non foi boa este mes. 145 00:12:28,918 --> 00:12:31,293 Dixo ela que non reguei ben os nabos. 146 00:12:31,293 --> 00:12:33,209 Por iso casei con ela. 147 00:12:35,043 --> 00:12:36,334 Hai que regar, non? 148 00:12:38,793 --> 00:12:41,501 Meu cuñado confirmaríao se puidese falar. 149 00:12:42,501 --> 00:12:43,751 É mudo de nacemento. 150 00:12:45,084 --> 00:12:47,501 É incrible o que sabe dicir sen palabras. 151 00:12:47,501 --> 00:12:49,626 O outro día fíxonos rir tanto... 152 00:12:49,626 --> 00:12:51,626 Abonda. Pasen. 153 00:13:18,709 --> 00:13:19,918 Grazas. Adeus. 154 00:13:40,543 --> 00:13:42,209 Sorte, que atopedes o amigo. 155 00:13:42,751 --> 00:13:44,293 E tede tino. 156 00:13:45,001 --> 00:13:46,501 Omashu pode ser perigosa. 157 00:13:54,001 --> 00:13:55,876 Alí o está. Mirade. 158 00:13:58,918 --> 00:14:00,168 Aang, espera! 159 00:14:01,918 --> 00:14:02,918 Coidado! 160 00:14:06,876 --> 00:14:08,751 Ei, coidado co meu... 161 00:14:20,668 --> 00:14:22,293 Ti non es mestre do aire. 162 00:14:23,751 --> 00:14:26,209 Mestre do aire? Claro que non. 163 00:14:29,084 --> 00:14:30,084 Socorro! 164 00:14:33,626 --> 00:14:35,376 Aang, non se ve nada! 165 00:14:44,709 --> 00:14:46,001 É mestre do aire. 166 00:14:49,876 --> 00:14:51,501 E ti es mestra da auga. 167 00:14:53,709 --> 00:14:55,626 Teo! 168 00:14:56,418 --> 00:15:00,168 - Estás ben? Estás ferido? - Papá, estou... estou ben. 169 00:15:00,168 --> 00:15:03,126 - Hai que sacalo do fume. - A nosa casa é aquí. 170 00:15:04,293 --> 00:15:05,126 Grazas. 171 00:15:05,626 --> 00:15:07,251 - Grazas... - Katara. 172 00:15:07,251 --> 00:15:08,418 Eu son Sai. 173 00:15:12,293 --> 00:15:13,376 Que facías alí? 174 00:15:13,376 --> 00:15:16,084 Acababa de chegar. Como ía saber que habería outra bomba? 175 00:15:16,084 --> 00:15:18,376 Bomba? Non foi un accidente? 176 00:15:18,376 --> 00:15:20,876 O que fai a Nación do Lume non é un accidente. 177 00:15:20,876 --> 00:15:22,209 A Nación do Lume? 178 00:15:22,793 --> 00:15:25,084 Si. Teñen espías por toda a cidade. 179 00:15:27,084 --> 00:15:29,084 Non hai seguridade en ningures. 180 00:15:29,751 --> 00:15:31,543 Omashu pode ser perigosa. 181 00:15:32,043 --> 00:15:33,334 Máis auga. 182 00:15:36,251 --> 00:15:38,918 Es mestre do aire. Sabes o que significa iso? 183 00:15:38,918 --> 00:15:41,126 Por fin poderemos atacar o inimigo. 184 00:15:41,709 --> 00:15:44,209 Pódeslles tirar bombas e arrasar con todo. 185 00:15:44,209 --> 00:15:48,834 O poder aéreo é o seu punto débil e ti tes poder aéreo. 186 00:15:54,876 --> 00:15:57,959 Magnífico, non? Papá é o enxeñeiro do Rei de Omashu. 187 00:15:57,959 --> 00:15:58,876 "Enxeñeiro"? 188 00:15:58,876 --> 00:16:02,709 Designa alguén que pasa moito tempo fedellando. 189 00:16:02,709 --> 00:16:06,876 Nin caso. Ocúpase do mantemento da maior parte da cidade. 190 00:16:06,876 --> 00:16:09,334 Coma o sistema de reparto. Vístelo, non? 191 00:16:09,834 --> 00:16:10,918 É abraiante. 192 00:16:13,126 --> 00:16:14,168 Poño un gran de area. 193 00:16:14,168 --> 00:16:16,959 Se todos os de Omashu se esforzasen coma ti, 194 00:16:16,959 --> 00:16:18,418 a guerra tería acabado. 195 00:16:18,418 --> 00:16:21,043 A Nación do Lume xa estaría derrotada. 