1 00:00:22,689 --> 00:00:23,565 Ola, Emily. 2 00:00:23,648 --> 00:00:26,026 Mi madriña! Que emoción! 3 00:00:26,109 --> 00:00:27,402 Parabéns. 4 00:00:27,485 --> 00:00:30,530 A túa avoa estará moi orgullosa polo do nome. 5 00:00:30,613 --> 00:00:32,657 Está. Entra, quero que a coñezas. 6 00:00:32,741 --> 00:00:34,034 - Está aquí? - Está. 7 00:00:34,117 --> 00:00:37,162 Insistiu en vir e axudarme a cociñar na apertura. 8 00:00:37,704 --> 00:00:38,538 Que linda. 9 00:00:44,544 --> 00:00:47,130 Avoa, preséntoche a Emily. 10 00:00:47,213 --> 00:00:49,382 Emily, a miña avoa, Gigi. 11 00:00:49,466 --> 00:00:53,344 A famosa Gigi! Gabriel faloume moito de vostede. 12 00:00:53,428 --> 00:00:55,889 É un pracer coñecela por fin. 13 00:00:57,140 --> 00:00:59,392 - Emily! - Que? Algo vou aprendendo. 14 00:01:00,310 --> 00:01:02,979 - Quen é esta moza adorable? - A nosa veciña. 15 00:01:03,063 --> 00:01:05,023 E a publicista do restaurante. 16 00:01:05,565 --> 00:01:07,317 - Americana? - De Chicago. 17 00:01:07,400 --> 00:01:10,487 Dislle que eu tamén me levo moi ben coa miña avoa 18 00:01:10,570 --> 00:01:13,239 e que vela faime botala moito en falta? 19 00:01:13,323 --> 00:01:15,992 Entón serei a túa avoa de París. 20 00:01:16,076 --> 00:01:17,911 - Fala inglés? - Claro! 21 00:01:19,329 --> 00:01:21,623 Ola, Emily. Xa coñeciches a Gigi. 22 00:01:21,706 --> 00:01:22,832 Si, que emoción. 23 00:01:22,916 --> 00:01:24,584 Non sabía que estaba aquí. 24 00:01:24,667 --> 00:01:26,669 Si, leva máis dunha semana. 25 00:01:26,753 --> 00:01:29,130 Camille, non metemos flores na cociña. 26 00:01:29,214 --> 00:01:30,965 Interfire co aroma da comida. 27 00:01:31,049 --> 00:01:31,966 Por suposto. 28 00:01:33,968 --> 00:01:35,178 Gigi, pórtate ben. 29 00:01:35,261 --> 00:01:37,138 Pórtome todo o ben que debo. 30 00:01:38,264 --> 00:01:39,099 Ven aquí. 31 00:01:39,182 --> 00:01:43,311 Quero que probes esta soupe de poisson. 32 00:01:43,394 --> 00:01:45,897 Non vai querer sopa de pescado ó almorzo. 33 00:01:45,980 --> 00:01:49,150 Si, quero probala, pero non son ningunha experta. 34 00:01:49,818 --> 00:01:51,653 A nosa comida é para calquera. 35 00:01:55,073 --> 00:01:56,032 Incroyable! 36 00:01:56,533 --> 00:01:58,493 Saíuche competencia. 37 00:01:58,576 --> 00:02:01,788 Non é competencia. Está aquí para facerme quedar ben. 38 00:02:01,871 --> 00:02:06,751 - A primeira semana é moi importante. - É, pero pechamos o sábado á noite. 39 00:02:07,418 --> 00:02:10,672 Meus pais farannos unha festa de compromiso no château 40 00:02:10,755 --> 00:02:12,590 e ti e Alfie estades invitados. 41 00:02:12,674 --> 00:02:14,425 E Mindy e o seu novo mozo. 42 00:02:14,509 --> 00:02:15,593 Moi amables. 43 00:02:17,720 --> 00:02:19,347 Pode darme esta receita? 44 00:02:19,430 --> 00:02:21,683 Receita? Non hai receita. 45 00:02:22,475 --> 00:02:24,561 Non é unha lista, é un sentimento. 46 00:02:24,644 --> 00:02:28,398 Ben se sabe cando algo está ben ou cando algo está mal. 47 00:02:33,903 --> 00:02:36,156 Coñezo ben o mundo da moda en Londres, 48 00:02:36,239 --> 00:02:38,491 e emocióname anunciarvos unha reunión 49 00:02:38,575 --> 00:02:42,036 coa lendaria firma de Turner & Ascot. 50 00:02:42,579 --> 00:02:44,289 E con coñecer ben 51 00:02:44,789 --> 00:02:48,001 fala do director de desenvolvemento co que estivo de festa. 52 00:02:48,626 --> 00:02:50,587 - Cea de negocios. - En serio? 53 00:02:50,670 --> 00:02:53,131 Non me interesan os detalles. Continúa. 54 00:02:53,214 --> 00:02:56,926 Buscan unha axencia de publicidade para expandirse en Francia 55 00:02:57,010 --> 00:02:59,095 e gustaríalles escoitar ideas. 56 00:02:59,179 --> 00:03:02,098 Que ben soa! Comezo esta tarde a buscar ideas. 57 00:03:02,182 --> 00:03:05,310 Non fai falta, Emily, xa estou eu coa presentación. 58 00:03:05,393 --> 00:03:07,020 Quero vela cando a teñas. 59 00:03:07,103 --> 00:03:08,021 Claro. 60 00:03:08,104 --> 00:03:10,356 Pois traio máis novas emocionantes, 61 00:03:10,440 --> 00:03:12,942 a reinvención de Gabriel abre esta noite. 62 00:03:13,026 --> 00:03:14,277 L'Esprit de Gigi. 63 00:03:14,360 --> 00:03:17,614 Inspirado na súa avoa, veu de Normandía para axudarlle. 64 00:03:17,697 --> 00:03:20,241 Non hai nada coma a comida dunha avoa. 65 00:03:20,325 --> 00:03:24,370 E seica Antoine está soltando o patacón na reinvención. 66 00:03:24,454 --> 00:03:28,291 Si, Gabriel está moi centrado en conseguir unha estrela Michelin. 