1 00:00:14,291 --> 00:00:15,291 Non é irónico? 2 00:00:15,375 --> 00:00:17,416 Todos están a fuxir de Nilfgaard 3 00:00:17,500 --> 00:00:20,458 e nós facemos o posible por chegar alí. 4 00:00:20,541 --> 00:00:22,708 É o único camiño a Caed Dhu. 5 00:00:22,791 --> 00:00:24,833 Para salvar a Ciri vale a pena. 6 00:00:24,916 --> 00:00:25,958 Temos que cruzar. 7 00:00:26,041 --> 00:00:28,000 - Milva coñecía estas rutas. - Si. 8 00:00:28,083 --> 00:00:29,625 Iríanos mellor con ela. 9 00:00:29,708 --> 00:00:31,375 Eu tamén as coñezo. 10 00:00:31,458 --> 00:00:34,541 Nos meus tempos de Mazarico, era coñecido pola coraxe 11 00:00:34,625 --> 00:00:37,458 e polo bo ollo para os detalles. 12 00:00:37,541 --> 00:00:39,291 E a miña vista de aguia… 13 00:00:43,208 --> 00:00:44,666 - Estás ben? - Si, eu… 14 00:00:45,208 --> 00:00:47,250 Había unha raíz aí. 15 00:00:47,916 --> 00:00:50,125 Que che revisen esa vista de aguia. 16 00:00:50,208 --> 00:00:52,291 Non te burles dos aflixidos. 17 00:00:52,375 --> 00:00:54,541 Non é unha raíz. É unha corda. 18 00:00:54,625 --> 00:00:56,083 Entón, se cadra… 19 00:01:00,666 --> 00:01:03,125 Si! Geralt, vas querer ver isto. 20 00:01:03,208 --> 00:01:05,875 Moi ben, Jaskier. Un ferri abandonado. 21 00:01:05,958 --> 00:01:07,208 Non está abandonado. 22 00:01:09,583 --> 00:01:11,250 Estaban agachados. 23 00:01:14,125 --> 00:01:16,666 - Necesitamos cruzar o río. - Ata Nilfgaard? 24 00:01:17,166 --> 00:01:19,416 Esta vella bañeira non chegaría. 25 00:01:19,500 --> 00:01:21,208 Parece bastante robusta. 26 00:01:21,291 --> 00:01:24,625 Xa, mais estamos fechados. Pola guerra e iso. 27 00:01:24,708 --> 00:01:26,791 E… polos ataques dos babuínos. 28 00:01:26,875 --> 00:01:30,125 Babuínos? Nunca vin monos nas miñas viaxes por aquí. 29 00:01:30,208 --> 00:01:33,125 Seguro que non vos negades se vos pagan ben. 30 00:01:33,208 --> 00:01:34,333 E vós 31 00:01:34,833 --> 00:01:36,291 pagades ben? 32 00:01:37,083 --> 00:01:39,416 Xa me parecía. Non imos a ningures. 33 00:01:39,500 --> 00:01:43,000 Ou nos levades ou imos nós sós. 34 00:01:51,791 --> 00:01:54,500 Tantos desvíos, mortes e batallas, 35 00:01:54,583 --> 00:01:57,000 e así é como imos chegar a Nilfgaard? 36 00:01:57,875 --> 00:02:00,333 Unha cagada miña dura máis ca esta viaxe. 37 00:02:01,416 --> 00:02:03,916 Non es o único que ten bo bico, bardo. 38 00:02:06,333 --> 00:02:09,791 Ao final, Nilfgaard parece un anaco de terra calquera. 39 00:02:09,875 --> 00:02:13,333 Si, un motivo máis para que os humanos pelexen e morran. 40 00:02:13,416 --> 00:02:14,583 Nada especial. 41 00:02:14,666 --> 00:02:16,708 Non todos están de acordo. 42 00:02:18,500 --> 00:02:22,000 Babuínos! 43 00:02:22,083 --> 00:02:23,125 Vós, parade! 44 00:02:25,083 --> 00:02:26,083 Son do norte. 45 00:02:26,166 --> 00:02:28,958 - O ferri! Rápido! - Que fan en Nilfgaard? 46 00:02:29,041 --> 00:02:32,708 Son guerrillas loitando tras as liñas inimigas, non babuínos. 47 00:02:32,791 --> 00:02:35,083 Traede esa barca! 48 00:02:35,166 --> 00:02:37,083 Merda! Nilfgaardianos! 49 00:02:37,166 --> 00:02:38,166 Nilfgaard! 50 00:02:38,250 --> 00:02:40,208 - Mantede posicións! - Aguantade! 51 00:02:40,291 --> 00:02:43,166 - Por Nilfgaard! - Non sobrevirán moito tempo. 52 00:02:43,250 --> 00:02:45,083 E roubámoslles a escapatoria. 53 00:02:45,166 --> 00:02:46,375 Necesitamos o ferri! 54 00:02:47,791 --> 00:02:49,916 - Que diaño…? - Turran de nós! 55 00:02:50,000 --> 00:02:52,458 - Cara á súa batalla. - Que…? Non! 56 00:02:52,541 --> 00:02:55,583 Non! Por que fixeches iso, idiota? 57 00:02:56,916 --> 00:02:58,666 Iso vainos anoxar aínda máis! 58 00:02:58,750 --> 00:03:00,500 - Volvede! - Perdón! 59 00:03:00,583 --> 00:03:03,333 Tomade esa barca! Son espías nilfgaardianos! 60 00:03:03,416 --> 00:03:05,375 Temos que cruzar xa! 61 00:03:05,458 --> 00:03:08,041 - Fogo! - A cuberto! 62 00:03:08,541 --> 00:03:10,208 - Merda. - Que fan? 63 00:03:10,291 --> 00:03:12,083 - Remade! - Cara a onde? 64 00:03:12,166 --> 00:03:13,291 Vamos! 65 00:03:13,375 --> 00:03:14,791 Remade! 66 00:03:16,416 --> 00:03:17,791 Estamos do voso lado. 67 00:03:51,291 --> 00:03:54,958 Flotando río abaixo, entre dous exércitos de guerra, 68 00:03:55,041 --> 00:03:58,541 o noso bruxo soubo que a súa busca de Ciri estaba en perigo. 69 00:03:59,041 --> 00:03:59,875 Mais esta vez, 70 00:03:59,958 --> 00:04:01,750 como confiaban uns nos outros, 71 00:04:01,833 --> 00:04:03,875 a peculiar banda de Geralt… 72 00:04:03,958 --> 00:04:05,291 - A Hansa. - E… 73 00:04:07,208 --> 00:04:09,791 Acabaron sendo coñecidos como a Hansa. 74 00:04:10,291 --> 00:04:12,375 - Nome cuñado por Angoulême. - Quen? 75 00:04:12,458 --> 00:04:14,583 Tranquilo. Pronto a coñeceredes. 76 00:04:14,666 --> 00:04:16,083 Pequena Nimue. 77 00:04:16,166 --> 00:04:18,041 Mírate. 78 00:04:18,541 --> 00:04:23,125 Tan maior e aínda sentes a necesidade de corrixir o vello Stribog. 79 00:04:24,541 --> 00:04:26,166 Adoito ser eu quen marcha. 80 00:04:26,250 --> 00:04:30,291 Díxenche que algún día acontecería. Teño un destino que atopar. 