1 00:01:24,523 --> 00:01:28,110 JACK RYAN DE TOM CLANCY 2 00:01:54,929 --> 00:01:56,847 O presidente recibiraa agora. 3 00:02:09,318 --> 00:02:13,614 -Señorita Wright, benvida á á oeste. -Grazas, señor presidente. 4 00:02:13,697 --> 00:02:17,326 O vicepresidente xa me contou o esencial. Quero os detalles. 5 00:02:17,409 --> 00:02:22,581 A MASINT indica que foi unha detonación nuclear 6 00:02:22,665 --> 00:02:26,835 e que o aparello ten o mesmo deseño ca unha arma americana. 7 00:02:26,919 --> 00:02:28,545 Puido ser unha catástrofe, 8 00:02:28,629 --> 00:02:32,132 pero o noso axente conseguiu evitar que houbese vítimas. 9 00:02:32,216 --> 00:02:34,635 Terroristas? Unha nova potencia nuclear? 10 00:02:34,718 --> 00:02:37,888 Segundo sabemos, é un grupo de fanáticos rusos 11 00:02:37,972 --> 00:02:42,351 que crea desinformación para que os EUA e Rusia comecen unha guerra. 12 00:02:42,434 --> 00:02:44,645 Cremos que isto era parte do plan. 13 00:02:44,728 --> 00:02:49,024 -Non foi cousa do Estado? -Non. No grupo responsable disto 14 00:02:49,108 --> 00:02:52,611 estaban Petr Kovac, pai da presidenta checa Alena Kovac, 15 00:02:52,695 --> 00:02:55,656 e Alexei Petrov, o novo ministro de defensa ruso. 16 00:02:55,739 --> 00:02:58,409 Isto é unha teoría ou información concreta? 17 00:02:58,492 --> 00:03:01,954 É a conclusión dos nosos mellores axentes e analistas. 18 00:03:02,037 --> 00:03:05,791 Non creo que o Kremlin saiba que se trata de desinformación. 19 00:03:05,874 --> 00:03:10,045 -Prepáranse para a guerra. -Dixo que isto era parte do seu plan. 20 00:03:10,129 --> 00:03:13,674 Os rusos incrementaron as defensas e están preparados. 21 00:03:13,757 --> 00:03:18,345 -O grupo utilizarao no seu favor. -Temos que activar a defensa de nivel 2. 22 00:03:18,429 --> 00:03:21,181 E fariámoslles un favor. 23 00:03:21,265 --> 00:03:25,060 Os nosos en Moscova traballan cun informante da intelixencia rusa 24 00:03:25,144 --> 00:03:28,439 para desacreditar o ministro Petrov e parar o Kremlin. 25 00:03:28,522 --> 00:03:31,150 Avíseme cando teñan algo concreto. 26 00:03:31,233 --> 00:03:34,111 Mentres, temos que buscar opcións máis directas. 27 00:03:34,194 --> 00:03:36,613 -Claro, señor. -Grazas, señorita Wright. 28 00:03:37,656 --> 00:03:39,199 Grazas, señor presidente. 29 00:03:40,451 --> 00:03:44,997 PONTE BOLSHOY MOSKVORETSKY MOSCOVA, RUSIA 30 00:03:46,290 --> 00:03:48,751 Por que cres que Alexei vai confesar? 31 00:03:48,834 --> 00:03:52,713 Agora mesmo pensa que é intocable. 32 00:03:54,757 --> 00:03:58,886 Pero a marioneta non pode pechar o bico diante miña. 33 00:04:00,763 --> 00:04:02,347 Que alcance tes? 34 00:04:05,184 --> 00:04:09,438 Ata 200 metros. Cando chegue, intente estar preto da ponte. 35 00:04:10,022 --> 00:04:12,691 Bo alcance. Tecnoloxía americana? 36 00:04:13,734 --> 00:04:17,321 Australiana, en realidade, pero noto o seu desprezo. 37 00:04:18,655 --> 00:04:21,742 Chegou alguén, pero non é Alexei. 38 00:04:26,955 --> 00:04:27,998 Vou para aí. 39 00:04:29,083 --> 00:04:31,752 Sabes o que me fai graza, Jack? 40 00:04:31,835 --> 00:04:34,546 Por moita información que teñan sobre Rusia, 41 00:04:34,630 --> 00:04:37,800 nunca saberán como funciona Moscova. 42 00:04:45,140 --> 00:04:47,476 Esperaba que viñese o ministro Petrov. 43 00:04:48,227 --> 00:04:49,353 Cambio de plans. 