67 00:03:28,374 --> 00:03:30,668 Estrela Michelin? Este soña. 68 00:03:32,837 --> 00:03:34,714 Algo poderemos facer. 69 00:03:34,797 --> 00:03:36,674 Temo que non. 70 00:03:36,758 --> 00:03:39,219 O proceso é todo un misterio 71 00:03:39,302 --> 00:03:41,930 e cada inspector Michelin é anónimo. 72 00:03:42,555 --> 00:03:44,599 Anónimos de todo, tampouco. 73 00:03:44,682 --> 00:03:46,935 Luc é íntimo amigo dunha. 74 00:03:47,018 --> 00:03:48,853 Eu? De que falas? 75 00:03:49,437 --> 00:03:50,855 A súa exmoza, Marianne. 76 00:03:50,939 --> 00:03:52,190 Que Marianne? 77 00:03:52,774 --> 00:03:54,609 Nin confirmo nin desminto. 78 00:03:54,692 --> 00:03:57,195 - Marianne número un. - Como o sabes? 79 00:03:57,278 --> 00:04:00,198 Contáchesmo a min e a calquera que te escoite… 80 00:04:01,115 --> 00:04:02,700 Por iso rompemos. 81 00:04:03,493 --> 00:04:06,746 Tiña que dicir que traballaba nunha compañía telefónica, 82 00:04:06,829 --> 00:04:09,624 pero escapóuseme a verdade e nunca me perdoou. 83 00:04:16,839 --> 00:04:18,967 LUC: LEMBREIME DE TI, 84 00:04:19,050 --> 00:04:23,513 AGARDO QUE TODO VAIA BEN NA COMPAÑÍA TELEFÓNICA. 85 00:04:23,596 --> 00:04:25,223 ENVIADO A MARIANNE 86 00:04:28,977 --> 00:04:31,688 Agora teño que pedir cita para xantarmos. 87 00:04:31,771 --> 00:04:34,524 Seino. A axenda de Nico é esgotadora. 88 00:04:34,607 --> 00:04:35,733 Saímos cada noite. 89 00:04:35,817 --> 00:04:37,777 Atopaches o zapato que che afai. 90 00:04:37,860 --> 00:04:38,903 É emocionante. 91 00:04:40,405 --> 00:04:42,573 - Mimá, a mesa da xanela. - Que? 92 00:04:42,657 --> 00:04:44,284 Son Camille e Sofia. 93 00:04:44,367 --> 00:04:45,827 Que fai Sofia en París? 94 00:04:45,910 --> 00:04:47,036 Non sei que facer. 95 00:04:47,120 --> 00:04:49,497 Non sei que pasou, que cambiou. 96 00:04:49,580 --> 00:04:50,999 Estabamos… Acabamos de… 97 00:04:51,082 --> 00:04:52,166 Están a discutir. 98 00:04:52,750 --> 00:04:54,961 - Rifa de namoradas. - Non ten gracia! 99 00:04:57,922 --> 00:04:58,756 Coucou! 100 00:05:00,508 --> 00:05:02,969 - Mira para ti con ese coucou. - Vou saudar. 101 00:05:03,052 --> 00:05:04,929 Supoño que eu tamén. 102 00:05:06,681 --> 00:05:08,141 Benvida de novo a París. 103 00:05:08,224 --> 00:05:09,517 - Ola. - Grazas. 104 00:05:10,184 --> 00:05:12,645 Seica o pasastes moi ben en Grecia. 105 00:05:12,729 --> 00:05:14,772 Así é, oxalá seguísemos alí. 106 00:05:15,356 --> 00:05:17,817 Viñeches polo restaurante ou pola pedida? 107 00:05:19,360 --> 00:05:22,405 Hai cabos soltos na galería que teño que solucionar. 108 00:05:23,197 --> 00:05:25,366 Espero verte antes de marchares. 109 00:05:25,450 --> 00:05:26,826 - Si. - Non. 110 00:05:27,744 --> 00:05:30,330 Quero dicir, volve a Grecia mañá. 111 00:05:30,413 --> 00:05:31,789 Si, só é unha escapada. 112 00:05:31,873 --> 00:05:35,710 Pero adoro París, planeo vir a miúdo. 113 00:05:36,294 --> 00:05:38,212 - Xenial. - Xenial. 114 00:05:38,296 --> 00:05:42,216 Espero que o pases ben o que che queda de viaxe. 115 00:05:42,717 --> 00:05:44,719 E a ti véxote esta noite. 116 00:05:44,802 --> 00:05:46,137 Si, que ganas! 117 00:05:46,220 --> 00:05:47,805 - Grazas, deica. - Deica. 118 00:05:47,889 --> 00:05:49,349 - Abur. - Abur, rapazas. 119 00:05:53,269 --> 00:05:55,605 Sei o que vas dicir: "Non te metas." 120 00:05:55,688 --> 00:05:58,524 Non, agora é diferente. Están prometidos! 121 00:05:58,608 --> 00:06:01,527 E a súa moza grega e celosa veu para deter a voda. 122 00:06:01,611 --> 00:06:02,653 Tes que actuar. 123 00:06:02,737 --> 00:06:04,989 Por que te emocionas tanto con isto? 124 00:06:19,545 --> 00:06:21,005 MARIANNE - MÓBIL 125 00:06:22,215 --> 00:06:23,049 Marianne? 126 00:06:23,633 --> 00:06:26,344 Que interesante saber de ti. 127 00:06:26,427 --> 00:06:28,388 Canto tempo! 128 00:06:28,471 --> 00:06:30,598 Boteite de menos, moitísimo. 129 00:06:30,681 --> 00:06:32,350 En serio? 130 00:06:32,433 --> 00:06:38,606 Preguntábame se te podería invitar a cear eu a ti, para variar. 131 00:06:38,689 --> 00:06:43,486 Luc, ti, eu, un restaurante… Non é boa idea. 132 00:06:43,569 --> 00:06:46,406 Podo ser discreto. Prométocho. 133 00:06:47,782 --> 00:06:49,742 Marianne, déixame demostrarcho. 134 00:06:51,702 --> 00:06:53,287 Ola? Marianne? 135 00:07:41,878 --> 00:07:44,297 Este sitio volveuse moi sofisticado. 136 00:07:45,089 --> 00:07:47,091 É o que sempre soñou 137 00:07:47,592 --> 00:07:49,510 Grazas por todo o que fixeches. 