196 00:16:22,334 --> 00:16:23,168 Si. 197 00:16:24,168 --> 00:16:25,334 Si. 198 00:16:28,918 --> 00:16:32,251 Nós temos que facer o noso papel na guerra, non si, Aang? 199 00:16:33,668 --> 00:16:34,501 Si. 200 00:16:35,001 --> 00:16:37,084 Si, por iso temos que marchar. 201 00:16:37,959 --> 00:16:40,876 Ah, xa, claro. 202 00:16:41,459 --> 00:16:44,626 Prométeme que lles zurrarás aos mestres do lume. 203 00:16:44,626 --> 00:16:45,959 Fai que paguen. 204 00:16:49,001 --> 00:16:50,001 Sokka. 205 00:16:50,001 --> 00:16:52,126 Isto é incrible. Mirade isto. 206 00:16:52,126 --> 00:16:54,043 É para limpar as uñas dos pés. 207 00:16:55,084 --> 00:16:56,376 Ás veces sangran. 208 00:16:59,459 --> 00:17:01,376 Viches o mecanismo desa máquina? 209 00:17:01,376 --> 00:17:04,751 Leva resortes. Enxeñoso. Era bo para colgar os kayaks. 210 00:17:04,751 --> 00:17:07,293 - Parou de sangrar, creo. - Non! 211 00:17:08,376 --> 00:17:09,418 Tranquila. 212 00:17:21,543 --> 00:17:22,376 Aang? 213 00:17:31,334 --> 00:17:35,168 Este sitio era incrible. Eu adoecía por velo. 214 00:17:35,168 --> 00:17:38,834 Aquí creábanse cousas fantásticas, non se destruían. 215 00:17:39,501 --> 00:17:41,709 Teño o deber de axudar a esta xente. 216 00:17:42,459 --> 00:17:43,751 Como o vas facer? 217 00:17:44,251 --> 00:17:46,334 O deber do Avatar non é só loitar. 218 00:17:46,918 --> 00:17:49,668 Tamén é axudar a xente coma Teo e seu pai, 219 00:17:50,459 --> 00:17:52,043 e a todos os desta cidade. 220 00:17:53,501 --> 00:17:54,959 E o de ir ao Norte, que? 221 00:17:54,959 --> 00:17:58,209 Non che mandou Kyoshi ir alí evitar unha traxedia? 222 00:17:58,209 --> 00:18:02,876 Si, e vou ir, pero tamén teño que axudar aquí. 223 00:18:04,084 --> 00:18:08,209 Se vou salvar o mundo, vai ter que ser de un en un. 224 00:18:08,751 --> 00:18:10,834 Por iso vou quedar en Omashu, 225 00:18:10,834 --> 00:18:14,334 porque quero axudar e creo que podo. 226 00:18:15,751 --> 00:18:17,043 Porque son o Avatar. 227 00:18:19,918 --> 00:18:21,293 Fálame das bombas esas. 228 00:18:23,251 --> 00:18:25,418 "Fixo o imposible." 229 00:18:26,418 --> 00:18:29,293 Non fixo nada. Pasou tres anos nun cruceiro 230 00:18:29,293 --> 00:18:32,293 e eu quedei aquí facendo o que mandaba noso pai. 231 00:18:41,918 --> 00:18:44,793 Quen arriscou a vida para eliminar traidores? 232 00:18:44,793 --> 00:18:46,084 Ah, claro! 233 00:18:46,084 --> 00:18:48,459 Fálanos desa misión. Estabas nerviosa? 234 00:18:48,459 --> 00:18:49,959 Poñías a vida en perigo? 235 00:18:51,084 --> 00:18:54,418 Non. Os da resistencia non son alá moi listos. 236 00:18:55,126 --> 00:18:57,543 Pero que se pode esperar dos aldeáns? 237 00:18:57,543 --> 00:18:59,918 Polo menos ti fuxiches á cidade. 238 00:18:59,918 --> 00:19:01,543 Zuko estará desterrado, 239 00:19:02,126 --> 00:19:04,376 pero saíu a explorar o mundo. 240 00:19:04,959 --> 00:19:06,918 Eu, no seu sitio, non volvería. 241 00:19:08,001 --> 00:19:11,584 Xa, pero o único que quere Zuzu 242 00:19:11,584 --> 00:19:14,459 é quedar con todo aquilo polo que eu loitei. 243 00:19:14,459 --> 00:19:17,459 É o primeiro na liña de sucesión do señor do lume. 244 00:19:19,084 --> 00:19:20,709 Non é que o mereza. 