1 00:01:24,461 --> 00:01:28,048 JACK RYAN DE TOM CLANCY 2 00:01:54,867 --> 00:01:56,785 O presidente recibiraa agora. 3 00:02:09,256 --> 00:02:13,552 - Señorita Wright, benvida á á oeste. - Grazas, señor presidente. 4 00:02:13,552 --> 00:02:17,264 O vicepresidente xa me contou o esencial. Quero os detalles. 5 00:02:17,264 --> 00:02:22,519 A MASINT indica que foi unha detonación nuclear 6 00:02:22,519 --> 00:02:26,773 e que o aparello ten o mesmo deseño ca unha arma americana. 7 00:02:26,773 --> 00:02:28,483 Puido ser unha catástrofe, 8 00:02:28,483 --> 00:02:32,070 pero o noso axente conseguiu evitar que houbese vítimas. 9 00:02:32,070 --> 00:02:34,573 Terroristas? Unha nova potencia nuclear? 10 00:02:34,573 --> 00:02:37,826 Segundo sabemos, é un grupo de fanáticos rusos 11 00:02:37,826 --> 00:02:42,289 que crea desinformación para que os EUA e Rusia comecen unha guerra. 12 00:02:42,289 --> 00:02:44,583 Cremos que isto era parte do plan. 13 00:02:44,583 --> 00:02:48,962 - Non foi cousa do Estado? - Non. No grupo responsable disto 14 00:02:48,962 --> 00:02:52,549 estaban Petr Kovac, pai da presidenta checa Alena Kovac, 15 00:02:52,549 --> 00:02:55,594 e Alexei Petrov, o novo ministro de defensa ruso. 16 00:02:55,594 --> 00:02:58,347 Isto é unha teoría ou información concreta? 17 00:02:58,347 --> 00:03:01,892 É a conclusión dos nosos mellores axentes e analistas. 18 00:03:01,892 --> 00:03:05,729 Non creo que o Kremlin saiba que se trata de desinformación. 19 00:03:05,729 --> 00:03:09,983 - Prepáranse para a guerra. - Dixo que isto era parte do seu plan. 20 00:03:09,983 --> 00:03:13,612 Os rusos incrementaron as defensas e están preparados. 21 00:03:13,612 --> 00:03:18,283 - O grupo utilizarao no seu favor. - Temos que activar a defensa de nivel 2. 22 00:03:18,283 --> 00:03:21,119 E fariámoslles un favor. 23 00:03:21,119 --> 00:03:24,998 Os nosos en Moscova traballan cun informante da intelixencia rusa 24 00:03:24,998 --> 00:03:28,377 para desacreditar o ministro Petrov e parar o Kremlin. 25 00:03:28,377 --> 00:03:31,088 Avíseme cando teñan algo concreto. 26 00:03:31,088 --> 00:03:34,049 Mentres, temos que buscar opcións máis directas. 27 00:03:34,049 --> 00:03:36,551 - Claro, señor. - Grazas, señorita Wright. 28 00:03:37,594 --> 00:03:39,137 Grazas, señor presidente. 29 00:03:40,389 --> 00:03:44,935 {\an8}PONTE BOLSHOY MOSKVORETSKY MOSCOVA, RUSIA 30 00:03:46,228 --> 00:03:48,689 Por que cres que Alexei vai confesar? 31 00:03:48,689 --> 00:03:52,651 Agora mesmo pensa que é intocable. 32 00:03:54,695 --> 00:03:58,824 Pero a marioneta non pode pechar o bico diante miña. 33 00:04:00,701 --> 00:04:02,285 Que alcance tes? 34 00:04:05,122 --> 00:04:09,376 Ata 200 metros. Cando chegue, intente estar preto da ponte. 35 00:04:09,960 --> 00:04:12,629 Bo alcance. Tecnoloxía americana? 36 00:04:13,672 --> 00:04:17,259 Australiana, en realidade, pero noto o seu desprezo. 37 00:04:18,593 --> 00:04:21,680 Chegou alguén, pero non é Alexei. 38 00:04:26,893 --> 00:04:27,936 Vou para aí. 39 00:04:29,021 --> 00:04:31,690 Sabes o que me fai graza, Jack? 40 00:04:31,690 --> 00:04:34,484 Por moita información que teñan sobre Rusia, 41 00:04:34,484 --> 00:04:37,738 nunca saberán como funciona Moscova. 42 00:04:45,078 --> 00:04:47,414 Esperaba que viñese o ministro Petrov. 43 00:04:48,165 --> 00:04:49,291 Cambio de plans. 