44 00:05:35,607 --> 00:05:37,484 Impórtalles que fume? 45 00:05:45,367 --> 00:05:47,077 GRU, non si? 46 00:05:47,161 --> 00:05:47,995 Cale a boca. 47 00:05:52,040 --> 00:05:53,333 Debe ser novo. 48 00:05:55,127 --> 00:05:57,963 A xente con experiencia non me fala así. 49 00:05:59,965 --> 00:06:04,052 EMBAIXADA DOS EUA MOSCOVA, RUSIA 50 00:06:12,269 --> 00:06:15,814 VOVA LITISHENKO - 52 ANOS SPETSNAZ - RANGO: MAIOR 51 00:06:17,900 --> 00:06:20,611 RETIRADO 52 00:06:33,332 --> 00:06:36,835 -A túa viaxe vai ser curta. -Bótannos fóra? 53 00:06:36,919 --> 00:06:39,796 Non oficialmente, pero mellor non facer plans. 54 00:06:40,547 --> 00:06:42,841 -Que pasou? -Vova Litishenko. 55 00:06:43,675 --> 00:06:47,304 -Cando se retirou? -Non se retirou. Botárono. 56 00:06:48,138 --> 00:06:50,224 -Algunha novidade? -Era dos teus. 57 00:06:50,849 --> 00:06:52,559 Non falaba con ninguén máis. 58 00:06:52,643 --> 00:06:54,686 Din que aínda está en Moscova. 59 00:06:54,770 --> 00:06:58,065 Xa non ten acceso, así que deixámolo estar. 60 00:06:58,148 --> 00:06:59,274 Está ben sabelo. 61 00:06:59,358 --> 00:07:03,987 Outra cousa. A presidenta Kovac vén de viaxe a Moscova. 62 00:07:04,071 --> 00:07:06,406 Si, sei que chegou esta mañá. 63 00:07:06,907 --> 00:07:09,326 Non poñas vixilancia. Encargámonos nós. 64 00:07:10,577 --> 00:07:11,620 Sabes que? 65 00:07:12,788 --> 00:07:14,873 Fixeches unha boa reaparición, Jim. 66 00:07:24,716 --> 00:07:25,592 Veña. 67 00:07:29,054 --> 00:07:29,930 Veña comigo. 68 00:07:33,517 --> 00:07:34,935 Merda! 69 00:07:50,325 --> 00:07:52,327 Canto tempo levas facendo isto? 70 00:07:52,744 --> 00:07:56,164 Cres que vivirás o suficiente para ser bo? 71 00:08:15,559 --> 00:08:19,479 Deixa que adiviñe, acabas de completar o entrenamento. 72 00:08:23,942 --> 00:08:27,821 Sabes que te escollerán a ti para matarme. 73 00:09:19,623 --> 00:09:20,957 Estaría armado. 74 00:09:24,878 --> 00:09:26,421 -Sen micro? -Sen micro. 75 00:09:27,589 --> 00:09:29,383 A Surikov non lle vai gustar. 76 00:09:30,175 --> 00:09:33,220 Cada día impórtame menos o que lle gusta. 77 00:09:35,097 --> 00:09:37,808 Deberías saber que os políticos veñen e van. 78 00:09:38,683 --> 00:09:39,935 Todo cambia axiña. 79 00:09:42,020 --> 00:09:45,524 Surikov cubriute durante moito tempo, pero non es eterno. 80 00:09:46,858 --> 00:09:48,026 Non teño que selo. 81 00:09:49,277 --> 00:09:50,529 Só vivir máis ca ti. 82 00:09:52,739 --> 00:09:55,909 Usar unha montaña para silenciar a explosión. Moi boa. 83 00:09:55,992 --> 00:09:57,327 Eu non estaba alí. 84 00:09:58,745 --> 00:10:04,042 Leváronme xunto de Petr Kovac para me sacrificar, baixo as túas ordes. 85 00:10:08,171 --> 00:10:10,674 Deixei que os vellos pelexasen. 86 00:10:11,675 --> 00:10:12,968 Petr está morto. 87 00:10:14,219 --> 00:10:17,472 Cres que podes chegar a ser coma el? 88 00:10:19,683 --> 00:10:22,394 Igual ca cando mandaches matar a Popov. 89 00:10:23,728 --> 00:10:24,813 Era un inútil. 90 00:10:25,605 --> 00:10:26,523 Un obstáculo. 91 00:10:27,315 --> 00:10:28,692 Pedía que o matasen. 92 00:10:29,401 --> 00:10:30,735 Foi bo para Rusia. 93 00:10:36,199 --> 00:10:39,119 Entón, ti e Petr puidestes amañar as cousas. 94 00:10:40,829 --> 00:10:44,916 Pensabas que ía ser Petr quen saíse vivo desa reunión? 95 00:10:47,252 --> 00:10:48,378 Tanto me daba. 96 00:10:49,463 --> 00:10:50,464 E a el tamén. 97 00:10:51,631 --> 00:10:53,467 Petr non contaba sobrevivir. 98 00:10:53,550 --> 00:10:56,511 E en Čáslav non detivo nada. 99 00:10:57,137 --> 00:10:58,430 Non o creo. 100 00:11:00,015 --> 00:11:04,227 Non importa no que se convertera. Petr era un soldado. 101 00:11:04,311 --> 00:11:07,397 Non lle deixaría "Bésta" a un político coma ti. 102 00:11:11,276 --> 00:11:13,862 Non me importa o que penses. 