245 00:19:20,709 --> 00:19:23,168 Non o merece, pero agora ten esperanza. 246 00:19:27,376 --> 00:19:29,418 - E iso é perigoso. - Retirádevos! 247 00:19:30,043 --> 00:19:32,834 E que podes facer ti? 248 00:19:32,834 --> 00:19:34,084 Ti estás aquí. 249 00:19:34,959 --> 00:19:35,918 El está alá. 250 00:19:40,793 --> 00:19:43,168 Sempre hai xeitos de volver a competir 251 00:19:44,834 --> 00:19:46,793 se sabes mover as pezas. 252 00:19:48,918 --> 00:19:50,959 Volveu o Avatar. 253 00:19:50,959 --> 00:19:54,418 Miña nai faloume do Avatar, dixo que volvería un día. 254 00:19:54,418 --> 00:19:56,001 Papá, lémbraste? 255 00:19:56,001 --> 00:19:57,293 O que lembro 256 00:19:57,293 --> 00:20:00,168 é que a túa nai levóunola esta condenada guerra 257 00:20:00,168 --> 00:20:04,626 e todo o que fixemos para sobrevivir. Traballamos duro e baixamos a cabeza. 258 00:20:05,168 --> 00:20:08,626 - Así non cambiaremos o mundo. - Pero así sobreviviremos. 259 00:20:08,626 --> 00:20:10,209 Fas que non che importa, 260 00:20:10,209 --> 00:20:12,751 pero odias a Nación do Lume coma min. 261 00:20:13,668 --> 00:20:16,376 Farías isto se non fose para axudar o exército? 262 00:20:17,084 --> 00:20:18,293 Coma isto. 263 00:20:18,293 --> 00:20:21,918 É un experimento. Non o dou feito funcionar, carafio. 264 00:20:21,918 --> 00:20:25,209 Mirade, non estou aquí para crear problemas. 265 00:20:25,209 --> 00:20:26,501 Só quero axudar. 266 00:20:29,001 --> 00:20:32,501 Eu sei como. Intúo onde se xuntan os que poñen as bombas. 267 00:20:32,501 --> 00:20:34,084 É alá arriba, na montaña. 268 00:20:34,084 --> 00:20:38,168 Eu só non dou chegado alí, pero co teu poder aéreo... 269 00:20:39,251 --> 00:20:43,668 Alí. As correntes ascendentes fortes son pola mañá. Hai que voar a esa hora. 270 00:20:43,668 --> 00:20:46,834 Mañá? Non, tes que me axudar coa aeronave. 271 00:20:46,834 --> 00:20:49,959 Amañarei o control de actitude antes de véreno os xenerais. 272 00:20:49,959 --> 00:20:51,293 Eu podo axudar. 273 00:20:56,459 --> 00:20:59,168 Seica se viu alí un mestre do aire. 274 00:20:59,168 --> 00:21:00,209 Omashu. 275 00:21:01,334 --> 00:21:02,501 Territorio inimigo. 276 00:21:02,501 --> 00:21:04,626 Si, pero non se preocupe. 277 00:21:05,251 --> 00:21:08,209 Hai maneiras de entrar, coñecendo a xente adecuada. 278 00:21:08,918 --> 00:21:09,876 Eu coñézoa. 279 00:21:11,501 --> 00:21:14,001 Enviarei dous homes para confirmar a nova. 280 00:21:14,001 --> 00:21:16,084 - Poden entrar e saír antes... - Non. 281 00:21:17,418 --> 00:21:19,959 Iremos o tío Iroh e eu. Ninguén máis. 282 00:21:21,918 --> 00:21:23,084 Como queira. 283 00:21:23,084 --> 00:21:26,709 Entendo que coñece o risco. 284 00:21:26,709 --> 00:21:31,459 Se pasa algo en Omashu, non lle poderemos axudar. 285 00:21:32,168 --> 00:21:33,959 Nós non teremos problema. 286 00:21:35,334 --> 00:21:37,751 Sabemos o que é estar sós. 287 00:22:21,918 --> 00:22:22,834 Que fas? 288 00:22:31,126 --> 00:22:32,751 Espías da Nación do Lume. 289 00:22:35,293 --> 00:22:37,793 Pero iso significa que o enxeñeiro é un... 290 00:22:37,793 --> 00:22:38,793 Traidor. 291 00:22:48,668 --> 00:22:49,584 Vamos. 