1 00:00:22,313 --> 00:00:24,190 A ver, sinceramente. 2 00:00:25,108 --> 00:00:27,027 Por que quedaches en París? 3 00:00:29,279 --> 00:00:30,989 Non me lembro. 4 00:00:34,075 --> 00:00:35,493 Polo traballo, supoño. 5 00:00:35,577 --> 00:00:41,791 Non houbo algo ou alguén que influíse na decisión? 6 00:00:41,875 --> 00:00:43,418 Xa sei onde queres chegar. 7 00:00:45,128 --> 00:00:49,340 E si, foi alguén. 8 00:00:49,424 --> 00:00:50,675 Xa me parecía. 9 00:00:52,135 --> 00:00:53,595 Antoine. Si. 10 00:00:54,179 --> 00:00:55,346 Quedei por el. 11 00:00:55,430 --> 00:00:57,849 Quen se negaría? O tipo é un dandi. 12 00:01:01,770 --> 00:01:04,397 Falando do tema, teño que ir indo. 13 00:01:04,481 --> 00:01:07,942 Non. Non podemos quedar na cama uns minutiños máis? 14 00:01:09,652 --> 00:01:10,945 Cooper. 15 00:01:11,029 --> 00:01:14,783 Nunca pensei ver o día no que non quixeses ir traballar. 16 00:01:14,866 --> 00:01:16,534 Xa o sei, eu tampouco. 17 00:01:16,618 --> 00:01:19,162 É que agora todo é unha marfallada. 18 00:01:20,455 --> 00:01:23,041 Agás isto. 19 00:01:23,958 --> 00:01:25,168 Estar aquí contigo. 20 00:01:26,211 --> 00:01:27,545 É o único que quero. 21 00:01:29,506 --> 00:01:33,301 Fose cal fose o motivo para quedares en París, 22 00:01:33,384 --> 00:01:35,136 alédame que o fixeras. 23 00:01:37,138 --> 00:01:38,014 A min tamén. 24 00:01:57,450 --> 00:01:58,827 Non vai o ascensor? 25 00:01:58,910 --> 00:02:01,329 Ir vai, pero non volve. 26 00:02:02,080 --> 00:02:06,000 É a terceira vez esta semana, monsieur. 27 00:02:08,419 --> 00:02:10,046 Falei en francés, non? 28 00:02:10,130 --> 00:02:11,339 Penso que si. 29 00:02:12,132 --> 00:02:13,842 O ascensor é fráxil, madame. 30 00:02:13,925 --> 00:02:15,510 É parte do encanto. 31 00:02:15,593 --> 00:02:19,305 E pola súa culpa, leva demasiado tempo cargando moito peso. 32 00:02:19,848 --> 00:02:21,808 Non insista, non vai. 33 00:02:23,351 --> 00:02:25,603 Non. Está roto. 34 00:02:25,687 --> 00:02:26,813 Non me diga! 35 00:02:29,065 --> 00:02:30,441 Podes arranxar isto? 36 00:02:30,525 --> 00:02:31,734 Non me dá a cabeza. 37 00:02:31,818 --> 00:02:35,488 Teño enriba o Gilbert Group pola hemorraxia de clientes 38 00:02:35,572 --> 00:02:37,949 e convocaron mañá unha reunión por Zoom. 39 00:02:38,032 --> 00:02:43,246 Isto é o único que me queda sen impregnar de vómito de bebé. 40 00:02:48,126 --> 00:02:51,254 Entón pódese arranxar? 41 00:02:52,839 --> 00:02:53,673 Agora. 42 00:02:59,971 --> 00:03:03,600 Este edificio só é residencial. Non pode montar unha oficina. 43 00:03:03,683 --> 00:03:08,021 Non é unha oficina, o meu piso é un lugar de reunión temporal. 44 00:03:08,104 --> 00:03:12,066 Temporal? Hai semanas que entra xente sen parar. Coma este! 45 00:03:12,150 --> 00:03:15,653 Que tal, Colette? Que ben che queda ese vestido. 46 00:03:15,737 --> 00:03:17,238 Non a deixe no vestíbulo! 47 00:03:17,322 --> 00:03:18,573 Case tropezo con ela. 48 00:03:18,656 --> 00:03:19,824 Déixaa fóra, Luc. 49 00:03:19,908 --> 00:03:22,869 A bici? Non, que ma rouban! 50 00:03:22,952 --> 00:03:24,954 Pois non veñas nela á oficina. 51 00:03:25,038 --> 00:03:28,791 Velaí ten, dixo "oficina"! Vou dar parte! 52 00:03:28,875 --> 00:03:30,168 Bo día, Colette. 53 00:03:30,251 --> 00:03:31,544 Vou dar parte! 54 00:03:31,628 --> 00:03:32,962 Bo día! 55 00:03:37,926 --> 00:03:41,012 Non te amoles, movín os mobles para abrir o espazo. 56 00:03:41,095 --> 00:03:41,930 Mellor, non? 57 00:03:44,098 --> 00:03:46,059 - Volve movelos. - Tes razón. 58 00:03:46,726 --> 00:03:47,602 Emily. 59 00:03:48,186 --> 00:03:49,312 Ola, Luc. 60 00:03:49,395 --> 00:03:51,731 Perdoa, pero faríasme un favor? 