1 00:00:06,041 --> 00:00:09,750 ANTERIORMENTE EN THE PERIPHERAL 2 00:00:09,958 --> 00:00:12,750 Na nosa liña temporal, Flynne Fisher non existe. 3 00:00:14,375 --> 00:00:16,083 É bastante sinxelo. 4 00:00:16,125 --> 00:00:19,250 Avanzamos de piso en piso matando ou incapacitando. 5 00:00:20,750 --> 00:00:22,000 Cal é o seu maior medo? 6 00:00:22,083 --> 00:00:23,166 O pasado. 7 00:00:23,708 --> 00:00:26,000 Se tentades traizoarme outra vez, 8 00:00:26,083 --> 00:00:27,125 fareivos anacos. 9 00:00:27,583 --> 00:00:29,250 Temos un problema. 10 00:00:30,666 --> 00:00:32,416 Preciso o vello vivo. 11 00:00:33,791 --> 00:00:35,625 Tecnoloxía roubada. 12 00:00:35,666 --> 00:00:37,666 Pode ser letal nas mans incorrectas. 13 00:00:51,708 --> 00:00:52,625 Ola. 14 00:00:57,083 --> 00:00:59,375 CLÍNICA WALTER REED, 2028 15 00:01:03,833 --> 00:01:05,250 Estiven pensando... 16 00:01:05,583 --> 00:01:06,375 Que? 17 00:01:06,708 --> 00:01:07,625 Aquí postrado, 18 00:01:09,500 --> 00:01:11,166 en ti e nos simuladores. 19 00:01:12,166 --> 00:01:15,125 En como podes volver e reinicialos. 20 00:01:18,041 --> 00:01:19,375 Oxalá puidese eu. 21 00:01:21,666 --> 00:01:24,125 Volver ó nivel do can 22 00:01:24,875 --> 00:01:26,666 e dispararlle desta vez. 23 00:01:29,041 --> 00:01:30,791 É o que ten o xadrez. 24 00:01:33,791 --> 00:01:34,708 Xaque mate 25 00:01:36,541 --> 00:01:38,041 e perdes. 26 00:01:41,583 --> 00:01:43,416 É o que fai a vida tan difícil. 27 00:01:45,041 --> 00:01:46,208 Non podes reiniciar. 28 00:04:17,458 --> 00:04:21,000 A unidade 204 solicita reforzos no 27 da rúa Bateville. 29 00:04:21,125 --> 00:04:24,541 Hai tres vítimas. O sospeitoso fuxiu presuntamente armado. 30 00:04:24,625 --> 00:04:27,500 Repito, fuxiu presuntamente armado. 31 00:04:28,416 --> 00:04:31,791 Recibido, 204. Enviamos a ambulancia 1052. Corto. 32 00:04:43,875 --> 00:04:45,458 Eu non me preocuparía. 33 00:04:45,541 --> 00:04:48,541 Fai o que poidas. Podes volver pola mañá. 34 00:05:02,416 --> 00:05:05,041 Tenente, detectaron un pulso. 35 00:05:05,958 --> 00:05:06,916 De quen? 36 00:05:16,083 --> 00:05:18,333 Disparos na clínica de urxencias. 37 00:05:18,416 --> 00:05:20,500 1052, solicítanse reforzos. 38 00:05:20,583 --> 00:05:23,583 Repito: 1052, solicítanse reforzos. Código tres. 39 00:05:29,875 --> 00:05:31,541 -Que pasa? -Disparos. 40 00:05:31,625 --> 00:05:34,125 Na clínica. Ten que ser o criminal. 41 00:06:05,041 --> 00:06:06,125 Reece morreu. 42 00:06:06,958 --> 00:06:08,916 Dixéronmo de camiño aquí. 43 00:06:09,875 --> 00:06:12,416 Din que tamén matou ó shériff. 44 00:06:13,375 --> 00:06:14,458 E ós Pickett. 45 00:06:15,125 --> 00:06:16,750 Corbell aínda vive. 46 00:06:17,916 --> 00:06:19,541 Pero matou ó shériff Jackman? 47 00:06:21,875 --> 00:06:22,750 Tommy? 48 00:06:23,708 --> 00:06:24,875 Si, foi el. 49 00:06:26,041 --> 00:06:27,125 Matouno a tiros. 50 00:06:34,291 --> 00:06:37,625 Se Nuland sae coa súa, o teu amigo non será o último. 51 00:06:38,750 --> 00:06:40,666 Supoño que pretendedes detela. 52 00:06:41,041 --> 00:06:42,166 Si, claro. 53 00:06:43,458 --> 00:06:44,958 Propoño unha alianza. 54 00:06:45,833 --> 00:06:49,666 Teño recursos que poderían darvos poder no voso mundo. 55 00:06:49,750 --> 00:06:53,458 E parece que vós podedes actuar no meu de xeitos... 56 00:06:54,458 --> 00:06:58,208 que eu non podo, tendo en conta os aspectos relevantes 57 00:06:58,291 --> 00:07:00,416 que descubrín recentemente. 58 00:07:00,500 --> 00:07:01,625 Que quere dicir? 59 00:07:01,708 --> 00:07:04,541 Tedes máis problemas que Cherise Nuland, 60 00:07:04,625 --> 00:07:07,416 a pesar do que sen dúbida a doutora intimida. 61 00:07:08,958 --> 00:07:11,250 O voso mundo está á beira do jackpot. 62 00:07:12,166 --> 00:07:17,083 Creo que podo axudarvos a navegar ante a tormenta que se achega. 63 00:07:21,375 --> 00:07:25,458 Se imos chegar a un acordo, este sería o momento ideal 64 00:07:25,541 --> 00:07:29,625 para que expresedes os vosos ultimatos ou esixencias. 65 00:07:31,916 --> 00:07:32,916 Miña nai. 66 00:07:34,125 --> 00:07:36,708 Volve estar cega e enferma. 67 00:07:39,291 --> 00:07:40,666 Ten que curala. 68 00:07:41,916 --> 00:07:44,375 Como prometiches ti cando comezou todo. 69 00:07:49,750 --> 00:07:50,666 Señora? 70 00:07:51,083 --> 00:07:52,791 Estalles preguntando ás tías. 71 00:07:54,750 --> 00:07:55,958 Síntoo moito. 72 00:07:56,666 --> 00:07:58,416 Os técnicos de Zubov 73 00:07:58,500 --> 00:08:00,791 xa tentaron todo o posible. 74 00:08:08,083 --> 00:08:11,000 Entón non pode axudala? 75 00:08:12,791 --> 00:08:14,041 Por desgraza, non. 76 00:08:15,625 --> 00:08:20,750 A mellor estimación das tías é que lle quedan 554 horas de vida. 77 00:08:21,958 --> 00:08:23,583 Aproximadamente, 23 días. 78 00:08:34,500 --> 00:08:35,666 Irei falar con ela. 79 00:08:37,791 --> 00:08:38,750 Por favor. 80 00:08:51,041 --> 00:08:51,958 Flynne. 81 00:08:54,875 --> 00:08:56,458 Prometérono, Burton. 82 00:09:01,416 --> 00:09:02,541 Prometérono. 83 00:09:28,875 --> 00:09:31,708 Sei que estás triste, Flynne, pero... 84 00:09:34,291 --> 00:09:37,833 tiven unha sensación estraña cando descubrín o do glioma 85 00:09:37,916 --> 00:09:39,083 con respecto a ti. 86 00:09:40,041 --> 00:09:43,875 Estaba naquela sala de diagnóstico, tentando entendelo, 87 00:09:45,541 --> 00:09:50,083 e pensei que quizais non todo sería malo, 88 00:09:51,625 --> 00:09:54,250 que agora Flynne podería vivir a súa vida. 89 00:09:58,333 --> 00:10:01,500 Vivín a miña vida como quixen, mamá, vale? 90 00:10:03,375 --> 00:10:05,375 Non elixiría outra cousa. 91 00:10:05,458 --> 00:10:06,333 Seino. 92 00:10:07,083 --> 00:10:09,000 E quérote por iso. 93 00:10:09,916 --> 00:10:12,625 Levas moito tempo coidando de nós, 94 00:10:14,333 --> 00:10:15,833 pero mereces máis. 95 00:10:17,041 --> 00:10:20,791 Pensei que quizais poderiades vender a casa. 96 00:10:20,875 --> 00:10:22,666 Sacariades algúns cartos. 97 00:10:23,958 --> 00:10:27,375 Burton seguiría sendo Burton, para ben ou para mal, 98 00:10:29,375 --> 00:10:31,916 pero quen sabía a onde chegaría Flynne. 99 00:10:33,291 --> 00:10:35,791 Emocionoume pensar niso. 100 00:10:37,375 --> 00:10:39,541 En que tiveses a oportunidade de ser 101 00:10:40,833 --> 00:10:42,625 quen quixeses. 102 00:10:57,041 --> 00:10:58,416 Onde vas? 103 00:11:00,791 --> 00:11:03,541 As pastillas están facendo efecto. 104 00:11:03,625 --> 00:11:05,083 Íate deixar descansar. 105 00:11:10,208 --> 00:11:13,750 Cando eras un bebé, teu pai chamábate "a nosa landriña". 106 00:11:15,250 --> 00:11:16,083 Por que? 107 00:11:17,250 --> 00:11:19,875 Porque eras moi pequeniña, 108 00:11:19,958 --> 00:11:22,791 pero sentía a túa enerxía e a túa forza 109 00:11:23,666 --> 00:11:25,541 esperando a poder crecer 110 00:11:27,916 --> 00:11:29,833 coma un vello carballo. 111 00:11:32,166 --> 00:11:33,375 Bótoo de menos, mamá. 112 00:11:35,541 --> 00:11:36,541 Eu tamén. 113 00:11:37,500 --> 00:11:38,916 Prométemo, Flynne. 114 00:11:40,000 --> 00:11:41,833 Deixa que a forza creza. 115 00:12:06,666 --> 00:12:09,250 Maria Anathema Ash. 116 00:12:10,791 --> 00:12:12,333 Un historial intrigante. 117 00:12:13,541 --> 00:12:16,083 Como remataches traballando para Lev Zubov? 118 00:12:16,583 --> 00:12:18,333 É complicado. 119 00:12:18,416 --> 00:12:21,625 Irrelevante para o que me levou a contactar con vostede. 120 00:12:21,708 --> 00:12:22,583 E que é? 121 00:12:24,458 --> 00:12:26,083 Os datos que roubou Aelita. 122 00:12:26,916 --> 00:12:29,166 Sei onde están e como recuperalos. 123 00:12:30,000 --> 00:12:32,125 No cerebro de Flynne Fisher. 124 00:12:34,166 --> 00:12:35,666 Lev Zubov sábeo. 125 00:12:36,583 --> 00:12:39,291 Os klepts terán todo o que Aelita roubou. 126 00:12:39,375 --> 00:12:41,250 Non quero vivir nese mundo. 127 00:12:41,333 --> 00:12:44,916 -A detective Lowbeer... -Ten os seus obxectivos. 128 00:12:45,000 --> 00:12:48,833 Non sei cales son, pero non podemos confiar nela para isto. 129 00:12:49,583 --> 00:12:51,291 Ten que detelo vostede. 130 00:12:52,208 --> 00:12:53,291 Pode? 131 00:12:58,375 --> 00:12:59,333 Podo. 132 00:13:01,166 --> 00:13:03,625 Pero requirirá un paso drástico. 133 00:13:04,750 --> 00:13:07,583 Máis do que esperaba que fose preciso. 134 00:13:08,458 --> 00:13:11,083 E comporta un custo abominable. 135 00:13:13,083 --> 00:13:14,625 Canto tempo teño? 136 00:13:15,250 --> 00:13:16,166 Moi pouco. 137 00:13:16,875 --> 00:13:21,541 Supoño que esperarás unha recompensa por traerme estas terribles novas. 138 00:13:22,791 --> 00:13:24,166 Quero que o mate. 139 00:13:25,166 --> 00:13:26,000 A quen? 140 00:13:26,333 --> 00:13:27,250 A Zubov. 141 00:13:31,125 --> 00:13:32,791 Podo preguntar por que? 142 00:13:36,375 --> 00:13:37,708 Por falta de educación. 143 00:13:41,500 --> 00:13:43,958 O que pides non é sinxelo, 144 00:13:44,041 --> 00:13:45,791 dado o seu status de klept. 145 00:13:48,333 --> 00:13:49,166 A non ser... 146 00:13:51,291 --> 00:13:55,000 que esteas disposta a usar a túa presenza no seu fogar 147 00:13:55,083 --> 00:13:56,666 para axudar na operación. 148 00:13:59,208 --> 00:14:01,625 Estouno. Será un pracer. 149 00:14:03,750 --> 00:14:05,958 Excelente. Estamos en contacto. 150 00:14:06,041 --> 00:14:07,166 O paso drástico. 151 00:14:08,583 --> 00:14:09,500 Que é? 152 00:14:12,500 --> 00:14:16,625 Temo que terei que alterar as condicións do coto 153 00:14:16,708 --> 00:14:22,250 dun xeito que destruirá ou invalidará varias décadas de estudos. 154 00:14:22,333 --> 00:14:24,375 Información de vital importancia. 155 00:14:25,250 --> 00:14:29,750 Pero cortarei un membro para salvar o resto do corpo. 156 00:14:29,833 --> 00:14:30,875 Non a entendo. 157 00:14:32,333 --> 00:14:35,625 O jackpot. Levareino ó seguinte nivel. 158 00:14:36,125 --> 00:14:39,291 Iso sacará a moza da ecuación, 159 00:14:39,708 --> 00:14:43,541 ademais do seu fogar, familia e toda esa rexión tan ignorante. 160 00:15:16,625 --> 00:15:17,541 Benvida de volta. 161 00:15:20,875 --> 00:15:22,125 Como está túa nai? 162 00:15:24,333 --> 00:15:25,166 Morrendo. 163 00:15:27,583 --> 00:15:29,625 Sospeitábalo desde o comezo, non? 164 00:15:30,625 --> 00:15:31,708 Síntoo, Flynne. 165 00:15:33,958 --> 00:15:38,250 Ofrecín unha posibilidade como certeza para que fixeses o que queriamos. 166 00:15:39,916 --> 00:15:40,750 Estivo mal. 167 00:15:48,250 --> 00:15:50,166 Aínda podemos atopar a túa irmá? 168 00:15:57,125 --> 00:15:58,083 Está morta. 169 00:15:59,250 --> 00:16:00,541 Non vexo máis opción. 170 00:16:00,833 --> 00:16:01,750 Wilf. 171 00:16:06,625 --> 00:16:07,791 Síntoo. 172 00:16:18,416 --> 00:16:20,875 Paréceme que hai algo obvio que non vexo 173 00:16:21,541 --> 00:16:23,375 por estar demasiado preto. 174 00:16:25,791 --> 00:16:27,708 Dicía que de neno tiña un fogar. 175 00:16:28,208 --> 00:16:29,541 Que falaba del. 176 00:16:30,916 --> 00:16:33,958 Un xardín que baixaba cara a un estanque. 177 00:16:38,125 --> 00:16:40,000 Pero só lembro o refuxio. 178 00:16:41,000 --> 00:16:42,166 Filas para comer. 179 00:16:43,250 --> 00:16:45,041 Choiva caendo nun toldo azul. 180 00:16:45,541 --> 00:16:46,458 A cara dunha dona 181 00:16:47,333 --> 00:16:49,541 a quen elixín como miña nai. 182 00:16:50,958 --> 00:16:52,500 Debía ser un conto. 183 00:16:52,833 --> 00:16:54,291 E teu pai? 184 00:16:56,416 --> 00:16:58,333 Primeiro levaron ós homes. 185 00:16:59,291 --> 00:17:01,916 Non recordo os ataques ós campamentos, 186 00:17:02,000 --> 00:17:04,708 pero Aelita contoume que queimaron todo. 187 00:17:07,750 --> 00:17:09,083 Coidou de min. 188 00:17:09,875 --> 00:17:11,291 Sen ela, estaría morto. 189 00:17:12,083 --> 00:17:13,833 Onde fostes entón? 190 00:17:13,916 --> 00:17:16,041 Ás rúas e ás ruínas. 191 00:17:18,125 --> 00:17:19,291 Case tres anos. 192 00:17:20,625 --> 00:17:21,500 E despois? 193 00:17:23,458 --> 00:17:24,416 Fixen unha parvada. 194 00:17:24,500 --> 00:17:25,416 Wolf! 195 00:17:25,500 --> 00:17:26,333 Wolf! 196 00:17:26,708 --> 00:17:27,791 Capturáronnos 197 00:17:28,291 --> 00:17:29,166 e limpáronnos. 198 00:17:29,541 --> 00:17:31,333 Loitou por seguirmos xuntos. 199 00:17:31,416 --> 00:17:35,416 Pero tiña saudade por aquela vida. "Cando eramos libres", dicía. 200 00:17:35,500 --> 00:17:38,291 Escapamos uns anos despois da adopción. 201 00:17:38,833 --> 00:17:39,958 Planeouno Aelita. 202 00:17:40,666 --> 00:17:43,500 Gardamos suministros e tiñamos o camiño de volta. 203 00:17:44,541 --> 00:17:47,000 Estivemos oito meses no noso pequeno reino. 204 00:17:48,041 --> 00:17:51,875 Ata fixemos unha bandeira. Unha man sen polgar. 205 00:17:52,458 --> 00:17:53,375 Por que? 206 00:17:55,000 --> 00:17:57,708 Aelita dicía que todos vivíramos nun paraíso 207 00:17:59,250 --> 00:18:01,083 antes de evolucionar. 208 00:18:02,416 --> 00:18:05,833 Que todos os pecados xurdiron dos polgares opoñibles. 209 00:18:06,875 --> 00:18:08,208 De poder agarrar. 210 00:18:09,500 --> 00:18:10,333 Ferramentas, 211 00:18:11,375 --> 00:18:12,291 armas 212 00:18:14,041 --> 00:18:14,916 e gorxas. 213 00:18:17,416 --> 00:18:19,250 Que pasou tralos oito meses? 214 00:18:21,041 --> 00:18:22,000 Enfermei. 215 00:18:23,458 --> 00:18:24,583 Estaría morto 216 00:18:25,250 --> 00:18:26,791 se Aelita non me trouxese. 217 00:18:28,208 --> 00:18:30,500 Volveuno deixar todo para salvarme. 218 00:18:32,208 --> 00:18:33,583 Queríate moito. 219 00:18:38,666 --> 00:18:40,750 A detective Lowbeer quere falar 220 00:18:41,666 --> 00:18:42,791 da súa proposta, 221 00:18:44,833 --> 00:18:47,083 pero non sei moi ben que dicir, 222 00:18:47,166 --> 00:18:50,708 porque hai que asumir que pode escoitarnos sempre que quere. 223 00:18:52,708 --> 00:18:54,541 Hai algo que queres dicirme 224 00:18:56,041 --> 00:18:57,416 e sentes que non podes? 225 00:18:58,083 --> 00:18:59,708 Non tan directo. 226 00:19:00,250 --> 00:19:02,458 É unha sensación, non algo concreto. 227 00:19:04,041 --> 00:19:05,708 Por que non volvemos enlazar? 228 00:19:06,291 --> 00:19:07,291 Por que? 229 00:19:07,375 --> 00:19:09,125 Podo facerche preguntas. 230 00:19:09,916 --> 00:19:13,291 Non tes que dicir nada. Podo, non sei, 231 00:19:13,375 --> 00:19:16,208 sacar as miñas propias conclusións do que sentes. 232 00:19:30,250 --> 00:19:32,041 Que pensas de Lowbeer? 233 00:19:33,625 --> 00:19:35,333 Quero propoñer unha alianza. 234 00:19:38,750 --> 00:19:39,583 De Lev? 235 00:19:40,791 --> 00:19:43,958 Nunca serás ti completamente 236 00:19:44,041 --> 00:19:46,583 ata que aceptes esa parte da túa alma. 237 00:19:47,708 --> 00:19:48,541 Aelita? 238 00:19:50,250 --> 00:19:53,875 O ofrecemento desta persoa, ou como lle queiras chamar, 239 00:19:54,333 --> 00:19:56,250 vaime facer feliz? 240 00:19:59,916 --> 00:20:00,875 Flynne Fisher? 241 00:20:14,708 --> 00:20:15,708 Wilf Netherton. 242 00:20:17,958 --> 00:20:19,916 Vives nos mundos de yupi, Fisher. 243 00:20:41,333 --> 00:20:42,208 Espera, 244 00:20:43,916 --> 00:20:44,750 onde era iso? 245 00:20:45,875 --> 00:20:46,750 O que? 246 00:20:46,833 --> 00:20:49,916 A man sen polgar. O voso escondedoiro. 247 00:20:51,541 --> 00:20:52,375 Hostia. 248 00:20:54,125 --> 00:20:55,125 Que parvo son. 249 00:21:05,125 --> 00:21:06,416 Chamamos a Zubov? 250 00:21:13,250 --> 00:21:14,250 Non. 251 00:21:15,666 --> 00:21:17,291 Agora temos unha nova ama. 252 00:21:24,250 --> 00:21:25,625 Seguro que é aquí? 253 00:21:25,708 --> 00:21:27,041 Non era así. 254 00:21:27,125 --> 00:21:29,416 Era un bosque cheo de árbores. 255 00:21:41,708 --> 00:21:42,541 Wilf. 256 00:21:50,541 --> 00:21:52,208 Por que tardaches tanto? 257 00:21:52,291 --> 00:21:54,333 Acabáronse os xogos. Onde estás? 258 00:21:54,708 --> 00:21:56,916 Sígueme. Ela non. 259 00:21:57,666 --> 00:21:59,500 É a base disto. Ten que vir. 260 00:21:59,583 --> 00:22:02,416 Ollos e orellas, Wolf. Compárteos con outros. 261 00:22:03,375 --> 00:22:04,833 Non é así, Ash? 262 00:22:05,541 --> 00:22:08,500 Pode irse ela ou podo encargarme eu. 263 00:22:11,458 --> 00:22:12,333 Vós decidides. 264 00:22:13,916 --> 00:22:14,750 Pero... 265 00:22:15,166 --> 00:22:16,083 Volve á casa. 266 00:22:17,666 --> 00:22:19,750 Contareicho todo. Prométoo. 267 00:22:48,208 --> 00:22:49,250 Sóache? 268 00:22:50,750 --> 00:22:52,458 É onde estaba o campamento. 269 00:22:53,125 --> 00:22:54,250 Onde nos coñecemos. 270 00:22:56,125 --> 00:22:57,750 Non o recordas, verdade? 271 00:22:58,208 --> 00:22:59,208 Era moi novo. 272 00:22:59,875 --> 00:23:01,125 Tiñas sete anos. 273 00:23:01,791 --> 00:23:05,958 Demasiado novo para moitas cousas, pero non para lembrar. 274 00:23:19,541 --> 00:23:22,708 Non o recordas porque non cho permiten. 275 00:23:25,833 --> 00:23:26,750 Aelita. 276 00:23:28,000 --> 00:23:31,250 Resulta que os implantes son aparellos complexos. 277 00:23:31,833 --> 00:23:34,958 O que mellor fan é reprimir os recordos. 278 00:23:35,333 --> 00:23:37,833 Todo o mundo o sabe. Bloquean os traumas. 279 00:23:38,166 --> 00:23:40,291 Sabes que pasou cando quitei o meu? 280 00:23:40,375 --> 00:23:43,208 Perdiches a mellora inmune, entre outras cousas, 281 00:23:43,291 --> 00:23:45,458 o que coido que lamentarás pronto. 282 00:23:46,250 --> 00:23:48,250 Non. Comecei a lembrar cousas. 283 00:23:49,500 --> 00:23:50,541 Todo. 284 00:23:52,833 --> 00:23:54,041 Aquí hai cadáveres. 285 00:23:54,833 --> 00:23:57,000 Baixo este fermoso céspede verde. 286 00:23:57,083 --> 00:23:59,083 Miles de corpos. 287 00:24:00,583 --> 00:24:01,708 Cava un foxo. 288 00:24:06,041 --> 00:24:07,250 Túa nai está aquí, 289 00:24:07,583 --> 00:24:08,666 e túas irmás, 290 00:24:09,416 --> 00:24:10,666 e teu irmán pequeno. 291 00:24:11,500 --> 00:24:14,208 Lembraríalos se te liberases. 292 00:24:15,375 --> 00:24:18,333 Tamén está a miña familia. Asasinada. 293 00:24:22,416 --> 00:24:23,666 Dálla a el. 294 00:24:30,791 --> 00:24:33,208 Vas quedar aí coas mans nos petos? 295 00:24:33,291 --> 00:24:34,750 Cóllea! 296 00:24:37,916 --> 00:24:41,708 Sabes quen matou as nosas familias? Os klepts! 297 00:24:42,750 --> 00:24:46,625 Os colegas do pai do teu amigo Lev, 298 00:24:46,708 --> 00:24:48,750 que eran quen mandaban daquela. 299 00:24:48,833 --> 00:24:52,958 Había unha enfermidade e eliminaron os campamentos por medo. 300 00:24:53,041 --> 00:24:55,416 Non só aquí. Por toda Inglaterra! 301 00:24:55,500 --> 00:24:59,458 Foi un traballo coordinado. Cinco millóns de persoas en dúas semanas. 302 00:24:59,541 --> 00:25:02,625 Un gran logro, non cres? 303 00:25:03,958 --> 00:25:06,125 Reprimen os nosos recordos 304 00:25:06,208 --> 00:25:07,791 porque aínda nos teñen medo. 305 00:25:07,875 --> 00:25:08,916 "Nos"? 306 00:25:18,750 --> 00:25:20,125 Estou a reunilos. 307 00:25:20,708 --> 00:25:23,666 Unha pequena hoste de esquecidos buscando xustiza. 308 00:25:23,750 --> 00:25:26,333 Que pensas conseguir con esta chusma? 309 00:25:26,416 --> 00:25:27,750 Romper unhas ventás? 310 00:25:27,833 --> 00:25:29,958 Os klepts e o CI tremerán de medo. 311 00:25:30,041 --> 00:25:31,583 Só precisamos ferramentas. 312 00:25:31,666 --> 00:25:32,666 Cales? 313 00:25:32,750 --> 00:25:35,791 Os segredos de todas as marabillas do CI. 314 00:25:35,875 --> 00:25:38,166 O infinito na palma da man. 315 00:25:39,791 --> 00:25:41,541 E de onde os vas sacar? 316 00:25:42,416 --> 00:25:43,791 Da cabeza da moza. 317 00:25:53,333 --> 00:25:56,791 O doutor deuche probabilidades ou algo así, Jasper? 318 00:25:57,375 --> 00:26:00,958 Dixo se ten un 10 % de probabilidades de sobrevivir ou algo? 319 00:26:01,041 --> 00:26:02,875 Que estea preparado para o peor. 320 00:26:03,333 --> 00:26:07,208 Sinto moito a túa perda. Todos a sentimos. 321 00:26:07,541 --> 00:26:11,291 Pero morreu coma un rei guerreiro, non si? 322 00:26:11,666 --> 00:26:12,750 Aínda non morreu. 323 00:26:12,833 --> 00:26:14,083 Xa me entendes. 324 00:26:14,583 --> 00:26:16,625 Caeu loitando 325 00:26:17,875 --> 00:26:21,708 e debémoslle continuar co seu legado. 326 00:26:21,833 --> 00:26:24,541 Supoño que agora mando eu, non? 327 00:26:25,458 --> 00:26:26,625 Por que o dis? 328 00:26:28,583 --> 00:26:31,416 -Era o segundo ó mando. -Os collóns. 329 00:26:31,500 --> 00:26:32,916 Vale, vale. 330 00:26:34,333 --> 00:26:37,000 Podemos facer... 331 00:26:37,083 --> 00:26:38,291 Como se chamaba? 332 00:26:38,375 --> 00:26:42,750 Aquilo que facían os romanos cando tiñan tres emperadores. 333 00:26:43,666 --> 00:26:44,666 Como era? 334 00:26:45,916 --> 00:26:46,916 Un... 335 00:26:48,333 --> 00:26:49,541 Un triunvirato. 336 00:26:50,833 --> 00:26:51,958 Exacto. 337 00:26:52,583 --> 00:26:53,958 Pero somos catro. 338 00:27:00,875 --> 00:27:03,083 Ti podes ser o chofer, Jasper. 339 00:27:03,166 --> 00:27:04,541 Lavar os coches. 340 00:27:04,625 --> 00:27:07,708 Si, dánseche de medo os coches. 341 00:27:08,541 --> 00:27:09,375 E agora... 342 00:27:13,750 --> 00:27:15,583 A encher a xerra. 343 00:27:18,791 --> 00:27:19,750 Veña. 344 00:27:34,666 --> 00:27:38,208 E pona a nome do teu tío 345 00:27:39,208 --> 00:27:40,500 se aínda o aceptan. 346 00:28:06,833 --> 00:28:08,416 Abre a puta ventá. 347 00:28:09,166 --> 00:28:10,000 Que? 348 00:28:10,416 --> 00:28:11,583 Abre a puta... 349 00:28:20,000 --> 00:28:22,583 Vas ter que limpar iso, Jasper. 350 00:28:41,333 --> 00:28:43,000 A quen deixo primeiro? 351 00:30:18,500 --> 00:30:19,333 Jasper? 352 00:30:21,750 --> 00:30:24,166 Lembras cando pelexamos polo Monopoly? 353 00:30:24,833 --> 00:30:25,958 Que hora é? 354 00:30:27,291 --> 00:30:28,291 Pasan das 2:00. 355 00:30:28,375 --> 00:30:31,750 Xogabamos con Flynne, Burton e Ella en Acción de Grazas. 356 00:30:32,833 --> 00:30:36,958 Ía gañando eu por moito, 357 00:30:38,166 --> 00:30:42,000 pero sentíame mal, así que prestaba cartos cando parecía 358 00:30:42,083 --> 00:30:44,000 que alguén ía perder. 359 00:30:45,625 --> 00:30:50,416 Pero, á fin, Burton remontou e gañou. 360 00:30:50,500 --> 00:30:52,541 Amor, estás bébedo? 361 00:30:55,041 --> 00:30:58,208 Despois, enfadácheste. Dixeches 362 00:30:59,250 --> 00:31:00,708 que non chegaría a nada 363 00:31:00,791 --> 00:31:03,458 ata deixar de confundir debilidade e amabilidade. 364 00:31:05,458 --> 00:31:07,916 Jasper, non era o que quería dicir. 365 00:31:08,000 --> 00:31:08,916 Si que era. 366 00:31:09,208 --> 00:31:11,250 Non. De verdade. 367 00:31:12,166 --> 00:31:16,750 A túa amabilidade é a razón pola que casei contigo. 368 00:31:20,375 --> 00:31:21,875 Entón, a que veu aquilo? 369 00:31:22,708 --> 00:31:25,250 Supoño que quería que gañases por unha vez. 370 00:31:26,166 --> 00:31:27,875 Pensei que o merecías. 371 00:31:33,791 --> 00:31:35,958 Por que estamos a falar disto? 372 00:31:43,083 --> 00:31:45,583 Case meto o zoco ata o fondo. 373 00:31:45,666 --> 00:31:46,750 Que dis? 374 00:31:52,583 --> 00:31:54,583 Nada. Quérote. Vou para a casa. 375 00:31:59,625 --> 00:32:00,458 Atticus! 376 00:32:05,583 --> 00:32:07,208 Merda, Atticus! 377 00:32:10,625 --> 00:32:12,833 Atticus, esperta! Atticus! 378 00:32:12,916 --> 00:32:16,666 Esperta dunha puta vez, Atticus! 379 00:32:17,166 --> 00:32:19,041 Cash! 380 00:32:19,458 --> 00:32:20,583 Cash! 381 00:32:28,375 --> 00:32:30,625 Atticus! Tíos! 382 00:32:33,250 --> 00:32:35,125 PASO A NIVEL 383 00:32:35,208 --> 00:32:36,166 Atticus! 384 00:32:37,041 --> 00:32:39,541 Atticus! Atticus, esperta! 385 00:32:39,875 --> 00:32:41,208 Esperta dunha puta vez! 386 00:32:41,625 --> 00:32:42,625 Atticus! 387 00:32:47,541 --> 00:32:49,125 Que hostia é iso? 388 00:32:54,666 --> 00:32:55,666 Merda. 389 00:33:45,875 --> 00:33:47,583 Oín o do accidente de tren. 390 00:33:47,916 --> 00:33:49,333 Non vin por iso. 391 00:33:52,625 --> 00:33:55,166 Sei que estás a gardar segredos, Flynne. 392 00:33:55,250 --> 00:33:58,250 -Tommy... -Non me soltes o conto. Enténdoo. 393 00:34:00,625 --> 00:34:04,083 Chamaron de Seguridade Nacional. 394 00:34:05,083 --> 00:34:06,708 As milicias de dereita 395 00:34:06,791 --> 00:34:08,791 fixeron que desen a alarma. 396 00:34:09,541 --> 00:34:13,000 Con todo o que está a pasar con Burton e contigo, 397 00:34:14,166 --> 00:34:16,208 teño que descubrir se sabes algo. 398 00:34:16,291 --> 00:34:17,375 Que pasa? 399 00:34:18,000 --> 00:34:20,291 Din que queren voar un silo de mísiles. 400 00:34:21,416 --> 00:34:25,125 E hai un novo das Forzas Aéreas no camiño a Spring Creek. 401 00:34:25,208 --> 00:34:26,083 Aquel grande. 402 00:34:29,291 --> 00:34:33,083 Flynne, se sabes algo disto... 403 00:34:33,166 --> 00:34:34,208 Non. 404 00:34:35,791 --> 00:34:37,000 Téñome que ir, Tommy. 405 00:34:51,791 --> 00:34:55,291 Macon, prepara o casco. 406 00:34:56,000 --> 00:34:57,250 Teño que volver. 407 00:35:07,375 --> 00:35:09,250 Ash! 408 00:35:09,833 --> 00:35:10,708 E Wilf? 409 00:35:12,541 --> 00:35:13,666 Por que volviches? 410 00:35:15,125 --> 00:35:18,500 A explosión do silo que vimos no museo do jackpot. 411 00:35:18,583 --> 00:35:21,166 Cherise quere que pase no meu mundo. 412 00:35:21,250 --> 00:35:22,166 Estou segura. 413 00:35:27,125 --> 00:35:28,125 Xa o sabías? 414 00:35:35,500 --> 00:35:37,500 Que cona fixeches, Ash? 415 00:35:39,791 --> 00:35:44,916 Os datos que Aelita e ti lle roubastes ó CI gárdanse no ADN. 416 00:35:46,541 --> 00:35:48,583 É o que teño na cabeza, verdade? 417 00:35:49,708 --> 00:35:51,958 A razón das convulsións. 418 00:35:53,583 --> 00:35:54,625 Que é? 419 00:35:55,333 --> 00:35:57,375 Sospeito que toda a biblioteca. 420 00:35:58,166 --> 00:36:00,791 Suficiente para levar o caos ós dous mundos. 421 00:36:02,625 --> 00:36:04,250 E agora, Lev sábeo. 422 00:36:06,125 --> 00:36:08,750 Se os klepts se fan con eles... 423 00:36:12,500 --> 00:36:13,916 Tiven que dicirllo. 424 00:36:14,583 --> 00:36:15,583 A Nuland. 425 00:36:16,333 --> 00:36:19,416 E agora, vai voar todo o meu estado 426 00:36:19,500 --> 00:36:22,625 só para que Lev non se faga cos datos. 427 00:36:23,708 --> 00:36:26,416 A miña vida, a miña familia 428 00:36:26,750 --> 00:36:28,125 e todo o que quero. 429 00:36:30,375 --> 00:36:32,500 Só son un xogo para vós, verdade? 430 00:36:34,000 --> 00:36:35,125 E cun só gañador. 431 00:36:42,375 --> 00:36:43,583 Onde vas? 432 00:36:44,166 --> 00:36:45,166 Gañar. 433 00:37:09,166 --> 00:37:10,583 O Londres de verdade. 434 00:37:11,958 --> 00:37:13,833 O que aínda non reconstruíron. 435 00:37:14,291 --> 00:37:16,666 Teñen traballo por diante. 436 00:37:17,625 --> 00:37:18,666 Que facemos aquí? 437 00:37:19,875 --> 00:37:20,916 Falar. 438 00:37:22,125 --> 00:37:23,333 Sen que nos escoiten. 439 00:37:26,875 --> 00:37:28,083 Cherise Nuland. 440 00:37:28,958 --> 00:37:32,458 Planea voar o silo de Spring Creek. 441 00:37:33,541 --> 00:37:36,625 Eliminarnos a todos para matarme a min. 442 00:37:37,500 --> 00:37:39,041 Tiven a idea 443 00:37:39,791 --> 00:37:41,333 de abrir un coto novo. 444 00:37:42,083 --> 00:37:43,666 Dis o que creo? 445 00:37:45,916 --> 00:37:48,916 Queres reiniciar, coma nun simulador? 446 00:37:49,000 --> 00:37:50,875 Podería salvarnos, 447 00:37:52,250 --> 00:37:55,625 pero preciso da túa axuda. E tamén da de Lowbeer. 448 00:37:58,166 --> 00:37:59,291 É un buraco negro. 449 00:37:59,958 --> 00:38:02,583 Hai niveis de simuladores nos que morres 450 00:38:02,666 --> 00:38:04,666 sen importar o que fagas 451 00:38:04,750 --> 00:38:08,208 porque cometeras un error antes e non o sabías. 452 00:38:08,791 --> 00:38:09,833 Quedas atrapada. 453 00:38:09,916 --> 00:38:11,500 Síntoo, querida. 454 00:38:12,166 --> 00:38:14,000 Oxalá non chegase a isto. 455 00:38:14,083 --> 00:38:16,000 Pregunteille se podía 456 00:38:16,083 --> 00:38:18,166 desconectar o meu coto. 457 00:38:19,125 --> 00:38:20,000 Pode? 458 00:38:20,916 --> 00:38:21,750 Non. 459 00:38:22,583 --> 00:38:24,333 E abrir un novo? 460 00:38:25,750 --> 00:38:28,625 O delicado equilibrio de poder deste mundo 461 00:38:28,708 --> 00:38:31,625 fai de semellante paso unha declaración de guerra. 462 00:38:33,583 --> 00:38:37,750 Pero sei como se podería facer. 463 00:38:39,000 --> 00:38:40,791 Preciso que abra un coto novo. 464 00:38:43,083 --> 00:38:45,041 Se entendo isto correctamente, 465 00:38:45,125 --> 00:38:47,583 propós un plan moi radical. 466 00:38:48,666 --> 00:38:50,291 Cherise pensa que gañou 467 00:38:51,041 --> 00:38:52,833 e que vostede a axudou. 468 00:38:53,541 --> 00:38:56,541 Teriamos acceso ós datos roubados por Aelita, 469 00:38:56,625 --> 00:38:59,125 o que salvaría o meu mundo do jackpot. 470 00:38:59,208 --> 00:39:01,125 As posibilidades son ínfimas. 471 00:39:01,708 --> 00:39:03,750 Un aliado podería ser útil. 472 00:39:03,833 --> 00:39:05,458 Teu irmán, por exemplo. 473 00:39:05,541 --> 00:39:06,708 Non o pode saber. 474 00:39:07,750 --> 00:39:10,708 Se o descobre, non me deixará facelo. 475 00:39:11,041 --> 00:39:12,666 Conner está no allo. 476 00:39:16,208 --> 00:39:17,833 Estás completamente segura? 477 00:39:19,833 --> 00:39:20,791 Si. 478 00:39:23,500 --> 00:39:27,750 O CI ten sedes auxiliares en lugares secretos. 479 00:39:28,125 --> 00:39:29,625 Chámanlles portais a cotos. 480 00:39:29,708 --> 00:39:32,083 Nin os gardas saben onde están. 481 00:39:32,166 --> 00:39:34,583 Son periféricos con control remoto. 482 00:39:34,666 --> 00:39:38,208 Eses gardas periféricos serán tan fortes coma ti. 483 00:39:40,125 --> 00:39:41,083 Mándeme a un. 484 00:39:55,625 --> 00:39:56,666 Cheguei. 485 00:40:07,416 --> 00:40:08,875 Podo axudar en algo? 486 00:40:11,708 --> 00:40:12,708 Quizais. 487 00:40:13,541 --> 00:40:15,250 Podo preguntarche algo? 488 00:40:15,666 --> 00:40:17,875 Aínda vos mareades ó volver 489 00:40:18,583 --> 00:40:19,875 ou arranxárono? 490 00:40:20,541 --> 00:40:22,541 Ó espertar no voso corpo real 491 00:40:23,083 --> 00:40:25,166 tras rematar o turno co periférico. 492 00:41:10,125 --> 00:41:11,083 Vaites. 493 00:42:24,875 --> 00:42:28,000 Pensabas que ías escapar tan fácil? 494 00:42:28,375 --> 00:42:31,541 Tes o mal costume de controlar cousas moribundas. 495 00:42:31,625 --> 00:42:34,208 Non sabes a quen estás a ameazar. 496 00:42:35,750 --> 00:42:38,875 Están todas aquí, non? Tantas vidas. 497 00:42:39,666 --> 00:42:42,250 Só teño que elixir onde quero comezar. 498 00:42:42,916 --> 00:42:43,875 Espera! 499 00:42:44,500 --> 00:42:45,791 Atopareite. 500 00:42:45,875 --> 00:42:47,125 Prométocho. 501 00:42:47,500 --> 00:42:49,500 Eu non estaría tan segura, Cherise. 502 00:42:54,208 --> 00:42:56,333 Agora quero ser eu a cazadora. 503 00:42:57,708 --> 00:43:00,000 Sei exactamente onde estás. 504 00:43:00,833 --> 00:43:03,208 Pero ti non vas saber onde estarei eu. 505 00:43:04,541 --> 00:43:06,208 Non sen as coordenadas. 506 00:43:13,416 --> 00:43:14,250 Non! 507 00:43:38,333 --> 00:43:40,250 Dis o que creo? 508 00:43:41,791 --> 00:43:45,583 Queres reiniciar, coma nun simulador? 509 00:43:45,666 --> 00:43:47,541 Podería salvarnos, 510 00:43:48,833 --> 00:43:52,125 pero preciso da túa axuda. E tamén da de Lowbeer. 511 00:43:53,750 --> 00:43:56,250 Se o consigo, teremos versións novas 512 00:43:56,333 --> 00:43:59,291 coas que Cherise non terá nada que ver. 513 00:44:00,875 --> 00:44:02,000 Estariamos a salvo. 514 00:44:02,291 --> 00:44:04,916 Pero mortos no noso mundo. 515 00:44:09,000 --> 00:44:10,458 Non se eu morro primeiro. 516 00:44:11,458 --> 00:44:13,875 Xa non tería por que voar o silo. 517 00:44:21,416 --> 00:44:22,291 Merda. 518 00:44:25,916 --> 00:44:28,291 Burton dixo que disparaches a alguén 519 00:44:29,541 --> 00:44:30,833 a dous quilómetros. 520 00:44:31,166 --> 00:44:32,583 Merda para el. 521 00:44:34,125 --> 00:44:35,500 Eran tres polo menos. 522 00:44:38,000 --> 00:44:39,958 O que propoño tería que parecer 523 00:44:42,458 --> 00:44:44,500 coma se Lowbeer mandase alguén 524 00:44:44,583 --> 00:44:47,583 como favor para resolver o problema de Cherise. 525 00:44:50,291 --> 00:44:52,291 Entendes o que che pido, Conner? 526 00:44:54,708 --> 00:44:55,541 Si. 527 00:44:57,625 --> 00:44:58,583 Enténdoo. 528 00:45:03,291 --> 00:45:04,625 E este mundo? 529 00:45:06,125 --> 00:45:07,083 Rematamos aquí? 530 00:45:07,541 --> 00:45:08,708 Volverei. 531 00:45:10,583 --> 00:45:11,583 Por que? 532 00:45:13,333 --> 00:45:15,083 Para matar á puta. 533 00:45:18,958 --> 00:45:19,791 Si? 534 00:45:23,083 --> 00:45:23,958 Si. 535 00:45:27,041 --> 00:45:28,833 Sei que é moito, Conner, 536 00:45:30,250 --> 00:45:32,541 pero, se axuda, eu xa o aceptei. 537 00:45:36,208 --> 00:45:37,625 Darei un paseo... 538 00:45:39,208 --> 00:45:40,708 por Hawthorn Creek 539 00:45:41,708 --> 00:45:44,666 e farei unha conta atrás desde dez para min. 540 00:47:04,875 --> 00:47:05,833 Dez, 541 00:47:07,166 --> 00:47:08,041 nove, 542 00:47:09,625 --> 00:47:10,458 oito, 543 00:47:15,416 --> 00:47:16,250 sete, 544 00:47:18,166 --> 00:47:19,000 seis, 545 00:47:24,958 --> 00:47:25,791 cinco, 546 00:47:28,083 --> 00:47:28,916 catro, 547 00:47:31,208 --> 00:47:32,041 tres, 548 00:47:37,041 --> 00:47:37,875 dous... 549 00:48:19,416 --> 00:48:20,250 Ben. 550 00:48:22,416 --> 00:48:23,916 Comezamos o traballo? 551 00:50:40,375 --> 00:50:42,375 Subtítulos: Marcos Carou Balado 552 00:50:42,458 --> 00:50:44,458 Supervisora creativa Estefanía Prol Lusquiños 553 00:51:04,375 --> 00:51:07,541 Promételo sempre, pero despois só falas co teu pai 554 00:51:07,625 --> 00:51:10,416 e déixasme a min coa túa nai. 555 00:51:10,500 --> 00:51:12,583 Desfruta da túa compañía, Dominika. 556 00:51:12,666 --> 00:51:16,375 É fabuloso e un grande afago, seguro, 557 00:51:16,458 --> 00:51:19,958 pero, como sei que xa sabes, non é un sentimento recíproco. 558 00:51:20,958 --> 00:51:23,875 Se puideses darme un momento do teu... 559 00:51:27,625 --> 00:51:31,208 Ai, Lev. Que fixeches? 560 00:51:32,458 --> 00:51:34,750 Nada. Xúrocho. 561 00:51:37,708 --> 00:51:38,791 Quérote. 562 00:52:00,833 --> 00:52:02,750 Desculpen, cabaleiros, parece... 563 00:52:05,791 --> 00:52:08,083 -Senta. -Quedei co meu pai. 564 00:52:08,166 --> 00:52:11,291 Mándache as súas desculpas. Non se atopaba ben. 565 00:52:11,708 --> 00:52:13,291 Problemas de saúde. 566 00:52:14,291 --> 00:52:15,208 Enténdeo. 567 00:52:15,291 --> 00:52:17,916 E pediunos que falásemos contigo. 568 00:52:27,458 --> 00:52:28,500 De que? 569 00:52:28,583 --> 00:52:32,666 Das prácticas aceptadas en Londres desde a diáspora de Putin. 570 00:52:32,750 --> 00:52:35,166 De como traballamos e sobrevivimos. 571 00:52:36,375 --> 00:52:37,625 Fixen algo mal? 572 00:52:37,708 --> 00:52:40,958 O Centro de Investigación. Puxéchesnos en perigo. 573 00:52:41,041 --> 00:52:43,333 É completamente inaceptable. 574 00:52:43,416 --> 00:52:45,291 Ten un prezo, fillo. 575 00:52:47,333 --> 00:52:48,583 Cabaleiros, escoiten. 576 00:52:49,000 --> 00:52:52,166 O recrutamento dun recurso do Centro de Investigación 577 00:52:52,250 --> 00:52:54,083 non saíu do normal. 578 00:52:54,166 --> 00:52:55,958 Quería explotar a oportunidade. 579 00:52:56,958 --> 00:52:59,916 Pero pido desculpas se fixen algo que senten 580 00:53:01,041 --> 00:53:02,625 que arrisca o noso status. 581 00:53:02,708 --> 00:53:07,250 Asegúrolles que non era a miña intención. 582 00:53:07,791 --> 00:53:10,833 Ofrézolles as miñas máis sinceras desculpas 583 00:53:11,291 --> 00:53:15,208 e só espero que me poidan perdoar. 584 00:53:25,291 --> 00:53:28,291 Se vises a cara de panoco que puxeches! 585 00:53:35,916 --> 00:53:36,875 Entendémolo. 586 00:53:37,583 --> 00:53:40,583 Sempre nos interesa ter o CI vixiado. 587 00:53:40,666 --> 00:53:42,666 Non só na busca de beneficios, 588 00:53:42,750 --> 00:53:44,791 senón polos nosos intereses. 589 00:53:44,875 --> 00:53:46,208 É dicir, negocios. 590 00:53:46,291 --> 00:53:50,166 Pero nada diso importa xa. É hora de actuar. 591 00:53:50,250 --> 00:53:52,000 Fai o que teñas que facer. 592 00:53:52,083 --> 00:53:53,791 Cauteriza a ferida. 593 00:53:53,875 --> 00:53:56,875 O recurso e calquera afiliado que volva 594 00:53:56,958 --> 00:53:58,166 deben desaparecer. 595 00:54:00,000 --> 00:54:00,916 Todos? 596 00:54:01,416 --> 00:54:02,958 Se unha rama está enferma 597 00:54:03,041 --> 00:54:06,083 e ameaza ó resto das árbores, que fai o xardineiro? 598 00:54:06,166 --> 00:54:09,083 Córtaa de raíz e quéimaa. 599 00:54:09,166 --> 00:54:10,875 E non só a rama. 600 00:54:10,958 --> 00:54:13,041 A árbore enteira. 601 00:54:15,458 --> 00:54:17,958 Túa muller está fermosa, Lev. 602 00:54:19,041 --> 00:54:20,166 E teus fillos? 603 00:54:20,250 --> 00:54:22,833 Só te estamos avisando. 604 00:54:23,375 --> 00:54:24,333 Entendémonos? 605 00:54:25,458 --> 00:54:26,958 Cauteriza a ferida, fillo. 606 00:54:27,041 --> 00:54:30,083 Ou o xardineiro terache que facer unha visita. 607 00:54:30,166 --> 00:54:31,916 Cunha machada. 608 00:54:34,541 --> 00:54:35,500 Tes fame? 609 00:54:36,333 --> 00:54:38,208 E o camareiro do carallo?