44 00:05:35,545 --> 00:05:37,422 Impórtalles que fume? 45 00:05:45,305 --> 00:05:47,015 GRU, non si? 46 00:05:47,015 --> 00:05:47,933 Cale a boca. 47 00:05:51,978 --> 00:05:53,271 Debe ser novo. 48 00:05:55,065 --> 00:05:57,901 A xente con experiencia non me fala así. 49 00:05:59,903 --> 00:06:03,990 {\an8}EMBAIXADA DOS EUA MOSCOVA, RUSIA 50 00:06:12,207 --> 00:06:15,752 VOVA LITISHENKO - 52 ANOS SPETSNAZ - RANGO: MAIOR 51 00:06:17,838 --> 00:06:20,549 RETIRADO 52 00:06:33,270 --> 00:06:36,773 - A túa viaxe vai ser curta. - Bótannos fóra? 53 00:06:36,773 --> 00:06:39,734 Non oficialmente, pero mellor non facer plans. 54 00:06:40,485 --> 00:06:42,779 - Que pasou? - Vova Litishenko. 55 00:06:43,613 --> 00:06:47,242 - Cando se retirou? - Non se retirou. Botárono. 56 00:06:48,076 --> 00:06:50,162 - Algunha novidade? - Era dos teus. 57 00:06:50,787 --> 00:06:52,497 Non falaba con ninguén máis. 58 00:06:52,497 --> 00:06:54,624 Din que aínda está en Moscova. 59 00:06:54,624 --> 00:06:58,003 Xa non ten acceso, así que deixámolo estar. 60 00:06:58,003 --> 00:06:59,212 Está ben sabelo. 61 00:06:59,212 --> 00:07:03,925 Outra cousa. A presidenta Kovac vén de viaxe a Moscova. 62 00:07:03,925 --> 00:07:06,344 Si, sei que chegou esta mañá. 63 00:07:06,845 --> 00:07:09,264 Non poñas vixilancia. Encargámonos nós. 64 00:07:10,515 --> 00:07:11,558 Sabes que? 65 00:07:12,726 --> 00:07:14,811 Fixeches unha boa reaparición, Jim. 66 00:07:24,654 --> 00:07:25,530 Veña. 67 00:07:28,992 --> 00:07:29,868 Veña comigo. 68 00:07:33,455 --> 00:07:34,873 Merda! 69 00:07:50,263 --> 00:07:52,265 Canto tempo levas facendo isto? 70 00:07:52,682 --> 00:07:56,102 Cres que vivirás o suficiente para ser bo? 71 00:08:15,497 --> 00:08:19,417 Deixa que adiviñe, acabas de completar o entrenamento. 72 00:08:23,880 --> 00:08:27,759 Sabes que te escollerán a ti para matarme. 73 00:09:19,561 --> 00:09:20,895 Estaría armado. 74 00:09:24,816 --> 00:09:26,359 - Sen micro? - Sen micro. 75 00:09:27,527 --> 00:09:29,321 A Surikov non lle vai gustar. 76 00:09:30,113 --> 00:09:33,158 Cada día impórtame menos o que lle gusta. 77 00:09:35,035 --> 00:09:37,746 Deberías saber que os políticos veñen e van. 78 00:09:38,621 --> 00:09:39,873 Todo cambia axiña. 79 00:09:41,958 --> 00:09:45,462 Surikov cubriute durante moito tempo, pero non es eterno. 80 00:09:46,796 --> 00:09:47,964 Non teño que selo. 81 00:09:49,215 --> 00:09:50,467 Só vivir máis ca ti. 82 00:09:52,677 --> 00:09:55,847 Usar unha montaña para silenciar a explosión. Moi boa. 83 00:09:55,847 --> 00:09:57,265 Eu non estaba alí. 84 00:09:58,683 --> 00:10:03,980 Leváronme xunto de Petr Kovac para me sacrificar, baixo as túas ordes. 85 00:10:08,109 --> 00:10:10,612 Deixei que os vellos pelexasen. 86 00:10:11,613 --> 00:10:12,906 Petr está morto. 87 00:10:14,157 --> 00:10:17,410 Cres que podes chegar a ser coma el? 88 00:10:19,621 --> 00:10:22,332 Igual ca cando mandaches matar a Popov. 89 00:10:23,666 --> 00:10:24,751 Era un inútil. 90 00:10:25,543 --> 00:10:26,461 Un obstáculo. 91 00:10:27,253 --> 00:10:28,630 Pedía que o matasen. 92 00:10:29,339 --> 00:10:30,673 Foi bo para Rusia. 93 00:10:36,137 --> 00:10:39,057 Entón, ti e Petr puidestes amañar as cousas. 94 00:10:40,767 --> 00:10:44,854 Pensabas que ía ser Petr quen saíse vivo desa reunión? 95 00:10:47,190 --> 00:10:48,316 Tanto me daba. 96 00:10:49,401 --> 00:10:50,402 E a el tamén. 97 00:10:51,569 --> 00:10:53,405 Petr non contaba sobrevivir. 98 00:10:53,405 --> 00:10:56,449 E en Čáslav non detivo nada. 99 00:10:57,075 --> 00:10:58,368 Non o creo. 100 00:10:59,953 --> 00:11:04,165 Non importa no que se convertera. Petr era un soldado. 101 00:11:04,165 --> 00:11:07,335 Non lle deixaría "Bésta" a un político coma ti. 102 00:11:11,214 --> 00:11:13,800 Non me importa o que penses. 103 00:11:18,638 --> 00:11:19,472 Usa isto. 104 00:11:37,907 --> 00:11:38,908 Non te preocupes. 105 00:11:43,538 --> 00:11:44,372 Faino. 106 00:12:24,454 --> 00:12:25,288 Vamos. 107 00:12:45,517 --> 00:12:47,435 Moi puntual, Vova. 108 00:12:47,435 --> 00:12:50,980 Se me buscas despois de tanto tempo, será por algo. 109 00:12:52,565 --> 00:12:54,025 Que pasou? 110 00:12:54,901 --> 00:12:57,654 Dixeron que estabas enfermo, que dimitiras. 111 00:12:57,654 --> 00:13:00,782 Non. Tiven que ir a outro sitio. 112 00:13:00,782 --> 00:13:02,408 Nunca dimitiría. 113 00:13:02,408 --> 00:13:03,743 Botaríao de menos. 114 00:13:11,417 --> 00:13:13,211 Queres unha clase de historia? 115 00:13:13,211 --> 00:13:17,090 Sei que é unha boina dos Spetsnaz, pero nunca vin esta cor. 116 00:13:17,090 --> 00:13:18,466 Retiraron o amarelo. 117 00:13:19,342 --> 00:13:22,762 Servizos de xestión de emerxencias, equipos de limpeza. 118 00:13:22,762 --> 00:13:25,640 Accidentes, incendios, fugas químicas. 119 00:13:25,640 --> 00:13:29,477 Moitas veces mesmo aparecían antes dos accidentes. 120 00:13:29,477 --> 00:13:32,855 - Onde están agora? - Licenciados. Fuxidos. Mortos. 121 00:13:32,855 --> 00:13:36,067 Merdas coma a de Chernóbil fodéronos ben. 122 00:13:36,526 --> 00:13:37,735 Algún anda por aí. 123 00:13:37,735 --> 00:13:38,820 Por aí? 124 00:13:40,405 --> 00:13:42,907 - Onde? - Na rede. Crean conflitos. 125 00:13:42,907 --> 00:13:48,037 Se ías para esa unidade, sabías que sería a derradeira. 126 00:13:48,037 --> 00:13:49,122 Estabas fodido. 127 00:13:49,998 --> 00:13:52,834 Pero agora son coma unha milicia. 128 00:13:54,294 --> 00:13:55,336 Coñeces alguén? 129 00:13:55,878 --> 00:13:59,591 Foi antes de que entrase eu, pero somos todos coma irmáns. 130 00:13:59,591 --> 00:14:01,175 Seguro que podo atopalos. 131 00:14:02,969 --> 00:14:05,346 Busco xente deste equipo. 132 00:14:07,390 --> 00:14:10,226 Pode que estivesen en Matoksa. 133 00:14:10,893 --> 00:14:12,270 Mal sitio. 134 00:14:12,270 --> 00:14:13,855 Non os hai desa época. 135 00:14:14,689 --> 00:14:15,898 Pode que un. 136 00:14:17,400 --> 00:14:18,318 Se cadra. 137 00:14:22,322 --> 00:14:24,115 Está ben. Quero unha reunión. 138 00:14:26,784 --> 00:14:27,619 Vale. 139 00:14:27,619 --> 00:14:28,578 Hoxe. 140 00:14:30,204 --> 00:14:31,122 Intentareino. 141 00:14:38,588 --> 00:14:39,881 Está ben, hoxe. 142 00:14:46,471 --> 00:14:48,056 {\an8}EMBAIXADA CHECA MOSCOVA 143 00:14:48,056 --> 00:14:51,476 {\an8}Presidenta Kovac, sorprendeume saber que estaba en Moscova. 144 00:14:51,476 --> 00:14:54,729 Temos que falar. En persoa. Hoxe. 145 00:14:54,729 --> 00:14:58,107 Si, penso que podemos aclarar as cousas cunha conversa. 146 00:14:58,107 --> 00:15:00,777 - Terá que vir ata aquí. -Está ben. 147 00:15:00,777 --> 00:15:04,405 Pola tarde. Direille á miña secretaria que o prepare todo. 148 00:15:04,405 --> 00:15:06,074 Xa me tarda. 149 00:15:13,206 --> 00:15:14,082 Dixo que si. 150 00:15:18,920 --> 00:15:20,338 - Está ben? - Estou. 151 00:15:23,299 --> 00:15:24,926 Sabe o que ten que facer? 152 00:15:27,512 --> 00:15:30,473 Que eu viñese a Moscova púxoo alerta. 153 00:15:30,473 --> 00:15:32,266 Farei que se sinta confiado. 154 00:15:32,266 --> 00:15:35,144 Que pense que ten poder sobre min. 155 00:15:35,144 --> 00:15:38,272 Distraereino coa súa grandiosidade. 156 00:15:38,272 --> 00:15:39,440 Non será difícil. 157 00:15:41,401 --> 00:15:44,320 Que se centre en min e ti fas a túa parte. 158 00:15:46,698 --> 00:15:49,200 Pensaches como chegar ata a señora Popova? 