81 00:04:31,208 --> 00:04:32,333 Que me dis? 82 00:04:32,416 --> 00:04:33,791 Unha última historia? 83 00:04:33,875 --> 00:04:36,291 Si, por favor, Stribog! Que fixo a Hansa? 84 00:04:36,375 --> 00:04:39,125 - Por favor, cóntanolo! - Está ben. 85 00:04:39,208 --> 00:04:43,208 - Ben, por onde ía? - Os babuínos atacaban o ferri. 86 00:04:43,291 --> 00:04:44,375 Ah, si. 87 00:04:44,458 --> 00:04:47,541 A Hansa logrou sobrevivir. 88 00:04:47,625 --> 00:04:49,125 Polo de agora. 89 00:04:49,625 --> 00:04:51,750 Parece que o perigo pasou. 90 00:04:51,833 --> 00:04:54,916 Claro! Nun río que nos converte en inimigos de todos. 91 00:04:55,000 --> 00:04:56,625 Non hai onde atracar. 92 00:04:58,541 --> 00:05:00,291 Sigamos río abaixo. 93 00:05:00,375 --> 00:05:03,291 De que parte do norte saíron os túnicas brancas? 94 00:05:03,375 --> 00:05:07,375 A súa heráldica é unha amálgama. Unha especie de exército mixto. 95 00:05:07,458 --> 00:05:09,291 Non fai falta coñecelos ben. 96 00:05:09,375 --> 00:05:11,875 Alegrémonos de estar vivos e sigamos. 97 00:05:11,958 --> 00:05:13,333 Arqueiros polo norte! 98 00:05:15,166 --> 00:05:16,375 Fogo! 99 00:05:17,083 --> 00:05:18,625 Coidado! 100 00:05:18,708 --> 00:05:21,208 - Son de Nilfgaard? - Non entendo nada. 101 00:05:21,291 --> 00:05:24,125 Os do norte no sur e nilfgaardianos no norte. 102 00:05:24,208 --> 00:05:26,750 Deixa de buscarlle sentido á guerra! 103 00:05:26,833 --> 00:05:27,875 Fogo! 104 00:05:29,000 --> 00:05:30,916 - Abaixo! - Somos albos fáciles! 105 00:05:31,000 --> 00:05:32,125 A miña barca! 106 00:05:32,208 --> 00:05:35,750 Non che direi como facer o teu traballo, mais poderías…? 107 00:05:35,833 --> 00:05:37,333 Non. Está morto. 108 00:05:37,833 --> 00:05:39,416 Está morto. Merda! 109 00:05:40,083 --> 00:05:41,208 Matástelo. 110 00:05:44,291 --> 00:05:45,666 Basta coas frechas! 111 00:05:45,750 --> 00:05:48,375 Si, fáltalles un pouco de creatividade, non? 112 00:05:48,458 --> 00:05:51,416 - Merda. - Arqueiros, non disparedes! 113 00:05:51,500 --> 00:05:54,000 - Creo que te oíron. - Coidado! 114 00:05:56,375 --> 00:05:58,708 - Esperade! - Que carallo é iso? 115 00:05:58,791 --> 00:05:59,625 Preparados. 116 00:06:00,750 --> 00:06:01,583 Apuntade. 117 00:06:01,666 --> 00:06:03,375 Apuntade ao albo! 118 00:06:04,541 --> 00:06:05,708 A súa creatividade. 119 00:06:05,791 --> 00:06:07,791 - Fogo! - Deuses, imos morrer! 120 00:06:10,708 --> 00:06:11,583 Rápido! 121 00:06:11,666 --> 00:06:13,541 Sacádeo, bulide! 122 00:06:13,625 --> 00:06:14,666 Que pasa? 123 00:06:21,083 --> 00:06:22,166 Milva! 124 00:06:25,250 --> 00:06:26,833 Vamos! 125 00:06:32,333 --> 00:06:33,416 Esquío! 126 00:06:33,916 --> 00:06:35,083 Si, vamos! 127 00:06:35,166 --> 00:06:36,625 Nada! 128 00:06:41,583 --> 00:06:44,833 - Vaia entrada. - Alguén vos tiña que salvar o cu. 129 00:06:45,916 --> 00:06:46,875 Estás ben? 130 00:06:47,875 --> 00:06:49,166 Estou. 131 00:06:49,250 --> 00:06:50,291 En serio. 132 00:06:51,000 --> 00:06:52,250 - Regis! - Alí! 133 00:07:00,500 --> 00:07:02,791 Vaia puntería. 134 00:07:02,875 --> 00:07:04,416 Déronche no corazón. 135 00:07:04,500 --> 00:07:05,458 Querida, 136 00:07:05,958 --> 00:07:09,416 non vos quitara xa esas parvadas humanas da cabeza? 137 00:07:12,833 --> 00:07:16,208 Como vai supoñer un anaco de madeira o meu final. 138 00:07:16,291 --> 00:07:19,708 Sería coma se algo sen dentes supuxese o teu. 139 00:07:20,208 --> 00:07:22,500 Oxalá nada diso ocorra no futuro. 140 00:07:24,291 --> 00:07:28,166 - Benvida. Estrañabámoste. - E quixeches desfacerte de nós. 141 00:07:29,250 --> 00:07:30,166 Varias veces. 142 00:07:47,958 --> 00:07:49,583 Séculos de esplendor. 143 00:07:51,500 --> 00:07:52,583 Istredd. 144 00:07:54,333 --> 00:07:55,250 Rita. 145 00:07:56,458 --> 00:07:57,291 Vesemir. 146 00:07:59,083 --> 00:08:00,166 As aprendizas. 147 00:08:00,958 --> 00:08:03,208 Xa non están. Por culpa dun só home. 148 00:08:04,916 --> 00:08:06,291 Sabes o que é ridículo? 149 00:08:08,166 --> 00:08:10,166 Cría que o iamos conseguir. 150 00:08:12,708 --> 00:08:15,416 Cría que, como o desexabamos tanto, 151 00:08:15,500 --> 00:08:18,166 destruiriamos por fin a Vilgefortz. 152 00:08:21,958 --> 00:08:23,333 Espera. Onde está Ciri? 153 00:08:24,833 --> 00:08:26,666 Emhyr non a ten, Philippa. 154 00:08:30,083 --> 00:08:31,041 Está aí fóra. 155 00:08:31,750 --> 00:08:34,000 Nalgún lugar, mais non sei onde. 156 00:08:34,500 --> 00:08:36,041 Síntoo. 157 00:08:36,125 --> 00:08:38,250 Non, síntoo eu. 158 00:08:39,458 --> 00:08:41,208 Sei que é a túa filla. 159 00:08:43,875 --> 00:08:45,791 Mais tamén era a nosa esperanza. 160 00:08:47,791 --> 00:08:50,458 Agora parece que todo acabou de verdade. 161 00:08:51,458 --> 00:08:52,291 Todo isto. 162 00:08:53,666 --> 00:08:54,708 Todas nós. 163 00:08:56,375 --> 00:08:57,708 Cando te atopei… 164 00:09:00,083 --> 00:09:01,375 pregunteiche: 165 00:09:02,416 --> 00:09:04,208 "Como pensas renacer?" 166 00:09:04,291 --> 00:09:05,375 Lémbraste? 167 00:09:06,750 --> 00:09:09,666 Nese momento, non sabía ben o que significaba. 