1 00:00:34,834 --> 00:00:38,376 Xa aparecerá. Poñeríalo noutro sitio. 2 00:00:39,126 --> 00:00:42,668 E lembra que o caderno non atopou o Avatar. 3 00:00:42,668 --> 00:00:43,793 Atopáchelo ti. 4 00:00:44,626 --> 00:00:47,543 O caderno valeríache para anotar os pensamentos, 5 00:00:47,543 --> 00:00:50,418 pero a perseveranza é o que te levou ao Avatar. 6 00:00:50,418 --> 00:00:51,501 Escapou! 7 00:00:52,709 --> 00:00:54,168 O guerreiro supremo! 8 00:00:55,293 --> 00:00:57,626 - É un covarde! - Iso non o sei. 9 00:00:58,126 --> 00:01:03,209 Pero está claro que este Avatar non é o que ti nin ninguén agardariades. 10 00:01:08,459 --> 00:01:11,543 Non o saberemos ata atopármolo. E vouno atopar eu. 11 00:01:12,043 --> 00:01:14,376 Son o herdeiro da coroa. Iso é algo. 12 00:01:14,376 --> 00:01:16,793 - Mesmo aquí no cu do mundo. - Si que é. 13 00:01:17,584 --> 00:01:18,459 Neste caso, 14 00:01:18,459 --> 00:01:22,209 precisamente porque estamos nunha zona máis tranquila do mundo, 15 00:01:22,209 --> 00:01:24,043 temos vantaxe. 16 00:01:25,376 --> 00:01:28,668 Cantos sitios pode haber para agacharse un Avatar? 17 00:01:32,334 --> 00:01:34,668 A Illa de Kyoshi está a unhas horas. 18 00:01:34,668 --> 00:01:38,376 Segundo isto, a Avatar Kyoshi era a guerreira máis temible, 19 00:01:38,376 --> 00:01:40,584 mestra do chamado Estado Avatar. 20 00:01:41,168 --> 00:01:43,584 Igual o templo me axuda a controlar o meu poder antes... 21 00:01:43,584 --> 00:01:44,668 De matar alguén? 22 00:01:45,501 --> 00:01:47,334 ...antes de que volva pasar. 23 00:01:52,668 --> 00:01:54,334 - Vamos para a casa. - Que? 24 00:01:54,334 --> 00:01:56,834 Xa está. Salvámolo dos mestres do lume. 25 00:01:57,418 --> 00:01:58,876 Para a casa. O meu deber... 26 00:02:00,543 --> 00:02:03,334 O noso deber é protexer a aldea, como dixo papá. 27 00:02:03,334 --> 00:02:04,793 Saben protexerse eles. 28 00:02:04,793 --> 00:02:07,709 Para que salvar a Enseada do Lobo se non salvamos o mundo? 29 00:02:07,709 --> 00:02:12,626 - Katara, que dis? Salvar o mundo, nós? - Por que non? 30 00:02:12,626 --> 00:02:15,584 Para salvar o mundo, precísase a Aang. 31 00:02:16,251 --> 00:02:17,459 E tes razón. 32 00:02:17,459 --> 00:02:20,043 Temos a obriga de protexer o Avatar. 33 00:02:20,043 --> 00:02:22,334 Protexelo? Ti quérelo protexer? 34 00:02:22,334 --> 00:02:25,043 A el, que case nos guinda da cima da montaña. 35 00:02:25,043 --> 00:02:27,168 Non é só por axudar a Aang. 36 00:02:27,168 --> 00:02:29,876 Desde que está el, a min cambioume todo. 37 00:02:30,626 --> 00:02:33,459 Antes, non daba virado auga para encher un dedal. 38 00:02:33,459 --> 00:02:37,084 E mira o que dou feito agora! E iso nun só día! 39 00:02:40,418 --> 00:02:41,459 Mira todo isto. 40 00:02:42,168 --> 00:02:43,584 Mira onde estamos agora. 41 00:02:44,209 --> 00:02:47,251 Non sei ti, pero eu non podo volver. 42 00:03:06,001 --> 00:03:08,501 Katara, algo lle pasa ao teu bolso. 43 00:03:21,334 --> 00:03:23,626 Ei, esa comida é nosa. 44 00:03:24,626 --> 00:03:25,501 Que é iso? 45 00:03:25,501 --> 00:03:26,793 Un lémure con ás. 46 00:03:28,751 --> 00:03:30,584 Antes, o ceo estaba cheo deles. 47 00:03:35,376 --> 00:03:36,501 Que é isto? 48 00:03:43,376 --> 00:03:45,043 Benquerida Katara: 49 00:03:45,751 --> 00:03:49,209 Este documento pasou duns mestres da auga da tribo a outros 50 00:03:49,209 --> 00:03:50,459 durante xeracións. 51 00:03:50,959 --> 00:03:55,584 Contén todo o que precisas saber para aprenderes a dominar a auga. 52 00:03:56,668 --> 00:04:00,126 Non imaxinas o difícil que foi agacharche isto. 53 00:04:00,668 --> 00:04:03,501 Como a Nación do Lume anda á caza de mestres, 54 00:04:03,501 --> 00:04:06,459 era demasiado perigoso que o tiveses. 55 00:04:07,501 --> 00:04:10,209 Pero, agora que saíches ao mundo, 56 00:04:10,209 --> 00:04:12,418 tes que levar o que é teu. 57 00:04:12,918 --> 00:04:14,834 Es mestra da auga. 58 00:04:15,376 --> 00:04:19,376 Sempre fuches e sempre serás. 59 00:04:20,126 --> 00:04:21,793 Non o esquezas nunca. 60 00:04:22,751 --> 00:04:25,834 Ves? Isto non pasaría se non marchásemos da aldea. 61 00:04:26,918 --> 00:04:29,709 Vale. Vamos á Illa de Kyoshi a ver que pasa. 62 00:04:32,209 --> 00:04:34,043 Aang, estás listo para marchar? 