159 00:15:49,200 --> 00:15:51,994 Nin idea. Xa se me ocorrerá algo. 160 00:15:53,079 --> 00:15:56,165 A partir de agora estamos no seu terreo. 161 00:16:15,560 --> 00:16:19,188 Desculpe, señor presidente. Todo acontece moi á présa. 162 00:16:20,273 --> 00:16:22,358 Xa o sei, ministro Petrov. 163 00:16:24,068 --> 00:16:28,114 Hai varios F-16 na base aérea de Aviano. Xa están preparados. 164 00:16:28,114 --> 00:16:31,576 O destrutor naval americano está no mar do Norte. 165 00:16:31,576 --> 00:16:34,829 As tropas americanas están na base de Stuttgart. 166 00:16:34,829 --> 00:16:38,624 Todo nas últimas oito horas. Xa activaron a defensa de nivel 3. 167 00:16:38,624 --> 00:16:40,418 En resposta a Povyshennaya. 168 00:16:40,418 --> 00:16:44,714 Temos que enviar Su-57, tropas para Ucraína, para o Báltico... 169 00:16:44,714 --> 00:16:48,718 Para. Nós estamos en Povyshennaya, eles no nivel 3. Estamos iguais. 170 00:16:50,052 --> 00:16:51,429 Non estou de acordo. 171 00:16:53,556 --> 00:16:57,226 Non podemos estar iguais se non estamos nas mesmas condicións. 172 00:16:59,061 --> 00:17:02,482 Señor presidente, mire o que pasou na República Checa. 173 00:17:02,482 --> 00:17:03,941 Non son de fiar. 174 00:17:07,445 --> 00:17:10,948 - A frota do Báltico está preparada? - Está, señor. 175 00:17:10,948 --> 00:17:12,909 Esperan as súas ordes. 176 00:17:12,909 --> 00:17:16,204 Señor, a mariña americana é Goliat e nós somos David. 177 00:17:20,875 --> 00:17:22,960 Pon os Su-57 nas pistas. 178 00:17:22,960 --> 00:17:25,838 - Que os vexan ben. - Si, señor. 179 00:17:25,838 --> 00:17:29,467 Pero non haberá movemento ata que eu o diga. 180 00:17:33,179 --> 00:17:34,180 Grazas a todos. 181 00:17:45,066 --> 00:17:45,942 Un momento. 182 00:17:48,653 --> 00:17:51,739 Perdóeme, señor presidente. Non quería excederme. 183 00:17:51,739 --> 00:17:52,698 Querías tal. 184 00:17:53,407 --> 00:17:56,577 Iso está na natureza dos homes ambiciosos. 185 00:17:56,577 --> 00:17:59,080 Tes que perdoarme ti. 186 00:17:59,080 --> 00:18:01,666 Aínda non me acostumo a traballar contigo. 187 00:18:04,085 --> 00:18:05,962 Dmitry Popov era moi bo amigo. 188 00:18:07,380 --> 00:18:09,340 E aínda choro a súa perda. 189 00:18:10,675 --> 00:18:11,634 Moito. 190 00:18:12,468 --> 00:18:13,511 Enténdoo. 191 00:18:13,511 --> 00:18:14,554 Espero que si. 192 00:18:15,888 --> 00:18:18,933 Podes marchar. Como dixeches, todo acontece á présa. 193 00:18:43,082 --> 00:18:46,294 Os homes de Alexei estarannos buscando. 194 00:18:47,587 --> 00:18:49,463 Aquí tes a confesión. 195 00:18:50,214 --> 00:18:52,633 Entrégalla á presidenta Kovac. 196 00:18:56,929 --> 00:18:58,139 Necesito sabelo. 197 00:19:03,477 --> 00:19:04,353 Matoksa. 198 00:19:08,524 --> 00:19:11,944 Ese día morreu moita xente e quero saber que facía alí. 199 00:19:23,539 --> 00:19:26,459 Eu dei a orde de que os matasen. 200 00:19:32,798 --> 00:19:34,967 Teño moito que compensar, Jack. 201 00:19:50,608 --> 00:19:54,654 {\an8}PRAZA DA EMBAIXADA MOSCOVA, RUSIA 202 00:20:02,578 --> 00:20:03,412 MENSAXE VOVA 203 00:20:03,412 --> 00:20:06,040 Volkhonka 33. 30 minutos. 204 00:20:37,446 --> 00:20:38,447 Presidenta. 205 00:20:39,657 --> 00:20:40,866 Ministro Petrov. 206 00:20:42,868 --> 00:20:48,124 Teño que dicir que non sei que espera vindo a Rusia. 207 00:20:48,124 --> 00:20:51,335 Non se recoñecerá ningunha misión diplomática. 208 00:20:51,335 --> 00:20:53,796 Enviaría unha mensaxe equivocada 209 00:20:53,796 --> 00:20:57,508 se sento con quen deixou entrar armas nucleares americanas. 