168 00:09:10,166 --> 00:09:11,791 Estaba a crear un exército. 169 00:09:11,875 --> 00:09:14,125 Cría que, para sobrevivirmos, 170 00:09:14,208 --> 00:09:16,125 as magas debiamos converternos 171 00:09:17,208 --> 00:09:18,250 en soldados. 172 00:09:18,958 --> 00:09:20,541 Estaba moi enganada. 173 00:09:21,958 --> 00:09:23,083 Que queres dicir? 174 00:09:23,166 --> 00:09:27,333 Levo todo este tempo sen ver algo que tiña diante de min. 175 00:09:28,916 --> 00:09:32,625 O que será o noso recurso máis valioso a partir de agora. 176 00:09:36,583 --> 00:09:37,666 A nosa irmandade. 177 00:09:39,333 --> 00:09:40,541 Reúne as outras. 178 00:09:42,666 --> 00:09:44,875 Todos lle teñen medo a Leo Bonhart. 179 00:09:44,958 --> 00:09:47,750 Quero verlle a cara cando o collamos desprevido. 180 00:09:47,833 --> 00:09:49,541 Non é unha persoa común. 181 00:09:50,041 --> 00:09:51,583 Oxalá tivésemos a Falka. 182 00:09:51,666 --> 00:09:54,666 - Ou soubésemos por que se foi. - Non era ela mesma. 183 00:09:54,750 --> 00:09:57,250 Volverá. Presíntoo. 184 00:09:57,333 --> 00:09:59,333 - Talvez. - Iso esperas, non? 185 00:09:59,416 --> 00:10:02,666 Eu xa non espero nada. Céntrome no que sei que é real. 186 00:10:02,750 --> 00:10:04,166 Como Leo Bonhart. 187 00:10:04,250 --> 00:10:07,875 Mistle ten razón. Falka decidiu. A nosa decisión foi mellor. 188 00:10:07,958 --> 00:10:10,750 Vamos! Para sermos lendas temos que matar unha. 189 00:10:10,833 --> 00:10:12,416 Si! 190 00:10:16,958 --> 00:10:20,125 BÚSCANSE 191 00:10:22,750 --> 00:10:27,250 BÚSCASE VIVA: LOURA, OLLOS VERDES, PERIGOSA, BOA RECOMPENSA 192 00:10:51,625 --> 00:10:53,916 Vamos, Kelpie. Vamos. 193 00:10:55,166 --> 00:10:56,000 Bule! 194 00:10:59,000 --> 00:11:00,166 Parece despexado. 195 00:11:00,250 --> 00:11:03,375 O resto da viaxe ata os druídas será máis seguro a pé. 196 00:11:04,875 --> 00:11:06,208 Eles? Outra vez? 197 00:11:06,291 --> 00:11:07,625 Manda carallo. 198 00:11:07,708 --> 00:11:10,541 - Perséguennos? - Parece que os perseguen a eles. 199 00:11:10,625 --> 00:11:12,166 Ide pola barca! 200 00:11:12,250 --> 00:11:15,958 - É como estar atrapados entre incendios. - É un puto pesadelo. 201 00:11:16,041 --> 00:11:17,333 Que vos fodan! 202 00:11:17,416 --> 00:11:18,250 Que din? 203 00:11:18,333 --> 00:11:22,125 Custa entendelo entre tanto "fillo de puta" e "malgasto de seme". 204 00:11:22,208 --> 00:11:23,541 Ordénovos que paredes! 205 00:11:23,625 --> 00:11:24,875 Devolvede esa barca! 206 00:11:24,958 --> 00:11:26,916 Vén Nilfgaard! 207 00:11:27,000 --> 00:11:27,833 Esa é… 208 00:11:27,916 --> 00:11:29,416 Traédeme ese puto ferri! 209 00:11:29,500 --> 00:11:30,750 …a raíña Meve. 210 00:11:30,833 --> 00:11:33,333 Ten que telos ben postos para estar aquí. 211 00:11:33,416 --> 00:11:34,583 E deixámola tirada. 212 00:11:36,666 --> 00:11:38,541 Espías nilfgaardianos, 213 00:11:38,625 --> 00:11:41,500 a súa maxestade a raíña ordénavos 214 00:11:41,583 --> 00:11:43,875 que traiades a barca inmediatamente! 215 00:11:43,958 --> 00:11:47,541 Do contrario, seredes executados! 216 00:11:47,625 --> 00:11:49,916 Odio tervos que contradicir, 217 00:11:50,000 --> 00:11:51,958 mais non somos nilfgaardianos! 218 00:11:52,041 --> 00:11:53,291 Estamos do voso lado. 219 00:11:54,166 --> 00:11:55,708 Deberiamos seguir a remar. 220 00:11:55,791 --> 00:11:57,208 Non servirá de nada. 221 00:11:57,291 --> 00:12:01,000 - Pronto estaremos en mar aberto. - Un mar de auga salgada? 222 00:12:01,083 --> 00:12:02,958 Por que? Outra parvada humana? 223 00:12:03,041 --> 00:12:04,958 Non, irrítame a pel. 224 00:12:05,041 --> 00:12:07,000 Por orde da raíña. 225 00:12:07,083 --> 00:12:08,083 Son un vampiro. 226 00:12:15,583 --> 00:12:16,791 Abur! 227 00:12:16,875 --> 00:12:17,958 Ordénovos que… 228 00:12:18,041 --> 00:12:21,375 Algunha idea sobre como sobrevivir a este paseo en barco? 229 00:12:21,458 --> 00:12:22,666 Finalizándoo. 230 00:12:22,750 --> 00:12:24,500 Temos que saír da auga. 231 00:12:41,083 --> 00:12:42,916 Mesmo na súa concepción, 232 00:12:44,083 --> 00:12:46,958 a Irmandade era unha contradición. 233 00:12:47,500 --> 00:12:51,250 Usaba os nosos dons como armas ao servizo dos seus caprichos. 234 00:12:51,333 --> 00:12:56,083 Alimentaba o odio e a desconfianza cara aos que fosen diferentes. 235 00:12:58,666 --> 00:13:02,833 Obrigounos a formar alianzas reais. Enfrontounos uns contra outros. 236 00:13:04,000 --> 00:13:05,708 Mais estas semanas, 237 00:13:06,583 --> 00:13:09,541 nós, as mulleres nesta sala, 238 00:13:10,041 --> 00:13:13,041 conseguimos combinar a nosa maxia, os nosos métodos, 239 00:13:13,541 --> 00:13:15,666 e crear alianzas con vellos inimigos 240 00:13:15,750 --> 00:13:17,708 porque compartimos un obxectivo. 241 00:13:17,791 --> 00:13:21,166 Protexer a maxia da toma de poder de Vilgefortz. 242 00:13:21,250 --> 00:13:23,375 Fringilla, es a máis forte de todas 243 00:13:24,375 --> 00:13:26,958 por aguantar o que che fixo Vilgefortz. 244 00:13:29,541 --> 00:13:33,333 Toda a miña vida, só tiven un instinto primario. 245 00:13:34,750 --> 00:13:37,250 Buscar os poderosos e resistir. 246 00:13:40,208 --> 00:13:43,250 - Ata que apareciches na miña casa. - A túa tobeira. 247 00:13:48,125 --> 00:13:51,125 Resulta que a nosa forza, 248 00:13:52,791 --> 00:13:54,000 toda a nosa forza… 249 00:13:56,000 --> 00:13:56,833 é innata. 250 00:13:56,916 --> 00:13:58,041 E máis forte 251 00:13:59,000 --> 00:13:59,875 xuntas. 252 00:13:59,958 --> 00:14:03,208 E xuntas podemos arranxar este desastre. 253 00:14:03,291 --> 00:14:06,291 Estamos de acordo en que isto é culpa de Vilgefortz. 254 00:14:06,375 --> 00:14:07,625 Sigue aí fóra. 255 00:14:08,125 --> 00:14:09,333 Aínda non rematamos. 256 00:14:09,958 --> 00:14:11,833 A maxia aínda non está a salvo. 257 00:14:11,916 --> 00:14:13,958 Ciri aínda non está a salvo. 258 00:14:14,041 --> 00:14:15,333 Atoparémola. 259 00:14:15,416 --> 00:14:19,875 Entre tanto, asegurarémonos de que teña un lar ao que volver. 260 00:14:20,375 --> 00:14:22,750 Traeremos de volta a Assire, Ida, 261 00:14:22,833 --> 00:14:25,458 Ximer, Alaina e as aprendizas, 262 00:14:25,541 --> 00:14:28,750 e crearemos unha loxa para magas. 263 00:14:29,708 --> 00:14:31,166 Á nosa maneira. 264 00:14:43,500 --> 00:14:45,458 Aí está. 265 00:14:45,541 --> 00:14:48,958 - O primeiro paso en quilómetros. - E debe ser o último. 266 00:14:49,041 --> 00:14:51,750 Non me estraña que haxa tantas tropas por aquí. 267 00:14:51,833 --> 00:14:53,541 Quen controle a ponte… 268 00:14:53,625 --> 00:14:55,250 Controla este territorio. 269 00:14:55,750 --> 00:14:59,250 Despexemos esa ponte, atraquemos e borremos o noso rastro. 270 00:14:59,958 --> 00:15:02,916 Volvamos á nosa misión de atopar os druídas. 271 00:15:03,625 --> 00:15:06,166 Iso é. Pasade de nós. 272 00:15:06,666 --> 00:15:09,375 Só somos unha banda de alegres inadaptados 273 00:15:09,458 --> 00:15:12,375 que queren salvar unha princesa dun destino atroz. 274 00:15:12,875 --> 00:15:13,833 Vós non… 275 00:15:15,083 --> 00:15:18,041 miredes… abaixo. 276 00:15:18,125 --> 00:15:20,041 - Aí abaixo! - Vén un ferri! 277 00:15:21,625 --> 00:15:23,083 - Ao chan! - Outra vez! 278 00:15:23,166 --> 00:15:24,416 - Cargade! - Cargade. 279 00:15:24,500 --> 00:15:26,458 - Parade! - Abaixo hai unha barca! 280 00:15:26,541 --> 00:15:29,041 - Encallamos! Baixade! - Rápido! 281 00:15:29,125 --> 00:15:30,833 - Matádeos a todos! - Vamos! 282 00:15:32,666 --> 00:15:33,625 Disparade! 283 00:15:34,208 --> 00:15:35,125 Movédevos! 284 00:15:36,375 --> 00:15:38,000 Si, vamos! 285 00:15:42,041 --> 00:15:43,375 Déronche. 286 00:15:45,583 --> 00:15:46,833 Non. 287 00:15:46,916 --> 00:15:48,583 Que se tombe. Rápido. 288 00:15:48,666 --> 00:15:52,000 Calma. Rápido. Ti non estás moi ben. 289 00:15:52,083 --> 00:15:55,083 Os síntomas son claros. Está a abortar. 290 00:15:55,166 --> 00:15:56,958 Grazas por anuncialo. 291 00:15:57,458 --> 00:15:58,958 Milva, que podo facer? 292 00:15:59,041 --> 00:16:00,625 Deixarme en paz. 293 00:16:01,166 --> 00:16:03,500 - Óense cascos. - Bos ou malos? 294 00:16:03,583 --> 00:16:04,583 É Nilfgaard! 295 00:16:04,666 --> 00:16:06,208 - Resistide! - Vamos! 296 00:16:06,291 --> 00:16:08,750 Non te movas ata que deixes de sangrar. 297 00:16:09,416 --> 00:16:11,291 - Cahir, que pasa? - Vamos! 298 00:16:11,375 --> 00:16:14,833 - Rápido, vamos! - Tropas nilfgaardianas polo norte! 299 00:16:18,333 --> 00:16:20,791 Se Nilfgaard toma a ponte e a asegura, 300 00:16:20,875 --> 00:16:23,000 eliminarán todos os que atopen. 301 00:16:23,083 --> 00:16:25,041 - Non é a nosa loita. - Por ela! 302 00:16:25,125 --> 00:16:27,333 Non me oístes? Deixádeme en paz! 303 00:16:27,416 --> 00:16:29,625 Terás privacidade. Non te deixaremos. 304 00:16:29,708 --> 00:16:30,958 Podo axudala, 305 00:16:31,041 --> 00:16:33,291 mais ti tesnos que axudar a cruzar. 306 00:16:34,250 --> 00:16:38,500 Salváchesnos, e un anano nunca deixa débedas sen saldar. 307 00:16:38,583 --> 00:16:40,000 Sacarémoste de aquí, 308 00:16:40,083 --> 00:16:43,541 aínda que non saiba como cona cruzar o campo de batalla. 309 00:16:43,625 --> 00:16:45,791 Que eras no exército de Nilfgaard? 310 00:16:45,875 --> 00:16:46,875 Era oficial. 311 00:16:46,958 --> 00:16:49,041 Estás disposto a matar o que eras? 312 00:16:49,958 --> 00:16:52,125 Por fin entendes o que xa non son. 313 00:16:52,208 --> 00:16:53,916 Que estratexia propós? 314 00:16:54,416 --> 00:16:55,458 Sígueme. 315 00:16:56,916 --> 00:16:57,875 Geralt! 316 00:16:59,000 --> 00:17:00,375 Todo irá ben, Maria. 317 00:17:05,541 --> 00:17:07,208 Vamos. Ao ataque! 318 00:17:08,125 --> 00:17:09,333 Ao ataque! 319 00:17:10,458 --> 00:17:13,291 Caerían os dous de cabeza cando eran bebés? 320 00:17:13,375 --> 00:17:17,083 Nin un oficial e un bruxo poden contra un exército de chalados. 321 00:17:17,166 --> 00:17:19,041 Jaskier, vai. 322 00:17:20,583 --> 00:17:21,750 Imos volver. 323 00:17:22,250 --> 00:17:23,416 Prométocho. 324 00:17:24,125 --> 00:17:26,166 Non se van divertir eles sós, non? 325 00:17:27,833 --> 00:17:31,083 - Non tardarei. - Despecemos algúns nilfgaardianos. 326 00:17:31,166 --> 00:17:32,500 Arre demo! 327 00:17:35,458 --> 00:17:38,291 - Vamos, vello. - Non tes que motivarme! 328 00:17:38,375 --> 00:17:40,750 - Retirada! - Salvádevos! 329 00:17:40,833 --> 00:17:43,791 Un paso máis e acabo con todos vós! 330 00:17:43,875 --> 00:17:45,916 Son demasiados! Perdemos a ponte! 331 00:17:46,000 --> 00:17:48,541 - Estará perdida cando eu o diga. - Móvete. 332 00:17:48,625 --> 00:17:52,083 Así que dade a volta e loitade! 333 00:17:52,166 --> 00:17:54,666 - Ordes? - Defender a ponte para a raíña. 334 00:17:54,750 --> 00:17:58,041 Pois defendede a puta ponte ou a vosa raíña morrerá! 335 00:17:58,125 --> 00:17:59,000 Nilfgaard! 336 00:17:59,083 --> 00:18:01,791 Espero que vos guste o sabor do coiro 337 00:18:01,875 --> 00:18:06,916 porque ides ter as botas deste home metidas polo cu de tal forma 338 00:18:07,000 --> 00:18:09,833 que morderedes as súas fibelas! 339 00:18:09,916 --> 00:18:11,583 Escoitádeo 340 00:18:12,083 --> 00:18:13,708 e resistide! 341 00:18:14,958 --> 00:18:16,750 Algo que engadir ou…? 342 00:18:17,500 --> 00:18:18,958 Movédevos, hostia! 343 00:18:19,041 --> 00:18:19,958 Vamos! 344 00:18:20,500 --> 00:18:21,958 Vamos! 345 00:18:32,625 --> 00:18:34,125 - Así! - Vamos! 346 00:18:47,458 --> 00:18:48,583 Por Nilfgaard! 347 00:18:50,291 --> 00:18:51,500 Vamos! 348 00:18:56,125 --> 00:18:57,500 - Veña! - Geralt! 349 00:18:59,833 --> 00:19:02,208 Déixate de parvadas. Acabemos con isto! 350 00:19:02,291 --> 00:19:03,208 Aguantade! 351 00:19:06,791 --> 00:19:09,166 Creo que podo axudar máis aquí abaixo. 352 00:19:09,250 --> 00:19:11,000 Que está a pasar? Dimo. 353 00:19:11,500 --> 00:19:14,208 É caótico, mais están a loitar. 354 00:19:15,083 --> 00:19:17,791 Milva, o norte está a contraatacar. 355 00:19:18,291 --> 00:19:22,250 Necesitaban que un nilfgaardiano, un bruxo e un anano os guiasen. 356 00:19:22,333 --> 00:19:24,791 Despexarán o camiño a Caed Dhu. 357 00:19:26,291 --> 00:19:27,333 Necesitaba 358 00:19:28,666 --> 00:19:29,666 boas novas. 359 00:19:31,041 --> 00:19:32,666 Mantédevos firmes! 360 00:19:32,750 --> 00:19:33,625 Aguantade! 361 00:19:40,000 --> 00:19:41,375 Vamos! 362 00:19:42,083 --> 00:19:43,875 Parecíame unha idea absurda. 363 00:19:43,958 --> 00:19:47,458 Mais viñeches. Alégraste de que non me matases? 364 00:19:48,291 --> 00:19:49,375 Xa cho direi. 365 00:19:49,875 --> 00:19:51,583 Facédeos retroceder! 366 00:19:53,875 --> 00:19:54,875 Aguantade! 367 00:19:54,958 --> 00:19:57,041 - Mantédevos firmes! - Xa os temos! 368 00:20:15,583 --> 00:20:17,458 Por Nilfgaard! 369 00:20:19,666 --> 00:20:21,333 Cabalería! 370 00:20:21,416 --> 00:20:23,083 Apuntade. Fogo! 371 00:20:24,375 --> 00:20:25,625 A cuberto! 372 00:20:28,916 --> 00:20:30,166 Retrocedede! 373 00:20:30,250 --> 00:20:32,041 Todos a cuberto! 374 00:20:35,708 --> 00:20:36,958 Retrocedede! 375 00:20:37,041 --> 00:20:37,958 Atrás! 376 00:20:38,041 --> 00:20:39,833 Movédevos! 377 00:20:40,458 --> 00:20:42,791 Ese é meu! 378 00:20:51,875 --> 00:20:53,875 Movédevos! Vamos! 379 00:20:53,958 --> 00:20:56,583 Correde! 380 00:21:19,291 --> 00:21:20,625 Vamos, contédeos! 381 00:21:21,375 --> 00:21:22,583 Contédeos! 382 00:21:45,125 --> 00:21:47,166 Seguide! Resistide! 383 00:21:47,666 --> 00:21:49,625 Soldados, atacade! 384 00:21:52,833 --> 00:21:54,291 Vamos! 385 00:22:08,208 --> 00:22:09,041 Reagrupádevos! 386 00:22:09,125 --> 00:22:10,333 Reagru… 387 00:22:10,416 --> 00:22:11,875 Retirada! 388 00:22:13,458 --> 00:22:16,000 Retíranse! 389 00:22:16,083 --> 00:22:17,500 Retíranse! 390 00:22:17,583 --> 00:22:18,916 Si! 391 00:22:21,833 --> 00:22:23,625 Retíranse! 392 00:22:24,416 --> 00:22:25,791 Acabemos con isto! 393 00:22:25,875 --> 00:22:26,875 Vamos! 394 00:22:28,125 --> 00:22:29,291 Veña, vamos! 395 00:22:29,375 --> 00:22:31,458 - Continuade! - Vamos! 396 00:22:33,708 --> 00:22:35,000 A raíña! 397 00:22:37,458 --> 00:22:39,500 - Xa vén! - Pola raíña! 398 00:22:39,583 --> 00:22:41,500 - Protexede a raíña! - Vamos! 399 00:22:41,583 --> 00:22:42,833 Seguídeme! 400 00:22:55,333 --> 00:22:56,750 Volvamos a Nilfgaard! 401 00:22:56,833 --> 00:22:57,708 Non! 402 00:22:57,791 --> 00:22:59,291 Érguete! 403 00:22:59,375 --> 00:23:00,791 Que carallo é iso? 404 00:23:01,375 --> 00:23:03,458 Xa non necesitan un oficial. 405 00:23:03,541 --> 00:23:04,541 Non! Para! 406 00:23:04,625 --> 00:23:06,083 Necesitan un bruxo. 407 00:23:11,416 --> 00:23:13,208 - Retirada! - Que é iso? 408 00:23:26,833 --> 00:23:28,125 Apartade, hostia! 409 00:23:28,208 --> 00:23:29,458 Retirada! 410 00:25:23,416 --> 00:25:24,791 Seguídeme! 411 00:26:03,625 --> 00:26:07,458 - Aí estades, e coas cabezas intactas. - Mais case nos chamuscan. 412 00:26:09,916 --> 00:26:10,833 Grazas. 413 00:26:10,916 --> 00:26:15,041 Ves? Ten certas vantaxes que te subestimen. 414 00:26:18,250 --> 00:26:19,125 Temos a ponte. 415 00:26:20,708 --> 00:26:21,583 Si. 416 00:26:23,291 --> 00:26:25,250 - Vaiamos onda Milva. - Si. 417 00:26:40,458 --> 00:26:42,541 Triss? Necesito a túa axuda. 418 00:26:43,458 --> 00:26:45,541 Ademais de para varrer? 419 00:26:47,708 --> 00:26:48,541 Que é iso? 420 00:26:49,208 --> 00:26:51,541 Vesemir feriu con isto a Vilgefortz. 