63 00:04:37,126 --> 00:04:38,959 Teño que facer algo antes. 64 00:04:53,084 --> 00:04:55,584 Ti estiveches aí para min toda a vida, 65 00:04:57,376 --> 00:04:59,043 mais eu non estiven para ti. 66 00:05:00,793 --> 00:05:01,834 Adeus, Gyatso. 67 00:05:03,209 --> 00:05:04,126 Perdón. 68 00:05:57,751 --> 00:05:59,251 Vés connosco, Momo? 69 00:05:59,834 --> 00:06:00,668 Momo? 70 00:06:01,251 --> 00:06:03,709 Si. Parece un momo, non? 71 00:06:04,793 --> 00:06:07,834 - Tamén ti pareces un Sokka. - Non se pode negar. 72 00:06:10,418 --> 00:06:12,209 Aposto a que sabes a polo. 73 00:06:21,251 --> 00:06:23,626 Zuko, tes que probar isto. Ten... 74 00:06:24,334 --> 00:06:26,459 - Que ten? - Ovo de paspallás. 75 00:06:26,459 --> 00:06:29,918 Ovo de paspallás. Moi bo para... 76 00:06:30,626 --> 00:06:31,834 A vitalidade? 77 00:06:31,834 --> 00:06:33,043 A vitalidade! 78 00:06:36,209 --> 00:06:38,334 Que facemos aquí, tío? 79 00:06:41,209 --> 00:06:45,501 No porto está o cuartel xeral do comandante rexional da Nación do Lume. 80 00:06:46,209 --> 00:06:48,459 É un núcleo de información local. 81 00:06:48,459 --> 00:06:51,209 Se pasase algo raro na contorna, 82 00:06:51,209 --> 00:06:52,834 aquí saberíano. 83 00:06:52,834 --> 00:06:54,626 Toleaches ou que? 84 00:06:54,626 --> 00:06:57,959 Preguntaraslle aos da Nación do Lume se viron o Avatar? 85 00:06:57,959 --> 00:07:01,168 Se se corre a voz, todo o mundo empezará a buscalo. 86 00:07:01,168 --> 00:07:02,709 Eu podería perder todo. 87 00:07:03,293 --> 00:07:04,626 Tranquilo, Zuko. 88 00:07:04,626 --> 00:07:07,834 Tes que aprender a conseguir o que queres 89 00:07:07,834 --> 00:07:10,501 sen anunciares as túas intencións. 90 00:07:12,168 --> 00:07:15,168 Tes que actuar con tacto e empatía. 91 00:07:15,709 --> 00:07:19,293 Pero o máis importante que tes que ter é... 92 00:07:20,001 --> 00:07:21,293 arroz glutinoso! 93 00:07:24,751 --> 00:07:26,834 Tío, non hai tempo para iso. 94 00:07:35,709 --> 00:07:36,751 Velaí a está. 95 00:07:37,251 --> 00:07:38,959 A temible dona xigante. 96 00:07:55,418 --> 00:07:56,418 Mirade isto. 97 00:07:58,626 --> 00:08:00,918 Sokka, seguro que podes entrar aí? 98 00:08:05,626 --> 00:08:06,834 Aang! 99 00:08:10,751 --> 00:08:12,501 - Sokka! - Que? Que pasa? 100 00:08:12,501 --> 00:08:13,959 - Ten tino! - Ei! 101 00:08:16,376 --> 00:08:17,959 Este é un lugar sagrado. 102 00:08:17,959 --> 00:08:21,626 Para! Trabúcaste. É o Avatar! 103 00:08:21,626 --> 00:08:24,376 Vaia parvada. Habería sinais se fose o Avatar. 104 00:08:35,418 --> 00:08:37,418 Creo que iso podería ser un sinal. 105 00:08:42,751 --> 00:08:45,334 Hai moito que non temos visitas, 106 00:08:45,834 --> 00:08:46,876 por boas razóns. 107 00:08:47,876 --> 00:08:49,209 Durante cen anos, 108 00:08:49,793 --> 00:08:53,251 a Illa de Kyoshi librouse dos estragos da guerra 109 00:08:53,251 --> 00:08:55,459 porque nos illamos. 110 00:08:56,043 --> 00:08:58,876 Agardamos que o resto do mundo faga o mesmo. 111 00:08:58,876 --> 00:09:01,001 Non vimos crear problemas. 112 00:09:01,584 --> 00:09:04,376 Só quero aprender cousas sobre a Avatar Kyoshi. 113 00:09:04,959 --> 00:09:08,084 Pensei que aquí se mantiña viva a súa memoria. 114 00:09:08,084 --> 00:09:09,626 - Non somos unha ameaza. - Xa. 115 00:09:09,626 --> 00:09:13,876 Pero as seguintes visitas igual si. Non podemos facer excepcións. 116 00:09:13,876 --> 00:09:16,043 Non somos calquera. El é o Avatar. 117 00:09:16,043 --> 00:09:20,334 Segundo vós e uns reflexos dunha estatua. 118 00:09:21,126 --> 00:09:24,751 Sei que teñen medo. Non sei como foi a vida aquí. 119 00:09:25,668 --> 00:09:29,251 A verdade, non sei como foi a vida en ningures. 120 00:09:30,126 --> 00:09:32,543 Estiven ausente durante unha tempada. 121 00:09:33,626 --> 00:09:34,876 Pero onda nós, 122 00:09:35,418 --> 00:09:37,043 a xente axúdase mutuamente. 123 00:09:42,876 --> 00:09:44,501 Este non é o meu sitio. 124 00:09:45,709 --> 00:09:47,709 Notei iso moito ultimamente. 125 00:09:48,793 --> 00:09:50,918 Pero, se me axudan, 126 00:09:52,543 --> 00:09:55,084 se podo aprender a ser o Avatar, 127 00:09:56,209 --> 00:09:58,626 igual podo recuperar o lugar que coñecín, 128 00:09:59,459 --> 00:10:01,668 un mundo onde a xente era máis feliz. 