210 00:20:57,508 --> 00:21:01,137 Os dous sabemos que a detonación non foi cousa da OTAN. 211 00:21:03,389 --> 00:21:05,391 Estaba alí cando morreu meu pai. 212 00:21:07,476 --> 00:21:10,438 Matouno un traidor ruso, sen dúbida. 213 00:21:10,438 --> 00:21:12,857 Que interesante que use esas palabras. 214 00:21:13,649 --> 00:21:15,526 Os plans de meu pai e seus, 215 00:21:16,444 --> 00:21:19,447 cando saian á luz, nin o Gulag será unha opción. 216 00:21:19,447 --> 00:21:21,615 As conspiracións fan que pareza 217 00:21:21,615 --> 00:21:24,869 unha líder aferrándose a unha nación que a abandonou. 218 00:21:25,369 --> 00:21:27,788 Leva moito tempo no medio. 219 00:21:28,289 --> 00:21:30,374 As cousas están a cambiar en Rusia. 220 00:21:30,374 --> 00:21:32,668 Ten que tomar unha decisión. 221 00:21:34,420 --> 00:21:38,758 Se quere liderar o país, suxírolle que se afaste da OTAN. 222 00:21:39,592 --> 00:21:42,053 Como fan moitos dos seus veciños. 223 00:21:44,305 --> 00:21:46,557 Non acepto as súas suxestións. 224 00:21:48,642 --> 00:21:51,979 Ao falar con vostede, lémbrome dun dito sobre a política. 225 00:21:53,314 --> 00:21:56,317 Se ve unha tartaruga subida nun poste, 226 00:21:56,317 --> 00:22:00,988 sabe que alguén lle axudou a chegar ata alí. 227 00:22:02,323 --> 00:22:05,242 Sabe a súa xente quen lle axudou? 228 00:22:07,328 --> 00:22:09,663 Non teño medo das súas ameazas. 229 00:22:10,664 --> 00:22:12,374 Non son ameazas. 230 00:22:13,584 --> 00:22:16,796 Só lle recordo quen é. 231 00:22:16,796 --> 00:22:18,297 Marioneta dos americanos. 232 00:22:19,882 --> 00:22:22,968 A seu pai non lle ía gustar. 233 00:22:22,968 --> 00:22:26,680 Tampouco que seguise as súas ordes. 234 00:22:26,680 --> 00:22:28,265 Non podemos preguntarlle. 235 00:22:31,811 --> 00:22:33,896 Síntoo, presidenta Kovac. 236 00:22:33,896 --> 00:22:35,064 Estou moi ocupado. 237 00:22:36,023 --> 00:22:38,234 É mellor que volva para o seu país. 238 00:22:39,443 --> 00:22:41,195 Tal como está todo, 239 00:22:41,195 --> 00:22:43,114 o seu país pode arder. 240 00:23:35,249 --> 00:23:36,167 Vova? 241 00:24:09,450 --> 00:24:10,659 A miña perna! 242 00:24:11,660 --> 00:24:13,370 Quen che mandou matarme? 243 00:24:19,668 --> 00:24:22,504 Fixen preguntas sobre Matoksa. 244 00:24:22,504 --> 00:24:23,464 Sobre o EMS. 245 00:24:23,464 --> 00:24:24,632 E chamáronme. 246 00:24:24,840 --> 00:24:25,716 Quen? 247 00:24:27,426 --> 00:24:28,302 Quen? 248 00:24:29,220 --> 00:24:30,679 Rolan Antonov. 249 00:24:31,263 --> 00:24:33,140 Se che dá unha orde, cúmprela. 250 00:24:33,933 --> 00:24:37,394 Ti xa non, Vova. Botáronte fóra. 251 00:24:39,521 --> 00:24:41,649 Xefe, todos cumprimos ordes. 252 00:25:04,755 --> 00:25:08,884 Estanse agrupando en Kubinka. Podería ser unha trampa. 253 00:25:08,884 --> 00:25:10,469 Saben que os vixiamos. 254 00:25:10,469 --> 00:25:14,223 Ou poderían atacar Aviano, Stuttgart e Čáslav en 10 minutos. 255 00:25:14,223 --> 00:25:16,767 Por que ninguén o toma en serio? 256 00:25:16,767 --> 00:25:20,104 Nós si, moito antes de que chegase a vostede. 257 00:25:20,104 --> 00:25:22,898 Ten que entender que o da República Checa 258 00:25:22,898 --> 00:25:24,733 aínda non se verificou. 259 00:25:25,526 --> 00:25:29,655 Deculpe que sexa directo, pero non é o seu traballo? 260 00:25:30,823 --> 00:25:33,200 Academia militar West Point, ano 83? 261 00:25:34,410 --> 00:25:35,286 Si. 262 00:25:35,286 --> 00:25:38,747 Entón sabe que o peor inimigo é un mal consello. 263 00:25:38,747 --> 00:25:42,960 Só intento proporcionarlles o mellor e poder descartar un inimigo. 264 00:27:19,348 --> 00:27:21,308 Ten problemas técnicos? 265 00:27:21,308 --> 00:27:22,810 Non inglés. 266 00:27:22,810 --> 00:27:23,852 Espere. 267 00:27:26,522 --> 00:27:27,481 Un momento. 268 00:27:28,190 --> 00:27:29,191 A ver. 269 00:27:30,734 --> 00:27:31,610 Aí ten. 270 00:27:34,696 --> 00:27:37,282 Necesito o seu coche. 271 00:27:44,081 --> 00:27:47,584 Jim, preciso algo concreto e precísoo xa. 272 00:27:47,584 --> 00:27:50,754 Bótannos da embaixada. Estamos recollendo. 273 00:27:50,754 --> 00:27:52,297 Que che parece? 274 00:27:52,297 --> 00:27:55,050 Xa non hai opcións non militares 275 00:27:55,050 --> 00:27:57,719 e non podo pedir máis favores. 276 00:27:57,719 --> 00:28:01,348 Rolan Antonov, capitán naval, un dos de Petr Kovac. 277 00:28:02,266 --> 00:28:03,600 Onde está? 278 00:28:03,600 --> 00:28:06,562 É confidencial. E non podo investigalo. 279 00:28:07,104 --> 00:28:08,397 E Jack? 280 00:28:09,231 --> 00:28:10,315 Xa te avisarei. 281 00:28:11,066 --> 00:28:15,070 Se non evacúas e marchas, vas estar en perigo. 282 00:28:15,070 --> 00:28:17,906 Seino. Pero teño fe. 283 00:28:17,906 --> 00:28:19,575 E penso que ti tamén. 284 00:28:24,121 --> 00:28:26,457 Terán a embaixada vixiada. 285 00:28:28,000 --> 00:28:29,209 Ten coidado, Jim. 286 00:28:37,217 --> 00:28:39,011 Concerto esta noite! 287 00:28:39,011 --> 00:28:40,888 O mellor da cidade. 288 00:28:40,888 --> 00:28:42,264 É o mellor. 289 00:28:43,682 --> 00:28:45,017 Concerto esta noite. 290 00:28:47,895 --> 00:28:50,105 Quere ver ao Rapaz Listo esta noite? 291 00:28:55,527 --> 00:28:56,778 O mellor da cidade. 292 00:29:08,290 --> 00:29:09,500 Concerto esta noite! 293 00:29:09,500 --> 00:29:10,459 O mellor! 294 00:29:58,173 --> 00:29:59,925 Unha táctica da vella escola. 295 00:30:00,968 --> 00:30:01,802 Ves? 296 00:30:02,511 --> 00:30:04,179 Son unha caixa de sorpresas. 297 00:30:06,348 --> 00:30:08,141 - Que tal estás? - Ben. 298 00:30:09,893 --> 00:30:10,727 Merda, abaixo! 299 00:30:25,784 --> 00:30:26,952 Merda. 300 00:30:29,121 --> 00:30:30,163 O que pensaba. 301 00:30:30,747 --> 00:30:31,582 GRU. 302 00:30:36,003 --> 00:30:38,797 -É grave? -É un dos homes de Alexei. 303 00:30:39,256 --> 00:30:42,509 - Aos GRU non lles vai gustar. - Temos que liscar. 304 00:30:44,219 --> 00:30:46,305 Lévalle isto a Mike e Alena. 305 00:30:46,305 --> 00:30:50,017 Alexei Petrov sae confesando que matou a Dmitry Popov. 306 00:30:50,017 --> 00:30:52,185 - Xenial. - Ti que tes? 307 00:30:52,185 --> 00:30:54,313 Capitán naval, Rolan Antonov. 308 00:30:55,397 --> 00:30:57,274 - Spetsnaz? - Iso creo. 309 00:30:57,274 --> 00:30:59,651 Non, esa información é falsa. 310 00:30:59,651 --> 00:31:02,446 Non creo. Case me matan por iso. 311 00:31:04,072 --> 00:31:07,034 É un bo home. Case podería chamarlle amigo. 312 00:31:32,100 --> 00:31:34,603 Só necesito cinco minutos. 313 00:31:34,603 --> 00:31:37,314 Quere saber que lle pasou ao seu home? 314 00:31:38,940 --> 00:31:41,401 Que pague quen o fixo? 315 00:31:55,624 --> 00:31:58,293 - Estaba Antonov en Matoksa? - Si. 316 00:31:59,127 --> 00:32:02,297 Entón pode que Petr ou Alexei falasen con el. 317 00:32:02,297 --> 00:32:04,007 Alexei non. 318 00:32:04,007 --> 00:32:06,009 Un político non o convencería. 319 00:32:06,009 --> 00:32:07,552 Só un soldado. 320 00:32:07,552 --> 00:32:11,515 - Sabe en que posto está agora? - Non. Pero sei onde vive. 321 00:32:30,575 --> 00:32:33,620 Ten probas de todo o que di? 322 00:32:34,788 --> 00:32:36,707 Responderalle a miña compañeira. 323 00:32:37,165 --> 00:32:40,335 Parece que estamos a facer moitos amigos. 324 00:32:41,253 --> 00:32:43,046 Pode confiar en min, señora. 325 00:32:44,005 --> 00:32:45,006 Por aquí. 326 00:33:01,857 --> 00:33:03,275 Señora Popova. 327 00:33:05,402 --> 00:33:06,570 Señora presidenta. 328 00:33:08,071 --> 00:33:10,741 Desculpe por esta reunión extraoficial. 329 00:33:12,075 --> 00:33:15,370 Pero entenderao todo cando escoite o que teño que dicir. 330 00:33:15,370 --> 00:33:17,998 Por desgraza, non vai ser agradable. 331 00:33:20,208 --> 00:33:21,710 Xa teño unha idade 332 00:33:22,377 --> 00:33:25,338 e sei que cousas así poden ser necesarias. 333 00:33:31,428 --> 00:33:35,932 Ben, isto é menos aburrido cá ópera. 334 00:35:35,677 --> 00:35:37,637 O xeneral deu unhas ordes. 335 00:35:38,722 --> 00:35:39,764 Acabouse Sokol. 336 00:35:40,932 --> 00:35:42,267 Hai que pechalo. 337 00:35:43,393 --> 00:35:44,603 Por completo. 338 00:35:45,729 --> 00:35:49,357 - Desculpe, señor. Quere dicir que... - Sabes o que quere dicir. 339 00:35:50,734 --> 00:35:51,860 Si, señor. 340 00:35:51,860 --> 00:35:52,986 Veña! 341 00:36:01,036 --> 00:36:05,081 {\an8}KRONSTADT A 30 KM DE SAN PETERSBURGO, RUSIA 342 00:36:16,259 --> 00:36:19,262 Ten información dos buques americanos no Báltico. 343 00:36:21,431 --> 00:36:22,849 Por que ten isto? 344 00:36:22,849 --> 00:36:26,686 Porque Antonov vai comezar unha guerra. 345 00:36:35,403 --> 00:36:36,446 O Afouto. 346 00:36:36,446 --> 00:36:39,616 O navío máis letal da frota rusa. 347 00:36:39,616 --> 00:36:41,034 Non ten sentido. 348 00:36:42,452 --> 00:36:46,498 Para usar un navío así tes que ter ordes directas do Kremlin. 349 00:36:46,498 --> 00:36:47,415 E tenas. 350 00:36:50,877 --> 00:36:54,339 Os políticos veñen e van. Todo cambia axiña. 351 00:36:56,049 --> 00:36:59,386 Este era o plan de Petr Kovac. 352 00:37:07,811 --> 00:37:09,145 Era un inútil. 353 00:37:09,938 --> 00:37:10,897 Un obstáculo. 354 00:37:11,523 --> 00:37:12,899 Pedía que o matasen. 355 00:37:13,608 --> 00:37:15,026 Foi bo para Rusia. 356 00:37:17,737 --> 00:37:20,907 Ese cabrón malnacido. 357 00:37:22,158 --> 00:37:26,329 Hai trinta anos, Dmitry vería as súas intencións. 358 00:37:27,789 --> 00:37:29,749 Pero os anos pasaron. 359 00:37:32,544 --> 00:37:35,422 Sinto moito o do seu home 360 00:37:35,422 --> 00:37:39,134 e eu tamén quero que pague a xente que o fixo. 361 00:37:39,134 --> 00:37:43,138 Para iso teño que falar co presidente Surikov. 362 00:37:45,265 --> 00:37:46,891 Extraoficialmente, claro. 363 00:37:46,891 --> 00:37:48,351 Exactamente. 364 00:37:48,351 --> 00:37:50,729 El está nunha posición delicada. 365 00:37:50,729 --> 00:37:55,984 E como sabe, señora presidenta, non sempre os botan por votación. 366 00:37:57,861 --> 00:37:59,362 Só dez minutos. 367 00:38:00,196 --> 00:38:02,282 Pode salvar a presidencia. 368 00:38:02,282 --> 00:38:03,366 E a súa? 369 00:38:06,411 --> 00:38:10,206 A miña visión sobre a política está a cambiar. 370 00:38:11,332 --> 00:38:13,543 Ben. É un traballo terrible. 371 00:38:28,433 --> 00:38:30,977 Reláxense. Estaremos aquí un bo anaco. 372 00:38:33,229 --> 00:38:37,609 Hai movemento de tropas en Crimea e actividade na frota do Báltico. 373 00:38:37,609 --> 00:38:41,279 Xa me informaron das nosas operacións en Rusia. 374 00:38:41,279 --> 00:38:42,864 Que teñen os seus? 375 00:38:42,864 --> 00:38:46,409 Un dos nosos informantes cre que un capitán ruso, Antonov, 376 00:38:46,409 --> 00:38:49,579 está involucrado con Petr Kovac e Alexei Petrov. 377 00:38:49,579 --> 00:38:50,663 Involucrado? 378 00:38:50,663 --> 00:38:53,500 Só sabemos que prepara un destrutor 379 00:38:53,500 --> 00:38:56,628 e pode que non siga ordes directas do Kremlin. 380 00:38:56,628 --> 00:38:59,547 Necesito información verificable. 381 00:38:59,547 --> 00:39:02,425 Falou cos seus esta última hora? 382 00:39:02,425 --> 00:39:03,968 Non, señor. 383 00:39:03,968 --> 00:39:05,595 Que outras opcións temos? 384 00:39:05,595 --> 00:39:08,973 Equipos do mar do Norte diríxense cara ao Báltico. 385 00:39:25,907 --> 00:39:28,952 Sabe? Seguín a súa campaña. 386 00:39:28,952 --> 00:39:30,161 Todo un eloxio. 387 00:39:30,161 --> 00:39:34,082 Hai máis de 200 anos que unha muller non lidera Rusia. 388 00:39:35,542 --> 00:39:38,044 Quero que iso cambie antes de morrer. 389 00:39:38,044 --> 00:39:39,087 Eu tamén. 390 00:39:46,678 --> 00:39:50,807 Mañá pola mañá, 367 Levitski Prospect. 391 00:39:50,807 --> 00:39:52,934 Enviarei alguén a buscalos. 392 00:39:52,934 --> 00:39:54,227 Grazas. 393 00:39:54,227 --> 00:39:55,228 Boas noites. 394 00:39:55,770 --> 00:39:57,188 Boas noites, señora. 395 00:40:25,300 --> 00:40:28,595 JACK RYAN, CHAMADA PERDIDA 396 00:40:33,892 --> 00:40:34,851 Jack. 397 00:40:34,851 --> 00:40:36,144 Equivocámonos. 398 00:40:36,144 --> 00:40:39,731 En todo. Sokol non era só un mísil ou o inicio dunha guerra. 399 00:40:39,731 --> 00:40:41,566 Tratábase de poder. 400 00:40:42,567 --> 00:40:45,153 Atopamos unha orde na casa de Antonov 401 00:40:45,153 --> 00:40:49,532 para ir cara ao Báltico nun destrutor chamado Afouto. 402 00:40:49,532 --> 00:40:53,411 - Ese era o plan. - Antonov non o pode facer só. 403 00:40:53,786 --> 00:40:57,832 - Necesitaría axuda do Kremlin. -É unha orde directa do Kremlin. 404 00:40:57,832 --> 00:41:00,168 Pero o presidente non a asinou. 405 00:41:01,544 --> 00:41:03,755 Asinouna Alexei Petrov. 406 00:41:03,755 --> 00:41:05,298 Alexei Petrov? 407 00:41:05,298 --> 00:41:06,382 Xesús. 408 00:41:08,051 --> 00:41:09,135 Golpe de Estado. 409 00:41:09,928 --> 00:41:12,138 E nós estamos no medio. 410 00:41:13,389 --> 00:41:15,183 Debo informar o presidente. 411 00:41:15,183 --> 00:41:17,185 Que vas facer? 412 00:41:17,185 --> 00:41:19,729 Pois teño que ir cara ao Báltico. 413 00:41:21,356 --> 00:41:22,482 Que teñas sorte. 414 00:41:23,399 --> 00:41:24,567 Ti tamén. 415 00:41:33,743 --> 00:41:34,994 Veña, vamos. 416 00:41:35,745 --> 00:41:39,582 Cruza a fronteira en Narva. A túa xente pode axudarche. 417 00:41:40,667 --> 00:41:42,335 Eu ocupareime de Rolan. 418 00:41:42,335 --> 00:41:45,463 Non deixarei que entre nun barco cheo de rusos 419 00:41:45,463 --> 00:41:47,257 que son fieis a un traidor. 420 00:41:47,257 --> 00:41:48,383 É un suicidio. 421 00:41:51,636 --> 00:41:52,804 E que farías ti? 422 00:42:35,096 --> 00:42:39,183 Acaban de informarme de que o barco ruso está comprometido. 423 00:42:40,435 --> 00:42:43,730 O capitán, Rolan Antonov, forma parte dun plan 424 00:42:43,730 --> 00:42:47,900 que ten conexión coa detonación checa e o asasinato de Dmitry Popov. 425 00:42:47,900 --> 00:42:51,612 Todo forma parte do golpe de Estado ruso que está en marcha. 426 00:42:52,488 --> 00:42:55,867 Ten outras fontes que verifiquen esta información? 427 00:42:55,867 --> 00:42:58,077 Só o equipo que está alí. 428 00:42:58,077 --> 00:42:59,495 Para min é suficiente. 429 00:43:00,455 --> 00:43:02,999 Con todo o respecto, señorita Wright, 430 00:43:02,999 --> 00:43:04,334 para min non o é. 431 00:44:52,358 --> 00:44:54,360 Subtítulos: Paula Maneiro Torreira 432 00:44:54,360 --> 00:44:56,446 Supervisor creativo: Abraham Díaz López