138 00:07:49,594 --> 00:07:51,637 Benvidos a L'Esprit de Gigi. 139 00:07:52,638 --> 00:07:53,723 É precioso. 140 00:07:53,806 --> 00:07:55,766 Non creo o rápido que pasou todo. 141 00:07:55,850 --> 00:07:59,520 Cando Gabriel quere algo, vai por todas. 142 00:08:01,147 --> 00:08:02,482 É de Gigi. Ódiame. 143 00:08:02,565 --> 00:08:04,525 Devezo por probar a comida. 144 00:08:04,609 --> 00:08:05,860 Esta é a vosa mesa. 145 00:08:08,654 --> 00:08:11,407 - Ola. - A miña xente favorita! 146 00:08:12,116 --> 00:08:13,784 Que elegante se volveu isto. 147 00:08:14,744 --> 00:08:18,206 Lembras cando só era o cociñeiro e che fixo comerllo todo? 148 00:08:18,289 --> 00:08:19,582 - Mindy. - Desculpa? 149 00:08:19,665 --> 00:08:21,918 - Perdoa, unha broma nosa. - Xenial. 150 00:08:22,585 --> 00:08:24,378 - E Nicolas? - Non puido vir. 151 00:08:24,462 --> 00:08:26,214 Ten un evento do traballo. 152 00:08:26,297 --> 00:08:29,008 Mentres sexa certo e non teña que ver comigo… 153 00:08:29,091 --> 00:08:32,428 Emily, o mundo non xira ó teu redor. 154 00:08:32,512 --> 00:08:34,764 Díxencho, sae case tódalas noites. 155 00:08:38,017 --> 00:08:38,976 Volvo agora. 156 00:08:40,478 --> 00:08:42,021 Ola, Luc. 157 00:08:42,104 --> 00:08:45,775 Emily, que coincidencia vernos aquí! 158 00:08:46,359 --> 00:08:50,321 Preséntoche a miña amiga, Marianne, a da compañía telefónica. 159 00:08:50,404 --> 00:08:53,324 Bonsoir. Traballo con Luc en Agence Grateau. 160 00:08:53,407 --> 00:08:56,244 Pois nunca me falou de ti. 161 00:08:56,953 --> 00:08:58,746 Imos á nosa mesa ou que? 162 00:09:07,421 --> 00:09:11,300 Gabriel, Luc está aquí cunha muller que intenta impresionar. 163 00:09:11,384 --> 00:09:13,135 Digamos que é unha estrela. 164 00:09:13,219 --> 00:09:15,888 Asegúraste de que os pratos sexan especiais? 165 00:09:15,972 --> 00:09:18,182 Asegúrome diso con cada comensal. 166 00:09:18,683 --> 00:09:19,684 E quen é? 167 00:09:22,103 --> 00:09:25,314 Emily, boa noite. Non deberías estar aquí, é perigoso. 168 00:09:25,815 --> 00:09:27,275 - Arreando! - Vale. 169 00:09:27,817 --> 00:09:29,735 Mesa nove. Moi importante. 170 00:09:34,198 --> 00:09:35,908 Boa noite. Xa decidiron? 171 00:09:36,701 --> 00:09:40,621 Traballa con teléfonos, así que trae o que queiras, dálle igual. 172 00:09:41,205 --> 00:09:46,294 Os dous probaremos o menú degustación e gustaríame ver os viños, por favor. 173 00:09:46,877 --> 00:09:48,129 Agora mesmo, madame. 174 00:09:52,508 --> 00:09:54,927 Viches que discreto son? 175 00:09:58,014 --> 00:09:59,932 Cóntocho tal como pasou. 176 00:10:00,016 --> 00:10:01,892 Emily non quería marchar. 177 00:10:02,476 --> 00:10:05,605 Foise desculpar con Nicolas e el díxolle que marchase. 178 00:10:05,688 --> 00:10:11,611 - Non pode ser. Emily teríamo dito. - Non quería arruinarche a noite. 179 00:10:12,987 --> 00:10:15,239 Vaise cabrear comigo por dicircho. 180 00:10:15,865 --> 00:10:19,201 - Pero non podo mirar para outro lado. - Eu tampouco. 181 00:10:23,372 --> 00:10:27,376 Sinto moitísimo como te tratou Nico. 182 00:10:27,877 --> 00:10:30,838 Mimá, contoucho Alfie? Non quería montala. 183 00:10:30,921 --> 00:10:34,592 Non fixeches tal. Pero creme, eu si que lla vou montar. 184 00:10:35,843 --> 00:10:38,304 Nin sequera probaches os canapés. 185 00:10:45,311 --> 00:10:47,021 Non, Nico, ti non es así. 186 00:10:47,605 --> 00:10:50,566 Non queiras competir coa miña mellor amiga. 187 00:10:50,650 --> 00:10:53,152 Despois da que me fixo, non é doado. 188 00:10:53,235 --> 00:10:54,445 Terás que superalo! 189 00:10:57,573 --> 00:11:01,243 Camille e Gabriel celebran o compromiso en Champaña esta finde. 190 00:11:02,578 --> 00:11:05,748 Podes acompañarme e ser amable con Emily. 191 00:11:05,831 --> 00:11:09,210 Sabes que esta finde imos a Positano coa miña familia. 192 00:11:09,293 --> 00:11:10,670 Emily é a miña familia. 193 00:11:11,170 --> 00:11:13,297 Que dis? Agora é ela ou eu? 194 00:11:13,381 --> 00:11:14,215 O que digo é… 195 00:11:15,299 --> 00:11:17,551 Non tiven problema en arranxarme 196 00:11:17,635 --> 00:11:21,430 e ir a tódalas comidas e inauguracións ás que me invitaches. 197 00:11:21,514 --> 00:11:25,476 Ata finxín interese polo NFT do teu irmán. Non invistas, por certo. 198 00:11:30,731 --> 00:11:33,484 Só che pido que cedas un chisco. 199 00:11:37,697 --> 00:11:38,864 Pensareino. 200 00:11:40,700 --> 00:11:41,701 Pénsao ben. 201 00:12:05,224 --> 00:12:09,145 Non sei que lle botou Gabriel á comida, pero encantoulle. 