129 00:10:08,751 --> 00:10:11,501 Que mal ten deixarlle consultar uns libros? 130 00:10:11,501 --> 00:10:12,793 Non é por eles. 131 00:10:12,793 --> 00:10:14,709 É polos que puidesen vir, xa. 132 00:10:15,293 --> 00:10:18,668 Pero se el é o Avatar, como lle imos dar as costas? 133 00:10:20,876 --> 00:10:22,709 Es unha guerreira temible. 134 00:10:24,043 --> 00:10:26,126 - Pero tes moi bo corazón. - Madre. 135 00:10:26,626 --> 00:10:31,251 Suki, es moi nova para saber que hai moitas persoas no mundo 136 00:10:31,251 --> 00:10:35,084 que se aproveitarían dese bo corazón. 137 00:10:35,084 --> 00:10:37,751 Non son tan nova, pero non vin mundo. 138 00:10:44,584 --> 00:10:46,959 Lembro que a propia Kyoshi 139 00:10:46,959 --> 00:10:50,251 se beneficiou da amabilidade de descoñecidos. 140 00:10:51,168 --> 00:10:52,709 E, como Avatar, 141 00:10:52,709 --> 00:10:56,418 cría en valerlles aos que non se valen por si mesmos. 142 00:10:57,001 --> 00:10:59,918 Entón, ímoslles abrir a nosa aldea aos invitados 143 00:11:01,293 --> 00:11:02,584 durante 48 horas. 144 00:11:03,459 --> 00:11:07,209 Confío en que respectedes os límites da nosa xenerosidade. 145 00:11:09,334 --> 00:11:12,751 Sei por que nos queriades fóra da illa. Eu faría o mesmo. 146 00:11:13,751 --> 00:11:16,918 É moita responsabilidade ter nas mans a vida da xente. 147 00:11:16,918 --> 00:11:21,876 Tomo moi en serio esta responsabilidade. Eu tamén son gardián da miña aldea. 148 00:11:22,751 --> 00:11:23,751 Ti? 149 00:11:23,751 --> 00:11:25,001 Si. 150 00:11:25,876 --> 00:11:26,918 Gardián? 151 00:11:27,584 --> 00:11:31,043 E como protexes a túa xente se estás aquí? 152 00:11:31,626 --> 00:11:32,501 Non o fago. 153 00:11:33,084 --> 00:11:34,293 A ver, si. 154 00:11:34,793 --> 00:11:39,376 Aínda que non estea alí fisicamente. 155 00:11:40,459 --> 00:11:41,376 A ver, estou... 156 00:11:42,418 --> 00:11:44,209 Antes teño que salvar o mundo. 157 00:11:46,418 --> 00:11:50,251 Katara, como era? Protexendo a Aang, tamén protexo a aldea... 158 00:11:51,043 --> 00:11:52,251 Ei! 159 00:11:53,126 --> 00:11:57,626 A cousa é que temos moito en común. Os dous somos guerreiros, non? 160 00:11:58,293 --> 00:12:02,168 Antes de morrer, Kyoshi adestrou unha forza de elite á súa imaxe. 161 00:12:02,168 --> 00:12:05,293 Para protexer as nosas casas e o noso modo de vida. 162 00:12:05,293 --> 00:12:07,918 Esa tradición pasou de xeración en xeración 163 00:12:07,918 --> 00:12:12,668 e agora teño o honor de protexer a aldea e defender os valores da Avatar. 164 00:12:12,668 --> 00:12:15,709 Por iso non son só guerreira. 165 00:12:15,709 --> 00:12:17,501 Son unha guerreira de Kyoshi. 166 00:12:28,584 --> 00:12:29,918 Onde vai o comandante? 167 00:12:29,918 --> 00:12:32,793 Preciso informes recentes de vixilancia xa. 168 00:12:32,793 --> 00:12:34,334 - Desculpe? - E mapas. 169 00:12:34,918 --> 00:12:36,834 Cartas náuticas moi detalladas. 170 00:12:38,626 --> 00:12:39,501 E vostede é... 171 00:12:40,376 --> 00:12:41,334 O príncipe Zuko. 172 00:12:41,334 --> 00:12:46,293 É un honor recibir alguén da realeza na nosa humilde base. 173 00:12:46,293 --> 00:12:49,293 - Que precisa o príncipe herdeiro? - Como dixen... 174 00:12:49,293 --> 00:12:51,751 Por favor, desculpe a meu sobriño. 175 00:12:52,334 --> 00:12:53,876 Levamos moito tempo no mar 176 00:12:53,876 --> 00:12:57,043 e a educación enferruxóusenos tanto coma as áncoras. 177 00:12:57,043 --> 00:12:59,209 Xeneral Iroh, non se preocupe 178 00:12:59,209 --> 00:13:02,293 e perdoe os nosos fallos tamén. 179 00:13:02,293 --> 00:13:04,834 Non temos moitas visitas importantes. 180 00:13:04,834 --> 00:13:09,209 E moito menos do famoso "Dragón do Oeste". 181 00:13:10,543 --> 00:13:12,084 Como dicía meu sobriño, 182 00:13:12,084 --> 00:13:15,084 nós buscamos mapas e informes de vixilancia. 183 00:13:15,584 --> 00:13:18,959 Queremos atopar bancos de luras-tiburón saltonas. 184 00:13:18,959 --> 00:13:21,334 Luras-tiburón? 185 00:13:21,834 --> 00:13:23,668 Migran nesta época do ano. 186 00:13:23,668 --> 00:13:27,418 Son deliciosas, á grella cunha pinga de limón. 187 00:13:29,584 --> 00:13:30,418 Xa. 188 00:13:31,043 --> 00:13:33,084 Se podo, axudareinos. 