1 00:01:24,418 --> 00:01:28,005 JACK RYAN DE TOM CLANCY 2 00:01:38,265 --> 00:01:41,435 VIENA, AUSTRIA 3 00:02:59,305 --> 00:03:01,348 De acordo. Vai subir agora. 4 00:03:15,070 --> 00:03:19,074 O teu amigo perdeu a práctica. Descubrino oito rúas atrás. 5 00:03:20,159 --> 00:03:22,661 -Tes présa. -A operación fallou. 6 00:03:22,745 --> 00:03:25,623 Non es o único que quedou sen protección. 7 00:03:25,706 --> 00:03:28,417 -Necesito axuda. -Xa che contei todo. 8 00:03:30,544 --> 00:03:32,671 Pois está claro que che mentiron. 9 00:03:32,755 --> 00:03:34,256 Non é o seu estilo. 10 00:03:35,841 --> 00:03:38,719 -Tes que conseguir unha reunión. -Non podo. 11 00:03:41,472 --> 00:03:42,306 Zoya... 12 00:03:44,224 --> 00:03:47,978 Se Sokol é real, vai morrer moita xente. 13 00:03:48,062 --> 00:03:51,190 Poderás vivir con iso sabendo que o puideches parar? 14 00:03:55,152 --> 00:03:58,781 Conseguirei unha reunión, pero só cando estea fóra de Viena. 15 00:04:00,532 --> 00:04:01,367 Grazas. 16 00:04:06,246 --> 00:04:07,122 Jack... 17 00:04:08,082 --> 00:04:09,041 Sorte. 18 00:04:22,596 --> 00:04:23,806 Veña, superespía. 19 00:04:29,520 --> 00:04:31,897 -Conseguirá a reunión? -Iso dixo. 20 00:04:33,607 --> 00:04:35,818 Pódesme dicir por que confías nela? 21 00:04:35,901 --> 00:04:38,320 Porque non ten motivos para mentir. 22 00:04:38,404 --> 00:04:40,239 Sei que di a verdade. 23 00:04:40,322 --> 00:04:42,324 Ai, si? Ben. 24 00:04:43,283 --> 00:04:46,412 -Paréceme demasiado arriscado. -Sabes que? 25 00:04:46,495 --> 00:04:49,331 Parece ser que non teño moitas máis opcións. 26 00:04:49,415 --> 00:04:50,749 Escóitame. 27 00:04:50,833 --> 00:04:55,212 Vas cruzar unha liña e xa non haberá volta atrás. 28 00:04:55,295 --> 00:04:59,299 Porque intento facer o correcto. O proxecto Sokol é real. 29 00:04:59,383 --> 00:05:00,467 E eu créote. 30 00:05:00,551 --> 00:05:03,971 Pero tamén creo que non es o único que o pode parar. 31 00:05:04,054 --> 00:05:06,265 A quen queres que chame? A Miller? 32 00:05:07,307 --> 00:05:10,561 É imbécil. Só quere salvarse el. 33 00:05:11,770 --> 00:05:14,356 Wright. É dura, pero é xusta. 34 00:05:14,440 --> 00:05:17,151 Só pensa na política, coma o resto. 35 00:05:17,234 --> 00:05:20,112 E sabes que? Xa tomou a súa decisión. 36 00:05:20,195 --> 00:05:21,447 E Greer? 37 00:05:23,282 --> 00:05:26,744 Non podo poñelo outra vez en perigo. Nin a ti tampouco. 38 00:05:27,578 --> 00:05:30,956 Así que se queres liscar, entendereino. 39 00:05:31,040 --> 00:05:34,334 -Pensáchelo ben? -Si. 40 00:05:34,418 --> 00:05:36,628 Está ben. Conta comigo. 41 00:05:37,880 --> 00:05:39,798 -Espero que non morramos. -E eu. 42 00:05:43,343 --> 00:05:46,555 EMBAIXADA DOS ESTADOS UNIDOS ROMA, ITALIA 43 00:05:57,691 --> 00:05:59,777 JACK RYAN AXENTE 44 00:06:04,907 --> 00:06:08,410 Equipo extraterritorial do FBI. Só veñen por Ryan. 45 00:06:08,494 --> 00:06:10,579 O NSD dirixe a operación. 46 00:06:10,662 --> 00:06:13,332 -Quen é o responsable? -Chámase Harris. 47 00:06:13,415 --> 00:06:16,502 Agradeceríalles que non destrozasen a oficina. 48 00:06:16,585 --> 00:06:20,089 Volveremos colocar todo. Temos unha orde de arresto 49 00:06:20,172 --> 00:06:23,550 contra Jack Ryan por violar a Lei de Espionaxe. 50 00:06:23,634 --> 00:06:26,470 Jack Ryan é moitas cousas, pero non é un traidor. 51 00:06:26,553 --> 00:06:30,265 Non é cousa miña. Decidirao o director de intelixencia nacional. 52 00:06:30,349 --> 00:06:32,267 Temos un axente insurrecto solto 53 00:06:32,351 --> 00:06:35,729 e ten información moi valiosa para outras organizacións. 54 00:06:35,813 --> 00:06:37,397 Atoparémolo. 55 00:06:43,278 --> 00:06:46,490 Temos que limitarlles o acceso. Busca a Zoya Ivanova. 56 00:06:46,573 --> 00:06:48,033 Coñece a fonte de Jack. 57 00:06:48,117 --> 00:06:49,827 -Irá buscala. -Entendido. 58 00:06:59,002 --> 00:07:01,380 PRAGA, REPÚBLICA CHECA 59 00:07:01,672 --> 00:07:03,507 Como está a situación política? 60 00:07:03,590 --> 00:07:06,760 O NSD busca a Jack. O FBI ten unha orde de arresto. 61 00:07:06,844 --> 00:07:09,346 -De que o acusan? -Lei de Espionaxe. 62 00:07:09,429 --> 00:07:10,389 Manda carallo. 63 00:07:10,472 --> 00:07:14,143 -Cren que é un traidor? -Nin sequera me informaron. 64 00:07:14,226 --> 00:07:17,271 Non es o único coa corda ao pescozo. 65 00:07:17,354 --> 00:07:20,023 Farei por atopar a Jack antes ca eles. 66 00:07:21,525 --> 00:07:22,901 Falaches con Kovac? 67 00:07:22,985 --> 00:07:26,405 Aínda non. Non é cousa nosa meternos nos asuntos da OTAN. 68 00:07:26,488 --> 00:07:29,283 Non podemos obrigala, pero si presentar probas. 69 00:07:29,366 --> 00:07:31,368 Razoa con ela, trae boas novas. 70 00:07:31,577 --> 00:07:34,496 Coñeces ben Rusia, podes darlle consellos. 71 00:07:34,580 --> 00:07:36,206 Estivestes xuntos na IS. 72 00:07:36,290 --> 00:07:39,168 -Escoitarate. -Xa veremos. 73 00:07:46,341 --> 00:07:48,802 MOSCOVA, RUSIA 74 00:08:15,662 --> 00:08:16,622 Capitán. 75 00:08:17,706 --> 00:08:19,416 As miñas condolencias. 76 00:08:20,334 --> 00:08:21,877 Sei que eran amigos. 77 00:08:23,837 --> 00:08:25,088 Tiña moi poucos. 78 00:08:25,756 --> 00:08:26,882 Igual ca vostede. 79 00:08:28,675 --> 00:08:32,721 Dixéronme que rexeitou outra vez o posto de almirante. 80 00:08:33,805 --> 00:08:35,974 Que vou facer detrás dunha mesa? 81 00:08:37,851 --> 00:08:39,603 O vello e o mar. 82 00:09:04,711 --> 00:09:05,837 Síntoo moito. 83 00:09:06,255 --> 00:09:08,048 O seu home era moi bo. 84 00:09:09,132 --> 00:09:10,384 Grazas por vir. 85 00:09:20,978 --> 00:09:25,148 Se precisa algo, Natalya, que saiba que sempre estarei aquí. 86 00:09:26,400 --> 00:09:27,734 Atope a quen o fixo. 87 00:09:28,610 --> 00:09:31,071 Dmitry non descansará ata que o faga. 88 00:09:32,489 --> 00:09:33,615 E eu tampouco. 89 00:09:42,666 --> 00:09:45,127 CASTELO DE PRAGA PRAGA, REPÚBLICA CHECA 90 00:10:01,893 --> 00:10:02,728 Xa está aquí? 91 00:10:04,730 --> 00:10:07,774 Puido informarme desta visita con antelación. 92 00:10:07,858 --> 00:10:12,195 El sempre foi moi directo comigo, algo que ultimamente non vexo moito. 93 00:10:12,279 --> 00:10:15,907 É da CIA. Só se achegan se queren algo a cambio. 94 00:10:15,991 --> 00:10:19,703 Sei como funciona a CIA, Radek. El non é así. 95 00:10:24,791 --> 00:10:25,959 Señora presidenta. 96 00:10:26,501 --> 00:10:27,794 Señor Greer. 97 00:10:27,878 --> 00:10:30,881 Radek Breza, xefe de seguridade. El é James Greer. 98 00:10:31,840 --> 00:10:33,800 Por que non imos dar un paseo? 99 00:10:45,187 --> 00:10:47,856 Xa sabemos que non é unha visita de cortesía. 100 00:10:49,399 --> 00:10:52,694 Tamén sabemos que vixiamos o goberno ruso 101 00:10:52,778 --> 00:10:53,987 e eles a nós. 102 00:10:55,197 --> 00:10:59,159 A NSA ten as transcricións das chamadas de Dmitry Popov. 103 00:10:59,242 --> 00:11:02,037 Eran conversas co presidente Surikov 104 00:11:02,120 --> 00:11:04,831 e aconselláballe non distanciarse deste país 105 00:11:04,915 --> 00:11:07,209 ao avanzar cara a Europa Oriental. 106 00:11:08,460 --> 00:11:12,172 -Pero Dmitry era un radical. -Non, aparentaba selo. 107 00:11:12,964 --> 00:11:17,386 Así gardaba as aparencias diante dos máis conservadores do partido. 108 00:11:17,469 --> 00:11:20,472 Pero vostede e el sempre pensaron igual. 109 00:11:21,556 --> 00:11:23,600 Pode que por iso o mataran. 110 00:11:28,897 --> 00:11:32,609 O novo ministro de defensa xa é outro conto. 111 00:11:34,569 --> 00:11:37,322 Rexeitou todo o que acordara con Dmitry. 112 00:11:37,406 --> 00:11:40,117 E moveu as tropas rusas en Ucraína. 113 00:11:41,201 --> 00:11:42,369 Cara a onde? 114 00:11:44,955 --> 00:11:47,666 Cara á fronteira con Eslovaquia. 115 00:11:49,042 --> 00:11:51,044 Quería que o soubese 116 00:11:51,128 --> 00:11:55,340 porque se actúa agora, podemos levar os mísiles da OTAN 117 00:11:55,424 --> 00:11:56,842 e forzar a retirada. 118 00:11:58,510 --> 00:12:00,762 Os nosos países comparten información. 119 00:12:03,014 --> 00:12:05,058 Por que non me informaron antes? 120 00:12:09,187 --> 00:12:13,024 Pensei que non tratarían os aliados igual cós inimigos. 121 00:12:13,108 --> 00:12:15,569 Esquecín que a CIA xoga a ser Deus. 122 00:12:15,652 --> 00:12:17,821 Dígollo como amigo. 123 00:12:17,904 --> 00:12:22,075 -E quere que confíe en vostede. -Non, pero espero que o faga. 124 00:12:23,452 --> 00:12:26,163 Sei que todos a están a apremar. 125 00:12:26,246 --> 00:12:28,957 Tamén sei que non a poden forzar. 126 00:12:29,958 --> 00:12:32,961 Só lle estou dando información. 127 00:12:33,044 --> 00:12:36,214 A decisión ten que tomala vostede. 128 00:12:48,226 --> 00:12:50,896 BOHEMIA, REPÚBLICA CHECA 129 00:12:57,194 --> 00:12:58,403 Ai, señor. 130 00:13:01,656 --> 00:13:03,992 Sabes canto me custou este coche? 131 00:13:05,744 --> 00:13:09,623 Sabías que viñas cazar. Onde pensaches que ía ser? 132 00:13:09,706 --> 00:13:13,001 -En Mónaco? -Pensei que estaría asfaltado. 133 00:13:18,173 --> 00:13:22,677 Desculpen, señor Zubkov, señor Lychkin, 134 00:13:22,761 --> 00:13:25,222 por esta localización remota, 135 00:13:25,305 --> 00:13:30,060 pero xa quedan poucos sitios onde poder cazar lobos. 136 00:13:30,894 --> 00:13:31,770 Benvidos. 137 00:13:36,858 --> 00:13:37,859 Veñan. 138 00:13:38,527 --> 00:13:39,986 Novak, as bolsas. 139 00:13:40,612 --> 00:13:45,992 Xa temos o aparello que acordaramos e xa o están trasladando. 140 00:13:46,076 --> 00:13:47,285 Moi ben. 141 00:13:47,369 --> 00:13:48,411 E o prezo? 142 00:13:49,621 --> 00:13:50,872 20 millóns. 143 00:13:54,751 --> 00:13:59,172 Isto daralle acceso a unha conta segura cos cartos. 144 00:13:59,256 --> 00:14:01,007 Metade agora, metade despois. 145 00:14:01,800 --> 00:14:04,135 Pero antes de completar a transacción, 146 00:14:05,178 --> 00:14:07,681 hai que falar dos erros que se cometeron. 147 00:14:09,307 --> 00:14:12,894 Primeiro, o problema do axente da CIA. 148 00:14:12,978 --> 00:14:14,437 Xa nos encargamos diso. 149 00:14:20,735 --> 00:14:21,695 Segundo, 150 00:14:22,571 --> 00:14:23,572 a súa filla. 151 00:14:24,614 --> 00:14:27,993 Parece que a súa influencia non é tan grande como dixo. 152 00:14:28,076 --> 00:14:30,328 Non me gusta dicir isto, 153 00:14:30,412 --> 00:14:32,414 pero non son o único 154 00:14:33,873 --> 00:14:36,835 que pensa que chegou a hora dun cambio. 155 00:14:40,171 --> 00:14:41,423 Sarhan. 156 00:14:42,132 --> 00:14:43,466 Tranquilo, Levan. 157 00:14:47,554 --> 00:14:50,307 Os cartos de Sarhan foron fundamentais. 158 00:14:50,390 --> 00:14:52,642 Ten dereito a estar preocupado. 159 00:14:52,726 --> 00:14:55,604 E ten razón, houbo contratempos. 160 00:14:57,355 --> 00:15:00,567 Pero está todo amañado. 161 00:15:02,277 --> 00:15:03,778 Teñen a miña palabra. 162 00:15:07,115 --> 00:15:08,575 Todo segue o seu curso. 163 00:15:10,994 --> 00:15:13,371 Espero que iso alivie os seus medos. 164 00:15:20,295 --> 00:15:21,171 Por agora. 165 00:15:23,548 --> 00:15:24,382 Ben. 166 00:15:25,634 --> 00:15:28,553 Agora centrémonos no que viñemos facer. 167 00:15:36,311 --> 00:15:39,147 -Que tes? -Aeroporto de Viena, hoxe pola mañá. 168 00:15:39,230 --> 00:15:40,982 Chegou ás 6:00. 169 00:15:41,858 --> 00:15:45,403 Ben. Se a atopaches ti, seguro que Jack tamén. 170 00:15:45,487 --> 00:15:47,989 -Pensa que el está alí? -Iso espero. 171 00:16:00,168 --> 00:16:02,462 -Axudareille a atopalo. -Nin de broma. 172 00:16:02,545 --> 00:16:06,091 Traballou aquí 10 meses. Isto tamén me afecta. 173 00:16:07,676 --> 00:16:10,428 -Ten boa información? -Mellor cá súa. 174 00:16:12,972 --> 00:16:14,015 Está en Viena. 175 00:16:16,017 --> 00:16:18,103 Se quere collelo, hai que ir xa. 176 00:16:28,697 --> 00:16:31,366 Que pasa coa investigación de Popov? 177 00:16:31,449 --> 00:16:34,119 Rastrexamos os cartos da conta do asasino. 178 00:16:34,202 --> 00:16:38,540 Pasou por moitos bancos privados. Aínda non sabemos seguro cal é a fonte. 179 00:16:38,623 --> 00:16:40,542 Pero pensas que son os rusos. 180 00:16:40,625 --> 00:16:43,294 Todo indica que é unha das súas operacións. 181 00:16:43,378 --> 00:16:46,005 -Teño que revisar os vídeos. -Claro. 182 00:16:46,089 --> 00:16:49,008 -Direillo a un dos analistas. -Desculpa. 183 00:16:49,968 --> 00:16:52,554 -Hai novidades. -Dime. 184 00:16:52,637 --> 00:16:56,266 -E o noso trato? -Podo poñerte nun GS-13. 185 00:16:56,349 --> 00:16:58,143 Xa é un bo aumento. 186 00:17:00,562 --> 00:17:02,772 -Cren que Jack está en Viena. -Viena? 187 00:17:02,856 --> 00:17:05,233 Como foi de Atenas a... 188 00:17:08,236 --> 00:17:09,279 Merda. 189 00:17:20,331 --> 00:17:22,417 -Chegas tarde. -Estaba comprando. 190 00:17:23,585 --> 00:17:26,504 -Hai algo que non encaixa. -O que? 191 00:17:26,588 --> 00:17:30,800 Popov era o conselleiro de Surikov. Pode que fose un tipo duro, 192 00:17:30,884 --> 00:17:34,679 pero nunca consentiría unha guerra nuclear. Mira isto. 193 00:17:34,763 --> 00:17:40,185 En 1986, ofreceuse voluntario para ser liquidador en Chernóbil. 194 00:17:40,268 --> 00:17:44,856 Ofreceuse para desactivar o reactor despois da fusión nuclear? 195 00:17:44,939 --> 00:17:49,986 Iso non é todo. Unha das súas primeiras accións como ministro: 196 00:17:50,069 --> 00:17:53,031 impulsar o tratado nuclear entre os EUA e Rusia. 197 00:17:53,114 --> 00:17:56,034 Sempre estivo en contra da opción nuclear. 198 00:17:56,117 --> 00:17:57,160 Mágoa que morrerra. 199 00:17:58,036 --> 00:17:58,912 Ou oportuno. 200 00:18:00,455 --> 00:18:01,456 Que queres dicir? 201 00:18:03,208 --> 00:18:05,960 Quen se beneficia disto todo? 202 00:18:06,044 --> 00:18:07,545 O novo ministro? 203 00:18:08,671 --> 00:18:10,757 Cres que acabou co seu predecesor? 204 00:18:10,840 --> 00:18:14,552 Só digo que é moi bo momento para ter a atención de Surikov. 205 00:18:16,638 --> 00:18:17,597 November. 206 00:18:17,680 --> 00:18:18,723 Que tal Viena? 207 00:18:18,807 --> 00:18:21,518 Como tes o meu número de teléfono? 208 00:18:21,601 --> 00:18:23,978 -Pásame con el. -Espera. 209 00:18:25,188 --> 00:18:27,190 -Ola. -Alégrame escoitarte. 210 00:18:27,273 --> 00:18:30,777 -Grazas polo de Tony. -Estás vivo, non si? 211 00:18:30,860 --> 00:18:32,070 Estás con Wright? 212 00:18:32,153 --> 00:18:35,698 Sabía que che axudaba e botoume. Estou en Praga 213 00:18:35,782 --> 00:18:37,659 investigando o asasinato. 214 00:18:38,243 --> 00:18:41,830 Non podo imaxinar o que che está a pasar pola cabeza. 215 00:18:41,913 --> 00:18:43,957 Igual non sabes en quen confiar. 216 00:18:44,040 --> 00:18:47,043 Así que vouche dicir isto e ti fai o que queiras. 217 00:18:47,794 --> 00:18:51,339 O NSD enviou axentes do FBI a Viena para arrestarte. 218 00:18:53,466 --> 00:18:54,384 Por que motivo? 219 00:18:59,764 --> 00:19:00,598 Traizón. 220 00:19:03,059 --> 00:19:06,271 -Wright quere chegar ata o final. -Wright non. Miller. 221 00:19:06,354 --> 00:19:09,649 Nin sequera a informou, pero conseguiu meterse no medio. 