202 00:12:09,770 --> 00:12:11,522 Mimá, en serio? Que dixo? 203 00:12:11,605 --> 00:12:14,191 Non é o que dixo, é o que fixo. 204 00:12:15,276 --> 00:12:20,573 Unha boa comida son os seus preliminares. E onte á noite estaba que ardía! 205 00:12:23,701 --> 00:12:26,746 Entón cres que Gabriel pode levar unha estrela? 206 00:12:26,829 --> 00:12:29,081 Tes que ter os pés na terra. 207 00:12:29,165 --> 00:12:32,460 Precisa comer alí varias veces para poder opinar ben. 208 00:12:32,543 --> 00:12:34,420 Cando rematedes de rexoubar, 209 00:12:34,503 --> 00:12:37,339 os de Turner & Ascot están na sala de reunións 210 00:12:37,423 --> 00:12:39,175 para a presentación de Julien. 211 00:12:39,258 --> 00:12:40,301 - Vide. - Si. 212 00:12:43,429 --> 00:12:46,223 Dende a idade dourada ata os felices anos vinte, 213 00:12:46,307 --> 00:12:49,894 Turner & Ascot apoderaron xeracións de cabaleiros 214 00:12:49,977 --> 00:12:52,104 para arrasar nun estilo á medida. 215 00:12:52,188 --> 00:12:53,022 XASTRE 216 00:12:53,105 --> 00:12:56,734 Agora que a vosa invasión británica vai chegar a solo francés, 217 00:12:57,318 --> 00:13:00,237 gustaríame propor un xiro na vosa venerable marca. 218 00:13:02,490 --> 00:13:05,201 Un traxe para calquera persoa. 219 00:13:05,284 --> 00:13:08,662 Moderno, inclusivo, sexy. 220 00:13:09,163 --> 00:13:13,042 En realidade, isto sería creación de marca máis ca márketing. 221 00:13:13,125 --> 00:13:17,129 Si, pero a publicidade impulsa a creación da nosa marca. 222 00:13:17,797 --> 00:13:20,674 Certo, pero non nos gusta dicilo directamente. 223 00:13:21,425 --> 00:13:23,177 Non sexades tímidos connosco. 224 00:13:23,677 --> 00:13:28,015 É fresco e expandirá a vosa influencia á xeración Z e a moitas máis. 225 00:13:28,516 --> 00:13:31,560 E para expandir a influencia, por que só traxes? 226 00:13:32,144 --> 00:13:33,354 Vestidos para homes? 227 00:13:33,437 --> 00:13:36,732 Brad Pitt levou un a unha estrea e estaba boísimo. 228 00:13:36,816 --> 00:13:39,026 Si, era un vestido ou un kilt? 229 00:13:39,109 --> 00:13:40,236 Nin me lembro! 230 00:13:41,153 --> 00:13:44,156 Sempre me gustou a idea das saias para homes. 231 00:13:44,240 --> 00:13:46,200 - Si. - Moi amplas. 232 00:13:46,283 --> 00:13:47,576 Aí respírache todo. 233 00:13:47,660 --> 00:13:51,121 - Non preciso a túa presentación. - Non é tal. 234 00:13:51,205 --> 00:13:53,582 Só escudaba a túa brillante idea. 235 00:13:53,666 --> 00:13:56,335 Non preciso escudeiras. É o meu cliente. 236 00:13:56,418 --> 00:13:59,755 Perdoa, é que xa estou a pensar na campaña nas redes. 237 00:13:59,839 --> 00:14:02,091 Homes con vestidos, mulleres en traxe. 238 00:14:02,174 --> 00:14:03,509 Nunca calas a boca? 239 00:14:03,592 --> 00:14:04,927 Julien. 240 00:14:12,852 --> 00:14:14,019 Desculpádeme. 241 00:14:17,648 --> 00:14:18,858 - Debería…? - Non. 242 00:14:19,525 --> 00:14:20,359 Xa vou eu. 243 00:14:21,610 --> 00:14:24,822 Imaxinade que dramática sería esa saída se levase saia. 244 00:14:25,948 --> 00:14:27,074 Que foi iso? 245 00:14:27,157 --> 00:14:29,034 Aviseite, pero ignoráchesme. 246 00:14:30,244 --> 00:14:32,454 Teño cazatalentos enriba, que o saibas. 247 00:14:33,038 --> 00:14:35,374 Enténdote, xa vexo o problema. 248 00:14:36,000 --> 00:14:37,501 Tiven que actuar antes. 249 00:14:38,586 --> 00:14:40,129 Quero terte contento. 250 00:14:41,547 --> 00:14:44,633 Volve e remata a presentación. Falamos despois? 251 00:14:46,218 --> 00:14:47,136 Veña. 252 00:14:51,432 --> 00:14:52,266 Perdón. 253 00:15:00,649 --> 00:15:03,903 ASUNTO: DISPOÑIBLE? 254 00:15:09,199 --> 00:15:13,871 CONSIDEREI A VOSA OFERTA. 255 00:15:18,500 --> 00:15:22,713 POR FAVOR, NON O FALEDES CON NINGUÉN. 256 00:15:32,222 --> 00:15:33,098 ENVIAR 257 00:15:49,698 --> 00:15:51,951 Vaites co Gabriel! Vaia braguetazo! 258 00:15:52,034 --> 00:15:54,828 Cala! Isto é da familia de toda a vida. 259 00:15:57,081 --> 00:15:59,583 - Ola, parella! - Ola, estás impresionante! 260 00:15:59,667 --> 00:16:00,584 Non, ti. 261 00:16:00,668 --> 00:16:02,419 Alédame que viñerades. 262 00:16:02,503 --> 00:16:06,382 - Gardeiche o teu cuarto de invitados. - Grazas. 263 00:16:06,465 --> 00:16:08,050 O château está precioso. 264 00:16:08,133 --> 00:16:09,051 A que si? 265 00:16:09,677 --> 00:16:12,638 - E onde está Mindy? - Con sorte só chega tarde. 