189 00:13:33,084 --> 00:13:38,001 Se me dan ata mañá pola mañá, localizaremos o que precisan. 190 00:13:38,584 --> 00:13:40,501 Moi amable, comandante... 191 00:13:40,501 --> 00:13:42,959 Zhao. Comandante Zhao. 192 00:13:43,543 --> 00:13:44,751 Para servilo. 193 00:14:11,501 --> 00:14:12,918 Debías levar unha campá. 194 00:14:13,793 --> 00:14:15,376 Hai comida no concello. 195 00:15:05,501 --> 00:15:08,001 Incrible! Tes talento natural. 196 00:15:08,834 --> 00:15:10,584 Estas son as formas doadas. 197 00:15:10,584 --> 00:15:13,626 É máis do que sabías facer antes, non? 198 00:15:14,209 --> 00:15:17,793 Aprendiches moi rápido. Es unha verdadeira mestra da auga. 199 00:15:17,793 --> 00:15:19,709 Ti tamén debías practicar. 200 00:15:21,168 --> 00:15:23,376 O Avatar precisa dominar os catro elementos. 201 00:15:25,459 --> 00:15:26,418 Se tal, despois. 202 00:15:27,834 --> 00:15:31,626 Non imaxino o que é saber que tes que salvar o mundo, 203 00:15:32,584 --> 00:15:36,543 pero, por moito que evites practicar, non evitas a responsabilidade. 204 00:15:38,543 --> 00:15:39,376 Xa o sei. 205 00:15:40,584 --> 00:15:43,584 É que Gyatso é quen me adestraba. 206 00:15:47,251 --> 00:15:49,043 Non adestrei con ninguén máis. 207 00:15:51,168 --> 00:15:52,001 De acordo. 208 00:15:52,793 --> 00:15:54,043 Farémolo xuntos. 209 00:15:55,668 --> 00:15:57,043 Non imos ir a ningures. 210 00:16:03,751 --> 00:16:07,293 Ou pódesme deixar usarte para practicar a puntaría. 211 00:16:26,543 --> 00:16:29,334 Non é comida caseira, pero non está mal. 212 00:16:36,126 --> 00:16:37,959 Non fagas iso, zanco de polo. 213 00:16:43,959 --> 00:16:45,668 De verdade es mestre do aire? 214 00:17:05,043 --> 00:17:07,751 Hai que admitir que ten boa man coa xente. 215 00:17:09,209 --> 00:17:12,959 Sabe conectar e comunicarse coa xente, como fixo onte. 216 00:17:13,959 --> 00:17:17,376 Ese é o seu verdadeiro poder. Conectar e tender pontes. 217 00:17:17,376 --> 00:17:19,084 Así vai será o Avatar. 218 00:17:22,168 --> 00:17:24,501 Xa. Aí vai o salvador do mundo. 219 00:17:27,168 --> 00:17:30,293 Iso é o que implica ter aquí xente de fóra? 220 00:17:30,293 --> 00:17:34,168 Ti non lembras a época en que a guerra arrasaba con todo 221 00:17:34,168 --> 00:17:37,459 e viviamos co medo constante á Nación do Lume. 222 00:17:37,459 --> 00:17:40,334 Esa é a razón pola que evitamos iso estes anos. 223 00:17:40,918 --> 00:17:42,043 "Evitamos." 224 00:17:42,043 --> 00:17:46,459 Evitamos moitas máis cousas vivindo así. 225 00:17:50,043 --> 00:17:52,834 O que importa é que nos mantivemos a salvo. 226 00:17:54,376 --> 00:17:55,584 Sen ser moi felices. 227 00:17:58,918 --> 00:18:04,334 Este rapaz será gracioso, pero iso non significa que non sexa perigoso. 228 00:18:04,334 --> 00:18:05,376 É unha ameaza. 229 00:18:05,376 --> 00:18:08,251 Canto antes marchen el e os seus amigos da illa, 230 00:18:09,709 --> 00:18:10,543 mellor. 231 00:18:16,959 --> 00:18:18,334 - O Avatar? - Si, señor. 232 00:18:18,334 --> 00:18:19,959 Pensa que atopou o Avatar? 233 00:18:19,959 --> 00:18:21,334 Iso di a tripulación. 234 00:18:21,334 --> 00:18:24,376 Din que o descubriron nunha aldea da Tribo da Auga. 235 00:18:24,376 --> 00:18:26,459 Zuko capturouno, pero escapoulle. 236 00:18:26,459 --> 00:18:30,876 Se Zuko nos quere sacar información, é que cre que aínda está na contorna. 237 00:18:30,876 --> 00:18:33,793 Pregunta se se viu algo estraño nos últimos días. 238 00:18:33,793 --> 00:18:37,001 Calquera cousa estraña, por pequena que sexa. Rápido. 239 00:18:37,001 --> 00:18:37,918 Si, señor. 240 00:18:50,376 --> 00:18:53,168 En serio? Unha campá, pénsao. 241 00:18:55,918 --> 00:18:56,918 Fíxeno eu. 242 00:18:58,376 --> 00:19:01,709 Vale para combater, cazar e... 243 00:19:01,709 --> 00:19:02,834 Para cazar? 244 00:19:03,626 --> 00:19:05,209 Si, para cazar. 245 00:19:06,209 --> 00:19:07,334 Para baleas-tigre. 246 00:19:07,334 --> 00:19:10,626 Si, son perigosas, as baleas-tigre. 247 00:19:10,626 --> 00:19:13,376 Baleas-tigre, son atrozmente mortais. 248 00:19:13,376 --> 00:19:16,043 Pódoche ensinar o básico, se queres. 