1 00:00:07,633 --> 00:00:08,926 Terra queimada. 2 00:00:10,720 --> 00:00:14,014 Conmoción e pavor, sangue e ósos. 3 00:00:15,391 --> 00:00:20,271 E que ao final, só quede un dos dous. 4 00:00:24,358 --> 00:00:26,193 Toda a puta razón. 5 00:00:32,116 --> 00:00:32,950 ANTERIORMENTE 6 00:00:33,033 --> 00:00:34,076 Pascua está a caer. 7 00:00:34,160 --> 00:00:36,370 Non sería perfecto que a súa segunda vinda 8 00:00:36,454 --> 00:00:39,415 coincidise co día da resurrección de Xesús? 9 00:00:39,498 --> 00:00:41,375 - Matáchelo. - Non tiña elección. 10 00:00:41,459 --> 00:00:44,837 Acabouse. Nunca xamais volverás oír nada de min. 11 00:00:44,920 --> 00:00:46,172 Estate usando! 12 00:00:46,255 --> 00:00:48,424 - Cala a puta boca! - Vasme deixar por unha 13 00:00:48,507 --> 00:00:49,884 á que lle pareces panoco. 14 00:00:49,967 --> 00:00:54,346 Como metas un pé na auga, onde sexa, habémoste matar! 15 00:00:54,430 --> 00:00:57,558 Por que Patriota traería os videntes máis perigosos do mundo? 16 00:00:58,142 --> 00:01:00,311 - A policía da mente. - Non haberá herexía. 17 00:01:01,812 --> 00:01:04,607 Si que me importaba. Era coma ti. 18 00:01:04,690 --> 00:01:07,359 Continúa sendo a idiota insoportable que es. 19 00:01:07,443 --> 00:01:09,069 - Que queres? - A vosa axuda. 20 00:01:09,820 --> 00:01:11,572 Verás, Billy non tiña conciencia. 21 00:01:11,655 --> 00:01:14,033 Así que pedirache que o frees. 22 00:01:14,116 --> 00:01:15,367 Pero a verdade é 23 00:01:15,451 --> 00:01:17,369 que estás fodido se te interpós. 24 00:01:17,453 --> 00:01:20,247 Acabas facendo que maten a todos os que te queren, non si? 25 00:01:20,331 --> 00:01:23,209 Instalei un sistema no tellado que detecta obxectos estraños. 26 00:01:27,004 --> 00:01:28,214 Frenchie? Frenchie! 27 00:01:28,297 --> 00:01:29,673 Grazas por salvarme. 28 00:01:29,757 --> 00:01:33,552 Mon cœur, ti salváchesme a min. 29 00:01:34,178 --> 00:01:35,888 Non. 30 00:02:08,295 --> 00:02:11,048 "Eu, Serge Emilien Les Saintes, 31 00:02:11,131 --> 00:02:14,927 sen estar en pleno uso das miñas facultades e co corpo desfeito, 32 00:02:15,010 --> 00:02:17,596 declaro que esta é a miña última vontade e testamento. 33 00:02:17,680 --> 00:02:20,391 Non posúo bens materiais que legar. 34 00:02:20,474 --> 00:02:24,353 Redacto esta carta no Campo da Liberdade nun papel de contrabando 35 00:02:24,436 --> 00:02:27,940 que chegou introducido no cu... 36 00:02:28,023 --> 00:02:32,069 dun rotundo garda con colite chamado Burt, 37 00:02:32,152 --> 00:02:35,447 o cal me recorda que si teño algo que deixarvos. 38 00:02:35,531 --> 00:02:38,951 O coñecemento que vin nos vosos ollos do cu. 39 00:02:39,034 --> 00:02:40,202 Perdón? 40 00:02:42,746 --> 00:02:43,664 Iso é o que pon. 41 00:02:45,749 --> 00:02:49,336 "Carniceiro, instalei unha cámara no váter por curiosidade científica. 42 00:02:49,420 --> 00:02:52,464 Resumindo, gravei o teu sen querer. 43 00:02:52,548 --> 00:02:57,469 Hughie e Leite, mentres andabamos agachados buscando contrabando no campo. 44 00:02:57,553 --> 00:03:02,141 Annie, topeime sen querer contigo e con Hughie fochicando nos vosos buratos. 45 00:03:02,224 --> 00:03:03,142 Non me vistes." 46 00:03:03,225 --> 00:03:05,436 Vou saltar esta parte... 47 00:03:05,519 --> 00:03:06,478 Si, boa idea. 48 00:03:06,562 --> 00:03:10,733 "Hai quen lle chama ollo do cu, e outros chámanlle porta de atrás." 49 00:03:11,859 --> 00:03:15,195 Vale, moi ben. Fixo... Fixo uns debuxos. 50 00:03:15,279 --> 00:03:17,781 A maior parte é sobre o ollo do cu... 51 00:03:17,865 --> 00:03:19,950 Vale, creo que xa chegamos ao miolo. 52 00:03:20,034 --> 00:03:24,580 "Pasamos por moitas cousas xuntos, os mellores e os peores momentos. 53 00:03:25,831 --> 00:03:29,668 Cheguei a sentirme máis unido a vós que á miña familia. 54 00:03:30,502 --> 00:03:33,339 Ata o punto de que vos vin o ollo do cu a todos. 55 00:03:34,048 --> 00:03:37,468 E iso, para min, é proba de que somos familia. 56 00:03:38,135 --> 00:03:39,887 Sodes a miña familia. 57 00:03:39,970 --> 00:03:42,848 Non sei se limparei abondo o meu historial 58 00:03:42,932 --> 00:03:44,183 como para entrar no ceo, 59 00:03:44,266 --> 00:03:46,936 pero non temades, estou en paz, 60 00:03:47,019 --> 00:03:49,521 porque, por un momento, coñecín o ceo na terra... 61 00:03:52,232 --> 00:03:53,734 nos teus brazos, mon cœur." 62 00:04:13,379 --> 00:04:15,130 {\an8}IGREXA DEMOCRÁTICA DE AMÉRICA 63 00:04:15,214 --> 00:04:19,301 {\an8}Isto vai polos rebeldes, os radicais e os revolucionarios. 64 00:04:19,385 --> 00:04:22,262 {\an8}Porque os únicos fortes abondo para cambiar o mundo 65 00:04:22,346 --> 00:04:24,640 {\an8}son os que adoitan cambialo. 66 00:04:24,723 --> 00:04:29,103 Domingo de Pascua ás 16:00, en directo desde a Casa Branca, 67 00:04:29,186 --> 00:04:32,356 Patriota reiniciará o universo. 68 00:04:32,439 --> 00:04:34,942 Emitirase en VoughtBook, VoughtTube... 69 00:04:41,949 --> 00:04:45,953 Tranquilo, non quero facerche dano. 70 00:04:47,079 --> 00:04:48,831 Coma a última vez? 71 00:04:48,914 --> 00:04:51,333 Mírate. Estás perfectamente. 72 00:04:51,417 --> 00:04:52,793 Como me atopaches? 73 00:04:52,876 --> 00:04:56,880 Análise do Crime detectou un mozo voando por Kolvereid. 74 00:04:58,215 --> 00:04:59,508 Iso chama a atención. 75 00:05:00,175 --> 00:05:01,343 Non quero a túa axuda. 76 00:05:03,053 --> 00:05:06,140 Xa o sei. Iso deixáchelo moi claro. 77 00:05:06,223 --> 00:05:09,768 Pero es o fillo de Deus, e non deberías durmir nun pendello. 78 00:05:10,352 --> 00:05:12,730 Podes quedar cunha planta da Torre. 79 00:05:12,813 --> 00:05:15,524 Fai o que queiras con ela. Entra e sae cando queiras. 80 00:05:15,607 --> 00:05:17,067 Non quero estar preto de ti. 81 00:05:19,361 --> 00:05:22,031 Agora todo é distinto. 82 00:05:22,114 --> 00:05:25,492 Ascendín. Son inmortal. 83 00:05:25,576 --> 00:05:27,202 Entón por que che importo? 84 00:05:27,286 --> 00:05:28,328 Porque somos familia. 85 00:05:28,996 --> 00:05:30,956 Córrenos o mesmo sangue polas veas. 86 00:05:31,040 --> 00:05:33,000 Xa tes o teu pai racista de merda, 87 00:05:33,083 --> 00:05:34,376 non me necesitas. 88 00:05:34,460 --> 00:05:36,295 Soldier Boy non importa. 89 00:05:37,212 --> 00:05:41,216 Ti e eu... iso é todo o que importa. 90 00:05:44,303 --> 00:05:47,806 Coñézote porque eu son ti. 91 00:05:50,642 --> 00:05:51,810 E ti es eu. 92 00:05:57,232 --> 00:05:58,400 Papá. 93 00:06:06,200 --> 00:06:07,034 Que che dean. 94 00:06:08,869 --> 00:06:11,205 Non me parezo en nada a ti. 95 00:06:12,164 --> 00:06:14,416 Xa eras a persoa máis poderosa da Terra, 96 00:06:14,500 --> 00:06:18,128 e aínda así eras un merdeiro solitario e infeliz 97 00:06:19,046 --> 00:06:21,381 que se enrabechaba se non tiña o que quería. 98 00:06:22,466 --> 00:06:24,927 Por que carallo ter máis poder te faría mellor? 99 00:06:26,053 --> 00:06:31,058 Só te converterás nun merdeiro aínda máis solitario e infeliz. 100 00:06:31,141 --> 00:06:34,645 Asustar a xente para que te chamen Deus... 101 00:06:36,396 --> 00:06:39,399 non te converte en Deus. 102 00:06:41,276 --> 00:06:42,945 E no fondo, sábelo. 103 00:06:49,827 --> 00:06:51,078 De acordo. 104 00:06:58,168 --> 00:07:01,839 Non sabes o que está a pasar. De acordo. 105 00:07:08,137 --> 00:07:09,805 Pero saberalo. 106 00:07:14,560 --> 00:07:17,688 Non quere falar ou non pode falar? 107 00:07:17,771 --> 00:07:19,064 Non o sei. 108 00:07:19,148 --> 00:07:21,650 Esa rapaza leva escrito na cara: 109 00:07:21,733 --> 00:07:23,694 "Arríncoche o brazo e douche con el." 110 00:07:23,777 --> 00:07:25,028 Xa sufriu moito. 111 00:07:26,947 --> 00:07:30,492 Que di Sabenza? Algún indicio de que os experimentos funcionen? 112 00:07:30,576 --> 00:07:33,787 Non. O cal significa que Frenchie morreu para nada. 113 00:07:36,707 --> 00:07:38,250 Cando chegues a onde vaias, 114 00:07:38,333 --> 00:07:39,877 recorda cambiar a vendaxe. 115 00:07:39,960 --> 00:07:41,128 - Ben. - De acordo. 116 00:07:41,211 --> 00:07:42,546 Cando marchamos? 117 00:07:44,923 --> 00:07:46,258 Esa é unha boa pregunta. 118 00:07:47,009 --> 00:07:48,302 Non imos fuxir. 119 00:07:48,385 --> 00:07:52,097 Non vos pido que fuxades. Pídovos que salvedes esta xente. 120 00:07:52,181 --> 00:07:56,476 Salvalos? Do tipo ao que onte devecían por comerlle a pirola? 121 00:07:56,560 --> 00:07:59,188 Seguro que a pirola de Patriota é rara. 122 00:07:59,271 --> 00:08:01,773 Podemos facer máis. Queremos facer máis. 123 00:08:01,857 --> 00:08:04,443 Salvar a xente é o mellor que podemos facer. 124 00:08:04,526 --> 00:08:06,445 Vós levádeos ao Canadá, 125 00:08:06,528 --> 00:08:09,907 contactade co voso equipo e axudade esas persoas. 126 00:08:09,990 --> 00:08:11,950 Mentres morres nunha misión suicida? 127 00:08:13,160 --> 00:08:14,703 Terás algún plan, ou? 128 00:08:14,786 --> 00:08:16,288 Entre o suicidio e o Canadá 129 00:08:16,371 --> 00:08:18,540 case non hai diferenza, verdade? 130 00:08:19,791 --> 00:08:22,461 Vale, xa paro coas grazas. Marcho correndo. 131 00:08:26,173 --> 00:08:31,094 Cando me unín aos Sete, facíame moita ilusión coñecer a Raíña Maeve. 132 00:08:32,054 --> 00:08:36,266 Pero... nunca coñezas os teus heroes. 133 00:08:36,350 --> 00:08:39,436 Estaba amargada, todo lle daba igual, esquecera... 134 00:08:40,312 --> 00:08:43,106 Renunciou tanto a si mesma que non quedaba nada. 135 00:08:43,774 --> 00:08:46,485 E eu era unha mocosa molesta 136 00:08:46,568 --> 00:08:51,240 que andaba por aí dicindo que sempre hai algo polo que paga a pena loitar. 137 00:08:51,323 --> 00:08:55,327 Prometinme que non deixaría que me pasase o mesmo. 138 00:08:57,996 --> 00:08:58,997 E pasoume. 139 00:09:00,666 --> 00:09:01,833 Pero xa non. 140 00:09:04,253 --> 00:09:07,923 Non estou nunha viaxe suicida e esta non é unha causa perdida. 141 00:09:08,006 --> 00:09:10,008 Nin sequera se trata de gañar... 142 00:09:11,134 --> 00:09:14,930 Trátase de manter a luz acesa mentres poidamos. 143 00:09:18,100 --> 00:09:20,602 Así que grazas por ser a miña mocosa molesta. 144 00:09:26,400 --> 00:09:29,569 Non opino o mesmo sobre non coñecer os teus heroes. 145 00:09:32,322 --> 00:09:33,824 A min saíume ben. 146 00:09:55,679 --> 00:09:58,890 Feliz aniversario, señor primeiro cabaleiro. 147 00:10:00,183 --> 00:10:04,229 Mandeino facer á medida con titanio apto para turbinas. 148 00:10:05,939 --> 00:10:09,401 As correas están reforzadas con Kevlar balístico. 149 00:10:09,484 --> 00:10:14,489 Por moito que te enzoufe, esta nunca vai estoupar. 150 00:10:16,700 --> 00:10:21,079 Rula, tiven sorte cando arranxei o casamento contigo. 151 00:10:29,963 --> 00:10:30,797 Precisas tempo? 152 00:10:30,881 --> 00:10:32,549 Non hai tempo que chegue para isto. 153 00:10:33,967 --> 00:10:34,885 Cal é o problema? 154 00:10:35,594 --> 00:10:36,678 Non me entendas mal, 155 00:10:36,762 --> 00:10:39,806 é unha honra para min escribir o discurso de Patriota 156 00:10:39,890 --> 00:10:43,018 que anuncia a vinda do noso novo Señor. 157 00:10:43,977 --> 00:10:44,811 Pero? 158 00:10:45,771 --> 00:10:49,441 Supoño que non esperaba que tanta xente... 159 00:10:51,485 --> 00:10:55,947 dubidase da divindade de Patriota. 160 00:10:58,033 --> 00:11:00,202 Aínda tes ese Château Margaux do 95? 161 00:11:00,744 --> 00:11:03,246 O que lle quitaches a aquel cura pedófilo? 