266 00:16:12,721 --> 00:16:15,516 Do resto xa chegaron todos, menos Gigi. 267 00:16:15,599 --> 00:16:18,727 Non quere pechar o restaurante. Esta noite cociña ela. 268 00:16:19,228 --> 00:16:20,688 Díxencho, ódiame. 269 00:16:20,771 --> 00:16:23,732 Emily. Aquí está outra vez! 270 00:16:23,816 --> 00:16:24,775 Volvín! 271 00:16:25,651 --> 00:16:26,652 - Ola. - Guapa! 272 00:16:26,735 --> 00:16:27,695 Grazas. 273 00:16:28,195 --> 00:16:29,571 É o pai de Camille. 274 00:16:30,280 --> 00:16:31,907 O Champère en persoa. 275 00:16:31,991 --> 00:16:33,993 E el é o meu mozo, Alfie. 276 00:16:34,076 --> 00:16:35,494 Mozo? 277 00:16:35,995 --> 00:16:37,204 Ben feito! 278 00:16:38,205 --> 00:16:39,957 Si, iso creo. 279 00:16:41,500 --> 00:16:43,877 - Que sitio tan fermoso. - A que si? 280 00:16:43,961 --> 00:16:45,921 O meu castelo, o meu imperio… 281 00:16:54,471 --> 00:16:57,057 - Sodes benvidos. - É difícil chegar, pero grazas. 282 00:16:57,141 --> 00:16:58,517 Si, pasádeo ben. 283 00:17:01,020 --> 00:17:02,980 Ola, rapaza! 284 00:17:03,063 --> 00:17:04,982 Estás preciosa! 285 00:17:05,816 --> 00:17:06,817 Meu ben. 286 00:17:12,823 --> 00:17:15,367 Así que aí está o novo mozo de Emily. 287 00:17:15,451 --> 00:17:17,411 Non tan novo, xa levan un tempo. 288 00:17:18,704 --> 00:17:21,290 Alédome por ela, pero máis por ti. 289 00:17:22,750 --> 00:17:25,085 Sabías que eu tiña a túa mesma idade 290 00:17:25,169 --> 00:17:29,506 cando casei co teu pai e decidimos formar unha familia? 291 00:17:29,590 --> 00:17:31,300 Só mo dixeches mil veces. 292 00:17:32,760 --> 00:17:35,262 Semellámonos máis do que pensas. 293 00:17:38,223 --> 00:17:39,975 Estou moi orgullosa de ti. 294 00:17:40,059 --> 00:17:42,186 Gabriel é un bo home, 295 00:17:42,269 --> 00:17:43,645 e ademais ambicioso. 296 00:17:43,729 --> 00:17:45,814 Nunca o valoraches nese aspecto. 297 00:17:46,398 --> 00:17:47,524 Pero agora si. 298 00:17:48,776 --> 00:17:52,279 O importante é que o plan funcionou. Xusto como che dixen. 299 00:17:54,698 --> 00:17:56,533 - Ata agora. - Ata agora. 300 00:18:10,714 --> 00:18:14,384 MINDY: ONDE ESTÁS? 301 00:18:14,468 --> 00:18:16,261 CHAMPAÑA ESTÁ A DÚAS HORAS. 302 00:18:16,345 --> 00:18:17,971 XA NON IMOS CHEGAR A TEMPO. 303 00:18:18,055 --> 00:18:19,807 ENVIADO A NICO. 304 00:18:25,854 --> 00:18:28,190 SUPOÑO QUE A CAGACHES. 305 00:18:35,656 --> 00:18:37,032 Non a cagaches! 306 00:18:39,618 --> 00:18:40,953 Alédame oírche iso. 307 00:18:41,036 --> 00:18:42,788 Benoît, que fas aquí? 308 00:18:42,871 --> 00:18:43,789 Podo pasar? 309 00:18:44,581 --> 00:18:45,415 Claro. 310 00:18:49,962 --> 00:18:52,548 Perdoa que me presente así, pero teño novas 311 00:18:52,631 --> 00:18:54,550 e quería contarchas en persoa. 312 00:18:55,551 --> 00:18:56,385 Que novas? 313 00:18:56,468 --> 00:19:01,890 Non quería vender "Mon Soleil" porque xa a presentara a Eurovisión. 314 00:19:02,516 --> 00:19:05,477 Non quería dicirche nada por se non nos elixían, 315 00:19:06,353 --> 00:19:07,437 pero elixíronnos. 316 00:19:07,521 --> 00:19:08,355 Que… 317 00:19:09,523 --> 00:19:11,650 - Que dis? - Imos a Eurovisión. 318 00:19:12,276 --> 00:19:13,443 Mi madriña! 319 00:19:24,746 --> 00:19:26,623 - Onde estás? - Importa? 320 00:19:26,707 --> 00:19:28,333 Nunca chegaremos á festa. 321 00:19:28,417 --> 00:19:29,501 Nunca digas nunca. 322 00:19:35,340 --> 00:19:39,428 Gabriel, preséntoche o padre Pierre. 323 00:19:39,970 --> 00:19:40,804 Encantado. 324 00:19:40,888 --> 00:19:42,264 Un pracer, Gabriel. 325 00:19:42,347 --> 00:19:44,766 O padre Pierre é da familia dende sempre. 326 00:19:45,934 --> 00:19:49,980 De feito, casounos a Gerard e a min naquela capeliña do século XV. 327 00:19:50,063 --> 00:19:51,190 Incrible. 328 00:19:51,273 --> 00:19:52,649 Tédela dispoñible. 329 00:19:53,483 --> 00:19:54,735 Só o deixo caer. 330 00:19:55,444 --> 00:19:56,528 Sen presión. 331 00:19:58,322 --> 00:19:59,531 Onde sentamos nós? 332 00:20:00,782 --> 00:20:02,993 Aquí. Que preciosidade! 333 00:20:03,076 --> 00:20:03,911 Ola, rapazas. 334 00:20:03,994 --> 00:20:06,371 - Ola, que tal? - Ola. 335 00:20:06,455 --> 00:20:07,956 - Alédame vervos. - Que ben. 336 00:20:08,040 --> 00:20:09,124 Emily. 337 00:20:09,833 --> 00:20:10,959 Alédame verte. 338 00:20:11,460 --> 00:20:12,878 - Sabía que viñas. - Ola. 339 00:20:13,587 --> 00:20:14,504 Timothée. 340 00:20:15,422 --> 00:20:17,216 Deixa de coquetear, por favor. 341 00:20:17,299 --> 00:20:18,842 Que? Eu non coqueteo. 