249 00:19:29,793 --> 00:19:30,668 Vaia! 250 00:19:33,418 --> 00:19:34,793 Esa foi boa. 251 00:19:34,793 --> 00:19:37,584 Esa foi... bastante boa. 252 00:19:37,584 --> 00:19:41,876 Aos guerreiros da Tribo da Auga do Sur coñécennos pola loita corpo a corpo. 253 00:19:44,084 --> 00:19:45,834 Ah, agora? 254 00:19:48,584 --> 00:19:49,418 Vale. 255 00:19:53,709 --> 00:19:54,751 Veña. 256 00:20:00,668 --> 00:20:01,918 Basta! 257 00:20:25,751 --> 00:20:28,834 Nada sobre o Estado Avatar nin sobre os seus poderes. 258 00:20:29,334 --> 00:20:31,126 Nada que me axude a practicar. 259 00:20:32,376 --> 00:20:34,876 E como vou aprender eu a salvar o mundo? 260 00:20:35,459 --> 00:20:38,376 Como lle impido á Nación do Lume ferir máis xente? 261 00:20:42,626 --> 00:20:43,876 Sabías que era orfa? 262 00:20:43,876 --> 00:20:47,793 Vivía na rúa, logo colleuna de criada a familia máis rica da illa. 263 00:20:48,459 --> 00:20:51,793 Era calada e amable. Ninguén sabía que sería a Avatar. 264 00:20:52,293 --> 00:20:54,876 E como pasou disto... 265 00:20:57,334 --> 00:20:58,376 a iso? 266 00:21:02,001 --> 00:21:03,876 "Só a xustiza traerá a paz." 267 00:21:06,584 --> 00:21:09,334 Non quero pelexar, teño medo de ferir alguén. 268 00:21:12,209 --> 00:21:14,918 Na casa, os nenos dicían que eu tiña sorte 269 00:21:14,918 --> 00:21:16,834 porque non tiña que adestrar. 270 00:21:17,918 --> 00:21:19,168 Pero si que adestrei. 271 00:21:21,001 --> 00:21:24,793 Non para perfeccionar os meus poderes, senón para controlalos. 272 00:21:29,584 --> 00:21:30,459 Perdón! 273 00:21:33,918 --> 00:21:38,668 Ninguén dicía nada, pero eu notaba que me tiñan medo. 274 00:21:40,209 --> 00:21:43,543 Como o tiñades Sokka e ti cando entrei no Estado Avatar. 275 00:21:44,751 --> 00:21:46,626 Se non aprendo nada aquí, que? 276 00:21:47,918 --> 00:21:51,834 Se non aprendo a controlar o meu poder, canta xente ferirei? 277 00:21:51,834 --> 00:21:54,501 Pero imaxina o que pasará se nin o intentas. 278 00:22:03,543 --> 00:22:05,209 Aang, non estás só. 279 00:22:05,209 --> 00:22:06,584 Segundo isto, 280 00:22:06,584 --> 00:22:10,043 os Avatares anteriores son encarnacións das túas vidas pasadas. 281 00:22:10,626 --> 00:22:13,793 Non estás só. Os outros Avatares están dentro de ti. 282 00:22:13,793 --> 00:22:18,209 Precisas alguén que che ensine a descubrir como conectar con eles. 283 00:22:18,793 --> 00:22:20,543 As respostas non están aquí. 284 00:22:21,126 --> 00:22:22,251 Están dentro de ti. 285 00:22:29,501 --> 00:22:30,543 Que foi? 286 00:22:33,293 --> 00:22:34,251 O barco de Zhao. 287 00:22:35,459 --> 00:22:36,293 Non está. 288 00:22:36,793 --> 00:22:37,751 Zhao. 289 00:22:37,751 --> 00:22:41,626 Oíu algo dunha vaca voadora onda a Illa de Kyoshi e partiu cedo. 290 00:22:44,293 --> 00:22:45,459 Unha vaca voadora? 291 00:22:47,501 --> 00:22:51,001 Sabe o do Avatar. Descubriuno dalgún xeito. 292 00:22:52,334 --> 00:22:53,876 Hai que chegar alá antes. 293 00:23:24,751 --> 00:23:25,876 Acabouse por hoxe. 294 00:24:42,168 --> 00:24:45,709 O mundo precisa o Avatar. O mundo precísate, Aang. 295 00:24:45,709 --> 00:24:47,376 Pero imaxina o que pasará... 296 00:24:47,376 --> 00:24:48,834 Dáme medo o meu poder. 297 00:24:48,834 --> 00:24:50,418 Xa non queda ningún. 298 00:24:50,418 --> 00:24:54,293 Cando o mundo máis precisaba o Avatar, desapareceu, escapou... 299 00:24:54,293 --> 00:24:55,459 Non quero o poder. 300 00:24:55,459 --> 00:24:59,043 Por iso serás un grande Avatar. 301 00:25:01,793 --> 00:25:04,126 Avatar Kyoshi, axúdame. 302 00:25:08,043 --> 00:25:08,876 Aang? 303 00:25:17,084 --> 00:25:18,084 Aang! 304 00:25:19,334 --> 00:25:20,418 Xa era hora. 305 00:25:23,001 --> 00:25:26,251 Desculpa, non sabía como contactar contigo. 306 00:25:26,834 --> 00:25:29,126 Non sabía que podía contactar contigo. 307 00:25:29,126 --> 00:25:30,793 Non sabes moitas cousas. 308 00:25:35,876 --> 00:25:37,543 Non podemos ir máis rápido? 309 00:25:37,543 --> 00:25:38,751 Xa imos a tope. 310 00:25:39,376 --> 00:25:41,626 Estase facendo todo o que se pode. 311 00:25:41,626 --> 00:25:43,376 Agardaches tres anos. 312 00:25:43,959 --> 00:25:45,418 Podes agardar algo máis. 313 00:25:55,543 --> 00:25:56,501 Tres anos. 314 00:25:58,168 --> 00:26:00,376 Tres anos. 315 00:26:02,459 --> 00:26:05,834 Houbo veces que pensei que nunca atoparía o Avatar. 