421 00:26:51,625 --> 00:26:52,625 Por que a tes? 422 00:26:52,708 --> 00:26:55,625 Úsaa para rastrexar a Vilgefortz ata Stygga. 423 00:26:56,166 --> 00:26:57,708 - Yen, non. - Está débil. 424 00:26:57,791 --> 00:27:01,083 - Se o atopo, podo matalo. - Mais a loxa para magas… 425 00:27:01,166 --> 00:27:02,583 Ti acendiches a chispa. 426 00:27:03,583 --> 00:27:05,083 Deivos unha idea. 427 00:27:06,125 --> 00:27:08,083 Depende de vós levala a cabo. 428 00:27:08,166 --> 00:27:09,416 Non o entendo. 429 00:27:10,625 --> 00:27:14,291 Teño que protexer a Ciri e non deixarei que sufrades por iso. 430 00:27:14,375 --> 00:27:16,083 - Falas coma Geralt. - Grazas. 431 00:27:16,166 --> 00:27:17,791 Non era un cumprido. 432 00:27:17,875 --> 00:27:19,500 Neste caso non. 433 00:27:20,000 --> 00:27:24,916 Mesmo que cruces a súa matriz de portais, irás a algún sitio que el coñece e ti non. 434 00:27:25,000 --> 00:27:28,333 Seino. Prometín detelo e penso cumprir esa promesa. 435 00:27:29,083 --> 00:27:31,500 Por Istredd. Por Geralt. Pola maxia. 436 00:27:32,541 --> 00:27:33,375 Por min. 437 00:27:43,750 --> 00:27:47,750 [lingua antiga] 438 00:27:48,458 --> 00:27:52,791 [lingua antiga] 439 00:28:04,083 --> 00:28:05,333 Se non volvo… 440 00:28:05,416 --> 00:28:06,583 Non digas iso. 441 00:28:06,666 --> 00:28:08,583 Con ou sen min, 442 00:28:10,041 --> 00:28:11,333 reconstruíde Aretuza. 443 00:28:13,291 --> 00:28:14,375 Prometido? 444 00:28:19,000 --> 00:28:20,125 Prometido. 445 00:29:04,125 --> 00:29:07,250 Os únicos superviventes da batalla de Montecalvo. 446 00:29:08,833 --> 00:29:09,666 Benvidos. 447 00:29:19,291 --> 00:29:22,458 Só hai unha razón pola que escapastes con vida. 448 00:29:25,458 --> 00:29:26,291 Covardía. 449 00:29:27,583 --> 00:29:28,791 Un verdadeiro crente 450 00:29:29,375 --> 00:29:32,166 ardería para matar esas bruxas. 451 00:29:33,416 --> 00:29:34,333 Con todo… 452 00:29:37,083 --> 00:29:38,625 teredes outra oportunidade 453 00:29:39,500 --> 00:29:42,666 para ser mellores na morte do que o fostes en vida. 454 00:29:59,708 --> 00:30:01,916 Ti sempre fuches bo coas mans. 455 00:30:03,000 --> 00:30:04,208 Lémbrome. 456 00:30:13,166 --> 00:30:15,208 Ti tiñas a lingua afiada. 457 00:30:25,750 --> 00:30:27,000 Non te coñezo. 458 00:30:28,750 --> 00:30:32,750 Tes os ollos máis bonitos que vin na miña vida, 459 00:30:33,833 --> 00:30:36,958 e serán testemuñas da miña vitoria final. 460 00:30:41,708 --> 00:30:44,458 Vilgefortz sabía que Yennefer iría tras el, 461 00:30:44,541 --> 00:30:46,083 mais esa é outra historia. 462 00:30:46,166 --> 00:30:48,166 Marchade. Vamos. 463 00:30:48,250 --> 00:30:49,958 Vamos. 464 00:30:51,875 --> 00:30:53,916 - Imos ao río? - Xoguemos aí! 465 00:30:54,583 --> 00:30:57,541 Vou estudar en Aretuza. 466 00:30:58,250 --> 00:30:59,833 Dixeches Aretuza? 467 00:31:00,958 --> 00:31:04,500 Tras tantas xeracións? Non podo crer que volva abrir. 468 00:31:04,583 --> 00:31:08,875 Nin eu que vaia percorrer os mesmos corredores ca Lady Yennefer 469 00:31:08,958 --> 00:31:11,500 e aprender todo o que poida sobre elas. 470 00:31:12,000 --> 00:31:13,708 - Sobre todo… - Ciri. 471 00:31:14,666 --> 00:31:15,541 Lémbrome. 472 00:31:16,916 --> 00:31:19,083 Aínda me sinto conectada con ela. 473 00:31:19,166 --> 00:31:20,875 Unida polo… 474 00:31:20,958 --> 00:31:22,625 Destino. 475 00:31:26,333 --> 00:31:28,166 As historias son moi poderosas. 476 00:31:29,250 --> 00:31:30,458 Cámbiannos. 477 00:31:31,750 --> 00:31:32,833 E nós, 478 00:31:33,458 --> 00:31:34,791 a pesar diso, 479 00:31:35,500 --> 00:31:38,000 tamén as cambiamos a elas. 480 00:31:50,375 --> 00:31:51,666 Para os teus estudos. 481 00:31:52,625 --> 00:31:54,333 Desta non o terás que roubar. 482 00:31:54,416 --> 00:31:55,750 MEDIO SÉCULO DE POESÍA 483 00:31:57,583 --> 00:31:59,375 - Non podo. - Parvadas. 484 00:31:59,458 --> 00:32:02,083 Xa non vexo ben. Necesita un bo lar. 485 00:32:02,583 --> 00:32:04,750 E quen sabe se é verdade? 486 00:32:05,958 --> 00:32:08,166 Mais ti o dixeches. 487 00:32:09,375 --> 00:32:12,416 O final desta saga talvez dependa de ti. 488 00:32:12,500 --> 00:32:14,333 Mais como? 489 00:32:16,333 --> 00:32:17,583 Que lle ocorreu? 490 00:32:19,250 --> 00:32:20,208 A Ciri. 491 00:32:22,000 --> 00:32:24,875 Geralt salvou a Meve e Yen foi tras Vilgefortz, 492 00:32:24,958 --> 00:32:26,875 mais que foi de Ciri? 493 00:32:30,541 --> 00:32:32,791 Pregúntasllo á persoa equivocada. 494 00:32:34,791 --> 00:32:37,000 Boa sorte a perseguir o teu destino. 495 00:32:48,916 --> 00:32:50,166 Iskra tiña razón. 496 00:32:50,750 --> 00:32:54,125 Ciri iríaos buscar, mais que pasou despois? 497 00:32:57,416 --> 00:32:58,708 Algo comeza, 498 00:33:00,541 --> 00:33:02,333 mais algo tamén acaba. 499 00:33:02,958 --> 00:33:04,208 As Ratas! 500 00:33:04,291 --> 00:33:05,166 Non saiades! 501 00:33:05,250 --> 00:33:06,625 Mirade. As Ratas. 502 00:33:07,750 --> 00:33:09,958 - É a miña moneca Iskra. - Entrade! 503 00:33:10,458 --> 00:33:12,250 Entrade agora mesmo! 504 00:33:12,750 --> 00:33:14,250 - Lyla! - Entrade! 505 00:33:14,333 --> 00:33:16,250 Ven aquí agora mesmo. 506 00:33:17,000 --> 00:33:18,875 Non vos causaremos problemas. 507 00:33:18,958 --> 00:33:21,583 Mentres caledes ata que marchemos. 508 00:33:21,666 --> 00:33:23,125 E a Cabeza da Quimera? 509 00:33:24,916 --> 00:33:26,875 Eh! Nin chío. 510 00:33:28,791 --> 00:33:31,166 Están aquí as Ratas. Entrade xa! 511 00:33:34,375 --> 00:33:35,375 Bonhart? 512 00:33:35,958 --> 00:33:38,458 - Leo! - Leo Bonhart, ven aquí! 513 00:33:38,541 --> 00:33:40,291 - Bonhart! - Veña, Leo. 514 00:33:40,375 --> 00:33:42,625 - Sabemos que estás aí. - Sae! 515 00:33:43,125 --> 00:33:46,500 - Lémbraste de nós, can vello? - Non teñas medo. Vamos. 516 00:33:49,208 --> 00:33:50,125 Por fin. 517 00:33:51,041 --> 00:33:52,125 Vamos, Leo. 518 00:33:52,708 --> 00:33:53,916 Veña, bule. 519 00:33:57,583 --> 00:33:59,291 Bo día, Ratiñas. 520 00:33:59,375 --> 00:34:00,250 Estou… 521 00:34:00,333 --> 00:34:01,416 Acabas de…? 522 00:34:02,291 --> 00:34:03,541 Para con iso! 523 00:34:04,125 --> 00:34:08,166 Se queredes, xogamos, mais fareivos unha oferta primeiro. 524 00:34:08,250 --> 00:34:10,500 Por que non me chupas as bólas? 525 00:34:14,125 --> 00:34:15,708 Mentres o considero, 526 00:34:16,833 --> 00:34:18,000 escoitade. 527 00:34:18,541 --> 00:34:20,833 Hai unha boa recompensa por matarvos, 528 00:34:20,916 --> 00:34:24,125 mais estou obrigado a dicirvos 529 00:34:24,625 --> 00:34:27,083 que hai unha recompensa aínda maior 530 00:34:27,166 --> 00:34:28,583 por entregarvos vivos. 531 00:34:28,666 --> 00:34:30,041 Que vai ser? 532 00:34:30,125 --> 00:34:33,375 Polas boas ou polas malas? Polas boas doe moito menos. 533 00:34:33,458 --> 00:34:36,250 Déixate de lerias e baixa aquí, cabrón mirrado! 534 00:34:36,333 --> 00:34:38,791 Polas malas logo! 535 00:34:39,291 --> 00:34:41,000 Un, dous, tres, catro, cinco… 536 00:34:43,250 --> 00:34:44,291 Onde está Falka? 537 00:34:45,125 --> 00:34:47,500 Falka, a máis hábil, onde está? 538 00:34:48,375 --> 00:34:49,333 Non? 539 00:34:50,708 --> 00:34:51,708 Está agachada? 540 00:34:54,291 --> 00:34:55,500 Baixo enseguida. 541 00:34:58,458 --> 00:34:59,791 Matemos ese chalado. 542 00:35:03,750 --> 00:35:06,625 Xa case chegamos, Kelpie. Sigue! 543 00:35:23,208 --> 00:35:25,625 Que soe… a música. 544 00:35:38,416 --> 00:35:39,250 Reef! 545 00:35:39,750 --> 00:35:40,583 Vamos. 546 00:35:40,666 --> 00:35:42,541 Terás que pasar por min. 547 00:35:43,333 --> 00:35:44,625 Un grande obstáculo. 548 00:35:56,916 --> 00:35:58,125 Reef! 549 00:35:58,208 --> 00:36:00,250 Asse! Non. 550 00:36:00,333 --> 00:36:02,166 Vamos, Ratiñas. 551 00:36:02,875 --> 00:36:05,416 Lembrádesvos de Brehen? 552 00:36:06,458 --> 00:36:08,416 Querería que o fixésedes mellor. 553 00:36:08,916 --> 00:36:10,791 Non que morrésedes coma cans! 554 00:36:25,791 --> 00:36:27,000 Giz! 555 00:36:33,375 --> 00:36:34,208 Giz! 556 00:36:41,333 --> 00:36:42,500 Tranquilo. 557 00:36:44,291 --> 00:36:46,375 Tranquilo. Xa está. 558 00:36:50,000 --> 00:36:50,833 Moi ben. 559 00:36:51,500 --> 00:36:52,916 Onde está Falka? 560 00:36:54,750 --> 00:36:57,375 Dime onde está e deixareite vivir. 561 00:36:57,458 --> 00:37:00,541 Somos as Ratas dos pantanos. 562 00:37:01,333 --> 00:37:03,000 - Vamos. - Somos 563 00:37:03,083 --> 00:37:06,291 - as Ratas dos… - Están todos mortos. Ninguén o saberá. 564 00:37:09,416 --> 00:37:10,291 Que? 565 00:37:28,250 --> 00:37:29,458 Que cona foi iso? 566 00:37:31,041 --> 00:37:32,458 Onde está Falka? 567 00:37:37,416 --> 00:37:38,500 Onde está a túa 568 00:37:40,000 --> 00:37:41,833 amiguiña especial? 569 00:37:48,125 --> 00:37:49,583 Estás morrendo, sabes? 570 00:37:50,166 --> 00:37:51,625 Virate buscar? 571 00:37:56,500 --> 00:37:58,833 É ela. Podo completar o lote. 572 00:38:01,375 --> 00:38:02,208 Falka, 573 00:38:02,916 --> 00:38:04,583 por fin nos coñecemos. 574 00:38:09,291 --> 00:38:10,208 Veña, vamos. 575 00:38:27,000 --> 00:38:27,833 Por un pelo. 576 00:38:29,166 --> 00:38:32,958 Se os teus amigos loitasen coma ti, igual seguían vivos. 577 00:38:33,583 --> 00:38:34,458 Si! 578 00:38:40,833 --> 00:38:42,333 Estás a piques de morrer, 579 00:38:43,166 --> 00:38:45,125 mais non tes medo, verdade? 580 00:38:46,125 --> 00:38:48,625 Quen é esta Falka 581 00:38:48,708 --> 00:38:50,375 que non teme a morte? 582 00:39:07,875 --> 00:39:10,458 Cirilla… 583 00:39:12,416 --> 00:39:13,875 Síntoo. 584 00:39:16,125 --> 00:39:17,333 Síntoo moito. 585 00:39:17,833 --> 00:39:20,666 Oe, non te me abrandes agora. 586 00:39:22,541 --> 00:39:26,041 Tes talento, mais non tes estómago para a batalla. 587 00:39:27,291 --> 00:39:29,750 Así é como vas morrer. 588 00:39:29,833 --> 00:39:32,625 No teu propio pis e merda, 589 00:39:32,708 --> 00:39:34,750 o teu sangue e as túas tripas. 590 00:39:42,916 --> 00:39:44,833 O descanso é para os pecadores! 591 00:39:45,333 --> 00:39:47,250 - Loitaches ben, amigo. - Vamos. 592 00:39:47,333 --> 00:39:49,458 - Intenta descansar. - Si. 593 00:40:01,166 --> 00:40:02,208 Como está? 594 00:40:02,916 --> 00:40:04,291 Perdeu o bebé. 595 00:40:06,250 --> 00:40:07,291 Que como está? 596 00:40:07,375 --> 00:40:08,625 Recuperarase. 597 00:40:08,708 --> 00:40:09,666 Completamente. 598 00:40:10,416 --> 00:40:11,791 Viaxa convosco? 599 00:40:11,875 --> 00:40:13,625 Mentres ela queira. 600 00:40:14,958 --> 00:40:15,958 Grazas. 601 00:40:16,041 --> 00:40:17,625 Grazas a vós. 602 00:40:18,250 --> 00:40:20,791 Sen ti e os teus amigos, estariamos mortos. 603 00:40:21,375 --> 00:40:23,041 Ou a usar negro e dourado. 604 00:40:24,750 --> 00:40:27,416 Non só me salvastes a min, tamén a nosa raíña. 605 00:40:30,583 --> 00:40:31,916 A raíña Meve de onde? 606 00:40:33,458 --> 00:40:35,625 Dos reinos de Lyria e Rivia. 607 00:40:37,083 --> 00:40:40,208 Quen arrisca a vida sen saber por quen loita? 608 00:41:07,375 --> 00:41:09,083 - É el? - Así é, Alteza. 609 00:41:09,875 --> 00:41:12,541 Erguédevos ante a raíña Meve. 610 00:41:17,708 --> 00:41:18,833 Non. 611 00:41:19,666 --> 00:41:22,583 Pase o que pase agora, quedan ao meu lado. 612 00:41:29,416 --> 00:41:31,416 Dirixistes a defensa da ponte? 613 00:41:32,208 --> 00:41:33,333 Si. 614 00:41:33,416 --> 00:41:36,166 Como, se nin eu convencín os meus homes? 615 00:41:37,375 --> 00:41:38,875 Pasou sen máis. 616 00:41:40,458 --> 00:41:41,708 "Pasou sen máis"? 617 00:41:44,333 --> 00:41:45,333 Sei como é. 618 00:41:45,416 --> 00:41:48,375 Un fillo de puta rebentoume a cara. Pasou sen máis. 619 00:41:49,833 --> 00:41:51,000 Como te chamas? 620 00:41:51,083 --> 00:41:52,125 Geralt. 621 00:41:52,875 --> 00:41:54,083 Geralt de onde? 622 00:41:55,375 --> 00:41:56,500 De ningunha parte. 623 00:41:57,666 --> 00:41:59,041 Iso non me vale. 624 00:42:02,500 --> 00:42:04,625 Fai ti o xuramento. Non teño dentes. 625 00:42:09,041 --> 00:42:09,875 Axeónllate. 626 00:42:13,208 --> 00:42:14,083 Ben. 627 00:42:17,208 --> 00:42:21,250 Polo teu valor excepcional nunha loita por unha causa xusta, eu… 628 00:42:22,708 --> 00:42:23,625 Meve, 629 00:42:24,583 --> 00:42:27,541 pola graza dos deuses, raíña de Lyria e Rivia, 630 00:42:27,625 --> 00:42:31,083 polo meu poder, dereito e privilexio, noméote cabaleiro. 631 00:42:32,250 --> 00:42:33,125 Aguanta. 632 00:42:33,208 --> 00:42:36,458 - Mira para el. - Non fuxas da dor nin da honra. 633 00:42:36,541 --> 00:42:39,333 Xa o fago eu. É a mellor parte do meu traballo. 634 00:42:39,833 --> 00:42:43,333 Eu non dixen nada, mais sempre quixo ser cabaleiro. 635 00:42:43,416 --> 00:42:46,666 - Un cabaleiro branco, e agora éo. - Sempre o foi. 636 00:42:47,250 --> 00:42:48,916 Atendede, panocos. 637 00:42:49,000 --> 00:42:51,750 Que recordes sempre a causa pola que loitas 638 00:42:52,791 --> 00:42:54,833 e aqueles que xuraches protexer. 639 00:42:55,416 --> 00:42:59,250 Sírvenos fielmente, sir Geralt de Rivia, 640 00:42:59,833 --> 00:43:01,916 con coraxe e valor, 641 00:43:02,416 --> 00:43:03,916 con lealdade a min, 642 00:43:04,583 --> 00:43:06,083 e só a min. 643 00:43:07,750 --> 00:43:09,083 Nos días vindeiros… 644 00:43:11,791 --> 00:43:13,458 e para sempre. 645 00:43:20,750 --> 00:43:21,833 Merda. 646 00:43:41,333 --> 00:43:42,291 Mistle? 647 00:43:43,291 --> 00:43:44,291 Mistle? 648 00:43:46,625 --> 00:43:47,833 Ratas en escabeche! 649 00:43:50,500 --> 00:43:53,375 Oe, obrígaa a mirarme 650 00:43:54,208 --> 00:43:56,041 ou a túa cabeza irá ao barril. 651 00:43:59,666 --> 00:44:01,375 Non! 652 00:44:10,333 --> 00:44:11,375 A última. 653 00:44:17,583 --> 00:44:19,958 Non! 654 00:44:27,125 --> 00:44:28,666 Hai unha forma, meu señor, 655 00:44:28,750 --> 00:44:31,875 de acelerar o noso camiño cara á profecía de Ithlinne, 656 00:44:31,958 --> 00:44:33,500 mais é perigosa. 657 00:44:33,583 --> 00:44:36,375 Estou canso da túa teatralidade, Xarthisius. 658 00:44:36,458 --> 00:44:37,541 Móstramo. 659 00:44:39,875 --> 00:44:42,666 Téñolle un espécime magnífico. 660 00:44:44,166 --> 00:44:48,000 O máis grande e brutal que vin na vida. 661 00:44:50,708 --> 00:44:51,708 Si. 662 00:44:52,833 --> 00:44:54,250 Faralo moi ben. 663 00:44:56,375 --> 00:44:58,666 Necesito que atopes alguén para min. 664 00:44:59,750 --> 00:45:02,791 Alguén que se interpón entre a miña filla e eu. 665 00:45:03,875 --> 00:45:05,041 O meu destino, 666 00:45:06,250 --> 00:45:08,250 cuxa vontade iguala a miña. 667 00:45:09,833 --> 00:45:12,458 Deixa que che dea unha mostra do seu fedor. 668 00:45:12,541 --> 00:45:13,541 Dámo. 669 00:45:17,000 --> 00:45:17,875 Toma. 670 00:45:20,083 --> 00:45:20,916 Aquí tes. 671 00:45:24,416 --> 00:45:27,291 Atopa a Geralt de Rivia. 672 00:47:00,291 --> 00:47:03,291 Non confío en ningún home, monstro ou deus. 673 00:47:03,375 --> 00:47:05,625 Só no brillo da espada de prata. 674 00:47:05,708 --> 00:47:07,916 Por portais resgados e reinos caídos, 675 00:47:08,000 --> 00:47:10,500 cazo onde só habitan as sombras. 676 00:47:10,583 --> 00:47:13,333 As coroas e as moedas non son de fiar. 677 00:47:13,416 --> 00:47:16,208 A única verdade fórxase no fogo. 678 00:47:18,291 --> 00:47:21,166 A única verdade fórxase no fogo. 679 00:47:57,666 --> 00:48:01,166 Subtítulos: Lorena Pereiras