342 00:20:18,926 --> 00:20:20,427 Era broma, coqueteo eu. 343 00:20:22,095 --> 00:20:24,681 A "fodeirmáns" xa entrou en acción. 344 00:20:24,765 --> 00:20:25,766 Entrou. 345 00:20:25,849 --> 00:20:28,018 Non me presentas o teu amigo? 346 00:20:28,101 --> 00:20:29,436 Si, claro. 347 00:20:29,519 --> 00:20:31,438 É o irmán de Camille, Timothée. 348 00:20:31,521 --> 00:20:33,815 E el é o meu mozo, Alfie. 349 00:20:34,399 --> 00:20:35,984 Timothée, que tal, meu? 350 00:20:37,444 --> 00:20:38,403 Mozo? 351 00:20:39,446 --> 00:20:40,614 Dende cando? 352 00:20:41,865 --> 00:20:43,659 Nunca falou de ti, colega. 353 00:20:44,243 --> 00:20:46,620 Pois xa somos dous, colega. 354 00:20:48,789 --> 00:20:51,500 Vou ó servizo. Pídesnos algo de beber? 355 00:20:51,583 --> 00:20:53,126 - Claro, claro. - Vale. 356 00:20:56,338 --> 00:20:58,757 Espero que a coides como fixen eu. 357 00:20:58,840 --> 00:21:00,259 Merece un bo tío. 358 00:21:00,342 --> 00:21:01,969 Farei o mellor que poida. 359 00:21:02,803 --> 00:21:03,804 Xa. 360 00:21:08,517 --> 00:21:11,895 Sei que estás enfadada, pero por agora é o que hai. 361 00:21:11,979 --> 00:21:13,772 Arranxarémolo, prométocho. 362 00:21:15,774 --> 00:21:17,276 Teño que marchar, deica. 363 00:21:19,820 --> 00:21:20,654 Era… 364 00:21:21,238 --> 00:21:22,406 Era Sofia? 365 00:21:23,115 --> 00:21:24,366 Por que pensas iso? 366 00:21:24,950 --> 00:21:27,619 Porque vos vin bicándovos na festa de Alfie 367 00:21:27,703 --> 00:21:31,331 e despois fuches a Grecia con ela e ela veu a París por ti. 368 00:21:34,293 --> 00:21:35,294 Emily. 369 00:21:35,377 --> 00:21:37,921 Os nosos segredos son o que nos une. 370 00:21:38,005 --> 00:21:39,965 Non quero este segredo. 371 00:21:41,133 --> 00:21:43,343 Tes que dicirllo a Gabriel, vale? 372 00:21:44,011 --> 00:21:45,053 Merece sabelo. 373 00:21:45,595 --> 00:21:46,722 Por que? 374 00:21:46,805 --> 00:21:49,224 Foi un amorío, non foi nada. 375 00:21:49,308 --> 00:21:50,517 E agora rematou. 376 00:21:51,059 --> 00:21:52,728 Igual ca ti e Gabriel, non? 377 00:21:54,563 --> 00:21:55,564 Se me permites… 378 00:22:04,406 --> 00:22:06,158 Supoño que Mindy non vai vir. 379 00:22:07,617 --> 00:22:09,619 Si, supoño. 380 00:22:10,203 --> 00:22:11,288 Síntome mal. 381 00:22:13,749 --> 00:22:16,293 Atención, por favor. Grazas a todos por vir. 382 00:22:18,253 --> 00:22:22,716 Estamos todos moi felices de tervos aquí 383 00:22:22,799 --> 00:22:24,509 no Château Lalisse, 384 00:22:24,593 --> 00:22:28,305 para celebrar o compromiso entre Camille e Gabriel. 385 00:22:29,723 --> 00:22:31,600 E na vosa copa 386 00:22:31,683 --> 00:22:35,145 podedes probar o último lanzamento de Domaine de Lalisse, 387 00:22:35,228 --> 00:22:37,981 Chamère, Kir Royale embotellado, 388 00:22:38,065 --> 00:22:40,567 inspirado pola amiga de Camille, Emily, 389 00:22:40,650 --> 00:22:41,818 de Agence Grateau. 390 00:22:42,694 --> 00:22:44,738 - Ben feito, Cooper. - Grazas. 391 00:22:48,200 --> 00:22:50,035 Sabe a sangría con burbullas. 392 00:22:50,619 --> 00:22:51,453 Gústame. 393 00:22:52,496 --> 00:22:56,416 E agora é a miña quenda para dicir unhas palabriñas. 394 00:22:57,542 --> 00:22:59,002 Non só unhas. 395 00:22:59,086 --> 00:22:59,920 Moitas! 396 00:23:01,588 --> 00:23:07,219 Dende nena, Camille sempre tivo bo gusto en dúas cousas: 397 00:23:07,719 --> 00:23:10,013 arte e homes. 398 00:23:11,390 --> 00:23:12,933 Ou debería dicir rapaces? 399 00:23:13,642 --> 00:23:16,019 O meu traballo principal como pai 400 00:23:16,103 --> 00:23:18,313 era mantelos afastados dela. 401 00:23:18,814 --> 00:23:20,690 Houbo moitos rapaces, moitos. 402 00:23:20,774 --> 00:23:23,193 De feito, un está soterrado xusto aí. 403 00:23:23,276 --> 00:23:25,654 Agarda, que é a cousa esa? Que pasa? 404 00:23:41,711 --> 00:23:43,255 Ola! 405 00:23:45,173 --> 00:23:46,007 Ola. 406 00:23:47,509 --> 00:23:48,927 Boas! 407 00:23:50,178 --> 00:23:51,388 - Estás ben? - Estou. 408 00:23:53,640 --> 00:23:55,225 Perdón por chegar tarde. 409 00:23:56,518 --> 00:23:58,228 Vaites coa entrada! 410 00:23:58,311 --> 00:23:59,229 Foi cousa súa. 411 00:23:59,312 --> 00:24:02,649 Só así podiamos chegar a tempo, non quería perder isto. 412 00:24:03,483 --> 00:24:06,027 Nin a oportunidade de desculparme. 413 00:24:06,695 --> 00:24:08,989 Sinto o da outra noite, de verdade. 414 00:24:10,282 --> 00:24:11,616 Comezamos dende cero? 415 00:24:11,700 --> 00:24:13,243 Totalmente. 