316 00:26:08,709 --> 00:26:12,251 Case é peor agora que sei que está preto, 317 00:26:14,543 --> 00:26:16,959 porque a ocasión de volver á casa é real. 318 00:26:19,084 --> 00:26:23,376 Ás veces a esperanza pode ser cruel. 319 00:26:24,959 --> 00:26:27,668 Señor, estámonos achegando á Illa de Kyoshi. 320 00:26:38,459 --> 00:26:40,126 Xa lle vou collendo o truco. 321 00:26:41,959 --> 00:26:44,918 Tes que usar a forza do adversario contra el. 322 00:26:45,501 --> 00:26:47,043 Facer rebotar a súa forza. 323 00:26:56,668 --> 00:26:59,126 Grazas. Es moi boa mestra. 324 00:26:59,126 --> 00:27:01,084 E ti es un alumno excelente. 325 00:27:01,709 --> 00:27:04,376 Debeuche ser útil o teu adestramento previo, 326 00:27:05,168 --> 00:27:07,084 como gardián da túa aldea. 327 00:27:08,668 --> 00:27:09,501 Ah, xa. 328 00:27:10,168 --> 00:27:11,376 Xa, "gardián". 329 00:27:11,959 --> 00:27:15,043 Na nosa aldea non fai falta un verdadeiro guerreiro. 330 00:27:21,043 --> 00:27:22,834 Ti es un verdadeiro guerreiro. 331 00:27:25,959 --> 00:27:27,168 Non coma ti. 332 00:27:28,043 --> 00:27:31,209 Sen seres mestra, es a loitadora máis temible que vin. 333 00:27:31,793 --> 00:27:36,126 Ao non sermos mestras, temos que ser mellores aínda. 334 00:27:36,793 --> 00:27:40,126 Non podemos desfacer montañas nin queimar bosques. 335 00:27:40,793 --> 00:27:42,376 Loitamos co que temos. 336 00:27:43,501 --> 00:27:47,001 O que importa non é o teu poder, 337 00:27:47,668 --> 00:27:49,293 senón a vontade e o desexo. 338 00:27:51,209 --> 00:27:52,043 O corazón. 339 00:28:00,668 --> 00:28:03,668 A verdade é que teño envexa de ti. 340 00:28:05,084 --> 00:28:07,751 Sempre quixen saber como era o mundo exterior, 341 00:28:08,251 --> 00:28:10,418 pero non tiven a coraxe de marchar. 342 00:28:11,126 --> 00:28:13,126 Sempre me preguntaba que atoparía. 343 00:28:15,001 --> 00:28:16,293 Agora xa o sei. 344 00:28:25,709 --> 00:28:27,876 - A campá! - Ti tamén a oes? 345 00:28:27,876 --> 00:28:30,001 - Temos que marchar. - Que pasou? 346 00:28:30,001 --> 00:28:32,459 É a alarma da vila. Vén alguén. 347 00:28:34,251 --> 00:28:35,168 Aang! 348 00:28:45,834 --> 00:28:47,793 Aang, tes que volver xa. 349 00:28:47,793 --> 00:28:49,126 Onde estás? 350 00:28:49,126 --> 00:28:52,126 Ser o Avatar ten moitas facetas. 351 00:28:52,751 --> 00:28:57,584 Tes que ser gardián, xeneral, mediador, guía. 352 00:28:58,084 --> 00:29:03,293 Tes que facer moitas funcións e algunhas precisan unha forza sen par. 353 00:29:03,293 --> 00:29:06,209 Por iso teño que dominar todos os elementos, non? 354 00:29:07,084 --> 00:29:08,001 Para ser forte? 355 00:29:09,376 --> 00:29:13,543 Si, e para axudarche a controlar o poder supremo. 356 00:29:14,209 --> 00:29:17,168 O Estado Avatar é a mestura das túas vidas pasadas 357 00:29:17,168 --> 00:29:19,626 canalizando a enerxía a través de ti. 358 00:29:20,126 --> 00:29:23,418 O Estado Avatar dáche a forza de mil mestres. 359 00:29:23,418 --> 00:29:24,709 Iso xa o vin. 360 00:29:25,793 --> 00:29:26,709 É perigoso. 361 00:29:26,709 --> 00:29:28,543 Se non se controla, si. 362 00:29:28,543 --> 00:29:32,626 Mais tamén pode ser a arma más potente e pódeche salvar a vida. 363 00:29:35,334 --> 00:29:38,043 É tarde. Non daremos evitado os homes de Zhao. 364 00:29:38,043 --> 00:29:39,626 Agora xa estará na aldea. 365 00:29:42,668 --> 00:29:46,001 No Pai Sho, o primeiro movemento non sempre é o mellor. 366 00:29:46,001 --> 00:29:50,918 Coñecer o adversario, saber a onde pode ir, importa máis ca a rapidez. 367 00:29:51,501 --> 00:29:55,501 Onde hai un Avatar, pode haber outro. 368 00:30:12,084 --> 00:30:13,751 Unha illa preciosa. 369 00:30:13,751 --> 00:30:16,584 Dámoslle a benvida a ela, comandante, 370 00:30:16,584 --> 00:30:19,418 pero preferiamos ser informados de antemán. 371 00:30:19,418 --> 00:30:22,334 Non estamos preparados para recibir invitados. 372 00:30:23,459 --> 00:30:25,126 Curioso. Eu non oíra iso. 373 00:30:25,126 --> 00:30:29,376 Seica recibiron unha visita inesperada o outro día. 374 00:30:29,376 --> 00:30:31,001 Debe estar mal informado. 375 00:30:31,001 --> 00:30:33,168 Gústanos manternos illados. 