1 00:00:12,375 --> 00:00:14,375 Papá! Sherlock non xoga comigo. 2 00:00:14,458 --> 00:00:16,041 Non pasa nada, meu amor. 3 00:00:16,125 --> 00:00:19,000 Pareceume ver uns ovos de pato. 4 00:00:20,000 --> 00:00:21,291 Alí, onda as árbores. 5 00:00:21,375 --> 00:00:25,000 Ola, Beatrice. Pareceume ver un dos parruliños por aquí. 6 00:00:25,083 --> 00:00:27,791 Escoita, meu ben. Houbo un accidente terrible. 7 00:00:27,875 --> 00:00:29,750 Incendiouse a casa. 8 00:00:29,833 --> 00:00:32,083 Quedarás coa Sra. Tilcott un tempo. 9 00:00:32,665 --> 00:00:34,208 Un accidente terrible. 10 00:00:34,291 --> 00:00:36,500 Incendiouse a casa. 11 00:00:36,583 --> 00:00:38,000 Incendiouse a casa… 12 00:00:42,166 --> 00:00:43,541 Outro pesadelo? 13 00:00:45,791 --> 00:00:49,375 Non consigo recordar o incendio. 14 00:00:50,875 --> 00:00:52,250 Por que non o recordo? 15 00:00:52,833 --> 00:00:55,125 Pon o abrigo ou arrefriaraste. 16 00:00:55,958 --> 00:00:56,958 A capucha. 17 00:00:58,333 --> 00:01:00,375 Non necesito a capucha. 18 00:01:04,833 --> 00:01:06,041 Feliz aniversario, amor. 19 00:01:06,625 --> 00:01:08,208 Madre. Padre. 20 00:01:10,916 --> 00:01:13,583 O regalo de todos os anos. De onde veñen? 21 00:01:14,416 --> 00:01:18,000 Encargámolas nunha tenda especializada de Holborn. 22 00:01:18,083 --> 00:01:20,541 Logo por que a trae o carteiro? 23 00:01:23,458 --> 00:01:24,750 Quen a mandou? 24 00:01:24,833 --> 00:01:26,333 TAXIDERMIA E ENTOMOLOXÍA 25 00:01:26,416 --> 00:01:28,666 Recibo unha bolboreta cada aniversario. 26 00:01:28,750 --> 00:01:29,958 IMPORTACIÓNS PRENDERGAST 27 00:01:30,041 --> 00:01:32,041 E quen a paga está nesta oficina. 28 00:01:42,083 --> 00:01:43,083 Sei quen é. 29 00:01:45,583 --> 00:01:47,333 Sei que o coñezo. 30 00:01:54,083 --> 00:01:55,166 Por que me afastou? 31 00:01:58,875 --> 00:02:00,166 Túa nai non estaba ben. 32 00:02:00,250 --> 00:02:03,666 Eu non me vía capaz de coidarte pola miña conta. 33 00:02:04,250 --> 00:02:05,375 Non houbo un incendio. 34 00:02:06,291 --> 00:02:07,333 Verdade? 35 00:02:10,166 --> 00:02:11,666 Hoxe podes quedar comigo. 36 00:02:11,750 --> 00:02:12,875 E despois? 37 00:02:12,958 --> 00:02:14,916 Non estás ben coa señora Tilcott? 38 00:02:15,000 --> 00:02:16,375 Non é o meu sitio. 39 00:02:16,458 --> 00:02:18,458 Non nacín para ser filla dun vicario. 40 00:02:18,541 --> 00:02:20,291 Mire, madre, topei o corazón. 41 00:02:21,750 --> 00:02:23,500 Prefiro formar parte do seu mundo. 42 00:02:27,625 --> 00:02:29,958 Os paquetes viaxarán por toda Europa. 43 00:02:30,041 --> 00:02:32,708 Debemos atopar un lugar onde ninguén vaia mirar. 44 00:02:32,791 --> 00:02:35,083 Ningún é máis grande ca este. 45 00:02:36,541 --> 00:02:38,083 Estou ocupado, amor. 46 00:02:48,875 --> 00:02:51,250 Nin ao demo se lle ocorrería mirar aí. 47 00:02:55,500 --> 00:02:57,291 Hoxe vin a teu irmán Mycroft. 48 00:02:57,833 --> 00:03:00,583 E nunca adiviñarías para quen traballa. 49 00:03:00,666 --> 00:03:02,666 Sir Bucephalus Hodge. 50 00:03:02,750 --> 00:03:05,000 O home máis rico do imperio. 51 00:03:05,083 --> 00:03:09,291 Mycroft di que Hodge está ao mando dun proxecto do goberno. 52 00:03:10,708 --> 00:03:11,791 É alto segredo. 53 00:03:11,875 --> 00:03:13,208 Sabes o que cheiro? 54 00:03:14,125 --> 00:03:14,958 Oportunidade. 55 00:03:16,500 --> 00:03:17,833 Hodge trama algo. 56 00:03:19,166 --> 00:03:22,250 E se intento conseguir un traballo na súa oficina? 57 00:03:22,333 --> 00:03:24,708 Atoparei alguén que se deixe manexar. 58 00:03:24,791 --> 00:03:25,916 A miña pequena espía. 59 00:03:26,000 --> 00:03:27,708 A marabillosa Bea. 60 00:03:27,791 --> 00:03:28,625 Que tal Oxford? 61 00:03:28,708 --> 00:03:30,375 O profesor Malik é o elo débil. 62 00:03:31,083 --> 00:03:32,708 É cobizoso e van. 63 00:03:32,791 --> 00:03:35,583 Se algún dos profesores vendese a alma, sería el. 64 00:03:35,666 --> 00:03:37,833 Concerteille unha reunión con el. 65 00:03:37,916 --> 00:03:38,791 Ben feito, Bea. 66 00:03:38,875 --> 00:03:41,125 Malik, ansío facer negocios con vostede. 67 00:03:41,208 --> 00:03:42,500 O mesmo digo, señor. 68 00:03:48,458 --> 00:03:49,583 Caeu no lazo, Bea. 69 00:04:39,707 --> 00:04:43,666 O XOVE SHERLOCK 70 00:04:54,541 --> 00:04:56,707 Beatrice, velaí estás. 71 00:04:58,375 --> 00:04:59,291 Véxote preocupada. 72 00:04:59,375 --> 00:05:01,250 O envío non está no tren a París, 73 00:05:01,333 --> 00:05:03,625 e agora temos a casa chea de hóspedes. 74 00:05:03,708 --> 00:05:05,875 Ademais a princesa segue ceiba 75 00:05:05,958 --> 00:05:07,583 e non parará ata que a paren. 76 00:05:08,166 --> 00:05:11,916 Sei o perigosa que é, Bea. Asegúroche que daremos con ela. 77 00:05:13,791 --> 00:05:15,166 Como? 78 00:05:15,250 --> 00:05:16,250 Sherlock. 79 00:05:16,332 --> 00:05:18,375 Parece confiar moito nel. 80 00:05:18,957 --> 00:05:22,541 Entendo que esteas alterada. Non tes que encararte coa túa nai. 81 00:05:23,666 --> 00:05:24,707 Non, quero facelo. 82 00:05:25,875 --> 00:05:27,000 A miña nena afouta. 83 00:05:27,832 --> 00:05:28,916 A miña Atenea. 84 00:05:30,582 --> 00:05:32,750 Recorda o que che dixen. 85 00:05:32,832 --> 00:05:37,082 Túa nai posúe unha fértil imaxinación. 86 00:05:47,291 --> 00:05:53,250 Bea, convertícheste nunha fermosa e impresionante moza. 87 00:05:53,750 --> 00:05:55,207 Iso é todo? 88 00:05:55,291 --> 00:05:56,500 A que te refires? 89 00:05:57,250 --> 00:05:58,416 Sei o que fixo. 90 00:05:58,500 --> 00:05:59,541 Como? 91 00:05:59,625 --> 00:06:02,291 Metérona no manicomio porque era un perigo para min. 92 00:06:04,625 --> 00:06:08,458 - Por iso padre me levou lonxe. - Xa. Iso é o que che contou? 93 00:06:09,791 --> 00:06:12,666 Bea, meteu a nosa nai no manicomio 94 00:06:12,750 --> 00:06:15,291 porque quería controlar o seu patrimonio. 95 00:06:15,375 --> 00:06:16,707 Díxome que diriades iso. 96 00:06:16,791 --> 00:06:20,416 É a verdade. Non podes crer nada do que di. 97 00:06:20,500 --> 00:06:22,582 Ese home tratoume con bondade. 98 00:06:23,166 --> 00:06:24,250 Querida. 99 00:06:24,332 --> 00:06:26,457 Bea, tes que crernos. 100 00:06:26,541 --> 00:06:28,375 - Escoita. - Por que? 101 00:06:29,041 --> 00:06:30,957 Porque non temos motivos para mentir. 102 00:06:31,666 --> 00:06:33,332 E porque son teu irmán. 103 00:06:37,041 --> 00:06:38,166 Ceamos ás 20:00. 104 00:06:50,625 --> 00:06:51,625 - Ti! - Madre. 105 00:06:51,707 --> 00:06:55,832 - Puxéchela na miña contra! - Por favor. Xa abonda! Cordelia, basta. 106 00:06:55,916 --> 00:06:58,832 - Poste en evidencia. Abonda. - Silas, cabrón! 107 00:06:58,916 --> 00:06:59,957 Sentade, por favor. 108 00:07:00,041 --> 00:07:01,041 Non pasa nada. 109 00:07:02,291 --> 00:07:03,291 Ben. 110 00:07:04,416 --> 00:07:06,291 Agora que a histeria rematou, 111 00:07:07,041 --> 00:07:09,250 quizais podemos sentar. 112 00:07:09,333 --> 00:07:10,791 Por favor, sentemos 113 00:07:10,875 --> 00:07:13,833 e ceemos como xente civilizada. 114 00:07:16,291 --> 00:07:20,666 Ben, non é marabilloso estarmos… 115 00:07:23,500 --> 00:07:24,666 xuntos outra vez? 116 00:07:28,625 --> 00:07:29,666 Unidos de novo. 117 00:07:34,875 --> 00:07:36,500 Mycroft, proba o caviar. 118 00:07:37,291 --> 00:07:38,625 - Non, grazas. - Insisto. 119 00:07:39,166 --> 00:07:40,207 É do Mármara. 120 00:07:41,582 --> 00:07:43,125 Sabe a gloria. 121 00:07:45,457 --> 00:07:46,707 Pregúntome 122 00:07:46,791 --> 00:07:49,291 se me gustabas máis como axudante de Hodge. 123 00:07:49,375 --> 00:07:51,541 Xa mo dirás cando te decidas. 124 00:07:55,832 --> 00:07:57,791 Ata cando nos terá aquí retidos? 125 00:07:57,875 --> 00:08:00,833 Ata que me digades onde atopar a Shou'an. 126 00:08:01,750 --> 00:08:06,166 Debo recordarche, Sherlock, que ías permitir que me asasinase. 127 00:08:06,250 --> 00:08:09,916 Se algún dos presentes debe sentirse incómodo, 128 00:08:10,000 --> 00:08:11,333 creo que debo ser eu. 129 00:08:11,916 --> 00:08:14,250 Pero aquí estou, tentando ser razoable. 130 00:08:15,333 --> 00:08:17,500 - Razoable? - Querías ver a Beatrice. 131 00:08:19,166 --> 00:08:20,416 Velaquí a tes. 132 00:08:21,957 --> 00:08:23,082 Promesa que fago, 133 00:08:24,000 --> 00:08:25,207 promesa que cumpro. 134 00:08:29,707 --> 00:08:31,166 Cando teña a Shou'an… 135 00:08:34,750 --> 00:08:36,457 - podedes marchar. - E… 136 00:08:37,290 --> 00:08:40,457 Beatrice tamén pode marchar se o desexa? 137 00:08:41,290 --> 00:08:42,415 Non está prisioneira. 138 00:08:51,540 --> 00:08:55,000 Tras a mesquita de Ordu Caddesi. 139 00:08:55,083 --> 00:08:56,708 Aí está Shou'an. 140 00:08:56,790 --> 00:08:59,290 Ben, non foi tan difícil, non si? 141 00:09:00,083 --> 00:09:01,083 Bea. 142 00:09:01,666 --> 00:09:02,875 Bea, escóitame. 143 00:09:03,500 --> 00:09:05,041 Nunca che fixen dano. 144 00:09:05,125 --> 00:09:06,166 Atopa a Shou'an. 145 00:09:06,250 --> 00:09:07,708 Nin unha soa vez. 146 00:09:07,791 --> 00:09:10,166 Nin podería nin querería, meu amor. 147 00:09:11,083 --> 00:09:12,875 Mira para ela. Di a verdade. 148 00:09:12,958 --> 00:09:15,708 Sherlock, daquela apenas tiñas seis anos. 149 00:09:15,791 --> 00:09:18,666 Como esperas que alguén confíe nos teus recordos? 150 00:09:18,750 --> 00:09:20,083 Iso é o que fai sempre. 151 00:09:20,166 --> 00:09:22,000 Mente e mente, 152 00:09:22,083 --> 00:09:24,583 ata que dubidas do que sabes que é verdade. 153 00:09:24,666 --> 00:09:25,833 Verás, nalgúns casos, 154 00:09:26,375 --> 00:09:28,833 os nosos recordos dinnos o que queremos crer. 155 00:09:29,750 --> 00:09:30,833 - Silas. - Fillo. 156 00:09:30,916 --> 00:09:32,000 Cale. 157 00:09:32,750 --> 00:09:34,000 Moi elocuente. 158 00:09:34,583 --> 00:09:36,250 Leas familiares, ou, James? 159 00:09:36,333 --> 00:09:39,083 Sr. Holmes, a miña familia rifa coma a que máis, 160 00:09:39,165 --> 00:09:41,208 pero isto non é unha lea. 161 00:09:44,415 --> 00:09:45,500 É traxedia grega. 162 00:09:45,583 --> 00:09:47,333 Bea. 163 00:09:47,415 --> 00:09:50,875 Por favor, déixame falar contigo sen que teu pai estea presente. 164 00:09:50,958 --> 00:09:53,625 Sen estar baixo a súa influencia. 165 00:09:53,708 --> 00:09:55,833 Para que escollas. Poderías marchar. 166 00:10:00,125 --> 00:10:01,458 É iso o que queres? 167 00:10:07,500 --> 00:10:08,583 Beatrice? 168 00:10:12,125 --> 00:10:13,458 Non tal. 169 00:10:13,541 --> 00:10:15,375 Velaí o tes. 170 00:10:15,458 --> 00:10:18,666 Por suposto que non o vai dicir diante túa, ou si? 171 00:10:18,750 --> 00:10:21,625 Como poderás comprobar, sabe pensar por si mesma. 172 00:10:21,708 --> 00:10:22,625 Sempre o fai! 173 00:10:22,708 --> 00:10:26,375 - Sempre o fai. Retorce, manipula… - Podedes parar de discutir? 174 00:10:33,790 --> 00:10:36,915 - Queres dicir algo? - Podemos falar en privado? 175 00:10:37,000 --> 00:10:38,375 Todo o que debas dicir, 176 00:10:38,458 --> 00:10:41,208 podes dicilo diante desta marabillosa familia. 177 00:10:42,625 --> 00:10:43,625 De acordo. 178 00:10:45,208 --> 00:10:47,165 Falei co goberno da Súa Maxestade. 179 00:10:47,250 --> 00:10:51,958 Veñen prenderte, Silas. Pasarás o resto dos teus días na cadea. 180 00:10:52,040 --> 00:10:53,500 Queren recuperar a súa arma. 181 00:10:53,583 --> 00:10:56,250 - Xa o imaxino. - Están dispostos a pagala. 182 00:10:57,415 --> 00:10:59,833 Existe, non obstante, 183 00:10:59,915 --> 00:11:01,916 un camiño para a súa redención. 184 00:11:02,583 --> 00:11:06,833 Señor Holmes, queremos que convenza a seu pai 185 00:11:06,916 --> 00:11:09,916 para que venda a arma en exclusiva ao goberno británico. 186 00:11:10,000 --> 00:11:12,125 - "Pagala"? - Xenerosamente. 187 00:11:12,208 --> 00:11:13,291 Si. 188 00:11:14,208 --> 00:11:15,041 Mycroft. 189 00:11:15,125 --> 00:11:18,083 A que te refires con "xenerosamente"? 190 00:11:18,875 --> 00:11:20,125 A que podería… 191 00:11:22,583 --> 00:11:23,625 decidir o prezo. 192 00:11:24,625 --> 00:11:26,541 Cunha condición. 193 00:11:27,333 --> 00:11:28,875 Seren os únicos compradores. 194 00:11:28,958 --> 00:11:33,083 E ti serás o negociador, o meu intermediario? 195 00:11:33,165 --> 00:11:35,790 Espera que traizoe a miña familia? 196 00:11:35,875 --> 00:11:37,708 Se quere recuperar a súa carreira, 197 00:11:37,790 --> 00:11:40,458 iso é exactamente o que esperamos de vostede. 198 00:11:41,083 --> 00:11:43,333 - Si. - Es un completo e absoluto Xudas. 199 00:11:44,208 --> 00:11:46,083 Mycroft, pero que rastreiro. 200 00:11:46,750 --> 00:11:48,458 Deus, non te imaxinaba capaz. 201 00:11:48,540 --> 00:11:52,375 Vedes? Disto é do que falo. Iniciativa! Ambición. 202 00:11:53,000 --> 00:11:54,040 Mycroft. 203 00:11:54,125 --> 00:11:56,165 Debes entregárllela nunha semana. 204 00:11:56,250 --> 00:11:57,915 - Bea? - É factible. 205 00:11:58,583 --> 00:12:00,750 Ben. Debo telegrafar a Exteriores. 206 00:12:00,833 --> 00:12:03,541 Farei que te acompañen á oficina de telégrafos 207 00:12:03,625 --> 00:12:05,791 - en canto abra pola mañá. - Vale. 208 00:12:07,708 --> 00:12:09,791 Grazas, padre. 209 00:12:11,916 --> 00:12:13,041 Oíches iso, Bea? 210 00:12:13,666 --> 00:12:14,708 Un dos meus fillos 211 00:12:16,625 --> 00:12:17,833 aínda me chama padre. 212 00:12:18,541 --> 00:12:20,666 Quizais aínda teña unha oportunidade. 213 00:12:21,458 --> 00:12:26,791 Ben, creo que Beatrice mais eu debemos visitar a nosa pequena fábrica. 214 00:12:29,125 --> 00:12:31,208 Por un asunto urxente. 215 00:12:32,333 --> 00:12:35,375 Quedaredes aquí ata que apareza Shou'an. 216 00:12:36,458 --> 00:12:38,540 Beatrice, preparémonos para a viaxe. 217 00:12:43,665 --> 00:12:44,750 Como puideches? 218 00:12:49,583 --> 00:12:51,625 Estarás contento, querido irmán. 219 00:12:53,165 --> 00:12:54,333 Nada máis lonxe. 220 00:13:05,250 --> 00:13:07,500 Atopádea! Traédema. 221 00:13:19,000 --> 00:13:20,708 Isto non o esperabas, non si? 222 00:13:20,791 --> 00:13:22,333 A traizón de Mycroft. 223 00:13:23,208 --> 00:13:25,541 Igual se parece a vostede máis do que cría. 224 00:13:28,083 --> 00:13:29,125 É posible. 225 00:13:30,000 --> 00:13:32,833 Demostraches ser moi brillante, meu fillo. 226 00:13:32,915 --> 00:13:35,625 As mentes coma a túa cambian o mundo. 227 00:13:37,000 --> 00:13:39,125 Es ti quen quixese que se unise a min. 228 00:13:43,208 --> 00:13:44,500 Engánase a si mesmo. 229 00:13:45,125 --> 00:13:48,165 Escoita, o que viches nese túnel de París 230 00:13:48,250 --> 00:13:50,125 cambiará a natureza da guerra. 231 00:13:50,208 --> 00:13:51,875 Non se enviarán tropas á fronte. 232 00:13:51,958 --> 00:13:54,625 Acabará co inimigo sen disparar un só tiro. 233 00:13:54,708 --> 00:13:57,415 E agora tamén me dirá que salvará vidas. 234 00:13:57,500 --> 00:14:01,083 Abondará unha demostración para que ninguén ouse comezar unha guerra. 235 00:14:01,166 --> 00:14:04,166 E a xente proclamarao o rei Silas, o pacificador. 236 00:14:05,958 --> 00:14:07,041 Por que non? 237 00:14:08,500 --> 00:14:11,166 Cando observa o mundo, só se ve a vostede mesmo? 238 00:14:11,875 --> 00:14:13,208 Madura, rapaz. 239 00:14:14,666 --> 00:14:19,166 O mundo no que vivimos constrúese ladrillo a ladrillo 240 00:14:20,625 --> 00:14:22,333 sobre a tristura humana. 241 00:14:26,125 --> 00:14:28,458 Só sobreviven os máis aptos. 242 00:14:30,916 --> 00:14:35,083 Sabes cal é o pensamento máis orixinal e radical de todos? 243 00:14:38,458 --> 00:14:41,458 Que non somos superiores á natureza. 244 00:14:44,083 --> 00:14:47,625 Algúns somos humildes abellas obreiras. 245 00:14:47,708 --> 00:14:50,250 Outros dirixen o baile. 246 00:14:52,375 --> 00:14:53,458 Ti mais eu 247 00:14:54,708 --> 00:14:57,415 somos líderes natos. 248 00:14:59,165 --> 00:15:04,250 Sexa que che guste ou non, Sherlock, ti es sangue do meu sangue. 249 00:15:05,208 --> 00:15:07,291 Agora é o teu momento. Aprovéitao. 250 00:15:07,375 --> 00:15:10,875 Sé a miña man dereita, o meu sucesor, o meu herdeiro. 251 00:15:11,458 --> 00:15:13,208 Non é Beatrice todo iso? 252 00:15:14,000 --> 00:15:16,541 Beatrice é excepcional ao seu xeito. 253 00:15:16,625 --> 00:15:20,291 Pero ti es estás noutro nivel. 254 00:15:34,415 --> 00:15:35,875 Dígalle que lle mentiu. 255 00:15:36,458 --> 00:15:40,250 Déixea marchar con madre, e considerarei a súa oferta. 256 00:15:40,333 --> 00:15:41,833 Xa a oíches. Non quere. 257 00:15:41,915 --> 00:15:44,833 Claro que non quere, pero se alguén pode convencela… 258 00:15:44,915 --> 00:15:46,040 Fale con ela, Silas. 259 00:15:48,040 --> 00:15:50,708 Se consegue que marche, quedarei. 260 00:15:51,833 --> 00:15:53,290 Falarei con ela. 261 00:15:57,958 --> 00:15:59,040 Descúlpame. 262 00:16:04,958 --> 00:16:07,041 Shou'an non estaba onde el dixo. 263 00:16:16,291 --> 00:16:17,500 O PRÍNCIPE MAQUIAVELO 264 00:16:19,375 --> 00:16:20,375 Si? 265 00:16:22,416 --> 00:16:23,416 Molesto? 266 00:16:24,458 --> 00:16:25,500 Claro que non. 267 00:16:36,250 --> 00:16:38,708 Topei este entretido libro nos andeis. 268 00:16:39,708 --> 00:16:40,625 Maquiavelo. 269 00:16:40,708 --> 00:16:43,333 "Como o amor e o temor dificilmente poden coexistir, 270 00:16:43,958 --> 00:16:45,833 se debemos elixir entre ambos…" 271 00:16:45,915 --> 00:16:48,500 "É máis seguro ser temido que ser amado." 272 00:16:53,708 --> 00:16:55,583 Admíralo, non si? 273 00:16:57,333 --> 00:16:58,458 A meu pai. 274 00:16:59,708 --> 00:17:00,791 Véxocho na cara. 275 00:17:01,500 --> 00:17:02,958 Un recoñece os seus iguais. 276 00:17:05,583 --> 00:17:07,250 Repara en como vive. 277 00:17:09,040 --> 00:17:10,665 En serio. 278 00:17:13,415 --> 00:17:16,125 Tes que admirar o tamaño da ambición dese home. 279 00:17:19,000 --> 00:17:21,875 Se o pobre Bucephalus Hodge non estivese morto… 280 00:17:23,708 --> 00:17:25,833 creo que morrería de envexa. 281 00:17:28,916 --> 00:17:30,375 A ética non vai contigo. 282 00:17:32,458 --> 00:17:33,375 Con Sherlock si. 283 00:17:33,916 --> 00:17:35,500 A ética só é un lastre. 284 00:17:37,250 --> 00:17:38,583 Pero ti iso xa o sabes. 285 00:17:40,208 --> 00:17:41,250 En Oxford, 286 00:17:42,166 --> 00:17:43,708 tiveches diante a teus irmáns, 287 00:17:43,791 --> 00:17:46,375 e non lles deches nin a menor pista, 288 00:17:47,166 --> 00:17:49,208 nin un indicio de que os coñecías. 289 00:17:49,291 --> 00:17:51,666 É un mero cálculo de interese propio. 290 00:17:54,416 --> 00:17:55,833 Non che molesta? 291 00:17:57,083 --> 00:17:58,208 O que? 292 00:17:59,041 --> 00:18:00,458 Estar á sombra de Sherlock. 293 00:18:03,125 --> 00:18:04,833 Que el sexa o especial. 294 00:18:04,916 --> 00:18:09,541 E ti, Moriarty, o seu fiel escudeiro. 295 00:18:14,625 --> 00:18:15,875 Non son o seu escudeiro. 296 00:18:41,750 --> 00:18:44,458 - Cando volvamos da fábrica… - Ei. 297 00:18:45,208 --> 00:18:46,583 Non quero aquí a Sherlock. 298 00:18:48,333 --> 00:18:51,250 Claro que non. Queres liderar a colmea. 299 00:18:52,250 --> 00:18:54,208 Hai un tempo para cada cousa. 300 00:18:58,583 --> 00:19:00,291 Espero que durmísedes ben. 301 00:19:01,708 --> 00:19:05,208 Shou'an non estaba onde me dixeches, Shirley. 302 00:19:05,291 --> 00:19:06,708 É unha mágoa. 303 00:19:06,791 --> 00:19:07,958 Que decepción. 304 00:19:08,041 --> 00:19:09,750 - Mirou debaixo da cama? - Non. 305 00:19:09,833 --> 00:19:13,791 Así que teredes que quedar aquí ata que miremos "debaixo da cama". 306 00:19:13,875 --> 00:19:15,125 Mycroft. 307 00:19:16,958 --> 00:19:20,791 Asegúralle ao goberno da Súa Maxestade que recibirán as armas… 308 00:19:20,875 --> 00:19:22,083 A fin de semana. 309 00:19:22,166 --> 00:19:24,000 - A fin de semana. - Abofé. 310 00:19:25,541 --> 00:19:26,833 Perdóame, Sherlock. 311 00:19:28,125 --> 00:19:29,208 Madre. 312 00:19:29,291 --> 00:19:30,333 Bule logo. 313 00:19:30,416 --> 00:19:34,041 Acompáñao á oficina de telégrafos e tráeo de volta. 314 00:19:34,125 --> 00:19:35,375 O meu mozo dos recados. 315 00:19:36,041 --> 00:19:37,375 Falou con Beatrice? 316 00:19:37,458 --> 00:19:39,291 Primeiro Shou'an. 317 00:19:41,416 --> 00:19:42,916 Ben. Hai que marchar. 318 00:19:54,125 --> 00:19:57,666 - Non hai por que ser maleducados. - Tes razón, filla. 319 00:19:57,750 --> 00:19:59,208 Viches, querido? 320 00:19:59,291 --> 00:20:03,041 Bea segue estando aí. Só temos que afastala de Silas. 321 00:20:03,583 --> 00:20:05,541 Recobrará o sentido, Sra. Holmes. 322 00:20:06,291 --> 00:20:07,458 Pouco a pouco. 323 00:20:17,875 --> 00:20:18,916 Grazas. 324 00:20:20,291 --> 00:20:22,625 Debo mandar un telegrama a Londres. Urxente. 325 00:20:25,166 --> 00:20:26,541 Ti. 326 00:20:27,500 --> 00:20:28,750 Grazas. 327 00:20:31,666 --> 00:20:34,041 Vaites. Podería afiarme isto? 328 00:20:34,833 --> 00:20:35,875 Agradézollo. 329 00:20:45,000 --> 00:20:45,875 Dá a volta. 330 00:20:46,416 --> 00:20:47,708 Abre a porta. 331 00:20:49,291 --> 00:20:50,458 Métete aí. 332 00:20:51,083 --> 00:20:52,208 Así me gusta. 333 00:20:55,291 --> 00:20:56,541 Desculpe o do lapis. 334 00:21:09,000 --> 00:21:10,000 Pasa. 335 00:21:12,750 --> 00:21:13,875 Princesa. 336 00:21:14,625 --> 00:21:16,500 Sabes que non son unha princesa. 337 00:21:16,583 --> 00:21:17,958 Temo que é o costume. 338 00:21:18,833 --> 00:21:20,250 Veño pedirche axuda. 339 00:21:22,500 --> 00:21:25,458 Observo a súa rutina, e non atopo un punto débil. 340 00:21:25,541 --> 00:21:26,833 Poderiamos gañarlles. 341 00:21:26,916 --> 00:21:29,708 Van armados e teñen vantaxe numérica. 342 00:21:29,791 --> 00:21:32,666 Díllelo aos espartanos. Debemos elaborar un plan. 343 00:21:32,750 --> 00:21:35,041 Un momento. Ese non é…? 344 00:21:35,125 --> 00:21:36,541 Mycroft. 345 00:21:36,625 --> 00:21:37,666 Que fai? 346 00:21:37,750 --> 00:21:39,791 Diría que te está saudando. 347 00:21:40,833 --> 00:21:43,291 Se cre que así vai recuperar o meu favor, 348 00:21:43,375 --> 00:21:44,666 está moi equivocado. 349 00:21:44,750 --> 00:21:45,833 Non, madre, mire. 350 00:21:47,166 --> 00:21:48,541 Non nos traizoou. 351 00:21:50,958 --> 00:21:53,291 Si. Ola. Desculpen. 352 00:21:53,375 --> 00:21:55,583 Veño dunha misión urxente para meu pai. 353 00:21:55,666 --> 00:21:57,541 Se non abren a porta agora mesmo, 354 00:21:57,625 --> 00:22:00,083 poden darse por mortos ao final do día. 355 00:22:02,291 --> 00:22:04,333 Xa volvemos para arriba. 356 00:22:10,125 --> 00:22:11,166 Non? 357 00:22:14,708 --> 00:22:16,000 Mira para aí. 358 00:22:17,416 --> 00:22:18,791 As chaves, por favor. 359 00:22:19,750 --> 00:22:21,458 Será mellor que colla isto. 360 00:22:22,708 --> 00:22:23,708 Desculpe. 361 00:22:28,500 --> 00:22:31,083 - Ben feito, meu irmán. - Grazas, meu irmán. 362 00:22:31,166 --> 00:22:33,416 - Que ben saíu todo. - Saíu, si. 363 00:22:36,750 --> 00:22:38,083 Abaixo! 364 00:22:38,166 --> 00:22:39,166 Madre. 365 00:22:51,000 --> 00:22:52,250 Deus te bendiga. 366 00:22:57,750 --> 00:23:00,083 - Grazas por vir. - Quería verte de novo. 367 00:23:02,250 --> 00:23:03,625 Iso e matar a teu pai. 368 00:23:41,458 --> 00:23:42,625 Alto o fogo! 369 00:23:43,958 --> 00:23:46,125 - Madre, veña. - Madre, está ben? 370 00:23:46,208 --> 00:23:48,333 Alterada, pero ben. 371 00:23:50,333 --> 00:23:51,875 Deus, síntome vivo! 372 00:23:51,958 --> 00:23:53,416 Perdoa por dubidar de ti. 373 00:23:53,500 --> 00:23:56,625 Tranquila. Eu tamén dubidei, dadas as circunstancias. 374 00:23:56,708 --> 00:23:57,875 Que boa xogada. 375 00:23:57,958 --> 00:23:59,000 O mesmo digo. 376 00:23:59,708 --> 00:24:00,750 Onde vai teu pai? 377 00:24:02,875 --> 00:24:03,958 Na súa fábrica. 378 00:24:04,791 --> 00:24:06,041 Onde? 379 00:24:06,125 --> 00:24:07,125 Non o sabemos. 380 00:24:07,791 --> 00:24:08,791 Aínda. 381 00:24:08,875 --> 00:24:12,083 Temos algunha pista de onde pode estar esa fábrica? 382 00:24:12,166 --> 00:24:13,958 Non. Ningunha. 383 00:24:14,041 --> 00:24:16,041 Ten que haber algunha pista. 384 00:24:17,291 --> 00:24:20,583 E isto? Semella un mapa dalgunha costa. 385 00:24:20,666 --> 00:24:23,833 Non nos vale. Nin sequera ten marcado o norte. 386 00:24:23,916 --> 00:24:24,916 Certo. 387 00:24:29,375 --> 00:24:30,416 O piso. 388 00:24:31,000 --> 00:24:33,833 - Que ten? - As baldosas están gastadas. 389 00:24:33,916 --> 00:24:35,333 Debido ás pisadas. 390 00:24:35,416 --> 00:24:36,916 Baixo a parede? 391 00:24:37,000 --> 00:24:39,750 Por que hai baldosas gastadas a carón da parede? 392 00:24:39,833 --> 00:24:40,916 Non debería. 393 00:24:42,000 --> 00:24:43,083 A menos que… 394 00:24:52,208 --> 00:24:53,250 Só era unha idea. 395 00:25:04,333 --> 00:25:06,458 Encántanme os pasadizos secretos. 396 00:25:07,500 --> 00:25:08,500 Moi ben. 397 00:25:10,958 --> 00:25:12,583 Parece un vello almacén téxtil. 398 00:25:14,125 --> 00:25:16,083 Por que querería mantelo en segredo? 399 00:25:17,791 --> 00:25:19,458 Ai, Deus santo. 400 00:25:21,333 --> 00:25:24,666 Querido, esta boneca é coma a que Bea tiña de pequena. 401 00:25:24,750 --> 00:25:25,750 Lembras? 402 00:25:29,791 --> 00:25:30,791 É opio. 403 00:25:31,958 --> 00:25:34,625 Monta unha rede de comercio téxtil… 404 00:25:34,708 --> 00:25:37,750 - E úsaa para o contrabando. - E polas mesmas rutas 405 00:25:37,833 --> 00:25:39,333 distribuirá o axente nervioso. 406 00:25:39,416 --> 00:25:40,416 Mirade isto. 407 00:25:41,041 --> 00:25:43,833 Profesor Thompson, Malik, 408 00:25:45,000 --> 00:25:47,208 Roberts e Enright. 409 00:25:48,083 --> 00:25:50,583 Con este estudo sobre ondas de son predín 410 00:25:50,666 --> 00:25:53,708 a reacción do axente nervioso en distintos climas. 411 00:25:53,791 --> 00:25:56,666 Traxectorias. Son ecuacións de traxectorias. 412 00:25:57,375 --> 00:25:58,458 Foguetes. 413 00:25:59,583 --> 00:26:03,208 Están construíndo foguetes para soltaren o axente nervioso. 414 00:26:03,291 --> 00:26:05,500 Para espallaren a morte dende o ar. 415 00:26:07,708 --> 00:26:08,958 Profesor Malik. 416 00:26:12,083 --> 00:26:13,125 "Tanatita." 417 00:26:13,708 --> 00:26:15,666 O mineral das terras do meu pobo. 418 00:26:18,458 --> 00:26:19,541 E isto. 419 00:26:20,291 --> 00:26:23,125 É a súa ecuación para convertelo nunha morte lenta. 420 00:26:23,208 --> 00:26:24,500 James. 421 00:26:24,583 --> 00:26:26,208 - Cando nos coñecemos. - Si. 422 00:26:26,833 --> 00:26:29,791 Creamos números novos. Pero os números non son reais. 423 00:26:30,500 --> 00:26:31,583 Son imaxinarios. 424 00:26:32,333 --> 00:26:35,041 Créanse para resolver ecuacións irresolubles. 425 00:26:35,125 --> 00:26:36,875 Solución oposta ou complementaria. 426 00:26:36,958 --> 00:26:38,625 Sempre hai outra solución. 427 00:26:38,708 --> 00:26:41,041 - O revés do positivo. - O negativo. 428 00:26:41,125 --> 00:26:43,875 - Tendo o positivo… - Podemos dar co negativo. 429 00:26:43,958 --> 00:26:47,125 E crear un composto que neutralice a ameaza da morte lenta. 430 00:26:47,208 --> 00:26:49,375 En teoría, podemos derrotar a Silas. 431 00:26:50,333 --> 00:26:51,791 En teoría, si. 432 00:26:53,875 --> 00:26:55,083 Que? Algún problema? 433 00:26:56,333 --> 00:26:57,833 A ecuación está inacabada. 434 00:26:58,666 --> 00:27:00,875 Sherlock, ven ver isto. 435 00:27:02,166 --> 00:27:07,041 Mira, todas estas liñas van dar ao centro dun círculo. 436 00:27:07,125 --> 00:27:09,791 - Será o radio de acción? - Como se espalla. 437 00:27:09,875 --> 00:27:13,458 Todos parten da mesma localización. 438 00:27:14,625 --> 00:27:15,583 "Afshin." 439 00:27:15,666 --> 00:27:16,666 Será a fábrica? 440 00:27:16,750 --> 00:27:17,750 Podes levarnos alí? 441 00:27:19,250 --> 00:27:21,500 Si. Está a un día de camiño. 442 00:27:21,583 --> 00:27:23,583 Moi ben, imos en busca de Beatrice. 443 00:27:23,666 --> 00:27:27,333 Bulide. Coñezo un camiño atravesando as montañas. 444 00:27:32,958 --> 00:27:34,583 Necesito que me diga unha cousa. 445 00:27:34,666 --> 00:27:35,708 O que? 446 00:27:35,791 --> 00:27:37,583 Ela sabíao, non si? 447 00:27:37,666 --> 00:27:38,750 A Sra. Tilcott. 448 00:27:38,833 --> 00:27:40,875 Sabía perfectamente de onde saín. 449 00:27:40,958 --> 00:27:42,625 Por que mo preguntas agora? 450 00:27:43,750 --> 00:27:45,083 Quero sabelo agora. 451 00:27:45,916 --> 00:27:49,625 Quería alguén coñecido que coidase ben de ti. 452 00:27:50,333 --> 00:27:52,083 Foi así como me atopaches? 453 00:27:52,666 --> 00:27:54,541 Por que non me botou nese momento? 454 00:27:54,625 --> 00:27:57,625 Isto é por túa nai, verdade? Todas estas preguntas. 455 00:27:58,416 --> 00:27:59,750 Meteuse na túa cabeza. 456 00:28:00,500 --> 00:28:05,208 Iso é o que fai coa xente, ben o sei. Mente, manipula. 457 00:28:06,208 --> 00:28:07,500 Advertinte sobre ela. 458 00:28:09,416 --> 00:28:11,958 Non é propio de ti dubidar de ti mesma. 459 00:28:12,041 --> 00:28:13,791 Non dubido de min. 460 00:28:14,875 --> 00:28:16,083 Dubido de vostede. 461 00:28:17,666 --> 00:28:19,000 Que diantre dis? 462 00:28:20,541 --> 00:28:23,041 De verdade era madre unha ameaza para min? 463 00:28:23,791 --> 00:28:25,625 Foi esa a razón pola que me afastou? 464 00:28:29,125 --> 00:28:30,291 Contaraslle a Sherlock 465 00:28:30,375 --> 00:28:32,875 o ben que o pasaches onte co seu amigo? 466 00:28:34,500 --> 00:28:36,000 Seguro que non. Por que? 467 00:28:37,250 --> 00:28:39,708 Porque actuamos segundo os nosos desexos. 468 00:28:39,791 --> 00:28:42,791 Actuamos polo noso propio interese. 469 00:28:43,541 --> 00:28:46,083 Seguro que ti o entendes mellor que ninguén. 470 00:28:47,500 --> 00:28:49,833 Vexo como lle fala a Sherlock. 471 00:28:49,916 --> 00:28:54,000 Dígolle o que precisa escoitar para mantelo do noso lado. 472 00:28:55,000 --> 00:28:56,583 Acaso non o fai comigo? 473 00:28:59,000 --> 00:29:00,625 Os celos non son propios de ti. 474 00:29:01,583 --> 00:29:04,125 Ademais, nós os tres xuntos… 475 00:29:05,375 --> 00:29:07,000 Tan malo sería? 476 00:29:16,958 --> 00:29:18,583 Pasaremos a noite aquí. 477 00:29:21,250 --> 00:29:23,625 Supoñamos que recuperamos a túa irmá, 478 00:29:23,708 --> 00:29:25,583 que volve á casa e sodes felices. 479 00:29:25,666 --> 00:29:27,291 Ninguén tenta matar a ninguén. 480 00:29:28,583 --> 00:29:31,291 - Que farás despois? - Non pensei no futuro. 481 00:29:32,083 --> 00:29:33,250 Non o sei con certeza. 482 00:29:34,166 --> 00:29:35,166 E ti? 483 00:29:36,458 --> 00:29:38,166 Supoño que volverei á casa. 484 00:29:40,500 --> 00:29:42,250 Creo que o goberno británico 485 00:29:42,333 --> 00:29:44,583 pagaría moi ben pola arma de teu pai. 486 00:29:44,666 --> 00:29:48,375 Non quero formar parte de nada co que meu pai gañe un só penique. 487 00:29:48,458 --> 00:29:50,833 El non, Sherlock. Nós. 488 00:29:50,916 --> 00:29:52,541 - Nós? - Si. 489 00:29:53,375 --> 00:29:55,291 E se non a destruímos? 490 00:29:56,333 --> 00:29:58,708 Vendémoslla ao goberno da Súa Maxestade. 491 00:30:01,291 --> 00:30:02,291 Pénsao. 492 00:30:03,083 --> 00:30:06,000 Liberdade, Sherlock. Poderiamos facer o que quixésemos. 493 00:30:06,083 --> 00:30:09,750 Faríannos grandes estatuas. Ninguén se poñería no noso camiño. 494 00:30:14,791 --> 00:30:17,291 Veña, ho! Estou de broma. 495 00:30:59,083 --> 00:31:03,083 - Esad, podes ocuparte disto, por favor? - Si. señor. 496 00:31:03,916 --> 00:31:06,083 Comezade a embalalo todo para o envío. 497 00:31:08,541 --> 00:31:11,125 Non llela imos vender só aos británicos, ou? 498 00:31:11,666 --> 00:31:13,000 Ti que cres? 499 00:31:13,083 --> 00:31:15,875 En canto cerremos o trato co goberno británico, 500 00:31:15,958 --> 00:31:17,625 venderémola aos franceses. 501 00:31:19,083 --> 00:31:22,250 Prusianos, rusos, chineses… A quen a queira mercar. 502 00:31:23,458 --> 00:31:25,083 Por que só aos gobernos? 503 00:31:25,166 --> 00:31:26,041 Continúa. 504 00:31:26,125 --> 00:31:28,583 Por que non a particulares e a empresas? 505 00:31:28,666 --> 00:31:30,000 O mercado é infinito. 506 00:31:30,083 --> 00:31:33,291 Sempre fuches máis ambiciosa ca min. 507 00:31:34,250 --> 00:31:35,625 A miña marabillosa Bea. 508 00:31:39,583 --> 00:31:41,250 A miña marabillosa Bea. 509 00:31:43,250 --> 00:31:44,458 Tan marabillosa. 510 00:31:46,375 --> 00:31:48,833 - Que pasou? - Que vas ir a Oxford. 511 00:31:48,916 --> 00:31:50,166 Verás, é… 512 00:31:51,250 --> 00:31:54,250 moi probable que vexas a Mycroft, mesmo a Sherlock. 513 00:31:54,333 --> 00:31:56,708 Supoño que che vai resultar difícil. 514 00:31:56,791 --> 00:31:59,541 Por suposto, ti decides se queres contárllelo… 515 00:32:01,166 --> 00:32:03,708 Pero se lles dis que es súa irmá… 516 00:32:05,291 --> 00:32:07,833 todo o que conseguimos xuntos… 517 00:32:10,291 --> 00:32:12,333 Todo iso correrá perigo. 518 00:32:14,500 --> 00:32:16,875 Nunca o traizoaría, padre. 519 00:32:18,208 --> 00:32:19,250 Nunca. 520 00:32:22,916 --> 00:32:23,916 Profesor Malik. 521 00:32:24,000 --> 00:32:25,166 Señor Holmes. 522 00:32:44,958 --> 00:32:45,958 Afshin. 523 00:32:48,291 --> 00:32:49,333 Velaí o está. 524 00:32:50,625 --> 00:32:52,125 Imos botar un ollo? 525 00:32:52,875 --> 00:32:55,416 Todo isto está moi ben, pero como entramos? 526 00:32:56,000 --> 00:32:58,208 Acéptanse ideas, por favor. 527 00:33:00,333 --> 00:33:01,416 Un momento. 528 00:33:12,583 --> 00:33:13,958 O mapa do estudio de Silas. 529 00:33:14,041 --> 00:33:15,958 A forma desas montañas coincide. 530 00:33:16,041 --> 00:33:17,166 O que non valía, 531 00:33:17,250 --> 00:33:19,291 - e nin tiña o norte. - Non é un mapa. 532 00:33:19,375 --> 00:33:21,166 É un plano transversal. 533 00:33:21,250 --> 00:33:23,208 Non eran estradas. Eran túneles. 534 00:33:23,291 --> 00:33:25,541 Eses túneles están baixo os nosos pés. 535 00:33:26,916 --> 00:33:28,250 Hai outra entrada. 536 00:33:51,958 --> 00:33:53,500 - Impresionante. - Grazas. 537 00:33:57,250 --> 00:33:58,291 Aí está Malik. 538 00:33:59,250 --> 00:34:00,625 Vou por el. 539 00:34:00,708 --> 00:34:03,458 - Agarda. - Vou con ela. Coidado. 540 00:34:31,416 --> 00:34:32,458 Por favor. 541 00:34:32,541 --> 00:34:34,541 Na miña vila, cando matan alguén, 542 00:34:35,166 --> 00:34:37,416 cremos que a súa alma queda no Lian Yu. 543 00:34:38,166 --> 00:34:40,541 - É un abismo. - Só son un científico. 544 00:34:41,375 --> 00:34:43,875 - Busco a verdade. - Cando vingan a súa morte, 545 00:34:43,958 --> 00:34:45,875 - quedan liberados. - Non. 546 00:34:48,625 --> 00:34:53,750 Eu liberarei a meus pais. 547 00:35:06,791 --> 00:35:07,833 Botemos isto abaixo. 548 00:35:18,166 --> 00:35:19,166 Ola, Beatrice. 549 00:35:23,458 --> 00:35:24,708 Como non ías atoparme? 550 00:35:26,166 --> 00:35:27,666 Á fin e ao cabo, es un Holmes. 551 00:35:29,291 --> 00:35:31,125 Pregúntome se te pareces a min. 552 00:35:31,208 --> 00:35:33,000 Dado que son máis vello ca ti, 553 00:35:33,083 --> 00:35:35,500 creo que es ti quen se parece a min. 554 00:35:36,625 --> 00:35:37,708 Bea. 555 00:35:41,000 --> 00:35:42,291 Escoita. 556 00:35:42,958 --> 00:35:44,166 Escóitame, querida. 557 00:35:45,458 --> 00:35:47,625 Non sei por onde empezar. 558 00:35:49,000 --> 00:35:51,458 Durante o tempo que pasei no manicomio, 559 00:35:52,583 --> 00:35:55,458 todos eses anos, o único que me mantiña en pé 560 00:35:56,500 --> 00:35:57,958 eran os recordos contigo. 561 00:35:58,666 --> 00:36:00,250 Lembras a pega? 562 00:36:01,916 --> 00:36:06,916 Atopamos unha pega no bosque que tiña a ala rota. 563 00:36:08,291 --> 00:36:09,416 Ti querías salvala. 564 00:36:10,750 --> 00:36:14,208 Así que a metemos nunha caixa no alpendre do xardín, 565 00:36:14,916 --> 00:36:17,083 e iamos darlle de comer todos os días. 566 00:36:18,208 --> 00:36:20,708 Ata que un día fomos e… 567 00:36:22,458 --> 00:36:23,625 saíra voando. 568 00:36:25,041 --> 00:36:26,125 Sobrevivira. 569 00:36:27,458 --> 00:36:28,583 Igual ca ti. 570 00:36:30,000 --> 00:36:31,083 Sobreviviches. 571 00:36:32,333 --> 00:36:33,375 Sobreviviches. 572 00:36:36,541 --> 00:36:37,625 Recórdoo. 573 00:36:38,416 --> 00:36:39,375 Recórdalo? 574 00:36:39,458 --> 00:36:41,000 Recordo a pega. Lembro… 575 00:36:59,291 --> 00:37:00,416 Créote. 576 00:37:02,125 --> 00:37:03,166 Créote. 577 00:37:04,041 --> 00:37:05,083 Meu amor. 578 00:37:09,583 --> 00:37:10,625 Grazas. 579 00:37:13,833 --> 00:37:16,791 Virás connosco? Por favor, querida, virás con nós? 580 00:37:18,208 --> 00:37:21,416 Irei, pero primeiro debo facer algo. 581 00:37:21,500 --> 00:37:23,416 - Vai diante. - Seguímoste. 582 00:37:29,750 --> 00:37:31,041 Isto servirá. 583 00:37:32,625 --> 00:37:34,958 Isto abondará para derrubar a montaña. 584 00:37:39,291 --> 00:37:41,875 - James, que fas? - Agora mesmo vou. 585 00:37:54,208 --> 00:37:56,166 - Padre. - Si, Bea. 586 00:37:56,250 --> 00:37:58,750 - Mira o que atopei. - Beatrice. 587 00:38:00,958 --> 00:38:02,791 Recolliches uns vagabundos. 588 00:38:04,541 --> 00:38:05,708 Sherlock. 589 00:38:07,083 --> 00:38:08,250 Deches co sitio. 590 00:38:09,875 --> 00:38:11,208 O teu mellor truco. 591 00:38:16,583 --> 00:38:17,708 Que fas? 592 00:38:18,500 --> 00:38:20,833 Escoiteino, Sherlock, no xardín. 593 00:38:20,916 --> 00:38:24,583 Sé a miña man dereita, o meu sucesor, o meu herdeiro. 594 00:38:24,666 --> 00:38:26,583 A min prometeume o mesmo. 595 00:38:27,375 --> 00:38:28,500 Beatrice, non. 596 00:38:29,500 --> 00:38:31,375 Deicho todo. 597 00:38:33,000 --> 00:38:35,375 Non quero, Beatrice. Oíches? 598 00:38:35,458 --> 00:38:37,958 - Non serei o seu herdeiro. - Beatrice. 599 00:38:45,166 --> 00:38:46,416 Nunca te traizoaría. 600 00:38:56,833 --> 00:38:57,958 Ponlle lume. 601 00:38:59,291 --> 00:39:00,916 James! Veña! Bule! 602 00:39:23,166 --> 00:39:24,583 Estades ben? 603 00:39:25,166 --> 00:39:26,500 Onde foi? 604 00:39:27,458 --> 00:39:28,833 Onde está? 605 00:39:28,916 --> 00:39:31,000 - Onde está? - Debemos marchar xa! 606 00:39:31,583 --> 00:39:32,583 Por aquí! 607 00:40:04,750 --> 00:40:05,791 Sherlock! 608 00:40:50,375 --> 00:40:52,250 Vou ter que ir buscarte? 609 00:40:53,708 --> 00:40:56,416 Tranquila. Está aquí pola mesma razón ca ti. 610 00:41:09,708 --> 00:41:11,833 Queres dicir algo? 611 00:41:11,916 --> 00:41:12,791 Non. 612 00:41:12,875 --> 00:41:16,916 Sherlock, vas quedar aí vendo como disparan a un home indefenso? 613 00:41:19,541 --> 00:41:20,541 É iso propio de ti? 614 00:41:25,000 --> 00:41:26,000 Sherlock. 615 00:41:29,750 --> 00:41:30,708 A sangue frío non. 616 00:41:30,791 --> 00:41:32,375 Fixeches unha promesa. 617 00:41:32,458 --> 00:41:34,750 Responderá ante a xustiza polos seus delitos. 618 00:41:34,833 --> 00:41:37,666 Iso non o decides ti, Sherlock. Quita do medio. 619 00:41:37,750 --> 00:41:39,708 Non me moverei, Beatrice. 620 00:41:39,791 --> 00:41:42,166 Se non teño reparos en disparar a meu pai, 621 00:41:42,250 --> 00:41:43,875 podo dispararche a ti tamén. 622 00:41:49,208 --> 00:41:50,041 Non me moverei. 623 00:41:55,625 --> 00:41:58,916 Que está facendo? Non, pare! Quite de enriba! 624 00:41:59,000 --> 00:42:00,875 Pare! Sólteme! 625 00:42:00,958 --> 00:42:01,958 Sólteme! 626 00:42:05,333 --> 00:42:07,250 Sempre souben que me querías, fillo. 627 00:42:07,333 --> 00:42:08,458 Non. Non. 628 00:42:48,000 --> 00:42:49,375 É todo canto queda. 629 00:42:52,125 --> 00:42:54,875 En que momento cres que se desviou 630 00:42:54,958 --> 00:42:56,583 e colleu o camiño equivocado? 631 00:42:57,333 --> 00:42:59,708 Na súa opinión, non se desviou. 632 00:43:00,583 --> 00:43:03,583 Todo era intencionado, todo seguía un plan. 633 00:43:03,666 --> 00:43:06,833 Non estaba arrepentido. 634 00:43:08,541 --> 00:43:09,791 Seguía outro código. 635 00:43:09,875 --> 00:43:12,291 - Deféndelo? - Non o defendo, Mycroft. 636 00:43:12,375 --> 00:43:13,625 Trato de entendelo. 637 00:43:14,250 --> 00:43:15,708 Trato de entender a súa… 638 00:43:17,416 --> 00:43:18,541 mente criminal. 639 00:43:26,333 --> 00:43:27,333 Sherlock? 640 00:43:27,416 --> 00:43:28,750 É coma un panal. 641 00:43:31,375 --> 00:43:33,083 Apis mellifera. 642 00:43:36,583 --> 00:43:37,833 A abella melífera. 643 00:43:37,916 --> 00:43:39,375 Para, por favor. 644 00:43:39,458 --> 00:43:41,583 Quería que eu tivese isto. Por que? 645 00:43:42,208 --> 00:43:45,208 Non somos superiores á natureza. 646 00:43:45,875 --> 00:43:47,708 "Non somos superiores á natureza." 647 00:43:49,083 --> 00:43:51,083 - Foron as súas palabras. - Sherlock? 648 00:43:52,166 --> 00:43:53,500 Deixábame unha pista. 649 00:43:53,583 --> 00:43:56,791 Abonda, Sherlock. Debo insistir. 650 00:43:56,875 --> 00:43:59,833 Todo seguía un plan. Nin unha palabra fóra de lugar. 651 00:43:59,916 --> 00:44:02,666 Sobreviven os máis aptos. O pensamento máis orixinal. 652 00:44:02,750 --> 00:44:04,416 - Non somos… - Sherlock! 653 00:44:04,500 --> 00:44:06,416 Abonda. O que dis non ten sentido. 654 00:44:08,541 --> 00:44:09,666 "Orixinal." 655 00:44:10,791 --> 00:44:11,916 Darwin. 656 00:44:15,041 --> 00:44:16,958 A ORIXE DAS ESPECIES DARWIN 657 00:44:26,541 --> 00:44:27,916 Non somos superiores. 658 00:44:31,208 --> 00:44:32,833 Todo segue un plan. 659 00:44:39,583 --> 00:44:40,708 Deixa a chave. 660 00:44:42,125 --> 00:44:44,041 - Por que? - Por favor. 661 00:44:46,625 --> 00:44:47,916 Pecha o libro, Sherlock. 662 00:44:50,666 --> 00:44:51,791 Acabouse. 663 00:45:13,458 --> 00:45:14,958 Grazas, meu irmán. 664 00:45:27,333 --> 00:45:30,041 Verás, nunca me entusiasmou a realeza. 665 00:45:31,500 --> 00:45:32,541 Pero… 666 00:45:33,791 --> 00:45:34,958 debo admitilo: 667 00:45:35,750 --> 00:45:37,250 es a miña princesa favorita. 668 00:45:38,291 --> 00:45:39,666 Grazas, Sherlock Holmes. 669 00:45:40,875 --> 00:45:42,250 Espero que atopes o xeito 670 00:45:42,333 --> 00:45:44,875 de darlle bo uso a esa túa mente marabillosa. 671 00:45:56,666 --> 00:45:57,833 RAÍCES DE CORPLEY 672 00:45:57,916 --> 00:45:59,125 Encaixan á perfección. 673 00:46:07,000 --> 00:46:08,125 Ola. 674 00:46:09,333 --> 00:46:10,375 Ola. 675 00:46:12,958 --> 00:46:13,958 Pareces canso. 676 00:46:14,958 --> 00:46:16,708 Non durmín moito esta noite. 677 00:46:16,791 --> 00:46:17,875 Teño eu a culpa? 678 00:46:17,958 --> 00:46:19,125 Non me queixo. 679 00:46:21,083 --> 00:46:22,708 Teño que ensinarche algo. 680 00:46:23,375 --> 00:46:24,375 Estou intrigada. 681 00:46:24,458 --> 00:46:26,125 Fariamos bo equipo. 682 00:46:27,375 --> 00:46:28,416 Ti mais eu. 683 00:46:31,625 --> 00:46:34,333 - Seguíronte? - Non. Tiven coidado. 684 00:46:34,416 --> 00:46:35,625 Sherlock está aí. 685 00:46:35,708 --> 00:46:37,083 Non te vires. 686 00:46:37,166 --> 00:46:38,250 Sae por atrás. 687 00:46:39,375 --> 00:46:41,041 - Ata a noite. - Vale. 688 00:46:46,916 --> 00:46:49,291 - Supoñía que estarías aquí. - Acertaches. 689 00:46:50,416 --> 00:46:52,166 Necesitaba escapar da familia. 690 00:46:53,291 --> 00:46:55,666 - Acaba con un. - Sobre todo a miña. 691 00:46:58,541 --> 00:47:00,875 - Dous whiskys, por favor. - Agora, señor. 692 00:47:00,958 --> 00:47:03,375 Lamentas perder a bolsa de estudos en Oxford? 693 00:47:04,708 --> 00:47:06,208 Lamento coñecerte? 694 00:47:06,833 --> 00:47:09,416 O conserxe da papeleira? 695 00:47:09,500 --> 00:47:10,541 Servente. 696 00:47:11,291 --> 00:47:13,666 Nunca gocei do honor de ser conserxe. 697 00:47:13,750 --> 00:47:16,125 - Se non me distraeses… - Distraínte? 698 00:47:16,208 --> 00:47:18,375 …sería o primeiro da miña promoción. 699 00:47:18,458 --> 00:47:21,125 - Sen dúbida. - Acadaría un bo posto no goberno. 700 00:47:21,208 --> 00:47:22,333 Serías imparable. 701 00:47:22,416 --> 00:47:24,083 Secretario de Exteriores. 702 00:47:24,166 --> 00:47:26,000 Non poñas límites á túa ambición. 703 00:47:26,083 --> 00:47:28,333 Habías ser Primeiro Ministro como mínimo. 704 00:47:28,416 --> 00:47:32,625 Si, podería ser quen manexase todos os fíos, non si? 705 00:47:32,708 --> 00:47:34,333 Vale, se insistes… 706 00:47:36,541 --> 00:47:37,541 Non. 707 00:47:37,625 --> 00:47:38,916 Non me arrepinto. 708 00:47:41,750 --> 00:47:42,875 De feito… 709 00:47:44,875 --> 00:47:46,708 creo que debería agradecerche, 710 00:47:47,666 --> 00:47:48,708 Sherlock Holmes, 711 00:47:49,375 --> 00:47:51,791 que me salvases dunha vida aburrida. 712 00:47:52,583 --> 00:47:54,958 Pois a iso eu respondería 713 00:47:55,666 --> 00:47:56,791 que de nada. 714 00:48:17,875 --> 00:48:18,958 Que? 715 00:48:22,416 --> 00:48:23,791 Sei que o tes, 716 00:48:24,916 --> 00:48:25,958 James. 717 00:48:29,000 --> 00:48:31,000 Agora non me veñas con misterios. 718 00:48:31,083 --> 00:48:32,916 O resto da ecuación de Malik. 719 00:48:34,041 --> 00:48:35,291 Sei que o tes. 720 00:48:42,708 --> 00:48:43,750 Tes razón. 721 00:48:45,375 --> 00:48:46,750 Como non ías tela? 722 00:48:49,166 --> 00:48:51,458 Sabes que o collín. E sabes para que? 723 00:48:53,666 --> 00:48:55,125 Para nós os dous. 724 00:48:55,791 --> 00:48:58,125 Se esa arma rexorde das súas cinsas, 725 00:48:58,208 --> 00:49:01,291 teremos os medios para derrotala xuntos. 726 00:49:02,541 --> 00:49:03,583 Ti mais eu. 727 00:49:06,791 --> 00:49:08,125 E logo non me cres? 728 00:49:09,583 --> 00:49:14,500 Sherlock, despois do que pasamos xuntos, estou seguro de que a estas alturas… 729 00:49:17,166 --> 00:49:18,375 xa me coñeces. 730 00:49:46,125 --> 00:49:47,291 Iso que é? 731 00:49:49,041 --> 00:49:50,083 Nada. 732 00:49:53,083 --> 00:49:54,291 Nada? 733 00:49:59,000 --> 00:50:00,083 Non é nada. 734 00:50:53,458 --> 00:50:54,666 Liu Mei Yi! 735 00:51:04,375 --> 00:51:05,625 Collíchelos? 736 00:51:06,291 --> 00:51:09,083 Collín. Collinos a todos. 737 00:51:13,125 --> 00:51:14,666 Conseguíchelo. 738 00:51:23,708 --> 00:51:25,166 Xa estás na casa. 739 00:51:25,250 --> 00:51:26,666 Volviches viva á casa. 740 00:52:33,375 --> 00:52:35,375 Subtítulos: Beatriz Rivas Pazos 741 00:52:35,458 --> 00:52:37,458 Supervisora creativa: Abraham Díaz López