103 00:11:18,700 --> 00:11:19,534 Usa isto. 104 00:11:37,969 --> 00:11:38,970 Non te preocupes. 105 00:11:43,600 --> 00:11:44,434 Faino. 106 00:12:24,516 --> 00:12:25,350 Vamos. 107 00:12:45,579 --> 00:12:47,497 Moi puntual, Vova. 108 00:12:47,581 --> 00:12:51,042 Se me buscas despois de tanto tempo, será por algo. 109 00:12:52,627 --> 00:12:54,087 Que pasou? 110 00:12:54,963 --> 00:12:57,716 Dixeron que estabas enfermo, que dimitiras. 111 00:12:57,799 --> 00:13:00,844 Non. Tiven que ir a outro sitio. 112 00:13:00,927 --> 00:13:02,470 Nunca dimitiría. 113 00:13:02,554 --> 00:13:03,805 Botaríao de menos. 114 00:13:11,479 --> 00:13:13,273 Queres unha clase de historia? 115 00:13:13,356 --> 00:13:17,152 Sei que é unha boina dos Spetsnaz, pero nunca vin esta cor. 116 00:13:17,235 --> 00:13:18,528 Retiraron o amarelo. 117 00:13:19,404 --> 00:13:22,824 Servizos de xestión de emerxencias, equipos de limpeza. 118 00:13:22,907 --> 00:13:25,702 Accidentes, incendios, fugas químicas. 119 00:13:25,785 --> 00:13:29,539 Moitas veces mesmo aparecían antes dos accidentes. 120 00:13:29,623 --> 00:13:32,917 -Onde están agora? -Licenciados. Fuxidos. Mortos. 121 00:13:33,001 --> 00:13:36,129 Merdas coma a de Chernóbil fodéronos ben. 122 00:13:36,588 --> 00:13:37,797 Algún anda por aí. 123 00:13:37,881 --> 00:13:38,882 Por aí? 124 00:13:40,467 --> 00:13:42,969 -Onde? -Na rede. Crean conflitos. 125 00:13:43,053 --> 00:13:48,099 Se ías para esa unidade, sabías que sería a derradeira. 126 00:13:48,183 --> 00:13:49,184 Estabas fodido. 127 00:13:50,060 --> 00:13:52,896 Pero agora son coma unha milicia. 128 00:13:54,356 --> 00:13:55,398 Coñeces alguén? 129 00:13:55,940 --> 00:13:59,653 Foi antes de que entrase eu, pero somos todos coma irmáns. 130 00:13:59,736 --> 00:14:01,237 Seguro que podo atopalos. 131 00:14:03,031 --> 00:14:05,408 Busco xente deste equipo. 132 00:14:07,452 --> 00:14:10,288 Pode que estivesen en Matoksa. 133 00:14:10,955 --> 00:14:12,332 Mal sitio. 134 00:14:12,415 --> 00:14:13,917 Non os hai desa época. 135 00:14:14,751 --> 00:14:15,960 Pode que un. 136 00:14:17,462 --> 00:14:18,380 Se cadra. 137 00:14:22,384 --> 00:14:24,177 Está ben. Quero unha reunión. 138 00:14:26,846 --> 00:14:27,681 Vale. 139 00:14:27,764 --> 00:14:28,640 Hoxe. 140 00:14:30,266 --> 00:14:31,184 Intentareino. 141 00:14:38,650 --> 00:14:39,943 Está ben, hoxe. 142 00:14:46,533 --> 00:14:48,118 EMBAIXADA CHECA MOSCOVA 143 00:14:48,201 --> 00:14:51,538 Presidenta Kovac, sorprendeume saber que estaba en Moscova. 144 00:14:51,621 --> 00:14:54,791 Temos que falar. En persoa. Hoxe. 145 00:14:54,874 --> 00:14:58,169 Si, penso que podemos aclarar as cousas cunha conversa. 146 00:14:58,253 --> 00:15:00,839 -Terá que vir ata aquí. -Está ben. 147 00:15:00,922 --> 00:15:04,467 Pola tarde. Direille á miña secretaria que o prepare todo. 148 00:15:04,551 --> 00:15:06,136 Xa me tarda. 149 00:15:13,268 --> 00:15:14,144 Dixo que si. 150 00:15:18,982 --> 00:15:20,400 -Está ben? -Estou. 151 00:15:23,361 --> 00:15:24,988 Sabe o que ten que facer? 152 00:15:27,574 --> 00:15:30,535 Que eu viñese a Moscova púxoo alerta. 153 00:15:30,618 --> 00:15:32,328 Farei que se sinta confiado. 154 00:15:32,412 --> 00:15:35,206 Que pense que ten poder sobre min. 155 00:15:35,290 --> 00:15:38,334 Distraereino coa súa grandiosidade. 156 00:15:38,418 --> 00:15:39,502 Non será difícil. 157 00:15:41,463 --> 00:15:44,382 Que se centre en min e ti fas a túa parte. 158 00:15:46,760 --> 00:15:49,262 Pensaches como chegar ata a señora Popova? 