1 00:00:07,959 --> 00:00:09,334 Colgádeos ben alto! 2 00:00:14,251 --> 00:00:16,376 Partídelles eses pescozos mirrados! 3 00:00:17,418 --> 00:00:18,543 Partídellelos! 4 00:00:18,626 --> 00:00:20,751 Polos rapaces valentes de Temeria! 5 00:00:20,834 --> 00:00:25,209 Mandádeos dunha patada no cu de volta a ese cortello xeado que é Kaedwen. 6 00:00:25,293 --> 00:00:27,543 Si! 7 00:00:29,084 --> 00:00:30,709 Vén de lonxe, amigo? 8 00:00:30,793 --> 00:00:33,043 Vou onde me envía o rei Demavend. 9 00:00:33,126 --> 00:00:34,334 Mensaxeiro real? 10 00:00:35,334 --> 00:00:37,459 Entón levará o meu mellor cabalo. 11 00:00:38,043 --> 00:00:41,293 Deixareino no seguinte posto baixo o nome de Aplegatt. 12 00:00:41,376 --> 00:00:43,043 Coxo e esgotado, sen dúbida. 13 00:00:45,209 --> 00:00:49,876 Póñame unha das súas mellores cervexas e engadireina á conta do rei. 14 00:00:51,876 --> 00:00:53,584 Parece que están de festa. 15 00:00:54,501 --> 00:00:56,168 Aforcar é bo para o negocio. 16 00:00:56,793 --> 00:01:00,334 Ese espía foi a nosa cuarta execución noutros tantos días. 17 00:01:01,168 --> 00:01:03,001 Un de Kaedwen, un de Aedirn… 18 00:01:03,084 --> 00:01:05,126 - Mira que ollos. - Mirade! 19 00:01:05,918 --> 00:01:09,834 Ese é o problema. Que fai unha maga por aquí? 20 00:01:09,918 --> 00:01:12,959 Debería centrarse en manter a paz entre a realeza, 21 00:01:13,043 --> 00:01:15,543 e non ir facendo o vago polo campo. 22 00:01:15,626 --> 00:01:19,834 Aínda que con ese aspecto, pode vaguear comigo esta noite. 23 00:01:19,918 --> 00:01:21,709 Sabe que conservan a beleza 24 00:01:21,793 --> 00:01:24,334 bañándose en sangue humano cada noite? 25 00:01:24,918 --> 00:01:26,126 Grazas pola cervexa. 26 00:01:27,251 --> 00:01:28,418 Vémonos. 27 00:01:31,126 --> 00:01:33,709 Directa a Tissaia. Sen portais. 28 00:01:34,543 --> 00:01:35,668 Si, señora. 29 00:01:45,001 --> 00:01:46,126 Vai frío, non si? 30 00:01:49,334 --> 00:01:51,126 Que os deuses a acompañen. 31 00:01:54,918 --> 00:01:57,251 Só quería… desexarlle unha boa viaxe. 32 00:02:13,418 --> 00:02:14,251 Vino. 33 00:02:14,334 --> 00:02:15,501 Que? 34 00:02:15,584 --> 00:02:20,168 Desculpe. Non se preocupe pola rapaza. Un cabalo deulle unha patada na cabeza. 35 00:02:20,251 --> 00:02:22,418 - Non está ben desde entón. - Non. 36 00:02:22,501 --> 00:02:24,918 Había unha torre. Feriuno unha frecha. 37 00:02:25,001 --> 00:02:29,126 - Recordas o de pasar desapercibida? - Non podo controlar as visións. 38 00:02:29,209 --> 00:02:33,293 - Controla con quen falas. - Non me leves como a unha mocosa chorica. 39 00:02:33,793 --> 00:02:35,834 Vin a súa morte. Debo volver. 40 00:02:35,918 --> 00:02:38,418 E se a súa morte previu un mal maior? 41 00:02:39,168 --> 00:02:41,668 Que consecuencias tería, miña repugnante? 42 00:02:42,376 --> 00:02:43,501 Non o sei. 43 00:02:43,584 --> 00:02:44,793 Eu tampouco. 44 00:02:45,876 --> 00:02:47,876 Mais cambiar o destino é grave. 45 00:02:49,043 --> 00:02:51,418 As túas visións son máis frecuentes. 46 00:02:51,501 --> 00:02:54,251 É cuestión de tempo que alguén nos atope. 47 00:02:54,834 --> 00:02:57,084 Temos que chegar a Aretuza rápido. 48 00:02:59,001 --> 00:03:00,001 Tes medo. 49 00:03:00,709 --> 00:03:03,084 Prometinlle a Geralt que te coidaría. 50 00:03:03,168 --> 00:03:05,126 Necesitamos algo irrastrexable. 51 00:03:08,709 --> 00:03:09,959 Imos de compras. 52 00:03:26,126 --> 00:03:28,501 Nunca esquecerei o riquiños que son. 53 00:03:28,584 --> 00:03:31,751 Para ser monstros. Con esas cariñas de peluches. 54 00:03:31,834 --> 00:03:34,209 Parece que din: "Non me manques." 55 00:03:34,293 --> 00:03:36,459 E despois, bum, cairos. 56 00:03:36,543 --> 00:03:39,584 Un cargamento de cairos no teu fociño. 57 00:03:40,459 --> 00:03:42,293 A cantos comera este? 58 00:03:42,376 --> 00:03:43,334 - A sete. - Xa. 59 00:03:43,418 --> 00:03:45,626 - E necesitarémolo todo. - Polo visto… 60 00:03:46,209 --> 00:03:49,543 En serio? Cando pode custar esa información? 61 00:03:49,626 --> 00:03:51,709 Saber quen busca a Ciri? Moito. 62 00:03:51,793 --> 00:03:53,793 E para que o necesitamos? 63 00:03:53,876 --> 00:03:56,043 SÓ CON CITA - NON ENTRAR 64 00:03:58,876 --> 00:04:00,209 Ala! 65 00:04:00,293 --> 00:04:03,918 Tes unha punta de metal xigante agachada na túa porta secreta 66 00:04:04,001 --> 00:04:05,501 ou é que te alegras de… 67 00:04:06,084 --> 00:04:08,084 - Moi malo. - Non van ser todos bos. 68 00:04:12,751 --> 00:04:15,209 Sabía que serías ti. 69 00:04:15,293 --> 00:04:17,918 - Ola, Codringher. - Ola, Geralt. 70 00:04:18,001 --> 00:04:21,543 Vaites, o vizconde de Lettenhove. 71 00:04:21,626 --> 00:04:23,209 Un pracer inusual. 72 00:04:23,918 --> 00:04:28,126 Sabes? Acababa de cambiar ese mecanismo de seguridade. 73 00:04:28,709 --> 00:04:31,751 A próxima vez, concerta unha cita, oíches? 74 00:04:41,001 --> 00:04:42,043 Bo día, señor. 75 00:04:43,168 --> 00:04:44,376 Isto xa está listo. 76 00:04:54,584 --> 00:04:57,459 Axudarao a conseguir o que merece. 77 00:04:59,543 --> 00:05:02,834 - Mandaches arranxar o balance. - Como me pediu. 78 00:05:03,751 --> 00:05:06,918 Á miña muller gústalle a miña cabeza, así que obedezo. 79 00:05:09,668 --> 00:05:12,293 Cunha espada coma esta gañei un imperio. 80 00:05:13,668 --> 00:05:14,876 Cónteme máis. 81 00:05:17,751 --> 00:05:18,668 Final do verán. 82 00:05:19,251 --> 00:05:20,084 Ano 1260. 83 00:05:23,084 --> 00:05:25,043 Quedábanme os últimos homes. 