1 00:00:06,041 --> 00:00:07,041 ANTERIORMENTE 2 00:00:07,041 --> 00:00:08,958 Sauron matou a meu irmán. 3 00:00:08,958 --> 00:00:10,375 A encomenda del é miña. 4 00:00:11,708 --> 00:00:14,916 A existencia desta marca proba que Sauron escapou. 5 00:00:14,916 --> 00:00:16,750 A cuestión é para onde. 6 00:00:16,750 --> 00:00:17,833 O mal marchou. 7 00:00:17,833 --> 00:00:19,375 E por que o sinto aínda? 8 00:00:19,500 --> 00:00:23,333 Estes heroes poderán cruzar o mar, 9 00:00:23,333 --> 00:00:26,541 ata as Terras Inmorredoiras de Valinor. 10 00:00:30,083 --> 00:00:31,333 Es unha desertora? 11 00:00:31,333 --> 00:00:33,625 Debo volver á Terra Media. 12 00:00:33,625 --> 00:00:35,416 É o emblema do voso rei? 13 00:00:35,416 --> 00:00:36,541 Non temos rei. 14 00:00:36,666 --> 00:00:37,916 Es máis do que dis. 15 00:00:37,916 --> 00:00:41,041 O teu pobo non ten rei, porque o rei es ti. 16 00:00:41,041 --> 00:00:42,708 Ven comigo á Terra Media. 17 00:00:42,708 --> 00:00:45,125 Xuntos redimiremos as nosas liñaxes. 18 00:00:45,125 --> 00:00:47,958 Coidado. Non son o heroe que buscas. 19 00:00:49,833 --> 00:00:51,458 Lémbrasme? 20 00:00:51,458 --> 00:00:52,625 Non. 21 00:00:54,208 --> 00:00:58,250 Trala derrota de Morgoth, eu matei a Sauron. 22 00:00:58,250 --> 00:00:59,250 Non cho creo. 23 00:01:00,791 --> 00:01:02,416 Síntome responsable del. 24 00:01:02,416 --> 00:01:04,333 - Pásache con todos. - Non! 25 00:01:04,333 --> 00:01:06,750 Puido caer xalundes e caeu aquí. 26 00:01:06,875 --> 00:01:10,750 Este estraño non é home nin elfo. 27 00:01:11,416 --> 00:01:12,333 É outra cousa! 28 00:01:14,416 --> 00:01:15,708 Atrás! 29 00:01:17,916 --> 00:01:19,166 Así o axudaremos. 30 00:01:20,625 --> 00:01:23,250 Quere que lle axudemos a atopar esas estrelas. 31 00:01:25,250 --> 00:01:27,666 - A onde vas? - Axudar o meu amigo. 32 00:01:27,666 --> 00:01:31,458 Es a miña mellor amiga en todo o ancho e tolo mundo. 33 00:01:31,458 --> 00:01:33,041 Lembras xa algo máis? 34 00:01:33,041 --> 00:01:37,791 Algo, pero para descubrir o resto, sei que debo ir a Rhûn. 35 00:01:38,666 --> 00:01:40,666 Semella unha aventura. 36 00:01:42,625 --> 00:01:45,875 A luz dos Eldar esmorece. 37 00:01:45,875 --> 00:01:49,958 Malia os nosos esforzos, o noso declive só se acelerou. 38 00:01:49,958 --> 00:01:53,958 Se os elfos abandonan a Terra Media, será a fin. 39 00:01:53,958 --> 00:01:57,541 Non só do noso pobo, senón de tódolos pobos. 40 00:02:00,791 --> 00:02:04,916 Estamos a punto de crear unha nova clase de poder. 41 00:02:04,916 --> 00:02:07,166 Non da carne, senón sobre a carne! 42 00:02:07,166 --> 00:02:09,416 Parecedes os dous moi íntimos. 43 00:02:09,416 --> 00:02:11,916 Só lle ofrezo a humilde axuda que podo. 44 00:02:13,375 --> 00:02:15,083 Non hai rei das Terras do Sur. 45 00:02:15,083 --> 00:02:16,250 Esa liñaxe rematou. 46 00:02:16,250 --> 00:02:17,708 Dime o teu nome. 47 00:02:17,708 --> 00:02:19,666 Tiven moitos nomes. 48 00:02:20,666 --> 00:02:24,083 Sauron vive grazas a ti! 49 00:02:34,250 --> 00:02:36,541 Galadriel, onde vai Halbrand? 50 00:02:36,541 --> 00:02:39,125 Marchou. E dubido que regrese. 51 00:02:40,125 --> 00:02:42,708 E se o fai, non debemos tratar con el. 52 00:02:42,708 --> 00:02:44,708 Que pasou onda o río? 53 00:03:52,583 --> 00:03:54,958 Sempre, despois dunha derrota... 54 00:03:56,958 --> 00:04:00,625 a Sombra adopta outra forma e volve crecer. 55 00:04:03,583 --> 00:04:05,125 Morgoth marchou. 56 00:04:05,791 --> 00:04:08,833 Deixounos sós e deshonrados. 57 00:04:10,083 --> 00:04:13,250 Pero hoxe comeza unha nova idade. 58 00:04:14,125 --> 00:04:15,166 Onde reinarei eu. 59 00:04:16,000 --> 00:04:17,875 O voso novo señor. 60 00:04:19,000 --> 00:04:20,458 Sauron. 61 00:04:22,791 --> 00:04:27,375 {\an8}FORODWAITH AMENCER DA SEGUNDA IDADE 62 00:04:28,708 --> 00:04:32,750 E coa nova idade, tráiovos unha nova visión. 63 00:04:34,750 --> 00:04:37,583 Un camiño cara á conquista sen condicións. 64 00:04:37,583 --> 00:04:40,333 Porque busco un novo tipo de poder. 65 00:04:41,791 --> 00:04:44,958 Non da carne, senón sobre a carne. 66 00:04:47,041 --> 00:04:49,125 Un poder do mundo invisible, 67 00:04:49,958 --> 00:04:54,833 que usaremos para escravizar os pobos da Terra Media á nosa vontade. 68 00:04:56,458 --> 00:04:58,083 Moitos orcos morrerán. 69 00:05:00,916 --> 00:05:06,208 Pero logo do caos, forxaremos unha orde nova e perfecta. 70 00:05:06,833 --> 00:05:11,791 Non volverán perseguirnos coma os demos que destruíron a Terra Media. 71 00:05:11,791 --> 00:05:17,041 Adorarannos coma os salvadores que a deron curado. 72 00:05:17,041 --> 00:05:22,416 Unindo os seus pobos, para os gobernar a todos coma un só! 73 00:05:22,416 --> 00:05:24,250 Sauron mente! 74 00:05:30,166 --> 00:05:31,666 Eu de vós non dubidaría. 75 00:05:34,375 --> 00:05:37,833 Non teredes quen vos acuda. Os Valar nunca vos perdoarán. 76 00:05:38,333 --> 00:05:40,500 Os elfos nunca vos aceptarán. 77 00:05:40,500 --> 00:05:41,958 Os homes... 78 00:05:43,333 --> 00:05:47,083 Os homes nunca vos mirarán máis ca con horror e noxo. 79 00:05:47,583 --> 00:05:52,750 Unha raza corrompida e innobre, digna só de ser cazada e masacrada. 80 00:06:28,708 --> 00:06:34,583 Eu son o voso único futuro! E o meu camiño, o voso único camiño! 81 00:06:38,083 --> 00:06:40,500 Quen ousa dicir o contrario? 82 00:07:04,416 --> 00:07:05,875 Salve, noso señor Sauron! 83 00:07:07,500 --> 00:07:09,416 O novo Señor Escuro! 84 00:10:49,166 --> 00:10:51,000 Salve, Adar! 85 00:10:51,958 --> 00:10:53,333 Salve, Adar! 86 00:10:54,375 --> 00:10:58,833 Meus fillos... sodes libres. 87 00:10:58,833 --> 00:11:17,291 Salve, Adar! 88 00:16:23,875 --> 00:16:25,875 Cara a aí só hai morte, amigo. 89 00:16:28,375 --> 00:16:29,791 Entón é o meu camiño. 90 00:16:30,541 --> 00:16:33,166 Un exército de orcos atacou os homes. 91 00:16:33,166 --> 00:16:34,750 Nós tivemos sorte. 92 00:16:34,750 --> 00:16:37,041 Ou tivérona os primeiros en morrer. 93 00:16:40,458 --> 00:16:42,083 Sei que sufriches. 94 00:16:42,083 --> 00:16:43,750 Véxocho nos ollos. 95 00:16:44,583 --> 00:16:46,666 Hai outra vida esperándote. 96 00:16:46,666 --> 00:16:48,583 Só tes que abrazala. 97 00:16:51,166 --> 00:16:52,541 Ese brasón. 98 00:16:54,166 --> 00:16:55,625 Que é? 99 00:16:55,625 --> 00:16:58,375 O símbolo duns reis, mortos hai tempo. 100 00:16:59,583 --> 00:17:00,833 - Familia túa? - Non. 101 00:17:02,375 --> 00:17:03,708 A miña serviunos. 102 00:17:04,625 --> 00:17:06,000 E por que o levas? 103 00:17:06,125 --> 00:17:09,000 Para recordar que o destino nunca é seguro, 104 00:17:09,125 --> 00:17:12,250 que a sorte pode virar ata para os máis poderosos. 105 00:17:15,500 --> 00:17:16,500 Triste recordatorio. 106 00:17:17,333 --> 00:17:18,833 Ou esperanzador. 107 00:17:18,833 --> 00:17:21,666 Un camiño seguro pode afundir, 108 00:17:23,208 --> 00:17:24,583 pero sempre xorde outro. 109 00:17:25,375 --> 00:17:28,458 E decote, lévanos a un lugar mellor. 110 00:17:30,708 --> 00:17:32,208 A un lugar bo. 111 00:17:35,458 --> 00:17:40,208 Disque hai sitios alén do mar, onde un home pode escapar de si mesmo. 112 00:17:40,958 --> 00:17:42,250 Atopar outro camiño. 113 00:17:42,958 --> 00:17:44,583 Quizais outra vida. 114 00:17:44,583 --> 00:17:46,208 Ven connosco, se queres. 115 00:17:47,541 --> 00:17:49,875 Ou... sigue camiñando. 116 00:17:51,375 --> 00:17:52,875 E perseguindo a morte. 117 00:17:58,833 --> 00:18:00,333 Ti decides, amigo. 118 00:18:53,375 --> 00:18:55,541 - Estás ben? - Non. 119 00:18:55,541 --> 00:18:57,083 Outra vez pesadelos? 120 00:18:58,541 --> 00:19:00,083 Que te atormenta? 121 00:19:04,041 --> 00:19:05,250 Fixen o mal. 122 00:19:07,500 --> 00:19:11,500 Todos fixemos cousas que non queremos recoñecer. 123 00:19:15,291 --> 00:19:16,708 Non coma as miñas. 124 00:19:18,791 --> 00:19:20,416 Busca o perdón. 125 00:19:20,416 --> 00:19:24,291 Estás vivo porque decidiches elixir o ben. 126 00:19:24,916 --> 00:19:26,541 Pero e mañá? 127 00:19:26,541 --> 00:19:28,500 Terás que volver elixilo. 128 00:19:30,041 --> 00:19:33,041 E ao outro día. E ao seguinte. 129 00:19:33,875 --> 00:19:36,708 Ata que acabe nacéndoche de dentro. 130 00:19:49,083 --> 00:19:50,291 Agárrate ben a algo. 131 00:19:51,083 --> 00:19:53,458 Axuda! Axúdame! 132 00:20:03,958 --> 00:20:05,083 Axúdame! 133 00:21:28,833 --> 00:21:29,833 Aquí! 134 00:21:48,958 --> 00:21:50,583 A marea do destino cambiou. 135 00:21:51,500 --> 00:21:54,791 A túa se cadra sobe ou baixa. 136 00:22:04,500 --> 00:22:10,500 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 137 00:22:50,458 --> 00:22:53,208 Elrond, para! Dámos! 138 00:23:21,875 --> 00:23:24,125 Non te ofendas, comandante Galadriel. 139 00:23:24,750 --> 00:23:27,500 Por orde do Heraldo Elrond, tes que vir con nós. 140 00:23:53,833 --> 00:23:54,875 É certo? 141 00:23:59,833 --> 00:24:01,000 Alto Rei. 142 00:24:05,250 --> 00:24:07,708 O Heraldo Elrond trae tres aneis. 143 00:24:08,875 --> 00:24:12,708 Un medio para loitar contra o declive e salvar o noso pobo. 144 00:24:12,708 --> 00:24:16,416 Falaremos deses aneis cando contestes a pregunta. 145 00:24:17,291 --> 00:24:21,125 Elrond informoume de que o teu compañeiro, ese Halbrand, 146 00:24:21,125 --> 00:24:22,958 non era quen dicía. 147 00:24:22,958 --> 00:24:26,791 Porén, decidiches ocultárllelo a él e a Celebrimbor. 148 00:24:27,291 --> 00:24:29,125 É iso certo? 149 00:24:34,750 --> 00:24:35,750 É. 150 00:24:37,666 --> 00:24:39,208 Quen é el? 151 00:24:40,083 --> 00:24:41,458 Non quen eu pensaba. 152 00:24:42,333 --> 00:24:44,500 E por iso fixen o que fixen. 153 00:24:44,500 --> 00:24:47,666 A que tanta reviravolta para non revelares a verdade? 154 00:24:49,416 --> 00:24:50,750 Alto Rei. 155 00:24:53,125 --> 00:24:56,416 Crede que nunca poría en perigo os nosos adrede. 156 00:24:57,166 --> 00:25:01,958 Crereite cando non vexa a mentira tralos teus ollos. 157 00:25:03,041 --> 00:25:05,875 Dime, quen é ese home? 158 00:25:09,458 --> 00:25:10,958 Non é un home. 159 00:25:13,166 --> 00:25:17,166 Fíxose... pasar por tal. 160 00:25:19,458 --> 00:25:24,458 Adoptou unha aparencia agradable, para ocultar o seu verdadeiro ser. 161 00:25:29,750 --> 00:25:31,041 É Sauron. 162 00:25:44,208 --> 00:25:45,291 Como puideches? 163 00:25:48,000 --> 00:25:49,333 Ti precisamente! 164 00:25:49,333 --> 00:25:52,125 Enganoume. Fun enganada! 165 00:25:52,125 --> 00:25:56,416 Non, Galadriel, estabas cega. Cegada polo teu orgullo. 166 00:25:56,416 --> 00:25:58,083 E que te cegou a ti? 167 00:25:58,083 --> 00:25:59,000 Silencio! 168 00:25:59,000 --> 00:26:01,750 Que nos quedaba tras fracasares en Khazad-dûm? 169 00:26:01,750 --> 00:26:02,666 Eramos amigos! 170 00:26:02,666 --> 00:26:04,125 Silencio! 171 00:26:07,375 --> 00:26:10,458 Os aneis. Móstramos. 172 00:26:10,458 --> 00:26:12,500 Non deben usarse. El corrompeunos. 173 00:26:12,500 --> 00:26:13,958 Non os tocou. 174 00:26:13,958 --> 00:26:17,333 Traballou con Celebrimbor semanas. A saber canto influíu. 175 00:26:17,333 --> 00:26:20,208 Axiña, a última folla de ouro caerá, 176 00:26:20,208 --> 00:26:24,583 e deberei informar a todo Lindon de que o noso tempo aquí rematou, 177 00:26:24,583 --> 00:26:28,291 e de que os elfos deberán abandonar estas terras para sempre. 178 00:26:28,291 --> 00:26:32,000 Agora disme que volveu o noso inimigo máis arteiro. 179 00:26:32,708 --> 00:26:35,541 Se marchamos agora, os pobos da Terra Media 180 00:26:35,541 --> 00:26:39,333 quedarán sometidos á tiranía dun novo Señor Escuro. 181 00:26:40,000 --> 00:26:43,375 Eses aneis son máis cá nosa última esperanza. 182 00:26:43,375 --> 00:26:45,958 Igual son a última para a Terra Media. 183 00:26:45,958 --> 00:26:49,083 É un risco que debemos correr. 184 00:26:49,708 --> 00:26:51,416 Entrégamos. 185 00:26:54,083 --> 00:26:55,000 Alto Rei... 186 00:26:55,958 --> 00:26:58,708 Sauron aínda non acumulou tal grao de poder. 187 00:26:58,708 --> 00:27:01,250 Con estes aneis podería obtelo. 188 00:27:01,250 --> 00:27:03,208 Deben ser destruídos. 189 00:27:03,208 --> 00:27:07,375 Esa decisión está por riba dos teus privilexios, 190 00:27:07,375 --> 00:27:11,041 que pos en perigo a cada momento que rexeitas obedecer. 191 00:27:12,333 --> 00:27:14,333 Os aneis, Elrond. 192 00:27:16,833 --> 00:27:19,541 É unha orde do teu rei. 193 00:27:19,541 --> 00:27:21,375 Non a repetirei. 194 00:27:21,375 --> 00:27:23,166 Obedéceo. 195 00:27:23,166 --> 00:27:24,416 E dismo ti? 196 00:27:24,416 --> 00:27:26,833 É a única maneira. Obedéceo! 197 00:27:43,375 --> 00:27:44,708 Non podo. 198 00:27:50,291 --> 00:27:51,750 Sabes que non podo. 199 00:27:52,958 --> 00:27:53,958 Prendédeo! 200 00:27:56,291 --> 00:27:57,583 Elrond, non! 201 00:28:05,458 --> 00:28:08,166 Buscádeo! Atopade os aneis! 202 00:28:08,166 --> 00:28:09,458 Bulide! 203 00:28:31,458 --> 00:28:32,958 Seguide! Veña! 204 00:28:43,333 --> 00:28:45,291 Move as pernas, rei. 205 00:28:55,375 --> 00:28:56,875 Anda, cala. 206 00:28:56,875 --> 00:28:59,250 Benvidos a Mordor. 207 00:28:59,250 --> 00:29:02,125 Traballade ben a terra e comeredes ben. 208 00:29:02,125 --> 00:29:05,416 Traballade mal e comeredes terra. 209 00:29:07,625 --> 00:29:13,291 Ti, rapaz, xuras lealdade a Adar, Señor-Padre dos uruks? 210 00:29:20,166 --> 00:29:22,833 Isto xa non son as Terras do Sur! 211 00:29:22,833 --> 00:29:26,916 En Mordor, abáixaste ou sangras. 212 00:29:26,916 --> 00:29:31,000 A ver, ti. Xuras lealdade a Adar? 213 00:29:47,166 --> 00:29:48,583 Eu quedo con este! 214 00:29:53,833 --> 00:29:57,791 O rei das Terras do Sur entregouse, Señor-Padre. 215 00:29:57,791 --> 00:30:00,208 Di que quere negociar. 216 00:30:06,583 --> 00:30:08,291 Deixa marchar o meu pobo. 217 00:30:12,625 --> 00:30:13,916 Ou o teu morrerá. 218 00:30:17,416 --> 00:30:19,916 O meu pobo derrotou os homes destas terras. 219 00:30:21,291 --> 00:30:23,916 Derrotamos os elfos que lles acudiron. 220 00:30:23,916 --> 00:30:28,458 Mesmo derrotamos os seus aliados, os homes de alén do mar. 221 00:30:35,166 --> 00:30:37,375 Non queda ninguén a quen temamos. 222 00:30:39,125 --> 00:30:40,208 Queda tal. 223 00:30:41,666 --> 00:30:46,750 Desde que a Galadriel a derrotaron, buscou un novo aliado. 224 00:30:47,333 --> 00:30:52,166 Un feiticeiro vello, que lles aprendeu ós elfos a forxar unha arma nova, 225 00:30:54,875 --> 00:30:56,666 da que ti lle falaches a ela. 226 00:30:57,916 --> 00:30:59,750 Un poder sobre a carne. 227 00:31:01,791 --> 00:31:03,375 Recordas esas palabras? 228 00:31:04,041 --> 00:31:07,083 Un poder que lle permitirá usar os teus fillos 229 00:31:07,083 --> 00:31:09,416 coma escravos do seu exército de novo. 230 00:31:10,500 --> 00:31:13,541 Libera o meu pobo e direiche onde atopalo. 231 00:31:14,750 --> 00:31:19,208 Así poderás destruílo e librarnos a ambos da maldade del. 232 00:31:20,958 --> 00:31:24,083 Non, maxestade. 233 00:31:25,625 --> 00:31:29,583 Contarasme todo o que pensas que sabes dese feiticeiro decontado. 234 00:31:31,375 --> 00:31:33,625 Ou vertereiche as palabras da gorxa. 235 00:31:35,000 --> 00:31:39,208 Se eu morro, todo o que sei morrerá comigo. 236 00:31:41,958 --> 00:31:43,375 Non podes matarme. 237 00:31:45,541 --> 00:31:48,541 Co tempo, suplicarasmo. 238 00:31:56,250 --> 00:31:57,625 Maxestade. 239 00:31:59,625 --> 00:32:01,833 Malia o que dixo, Señor-Padre... 240 00:32:01,833 --> 00:32:06,500 Sauron nunca regresará, verdade? 241 00:32:06,500 --> 00:32:07,583 Non. 242 00:32:08,416 --> 00:32:10,083 Sauron morreu. 243 00:32:10,083 --> 00:32:11,583 De xeonllos, escoura! 244 00:33:30,375 --> 00:33:31,916 Outra vez tes esa cara. 245 00:33:37,583 --> 00:33:40,625 Onte volviches soñar o mesmo, verdade? 246 00:33:41,833 --> 00:33:45,541 Se me dis o que ves, igual che podo... 247 00:33:46,666 --> 00:33:48,375 axudar a interpretalo. 248 00:33:48,375 --> 00:33:51,583 Igual é unha pista do que imos atopar... 249 00:33:52,458 --> 00:33:54,333 cando cheguemos a esas estrelas. 250 00:33:57,291 --> 00:33:59,250 É a calor. Máis nada. 251 00:34:21,708 --> 00:34:24,125 Non. Non pode ser. 252 00:34:25,833 --> 00:34:27,166 Árbores de pedra. 253 00:34:29,250 --> 00:34:30,666 Imos en círculos. 254 00:34:30,666 --> 00:34:35,500 Haberá algo malvado nestas terras que nos confunde o camiño. 255 00:34:35,500 --> 00:34:37,500 Recoñéceo! Perdémonos! 256 00:34:37,500 --> 00:34:39,708 O pánico non senta ben, Nori. 257 00:34:39,708 --> 00:34:42,125 Debemos alimentar a paciencia. 258 00:34:42,125 --> 00:34:44,875 Non podemos, acabamos os caracois. 259 00:34:44,875 --> 00:34:46,583 Aquí non hai nada para comer. 260 00:35:07,500 --> 00:35:09,333 Non. Ca, non. 261 00:35:10,083 --> 00:35:11,000 Veña, ho! 262 00:35:11,541 --> 00:35:14,750 Que igual ten froitas. Ao menos poderías intentalo. 263 00:35:14,750 --> 00:35:17,458 Esqueciches o que pasou da última vez? 264 00:35:23,708 --> 00:35:24,708 Máis lonxe. 265 00:35:33,791 --> 00:35:35,166 Máis lonxe, Nori. 266 00:35:43,250 --> 00:35:44,333 Así? 267 00:36:37,291 --> 00:36:40,375 Conseguíchelo! Hai comida para días. 268 00:36:58,541 --> 00:36:59,541 Non esteas serio. 269 00:36:59,541 --> 00:37:02,458 Pedinche que fixeses aparecer comida e fixéchelo. 270 00:37:03,125 --> 00:37:04,416 Ninguén saíu ferido. 271 00:37:04,416 --> 00:37:05,708 Perdín o control. 272 00:37:06,583 --> 00:37:09,041 Pois terás que aprender a non perderlo. 273 00:37:11,625 --> 00:37:16,416 No soño, hai coma unha... póla. 274 00:37:17,750 --> 00:37:19,041 Debaixo das estrelas. 275 00:37:19,750 --> 00:37:21,583 Cando quero collela... 276 00:37:27,708 --> 00:37:30,708 Que pasa? Que ocorre despois? 277 00:37:33,625 --> 00:37:36,458 Hai cousas que é mellor non dicir en alto. 278 00:37:38,208 --> 00:37:42,208 Aínda así, xa medio as dixeches. 279 00:37:42,208 --> 00:37:45,000 Non é xusto que te poñas enigmático agora. 280 00:37:45,000 --> 00:37:49,458 Pero se cadra, os magos non son sempre xustos. 281 00:38:01,166 --> 00:38:03,791 - Noto as patas na gorxa. - Iso é o mellor. 282 00:38:03,791 --> 00:38:04,916 Están bailando. 283 00:38:05,708 --> 00:38:08,875 Poula e mais eu cantabámoslles cancións aos bichos, 284 00:38:08,875 --> 00:38:11,166 para que bailasen cando... 285 00:38:16,291 --> 00:38:17,500 Tanto dá. 286 00:38:18,958 --> 00:38:21,666 É normal que un pepeludo teña morriña da casa. 287 00:38:23,083 --> 00:38:24,958 Sabía que sería duro, pero... 288 00:38:28,416 --> 00:38:29,625 É que... 289 00:38:31,750 --> 00:38:33,250 Isto é diferente. 290 00:38:34,500 --> 00:38:39,541 É curioso que o que deixamos atrás poida ser a carga máis pesada. 291 00:38:43,166 --> 00:38:44,750 Tamén estraño a miña casa. 292 00:38:46,666 --> 00:38:48,291 Se nin recordas como era. 293 00:38:48,791 --> 00:38:49,791 Non. 294 00:38:53,250 --> 00:38:56,250 Ás veces, paréceme albiscar algo dela aínda. 295 00:38:56,875 --> 00:39:01,041 A arela de algo que nin lembro nin sei nomear. 296 00:39:04,500 --> 00:39:05,750 Pero sei que é real. 297 00:39:08,375 --> 00:39:10,083 Está alén do solpor. 298 00:39:30,250 --> 00:39:31,875 Parece que nos seguen. 299 00:40:21,000 --> 00:40:22,791 Veña, maxestade. 300 00:40:24,041 --> 00:40:27,625 Nin sequera os reis poden pasar sen comer. 301 00:40:29,333 --> 00:40:30,750 Por que non falas? 302 00:40:32,666 --> 00:40:37,583 Cóntalle ao vello Waldreg todo o que sabes sobre Sauron. 303 00:40:44,750 --> 00:40:48,291 Parece que gozas moito coa dor. 304 00:40:56,750 --> 00:41:00,208 Non ben o Señor-Padre me libere, heite matar. 305 00:41:00,708 --> 00:41:03,541 Adar nin sequera recorda que estás aquí. 306 00:42:31,416 --> 00:42:35,833 LINDON OS PORTOS GRISES 307 00:43:25,916 --> 00:43:26,916 Perfección. 308 00:43:27,416 --> 00:43:30,666 A perfección só existe en Valinor. 309 00:43:30,666 --> 00:43:32,250 Grazas, mestre Círdan. 310 00:44:17,125 --> 00:44:18,875 Non tes que seguir ocultándote. 311 00:44:26,666 --> 00:44:28,083 Mestre Círdan. 312 00:44:36,458 --> 00:44:39,041 Desculpa a miña visita inesperada, 313 00:44:40,416 --> 00:44:42,166 pero non tiña onde ir. 314 00:44:42,166 --> 00:44:45,125 Es o máis ancián e sabio da nosa raza. 315 00:44:45,875 --> 00:44:48,583 E os elfos enfróntanse á maior proba nunha idade. 316 00:44:50,625 --> 00:44:53,250 Percibo que levas unha carga enriba. 317 00:44:53,250 --> 00:44:56,166 Máis pesada có mar. 318 00:44:57,041 --> 00:44:58,250 Que te trouxo aquí? 319 00:45:04,500 --> 00:45:07,583 Entrégalla directamente a Lord Celebrimbor. 320 00:45:07,583 --> 00:45:09,375 Debe ser informado 321 00:45:09,375 --> 00:45:12,000 de que Halbrand é Sauron. 322 00:45:12,000 --> 00:45:13,750 Apura o paso 323 00:45:14,333 --> 00:45:16,791 e non confíes nos estraños do camiño. 324 00:45:17,416 --> 00:45:18,666 Si, meu señor. 325 00:45:31,958 --> 00:45:35,166 Grazas por confiardes en min no tocante aos aneis. 326 00:45:35,166 --> 00:45:36,666 Confiar en ti? 327 00:45:38,291 --> 00:45:39,791 Que che quede claro. 328 00:45:40,625 --> 00:45:43,875 Ti e mais eu somos aliados de momento por unha razón: 329 00:45:44,375 --> 00:45:47,250 porque os teus actos non nos deixaron alternativa. 330 00:45:47,958 --> 00:45:51,375 Por culpa túa, o noso inimigo vive. 331 00:45:52,291 --> 00:45:55,291 Por ti temos que probar a virtude dos aneis. 332 00:45:55,291 --> 00:45:56,875 Debería encaderarte 333 00:45:56,875 --> 00:45:59,291 e desterrarte ás Gándaras de Etten. 334 00:45:59,291 --> 00:46:00,416 Que vos detén? 335 00:46:03,708 --> 00:46:05,333 Estouno considerando. 336 00:46:14,916 --> 00:46:16,666 Xúrovos, Alto Rei, 337 00:46:18,208 --> 00:46:22,541 que non pararei ata que o destrúa e amañe o que estraguei. 338 00:46:25,541 --> 00:46:28,125 Non seguirías aquí se pensase o contrario. 339 00:46:33,250 --> 00:46:35,625 Alto Rei, non atopamos os aneis. 340 00:46:36,625 --> 00:46:39,208 Buscámolo por onde se puido achegar, e, porén, 341 00:46:40,000 --> 00:46:41,375 non hai nin rastro del. 342 00:46:42,291 --> 00:46:44,125 - Se cadra a caída... - Non. 343 00:46:45,166 --> 00:46:46,416 Elrond vive. 344 00:46:48,041 --> 00:46:49,666 Estendede a busca. 345 00:46:50,166 --> 00:46:53,833 Poñede gardas nas encrucilladas. Non debe escapar. 346 00:46:58,583 --> 00:47:00,458 Escapar non é o plan del. 347 00:47:02,250 --> 00:47:03,458 Explícate. 348 00:47:04,583 --> 00:47:06,875 Falou de destruír os aneis. 349 00:47:07,500 --> 00:47:09,833 Elrond buscará alguén en quen confíe. 350 00:47:10,541 --> 00:47:13,208 Alguén máis vello, máis sabio... 351 00:47:14,500 --> 00:47:16,500 Cuxa voz infunda respecto. 352 00:47:17,625 --> 00:47:19,250 Mesmo a vós. 353 00:47:19,833 --> 00:47:23,041 Alguén que poida virar as tornas a favor del. 354 00:47:28,958 --> 00:47:30,458 Podes examinalos. 355 00:47:32,291 --> 00:47:34,208 Xa vin traballos de Celebrimbor. 356 00:47:35,625 --> 00:47:37,625 - É extraordinario. - É. 357 00:47:38,458 --> 00:47:42,458 Recordo que quería crear obxectos con tal poder, 358 00:47:42,458 --> 00:47:45,166 que cambiasen o corazón de quen os vise. 359 00:47:47,000 --> 00:47:49,666 Se, como ti dis, 360 00:47:49,666 --> 00:47:53,875 estes aneis viraron tan rápido os elfos contra os elfos... 361 00:47:56,583 --> 00:47:58,291 semella que tivo éxito. 362 00:47:59,750 --> 00:48:03,041 Se cadra a man de Celebrimbor non produciu ese efecto. 363 00:48:04,375 --> 00:48:06,125 Se o que me dixeches é certo, 364 00:48:07,083 --> 00:48:11,166 estes tres aneis fixéronse sen que Sauron os tocase. 365 00:48:11,833 --> 00:48:13,250 O inimigo é arteiro. 366 00:48:14,041 --> 00:48:16,458 Os aneis ben poderían ser un truco del. 367 00:48:16,458 --> 00:48:19,916 Un instrumento dun plan maior, cuxo fin aínda non vemos. 368 00:48:25,666 --> 00:48:27,291 Que queres de min? 369 00:48:28,666 --> 00:48:30,541 Os aneis deben ser destruídos. 370 00:48:31,666 --> 00:48:34,541 Faino, e a Idade dos Elfos acabará. 371 00:48:37,333 --> 00:48:41,625 E entón, abandonariamos a Terra Media ao seu destino. 372 00:48:42,666 --> 00:48:43,791 Aceptaríalo? 373 00:48:43,791 --> 00:48:48,083 Se non facelo significa converterse en vítima dos plans do inimigo... 374 00:48:49,375 --> 00:48:50,375 Si. 375 00:48:51,583 --> 00:48:53,333 Teu pai estará orgulloso. 376 00:49:05,125 --> 00:49:06,708 Hai tempo houbo unha batalla, 377 00:49:08,416 --> 00:49:11,583 onde as armas foron os alicerces dos continentes. 378 00:49:11,583 --> 00:49:14,500 Aínda agora, onde a nosa baía se atopa co mar, 379 00:49:14,500 --> 00:49:17,375 no fondo hai unha cicatriz tan fonda, 380 00:49:17,375 --> 00:49:20,250 cuxa fin só coñece o mesmo Manwë. 381 00:49:20,250 --> 00:49:25,666 Se alguén puidese botar estes aneis nesas profundidades, entón... 382 00:49:38,375 --> 00:49:39,916 Deixádeme falar con el. 383 00:49:41,166 --> 00:49:42,583 Por favor, Alto Rei. 384 00:49:44,000 --> 00:49:47,541 Dádeme a última oportunidade de razoar co meu amigo. 385 00:49:48,958 --> 00:49:50,541 Razoa rápido. 386 00:49:58,541 --> 00:49:59,625 Elrond? 387 00:50:01,708 --> 00:50:03,500 Vin para convencerte polas boas. 388 00:50:04,000 --> 00:50:07,000 Se non, o Alto Rei ordenará que te saquen pola forza. 389 00:50:12,125 --> 00:50:14,083 Ultimamente fracasei moito. 390 00:50:15,583 --> 00:50:17,250 Axúdame a ter éxito agora. 391 00:50:20,583 --> 00:50:25,000 Debín confiar en ti, igual que cho pedín eu a ti. 392 00:50:26,666 --> 00:50:30,500 Pero se non confiamos os dous nos aneis agora, perderase todo. 393 00:50:33,000 --> 00:50:34,625 Con tres, hai equilibrio. 394 00:50:35,958 --> 00:50:36,958 Non te acordas? 395 00:50:37,708 --> 00:50:39,500 Eliximos este camiño xuntos. 396 00:50:41,500 --> 00:50:44,208 - Non, ti elixiches por min. - Elrond... 397 00:50:44,208 --> 00:50:46,125 Que te aterra, que nin pensas 398 00:50:46,125 --> 00:50:47,708 que poidan estar corrompidos? 399 00:50:50,083 --> 00:50:51,583 Porque no meu corazón, 400 00:50:52,833 --> 00:50:55,666 sei que os tres aneis están libres do influxo del. 401 00:50:56,458 --> 00:50:57,541 Pero e ti? 402 00:51:00,083 --> 00:51:04,375 A luz de Valinor brillou sobre o teu rostro, Galadriel, 403 00:51:05,041 --> 00:51:06,666 e virácheslle as costas. 404 00:51:08,083 --> 00:51:12,375 Foi para loitar contra a escuridade ou porque ela te chamou? 405 00:51:12,375 --> 00:51:15,583 Non o ves? Todo isto pode ser plan del. 406 00:51:15,583 --> 00:51:17,708 Fixen o que me pareceu correcto. 407 00:51:19,666 --> 00:51:23,666 Só o tempo dirá se foi tolería ou sabedoría. 408 00:51:26,625 --> 00:51:29,083 Canto tempo pensas que tes? 409 00:51:31,791 --> 00:51:33,208 Onde vai Círdan? 410 00:51:33,916 --> 00:51:35,916 Fixeches o que debías, Galadriel. 411 00:51:38,708 --> 00:51:40,083 Eu tamén. 412 00:51:40,083 --> 00:51:41,416 Elrond, 413 00:51:42,708 --> 00:51:44,541 onde están os aneis? 414 00:53:14,500 --> 00:53:15,666 Poula! 415 00:53:19,166 --> 00:53:20,708 Galletas de mel. 416 00:53:20,708 --> 00:53:22,708 Na vida me alegrei máis ca agora. 417 00:53:26,916 --> 00:53:28,666 Como andan todos na casa? 418 00:53:30,291 --> 00:53:31,416 Pois igual. 419 00:53:31,416 --> 00:53:33,375 Túa nai mandábame as túas tarefas, 420 00:53:33,375 --> 00:53:35,208 pero teu pai perdoábamas. 421 00:53:38,916 --> 00:53:40,333 Seguíchesnos. 422 00:53:41,000 --> 00:53:44,125 Moito non me custou. Moi lonxe non chegastes. 423 00:53:44,125 --> 00:53:45,583 Parece que nos perdemos. 424 00:53:45,583 --> 00:53:47,000 Ai, recoñécelo. 425 00:53:47,000 --> 00:53:49,166 Pero non por moito tempo. Mirade. 426 00:53:51,208 --> 00:53:52,916 Folleei o libro de Sadoc. 427 00:53:52,916 --> 00:53:55,500 Os pepeludos seguiron este camiño hai moito. 428 00:53:55,500 --> 00:53:57,208 Mirade, hai un aviso: 429 00:53:57,208 --> 00:54:00,750 "Lembrade a letra da canción ou iredes en círculos." 430 00:54:00,750 --> 00:54:02,791 Canción? Que canción? 431 00:54:02,791 --> 00:54:03,916 Adiviñádeo! 432 00:54:03,916 --> 00:54:08,125 Chamádeme, chamádeme, terras afastadas. 433 00:54:09,458 --> 00:54:11,875 - A do camiño? - Penso que dá indicacións. 434 00:54:11,875 --> 00:54:13,583 Os nosos erraron moitos anos. 435 00:54:13,583 --> 00:54:15,791 Igual este camiño foilles importante. 436 00:54:15,791 --> 00:54:17,625 Eu digo que subamos. 437 00:54:18,500 --> 00:54:23,666 "Árbores de pedra... Adeus, luz da torre, marcho da terra." 438 00:54:30,125 --> 00:54:31,125 Alí! 439 00:54:36,375 --> 00:54:38,208 "Relocen uns ollos." 440 00:54:40,916 --> 00:54:42,666 "Area negra no chan." 441 00:54:45,916 --> 00:54:49,291 "Un novo destino terei que buscar." 442 00:55:07,125 --> 00:55:09,541 Benvidos ás terras de Rhûn. 443 00:55:10,708 --> 00:55:13,125 Veña. A que esperades? 444 00:55:14,125 --> 00:55:15,625 Isto acaba de empezar. 445 00:55:23,041 --> 00:55:24,708 Por que o miras desa forma? 446 00:55:26,833 --> 00:55:28,000 De que forma? 447 00:55:28,583 --> 00:55:30,458 Como se estiveras aquí antes. 448 00:55:33,333 --> 00:55:34,750 Só en soños. 449 00:57:14,916 --> 00:57:16,416 Estiven coma ti antano. 450 00:57:20,958 --> 00:57:22,958 Nos máis antigos dos Tempos Antigos. 451 00:57:27,666 --> 00:57:32,125 Trece de nós fomos elixidos, para ser bendecidos pola man de Morgoth, 452 00:57:32,125 --> 00:57:34,041 coa promesa do poder. 453 00:57:36,000 --> 00:57:37,416 Un renacemento. 454 00:57:41,708 --> 00:57:45,166 A min leváronme a un pico escuro e sen nome. 455 00:57:45,166 --> 00:57:47,541 Encadeáronme e deixáronme alí. 456 00:57:49,208 --> 00:57:53,916 E despois de pasar sede e fame interminables... 457 00:57:56,958 --> 00:57:58,166 Vina. 458 00:58:01,333 --> 00:58:02,875 A face do servo del. 459 00:58:05,375 --> 00:58:07,083 A face de Sauron. 460 00:58:09,291 --> 00:58:11,708 E era fermosa. 461 00:58:14,166 --> 00:58:17,375 Ofreceume viño, rubio coma a lúa de sangue. 462 00:58:20,666 --> 00:58:24,208 Ofreceume viño, e naquel pico escuro e sen nome, 463 00:58:26,125 --> 00:58:27,166 bebino. 464 00:58:27,583 --> 00:58:28,958 Bebino todo. 465 00:58:33,791 --> 00:58:35,708 O teu pobo xa foi liberado. 466 00:58:38,791 --> 00:58:41,000 Dime xa o que saibas de Sauron. 467 00:58:46,375 --> 00:58:48,875 Sauron regresou nunha nova forma. 468 00:58:50,625 --> 00:58:54,083 Aínda non estou certo de que forma adoptou. 469 00:58:54,083 --> 00:58:55,833 Daquela, de que me serves? 470 00:58:56,750 --> 00:58:58,833 Teño algo que ti non tes. 471 00:58:58,833 --> 00:59:00,416 A confianza dos elfos. 472 00:59:01,416 --> 00:59:02,875 Libérame, 473 00:59:04,541 --> 00:59:06,458 e irei onda eles e atopareino, 474 00:59:07,041 --> 00:59:09,750 para que coas túas lexións vaias destruílo. 475 00:59:26,625 --> 00:59:30,208 Prométeslle lealdade a Adar, 476 00:59:30,875 --> 00:59:33,125 Señor-Padre dos uruks? 477 00:59:40,750 --> 00:59:42,125 Prometo. 478 00:59:44,791 --> 00:59:46,250 Axeónllate. 479 01:00:02,625 --> 01:00:04,000 Agora, xúrao. 480 01:00:07,500 --> 01:00:10,333 - Prometo... - Coa cabeza nos meus pés. 481 01:00:26,000 --> 01:00:28,458 Prometo servir o señor de Mordor. 482 01:00:31,875 --> 01:00:33,541 Ata a fin dos meus días... 483 01:00:35,875 --> 01:00:36,916 e dos del. 484 01:00:52,625 --> 01:00:54,750 Que fas? Afástate! 485 01:00:58,500 --> 01:01:00,666 Fai que o sigan. A cada paso. 486 01:01:02,833 --> 01:01:04,833 "Heite matar." 487 01:01:06,375 --> 01:01:08,416 Non era, maxestade? 488 01:01:09,625 --> 01:01:11,541 Salve, rei! 489 01:01:35,541 --> 01:01:38,208 Oh, estirpe élfica! 490 01:01:38,208 --> 01:01:44,291 Moito tempo moramos nesta Marxe de Acó. 491 01:01:46,458 --> 01:01:51,833 E agora, a coroa que esvaece 492 01:01:51,833 --> 01:01:57,458 debemos deixar e navegar cara a Valinor. 493 01:01:57,458 --> 01:02:07,750 Oh, estirpe élfica! 494 01:02:07,750 --> 01:02:10,666 Chega o inverno, 495 01:02:10,666 --> 01:02:16,750 o día nu e sen follas. 496 01:02:19,333 --> 01:02:29,375 Oh, estirpe élfica! 497 01:02:30,000 --> 01:02:32,958 As follas caen á corrente, 498 01:02:32,958 --> 01:02:39,041 o río segue o seu leito. 499 01:02:44,791 --> 01:02:48,625 A luz dos Eldar esmoreceu. 500 01:02:49,166 --> 01:02:52,416 Como as brasas que levan tempo fóra do lar, 501 01:02:53,250 --> 01:02:58,708 debemos regresar ó noso fogar ou minguar por sempre cara á noite sen fin. 502 01:02:58,708 --> 01:03:01,166 E así aconteceu 503 01:03:01,750 --> 01:03:06,208 que os nosos días na Terra Media concluíron. 504 01:03:31,833 --> 01:03:35,750 A perfección non existe só en Valinor, Alto Rei. 505 01:03:37,458 --> 01:03:38,750 Está aquí. 506 01:03:39,458 --> 01:03:42,625 Celebrimbor tróuxoa á Terra Media. 507 01:03:55,458 --> 01:03:56,750 Non! 508 01:04:23,208 --> 01:04:24,708 Galadriel. 509 01:04:28,500 --> 01:04:29,750 Non. 510 01:07:37,083 --> 01:07:40,333 A nova fragua é extraordinaria, meu señor. 511 01:07:41,750 --> 01:07:43,583 É, si. 512 01:07:43,583 --> 01:07:47,958 Esperemos que os aneis funcionasen e teñamos ocasión de usala. 513 01:07:49,208 --> 01:07:52,541 Dispensa, meu señor, pero chegou un mensaxeiro. 514 01:07:53,375 --> 01:07:55,041 Novas de Lindon? 515 01:07:55,041 --> 01:07:58,708 Todo o contrario, meu señor. Vén das Terras do Sur. 516 01:07:58,708 --> 01:08:01,375 Di que quere negociar. 517 01:08:29,250 --> 01:08:31,958 Entón, meu señor? Deixámolo entrar? 518 01:09:07,708 --> 01:09:09,833 Eu vin montañas caer. 519 01:09:10,833 --> 01:09:12,291 Vin augas secar. 520 01:09:13,083 --> 01:09:16,083 E nubes negras formárense sobre torres brancas. 521 01:09:17,958 --> 01:09:20,833 ESTA TEMPADA N'O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 522 01:09:21,750 --> 01:09:22,666 Vén tormenta. 523 01:09:23,708 --> 01:09:24,833 Preparádevos. 524 01:09:24,833 --> 01:09:27,750 Estou a esperar por ti. 525 01:09:34,666 --> 01:09:36,125 Algo os espertou. 526 01:09:36,125 --> 01:09:38,583 Non. Alguén. 527 01:09:39,625 --> 01:09:43,541 Din que adoptou unha nova forma para enganar os seus inimigos. 528 01:09:43,541 --> 01:09:46,000 - Quen es? - Annatar. 529 01:09:46,500 --> 01:09:47,875 O Señor dos Dons. 530 01:09:49,666 --> 01:09:53,625 Sauron está só, sen exército nin aliados. 531 01:09:54,625 --> 01:09:57,625 Non necesita exércitos... senón aneis. 532 01:09:59,166 --> 01:10:03,541 Sete aneis. Sete ananos. E con cada anel... poder. 533 01:10:06,375 --> 01:10:08,791 Salvaches os elfos. Fai aneis para os homes. 534 01:10:08,791 --> 01:10:11,333 Non lles podemos dar aneis ós homes. 535 01:10:11,333 --> 01:10:14,375 O risco de corrupción é moito maior. 536 01:10:15,875 --> 01:10:18,958 A verdadeira creación require sacrificio. 537 01:10:22,166 --> 01:10:24,166 Cando elixistes poñer eses aneis, 538 01:10:24,166 --> 01:10:26,833 elixistes convertervos en colaboradores del. 539 01:10:26,833 --> 01:10:28,166 Quita o anel. 540 01:10:32,333 --> 01:10:34,500 Derrotareino. Custe o que custe. 541 01:10:35,250 --> 01:10:37,250 Non! Isto é o que Sauron quere! 542 01:10:39,833 --> 01:10:42,416 Síntome obrigado a facer algo especial. 543 01:10:42,416 --> 01:10:44,541 Debes ser a calma na tempestade. 544 01:10:46,583 --> 01:10:48,958 Esa maxia... Pódesma ensinar? 545 01:10:48,958 --> 01:10:50,666 Se demostras ser digno dela. 546 01:10:57,458 --> 01:11:01,041 Sauron álzase no oeste. Un Mago Escuro no leste. 547 01:11:01,041 --> 01:11:04,083 Tódalas almas da Terra Media están en perigo. 548 01:11:04,583 --> 01:11:06,666 Pensas abandonalas ó seu destino? 549 01:11:07,333 --> 01:11:08,791 Xuntos amañaremos isto. 550 01:11:08,791 --> 01:11:11,041 - Ninguén sae do carreiro. - Nin camiña só. 551 01:11:15,833 --> 01:11:18,041 Necesito a túa machada, amigo. Xa. 552 01:11:20,875 --> 01:11:23,416 Celebrimbor, ti e mais eu temos traballo. 553 01:13:13,791 --> 01:13:15,791 Subtítulos: Magdalena Sánchez 554 01:13:15,791 --> 01:13:17,875 Supervisora creativa: Luisa Lage Garea