292 00:23:03,751 --> 00:23:06,293 O enxeñeiro traballa para a Nación do Lume. 293 00:23:06,293 --> 00:23:08,876 Constrúe aparellos, vende segredos. 294 00:23:09,918 --> 00:23:12,293 Sokka e Aang corren perigo. Avísoos. 295 00:23:12,293 --> 00:23:13,584 Non hai perigo. 296 00:23:15,334 --> 00:23:18,251 O enxeñeiro, amais de virachaquetas, é un covarde. 297 00:23:18,834 --> 00:23:20,418 Nunca pasa á acción. 298 00:23:20,418 --> 00:23:22,168 Este, en cambio... 299 00:23:35,793 --> 00:23:36,626 Espera. 300 00:23:37,668 --> 00:23:38,834 Ti quen es? 301 00:23:40,459 --> 00:23:41,626 Chámanme Jet. 302 00:23:55,043 --> 00:23:56,709 Hurra! 303 00:24:05,376 --> 00:24:06,293 Están voando! 304 00:24:06,293 --> 00:24:07,459 Mira! 305 00:24:13,501 --> 00:24:14,543 Aí está a cova. 306 00:24:25,251 --> 00:24:29,043 A persecución foi tan torpe que pensei que non me collerías. 307 00:24:30,626 --> 00:24:32,418 Moita chularía para estar só. 308 00:24:34,751 --> 00:24:36,209 Bo foi traer uns amigos. 309 00:25:15,751 --> 00:25:18,126 Vale. Eu tamén trouxen amigos. 310 00:25:30,668 --> 00:25:32,168 Ei, colega! 311 00:25:40,709 --> 00:25:42,709 Magnífico frechazo, Tirolongo. 312 00:25:44,918 --> 00:25:47,001 Incrible movemento, Pequecho. 313 00:25:48,793 --> 00:25:52,293 Bos movementos. Xa me parecía que sabías defenderte. 314 00:25:53,168 --> 00:25:55,543 - Si? - Bo ataque a ese parvo do lume. 315 00:25:55,543 --> 00:25:56,668 Grazas, Pequecho. 316 00:25:57,668 --> 00:26:00,043 El é o Duque. Eu son Pequecho. 317 00:26:01,418 --> 00:26:03,959 É bo ter unha mestra da auga do noso lado. 318 00:26:04,751 --> 00:26:05,876 Quen sodes vós? 319 00:26:07,376 --> 00:26:08,251 Somos os bos. 320 00:26:17,834 --> 00:26:18,918 A onde o leva? 321 00:26:20,501 --> 00:26:23,876 Tranquila. Pequecho sabe guindar o lixo. 322 00:26:29,501 --> 00:26:30,376 Vés? 323 00:26:40,168 --> 00:26:42,626 Se lle pos láminas e un tubo aquí, 324 00:26:42,626 --> 00:26:45,626 só tes que instalar unha válvula para a presión. 325 00:26:46,209 --> 00:26:49,626 E dis que fixeches isto para transporte marítimo? 326 00:26:50,334 --> 00:26:52,209 Non, só é unha idea que tiven 327 00:26:52,209 --> 00:26:55,959 para mellorar a manobrabilidade dos nosos barcos antiiceberg. 328 00:26:57,751 --> 00:27:00,834 Moi intelixente. Teu pai estará orgulloso de ti. 329 00:27:04,251 --> 00:27:08,251 Si. Papá non lle fai moito caso a estas cousas. 330 00:27:08,751 --> 00:27:12,251 Ten cousas máis importantes de que preocuparse. É guerreiro. 331 00:27:14,043 --> 00:27:16,543 O mundo está cheo de guerreiros. 332 00:27:16,543 --> 00:27:20,251 Hai moi poucos grandes enxeñeiros. 333 00:27:21,293 --> 00:27:22,209 Enxeñeiro? 334 00:27:23,293 --> 00:27:24,959 Non, isto é un hobby. 335 00:27:25,543 --> 00:27:29,793 O meu traballo é protexer o poboado e ser guerreiro, coma meu pai. 336 00:27:30,376 --> 00:27:35,168 Protexer os seres queridos é importante, pero tamén cultivar o talento propio. 337 00:27:38,126 --> 00:27:40,751 Es un enxeñeiro con talento, non o esquezas. 338 00:27:41,918 --> 00:27:45,126 Non é doado topar o camiño na vida, pero cando o topas, 339 00:27:46,168 --> 00:27:47,709 hai que aferrarse a el. 340 00:27:51,876 --> 00:27:54,959 Quen viu as bombas viu unha explosión de chama verde. 341 00:27:54,959 --> 00:27:59,376 O bórax é verde ao arder. Úsano os curtidores para secar peles de animais. 342 00:27:59,376 --> 00:28:01,418 Furaron esta montaña para sacalo. 343 00:28:02,084 --> 00:28:03,918 Cousas que aprendín de meu pai. 344 00:28:04,501 --> 00:28:07,126 - Estará moi orgulloso de ti. - Supoño. 345 00:28:09,793 --> 00:28:11,959 Creo que prefería que fose coma el. 346 00:28:12,959 --> 00:28:14,626 Enténdeme, el é incrible. 347 00:28:15,209 --> 00:28:18,459 Logo do ataque da Nación do Lume, mantívonos con vida. 348 00:28:18,459 --> 00:28:20,168 Construíu aquí a nosa vida. 349 00:28:20,834 --> 00:28:24,668 Di que estamos só el e eu e que faría o que fose para protexernos. 350 00:28:26,001 --> 00:28:27,376 E queres que faga máis? 351 00:28:27,376 --> 00:28:31,543 Quero que vexa que temos que facer o que poidamos para salvar o mundo. 352 00:28:31,543 --> 00:28:33,626 Se non o facemos nós, quen o fará? 353 00:28:43,293 --> 00:28:44,168 Benvida. 354 00:28:48,626 --> 00:28:49,751 Fáltame pouco! 355 00:28:55,959 --> 00:28:56,959 Vivides aquí? 356 00:28:57,501 --> 00:29:00,084 Tivemos varias bases, pero esta válenos ben. 357 00:29:00,084 --> 00:29:01,001 Si, veña! 358 00:29:01,001 --> 00:29:03,334 Os mestres do lume non deron connosco. 359 00:29:04,334 --> 00:29:07,918 Que fan os mestres do lume na cidade do Reino da Terra? 360 00:29:08,501 --> 00:29:10,834 Omashu xa non é o que era. 361 00:29:11,418 --> 00:29:15,251 Antes, a cidade mantíñase firme, pero, coa interminable guerra, 362 00:29:15,959 --> 00:29:19,626 o rei perdeu o valor, cansou e empezou a chochear. 363 00:29:19,626 --> 00:29:23,668 Deixou medrar a corrupción e a Nación do Lume penetrou polas fendas. 364 00:29:24,251 --> 00:29:25,584 Por iso xurdimos nós. 365 00:29:27,001 --> 00:29:29,834 Decidistes loitar sós contra os mestres do lume? 366 00:29:30,584 --> 00:29:32,293 Se non nós, quen o fará? 367 00:29:33,459 --> 00:29:36,501 Aquí todos temos vítimas da Nación do Lume. 368 00:29:37,751 --> 00:29:39,918 Familiares, seres queridos. 369 00:29:40,501 --> 00:29:42,918 Somos orfos, refuxiados. 370 00:29:44,334 --> 00:29:45,543 Iso eramos antes. 371 00:29:46,168 --> 00:29:49,251 - Que somos agora, Pescudadora? - Combatentes da liberdade! 372 00:29:49,251 --> 00:29:51,668 Hurra! 373 00:30:02,876 --> 00:30:04,584 Aquí estivo alguén hai pouco. 374 00:30:19,751 --> 00:30:20,918 Aquí, mira. 375 00:30:21,584 --> 00:30:26,084 Se mesturas bórax con auga salgada e o reduces, sae isto: xelatina explosiva. 376 00:30:26,084 --> 00:30:28,834 Varios botes mandan medio barrio polo aire. 377 00:30:34,709 --> 00:30:36,668 Que foi? Que atopaches? 378 00:30:41,543 --> 00:30:44,043 A bomba non a puxeron os mestres do lume. 379 00:30:47,584 --> 00:30:49,918 Miña nai era a loitadora da familia. 380 00:30:49,918 --> 00:30:54,459 Ensinoume a usar a espada, que daquela era un pau. 381 00:30:55,209 --> 00:30:58,959 Cando a Nación do Lume veu á nosa aldea, ela repeleunos mentres... 382 00:31:00,209 --> 00:31:01,918 meu pai me agachou nun pozo. 383 00:31:04,626 --> 00:31:08,543 Eu quería loitar, pero el non me deixaba. 384 00:31:10,626 --> 00:31:11,543 Tiña oito anos. 385 00:31:16,501 --> 00:31:17,918 Cando volvín... 386 00:31:21,876 --> 00:31:23,084 non quedaba ninguén. 387 00:31:48,876 --> 00:31:50,751 Sei o que é perder familiares. 388 00:31:55,084 --> 00:31:58,293 Estaba todo tranquilo, a noite que morreu miña nai. 389 00:32:03,626 --> 00:32:05,293 Ata que viñeron os soldados. 390 00:32:15,293 --> 00:32:20,126 Intento non pensar niso, pero ultimamente vénme á cabeza. 391 00:32:23,168 --> 00:32:25,168 Iso aféctame o control da auga. 392 00:32:27,834 --> 00:32:31,918 Eu non sei nada de dominar os elementos, pero si sei 393 00:32:31,918 --> 00:32:36,501 que tes que sacar todo o que levas dentro para loitar ben. 394 00:32:37,834 --> 00:32:41,376 Cóntame, que che acorda cando pensas en túa nai? 395 00:32:44,001 --> 00:32:47,334 Non digo como morreu, senón como era cando estaba viva. 396 00:32:53,126 --> 00:32:54,168 Lembro... 397 00:32:55,876 --> 00:32:58,251 que se erguía sempre antes ca os demais. 398 00:33:01,459 --> 00:33:02,668 Lembro... 399 00:33:04,126 --> 00:33:05,751 vela fóra da cabana, 400 00:33:06,918 --> 00:33:09,668 indo ao traballo, preparando o almorzo. 401 00:33:12,376 --> 00:33:13,751 E todos os días 402 00:33:14,918 --> 00:33:16,876 paraba cando saía o sol. 403 00:33:19,418 --> 00:33:21,126 Miraba para el e sorría. 404 00:33:22,501 --> 00:33:23,543 Todos os días. 405 00:33:28,918 --> 00:33:29,959 Lembra iso. 406 00:33:32,126 --> 00:33:33,626 Lembra o raiar do sol. 407 00:34:23,709 --> 00:34:25,959 Non hai que terlle medo á dor. 408 00:34:27,418 --> 00:34:30,709 Só temos que decidir que imos facer con ela. 409 00:34:47,168 --> 00:34:48,084 Que fas? 410 00:34:48,084 --> 00:34:51,751 Probando a grellada de Omashu. Hai poucas ocasións de comela. 411 00:34:52,501 --> 00:34:56,543 Esta é a famosa Omashu, o mellor que ten o Reino da Terra? 412 00:34:57,251 --> 00:34:59,376 Seica non pasmas cos seus engados. 413 00:35:01,959 --> 00:35:02,793 "Engados"? 414 00:35:02,793 --> 00:35:04,876 ¿Queres dicir o lixo, o barullo... 415 00:35:06,043 --> 00:35:06,959 e o cheiro? 416 00:35:09,126 --> 00:35:10,626 - Grazas. - Que foi? 417 00:35:17,001 --> 00:35:21,209 Seica os homes da Nación do Lume sementan o terror na cidade 418 00:35:21,209 --> 00:35:23,918 para minar a oposición dos mestres da terra. 419 00:35:25,001 --> 00:35:27,751 Iso non vale. Os guerreiros non tapan a cara. 420 00:35:27,751 --> 00:35:30,459 A meu pai non lle gustaría esa táctica sucia. 421 00:35:31,168 --> 00:35:33,709 Tendo en conta a duración desta guerra, 422 00:35:33,709 --> 00:35:37,084 quen sabe onde vai o norte da Nación do Lume? 423 00:35:40,584 --> 00:35:43,334 Infórmanme de que participa nun asunto vital 424 00:35:43,334 --> 00:35:45,459 para a seguridade do noso imperio. 425 00:35:45,459 --> 00:35:47,459 Agradeceríalle que me informase 426 00:35:47,459 --> 00:35:52,001 sobre os progresos da súa misión, en especial no tocante ao príncipe Zuko. 427 00:35:53,084 --> 00:35:55,918 A cambio, lembrarei a súa lealdade e cooperación 428 00:35:55,918 --> 00:35:58,501 cando chegue a ocasión de pagar este favor, 429 00:35:59,168 --> 00:36:02,043 unha ocasión que pode chegar antes do esperado. 430 00:36:02,793 --> 00:36:06,334 Pola chama eterna. Princesa Azula. 431 00:36:08,418 --> 00:36:09,376 Boas novas? 432 00:36:11,876 --> 00:36:12,793 As mellores. 433 00:36:13,543 --> 00:36:17,334 Levou tempo, tenente Dang, pero por fin estamos na caza maior. 434 00:36:19,459 --> 00:36:22,501 ¿Lembra aquel oficial da tripulación de Zuko, 435 00:36:22,501 --> 00:36:25,459 o que lle pasou a información sobre o Avatar? 436 00:36:25,459 --> 00:36:26,709 O tenente Jee. 437 00:36:27,293 --> 00:36:28,626 Quero falar con el. 438 00:36:29,376 --> 00:36:30,293 Señor. 439 00:36:39,751 --> 00:36:41,668 - Sokka! - Aang, mira isto! 440 00:36:44,501 --> 00:36:45,584 Onde vai Katara? 441 00:36:45,584 --> 00:36:49,376 Non a vin en todo o día. Axudeille a Sai co modelo de aeronave. 442 00:36:49,376 --> 00:36:52,876 Fóillelo mostrar aos xenerais ao palacio. Por que? Que foi? 443 00:36:53,459 --> 00:36:56,126 Atopamos o sitio de onde sacan os explosivos. 444 00:36:57,126 --> 00:36:59,918 Fan xelatina explosiva nunha cova na montaña. 445 00:37:01,001 --> 00:37:02,126 Xelatina explosiva? 446 00:37:02,126 --> 00:37:06,668 E hai máis. Tamén atopamos isto. Os mantos do carro de nabos. 447 00:37:08,168 --> 00:37:10,543 Non puxeron as bombas os mestres do lume? 448 00:37:11,959 --> 00:37:14,376 Non o ides crer. Sei quen pon as bombas. 449 00:37:17,418 --> 00:37:18,376 Que? 450 00:37:18,376 --> 00:37:21,209 - O malo non é Jet, é Sai. - Estás de broma? 451 00:37:21,209 --> 00:37:24,876 Sai axudounos. Jet é un estafador que nos mentiu á cara. 452 00:37:24,876 --> 00:37:27,543 - Non mentiu. - Non dixo a verdade. 453 00:37:28,834 --> 00:37:29,918 Porque non podía! 454 00:37:29,918 --> 00:37:32,918 Loita contra os mestres do lume e debe protexerse. 455 00:37:33,959 --> 00:37:35,751 Vós non sabedes o que perdeu. 456 00:37:36,334 --> 00:37:39,126 Vin a Sai falar co mestre do lume. É un traidor. 457 00:37:39,126 --> 00:37:40,626 Ti non sabes que viches. 458 00:37:41,293 --> 00:37:45,168 Se cadra Sai colabora cos homes do rei para eliminar espías. 459 00:37:45,168 --> 00:37:48,501 Agora diríxese ao palacio. Igual os informa de todo. 460 00:37:48,501 --> 00:37:51,126 - Engánaste! - Isto é típico de ti, Katara! 461 00:37:51,126 --> 00:37:53,626 Sempre disposta a crer o que che convén. 462 00:37:53,626 --> 00:37:56,584 Tamén é típico de ti que nunca creas o que digo! 463 00:37:56,584 --> 00:37:59,001 Estou farta de que me trates de nena! 464 00:37:59,001 --> 00:38:00,626 Pois medra dunha vez! 465 00:38:04,876 --> 00:38:06,168 A onde vas? 466 00:38:06,168 --> 00:38:07,959 Demostrar que es un imbécil! 467 00:38:07,959 --> 00:38:11,001 Ai, si? Non me fai falta proba diso. 468 00:38:19,959 --> 00:38:22,459 - Queres probar un dos meus... - Agora non. 469 00:38:39,751 --> 00:38:40,626 Jet. 470 00:38:41,668 --> 00:38:44,209 - Escoita, temos que falar. - Vale. 471 00:38:44,793 --> 00:38:48,293 Despois. Lanzamos unha misión. Igual se pon quente a cousa. 472 00:38:48,293 --> 00:38:50,001 Misión? Que misión? 473 00:38:50,876 --> 00:38:53,626 Ben viches que o enxeñeiro é un traidor. 474 00:38:53,626 --> 00:38:56,459 Xa nos ocupamos dos socios. Agora tócalle a el. 475 00:38:56,459 --> 00:38:58,543 Jet, que vas facer? 476 00:39:00,293 --> 00:39:01,126 Xa cho dixen. 