159 00:15:49,345 --> 00:15:52,056 Nin idea. Xa se me ocorrerá algo. 160 00:15:53,141 --> 00:15:56,227 A partir de agora estamos no seu terreo. 161 00:16:15,622 --> 00:16:19,250 Desculpe, señor presidente. Todo acontece moi á présa. 162 00:16:20,335 --> 00:16:22,420 Xa o sei, ministro Petrov. 163 00:16:24,130 --> 00:16:28,176 Hai varios F-16 na base aérea de Aviano. Xa están preparados. 164 00:16:28,259 --> 00:16:31,638 O destrutor naval americano está no mar do Norte. 165 00:16:31,721 --> 00:16:34,891 As tropas americanas están na base de Stuttgart. 166 00:16:34,974 --> 00:16:38,686 Todo nas últimas oito horas. Xa activaron a defensa de nivel 3. 167 00:16:38,770 --> 00:16:40,480 En resposta a Povyshennaya. 168 00:16:40,563 --> 00:16:44,776 Temos que enviar Su-57, tropas para Ucraína, para o Báltico... 169 00:16:44,859 --> 00:16:48,780 Para. Nós estamos en Povyshennaya, eles no nivel 3. Estamos iguais. 170 00:16:50,114 --> 00:16:51,491 Non estou de acordo. 171 00:16:53,618 --> 00:16:57,288 Non podemos estar iguais se non estamos nas mesmas condicións. 172 00:16:59,123 --> 00:17:02,544 Señor presidente, mire o que pasou na República Checa. 173 00:17:02,627 --> 00:17:04,003 Non son de fiar. 174 00:17:07,507 --> 00:17:11,010 -A frota do Báltico está preparada? -Está, señor. 175 00:17:11,094 --> 00:17:12,971 Esperan as súas ordes. 176 00:17:13,054 --> 00:17:16,266 Señor, a mariña americana é Goliat e nós somos David. 177 00:17:20,937 --> 00:17:23,022 Pon os Su-57 nas pistas. 178 00:17:23,106 --> 00:17:25,900 -Que os vexan ben. -Si, señor. 179 00:17:25,984 --> 00:17:29,529 Pero non haberá movemento ata que eu o diga. 180 00:17:33,241 --> 00:17:34,242 Grazas a todos. 181 00:17:45,128 --> 00:17:46,004 Un momento. 182 00:17:48,715 --> 00:17:51,801 Perdóeme, señor presidente. Non quería excederme. 183 00:17:51,885 --> 00:17:52,760 Querías tal. 184 00:17:53,469 --> 00:17:56,639 Iso está na natureza dos homes ambiciosos. 185 00:17:56,723 --> 00:17:59,142 Tes que perdoarme ti. 186 00:17:59,225 --> 00:18:01,728 Aínda non me acostumo a traballar contigo. 187 00:18:04,147 --> 00:18:06,024 Dmitry Popov era moi bo amigo. 188 00:18:07,442 --> 00:18:09,402 E aínda choro a súa perda. 189 00:18:10,737 --> 00:18:11,696 Moito. 190 00:18:12,530 --> 00:18:13,573 Enténdoo. 191 00:18:13,656 --> 00:18:14,616 Espero que si. 192 00:18:15,950 --> 00:18:18,995 Podes marchar. Como dixeches, todo acontece á présa. 193 00:18:43,144 --> 00:18:46,356 Os homes de Alexei estarannos buscando. 194 00:18:47,649 --> 00:18:49,525 Aquí tes a confesión. 195 00:18:50,276 --> 00:18:52,695 Entrégalla á presidenta Kovac. 196 00:18:56,991 --> 00:18:58,201 Necesito sabelo. 197 00:19:03,539 --> 00:19:04,415 Matoksa. 198 00:19:08,586 --> 00:19:12,006 Ese día morreu moita xente e quero saber que facía alí. 199 00:19:23,601 --> 00:19:26,521 Eu dei a orde de que os matasen. 200 00:19:32,860 --> 00:19:35,029 Teño moito que compensar, Jack. 201 00:19:50,670 --> 00:19:54,716 PRAZA DA EMBAIXADA MOSCOVA, RUSIA 202 00:20:02,640 --> 00:20:03,474 MENSAXE VOVA 203 00:20:03,558 --> 00:20:06,102 Volkhonka 33. 30 minutos. 204 00:20:37,508 --> 00:20:38,509 Presidenta. 205 00:20:39,719 --> 00:20:40,928 Ministro Petrov. 206 00:20:42,930 --> 00:20:48,186 Teño que dicir que non sei que espera vindo a Rusia. 207 00:20:48,269 --> 00:20:51,397 Non se recoñecerá ningunha misión diplomática. 208 00:20:51,481 --> 00:20:53,858 Enviaría unha mensaxe equivocada 209 00:20:53,941 --> 00:20:57,570 se sento con quen deixou entrar armas nucleares americanas. 