376 00:30:33,918 --> 00:30:34,751 Xa o oín. 377 00:30:35,959 --> 00:30:40,376 Si, oín que a Illa de Kyoshi ten unha historia admirable por ser, 378 00:30:40,918 --> 00:30:44,459 digamos, irrelevante. 379 00:30:45,543 --> 00:30:48,918 Por iso a Nación do Lume non precisou 380 00:30:48,918 --> 00:30:51,126 entremeterse nos seus asuntos. 381 00:30:51,126 --> 00:30:56,959 Non me gustaría ter que facelo agora por culpa dun forasteiro. 382 00:30:56,959 --> 00:31:00,126 Comandante, ao meu ver, 383 00:31:00,126 --> 00:31:04,376 vostede e os seus homes son os únicos forasteiros aquí. 384 00:31:05,543 --> 00:31:07,709 Unha opinión pouco afortunada. 385 00:31:08,293 --> 00:31:10,834 Impórtalle se botamos unha ollada? 386 00:31:11,418 --> 00:31:12,668 Xa contaba con iso. 387 00:31:29,876 --> 00:31:31,793 Ide por eles e buscade o Avatar! 388 00:31:51,709 --> 00:31:54,751 Queres saber que é o Avatar? Non cho podo dicir. 389 00:31:54,751 --> 00:31:56,501 Cada Avatar é diferente. 390 00:31:57,001 --> 00:31:59,668 Confórmannos as esixencias do noso tempo. 391 00:32:00,793 --> 00:32:03,251 Teño que descubrilo por min mesmo? 392 00:32:04,001 --> 00:32:05,543 Iso é parte da viaxe. 393 00:32:06,459 --> 00:32:08,834 E se de paso firo alguén, que? 394 00:32:11,376 --> 00:32:15,126 E cantas vítimas houbo xa porque ti non estabas? 395 00:32:16,459 --> 00:32:20,751 Volve fuxir das túas responsabilidades e aínda haberá máis vítimas! 396 00:32:20,751 --> 00:32:24,043 Ser o Avatar implica pór o teu deber por riba de todo, 397 00:32:24,043 --> 00:32:25,668 mesmo da túa vida! 398 00:32:31,084 --> 00:32:32,376 Eu tamén era coma ti. 399 00:32:34,709 --> 00:32:37,459 Pero logo vin o que había en xogo. 400 00:32:38,043 --> 00:32:41,168 Mostrareiche o que pasará se fracasas. 401 00:32:41,168 --> 00:32:44,251 No norte haberá unha traxedia e, se ti non a paras, 402 00:32:44,251 --> 00:32:48,376 outra estirpe de mestres será eliminada igual ca os Nómades do Aire. 403 00:32:48,376 --> 00:32:51,168 Preguntáchesme que significa ser o Avatar. 404 00:32:51,751 --> 00:32:53,834 Significa ser guerreiro. 405 00:32:54,334 --> 00:32:58,001 Un guerreiro implacable e desapiadado. 406 00:33:52,918 --> 00:33:54,126 Traen máis homes. 407 00:33:54,126 --> 00:33:56,793 - Non resistiremos moito. - U-lo voso amigo? 408 00:33:56,793 --> 00:33:58,418 Dixestes que nos axudaría. 409 00:33:59,043 --> 00:34:00,584 Onde vai o Avatar? 410 00:34:01,376 --> 00:34:03,709 Que pasa se empeora todo ao facer iso? 411 00:34:03,709 --> 00:34:04,751 Empeorará. 412 00:34:05,293 --> 00:34:08,501 A túa soa presenza neste mundo empeorará as cousas. 413 00:34:09,209 --> 00:34:13,751 Ao comezo, ambos bandos loitarán con máis forza porque volveu o Avatar. 414 00:34:14,668 --> 00:34:17,376 Non hai esperanza sen pagar un prezo. 415 00:34:19,001 --> 00:34:21,626 Oe, ti, vou pasar dun xeito ou doutro. 416 00:34:21,626 --> 00:34:24,001 Se che pasa algo, é por culpa túa. 417 00:34:25,501 --> 00:34:28,001 - Entón? - Queres que todo sexa doado? 418 00:34:28,001 --> 00:34:29,959 Nada disto será doado. 419 00:34:30,543 --> 00:34:34,043 Se volves esquecer o teu deber, non só non salvarás o mundo, 420 00:34:34,043 --> 00:34:36,626 senón que nin sequera salvarás esta illa. 421 00:34:36,626 --> 00:34:39,209 Esta illa? De que? 422 00:34:39,209 --> 00:34:42,043 Do perigo en que os estás poñendo agora mesmo. 423 00:34:42,043 --> 00:34:43,126 Os meus amigos. 424 00:35:08,876 --> 00:35:09,959 Aviseite! 425 00:35:10,793 --> 00:35:16,126 Non lle permito a ninguén interpoñerse no meu camiño! 426 00:35:17,668 --> 00:35:20,251 Querías saber cal é o poder do Avatar, non? 427 00:35:21,168 --> 00:35:24,376 Vouche mostrar o que é capaz de facer ese poder. 428 00:35:38,709 --> 00:35:39,918 Imposible. 429 00:36:51,043 --> 00:36:51,959 Retirádevos. 430 00:36:53,251 --> 00:36:54,293 Volvede ao barco! 431 00:37:17,959 --> 00:37:19,084 Aang! 432 00:37:24,418 --> 00:37:25,459 Estou ben. 433 00:37:29,251 --> 00:37:30,668 É todo culpa miña. 434 00:37:31,959 --> 00:37:34,918 - Isto causeino eu. - Por iso tes que marchar. 435 00:37:35,418 --> 00:37:37,668 - Xa. - Non vos podemos deixar así. 436 00:37:37,668 --> 00:37:39,959 O que queren é o Avatar, non a nós. 437 00:37:40,543 --> 00:37:44,334 Non hai nada do que perdemos que non se poida substituír. 