162 00:11:04,748 --> 00:11:06,792 - Imos abrilo. - Moi boa idea. 163 00:11:13,715 --> 00:11:17,010 Sei que estás anoxada, pero de verdade que te necesito. 164 00:11:17,094 --> 00:11:18,428 En que está pensando? 165 00:11:21,098 --> 00:11:23,600 Se o aperto, traizoará a Patriota? 166 00:11:25,560 --> 00:11:29,731 Manda carallo. E logo volvemos á adolescencia? 167 00:11:32,859 --> 00:11:36,947 E se fixésedes algo con toda esa xente que vai dubidar del? 168 00:11:37,906 --> 00:11:39,157 Que queres dicir? 169 00:11:40,700 --> 00:11:42,160 Creo que xa o sabes. 170 00:11:42,244 --> 00:11:43,495 Non tal. 171 00:11:44,037 --> 00:11:44,996 Ben... 172 00:11:56,049 --> 00:12:00,637 Refírome a como podemos axudar a Patriota para que o mundo crea nel. 173 00:12:01,596 --> 00:12:04,099 Reflexiono sobre iso todos os días. 174 00:12:14,526 --> 00:12:15,360 Boísimo. 175 00:12:27,164 --> 00:12:29,749 Cando era nena, tiña unha cadela, Peaches. 176 00:12:29,833 --> 00:12:30,750 Morreu. 177 00:12:30,834 --> 00:12:33,795 Eu ía no autobús escolar que a atropelou. 178 00:12:34,379 --> 00:12:35,380 Moi desagradable. 179 00:12:37,340 --> 00:12:39,885 E levei o seu colar comigo durante semanas. 180 00:12:39,968 --> 00:12:43,305 Valíame calquera cousa que me lembrase a querida cadela. 181 00:12:44,431 --> 00:12:46,975 Iso é o que fas, non si? 182 00:12:47,058 --> 00:12:50,228 Deixaches que todos cresen que o francés te acolleu, 183 00:12:50,312 --> 00:12:52,647 cando sabes que en realidade foi ao revés. 184 00:12:54,107 --> 00:12:57,194 El era a túa mascota. O teu canciño, en realidade. 185 00:12:57,277 --> 00:12:58,778 Conseguiches enganalo, 186 00:12:58,862 --> 00:13:01,573 pero apertábaslle a correa porque che gustaba usalo. 187 00:13:02,449 --> 00:13:04,826 Encantábache a súa devoción. 188 00:13:04,910 --> 00:13:08,205 E cando parecía que podía seguir adiante con outra persoa, 189 00:13:08,288 --> 00:13:09,706 finalmente fodíchelo. 190 00:13:11,583 --> 00:13:14,419 Calquera cousa para evitar que fose feliz 191 00:13:15,378 --> 00:13:17,547 cando el faría calquera cousa por ti, 192 00:13:18,548 --> 00:13:19,883 mesmo perder a vida. 193 00:13:26,181 --> 00:13:28,308 E permitíchelo. Querías que o fixese... 194 00:13:43,406 --> 00:13:46,618 Ou! Acouga aí. Escoita. 195 00:13:46,701 --> 00:13:49,704 Soldier Boy ten que estar furioso para activar a explosión. 196 00:13:50,372 --> 00:13:53,291 Cría que contigo sería igual, así que te provocamos. 197 00:13:53,375 --> 00:13:55,126 Xúroche que non foi nada persoal. 198 00:13:55,210 --> 00:13:57,754 "Agora e para sempre, 199 00:13:58,880 --> 00:14:02,467 adeus. Adeus á..." 200 00:14:02,551 --> 00:14:03,635 Que? 201 00:14:03,718 --> 00:14:04,886 Que carallo dis? 202 00:14:04,970 --> 00:14:10,850 Otelo. Sabíao de memoria, pero agora... desapareceu. 203 00:14:11,643 --> 00:14:16,147 Tiña o cerebro ao tope, pero agora está... 204 00:14:19,776 --> 00:14:21,027 Funcionou? 205 00:14:21,111 --> 00:14:24,114 Son tan parva coma vós. 206 00:14:29,077 --> 00:14:30,245 Grazas. 207 00:14:36,876 --> 00:14:39,337 Xenial. 208 00:14:39,421 --> 00:14:42,299 Agora mesmo, todos estamos sendo irradiados, 209 00:14:42,382 --> 00:14:44,968 o cal ten graza. 210 00:14:45,051 --> 00:14:47,637 O importante é que Frenchie o conseguiu. 211 00:14:47,721 --> 00:14:48,888 Funciona. 212 00:14:48,972 --> 00:14:52,726 Ei, eu tamén fixen cousas. 213 00:14:52,809 --> 00:14:54,936 Sabía que serías unha boa arma, 214 00:14:55,020 --> 00:14:57,480 pero non imaxinei que serías tan magnífica. 215 00:14:57,564 --> 00:14:59,024 Entón, cal é o plan? 216 00:14:59,107 --> 00:15:02,193 Na Pascua, Patriota anunciará que é Deus Todopoderoso. 217 00:15:02,277 --> 00:15:03,945 Sabemos onde estará e cando. 218 00:15:04,029 --> 00:15:05,530 PATRIOTA REINICIA O UNIVERSO 219 00:15:05,614 --> 00:15:07,324 Se é o que vimos no estudio Vought, 220 00:15:07,407 --> 00:15:09,659 botaralle a policía da mente á xente. 221 00:15:09,743 --> 00:15:10,994 Morrerán millóns. 222 00:15:11,077 --> 00:15:12,829 Só por sinalar o obvio, 223 00:15:12,912 --> 00:15:15,832 estamos a falar de entrar na Casa Branca? 224 00:15:15,915 --> 00:15:17,250 - Si. - E debemos asumir 225 00:15:17,334 --> 00:15:19,878 - que Patriota sabe que imos. - Ide disfrazados. 226 00:15:19,961 --> 00:15:23,256 Ide vestidos coma eses soldados con sombreiros de peles. 227 00:15:25,508 --> 00:15:28,637 Merda, iso é en Inglaterra. Ignorádeme. 228 00:15:28,720 --> 00:15:30,930 E como entramos? 229 00:15:31,014 --> 00:15:32,140 Polo túnel subterráneo. 230 00:15:32,223 --> 00:15:34,809 O que usaba JFK para ir fochicar con Marilyn. 231 00:15:34,893 --> 00:15:37,520 Supoñemos que os túneles sexuais presidenciais 232 00:15:37,604 --> 00:15:38,688 son bastante seguros. 233 00:15:38,772 --> 00:15:41,024 Certo, pero teño os planos do ano pasado 234 00:15:41,107 --> 00:15:42,567 cando protexemos a Singer. 235 00:15:42,651 --> 00:15:44,402 Os código de acceso, as entrada... 236 00:15:44,486 --> 00:15:45,820 Que listo. 237 00:15:45,904 --> 00:15:50,325 Entón, que vos parece? Un último intento? 238 00:16:03,713 --> 00:16:05,340 Tomarei iso como un si. 239 00:16:05,423 --> 00:16:09,511 Nin pensalo. Sodes parvos de carallo. 240 00:16:10,428 --> 00:16:13,223 Patriota mataravos e atoparame. 241 00:16:13,306 --> 00:16:15,350 Así que o tempo que me queda 242 00:16:16,643 --> 00:16:18,978 pasareino no Harry Potter World de Orlando. 243 00:16:19,562 --> 00:16:20,522 Quen se apunta? 244 00:16:23,274 --> 00:16:26,277 Variñas arriba, cabróns! Sabenza marcha! 245 00:16:40,375 --> 00:16:41,376 CREMOS EN PATRIOTA 246 00:16:41,459 --> 00:16:43,586 Son un innovador. Innovo. 247 00:16:44,754 --> 00:16:47,048 E se os fans de Luz Estelar traballan para min 248 00:16:47,132 --> 00:16:49,217 como empregados non remunerados? 249 00:16:50,343 --> 00:16:52,011 Como escravos? 250 00:16:52,846 --> 00:16:54,264 Patriota, alégrame verte. 251 00:16:54,347 --> 00:16:56,891 Gustaríame falar das taxas de fertilidade branca. 252 00:16:56,975 --> 00:16:59,352 Por que non nos esperas no xardín? 253 00:16:59,436 --> 00:17:00,353 - Só un intre. - Si. 254 00:17:00,437 --> 00:17:01,521 Por aquí. 255 00:17:03,440 --> 00:17:06,860 - Quen carallo é? - Günter Van Ellis, o máis rico do mundo. 256 00:17:07,819 --> 00:17:10,447 Dezasete fillos, astronauta afeccionado. 257 00:17:10,530 --> 00:17:11,364 E? 258 00:17:11,448 --> 00:17:13,366 Representa un consorcio de millonarios 259 00:17:13,450 --> 00:17:15,535 e teñen unha serie de peticións. 260 00:17:15,618 --> 00:17:16,703 Non teño tempo. 261 00:17:16,786 --> 00:17:19,414 Son a clase dominante de América. 262 00:17:20,165 --> 00:17:22,500 Precisaremos o seu apoio para a túa igrexa. 263 00:17:27,046 --> 00:17:29,424 É crente? Algún deles o é? 264 00:17:30,300 --> 00:17:33,178 - Ou só me teñen medo? - Mesmo san Tomé dubidou. 265 00:17:33,261 --> 00:17:38,141 Co tempo necesario, a auga máis mansa pode puír calquera pedra. 266 00:17:38,850 --> 00:17:41,227 - Paciencia... - Di xa o que queres dicir. 267 00:17:41,311 --> 00:17:43,813 Creo que deberiamos pensar en pospoñer o acto. 268 00:17:43,897 --> 00:17:45,273 De ningún xeito. 269 00:17:45,356 --> 00:17:46,524 Carniceiro fai probas. 270 00:17:46,608 --> 00:17:48,985 Se conseguiu crear a explosión de Soldier Boy 271 00:17:49,068 --> 00:17:52,614 ou se existe a mínima posibilidade de que o deixe sen poderes... 272 00:17:52,697 --> 00:17:54,908 Cres que temo a William Carniceiro? 273 00:17:54,991 --> 00:17:56,451 Non, claro que non. 274 00:17:56,534 --> 00:17:59,245 Claro que non. E tomamos as medidas necesarias. 275 00:17:59,329 --> 00:18:00,455 Trasladamos o acto. 276 00:18:00,538 --> 00:18:04,626 Non queremos ningunha distracción no seu bendito día. 277 00:18:04,709 --> 00:18:07,420 E terei máis tempo para facer o que mellor sei. 278 00:18:08,505 --> 00:18:11,216 Converter máis almas para a súa nobre causa. 279 00:18:11,299 --> 00:18:12,300 A súa eminencia. 280 00:18:15,720 --> 00:18:17,889 - Agora non. - Cala, profeta Meuhamed. 281 00:18:18,473 --> 00:18:21,267 Xa non necesita os Sete? Unha xogada intelixente. 282 00:18:21,351 --> 00:18:24,312 Pero estiven pensado que necesita un cruzado. 283 00:18:24,395 --> 00:18:27,232 Coma eses cabaleiros con armadura da antigüidade 284 00:18:27,315 --> 00:18:29,400 que crebe cabezas e impoña a súa santa lei. 285 00:18:30,151 --> 00:18:31,694 Onde aprendiches das Cruzadas? 286 00:18:31,778 --> 00:18:33,321 Na Biblia. Coñécela? 287 00:18:33,404 --> 00:18:36,950 Non está na Biblia. A ver se acerto: en Indiana Jones? 288 00:18:37,033 --> 00:18:38,368 Como? Non. 289 00:18:38,451 --> 00:18:39,953 En Robin Hood? 290 00:18:40,036 --> 00:18:41,371 Non é un documental. 291 00:18:41,454 --> 00:18:42,372 Ai, non, Sherlock? 292 00:18:47,544 --> 00:18:50,463 - Que acaba de...? - É astronauta, leveino ao espazo. 293 00:18:51,172 --> 00:18:54,342 Agora escóitame ben: xa non preciso de ninguén. 294 00:18:54,425 --> 00:18:56,761 - Nin multimillonarios... - Estou de acordo. 295 00:18:56,845 --> 00:18:58,388 Tampouco fodepeixes pervertidos 296 00:18:58,471 --> 00:19:02,350 que se humillan infinitamente para recibir migallas do meu afecto. 297 00:19:04,853 --> 00:19:05,854 Pensa iso de min? 298 00:19:05,937 --> 00:19:06,896 Desde sempre. 299 00:19:08,314 --> 00:19:13,611 Nunca tiven menos respecto por ninguén na miña vida. 300 00:19:13,695 --> 00:19:18,867 De feito, Kevin, a única razón pola que non te matei 301 00:19:19,909 --> 00:19:23,830 é que quero que sintas, no fondo do teu corazón, 302 00:19:23,913 --> 00:19:26,708 o inútil que es de verdade. 303 00:19:33,339 --> 00:19:34,465 Videntes listos? 304 00:19:34,549 --> 00:19:36,551 - Por todo o país. - Ben. 305 00:19:37,594 --> 00:19:43,099 En canto remate a emisión en directo, quero que separen o trigo da palla. 306 00:19:43,182 --> 00:19:49,272 Os que non acepten a miña verdade serán os primeiros en arder no meu lume sagrado. 307 00:19:51,065 --> 00:19:56,362 Sorrí, Noso Pai. Dun xeito ou doutro, vai ser un día fermoso. 308 00:20:18,551 --> 00:20:19,552 Kimiko? 309 00:20:20,803 --> 00:20:21,679 Equivócase. 310 00:20:22,931 --> 00:20:24,891 Non es só unha arma. 311 00:20:27,393 --> 00:20:29,979 Desde o principio, Frenchie viu quen eras. 312 00:20:31,272 --> 00:20:33,733 Grazas a que el o viu, nós tamén o vimos. 313 00:20:34,817 --> 00:20:38,279 Que el xa non estea, non significa que iso xa non sexa así. 314 00:20:40,865 --> 00:20:43,076 Veña, divirtámonos un pouco. 315 00:20:43,785 --> 00:20:44,911 Imos indo. 316 00:21:06,015 --> 00:21:08,893 Sabes o que sería útil de carallo agora mesmo? 317 00:21:08,977 --> 00:21:11,145 Que me falases, puta. 318 00:21:11,229 --> 00:21:12,480 Que foi iso? 319 00:21:14,315 --> 00:21:17,610 Nada. Faime moita ilusión escoitar o teu discurso, amor. 320 00:21:17,694 --> 00:21:19,362 Seguro que che quedou xenial. 321 00:21:20,488 --> 00:21:24,450 Entramos en directo en cinco, catro, tres... 322 00:21:29,455 --> 00:21:33,126 Queridos compatriotas americanos, 323 00:21:35,628 --> 00:21:36,796 boa Pascua. 324 00:21:36,879 --> 00:21:40,383 {\an8}Un día en conmemoración de Xesús, quen, como todos sabemos, 325 00:21:40,466 --> 00:21:43,970 {\an8}foi torturado, despoxado da súa dignidade e asasinado. 326 00:21:44,053 --> 00:21:45,722 PATRIOTA DIRÍXESE Á NACIÓN 327 00:21:45,805 --> 00:21:48,641 E iso está moi ben. Pero vós sodes americanos. 328 00:21:48,725 --> 00:21:51,519 Merecedes un Deus que non morra. 329 00:21:52,103 --> 00:21:56,899 Un Deus que se defenda. Un Deus no que poder crer. 330 00:21:56,983 --> 00:22:01,362 {\an8}Pois ben, hoxe tráiovos boas novas. 331 00:22:02,613 --> 00:22:07,869 Recentemente, recibín a visita dun espléndido anxo 332 00:22:07,952 --> 00:22:10,371 que portaba o don da revelación. 333 00:22:11,497 --> 00:22:15,084 Cheira xusto como pensaba que cheiraría un túnel sexual. 334 00:22:15,168 --> 00:22:17,378 Mentres me bañaba na súa luz, 335 00:22:17,462 --> 00:22:21,299 os seus beizos celestiais derramaron doce verdade no meu oído. 336 00:22:21,382 --> 00:22:24,761 E reveloume o meu verdadeiro propósito. 337 00:22:24,844 --> 00:22:27,638 Non ser só o maior heroe do mundo, 338 00:22:27,722 --> 00:22:32,101 senón salvar a humanidade. 339 00:22:32,185 --> 00:22:38,024 Ser... a segunda vinda. 340 00:22:39,442 --> 00:22:43,696 Pero, dalgún xeito, o certo é que son a primeira vinda. 341 00:22:43,780 --> 00:22:50,453 América, eu son o voso Señor e Salvador. 342 00:22:53,247 --> 00:22:54,916 Eu son o voso Deus, 343 00:22:55,917 --> 00:23:00,838 {\an8}e como tal, vou levar este mundo a un novo amencer dourado, 344 00:23:00,922 --> 00:23:05,343 unha era na que o voso Deus camiña entre vós. Védelo e oídelo. 345 00:23:05,426 --> 00:23:09,722 As vosas oracións son respondidas cando visitades "igrexa.patriota". 346 00:23:09,806 --> 00:23:11,516 {\an8}E canto pido a cambio é amor. 347 00:23:11,599 --> 00:23:13,392 Señora, temos unha ameaza. 348 00:23:13,476 --> 00:23:15,561 Un pequeno grupo infiltrouse nos túneles. 349 00:23:15,645 --> 00:23:17,396 Son Carniceiro e o seu equipo. 350 00:23:17,480 --> 00:23:21,067 Tranquila, estamos preparados. Lévaa ás instalacións seguras. 351 00:23:21,150 --> 00:23:24,570 Todo está descrito no capítulo dous da Biblia de Patriota. 352 00:23:24,654 --> 00:23:28,908 Agardade un intre. Non había ningunha porta neses planos. 353 00:23:29,659 --> 00:23:31,661 Non. Iso é novo. 354 00:23:34,372 --> 00:23:35,206 Carallo! 355 00:23:35,289 --> 00:23:38,918 Ei! Annie! 356 00:23:39,001 --> 00:23:40,086 Annie, que pasa? 357 00:23:40,169 --> 00:23:41,379 Maldita superfrecuencia! 358 00:23:44,048 --> 00:23:46,217 - Abaixo. - Merda! 359 00:23:53,850 --> 00:23:56,394 Temos un código 30. Disparos e un axente ferido. 360 00:23:58,771 --> 00:24:01,149 Cago na puta vida. 361 00:24:03,317 --> 00:24:04,485 Señora Presidenta! 362 00:24:22,753 --> 00:24:23,754 Aguanta, oíches? 363 00:24:27,508 --> 00:24:28,885 Dereita. Pola dereita! 364 00:24:29,427 --> 00:24:31,637 Por fin, puta moralista! 365 00:24:39,312 --> 00:24:41,147 Ides quedar aí tan a gusto? Saíde! 366 00:24:41,230 --> 00:24:42,899 Saíde! 367 00:24:42,982 --> 00:24:44,025 Veña! 368 00:24:54,785 --> 00:24:56,204 Estás ben? 369 00:24:59,248 --> 00:25:00,625 Patriota está no despacho. 370 00:25:00,708 --> 00:25:01,834 Ben. Vai ti diante. 371 00:25:01,918 --> 00:25:04,754 Nin de puta broma. Había sacarme as tetas pola cona. 372 00:25:05,755 --> 00:25:07,089 Pero apañarédesvos. 373 00:25:09,342 --> 00:25:12,011 Por aí. Sorte. 374 00:25:22,355 --> 00:25:23,522 Esquerda. 375 00:25:28,819 --> 00:25:29,779 Estou orgullosa. 376 00:25:36,452 --> 00:25:37,453 Merda. 377 00:25:55,930 --> 00:25:56,847 Seica choraches? 378 00:25:59,850 --> 00:26:00,726 Non. 379 00:26:01,811 --> 00:26:04,397 Luz Estelar? Todo era unha proba. 380 00:26:04,480 --> 00:26:07,191 Si! O universo está a recompensar a miña lealdade. 381 00:26:07,275 --> 00:26:09,110 Coma Connery recompensou a Costner 382 00:26:09,193 --> 00:26:11,028 ao final de Robin Hood. 383 00:26:11,112 --> 00:26:13,322 Manda carallo, mira que es parvo. 384 00:26:15,574 --> 00:26:16,575 Voute matar. 385 00:26:18,035 --> 00:26:20,329 Así Patriota finalmente me valorará. 386 00:26:21,247 --> 00:26:23,916 Xa me encargo eu. Seguide. 387 00:26:38,139 --> 00:26:39,932 Só quero a Carniceiro e a moza. 388 00:26:40,016 --> 00:26:42,226 Os demais podedes ir en paz. 389 00:26:44,895 --> 00:26:46,731 Ei, non. Non temos tempo. 390 00:26:46,814 --> 00:26:48,983 Tes que levar a Kimiko onda Patriota. 391 00:26:49,650 --> 00:26:50,651 Ocúpome eu disto. 392 00:26:50,735 --> 00:26:52,361 Si? Como te vas ocupar diso? 393 00:26:53,279 --> 00:26:55,781 Iso é un ANSUL IGS-300. 394 00:26:58,034 --> 00:27:00,494 Ti sabes do teu, e eu do meu. 395 00:27:07,418 --> 00:27:10,546 Ei! Imos. Por aquí! 396 00:27:14,091 --> 00:27:17,094 Vaites! Esta merda é diabólica! 397 00:27:30,441 --> 00:27:33,694 Por que fas isto? Arriscas a túa vida 398 00:27:33,778 --> 00:27:35,988 e el nin mexaría por ti se estiveses ardendo. 399 00:27:36,072 --> 00:27:39,033 Son o seu irmán de confianza. Mexará por min se eu quero. 400 00:27:39,158 --> 00:27:41,202 Escoita, sei que tes medo. 401 00:27:41,285 --> 00:27:44,121 - Non teño medo de nada. - Profundo... Kevin. 402 00:27:44,205 --> 00:27:48,000 Véxocho nos ollos. Patriota aterrorízate, 403 00:27:48,084 --> 00:27:50,294 pero estou segura de que non te respecta. 404 00:27:51,295 --> 00:27:54,507 Non queres liberarte diso? Del? 405 00:27:56,425 --> 00:27:58,636 - Esa puta boca. - Non se trata de min. 406 00:27:58,719 --> 00:28:02,723 Claro que si! Eu tíñao todo! 407 00:28:02,807 --> 00:28:05,518 Xa sabes, poder, respecto, 408 00:28:05,601 --> 00:28:08,020 estaba entre os 50 primeiros en IMDbPro. 409 00:28:08,104 --> 00:28:10,606 Pero todo foi á merda cando ti apareciches! 410 00:28:10,689 --> 00:28:12,608 Perdino todo! 411 00:28:12,691 --> 00:28:16,445 Ti tomaches esas malas decisións. Ti arruinaches a túa vida. 412 00:28:16,529 --> 00:28:20,825 Non es un puto neno. Por unha vez, responsabilízate dos teus actos. 413 00:28:23,744 --> 00:28:24,870 Non! 414 00:28:30,876 --> 00:28:32,211 Hostia, non hai saída. 415 00:28:33,129 --> 00:28:33,963 Que carallo? 416 00:28:36,048 --> 00:28:37,383 Onde está Carniceiro? 417 00:28:50,479 --> 00:28:51,730 Necesito cambiar de choio. 418 00:28:54,024 --> 00:28:59,113 Só vos pido que abrades os vosos corazóns e que poñades a vosa fe en min. 419 00:28:59,196 --> 00:29:04,160 Quen acepte a miña verdade será benvido á terra do leite e o mel, 420 00:29:04,243 --> 00:29:06,454 porque eu son o voso... 421 00:29:06,537 --> 00:29:08,873 Son o voso Pai, e vós os meus fillos amados. 422 00:29:13,377 --> 00:29:14,920 Eu son... 423 00:29:19,633 --> 00:29:21,177 Pero faga o que faga, 424 00:29:21,260 --> 00:29:24,763 algúns de vós nunca me aceptaredes nos vosos corazóns. 425 00:29:25,931 --> 00:29:29,351 Nunca me amaredes. Nunca creredes en min. 426 00:29:31,312 --> 00:29:34,398 E a semellantes herexes, ofrézolles a extinción. 427 00:29:34,982 --> 00:29:36,859 {\an8}E aqueles que buscades destruírme, 428 00:29:36,942 --> 00:29:40,779 morreredes da forma máis horrible posible, 429 00:29:40,863 --> 00:29:43,449 acorde coa vosa maldade. 430 00:29:43,532 --> 00:29:45,159 O meu reinado será eterno, 431 00:29:45,242 --> 00:29:50,831 e cando este mundo estea frío e morto, eu permanecerei. 432 00:29:50,915 --> 00:29:54,960 Eterno. Deus das cinzas. 433 00:30:03,260 --> 00:30:05,054 Boa noite, cabróns. 434 00:30:07,431 --> 00:30:08,474 Xa chegou papá. 435 00:30:13,020 --> 00:30:14,188 William. 436 00:30:17,483 --> 00:30:21,403 Xa empezaba a pensar que non ías cumprir a túa parte do trato. 437 00:30:26,450 --> 00:30:27,409 Terra queimada. 438 00:30:30,538 --> 00:30:32,873 Unha mágoa o do francés. 439 00:30:34,166 --> 00:30:37,002 Como vai o teu pequeno experimento científico sen el? 440 00:30:38,295 --> 00:30:39,213 Imos descubrilo. 441 00:31:50,492 --> 00:31:52,328 Merda! 442 00:31:52,411 --> 00:31:55,414 - Hostia, merda! Síntoo! - Xustiza para Ambrosio! 443 00:31:55,497 --> 00:31:57,708 - Deixádeme en paz! - Xustiza para Ambrosio! 444 00:31:57,791 --> 00:32:03,422 Xustiza para Ambrosio! 445 00:32:03,505 --> 00:32:04,590 Di o seu nome! 446 00:32:04,923 --> 00:32:09,386 Xustiza para Ambrosio! 447 00:32:09,470 --> 00:32:11,138 - Síntoo! Merda! - Xustiza para Ambrosio! 448 00:32:41,085 --> 00:32:41,919 Rebenta o cabrón! 449 00:32:44,755 --> 00:32:45,631 Non. 450 00:33:12,199 --> 00:33:13,450 Que...? 451 00:33:28,006 --> 00:33:29,383 Miserable cacho de merda. 452 00:33:41,395 --> 00:33:43,147 Todos morren, ti o primeiro! 453 00:33:55,451 --> 00:33:57,870 A que raios esperas? Agora, carallo! 454 00:34:10,758 --> 00:34:11,592 Que pasa? 455 00:34:24,062 --> 00:34:27,691 {\an8}Non podo facelo. 456 00:34:28,442 --> 00:34:29,401 {\an8}Por que non? 457 00:34:31,028 --> 00:34:34,782 {\an8}Suponse que debo sentir ira. 458 00:34:34,865 --> 00:34:36,992 {\an8}Pero non a sinto. 459 00:34:38,827 --> 00:34:41,497 {\an8}Só sinto tristura. 460 00:34:50,130 --> 00:34:52,382 A ira non é o que te fai forte. 461 00:34:58,847 --> 00:35:00,849 Nunca foi o mon cœur. 462 00:35:03,101 --> 00:35:04,812 Sempre foi teu. 463 00:37:08,936 --> 00:37:12,356 Conmoción e pavor, meu fillo. 464 00:37:14,983 --> 00:37:18,779 Putos sangue e ósos. 465 00:37:36,004 --> 00:37:38,840 Isto é por Frenchie. 466 00:37:53,689 --> 00:37:57,526 Por favor. Para, por favor. 467 00:37:58,694 --> 00:37:59,903 Débesme unha. 468 00:37:59,987 --> 00:38:03,949 Por todas as veces que puiden matarte e non o fixen. 469 00:38:04,032 --> 00:38:05,784 Deixeite vivir. 470 00:38:05,867 --> 00:38:11,206 Dareiche Vought. Dareiche Vought, de acordo? 471 00:38:11,289 --> 00:38:14,418 Podes facer o que queiras con el, si? 472 00:38:14,501 --> 00:38:16,336 Eu... 473 00:38:17,254 --> 00:38:20,257 Becca! Queres que volva a túa muller? 474 00:38:20,340 --> 00:38:23,093 Farei que unha cambiaformas sexa ela. 475 00:38:24,720 --> 00:38:25,721 Só dime. 476 00:38:25,804 --> 00:38:27,973 Chupareiche a puta pirola! 477 00:38:28,056 --> 00:38:30,183 Por favor! Farei o que sexa! 478 00:38:30,267 --> 00:38:32,436 Queres que coma merda? Comereina! 479 00:38:33,061 --> 00:38:36,314 {\an8}Comerei a túa merda en directo na tele. 480 00:38:41,486 --> 00:38:42,487 Isto non é real. 481 00:38:42,904 --> 00:38:44,656 Madelyn, prometíchesmo. 482 00:38:45,907 --> 00:38:47,200 Non pode ser. 483 00:38:48,660 --> 00:38:50,746 Non podes facer isto, hostia. 484 00:38:50,829 --> 00:38:52,664 Non podes facer isto, hostia! 485 00:38:52,748 --> 00:38:55,417 Eu son o Patriota. 486 00:38:56,209 --> 00:39:00,338 Non, ti non es nada. 487 00:39:02,340 --> 00:39:03,675 E isto... 488 00:39:05,635 --> 00:39:07,054 Isto é pola miña Becca. 489 00:39:07,137 --> 00:39:08,638 Non. 490 00:40:29,845 --> 00:40:31,012 Estou contigo, rapaz. 491 00:40:33,598 --> 00:40:35,308 Tranquilo, de acordo? 492 00:40:37,811 --> 00:40:40,981 Moi ben. Ti tranquilo. 493 00:41:10,677 --> 00:41:14,347 {\an8}Confirmouse a autenticidade das sorprendentes imaxes da Casa Branca. 494 00:41:14,431 --> 00:41:17,350 {\an8}Patriota, o superheroe máis destacado do mundo, 495 00:41:17,434 --> 00:41:21,104 {\an8}foi asasinado hoxe logo de proclamarse un suposto Deus. 496 00:41:21,188 --> 00:41:25,775 {\an8}Chupareiche a... Comerei a túa... en directo na tele. 497 00:41:25,859 --> 00:41:28,236 {\an8}Patriota estaba profundamente enfermo. 498 00:41:28,320 --> 00:41:31,156 {\an8}Doulles as grazas aos valentes homes e mulleres da CIA 499 00:41:31,239 --> 00:41:35,911 {\an8}quen, por orde miña, eliminaron esta terrorífica ameaza para a democracia. 500 00:41:36,536 --> 00:41:38,872 {\an8}E para os que especulades, 501 00:41:38,955 --> 00:41:40,457 {\an8}direivos que non. 502 00:41:40,540 --> 00:41:44,211 {\an8}Non vou dimitir. Non fixen absolutamente nada malo. 503 00:41:44,294 --> 00:41:47,047 {\an8}Esa era a expresidenta Ashley Barrett, 504 00:41:47,130 --> 00:41:50,425 {\an8}quen, por votación unánime sen precedentes no Congreso, 505 00:41:50,508 --> 00:41:54,679 {\an8}foi sometida a moción de censura e destituída inmediatamente do seu cargo. 506 00:41:55,305 --> 00:41:59,976 Así remata o mandato cheo de escándalos da primeira presidenta dos Estados Unidos. 507 00:42:00,060 --> 00:42:01,853 - Aquí tes. - Grazas. 508 00:42:03,688 --> 00:42:04,856 Meu irmán. 509 00:42:05,482 --> 00:42:06,608 Que bo. 510 00:42:07,901 --> 00:42:08,735 Podo probalo? 511 00:42:09,569 --> 00:42:11,655 Hoxe estiveches xenial, rapaza. Ten. 512 00:42:13,490 --> 00:42:16,701 Oxalá Frenchie puidese verte. 513 00:42:18,703 --> 00:42:19,537 Viume. 514 00:42:25,627 --> 00:42:29,047 Sabe a pirola sucia. É para que a proben os ricos? 515 00:42:44,896 --> 00:42:46,398 Escoita, colega... 516 00:42:49,192 --> 00:42:53,822 non hai nada que poida dicir para que isto sexa máis doado, 517 00:42:55,156 --> 00:42:56,908 pero fixeches o que tiñas que facer. 518 00:42:57,409 --> 00:42:59,536 Fixeches o correcto, oíches? 519 00:43:06,418 --> 00:43:11,339 De todos os xeitos, xa podemos deixar atrás toda esta merda. 520 00:43:11,423 --> 00:43:16,594 Xa non temos poderes, só somos... tipos comúns. 521 00:43:17,387 --> 00:43:20,890 Poderiamos buscar un lugar tranquilo onde comezar de novo. 522 00:43:21,558 --> 00:43:23,143 Só ti, eu e Terror. 523 00:43:24,102 --> 00:43:26,187 Supoño que á túa nai lle gustaría. 524 00:43:30,275 --> 00:43:31,609 Eu sei o que era meu pai... 525 00:43:33,611 --> 00:43:35,280 e mellor que xa non estea. 526 00:43:37,741 --> 00:43:39,534 Pero ti tampouco es boa persoa. 527 00:43:42,579 --> 00:43:44,539 Non te elixín a ti en lugar del. 528 00:43:47,459 --> 00:43:49,336 Elixinme a min. 529 00:43:50,462 --> 00:43:53,798 Síntoo, pero non quero un novo comezo contigo. 530 00:43:56,092 --> 00:43:57,510 Quero que isto sexa o final. 531 00:44:15,195 --> 00:44:18,365 Agora só quedamos ti e mais eu, Terror. 532 00:44:26,790 --> 00:44:27,791 Terror? 533 00:45:25,598 --> 00:45:29,936 {\an8}Durante demasiado tempo, a mala conduta dos superheroes ignorouse. 534 00:45:30,019 --> 00:45:32,730 Se os meus meses de cadea á man de Patriota 535 00:45:32,814 --> 00:45:34,274 me ensinaron algo 536 00:45:34,357 --> 00:45:38,528 é que debemos reconsiderar a nosa relación cos superheroes. 537 00:45:38,611 --> 00:45:43,533 Por iso aceptei volver a Vought como director executivo interino. 538 00:45:43,616 --> 00:45:45,785 Fillo de puta. 539 00:45:45,869 --> 00:45:47,954 Firmeza é o que demandan os accionistas 540 00:45:48,037 --> 00:45:50,999 nun momento de crise para iniciar a reconstrución. 541 00:45:52,208 --> 00:45:56,546 Creo que os mellores días, os máis rendibles de Vought están por vir. 542 00:45:56,629 --> 00:45:59,507 É hora de que Vought escoite. 543 00:45:59,591 --> 00:46:01,217 Ei, Carniceiro... 544 00:46:16,649 --> 00:46:17,859 Síntoo, colega. 545 00:46:33,166 --> 00:46:34,000 Merda. 546 00:47:35,770 --> 00:47:36,604 Había tráfico? 547 00:47:39,148 --> 00:47:43,319 Si. Accidente na ponte. Debín coller o túnel. 548 00:47:43,403 --> 00:47:45,488 Pensei que igual intentabas determe. 549 00:47:45,572 --> 00:47:47,574 Pero non debiches vir só. 550 00:47:49,117 --> 00:47:51,160 Debiches traer un puto exército. 551 00:47:51,244 --> 00:47:54,622 Non. Se foses liberar o virus, xa estaría liberado. 552 00:47:55,123 --> 00:48:01,170 Sacado que estea esperando a que chegasen os supercabróns da quenda de día. 553 00:48:03,506 --> 00:48:07,427 Non ten moito xeito lanzalo nun puto edificio baleiro, non si? 554 00:48:09,804 --> 00:48:12,974 Vale, pois oxalá viñese cun exército. 555 00:48:15,935 --> 00:48:17,061 E o virus, Carniceiro? 556 00:48:19,439 --> 00:48:24,110 Boteino no tanque do aspersor. Idea de Frenchie. 557 00:48:25,320 --> 00:48:27,196 Deus teña na gloria ese chalado. 558 00:48:29,282 --> 00:48:33,202 O único que teño que facer é apertar este gatillo, 559 00:48:33,286 --> 00:48:36,414 e choverá zume mortal nos 99 andares. 560 00:48:36,497 --> 00:48:39,000 Chegará a todo o mundo nun par de días. 561 00:48:39,083 --> 00:48:43,546 Por que? Quero dicir, xa gañamos. 562 00:48:43,630 --> 00:48:47,800 Gañamos? Non, só lles puxemos un ollo morado. 563 00:48:48,551 --> 00:48:50,428 Se Vought existe, haberá súperes, 564 00:48:50,511 --> 00:48:52,889 e tarde ou cedo, algún deses cabróns 565 00:48:52,972 --> 00:48:54,641 converterase no próximo Patriota 566 00:48:54,724 --> 00:48:56,225 e ben o sabes, carallo. 567 00:48:58,978 --> 00:48:59,812 Non. 568 00:49:02,899 --> 00:49:07,737 Temos que acabar con toda a maldita noción dos súperes. 569 00:49:10,615 --> 00:49:14,327 E temos que facelo permanente. 570 00:49:15,912 --> 00:49:17,747 Ti tamén o ves, non si? 571 00:49:19,540 --> 00:49:22,418 É este. Este é o momento. 572 00:49:23,127 --> 00:49:28,299 Arrastráchesme polo puto inferno para o que queres facer agora, 573 00:49:29,550 --> 00:49:33,137 para que sexa o teu canario. 574 00:49:34,305 --> 00:49:38,685 Ou o teu Kessler. Ou Lenny. 575 00:49:40,186 --> 00:49:43,147 Pero a cuestión é que non me necesitas para iso. 576 00:49:43,231 --> 00:49:45,900 Nunca me necesitaches. Xa o tes dentro, véxoo. 577 00:49:46,609 --> 00:49:49,904 Pode que teñas o corazón roto, pero tes corazón. 578 00:49:51,030 --> 00:49:55,159 Non es un monstro, Carniceiro. 579 00:49:57,328 --> 00:49:59,163 Simplemente doe ser humano. 580 00:50:03,710 --> 00:50:05,378 Síntoo, amigo. 581 00:50:07,588 --> 00:50:11,175 Os superheroes... están acabados. 582 00:50:21,018 --> 00:50:21,936 Non o permitirei. 583 00:50:22,729 --> 00:50:26,441 O pequeno Hughie e a súa arma. 584 00:50:27,316 --> 00:50:30,737 Fai falta ter collóns para dispararlle a un amigo. 585 00:50:35,032 --> 00:50:36,242 Fareino se fai falta. 586 00:50:38,369 --> 00:50:39,245 Non. 587 00:50:39,328 --> 00:50:40,538 Non tes os... 588 00:50:47,044 --> 00:50:48,045 Non te movas. 589 00:52:04,038 --> 00:52:08,251 Perdoa, non quería... Non quería facer iso. 590 00:52:09,794 --> 00:52:11,546 Vou chamar unha ambulancia, si? 591 00:52:14,257 --> 00:52:15,299 Eu non me molestaría. 592 00:52:19,554 --> 00:52:21,055 Está ben, Hughie. 593 00:52:22,557 --> 00:52:26,894 Non che dei outra opción. Eu non ía parar. 594 00:52:30,690 --> 00:52:34,986 Todo o sangue... e a merda pola que te fixen pasar. 595 00:52:37,738 --> 00:52:41,409 E nada diso cambiou absolutamente nada. 596 00:52:44,287 --> 00:52:50,042 Ti seguiches sendo ti mesmo, fixese eu o que fixese. 597 00:53:00,136 --> 00:53:01,387 Non sei que facer. 598 00:53:02,305 --> 00:53:03,598 Non tes que facer nada. 599 00:53:17,069 --> 00:53:22,783 A verdade é que es cuspidiño a Lenny. 600 00:54:10,790 --> 00:54:13,793 Se Carniceiro nos vise, había amolarnos por chorar por el. 601 00:54:15,419 --> 00:54:19,340 Pero está morto, así que, en fin, 602 00:54:20,508 --> 00:54:21,342 que lle dean. 603 00:54:22,510 --> 00:54:27,848 Todo nel eran defectos e malas decisións. 604 00:54:29,225 --> 00:54:32,603 Pero nunca perdeu a esperanza de deter a Patriota, 605 00:54:32,687 --> 00:54:35,773 e de feito conseguiuno. 606 00:54:36,357 --> 00:54:41,153 Podemos amalo ou odialo, pero fixo do mundo un lugar máis seguro, 607 00:54:42,029 --> 00:54:43,531 e iso convérteo nun heroe. 608 00:54:46,075 --> 00:54:49,245 E aposto a que está no inferno agora mesmo, 609 00:54:49,328 --> 00:54:50,746 mostrando ese sorriso 610 00:54:52,039 --> 00:54:54,166 e dándolle unha malleira ao demo. 611 00:55:00,589 --> 00:55:01,757 Pois iso é todo. 612 00:55:06,512 --> 00:55:08,305 {\an8}Está ben a carón de miña nai. 613 00:55:08,389 --> 00:55:10,558 {\an8}EN MEMORIA DE REBECCA 614 00:55:11,392 --> 00:55:13,144 É onde sempre quixo estar. 615 00:55:25,823 --> 00:55:26,866 Adeus. 616 00:55:42,381 --> 00:55:43,466 Hughie. 617 00:55:45,509 --> 00:55:46,677 Vamos, rapaz. 618 00:55:51,348 --> 00:55:52,808 De verdade imos ir a...? 619 00:55:52,892 --> 00:55:54,560 O asador topless de Reno? 620 00:55:56,020 --> 00:55:57,354 Abofé que si. 621 00:55:59,732 --> 00:56:00,566 Prometinllo. 622 00:56:03,402 --> 00:56:04,570 Isto gustaríalle. 623 00:56:08,574 --> 00:56:09,575 Seguro que si. 624 00:56:22,379 --> 00:56:24,673 {\an8}EN MEMORIA DE WILLIAM CARNICEIRO - ESPOSO 625 00:56:24,757 --> 00:56:27,843 IDE Á MERDA, CABRÓNS 626 00:57:21,647 --> 00:57:24,233 {\an8}MARSELLA 627 00:57:53,762 --> 00:57:56,557 - Diga? - Hugh Campbell, son Bob Singer. 628 00:57:57,558 --> 00:57:59,602 Señor presidente, ola. 629 00:57:59,685 --> 00:58:03,689 Campbell, a nación ten unha gran débeda contigo e co teu equipo. 630 00:58:03,772 --> 00:58:06,525 Saltarei a parte en que che lambo o cu, si? 631 00:58:06,609 --> 00:58:10,446 Non querería que o presidente me lambese o cu, señor. 632 00:58:10,529 --> 00:58:12,781 Agora mesmo Vought é unha desfeita. 633 00:58:12,865 --> 00:58:17,953 Todas esas tolemias que inventaron andan soltas facendo sabe Deus qu e. 634 00:58:18,037 --> 00:58:21,332 Así que volveremos abrir a Oficina de Asuntos de Súperes. 635 00:58:21,415 --> 00:58:24,835 Necesitamos alguén que a dirixa. Que che parece, fillo? 636 00:58:24,919 --> 00:58:26,754 Eu sería o teu xefe directo. 637 00:58:26,837 --> 00:58:29,757 Iso é... Vaites. Iso é... 638 00:58:30,424 --> 00:58:33,010 É unha honra, señor. Direille que... 639 00:58:34,094 --> 00:58:35,638 non, grazas. 640 00:58:35,721 --> 00:58:37,097 "Non, grazas"? 641 00:58:37,181 --> 00:58:39,016 Agradézolle moito a oferta. 642 00:58:39,099 --> 00:58:40,935 É que agora estou traballando... 643 00:58:41,977 --> 00:58:43,938 na miña empresa de nova creación. 644 00:58:44,021 --> 00:58:46,398 Puto sector privado. 645 00:58:46,482 --> 00:58:48,984 A oferta segue en pé se cambias de opinión. 646 00:58:56,242 --> 00:59:02,957 {\an8}Aquí tes a túa cervexa de xenxibre, caramelos de xenxibre e... 647 00:59:03,791 --> 00:59:06,001 {\an8}- galletas salgadas. - Trae as galletas. 648 00:59:06,585 --> 00:59:07,878 E que me contas? 649 00:59:09,213 --> 00:59:10,756 Vomitei. 650 00:59:10,839 --> 00:59:13,217 Deume gana de mexar, pero non dei chegado. 651 00:59:13,300 --> 00:59:14,468 Entón volvín vomitar. 652 00:59:14,551 --> 00:59:16,553 E despois chamou miña nai. 653 00:59:16,637 --> 00:59:18,847 E supoño que esa foi a peor parte. 654 00:59:18,931 --> 00:59:21,141 Botou media hora rosmando porque non casamos. 655 00:59:21,225 --> 00:59:24,144 Mira, podemos ir ao xulgado agora mesmo 656 00:59:24,228 --> 00:59:25,271 se ti queres. 657 00:59:25,354 --> 00:59:26,438 Non. Non podo. 658 00:59:26,522 --> 00:59:28,274 Porque só me entran estes zapatos. 659 00:59:30,985 --> 00:59:35,239 Casaría contigo sen pensalo con eses zapatos. 660 00:59:36,282 --> 00:59:39,660 11-99 en Broadway coa 96. Chamando o axente máis próximo. 661 00:59:41,620 --> 00:59:43,914 Hai obras na avenida. Xa chegan os reforzos. 662 00:59:43,998 --> 00:59:45,040 Apetéceche? 663 00:59:45,124 --> 00:59:46,208 Si. 664 00:59:46,292 --> 00:59:47,543 Pero levo estes zapatos. 665 00:59:56,510 --> 00:59:58,095 Coida da túa nai, Robin. 666 01:03:13,665 --> 01:03:15,667 Subtítulos: Beatriz Rivas Pazos 667 01:03:15,751 --> 01:03:17,753 Supervisora creativa: Paula Maneiro