222 00:19:09,732 --> 00:19:11,651 Falácheslle de Mike? 223 00:19:11,734 --> 00:19:13,903 Creo que estades ata o pescozo 224 00:19:13,987 --> 00:19:17,991 e que cada día que pasa escavades un burato máis profundo. 225 00:19:18,074 --> 00:19:19,993 Non me respondiches. 226 00:19:20,076 --> 00:19:22,287 -Ti es o traidor. -Moi gracioso. 227 00:19:23,037 --> 00:19:25,790 Escoita, que descubriches sobre Popov? 228 00:19:25,874 --> 00:19:28,376 Nada ten sentido. Non hai nada dos cartos, 229 00:19:28,459 --> 00:19:32,255 nin gravacións do asasino. E desapareceu a testemuña. 230 00:19:33,131 --> 00:19:36,926 Unha pregunta. E se todo estaba planeado? 231 00:19:38,511 --> 00:19:42,181 Isto non parece cousa dos rusos. Deberiamos investigalo. 232 00:19:42,265 --> 00:19:43,683 Fareino. E, Jack, 233 00:19:43,766 --> 00:19:45,894 o ruso que te persegue... 234 00:19:45,977 --> 00:19:47,437 Coñézoo. 235 00:19:47,520 --> 00:19:48,688 É do Grupo Alfa. 236 00:19:50,148 --> 00:19:51,608 Grupo Alfa. Xenial. 237 00:19:53,067 --> 00:19:53,902 Déixote. 238 00:19:54,611 --> 00:19:55,445 É ela. 239 00:19:56,529 --> 00:19:58,573 11:00, vía seis. 240 00:20:09,417 --> 00:20:12,503 Chegou o último convidado. 241 00:20:15,673 --> 00:20:17,383 Sinto chegar tarde. 242 00:20:17,467 --> 00:20:18,509 Podemos falar? 243 00:20:26,935 --> 00:20:27,894 Por Dmitry. 244 00:20:28,853 --> 00:20:29,979 Era un bo home. 245 00:20:30,063 --> 00:20:31,606 Tíñalle moito cariño. 246 00:20:32,565 --> 00:20:33,858 Foi o meu mentor. 247 00:20:33,942 --> 00:20:37,528 -Compartía as nosas crenzas. -Pero non as máis importantes. 248 00:20:38,363 --> 00:20:39,197 Non. 249 00:20:41,157 --> 00:20:43,409 Espero que a súa filla estea ben. 250 00:20:47,372 --> 00:20:49,332 A miña filla non é asunto seu. 251 00:20:49,415 --> 00:20:53,711 Necesitamos os mísiles no territorio checo ou o proxecto fracasará. 252 00:20:53,795 --> 00:20:58,424 Ela sempre tivo moita determinación. É algo que non vai cambiar. 253 00:20:59,842 --> 00:21:02,345 É rusa, aínda que non o saiba. 254 00:21:07,642 --> 00:21:12,522 Meu pai era soldado, un home duro. 255 00:21:14,440 --> 00:21:18,277 Só o vin chorar cando caeu o Muro. 256 00:21:20,154 --> 00:21:21,864 Sabía que todo rematara. 257 00:21:23,032 --> 00:21:27,787 Nunca pensou que a Unión Soviética non tivese culpa, 258 00:21:27,870 --> 00:21:30,248 pero Rusia érao todo para el. 259 00:21:30,832 --> 00:21:33,459 Cando caeu, todo polo que loitara 260 00:21:33,543 --> 00:21:34,961 xa non tiña sentido. 261 00:21:35,670 --> 00:21:38,214 Cando lle preguntei por que choraba, díxome: 262 00:21:39,632 --> 00:21:42,301 "Fomos a nación máis temida do planeta. 263 00:21:43,177 --> 00:21:46,973 Eramos o monstro que os mantiña a todos espertos pola noite". 264 00:21:49,392 --> 00:21:52,812 Agora, facemos guerras dixitais. 265 00:21:52,895 --> 00:21:55,314 Perturbamos e molestamos. 266 00:21:55,398 --> 00:22:00,194 É enxeñoso e rendible, pero unha guerra sen sacrificio non ten sentido. 267 00:22:01,404 --> 00:22:05,700 Sen sacrificio, non temos identidade. 268 00:22:09,579 --> 00:22:10,913 Seremos coma el. 269 00:22:14,000 --> 00:22:19,714 -Por que me di isto? -Para recordarlle o importante que é isto. 270 00:22:20,548 --> 00:22:26,345 Só temos unha oportunidade para volver ser os que eramos antes. 271 00:22:27,346 --> 00:22:30,308 A arrogancia non pode entorpecer o camiño. 272 00:22:32,727 --> 00:22:35,063 Amigos, por favor, collan un vaso. 273 00:22:37,065 --> 00:22:40,193 Cando era cativo non tiñamos xeados nin refrescos. 274 00:22:40,276 --> 00:22:41,652 Tiñamos kvass. 275 00:22:42,070 --> 00:22:44,155 Convideinos como agradecemento. 276 00:22:44,238 --> 00:22:48,159 A nosa causa ten moitos partidarios, pero poucos benfeitores. 277 00:22:48,242 --> 00:22:51,204 Agradézolles a súa xenerosidade. 278 00:22:51,287 --> 00:22:54,707 Como xa din: para navegar ben, necesítanse augas profundas. 279 00:22:54,791 --> 00:22:57,835 Vostede é esa auga profunda, amigo. 280 00:23:05,051 --> 00:23:05,927 Vamos. 281 00:23:15,436 --> 00:23:17,105 Ben, aí. Nivel B. 282 00:23:20,775 --> 00:23:22,235 E o seguinte. 283 00:23:22,318 --> 00:23:23,653 Nivel A. 284 00:23:23,736 --> 00:23:24,612 Vinte e oito. 285 00:23:29,617 --> 00:23:32,328 -Non hai nada do tiroteo? -Non. 286 00:23:32,411 --> 00:23:34,831 Sabían onde estaban as cámaras. 287 00:23:37,166 --> 00:23:39,961 -Ben. Déixame botarlle un ollo. -Está ben. 288 00:23:55,309 --> 00:23:56,227 Estás ben? 289 00:23:57,019 --> 00:23:58,771 Odio as estacións de tren. 290 00:23:58,855 --> 00:24:02,483 Nas películas nunca pasa nada bo nas estacións de tren. 291 00:24:07,405 --> 00:24:11,701 Ben, rapaces. Estou dentro do sistema. Xa vos vexo. 292 00:25:03,419 --> 00:25:05,004 Podo pedirlle un favor? 293 00:25:05,922 --> 00:25:08,049 Podemos entrar no estadio? 294 00:25:10,092 --> 00:25:11,385 Si, esta noite. 295 00:25:12,428 --> 00:25:14,513 Xa o entenderá cando esteamos alí. 296 00:25:38,412 --> 00:25:40,706 Ben. A onde vos envío? 297 00:25:45,586 --> 00:25:47,129 Que tal a Semmering? 298 00:26:29,338 --> 00:26:30,423 Xa o temos. 299 00:26:35,303 --> 00:26:38,597 -Onde é isto? -Estación de Viena, plataforma nove. 300 00:26:38,681 --> 00:26:40,933 Teremos a información cando aterremos. 301 00:27:27,688 --> 00:27:29,940 Non pode falar se lle segues pegando. 302 00:27:53,756 --> 00:27:55,049 Sabes quen son? 303 00:27:57,510 --> 00:28:00,596 Non intentes mentir. O fármaco vai facer efecto. 304 00:28:02,139 --> 00:28:05,393 -Luka Gocharov! -Que che dixo o noso científico? 305 00:28:07,019 --> 00:28:09,271 -Nada! -Quen é a túa fonte? 306 00:28:09,897 --> 00:28:10,898 Non o sei. 307 00:28:22,493 --> 00:28:24,620 Só había auga na xiringa. 308 00:28:24,703 --> 00:28:29,250 Temos moito do que falar, e pouco tempo, se queremos parar Sokol. 309 00:29:05,202 --> 00:29:07,830 -Axente Pavlok. Benvidos a Austria. -Vamos. 310 00:29:36,484 --> 00:29:37,568 Isto non me gusta. 311 00:29:38,736 --> 00:29:40,321 Quedoume claro. 312 00:29:40,404 --> 00:29:41,614 Espérame aquí. 313 00:29:50,456 --> 00:29:51,916 Perdoe por traela aquí. 314 00:29:51,999 --> 00:29:54,668 É posible que me poida axudar con algo. 315 00:29:56,253 --> 00:29:57,796 Vostede dirá. 316 00:29:57,880 --> 00:30:02,343 Con tanta seguridade, Tibor Kasal non puido entrar cunha arma. 317 00:30:02,426 --> 00:30:06,222 -Alguén a puxo dentro. -Ou o tirador xa estaba armado. 318 00:30:06,305 --> 00:30:08,807 -Non foi Kasal? -Non tiña motivos. 319 00:30:08,891 --> 00:30:11,310 Nin os medios para facer algo así. 320 00:30:11,393 --> 00:30:15,189 Déranlle unha descarga antes de morrer. Era só un peón. 321 00:30:16,148 --> 00:30:17,316 En que xogo? 322 00:30:17,399 --> 00:30:20,778 Non o sei. Pero o trato que pensaba facer con Popov 323 00:30:20,861 --> 00:30:24,448 non estaba tan ben visto como pensaba. 324 00:30:24,532 --> 00:30:25,908 Foi alguén de dentro. 325 00:30:29,286 --> 00:30:31,038 Que fago aquí en realidade? 326 00:30:32,706 --> 00:30:37,503 Non había cámaras no segundo piso nin gravacións da zona onde estaba Kasal. 327 00:30:37,586 --> 00:30:40,881 Pero pode que vostede vise algo que non recorda. 328 00:30:40,965 --> 00:30:44,134 Pensei que traela aquí podería axudarlle a recordar. 329 00:30:46,053 --> 00:30:46,929 Está ben. 330 00:30:49,098 --> 00:30:52,768 Se teño que volver a vivilo, fagámolo como é debido. 331 00:30:54,478 --> 00:30:56,272 Que pasou antes do disparo? 332 00:30:58,190 --> 00:31:00,901 Iamos nesta dirección 333 00:31:00,985 --> 00:31:02,278 falando. 334 00:31:03,195 --> 00:31:06,323 Incluso os de seguridade se sorprenderon do ben que... 335 00:31:09,702 --> 00:31:10,536 Que? 336 00:31:12,079 --> 00:31:13,163 Non. 337 00:31:13,247 --> 00:31:15,749 Radek non estaba aquí cando foi o disparo. 338 00:31:17,751 --> 00:31:20,671 Foi un caos. Había xogadores por todas partes, 339 00:31:20,754 --> 00:31:23,591 todos intentaban protexernos, pero... 340 00:31:25,217 --> 00:31:27,678 Radek tivo que marchar antes do disparo. 341 00:31:30,848 --> 00:31:32,933 Sabía exactamente a onde ía. 342 00:31:35,811 --> 00:31:38,939 Pensa que está metido nisto? Non pode ser. 343 00:31:39,023 --> 00:31:42,985 Revisei os vídeos de seguridade. Non estaba aquí cando dispararon. 344 00:31:43,068 --> 00:31:46,113 Estaba arriba, no lugar perfecto para matar a Kasal. 345 00:31:49,074 --> 00:31:51,118 Somos amigos dende hai anos. 346 00:31:51,869 --> 00:31:55,080 Radek é un patriota. Non puido ser el. 347 00:31:55,164 --> 00:31:57,041 Xa, sei que é difícil, 348 00:31:57,124 --> 00:32:01,045 pero temos que examinar todas as posibilidades. 349 00:32:01,128 --> 00:32:04,715 Especialmente as que temos diante dos ollos. 350 00:32:28,530 --> 00:32:30,824 Veña. 351 00:32:37,456 --> 00:32:39,208 Levamos moito tempo aquí. 352 00:32:40,417 --> 00:32:42,127 Pode que non teñamos sorte. 353 00:32:43,504 --> 00:32:47,758 Unha manda de lobos pode viaxar moitos km para atopar unha presa. 354 00:32:47,841 --> 00:32:51,887 Como di o proverbio: "O lobo aliméntase grazas ás súas patas". 355 00:32:53,639 --> 00:32:54,890 Vou ter sorte. 356 00:32:56,266 --> 00:32:59,645 O lobo é dos poucos trofeos que me quedan por coller. 357 00:33:00,854 --> 00:33:04,400 É unha pena que un animal así acabe nunha parede. 358 00:33:09,279 --> 00:33:10,489 Está cerca. 359 00:33:12,449 --> 00:33:13,450 Pode velo? 360 00:33:16,829 --> 00:33:17,663 Alí. 361 00:34:22,644 --> 00:34:25,856 Non o entendo. Por que intenta axudarlle á CIA? 362 00:34:27,024 --> 00:34:30,152 Digamos que, por unha vez, estamos no mesmo bando. 363 00:34:32,905 --> 00:34:33,822 E por que eu? 364 00:34:35,491 --> 00:34:37,493 Sabía que traballabas con Zoya. 365 00:34:38,368 --> 00:34:39,578 Ela confiou en ti. 366 00:34:41,747 --> 00:34:43,081 Ela era o seu activo. 367 00:34:44,541 --> 00:34:48,045 E mentiu sobre o mísil no barco para que a CIA reaccionase. 368 00:34:49,338 --> 00:34:51,340 Poderiades non facer nada 369 00:34:51,423 --> 00:34:54,259 e a súa información sería igual de importante. 370 00:34:54,760 --> 00:34:57,554 Sokol. Que sabe del? 371 00:34:59,223 --> 00:35:01,099 Foi un terrible accidente. 372 00:35:02,184 --> 00:35:04,019 Non sei máis nada. 373 00:35:06,522 --> 00:35:10,317 Antes de morrer, Yuri dixo que Konstantin era un traidor. 374 00:35:11,693 --> 00:35:14,321 Yuri sabía que non foramos nós. 375 00:35:15,948 --> 00:35:17,241 Non foi Rusia. 376 00:35:17,991 --> 00:35:19,117 -Pero... -Si, rusos. 377 00:35:20,577 --> 00:35:21,829 Unha facción rebelde. 378 00:35:24,206 --> 00:35:25,916 E estou decidido 379 00:35:26,959 --> 00:35:28,210 a desenmascaralos. 380 00:35:28,293 --> 00:35:29,461 Que queren? 381 00:35:30,712 --> 00:35:32,881 Recuperar a Unión Soviética. 382 00:35:34,258 --> 00:35:35,592 Hai un artefacto? 383 00:35:36,593 --> 00:35:38,053 Yuri traballa nel. 384 00:35:38,136 --> 00:35:40,639 Non estaba completo. 385 00:35:40,722 --> 00:35:41,723 Que quere dicir? 386 00:35:42,558 --> 00:35:43,475 Uranio? 387 00:35:45,936 --> 00:35:49,565 Só uns poucos traficantes teñen cantidade abonda. 388 00:35:49,648 --> 00:35:54,903 E o primeiro home da lista é Levan Zubkov. 389 00:35:55,362 --> 00:35:56,280 Quen é ese? 390 00:35:56,947 --> 00:35:58,282 Sábeo o seu amigo. 391 00:36:01,118 --> 00:36:03,036 Zubkov é cliente meu. 392 00:36:04,413 --> 00:36:07,499 Supoño que por iso estamos camiño de Budapest. 393 00:36:07,583 --> 00:36:10,127 E a única razón pola que está vivo. 394 00:36:10,210 --> 00:36:11,837 -Moi amable. -Espere. 395 00:36:11,920 --> 00:36:14,840 Cre que Zubkov traballa coa facción? 396 00:36:14,923 --> 00:36:15,883 Si. 397 00:36:16,675 --> 00:36:20,304 -En que fase están? -Viaxou a Casaquistán hai dous días. 398 00:36:20,387 --> 00:36:22,180 -Terceira vez este mes. -Señor! 399 00:36:22,264 --> 00:36:26,894 Non podo confiar en ninguén. Nin sequera no meu goberno. 400 00:36:28,770 --> 00:36:30,731 E quere que a CIA confíe en min. 401 00:36:32,149 --> 00:36:33,108 Non confiarán? 402 00:36:49,791 --> 00:36:50,626 Jack? 403 00:36:50,709 --> 00:36:52,586 Deixa que adiviñe. Semmering? 404 00:36:53,253 --> 00:36:55,589 Estou dando unha volta. E a túa viaxe? 405 00:36:57,382 --> 00:36:59,301 -Moi bonita. -Xa imaxino. 406 00:37:00,218 --> 00:37:02,971 Tes a un asasino ruso perseguíndote. 407 00:37:03,055 --> 00:37:04,932 -Atopoume. -Matáchelo. 408 00:37:05,849 --> 00:37:07,559 -Eu non. -E logo quen? 409 00:37:09,269 --> 00:37:10,520 Luka Gocharov. 410 00:37:13,023 --> 00:37:15,067 Dime que non é o teu activo. 411 00:37:15,150 --> 00:37:17,277 -Xa sabes o que fixo. -Axudarnos. 412 00:37:17,361 --> 00:37:20,072 Non son os rusos. O novo ministro de defensa 413 00:37:20,155 --> 00:37:24,076 forma parte dunha operación independente do goberno. 414 00:37:25,285 --> 00:37:29,414 Miller non autorizará nada se a información vén de Gocharov. 415 00:37:29,498 --> 00:37:32,125 -Pero non traballo con Miller. -Jack. 416 00:37:32,209 --> 00:37:34,586 Queren unha guerra entre os EUA e Rusia 417 00:37:34,670 --> 00:37:37,881 e, agora mesmo, só nós estamos no medio. 418 00:37:39,174 --> 00:37:42,010 -Non podo... -Tes que confiar en min. 419 00:38:12,916 --> 00:38:15,711 -A onde vai? -O tren era vermello. 420 00:38:28,807 --> 00:38:31,601 CASTELO DE PRAGA PRAGA, REPÚBLICA CHECA 421 00:38:34,229 --> 00:38:37,065 Había unha cámara no aparcadoiro 422 00:38:37,149 --> 00:38:39,651 que gravaba a entrada de vehículos. 423 00:38:39,735 --> 00:38:41,695 Atopamos o coche de Kasal. 424 00:38:43,572 --> 00:38:47,075 Aquí. Ve isto? Kasal non chegou só. 425 00:38:47,784 --> 00:38:49,911 Hai alguén con el no coche. 426 00:38:50,704 --> 00:38:52,748 -Quen é? -Non o sei. 427 00:38:52,831 --> 00:38:57,502 Pero estaba ben planeado e por máis dunha persoa. 428 00:38:59,671 --> 00:39:03,759 Recibín a túa mensaxe. Vin en canto puiden. 429 00:39:07,679 --> 00:39:10,015 James Greer, supoño. 430 00:39:10,098 --> 00:39:14,603 Señor Kovac. Que lle dixo a súa filla? 431 00:39:14,686 --> 00:39:17,981 Só que calumnia o seu home de seguridade. 432 00:39:18,065 --> 00:39:21,443 Meu pai é o conselleiro no que máis confío. 433 00:39:21,526 --> 00:39:25,072 De verdade cre que Radek tivo que ver coa morte de Popov? 434 00:39:25,155 --> 00:39:28,784 Que é parte dunha conspiración? 435 00:39:33,705 --> 00:39:35,499 Si. Si que o creo. 436 00:39:37,959 --> 00:39:41,379 Entón tes poucas opcións, señora presidenta. 437 00:39:47,219 --> 00:39:48,386 Xa está feito. 438 00:39:49,513 --> 00:39:53,642 Díxenlle á OTAN que podían traer os seus mísiles. 439 00:39:55,060 --> 00:39:57,437 Non sei a que xogan os rusos, 440 00:39:57,521 --> 00:40:00,565 pero non deixarei que xoguen con este país. 441 00:40:02,359 --> 00:40:05,028 BUDAPEST, HUNGRÍA 442 00:40:29,427 --> 00:40:31,930 Recordas a liña da que che falaba? 443 00:40:32,806 --> 00:40:34,057 Acabas de cruzala. 444 00:42:26,586 --> 00:42:28,588 Subtítulos: Paula Maneiro Torreira 445 00:42:28,672 --> 00:42:30,674 Supervisor creativo Abraham Díaz López