61 00:03:51,814 --> 00:03:53,608 Temos problemas co ascensor 62 00:03:53,691 --> 00:03:56,361 e como coñeces tan ben a Henri… 63 00:03:56,444 --> 00:03:57,403 Si, claro. 64 00:03:57,987 --> 00:03:59,530 - Falo eu con el. - Merci. 65 00:03:59,614 --> 00:04:01,991 Non hai de que, abur. 66 00:04:02,659 --> 00:04:04,244 Que conspiras con Emily? 67 00:04:04,327 --> 00:04:06,246 Conspirar? Que dis? 68 00:04:06,329 --> 00:04:08,498 Só lle axudo co ascensor de Savoir. 69 00:04:08,581 --> 00:04:12,210 Lévome moi ben con Henri, o conserxe. 70 00:04:17,799 --> 00:04:20,468 Se te levas tan ben con el, 71 00:04:20,551 --> 00:04:23,429 por que non o levamos cear? 72 00:04:24,472 --> 00:04:27,392 A Henri? Si, claro. 73 00:04:38,069 --> 00:04:38,903 Merci. 74 00:04:39,654 --> 00:04:42,573 - Vostede semella un can. - Como di? 75 00:04:42,657 --> 00:04:45,326 Xa estás coas fotos sen permiso para o Insta? 76 00:04:45,410 --> 00:04:46,536 Témolo falado. 77 00:04:46,619 --> 00:04:48,496 É para un cliente de penso. 78 00:04:48,579 --> 00:04:49,414 Penso? 79 00:04:50,873 --> 00:04:53,710 - Si que estades desesperados. - Dimo a min. 80 00:04:54,210 --> 00:04:57,547 Esta mañá erguinme soa outra vez. 81 00:04:57,630 --> 00:04:59,716 Mudácheste ó hotel de Alfie? 82 00:05:00,258 --> 00:05:03,928 Non, mais o persoal do hotel xa me mira raro. 83 00:05:04,012 --> 00:05:06,848 Din os bonjour con moita xenreira. 84 00:05:07,515 --> 00:05:11,060 E poderiades saír da cama para vir esta noite ó club de jazz? 85 00:05:11,144 --> 00:05:13,438 Claro! Non vou perder o teu gran show! 86 00:05:13,521 --> 00:05:15,940 Vaiche dar moita exposición. 87 00:05:16,024 --> 00:05:19,861 Seino, este club é mítico. Oxalá non estivese soa. 88 00:05:20,403 --> 00:05:21,237 Estarei eu. 89 00:05:21,321 --> 00:05:22,322 Xa o sei. 90 00:05:22,405 --> 00:05:23,573 Refírome a Benoît. 91 00:05:24,073 --> 00:05:26,784 Estou acostumada a seguirlle o ritmo 92 00:05:26,868 --> 00:05:28,244 e se me poño nerviosa 93 00:05:28,328 --> 00:05:31,205 véxoo coa camisa desabotoada ata o embigo 94 00:05:31,289 --> 00:05:32,498 e quedo tranquila. 95 00:05:33,791 --> 00:05:35,793 Ese shih tzu ten floco coma ti! 96 00:05:35,877 --> 00:05:37,795 Tamén é dun momento de crise? 97 00:05:38,755 --> 00:05:40,298 Non? Pois vale. 98 00:05:46,846 --> 00:05:48,723 Vaia, éche ben fino o sitio. 99 00:05:49,474 --> 00:05:50,308 Ben por Mindy. 100 00:05:50,933 --> 00:05:53,186 Xa xoga en primeira división. 101 00:05:53,269 --> 00:05:54,687 Estou moi orgullosa. 102 00:05:56,105 --> 00:05:59,859 - Teño unha dúbida profesional. - Raro que non a lances directamente. 103 00:05:59,942 --> 00:06:00,860 Vou aprendendo. 104 00:06:01,486 --> 00:06:05,531 Cres que Antoine volverá a Savoir coa cláusula anticompetencia de Sylvie? 105 00:06:05,615 --> 00:06:09,452 Cooper, o meu son as finanzas, non son o director creativo. 106 00:06:09,535 --> 00:06:12,372 Pero estás nesas conversacións, non? 107 00:06:12,455 --> 00:06:15,124 É coma RR. PP. e Publicidade, sempre nos xuntan. 108 00:06:15,708 --> 00:06:20,463 O tema é que Savoir ten moita historia con Maison Lavaux e… 109 00:06:24,759 --> 00:06:26,052 A que vén iso? 110 00:06:26,886 --> 00:06:27,720 Apetecíame. 111 00:06:29,680 --> 00:06:30,681 Que dicías? 112 00:06:31,974 --> 00:06:33,434 Non sei. Nin idea. 113 00:06:34,310 --> 00:06:35,353 Meus ruliños? 114 00:06:35,436 --> 00:06:36,646 Aquí. 115 00:06:37,772 --> 00:06:39,982 Vaites con estes dous! 116 00:06:42,026 --> 00:06:44,195 E Gabriel? 117 00:06:44,278 --> 00:06:45,696 Ocupado no traballo. 118 00:06:45,780 --> 00:06:48,491 Quería vir, pero o restaurante está ata arriba. 119 00:06:48,574 --> 00:06:50,576 Outra vez? Está arrasando. 120 00:06:50,660 --> 00:06:52,912 Seino, vaille moi ben, pero… 121 00:06:53,538 --> 00:06:56,749 É curioso, dende que me mudei aínda nos vemos menos. 