438 00:37:45,001 --> 00:37:48,084 A cambio, vós déstesnos algo moito máis valioso. 439 00:37:48,709 --> 00:37:50,376 Unha razón para volver crer 440 00:37:51,293 --> 00:37:54,293 na nosa aldea, en nós mesmos... 441 00:37:57,293 --> 00:37:58,501 e no Avatar. 442 00:38:21,293 --> 00:38:22,584 Ben feito, Avatar. 443 00:38:31,043 --> 00:38:33,376 Escoita, quen me dera... 444 00:38:35,209 --> 00:38:36,209 ter máis tempo. 445 00:38:37,168 --> 00:38:38,001 Xa. 446 00:38:38,918 --> 00:38:40,084 A min tamén. 447 00:38:43,168 --> 00:38:44,251 Grazas, Sokka. 448 00:38:45,834 --> 00:38:46,876 Por que? 449 00:38:47,459 --> 00:38:48,959 Por traerme o mundo aquí. 450 00:39:09,084 --> 00:39:10,834 Adeus! 451 00:39:27,876 --> 00:39:29,876 Xa non queres volver á casa, logo? 452 00:39:31,459 --> 00:39:33,584 Non quero que vos divirtades só vós. 453 00:39:34,959 --> 00:39:38,084 Hai que axudarlle ao rapaz. Isto pódeselle facer duro. 454 00:39:38,793 --> 00:39:41,834 Zuko non se vai render e é perigoso. 455 00:39:43,876 --> 00:39:44,876 Ei! 456 00:39:45,626 --> 00:39:48,834 Bo truco, deixarlle canalizar a enerxía á dona temible. 457 00:39:48,834 --> 00:39:50,251 Verémola máis agora? 458 00:39:50,251 --> 00:39:54,709 Kyoshi dixo que só podo chamar os Avatares pasados desde os seus templos. 459 00:39:54,709 --> 00:39:58,084 - Que máis dixo? - Hai que ir á Tribo da Auga do Norte. 460 00:39:58,084 --> 00:40:00,126 Porque vai ocorrer algo terrible. 461 00:40:01,501 --> 00:40:02,918 E só eu podo impedilo. 462 00:40:05,918 --> 00:40:07,334 Veña, ao norte, logo. 463 00:40:07,334 --> 00:40:10,251 Hai que chegar alá antes dos mestres do lume. 464 00:40:10,834 --> 00:40:14,126 Eses mestres da auga son os mellores. Pódenche ensinar. 465 00:40:14,126 --> 00:40:16,584 Tranquilo, non tes que facelo ti só. 466 00:40:16,584 --> 00:40:20,293 Tesme a min, a Katara e unha bóla de pelo voadora. 467 00:40:20,793 --> 00:40:21,918 Que máis precisas? 468 00:40:25,043 --> 00:40:25,876 En serio? 469 00:40:27,668 --> 00:40:29,334 Para que diría eu nada? 470 00:40:33,293 --> 00:40:37,293 Eu só reaccionei ás novas sobre un incidente en Kyoshi. 471 00:40:37,293 --> 00:40:39,459 Non sabía que o Avatar estaría alí. 472 00:40:39,459 --> 00:40:42,376 Se a súa alteza dixese antes o que pensaba, 473 00:40:42,376 --> 00:40:44,834 igual evitabamos este malentendido. 474 00:40:44,834 --> 00:40:47,043 Agardo que poidamos superar isto. 475 00:40:47,043 --> 00:40:48,751 Por suposto, comandante. 476 00:40:52,001 --> 00:40:53,418 Non llo digas a ninguén. 477 00:40:56,126 --> 00:40:57,251 O do Avatar. 478 00:40:59,501 --> 00:41:00,918 Que non o saiba ninguén. 479 00:41:02,209 --> 00:41:03,459 Por suposto. 480 00:41:04,834 --> 00:41:09,209 Comprendo moi ben que é información de carácter sensible. 481 00:41:10,334 --> 00:41:13,209 Se mo permite, colaborando, 482 00:41:13,709 --> 00:41:19,043 poderiamos dedicar o dobre de recursos a capturalo. 483 00:41:19,043 --> 00:41:23,418 Por suposto, baixo o liderado da súa alteza en todo... 484 00:41:23,418 --> 00:41:26,084 - Para, nós non... - Moi boa idea, comandante. 485 00:41:26,084 --> 00:41:30,876 Será un honor contar coa súa colaboración e a súa lealdade. 486 00:41:30,876 --> 00:41:33,751 Créame, non hai nada máis importante 487 00:41:34,584 --> 00:41:36,793 ca saber a quen hei ser leal. 488 00:41:42,709 --> 00:41:46,418 Para a vosa eminencia suprema, a grande chama do mundo, 489 00:41:47,084 --> 00:41:50,209 eu só son un humilde servidor nos Mares do Sur. 490 00:41:51,876 --> 00:41:55,376 Pero teño que darlle unha nova de carácter moi sensible. 491 00:41:56,501 --> 00:41:59,043 Esta información resultaralle sorprendente, 492 00:41:59,043 --> 00:42:03,626 e pode estar tentado de tomala como un rumor ou unha ilusión, 493 00:42:04,209 --> 00:42:05,959 pero que non lle caiba dúbida 494 00:42:05,959 --> 00:42:09,459 de que presenciei estes feitos cos meus propios ollos. 495 00:42:10,543 --> 00:42:13,959 Por iso o podo informar dun acontecemento abraiante, 496 00:42:13,959 --> 00:42:18,334 que podería cambiar o futuro da Nación do Lume. 497 00:42:26,918 --> 00:42:29,584 Volveu o Avatar. 498 00:44:25,334 --> 00:44:28,251 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa