1 00:00:06,041 --> 00:00:08,041 {\an8}ANTERIORMENTE 2 00:00:08,916 --> 00:00:10,500 A montaña é coma unha persoa. 3 00:00:10,500 --> 00:00:14,000 Se lle cantas como é debido, reflectirá a túa canción, 4 00:00:14,000 --> 00:00:16,250 amosará onde escavar, onde furar... 5 00:00:16,250 --> 00:00:18,375 e onde deixar a montaña intacta. 6 00:00:21,000 --> 00:00:21,958 Padre... 7 00:00:21,958 --> 00:00:23,833 É máis do que imaxinabamos. 8 00:00:23,833 --> 00:00:26,166 - Rei Durin, hai unha... - Abonda! 9 00:00:26,166 --> 00:00:27,416 Levade o elfo! 10 00:00:28,375 --> 00:00:30,916 Elrond é tan irmán para min 11 00:00:30,916 --> 00:00:34,250 coma se se formara no ventre da miña propia nai. 12 00:00:34,250 --> 00:00:36,041 Como ousas 13 00:00:36,041 --> 00:00:38,166 invocar a memoria de túa nai 14 00:00:38,166 --> 00:00:41,333 para defenderes a decisión de traizoares a túa raza? 15 00:00:41,333 --> 00:00:43,625 Es ti quen traizoou a nosa raza! 16 00:00:43,625 --> 00:00:46,041 Ti profanas a coroa que portas! 17 00:00:49,875 --> 00:00:51,250 Déixao. 18 00:00:51,250 --> 00:00:52,750 Xa non che pertence. 19 00:00:55,125 --> 00:00:57,458 Dende a sombra viñestes. 20 00:00:57,458 --> 00:01:00,083 Á sombra ordénovos regresar! 21 00:01:04,833 --> 00:01:07,625 Volviches soñar o mesmo, verdade? 22 00:01:07,625 --> 00:01:10,000 No soño, hai coma unha... póla. 23 00:01:10,000 --> 00:01:11,375 Baixo as estrelas. 24 00:01:14,125 --> 00:01:15,500 Parece que nos seguen. 25 00:01:17,625 --> 00:01:19,583 Estiven lendo o libro de Sadoc. 26 00:01:19,583 --> 00:01:21,541 Penso que dá indicacións. 27 00:01:21,541 --> 00:01:23,583 Benvidos ás terras de Rhûn. 28 00:01:23,583 --> 00:01:25,500 Por que o miras así? 29 00:01:25,500 --> 00:01:27,041 Como se xa estiveras antes. 30 00:01:27,041 --> 00:01:28,416 Só en soños. 31 00:01:34,458 --> 00:01:35,625 Dime o teu nome. 32 00:01:35,625 --> 00:01:37,208 Tiven moitos nomes. 33 00:01:38,291 --> 00:01:39,541 Onde vai Halbrand? 34 00:01:39,541 --> 00:01:42,500 Marchou. E dubido que regrese. 35 00:01:42,500 --> 00:01:45,583 E se o fai, ningún de nós debería tratar con el. 36 00:01:45,583 --> 00:01:49,833 Elrond díxome que o teu compañeiro non é quen dicía. 37 00:01:49,833 --> 00:01:51,083 Non é o que eu pensaba. 38 00:01:51,083 --> 00:01:52,666 É Sauron. 39 00:01:52,666 --> 00:01:55,916 Entrégalla directamente a Lord Celebrimbor. 40 00:01:56,500 --> 00:02:00,291 Debe ser informado de que Halbrand é Sauron. 41 00:02:00,291 --> 00:02:03,333 Dispensa, meu señor. Chegou un mensaxeiro. 42 00:02:03,833 --> 00:02:05,416 Permitímoslle entrar? 43 00:03:20,291 --> 00:03:24,583 Estufado de toupa. 44 00:03:24,583 --> 00:03:26,041 Espera. 45 00:03:26,041 --> 00:03:27,750 - Moi caro. - O que? 46 00:03:28,625 --> 00:03:30,333 Non somos pobres. 47 00:03:30,333 --> 00:03:33,291 Ti dixeches que debiamos amarrar o peto. 48 00:03:33,291 --> 00:03:36,375 Ou non te incluías cando o dixeches? 49 00:03:42,416 --> 00:03:44,041 Casaches cun príncipe. 50 00:03:45,583 --> 00:03:47,583 Pero agora quedaches cun paria. 51 00:03:51,625 --> 00:03:54,625 Quedei co anano que amo. 52 00:03:56,791 --> 00:04:01,791 E non cambiaría o corazón del por unha mina chea de ópalos de lume. 53 00:04:08,708 --> 00:04:10,458 Non virían mal uns ópalos. 54 00:04:10,458 --> 00:04:12,375 Xa. Dígocho eu. 55 00:04:14,083 --> 00:04:16,083 Intentaches falar con teu pai? 56 00:04:16,083 --> 00:04:19,500 Disa, sabes que non me vai recibir. 57 00:04:19,500 --> 00:04:20,875 Non preguntei iso. 58 00:04:21,000 --> 00:04:23,666 Por que teño que lle pedir audiencia eu? 59 00:04:23,666 --> 00:04:25,125 Repudioume el! 60 00:04:25,625 --> 00:04:28,125 É teimudo coma unha maza de pedra. 61 00:04:28,125 --> 00:04:30,458 Será máis fácil dobrar un ladrillo. 62 00:04:31,291 --> 00:04:32,458 Ou mesmo... 63 00:04:32,458 --> 00:04:33,541 Disa? 64 00:04:34,833 --> 00:04:35,833 Agárrate ben. 65 00:04:38,666 --> 00:04:40,791 Dixen que vos agarredes! 66 00:04:40,791 --> 00:04:42,000 Disa! 67 00:05:25,541 --> 00:05:26,750 Durin. 68 00:05:28,708 --> 00:05:29,708 Non. 69 00:05:31,541 --> 00:05:32,666 Non, non. 70 00:06:49,125 --> 00:06:54,125 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 71 00:07:15,500 --> 00:07:19,125 Estas terras volverán darche 72 00:07:19,125 --> 00:07:22,750 fermosos froitos unha vez máis. 73 00:07:29,041 --> 00:07:30,500 Meu querido irmán. 74 00:07:44,291 --> 00:07:45,541 Lord Celebrimbor. 75 00:07:47,416 --> 00:07:49,333 Non me avisaron da túa chegada. 76 00:07:52,125 --> 00:07:53,333 Que novas traes? 77 00:07:53,333 --> 00:07:55,625 Tiven un visitante inesperado. 78 00:07:58,666 --> 00:08:00,666 Xa volveu? 79 00:08:04,291 --> 00:08:07,083 Galadriel? 80 00:08:22,500 --> 00:08:25,083 Non son as sementes que plantaches? 81 00:08:28,291 --> 00:08:33,125 Tres aneis para os Reis dos Elfos baixo o ceo. 82 00:08:33,916 --> 00:08:38,375 Sete para os Señores Ananos, nas súas salas de pedra. 83 00:08:38,375 --> 00:08:43,541 Nove para os Homes Mortais condenados a morrer. 84 00:08:56,958 --> 00:08:58,583 Atacaremos Mordor desde o norte. 85 00:08:58,583 --> 00:09:02,000 Entraremos por aquí, entre as Ered Lithui e as Ephel Arnen. 86 00:09:02,583 --> 00:09:05,416 Sería mellor atacar a Adar dende o leste. 87 00:09:06,666 --> 00:09:08,833 Que sabemos do paradoiro de Sauron? 88 00:09:08,833 --> 00:09:13,083 Segundo os nosos espías, Sauron estaba viaxando cara a Mordor. 89 00:09:13,916 --> 00:09:17,500 Din que quere substituír a Adar e quedar cos exércitos del. 90 00:09:17,500 --> 00:09:19,375 Se actuamos axiña, 91 00:09:19,375 --> 00:09:22,541 talvez poidamos esmagar dúas arañas coa mesma bota. 92 00:09:22,541 --> 00:09:24,958 Que di a comandante dos Exércitos do Norte? 93 00:09:25,916 --> 00:09:27,125 Galadriel? 94 00:09:31,416 --> 00:09:33,791 Deberiamos enviar barcos polo Anduin 95 00:09:34,625 --> 00:09:37,500 e invadir Mordor desde o oeste. 96 00:09:42,416 --> 00:09:43,958 Empezade os preparativos. 97 00:09:52,250 --> 00:09:54,375 Non hai que ter vista de aguia 98 00:09:54,375 --> 00:09:57,458 para ver que os teus pensamentos están moi lonxe. 99 00:09:57,458 --> 00:09:59,500 Que che preocupa? 100 00:10:01,375 --> 00:10:03,625 Sauron ben puido viaxar a Mordor, 101 00:10:05,625 --> 00:10:07,791 pero non sabemos se segue alí. 102 00:10:09,875 --> 00:10:11,458 Por que dis iso? 103 00:10:12,041 --> 00:10:13,166 Sauron... 104 00:10:15,000 --> 00:10:17,791 non se ve como o señor dun vougo sen vida, 105 00:10:18,958 --> 00:10:20,750 senón de toda a Terra Media. 106 00:10:23,416 --> 00:10:26,000 Non busca dominala só coa conquista, 107 00:10:26,500 --> 00:10:31,000 senón dobregando as mentes e vontades dos pobos que a habitan. 108 00:10:31,583 --> 00:10:33,333 E non lle cómpren exércitos... 109 00:10:35,333 --> 00:10:36,583 senón aneis. 110 00:10:37,333 --> 00:10:40,583 E non os pode crear sen Celebrimbor. 111 00:10:40,583 --> 00:10:45,666 Sauron está só, sen exército nin aliados. 112 00:10:46,208 --> 00:10:49,916 Eregion está protexida por dous ríos, 113 00:10:49,916 --> 00:10:55,250 con millas de muralla de pedra anana de tres metros de grosor. 114 00:10:56,916 --> 00:11:01,625 Non temas, Celebrimbor e os segredos da súa arte 115 00:11:02,416 --> 00:11:03,416 están a salvo. 116 00:11:22,208 --> 00:11:27,708 Asegúrovos que un mal velado está achegándose a Celebrimbor. 117 00:11:28,708 --> 00:11:32,250 Sauron xa puxo en marcha o seu plan. 118 00:11:32,833 --> 00:11:33,958 Ben o sei. 119 00:11:35,666 --> 00:11:36,875 Como? 120 00:11:39,916 --> 00:11:42,500 Desde que puxen este anel, sinto que... 121 00:11:44,166 --> 00:11:45,375 percibo... 122 00:11:46,541 --> 00:11:48,750 imaxes fugaces do mundo invisible... 123 00:11:50,916 --> 00:11:54,541 soños involuntarios, que invaden a miña mente consciente. 124 00:11:56,041 --> 00:11:58,458 Cres que os aneis che deron a capacidade 125 00:11:58,458 --> 00:12:01,416 de ver o que aínda está por pasar? 126 00:12:04,291 --> 00:12:05,875 Déronvola a vós? 127 00:12:10,375 --> 00:12:12,541 Eu vin montañas caer. 128 00:12:13,583 --> 00:12:18,375 Vin augas secar. E nubes negras formárense sobre torres brancas. 129 00:12:18,375 --> 00:12:21,291 - Pois enviádeme a Eregion. - Galadriel. 130 00:12:21,291 --> 00:12:24,625 - Se Sauron está alí... - Non podes enfrontarte a el outra vez. 131 00:12:26,875 --> 00:12:31,125 Din que cando o Argallante logra que un ser confíe nel, 132 00:12:31,125 --> 00:12:34,500 adquire a capacidade de esculpirlle os pensamentos, 133 00:12:35,083 --> 00:12:39,208 de confundirlle non só corazón e mente, tamén ollos e oídos, 134 00:12:39,208 --> 00:12:41,708 de alterarlle a realidade mesma. 135 00:12:43,041 --> 00:12:45,250 E ti xa o sufriches unha vez. 136 00:12:48,250 --> 00:12:49,208 Si. 137 00:12:50,791 --> 00:12:52,208 Coñece a miña mente 138 00:12:53,875 --> 00:12:55,333 e eu a del. 139 00:12:56,416 --> 00:12:58,541 Por iso debo enfrontarme eu a el. 140 00:12:59,416 --> 00:13:01,708 Porque só eu podo matalo. 141 00:13:01,708 --> 00:13:04,208 Noutrora consideráchelo un amigo. 142 00:13:04,208 --> 00:13:06,458 - Halbrand non era un... - Sauron! 143 00:13:07,875 --> 00:13:09,750 Non podes enfrontarte a el soa. 144 00:13:12,125 --> 00:13:14,958 Supoñamos... que non estivese soa. 145 00:13:21,458 --> 00:13:25,291 EREGION REINO DOS FERREIROS ELFOS 146 00:13:38,750 --> 00:13:43,166 Lord Celebrimbor lamenta informarvos de que non vos permite entrar. 147 00:13:44,000 --> 00:13:46,708 Non podería falar con el persoalmente? 148 00:13:46,708 --> 00:13:48,083 Está ocupado, 149 00:13:48,083 --> 00:13:50,583 pero deséxavos sorte na vosa viaxe. 150 00:13:51,166 --> 00:13:52,833 Estás pedíndome que marche? 151 00:13:55,125 --> 00:13:57,750 O Señor de Eregion pídevolo. 152 00:14:00,166 --> 00:14:02,375 Penso que vou esperar aquí. 153 00:14:06,625 --> 00:14:08,375 Por se cambiase de opinión. 154 00:14:23,791 --> 00:14:24,625 Marchou? 155 00:14:24,625 --> 00:14:27,208 Non. Négase a marchar, meu señor. 156 00:14:30,625 --> 00:14:32,291 Que se negue canto queira. 157 00:14:32,291 --> 00:14:36,458 Prometinlle a Galadriel que non volvería ter tratos con el. 158 00:14:40,708 --> 00:14:42,125 Algunha cousa máis? 159 00:14:42,125 --> 00:14:44,375 Penso que está ferido, meu señor. 160 00:14:45,708 --> 00:14:46,916 Déixao estar. 161 00:14:48,583 --> 00:14:49,583 Axiña marchará. 162 00:14:50,541 --> 00:14:53,541 Os mensaxeiros de Lindon chegarán con novas pronto. 163 00:16:13,541 --> 00:16:18,500 CARAS GAER RHÛN OCCIDENTAL 164 00:18:23,250 --> 00:18:25,708 Que din as alas brancas? 165 00:18:26,291 --> 00:18:28,291 A sombra de Sauron intensifícase. 166 00:18:29,041 --> 00:18:33,541 Din que adoptou unha nova forma para enganar os inimigos del. 167 00:18:33,541 --> 00:18:34,583 E o Istar? 168 00:18:35,583 --> 00:18:41,375 Oín rumores dos buscadores de sal e dos ladróns mûmakil. 169 00:18:42,375 --> 00:18:48,375 Falan dun vello farrapento, que vai cara ó leste con dúas medianas. 170 00:18:48,375 --> 00:18:50,375 Está perdido. Vulnerable. 171 00:18:50,375 --> 00:18:52,666 Pero non por moito tempo. 172 00:18:52,666 --> 00:18:55,916 Debemos atopalo antes de que domine os seus poderes. 173 00:18:56,833 --> 00:19:00,666 Talvez o sangue que malgastei para vos traer onda min 174 00:19:00,666 --> 00:19:05,416 debera gastalo en servidores máis útiles. 175 00:19:11,375 --> 00:19:12,916 Mestre. 176 00:19:12,916 --> 00:19:15,750 Un dos rastrexadores que enviastes regresou. 177 00:19:19,208 --> 00:19:20,541 Atopáchelo? 178 00:19:20,541 --> 00:19:23,833 Non só iso, senón que sei como capturalo. 179 00:19:23,833 --> 00:19:29,541 Líbranos da maldición da nosa caste e traereiche o Istar encadeado. 180 00:19:30,125 --> 00:19:35,166 Que che fai pensar que un mortal coma ti 181 00:19:35,166 --> 00:19:37,458 pode derrotar un Istar, 182 00:19:37,458 --> 00:19:41,833 cando os meus acólitos máis poderosos non deron? 183 00:19:42,583 --> 00:19:47,666 O Istar renderase ante min, porque se non, 184 00:19:47,666 --> 00:19:51,666 matarei as medianas que chama amigas. 185 00:19:55,291 --> 00:19:58,041 Que che parece... Doderick? 186 00:20:00,458 --> 00:20:01,750 Doderick? 187 00:20:01,750 --> 00:20:05,000 Vale. Andisagaz? 188 00:20:05,000 --> 00:20:08,791 Éche un bo nome. Así a todo, non é para min. 189 00:20:10,166 --> 00:20:11,208 Xa sei. 190 00:20:12,125 --> 00:20:13,000 Fredagard. 191 00:20:15,750 --> 00:20:16,833 Non o entendes? 192 00:20:17,958 --> 00:20:20,166 Ninguén che pode poñer nome. 193 00:20:21,500 --> 00:20:22,833 Xa o tes de teu. 194 00:20:24,333 --> 00:20:25,875 Es quen es. 195 00:20:27,916 --> 00:20:33,125 E cando o oes dicir, sentes iluminárseche o corazón. 196 00:20:34,291 --> 00:20:36,000 Un día halo escoitar. 197 00:20:38,333 --> 00:20:39,375 Estou segura. 198 00:20:40,875 --> 00:20:42,291 E saberemos quen es. 199 00:20:44,916 --> 00:20:46,000 Sabíao! 200 00:20:46,000 --> 00:20:47,625 Pon que virando ao nordés, 201 00:20:47,625 --> 00:20:50,125 aforraremos media viaxe. 202 00:20:51,083 --> 00:20:52,708 Por aí! Veña! 203 00:21:08,791 --> 00:21:10,708 Preferiría evitar o camiño 204 00:21:10,708 --> 00:21:12,833 no que pasamos sede o primeiro día 205 00:21:12,833 --> 00:21:15,125 e morremos da calor o segundo. 206 00:21:16,583 --> 00:21:18,666 Pero igual é só cousa miña. 207 00:21:23,041 --> 00:21:24,708 Que tal Doderick? 208 00:21:26,166 --> 00:21:27,791 Xa o dixeches antes. 209 00:21:30,208 --> 00:21:31,375 Non dixen tal. 210 00:21:31,375 --> 00:21:33,166 - Dixeches tal. - Dixeches. 211 00:21:37,458 --> 00:21:39,375 Como foi a colleita desta vez? 212 00:21:40,291 --> 00:21:43,208 Só atopei un escorpión e uns poucos cactos. 213 00:21:43,833 --> 00:21:47,208 O escorpión picoume, caín e entón... 214 00:21:47,208 --> 00:21:50,000 - Atopei os cactos. - Atopaches os cactos. 215 00:21:51,375 --> 00:21:56,000 Non poderías usar a maxia para facer brotar auga? 216 00:21:58,500 --> 00:22:02,041 Dálle medo perder o control outra vez, sen unha vara. 217 00:22:02,583 --> 00:22:05,000 Pois buscámoslla. Por aquí hai moitos paus. 218 00:22:05,541 --> 00:22:07,041 Non che vai así, Poula. 219 00:22:07,541 --> 00:22:08,750 Silencio. 220 00:22:10,875 --> 00:22:11,875 Que foi? 221 00:22:14,083 --> 00:22:16,916 No vento. Non o oídes? 222 00:22:18,541 --> 00:22:20,333 - Case soa coma... - Cascos. 223 00:23:32,083 --> 00:23:34,958 Aínda están preto. Montade! 224 00:23:45,541 --> 00:23:47,000 Quen eran? 225 00:23:48,791 --> 00:23:49,916 Non cho sei. 226 00:23:51,083 --> 00:23:52,541 Vixían o noso camiño. 227 00:23:53,416 --> 00:23:55,583 O máis sabio sería buscar outro. 228 00:23:59,000 --> 00:24:00,333 Xa o atopamos. 229 00:24:08,375 --> 00:24:09,583 Ninguén sae do carreiro. 230 00:24:10,541 --> 00:24:13,041 - E ninguén camiña só. - Nin camiña só. 231 00:24:33,250 --> 00:24:35,833 Os xardíns murcharon dende que tremeu terra. 232 00:24:35,833 --> 00:24:37,666 E non é iso só. 233 00:24:37,666 --> 00:24:42,041 Falan de malos agoiros por tódolos reinos ananos. 234 00:24:43,166 --> 00:24:47,125 Din que a montaña quedou maldita cando o príncipe deixou entrar o elfo. 235 00:24:47,125 --> 00:24:49,875 Non estaredes rexoubando, verdade? 236 00:24:49,875 --> 00:24:51,416 - Non. - Nunca tal faría! 237 00:24:51,416 --> 00:24:54,083 Ben. Porque un rumor é coma unha ave cantora. 238 00:24:54,083 --> 00:24:58,250 De lonxe chama a atención, pero de preto, pouca comida dá. 239 00:24:58,958 --> 00:25:00,291 Entón non é verdade? 240 00:25:00,958 --> 00:25:03,083 Que está a ocorrer algo horrible? 241 00:25:04,500 --> 00:25:07,041 Axiña demostraremos que non. 242 00:25:18,833 --> 00:25:20,458 - Rei Durin. - Rei Durin. 243 00:25:20,458 --> 00:25:21,833 Disa. 244 00:25:23,375 --> 00:25:24,916 Narvi, informa. 245 00:25:26,333 --> 00:25:27,333 Señor. 246 00:25:28,875 --> 00:25:31,958 Non hai moito, espertou unha montaña de lume. 247 00:25:32,625 --> 00:25:36,833 E aínda que está moi ao sur de nós, 248 00:25:36,833 --> 00:25:39,625 os tremores que provocou 249 00:25:39,625 --> 00:25:44,208 espalláronse polas entrañas da terra e chegaron ata aquí. 250 00:25:44,208 --> 00:25:46,208 Derrubaron os pozos de luz, 251 00:25:47,125 --> 00:25:50,666 e con eles, a nosa capacidade de cultivar. 252 00:25:54,208 --> 00:25:56,958 Ben, o remedio sería 253 00:25:56,958 --> 00:25:59,708 enviar equipos a reparar os pozos 254 00:25:59,708 --> 00:26:02,250 e escavar outros novos. Porén... 255 00:26:02,250 --> 00:26:07,208 As cantoras da pedra non deron atopado unha ruta segura para escavar. 256 00:26:07,208 --> 00:26:09,041 Por desgraza, é certo. 257 00:26:11,791 --> 00:26:15,291 Coa vosa venia, señor, nós buscaremos a luz. 258 00:26:15,291 --> 00:26:16,625 Tela. 259 00:27:23,375 --> 00:27:25,166 Durante nove séculos, 260 00:27:27,000 --> 00:27:32,375 as cantoras da pedra foron depositarias da nosa conexión con esta rocha. 261 00:27:34,041 --> 00:27:38,791 E en todos eses anos, nin unha vez, 262 00:27:38,791 --> 00:27:44,875 nin unha soa, deixaron de nos fornecer. 263 00:27:48,541 --> 00:27:52,916 Pero agora, pola causa que for, 264 00:27:55,708 --> 00:27:57,500 ese vencello rompeuse. 265 00:27:57,500 --> 00:28:01,583 A man da escuridade caeu sobre Khazad-dûm. 266 00:28:01,583 --> 00:28:03,541 Furade amodo, Mestre escavador. 267 00:28:18,875 --> 00:28:20,208 Disa. 268 00:28:22,125 --> 00:28:23,291 Un momento. 269 00:28:32,875 --> 00:28:34,791 Vasme obrigar a preguntar? 270 00:28:36,208 --> 00:28:39,041 Falades dos vosos netos? Están ben. 271 00:28:39,041 --> 00:28:41,125 Estrañan turrarvos da barba... 272 00:28:41,125 --> 00:28:44,416 Non o fagas máis difícil do que xa é. 273 00:28:45,458 --> 00:28:48,125 Vaia... Eu dígolle o mesmo a el. 274 00:28:49,958 --> 00:28:53,000 Durin ben sabe que foi unha arroutada! 275 00:28:53,000 --> 00:28:56,166 Se é unha desculpa, señor, dádella ao meu home. 276 00:28:56,166 --> 00:28:58,458 Por que teño que desculparme eu? 277 00:28:59,666 --> 00:29:01,500 Foi el quen me ofendeu! 278 00:29:02,958 --> 00:29:04,125 Mira, ese é... 279 00:29:04,125 --> 00:29:07,125 Testán coma unhas raíces enguedelladas! 280 00:29:08,458 --> 00:29:11,041 Outra calidade que tedes en común. 281 00:29:12,250 --> 00:29:14,541 O que para ti é teimosía, 282 00:29:15,625 --> 00:29:18,291 para algúns ananos é fortaleza. 283 00:29:19,375 --> 00:29:24,875 Pois moita forza cumprirá para cargar con tanto rancor. 284 00:29:26,375 --> 00:29:30,833 Para reprimir tanto un corazón ferido, que case non latexa. 285 00:29:33,041 --> 00:29:34,291 Cómpre, si. 286 00:29:38,000 --> 00:29:39,416 É verdade. 287 00:29:45,166 --> 00:29:47,875 Normal que non oiamos a montaña. 288 00:29:47,875 --> 00:29:50,875 O rei está xordo ás penas do seu propio fillo. 289 00:29:50,875 --> 00:29:52,375 Ollo coa lingua, Disa! 290 00:29:52,375 --> 00:29:55,291 Queredes demostrar verdadeira forza? 291 00:29:56,166 --> 00:29:58,041 Chamade o voso fillo. 292 00:30:00,208 --> 00:30:01,541 El contestará. 293 00:30:03,166 --> 00:30:07,458 Pero seguide porfiando, e os picos de Zirakzigil desxearanse 294 00:30:07,458 --> 00:30:09,375 antes que esta disputa remate. 295 00:30:16,083 --> 00:30:17,416 Aínda non hai luz. 296 00:30:19,333 --> 00:30:20,625 Outro sen saída. 297 00:30:21,416 --> 00:30:25,875 Teremos que traballar toda a noite. Vamos alá. 298 00:30:27,416 --> 00:30:31,583 Seica tedes vinchocas. Non vos é vergonza, ata eu as tiven. 299 00:30:32,375 --> 00:30:35,416 - De veras? - Si. Aos cinco anos! 300 00:30:37,000 --> 00:30:38,541 Si, as mans de palacio. 301 00:30:38,541 --> 00:30:40,708 Levan puíndo xoias toda a vida. 302 00:30:42,500 --> 00:30:45,291 Tranquilo, príncipe, que só quedan 13 horas. 303 00:30:45,291 --> 00:30:48,541 Si. É culpa del que esteamos así. 304 00:30:48,541 --> 00:30:49,750 E do pai del. 305 00:30:54,208 --> 00:30:57,958 Volve poñerme a man enriba e arríncocha dun bocado. 306 00:31:20,916 --> 00:31:22,083 Que tal na mina? 307 00:31:26,458 --> 00:31:27,458 Coma sempre. 308 00:31:30,625 --> 00:31:32,041 E os cativos? 309 00:31:32,041 --> 00:31:34,333 Seica non tiñan fame. Outra vez. 310 00:31:34,791 --> 00:31:36,041 Pois non me estraña. 311 00:31:36,833 --> 00:31:39,125 Este centeo sabe a pan do ano pasado. 312 00:31:39,125 --> 00:31:40,791 É pan do ano pasado. 313 00:31:42,416 --> 00:31:45,083 Por que non usamos gran fresco da superficie? 314 00:31:45,791 --> 00:31:47,416 Espléndida idea! 315 00:31:47,416 --> 00:31:51,125 Pero quen no Val do Regato Sombrío convencerá a teu pai? 316 00:31:51,125 --> 00:31:53,708 - Non empeces. - Déixame pensar... 317 00:31:53,708 --> 00:31:54,916 Que non. 318 00:31:54,916 --> 00:31:57,583 Baixa do poleiro e descúlpate! 319 00:31:57,583 --> 00:32:00,541 - Xa me indixestei. - Pois failles caso ás tripas! 320 00:32:00,541 --> 00:32:01,875 Xa llelo fago! 321 00:32:02,583 --> 00:32:05,125 E aínda me din que teño razón. 322 00:32:05,125 --> 00:32:08,541 Se el non botara a Elrond, 323 00:32:08,541 --> 00:32:10,708 teriamos comida para 500 anos! 324 00:32:10,708 --> 00:32:12,875 E o peor é o da comida? 325 00:32:15,958 --> 00:32:18,791 Xa non damos oído as montañas. 326 00:32:25,000 --> 00:32:26,750 Teño medo, Durin. 327 00:32:29,541 --> 00:32:30,833 Teño medo. 328 00:32:31,750 --> 00:32:34,916 Disa, ven aquí. 329 00:32:42,000 --> 00:32:43,416 Somos ananos. 330 00:32:44,541 --> 00:32:45,958 Atoparemos a saída. 331 00:32:48,458 --> 00:32:50,083 Sempre a atopamos. 332 00:32:51,375 --> 00:32:52,541 Como? 333 00:33:17,166 --> 00:33:21,333 As nosas cartas a Celebrimbor non tiveron resposta. 334 00:33:21,333 --> 00:33:23,458 Temo que Sauron estea en Eregion. 335 00:33:24,750 --> 00:33:27,750 O Alto Rei accedeu a enviarme cun pequeno grupo, 336 00:33:28,583 --> 00:33:30,791 para protexer a Celebrimbor e a cidade. 337 00:33:32,916 --> 00:33:34,708 Pídoche que te unas a nós. 338 00:33:37,708 --> 00:33:40,250 Como tanto che gusta recordarme, Galadriel, 339 00:33:42,125 --> 00:33:43,416 son só un político. 340 00:33:43,416 --> 00:33:45,750 Por iso tes a confianza do Alto Rei. 341 00:33:47,375 --> 00:33:48,833 Cre na túa lealdade. 342 00:33:48,833 --> 00:33:52,416 Un can é leal. E obedece mellor indo atado. 343 00:33:59,416 --> 00:34:01,250 Négase a enviarme sen ti. 344 00:34:03,833 --> 00:34:05,000 E por que? 345 00:34:05,750 --> 00:34:08,166 - Xa o sabes. - Pregunto se o sabes ti. 346 00:34:10,166 --> 00:34:15,083 O Alto Rei cre que se me enfrontase ó Inimigo soa, 347 00:34:16,291 --> 00:34:18,041 podería volver enganarme. 348 00:34:18,583 --> 00:34:20,000 E por que o pensará? 349 00:34:20,000 --> 00:34:21,041 Para, Elrond! 350 00:34:23,375 --> 00:34:25,291 Xa desobedeciches antes o rei. 351 00:34:25,291 --> 00:34:26,875 Por que non agora? 352 00:34:28,458 --> 00:34:29,791 Porque ten razón. 353 00:34:31,000 --> 00:34:32,375 Sauron utilizoume. 354 00:34:33,000 --> 00:34:37,041 E coma unha arpa fíxome soar unha melodía que non elixín. 355 00:34:38,916 --> 00:34:40,916 Si que a elixiches. 356 00:34:43,083 --> 00:34:44,875 Sauron mirou dentro de ti, 357 00:34:44,875 --> 00:34:48,000 pulsou a canción da túa alma, nota a nota, 358 00:34:49,208 --> 00:34:51,375 e converteuse no que necesitabas: 359 00:34:51,375 --> 00:34:53,458 o rei perdido que te faría triunfar. 360 00:34:53,458 --> 00:34:56,250 Décheslle o que quería e agradecíchesllo. 361 00:34:56,250 --> 00:34:58,250 Agora fixo igual con Gil-galad. 362 00:34:58,250 --> 00:34:59,791 E cos elfos de Lindon. 363 00:35:00,958 --> 00:35:04,291 Por iso te necesitamos. Oriéntanos neste labirinto. 364 00:35:04,291 --> 00:35:06,041 É imposible facelo. 365 00:35:06,041 --> 00:35:08,041 O labirinto é del. 366 00:35:09,416 --> 00:35:11,958 Mentres sigas nel, estarás perdida. 367 00:35:13,333 --> 00:35:16,625 - Igual te quere en Eregion. - Por favor, Elrond. 368 00:35:18,833 --> 00:35:20,791 Non podo deixalo entrar de novo. 369 00:35:22,500 --> 00:35:23,875 Non podo. 370 00:35:46,041 --> 00:35:48,500 Nunca marchou, Galadriel. 371 00:35:50,416 --> 00:35:52,750 Cando elixistes poñer eses aneis, 372 00:35:53,750 --> 00:35:56,583 elixistes convertervos en colaboradores del. 373 00:35:58,291 --> 00:36:00,083 Non quero formar parte diso. 374 00:36:01,708 --> 00:36:03,208 Prometíchesme unha vez 375 00:36:04,875 --> 00:36:08,458 que "se só un rumor" do que eu temía se probaba, 376 00:36:09,666 --> 00:36:11,833 non descansarías ata amañalo. 377 00:36:14,583 --> 00:36:16,833 Se a nosa amizade che importa algo, 378 00:36:19,708 --> 00:36:20,708 por favor, vaite. 379 00:36:49,166 --> 00:36:50,875 Non desexas vivir na beleza? 380 00:36:51,958 --> 00:36:54,791 Mestre Círdan, non podo confiar neses aneis. 381 00:36:54,791 --> 00:36:57,583 Que é a beleza, cando nace do mal? 382 00:36:58,125 --> 00:36:59,541 Non é menos fermosa. 383 00:37:01,416 --> 00:37:02,583 Non para min. 384 00:37:02,583 --> 00:37:05,416 Botarías os poemas de Rúmil ao lume, 385 00:37:05,416 --> 00:37:07,166 por ser o poeta un borrachón? 386 00:37:13,250 --> 00:37:14,625 Rúmil era un borrachón? 387 00:37:16,916 --> 00:37:19,541 E non preguntes por Daeron. 388 00:37:20,500 --> 00:37:21,791 Insufrible! 389 00:37:23,041 --> 00:37:24,791 Pero que voz! 390 00:37:24,791 --> 00:37:29,750 Unha voz que faría que o mesmo sol chorase bágoas de lume. 391 00:37:32,875 --> 00:37:34,375 Xulga a obra 392 00:37:36,375 --> 00:37:38,875 e deixa o xuízo dos seus creadores 393 00:37:38,875 --> 00:37:41,833 para o xuíz que todo o ve. 394 00:37:41,833 --> 00:37:43,791 Éme imposible. 395 00:37:45,958 --> 00:37:47,458 Chámase humildade. 396 00:37:47,458 --> 00:37:49,791 E é difícil para a maioría. 397 00:37:49,791 --> 00:37:52,250 Pero axuda a ver con claridade. 398 00:38:03,458 --> 00:38:07,125 Oxalá coñecese a túa paz. 399 00:38:09,541 --> 00:38:10,791 E podes. 400 00:38:17,625 --> 00:38:20,958 Aínda non entendemos de todo eses aneis, 401 00:38:20,958 --> 00:38:24,875 pero mira o poder que exercen sobre tódalas formas de vida. 402 00:38:31,250 --> 00:38:35,833 Nas mans de Sauron, crearían un mal sen parangón, 403 00:38:35,833 --> 00:38:38,750 dominarían a mente e a vontade de todos. 404 00:38:39,291 --> 00:38:43,166 Por iso deben permanecer nas mans dos elfos. 405 00:38:45,666 --> 00:38:49,458 Es sabio ao temer ese poder, Elrond. 406 00:38:51,875 --> 00:38:56,875 Pero que o medo non che impida ver que poden usarse para o ben. 407 00:38:59,666 --> 00:39:02,000 Non é o teu inimigo quen leva os aneis, 408 00:39:04,125 --> 00:39:08,083 senón os amigos en quen máis confías. 409 00:39:08,708 --> 00:39:12,708 Se se afastaron do bo camiño, non os abandones, 410 00:39:12,708 --> 00:39:17,875 intenta abrir os ollos e guíaos. 411 00:39:18,541 --> 00:39:22,208 Antes de que a escuridade se espalle pola Terra Media 412 00:39:22,208 --> 00:39:24,625 e nos cegue a todos. 413 00:39:57,500 --> 00:39:58,916 Tes que descansar. 414 00:40:00,833 --> 00:40:03,291 Diso nada! Estou... 415 00:40:09,958 --> 00:40:11,166 Esperta! 416 00:40:14,833 --> 00:40:17,416 Que fas? Volve aquí! 417 00:40:17,416 --> 00:40:19,500 Vina! Sei que a vin. Vamos. 418 00:40:19,500 --> 00:40:21,291 Poula, que non respira! 419 00:40:23,666 --> 00:40:25,833 Si! Nori, estouna vendo! 420 00:40:26,541 --> 00:40:27,958 Que ves? 421 00:40:27,958 --> 00:40:29,583 Auga. 422 00:40:31,458 --> 00:40:35,375 Como é posible que con tantos días sen comer 423 00:40:35,375 --> 00:40:37,750 aínda pese tanto? 424 00:40:41,000 --> 00:40:42,458 Lume, vagalume! 425 00:40:45,041 --> 00:40:46,416 Por favor! Por favor! 426 00:40:47,166 --> 00:40:48,291 Apura, Poula! 427 00:41:04,625 --> 00:41:05,708 Veña! 428 00:41:15,541 --> 00:41:16,583 Xa está. 429 00:41:26,291 --> 00:41:27,541 Apura! 430 00:41:31,166 --> 00:41:32,333 Veña! 431 00:41:33,916 --> 00:41:35,416 Vaste poñer ben. 432 00:41:40,541 --> 00:41:42,083 Ai, cabrallo, estás vivo! 433 00:41:42,083 --> 00:41:44,916 Xa medio pensei que te perderamos. 434 00:41:51,000 --> 00:41:53,583 Ningún de nós vai perder os outros. 435 00:41:57,875 --> 00:42:00,208 Choraría, pero teño os ollos secos. 436 00:42:29,833 --> 00:42:30,875 Que é iso? 437 00:42:32,625 --> 00:42:34,000 Non será...? 438 00:42:34,000 --> 00:42:39,041 Non é diferente á vara que vin no soño. 439 00:42:40,000 --> 00:42:41,166 Nori... 440 00:43:05,791 --> 00:43:07,708 Só estabamos bebendo un pouco. 441 00:43:23,583 --> 00:43:24,916 Que vas facer? 442 00:43:24,916 --> 00:43:25,875 Nori, agáchate! 443 00:44:18,541 --> 00:44:20,500 Para! Párao xa! 444 00:44:26,458 --> 00:44:28,291 Por que non o para? 445 00:44:28,916 --> 00:44:30,291 Non dá! 446 00:44:39,250 --> 00:44:40,416 Axúdanos! 447 00:44:42,083 --> 00:44:43,500 Nori! 448 00:44:45,958 --> 00:44:47,708 Xa vou! 449 00:44:53,125 --> 00:44:57,458 Agarrádevos! Aguantade! 450 00:45:05,000 --> 00:45:06,208 Nori! 451 00:45:07,166 --> 00:45:08,750 Nori! 452 00:45:20,666 --> 00:45:22,083 Non está! 453 00:45:24,833 --> 00:45:26,083 Seguro? 454 00:45:39,875 --> 00:45:41,750 Chameille ithildin. 455 00:45:41,750 --> 00:45:44,375 Feito cos últimos restos de mithril. 456 00:45:44,375 --> 00:45:48,208 Á luz da lúa é case invisible. 457 00:45:49,125 --> 00:45:50,125 É. 458 00:45:51,916 --> 00:45:53,125 Case invisible. 459 00:45:59,750 --> 00:46:02,375 O noso visitante segue...? 460 00:46:03,791 --> 00:46:05,958 A noite está fría, meu señor. 461 00:46:06,833 --> 00:46:09,000 Queredes que lle leve un chal? 462 00:47:07,791 --> 00:47:10,875 Dá igual a razón da túa presenza aquí. 463 00:47:12,875 --> 00:47:16,250 Se non marchas polas boas, botarémoste pola forza. 464 00:47:18,208 --> 00:47:19,833 Non tratarei máis contigo. 465 00:47:23,333 --> 00:47:24,750 Ela dixo que dirías iso. 466 00:47:29,375 --> 00:47:32,583 Galadriel? Falaches con ela? 467 00:47:34,083 --> 00:47:35,125 E logo ti non? 468 00:47:35,666 --> 00:47:36,583 Pois non. 469 00:47:37,750 --> 00:47:39,500 Des que marchou para Lindon. 470 00:47:40,416 --> 00:47:42,500 Entón non sabes nada do que pasou? 471 00:47:43,875 --> 00:47:45,166 Nada dos aneis? 472 00:47:48,375 --> 00:47:49,750 O que dos aneis? 473 00:47:51,833 --> 00:47:52,833 Funcionaron? 474 00:47:55,208 --> 00:47:56,750 Mellor pregúntalle a ela. 475 00:47:57,250 --> 00:47:58,416 Non está aquí. 476 00:47:59,541 --> 00:48:00,416 Ti si. 477 00:48:00,416 --> 00:48:02,041 E o Alto Rei? 478 00:48:02,041 --> 00:48:04,916 Seguro que te avisaría de... 479 00:48:06,958 --> 00:48:08,250 Xa vexo. 480 00:48:10,166 --> 00:48:13,375 O mesmo de sempre, non é? 481 00:48:16,375 --> 00:48:19,666 Os verdadeiros creadores deixan o pelello traballando, 482 00:48:20,833 --> 00:48:24,750 e despois veñen eles, collen o que mellor lles parece 483 00:48:25,708 --> 00:48:27,458 e logo esquécennos. 484 00:48:30,666 --> 00:48:32,416 Aplaudo a túa paciencia. 485 00:48:34,541 --> 00:48:36,083 Para onde vas? 486 00:48:36,083 --> 00:48:38,500 Non vou quedar onde non me queren. 487 00:48:40,791 --> 00:48:41,791 Espera! 488 00:48:55,458 --> 00:48:57,583 Halbrand, por favor, dimo. 489 00:48:58,916 --> 00:49:02,833 Os aneis. Funcionaron? 490 00:49:11,708 --> 00:49:13,291 Obraron marabillas. 491 00:49:17,041 --> 00:49:18,625 Entón, os elfos... 492 00:49:18,625 --> 00:49:19,708 Si. 493 00:49:24,708 --> 00:49:26,916 E Lindon? 494 00:49:26,916 --> 00:49:28,000 Si. 495 00:49:35,041 --> 00:49:36,958 - Estás chorando? - Non. 496 00:49:42,583 --> 00:49:44,208 Estou gozando. 497 00:49:46,125 --> 00:49:49,083 Non tes a máis mínima idea... 498 00:49:51,791 --> 00:49:53,291 do que se sente. 499 00:49:53,291 --> 00:49:55,708 Tras tanto tempo e tantos séculos, 500 00:49:55,708 --> 00:49:58,375 ao crear finalmente algo. 501 00:50:01,166 --> 00:50:02,875 Teño un viño da Primeira Idade. 502 00:50:05,166 --> 00:50:08,291 Gardábao para algo así. 503 00:50:13,875 --> 00:50:15,125 Celebrimbor... 504 00:50:21,625 --> 00:50:22,958 Es o meu amigo? 505 00:50:24,916 --> 00:50:26,250 Son, claro. 506 00:50:27,791 --> 00:50:28,833 Por que? 507 00:50:28,833 --> 00:50:30,791 Non pode haber medias verdades 508 00:50:30,791 --> 00:50:33,791 entre aqueles que traballaron tan unidos coma nós. 509 00:50:37,208 --> 00:50:40,958 Con todo, hai moito que non sabes. 510 00:50:42,500 --> 00:50:43,666 E quero contarcho. 511 00:50:45,458 --> 00:50:46,458 Pero... 512 00:50:49,291 --> 00:50:50,750 Tes medo! 513 00:50:52,458 --> 00:50:55,333 Xa ves que non che dou ocultado nada. 514 00:50:56,958 --> 00:50:58,125 Pois... 515 00:51:02,750 --> 00:51:04,083 Acouga. 516 00:51:07,333 --> 00:51:10,583 Dime o que queiras, recibireino co corazón aberto. 517 00:51:13,166 --> 00:51:15,375 Non vin para brindar polos aneis dos elfos. 518 00:51:17,291 --> 00:51:21,041 Vin pedir que fagas aneis para os homes. 519 00:51:22,500 --> 00:51:23,833 Aneis para os homes? 520 00:51:24,791 --> 00:51:26,208 Salvaches os elfos. 521 00:51:28,166 --> 00:51:29,291 Non son homes. 522 00:51:30,916 --> 00:51:31,875 Os homes cobizan. 523 00:51:34,208 --> 00:51:36,958 O risco de corrupción é moito maior. 524 00:51:37,625 --> 00:51:39,291 E se quixese forxar máis, 525 00:51:39,291 --> 00:51:41,208 os ananos non darían o mithril. 526 00:51:41,208 --> 00:51:43,916 Os ananos teñen un dilema de seu. 527 00:51:43,916 --> 00:51:46,125 De que dilema falas, Halbrand? 528 00:51:48,625 --> 00:51:50,625 Non me chamo Halbrand. 529 00:51:52,375 --> 00:51:53,291 O que? 530 00:51:53,291 --> 00:51:56,000 Cando Galadriel descubriu a verdade, botoume. 531 00:51:57,250 --> 00:51:59,416 E non quero que pase igual contigo. 532 00:52:03,250 --> 00:52:06,166 Supoño, entón, que non es rei. 533 00:52:06,958 --> 00:52:09,500 Non, non son rei. 534 00:52:10,708 --> 00:52:12,500 Tampouco son do sur. 535 00:52:13,166 --> 00:52:16,041 Non son sequera... mortal. 536 00:52:20,000 --> 00:52:21,000 Que es? 537 00:52:22,458 --> 00:52:28,083 Hai forzas neste mundo máis alá do mal, Celebrimbor. 538 00:52:28,708 --> 00:52:32,375 E ás veces, mandan axuda, 539 00:52:33,500 --> 00:52:34,791 na forma dun enviado, 540 00:52:34,791 --> 00:52:40,541 dun mensaxeiro, para deitar consellos nos oídos dos sabios. 541 00:52:44,500 --> 00:52:46,708 Que clase de consellos? 542 00:52:48,083 --> 00:52:50,333 A rebelión de Mordor foi só o principio. 543 00:52:50,333 --> 00:52:53,750 Neste momento, a Terra Media está ao bordo do abismo. 544 00:52:54,458 --> 00:52:56,791 Pronto, tódolos reinos caerán. 545 00:52:58,208 --> 00:53:02,500 Non só os elfos, senón os ananos e os homes. 546 00:53:04,541 --> 00:53:06,291 A escuridade cobra forza. 547 00:53:07,333 --> 00:53:10,583 Os Aneis de Poder son a última esperanza de restaurar a luz. 548 00:53:13,791 --> 00:53:15,250 Temos traballo que facer. 549 00:53:21,625 --> 00:53:24,375 Non esperarás que crea 550 00:53:24,375 --> 00:53:28,500 que es un mensaxeiro dos Valar enviado para... 551 00:53:38,708 --> 00:53:39,916 Halbrand? 552 00:53:42,250 --> 00:53:43,250 Halbrand! 553 00:54:01,750 --> 00:54:02,916 Halbrand! 554 00:54:31,208 --> 00:54:34,583 Camiñei polo po e os desertos de terras afastadas, 555 00:54:37,250 --> 00:54:43,041 na procura dun artista capaz de salvar a Terra Media. 556 00:54:45,541 --> 00:54:47,958 Achégase unha tormenta, Celebrimbor. 557 00:54:50,250 --> 00:54:53,375 Eu podo traerche o saber que ningún outro posúe. 558 00:54:53,958 --> 00:54:57,166 Podo revelarche as túas maiores habilidades. 559 00:54:57,958 --> 00:55:00,125 E cando rematemos o traballo, 560 00:55:00,125 --> 00:55:05,458 o mundo nunca te volverá ver coma o simple fillo de Fëanor, 561 00:55:06,041 --> 00:55:08,333 senón que serás venerado coma... 562 00:55:14,291 --> 00:55:16,708 O Señor dos Aneis. 563 00:55:41,958 --> 00:55:43,666 Non te inclines ante min. 564 00:55:44,416 --> 00:55:46,500 Pero contemplei a túa forma natural. 565 00:55:49,833 --> 00:55:51,000 Álzate. 566 00:55:53,708 --> 00:55:55,416 O noso traballo empeza xa. 567 00:55:56,666 --> 00:55:58,500 Como debo chamarche? 568 00:55:58,500 --> 00:55:59,666 Son compañeiro teu. 569 00:56:02,125 --> 00:56:04,958 Nin máis... nin menos. 570 00:56:07,000 --> 00:56:08,875 Un compartidor de dons. 571 00:56:11,375 --> 00:56:12,916 Annatar. 572 00:56:14,708 --> 00:56:16,166 Annatar. 573 00:56:19,958 --> 00:56:21,666 O Señor dos Dons. 574 00:56:38,500 --> 00:56:39,583 Chamástesme? 575 00:56:40,416 --> 00:56:42,125 Tes novas ordes, comandante. 576 00:56:42,916 --> 00:56:47,541 Partirás para Eregion ao albor, con cinco dos elfos máis valentes. 577 00:56:48,708 --> 00:56:49,708 Eu... 578 00:56:51,708 --> 00:56:54,541 Grazas por reconsiderárdelo. 579 00:56:54,541 --> 00:56:56,708 Non mo agradezas a min. 580 00:56:59,833 --> 00:57:00,916 Elrond. 581 00:57:05,250 --> 00:57:08,458 Estouche agradecida de que decidises acompañarme. 582 00:57:11,208 --> 00:57:13,708 Temo que o entendiches mal, Galadriel. 583 00:57:14,875 --> 00:57:17,791 A tarefa de Elrond non é unirse ao teu grupo, 584 00:57:18,541 --> 00:57:20,208 senón lideralo. 585 00:57:58,458 --> 00:58:00,958 Que foi? É de Elrond? 586 00:58:01,916 --> 00:58:04,708 É unha especie de invitación... 587 00:58:06,250 --> 00:58:08,916 de Lord Celebrimbor. 588 00:58:08,916 --> 00:58:12,041 Quere que os ananos vaian a Eregion. 589 01:00:10,208 --> 01:00:12,208 Subtítulos: Magdalena Sánchez 590 01:00:12,208 --> 01:00:14,291 Supervisora creativa: Luisa Lage Garea