416 00:24:13,326 --> 00:24:14,661 En realidade, quero… 417 00:24:14,744 --> 00:24:17,080 Cunha desculpa está ben, imos tarde. 418 00:24:17,164 --> 00:24:18,373 Onde sentamos? 419 00:24:19,458 --> 00:24:20,500 Grazas. 420 00:24:20,584 --> 00:24:21,793 Quérote. 421 00:24:28,175 --> 00:24:32,304 Sorpréndeme que quixeras volver aquí tan axiña. 422 00:24:32,387 --> 00:24:35,682 Tiña que saber se a última comida fora un golpe de sorte. 423 00:24:36,308 --> 00:24:38,393 Pero hoxe está aínda máis boa. 424 00:24:39,436 --> 00:24:41,605 Caeuche prebe na camisa. 425 00:24:42,189 --> 00:24:44,483 Benvidos a L'Esprit de Gigi. 426 00:24:44,566 --> 00:24:45,859 Vostede é Gigi? 427 00:24:46,359 --> 00:24:47,194 Efectivamente. 428 00:24:47,736 --> 00:24:50,280 Pero o auténtico chef é o meu neto, Gabriel. 429 00:24:50,363 --> 00:24:52,699 Nomeou o restaurante na miña honra. 430 00:24:53,742 --> 00:24:55,452 As mellores ostras que probei. 431 00:24:56,036 --> 00:24:58,205 E os moluscos eran unha delicia. 432 00:24:59,456 --> 00:25:02,501 Éche unha forma ben creativa e moderna 433 00:25:02,584 --> 00:25:05,629 de darlle unha volta á cociña tradicional normanda. 434 00:25:05,712 --> 00:25:06,838 Moitísimas grazas. 435 00:25:07,422 --> 00:25:08,840 - Bo proveito. - Grazas. 436 00:25:08,924 --> 00:25:09,883 Déixeme dicirlle 437 00:25:09,966 --> 00:25:13,762 que é unha gabanza enorme vindo da atención ó cliente de Orange. 438 00:25:15,472 --> 00:25:16,681 Moitas grazas. 439 00:25:17,182 --> 00:25:19,935 Marianne, estás a amosar as túas cartas. 440 00:25:20,018 --> 00:25:22,354 Dá igual, pero non llo digas a ninguén. 441 00:25:23,605 --> 00:25:26,650 A vida do chef Gabriel está a piques de cambiar. 442 00:25:27,234 --> 00:25:30,362 O restaurante vai directo por unha estrela Michelin. 443 00:25:45,418 --> 00:25:48,088 LUC: CHÁMAME CON GABRIEL! É IMPORTANTE! 444 00:26:09,276 --> 00:26:12,529 Luc ten información importante. Está no altofalante. 445 00:26:12,612 --> 00:26:13,697 Ola, son Luc. 446 00:26:13,780 --> 00:26:16,491 Non deberiades sabelo, pero a miña moza Marianne, 447 00:26:16,575 --> 00:26:18,868 quere darche unha estrela Michelin. 448 00:26:19,911 --> 00:26:21,580 Que? De que fala? 449 00:26:22,163 --> 00:26:23,540 Non pasará de contado, 450 00:26:23,623 --> 00:26:26,209 pero sigue con esta calidade e conseguirala. 451 00:26:27,377 --> 00:26:28,670 Non sei que dicir. 452 00:26:28,753 --> 00:26:30,589 Non digas nada. Sigue ó teu. 453 00:26:30,672 --> 00:26:31,923 E eu seguirei ó meu. 454 00:26:33,008 --> 00:26:36,094 Supoño que isto me converte nun "fodeestrelas". 455 00:26:45,729 --> 00:26:47,314 É demasiado. 456 00:26:47,397 --> 00:26:49,441 Non sei como agradecercho. 457 00:26:50,692 --> 00:26:55,238 Viñeches a un París gris e trouxéchesnos o sol a todos. 458 00:26:57,574 --> 00:26:59,034 Só fago o meu traballo. 459 00:26:59,117 --> 00:27:00,076 Non digas iso. 460 00:27:00,160 --> 00:27:01,578 Fixéchelo por min. 461 00:27:02,287 --> 00:27:03,747 Nunca o esquecerei. 462 00:27:04,456 --> 00:27:05,290 Nunca. 463 00:27:26,227 --> 00:27:29,731 Creo que vou ter unha moi boa razón para quedar en París. 464 00:27:30,398 --> 00:27:32,108 Á parte de min queres dicir? 465 00:27:33,943 --> 00:27:37,405 Estou a piques de abrir un club privado 466 00:27:37,489 --> 00:27:38,615 aquí, en Paris. 467 00:27:39,157 --> 00:27:40,909 - En serio? - Unha sucursal 468 00:27:40,992 --> 00:27:43,453 de Laurent G fóra de Saint-Tropez. 469 00:27:44,120 --> 00:27:45,830 De onde sae esta idea? 470 00:27:46,539 --> 00:27:49,501 - Levo un tempo con ela. - Non me dixeras nada. 471 00:27:49,584 --> 00:27:51,503 Estabas moi ocupada co teu 472 00:27:52,128 --> 00:27:54,714 e non quería dicircho sen ser algo seguro. 473 00:27:56,049 --> 00:27:57,258 E xa é seguro entón? 474 00:27:57,842 --> 00:27:59,803 Fáltame saber dun inversor, 475 00:27:59,886 --> 00:28:02,430 pero se dá o paso, o sitio será excepcional. 476 00:28:03,223 --> 00:28:05,767 Xenial, os clubs privados son o máis. 477 00:28:06,643 --> 00:28:08,978 E podo traer clientes do mundo da moda. 478 00:28:09,062 --> 00:28:10,814 Imos arrasar xuntos, Sylvie. 479 00:28:11,398 --> 00:28:13,066 Formamos un grande equipo. 480 00:28:13,566 --> 00:28:14,401 Si, non? 481 00:28:16,945 --> 00:28:18,363 Se París non vén a min… 482 00:28:21,574 --> 00:28:22,826 Quere bailar, señora? 483 00:28:24,786 --> 00:28:26,246 Será un pracer, señor. 484 00:28:46,099 --> 00:28:47,100 Que pasa? 485 00:28:48,351 --> 00:28:51,020 Non sei que facer con tanta felicidade. 