477 00:39:02,084 --> 00:39:03,459 Sabemos guindar o lixo. 478 00:39:06,251 --> 00:39:08,626 - Desculpe. - Non pasa nada. 479 00:39:08,626 --> 00:39:10,418 - Tropecei. Feriuse? - Non. 480 00:39:10,418 --> 00:39:11,834 - Non foi nada. - Vale. 481 00:39:12,584 --> 00:39:13,418 Vale. 482 00:39:27,543 --> 00:39:29,251 Vaslle poñer unha bomba? 483 00:39:29,834 --> 00:39:32,793 Non só a el. Ten audiencia co rei. 484 00:39:32,793 --> 00:39:35,584 É a ocasión de destruír o corazón enfermo da cidade. 485 00:39:36,668 --> 00:39:39,459 Sokka tiña razón. Ti es o malo. 486 00:39:39,459 --> 00:39:40,376 Katara. 487 00:39:41,209 --> 00:39:43,834 No almacén que voamos xuntábanse os espías. 488 00:39:43,834 --> 00:39:46,626 Sacándoos do medio, collemos os tres de onte. 489 00:39:47,209 --> 00:39:49,376 O enxeñeiro axudaranos a erradicar o mal. 490 00:39:49,959 --> 00:39:52,001 Van morrer inocentes, Jet! 491 00:39:56,043 --> 00:39:57,418 É o prezo da liberdade. 492 00:40:03,209 --> 00:40:04,209 Katara! 493 00:40:04,793 --> 00:40:05,668 Xa é tarde! 494 00:40:06,543 --> 00:40:08,209 Non poderás impedilo! 495 00:40:09,543 --> 00:40:10,376 Tiñas razón. 496 00:40:11,043 --> 00:40:13,876 Calade, xa riredes despois. Hai que parar a Sai! 497 00:40:14,501 --> 00:40:16,084 Jet colocoulle unha bomba. 498 00:40:18,126 --> 00:40:21,959 - Cal é o camiño máis rápido ao palacio? - Está no alto da cidade... 499 00:40:28,543 --> 00:40:30,043 Este tipo outra vez? 500 00:40:30,626 --> 00:40:33,001 Veña, ide ao palacio parar a Sai. 501 00:40:35,709 --> 00:40:36,751 Aquí pelexo meu. 502 00:40:43,126 --> 00:40:44,751 Se te pasas co lume, 503 00:40:44,751 --> 00:40:47,376 enfrontaraste ao exército do Reino da Terra. 504 00:40:50,459 --> 00:40:52,834 Ben escuso lume para derrotar este neno. 505 00:41:16,209 --> 00:41:17,459 Coidado! Desculpe! 506 00:41:29,876 --> 00:41:31,209 Teño unha idea. Veña. 507 00:42:10,001 --> 00:42:12,293 Como te atreves a pegarlle ao neno? 508 00:42:39,543 --> 00:42:43,418 Todas as vías van ao palacio. Hai que ir nesta liña ata o final. 509 00:42:47,001 --> 00:42:48,959 O final da liña está preto. 510 00:42:53,709 --> 00:42:57,793 Lista? Un, dous, tres! 511 00:43:13,751 --> 00:43:14,959 Érguete e loita! 512 00:43:14,959 --> 00:43:17,418 Para que? Por que é importante para ti? 513 00:43:17,418 --> 00:43:20,376 Ti es inimigo da Nación do Lume. 514 00:43:21,251 --> 00:43:24,876 Nada máis? Por iso me levas perseguindo tres anos? 515 00:43:24,876 --> 00:43:28,459 Como sabes que foron tres anos? A menos que... 516 00:43:29,751 --> 00:43:31,084 Tes o meu caderno! 517 00:43:34,668 --> 00:43:35,876 Un mestre do lume! 518 00:43:36,918 --> 00:43:38,001 Un mestre do lume! 519 00:43:38,751 --> 00:43:43,418 Os meus repolos! 520 00:43:58,001 --> 00:43:58,834 Non! 521 00:44:32,626 --> 00:44:33,584 Protexede o rei! 522 00:44:52,251 --> 00:44:53,293 Hai que marchar. 523 00:44:53,793 --> 00:44:54,668 Xa. 524 00:44:59,876 --> 00:45:01,376 Hai un mestre do lume! 525 00:45:05,668 --> 00:45:08,293 Buscade o mestre do lume e pechade o portón! 526 00:45:09,376 --> 00:45:11,793 - Vaite! Sálvate! - Que? 527 00:45:14,084 --> 00:45:15,501 Pola Nación do Lume! 528 00:46:12,668 --> 00:46:13,501 Ai, non. 529 00:48:11,209 --> 00:48:14,126 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa