1 00:00:06,006 --> 00:00:06,841 ANTERIORMENTE 2 00:00:06,924 --> 00:00:11,470 Se alguén vai cambiar esta organización, 3 00:00:11,554 --> 00:00:14,056 será o rei Lagarto. 4 00:00:14,140 --> 00:00:17,101 Se eses secuids toman o poder, virán á Terra. 5 00:00:17,184 --> 00:00:18,894 Perdóame, Allen. 6 00:00:18,978 --> 00:00:20,813 Ola, fillo. Canto tempo. 7 00:00:20,896 --> 00:00:22,314 O teu irmán pequeno. 8 00:00:22,398 --> 00:00:23,274 NOLAN GRAYSON HOME E PAI QUERIDO 9 00:00:23,357 --> 00:00:25,401 Nunca te coñecín. 10 00:00:25,484 --> 00:00:26,777 Non o necesitas. 11 00:00:28,863 --> 00:00:30,781 Necesito axuda! 12 00:00:32,241 --> 00:00:34,785 Saben que deixei o posto. Localizaranme. 13 00:00:34,869 --> 00:00:36,954 - Son...? - Soldados viltrumitas. 14 00:00:37,037 --> 00:00:39,582 Por que me importan? 15 00:00:39,665 --> 00:00:41,792 Loita coma un viltrumita. 16 00:00:41,876 --> 00:00:42,960 Eu non mato xente. 17 00:00:44,170 --> 00:00:46,672 Executaremos a teu pai. 18 00:00:46,756 --> 00:00:50,509 Continuarás a súa misión e prepararás o planeta para nós. 19 00:01:32,384 --> 00:01:34,303 É o outro fillo do emperador. 20 00:01:34,386 --> 00:01:35,679 Está morto? 21 00:01:36,514 --> 00:01:37,932 Móveselle o peito. 22 00:01:39,308 --> 00:01:41,060 Que é ese líquido vermello? 23 00:01:41,602 --> 00:01:43,229 Debe ser o seu sangue. 24 00:01:43,312 --> 00:01:44,646 Ten un burato no corpo. 25 00:01:46,482 --> 00:01:47,650 A cidade... 26 00:01:48,984 --> 00:01:50,652 Andressa... 27 00:01:50,735 --> 00:01:52,238 Podemos levarte alí. 28 00:02:23,269 --> 00:02:24,395 Mark. 29 00:02:25,271 --> 00:02:26,272 Nolan... 30 00:02:26,647 --> 00:02:27,940 Onde está Nolan? 31 00:02:30,442 --> 00:02:32,152 Levárono os viltrumitas. 32 00:02:35,698 --> 00:02:36,699 Síntoo. 33 00:02:38,242 --> 00:02:41,245 O desta cidade, o da xente, é todo culpa nosa. 34 00:02:42,496 --> 00:02:44,790 Mark, ti salváchesme. 35 00:02:46,584 --> 00:02:47,585 E a teu irmán. 36 00:02:51,714 --> 00:02:53,465 Se nós non estivésemos aquí, 37 00:02:55,216 --> 00:02:56,844 nada disto pasaría. 38 00:02:58,262 --> 00:03:01,223 Se teu pai non estivese, eu non tería un fillo. 39 00:03:01,307 --> 00:03:03,017 Se ti non estiveses... 40 00:03:04,143 --> 00:03:05,436 estariamos mortos. 41 00:03:07,313 --> 00:03:09,481 A vida dos thraxáns é curta. 42 00:03:10,482 --> 00:03:13,193 Nós non culpamos a ninguén, 43 00:03:13,861 --> 00:03:15,362 só miramos cara a adiante. 44 00:03:20,075 --> 00:03:22,494 Reconstruiremos isto, Mark. Asegúrocho. 45 00:03:40,262 --> 00:03:41,972 Mark Grayson. 46 00:03:44,892 --> 00:03:46,727 Ei, Nuolzot! 47 00:03:48,145 --> 00:03:50,397 Teño boas novas. 48 00:03:50,481 --> 00:03:53,484 Amañamos unha nave para levarte á casa. 49 00:03:53,567 --> 00:03:57,863 Podes volver ao teu planeta e ao teu centro para beber e aprender. 50 00:03:59,156 --> 00:04:01,492 Grazas, pero non podo marchar. 51 00:04:01,575 --> 00:04:03,369 Aínda hai moito que facer. 52 00:04:03,452 --> 00:04:05,955 A cidade volverá estar completa axiña. 53 00:04:06,497 --> 00:04:08,749 Os teus necesitarán a túa forza. 54 00:04:09,625 --> 00:04:11,460 Hai moitos heroes na Terra. 55 00:04:11,543 --> 00:04:13,003 Seguro que poden con todo. 56 00:04:13,504 --> 00:04:19,259 Observade o poderoso Omnipotus! 57 00:04:20,219 --> 00:04:23,263 Tremede co meu 58 00:04:23,347 --> 00:04:27,267 poder ilimitado! 59 00:04:31,063 --> 00:04:31,897 Non. 60 00:04:33,107 --> 00:04:35,484 Ti coñeces mellor o teu planeta. 61 00:04:40,781 --> 00:04:41,740 Emperatriz. 62 00:04:41,824 --> 00:04:44,243 Nuolzot, xa llo contaches a Mark? 63 00:04:44,326 --> 00:04:46,203 Pensei que se alegraría máis. 64 00:04:46,286 --> 00:04:48,080 Os humanos confúndenme. 65 00:04:48,163 --> 00:04:49,581 Alégrome moito. 66 00:04:51,082 --> 00:04:53,210 Quero ver a miña nai e a miña moza. 67 00:04:54,420 --> 00:04:58,007 - Pero hai moito que facer. Eu... - Xa axudaches abondo. 68 00:04:58,465 --> 00:04:59,967 É hora de que volvas. 69 00:05:01,051 --> 00:05:03,512 Pero teño que pedirche algo máis. 70 00:05:04,346 --> 00:05:05,723 Leva a teu irmán. 71 00:05:06,724 --> 00:05:07,725 Á Terra. 72 00:05:09,351 --> 00:05:10,185 Que? 73 00:05:10,853 --> 00:05:13,272 Que dis? Ti es súa nai. 74 00:05:13,856 --> 00:05:15,858 Mark, mírame. 75 00:05:16,692 --> 00:05:19,445 Mira que vella me fixen desde que chegaches. 76 00:05:24,950 --> 00:05:27,077 Teu irmán medra máis rápido ca ti, 77 00:05:27,911 --> 00:05:29,747 pero máis amodo ca nós. 78 00:05:30,831 --> 00:05:33,207 Morrerei antes de que poida falar. 79 00:05:34,626 --> 00:05:38,047 Cando estaba Nolan, non pasaba nada. Podía crialo seu pai. 80 00:05:38,922 --> 00:05:40,007 Pero agora... 81 00:05:41,467 --> 00:05:43,552 todos os coñecidos morrerán pronto. 82 00:05:44,887 --> 00:05:47,264 Pasarán xeracións antes de que sexa adulto. 83 00:05:48,390 --> 00:05:51,518 Que nai o abandonaría nunha vida así? 84 00:05:53,062 --> 00:05:55,230 A meu pai iso tamén lle preocupaba. 85 00:05:56,523 --> 00:05:57,900 Nolan cambioume. 86 00:05:59,276 --> 00:06:02,696 Vexo a vida de xeito diferente aos demais thraxáns. 87 00:06:03,405 --> 00:06:06,784 Pero para min, os vosos séculos só son un concepto. 88 00:06:08,577 --> 00:06:11,955 Para ti e para teu irmán, son a vida que tendes que vivir. 89 00:06:13,123 --> 00:06:14,958 Só espero que meu pai estea ben. 90 00:06:16,794 --> 00:06:18,003 Eu tamén o espero. 91 00:06:19,088 --> 00:06:22,716 Pero se vive, buscarate a ti, non a min. 92 00:06:23,592 --> 00:06:26,470 - Espera, non... - O meu con Nolan foi especial. 93 00:06:28,639 --> 00:06:29,640 Pero el saberá... 94 00:06:30,724 --> 00:06:32,351 que a miña vida rematou. 95 00:06:34,937 --> 00:06:36,355 Lémbrame, meu neno. 96 00:06:37,564 --> 00:06:40,776 Espero que entendas por que te tiven que deixar. 97 00:06:43,153 --> 00:06:43,987 Por favor. 98 00:06:45,114 --> 00:06:47,074 Ti serás o único que lle quede. 99 00:06:47,157 --> 00:06:49,368 E necesitará alguén... 100 00:06:49,451 --> 00:06:55,374 INVENCIBLE 101 00:07:03,340 --> 00:07:05,175 Grazas, Paul. Vémonos mañá. 102 00:07:06,718 --> 00:07:07,553 Debbie. 103 00:07:09,054 --> 00:07:10,264 Espera... 104 00:07:10,347 --> 00:07:12,224 Esquecín darche isto. 105 00:07:12,307 --> 00:07:14,685 É de parte de todos os da oficina. 106 00:07:14,768 --> 00:07:15,936 Pola venda da casa? 107 00:07:17,020 --> 00:07:17,855 Máis ou menos. 108 00:07:18,772 --> 00:07:19,773 Ben... 109 00:07:20,732 --> 00:07:21,859 Todos sabemos... 110 00:07:23,735 --> 00:07:25,571 o duro que foi para ti. 111 00:07:27,239 --> 00:07:29,867 Pero alégranos que volveses. 112 00:07:32,327 --> 00:07:33,162 Grazas. 113 00:07:33,704 --> 00:07:34,913 Grazas, Paul. 114 00:07:58,103 --> 00:07:58,937 Ola, mamá. 115 00:08:00,731 --> 00:08:01,732 Mark. 116 00:08:04,234 --> 00:08:07,237 Xesús, Mark. Pasaron dous meses! 117 00:08:07,321 --> 00:08:10,324 Tento non preocuparme, pero ata Cecil o fixo. É... 118 00:08:14,536 --> 00:08:15,871 Quen é ese? 119 00:08:22,836 --> 00:08:25,297 Non teño palabras. 120 00:08:26,590 --> 00:08:30,052 Esta mañá non sabía nin sequera se Nolan estaba vivo. 121 00:08:30,135 --> 00:08:33,179 Eu... Non sabía se quería que estivese vivo... 122 00:08:33,263 --> 00:08:35,349 Deixou outro planeta en ruínas 123 00:08:35,432 --> 00:08:39,102 e o seu... novo fillo está na miña cociña. 124 00:08:40,229 --> 00:08:41,438 Levárono os viltrumitas. 125 00:08:41,520 --> 00:08:43,232 Non tiña outra opción. 126 00:08:43,315 --> 00:08:44,483 Claro que a tiña! 127 00:08:44,566 --> 00:08:46,610 Non debeu ir a ese planeta. 128 00:08:46,693 --> 00:08:50,489 Non tiña que buscar outra parella nin ter outro fillo. 129 00:08:54,034 --> 00:08:56,787 Non lle importan as vidas que destrúe. 130 00:08:56,870 --> 00:08:59,039 Deixa que os demais amañen todo. 131 00:08:59,122 --> 00:09:00,582 Unha e outra vez. 132 00:09:01,291 --> 00:09:02,709 Xa o sei. 133 00:09:05,545 --> 00:09:07,756 Que imos facer con el? 134 00:09:07,839 --> 00:09:10,217 Os nenos desa idade necesitan coidados. 135 00:09:10,801 --> 00:09:12,636 Nin sequera ten nome. 136 00:09:13,428 --> 00:09:14,721 Medra rápido. 137 00:09:15,347 --> 00:09:17,015 Non será cativo moito tempo. 138 00:09:18,058 --> 00:09:20,394 Podo deixar os estudos un ano e coidalo. 139 00:09:20,477 --> 00:09:22,896 Que? Non! Nin de broma. 140 00:09:22,980 --> 00:09:24,481 Levo fóra dous meses. 141 00:09:25,232 --> 00:09:28,318 As miñas notas non van ser boas, sabes? 142 00:09:28,902 --> 00:09:31,280 E cambiei moitos cueiros de camiño. 143 00:09:32,614 --> 00:09:34,324 E Cecil? 144 00:09:35,325 --> 00:09:36,410 Non podemos. 145 00:09:36,493 --> 00:09:38,120 Ten que haber outra opción. 146 00:09:38,203 --> 00:09:39,413 Coma cal? 147 00:09:39,871 --> 00:09:40,747 É violeta. 148 00:09:47,838 --> 00:09:50,966 Non llo darei a alguén nin quero deixar a universidade. 149 00:09:51,550 --> 00:09:52,467 Pero... 150 00:09:53,552 --> 00:09:57,014 Papá deixa que outros solucionen os seus poblemas. 151 00:10:00,350 --> 00:10:04,354 Pero el é meu irmán e... non podo abandonalo. 152 00:10:08,608 --> 00:10:10,527 Iso herdáchelo de min. 153 00:10:19,077 --> 00:10:20,370 Non deixes de estudar. 154 00:10:21,413 --> 00:10:25,083 Collerei uns días no traballo e coidarei del. 155 00:10:25,167 --> 00:10:26,710 Xa se nos ocorrerá algo. 156 00:10:32,341 --> 00:10:35,177 Pero cambia ese cueiro antes de ir a ningures. 157 00:10:38,096 --> 00:10:39,973 Que alguén o comprobe. 158 00:10:40,057 --> 00:10:42,184 Igual non é nada, pero revisádeo. 159 00:10:42,267 --> 00:10:43,685 O informe nunha hora. 160 00:10:49,274 --> 00:10:51,485 Señor, ten un minuto? 161 00:10:51,568 --> 00:10:54,363 Estamos ocupados, Donald, por se non o ves. 162 00:10:55,155 --> 00:10:59,159 Ten que ter tempo para... isto. 163 00:11:05,665 --> 00:11:07,125 Todos fóra! 164 00:11:12,381 --> 00:11:13,632 Xa escoitastes. 165 00:11:13,715 --> 00:11:15,258 Necesito que marchedes. 166 00:11:15,342 --> 00:11:16,385 Xa. 167 00:11:31,066 --> 00:11:34,069 Ben. Tes a miña atención. 168 00:11:35,529 --> 00:11:37,739 Despois do de Omni-Man o ano pasado, 169 00:11:37,823 --> 00:11:40,867 estoupamos a casa de vixilancia para paralo. 170 00:11:41,493 --> 00:11:43,954 Fixéchelo cando todos estaban a salvo. 171 00:11:44,037 --> 00:11:45,997 Case non saes con vida. 172 00:11:47,290 --> 00:11:49,292 Entón por que non o lembro? 173 00:11:49,918 --> 00:11:52,337 Estabas conmocionado. Queimácheste. 174 00:11:53,630 --> 00:11:54,464 Queimeime? 175 00:11:55,382 --> 00:11:57,717 Así lle chama a isto? 176 00:12:01,304 --> 00:12:04,474 Con todo respecto, señor, que me fixo? 177 00:12:15,110 --> 00:12:16,862 Pensei que tiña acceso. 178 00:12:17,571 --> 00:12:19,573 E telo, a case todo. 179 00:12:20,282 --> 00:12:21,491 Luces! 180 00:12:25,203 --> 00:12:26,204 Que é iso? 181 00:12:28,582 --> 00:12:30,417 O que che fixemos a ti. 182 00:12:30,500 --> 00:12:31,835 Algo moi moderno. 183 00:12:31,918 --> 00:12:33,253 E moi caro. 184 00:12:34,045 --> 00:12:36,840 Veste moito mellor do que te vías antes. 185 00:12:37,966 --> 00:12:38,800 Como? 186 00:12:39,384 --> 00:12:40,886 Tiveches sorte. 187 00:12:40,969 --> 00:12:43,555 O corpo de Omni-Man protexeute da explosión. 188 00:12:43,638 --> 00:12:46,057 Cando te sacamos, o cerebo estaba intacto. 189 00:12:46,141 --> 00:12:48,018 O resto, non tanto. 190 00:12:48,768 --> 00:12:50,187 O resto? 191 00:12:52,314 --> 00:12:54,149 Cecil, que raios son agora? 192 00:12:54,232 --> 00:12:55,192 Es ti. 193 00:12:55,650 --> 00:12:58,278 Pero mellor, máis forte. 194 00:12:58,862 --> 00:13:00,071 Vivo. 195 00:13:01,615 --> 00:13:04,284 Non o lembro, non lembro nada. 196 00:13:05,744 --> 00:13:08,872 Todos o sabían e eu non? 197 00:13:08,955 --> 00:13:11,791 O TEPT é complicado. Pensamos que era o mellor. 198 00:13:11,875 --> 00:13:13,376 Mellor para ti. 199 00:13:13,877 --> 00:13:15,504 Non tiñas dereito. 200 00:13:15,587 --> 00:13:17,797 Que queres, Donald? 201 00:13:17,881 --> 00:13:19,090 Preferías morrer? 202 00:13:19,174 --> 00:13:21,593 Coñeces o mundo no que vivimos, o traballo. 203 00:13:21,676 --> 00:13:23,595 Non hai tempo para preocupacións. 204 00:13:23,678 --> 00:13:24,930 Preocupacións? 205 00:13:25,013 --> 00:13:26,473 Chámaslle así? 206 00:13:26,556 --> 00:13:30,227 Xesús, Cecil. Sabía que eras frío, pero non sabía que eras... 207 00:13:30,685 --> 00:13:31,520 Señores? 208 00:13:31,603 --> 00:13:32,604 Que? 209 00:13:33,563 --> 00:13:36,024 CONSCIENCIA TOTAL - UNHA VIDA FILOSÓFICA DOUTOR CARL SPACKLER 210 00:13:38,026 --> 00:13:41,655 Xa é filosofía abonda para hoxe. 211 00:13:49,913 --> 00:13:52,040 Desde cando pechas a ventá? 212 00:13:52,123 --> 00:13:54,125 Mark. Cago no demo! 213 00:13:55,835 --> 00:13:59,881 Empecei a pechala cando ese becho xigante apareceu. 214 00:13:59,965 --> 00:14:02,592 - Salváchelos dos meteoritos? - Meteoritos? 215 00:14:03,426 --> 00:14:04,427 Certo. 216 00:14:05,554 --> 00:14:07,222 Si e non. 217 00:14:08,306 --> 00:14:10,350 Foi... foi raro. 218 00:14:11,476 --> 00:14:12,310 Para min. 219 00:14:13,061 --> 00:14:14,354 Si, xa me imaxino. 220 00:14:14,437 --> 00:14:15,772 Estiveches moito tempo. 221 00:14:15,855 --> 00:14:17,482 Unha eternidade. 222 00:14:19,276 --> 00:14:21,903 Tes que ir falar co decano, por certo. 223 00:14:21,987 --> 00:14:24,322 Algo sobre o período de proba? 224 00:14:24,406 --> 00:14:26,283 Dixeches que me cubrirías. 225 00:14:26,366 --> 00:14:28,451 E fíxeno. Un tempo. 226 00:14:28,535 --> 00:14:29,452 Dous meses, Mark. 227 00:14:29,536 --> 00:14:31,871 Ninguén pode inventar tantas escusas. 228 00:14:31,955 --> 00:14:32,914 Que pasou? 229 00:14:34,790 --> 00:14:35,625 Moitas cousas. 230 00:14:37,919 --> 00:14:39,212 Vin a meu pai. 231 00:14:39,296 --> 00:14:40,297 A teu pai? 232 00:14:40,380 --> 00:14:42,007 Xa che contarei. 233 00:14:42,090 --> 00:14:44,259 Pero teño que ir ver a Amber. 234 00:14:45,427 --> 00:14:48,013 Iso, abandóname pola túa moza, si? 235 00:14:48,930 --> 00:14:52,684 Así terás tempo para poñer outra vez os meus pósters. 236 00:14:52,767 --> 00:14:53,768 Todos! 237 00:14:59,149 --> 00:15:02,777 E? Cando me ías contar que volviches? 238 00:15:04,321 --> 00:15:06,573 A ver... non é que non o soubeses. 239 00:15:06,656 --> 00:15:08,074 Díxenche que non foses. 240 00:15:08,158 --> 00:15:10,535 Foron dous meses. E agora nin me avisas? 241 00:15:10,619 --> 00:15:13,246 Quería ver a miña nai e a miña moza antes. 242 00:15:13,330 --> 00:15:14,998 Tiñamos un trato, Mark. 243 00:15:15,081 --> 00:15:17,626 Prometiches cumprir as miñas ordes. 244 00:15:17,709 --> 00:15:19,836 Non podes escoller cando facelo. 245 00:15:20,211 --> 00:15:22,130 Salvei milleiros de vidas, Cecil. 246 00:15:22,213 --> 00:15:24,215 E aquí parece que todo está ben. 247 00:15:24,299 --> 00:15:25,133 Si. 248 00:15:26,009 --> 00:15:27,636 Estupendamente. 249 00:15:49,157 --> 00:15:51,076 Os Gardiáns case morren 250 00:15:51,159 --> 00:15:53,745 mentres ti paseabas con bechos espaciais. 251 00:15:53,828 --> 00:15:57,040 O que fixen, o que descubrín, era importante. 252 00:16:00,960 --> 00:16:02,379 Ti xa o sabes, non? 253 00:16:06,800 --> 00:16:08,968 Vixiamos a Debbie para protexela. 254 00:16:09,803 --> 00:16:13,181 Supervisión pasiva. E ás veces escoitamos máis. 255 00:16:13,848 --> 00:16:15,266 Non o podo crer. 256 00:16:15,350 --> 00:16:17,560 E enfádaste porque non te avisei? 257 00:16:18,144 --> 00:16:19,354 Non preciso facelo. 258 00:16:19,437 --> 00:16:21,106 Tes cámaras na de miña nai. 259 00:16:21,189 --> 00:16:22,691 Non son cámaras. 260 00:16:22,774 --> 00:16:23,942 Non fariamos iso. 261 00:16:24,818 --> 00:16:26,903 Ben, xa que sabes todo, 262 00:16:26,986 --> 00:16:29,364 vou ver a miña moza, como tiña pensado. 263 00:16:29,447 --> 00:16:30,657 Por min ben. 264 00:16:30,740 --> 00:16:32,701 Recolleremos o fillo de Nolan. 265 00:16:33,243 --> 00:16:34,369 Non podes. 266 00:16:34,452 --> 00:16:36,538 Que vas facer? Deixalo con túa nai? 267 00:16:37,288 --> 00:16:38,748 É un extraterrestre. 268 00:16:38,832 --> 00:16:40,917 Nós coidaremos mellor del. 269 00:16:41,876 --> 00:16:44,003 É meu irmán, non un experimento. 270 00:16:44,087 --> 00:16:45,255 Dilles que non vaian! 271 00:16:45,338 --> 00:16:47,298 Xa están de camiño. 272 00:16:49,134 --> 00:16:50,135 Que se deteñan! 273 00:16:51,052 --> 00:16:51,886 Xa! 274 00:16:54,431 --> 00:16:55,598 Irei mañá. 275 00:17:01,563 --> 00:17:02,772 Moi ben. 276 00:17:02,856 --> 00:17:06,192 A túa nai encantaralle coidar do fillo do seu ex. 277 00:17:13,616 --> 00:17:14,617 Xa vou. 278 00:17:16,953 --> 00:17:17,787 Mark! 279 00:17:17,871 --> 00:17:20,123 Meu Deus, volviches. 280 00:17:22,751 --> 00:17:24,127 Boteite en falta. 281 00:17:25,295 --> 00:17:27,380 Non pensaba estar fóra tanto tempo. 282 00:17:27,464 --> 00:17:29,340 Leváronme a un planeta... 283 00:17:31,050 --> 00:17:36,264 ...rio en Filadelfia cando, xa sabes, fun visitar a miña tía. 284 00:17:38,224 --> 00:17:40,268 Rapaces, este é o meu mozo, Mark. 285 00:17:40,351 --> 00:17:43,146 Leva un tempo fóra por asuntos familiares. 286 00:17:43,229 --> 00:17:45,982 Mark, eles son Bridget, Jannie e Corei. 287 00:17:46,065 --> 00:17:48,067 Ola, rapaz. Alégrame coñecerte. 288 00:17:48,610 --> 00:17:51,154 Vaia, así que é real. 289 00:17:51,237 --> 00:17:54,240 Pensei que Amber só quería librarse dos tipos raros. 290 00:17:54,699 --> 00:17:57,410 Si, si. Son moi real. 291 00:17:57,494 --> 00:18:01,080 Só que non estiven nos últimos... meses. 292 00:18:05,001 --> 00:18:06,920 Ben, deixaremos que faledes. 293 00:18:07,003 --> 00:18:09,297 Amber, despois traemos os apuntamentos. 294 00:18:09,380 --> 00:18:10,757 Encantada, Mark. 295 00:18:14,010 --> 00:18:15,428 Que pasou alá? 296 00:18:20,016 --> 00:18:22,227 Entón o neno está con túa nai? 297 00:18:22,310 --> 00:18:23,144 Por agora. 298 00:18:24,771 --> 00:18:26,356 Non sei que vou facer. 299 00:18:27,690 --> 00:18:29,859 E cría que eu tivera uns meses raros. 300 00:18:31,194 --> 00:18:32,487 Merda, síntoo. 301 00:18:32,570 --> 00:18:35,532 Só falei de min todo este tempo. 302 00:18:35,615 --> 00:18:38,618 Non, é dicir, pasáronche moitas cousas. Enténdoo. 303 00:18:38,701 --> 00:18:41,704 Non, de verdade. Eu... quero saber o que perdín. 304 00:18:44,833 --> 00:18:47,043 Pois a universidade non é un chiste. 305 00:18:47,794 --> 00:18:51,047 Suspendín unha proba que é a terceira parte da nota. 306 00:18:51,464 --> 00:18:52,966 De verdade? Ti? 307 00:18:53,800 --> 00:18:54,801 Si. 308 00:18:55,718 --> 00:18:56,845 Meu avó morreu. 309 00:18:56,928 --> 00:18:58,429 Non o levei moi ben. 310 00:19:01,307 --> 00:19:02,141 NA MEMORIA 311 00:19:02,225 --> 00:19:03,393 Si, supereino. 312 00:19:03,476 --> 00:19:05,186 O funeral, volver aquí... 313 00:19:06,771 --> 00:19:08,690 A xente preguntaba por ti, sabes? 314 00:19:09,274 --> 00:19:11,234 Non me gustou ter que mentir. 315 00:19:13,361 --> 00:19:15,655 Non sabía que sería tan complicado. 316 00:19:16,447 --> 00:19:17,282 Acouga. 317 00:19:17,866 --> 00:19:19,659 Sabía o que había cando aceptei. 318 00:19:20,451 --> 00:19:22,078 Non só o de superheroe. 319 00:19:22,704 --> 00:19:23,538 Todo. 320 00:19:24,956 --> 00:19:26,583 Pensei que sen meu pai 321 00:19:26,666 --> 00:19:28,835 xa non me complicaría a vida, pero... 322 00:19:29,586 --> 00:19:30,670 Ei. 323 00:19:30,753 --> 00:19:35,091 El non pode cambiar o que sinto, tanto ten cantos planetas esnaquice. 324 00:19:35,758 --> 00:19:37,135 Iso é o importante. 325 00:19:41,139 --> 00:19:42,390 Alégrame que volveses. 326 00:20:10,001 --> 00:20:10,960 Axuda. 327 00:20:11,836 --> 00:20:12,921 Axudádeme. 328 00:20:14,672 --> 00:20:15,506 Por favor. 329 00:20:18,593 --> 00:20:20,094 Señor. Señor? 330 00:20:21,304 --> 00:20:22,472 Está ben, señor? 331 00:20:24,140 --> 00:20:25,391 Si, que pasou? 332 00:20:25,475 --> 00:20:29,687 Necesita ver algo nos escáneres de grande alcance, señor. 333 00:20:34,233 --> 00:20:35,234 Vaia parvada. 334 00:20:35,318 --> 00:20:37,195 Podo ver na escuridade. 335 00:20:37,570 --> 00:20:39,822 Se conservas os ollos, si. 336 00:20:51,292 --> 00:20:52,126 Tempo. 337 00:20:52,835 --> 00:20:55,505 Monster Girl, Kate, ide á ducha. 338 00:20:55,588 --> 00:20:57,382 Bulletproof, Shapesmith, veña. 339 00:21:02,136 --> 00:21:03,972 Inmortal, unha cousa. 340 00:21:04,055 --> 00:21:06,724 Lémbroche que Monster Girl cando se transforma 341 00:21:06,808 --> 00:21:09,018 vólvese máis nova. 342 00:21:09,602 --> 00:21:12,230 Sei como funcionan os poderes do equipo. 343 00:21:12,313 --> 00:21:15,650 Entón entendes que este adestramento non é bo para ela. 344 00:21:15,733 --> 00:21:19,320 - Creei unha simulación... - Ei! Podo escoitarte, sabes? 345 00:21:19,404 --> 00:21:22,991 Amanda, Inmortal non está anotando as túas transformacións. 346 00:21:23,074 --> 00:21:25,618 Ese non é o seu traballo. 347 00:21:25,702 --> 00:21:27,370 Nin tampouco o teu. 348 00:21:27,453 --> 00:21:30,581 Xa, pero se hai forma de minorar o tempo... 349 00:21:30,665 --> 00:21:32,583 Se estás así despois dunha cita, 350 00:21:32,667 --> 00:21:34,419 non vai haber outra. 351 00:21:37,213 --> 00:21:38,423 Ai, non! 352 00:21:38,506 --> 00:21:40,758 Cancelouse a graduación? 353 00:21:41,718 --> 00:21:44,303 Non me digas... Cago no demo! 354 00:21:45,847 --> 00:21:46,764 Hostia. 355 00:21:46,848 --> 00:21:49,475 Sabes que intentan matarnos todos os días? 356 00:21:49,559 --> 00:21:51,978 Chama, por favor. 357 00:21:52,061 --> 00:21:53,396 Temos un problema. 358 00:21:58,568 --> 00:22:00,820 Vén de Marte, directo cara á Terra. 359 00:22:01,362 --> 00:22:03,656 Intentamos chamar, pero non responden. 360 00:22:04,032 --> 00:22:05,700 Igual non hai ninguén. 361 00:22:06,200 --> 00:22:08,619 Pero está cheo de materia biolóxica. 362 00:22:12,957 --> 00:22:14,792 Unha nave que vén de Marte? 363 00:22:14,876 --> 00:22:18,880 Non sei se haberá aquí alguén que teña información sobre... Marte. 364 00:22:26,929 --> 00:22:27,764 Amigos. 365 00:22:28,806 --> 00:22:30,349 Teño que contarvos algo. 366 00:22:31,726 --> 00:22:35,396 Non son un humano da Terra como vos dixen. 367 00:22:36,856 --> 00:22:37,940 Preparádevos. 368 00:22:38,024 --> 00:22:39,984 Igual non podedes asimilalo... 369 00:22:40,068 --> 00:22:41,486 Sabemos que es marciano. 370 00:22:41,569 --> 00:22:44,322 Pensabas que te unirías e que non o saberiamos? 371 00:22:44,405 --> 00:22:47,116 Sabiádelo todos? Fillos de puta. 372 00:22:47,533 --> 00:22:51,704 Pero non sabemos como chegaches á Terra nin que fas aquí. 373 00:22:52,830 --> 00:22:53,831 Pois ben... 374 00:22:55,583 --> 00:22:57,585 Eu nacín sendo marciano. 375 00:22:58,628 --> 00:23:00,588 Moi lonxe, no planeta Marte. 376 00:23:02,006 --> 00:23:04,842 Os marcianos usamos os secuids como servos 377 00:23:04,926 --> 00:23:07,345 xa que non poden penetrar a nosa pel, 378 00:23:07,428 --> 00:23:10,014 cousa que lles gusta moito facer. 379 00:23:11,516 --> 00:23:15,603 De novo, non me gustaba vivir baixo terra. 380 00:23:16,521 --> 00:23:18,272 Quería ver as estrelas. 381 00:23:19,148 --> 00:23:20,858 Por aquí. Correde! 382 00:23:26,114 --> 00:23:28,366 Entón, cando tiven a oportunidade... 383 00:23:30,535 --> 00:23:31,702 aproveiteina. 384 00:23:33,079 --> 00:23:35,623 Vin á Terra coa vosa xente do espazo. 385 00:23:35,706 --> 00:23:40,002 Cando cheguei, quería facer algo bo e coñecinvos... 386 00:23:40,086 --> 00:23:42,839 Espera. Que pasou co astronauta? 387 00:23:46,425 --> 00:23:47,260 E ben? 388 00:23:47,760 --> 00:23:49,762 Os meus estaban xusto detrás. 389 00:23:49,846 --> 00:23:52,515 Pensei que o atoparían antes que os secuids. 390 00:23:52,598 --> 00:23:54,392 Que o atoparían e o matarían. 391 00:23:54,475 --> 00:23:56,060 Pero non o atoparon, non? 392 00:23:56,144 --> 00:23:57,603 Atopouno outra cousa. 393 00:23:57,687 --> 00:23:59,188 Non o sei. 394 00:24:01,440 --> 00:24:02,567 Vale, ben. 395 00:24:02,650 --> 00:24:06,529 Considerando a situación e esa nave que vén cara a aquí, 396 00:24:06,612 --> 00:24:08,030 podemos asumir... 397 00:24:08,114 --> 00:24:11,450 máis ben, podemos imaxinar que igual, 398 00:24:11,534 --> 00:24:14,704 e é unha posibilidade, que igual se converteu... 399 00:24:15,663 --> 00:24:19,584 no corpo onde se aloxa un grupo de secuids aterradores. 400 00:24:20,168 --> 00:24:21,961 Síntoo moito. 401 00:24:22,753 --> 00:24:27,466 Ben. Entón quen sabe cantas cousas desas veñen cara a aquí. 402 00:24:28,301 --> 00:24:30,011 Posuíron o verdadeiro Rus 403 00:24:30,094 --> 00:24:32,722 e poden posuír milleiros máis. 404 00:24:32,805 --> 00:24:35,183 E é todo culpa túa. 405 00:24:35,266 --> 00:24:37,643 Si, agora entendéstelo. 406 00:24:39,604 --> 00:24:41,647 - Iso é malo. - Espera. 407 00:24:41,731 --> 00:24:43,191 Imos crer o que di? 408 00:24:43,274 --> 00:24:45,234 Mentiunos todo este tempo. 409 00:24:45,776 --> 00:24:47,195 Non, antes mentía. 410 00:24:47,278 --> 00:24:48,613 Agora digo a verdade. 411 00:24:48,696 --> 00:24:49,906 É moi distinto. 412 00:24:49,989 --> 00:24:52,033 Deixaches un astronauta americano 413 00:24:52,116 --> 00:24:53,826 - morrer alí. - Que? Veña. 414 00:24:53,910 --> 00:24:56,204 - Por que o toleramos? - Síntoo? 415 00:24:56,287 --> 00:24:58,456 - Por que toleralo? - Calade. Todos. 416 00:24:58,831 --> 00:25:01,000 Isto terá consecuencias. 417 00:25:01,626 --> 00:25:03,419 A nave non pode chegar aquí. 418 00:25:03,502 --> 00:25:05,796 Shapesmith é a información que temos. 419 00:25:05,880 --> 00:25:06,881 Necesitámolo. 420 00:25:07,256 --> 00:25:08,257 Polo de agora. 421 00:25:08,716 --> 00:25:10,676 O equipo seremos eu, Bulletproof, 422 00:25:10,760 --> 00:25:14,513 Black Samson, Monster Girl e... Shapesmith. 423 00:25:15,431 --> 00:25:19,393 Rex, Shrinking Rae, Kate e Rudy quedaredes aquí. 424 00:25:19,810 --> 00:25:21,062 É unha nave espacial. 425 00:25:21,145 --> 00:25:23,105 Necesitaredes o meu coñecemento. 426 00:25:23,189 --> 00:25:24,899 Estarei protexido co traxe. 427 00:25:25,524 --> 00:25:27,026 Certo. Rudy, ti tamén vas. 428 00:25:27,109 --> 00:25:28,194 Non o entendedes. 429 00:25:28,277 --> 00:25:31,906 Hai millóns de secuids nesa nave. Igual centos de millóns. 430 00:25:31,989 --> 00:25:32,990 Non abonda. 431 00:25:33,074 --> 00:25:37,411 Mirade, sei que non é o habitual, pero teño unha idea. 432 00:26:10,528 --> 00:26:11,904 Merda! 433 00:26:11,988 --> 00:26:14,657 Sabes o que? Pasaron xa cinco anos 434 00:26:14,740 --> 00:26:17,576 e teus pais aínda non amañaron o pecho da ventá. 435 00:26:17,994 --> 00:26:21,831 Non quererán que te secuestren? 436 00:26:21,914 --> 00:26:23,499 Non estou de humor, Rex. 437 00:26:23,582 --> 00:26:25,835 E eu non vin para rirme de ti. 438 00:26:26,585 --> 00:26:27,586 De verdade. 439 00:26:28,879 --> 00:26:30,756 Nin para foder contigo. 440 00:26:30,840 --> 00:26:32,758 Nin para o que esteas pensando. 441 00:26:33,551 --> 00:26:35,886 Pero cando souben que volveras, 442 00:26:36,595 --> 00:26:38,222 sabía que algo ía mal. 443 00:26:40,558 --> 00:26:42,435 Non necesito compaixón, Rex. 444 00:26:43,436 --> 00:26:44,979 Desde cando fago eu iso? 445 00:26:47,565 --> 00:26:49,608 Viches o que fixen en Chicago? 446 00:26:49,692 --> 00:26:50,693 O do parque? 447 00:26:51,360 --> 00:26:52,820 Si, oín falar diso. 448 00:26:52,903 --> 00:26:54,905 Raios, estragueino todo. 449 00:26:54,989 --> 00:26:56,240 Case firo xente. 450 00:26:58,117 --> 00:27:01,454 E pagueinas con Killcannon. E ferín xente. 451 00:27:03,497 --> 00:27:06,667 Intento axudar e só provoco máis problemas. 452 00:27:07,835 --> 00:27:10,379 Meus pais tiñan razón. Quen penso que son? 453 00:27:11,172 --> 00:27:12,798 Todos a cagamos. 454 00:27:12,882 --> 00:27:14,425 Cagala é humano. 455 00:27:14,508 --> 00:27:15,843 Díxoo Shakespeare. 456 00:27:17,053 --> 00:27:19,096 Inmortal, Black Samson, 457 00:27:19,180 --> 00:27:23,184 o maldito Robot ou Rudy ou como se chame agora, 458 00:27:23,267 --> 00:27:24,977 cagárona xa algunha vez. 459 00:27:25,686 --> 00:27:30,024 Ter poderes non é sinxelo, pero facemos o que podemos. 460 00:27:31,442 --> 00:27:32,735 Ata os parvos coma min. 461 00:27:35,071 --> 00:27:37,198 Fai as contas, Eve. 462 00:27:37,281 --> 00:27:40,785 Tes moitísimas cousas positivas. 463 00:27:44,872 --> 00:27:46,791 Ensináchesmo cando nos coñecemos. 464 00:27:49,543 --> 00:27:52,588 Aínda estabas mal porque os perderas. 465 00:27:52,671 --> 00:27:55,007 A MIÑA FAMILIA 466 00:27:57,134 --> 00:27:58,803 Case non penso neles. 467 00:27:59,887 --> 00:28:02,723 Porque o superaches. 468 00:28:03,224 --> 00:28:08,062 E superáchesme a min de adolescente soltándoche os meus problemas 469 00:28:08,145 --> 00:28:10,564 e agochándome no teu cuarto ano e medio. 470 00:28:11,107 --> 00:28:13,859 E despois centos de batallas co Teen Team. 471 00:28:13,943 --> 00:28:18,906 Con todo iso, salvaches moita xente. 472 00:28:18,989 --> 00:28:23,452 E cada vez fixeches deste mundo de merda, noxento e terrible, 473 00:28:24,203 --> 00:28:25,246 un mundo mellor. 474 00:28:27,289 --> 00:28:30,876 E tamén lle botei un ollo á parella que salvaches no río. 475 00:28:30,960 --> 00:28:32,962 Vanse recuperar. 476 00:28:33,045 --> 00:28:34,463 Grazas a ti. 477 00:28:35,297 --> 00:28:39,051 Así que seca as bágoas, dilles a teus pais que vaian rascar o cu 478 00:28:39,135 --> 00:28:41,053 e sae outra vez. Vale? 479 00:28:44,181 --> 00:28:45,182 Vale. 480 00:28:46,475 --> 00:28:47,476 Grazas, Rex. 481 00:28:49,437 --> 00:28:50,855 E agora que queres? 482 00:28:52,022 --> 00:28:54,066 Oféndesme. 483 00:28:55,609 --> 00:29:01,073 Pero si, teño un pequeno favor que pedirche sobre unha nave espacial. 484 00:29:03,242 --> 00:29:04,243 Moi ben. 485 00:29:06,245 --> 00:29:08,914 Abre, está boísimo. 486 00:29:11,375 --> 00:29:12,793 Está... 487 00:29:14,503 --> 00:29:16,005 Que imos facer contigo? 488 00:29:16,088 --> 00:29:18,924 Tenche que gustar algunha comida humana. 489 00:29:21,635 --> 00:29:24,472 Mark! Temos porta, sabes? 490 00:29:25,055 --> 00:29:26,474 Síntoo. 491 00:29:26,557 --> 00:29:29,310 Ei, señor porcallán. 492 00:29:29,393 --> 00:29:30,352 Que tal come? 493 00:29:31,187 --> 00:29:33,314 Pois por agora odia todo. 494 00:29:33,397 --> 00:29:35,733 Supoño que encaixará cos bebés humanos. 495 00:29:36,525 --> 00:29:37,568 Síntoo. 496 00:29:37,651 --> 00:29:39,695 Ei, onde están as cousas de papá? 497 00:29:39,778 --> 00:29:40,988 Tirei case todo. 498 00:29:41,071 --> 00:29:44,575 - Regaleino. - Que? Puideches preguntarme antes. 499 00:29:44,658 --> 00:29:46,660 Estiveches fóra dous meses. 500 00:29:46,744 --> 00:29:49,872 E non podía vivir así esperando a que volveses. 501 00:29:52,917 --> 00:29:55,461 Síntoo. Que buscabas? 502 00:29:55,544 --> 00:29:56,420 É que... 503 00:29:56,504 --> 00:30:00,674 cando o levaron os viltrumitas, díxome que lese os seus libros. 504 00:30:01,467 --> 00:30:03,260 E se agochou algo neles? 505 00:30:03,344 --> 00:30:04,970 Igual entre as páxinas? 506 00:30:10,476 --> 00:30:12,186 Non é bo momento, Cecil. 507 00:30:12,645 --> 00:30:14,021 Síntoo. É urxente. 508 00:30:14,897 --> 00:30:16,774 Mark, tes que volver ao espazo. 509 00:30:16,857 --> 00:30:19,527 Que? Acabo de volver do espazo. 510 00:30:19,610 --> 00:30:21,987 Ti enfadácheste por iso. 511 00:30:22,071 --> 00:30:24,156 Pensa que é unha redención. 512 00:30:24,240 --> 00:30:27,034 Hai unha nave chea de secuids e vén desde Marte. 513 00:30:27,117 --> 00:30:29,119 - Lémbralos? - Si. 514 00:30:29,203 --> 00:30:32,498 Se chegan á Terra, controlarannos para sempre. 515 00:30:32,581 --> 00:30:34,208 Temos que paralos. 516 00:30:34,291 --> 00:30:35,292 Claro. 517 00:30:35,793 --> 00:30:36,794 Por suposto. 518 00:30:38,170 --> 00:30:40,965 - Necesitas axuda co neno? - Estamos ben, grazas. 519 00:30:41,048 --> 00:30:42,383 Cando volvas traballar 520 00:30:42,466 --> 00:30:45,928 necesitarás xente especializada, non calquera veciño. 521 00:30:46,011 --> 00:30:48,347 - Nós temos xente. - É decisión nosa. 522 00:30:48,931 --> 00:30:49,765 Non túa. 523 00:30:52,393 --> 00:30:53,936 Pensádeo. 524 00:30:54,937 --> 00:30:55,938 Por favor. 525 00:31:01,569 --> 00:31:03,779 Pero acabas de volver do espazo. 526 00:31:03,862 --> 00:31:05,739 É que veñen cara á Terra. 527 00:31:05,823 --> 00:31:07,324 E é grave. 528 00:31:07,408 --> 00:31:10,286 Poderían ferir moita xente. 529 00:31:10,369 --> 00:31:14,373 - Entón... - Ti volve san e salvo, vale? 530 00:31:14,915 --> 00:31:15,916 Sempre. 531 00:31:24,758 --> 00:31:27,011 Ei, Jannie. Facedes algo esta noite? 532 00:31:28,304 --> 00:31:29,888 Non, está todo ben. 533 00:31:29,972 --> 00:31:32,182 Só quero despexar a mente. 534 00:31:39,231 --> 00:31:41,942 Invencible, non sabía que viñas connosco. 535 00:31:42,026 --> 00:31:45,029 Si, parece que non tiña moita opción. 536 00:31:45,112 --> 00:31:46,405 Hai sitio para máis? 537 00:31:46,488 --> 00:31:47,740 Eve! 538 00:31:52,119 --> 00:31:53,412 Ola. 539 00:31:53,495 --> 00:31:55,497 Rex dixo que necesitabades axuda. 540 00:31:55,581 --> 00:31:56,832 Pois si. 541 00:31:56,915 --> 00:31:59,126 Pero serás vulnerable para eles? 542 00:32:00,002 --> 00:32:02,921 Non es o único que pode crear unha armadura. 543 00:32:06,967 --> 00:32:08,677 Despegamos en dous minutos. 544 00:32:09,470 --> 00:32:12,431 Eu agora marcho e deixo que os astronautas valentes 545 00:32:12,514 --> 00:32:14,683 entren na escuridade do espazo. 546 00:32:15,643 --> 00:32:18,437 Se tedes éxito, fun eu quen vos ensinou todo. 547 00:32:18,520 --> 00:32:21,940 Se non, pois estamos apañados. 548 00:32:25,527 --> 00:32:28,155 Tres, dous, un. 549 00:32:30,157 --> 00:32:31,450 Arrincamos. 550 00:32:33,535 --> 00:32:34,870 Ben... 551 00:32:35,704 --> 00:32:38,749 Igual non o sabedes nin pensades coma min, 552 00:32:38,832 --> 00:32:43,629 pero son o Gardián de máis rango na Terra. 553 00:32:44,588 --> 00:32:45,631 Quen o di? 554 00:32:46,632 --> 00:32:48,092 Eu, agora mesmo. 555 00:32:49,176 --> 00:32:51,220 É coma pedir o asento dianteiro. 556 00:32:51,845 --> 00:32:55,182 Vale, primeira norma, nada de poñer caras. 557 00:32:55,683 --> 00:33:00,145 Segunda norma, preparádevos porque imos descansar 558 00:33:00,229 --> 00:33:02,022 ata que eses volvan. 559 00:33:02,523 --> 00:33:05,442 E non hai terceira norma. 560 00:33:05,526 --> 00:33:08,445 Temos que vixiar que non haxa máis ameazas. 561 00:33:09,071 --> 00:33:10,030 Claro. 562 00:33:10,114 --> 00:33:14,243 Seguro que hai dúas emerxencias que van acabar co mundo 563 00:33:14,326 --> 00:33:15,661 ao mesmo tempo. 564 00:33:15,744 --> 00:33:16,745 Non! 565 00:33:17,621 --> 00:33:19,123 Gustaríame velo, Rae. 566 00:33:29,675 --> 00:33:30,968 Ei, quen está aí? 567 00:33:32,886 --> 00:33:34,304 Síntoo, sarxento. 568 00:33:34,388 --> 00:33:37,433 Cago no demo, Jerry! Asustáchesme. 569 00:33:37,516 --> 00:33:41,145 Xa, xa sei que non me toca descansar, pero non comín. 570 00:33:42,187 --> 00:33:44,189 Colle o que queiras e sae... 571 00:33:46,358 --> 00:33:47,693 Merda! 572 00:33:58,871 --> 00:33:59,955 Veña. 573 00:34:00,038 --> 00:34:01,039 Si, señor. 574 00:34:03,000 --> 00:34:07,421 E lembrade que primeiro matamos, e despois facemos preguntas. 575 00:34:12,301 --> 00:34:14,428 Temos un problema. 576 00:34:15,053 --> 00:34:19,558 Un problema é unha oportunidade encuberta. 577 00:34:20,016 --> 00:34:23,020 Queres que saiban que estamos aquí? 578 00:34:23,520 --> 00:34:24,897 Pois claro. 579 00:34:24,980 --> 00:34:27,315 Así aceleramos as cousas. 580 00:34:29,902 --> 00:34:31,487 Meu, meu pai é imbécil, 581 00:34:31,570 --> 00:34:34,656 pero ti gañas o premio ao Peor Pai. 582 00:34:34,739 --> 00:34:37,534 Xa. Pero foi aínda peor ca iso. 583 00:34:38,368 --> 00:34:41,789 Non estiven aí para Amber, para miña nai ou para ti. 584 00:34:43,081 --> 00:34:44,291 E necesitabádesme. 585 00:34:44,373 --> 00:34:46,918 Seguro que mo podes recompensar pronto. 586 00:34:47,002 --> 00:34:47,835 Escoitade. 587 00:34:47,920 --> 00:34:50,672 Necesitamos información sobre a nave. 588 00:34:50,755 --> 00:34:51,965 Sistemas de armas, 589 00:34:52,049 --> 00:34:54,842 que tipo de resistencia podemos esperar. 590 00:34:55,260 --> 00:34:59,389 Así que Shapesmith contestará as vosas preguntas. 591 00:34:59,473 --> 00:35:04,269 Mellor non, xa que son secretos militares marcianos. 592 00:35:05,312 --> 00:35:06,313 Pero fareino. 593 00:35:06,396 --> 00:35:08,106 Esa é unha nave de guerra. 594 00:35:08,190 --> 00:35:12,194 É moi grande. Podería haber millóns de secuids, pero espero que non. 595 00:35:12,277 --> 00:35:14,988 Son pequenos, pero teñen moita forza. 596 00:35:15,072 --> 00:35:17,741 Unha nave chea de bechos con moita forza. 597 00:35:17,825 --> 00:35:18,659 Xenial. 598 00:35:18,742 --> 00:35:20,452 Ten que haber marcianos tamén. 599 00:35:20,536 --> 00:35:22,496 Os secuids non pilotan naves. 600 00:35:22,579 --> 00:35:25,833 Temos que buscar os marcianos, contactar con eles. 601 00:35:25,916 --> 00:35:28,001 Si! Os meus vellos amigos. 602 00:35:28,085 --> 00:35:32,422 Eles... non se alegrarán moito de verme. 603 00:35:32,506 --> 00:35:33,799 Supoño que non. 604 00:35:34,424 --> 00:35:36,343 Robot, como imos entrar? 605 00:35:36,426 --> 00:35:38,637 Nun anaco apagarei os motores. 606 00:35:38,720 --> 00:35:40,722 Como el dixo, a nave é grande 607 00:35:40,806 --> 00:35:42,599 e parecerá que somos unha rocha. 608 00:35:42,683 --> 00:35:45,435 Achegarémonos e faremos un burato. 609 00:35:45,519 --> 00:35:48,313 - Ben. - Moi ben, pero non funcionará. 610 00:35:48,397 --> 00:35:49,982 Por que non? 611 00:35:50,065 --> 00:35:52,150 Os sensores son moi sensibles. 612 00:35:52,234 --> 00:35:55,654 Detectarán a diferenza entre lixo e o que somos nós. 613 00:35:55,737 --> 00:35:57,406 E dilo agora? 614 00:35:57,489 --> 00:35:59,366 Si, dígoo agora. 615 00:35:59,449 --> 00:36:02,911 E non dubidarán en lanzar mísiles cando nos vexan. 616 00:36:02,995 --> 00:36:04,121 Shapesmith? 617 00:36:04,204 --> 00:36:06,999 Si! Eses! Mirade, son os mísiles dos que falaba. 618 00:36:07,082 --> 00:36:08,584 Non temos escudos ou algo? 619 00:36:08,667 --> 00:36:10,544 Non é Star Trek. Non temos nada. 620 00:36:10,627 --> 00:36:12,796 Achegádevos todos a min. Xa! 621 00:36:24,975 --> 00:36:29,438 Metade pepperoni, metade cogomelos, un pan de allo e unhas ás. 622 00:36:29,521 --> 00:36:31,106 Dous pans de allo! 623 00:36:31,565 --> 00:36:33,025 Dous pans de allo. 624 00:36:36,153 --> 00:36:37,738 Non! Ti pide, Rae. 625 00:36:37,821 --> 00:36:39,656 Cecil só vén saudar. 626 00:36:39,740 --> 00:36:41,867 Verdade, Cecil? A que si? 627 00:36:46,747 --> 00:36:48,206 - Deus. - Precisamos un plan. 628 00:36:48,290 --> 00:36:51,168 - Vou vomitar. - Pois pecha os ollos! 629 00:36:51,251 --> 00:36:55,255 Tranquilos. Temos osíxeno suficiente para uns dez minutos. 630 00:36:55,339 --> 00:36:57,716 Non sei se aguantarei dez minutos. 631 00:36:57,799 --> 00:36:59,968 Os que poidan voar, que empurren. 632 00:37:20,739 --> 00:37:22,449 Ola, amigos marcianos. 633 00:37:22,532 --> 00:37:24,201 Alégrame vervos. 634 00:37:24,284 --> 00:37:27,079 - Estiven na Terra e... - Terra? 635 00:37:27,996 --> 00:37:30,582 Fuches ti. Ti deixaches que pasase isto! 636 00:37:31,166 --> 00:37:34,461 Sei que foi culpa súa, pero nós queremos axudar. 637 00:37:34,544 --> 00:37:37,130 Sodes humanos. Seredes escravos axiña. 638 00:37:37,214 --> 00:37:39,091 Non somos coma os demais. 639 00:37:39,174 --> 00:37:40,884 Podemos con eles. Podemos... 640 00:37:41,385 --> 00:37:42,344 Que noxo. 641 00:37:42,427 --> 00:37:43,261 Non! 642 00:37:46,014 --> 00:37:47,015 Feito! 643 00:37:47,099 --> 00:37:48,725 Comparten mente! 644 00:37:48,809 --> 00:37:50,936 Os secuids saben que estades aquí. 645 00:38:02,614 --> 00:38:04,658 Algunha orde, xefe? 646 00:38:05,534 --> 00:38:07,244 Tomade algo 647 00:38:07,869 --> 00:38:09,371 e relaxádevos. 648 00:38:09,454 --> 00:38:12,916 - O rei ten un plan. - Esas son portas antinucleares. 649 00:38:13,000 --> 00:38:14,918 Non se poden romper desde fóra. 650 00:38:15,002 --> 00:38:18,380 Pechamos o túnel, así que non hai forma de entrar. 651 00:38:18,463 --> 00:38:21,675 Agora sentamos e esperamos a que o Goberno 652 00:38:21,758 --> 00:38:24,011 faga o que pidamos. 653 00:38:24,761 --> 00:38:26,096 Ou se non... 654 00:38:26,847 --> 00:38:28,056 Nova York. 655 00:38:28,807 --> 00:38:30,475 Os Ánxeles. 656 00:38:30,559 --> 00:38:32,436 Chicago. 657 00:38:37,065 --> 00:38:38,650 Morrede axiña, mamalóns. 658 00:38:38,734 --> 00:38:40,986 Arrefríame a pizza. 659 00:38:45,991 --> 00:38:46,992 Humanos. 660 00:38:47,075 --> 00:38:49,202 Pensades que podedes pararnos? 661 00:38:49,286 --> 00:38:50,120 Non podedes. 662 00:38:50,620 --> 00:38:53,582 Ti. Lembrámonos de ti. 663 00:38:53,665 --> 00:38:55,250 Non che atravesamos a pel. 664 00:38:55,834 --> 00:38:59,087 Tanto ten. Poderemos facelo con outros. 665 00:39:00,130 --> 00:39:02,507 Quitádellos! É a única solución! 666 00:39:14,144 --> 00:39:15,312 Hai demasiados! 667 00:39:16,063 --> 00:39:17,606 Necesitamos outro plan! 668 00:39:23,612 --> 00:39:27,157 Altereilles o sistema nervioso, pero axiña espertarán. 669 00:39:27,240 --> 00:39:29,576 Mentres matade todos os que poidades. 670 00:39:38,710 --> 00:39:39,628 Merda! 671 00:39:39,711 --> 00:39:40,796 Achegádevos! 672 00:40:05,403 --> 00:40:06,279 Pensei... 673 00:40:06,822 --> 00:40:07,823 que estes... 674 00:40:08,532 --> 00:40:09,533 eran... 675 00:40:11,451 --> 00:40:12,786 moi malos! 676 00:40:24,798 --> 00:40:25,882 Ei, Kate! 677 00:40:25,966 --> 00:40:29,219 Lembra que quen morra primeiro paga a pizza. 678 00:40:41,398 --> 00:40:43,567 Rex, Rae. 679 00:40:46,403 --> 00:40:47,779 Axuda! 680 00:40:47,863 --> 00:40:48,947 Aguanta! 681 00:40:59,624 --> 00:41:00,792 Kate! 682 00:41:04,588 --> 00:41:06,047 Meu Deus, non! 683 00:41:12,846 --> 00:41:14,890 Veña, Eve. Podes facelo. 684 00:41:17,225 --> 00:41:18,935 Estás tolo? 685 00:41:19,019 --> 00:41:22,022 Podo usar o traxe para crear un amplificador. 686 00:41:22,480 --> 00:41:25,734 Espero que os atorde o suficiente para sacar a Rus. 687 00:41:25,817 --> 00:41:28,069 Pero necesito que me protexades. 688 00:41:28,570 --> 00:41:29,487 Canto tempo? 689 00:41:29,863 --> 00:41:31,031 Cinco minutos. 690 00:41:40,540 --> 00:41:42,250 Vas pagar por iso. 691 00:42:09,277 --> 00:42:10,612 Ei, mamalón! 692 00:42:11,279 --> 00:42:13,281 Non queda sempre pequena. 693 00:42:51,278 --> 00:42:52,445 Isto non está pasando. 694 00:42:53,446 --> 00:42:54,698 Isto non está pasando. 695 00:42:56,199 --> 00:42:57,409 Isto non está pasando! 696 00:43:27,397 --> 00:43:28,398 Merda. 697 00:43:32,027 --> 00:43:33,194 Es moi valente. 698 00:43:34,237 --> 00:43:36,614 Pero é o valente o que sobrevive? 699 00:43:37,490 --> 00:43:39,200 Ou é o que espera 700 00:43:39,284 --> 00:43:42,871 a que o seu opoñente estea ferido para loitar? 701 00:43:44,372 --> 00:43:46,166 Faino, malnacido. 702 00:43:49,711 --> 00:43:50,545 Ti podes. 703 00:43:50,628 --> 00:43:52,881 Veña, aguanta. Podes facelo! 704 00:43:53,798 --> 00:43:54,841 Non aguanto. 705 00:43:54,924 --> 00:43:57,010 Non, Eve! 706 00:44:31,878 --> 00:44:32,879 Non estou morto. 707 00:44:34,130 --> 00:44:35,632 Pensei que estaba morto. 708 00:44:36,508 --> 00:44:38,426 Sentín que estaba morto. Isto... 709 00:44:39,803 --> 00:44:41,805 Isto é todo unha sorpresa. 710 00:44:44,682 --> 00:44:45,809 Ola? 711 00:44:47,352 --> 00:44:48,186 Ola? 712 00:44:48,978 --> 00:44:51,523 Que alguén me saque de aquí. 713 00:44:54,192 --> 00:44:55,276 Ben, xenial. 714 00:44:59,364 --> 00:45:02,534 Non. Eu... síntoo. 715 00:45:02,617 --> 00:45:04,786 Merda. Rompino. 716 00:45:05,912 --> 00:45:07,414 Isto, supoño que... 717 00:45:07,497 --> 00:45:09,082 Supoño que será caro. 718 00:45:09,165 --> 00:45:10,166 Meu Deus. 719 00:45:14,379 --> 00:45:16,214 Mira isto. 720 00:45:16,297 --> 00:45:20,301 Alégrame verte ben, Allen de Unopa. 721 00:45:20,760 --> 00:45:21,594 Si. 722 00:45:21,678 --> 00:45:24,305 Ben e moi musculado. 723 00:45:25,640 --> 00:45:26,641 Si. 724 00:45:27,225 --> 00:45:28,893 Teño que desculparme. 725 00:45:29,727 --> 00:45:32,522 Cando te trouxemos despois do ataque viltrumita, 726 00:45:32,605 --> 00:45:34,983 quiteiche a máquina que te mantiña vivo 727 00:45:35,066 --> 00:45:37,735 e deixei que te defendeses. 728 00:45:37,819 --> 00:45:40,989 Que? Por que o fixeches? 729 00:45:41,072 --> 00:45:46,327 Sabía que sen ela ou morrías ou te recuperarías e serías máis forte. 730 00:45:46,411 --> 00:45:49,080 Sinto moito que arriscase a túa vida. 731 00:45:49,706 --> 00:45:51,833 Pero pagou a pena. 732 00:45:51,916 --> 00:45:56,504 Agora podes loitar contra un viltrumita. 733 00:45:56,588 --> 00:45:58,089 Xa, dubídoo moito. 734 00:45:58,173 --> 00:45:59,924 Se ata me saltou o ollo. 735 00:46:00,008 --> 00:46:02,427 Lembro velo co meu propio ollo. 736 00:46:02,510 --> 00:46:04,471 Foi moi raro. 737 00:46:04,554 --> 00:46:07,182 Subestímaste, Allen. 738 00:46:07,557 --> 00:46:10,477 Ben, eu aprecio a túa confianza, 739 00:46:10,560 --> 00:46:12,645 pero non vou pedir o desquite. 740 00:46:12,729 --> 00:46:15,064 E se vexo outro viltrumita, vou... 741 00:46:22,197 --> 00:46:24,908 Cago no demo! Es viltrumita? 742 00:46:24,991 --> 00:46:28,077 Non, son algo moito peor. 743 00:46:29,037 --> 00:46:33,458 Son o único viltrumita que se rebelou contra o Imperio. 744 00:46:34,751 --> 00:46:39,047 Ata que ti me falaches de Invencible. 745 00:46:40,048 --> 00:46:40,882 Allen, 746 00:46:41,674 --> 00:46:43,635 tes que volver á Terra 747 00:46:44,135 --> 00:46:46,137 e traer a Invencible. 748 00:46:47,430 --> 00:46:52,018 É a chave para acabar con isto. 749 00:47:42,944 --> 00:47:44,946 Subtítulos: Paula Maneiro Torreira 750 00:47:45,029 --> 00:47:47,031 Supervisora creativa: Abraham Díaz López