210 00:20:57,653 --> 00:21:01,199 Os dous sabemos que a detonación non foi cousa da OTAN. 211 00:21:03,451 --> 00:21:05,453 Estaba alí cando morreu meu pai. 212 00:21:07,538 --> 00:21:10,500 Matouno un traidor ruso, sen dúbida. 213 00:21:10,583 --> 00:21:12,919 Que interesante que use esas palabras. 214 00:21:13,711 --> 00:21:15,588 Os plans de meu pai e seus, 215 00:21:16,506 --> 00:21:19,509 cando saian á luz, nin o Gulag será unha opción. 216 00:21:19,592 --> 00:21:21,677 As conspiracións fan que pareza 217 00:21:21,761 --> 00:21:24,931 unha líder aferrándose a unha nación que a abandonou. 218 00:21:25,431 --> 00:21:27,850 Leva moito tempo no medio. 219 00:21:28,351 --> 00:21:30,436 As cousas están a cambiar en Rusia. 220 00:21:30,520 --> 00:21:32,730 Ten que tomar unha decisión. 221 00:21:34,482 --> 00:21:38,820 Se quere liderar o país, suxírolle que se afaste da OTAN. 222 00:21:39,654 --> 00:21:42,115 Como fan moitos dos seus veciños. 223 00:21:44,367 --> 00:21:46,619 Non acepto as súas suxestións. 224 00:21:48,704 --> 00:21:52,041 Ao falar con vostede, lémbrome dun dito sobre a política. 225 00:21:53,376 --> 00:21:56,379 Se ve unha tartaruga subida nun poste, 226 00:21:56,462 --> 00:22:01,050 sabe que alguén lle axudou a chegar ata alí. 227 00:22:02,385 --> 00:22:05,304 Sabe a súa xente quen lle axudou? 228 00:22:07,390 --> 00:22:09,725 Non teño medo das súas ameazas. 229 00:22:10,726 --> 00:22:12,436 Non son ameazas. 230 00:22:13,646 --> 00:22:16,858 Só lle recordo quen é. 231 00:22:16,941 --> 00:22:18,359 Marioneta dos americanos. 232 00:22:19,944 --> 00:22:23,030 A seu pai non lle ía gustar. 233 00:22:23,114 --> 00:22:26,742 Tampouco que seguise as súas ordes. 234 00:22:26,826 --> 00:22:28,327 Non podemos preguntarlle. 235 00:22:31,873 --> 00:22:33,958 Síntoo, presidenta Kovac. 236 00:22:34,041 --> 00:22:35,126 Estou moi ocupado. 237 00:22:36,085 --> 00:22:38,296 É mellor que volva para o seu país. 238 00:22:39,505 --> 00:22:41,257 Tal como está todo, 239 00:22:41,340 --> 00:22:43,176 o seu país pode arder. 240 00:23:35,311 --> 00:23:36,229 Vova? 241 00:24:09,512 --> 00:24:10,721 A miña perna! 242 00:24:11,722 --> 00:24:13,432 Quen che mandou matarme? 243 00:24:19,730 --> 00:24:22,566 Fixen preguntas sobre Matoksa. 244 00:24:22,650 --> 00:24:23,526 Sobre o EMS. 245 00:24:23,609 --> 00:24:24,694 E chamáronme. 246 00:24:24,902 --> 00:24:25,778 Quen? 247 00:24:27,488 --> 00:24:28,364 Quen? 248 00:24:29,282 --> 00:24:30,741 Rolan Antonov. 249 00:24:31,325 --> 00:24:33,202 Se che dá unha orde, cúmprela. 250 00:24:33,995 --> 00:24:37,456 Ti xa non, Vova. Botáronte fóra. 251 00:24:39,583 --> 00:24:41,711 Xefe, todos cumprimos ordes. 252 00:25:04,817 --> 00:25:08,946 Estanse agrupando en Kubinka. Podería ser unha trampa. 253 00:25:09,030 --> 00:25:10,531 Saben que os vixiamos. 254 00:25:10,614 --> 00:25:14,285 Ou poderían atacar Aviano, Stuttgart e Čáslav en 10 minutos. 255 00:25:14,368 --> 00:25:16,829 Por que ninguén o toma en serio? 256 00:25:16,912 --> 00:25:20,166 Nós si, moito antes de que chegase a vostede. 257 00:25:20,249 --> 00:25:22,960 Ten que entender que o da República Checa 258 00:25:23,044 --> 00:25:24,795 aínda non se verificou. 259 00:25:25,588 --> 00:25:29,717 Deculpe que sexa directo, pero non é o seu traballo? 260 00:25:30,885 --> 00:25:33,262 Academia militar West Point, ano 83? 261 00:25:34,472 --> 00:25:35,348 Si. 262 00:25:35,431 --> 00:25:38,809 Entón sabe que o peor inimigo é un mal consello. 263 00:25:38,893 --> 00:25:43,022 Só intento proporcionarlles o mellor e poder descartar un inimigo. 