122 00:06:56,833 --> 00:07:00,753 Supoño que antes nos esforzabamos máis. 123 00:07:01,254 --> 00:07:03,631 Citas nocturnas. Bicos en clubs de jazz. 124 00:07:04,257 --> 00:07:06,384 Apreciade o momento, rapaces. 125 00:07:06,467 --> 00:07:07,301 Facémolo. 126 00:07:13,766 --> 00:07:14,600 Henri. 127 00:07:17,103 --> 00:07:18,855 Canto tempo postergamos isto. 128 00:07:19,647 --> 00:07:21,774 Que marabilla poder coñecernos. 129 00:07:21,858 --> 00:07:22,984 Si? 130 00:07:23,985 --> 00:07:25,069 Grazas. 131 00:07:25,153 --> 00:07:28,781 Como me dixeran que nunca falase directamente con vostede… 132 00:07:28,865 --> 00:07:31,325 Como? Non pode ser. 133 00:07:31,409 --> 00:07:33,202 Un terrible malentendido. 134 00:07:33,703 --> 00:07:36,205 - Ti non querías… - Encántame a camisa. 135 00:07:37,665 --> 00:07:39,834 - Resáltalle os ollos. - En serio? 136 00:07:39,917 --> 00:07:42,462 Nunca me fixara no fermosos que son. 137 00:07:42,545 --> 00:07:43,921 Grazas. 138 00:07:44,839 --> 00:07:46,591 Levo 15 anos traballando alí 139 00:07:46,674 --> 00:07:49,427 e pensei que nin se fixara en min. 140 00:07:49,510 --> 00:07:52,805 Non, é que me intimidaba moito. 141 00:07:56,392 --> 00:07:57,560 Non tiña por que. 142 00:07:59,020 --> 00:08:01,606 Non creo que marcharan de Savoir. 143 00:08:02,690 --> 00:08:03,774 É polos americanos. 144 00:08:04,442 --> 00:08:09,989 Chimpáronnos da oficina, no noso propio país. Parécelle normal? 145 00:08:12,074 --> 00:08:15,119 Poden facer iso? É legal? 146 00:08:15,203 --> 00:08:17,163 Sylvie creou a súa axencia e… 147 00:08:17,246 --> 00:08:19,707 Non, boto de menos traballar alí. 148 00:08:20,249 --> 00:08:22,084 E velo a vostede. 149 00:08:23,753 --> 00:08:26,797 Pregúntome se haberá algunha maneira de… 150 00:08:28,090 --> 00:08:29,717 librarse deses intrusos. 151 00:08:30,676 --> 00:08:31,719 Non sei. 152 00:08:35,932 --> 00:08:37,892 Préstalles un Saint-Émilion? 153 00:08:37,975 --> 00:08:39,727 A min prestaríame, 154 00:08:39,810 --> 00:08:43,523 pero as botellas máis baratas están nestoutra páxina. 155 00:08:44,023 --> 00:08:46,317 Non, o que vostede queira. 156 00:08:46,400 --> 00:08:47,485 Elixa a mellor. 157 00:08:53,241 --> 00:08:55,701 Déame 24 horas 158 00:08:55,785 --> 00:08:59,080 e tratarei eses intrusos coma unha praga. 159 00:08:59,956 --> 00:09:01,374 Neutralizareinos. 160 00:09:16,764 --> 00:09:17,932 Que guapa estás. 161 00:09:18,015 --> 00:09:20,226 Grazas, pero míraas a elas, non a min. 162 00:09:20,309 --> 00:09:21,143 E logo? 163 00:09:21,227 --> 00:09:24,605 Édith Piaf, Josephine Baker, Eartha Kitt. 164 00:09:24,689 --> 00:09:25,773 Todas actuaron aquí? 165 00:09:25,856 --> 00:09:27,525 Si, e usaron este camerino. 166 00:09:27,608 --> 00:09:28,609 Incrible. 167 00:09:28,693 --> 00:09:30,111 Incriblemente intimidante. 168 00:09:30,194 --> 00:09:34,365 Sinto que me miran e pensan: "Que fai aquí a pendanga esta?" 169 00:09:35,658 --> 00:09:37,076 Isto é o teu, Mindy. 170 00:09:37,159 --> 00:09:39,287 Cambiaron os temas e meteron cordas, 171 00:09:39,370 --> 00:09:41,497 parece que canto cunha filharmónica. 172 00:09:41,581 --> 00:09:43,124 Vaiche ir ben, vale? 173 00:09:43,207 --> 00:09:46,085 Se te pos nerviosa, imaxina o público espido. 174 00:09:46,168 --> 00:09:47,503 Iso nunca funciona. 175 00:09:47,587 --> 00:09:49,297 Pois imaxíname a min espido. 176 00:09:50,965 --> 00:09:52,717 Respira profundamente. 177 00:09:57,013 --> 00:09:57,847 Así. 178 00:10:07,690 --> 00:10:08,524 Grazas. 179 00:10:09,191 --> 00:10:10,192 Cando queiras. 180 00:10:13,446 --> 00:10:15,448 Podo facer algo máis? 181 00:11:53,129 --> 00:11:54,714 Soa fantástica. 182 00:11:54,797 --> 00:11:56,048 Totalmente. 