486 00:28:53,898 --> 00:28:57,569 Idealmente, mañá a esta hora teremos algo que celebrar. 487 00:28:58,528 --> 00:29:00,989 O inversor é aínda máis ambicioso ca min. 488 00:29:01,072 --> 00:29:03,783 E quen é este inversor misterioso? 489 00:29:04,617 --> 00:29:06,578 Un dos homes máis ricos de París. 490 00:29:07,746 --> 00:29:10,165 O dono de JVMA, Louis de Leon. 491 00:29:19,632 --> 00:29:20,467 Camille. 492 00:29:21,593 --> 00:29:23,762 Seica teremos unha estrela Michelin. 493 00:29:23,845 --> 00:29:25,764 - Ben feito! - Fantástico! 494 00:29:27,098 --> 00:29:28,808 E se casamos agora mesmo? 495 00:29:28,892 --> 00:29:30,560 Temos a capela, o cura. 496 00:29:30,643 --> 00:29:32,854 Unha voda sorpresa! Que boa idea! 497 00:29:32,937 --> 00:29:34,522 Exactamente! 498 00:29:34,606 --> 00:29:36,566 Así non pagamos outra festa. 499 00:29:36,649 --> 00:29:37,650 Vale. 500 00:29:48,787 --> 00:29:49,621 Eu, Gabriel, 501 00:29:51,039 --> 00:29:52,624 acéptote como esposa. 502 00:29:54,834 --> 00:29:56,252 Prometo serche fiel. 503 00:29:57,670 --> 00:29:59,172 Na riqueza e na pobreza. 504 00:30:01,758 --> 00:30:03,593 Na saúde e na enfermidade. 505 00:30:06,304 --> 00:30:07,931 Ata que a morte nos separe. 506 00:30:09,474 --> 00:30:11,601 Non podo crer que estean casando. 507 00:30:13,895 --> 00:30:14,854 Eu, Camille, 508 00:30:16,439 --> 00:30:18,233 acéptote como esposo. 509 00:30:19,400 --> 00:30:21,486 Prometo serche fiel. 510 00:30:22,862 --> 00:30:24,364 Na riqueza e na pobreza. 511 00:30:26,533 --> 00:30:28,243 Na saúde e na enfermidade. 512 00:30:29,744 --> 00:30:30,829 Ata que a morte… 513 00:30:33,289 --> 00:30:34,833 Non temos por que facelo. 514 00:30:37,418 --> 00:30:38,503 Por que o dis? 515 00:30:39,629 --> 00:30:40,630 Gabriel… 516 00:30:43,508 --> 00:30:44,425 Gabriel, 517 00:30:44,926 --> 00:30:46,761 só estamos xuntos… 518 00:30:48,972 --> 00:30:51,349 porque souben que namoraras de Emily. 519 00:30:51,933 --> 00:30:52,767 Que? 520 00:30:52,851 --> 00:30:54,143 Así que… 521 00:30:55,812 --> 00:30:57,355 fixen un pacto con ela. 522 00:30:59,107 --> 00:31:01,109 Ningunha das dúas sairía contigo. 523 00:31:02,735 --> 00:31:04,237 E así non volverías vela. 524 00:31:08,324 --> 00:31:09,868 Despois rompín o pacto 525 00:31:10,577 --> 00:31:13,496 porque pensei que te quería moitísimo. 526 00:31:15,582 --> 00:31:17,417 Talvez só quería non perderte. 527 00:31:17,500 --> 00:31:18,376 Camille. 528 00:31:18,459 --> 00:31:19,294 Non. 529 00:31:21,796 --> 00:31:22,755 Iso é certo? 530 00:31:25,383 --> 00:31:26,467 Gabriel, 531 00:31:27,218 --> 00:31:31,097 ti e Emily estades namorados desde que vos coñecestes. 532 00:31:33,224 --> 00:31:34,642 Véxocho nos ollos. 533 00:31:37,145 --> 00:31:40,356 Como te mira, como a miras ti a ela. 534 00:31:41,232 --> 00:31:42,442 Todos o ven. 535 00:31:45,695 --> 00:31:48,948 Así que non, síntoo moito, de verdade, 536 00:31:49,991 --> 00:31:51,659 pero non podo casar contigo. 537 00:31:53,494 --> 00:31:55,830 É hora de deixar de finxir. 538 00:31:57,290 --> 00:32:00,752 - Non o fagas! - Xa está, mamá, é a miña vida, non a túa! 539 00:32:01,294 --> 00:32:03,004 -Camille… -Camille, volve! 540 00:32:04,631 --> 00:32:06,132 Sabía que había algo. 541 00:32:08,801 --> 00:32:09,719 Sabíao. 542 00:32:11,346 --> 00:32:15,183 - Alfie, agarda. - Síntoo, non son o segundo prato, Cooper. 543 00:32:16,392 --> 00:32:17,727 Agora vai polo teu home. 544 00:32:18,728 --> 00:32:20,772 - Ti es o meu… - Non son, non. 545 00:32:22,357 --> 00:32:23,983 Non creo que o fose nunca. 546 00:33:02,355 --> 00:33:04,899 Pactaches con Camille non estar comigo? 547 00:33:08,611 --> 00:33:10,530 Pensei que era o correcto. 548 00:33:11,739 --> 00:33:12,740 Para todos. 549 00:33:16,244 --> 00:33:19,163 O resto tamén é certo? O que sentes por min? 550 00:33:25,336 --> 00:33:26,754 Sempre estivo aí. 551 00:33:32,176 --> 00:33:33,803 Para min tamén foi difícil. 552 00:33:38,641 --> 00:33:39,642 Vaia desfeita. 553 00:33:41,853 --> 00:33:42,979 Emily… 554 00:33:46,774 --> 00:33:48,401 hai algo que non sabes. 555 00:33:51,487 --> 00:33:55,074 Camille non volveu de Grecia para reavivar a relación. 556 00:33:58,411 --> 00:33:59,912 Volveu para me dicirque… 557 00:34:03,875 --> 00:34:04,834 está embarazada. 558 00:34:08,254 --> 00:34:09,172 Mi madriña. 559 00:35:09,982 --> 00:35:11,984 Subtítulos: Abraham Díaz López