264 00:27:19,410 --> 00:27:21,370 Ten problemas técnicos? 265 00:27:21,454 --> 00:27:22,872 Non inglés. 266 00:27:22,955 --> 00:27:23,914 Espere. 267 00:27:26,584 --> 00:27:27,543 Un momento. 268 00:27:28,252 --> 00:27:29,253 A ver. 269 00:27:30,796 --> 00:27:31,672 Aí ten. 270 00:27:34,758 --> 00:27:37,344 Necesito o seu coche. 271 00:27:44,143 --> 00:27:47,646 Jim, preciso algo concreto e precísoo xa. 272 00:27:47,730 --> 00:27:50,816 Bótannos da embaixada. Estamos recollendo. 273 00:27:50,900 --> 00:27:52,359 Que che parece? 274 00:27:52,443 --> 00:27:55,112 Xa non hai opcións non militares 275 00:27:55,196 --> 00:27:57,781 e non podo pedir máis favores. 276 00:27:57,865 --> 00:28:01,410 Rolan Antonov, capitán naval, un dos de Petr Kovac. 277 00:28:02,328 --> 00:28:03,662 Onde está? 278 00:28:03,746 --> 00:28:06,624 É confidencial. E non podo investigalo. 279 00:28:07,166 --> 00:28:08,459 E Jack? 280 00:28:09,293 --> 00:28:10,377 Xa te avisarei. 281 00:28:11,128 --> 00:28:15,132 Se non evacúas e marchas, vas estar en perigo. 282 00:28:15,216 --> 00:28:17,968 Seino. Pero teño fe. 283 00:28:18,052 --> 00:28:19,637 E penso que ti tamén. 284 00:28:24,183 --> 00:28:26,519 Terán a embaixada vixiada. 285 00:28:28,062 --> 00:28:29,271 Ten coidado, Jim. 286 00:28:37,279 --> 00:28:39,073 Concerto esta noite! 287 00:28:39,156 --> 00:28:40,950 O mellor da cidade. 288 00:28:41,033 --> 00:28:42,326 É o mellor. 289 00:28:43,744 --> 00:28:45,079 Concerto esta noite. 290 00:28:47,957 --> 00:28:50,167 Quere ver ao Rapaz Listo esta noite? 291 00:28:55,589 --> 00:28:56,840 O mellor da cidade. 292 00:29:08,352 --> 00:29:09,562 Concerto esta noite! 293 00:29:09,645 --> 00:29:10,521 O mellor! 294 00:29:58,235 --> 00:29:59,987 Unha táctica da vella escola. 295 00:30:01,030 --> 00:30:01,864 Ves? 296 00:30:02,573 --> 00:30:04,241 Son unha caixa de sorpresas. 297 00:30:06,410 --> 00:30:08,203 -Que tal estás? -Ben. 298 00:30:09,955 --> 00:30:10,789 Merda, abaixo! 299 00:30:25,846 --> 00:30:27,014 Merda. 300 00:30:29,183 --> 00:30:30,225 O que pensaba. 301 00:30:30,809 --> 00:30:31,644 GRU. 302 00:30:36,065 --> 00:30:38,859 -É grave? -É un dos homes de Alexei. 303 00:30:39,318 --> 00:30:42,571 -Aos GRU non lles vai gustar. -Temos que liscar. 304 00:30:44,281 --> 00:30:46,367 Lévalle isto a Mike e Alena. 305 00:30:46,450 --> 00:30:50,079 Alexei Petrov sae confesando que matou a Dmitry Popov. 306 00:30:50,162 --> 00:30:52,247 -Xenial. -Ti que tes? 307 00:30:52,331 --> 00:30:54,375 Capitán naval, Rolan Antonov. 308 00:30:55,459 --> 00:30:57,336 -Spetsnaz? -Iso creo. 309 00:30:57,419 --> 00:30:59,713 Non, esa información é falsa. 310 00:30:59,797 --> 00:31:02,508 Non creo. Case me matan por iso. 311 00:31:04,134 --> 00:31:07,096 É un bo home. Case podería chamarlle amigo. 312 00:31:32,162 --> 00:31:34,665 Só necesito cinco minutos. 313 00:31:34,748 --> 00:31:37,376 Quere saber que lle pasou ao seu home? 314 00:31:39,002 --> 00:31:41,463 Que pague quen o fixo? 315 00:31:55,686 --> 00:31:58,355 -Estaba Antonov en Matoksa? -Si. 316 00:31:59,189 --> 00:32:02,359 Entón pode que Petr ou Alexei falasen con el. 317 00:32:02,443 --> 00:32:04,069 Alexei non. 318 00:32:04,153 --> 00:32:06,071 Un político non o convencería. 319 00:32:06,155 --> 00:32:07,614 Só un soldado. 320 00:32:07,698 --> 00:32:11,577 -Sabe en que posto está agora? -Non. Pero sei onde vive. 321 00:32:30,637 --> 00:32:33,682 Ten probas de todo o que di? 322 00:32:34,850 --> 00:32:36,769 Responderalle a miña compañeira. 323 00:32:37,227 --> 00:32:40,397 Parece que estamos a facer moitos amigos. 324 00:32:41,315 --> 00:32:43,108 Pode confiar en min, señora. 325 00:32:44,067 --> 00:32:45,068 Por aquí. 326 00:33:01,919 --> 00:33:03,337 Señora Popova. 327 00:33:05,464 --> 00:33:06,632 Señora presidenta. 328 00:33:08,133 --> 00:33:10,803 Desculpe por esta reunión extraoficial. 329 00:33:12,137 --> 00:33:15,432 Pero entenderao todo cando escoite o que teño que dicir. 330 00:33:15,516 --> 00:33:18,060 Por desgraza, non vai ser agradable. 331 00:33:20,270 --> 00:33:21,772 Xa teño unha idade 332 00:33:22,439 --> 00:33:25,400 e sei que cousas así poden ser necesarias. 333 00:33:31,490 --> 00:33:35,994 Ben, isto é menos aburrido cá ópera. 334 00:35:35,739 --> 00:35:37,699 O xeneral deu unhas ordes. 335 00:35:38,784 --> 00:35:39,826 Acabouse Sokol. 336 00:35:40,994 --> 00:35:42,329 Hai que pechalo. 337 00:35:43,455 --> 00:35:44,665 Por completo. 338 00:35:45,791 --> 00:35:49,419 -Desculpe, señor. Quere dicir que... -Sabes o que quere dicir. 339 00:35:50,796 --> 00:35:51,922 Si, señor. 340 00:35:52,005 --> 00:35:53,048 Veña! 341 00:36:01,098 --> 00:36:05,143 KRONSTADT A 30 KM DE SAN PETERSBURGO, RUSIA 342 00:36:16,321 --> 00:36:19,324 Ten información dos buques americanos no Báltico. 343 00:36:21,493 --> 00:36:22,911 Por que ten isto? 344 00:36:22,995 --> 00:36:26,748 Porque Antonov vai comezar unha guerra. 345 00:36:35,465 --> 00:36:36,508 O Afouto. 346 00:36:36,591 --> 00:36:39,678 O navío máis letal da frota rusa. 347 00:36:39,761 --> 00:36:41,096 Non ten sentido. 348 00:36:42,514 --> 00:36:46,560 Para usar un navío así tes que ter ordes directas do Kremlin. 349 00:36:46,643 --> 00:36:47,477 E tenas. 350 00:36:50,939 --> 00:36:54,401 Os políticos veñen e van. Todo cambia axiña. 351 00:36:56,111 --> 00:36:59,448 Este era o plan de Petr Kovac. 352 00:37:07,873 --> 00:37:09,207 Era un inútil. 353 00:37:10,000 --> 00:37:10,959 Un obstáculo. 354 00:37:11,585 --> 00:37:12,961 Pedía que o matasen. 355 00:37:13,670 --> 00:37:15,088 Foi bo para Rusia. 356 00:37:17,799 --> 00:37:20,969 Ese cabrón malnacido. 357 00:37:22,220 --> 00:37:26,391 Hai trinta anos, Dmitry vería as súas intencións. 358 00:37:27,851 --> 00:37:29,811 Pero os anos pasaron. 359 00:37:32,606 --> 00:37:35,484 Sinto moito o do seu home 360 00:37:35,567 --> 00:37:39,196 e eu tamén quero que pague a xente que o fixo. 361 00:37:39,279 --> 00:37:43,200 Para iso teño que falar co presidente Surikov. 362 00:37:45,327 --> 00:37:46,953 Extraoficialmente, claro. 363 00:37:47,037 --> 00:37:48,413 Exactamente. 364 00:37:48,497 --> 00:37:50,791 El está nunha posición delicada. 365 00:37:50,874 --> 00:37:56,046 E como sabe, señora presidenta, non sempre os botan por votación. 366 00:37:57,923 --> 00:37:59,424 Só dez minutos. 367 00:38:00,258 --> 00:38:02,344 Pode salvar a presidencia. 368 00:38:02,427 --> 00:38:03,428 E a súa? 369 00:38:06,473 --> 00:38:10,268 A miña visión sobre a política está a cambiar. 370 00:38:11,394 --> 00:38:13,605 Ben. É un traballo terrible. 371 00:38:28,495 --> 00:38:31,039 Reláxense. Estaremos aquí un bo anaco. 372 00:38:33,291 --> 00:38:37,671 Hai movemento de tropas en Crimea e actividade na frota do Báltico. 373 00:38:37,754 --> 00:38:41,341 Xa me informaron das nosas operacións en Rusia. 374 00:38:41,424 --> 00:38:42,926 Que teñen os seus? 375 00:38:43,009 --> 00:38:46,471 Un dos nosos informantes cre que un capitán ruso, Antonov, 376 00:38:46,555 --> 00:38:49,641 está involucrado con Petr Kovac e Alexei Petrov. 377 00:38:49,724 --> 00:38:50,725 Involucrado? 378 00:38:50,809 --> 00:38:53,562 Só sabemos que prepara un destrutor 379 00:38:53,645 --> 00:38:56,690 e pode que non siga ordes directas do Kremlin. 380 00:38:56,773 --> 00:38:59,609 Necesito información verificable. 381 00:38:59,693 --> 00:39:02,487 Falou cos seus esta última hora? 382 00:39:02,571 --> 00:39:04,030 Non, señor. 383 00:39:04,114 --> 00:39:05,657 Que outras opcións temos? 384 00:39:05,740 --> 00:39:09,035 Equipos do mar do Norte diríxense cara ao Báltico. 385 00:39:25,969 --> 00:39:29,014 Sabe? Seguín a súa campaña. 386 00:39:29,097 --> 00:39:30,223 Todo un eloxio. 387 00:39:30,307 --> 00:39:34,144 Hai máis de 200 anos que unha muller non lidera Rusia. 388 00:39:35,604 --> 00:39:38,106 Quero que iso cambie antes de morrer. 389 00:39:38,190 --> 00:39:39,149 Eu tamén. 390 00:39:46,740 --> 00:39:50,869 Mañá pola mañá, 367 Levitski Prospect. 391 00:39:50,952 --> 00:39:52,996 Enviarei alguén a buscalos. 392 00:39:53,079 --> 00:39:54,289 Grazas. 393 00:39:54,372 --> 00:39:55,290 Boas noites. 394 00:39:55,832 --> 00:39:57,250 Boas noites, señora. 395 00:40:25,362 --> 00:40:28,657 JACK RYAN, CHAMADA PERDIDA 396 00:40:33,954 --> 00:40:34,913 Jack. 397 00:40:34,996 --> 00:40:36,206 Equivocámonos. 398 00:40:36,289 --> 00:40:39,793 En todo. Sokol non era só un mísil ou o inicio dunha guerra. 399 00:40:39,876 --> 00:40:41,628 Tratábase de poder. 400 00:40:42,629 --> 00:40:45,215 Atopamos unha orde na casa de Antonov 401 00:40:45,298 --> 00:40:49,594 para ir cara ao Báltico nun destrutor chamado Afouto. 402 00:40:49,678 --> 00:40:53,473 -Ese era o plan. -Antonov non o pode facer só. 403 00:40:53,848 --> 00:40:57,894 -Necesitaría axuda do Kremlin. -É unha orde directa do Kremlin. 404 00:40:57,978 --> 00:41:00,230 Pero o presidente non a asinou. 405 00:41:01,606 --> 00:41:03,817 Asinouna Alexei Petrov. 406 00:41:03,900 --> 00:41:05,360 Alexei Petrov? 407 00:41:05,443 --> 00:41:06,444 Xesús. 408 00:41:08,113 --> 00:41:09,197 Golpe de Estado. 409 00:41:09,990 --> 00:41:12,200 E nós estamos no medio. 410 00:41:13,451 --> 00:41:15,245 Debo informar o presidente. 411 00:41:15,328 --> 00:41:17,247 Que vas facer? 412 00:41:17,330 --> 00:41:19,791 Pois teño que ir cara ao Báltico. 413 00:41:21,418 --> 00:41:22,544 Que teñas sorte. 414 00:41:23,461 --> 00:41:24,629 Ti tamén. 415 00:41:33,805 --> 00:41:35,056 Veña, vamos. 416 00:41:35,807 --> 00:41:39,644 Cruza a fronteira en Narva. A túa xente pode axudarche. 417 00:41:40,729 --> 00:41:42,397 Eu ocupareime de Rolan. 418 00:41:42,480 --> 00:41:45,525 Non deixarei que entre nun barco cheo de rusos 419 00:41:45,608 --> 00:41:47,319 que son fieis a un traidor. 420 00:41:47,402 --> 00:41:48,445 É un suicidio. 421 00:41:51,698 --> 00:41:52,866 E que farías ti? 422 00:42:35,158 --> 00:42:39,245 Acaban de informarme de que o barco ruso está comprometido. 423 00:42:40,497 --> 00:42:43,792 O capitán, Rolan Antonov, forma parte dun plan 424 00:42:43,875 --> 00:42:47,962 que ten conexión coa detonación checa e o asasinato de Dmitry Popov. 425 00:42:48,046 --> 00:42:51,674 Todo forma parte do golpe de Estado ruso que está en marcha. 426 00:42:52,550 --> 00:42:55,929 Ten outras fontes que verifiquen esta información? 427 00:42:56,012 --> 00:42:58,139 Só o equipo que está alí. 428 00:42:58,223 --> 00:42:59,557 Para min é suficiente. 429 00:43:00,517 --> 00:43:03,061 Con todo o respecto, señorita Wright, 430 00:43:03,144 --> 00:43:04,396 para min non o é. 431 00:44:52,420 --> 00:44:54,422 Subtítulos: Paula Maneiro Torreira 432 00:44:54,506 --> 00:44:56,508 Supervisor creativo: Abraham Díaz López