183 00:11:56,966 --> 00:11:58,342 - A cremalleira. - Que? 184 00:11:59,051 --> 00:11:59,885 Grazas. 185 00:12:04,432 --> 00:12:06,058 PRAZA DE VALOIS 186 00:12:13,441 --> 00:12:16,694 Vai moita calor ou só súo polas escaleiras? 187 00:12:16,777 --> 00:12:18,529 Eu tamén noto máis calor. 188 00:12:18,612 --> 00:12:22,658 Chamei a Henri para arranxar o ascensor, pero non contesta. 189 00:12:23,325 --> 00:12:24,827 Sigue intentándoo. 190 00:12:24,910 --> 00:12:27,788 Os potenciais clientes non poden subir a pé. 191 00:12:28,372 --> 00:12:30,040 Por sorte, non existen. 192 00:12:30,666 --> 00:12:31,500 Non é broma. 193 00:12:32,084 --> 00:12:34,211 Non sei como vou adozarlle o trago 194 00:12:34,295 --> 00:12:36,464 ó Gilbert Group no Zoom desta tarde. 195 00:12:36,547 --> 00:12:39,550 Por se axuda, teño unha nova marca a puntiño. 196 00:12:39,633 --> 00:12:42,386 Edgard and Cooper, unha empresa de penso belga. 197 00:12:42,470 --> 00:12:45,181 Non é de luxo, pero xa sabes… 198 00:12:45,931 --> 00:12:49,560 Neste punto xa me dá igual se venden penso ou merda de can. 199 00:12:50,144 --> 00:12:51,270 Amósame o discurso. 200 00:12:52,897 --> 00:12:54,482 EDGARD & COOPER | PROPOSTA 201 00:12:54,565 --> 00:12:56,275 Os donos parécense ás mascotas, 202 00:12:56,358 --> 00:12:59,069 pero nesta campaña imos ir un paso máis alá: 203 00:12:59,153 --> 00:13:00,821 imos convertelos nelas. 204 00:13:00,905 --> 00:13:03,699 Coa axuda do filtro de Edgard and Cooper. 205 00:13:03,783 --> 00:13:05,493 Primeiro sobes a foto. 206 00:13:05,576 --> 00:13:07,995 Velaquí un gato lindísimo cun sombreiro. 207 00:13:08,621 --> 00:13:09,830 Non sei por que. 208 00:13:10,331 --> 00:13:14,627 Despois, coa cámara do móbil ou do ordenador 209 00:13:15,461 --> 00:13:16,921 Estou toda colorada! 210 00:13:17,546 --> 00:13:19,924 Parezo un tomate con tetas. 211 00:13:20,007 --> 00:13:23,219 - Vai calor? - Si, non lles gusta o aire acondicionado. 212 00:13:24,011 --> 00:13:27,264 Abre a fiestra, si? Estame a callar o leite. 213 00:13:31,143 --> 00:13:33,187 Están seladas. 214 00:13:33,270 --> 00:13:35,481 Típico. Esquéceo. Onde está o filtro? 215 00:13:42,738 --> 00:13:45,115 É chulísimo, Em. 216 00:13:45,199 --> 00:13:48,202 Códigos QR en marquesiñas e anuncios impresos levan á app, 217 00:13:48,285 --> 00:13:51,997 onde os clientes poden subir imaxes dos seus bebés peludiños 218 00:13:52,081 --> 00:13:54,083 e compartir os perfís nas redes. 219 00:13:54,750 --> 00:13:55,960 Gústame a festa! 220 00:13:57,545 --> 00:13:59,588 J'adore! 221 00:13:59,672 --> 00:14:01,507 Pero non digas "bebés peludos". 222 00:14:01,590 --> 00:14:04,510 É ofensivo para as que temos bebés de verdade. 223 00:14:05,261 --> 00:14:08,722 Sabíao. Puxeron a calefacción en pleno verán! 224 00:14:09,265 --> 00:14:12,935 Non podo facer a reunión aquí, é coma estar nunha empanada! 225 00:14:16,981 --> 00:14:17,982 Bo día. 226 00:14:18,065 --> 00:14:19,692 Firmaron tódolos veciños. 227 00:14:19,775 --> 00:14:20,609 Sylvie. 228 00:14:22,611 --> 00:14:24,029 Que é isto? 229 00:14:24,113 --> 00:14:26,991 Se non lisca co negocio, desaloxarana… 230 00:14:27,867 --> 00:14:29,285 Non será necesario. 231 00:14:29,368 --> 00:14:30,202 Pero… 232 00:14:33,747 --> 00:14:35,958 Como vai todo por aí, querido? 233 00:14:36,542 --> 00:14:38,544 O plan está en marcha. 234 00:14:38,627 --> 00:14:40,379 Henri, está aí? 235 00:14:40,963 --> 00:14:42,381 É un xenio. 236 00:14:42,464 --> 00:14:44,592 Os americanos non aturan a calor. 237 00:14:44,675 --> 00:14:46,677 E isto só é o comezo. 238 00:14:46,760 --> 00:14:48,596 Siga, siga. 239 00:14:49,847 --> 00:14:55,311 Vai moita calor na nosa oficina! 240 00:14:58,147 --> 00:15:01,150 Levas moito agardando? Eu agardaría un minuto máis. 241 00:15:01,734 --> 00:15:03,193 E acabouse o papel. 242 00:15:03,277 --> 00:15:04,236 Luc. 243 00:15:04,320 --> 00:15:05,154 Que? 244 00:15:05,237 --> 00:15:06,447 Henri, dime. 245 00:15:07,072 --> 00:15:11,452 Canto antes volvamos, antes o celebraremos con outra botella de Saint-Émilion. 246 00:15:11,535 --> 00:15:12,494 Dille ola. 247 00:15:12,578 --> 00:15:14,580 Non falta moito, señora… 248 00:15:16,540 --> 00:15:17,833 Henri, está aí? 249 00:15:18,792 --> 00:15:19,627 Por favor… 250 00:15:21,253 --> 00:15:22,922 Confíe en min. 251 00:15:29,303 --> 00:15:31,680 Ando aparvada, será a calor ou a falta de sono. 252 00:15:31,764 --> 00:15:32,890 Podería comer tres. 253 00:15:32,973 --> 00:15:34,183 O Zoom vai comezar. 254 00:15:34,266 --> 00:15:36,268 Non me apures, que me entra o impo. 255 00:15:38,687 --> 00:15:39,521 Que foi iso? 256 00:15:39,605 --> 00:15:40,689 Soou coma unha… 257 00:15:45,277 --> 00:15:46,862 Mi madriña, o meu croissant! 258 00:15:48,656 --> 00:15:49,782 O meu croissant! 259 00:15:49,865 --> 00:15:51,325 - Lisca! - Fóra! 260 00:15:52,618 --> 00:15:53,494 Dehors! 261 00:15:53,577 --> 00:15:56,246 - Pensas que sabe francés? - Por intentalo… 262 00:15:56,330 --> 00:15:57,456 S'il vous plaît… 263 00:16:00,751 --> 00:16:01,794 Dehors! 264 00:16:01,877 --> 00:16:03,087 Saca a pomba de aí! 265 00:16:03,170 --> 00:16:05,422 - Como? - Non medraches con animais? 266 00:16:05,506 --> 00:16:06,715 Cans, non paxaros. 267 00:16:07,549 --> 00:16:08,550 Mimá! 268 00:16:17,518 --> 00:16:18,477 Fóra. 269 00:16:18,560 --> 00:16:19,979 - Iso, fóra. - Cóllea. 270 00:16:20,771 --> 00:16:21,605 Au revoir. 271 00:16:21,689 --> 00:16:23,357 - Oui. - Très bien. 272 00:16:23,440 --> 00:16:25,025 - Lisca. Merci. - Très bien. 273 00:16:25,109 --> 00:16:27,611 Agora vai por Henri ou Henry ou como sexa. 274 00:16:27,695 --> 00:16:28,946 Henri, si. Xa vou. 275 00:16:29,029 --> 00:16:29,863 Henri. 276 00:16:32,032 --> 00:16:33,450 Bonjour, Chicago. Ça va? 277 00:16:33,534 --> 00:16:36,245 Ola, Madeline. Que tal estás? 278 00:16:36,328 --> 00:16:38,414 Creo que tes un filtro activado. 279 00:16:40,040 --> 00:16:41,917 Teño, Jed, síntoo. 280 00:16:44,753 --> 00:16:50,634 Non sei como quitalo, estouno intentando. 281 00:16:50,718 --> 00:16:53,012 Creo que é na frecha de abaixo. 282 00:16:53,095 --> 00:16:54,304 O botón de abaixo. 283 00:16:54,972 --> 00:16:56,890 Nos axustes de vídeo. 284 00:16:59,435 --> 00:17:02,479 - Aquí non é. - Chamámoste noutro momento? 285 00:17:02,563 --> 00:17:06,942 Non, en realidade isto forma parte dunha nova campaña 286 00:17:07,026 --> 00:17:08,485 na que traballa Emily. 287 00:17:08,569 --> 00:17:10,487 É moi real, a que si? 288 00:17:11,655 --> 00:17:14,450 Emily está aí? Podería axudar? 289 00:17:14,533 --> 00:17:15,367 Boa idea. 290 00:17:16,285 --> 00:17:18,746 Agardade un intre, que silencio isto, si? 291 00:17:19,496 --> 00:17:22,291 Emily, ven aquí e desactiva o filtro do carallo! 292 00:17:22,791 --> 00:17:24,626 Madeline, non te silenciaches. 293 00:17:30,090 --> 00:17:31,175 Désolée. 294 00:17:31,675 --> 00:17:32,509 Desculpade. 295 00:17:32,593 --> 00:17:34,303 Mencionaches unha campaña. 296 00:17:34,386 --> 00:17:38,182 Poderías falarnos do proceso e dos ingresos do próximo trimestre? 297 00:17:38,265 --> 00:17:41,226 Por suposto, temos novidades prometedoras. 298 00:17:53,322 --> 00:17:55,991 Tes unha pomba na oficina? 299 00:17:56,700 --> 00:17:57,534 Oui. 300 00:17:58,202 --> 00:18:02,372 Si, o conserxe está de camiño para rectificar uns asuntos. 301 00:18:02,956 --> 00:18:05,209 Por onde iamos? 302 00:18:05,292 --> 00:18:07,920 Como vai o do novo presidente francés? 303 00:18:08,003 --> 00:18:10,172 Très bien. Très, très bien. 304 00:18:10,672 --> 00:18:12,966 Sei que non o semella, 305 00:18:13,050 --> 00:18:16,178 pero prométovos que todo está controlado. 306 00:18:21,892 --> 00:18:24,978 Non ve que calor vai? 307 00:18:26,313 --> 00:18:27,147 Très chaud. 308 00:18:27,689 --> 00:18:29,483 Emily, onde estabas? 309 00:18:29,566 --> 00:18:30,776 Fun buscalo. 310 00:18:30,859 --> 00:18:33,153 Non podía desactivar o filtro. 311 00:18:33,237 --> 00:18:34,613 Vaia humillación 312 00:18:34,696 --> 00:18:36,865 en fronte da xunta do Gilbert Group. 313 00:18:36,949 --> 00:18:38,242 Madeline, síntoo. 314 00:18:39,451 --> 00:18:40,869 E vostede, 315 00:18:41,370 --> 00:18:44,039 non podemos traballar así. 316 00:18:44,748 --> 00:18:47,668 Esta oficina é unha catástrofe! 317 00:18:47,751 --> 00:18:50,045 Desculpe, señora, pero que podo facer? 318 00:18:50,129 --> 00:18:53,507 Entrou unha puta pomba! 319 00:18:56,677 --> 00:18:57,886 Pigeon! 320 00:19:01,265 --> 00:19:02,975 Se deixa todo polo chan… 321 00:19:07,938 --> 00:19:10,691 Como puido entrar coas fiestras seladas? 322 00:19:18,824 --> 00:19:21,118 Substituímos o risotto e mañá vemos. 323 00:19:21,201 --> 00:19:22,536 O resto mándao imprimir. 324 00:19:22,619 --> 00:19:23,871 - De acordo. - Grazas. 325 00:19:24,746 --> 00:19:26,248 O menú desta noite. 326 00:19:26,331 --> 00:19:29,668 - Non libras ningunha noite? - Sabes como vai un restaurante? 327 00:19:30,252 --> 00:19:31,086 Tocado. 328 00:19:31,795 --> 00:19:35,132 Só pregunto porque Cooper e eu falamos con Camille 329 00:19:35,883 --> 00:19:38,719 e semella que te bota de menos. 330 00:19:39,386 --> 00:19:41,722 Viríalle ben algo de romance. 331 00:19:42,681 --> 00:19:44,266 Emily mandouche dicirmo? 332 00:19:44,349 --> 00:19:45,309 Que? Non. 333 00:19:45,893 --> 00:19:47,227 De colega a colega. 334 00:19:47,311 --> 00:19:52,441 Pois grazas pola preocupación, pero Camille e eu estamos ben. 335 00:19:54,401 --> 00:19:55,319 En serio. 336 00:19:55,402 --> 00:19:57,613 Talvez caemos nun ritmo monótono 337 00:19:57,696 --> 00:20:00,115 dende que se mudou, pero estamos ben. 338 00:20:00,199 --> 00:20:02,951 E encantaríame ir a concertos e levala cear, 339 00:20:03,035 --> 00:20:04,786 pero tras pasar o día aquí 340 00:20:04,870 --> 00:20:07,664 o último que quero é ir a outro restaurante. 341 00:20:10,083 --> 00:20:11,126 Pois non o fagas. 342 00:20:21,970 --> 00:20:24,181 Recibín as mensaxes, que pasa? 343 00:20:24,264 --> 00:20:25,641 Onte estiven ben? 344 00:20:25,724 --> 00:20:28,477 - Ben? Impresionante. - Ti tamén. 345 00:20:28,560 --> 00:20:29,811 Foi todo un pracer. 346 00:20:29,895 --> 00:20:32,022 Pode que sexa moi supersticiosa, 347 00:20:32,105 --> 00:20:34,358 pero quero repetir todo o de onte. 348 00:20:34,441 --> 00:20:35,817 - Vale. - Xenial. 349 00:20:35,901 --> 00:20:37,861 Refíreste a todo todo? 350 00:20:37,945 --> 00:20:39,821 Non podo saír sen correrme. 351 00:20:39,905 --> 00:20:41,365 Pero aquí? Agora? 352 00:20:41,448 --> 00:20:43,408 - O camerino é compartido. - Xa. 353 00:20:44,451 --> 00:20:46,662 - Non queres? - Si que quero. 354 00:20:46,745 --> 00:20:48,038 Si, pero é que… 355 00:20:49,122 --> 00:20:51,500 Un segundo… Veña, vamos, aquí. 356 00:20:52,251 --> 00:20:53,585 Tes que desabrocharme. 357 00:21:03,053 --> 00:21:05,722 Adeus nocellos inchados, adeus escaleiras. 358 00:21:05,806 --> 00:21:07,683 Henri vai arranxar o ascensor? 359 00:21:07,766 --> 00:21:10,560 Non, marchamos da oficina. 360 00:21:10,644 --> 00:21:15,023 Falei co Gilbert Group de deixala e apoiaron a miña decisión. 361 00:21:15,774 --> 00:21:18,819 De verdade? Sempre me gustou este sitio. 362 00:21:18,902 --> 00:21:20,320 Pois eu ódioo. 363 00:21:20,404 --> 00:21:23,490 Traballaremos dende o hotel ata atopar outro sitio. 364 00:21:24,908 --> 00:21:26,910 Veña, rapaza, recolle as cousas. 365 00:21:27,411 --> 00:21:30,247 Lisquemos deste tugurio infestado de pombas. 366 00:21:40,716 --> 00:21:41,550 Veña. 367 00:21:58,900 --> 00:22:00,819 Resolveuse o asunto, madame. 368 00:22:04,990 --> 00:22:08,160 Estoute imaxinando perseguindo a pomba. 369 00:22:08,243 --> 00:22:09,328 Vaia panorama! 370 00:22:09,411 --> 00:22:11,705 Xúrocho, Alfie, era coma unha aguia. 371 00:22:11,788 --> 00:22:12,664 Que dis! 372 00:22:12,748 --> 00:22:15,792 Vai ser moi raro deixar de traballar nesa oficina. 373 00:22:15,876 --> 00:22:18,670 Dende que estou en París é a miña segunda casa. 374 00:22:18,754 --> 00:22:21,590 Iso é porque traballas de máis. 375 00:22:22,466 --> 00:22:24,468 E eu pensaba que era esta. 376 00:22:24,968 --> 00:22:26,345 Vés moito por aquí. 377 00:22:26,428 --> 00:22:27,804 Non máis ca ti. 378 00:22:27,888 --> 00:22:30,557 Touché. Queres tomarlle unha? 379 00:22:31,308 --> 00:22:33,018 Si, vamos dentro. 380 00:22:36,813 --> 00:22:38,440 Non acepto que… 381 00:22:39,608 --> 00:22:40,442 Bonsoir. 382 00:22:40,525 --> 00:22:41,902 Segue aberto? 383 00:22:42,486 --> 00:22:45,739 Debín poñer un cartel. Esta noite só hai mesa para dous. 384 00:22:46,698 --> 00:22:48,075 Ben xogado, meu. 385 00:22:48,158 --> 00:22:49,242 Pensei o mesmo. 386 00:22:49,951 --> 00:22:53,705 Perdoade a interrupción. Desfrutade da cea romántica. 387 00:22:53,789 --> 00:22:56,875 Pero non enviedes os pratos de volta. O chef ódiao. 388 00:22:58,418 --> 00:22:59,252 De acordo. 389 00:23:01,171 --> 00:23:02,005 Deica. 390 00:23:03,215 --> 00:23:04,549 - Déixame algo. - Clásico. 391 00:23:06,134 --> 00:23:08,512 - Véxoos ben. - Eu tamén. 392 00:23:08,595 --> 00:23:12,265 Despois desa xogada, alguén vai ter sorte esta noite. 393 00:23:13,433 --> 00:23:14,601 Non será o único. 394 00:23:22,025 --> 00:23:22,901 E Mindy? 395 00:23:22,984 --> 00:23:24,736 Está no club ata a 01:00. 396 00:23:24,820 --> 00:23:26,446 De súpeto gústame o jazz. 397 00:23:30,992 --> 00:23:31,910 Vale. 398 00:23:32,994 --> 00:23:33,829 Mi madriña! 399 00:23:42,671 --> 00:23:45,048 Por fin. Xa pensaba que non ías… 400 00:23:45,132 --> 00:23:46,425 Son de Benoît. 401 00:23:47,092 --> 00:23:49,177 Di que o sinte, pero non pode vir. 402 00:23:49,261 --> 00:23:54,057 SEI QUE PODES TI SOA. BICOS, BENOÎT. P. D.: MIRA DEBAIXO DAS FLORES. 403 00:23:54,641 --> 00:23:55,475 Merde. 404 00:23:56,017 --> 00:23:56,977 Estás ben? 405 00:23:57,477 --> 00:23:58,728 Axúdoche con algo? 406 00:24:00,730 --> 00:24:01,648 Non, estou ben. 407 00:24:02,816 --> 00:24:03,650 De acordo. 408 00:24:15,412 --> 00:24:17,747 Ola. Eu… 409 00:24:18,498 --> 00:24:20,917 Ía vir polas escaleiras e vin o ascensor. 410 00:24:21,001 --> 00:24:22,669 - Que luxo. - Si. 411 00:24:23,170 --> 00:24:24,296 Onde está Jack? 412 00:24:24,379 --> 00:24:26,882 Josette, a au pair, levouno dar un paseo. 413 00:24:27,382 --> 00:24:30,635 No carriño. El non sabe andar, obviamente. 414 00:24:31,178 --> 00:24:32,012 Claro. 415 00:24:32,637 --> 00:24:35,098 Temos reunión con Edgard and Cooper. 416 00:24:35,182 --> 00:24:37,142 Pensei que poderiamos velos 417 00:24:37,225 --> 00:24:39,728 nun café de coworking, Unicorners. 418 00:24:39,811 --> 00:24:41,646 No Distrito Tres, é moi lindo. 419 00:24:41,730 --> 00:24:43,565 - Cancélao. - Por que? 420 00:24:47,819 --> 00:24:48,904 Air France é noso? 421 00:24:49,488 --> 00:24:50,989 É enorme! Como fixeches? 422 00:24:51,072 --> 00:24:54,409 Non, é o meu voo de volta a Chicago. 423 00:24:54,493 --> 00:24:57,120 Voo de volta mañá. Con Jack. 424 00:24:58,079 --> 00:25:00,874 - Pero… - Seino, serei ese tipo de muller. 425 00:25:00,957 --> 00:25:03,043 En clase business cun bebé chorón. 426 00:25:03,126 --> 00:25:05,378 É gracioso como te convertes no que odias. 427 00:25:05,462 --> 00:25:08,256 Ti tamén tes billete. En turista, pero ven vernos. 428 00:25:08,340 --> 00:25:10,008 Madeline, de que vai isto? 429 00:25:10,091 --> 00:25:11,843 Despois de descubrir 430 00:25:11,927 --> 00:25:15,430 que non temos presidente francés para dirixir as operacións 431 00:25:15,514 --> 00:25:19,184 nin empregados franceses, nin clientes, nin oficina, 432 00:25:19,267 --> 00:25:22,521 o Gilbert Group decidiu suspender as operacións aquí. 433 00:25:22,604 --> 00:25:23,813 Volvemos á casa. 434 00:25:23,897 --> 00:25:26,274 Non entendo. Que pasa con Savoir? 435 00:25:26,358 --> 00:25:27,734 Xa non hai Savoir, ruliña. 436 00:25:27,817 --> 00:25:31,112 Talvez o reconsideren, pero a compra foi un fracaso. 437 00:25:31,196 --> 00:25:34,783 Menos mal que vin a París para destapar o mal que ía todo. 438 00:25:34,866 --> 00:25:37,577 Insubordinación, contratos por enchufe… 439 00:25:37,661 --> 00:25:42,749 Fago preguntas razoables e dimiten todos… 440 00:25:43,375 --> 00:25:45,919 Teñen medo de que se destape a corrupción. 441 00:25:46,002 --> 00:25:48,672 Tampouco foi tan sinxelo. 442 00:25:48,755 --> 00:25:50,549 Pero pensas igual? Dirás iso? 443 00:25:50,632 --> 00:25:52,259 Que importa o que pense? 444 00:25:52,342 --> 00:25:55,971 Farán unha revisión total contigo cando cheguemos a Chicago. 445 00:25:56,054 --> 00:25:58,181 - Comigo? - Levas meses aquí. 446 00:25:58,265 --> 00:26:00,225 Emily, ninguén coñece 447 00:26:00,308 --> 00:26:03,812 este desastre dende o comezo mellor ca ti. 448 00:26:03,895 --> 00:26:06,189 E non te preocupes, non é culpa túa. 449 00:26:07,023 --> 00:26:10,235 Em, non pasará nada. Era demasiado para ti e listo. 450 00:26:10,318 --> 00:26:13,530 Prepararemos o teu discurso no avión de volta á casa. 451 00:26:28,712 --> 00:26:29,546 Non. 452 00:26:30,213 --> 00:26:31,047 Non? 453 00:26:31,798 --> 00:26:32,632 Non que? 454 00:26:35,468 --> 00:26:37,554 Que non vou volver a Chicago. 455 00:26:37,637 --> 00:26:40,265 Pero que dis? 456 00:26:41,182 --> 00:26:46,813 Supoño que digo que dimito. 457 00:26:48,481 --> 00:26:51,776 Emily. Doucement. Tranquila. 458 00:26:53,069 --> 00:26:54,362 Pénsao ben. 459 00:26:55,071 --> 00:26:57,407 Seguro que queres fuxir 460 00:26:57,490 --> 00:27:00,243 de todo polo que trabaches tanto? 461 00:27:00,785 --> 00:27:03,413 Subida salarial, ascenso. Lembras? 462 00:27:03,496 --> 00:27:05,332 Madeline, non estou fuxindo. 463 00:27:06,583 --> 00:27:11,671 Diríxome á vida que quero. Aquí. 464 00:27:12,672 --> 00:27:13,798 En París. 465 00:27:18,053 --> 00:27:19,220 Enténdote. 466 00:27:20,180 --> 00:27:23,350 O meu soño sempre foi vivir e traballar aquí. 467 00:27:24,100 --> 00:27:25,101 E fíxeno. 468 00:27:31,900 --> 00:27:33,109 Boa viaxe. 469 00:27:35,945 --> 00:27:37,989 Moitas grazas por todo. 470 00:27:51,044 --> 00:27:52,545 Agence Grateau. 471 00:27:52,629 --> 00:27:54,005 Gústame. 472 00:27:54,089 --> 00:27:56,216 Grazas, Henri. Quedou perfecto. 473 00:27:57,092 --> 00:28:01,054 En canto á cea de celebración… 474 00:28:01,137 --> 00:28:03,056 Que tal lle vén o venres? 475 00:28:05,433 --> 00:28:07,102 Sería un pracer, 476 00:28:07,602 --> 00:28:09,604 pero co meu nome na porta, 477 00:28:09,688 --> 00:28:12,982 a nosa relación deberá ser estritamente profesional. 478 00:28:14,359 --> 00:28:18,405 Pero gardarei un recordo marabilloso dos nosos belos momentos. 479 00:28:33,712 --> 00:28:36,339 Non cambiou un chisco. 480 00:28:41,177 --> 00:28:42,345 Mon Dieu! 481 00:29:01,823 --> 00:29:03,908 Que ben senta volver. 482 00:29:04,951 --> 00:29:05,785 Senta, si. 483 00:29:07,328 --> 00:29:10,540 Pero teño a impresión de que falta algo. 484 00:30:24,614 --> 00:30:29,619 Subtítulos: Abraham Díaz López