84 00:05:25,793 --> 00:05:27,501 Había días que non comiamos. 85 00:05:28,376 --> 00:05:32,584 As nosas espadas estaban desafiadas coma culleres das escaramuzas. 86 00:05:36,668 --> 00:05:39,793 Era a miña última oportunidade de acabar co Usurpador. 87 00:05:43,084 --> 00:05:44,209 Deime conta 88 00:05:44,918 --> 00:05:48,209 de que a única forma de reclamar o meu trono 89 00:05:49,126 --> 00:05:50,751 era infiltrarme no castelo, 90 00:05:51,584 --> 00:05:56,251 e matar a todos os que se interpuxeran entre min e o home que me roubara a vida. 91 00:05:56,334 --> 00:05:57,876 Unha decisión valente. 92 00:06:00,001 --> 00:06:01,584 Queres dicir ridícula. 93 00:06:03,709 --> 00:06:04,751 Emperador. 94 00:06:06,418 --> 00:06:10,501 Cambiei as botas cun anano a cambio dunha espada de aceiro de Mahakam. 95 00:06:14,459 --> 00:06:16,876 Foi a espada que decapitou o cabrón. 96 00:06:19,376 --> 00:06:20,376 Un día, 97 00:06:21,376 --> 00:06:23,293 a guerra será cousa do pasado. 98 00:06:23,376 --> 00:06:25,043 Será un recordo distante. 99 00:06:26,001 --> 00:06:28,293 A miña raíña estará ao meu carón 100 00:06:28,376 --> 00:06:30,793 e as razas do noso mundo vivirán en paz. 101 00:06:31,668 --> 00:06:33,918 E ti farasme unha nova espada. 102 00:06:34,709 --> 00:06:36,334 Unha digna da túa destreza. 103 00:06:38,001 --> 00:06:41,209 Unha espada apropiada para o emperador do Continente. 104 00:06:43,209 --> 00:06:44,209 Brindo por iso. 105 00:06:49,876 --> 00:06:50,751 É veleno. 106 00:06:54,418 --> 00:06:55,418 Non é veleno. 107 00:07:05,293 --> 00:07:06,459 Bebede todos. 108 00:07:09,543 --> 00:07:10,376 Bebede. 109 00:07:12,376 --> 00:07:13,376 Non podo. 110 00:07:13,459 --> 00:07:15,668 Queres que envelenen a Chama Branca? 111 00:07:25,376 --> 00:07:26,209 Bebe. 112 00:07:32,376 --> 00:07:34,376 Dixen que bebas. 113 00:07:44,751 --> 00:07:46,251 Non é veleno. 114 00:07:48,626 --> 00:07:50,543 Jaskier! Vaia pracer. 115 00:07:50,626 --> 00:07:54,959 Asegúrolle, señora, que o pracer é todo meu. 116 00:07:55,584 --> 00:07:59,376 Asinaríalle algo, mais parece que teñen escaseza de papel. 117 00:07:59,459 --> 00:08:00,376 Unha vez dixo 118 00:08:01,459 --> 00:08:02,876 que, coma un bruxo, 119 00:08:02,959 --> 00:08:07,209 protexen a xente de monstros e de dificultades monstruosas. 120 00:08:08,001 --> 00:08:10,376 Como xa sabían que viña, 121 00:08:10,876 --> 00:08:14,251 falemos das miñas… dificultades. 122 00:08:19,459 --> 00:08:24,793 Ese Rience que tanto che interesa é un personaxe misterioso. 123 00:08:25,626 --> 00:08:27,501 Oímos falar del, por suposto. 124 00:08:28,043 --> 00:08:29,168 A cuestión é, 125 00:08:30,168 --> 00:08:31,293 por que ti tamén? 126 00:08:34,543 --> 00:08:36,251 Ameazou con matar unha amiga. 127 00:08:36,334 --> 00:08:37,834 A min non. Tranquila. 128 00:08:38,418 --> 00:08:42,584 Os marxinados adoitan converterse en asasinos. 129 00:08:42,668 --> 00:08:46,709 E sabemos que expulsaron a Rience de Ban Ard. 130 00:08:46,793 --> 00:08:48,834 - Encaixa coa nosa teoría. - Que é? 131 00:08:48,918 --> 00:08:51,918 Que traballa para un feiticeiro máis poderoso ca el. 132 00:09:03,709 --> 00:09:05,959 Asustáchesme o gato. 133 00:09:06,043 --> 00:09:07,501 Pídolle desculpas. 134 00:09:07,584 --> 00:09:10,793 Cría que unha moeda sería o último que o asustaría. 135 00:09:11,376 --> 00:09:15,084 Temo que esa información vaiche custar un pouco máis, Geralt. 136 00:09:18,751 --> 00:09:20,376 Que tal un desafío? 137 00:09:22,418 --> 00:09:24,543 Eu virareime, 138 00:09:25,834 --> 00:09:28,626 e lanzarame isto á cabeza. 139 00:09:29,168 --> 00:09:30,126 Se me dá, 140 00:09:30,709 --> 00:09:31,584 gaña. 141 00:09:32,293 --> 00:09:33,501 Se non, 142 00:09:33,584 --> 00:09:35,918 darame a información que quero, 143 00:09:37,293 --> 00:09:38,668 a crédito, por suposto. 144 00:09:39,668 --> 00:09:43,876 Non insinúas en serio que acepte este desafío. 145 00:09:44,459 --> 00:09:47,251 Estou seguro de que o fará. 146 00:10:01,918 --> 00:10:03,293 Nin pestanexaches. 147 00:10:05,168 --> 00:10:08,084 Por que ía facelo? Oín que apuntaba para perder. 148 00:10:09,001 --> 00:10:10,084 Vello frouxo. 149 00:10:16,459 --> 00:10:19,126 Algúns feiticeiros oficiais teñen 150 00:10:19,209 --> 00:10:23,459 alumnos secretos para os negocios ilegais ou sucios. 151 00:10:23,543 --> 00:10:26,418 En xerga de feiticeiro, ter a alguén con correa. 152 00:10:26,501 --> 00:10:27,751 A correa de quen? 153 00:10:27,834 --> 00:10:29,043 Non o sabemos. 154 00:10:30,126 --> 00:10:35,084 Mais sabemos onde fai os seus negocios sucios este feiticeiro. 155 00:10:35,168 --> 00:10:38,459 Hai un castelo chamado Vuilpanne, preto das vellas… 156 00:10:38,543 --> 00:10:40,376 - Minas de amonita. - Si. 157 00:10:41,501 --> 00:10:42,876 Ás aforas de Piana. 158 00:10:42,959 --> 00:10:45,959 Se sabes iso, xa estás moi metido. 159 00:10:46,959 --> 00:10:50,001 Ese mago, sexa quen sexa, 160 00:10:50,709 --> 00:10:52,376 é moi perigoso. 161 00:10:53,293 --> 00:10:56,043 Déixao tranquilo, Geralt. 162 00:10:56,126 --> 00:10:58,501 Non. Mais iso xa o sabían. 163 00:10:59,168 --> 00:11:00,584 Grazas polo seu tempo. 164 00:11:03,251 --> 00:11:06,459 Dálle recordos á princesa de sangue antigo. 165 00:11:17,043 --> 00:11:19,626 Tes un cliente que a busca? 166 00:11:22,126 --> 00:11:23,043 Istredd. 167 00:11:25,501 --> 00:11:26,793 - O mago? - Si. 168 00:11:26,876 --> 00:11:30,168 Debes saber que non é o único disposto a pagar 169 00:11:30,251 --> 00:11:33,043 pola rapaza que viaxa co bruxo de cabelo branco. 170 00:11:33,126 --> 00:11:37,251 Queres salvala? Tes que atopar outra rapaza… 171 00:11:38,043 --> 00:11:41,543 Unha orfa da guerra talvez. Cabelo cincento, ollos verdes… 172 00:11:41,626 --> 00:11:42,459 Non. 173 00:11:43,043 --> 00:11:45,168 Geralt, amigo meu, 174 00:11:46,001 --> 00:11:49,293 achégase o tempo do odio. 175 00:11:49,959 --> 00:11:53,376 Odio profundo e absoluto. 176 00:11:54,709 --> 00:11:57,543 A miña proposta é unha solución sinxela. 177 00:11:58,084 --> 00:11:59,793 Alguén debe morrer 178 00:11:59,876 --> 00:12:01,668 para que outra persoa 179 00:12:02,918 --> 00:12:04,001 poida vivir. 180 00:12:09,334 --> 00:12:13,001 Non pagarei polo que quero con desprezo cara a min. 181 00:12:18,126 --> 00:12:18,959 Vamos. 182 00:12:19,584 --> 00:12:20,459 Grazas. 183 00:12:24,751 --> 00:12:28,084 Magos ruíns, monarcas con sede de poder, e agora Istredd. 184 00:12:28,168 --> 00:12:30,668 Non cansas de fuxir todo o tempo? 185 00:12:31,376 --> 00:12:33,709 E se atopamos un lugar seguro para ela? 186 00:12:34,834 --> 00:12:38,001 Pensemos en solucións de camiño a Redania. 187 00:12:39,501 --> 00:12:40,334 Oe. 188 00:12:41,459 --> 00:12:43,418 Sei o que estás a pensar. 189 00:12:43,501 --> 00:12:46,251 Non comeces a xogar a carta de: "Eu viaxo só" 190 00:12:46,334 --> 00:12:48,293 ou "Jaskier, é moi perigoso." 191 00:12:48,376 --> 00:12:51,084 Quero recordarche que fun o cebo 192 00:12:51,168 --> 00:12:52,876 para o Sr. Dedos de Fogo. 193 00:12:52,959 --> 00:12:54,626 Agradézocho, Jask. 194 00:12:55,418 --> 00:12:57,959 Non quero pórte en perigo de novo. 195 00:12:58,043 --> 00:13:00,293 Por iso debo ir a Vuilpanne. 196 00:13:01,918 --> 00:13:04,168 Virei por ti cando Rience estea morto. 197 00:13:05,959 --> 00:13:07,751 Ou virá el cando o esteas ti. 198 00:13:26,626 --> 00:13:29,793 - Que buscamos exactamente? - Un milagre. 199 00:13:34,209 --> 00:13:36,209 E a carta que enviaches antes? 200 00:13:36,793 --> 00:13:38,043 É para Tissaia. 201 00:13:39,043 --> 00:13:40,376 Dígolle que volvo. 202 00:13:40,918 --> 00:13:43,001 É posible que diga que non? 203 00:13:44,334 --> 00:13:45,418 É complicado. 204 00:13:47,793 --> 00:13:48,751 Por min? 205 00:13:50,084 --> 00:13:52,126 Si, adoitas complicar as cousas. 206 00:13:55,001 --> 00:13:57,376 Xa. Non son a única. 207 00:13:59,168 --> 00:14:00,834 Pode que ti me vixíes, 208 00:14:02,001 --> 00:14:03,501 mais eu tamén teño ollos. 209 00:14:04,001 --> 00:14:06,584 E que ves, miña repugnante? 210 00:14:07,834 --> 00:14:09,918 Normalmente, a imaxe da perfección. 211 00:14:10,834 --> 00:14:11,709 Excelente. 212 00:14:13,876 --> 00:14:16,209 Escribiches tres borradores desa carta. 213 00:14:17,168 --> 00:14:19,043 Hai máis do que vexo, non si? 214 00:14:22,251 --> 00:14:23,834 Temos que seguir. 215 00:14:23,918 --> 00:14:26,793 Toma. Peitea ese pelame enredado. 216 00:14:29,918 --> 00:14:31,709 - Contrasinal. - Ragamuffin. 217 00:14:34,334 --> 00:14:36,959 Adestrar non axudou a controlar o teu poder. 218 00:14:37,043 --> 00:14:39,084 Máis ben, sacouno á luz. 219 00:14:39,168 --> 00:14:40,501 Fíxoo máis presente. 220 00:14:41,209 --> 00:14:42,084 Que ben. 221 00:14:42,918 --> 00:14:45,418 En Aretuza, aprenderás a centrar as visións 222 00:14:45,501 --> 00:14:47,584 no futuro que realmente queres ver. 223 00:14:48,084 --> 00:14:49,834 E se non quero ver nada? 224 00:14:50,334 --> 00:14:52,334 Entón non te decatas do que pasa. 225 00:14:53,834 --> 00:14:55,584 Aquí está. Ven! 226 00:14:59,209 --> 00:15:00,043 Yen! 227 00:15:00,626 --> 00:15:02,668 Grazas aos deuses que estás viva. 228 00:15:03,168 --> 00:15:06,251 - Traes boas rexoubas? - Necesito a túa axuda, Keira. 229 00:15:06,334 --> 00:15:09,418 A miña servente e eu necesitamos un dos teus portais. 230 00:15:10,376 --> 00:15:11,209 A Aretuza. 231 00:15:11,293 --> 00:15:13,084 Vas volver a Aretuza? 232 00:15:13,168 --> 00:15:16,084 Tras a noite lendaria da execución non mortal? 233 00:15:16,168 --> 00:15:20,293 Espero que esquecesen iso. Ou que me perdoasen. 234 00:15:20,376 --> 00:15:22,751 Boa sorte. A min Tissaia non me perdoou. 235 00:15:22,834 --> 00:15:25,668 Fodes cun príncipe arribista que aspira ao trono… 236 00:15:25,751 --> 00:15:27,876 En fin, alégrome de verte. 237 00:15:27,959 --> 00:15:30,001 O negocio baixou terriblemente. 238 00:15:30,084 --> 00:15:32,501 Decapitan a quen se afasta do seu reino. 239 00:15:32,584 --> 00:15:33,418 Quen? 240 00:15:33,501 --> 00:15:34,418 Uns aos outros. 241 00:15:35,251 --> 00:15:39,168 Con Nilfgaard, un pensaría que o norte xa tería feito pola vida. 242 00:15:39,668 --> 00:15:42,501 - A Irmandade non pode facer nada? - Bule! 243 00:15:44,418 --> 00:15:45,376 Vamos. 244 00:15:50,334 --> 00:15:51,668 Un portal a Claremont. 245 00:15:55,293 --> 00:15:57,584 Este ten algo a esperar por eles. 246 00:15:59,334 --> 00:16:00,209 Agora. 247 00:16:12,459 --> 00:16:13,751 Queres nifrar, rula? 248 00:16:14,834 --> 00:16:15,793 Non consumo. 249 00:16:22,668 --> 00:16:23,751 Matade esa porca! 250 00:16:26,209 --> 00:16:27,084 Ciri! 251 00:16:31,751 --> 00:16:33,084 [lingua antiga] 252 00:16:33,959 --> 00:16:36,043 Déixao aberto. Non tardarei. 253 00:16:36,126 --> 00:16:37,084 Corre! 254 00:16:37,876 --> 00:16:39,751 Ei! Que carallo fas? 255 00:16:42,084 --> 00:16:44,418 Non sabes a quen acabas de anoxar. 256 00:16:57,459 --> 00:16:58,501 Que fixeches? 257 00:16:59,376 --> 00:17:02,084 Era un dos homes de Houvenaghel. 258 00:17:02,168 --> 00:17:04,918 Se non queredes que vos decapiten, correde. 259 00:17:05,001 --> 00:17:06,293 Keira, agarda. 260 00:17:10,168 --> 00:17:11,043 Vamos. 261 00:17:13,626 --> 00:17:16,043 A maxia é organizar o Caos. 262 00:17:16,543 --> 00:17:18,209 Iso require dúas cousas. 263 00:17:18,834 --> 00:17:21,251 Equilibrio e control. 264 00:17:22,001 --> 00:17:24,543 Sen iso, o Caos mataravos. 265 00:17:26,001 --> 00:17:27,459 Viu algunha a Nissa? 266 00:17:31,418 --> 00:17:33,126 Elizabet, vai ao seu cuarto 267 00:17:33,209 --> 00:17:37,043 e recórdalle que calquera tipo de doenza, incluída a morriña, 268 00:17:37,126 --> 00:17:38,459 non se tolerará. 269 00:17:40,126 --> 00:17:44,001 Regresa e inténtao de novo, Sabrina. Non podemos deixar isto así. 270 00:17:44,709 --> 00:17:47,709 Dígoche que é inflexible. 271 00:17:47,793 --> 00:17:50,709 Por el, Foltest e o seu pobo poden morrer de fame. 272 00:17:50,793 --> 00:17:53,543 Mesmo se Helselt quixese enviar gran a Temeria, 273 00:17:53,626 --> 00:17:56,126 os Scoia'tael roubaríano de camiño. 274 00:17:56,209 --> 00:17:58,959 Sorpréndenos que os reis perdan a fe en nós. 275 00:17:59,043 --> 00:18:02,834 Sabiamos que os elfos eran un problema e non fixemos nada. 276 00:18:02,918 --> 00:18:05,626 Iso é… unha opinión da historia curta de miras. 277 00:18:06,126 --> 00:18:08,209 Mais non esperaba máis de ti. 278 00:18:08,293 --> 00:18:09,709 Xa basta. 279 00:18:10,418 --> 00:18:13,834 Que Triss volva á corte de Foltest para superar esta crise. 280 00:18:13,918 --> 00:18:17,626 Sería tan útil como vendar unha extremidade amputada. 281 00:18:17,709 --> 00:18:21,209 Tissaia prometeulles a cabeza de Cirilla en bandexa 282 00:18:21,293 --> 00:18:22,501 e non cumpriu. 283 00:18:22,584 --> 00:18:25,709 Queremos paz. Atopemos a mocosa e matémola. 284 00:18:25,793 --> 00:18:26,709 Non! 285 00:18:26,793 --> 00:18:30,084 As discusións violentas non son a nosa forma de operar. 286 00:18:30,668 --> 00:18:34,834 Faremos chegar todas as preocupacións ao Consello, como fixemos sempre. 287 00:18:35,334 --> 00:18:37,959 Mentres tanto, estás a interromper as clases. 288 00:18:49,876 --> 00:18:51,001 Non se equivocan. 289 00:18:52,126 --> 00:18:54,084 Odio admitilo, mais se estiveses… 290 00:18:54,168 --> 00:18:55,543 Xa cho dixen. 291 00:18:55,626 --> 00:18:58,876 A Irmandade pode substituírme en Temeria cando queira. 292 00:18:58,959 --> 00:19:02,793 Aquí é onde mellor estou, ensinando a rapazas do que son capaces. 293 00:19:02,876 --> 00:19:04,793 É unha vocación nobre. 294 00:19:05,543 --> 00:19:08,376 Mais pregúntome se se trata realmente delas. 295 00:19:12,168 --> 00:19:14,418 Só porque non puideses axudar a Ciri… 296 00:19:15,459 --> 00:19:17,043 Vou buscar a Nissa. 297 00:19:33,418 --> 00:19:34,334 Nissa! 298 00:20:15,626 --> 00:20:17,376 Fálame da elfa. 299 00:20:17,459 --> 00:20:19,543 Capturáraa o conde de Noailles. 300 00:20:19,626 --> 00:20:21,876 Dixo que era unha asasina. 301 00:20:23,918 --> 00:20:24,834 Máis alto! 302 00:20:28,543 --> 00:20:29,376 Fala! 303 00:20:30,876 --> 00:20:34,709 Fíxome cortala 304 00:20:36,209 --> 00:20:37,918 de mil formas diferentes. 305 00:20:38,543 --> 00:20:39,376 E… 306 00:20:42,459 --> 00:20:43,584 Que fixeches? 307 00:20:44,834 --> 00:20:48,043 Cortei… demasiado. 308 00:20:50,626 --> 00:20:52,918 Foi o meu primeiro asasinato. 309 00:21:04,084 --> 00:21:05,709 Iso excitoute? 310 00:21:09,918 --> 00:21:10,751 Non. 311 00:21:11,709 --> 00:21:13,668 Púxome furioso. 312 00:21:15,709 --> 00:21:16,876 Foi un desperdicio. 313 00:21:17,876 --> 00:21:19,709 Puidemos tela convertido. 314 00:21:20,293 --> 00:21:22,084 Facela seguir as nosas ordes. 315 00:21:24,626 --> 00:21:27,209 Púidonos ter sido útil. 316 00:21:31,334 --> 00:21:32,793 Si. Útil. 317 00:21:34,084 --> 00:21:35,084 Bo rapaz. 318 00:21:47,209 --> 00:21:50,043 Fuches algo máis dura aquela vez. 319 00:21:50,126 --> 00:21:51,293 Non foi demasiado? 320 00:21:55,459 --> 00:21:58,376 Sempre me aportas perspectiva. Claridade. 321 00:22:00,959 --> 00:22:01,834 Grazas. 322 00:22:02,626 --> 00:22:04,918 Necesito que fagas algo a cambio. 323 00:22:06,959 --> 00:22:09,876 Radovid ten un instinto sorprendentemente bo. 324 00:22:10,709 --> 00:22:15,251 - Pode axudar a manter á raia a Vizimir. - Hai anos que me amaño só. 325 00:22:15,334 --> 00:22:17,959 Nunca vira este Continente tan dividido. 326 00:22:19,168 --> 00:22:22,918 Nilfgaard non é o único que sabe que é hora de conquistar. 327 00:22:23,001 --> 00:22:25,251 E se Radovid nos puidese ser útil… 328 00:22:25,334 --> 00:22:27,001 A Redania. 329 00:22:31,918 --> 00:22:32,793 Fala con el. 330 00:22:37,376 --> 00:22:38,418 Por min. 331 00:22:44,918 --> 00:22:45,918 Acabamos. 332 00:23:01,626 --> 00:23:03,001 É el. Jaskier. 333 00:23:03,626 --> 00:23:05,001 É o Dente de león. 334 00:23:06,293 --> 00:23:08,043 Dixéronme que tiña visita. 335 00:23:09,001 --> 00:23:11,293 Mais isto é unha agradable sorpresa. 336 00:23:12,418 --> 00:23:17,126 - Viñeches cantarnos unha canción bonita? - Non. Non canto diso. 337 00:23:18,501 --> 00:23:19,959 Teño información. 338 00:23:21,126 --> 00:23:25,376 Eses dous detectives, Codringher e Fenn, oíches falar deles? 339 00:23:25,459 --> 00:23:26,418 Non. 340 00:23:27,709 --> 00:23:28,793 En calquera caso, 341 00:23:29,751 --> 00:23:31,668 saben para quen traballa Rience. 342 00:23:32,543 --> 00:23:34,626 Trivia. Dimo. 343 00:23:34,709 --> 00:23:38,376 Geralt está decidido a solucionalo ao xeito de Geralt 344 00:23:38,459 --> 00:23:41,959 porque non tiña cartos suficientes para que abrisen a boca, 345 00:23:42,043 --> 00:23:44,626 mais… ti si. 346 00:23:45,251 --> 00:23:46,168 Supoño. 347 00:23:47,584 --> 00:23:49,543 Agradezo a información, 348 00:23:49,626 --> 00:23:52,126 en serio, mais o que quero é unha canción. 349 00:23:53,126 --> 00:23:56,168 Non. Non estou de humor para cantar. 350 00:23:56,251 --> 00:23:57,209 - Veña. - Non. 351 00:23:57,709 --> 00:24:00,876 A túa clientela parece estar a pasalo ben sen min, e… 352 00:24:00,959 --> 00:24:03,126 A túa favorita. Por favor. 353 00:24:04,418 --> 00:24:07,084 Encantaríalles algunha do teu bruxo. 354 00:24:07,876 --> 00:24:08,709 Está ben. 355 00:24:29,584 --> 00:24:31,084 Seguro que é unha trampa. 356 00:25:57,168 --> 00:25:58,501 É unha trampa seguro. 357 00:26:05,709 --> 00:26:07,168 Tamén podiamos falalo. 358 00:26:09,168 --> 00:26:10,376 Estás anoxada. 359 00:26:10,959 --> 00:26:11,959 Non o estou. 360 00:26:12,668 --> 00:26:13,834 Estou decepcionada. 361 00:26:17,251 --> 00:26:19,959 Dixen que debiamos evitar atención indesexada. 362 00:26:20,043 --> 00:26:21,001 Seino. 363 00:26:22,293 --> 00:26:23,251 É culpa miña. 364 00:26:23,876 --> 00:26:28,834 Debinche ter ensinado que a discreción é ás veces máis importante ca o valor. 365 00:26:30,626 --> 00:26:31,751 Soas como Geralt. 366 00:26:31,834 --> 00:26:33,584 Non se equivoca sempre. 367 00:26:35,084 --> 00:26:38,543 Algún día, talvez sexa raíña, e terei que usar o que teño. 368 00:26:38,626 --> 00:26:43,251 E o que teño é sentido da xustiza, unha daga e reflexos rápidos. 369 00:26:43,959 --> 00:26:47,501 - Ensinástesmo vós. - Pois foron ensinanzas incompletas. 370 00:26:47,584 --> 00:26:52,251 - Debiamos ter falado das consecuencias. - Só son unha escusa para non actuar. 371 00:26:52,334 --> 00:26:54,209 Mesmo cando van matar a alguén. 372 00:26:55,001 --> 00:26:57,543 Non viches os ollos dese rapaz. Fixen o que… 373 00:26:57,626 --> 00:26:59,876 Non, escolliches interferir. 374 00:27:02,168 --> 00:27:03,876 O mensaxeiro de Ellander? 375 00:27:03,959 --> 00:27:05,626 O seu destino é un misterio. 376 00:27:06,209 --> 00:27:07,959 Mais sei o que pasará aquí. 377 00:27:08,626 --> 00:27:11,251 Houvenaghel enviará o seu primo Leo Bonhart 378 00:27:11,334 --> 00:27:14,001 para recuperar o perdido con cartos ou sangue. 379 00:27:15,043 --> 00:27:17,543 Os veciños que sobrevivan serán recrutados 380 00:27:17,626 --> 00:27:19,459 para a guerra que asexa, 381 00:27:19,543 --> 00:27:21,668 onde morrerán no campo de batalla. 382 00:27:22,251 --> 00:27:24,876 Se non os leva antes a enfermidade ou a fame. 383 00:27:25,709 --> 00:27:26,793 Salvaches un, 384 00:27:27,334 --> 00:27:30,334 e a consecuencia probablemente condenase centos. 385 00:27:30,418 --> 00:27:33,709 De que me vale ver o futuro se non o podo cambiar? 386 00:27:40,709 --> 00:27:44,126 Por que o ías entender? Ves o que queres, fas que suceda. 387 00:27:44,709 --> 00:27:46,834 Chascas os dedos e moves montañas. 388 00:27:47,459 --> 00:27:49,126 Os homes están aos teus pés. 389 00:27:50,709 --> 00:27:53,918 Non sabes que é loitar por ter o control da túa vida. 390 00:28:02,918 --> 00:28:04,126 Onde vas? 391 00:28:04,793 --> 00:28:05,668 Máis compras? 392 00:28:05,751 --> 00:28:08,168 Non, miña repugnante. 393 00:28:08,251 --> 00:28:09,584 Imos tomar un desvío. 394 00:28:11,209 --> 00:28:12,751 Por que me chamas así? 395 00:28:12,834 --> 00:28:16,043 Prometín serche sincera de agora en diante. 396 00:28:17,626 --> 00:28:20,626 Ven. Quero ensinarche quen son realmente. 397 00:28:36,501 --> 00:28:38,251 E a miña maldita espada? 398 00:28:42,126 --> 00:28:43,584 Nin sequera es un elfo. 399 00:28:45,001 --> 00:28:46,626 Mais morrerás coma un. 400 00:28:56,084 --> 00:28:57,751 Pagarás por isto, 401 00:28:57,834 --> 00:28:59,168 escoura nilfgaardiana. 402 00:29:06,168 --> 00:29:07,293 Levántate. 403 00:29:10,126 --> 00:29:11,459 Arriba, vello amigo. 404 00:29:13,876 --> 00:29:15,084 Grazas por salvarme. 405 00:29:15,168 --> 00:29:17,126 Ti protexíchesme máis dunha vez. 406 00:29:17,209 --> 00:29:19,334 É o meu deber devolverche o favor. 407 00:29:21,751 --> 00:29:23,376 Que cona fas aquí? 408 00:29:28,751 --> 00:29:32,876 Francesca está coa leria das profecías e Hen Ichaer, 409 00:29:32,959 --> 00:29:35,918 mentres os Scoia'tael morren saqueando vituallas. 410 00:29:36,709 --> 00:29:39,376 Todo para non morrer de fame e frío. 411 00:29:39,459 --> 00:29:42,376 Cría que os orelludos erades todos supersticiosos. 412 00:29:42,459 --> 00:29:44,543 Non cres na lenda do antigo sangue? 413 00:29:44,626 --> 00:29:45,501 Por favor. 414 00:29:45,584 --> 00:29:47,543 Cando construïamos civilizacións, 415 00:29:47,626 --> 00:29:52,043 os orellas desafiadas aínda criades que un trono era un peido dos deuses. 416 00:29:52,126 --> 00:29:53,501 Creo nos feitos. 417 00:29:54,209 --> 00:29:58,001 O feito é que a Hen Ichaer de Francesca é unha nena de Cintra. 418 00:30:00,001 --> 00:30:00,959 Cintra? 419 00:30:01,459 --> 00:30:03,126 Vina eu mesmo. 420 00:30:03,209 --> 00:30:05,876 Parece que a princesa é a salvadora dos elfos. 421 00:30:07,293 --> 00:30:09,418 Non podo seguir a facer isto, Cahir. 422 00:30:09,501 --> 00:30:13,418 Levar os meus homes a morrer por unha causa na que non creo. 423 00:30:16,376 --> 00:30:17,584 Por iso volviches. 424 00:30:18,501 --> 00:30:22,084 Consideraches a miña proposta de facerte cargo dos elfos. 425 00:30:22,168 --> 00:30:23,001 Si. 426 00:30:24,043 --> 00:30:28,251 Mais hai algo que aínda non entendo. 427 00:30:29,459 --> 00:30:32,459 Eras o xeneral principal de Emhyr. 428 00:30:32,959 --> 00:30:36,293 E envioute a asaltar caravanas no cu das liñas de batalla 429 00:30:36,376 --> 00:30:39,918 onde levas unha malleira de carallo cada día. 430 00:30:40,668 --> 00:30:43,376 Non o pillo. Se é tan intelixente como dis, 431 00:30:43,876 --> 00:30:46,626 por que malgasta un don divino coma o teu? 432 00:30:50,834 --> 00:30:52,001 Traizoeino. 433 00:30:53,126 --> 00:30:54,126 Mentinlle. 434 00:30:55,501 --> 00:30:58,834 Confioume a súa misión máis sagrada e falleille. 435 00:30:59,626 --> 00:31:03,876 E o teu plan é pagar penitencia até que te maten as tropas do norte? 436 00:31:04,418 --> 00:31:07,501 Só un gran home inspiraría unha lealdade tan absurda. 437 00:31:07,584 --> 00:31:10,626 Amigo, os teus homes téñenche o mesmo aprecio 438 00:31:10,709 --> 00:31:13,543 aínda que sexas un idiota vello, feo e arrogante. 439 00:31:14,251 --> 00:31:15,084 Vello… 440 00:31:17,251 --> 00:31:18,959 Se acepto a túa proposta, 441 00:31:19,668 --> 00:31:22,543 que di da miña lealdade derrocar a Francesca? 442 00:31:22,626 --> 00:31:23,501 Gallatin, 443 00:31:25,293 --> 00:31:28,834 es un dos mellores soldados xunto aos que teño loitado. 444 00:31:28,918 --> 00:31:31,168 A Chama Branca verao. 445 00:31:32,251 --> 00:31:34,793 Axudaralo ti a tomar o norte, non Francesca. 446 00:31:36,709 --> 00:31:38,168 Gañou a miña lealdade. 447 00:31:40,668 --> 00:31:41,959 Gañou ela a túa? 448 00:31:45,918 --> 00:31:47,668 Cóntoche algo gracioso? 449 00:31:49,793 --> 00:31:54,376 Nacín con máis poder do que a maioría podía comprender. 450 00:31:55,668 --> 00:31:58,834 Aprendín a someter o Caos á miña vontade. 451 00:31:59,418 --> 00:32:02,251 Deseñáronme para vivir eternamente nova 452 00:32:03,459 --> 00:32:04,543 e fermosa 453 00:32:05,459 --> 00:32:08,334 nas altas esferas da corte. 454 00:32:10,334 --> 00:32:11,793 Todo para morrer aquí, 455 00:32:13,293 --> 00:32:14,918 nunha adega 456 00:32:15,543 --> 00:32:16,543 con todos vós. 457 00:32:17,959 --> 00:32:21,043 - Sabes cal é o problema das magas? - Cal? 458 00:32:21,126 --> 00:32:23,543 Sodes fodidamente serias. 459 00:32:27,501 --> 00:32:28,876 - Si. - É certo. 460 00:32:33,626 --> 00:32:36,793 Si, axudar a Irmandade a manter o seu poder 461 00:32:36,876 --> 00:32:41,084 apoiando reinos podres é un labor serio. 462 00:32:41,168 --> 00:32:43,751 Non será así cando Nilfgaard tome o control. 463 00:32:43,834 --> 00:32:47,209 - Por que? - Emhyr non tolera as magas. 464 00:32:48,459 --> 00:32:49,459 Es un bo exemplo. 465 00:32:50,959 --> 00:32:52,501 Se logro saír de aquí, 466 00:32:53,918 --> 00:32:55,918 penso xogar mellor as cartas. 467 00:32:57,001 --> 00:32:59,001 Vin un home intentar escapar. 468 00:33:00,126 --> 00:33:02,126 Soltáronlle os cans. 469 00:33:03,543 --> 00:33:05,876 Desgarrárono membro a membro. 470 00:33:07,543 --> 00:33:10,209 O emperador só te absolve 471 00:33:10,751 --> 00:33:13,376 cando morres, rula. 472 00:33:22,001 --> 00:33:22,876 Ei. 473 00:33:27,793 --> 00:33:28,959 Ei. 474 00:33:31,834 --> 00:33:33,543 Temos outro. 475 00:33:33,626 --> 00:33:34,543 Que pasa? 476 00:33:38,334 --> 00:33:41,709 Méteo no saco. Os rapaces axudaranme a tiralo. 477 00:33:50,043 --> 00:33:50,876 Veña. 478 00:33:52,001 --> 00:33:53,251 Unha máis, por favor. 479 00:33:58,251 --> 00:34:02,501 Conxela as túas palabras. 480 00:34:02,584 --> 00:34:04,876 O teu ollar 481 00:34:04,959 --> 00:34:07,334 prende a chama. 482 00:34:08,543 --> 00:34:12,834 Din: "Pórtate ben," 483 00:34:12,918 --> 00:34:17,084 mais non teño ganas. 484 00:34:17,751 --> 00:34:20,334 Por que malgastar as nosas palabras 485 00:34:20,418 --> 00:34:26,043 se os labios están feitos para cousas extraordinarias? 486 00:34:26,751 --> 00:34:29,459 Non se trata de querer, senón de necesitar. 487 00:34:29,543 --> 00:34:31,918 Sen prestar atención 488 00:34:32,001 --> 00:34:36,209 ao que os demais digan de cantar. 489 00:34:37,793 --> 00:34:40,751 As mellores cancións están compostas 490 00:34:42,168 --> 00:34:45,793 de palabras de amor non expresadas. 491 00:34:48,168 --> 00:34:51,168 E desas xa tiven suficientes. 492 00:34:53,084 --> 00:34:56,543 Contigo, teño suficiente. 493 00:34:58,126 --> 00:35:00,293 Contigo, son 494 00:35:01,584 --> 00:35:02,793 suficiente. 495 00:35:05,376 --> 00:35:06,668 Son 496 00:35:07,751 --> 00:35:12,543 suficiente. 497 00:35:16,668 --> 00:35:18,793 Agora podedes aplaudir se queredes. 498 00:35:19,543 --> 00:35:21,543 Moitas grazas. 499 00:35:22,459 --> 00:35:24,751 Grazas. E a ti. 500 00:35:27,209 --> 00:35:28,334 Moitísimas grazas. 501 00:35:36,501 --> 00:35:37,459 Iso foi… 502 00:35:40,418 --> 00:35:41,418 Eu nunca… 503 00:35:47,084 --> 00:35:49,584 Quedei sen palabras. Culpa o hidromel. 504 00:35:49,668 --> 00:35:51,793 Faríao, mais non estás bébedo. 505 00:35:53,709 --> 00:35:54,959 Véxocho nos ollos. 506 00:35:55,584 --> 00:35:56,876 Non están vidrosos. 507 00:35:57,584 --> 00:36:01,084 Actuar en tabernas de mala morte é unha gran lección no arte 508 00:36:01,709 --> 00:36:03,293 de pretender estar caneco 509 00:36:04,376 --> 00:36:06,293 cando te queres manter alerta. 510 00:36:06,376 --> 00:36:10,084 E… nunha gorida de víboras coma esta… 511 00:36:13,293 --> 00:36:15,126 Vaste ocupar de Rience ou non? 512 00:36:17,626 --> 00:36:21,418 Sempre me preguntei que facía tan irresistibles as túas cancións. 513 00:36:22,668 --> 00:36:24,001 Agora xa o entendo. 514 00:36:24,084 --> 00:36:24,959 Ah, si? 515 00:36:26,043 --> 00:36:26,876 E que é? 516 00:36:29,751 --> 00:36:30,793 Ves a xente 517 00:36:32,251 --> 00:36:33,543 polo que é, 518 00:36:33,626 --> 00:36:35,126 non polo que finxe ser. 519 00:36:37,001 --> 00:36:38,668 En parte, é por iso. 520 00:36:41,376 --> 00:36:42,376 E por que máis? 521 00:36:45,834 --> 00:36:46,834 Aínda non o sei. 522 00:36:48,418 --> 00:36:50,043 Mais penso descubrilo. 523 00:36:53,126 --> 00:36:55,084 Mentres tanto, indagarei 524 00:36:55,168 --> 00:36:57,793 sobre o Rience ese e o seu séquito. 525 00:37:00,001 --> 00:37:00,876 Grazas. 526 00:37:09,959 --> 00:37:12,293 Sabe o bruxo a sorte que ten de te ter? 527 00:37:42,209 --> 00:37:43,251 Vén alguén. 528 00:38:04,584 --> 00:38:07,751 - Por favor. Axúdanos. - Volverá. Sempre volve. 529 00:38:07,834 --> 00:38:09,418 Acaba de marchar. 530 00:38:09,501 --> 00:38:10,709 Socorro! 531 00:38:12,709 --> 00:38:14,793 Axúdame. Por favor. 532 00:38:14,876 --> 00:38:16,918 Por favor, ha volver pronto. 533 00:38:17,001 --> 00:38:18,334 Non sinto nada. 534 00:38:18,418 --> 00:38:19,876 Por favor. Volve. 535 00:38:19,959 --> 00:38:22,501 - Non deixes que nos faga dano. - Por favor! 536 00:38:25,626 --> 00:38:26,751 Axúdame. 537 00:38:32,501 --> 00:38:33,626 Non che farei dano. 538 00:38:34,668 --> 00:38:35,751 Estás ben? 539 00:38:38,043 --> 00:38:39,626 Hai máis coma ti aquí? 540 00:38:41,084 --> 00:38:42,584 Moitísimas. 541 00:38:43,626 --> 00:38:44,751 Cada vez máis. 542 00:38:51,126 --> 00:38:52,168 Vén a por nós. 543 00:38:53,251 --> 00:38:54,126 Pola noite. 544 00:38:56,959 --> 00:38:59,334 Fai que pare, por favor. 545 00:38:59,418 --> 00:39:00,668 O home do que falas 546 00:39:02,543 --> 00:39:03,834 chámase Rience? 547 00:39:04,668 --> 00:39:07,084 Escoura de elfa. 548 00:39:08,709 --> 00:39:10,459 Sempre unha fonte. 549 00:39:39,709 --> 00:39:40,918 Non! 550 00:39:48,793 --> 00:39:50,209 Por que nos fas dano? 551 00:40:01,543 --> 00:40:02,418 Párao! 552 00:40:02,501 --> 00:40:04,084 Non deixes que nos mate! 553 00:40:15,126 --> 00:40:16,959 É demasiado tarde. Fuxe! 554 00:41:27,084 --> 00:41:29,126 Tanto viño vólveos máis pesados. 555 00:41:40,168 --> 00:41:41,918 Descansa en paz, cabrón. 556 00:42:00,001 --> 00:42:00,918 Carainas! 557 00:42:29,668 --> 00:42:32,376 Crían que o panadeiro só era un mirón inocente, 558 00:42:32,459 --> 00:42:35,834 mais era o obxectivo do contorsionista desde o principio. 559 00:42:39,668 --> 00:42:41,959 Falando de cousas que saen pola noite, 560 00:42:42,043 --> 00:42:46,084 xa vos contei o do elfo novo que vin saír do apousento de Virfuril? 561 00:42:46,168 --> 00:42:49,251 Querido, Virfuril é un necio frívolo. 562 00:42:49,334 --> 00:42:53,209 - Que faría sen ti, querida? - Claramente, non moito, querido. 563 00:42:53,293 --> 00:42:55,251 - Eva, máis carne. - Si, señora. 564 00:42:55,834 --> 00:42:58,543 Dixo que fora para ser interrogado. 565 00:42:58,626 --> 00:43:01,501 A tortura explicaría os sons que oín. 566 00:43:05,793 --> 00:43:08,793 Tiven unha visita moi interesante do amigo do bruxo. 567 00:43:08,876 --> 00:43:11,793 Cre que eses vellouqueiros de Codringher e Fenn 568 00:43:11,876 --> 00:43:14,126 - poden saber algo de Rience. - E? 569 00:43:14,209 --> 00:43:17,418 Talvez aos nosos métodos para acceder á rapaza 570 00:43:17,501 --> 00:43:20,001 lles vaia mellor cunha cenoria ca cun pau. 571 00:43:20,084 --> 00:43:21,834 Que interesante. 572 00:43:22,793 --> 00:43:25,959 Talvez teña que visitar eses vellouqueiros eu tamén. 573 00:43:28,084 --> 00:43:30,668 Imaxinade o elfo, co cinto desabrochado 574 00:43:30,751 --> 00:43:32,959 e unha exquisita mirada de culpa. 575 00:43:33,043 --> 00:43:35,043 Mais como son un rei xusto, dixen: 576 00:43:35,126 --> 00:43:38,334 "Dareiche vantaxe, mais debes unha frecha no cu." 577 00:43:38,418 --> 00:43:42,084 Gritei: "Corre," liscou coma un cervo ferido, 578 00:43:42,168 --> 00:43:44,001 e despois dispareille así. 579 00:43:44,084 --> 00:43:45,209 Non vos movades. 580 00:43:46,001 --> 00:43:48,084 Si! 581 00:43:48,793 --> 00:43:52,293 Aplegatt! Cabrón con sorte! Que noticias traes? 582 00:43:53,334 --> 00:43:57,168 Xa vos contei como nos coñecemos Aplegatt e eu? 583 00:43:57,251 --> 00:44:00,459 Non pareces desfrutar dos seus contos épicos. 584 00:44:01,334 --> 00:44:03,001 Este xa o oíra antes. 585 00:44:03,084 --> 00:44:05,376 Non mellora coa repetición. 586 00:44:06,418 --> 00:44:08,959 Meu irmán non é famoso polo seu enxeño. 587 00:44:09,626 --> 00:44:12,918 Philippa cre que tes máis enxeño do que parece. 588 00:44:15,793 --> 00:44:16,668 Ou non. 589 00:44:18,709 --> 00:44:22,751 Como mestre espía de Redania, saberás que aquí todos ocultan algo. 590 00:44:24,168 --> 00:44:27,126 Mesmo aqueles coma meu irmán, que parecen necios. 591 00:44:27,209 --> 00:44:29,251 Vizimir non ten segredos para min. 592 00:44:29,334 --> 00:44:31,709 Sabes da súa reunión onte pola noite? 593 00:44:33,459 --> 00:44:34,876 Con Niflgaard. 594 00:44:47,168 --> 00:44:48,543 Oíches algo? 595 00:44:48,626 --> 00:44:49,959 - Non. - En serio? 596 00:44:50,876 --> 00:44:51,709 Nada. 597 00:44:51,793 --> 00:44:55,209 Por que pregunto? Estás a quedar xordo. 598 00:44:55,293 --> 00:44:56,209 Teño… 599 00:44:58,293 --> 00:45:00,543 - Tivestes visita. - Temos moitas… 600 00:45:01,918 --> 00:45:03,793 Sabedes de quen falo. O bruxo. 601 00:45:03,876 --> 00:45:05,043 Aínda apesta a el. 602 00:45:05,126 --> 00:45:06,584 Que lle contastes? 603 00:45:07,293 --> 00:45:11,043 Tranquilo. Non dixemos nada do teu xefe. 604 00:45:11,126 --> 00:45:15,334 Ou do que ten planeado para Cirilla de Cintra. 605 00:45:16,168 --> 00:45:18,209 Que sabedes dos seus plans? 606 00:45:32,709 --> 00:45:34,084 Por favor, o gato non! 607 00:45:34,168 --> 00:45:35,293 Contádemo todo. 608 00:46:01,501 --> 00:46:04,834 Vas deixar que Yennefer volva? 609 00:46:05,876 --> 00:46:07,876 Deixar? Xa está de camiño. 610 00:46:10,043 --> 00:46:11,168 Claro que si. 611 00:46:13,293 --> 00:46:14,959 Cun plan secreto, seguro. 612 00:46:20,209 --> 00:46:23,751 Só aparece por conveniencia. 613 00:46:26,626 --> 00:46:28,001 Tris ten razón. 614 00:46:29,709 --> 00:46:31,334 Espero que Stregobor non. 615 00:46:32,209 --> 00:46:34,959 É necesario que os reis do norte nos escoiten. 616 00:46:35,043 --> 00:46:39,376 O último que queren ver é a muller que incendiou a súa festa de execución. 617 00:46:43,501 --> 00:46:44,501 Mais quérela. 618 00:46:48,751 --> 00:46:50,918 Á túa mente cústalle aceptar 619 00:46:51,001 --> 00:46:53,543 a decisión que xa tomou o teu corazón. 620 00:46:55,334 --> 00:46:57,043 Dirixes o Consello comigo. 621 00:46:57,918 --> 00:46:59,001 Ti que pensas? 622 00:47:00,918 --> 00:47:02,834 Está claro que non che gustaba. 623 00:47:04,293 --> 00:47:06,709 Só porque temos demasiado en común. 624 00:47:08,334 --> 00:47:09,168 Mal xenio. 625 00:47:11,043 --> 00:47:12,251 Impetuosidade. 626 00:47:13,334 --> 00:47:15,459 A necesidade de gañar as discusións. 627 00:47:21,168 --> 00:47:22,918 E temos outra cousa en común. 628 00:47:26,209 --> 00:47:27,084 O noso amor 629 00:47:29,001 --> 00:47:29,918 por ti. 630 00:47:45,376 --> 00:47:47,459 Se Yennefer pode esquecer o pasado, 631 00:47:48,418 --> 00:47:49,334 eu tamén. 632 00:47:56,418 --> 00:47:57,293 Que é isto? 633 00:47:57,918 --> 00:47:59,334 Unha vella superstición. 634 00:48:00,168 --> 00:48:03,126 Din que as pedras teñen propiedades protectoras. 635 00:48:05,293 --> 00:48:07,709 Podías dicir que estabas a pensar en min. 636 00:48:19,501 --> 00:48:23,751 Reunireime con ela en Gors Velen. Asegurareime de que non trae problemas. 637 00:48:50,501 --> 00:48:52,418 Desviámonos para vir a un campo. 638 00:48:54,501 --> 00:48:56,126 Antes había unha casa aquí. 639 00:48:58,251 --> 00:48:59,209 A miña casa. 640 00:49:02,459 --> 00:49:03,876 Aquí é onde me criei. 641 00:49:14,543 --> 00:49:16,084 Sae de aí, rapariga! 642 00:49:16,168 --> 00:49:17,209 Podo facelo! 643 00:49:17,834 --> 00:49:20,334 Canto por un porco? Cando por esa besta? 644 00:49:20,418 --> 00:49:21,709 É a nosa filla. 645 00:49:21,793 --> 00:49:23,293 Non é filla miña. 646 00:49:23,376 --> 00:49:24,709 Non me pode levar! 647 00:49:25,334 --> 00:49:26,334 Non irei. 648 00:49:26,418 --> 00:49:29,459 Non te atrevas a deixar de mirarme. 649 00:49:30,959 --> 00:49:33,334 Non tes opción. 650 00:49:40,584 --> 00:49:43,376 Tiven moito poder toda a miña vida. 651 00:49:45,751 --> 00:49:47,418 Mais nunca fun perfecta. 652 00:49:47,918 --> 00:49:50,293 Loitei con Tissaia a cada paso. 653 00:49:51,543 --> 00:49:53,459 Quería facelo todo ao meu xeito. 654 00:49:55,001 --> 00:49:55,876 Esa carta… 655 00:49:57,334 --> 00:50:00,126 Non sei se serei ben recibida en Aretuza. 656 00:50:01,168 --> 00:50:03,459 Coma ti, unha vez escollín interferir. 657 00:50:04,709 --> 00:50:06,126 Liberei un prisioneiro. 658 00:50:07,709 --> 00:50:11,418 Ao facelo, puxen a todo o norte contra a Irmandade. 659 00:50:12,001 --> 00:50:14,084 E na Irmandade a uns contra outros. 660 00:50:16,793 --> 00:50:19,168 Os corpos que colgaban na taberna… 661 00:50:21,709 --> 00:50:23,084 Todas esas execucións… 662 00:50:23,168 --> 00:50:26,126 O Continente enteiro está a pagar as consecuencias. 663 00:50:28,084 --> 00:50:28,959 E ti. 664 00:50:30,251 --> 00:50:31,209 Pola miña culpa. 665 00:50:33,501 --> 00:50:35,501 Non basta con posuír o Caos. 666 00:50:36,001 --> 00:50:36,876 Ti e mais eu 667 00:50:38,043 --> 00:50:39,834 debemos aprender a controlalo. 668 00:50:39,918 --> 00:50:41,626 Esa é a esencia do poder. 669 00:50:43,334 --> 00:50:45,543 Así é como moveremos montañas. 670 00:50:47,959 --> 00:50:48,876 Xuntas. 671 00:50:51,959 --> 00:50:52,959 Vamos, 672 00:50:54,751 --> 00:50:55,584 Ciri. 673 00:51:34,918 --> 00:51:35,918 Ola? 674 00:51:37,043 --> 00:51:39,584 Xa estás fóra daquel lugar. Estás a salvo. 675 00:51:48,126 --> 00:51:49,209 Estás ben? 676 00:51:55,084 --> 00:51:56,959 Sabía que me virías buscar. 677 00:51:57,543 --> 00:51:59,168 E por que o sabías? 678 00:52:00,293 --> 00:52:01,793 Porque sempre o fas. 679 00:52:05,043 --> 00:52:06,751 Estamos unidos polo destino. 680 00:52:10,626 --> 00:52:11,709 Quen es? 681 00:52:13,126 --> 00:52:14,293 Non sexas bobo. 682 00:52:15,293 --> 00:52:16,418 Sabes quen son. 683 00:52:18,293 --> 00:52:19,418 Son Ciri. 684 00:52:56,876 --> 00:52:59,584 BASEADA NA SERIE DE LIBROS DE ANDRZEJ SAPKOWSKI 685 00:54:51,501 --> 00:54:56,501 Subtítulos: Lorena Pereiras